ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 55 (1961)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.454/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 55 (1961)

  • Data(s) 1961 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 122 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 55 (01-02-1961 / 26-02-1961).

    Recortes de Prensa. Contén:

    - Preto de 16.000.000 de pesetas foron consignadas para construcións escolares. Para obras de reparación de 45 escolas destináronse 2.195.130,11 pesetas
    - Toma de posesión de novos concelleiros no municipio
    - A Cámara Oficial de Comercio, Industria e navegación celebrou sesión plenaria presidida por Fernando Conde, adoptando importantes acordos
    - Importante reunión do Consello Local do Movemento presidido por Salvador de Ponte y Conde e tratáronse asuntos de interese para a urbe
    - Reunión da Xunta Provincial de Construcións Escolares
    - A Provincia prepara unha singular aportación á II Feira do Mar
    - Importante reunión do Consello Local do Movemento presidido por Salvador de Ponte y Conde de la Peña, na que se anunciou que se están a tramitar a construción de dous polígonos con capacidade para 5000 vivendas
    - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez en Vigo
    - Prezos do pan nos seus diferentes pesos e formatos
    - Home morto ó caer ó mar co coche que conducía
    - Operación sindicatos ”Cae el cinturón de fielatos”. Gráfica do Presidente de Sindicatos Alberto Lorenzo Santiago
    - Data do comezo da veda da Caza Menor
    - Reunión de Alcaldes baixo a presidencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento
    - A Corporación Municipal celebrou Plenos Ordinario e Extraordinario. O Alcalde José Filgueira Valverde informou sobre o favorable estado económico ó final do último exercicio
    - Reunión da Comisión Permanente de Servizos Técnicos
    - A estrada-ponte da Illa de Arousa. O Gobernador Civil de Pontevedra promete apoiar o proxecto.
    - Aprobado o Plan Bienal da Deputación. O Orzamento Municipal preto de 20.000.000 de pesetas
    - O Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, presidirá unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal
    - O Director da Escola Naval estivo para despedirse do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Homenaxe na Escola de Mestría Industrial a Monseñor García y García, profesor de relixión e vice-director
    - Renovación da Corporación Municipal presidida polo Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento
    - Cea ofrecida ó Honorable Corpo Consular polo Alcalde de Vigo Salvador de Ponte y Conde
    - Nova etapa no Concello de Vigo co nomeamento de nove novos Concelleiros
    - Homenaxe a Concepción Arenal coa asistencia de autoridades civís, xudiciais e académicas
    - Goberno Civil. Circular sobre as festas do Entroido
    - Recorte de prensa sobre o Maxisterio e a II Feira do Mar
    - Editorial da inspección de ensinanza primaria de Pontevedra
    - Notas sobre analfabetismo. Os Plans dos centros de colaboración
    - Nota do Goberno Civil: Liquidación da “Operación Gardería”
    - A Corporación Local viguesa renova o seu cadro de mandos
    - Audiencias do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Jesús Hurtado gañou o Gran Premio Internacional de Xuventudes en campo a través
    - Recorte de prensa sobre a construción da estrada-ponte da Illa de Arousa cun orzamento de 26.000.000 de pesetas
    - Cincuenta vivendas para Vilagarcía. Jacobo Rey Daviña Alcalde de Vilagarcía informou sobre a construción das vivendas sempre que se lle faciliten os terreos
    - A Escola e a lexislación que patrocina as Feiras do Mar
    - O Director Xeneral de Ensinanza laboral visitou os centros dependentes do seu departamento na provincia
    - O Director Xeneral de Ensinanza Laboral Guillermo de Reyna y Medina visitou os Centros Dependentes do seu departamento na provincia
    - Nota de prensa do Diario Ferrolán. Mil “Stands” para a II Feira do mar
    - A Obra Sindical do Fogar proxecta a construción de 3.300 vivendas na provincia
    - Banquete ofrecido polo Alcalde de Viso Salvador de Ponte y Conde ó corpo consular e homenaxe a Portugal
    - Vigo. Urxe a realización do plan sobre vivendas
    - Despedida ós Condes de Xauen
    - Qué di a prensa?. O “Boletín de Información Municipal” de Vigo
    - Detidos por provocar unha pelexa e causar danos nun establecemento
    - Permanece no porto de Vigo o “Begoña”, resultando difícil localizar ós asturianos na listaxe de embarque. Dous centenares de negros xamaicanos pasan as horas bailando mambos
    - Recibimento en Vigo ós rescatados do “Santa María”
    - Gráficas sobre o secuestro do “Santa María”
    - Alumno do Escola Naval Militar atropelado e morto por unha furgoneta que ía para Pontevedra
    - Unha ovetense cumpre 15 anos a bordo do buque secuestrado
    - Vigo contará dende hoxe coa súa Casa do Deporte
    - O Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento dará hoxe posesión dos seus cargos ós novos Xefes de Sindicatos Provinciais
    - Cumprimentou ás autoridades o Nodo Director da Escola Naval Militar
    - As obras para a Cruz dos Caídos de Vigo foi visitada polas autoridades Civís e Militares
    - Acto de toma de posesión dos novos presidentes de Sindicatos Provinciais presidido polo Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Recibimento do Santa María por Salazar a súa chegada a Lisboa
    - O Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez cumprimentou en Marín ó Director da Escola Naval Militar
    - Homenaxe a Salazar en Lisboa
    - Circular de interese para os recrutas de 1960
    - Visita do Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar Camilo Menéndez Tolosa
    - Destínanse 300.000 pesetas para a posta en marcha do Plan de Ordenación das Rías Baixas
    - Sesión do Pleno da Deputación. Aprobáronse obras de urbanización na piscifactoría de Carballedo e na Capela do Hospital Provincial
    - “Pontevedra... a fala”. Inauguración do teléfono en Prado
    - Desinfección nas Industrias da provincia
    - O Pleno do Consello Provincial do Movemento estudou o problema da vivenda e os plans para resolvelo
    - O Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, inaugurou unha centraliña telefónica de Petelos en Mos
    - Vigo “Cara e Cruz” sobre temas de actualidade
    - Antena de Pontevedra “Vivir para Ver”
    - Goberno Civil. Importante circular sobre turismo. Debe procederse ó derribo de chabolas, barracas e construcións antiestéticas nas entradas das poboacións
    - A máis de 450 millóns ascenden as perdas no campo pontevedrés polo mala colleita de millo
    - Marín. Lobos na península do Morrazo
    - Amplo troco nos Gobernadores Civís e Xefes Provinciais do Movemento. José González Sama nomeado para Pontevedra e Rafael Fernández Martínez para Tarragona
    - A Sede da Irmandade Sindical de Labradores e Gandeiros de Mos
    - Combinación de Gobernadores Civís que afectan a 17 provincias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición