ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/08/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-08-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/08/28_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 14 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e oito de agosto do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado provincial D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23715.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión extraordinaria do día 25 de agosto de 2015. 2.23716.- APROBACIÓN DE PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “REDE DE SANEAMENTO NO NÚCLEO DE OS BRAVOS, NA PARROQUIA DE ESTÁS (TOMIÑO)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 12 de setembro de 2014, acordou adxudicar á empresa Petrolam a Veiga, S.L., o contrato para a execución da obra “Saneamento no barrio Bravos-Estás (Tomiño)”, pertencente á 6ª relación de proxectos POSP/13, cun prazo de execución de 96 días. Resultando.- Que con data 23/10/2014 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 27/01/2015. Resultando.- Que con data 22/12/2014 recíbese nesta Deputación escrito do director de obra e do contratista solicitando a suspensión temporal da execución da obra, debido a que solicitado permiso á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, esta remitiu unha comunicación de resolución de data 07/04/2014 ó Concello de Tomiño, na que pon de manifesto certas restricións á hora de executar a obra. Nunha delas no punto 5º do apartado B do Anexo II establece que: “Atendendo á protección do dominio público hidráulico, no cruce de tuberías ou outro tipo de conducións deberase contemplar un resgardo de polo menos 1 m entre a cara superior da condución e o leito do cauce, debendo estar a tubería convenientemente protexida e ser o cruzamento perpendicular ó cauce” Di o director de obra que a situación actual do leito no “Regato Os Bravos”, debido ás cheas producidas polas inundacións, fan que as limitación de cota, entre a cara superior da condución e o leito da canle, impostas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, sexan inferiores a 1 metro, o que fai imposible a execución do proxecto modificado tal e como está definido. Resultando.- Que con data 07/01/2015 asinouse a acta de reinicio de obra, debido a que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, comunicoulle verbalmente ó director de obra e o contratista que se podería facer o cruce do regato da condución de saneamento, grampando a canalización á ponte existente, solucionándose así as causas que deron lugar así as causas que deron orixe á acta de suspensión. Resultando.- Que con data 08/01/2015, tivo entrada nesta Deputación, escrito do director de obra, solicitando unha prórroga de 3 meses na execución da obra, debido a que as causas que deron lugar á paralización, retrasaron a súa execución. Resultando.- Que con data 10/02/2015, recíbese nesta Deputación informe do director de obra, no que pon de manifesto que se solicitou nova autorización á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para poder facer o cruce da condución de saneamento, grampando a canalización á ponte existente no Regado Os Bravos. Resultando.- Que con data 23/03/2015 a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, remitiu comunicación de resolución ó Concello de Tomiño autorizando grampar a canalización á ponte existente. Resultando.- Que con data 28/03/2015 recíbese nesta Deputación escrito do director de obra solicitando a redacción de proxecto modificado. Resultando.- Que con data 28/03/2015 recíbese nesta Deputación escrito do director de obra e do contratista, solicitando a paralización temporal da obra en tanto non se aprobe o proxecto modificado. Resultando.- Que con data 14/07/2015 recíbese nesta Deputación proxecto modificado da obra “Saneamento no barrio de Bravos-Estás (Tomiño)” O director de obra xustifica a necesidade do proxecto modificado debido a que a situación actual da canle fai que as limitacións de cota impostas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil fagan imposible a execución do proxecto tal e como estaba definido, polo que se solicita un novo permiso á Confederación, e que esta concede, para facer o paso da condución de saneamento grampando a canalización á ponte existente. Asemade manifesta que as causas que xustifican o proxecto modificado poden incluírse no recollido no artigo 107.1 do TRLCSP nos seus apartados A e E, e dicir, a inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidas na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas e a necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, medioambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato. O director de obra recolle na memoria do proxecto modificado que non se alteran as condicións esenciais de licitación e adxudicación, que se limita a introducir as variacións estritamente indispensables para a boa execución das obras, e que os prezos recollidos na acta de prezos contraditorios, adecúanse ós prezos de mercado, e como establece o artigo 158 do R.d. 1098/2011 corresponden estes custos á data que tivo lugar a adxudicación. Por último establece para finalizar a obra un prazo de 2 meses dende a aprobación do proxecto modificado. Resultando.- Que solicitado informe ó Servizo de Infraestruturas, este emitiu o mesmo na data 28/07/2015, recollendo o seguinte: - La justificación de la necesidad de redacción del modificado se ajusta a los puntos A y E del artículo 107.1 del Real Decreto Legislativo 3/2011 de 14 de Noviembre, por el que se a aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. En este caso se decide modificar el diseño de la red de saneamiento debido a un problema existente en el tramo de canalización que discurría, en un principio, bajo el “Regato Os Bravos”: Solicitado permiso a la Confederación Hidrográfica Miño-Sil para el paso de la canalización bajo el río, la Confederación remite comunicación de resolución permitiendo este paso dejando como mínimo un metro de resguardo entra la cara superior de la conducción y el lecho del canal, condición que imposibilita la ejecución del proyecto tal y como está definido, o anclando la canalización al puente existente en este punto, solución óptima para solventar este problema, pero que modifica ligeramente el diseño de la red de saneamiento contemplado en el proyecto inicial, motivo por el cual se redacta este modificado. - Los precios de las unidades nuevas no previstas en el proyecto original se adecúan a los precios habituales de mercado, y una vez comprobados su precios descompuestos se puede afirmar que, en efecto, estos están basados en los precios unitarios indicados en el proyecto original. - Tras revisión completa del proyecto modificado, no se encuentra errores de índole técnica. Es por lo que se procede a informar favorablemente la documentación presentada. Resultando.- Que con data 13/08/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “A autorización dun modificado resulta condicionada a que non se produza unha variación substancial das condicións de contratación, (artigo 107.2 TRLCSP) xa que nese caso se considerará nova adxudicación e requirirá dun novo procedemento de contratación. Non se poderá adicionar prestacións complementarias ás inicialmente contratadas, ampliar ó obxecto do contrato a fin de que poida cumprir finalidades novas non contempladas na documentación preparatoria do mesmo, o incorporar unha prestación susceptible de utilización ó aproveitamento independente, se non que se realizarán unicamente as actuacións necesarias para executar o proxecto como estaba previsto inicialmente. En todas estas actuacións do “ius variandi” a solución ten que examinarse dende un punto de vista restritivo, polo que a compensación de unidades de obra, sendo unha modificación contractual, ten que interpretarse restritivamente e con elo afirmar que a compensación non poderá supoñer en ningún caso, unha substancial variación do proxecto primitivo, nin nas calidades nin nas cantidades das unidades de obra proxectadas e aínda que con elo non se sobrepase o presuposto primitivo. Os informes emitidos polo director de obra e o Director de Infraestruturas, poñen de manifesto que as modificacións realizadas no proxecto, responden á necesidade de adaptar o mesmo á autorización realizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil de grampar a canalización de saneamento á ponte existente, ante a imposibilidade de execución do proxecto como estaba definido polas limitacións de cota entre a cara superior da condución e o leito da canle establecidas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Baseándonos nos informes que contén o expediente, parece deducirse, tal e coma recolle o director de obra na memoria do proxecto modificado, que a modificación do proxecto é provocada pola inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificación técnicas, e pola necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, medioambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato. Por último, ante o incumprimento do prazo inicialmente previsto para finalizar a obra, pola paralización da obra ante a necesidade de obter a autorización da Confederación Hidrográfica e a aprobación do proxecto modificado ante a imposibilidade de realizalo como estaba inicialmente previsto debido ás esixencias da confederación hidrográfica, o director de obra establece no proxecto modificado o prazo de dous meses para rematar a mesma, a contar dende a súa aprobación. Este proxecto modificado deberá cumprir con todas as especificacións recollidas na autorización da Confederación Hidrográfica Miño/Sil....” Resultando.- Que solicitado informe ó Sr. Secretario, este emite o mesmo na data 18/08/2015 co seguinte contido: “...Préstase conformidade ó amplo e detallado informe do Xefe do Servizo de Contratación e na súa consecuencia infórmase favorablemente o mesmo...” Resultando.- Que solicitado informe o Sr. Interventor, este emite o mesmo na data 24 de agosto de 2015 co seguinte contido: “...Con carácter xeral debería prestarse especial coidado á hora de redactar os proxectos de obras, tratando de evitar, na dedida do posible, a tramitación de proxectos modificados. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP (art. 219.2 do TRLCSP). ... Polo exposto, coas recomendacións sinaladas, infórmase favorablemente a tramitación do mesmo...” Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o 107.1 nos seus apartados “a)” e “e)” do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: a) Inadecuación de la prestación contratada para satisfacer las necesidades que pretenden cubrirse mediante el contrato debido a errores u omisiones padecidos en la redacción del proyecto o de las especificaciones técnicas. e) Necesidad de ajustar la prestación a especificaciones técnicas, medioambientales, urbanísticas, de seguridad o de accesibilidad aprobadas con posterioridad a la adjudicación del contrato. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra “Rede de saneamento no núcleo de Os Bravos, na parroquia de Estás (Tomiño)” sen variación económica e establecer un prazo de 2 meses dende a notificación deste acordo, para executar o mesmo. 3.23717.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN 2014-2015 POR REVOGACIÓN DA BOLSA Á CANDIDATA TITULAR DO CONCELLO DE MOAÑA Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015, adxudicáronse as becas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación 2014/2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e concello ou servizo da Deputación de destino, con efectos do 1 de abril de 2015 e por un período de 6 meses, prorrogables por outros seis. Dende entón e até a data, revocouse a bolsa por incapacidade temporal superior a 30 días a seguinte bolseira: EXP Centro de Destino Bolseiro Titulación Efectos renuncia D06 Concello de Moaña Varela Suárez, Regina Ciclo Superior en Educación Infantil 31/07/2015 A base décimo segunda, recolle que a suspensión da bolsa por maternidade, enfermidade ou accidente non ocasionará a finalización das prácticas, salvo que a ausencia exceda ós trinta días nos casos de enfermidade ou accidente e de seis semanas no caso de maternidade. No suposto de que se supere este prazo, a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral do bolseiro. A base décimo terceira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia do bolseiro á bolsa antes da finalización do período de prácticas, a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa vacante polo tempo restante por un candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Aínda cando non contemplamos supostos por baixa por incapacidade temporal entendemos en aplicación analóxica que procederá darlle o mesmo tratamento que en caso de renuncia. Considerando o exposto anteriormente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a bolsa do expediente D06 da titulación Ciclo Superior en Educación Infantil no Concello de Moaña á candidata Marta Amil Lago con efectos do 1 de setembro de 2015 e por unha duración de 2 meses prorrogables por outros 6 meses. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. Cun mes de antelación á data prevista de finalización da bolsa, o Centro de destino poderá solicitar, se procede, a prórroga á vista da memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e resultados) e do informe de avaliación e proposta de titor. 4.23718.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA AREEIRA, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P077 Grao en enxeñería de edificación/Arquitectura técnica o bolseiro Oscar Riveiro Sanroman. Con data de 21 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 28 de agosto por incorporación a unha oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Oscar Riveiro Sanromán, con efectos do 28 de agosto de 2015. 5.23719.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA GLUUMIIM, S.L.U. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P053 Enxeñería en telecomunicacións o bolseiro Rubén García González. Con data de 25 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de agosto por incorporación a unha oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Rubén García González, con efectos do 31 de agosto de 2015. 6.23720.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Vista a relación de facturas con número 2015031642, que contén tres facturas e por un importe de 1.950,58 €, correspondendo a primeira factura a Excavaciones y Transportes Feijoo Rodiño, S.L., por importe de 1.185,80 €, e a derradeira a Comercial Hospitalaria Grupo 3, S.L., por importe de 50,88 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 30 de xullo de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 1.950,58 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 1.950,58 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Vista a relación de facturas con número 2015031648, que contén nove facturas e por un importe de 62.983,05 €, correspondendo a primeira factura a Construcciones Abal, S.L., por importe de 8.122,13 €, e a derradeira a Alvegal, S.L., por importe de 9.565,05 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 30 de xullo de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 62.983,05 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 62.983,05 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) Vista a relación de facturas con número 2015032871, que contén sete facturas e por un importe de 676,53 €, correspondendo a primeira factura a Almacenes Celso Miguez, S.A., por importe de 27,89 €, e a derradeira a Almacenes Celso Míguez, S.A., por importe de 38,94 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de agosto de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron exercicios pechados, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 676,53 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 676,53 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. d) Vista a relación de facturas con número 2015033401, que contén dezaseis facturas e por un importe de 87.436,79 €, correspondendo a primeira factura a Neumáticos Tejedo, S.L., por importe de 377,17 €, e a derradeira a Serviguide, S.L., por importe de 9.088,19 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de agosto de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 87.436,79 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 87.436,79 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 7.23721.- COMUNICACIÓNS: Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.23722.- DECLARACIÓN DO GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN RELACIÓN CON ENCE-ELNOSA Coa nova lei de costas do Estado, aprobada en maio de 2013, así como o seu regulamento de desenvolvemento, de outubro de 2014, o goberno de Mariano Rajoy consumou a decisión de manter o complexo industrial de Lourizán (ENCE e ELNOSA) na súa actual ubicación na Ría de Pontevedra. Esta decisión supón un ataque frontal á poboación da Ría, que en numerosas ocasións ten manifestado a súa contundente oposición á prórroga destas concesións, xa que supoñen unha agresión ambiental, social e económica ó futuro da Ría de Pontevedra. A recente solicitude por parte de ENCE de prórroga e o informe de Costas sobre a vixencia da actual concesión, que remata en 2018, deixa ver ás claras a intención do goberno español, en conivencia coa empresa, de tramitar e conceder a devandita prórroga antes das próximas eleccións xerais; isto supón deixar con pouca ou nula capacidade de decisión ó próximo goberno do Estado, hipotecando durante décadas o desenvolvemento da Ría de Pontevedra. A concesión da devandita prórroga está pendente de informe ambiental, non vinculante, da Xunta de Galicia, este feito non pode ser utilizado polo goberno galego para evadir a súa responsabilidade e deixar de exercer as súas competencias. A Xunta de Galicia ten competencias exclusivas en Ordenación do territorio e do litoral, no exercicio destas competencias ten capacidade para impedir esta prórroga, e non ser cómplice dunha imposición desta magnitude. As Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), aprobadas definitivamente por Decreto 19/2011, de 10 de febreiro, son un instrumento de carácter global que define o modelo territorial de Galicia e orienta as actuacións sectoriais proporcionando criterios territoriais e ambientais e, no que atinxe ó complexo contaminante ENCE-ELNOSA determinan: “(…) Requírese unha ordenación dos usos, trasladando cara a outros emprazamentos instalacións e actividades que non precisan localizarse xunto ó mar e que na actualidade significan un elevado custe de oportunidades. É o caso de numerosas actividades industriais, a máis importante das cales é a gran planta de celulosa que limita a conexión de Pontevedra coa marxe meridional da súa ría”. “Neste contorno evitárase, na medida do posible e con carácter xeral, a localización de usos industriais e infraestruturas xeradores de impacto ou que non teñan necesidade de localizarse xunto ó mar para garantir a súa viabilidade”. Segundo o Plan de Ordenación do Litoral (POL), aprobado definitivamente polo Decreto 20/2011, de 10 de febreiro, as instalacións que nos ocupan atópanse nun eido de recualificación nunha “área continua de mellora ambiental e paisaxística” e “o desenvolvemento e consecución destes obxectivos concretaranse mediante a redacción do instrumento de ordenación territorial ou urbanístico máis adecuado, atendendo en calquera caso ó interese público e á utilidade social da actuación que debera abordar conxuntamente as accións de rexeneración, restauración e reordenación do ámbito de recualificación previsto nos terreos actualmente ocupados”. É pois impensable un informe favorable por parte da Administración Galega a unha prórroga das concesións. Mentres os núcleos do litoral, modo tradicional de asentamento na costa galega, están nunha situación totalmente precaria e ameazados pola lexislación de Costas, os intereses de ENCE e ELNOSA son defendidos polo PP, que actúan máis como representantes comerciais das empresas que como representantes do pobo galego. As recentes declaracións do Conselleiro de Industria sobre a situación de ELNOSA, e a súa prórroga, supoñen unha nova agresión ás expectativas de desenvolvemento da Ría de Pontevedra, neste caso co agravante de que se trata dunha planta de cloro, que ningunha sociedade europea, nin os seus gobernos, admitirían nun entorno urbano. Estas declaracións prodúcense despois de que na última concesión de AAI a ELNOSA a Consellaría de Medio Ambiente anunciase o ano 2016 como data límite e improrrogable para a actividade de ELNOSA. O goberno da Deputación de Pontevedra, como administración intermunicipal, quere manifestar o seu apoio á posición mantida polo goberno de Pontevedra e respaldada polo conxunto da corporación, coa excepción do PP, fronte a unha agresión que afecta ó futuro de todos os concellos da Ría de Pontevedra. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acorda por unanimidade: 1.- Instar á Xunta de Galicia, no exercicio das súas competencias exclusivas en Ordenación do territorio, a emitir informe desfavorable sobre a prórroga de ENCE, por ser incompatible coas determinacións do POL e das DOT. 2.- Instar á Xunta de Galicia a anular a AAI de ELNOSA, anulada por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e declarar improrrogable a súa actividade e ubicación, por ser incompatible co POL, coas DOT, e unha ameaza para a seguridade das poboacións da Ría de Pontevedra. 3.- Instar ó Goberno do Estado a non prorrogar a concesión de ENCE, nin de ELNOSA, por significar unha inxerencia nas competencias da Xunta de Galicia en Ordenación do Territorio e perpetuar por décadas este complexo, e a non adoptar ningunha decisión definitiva sobre estas prórrogas antes da constitución do próximo goberno do estado. 9.23723.- DECLARACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SOBRE A CONDENA DA VIOLENCIA MACHISTA Ante a gravidade dos delitos cometidos contra as mulleres e menores, a mans das súas parellas, exparellas e/ou proxenitores, que se produciron ó longo dos últimos meses no noso país, o recentemente constituído goberno provincial, quere expresar o seu firme compromiso coa loita a favor da erradicación da violencia machista na nosa sociedade. O Goberno provincial manifesta a súa total repulsa e condena ante e condena ante todas e cada unha das expresións e manifestacións da violencia machista. Así mesmo, lamenta profundamente cada unha das vítimas mortais pola violencia de xénero que se produciron no noso pais no que vai de ano. O novo goberno provincial fai unha chamada á concienciación de toda cidadanía para que asuma que a violencia machista é un problema de todas e todos, non só das vítimas que a sofren. Insta a que sexa unánime o rexeitamento ó maltrato cara ás mulleres e menores, a fin de que quen o comete non atope nunca tolerancia nin comprensión para os seus actos. Doutra banda, este goberno ten claro que con independencia do que dispoñan al leis, a efectividade da protección e garantía dos dereitos das vítimas depende en gran medida do desenvolvemento dos instrumentos de colaboración e coordinación entre as diferentes administracións chamadas a intervir. O recentemente constituído goberno provincial fai un chamamento ó Goberno de España, así como á Xunta de Galicia, para que poñan en marcha os mecanismos necesarios para mellorar tanto a formación como a coordinación de todas e todos os profesionais chamados a actuar ante calquera agresión machista, no só cara ás mulleres senón tamén cara á súa contorna, consideramos prioritario avanzar na protección das e dos menores que se atopan expostos á violencia de xénero e sofren as súas consecuencias de xeito directo ou indirecto, para preservar o seu interese superior e facilitar a súa recuperación. En definitiva, mellorar a prevención, detección e atención a todas as vítimas da violencia machista. Dende a Deputación provincial de Pontevedra tendemos unha man a todas e cada unha das corporacións locais da nosa provincia para que pidan poñer en marcha ferramentas que faciliten a abordaxe integral desta problemática. Cremos que a administración local, a instancia máis próxima a cidadanía, configúrase como o espazo privilexiado para a intervención coas mulleres e nenas/os vítimas da violencia machista. Este goberno aproveita a ocasión para mostrar o seu firme compromiso na loita contra a violencia machista, poñendo en marcha medidas encamiñadas tanto en materia de atención como prevención contra a violencia de xénero, así como a implicación en cada unha delas ós 62 concellos da provincia. 10.23724.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición