ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 31 (1959)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.444/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 31 (1959)

  • Data(s) 1959 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 106 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 31 (01-02-1959 / 28-02-1959).

    Recortes de Prensa. Contén:

    - O Pleno do Concello aprobou varias mocións de gran interese para a cidade de Pontevedra
    - Prezos e pesos do pan familiar
    - Prohibición de manifestacións de carácter carnavalesco nas rúas e lugares públicos
    - O Cardeal Quiroga Palacios entroniza ao Sagrado Corazón de Xesús na Escola de Mestría Industrial
    - Concesión de crédito ao Concello de Vilanova de Arousa para reforma da igrexa e cemiterio
    - Anuncio de comezo das obras da fronteira en Tui
    - Audiencias do Gobernador Civil
    - Remate dos actos patronais dos xornalistas no día de San Francisco de Sales e inauguración da nova sede social
    - Regreso do Ministro José Solís Ruiz despois de se entrevistar con Ministros franceses e alemáns
    - Plans de Pontevedra e aspiracións de Vigo
    - O Cardeal Quiroga Palacios presidiu unha reunión da xunta organizadora do IV Centenario da Igrexa de Santa María
    - Festa de Gala no Casino
    - Carta de Vigo. Padroado da prudencia. Cónsul de Portugal
    - Recepción e felicitacións, ao Alcalde de Vilagarcía de Arousa Jacobo Rey Daviña, polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez entre outros persoeiros
    - Visita do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez as obras da estación marítima xunto co Alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente
    - Fala o Alcalde Julio Legeren Campos na inauguración do Colexio San Fermín en Caldas de Reis, presidida polo Cardeal Quiroga Palacios e o Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - O Cardeal Quiroga Palacios na Festividade de San Xoán Bosco no Seminario Salesiano de Sarantellos en Cambados
    - Remate das obras de urbanización na zona do Goberno Civil
    - Sancións do Goberno Civil por infraccións de tráfico
    - Felicitacións do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez ao Alcalde de Vigo polos 10 anos na alcaldía
    - Glosario Pontevedrés: Modernización dunha importante estrada
    - “Quehaceres de Pontevedra”, atrio da Peregrina
    - Boletín informativo da inspección de Maxisterio
    - Recorte de prensa sobre o Instituto Provincial de Cultura de Pontevedra
    - Recorte de prensa portugués sobre a campaña de vacinación contra a febre aftosa en España
    - Reunión de Alcaldes para a posta en marcha do plan de instalacións telefónicas nalgúns municipios da provincia
    - Recorte de prensa da Cidade da Cultura, no que se fai mención por parte do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez á construción do grupo escolar e das escolas de maxisterio na cidade de Pontevedra
    - Importantes acordos da Comisión Provincial de Servizos Técnicos presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Un Centenario. Recorte de prensa sobre a barriada da Moureira
    - Reunión da Comisión Provincial dos Servizos Técnicos. Crease a Comisión de Electrificación
    - Recorte de prensa sobre o Plan Provincial de instalacións telefónicas e outras obras de interese
    - Emotiva homenaxe dos funcionarios e empregados municipais o Alcalde de Vigo Sr. Pérez Lorente
    - Primeiro Congreso da Familia Española
    - Necrolóxica de Luis Torres Villar Inspector da Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes
    - Falecemento de Urbano Pereira Araujo-Estévez Delegado Provincial de ex-cautivos
    - Campaña da Prudencia
    - Recorte de prensa da “F.E.T. y de las J.O.N.S” sobre a labor do Auxilio Social na Provincia
    - Deputación Provincial. A Cidade Escolar
    - Inauguración dun novo establecemento comercial en Vigo
    - Visita pastoral á parroquia de Santa María e a o Gremio de Mareantes do Cardeal Sr. Quiroga Palacios
    - Vacinación obrigada do gando en Pontevedra
    - A lingua azul e as vacinacións
    - O Almirante Nieto Antúnez visita en Vigo as vivendas da Armada
    - Maxisterio. Creación de coutos escolares de piscicultura
    - Monumento no Castro a Martín Codax
    - Simposio sobre Alcoholismo
    - Subscrición pro-damnificados da catástrofe de Ribadelago en Zamora
    - Telegrama do Director Xeral Gandeiro ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Felicitacións ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez pola súa loita contra a glosopeda
    - O Corpo Consular da a súa benvida ao novo representante de Panamá en Vigo.
    - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez dando posesión ao Xefe da Sección Agronómica Provincial Antonio Rueda Muñiz
    - Estúdase de novo o proxecto da variante de ferrocarril en Redondela
    - Diversos actos Presididos polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Os Odontólogos da XI Rexión celebraron a festa de Santa Apolonia
    - Tui. Labor prometedora do centro de iniciativas e Turismo
    - Chegada de tres embarcacións da Mariña Inglesa a Vigo
    - Xestións para a creación dun Seminario de Estudos Sociais
    - Queda constituída a Xunta Provincial do Corpo de Mutilados de Guerra
    - Personalidades Navais británicas cumprimentaron en visita de cortesía ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Barro conta con traída de augas na capital do Municipio
    - Creación do Partido Socialista Norteamericano, con Sede en Filadelfia
    - A Comisión Permanente do Concello de Pontevedra despachou numerosos asuntos de trámite, presidida polo primeiro Tenente Alcalde José Luis Peláez Casalderrey
    - Sesión da Comisión Municipal Permanente acordando apoiar incondicionalmente a creación de escolas especiais
    - O Concello apoia a creación de Escolas de Peritos Agrícolas e de Montes

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición