Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-08-07_Ordinaria. Acta de sesión 2015/08/07_Ordinaria
Acta de sesión 2015/08/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-08-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015/08/07_Ordinaria
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 32 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día sete de agosto do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado D. Santos Héctor Rodríguez Díaz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23686.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2015. 2.23687.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A RECOMPILACIÓN DE DATOS DOS ESCENARIOS DE PROBA DENTRO DO MARCO DO PROXECTO SANEPLAN (LIFE 12 ENV/ES/000687) (Expte. 2015003088) A Deputación de Pontevedra en calidade de socio encargado da realización da acción B01 (“Implementación: Recompilación e Estruturación de Datos nos escenarios de proba”) dentro do marco do proxecto europeo SANePLAN (Planificación Integrada e xestión sostible de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora LIFE12 ENV/ES/000687) cuxa finalidade é a de recompilar de forma óptima e coherente datos sobre as redes de saneamento municipais ademais dos das transformacións, tratamentos e cálculos asociados ós datos, nos concellos da provincia de Pontevedra nos que se desenvolve o mesmo, aproba por acordo da Xunta de Goberno na sesión do 27 de marzo de 2015, o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo para “Recompilación e Estruturación de datos dos escenarios de proba dentro do proxecto SANePLAN LIFE12ENV/ES/000687” cun orzamento máximo estimado de cento cinco mil vinte oito euros con noventa e tres céntimos (105.028,93€) IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 68 de data 13 de abril de 2015. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 30 de abril de 2015, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que na reunión que tivo lugar o día 5 de maio de 2015, a Mesa de Contratación fai pública a relación de empresas admitidas, procedendo á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica avaliable mediante xuízos de valor, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP ós criterios avaliables mediante fórmulas. Resultando que polo Responsable Técnico do Proxecto SANePLAN na Deputación de Pontevedra, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Vista a Acta da Mesa de Contratación, de data 29 de xuño de 2015, na que tras facerse pública a puntuación asignada as propostas técnicas, procédese á apertura do sobre C correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas. Resultando que unha vez efectuada a valoración total, obtívose o seguinte resultado: Empresas Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total (sobre B + sobre C) Lagares Oca, S.L. 40 48,725 88,725 Espina y Delfín, S.L. 42 38,155 80,155 Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, proponse a adxudicación do contrato para a á empresa Lagares Oca, S.L. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2015018088 de data de saída de 03 de xullo de 2015, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse á empresa Lagares Oca, S.L. para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 4.250,00€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201500117856, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do R.d.l. 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a Recompilación de datos dos escenarios de proba dentro do marco do proxecto SANePLAN (LIFE12 ENV/es/000687) á empresa Lagares Oca, S.L. (CIF: B-36813715) de acordo ó seguinte importe ofertado: Importe sen IVE: 85.000,00 € IVE (21%): 17.850,00 € Importe total (IVE incluído): 102.850,00 € 2.- A duración do contrato iniciarase coa formalización do mesmo e terá unha duración de tres meses. 3.23688.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “DESBROCES EN ESTRADAS PROVINCIAIS(LOTES 1, 2 e 3)” (EXPTE. 2014003777) Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2014, acordou aprobar o expediente para a contratación mediante procedemento aberto da execución da obra “Obras de desbroce en estradas provinciais” divididas nos seguintes lotes: Lote Denominación Importe Prazo execución Lote 1 Limpeza e desbroce en varias estradas da Zona Centro 240.704,49 € 6 meses Lote 2 Mellora e drenaxe lonxitudinal en varias diversas estradas da Zona Norte 241.559,79 € 6 meses Lote 3 Limpeza e desbroce en varias estradas provinciais da Zona Sur 241.998,23 € 6 meses Resultando.- Que o anuncio do procedemento aberto para a licitación destas obras foi publicado no BOP número 108, de 6 de xuño de 2014. Resultando.- Que con data 7 de xullo de 2014 se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre A). Resultando.- Que con data 9 de xullo de 2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando.- Que con data 17 de xuño de 2015, á vista dos informes emitidos polo Director de Infraestruturas, sobre a documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres B, procedendo a continuación á apertura dos sobres C das empresas que obtiveron unha valoración superior a 5 puntos e unha vez efectuada a valoración de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas, obténdose os seguintes resultados: LOTE 1: Limpeza e desbroce en varias estradas da zona centro: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta Construcións, Obras e Viais, S.A. 40,00 167.896,35 Narom, S.L. 35,50 166.245,24 Eulen, S.A. 35,00 146,027,00 Desmaco, S.L. 34,00 154.170,23 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 150.947,58 Copcisa, S.A. 33,00 165.568,88 Marconsa, S.L. 32,50 183.014,98 Hordescon, S.L. 31,00 162.485,48 Servitec Medio Ambiente, S.L. 31,00 155.383,70 Obras y Saneamientos de Galicia, S.L. 29,00 158.506,89 Unha vez valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexeron o procedemento, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,26 95,26 Narom, S.L. 35,00 55,62 91,12 Eulen, S.A. 35,00 60,00 95,00 Desmaco, S.L. 34,00 58,23 92,23 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 58,93 91,93 Copcisa, S.A. 33,00 55,76 88,76 Marconsa 32,50 29,33 61,83 Hordescon, S.L. 31,00 56,43 87,43 Servitec, S.L. 31,00 57,97 88,97 Obras y San. Galicia, S.L. 29,00 57,29 86,29 Á vista das puntuacións obtidas se observa que as ofertas correspondentes ás empresas Eulen, S.A., y Petrolam a Veiga, S.L. poderían conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlles para que no prazo improrrogable de 5 días, xustifiquen a oferta e precisen as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, solución técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoñan para executar a prestación. Transcorrido o prazo de cinco días hábiles dende a notificación do requirimento, sen que Eulen, S.A., enviara xustificación algunha, exclúese do procedemento, non téndose polo tanto consideración a súa valoración. A empresa Petrolam a Veiga, S.L., presentou xustificación con data de rexistro 25/06/2015, emitindo informe sobre a mesma o Director de Infraestruturas na data 06/07/2015, manifestando que non se xustificou de forma coherente nin suficiente a oferta económica realizada, e polo tanto debería realizarse a proposta de adxudicación á seguinte empresa en puntuación obtida. A continuación realízase unha nova valoración das ofertas obténdose o seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,40 95,40 Desmaco, S.L. 34,00 60,00 94,00 Narom, S.L. 35,50 55,95 91,45 Servitec Medio Ambiente, S.L. 31,00 59,59 90,59 Copcisa, S.A. 33,00 56,18 89,18 Hordescon, S.L. 31,00 57,21 88,21 Obras y San. Galicia, S.L. 29,00 58,55 87,55 Marconsa, S.L. 32,50 29,33 61,83 LOTE 2: Mellora e drenaxe lonxitudinal en varias estradas da zona norte: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta Construcións, Obras e Viais, S.A. 40,00 169.391,30 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 36,50 165.600,00 Narom, S.L. 35,50 169.590,64 Eulen, S.A. 35,00 149.630,00 Desmaco, S.L. 34,00 156.714,40 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 150.585,58 Copcisa 33,00 167.754,29 Hordescon, S.L. 31,00 164.999,31 Servitec Medio Ambiente, S.L. 31,00 164.935,83 Obras y Saneamientos de Galicia, S.L 29,00 161.405,86 Unha vez valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexeron o procedemento, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,07 95,07 Taboada y Ramos,S.L. 36,50 56,02 92,52 Narom, S.L. 35,50 55,02 90,52 Eulen, S.A. 35,00 60,00 95,00 Desmaco, S.L. 34,00 58,23 92,23 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 59,76 92,76 Copcisa 33,00 55,48 88,48 Hordescon, S.L. 31,00 56,17 87,17 Servitec 31,00 58,43 89,43 Obras y San. Galicia, S.L. 29,00 57,04 86,04 Á vista das puntuacións obtidas se observa que as ofertas correspondentes ás empresas Eulen, S.A., e Petrolam A Veiga, S.L. poderían conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlles para que no prazo improrrogable de 5 días, xustifiquen a oferta e precisen as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, solución técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoñan para executar a prestación. Transcorrido o prazo de cinco días hábiles dende a notificación do requirimento, sen que Eulen, S.A., enviara xustificación algunha, exclúese do procedemento, non téndose polo tanto consideración a súa valoración. A empresa Petrolam A Veiga, S.L., presentou xustificación con data de rexistro 25/06/2015, emitindo informe sobre a mesma o Director de Infraestruturas na data 06/07/2015, manifestando que non se xustificou de forma coherente nin suficiente a oferta económica realizada, e polo tanto debería realizarse a proposta de adxudicación á seguinte empresa en puntuación obtida. A continuación realízase unha nova valoración das ofertas obténdose o seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,11 95,11 Desmaco, S.L. 34,00 59,72 93,72 Const. Taboada y Ramos 36,50 56,49 92,99 Servitec Medio Ambiente, S.L. 31,00 60,00 91,00 Narom, S.L. 35,50 55,04 90,54 Copcisa 33,00 55,70 88,70 Hordescon, S.L. 31,00 56,71 87,71 Obras y San. de Galicia 29,00 58,01 87,01 LOTE 3: Limpeza e desbroce en varias estradas provinciais da zona sur: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta Construcións, Obras e Viais, S.A. 40,00 168.998,76 Narom, S.L. 35,50 165.298,79 Eulen, S.A. 35,00 152.748,00 Desmaco, S.L. 34,00 158.998,83 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 150.058,90 Copcisa, S.A. 33,00 165.658,79 Marconsa, S.L. 32,50 183.665,30 Hordescon, S.L. 31,00 167.598,77 Servitec Medio Ambiente, S.L. 30,00 158.458,84 Obras y Saneamientos de Galicia, S.L. 29,00 160.018,83 Laxes Ambiental, S.L. 23,00 149.998,91 Unha vez valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexeron o procedemento, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,25 95,25 Narom, S.L. 35,50 56,18 91,68 Eulen, S.A. 35,00 59,31 94,31 Desmaco, S.L. 34,00 57,75 91,75 Petrolam A Veiga, S.L. 33,00 59,75 92,75 Copcisa 33,00 56,09 89,09 Marconsa 32,50 29,94 62,44 Hordescon 31,00 55,60 86,60 Servitec 30,00 57,89 87,89 Obras y San. de Galicia 29,00 57,50 86,50 Laxes Ambiental, S.L. 23,00 60,00 83,00 Á vista das puntuacións obtidas se observa que as ofertas correspondentes ás empresas Petrolam A Veiga, S.L. e Laxex Ambiental, S.L. poderían conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlles para que no prazo improrrogable de 5 días, xustifiquen a oferta e precisen as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, solución técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoñan para executar a prestación. As empresas Petrolam A Veiga, S.L. e Laxes Ambiental, S.L. presentaron xustificación con data de rexistro 25/06/2015, emitindo informe sobre as mesmas o Director de Infraestruturas na data 06/07/2015, manifestando que non se xustificou de forma coherente nin suficiente as ofertas económicas realizadas, e polo tanto debería realizarse a proposta de adxudicación á seguinte empresa en puntuación obtida. A continuación realízase unha nova valoración das ofertas obténdose o seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Covsa 40,00 55,29 95,29 Eulen,S.A. 35,00 60,00 95,00 Desmaco, S.L. 34,00 58,19 92,19 Narom, S.L. 35,50 56,36 91,86 Copcisa 33,00 56,26 89,26 Servitec Medio Ambiente 30,00 58,34 88,34 Obras y San. de Galicia, S.L. 29,00 57,29 86,89 Hordescon, S.L. 31,00 55,70 86,70 Marconsa 32,50 29,94 62,44 A vista das puntuacións obtidas as empresas que alcanzan a máxima puntuación son as que se relacionan a continuación, polo que son propostas como adxudicatarias: Lote Obra Empresa 1 Limpeza e desbroce en varias estradas da Zona Centro Construcións Obras e Viais S.A. (Covsa) 2 Mellora e drenaxe lonxitudinal en diversas estradas da Zona Norte Construcións Obras e Viais S.A. (Covsa) 3 Limpeza e desbroce en varias estradas da Zona Sur Construcións Obras e Viais S.A. (Covsa) Mediante Resolución Presidencial requiríuselle ás empresas mencionadas que (segundo o establecido no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio o emprendedor, dentro do prazo de dez días hábiles, contando dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presentasen a documentación, ademais de xustificar que dispón efectivamente dos medios que se compromete a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, así como proceder ó ingreso, na Tesourería da Deputación, da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. As referidas empresas presentaron a documentación solicitada e acreditaron o depósito das garantías definitivas mediante as cartas de pagamento nas datas e polos importes correspondentes, así coma o ingreso pola publicación do citado anuncio. LOTE 1 Licitador Nº carta de pagamento Data Importe 1 COVSA 201500111093 16/07/2015 8.394,82 € 2 COVSA 201500111094 16/07/2015 8.469,57 € 3 COVSA 201500111095 16/07/2015 8.449,94 € Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto destes contratos de obras e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e a autorización dos gastos necesarios para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicarlle á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) (CIF.A.36.008.886) o contrato para a execución da obra “Limpeza e desbroce en varias estradas da Zona Centro (lote 1)”, polo seguinte importe e condicións: Prezo 167.896,35 € IVE 35.258,23 € Total Prezo 203.154,58 € Prazo de execución 6 meses Melloras ofertadas 10 km de desbroce de talud de desmonte ou terraplén ata un máximo de 5 m. 2.- Adxudicarlle á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) (CIF.A.36.008.886) o contrato para a execución da obra “Mellora e drenaxe lonxitudinal en varias diversas estradas da Zona Norte (lote 2)”, polo seguinte importe e condicións: Prezo 169.391,30 IVE 35.572,17 Total Prezo 204.963,47 Prazo de Execución 6 meses Melloras ofertadas 10 km de desbroce de talud de desmonte ou terraplén ata un máximo de 5 m 3.- Adxudicarlle á empresa Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) (CIF.A.36.008.886) o contrato para a execución da obra “Limpeza e desbroce en varias estradas provinciais da Zona Sur (lote 3), polo seguinte importe e condicións: Prezo 168.998,76 IVE 35.489,74 Total Prezo 204.488,50 Prazo de Execución 6 meses Melloras ofertadas 10 km de desbroce de talud de desmonte ou terraplén ata un máximo de 5 m Estes importes libraranse con cargo á aplicación orzamentaria 15/456.45430.612.02.2014 do vixente Orzamento provincial. 4.23689.- ASUNCIÓN POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS NOTIFICACIÓNS DOS PROCEDEMENTOS DE VALORACIÓN COLECTIVA DE CARÁCTER XERAL DO CONCELLO DE CERDEDO Visto o escrito emitido polo Xefe do Servizo de Xestión Catastral e Tributaria do IBI da Deputación de Pontevedra de data 22 de xullo de 2015, no que se informa: “O día 6 de xullo de 2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra escrito da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra no que se comunica que nos próximos meses se vai levar a cabo o proceso de notificación individual dos valores catastrais derivados dos procedementos de valoración colectiva de carácter xeral (PVCCG) desenvolvido no municipio de Cerdedo (valores que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2016), e requírese para que esta Deputación elixa o sistema de asunción do seu custo, establecendo dúas modalidades de colaboración (A e B). Nese mesmo escrito, a Xerencia informa que para realizar a notificación individual destes valores se vai utilizar un novo sistema de notificación por comparecencia electrónica, a notificación multiinmoble e un novo formato do propio impreso de notificación. Para iso, emitiranse cartas ordinarias sen notificación de recibo destinadas aos titulares catastrais dos inmobles afectados polo PVCCG que conteñen unha clave concertada persoal, a cal serve para descargar electronicamente as notificacións obténdose con iso unha maior eficacia e un importante aforro de custos. Ao mesmo tempo vaise contar coa colaboración do Concello de Cerdedo, que dispoñerá de persoal municipal e medios cos que atender as comparecencias dos cidadáns para a notificación por comparecencia electrónica. A Xerencia do Catastro informa que, a efecto de cumprimento do convenio, ofrécense dúas posibilidades: Opción A.- A Deputación colabora economicamente custeando as notificacións practicadas por esa Xerencia. Neste caso, a entidade Servinform entregará, nunha primeira instancia, a totalidade das cartas con clave concertada e, en segunda instancia, as notificacións restantes non descargadas electronicamente á entidade Correos e Telégrafos, S.A., e unha copia dos albarás de entrega realizados á Xerencia do Catastro, co fin de que esta poida facilitalos á Deputación. Tras os depósitos, Correos facturará á Deputación Provincial o importe destas, de acordo coas especificacións propias do seu convenio. Sinala como custo moi aproximado de 0,35 € para os aproximadamente 3.000 destinatarios de cartas con clave concertada e de 3,90 € para o resto de notificacións (unhas 1.800 calculando unha descarga electrónica do 40% do total de notificacións) que se estima resultarán da valoración colectiva no Concello de Sanxenxo. O custo total estimado ascendería a un total de 8.070,00 euros. Opción B.- A Deputación leva a cabo as notificacións cos seus propios medios. Neste caso a Xerencia entregará á Deputación, nunha primeira instancia, a totalidade das cartas con clave concertada e nunha segunda instancia as notificacións restantes non descargadas electronicamente, a cal se encargará da súa repartición aos titulares catastrais, ben a través do seu propio persoal, ben a través de terceiros. Esta opción leva consigo que a práctica da notificación teña que facer fronte a uns procesos técnicos e de loxística máis complexos encamiñados á eficacia da distribución de cartas, á notificación mediante a súa entrega por comparecencia electrónica ou en último caso por entrega en man, o polo que sería conveniente que o proceso de notificación se levase a cabo na súa totalidade pola Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. A Xerencia propón que a Deputación seleccione a opción A. (...) (...) Podemos concluír, polo tanto, informando favorablemente a asunción por parte da Deputación de Pontevedra do custo das notificacións do procedemento de valoración colectiva de carácter xeral no municipio de Cerdedo, mediante o sistema de colaboración económica (opción A)...”. Visto o informe emitido pola Xefa de negociado de contratación da área tributaria, de data, 27 de xullo de 2015, no que se informa que: “…Comprobouse que no caso de notificacións derivadas de procedementos de valoración tanto de carácter xeral coma parcial, utilízase a modalidade” 53 - notificación acordo especial” (SICER), polo que o custo deste servizo para o ORAL no ano 2015, aplicando as novas tarifas como as bonificacións do acordo da FEGAMP, é o seguinte: Prezo unitario D2 (0-50) Bonif. % Total Carta certificada 2,970 € 25% 2,2275 € Aviso recibo 0,8228 € 14% 0,7076 € Xestión entrega 0,4114 € 12% 0,3620 € Retorno información 0,7381 € 12% 0,495 € Total 3,95 € No caso das cartas ordinarias, o importe total, IVE incluído, é de 0,34 euros unidade. Para realizar este cálculo, tomouse como base o custo dunha carta “destino 2”, xa que o 90% das cartas e notificacións que se envían, remítense aos distintos Concellos de la Provincia de Pontevedra (non inclúe Pontevedra capital). Por todo iso e tendo en conta os custos para o ORAL, o custo total deste servizo pode alcanzar un importe aproximado, IVE incluído, de 8.130,00 € (1.020,00 euros para las cartas ordinarias y 7.110,00 € para as notificacións realizadas mediante a modalidade SICER), supoñendo que a porcentaxe de descarga das cartas con clave concertada sexa o estimado pola Xerencia, isto é, aproximadamente o 40%. Visto informe favorable de fiscalización emitido pola Intervención en data 29 de xullo de 2015, ó que se achega retención de crédito nº 201500119596 por importe de 8.130,00 €. Considerando que a cláusula VIII do Convenio de colaboración catastral, asinado o 13 de xuño de 2001 coa Dirección Xeneral do Catastro, dispón que nos casos de actuacións de notificación dos valores catastrais. “A Deputación Provincial, directamente ou a través dos distintos Concellos, comprométese polo presente Convenio, sempre que sexa requirido pola Dirección Xeneral do Catastro, á realización da notificación individual dos valores catastrais derivados dos procesos de revisión ou modificación que puidesen realizarse nos municipios incluídos no ámbito de aplicación do Convenio”. O municipio citados encóntranse incluído no convenio de colaboración catastral. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno, en virtude do previsto na base 16ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, acorda por unanimidade: Que a Deputación de Pontevedra asuma o custo das notificacións do procedemento de valoración colectiva de carácter xeral do municipio de Cerdedo, mediante o sistema de colaboración económica (opción A), estimando que o custo total deste servizo pode alcanzar un importe aproximado, IVE incluído, de 8.130,00 € (1.020,00 € para as cartas ordinarias e 7.110,00 € para as notificacións realizadas mediante a modalidade SICER), supoñendo que a porcentaxe de descarga das cartas con clave concertada sexa o estimado pola Xerencia, isto é, aproximadamente o 40%. Para elo, a Xerencia do Catastro require que se facilite un escrito asinado polo Presidente da Deputación, no que se especifique o número de contrato e o número de cliente con Correos, así coma o CIF. Finalizado o proceso de notificación, a Xerencia do Catastro de Pontevedra remitirá ó ORAL os albarás ou xustificantes de entrega das notificacións enviadas a Correos y Telégrafos e este último remitirá á Deputación a factura correspondente segundo os prezos acordados no seu convenio (convenio FEGAMP). 5.23690.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA CONSTITUÍDA POLA EMPRESA GESTIÓN TRIBUTARIA TERRITORIAL,S.A., NO CONTRATO DE “SERVIZO DE ASISTENCIA DE APOIO Á EXPLOTACIÓN DE DATOS DO SISTEMA INTEGRAL DE XESTIÓN TRIBUTARIA E CATASTRAL DO ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” Primeiro.- Por acordo do Consello Reitor, de data 17 de novembro de 2010, foi adxudicado o contrato dun “Servizo de asistencia e apoio á explotación de datos do sistema integral de xestión tributaria e catastral do ORAL – Deputación de Pontevedra” á empresa Gestión Tributaria Territorial, S.A. con CIF A-81.957.367 por un período de duración de 2 anos, sendo prorrogado por outros dous anos máis, finalizando os seus efectos o 30 de novembro de 2014. Segundo.- O período de garantía establecido na cláusula oitava do contrato administrativo, formalizado en data 30 de novembro de 2010, é de 6 meses a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de recepción do servizo. Con respecto a este punto, por parte dende Servizo ORAL solicitóuse informe para a sinatura da acta de recepción do servizo ó Servizo de Novas Tecnoloxías en data 16 de febreiro de 2015. O informe foi recibido en data 3 de xuño de 2015 no que se fai constar que “os traballos obxecto do contrato foron desenvolvidos correctamente de acordo coas cláusulas previstas nos pregos que rexen o procedemento sen que neste houbese ningunha queixa relevante. Polo anterior non existe ningún impedimento por parte deste servizo en que procedan á firma da acta de recepción do servizo, segundo esixencias da cláusula 18ª do prego de cláusulas administrativas”. Terceiro.- Tendo en conta o exposto no informe, pódese constatar que os traballos obxecto do servizo foron realizados correctamente por parte da empresa adxudicataria, e que dende a data de finalización do contrato non se produciu ningún incumprimento por parte do mesma. O contrato finalizou os seus efectos o 30/11/2014 e a liquidación do mesmo produciuse coa conformidade e aboo da última factura, que comprendía o trimestre setembro/novembro de 2014, en data 19/12/2014. Posto que o retraso que se produciu na sinatura da acta de recepción do contrato non é imputable á empresa adxudicataria e polo tanto non debe supoñer un prexuízo para a mesma, e dado que xa transcorreron máis dos 6 meses previstos no prego correspondentes ó prazo de garantía do contrato, proponse a devolución da garantía definitiva achegada pola empresa Gestión Tributaria Territorial, S.A. Cuarto.- O Servizo de Xestión Orzamentaria e Contabilidade informa, en data 28 de xullo de 2015, que na contabilidade da Deputación de Pontevedra, con nº de operación 201300017095 está asentado aval por importe de 11.500,00 € depositado pola empresa Gestión Tributaria Territorial, S.A (CIF A-81.957.367) como garantía definitiva do contrato anteriormente mencionado. Fundamentos de dereito: Primeiro.- O presente contrato réxese pola anterior normativa en materia de contratación administrativa (Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público e demáis disposicións de desenvolvemento) ó adxudicarse antes da entrada en vigor do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), actualmente en vigor. Segundo.- O artigo 90 de la Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, cita textualmente: “1. A garantía non será devolta ou cancelada ata que se houbera producido o vencemento do prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato de que se trate, e ata que se declare a resolución deste sen culpa do contratista”. 2. Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultasen responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou seguro de caución”. Terceiro.- A cláusula 16 ª do prego de condicións administrativas e particulares polas que se rexeu este contrato establecían que “Transcorrido o prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato, ou resolto este sen culpa do contratista, ditarase acordo de devolución da garantía ou cancelación de aval, sempre que non se producisen as responsabilidades a que se refire o artigo 88 da LCSP”. Cuarto.- O órgano de contratación que adxudicou o contrato foi o Consello Reitor do ORAL, non obstante, dende que o 1 de xaneiro de 2013 o ORAL atópase integrado na Tesourería da Deputación Provincial (acordo do Pleno de 29/06/2012), sendo o órgano competente para devolver a garantía deste contrato a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude da base 16ª. 2) das bases de execución do orzamento da Deputación. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno, en virtude do previsto na base 16.2ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, acorda por unanimidade: Que se proceda á devolución da garantía definitiva achegada pola empresa Gestión Tributaria Territorial, S.A., con CIF A-81.957.367, constituída mediante aval con nº de operación 201300017095 e importe de 11.500,00 €, polo contrato de servizo de asistencia e apoio á explotación de datos do sistema integral de xestión tributaria e catastral do ORAL – Deputación de Pontevedra, ó finalizar o contrato na súa totalidade e transcorrer o período de garantía de 6 meses establecido no contrato sen que durante o mesmo se observasen responsabilidades imputables ó contratista. 6.23691.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Construciones Abal, S.A. A empresa Construciones Abal, S.A. (CIF A 36.115.459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Habilitación de espazos para oficinas do O.R.A.L. (Lalín)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de cinco mil douscentos sesenta e un euros con setenta e oito céntimos (5.261,78 €), para responder do contrato relativo á obra “Habilitación de espazos para oficinas do ORAL (Lalín)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/01/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400013354, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantías definitivas á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. A empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. (CIF B 36.417.533), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Accesibilidade aos recursos turísticos da comarca do Salnés”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de oito mil catrocentos noventa e oito euros con setenta e sete céntimos (8.498,77 €), para responder do contrato relativo á obra “Accesibilidade aos recursos turísticos da comarca do Salnés”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300169518, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Pavimentación e mellora do firme nos camiños Monforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Poio)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de tres mil novecentos vinte e nove euros con cincuenta céntimos (3.929,50 €), para responder do contrato relativo á obra “Pavimentación e mellora do firme nos camiños Monforte, Cotorela, Mato, Outeiro e Fonte (Poio)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400082847, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantías definitivas á empresa Hordescón, S.L. A empresa Hordescón, S.L. (CIF B 32.108.334), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos (Marín)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de dous mil catrocentos dezaoito euros con quince céntimos (2.418,15 €), para responder do contrato relativo á obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos (Marín)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300126629, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. e) Devolución de garantías definitivas á empresa Gráficas Salnés, S.L. A empresa Gráficas Salnés, S.L. (CIF B 36.040.707), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Prestación de servizo de apoio á produción de materiais de imprenta e demais necesidades para a divulgación dos programas da Deputación de Pontevedra”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de tres mil euros (3.000,00 €), para responder do contrato relativo a “Prestación de servizo de apoio á produción de materiais de imprenta e demais necesidades para a divulgación dos programas da Deputación de Pontevedra”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300095450, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. f) Devolución de garantías definitivas á empresa Magnafor Qualitas, S.L. A empresa Magnafor Qualitas, S.L. (CIF B 36.565.679), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Accións formativas de modalidade presencial e semipresencial do Plan Agrupado de Formación Continua para o segundo semestre do ano 2014”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil douscentos tres euros con oitenta céntimos (3.203,80 €), para responder do contrato relativo á obra “Accións formativas de modalidade presencial e semipresencial do Plan Agrupado de Formación Continua para o segundo semestre do ano 2014”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/11/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400142372. g) Devolución de garantías definitivas á empresa Stradia Infraestructuras, S.L. A empresa Stradia Infraestructuras, S.L. (CIF B 36.005.411), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Ponte sobre o Regato Caldeirón Barcala (A Estrada)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de cinco mil douscentos setenta e seis euros con tres céntimos (5.276,03 €), para responder do contrato relativo á obra “Ponte sobre o Regato Caldeirón Barcala (A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300142316, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. h) Devolución de garantías á empresa Catoure, S.L. A empresa Catoure, S.L. (CIF B 32.116.188), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL-Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral, incluídas no Convenio de Colaboración en Materia Catastral, asinado o 13 de xuño de 2001 entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de cinco mil euros (5.000,00 €), para responder do contrato relativo ao “Servizo de asesoramento e colaboración material para que o ORAL-Deputación de Pontevedra desenvolva as funcións públicas de xestión catastral, incluídas no Convenio de Colaboración en Materia Catastral, asinado o 13 de xuño de 2001 entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra, así como a súa posible modificación e/ou ampliación”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/01/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300017090, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.23692.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA PARA O APOIO ECONÓMICO ÁS ACTIVIDADES DO ANO 2015 Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia, CIF núm. G36155208, para financiar e dar un apoio económico ás actividades da Fundación do ano 2015. Vistos os informes da xefa do Servizo de Medio Ambiente do 18/03/2015, da Secretaría Xeral do 25/03/2015, de Intervención do 31/03/2015, e vistos o documento R.C.núm.201500044777 e a restante documentación que obra no expediente. Considerando o disposto nas bases de execución do vixente orzamento da Deputación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia, CIF núm. G36155208, para dar apoio económico ás actividades da Fundación no ano 2015, por importe de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), que se librarán no seu día con cargo á aplicación orzamentaria 15/410.4190.489.02, RC núm. 201500044777 do vixente Orzamento provincial. Así mesmo, facúltase á presidenta da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA PARA O APOIO ECONÓMICO ÁS ACTIVIDADES DO ANO 2015 En Pontevedra, a de de 2015 REUNIDOS Dunha parte, Dna. María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra, facultada para a formalización deste convenio en virtude do seu cargo, e de acordo coas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de Abril, das Bases de Réxime Local, e Por outra parte, D. Alfonso Rueda Valenzuela, Presidente do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, actuando no seu nome e representación, ao amparo das facultades que para vincularse neste acto se lle confiren no artigo 13 dos Estatutos da Fundación, e segundo o acordado na reunión do Padroado do 28 de Agosto de 2008, nos termos e condicións atribuídas polo Padroado, Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra INTERVEÑEN Ámbalas partes, no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento EXPOÑEN Primeiro.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha organización de natureza fundacional participada maioritariamente pola Xunta de Galicia, de interese galego, constituída sen ánimo de lucro, estando afectado o seu patrimonio á realización dos seus fins de interese xeral propios da institución. Entre os seus fins fundacionais está o de contribuír ao desenvolvemento do sector agrario galego a través de actividades feirais e mercados agropecuarios, promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de actividades feirais e promocionais no eido agrario, alimentario, industrial e comercial co obxecto de impulsar a mellora continua dos devanditos sectores, reforzar a posición estratéxica de Galicia como plataforma feiral e impulsar e promocionar o Recinto Feiral de Galicia en Silleda como enclave estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Segundo.- Nos últimos tempos, a Fundación Semana Verde de Galicia veu sufrindo diversos problemas financeiros derivados do alto custe de construción e mantemento do seu recinto, dunha xestión non profesionalizada de todo e das dificultades engadidas dos problemas e crises de distintos sectores e da economía xeral. Terceiro.- Recentemente, con motivo da plena profesionalización da xestión da entidade, a Fundación Semana Verde de Galicia aprobou un Plan de Viabilidade e un Plan Estratéxico que puxeron de relevo a grave situación económica pola que atravesa e que ameaza a súa subsistencia, os postos de traballo que xera e, incluso, o cumprimento dos seus fins. Cuarto.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha institución fundamental para a provincia de Pontevedra, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, para os sectores tan importantes e estratéxicos como son os agrarios, gandeiro, forestal e agroindustrial, e sobre todo, para Galicia. O seu correcto funcionamento e a súa viabilidade é clave para que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia poidan desenvolver distintos plans e indicativas fundamentais que teñen previstas para o desenvolvemento e a ocupación nos sectores anteditos e na propia provincia de Pontevedra. A tal fin, as partes asinan o presente convenio segundo as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O obxecto do presente convenio será regular a achega económica aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra a Fundación Semana Verde de Galicia como unha colaboración económica a súa actividade no ano 2015, dado o papel estratéxico que a Fundación desempeña para Galicia en xeral e para a Provincia de Pontevedra en particular, co fin de contribuír e apoiar as actividades e accións que esta organiza e xestiona e axudar a minorar a delicada situación de tesourería que de forma puntual se está atravesando nestes intres. Segunda.- Contía da axuda: A Deputación de Pontevedra contribuirá para o presente ano 2015 cunha apartación económica a actividade por contía de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), con cargo á aplicación 15/410.4190.489.02 do vixente Orzamento da Deputación de Pontevedra para ano 2015. Terceira.- Duración: O presente convenio estenderá a súa vixencia durante o ano 2015, polo que o financiamento da Deputación servirá para apoiar economicamente as accións desenvolvidas pola Fundación durante o presente ano. Non se prevé a posibilidade de prórroga. Cuarta.- Pagamento e xustificación: Unha vez aprobada a achega económica polo órgano competente da Deputación de Pontevedra e asinado o convenio polas partes, a Fundación Semana Verde de Galicia deberá solicitar o aboamento da axuda por escrito, e acompañar un certificado acreditativo da toma de razón na súa contabilidade do importe da subvención, no prazo máximo de 30 días naturais a contar desde a data da sinatura do presente convenio. Posteriormente, e antes do 31 de Marzo de 2016, a Fundación deberá remitir unha memoria das actuacións executadas no ano 2015 e a correspondente conta de resultados. Quinta.- Publicidade do financiamento: A Fundación Semana Verde de Galicia comprométese a difundir o financiamento das súas actividades pola Deputación de Pontevedra en calquera publicidade que se faga. Sexta.- Participación en feira: A Fundación Semana Verde de Galicia porá a disposición da Deputación un espazo expositivo, nun lugar preferente a concretar entre as partes, no caso de que a Deputación de Pontevedra participe na súa edición da feira do ano 2015. Sétima.- modificación das condicións: A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Oitava.- Rescisión: O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. Novena.- Lexislación supletoria: Para o non previsto no presente convenio contemplase o establecido nas Bases de Execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, na Lei 38/2003, de 17 de Novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), no seu Regulamento (BOE núm. 176, de 25/07/2006), na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, por triplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, O Presidente do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Asdo.: María del Carmen Silva Rego Asdo.: Alfonso Rueda Valenzuela O Secretario da Deputación, Asdo: Carlos Cuadrado Romay” 8.23693.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2014 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 7 de marzo de 2014 aprobouse o Plan de práctica laboral 2014 en empresas do sector privado, dirixido a mozos titulados universitarios ou de formación profesional (modificado por acordo número 29.22074 aprobado en Xunta de Goberno de 9 de maio de 2014). Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira convocouse e seleccionouse ás empresas e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 51 de data 14 de marzo de 2014 publicouse a convocatoria de empresas privadas da provincia de Pontevedra para participar no Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra 2014, coa finalidade de seleccionar ás empresas máis capacitadas para acadar os obxectivos do plan, por atoparse nas mellores condicións para engadir valor á formación académica ou profesional dos mozos ós que vai dirixido, ofrecendo unhas boas perspectivas de empregabilidade. No Boletín Oficial da Provincia nº 131, do 9 de xullo de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 400 bolsas de práctica laboral en empresas privadas da provincia de Pontevedra destinadas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por acordo da Xunta de Goberno con número 18.23288, en sesión celebrada o 17 de abril de 2015, adxudicouse unha bolsa de práctica laboral a Gemma María Portela Vilas na empresa Contigo Galicia S.L.U, con efectos do 1 de maio ata o 18 de agosto de 2015, podendo ser prorrogada ata o 31 de decembro de 2015, cumprindo co establecido na base décima. Na base décima da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada a titora considera que procede prorrogar a bolsa. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 3 de agosto de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a Gemma María Portela Vilas na empresa Contigo Galicia S.L.U., con efectos de 19 de agosto de 2015 ata o 31 de decembro de 2015. A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2015, un total de 3.520,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 139,56 € Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.47 e 15/921.2410.160.03. 9.23694.- PRÓRROGA DE TRES BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A “EFICIENCIA ENERXÉTICA 2015” No Boletín Oficial da Provincia, número 11 de data 19 de xaneiro de 2015, publicáronse as Bases da Convocatoria de 3 bolsas de Práctica Laboral para a eficiencia enerxética, dirixidas a titulados universitarios, sen experiencia laboral previa non superior a seis meses, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral no marco do convenio de colaboración entre a empresa Setga, S.L.U. e a Deputación de Pontevedra para a realización de auditorías de eficiencia enerxética nos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. Por acordo da Xunta de Goberno con número 14.23127, en sesión celebrada o 27 de febreiro de 2015, adxudicáronse ditas bolsas de práctica laboral a Antonio Campillo Prado, Breixo Carbia Oubiña e Tania Pereira Hermida, con efectos do 1 de marzo ata o 31 de agosto de 2015, podendo ser prorrogada por seis meses máis por acordo da xunta de Goberno, cumprindo co establecido na base décima das bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderán prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta a Xunta de Goberno. Na base décima da convocatoria establécese que cun mes de antelación á data prevista de finalización das bolsas, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra as memorias dos bolseiros sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados e o informe de avaliación do titor no que deberá indicar se procede ou non a prórroga das bolsas. Mediante informe de avaliación o titor considera que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 3 de agosto de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas a Antonio Campillo Prado, Breixo Carbia Oubiña e Tania Pereira Hermida na empresa Setga, S.L.U., con efectos de 1 de setembro de 2015 e por seis meses. A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015, un total de 9.600,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 418,68 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.47 e 15/921.2410.160.03. 10.23695.- REVOGACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2014, POR SUPERACIÓN DO LÍMITE DE 30 DÍAS EN SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL DUN BOLSEIRO NA EMPRESA SEGURLAMAS,S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 10 de abril de 2015 ratifícase a Resolución Presidencial número 2015008478 de data 31 de marzo de 2015 na que se resolveu adxudicar unha bolsa de Plan de práctica laboral en empresas 2014 do expediente P003, a Jesús Sánchez Mosteiro con efectos do 1 de abril de 2015 e por un período de 2 meses e 8 días prorrogables por seis meses na empresa Segurlamas, S.L. O pasado 14 de xullo de 2015 dito bolseiro causa baixa por incapacidade temporal de larga duración. A base décimo primeira da convocatoria das bolsas, establece que en calquera momento a Xunta de Goberno poderá, a proposta das empresas e mediante resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento da empresa de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, suspendendo o aboamento destas, cando concorran entre outras causas, a de estar de baixa por incapacidade temporal de duración superior a 30 días. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade revogar a bolsa adxudicada a Jesús Sánchez Mosteiro na empresa Segurlamas S.L, dende o día 31 de xullo de 2015. 11.23696.- REVOGACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, POR SUPERACIÓN DO LÍMITE DE 30 DÍAS DE INCAPACIDADE TEMPORAL DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE MOAÑA Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015, adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación 2014/2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e concello ou servizo da Deputación de destino, con efectos do 1 de abril de 2015 e por un período de 6 meses, prorrogables por outros seis. O pasado 01 de abril iniciou as súas prácticas laborais do expediente D06 Ciclo Superior en educación infantil, a bolseira Regina Varela Suárez no Concello de Moaña, causando baixa por incapacidade temporal dende o día 20 de xuño de 2015 ata a data de hoxe. A base décimo primeira da convocatoria das bolsas, establece que en calquera momento a Xunta de Goberno poderá, a proposta dos xefes de Servizo da Deputación ou concellos e mediante resolución motivada, revogarlle a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condición esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento da entidade de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da LXS, e suspendendo o aboamento da bolsa, cando concorran entre outras causas, a de estar de baixa por incapacidade temporal de duración superior a trinta días. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade revogar a bolsa adxudicada a Regina Varela Suárez, dende o día 31 de xullo de 2015. Dita bolsa cubrirase co candidato suplente do expediente correspondente. 12.23697.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NA EMPRESA APRODEZA, S.C.G Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P108 Licenciatura/Grao en veterinaria a bolseira Andrea Carretero Alonso. Con data de 27 de xullo de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Andrea Carretero Alonso, con efectos do día 31 de xullo de 2015. 13.23698.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NA EMPRESA D´RELAX, C.B. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P033 Ciclo Superior en Xestión Comercial e Márketing a bolseira Laura Blanco Villar. Con data de 27 de xullo de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Laura Blanco Villar, con efectos do día 31 de xullo de 2015. 14.23699.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NA EMPRESA FORVI SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P003 Ciclo Superior en administración e finanzas a bolseira Diana Diz Agrelo. Con data de 30 de xullo de 2015 presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Diana Diz Agrelo, con efectos do día 31 de xullo de 2015. 15.23700.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NA EMPRESA GESCARPIN, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P077 Arquitectura técnica a bolseira Cristina Frade Avendaño. Con data de 20 de xullo de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Cristina Frade Avendaño, con efectos do día 31 de xullo de 2015. 16.23701.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN POR RENUNCIA DO BOLSEIRO NO CONCELLO DE GONDOMAR Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación de Pontevedra 2014-2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais do expediente D59 Licenciatura/grao en dereito o bolseiro Jonatan Jorge Guille. Con data de 29 de xullo de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de xullo de 2015 por incorporación a un posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Jonatan Jorge Guille, con efectos do día 31 de xullo de 2015. 17.23702.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE “PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MOS” Dada conta das comunicacións do Concello de Mos, de datas 13 de novembro de 2012 e 13 de maio de 2013 (rexistros de entrada núm. 033879, de data 19/11/2012 e núm.2013038437, de 16/05/2013), pola que se remite Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mos, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 23,2, da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Director do Servizo de Infraestruturas, de data 10 de xullo de 2015, no que manifesta: “Unha vez vistos os documentos de Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos, este Servizo informa FAVORABLEMENTE”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó do Concello de Mos. 18.23703.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE “PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS” Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas, de data 13 de xaneiro de 2015 (rexistro de entrada núm. 2015004705, de data 15/01/2015), pola que se remite Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Salceda de Caselas, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 23,2, da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do da Enxeñeira Técnica do Servizo de Infraestruturas, de data 12 de xullo de 2015, no que manifesta: “Primeiro.- No relativo á rede provincial de estrada os espazos que afectan segundo a documentación remitida son os seguintes: • E.P. 2501 Salceda – Picoña • E.P. 2502 Cerquido – Rebadelouro • E.P. 2503 Cerquido – Borraliño • E.P. 2504 Entenza – Soutelo • E.P. 2505 Salceda – Caldelas Segundo.- Analizada a documentación que se xunta, comprobouse que as alineacións que se indican nos planos non diferen das alineacións recollidas na Ordenanza de Uso e Defensa das Estradas Provinciais, polo que se informa favorablemente ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Salceda de Caselas.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó do Concello de Salceda de Caselas. 19.23704.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: Escrito do Presidente da Asociación pola defensa da ría (APDR)”, de data 24/07/2015 (rexistro entrada 2015082930, de data 27/07/2015), polo que remite o que denomina “Moción para promover unha declaración institucional da Deputación de Pontevedra sobre o uso de herbicidas e tau-fluvalinato”. 20.23705.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota