Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2016-06-17_Ordinaria. Acta de sesión 2016/06/17_Ordinaria
Acta de sesión 2016/06/17_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.838/1.2016-06-17_Ordinaria
Título Acta de sesión 2016/06/17_Ordinaria
Data(s) 2016 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e dez minutos do día dezasete de xuño do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto Dna. Sonia Mateos Escudero, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24516.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2016. 2.24517.- APROBACIÓN DAS “BASES DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL E A MEMORIA HISTÓRICA – ANO 2016” A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura e Lingua, establece as bases de subvencións a concellos da provincia de Pontevedra para a sinalización do patrimonio histórico cultural e a memoria histórica – ano 2016, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a concellos da provincia de Pontevedra para a sinalización do patrimonio histórico cultural e a memoria histórica - ano 2016 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL E A MEMORIA HISTÓRICA, ANO 2016 Coa posta en marcha de distintas accións para a recuperación do patrimonio histórico existente na nosa provincia a Deputación de Pontevedra considera que este é o momento adecuado para promover un apoio económico para os concellos da nosa provincia e, en consecuencia, convoca para este ano subvencións destinadas ao financiamento do gasto derivado da sinalización dos recursos patrimoniais e bens de interese cultural, así como dos elementos relacionados coa memoria histórica do noso país, no que se inclúe a colocación de novos sinais ou a substitución dos obsoletos ou deteriorados. Sen dúbida, a promoción e a información, así como a accesibilidade aos bens culturais das localidades, son básicas en calquera política turística e cultural. Tan fundamental é dar a coñecer a nosa provincia como que os visitantes poidan acceder aos nosos bens patrimoniais coa maior facilidade posible. 1. Obxecto: A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, para: a. A instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico e/ou antropolóxico, artístico e/ou etnográfico, dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra. b. A instalación de paneis informativos naqueles puntos que se consideren oportunos, co plano de situación e/ou información detallada dos bens culturais de cada concello solicitante. c. A instalación dos sinais que, en cumprimento da Lei 52/2007, de 26 de decembro, da memoria histórica, sexan precisos nos núcleos urbanos dos concellos da provincia de Pontevedra. 2. Tipoloxía da sinalización: Os tipos e as medidas dos paneis informativos que se empregarán quedan suxeitos ás necesidades e ao contorno dos bens e/ou recursos sinalados, respectando en todo momento a normativa actual vixente. No caso dos cambios de sinalización por reposición de sinais, en cumprimento da citada Lei 52/2007, nos núcleos urbanos, estes deberán respectar as directrices e especificacións establecidas nas respectivas ordenanzas de sinalización municipais dos concellos solicitantes. A tipoloxía dos paneis de sinalización coas súas medidas e especificacións técnicas figura no anexo I desta convocatoria e na web www.depo.es. Para aqueles casos nos que, polas características do propio sinal ou do contorno, se alteren as medidas prefixadas no citado anexo, deberá quedar debidamente acreditado o motivo excepcional do cambio. En todo caso, o seu deseño definitivo será revisado polo Servizo de Comunicación da institución provincial. Quedan excluídos desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención os seguintes investimentos: a. A utilización de elementos de sinalización, tanto nas estradas coma no centro urbano do concello, alleos ao obxecto desta convocatoria. b. A sinalización de elementos non incluídos no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia e centros administrativos, sanitarios, deportivos, parques etc. c. As sinalizacións sobre inmobles nos que se realizasen obras que fosen obxecto de sanción en materia de Patrimonio Cultural. d. Os que fosen subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria con cargo á aplicación 16/330.3360.762.00 do Orzamento do organismo provincial para o ano 2016 por un importe total de 200.000,00 €. 3. Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións todos os concellos da provincia de Pontevedra, ata un máximo de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a esta convocatoria. 4. Solicitudes e documentación: Os concellos e as entidades interesadas poderán presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria. Por cada solicitude que realicen deberán presentar os expedientes completos. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, no Servizo de Cultura e Lingua ou na páxina www.depo.es, achegando ademais a seguinte documentación: a. Memoria descritiva das actuacións que se pretenden desenvolver. Nesta memoria figurarán os textos cos contidos informativos de cada actuación en lingua galega para a súa revisión polos Servizos Lingüísticos desta institución provincial. Non obstante poderanse empregar outras linguas a maiores. b. Acordo do órgano de goberno que fundamente e detalle aquelas actuacións de reposición de sinais municipais, cumprindo coa Lei 52/2007. c. Orzamento detallado e totalizado emitido por unha empresa con capacidade para a execución do proxecto, no que se indicarán as características técnicas dos sinais que se colocarán (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado), asinado pola persoa representante. A entidade terá que solicitar, cando menos, tres ofertas de distintos provedores, no caso de que o investimento sexa superior a 50.000,00 €. d. Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o investimento obxecto de subvención. e. Declaración na que conste que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e na que se acepten as bases da convocatoria. f. Certificación ou declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación. g. Certificación orixinal dos datos bancarios ou copia cotexada co nome da entidade local peticionaria. Será responsabilidade do beneficiario a obtención das correspondentes licenzas, autorizacións ou permisos para a execución das obras. 5. Lugar e prazo de presentación: Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto, sen prexuízo da súa inserción en www.depo.es e no taboleiro de anuncios. O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o 30 de xullo de 2016. Entregaranse no Rexistro xeral da institución provincial: o Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). o Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). o En calquera dos rexistros ou oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). A presentación da solicitude implicará que se autoriza á Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo establecido non serán admitidas nesta convocatoria. 6. Valoración e concesión: Un importe fixo de cen mil euros (100.000,00 €) repartirase de forma lineal entre os concellos da provincia que decidan acollerse a estas axudas. A cantidade restante, cen mil euros (100.000,00€), repartirase do seguinte xeito: Habitantes Grupo 1 Ata 10.000 Grupo 2 De 10.001 a 20.000 Grupo 3 De 20.001 a 50.000 Porcentaxe 20 % 40 % 40 % Cantidade por grupo 20.000,00 € 40.000,00 € 40.000,00 € Total 100.000,00 € Ao grupo 1, de ata 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 20 %, polo que lle corresponden vinte mil euros (20.000,00 €). Ao grupo 2, de 10.001 a 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 40 %, polo que lle corresponden corenta mil euros (40.000,00 €). Por último, ao grupo 3, formado por sete concellos de entre 20.001 e 50.000 habitantes, correspóndenlle corenta mil euros (40.000,00 €). Estas cantidades repartiranse entre os que forman o grupo en proporción ao 75 % da poboación e ao 25 % da superficie. Para estes efectos a poboación da entidade local que se terá en consideración será a última publicada polo INE na data de publicación destas bases no BOPPO. No suposto da non existencia de solicitudes por parte dalgúns dos concellos incluídos nestes grupos procederase a unha nova redistribución das cantidades iniciais, o que se lles comunicará aos concellos solicitantes para os efectos oportunos. A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario. 7. Procedemento de concesión: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ao xefe do Servizo de Cultura e Lingua, quen realizará de oficio todas as actuacións que estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, en conformidade co previsto no artigo 24 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). As solicitudes de subvención para cada un dos programas valoraranse conforme aos criterios sinalados na base 5 pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidencia: O deputado de Cultura e Normalización Lingüística, Xosé Leal Fariña. Vogalía: Dous membros do equipo técnico do Servizo de Cultura e Lingua. Un membro do equipo técnico do Servizo de Intervención. Secretaría: Un membro do funcionariado do Servizo de Cultura e Lingua, que actuará como secretario sen voto. A Comisión de Valoración poderá: 1. Solicitar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir un informe a respecto das solicitudes de subvención. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme o previsto no artigo 58 da LRXAP/PAC. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución, os interesados estarán lexitimados para dar por desestimada a solicitude de subvención por silencio administrativo. 8. Modificación da resolución: Tal como se establece no artigo 64 do Regulamento da LXS (R.d. 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois da solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da axuda, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes desde a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da Comisión de Valoración, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: • Se o orzamento do novo investimento é superior ou igual ao subvencionado inicialmente, manteranse as condicións da subvención concedida en canto ao importe da subvención e orzamento subvencionado. • Se o orzamento do investimento é inferior ao subvencionado inicialmente, a Comisión de Valoración, logo do informe previo do Servizo de Cultura e Lingua, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores aos inicialmente establecidos. 9. Xustificación: Os beneficiarios da subvención, unha vez concedida, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal se concederon, de acordo co proxecto achegado na solicitude. Unha vez notificada a aprobación das subvencións concedidas e realizado o investimento os beneficiarios deberán xustificalas antes do 30 de xuño de 2017. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, debidamente asinada, na que se indique o investimento realizado e os resultados obtidos. b) Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. Indicarase en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade ou, de ser o caso, deberase presentar a factura acompañada das correspondentes certificacións de obra aprobadas polo órgano competente. c) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada e se detallarán as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, e na que se indique que os gastos que figuran na antedita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, e se sinale que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8.2.c das de execución do vixente Orzamento provincial. d) Os gastos xustificados deberán axustarse no posible aos conceptos incluídos no orzamento inicial, sen que se aboe máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. e) Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da institución provincial do investimento subvencionado, mediante soportes publicitarios, físicos ou telemáticos. f) Declaración de que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. g) Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación, situación que determinará de oficio a propia institución provincial. 10. Pagamento: Para proceder ao pagamento poderase esixir un informe previo dun membro do equipo técnico provincial correspondente. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: • No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención. • No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ao 100 % aboarase a parte proporcional da subvención. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 11. Incumprimento: Logo de vencido o prazo de xustificación sinalado na base novena sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa, o Servizo de Cultura e Lingua requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demais responsabilidades previstas na LXS. 12. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos: • Se se obteñen falseando as condicións requiridas. • Se non se aplican aos fins para os que foron concedidas. • Se o beneficiario incumpre as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 13. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do Orzamento provincial para o ano 2016 e en cumprimento do establecido no artigo 18 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 14. Recursos: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o órgano que as ditou, no prazo dun mes, entendéndose como desestimado se transcorre este período de tempo sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Igualmente, contra esta resolución tamén poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 15. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio 2016, na LXS e na demais lexislación de desenvolvemento.” 3.24518.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “ACONDICIONAMENTO DE BEIRARRÚA NA RÚA BERNARDO SAGASTA-TRAMO SUR”, INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Campo Lameiro na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 76.315,15 € con destino ó financiamento do investimento “Acondicionamento beirarrúa na rúa Bernardo Sagasta-Tramo Sur” (Expdte.: 2016023061). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Asemade, de acordo co previsto na base quinta das reguladoras, o Concello de Campo Lameiro solicita expresamente que os importes non empregados das liñas 2, 3 4 incrementen a liña 1 adicada ó financiamento de investimentos. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016 que dispón que a cantidades que os concellos non utilicen das liñas, 2, 3 e 4 poderanas utilizar para facer investimentos (liña 1). De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do xefe dos servizos técnicos de mobilidade e da xefa do servizo de cooperación, de data 06 de xuño de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 7 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Campo Lameiro, CIF.: P3600700C, a cantidade de 76.315,15€, para o financiamento do investimento “Acondicionamento de beirarrúa na rúa Bernardo Sagasta-Tramo sur”, cun orzamento polo mesmo importe. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Campo Lameiro, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 4.24519.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS CON DESTINO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL: PONTE BOUZÓS, CONTENCIÓNS E RECOLLIDA DE PLUVIAIS EN OURELO”, INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 01/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Cangas na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 167.899,99 € con destino ó financiamento do investimento “Reparación e acondicionamento de camiños titularidade municipal, Ponte Bouzós, contención e recollida de pluviais Ourelo” (Expdte.: 2016023136). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. A secretaria certifica o acordo adoptado polo xunta de goberno local no que se reflicte, o teor do disposto na base 5ª, as cantidades asignadas en cada liña, de xeito que os sobrantes das liñas 2, 3 e 4 incrementaron a liña 1 adicada ó financiamento de investimentos. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Base reguladoras 5ª do Plan de Concellos 2016 que dispón que as cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2, 3 e 4 poderanas utilizar para facer investimentos. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do xefe dos servizos técnicos de mobilidade e da xefa do servizo de cooperación, de data 6 de xuño de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 8 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Cangas, CIF.: P3600800A a cantidade de 167.899,99 €, para o financiamento do investimento “Reparación e acondicionamento de camiños de titularidade municipal: Ponte Bouzós- contencións e recollida de pluviais en Ourelo”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 167.899,99 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Cangas, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 5.24520.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “OBRAS DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DO MATERIAL DE CUBRICIÓN EN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 01/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Gondomar na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 63.930,54 € con destino ó financiamento da actuación “Obras de conservación y mantemento do material de cubrición en polideportivo Municipal”, que inclúe a execución das obras previstas cun orzamento por importe de 60.318,69 € e os honorarios da redacción do proxecto técnico, por importe de 3.611,85 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Non obstante, pese a que do informe da intervención provincial de data 9 de xuño de 2016 despréndese que a efectividade da subvención deberá quedar condicionada á autorización da Deputación por afectar a unha estrada provincial, con posterioridade a dito informe incorpórase ó expediente a correspondente autorización. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do Enxeñeiro Xefe de Cooperación de data 31 de maio de 2016, e o informe da Xefa do servizo de Cooperación de data 7 de xuño de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 9 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Gondomar, NIF P3602100D, por importe de 63.930,54 €, para a realización do investimento “Obras de conservación y mantemento do material de cubrición en polideportivo municipal” (Exp. 2016023868), cun orzamento polo mesmo importe, 63.930,54 €. Deste importe, 60.318,69 € corresponden á execución das obras, e 3.611,85 € ós gastos de redacción do proxecto, que foron solicitados formal e expresamente polo concello, resultando subvencionables ó abeiro da base 8º do Plan de Concellos 2016. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 6.24521.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “NOVO MURO DE PEDRA PARA CONTENCIÓN DE TALUD EN A RÚA” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 29/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Mos na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 118.846,41 € con destino ó financiamento da actuación “Novo muro de pedra para contención de Talud en A Rúa” (Exp.: 2016019935), cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, agás no relativo ás licenzas e permisos, dado que como pon de manifesto o Concello de Mos está pendente de resolución a preceptiva autorización de patrimonio. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe do Xefe dos servizos técnicos de Mobilidade de data 27 de abril de 2016, e o informe da Xefa do servizo de Cooperación de data 26 de maio de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 30 de maio de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Mos, NIF P3603300I, por importe de 118.846,41 €, para a realización do investimento “Novo muro de pedra para contención de Talud en A Rúa” (Exp. 2016019935), cun orzamento polo mesmo importe, 118.846,41€. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. Non obstante, dado que da documentación achegada despréndese a necesidade dunha autorización sectorial para a execución do investimento, a eficacia da presente subvención queda condicionada ó cumprimento deste requisito. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 7.24522.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS CON DESTINO Ó “PAGAMENTO DE GASTO CORRENTE NOVO”, INCLUÍDA NA LIÑA 2 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DOS CONCELLOS) 2016 – RELACIÓN Nº10 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% con cargo á liña 2 de subvención (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes). O Concello de Mos, con data de entrada no rexistro da Deputación 29/02/2016 e Nº2016020263, dentro do prazo previsto na convocatoria, presenta solicitude de subvención con cargo á liña 1 do Plan (Investimentos) para “Limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños municipais do Concello de Mos”. Do exame do proxecto técnico achegado constátase que o obxecto da actuación non supón un investimento senón que se trata de limpeza de vías públicas, que debe considerarse como gasto corrente. En data 30/05/2016 e rexistro 2016056628 presenta unha nova solicitude, co mesmo obxecto, ó abeiro da Liña 2 do Plan, para a modalidade gasto corrente novo, deixando sen efecto a solicitude presentada con cargo á Liña1 do Plan. Ó abeiro desta Liña 2, o Concello de Mos presentou a solicitude de subvención, que se relaciona a continuación, e que achega a documentación e cumpre os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústase á tipoloxía da Liña 2 de subvención, e solicita axuda para gasto corrente novo. LIÑA 2 – RELACIÓN Nº 10 Concello Obxecto Orzamento Subvención Mos Limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños municipais do Concello de Mos (gasto corrente novo) 121.297,78€ 121.297,78€ TOTAL 121.297,78€ Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio das competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL, e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e tendo en conta a consideracións xurídicas expostas e vistos o informe da Xefa do Servizo de Cooperación de data 09/06/2016 que conclúe favorablemente a concesión das subvencións, e o informe da intervención provincial de data 10/06/2016; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Mos, para a finalidade “Limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños municipais do Concello de Mos”, por un importe de 121.297,78 €. Esta achega concédese ó abeiro do Plan de obras e servizos (Plan dos Concellos) 2016, dentro da súa Liña 2, con destino ó financiamento de gasto corrente novo. LIÑA 2 – RELACIÓN Nº 10 Concello Obxecto Orzamento Subvención Mos Limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños municipais do Concello de Mos (gasto corrente novo) 121.297,78€ 121.297,78€ TOTAL 121.297,78€ O importe da subvención imputarase contra a aplicación 16/942.9425.462.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. A subvención concédese para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. O pago da subvención farase unha vez se xustifique o gasto, debendo achegarse a xustificación antes do 31 de marzo de 2017. O incumprimento desta obriga determinará a revogación da subvención, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: o Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. o Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención. o Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. Asemade, en función da modalidade concreta dentro desta liña de subvencións, gasto corrente novo, achegarase tamén: • Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). • Certificado expedido polo funcionario público competente, de que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. Darlle traslado da presente Resolución ó Concello beneficiario, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 8.24523.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN MASUSÁN-AMOEDO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Pazos de Borbén na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 223.122,24 € e con destino ó financiamento da actuación “Ampliación da rede de saneamento en Masusán-Amoedo”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe do Enxeñeiro Xefe do servizo de Cooperación de data 26 de abril de 2016, e o informe da xefa do servizo de Cooperación de data 1 de xuño de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 3 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Pazos de Borbén, NIF P3603700J, por importe de 223.122,24 €, para a realización do investimento “Ampliación da rede de saneamento en Masusán-Amoedo” (Exp. 2016021480), cun orzamento polo mesmo importe, 223.122,24 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 9.24524.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE POIO NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SUBMINISTRACIÓN DE VEHÍCULOS: 1 FURGÓN, 1 TURISMO E 2 FURGONETAS” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 25/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Poio na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 65.000,00 € con destino ó financiamento da actuación “Subministro vehículos: 1 furgón, 1 turismo e 2 furgonetas” (Expdt. 2016023192), cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016; asemade consta solicitude de aplicación á Liña 1 Investimentos dos importes non utilizados nas outras liñas. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á LIÑA 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do Enxeñeiro Xefe de Cooperación de data 6 de xuño de 2016, e o informe da xefa do servizo de Cooperación de data 6 de xuño de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 9 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Poio, NIF P3604100B, por importe de 65.000,00 €, para a realización do investimento “Subministro vehículos: 1 furgón, 1 turismo e 2 furgonetas” (Exp. 2016023192), cun orzamento polo mesmo importe, 65.000,00 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 10.24525.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REPARACIÓN, MELLORAS E CONSERVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS ALVAREZ - DURAN”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016. O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Tui na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 74.014,40 € con destino ó financiamento do investimento “Reparación, melloras e conservación das instalacións deportivas municipais Álvarez - Duran” cun orzamento por importe de 74.014,40 €. Correspondendo 71.933,20 € a execución da obra e 2.081,20 € honorarios redacción do proxecto. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe do servizo de Cooperación de data 07/06/2016, da xefatura do servizo de cooperación de data 07/06/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 09/06/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Tui, CIF.:P3605500B, a cantidade de 74.014,40 €, con destino ó financiamento do investimento “Reparación, melloras e conservación das instalacións deportivas municipais Álvarez - Duran” (Expdte 2016023363) incluído na liña 1 do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 74.014,40€. O importe da subvención contempla os gastos de redacción de proxecto por importe de 2.081,20 € e execución de obra por importe de 71.933,20 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o Concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación e adxudicación deste investimento a realizará o Concello de Tui e posteriormente achegará a documentación xustificativa conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó concello de Tui, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 11.24526.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “MELLORA DE CAMIÑOS DE CARÁCTER MUNICIPAL”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 26/02/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Valga na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 248.924,05 € con destino ó financiamento do investimento “Mellora de camiños de carácter municipal” cun orzamento por importe de 248.924,06 €. O Concello colabora no seu financiamento achegando a contía de un céntimo de euro (0,01€) Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do xefe do servizo técnico de Mobilidade de data 20/05/2016, da xefatura do servizo de Cooperación de data 06/06/2016 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 10/06/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Valga, CIF.:P3605600J, a cantidade de 248.924,05 €, con destino ó financiamento do investimento “Mellora de camiños de carácter municipal” (Expdte 2016023191) incluído na liña 1 do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 248.924,06 €. O Concello colabora no seu financiamento achegando a contía de un céntimo de euro (0,01 €). - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o Concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. - Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Valga, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 12.24527.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A PORTELA (VILA DE CRUCES), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2015 PARA “CANALIZACIÓN DE AUGAS” Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 19 de decembro de 2014 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2015, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 3 de xullo de 2015 acordo número 7.23644, concedeu á Asociación de veciños A Portela (CIF:G.94092947) do Concello de Vila de Cruces, unha subvención por importe de 4.425,00 € con destino ó financiamento do investimento “Canalización de augas”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- Dna. Concha Brandaríz García, con DNI: 33188756D, en calidade de presidenta da Asociación de veciños A Portela (CIF: G-94092947) do Concello de Vila de Cruces, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación 07/06/2016 e número de rexistro 2016060685, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 4.425,00 € , motivada pola carencia de fondo propios para facer fronte ó proxecto. Fundamentos xurídicos: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, , infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación de veciños A Portela (CIF.G.94092947) do Concello de Vila de Cruces, á subvención de 4.425,00 € dentro do Programa de Acción Comunitaria do ano 2015 para ó investimento núm. 2015004906, denominado “Canalización de augas”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación de veciños A Portela do Concello de Vila de Cruces. 13.24528.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), ANUALIDADE 2015 A Xunta de Goberno na súa sesión do día 19 de decembro de 2014 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2015, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Por Resolución Presidencial de data 10/07/2015 e nº de Rexistro 2015018760, acordouse conceder a: D. Ángel Luis Álvarez Pérez, con DNI: 34869942 X, en representación da entidade: Usuarios Camiño de Correlos (Arbo), unha subvención de 2.500,00 € para “Pavimentación do camiño de Correlos” (Ref. 2015026816). A Xunta de Goberno, na sesión do 3 de xullo de 2015, acordou concederlles , polo sistema de concorrencia competitiva, a: Asociación veciñal “Emilio Crespo” de Navia (CIF: G 36648608) (Vigo), unha subvención de 4.032,00 € para “Restauración do hórreo” (Ref.: 2015006262). Asociación cemiterio Nuestra Señora de la Guía (CIF: G 36442374) (Tui), unha subvención de 3.933,00 € para “Realización de peche cemiterio da Guía” (Ref.:2015006595). D. Manuel Míguez Lodeiro con DNI: 33020777 E, en representación da Agrupación veciñal parroquia de Santa Cristina de Campaña (Valga), unha subvención de 916,65€ para “Reforma instalación eléctrica igrexa parroquial, 2ª fase” (Ref.: 2015004661). Comunidad usuarios auga Batan-Sorrega (CIF: G 94104734) (Moraña) unha subvención de 3.078,20 € para “Substitución mangueira traída auga” (Ref.: 2015004419). Asociación de veciños da parroquia de Santa María de Sacos O Cañón de Pau (CIF:G36360378) (Cotobade), unha subvención de 4.327,00 € para “Canalización de augas subterráneas no cemiterio parroquial”. Convenio usuarios aguas Bouzapanda (CIF: G 94071933) (Salceda de Caselas), unha subvención de 3.245,00 € para “Cloración, cadro de manobras e peche de caseta”. Asociación Veciñal Trabe de Ponte (CIF: G 36225183) (Silleda), unha subvención de 4.032,00 € para “Acondicionamento do entorno do local social de Ponte” (Ref.: 2015004958) D. Américo Pino Fernández, con DNI: 35789962 F, en representación da Agrupación Veciñal Outeiro de Leirado (Salvaterra de Miño), unha subvención de 3.933,00 € para “Reforma da traída de augas do outeiro” (Ref. 2015005855). Asociación de veciños El Castro de Santa María de Mourente (CIF: G 36017143) (Pontevedra), unha subvención de 4.800,00 € para “Adecentar e reparar o local social (compra de mobiliario e informática)” (Ref. 2015004357). Comunidad de usuarios de Tixosa (CIF: G 94018314) (Crecente), unha subvención de 3.737,00 € para “Mellora das instalacións da traída de augas” (Ref. 2015005021). Asociación de veciños Festin e Portacurbo (CIF: G 27789098) (Vigo), unha subvención de 3.147,00 € para “Acondicionamento e mellora do muíño do Barbeito” (Ref.2015004373). Ditas concesións, tanto as de concorrencia competitiva como a de libre disposición, foron publicadas no BOPPO núm. 196 de data 9 de outubro de 2015. Nas datas que a continuación se enumeran, tiveron entrada no rexistro xeral da Deputación escritos dos beneficiarios, anteriormente citados, solicitando unha ampliación do prazo de xustificación da subvención. DATA Nº. REXISTRO BENEFICIARIOS MOTIVO 02/06/2016 2016058717 Asociación veciñal “Emilio Crespo” de Navia (Vigo) Tardanza na concesión da licenza favorable por parte do Concello de Vigo 31/05/2016 2016057123 Asociación cemiterio Nuestra Señora de la Guía (Tui) Tardanza na concesión dos trámites nas distintas administracións 03/06/2016 2016059592 D. Manuel Míguez Lodeiro, en representación da Agrupación veciñal parroquia de Santa Cristina de Campaña (Valga) Tardanza na concesión dos correspondentes permisos por parte de Patrimonio da Xunta de Galicia 03/06/2016 201605593 Comunidad usuarios agua Batan-Sorrego (Moraña) Ás condicións climatolóxicas 06/06/2016 2016060340 Asociación de vecinos de la parroquia de Santa María de Sacos o Cañon de Pau (CIF: G 36360378) (Cotobade) Tardanza na concesión das licenzas por parte doutras administracións 07/06/2016 2016060192 Convenio usuarios aguas Bouzapanda (CIF: G 94071933) (Salceda de Caselas) Tardanza na execución das obras 07/06/2016 2016060848 D. Ángel Luís Álvarez Pérez, en representación da entidade: Usuarios Camiño de Correlos (Arbo) Polas inclemencias climatolóxicas 07/06/2016 2016060673 Asociación Veciñal a Trabe de Ponte (CIF: G 36225183) (Silleda) Tardanza na concesión da titularidade do local ante Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) 08/06/2016 2016061518 D. Americo Pino Fernández, con DNI: 35789962 F, en representación da Agrup. Veciñal Outeiro de Leirado (Salvaterra de Miño) Polas malas condicións climatolóxicas 08/06/2016 2016061694 Asociación de veciños El Castro de Santa María de Mourente (CIF:G36017143) (Pontevedra) As inclemencias meteorolóxicas 08/06/2016 2016061449 Comunidad de usuarios de Tixosa (CIF: G 94018314) (Crecente) Problemas da empresa construtora 09/06/2016 2016062026 Asociación de veciños Festin e Portacurbo (CIF:G 27789098) (Vigo) Á climatoloxía Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Bases de execución do Orzamento Provincial. - Base décimo cuarta reguladora do PAC/2015 aprobadas en Xunta de Goberno na sesión do día 19 de decembro de 2014, e publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora novena do PAC/15, relativa á instrución e resolución, indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. - Base reguladora décimo cuarta do PAC/15, relativa a xustificación e aboamento das subvencións, indica que os investimentos incluídos nestas bases deberán estar executados na súa totalidade a 30 de xuño de 2016, para o cal deberase achegarse a correspondente documentación para a súa comprobación polos servizos de Cooperación e Intervención. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do vixente Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. - Base reguladora décimo cuarta do PAC/15, relativa a xustificación e aboamento das subvencións, que indica que será necesario tamén o informe dos técnicos provinciais correspondentes, que será solicitado polo Servizo de Cooperación, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento, e de que o executado se axusta ó previsto na memoria e no orzamento. Procedencia da prorroga: - Artigo 49 da LRXAP-PAC que regula a ampliación dos prazos nos procedementos administrativos. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base reguladora décimo cuarta do PAC/15, relativa a xustificación e aboamento das subvencións, que indica que os investimentos deberán estar executados na súa totalidade a 30 de xuño de 2016. No obstante, se se producisen circunstancias imprevistas, antes de rematar o prazo poderase solicitar unha prórroga que non poderá exceder da metade do prazo estipulado para a execución da actuación. Conclusións: De acordo co que antecede, a regulación da ampliación dos prazos nos procedementos ven contida, con carácter xeral, no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; lei de aplicación os procedementos de concesión e xustificación de subvencións tal e como se dispón no artigo 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. O artigo 49 dispón que “a Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder de oficio ou a petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade dos mesmos, se as circunstancias o aconsellan e con elo non se prexudican dereitos de terceiros”. Do teor literal do precepto en cuestión dedúcese que o lexislador permite a prórroga, pero someténdoa a unhas regras estritas, como son que esta terá lugar unha única vez e que non poderá ser superior a metade do prazo inicialmente concedido. Tendo en conta o exposto, os fundamentos de dereito de aplicación e á vista do informe de intervención de datas 3, 7, 8 e 13 de xuño de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Concederlles ós beneficiarios enumerados nos antecedentes, unha prórroga con carácter improrrogable, na xustificación das actuacións incluídas, dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2015, ata o 30 de setembro de 2016. 14.24529.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE O PORRIÑO DO INVESTIMENTO “CONEXIÓN DE VARIAS REDES DE SANEAMENTO EN VACARIA-BUDIÑO”, PARA “SANEAMENTO EN A DEVESA”, Ó ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Mediante acordo 10.23991 da Xunta de Goberno do día 17/12/2015, concedeuse subvención ó abeiro do PPOS/15, procedemento de concesión concorrencia, por importe de 75.237,97 € ó concello de O Porriño, CIF P3603900F, para executar o investimento “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaria-Budiño” (Ref.: PPOS/15/00794/201500456). En data 11/04/2016 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación co número de rexistro 2016038628, escrito do Concello de O Porriño, en que comunica que o investimento “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño”, encontrase definido no proxecto “Actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio de augas do Louro (Mos, Porriño, Salceda e Tui)” e tendo previsto Augas de Galicia acometer ditas obras, solicita o cambio de aplicación da subvención concedida para o investimento de “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño” para dedicar a mesma ó proxecto “Saneamento en A Devesa” polo importe de 75.237,97 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos establecidos nas bases reguladoras do PPOS/15. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do vixente Orzamento Provincial. - Bases reguladoras do PPOS/15. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS/15, relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia do cambio de aplicación: - Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, e sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. - Artigo 91 da LRXAP- PAC que dispón que tanto a renuncia como o desestimento poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a Administración as aceptará de plano dando por concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición ou esclarecemento, a Administración podería limitar os efectos do desestimento ou a renuncia. - Artigo 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 11ª das reguladoras do PPOS/15 que, ó abeiro do artigo 64 do RLXS, contempla as circunstancias que poden dar lugar a modificación da resolución ou acordo de concesión. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base 16ª das reguladoras do PPOS/15, relativa a execución, xustificación, recepción uso dos investimentos que dispón que os investimentos deben estar executados e xustificados na súa totalidade a 31 de decembro de 2016. Conclusións: Vista a petición achegada polo Concello de O Porriño que se axusta as consideracións xurídicas expostas; que o cambio de finalidade está debidamente motivado; que este cambio se solicita antes de que finalice o prazo de xustificación dos investimentos incluídos no PPOS/15 e que co mesmo non prexudican dereitos ou intereses de terceiros, e visto o informe favorable de supervisión da memoria técnica realizado polo Xefe de Servizos Técnicos de Mobilidade de data 07/06/2016 informo favorablemente a tramitación do expediente co obxecto de que por parte do órgano competente se acepte o desestimento do Concello a executar o obra “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño” e se autorice o cambio de aplicación, de xeito que o crédito dispoñible por mor do desestimento, que importa 75.237,97 €, se aplique ó financiamento da obra “Saneamento en A Devesa” cuxo orzamento ascende a 75.237,97 €. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63.2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais e conforme o recollido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, esta competencia atribúese a Xunta de Goberno. Tendo en conto o exposto, os fundamentos de dereito de aplicación e á vista do informe de intervención de data 08/06/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar o desestimento formulado polo Concello de O Porriño a execución o abeiro do PPOS/15 do investimento “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño” (Ref.PPOS/15/00794/201500456). - Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. - Autorizar o cambio de finalidade de xeito que o crédito destinado, inicialmente, ó financiamento da actuación “Conexión de varias redes de saneamento en Vacaría-Budiño” (Ref.PPOS/15/00794/20500456), que importa 75.237,97 €, se destine o financiamento do investimento “Saneamento en A Devesa” (Ref.PPOS/15/00794/201500473) cuxo orzamento, segundo se desprende do proxecto achegado, ascende a 75.237,97 €. - O pago da subvención realizarase contra a aplicación 2016/942.9420.762.45.2015 do vixente orzamento provincial. - A execución, xustificación do investimento axustarase ó disposto na base décimo sexta das reguladoras do PPOS/15, debendo estar xustificado na súa totalidade a 31/12/2016. 15.24530.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA DO INVESTIMENTO “SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTO PARA CREACIÓN DE ÁREAS DO XOGO O CASTRIÑO” PARA “RENOVACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE PARQUE DO MONTIÑO”, “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE CANLE E ESTANQUE DO PARQUE BOTÁNICO ENRIQUE VALDES BERMEJO” E “MELLORA DA CUBERTA E ACABADO DO EDIFICIO DA PEIXERÍA” Ó ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Mediante acordo 38.23372 da Xunta de Goberno do día 30/04/2015, concedeuse subvención ó abeiro do PPOS/15, procedemento de concesión concorrencia, por importe de 242.000,00 € ó Concello de Vilagarcía de Arousa, CIF P3606000B, para executar o investimento “Subministración e instalación de equipamento para creación de áreas de xogo no Castriño” (Ref.: PPOS/15/00989/201500257). En data 05/04/2016 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación co número de rexistro 2016035157 petición do Concello de Vilagarcía de Arousa mediante a cal solicita o cambio do investimento de “Subministración e instalación de equipamento para creación de áreas de xogo no Castriño” polos que a continuación se indican. Investimento Orzamento Subvención Mellora da cuberta e acabado do edificio da peixería 137.222,66 € 137.222,66 € Reparación e acondicionamento da canle e estanque do parque botánico Enrique Valdes Bermejo 29.777,04 € 29.777,04 € Renovación e acondicionamento do parque O Montiño 75.000,00 € 75.000,00 € TOTAL 241.999,70 € O Concello motiva dicho cambio aportando informe do arquitecto técnico municipal, no que informa que a actuación que se pretende non resulta compatible coa normativa urbanística vixente para o Parque de O Castriño. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos establecidos nas bases reguladoras do PPOS/15. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do vixente Orzamento Provincial. - Bases reguladoras do PPOS/15. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS/15 relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia do cambio de aplicación: - Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, e sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. - Artigo 91 da LRXAP- PAC que dispón que tanto a renuncia como o desestimento poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a Administración as aceptará de plano dando por concluso o procedemento salvo que, téndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición ou esclarecemento, a Administración podería limitar os efectos do desestimento ou a renuncia. - Artigo 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 11ª das reguladoras do PPOS/15 que, ó abeiro do artigo 64 do RLXS, contempla as circunstancias que poden dar lugar a modificación da resolución ou acordo de concesión. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base 16ª das reguladoras do PPOS/15, relativa a execución, xustificación, recepción uso dos investimentos que dispón que os investimentos deben estar executados e xustificados na súa totalidade a 31 de decembro de 2016. Conclusións: Vista a petición achegada polo Concello de Vilagarcía de Arousa que se axusta as consideracións xurídicas expostas; que o cambio de finalidade está debidamente motivado; que este cambio se solicita antes de que finalice o prazo de xustificación dos investimentos incluídos no PPOS/15 e que co mesmo non prexudican dereitos ou intereses de terceiros, e vistos os informes favorables de supervisión das memorias técnicas realizados polo Xefe de Servizos Técnicos de Mobilidade de datas 06/06/2016 e 07/06/2016 informo favorablemente a tramitación do expediente co obxecto de que por parte do órgano competente se acepte o desestimento do Concello a executar ó abeiro do PPOS/15 a obra “Subministración e instalación de equipamento para creación de áreas de xogo no Castriño” (Ref.:PPOS/15/00989/201500257) e se autorice o cambio de aplicación, de xeito que ó crédito dispoñible por mor do desestimento, que importa 242.000,00 €, se aplique ó financiamento dos investimentos que a continuación se indican: Investimento Orzamento Subvención Mellora da cuberta e acabado do edificio da peixería 137.222,66 € 137.222,66 € Reparación e acondicionamento da canle e estanque do parque botánico Enrique Valdes Bermejo 29.777,04 € 29.777,04 € Renovación e acondicionamento do parque o montiño 75.000,00 € 75.000,00€ TOTAL 241.999,70 € Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 63.2 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais e conforme o recollido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, esta competencia atribúese a Xunta de Goberno. Tendo en conto o exposto, os fundamentos de dereito de aplicación e á vista do informe de intervención de data 09/06/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar o desestimento formulado polo Concello de Vilagarcía de Arousa a execución o abeiro do PPOS/15 do investimento “Subministración e instalación de equipamento para creación de áreas de xogo no Castriño” (ref. PPOS/15/00989/201500257). - Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. - Autorizar o cambio de finalidade de xeito que o crédito destinado, inicialmente, ó financiamento da actuación “Subministración e instalación de equipamento para creación de áreas de xogo no Castriño” (Ref. PPOS/15/00989/201500257) que importa 242.000,00 €, se destine o financiamento dos investimentos que se relacionan a continuación: Investimento Orzamento Subvención Mellora da cuberta e acabado do edificio da peixería (Ref.: PPOS/15/00989/2015/201500474) 137.222,66€ 137.222,66€ Reparación e acondicionamento da canle e estanque do parque botánico Enrique Valdes Bermejo (Ref.: PPOS/15/00989/2015/201500475) 29.777,04€ 29.777,04€ Renovación e acondicionamento do parque O Montiño (Ref.: PPOS/15/00989/2015/201500476) 75.000,00€ 75.000,00€ Total 241.999,70€ - O pago da subvención realizarase contra a aplicación 2016/942.9420.762.45.2015 do vixente orzamento provincial. - A execución e xustificación do investimento axustarase ó disposto na base décimo sexta das reguladoras do PPOS/15, debendo estar xustificado na súa totalidade a 31/12/2016. 16.24531.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.24062 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 29/01/2016 SOBRE A “CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO NO MARCO DO PLAN DE CONCELLOS 2016, CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 1ª RELACIÓN” Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobáronse as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016” que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xaneiro de 2016, punto número 9.24062, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.- Este acordo de concesión foi modificado por outro acordo da Xunta de Goberno provincial do 13 de maio de 2016, punto 29.24402, para adaptar as categorías profesionais de varios postos de traballo ás funcións que se van realizar, quedando conforme á seguinte táboa: Concello CAMPO LAMEIRO Número de traballadores 14 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 peóns forestais, 1 peón forestal con carné de 1ª, 3 peóns da construción, 1 peón da construción/canteiro e 2 albaneis en xornada de 35 h/ semanais durante 7 meses; 2 monitores deportivos-socorristas en xornada de 35 h/ semanais durante 2 meses Importe concedido 81.325,77 € Cuarto.- O concello, mediante escrito con entrada no rexistro da Deputación o 09/06/2016, núm. 2016062272, solicita que se modifique de novo o seu acordo de concesión de xeito que se modifique a categoría profesional dos dous monitores deportivos-socorristas por dous monitores culturais ou animadores socioculturais, xa que se recibiu unha subvención doutro organismo para contratar dous monitores deportivos e de natación, sendo o número de meses e a xornada das contratacións resultante igual ó anterior, o que supón que non se modificaría o importe total da subvención concedida. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto os informes da xefa do servizo de Cooperación e da Intervención Provincial e que non se modifica o importe da subvención nin se observa prexuízo algún a terceiros, tendo en conta que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada nin se iniciou o proceso de selección das prazas que se queren modificar, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno núm. 9.24062 do día 29 de xaneiro de 2016 (modificado por acordo da Xunta de Goberno provincial do 13/05/2016, punto 29.24402) no referente á axuda concedida ó Concello de Campo Lameiro, de maneira que segue: Concello CAMPO LAMEIRO Número de traballadores 14 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 peóns forestais, 1 peón forestal con carné de 1ª, 3 peóns da construción, 1 peón da construción/canteiro e 2 albaneis en xornada de 35 h/ semanais durante 7 meses, 2 monitores culturais ou animadores socioculturais en xornada de 35 h/ semanais durante 2 meses Importe concedido 81.325,77 € Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 9.24062 do día 29 de xaneiro de 2016 (modificado á súa vez por acordo da Xunta de Goberno provincial do 13 de maio de 2016, punto 29.24402), no referente á subvención concedida ó Concello de Campo Lameiro, que queda como segue: Concello CAMPO LAMEIRO Número de traballadores 14 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 peóns forestais, 1 peón forestal con carné de 1ª, 3 peóns da construción, 1 peón da construción/canteiro e 2 albaneis en xornada de 35 h/ semanais durante 7 meses, 2 monitores culturais ou animadores socioculturais en xornada de 35 h/ semanais durante 2 meses Importe concedido 81.325,77 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Campo Lameiro, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 17.24532.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.24062 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 29/01/2016 SOBRE A “CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO NO MARCO DO PLAN DE CONCELLOS 2016, CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 1ª RELACIÓN” Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016”que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do servizo de Cooperación e do servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 29/01/2016, punto número 9.24062, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Salvaterra de Miño, este acordo de concesión foi modificado por outro acordo da Xunta de Goberno provincial do 15/04/2016, punto 12.24284, para distribuír novamente a duración dos contratos de diferentes traballadores, sen que se producise alteración do importe da subvención nin na duración total dos contratos subvencionados, quedando conforme á seguinte táboa: Concello SALVATERRA DE MIÑO Número de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 4 mozos de recollida de lixo, 2 varredores, 1 fontaneiro e 1 informador turístico en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses, 1 condutor en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses, 2 peóns de limpeza, 1 socorrista e 2 monitores de natación en xornada de 35 h/semanais durante 2 meses e 2 oficiais albaneis, 3 peóns da construción e 1 animador sociocultural traballadores en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses Importe concedido 139.150,90 € Cuarto.- Debido a concesión por outro organismo dunha axuda para cubrir as necesidades de contratación de socorristas, o concello mediante escrito con entrada no rexistro da Deputación o 09/06/2016, núm. 2016062257, solicita que se modifique o seu acordo de concesión de xeito que se substitúa a contratación dun posto de socorrista pola nova contratación dun peón da construción durante o mesmo tempo e co mesmo tipo de xornada, o que supón que non se modificaría o importe total da subvención concedida. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto os informes da xefa do servizo de Cooperación e da Intervención provincial e que non se modifica o importe da subvención nin se observa prexuízo algún a terceiros, tendo en conta que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno núm. 9.24062 do día 29/01/2016 (modificado á súa vez por outro acordo da Xunta de Goberno provincial do 15/04/2016, punto 12.24284) no referente á axuda concedida ó Concello de Salvaterra de Miño, de maneira que segue: Concello SALVATERRA DE MIÑO Núm. de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 4 mozos de recollida de lixo, 2 varredores, 1 fontaneiro e 1 informador turístico en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses, 1 condutor en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses; 2 peóns de limpeza, 1 peón da construción e 2 monitores de natación en xornada de 35 h/semanais durante 2 meses; e 2 oficiais albaneis, 3 peóns da construción e 1 animador sociocultural en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses Importe concedido 139.150,90 € Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 9.24062 do día 29 de xaneiro de 2016 (modificado á súa vez por outro acordo da Xunta de Goberno provincial do 15 de abril de 2016, punto 12.24284), no referente á subvención concedida ó Concello de Salvaterra de Miño, que queda como segue: Concello Salvaterra de Miño Número de traballadores 20 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 4 mozos de recollida de lixo, 2 varredores, 1 fontaneiro e 1 informador turístico en xornada de 35 h/semanais durante 10 meses, 1 condutor en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses, 2 peóns de limpeza, 1 peón da construción e 2 monitores de natación en xornada de 35 h/semanais durante 2 meses e 2 oficiais albaneis, 3 peóns da construción e 1 animador sociocultural traballadores en xornada de 35 h/semanais durante 8 meses Importe concedido 139.150,90 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Salvaterra de Miño, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 18.24533.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 10.24146 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 26/02/2016 SOBRE A “CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO A ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS, INCLUÍDAS NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 RELACIÓN NÚM. 3” O Pleno da Deputación na sesión celebrada o día 27 de novembro de 2015 aprobou as Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan dos Concellos) 2016 sendo o seu obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este Plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal. As bases publicáronse no BOPPO núm. 233, de 02/12/2015, así como nos medios informáticos da Deputación, xunto coa corrección de erros publicada no BOPPO núm. 250, de 30 de decembro de 2015, promovéndose a concorrencia de solicitudes ata o día 3 de marzo de 2016. Asemade, con data 13/01/2016 ditouse unha Resolución Presidencial (núm.rexistro de saída 2016000243) no que se aproba o reparto definitivo do crédito, polas cantidades individuais asignadas a cada un dos concellos. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% con cargo á Liña 3 de subvención (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais). Ó abeiro desta Liña 3 o Concello de Salceda de Caselas solicita subvención para a realización da actividade “Carreira Popular 10k” por importe de 4.000,00 € cun orzamento de 5.539,80 €. A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión do día 26/02/2016, acordo núm. 10.24146, acordou su concesión, polo procedemento de concorrencia non competitiva. En data 19/04/2016, o Concello de Salceda de Caselas, presenta solicitude de modificación da denominación da actividade “Carreira popular 10K”, pasando a denominarse “correXSalceda”. En data 07/06/2016, o concello de Salceda de Caselas, remite Decreto da Alcaldía 213/2016 de data 30/05/2016 no que corrixe os erros existentes no Decreto da Alcaldía nº522/2015 de 28 de decembro, no sentido que a denominación correcta da actividade “Carreira popular 10K” é “correXSalceda”. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. - Artigo 105.2 da LRXAP-PAC dispón que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, verificase que a solicitude de modificación preséntase dentro de prazo previsto na convocatoria do Plan de Concellos 2016, non afecta ó obxecto da subvención nin o seu importe, e coa mesma non se prexudican intereses de terceiros. Ó afectar a modificación unicamente á denominación da actividade, non precisa de informe da Intervención Provincial. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereito aplicables, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno núm. 10.24146 do día 26/02/2016 da maneira que segue: Onde di: Salceda de Caselas Carreira Popular 10k 5.539,80 4.000,00 Debe dicir: Salceda de Caselas correXSalceda 5.539,80 4.000,00 Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a modificación do acordo núm. 10.24146 do 26/02/2016 e: Onde di: Salceda de Caselas Carreira Popular 10k 5.539,80 4.000,00 Debe dicir: Salceda de Caselas correXSalceda 5.539,80 4.000,00 - Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Salceda de Caselas, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 19.24534.- DESESTIMACIÓN DO RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLO CONCELLO DE VALGA CONTRA A APROBACIÓN DAS “BASES REGULADORAS DO PLAN DE CONFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2016” Dada conta do recurso de reposición interposto por D. José María Bello Maneiro, Alcalde-Presidente do Concello de Valga (Rex. entrada núm. 2016055065, de 25/05/2016), contra o acordo da Xunta de Goberno de 8 de abril de 2016, polo que se aprobaron as Bases reguladoras do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20.000 habitantes para o exercicio 2016, que foron publicadas no BOPPO nº 81 de 28 de abril de 2016. Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 8 de abril de 2016, aprobou as Bases Reguladoras do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20.000 habitantes para o exercicio 2016. Resultando.- Que constitúe o obxecto destas bases proporcionar asistencia económica ós concellos de menos de 20.000 habitantes nas súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos recollidos na LSSG. Resultando.- Que atendendo á base terceira: Contía das axudas e módulos obxecto de financiamento, para a prestación dos servizos do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2016 estableceuse unha contía máxima, dispoñible para cada concello da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes, reflectida no anexo I das bases. Así mesmo, as entidades locais poderían solicitar ata as contías máximas dos módulos a continuación sinalados, respectando o número de profesionais, a xornada e a categoría profesional entre outros. No caso de redución de xornada con respecto ó estipulado aplicaríase a minoración da contía que corresponda de xeito proporcional. Para a cuantificación das achegas establécense dous módulos: Módulo de persoal: Referido ó financiamento dos gastos polos conceptos de salarios e Seguridade Social do persoal dos servizos sociais municipais básicos con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do profesional de referencia, que se regula no artigo 37 do Decreto 99/2012. Aplicaranse os seguintes módulos económicos, atendendo ó artigo 47.3 do Decreto 99/2012: Categoría profesional Módulo económico: xornada completa Módulo económico: media xornada Persoa con titulación superior (licenciatura universitaria) 18.062 € 9.031,00 € Persoa con titulación media (diplomat. universitaria) 15.013 € 7.506,50 € Técnica/o de grao superior (FP) 14.000 € 7.000,00 € Gobernanta/e 13.521 € 6.070,50 € Técnica/o de grao medio (FP) 13.521 € 6.760,50 € Auxiliar administrativa/o 12.029 € 6.014,50 € Vixilante 8.416 € 4.208,00 € Ordenanza 8.416 € 4.208,00 € Limpadora/or 8.416 € 4.208,00 € Módulo de servizo de axuda no fogar (SAF) básico: Referido a gastos derivados da prestación básica do servizo de axuda no fogar adscrito directamente ós servizos sociais comunitarios básicos dos concellos con menos de 20.000 habitantes, que comprenden os supostos nos que sexan prestados por xestión directa ou, se é o caso, por xestión indirecta mediante contrato ou encomenda da xestión. Serán obxecto de subvención os gastos de retribucións brutas e de Seguridade Social do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar así como o gasto de material directamente vinculado ó programa (luvas, batas, pixamas e zocos), sen prexuízo de que o servizo sexa de xestión directa ou xestionado indirectamente mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público. Para estes efectos considérase SAF básico aquel no que as persoas usuarias accedan ó servizo en réxime de libre concorrencia e que non gocen do servizo a través do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD). Resultando.- Que a contía das axudas e módulos obxecto de financiamento, para a prestación dos servizos do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2016 para o Concello de Valga é a reflectida no seguinte anexo: Concello Módulo de persoal Módulo do SAF Valga Auxiliar administrativo 12.029,00 € Titulado Medio 18.062,00 € 30.091,00 € 13.848,00 € Resultando.- Que con data 25 de maio de 2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, recurso potestativo de reposición interposto por Don José María Bello Maneiro, en nome e representación do Concello de Valga-, contra a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016, á fin de deixalas sen efecto e se proceda a realizar un novo cadro de achegas máximas por módulos de persoal, baseándose nos seguintes feitos: O recorrente alega que “dende o ano 2012 o Concello de Valga ven sendo perceptor de subvención para a contratación de dous titulados superiores e un auxiliar administrativo para Servizos Sociais Básicos, sen que existise causa algunha para a redución do persoal que viña desenvolvendo de maneira impecable o seu traballo, e que se considera imprescindible por parte do Concello para un programa de carácter básico e específico como é o servizo de axuda a domicilio. A Deputación deixou sen subvencionala contratación do persoal para os diferentes servizos relacionados co ámbito da discapacidade que, con carácter supramunicipal estanse a levar a cabo no concello de Valga, tales como o Plan Municipal de Atención ás persoas con diversidade funcional, que se basea na realización de actividades e talleres de atención diaria, ou o Programa de Educación Familiar no que se presta servizo a menores de idade en situación de risco de exclusión social. Dito persoal se encontraba, ata o presente ano incluído no financiamento da Deputación, sen que, novamente, exista una mínima xustificación razoada que ampare a súa exclusión, que suporá, dito sexa de paso, a supresión forzosa destes servizos de atención ás persoas que máis o necesitan, ademais da perda de traballo do persoal que ata o momento, viña desenvolvendo esta fundamental labor social.Polo exposto, o procedente por este organismo é a realización das preceptivas comprobacións, xa que pola Deputación de Pontevedra se está a xerar unha situación de discriminación no concello de Valga, quen pese a estar levando a cabo unha labor social, no só para os veciños do seu termo municipal, senón os de todas a comarca do Ulla, ve que, como consecuencia da redución do financiamento- que só afecta a esta concello- ten que reducir o persoal asignado ata o de agora, circunstancia que suporá, indubiditadamente, a supresión da prestación do servizo ó non contar coa asistencia económica á que a Deputación de Pontevedra, ven obrigada en virtude no disposto no artigo 31 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro).” Resultando.- Que o recurso está interposto por persoa lexitimada e dentro do prazo (art. 117,1 Lei 30/92, de 26 de novembro). Resultando que analizadas as cuestións expostas no recurso presentado indícase o seguinte: 1º.- Que a convocatoria do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20.000 habitantes para o exercicio 2015, no anexo 1 relacionaba o seguinte cadro de achegas máximas para o Concello de Valga (para o módulo dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos): Valga Auxiliar administrativo 12.028,57 € Titulado superior - psicólogo 18.062,00 € Titulado superior - psicólogo 18.062,00 € Titulado superior 9.031,00 € Titulado superior 9.031,00 € Monitor 13.521,00 € Monitor 6.760,50 € Monitor 6.760,50 € Coidador 12.028,57 € Limpador 4.208,00 € Limpador 4.208,00 € 113.701,14 € 8.113,68 € 2º- Que revisada a documentación presentada polo Concello de Valga para a xustificación do módulo de persoal no Plan de Cofinanciamento do exercicio 2015, a secretaria Dona Sandra María García Chenlo certifica o seguinte persoal adscrito ós servizos sociais comunitarios (básicos e específicos): Categoría profesional Tipo de xornada Nome e apelidos Denominación do servizo ou programa no que participa Aux. administrativo Completa Diana Rodríguez Cotón Programa de Xestión Administrativa dos SS. SS Comunitarios Titulado superior Completa Mª Teresa García Cutrin Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade e Apoio a Unidade de Convivencia Titulado superior Completa Cristina Ferreirós Barros Carmen Sotelo Conde Programa de Educación Familiar Titulado superior Media Santiago Chenlo Campos Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Titulado superior Media Mª Jesús Pérez Oliveira Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Monitor Completa Víctor Silva Lestido Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Monitor Media Mª Angeles Garrido Comparada Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Monitor Media Cristian Magan Fonseca Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Coidador/a Completa Josefa Manuela Pérez Bugallo Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Limpadora Media Dolores Iglesias Rodríguez Melina Resua Muñiz Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade Limpadora Media Emilia Ríos Gómez Programa Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade A alegación fai referencia a dous titulados superiores nos servizos sociais comunitarios básicos, e segundo obra nas memorias xustificativas dos titulados superiores do Concello de Valga, exercicio 2015, os perfís profesionais dos titulados superiores estarían asignados: un ós servizos sociais comunitarios básicos, e tres ós específicos: - Dona Cristina Ferreirós (titulada superior a xornada completa), está integrada dentro do programa de educación familiar dos servizos sociais comunitarios básicos, esta traballadora causa baixa no programa o día 1 de setembro de 2015, sendo cuberta dende o 16 de setembro do mesmo ano por Dona Carmen Sotelo Conde na mesma función. - Don Santiago Chenlo Campos (titulado superior a media xornada) está adscrito ó programa municipal de atención a persoas con discapacidade, facendo labores de formación e apoio nos talleres de estimulación cognitiva, polo tanto encadrado dentro dos servizos sociais comunitarios específicos. - Dona Mª Jesús Pérez Oliveira, (titulada superior a media xornada) está adscrita ó programa municipal de atención a persoas con discapacidade, función de coordinación do taller de reciclaxe, polo tanto encadrada dentro dos servizos sociais comunitarios específicos - Dona Mª Teresa García Cutrín (titulada superior a xornada completa) está adscrita ó programa municipal de atención a persoas con discapacidade e apoio a unidade de convivencia, con función de coordinación, organización e distribución de talleres e obradoiros dirixidos a colectivos específicos así como coordinación dos programas e actividades que xestiona a entidade ASDIVALU. Coordinación do programa de discapacidade, xestión, execución de diversas actividades de inclusión social e laboral dirixidas ó colectivo de persoas con discapacidade e en situación de exclusión social, polo tanto encadrada dentro dos servizos sociais específicos. 3º- Que segundo o artigo 31 do Decreto 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro, de 16 de marzo, competencias das deputacións provinciais: a. As deputacións provinciais, de conformidade co previsto no artigo 109.1.b), da Lei5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos e agrupacións de concellos, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, na implantación e xestión dos servizos sociais comunitarios municipais. b. De conformidade co artigo 63 da Lei de servizos sociais de Galicia, as deputacións provinciais proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes. c. As Deputacións provinciais apoiarán prioritariamente o financiamento do SAF básico ós concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o financiamento ás ditas entidades para a contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do profesional de referencia que se regula no artigo 37. d. A Xunta de Galicia, como titular da competencia de planificación xeral do sistema galego de servizos sociais, coordinará as actuacións de apoio financeiro das deputacións provinciais ós concellos, para o cal, consonte o disposto no artigo 112.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os programas de cooperación económica coas entidades locais que elaboren as deputacións provinciais nesta materia, calquera que sexa a súa denominación, serán postos, antes da súa aprobación, en coñecemento do órgano superior da Xunta de Galicia competente en materia de servizos sociais e da Comisión Galega de Cooperación Local. 4º- Que segundo o Decreto 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro) no seu artigo 2.3, os servizos sociais comunitarios poden ter a consideración de básicos ou específicos e son, con carácter xeral, servizos públicos de competencia municipal, de acordo co estipulado nos artigos 8 e 60 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, sen prexuízo da competencia da Xunta de Galicia en relación con certos servizos sociais comunitarios específicos cando así se xustifique no Plan Estratéxico de Servizos Sociais, nos termos establecidos no artigo 59.i) da citada lei. Seguindo o exposto no Decreto 99/2012 no seu artigo 8 de funcións dos servizos sociais comunitarios básicos, no marco do establecido no artigo 11 da Lei 13/2008, son funcións dos servizos sociais comunitarios básicos as seguintes: a. O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención. b. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social. c. A identificación de grupos de poboación e persoas socialmente vulnerables e a detección precoz de situacións de risco ou desprotección para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social. d. A atención das situacións individuais e familiares, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente xestión do caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ó recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou doutros sistemas de benestar, así como a asistencia, a orientación e, se é preciso, o acompañamento, no procedemento de acceso normalizado a outros recursos existentes. e. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social. f. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable. g. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso ós recursos sociais. h. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada. i. O mantemento actualizado do sistema de información de persoas usuarias. j. A coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no seu territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación. k. A cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias, sen prexuízo da observación das garantías establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal. Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as funcións enumeradas no artigo anterior, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes (artigo 9 do Decreto 99/2012): a. Programa de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia. b. Servizo de axuda no fogar (SAF), que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. c. Servizo de educación e apoio familiar, que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia. d. Programa básico de inserción social que procure valorar, dar resposta ou derivar ó recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ó desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas. e. Programa de fomento da cooperación e solidariedade social, que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social. Na formulación e desenvolvemento dos seus programas básicos de actuación enunciados no punto anterior, os servizos sociais comunitarios incorporarán a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a dependencia e a desprotección. Por todo o anterior, é importante indicar que tanto o servizo de educación familiar, como o servizo de axuda no fogar do Concello de Valga, se teñen cobertura dentro do plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais da Deputación de Pontevedra, por tratarse de servizos sociais comunitarios básicos, que de conformidade co artigo 63 da Lei de servizos sociais de Galicia, a Deputación de Pontevedra proporcionaralle asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos para aqueles concellos con menos de 20.000 habitantes. Así mesmo cabe destacar que no anexo II do decreto se fai mención á dotación das unidades de actuación de servizos sociais comunitarios básicos por tipo de áreas, que para o Concello de Valga suporía contar con un educador/a procurando a xestión conxunta con concellos limítrofes, que o psicólogo ou psicóloga se determinase en función da poboación do conxunto da área, e do persoal auxiliar administrativo se conclúe que lle correspondería un a media xornada como máximo. Polo que as dotacións subvencionadas dentro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra para o concello de Valga no exercicio 2016 estarían perfectamente cubertas, atendendo ás memorias xustificadas no exercicio 2015. No servizo de axuda no fogar –prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia–, para o Concello de Valga, se incrementou dito módulo en 5.734,32 € co obxecto de lle proporcionar estabilidade orzamentaria ó servizo de axuda no fogar incorpóranse para o financiamento do SAF básico os incrementos realizados no ano 2015, atendendo á diferenza entre a contía financiada nos módulos de SAF do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais e a estipulada no anexo III do Decreto 99/2012, correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia, resultado disto é o incremento en 117.972,77 € respecto a anos anteriores, quedando consignada esta convocatoria 2016, en un total de 2.178.948,33 € entre os módulos de persoal e de SAF. Considerando.- Que as Deputacións non teñen a obriga da cofinanciación dos servizos sociais comunitarios específicos, segundo o disposto no artigo 31 do Decreto 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro). Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar o citado recurso potestativo de reposición. 20.24535.- AUTORIZACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “EDIFICIO DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE RIBADUMIA” (nº expte. 2014019428) Resultando que, por Resolución Presidencial núm. 2015007029, de 10/03/2015, se adxudica á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF: A-36008886), mediante o procedemento negociado sen publicidade, o contrato para a execución da obra “Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia”, polo importe de 147.066,12 €, máis a cantidade de 30.883,88 €, correspondente ó IVE, un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 1.399,98 € e o 1,00% do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que, con data 22/04/2015, se formaliza acta de comprobación do replanteo negativa, onde se sinala que a execución das obras non pode comezarse, debido ás interferencias que estas teñen coas actividades deportivas que alí se practican. Por este motivo, agárdase á finalización da tempada regular dos eventos deportivos para comezar os traballos nas instalacións. Resultando que, con data 27/07/2015, se formaliza acta de comprobación do reformulo positiva, establecéndose nese intre como data para rematar a obra o día 12/10/2015. Resultando que a Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 09/10/2015, acorda conceder unha prórroga de mes e medio no contrato de execución da citada obra, establecéndose como data de finalización o día 27/11/2015. Resultando que, con data 12/11/2015, o contratista e o director de obra (técnico do Servizo de Mobilidade da Deputación) asinan acta de paralización total das obras, debido á necesidade de modificar a estrutura e cuberta do edificio, con motivo da licitación por parte do Concello de Ribadumia dun proxecto no que se contempla a continuidade da estrutura metálica e unha nova cuberta con pendentes diferentes ás proxectadas inicialmente, e que require substituír un tramo da fachada acristalada por un peche de carga, todo isto non previsto no proxecto inicial. Resultando que, con data 24/05/2016, o director de obra, co visto e prace da Directora de Mobilidade da Deputación, emite informe, solicitando a redacción do proxecto modificado da citada obra. Xustifica a solicitude sinalando que o proxecto contempla unha cuberta tipo chapa sándwich prelacada con pendente cara ó interior, pero non se tivo en conta que esta mesma cuberta recolle a auga procedente de parte da cuberta do pavillón polideportivo. A solución proxectada para a cuberta é incapaz de desaugar os caudais que se orixinarán nos períodos de choivas intensas, polo que se produciría unha ruína da edificación que se proxecta. Polo tanto, entenden que concorre a circunstancia establecida no artigo 107.b do TRLCSP, pola inadecuación do proxecto ou das especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falla de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo hídrico postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato. Neste informe o director de obra engade que non se alteran as condicións esenciais da licitación nin da adxudicación, pois o tipo de cuberta, a estrutura metálica e o resto de unidades son os mesmos, sen que sufra alteración o orzamento da obra. Resultando que, con data 10/06/2016, o Servizo de Contratación emite informe, co seguinte contido: “O director de obra xustifica que a solicitude de redacción do modificado ven provocada por unha inadecuación do proxecto as especificacións da prestación por causas obxectivas que determinen a súa falla de idoneidade, consistentes en circunstancias de tipo xeolóxico, hídrico, arqueolóxico, medioambiental ou similares, postas de manifesto con posterioridade á adxudicación do contrato e que non fosen previsibles con anterioridade aplicando toda a dilixencia requirida de acordo con unha boa práctica profesional na elaboración do proxecto ou na redacción das especificacións técnicas, xustificándose a solicitude segundo o recollido no artigo 107.b) TRLCSP. Sen embargo podería reconducirse esta situación ó recollido no artigo 107.a) do TRLCSP, e dicir, a unha inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que se pretenden cubrir mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou especificacións técnicas, xa que a solicitude de redacción do proxecto modificado, ven derivada pola necesidade de variar a solución proxectada da cuberta do edificio para usos múltiples ligado ó pavillón polideportivo existente, pois non se tivo en conta no proxecto inicial, que esta cuberta debería recoller parte da auga desaugada pola cuberta do pavillón polideportivo, o que provocaría en períodos de choivas intensas, que os caudais que se puideran producir foran tan grandes que a cuberta non fora capaz de desáugalos pudendo afectar á nova edificación producíndolle graves danos. A nova solución construtiva, como recolle a solicitude do director de obra, non varía nin o tipo de cuberta (panel tipo sándwich), tendo a mesma estrutura metálica, sendo o resto das unidades os mesmos, non sufrindo o orzamento variación económica. O proxecto modificado deberá recoller o seguinte: 1. Deberá indicar se se alteran ou non as condicións esenciais da licitación e adxudicación, e dicir, o contemplado no proxecto e na oferta do adxudicatario. 2. Informe sobre se o proxecto se limita a introducir as variación estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. 3. Se no caso de modificación que supoña a introdución de unidades de obra non previstas no proxecto ou cuxas características defiran das fixadas, podería entenderse que os prezos recollidos adecúanse ós prezos de mercado e como establece o artigo 158 do R.D. 1098/2001, baséanse nos custos elementais fixados na descomposición dos prezos unitarios integrados no contrato, e en calquera caso, nos custos que correspondesen á data na que tivo lugar a adxudicación. 4. Nese caso , terá que aportar a acta de contradición de prezos a orixe coa baixa da adxudicación asinada polo contratista. 5. Indicar cal é a porcentaxe de unidades que se variou con respecto ó inicial. 6. Establecer un prazo para a finalización da obra dende a data de aprobación do proxecto modificado, no caso de que fora así. Por todo o exposto, e tendo en conta o informe da directora de obra, en especial a afirmación de que as modificacións non alteran as condicións esenciais de licitación nin adxudicación e que non superan o 10 % do importe de adxudicación, non vemos inconveniente a que se autorice a redacción do proxecto modificado. Todos os trámites deberanse sustanciar con carácter de urxencia. Unha vez redactado o proxecto, este servizo poderá emitir un novo informe sobre o cumprimento dos requisitos establecidos na lei de contratos, trasladando ó expediente ó Secretario e á Intervención para que evacúen os perceptivos informes antes de elevar a proposta ó órgano de contratación para a súa aprobación.” Considerando que, de conformidade co artigo 210 do TRLCSP «el órgano de contratación ostenta la prerrogativa de interpretar los contratos administrativos, resolver las dudas que ofrezca su cumplimiento, modificarlos por razones de interés público, acordar su resolución y determinar los efectos de ésta». Considerando que o conxunto de facultades que confire a lexislación á Administración nos contratos administrativos, marca a diferenza coa contratación privada, civil e mercantil, onde imperan os principios de igualdade entre as partes respecto ó pactado (pacta sunt servanda, contractus lex inter partes). Hai que ter en conta o nove réxime de modificacións contractuais introducido na LCSP pola Lei 2/2011 de Economía Sostible (LES). Desta forma, o artigo 219 do TRLCSP, na redacción dada pola LES, sinala que os contratos administrativos só poderán ser modificados por razón de interese público nos casos e na forma previstos no título V do libro I, de acordo co procedemento regulado no artigo 211. Considerando que, o artigo 234 do TRLCSP establece que “serán obligatorias para el contratista las modificaciones del contrato de obras que se acuerden de conformidad con lo establecido en el artículo 202 y en el título V del libro I”. Considerando que os contratos do sector público poderán modificarse sempre que nos pregos ou no anuncio de licitación se advertise expresamente esta posibilidade, e se detallaran de forma clara e inequívoca as súas condicións, así como o alcance e límites das modificacións que poidan acordarse, con expresa indicación da porcentaxe do prezo do contrato ó que, como máximo, poidan afectar, e o procedemento. No caso de que non se previra expresamente nos pregos, como é este caso, haberá que xustificala nalgunha das circunstancias previstas no artigo 107 do TRLCSP. No escrito da directora de obra, xustifícase polo previsto no apartado a), do mencionado artigo. Considerando que a modificación do contrato, acordada conforme ó previsto neste artigo, non poderá alterar as condicións esenciais de licitación e adxudicación, e deberá limitarse a introducir as variacións estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. Considerando que resulta necesario recadar do órgano de contratación autorización para iniciar o correspondente expediente, que se sustanciará con carácter de urxencia coas seguintes actuacións: a) Redacción da modificación do proxecto e aprobación técnica da mesma. b) Audiencia ó contratista e redactor do proxecto, polo prazo mínimo de tres días. c) Aprobación do expediente polo órgano de contratación, así coma dos gastos complementarios precisos. Considerando que poderán introducirse variacións sen necesidade de previa aprobación cando estas consistan na alteración no número de unidades realmente executadas sobre as previstas nas medicións do proxecto, sempre que non representen un incremento do gasto superior ó 10 % do prezo primitivo do contrato. Considerando que, para a redacción do modificado haberá que ter en conta o previsto nos artigos do Real Decreto 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que se transcriben de seguido: Artigo 102: “...Cuando sea necesario introducir alguna modificación en el contrato, se redactará la oportuna propuesta integrada por los documentos que justifiquen, describan y valoren aquélla. La aprobación por el órgano de contratación requerirá la previa audiencia del contratista y la fiscalización del gasto correspondiente…” Artigo 158: “…Cuando se juzgue necesario emplear materiales o ejecutar unidades de obra que no figuren en el proyecto, la propuesta del director de la obra sobre los nuevos precios a fijar se basará en cuanto resulte de aplicación, en los costes elementales fijados en la descomposición de los precios unitarios integrados en el contrato y, en cualquier caso, en los costes que correspondiesen a la fecha en que tuvo lugar la adjudicación…” O artigo 160 do mesmo texto legal recolle que cando existan variacións sobre as unidades previstas no contrato, sexan diminucións ou excesos de medicións, as mesmas deberán contemplarse no caso que se redacte proxecto modificado. Artigo 162.2: “…Cuando sea necesaria la ejecución de unidades nuevas no previstas en el proyecto, el director de las obras elevará al órgano de contratación las propuestas de los precios nuevos y la repercusión sobre el plazo de ejecución del contrato. La conformidad por parte del contratista a los nuevos precios y a la variación del plazo total de la obra será condición necesaria para poder comenzar los trabajos correspondientes a las unidades nuevas…” Artigo 141.2: “…Si el órgano de contratación decide la modificación del proyecto ésta se tramitará con arreglo a las normas generales de la Ley y de este Reglamento, acordando la suspensión temporal, total o parcial de la obra, ordenando en este último caso la iniciación de los trabajos en aquellas partes no afectadas por las modificaciones previstas en el proyecto.” Resultando que existe acta de paralización total da obra, de data 12/11/2015, asinada polo contratista e o director de obra, tal e como prevé o artigo 103 do R.d. 1098/2001, que deberá ser ratificada mediante acordo do órgano de contratación. Considerando que, antes da aprobación do proxecto modificado deberá ratificarse polo técnico redactor que se cumpren con todas as condicións establecidas na lexislación e expostas no informe do Servizo de Contratación, establecendo ademais un prazo para a finalización da obra dende a data da aprobación do proxecto modificado. Considerando que o artigo 234.3 do TRLCSP establece que “ cuando el director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente…”. Considerando que a disposición final segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación neste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, e o establecido nas Bases de Execución do vixente Orzamento provincial, que establecen que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía (Base 16.2.a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Manter paralizada totalmente a execución da obra “Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia”. 2. Autorizar a redacción do proxecto de modificación da obra “Edificio de servizos complementarios no pavillón polideportivo de Ribadumia”, sen variación económica, debendo recoller o proxecto modificado o seguinte: a. Deberá indicar se se alteran ou non as condicións esenciais da licitación e adxudicación, e dicir, o contemplado no proxecto e na oferta do adxudicatario. b. Informe sobre se o proxecto se limita a introducir as variación estritamente indispensables para responder á causa obxectiva que a faga necesaria. c. Se no caso de modificación que supoña a introdución de unidades de obra non previstas no proxecto ou cuxas características defiran das fixadas, podería entenderse que os prezos recollidos adecúanse ós prezos de mercado e como establece o artigo 158 do R.D. 1098/2001, baséanse nos custos elementais fixados na descomposición dos prezos unitarios integrados no contrato, e en calquera caso, nos custos que correspondesen á data na que tivo lugar a adxudicación. d. Nese caso , terá que aportar a acta de contradición de prezos a orixe coa baixa da adxudicación firmada polo contratista. e. Indicar cal é a porcentaxe de unidades que se variou con respecto ó inicial. f. Establecer un prazo para a finalización da obra dende a data de aprobación do proxecto modificado, no caso de que fora así. 21.24536.- AMPLIACIÓN DO NUMERO DE ACCIÓNS FORMATIVAS INCLUÍDAS NA CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “CONECTADAS 2016” (nº expte. 2015043317) A Xunta de Goberno en sesión do día 15 de xaneiro de 2016 aprobou o expediente de contratación e os pregos de cláusulas económicas e técnicas para a contratación da xestión, desenvolvemento e execución do programa Conectadas 2016. Nos pregos de cláusulas económico administrativas establécese o prezo de licitación en base a prezos unitarios polo importe sen IVE de 991,74 € por cada acción formativa, establecéndose que a Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de accións formativas, xa que dependerá do número de solicitudes presentadas sempre e cando non se supere o orzamento máximo previsto para o programa que é de 321.433,00 €. A Xunta de Goberno en sesión do dia 29 de abril de 2016 acordou adxudicar á empresa Formagal, Formación y Servicios S.L. (CIF B-36.477.677) o contrato para a Xestión, desenvolvemento e execución do programa Conectadas 2016, de acordo co seguinte detalle: Prezo unitario por acción formativa: Prezo sen IVE: 735,00 € /curso IVE (21%): 154,35 €/curso Prezo total IVE incluído: 889,35 €/curso Importe total do programa (para 332 accións formativas): Prezo sen IVE 244.020,00 € IVE (21%) 51.244,20 € Total 295.264,20 € O número de accións formativas que se levarán a cabo correspóndese co número de solicitudes presentadas e aceptadas que, de conformidade co informe da xefa do servizo de Igualdade de 22 de abril de 2016, é de 332. Resultando que con data 8 de xuño de 2016 a xefa do servizo de Igualdade informa que debido a un erro na determinación do número de solicitudes presentadas e aceptadas, a Xunta de Goberno, en sesión do día 3 de xuño de 2016 acordou ampliar as accións formativas outorgadas a cinco entidades a maiores das 332. Así mesmo informa que existe dotación orzamentaria na aplicación 16/250.2315.227.07 por importe de 321.433,00 € (RC.nº de operación 201600007562). Á vista do exposto e considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011 faculta a Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Ampliar a 337 o número de accións formativas do programa Conectadas 2016 de conformidade coa adxudicación do contrato acordado pola Xunta de Goberno en sesión do día 29 de abril de 2016: 2.- Comprometer o gasto por importe de 299.710,95 € para a execución do citado contrato. Importe total do programa (para 337 accións formativas): Prezo sen IVE: 247.695,00 € IVE (21%): 52.015,95 € Total: 299.710,95 € 22.24537.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Imposición de penalidades e aprobación da certificación 12-final da obra saneamento no barrio de Bravos-Estás, Tomiño (Posp13/00611/2013000086). A Xunta de Goberno na súa sesión de data 12 de setembro de 2014 acordou adxudicar á empresa Petrolam a Veiga S.L., o contrato para a execución da obra: “Saneamento no barrio Bravos-Estás, Tomiño” cun prazo de execución de 96 días. Con data 23/10/2014 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 27/01/2015. A Xunta de Goberno en data 28/08/2015 acorda aprobar o proxecto modificado da obra, sen variación económica, establecendo un prazo de 2 meses dende a notificación deste acordo para executar o mesmo. En data 01/12/2015, ten entrada no rexistro da Deputación escrito do director da obra Jose A. González Ferreira, no que informa das incidencias detectadas na obra realizada pola empresa Petrolam A Veiga S.L.: “Verificados os controis de calidade realizados por Galaicontrol anexos a este informe, comprobamos que a pendente executada en obra da tubería de saneamento, é inferior, nalgún tramo, e non cumpre ca que debería ter segundo o proxecto (0,5%). A empresa Petrolam V Veiga S.L. incumpre o prazo de realización das obra, porque este tería que ter remado o 3 de novembro de 2015”. En data 25/01/2016, dende o servizo de contratación solicítase ó director de obra que informe sobre o estado de execución da obra. En data 18/02/2016, o director de obra emite o seguinte informe: “A dia de hoxe, a obra aínda está sen rematar porque o contratista está corrixindo as deficiencias atopadas nos controis de calidade realizados pola empresa Galaicontrol. Faltaría tamén por executar parte das reposicións con aglomerado (40%), da capa de rodaxe dos camiños afectados. As incidencias detectadas por Galaicontrol son debidas a que o contratista non se asegurou nin tivo o coidado necesario de realizar as obras segundo o proxecto técnico e indicacións da dirección de obra. A empresa constructora Pretrolam A Veiga S.L. incumpre o prazo de realización das obras …”. En data 13 de maio de 2016 o xefe dos servizos técnicos de Mobilidade, remite as certificacións, 8,9,10,11 e 12-final, conformadas, e coa seguinte observación: “Conformada. Fuera de plazo-ver informes de D.O. de 01/12/2015 y 17/02/2016, en los que informa sobre el incumplimiento por parte del contratista del plazo de ejecución . Incumplido por causa imputable al contratista, debería adjuntarse propuesta de imposición de penalidades según lo establecido en los pliegos”. En data 2 de xuño de 2016, o xefe do servizo de contratación, remite informe proposta de imposición de penalidades, no que expón o seguinte: “Tendo en conta o disposto na Cláusula 9 “Incumprimento do contrato” do prego de cláusulas económico-administrativas particulares, e na cláusula 1.7 “Penalizacións” do Anexo I, do citado prego, no suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, aplicarase o disposto no artigo 212.4 do TRLCSP: “Cando o contratista por causas imputables ó mesmo incurrirá en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,20 € por cada 1.000,00 € do prezo do contrato.” Tomando como data do inicio do incumprimento, o novo prazo establecido no acordo da Xunta de Goberno de data 28 de agosto de 2015: “dous meses dende a notificación deste acordo”, sendo esta data 03/11/2015. Na certificación nº 7 de data 31 de outubro de 2015, asinada pola empresa Petrolam A Veiga,S.L., establece como data de finalización da obra 03/11/2015. Sen embargo, a empresa segue certificando nos meses de novembro e decembro de 2015 e xaneiro, febreiro e marzo de 2016. Tendo en conta que a acta de recepción ten data 08/04/2016, o total de días de demora respecto o cumprimento do prazo é de 157 días, a razón de 38,60 € de penalidades diarias, fai un total de penalidades por demora de 6.059,44 €.” Visto o informe favorable de intervención de data 3 de xuño de 2016, no que expón: Do importe neto para empresa correspondente descontar por imposición de penalidades por incumprimento no prazo de execución de 6.059,44 € (157 días de demora a razón de 38,59 € de penalidades diarias). A aplicación e o pago destas penalidades non exclúe a indemnización a que a Administración poida ter dereito por danos e prexuízos ocasionados con motivo do retraso imputable ó contratista. A aprobación da certificación nº 12-final require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito. Considerando o establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº 12-final, da obra: “Saneamento no barrio de Bravos, Estás, Tomiño”, por importe de 48.363,12 € con arranxo ó seguinte detalle: PETROLAM A VEIGA S.L. (CIF B-32304115) Subtotal 48.363,12 € Taxa dirección de obra (4%) 1.343,51 € Control de Calidade (5%) 1.679,39 € Seguridade e saúde (0,50%) 167,94 € Total descontos 3.190,84 € Importe líquido a percibir pola empresa 45.172,28 € Penalidades (157 días a razón de 38,595 €) 6.059,44 € Importe total a percibir pola empresa 39.112,84 € O pagamento da certificación realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Vista a relación de facturas con número 2016024573, que contén catro facturas e por un importe de 1.259,14 €, correspondendo as catro á empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de xuño de 2016, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 1.259,14 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 1.259,14 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) Vista a relación de facturas con número 2016024575, que contén sete facturas e por un importe de 9.795,23 €, correspondendo a primeira factura a Asesoramento Tributario Local, S.L., por importe de 4.875,82 €, e a derradeira a María Susana Cendan Caaveiro, por importe de 340,00 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de xuño de 2016, e os xefes de Servizo ou responsables dos Centros Xestores, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a anulabilidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de validación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 9.534,17 € Descontos do IRPF 60,00 € Descontos do IVE soportado deducible 321,06 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 9.795,23 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. d) Vista a relación de facturas con número 2016024576, que contén unha factura e por un importe de 90,21 €, correspondendo á empresa Digamel, S.A., por importe de 90,21 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de xuño de 2016, e os xefes de Servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 90,21 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 90,21 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 23.24538.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 24.24539.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta e cinco horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, a Secretaria que dou fe. A Presidenta, A Secretaria Acctal.,
Ãrea de notas
Nota