ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.905
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/08/25_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-08-25_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/08/25_Extraordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 44 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e quince minutos minutos do día vinte e cinco de agosto do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. MªMontserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr.Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado provincial D. Xosé Cesareo Mosquera Lorenzo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23706.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 7 de agosto de 2015. 2.23707.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “REMODELACIÓN XARDÍNS A XIRALDA (PONTEAREAS)”. (N/REF: POSP/13/00943/2013000153) Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 30 de decembro de 2014, acordou adxudicar á mercantil Unika Proyectos y Obras, S.A.U. (CIF A-15.977.184), o contrato para a execución da obra “Remodelación xardíns A Xiralda (Ponteareas)”, pertencente á oitava relación de proxectos POSP/13, obra 5, por un importe de 148.054,41€ mais a cantidade de 31.091,43 € correspondentes ó IVE, e un prazo de execución de 2 meses. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse na data 10/03/2015, establecéndose nese intre como data para a finalización da obra o día 16/05/2015. Resultando.- Que con data 08/05/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito do Director de obra, co que xunta proxecto modificado sen variación económica, debido que durante o desenvolvemento da obra xurdiron factores imprevisibles que ocasionan pequenas modificacións. Resultando.- Que as causas polas que a directora da obra xustifica o modificado son as seguintes: - Ó proceder ó inicio do movemento de terras necesario para conseguir as rasantes adecuadas para a execución do proxecto, se atopan que baixo a capa de xabre existente, estaban totalmente intactos os elementos que constituían e conformaban o antigo trazado dos paseos peonís, estanque e bordillos e demais elementos dos xardíns anteriores, sendo necesario para recuperar os perfís pretendidos, proceder ó picado de gran parte destes elementos que sobresairían destes e impedirían a execución do proxecto. - Na zona onde se proxectaron os dous parques infantís existe un abundante arbolado de grande envergadura e antigüidade. Á hora de replantear a ubicación dos diferentes aparatos pretendidos atopáronse raíces de gran tamaño e inmediatamente debaixo da superficie. Desta maneira resulta totalmente imposible a instalación de todos os aparatos infantís que se pretendía. Resultando.- Que a directora de obra considera que os motivos que orixinan o proxecto modificado se axustan ós seguintes supostos contemplados no artigo 107.1 do R.d.l.3/2011, de 14 de novembro: c) Forza maior ou caso fortuíto que fixeran imposible a realización da prestación nos termos inicialmente definidos. e) Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, medioambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato. Resultando.- Que asemade manifesta no seu informe xustificativo que non se alteran as condicións esenciais da adxudicación do proxecto inicial, que se limita a introducir as variacións estritamente indispensables para responder á causa que o orixina, non ampliándose o obxecto do contrato, e que os prezos se adecúan ós prezos de mercado e se basean nos custos elementais fixados na descomposición de prezos unitarios integrados no contrato e, en calquera caso, nos custos correspondentes á data de adxudicación da obra. Resultando.- Que solicitado informe preceptivo ó Servizo de Infraestruturas este emite o mesmo na data 8 de xuño de 2015 recollendo que os prezos que se indican nos prezos contraditorios, das unidades novas se axustan correctamente ós prezos de mercado, tendo en conta as medicións que se indican. Engádese no informe que a xustificación de redacción do modificado se axusta ó apartado C do artigo 107.1 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, en concreto as causas de forza maior ou caso fortuíto que fixeran imposible a realización da prestación nos termos inicialmente definidos, veñen dadas por presenza de raíces moi superficiais polo descubrimento dos elementos que formaban o antigo trazado dos pasos peonís e que se atopaban pechados. Tras unha revisión completa do proxecto modificado, no se atopan erros de índole técnica. Resultando.- Que con data 16/06/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...A autorización dun modificado resulta condicionada a que non se produza unha variación substancial das condicións de contratación, (artigo 107.2 TRLCSP) xa que nese caso se considerará nova adxudicación e requirirá dun novo procedemento de contratación. Considérase variación substancial cando teña coma resultado un obxecto diferente o celebrado nun principio. En calquera caso, se considerará substancial cando cumpra unha das condición seguintes: - Cando a modificación varíe substancialmente a función e características da prestación inicialmente contratada. - Cando a modificación altere a relación entre a prestación contratada e o prezo, tal e como esa relación quedou definida polas condicións da adxudicación. - Cando para a realización da prestación modificada fose necesaria unha habilitación profesional diferente da esixida para o contrato inicial ou unhas condicións de solvencia substancialmente distintas. - Cando as modificacións do contrato igualen ou excedan, en máis ou en menos, o 10 por cento do prezo de adxudicación do contrato. Non se poderá adicionar por estaciones complementarias ás inicialmente contratadas, ampliar ó obxecto do contrato a fin de que poida cumprir finalidades novas non contempladas na documentación preparatoria do mesmo, o incorporar unha prestación susceptible de utilización ó aproveitamento independente, se non que se realizarán unicamente as actuacións necesarias para executar o proxecto como estaba previsto inicialmente. A compensación de unidades de obra positivas e negativas non poderá desvirtuar o proxecto de obra modificándoo substancialmente, tal e como asegura o Director de obra, xa que en caso contrario non se podería proceder a autorización deste modificado. En todas estas actuacións do “ius variandi” a solución ten que examinarse dende un punto de vista restritivo, polo que a compensación de unidades de obra, sendo unha modificación contractual, ten que interpretarse restritivamente e con elo afirmar que a compensación non poderá supoñer en ningún caso, unha substancial variación do proxecto primitivo, nin nas calidades nin nas cantidades das unidades de obra proxectadas e aínda que con elo non se sobrepase o presuposto primitivo. As razóns alegadas pola directora de obra para a modificación do proxecto, poderían reconducirse á causa establecida no artigo 107.1.b) do TRLCSP, e dicir, á inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falla de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, mediambiental ou similares, postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non fosen previsibles con anterioridade. A elo hai que engadirlle que o informe da directora de obra recolle tamén, que os prezos se adecúan ós prezos de mercado e se basean nos custos elementais fixados na descomposición de prezos unitarios integrados no contrato e, en calquera caso, nos custos correspondentes á data de adxudicación da obra, cumprindo o recollido no artigo 158 do R.D. 1098/2001. Atendendo ás anteriores consideracións deste informe, e en especial ás afirmacións determinantes do director de obra en canto a que non altera as condicións esenciais da licitación e adxudicación, que se limita a introducir as variacións estritamente indispensables para executar o proxecto inicial tal e como estaba previsto, non supoñendo un incremento superior ó 10 por 100 do presuposto primitivo, podería entenderse conforme ó interese público a aprobación do proxecto modificado ós efectos de finalizar a obra cunha maior celeridade e cun menor custo económico que o que levaría consigo resolver o contrato e proceder a unha nova contratación. Esta debe considerarse unha circunstancia excepcional que debe evitarse con un maior coidado no estudio previo do proxecto. Non obstante, solicitarase informes o secretario e se fiscalizará o expediente, e logo a Xunta de Goberno da Deputación resolverá...” Resultando.- Que solicitado informe ó Sr. Secretario, este emite o mesmo na data 24/06/2015 co seguinte contido: “...Vista a memoria do proxecto e así mesmo os informes do Director de Infraestruturas, así como o amplo e documentado informe do xefe do servizo de Contratación, infórmase favorablemente do mesmo...” Resultando.- Que solicitado informe o Sr. Interventor, este emite o mesmo na data 16/07/2015 co seguinte contido: “... Pese a constar no expediente as actas de prezos novos coa conformidade do contratista, será necesario que se incorpore ó expediente a súa aceptación expresa e por escrito, en documento subscrito por representante con poder suficiente, das unidades, prezos e prazo do proxecto modificado. No orzamento debería quedar reflictido o importe neto de adxudicación do modificado. Polo que debería aplicarse o coeficiente de adxudicación que proceda....” Considerando.- Que o contratista incorporou ó expediente a súa aceptación expresa e por escrito das unidades prezos e prazo do proxecto modificado. Asemade aplicouse o coeficiente de adxudicación quedando reflectido o importe neto de adxudicación do proxecto modificado. Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o 107.1.b) do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: b) Inadecuación del proyecto o de las especificaciones de la prestación por causas objetivas que determinen su falta de idoneidad, consistentes en circunstancias de tipo geológico, hídrico, arqueológico, medioambiental o similares, puestas de manifiesto con posterioridad a la adjudicación del contrato y que no fuesen previsibles con anterioridad aplicando toda la diligencia requerida de acuerdo con una buena práctica profesional en la elaboración del proyecto o en la redacción de las especificaciones técnicas.” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra “Remodelación xardíns A Xiralda (Ponteareas)” sen variación económica e establecer un prazo de 10 días dende a notificación deste acordo, para executar o citado proxecto modificado. 3.23708.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO DE REDACCIÓN DO PROXECTO E EXECUCIÓN DA OBRA “ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR) NO POLÍGONO DE BARRO-MEIS” (EXPTE Nº2015002864) O Consello Reitor do Organismo Autónomo do IPESPO en sesión de data 23 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a redacción do proxecto e a execución da obra “Estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial de Barro-Meis”. A Xunta de Goberno en sesión do día 6 de febreiro de 2015 acordou a renuncia á celebración do contrato convocado para a redacción do proxecto e execución de obra Estación depuradora de augas residuais para o conxunto industrial de Barro-Meis, por razóns de interese público. Actualmente atópanse instaladas no polígono industrial de Barro-Meis catro empresas e están adxudicadas novas parcelas. Por iso o Técnico colaborador do Polígono Industrial D.Mariano Gómez-Ulla Álvarez, á vista de informe do Servizo de Infraestruturas, solicita que se inicie o procedemento para a contratación conxunta da Redacción de proxecto e execución de obra da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) para o conxunto industrial Barro-Meis e o Director de Infraestruturas remite con data 14 de xaneiro de 2015 o Prego de Prescricións Técnicas que rexerán na devandita contratación. A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 13 de febreiro de 2015 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da redacción do proxecto e execución da obra “Estación depuradora de augas residuais (EDAR) no polígono de Barro-Meis”. O obxecto do presente contrato é a redacción do proxecto a nivel construtivo, a execución da obra, posta a punto e asistencia técnica durante as probas de funcionamento de “Estación depuradora de augas residuais (EDAR) no polígono de Barro-Meis”. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2015. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 15 de abril de 2015, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que con data 17 de abril de 2015, a Mesa de Contratación, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Director de Infraestruturas, con data 8 de xullo de 2015, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2015, fai pública a puntuación asignada ás propostas técnicas efectuadas polas empresas, procedendo nese mesmo acto, á apertura do sobre C, das empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, sendo os valores ofertados os seguintes: Licitador Puntuación Sobre B Prezo ofertado % Control calidade Espina y Delfin, S.L. 43,77 871.250,00 € 5,00 % Ute Unika Proyectos y Obras,Sau-Altuna y Uria, S.A. 37,60 810.057,50 € 5,00 % Civis Global, S.L. 35,68 816.515,00 € 3,05 % Ute Hidromiño, S.L.-Demain Obras y Servicios, S.L. 35,68 834.965,00 € 3,05 % Ute Espina Obras Hidraulicas, S.A.-Covsa 35,67 871.000,00 € 3,00 % Ute Obras y Viales de Galicia, S.L.-Aquanor, S.L. 34,40 898.694,22 € 3,00 % Ute Atlantica de Construc. y Medio Ambiente, S.L.-Lancer Proyectos y Obras, S.A. 33,83 914.300,00 € 3,00 % Ute Extraco, S.A.-Prace Servicios y Obras, S.A. 32,33 908.970,00 € 5,00 % Soil Tratamiento de Aguas Industriales, S.L.U. 30,72 883.120,01 € - Depuracion de Aguas del Mediterraneo, S.L. (Dam) 30,31 973.750,00 € 3,00 % Queda excluída, por non superar os 30 puntos na valoración técnica, a oferta presentada pola Ute Copcisa, S.A.-Construcións Vila Miño, S.A.-Proyecon Galicia, S.L. (21,70 puntos). Resultando que unha vez efectuada a valoración de conformidade co establecido no prego de cláusulas económico-administrativas, obtivéronse as seguintes puntuacións: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación oferta económica Puntuación control calidade Puntuación total Ute Unika Proyectos y Obras,Sau-Altuna y Uria,S.A. 37,60 46,00 5,00 88,60 Civis Global, S.L. 35,68 44,70 4,03 84,41 Espina y Delfin, S.L. 43,77 33,677 5,00 82,447 Ute Hidromiño, S.L.-Demain Obras y Servicios, S.L. 35,68 40,984 4,03 80,694 Ute Espina Obras Hidraulicas, S.A.-Covsa 35,67 33,728 4,00 73,398 Ute Obras y Viales de Galicia, S.L.-Aquanor, S.L. 34,40 27,773 4,00 66,173 Soil Tratamiento de Aguas Industriales, S.L.U. 30,72 31,197 1,00 62,917 Ute Extraco, S.A.-Prace Servicios y Obras, S.A. 32,33 25,513 5,00 62,843 Ute Atlantica de Construc. y Medio Ambiente, S.L.-Lancer Proyectos y Obras, S.A. 33,83 24,341 4,00 62,171 Depuracion de Aguas del Mediterraneo, S.L. (Dam) 30,31 11,269 4,00 45,579 Á vista das puntuacións totais obtidas a Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato, á empresa UTE Unika Proxectos e obras S.A.U. - Altuna e Uria S.A. elevándose proposta de adxudicación ó órgano de Contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial de data 14 de xullo de 2015 con número de rexistro 2015019440, requiriuse á empresa UTE Unika Proxectos e obras S.A.U. (CIF.A.15.977.184) -Altuna e Uria S.A. (CIF A-20.029.104) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, contando dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto non Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 40.502,88 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con numero de operación 201500119668, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do R.d.l. 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido dá Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Así mesmo achégase escritura de constitución da UTE de data 4 de agosto de 2015 e Tarxeta de identificación fiscal da UTE con numero U-70460555. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a UTE Edar Barro Meis (CIF U-70460555) constituída polas empresas Unika Proyectos y obras S.A.U. (CIF A-15.977.184) -Altuna y Uria S.A. (CIF A-20.029.104) o contrato de redacción do proxecto e execución da obra “Estación depuradora de augas residuais no polígono de Barro-Meis” polo seguinte importe total: Prezo sen IVE: 810.057,50 € IVE (21%): 170.112,07 € Prezo total IVE incluído: 980.169,58 € Porcentaxe de control de calidade: 5% De dito importe o 1,5% corresponde ós traballos de redacción do proxecto construtivo o que supón a seguinte contía: Importe 12.150,86 € IVE (21%) 2.551,68 € Total (IVE incluído) 14.702,54 € O prazo máximo para a execución do contrato establécese en 30 días para a presentación do proxecto construtivo e 9 meses para a execución das obras e posta a punto. O prazo para a redacción do proxecto construtivo comezará o día seguinte ó da formalización do contrato. O prazo para a execución material da obra iniciarase o día seguinte ó da subscrición da acta de comprobación de replanteo. O importe correspondente á redacción do proxecto construtivo, pola contía do 1,5 % do importe total da adxudicación do contrato pagarase unha vez aprobado o proxecto construtivo pola Deputación de Pontevedra unha vez presentada a correspondente factura. Dita factura non incluirá retencións. Con respecto o importe restante correspondente á execución da obra, a dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra, de conformidade co establecido na cláusula 20 do prego de cláusulas económico administrativas. O pagamento do prezo será satisfeito o adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade por esta Deputación, de conformidade co establecido no prego de cláusulas económico-administrativas. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma ós efectos de que o órgano administrativo ó que corresponda proceda a súa tramitación. (máis información en https://sede.depo.es/). Os códigos DIR 3 que identifican ó presente procedemento e que se especificarán nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano Xestor: LA0006123; Unidade Tramitadora: LA0006135; Oficina Contable: LA0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. O contrato financiarase con cargo aplicación orzamentaria 15/456.1516.680.03 do vixente Orzamento provincial. 4.23709.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE A_15) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 19 de decembro de 2014 aprobou as bases de subvencións de axuda ó deporte de competición federado, dirixidas a apoiar ás entidades e clubs deportivos nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou local, publicadas no BOP nº 1 de 2 de xaneiro de 2015, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación por un importe de 399.710,06 € con cargo á aplicación orzamentaria 15/340.3410.489.23 do vixente Orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de subvencións a 509 entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar o deporte de competición federado – Categoría base (programa DE_ A/15) e que se achegan na seguinte relación, excluíndo deste programa un total de 37 solicitudes por no cumprir coas bases establecidas e que se indican en relación aparte: Relación de entidades e clubs deportivos: Relación excluídos: 5.23710.- SUSPENSIÓN DA REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DUN BOLSEIRO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 30 de abril de 2015 adxudicáronse bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral na Deputación e Concellos da provincia de Pontevedra 2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e confraría de destino, con efectos do 1 de maio de 2015 e por un período de 6 meses, prorrogables por outros seis. Considerando a citada incidencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade suspender temporalmente a bolsa adxudicada á confraría e a Carlos Filgueira Gómez, dende o día 31 de xullo de 2015. 6.23711.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NA EMPRESA CO-PREVENT Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P033 Ciclo Superior en Xestión Comercial e Márketing a bolseira Eva Ríos Torres. Con data de 11 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 16 de agosto de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Eva Ríos Torres, con efectos do 16 de agosto de 2015. 7.23712.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NA EMPRESA TATARINA OCIO INFANTIL Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P006 da titulación Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística a bolseira Eva Ferreiro de Jesús na empresa Sonia Paz Cueto (Tatarina Ocio Infantil). Con data de 20 de xullo de 2015 a bolseira Eva Ferreiro de Jesús presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 18 de agosto de 2015. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Eva Ferreiro de Jesús na empresa Sonia Paz Cueto (Tatarina Ocio Infantil) con efectos do día 18 de agosto de 2015. 8.23713.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO CONCELLO DE A ESTRADA Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación de Pontevedra 2014-2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais do expediente D57 Licenciatura/grao en ciencias políticas e da administración o bolseiro José Francisco Novoa Pino. Con data de 6 de agosto de 2015 dito bolseiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 14 de agosto de 2015 por incorporación a un posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro José Francisco Nóvoa Pino, con efectos do día 14 de agosto de 2015. 9.23714.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación de Pontevedra 2014-2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais do expediente D22 Diplomatura/grao en fisioterapia a bolseira Inés Díaz Pérez no Concello de Cangas. Con data de 12 de agosto de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de agosto de 2015 por incorporación a un posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Inés Díaz Pérez, con efectos do día 31 de agosto de 2015. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta e cinco do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición