Fondos
41.455/2. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 2 (1963)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 2 (1963)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.455/2
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 2 (1963)
Data(s) 1963 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra Prensa. Tomo 2 (12-19-1963 / 25-12-1963). Contén: - Inauguración da fábrica de Celulosa por Francisco Franco Bahamonde sendo bendicidas as instalacións polo Bispo Auxiliar de Santiago Dr. Novoa Fuente - Gráficas sobre Francisco Franco e outras autoridades na inauguración de Celulosas en Pontevedra - O Alcalde de Vigo Sr. Fontán impuxo a medalla de ouro da Cidade Vigo a Frei López Ortiz - Manifestación de dor pola morte da Excelentísima Dona Meredes de Lema Rubido - Recorte de prensa felicitando ó “Diario de Pontevedra” de Enrique Lorenzo Docampo, Presidente da Deputación de Pontevedra - Gráficas de Manuel Fraga Iribarne, Ministro de Información e Turismo, inaugurando o Diario de Pontevedra - Adxudicación dos Premios “Rías Bajas”: 60.000 pesetas a José María Castroviejo polos seus traballos en “destino” e “ABC”. O “Provincia de Pontevedra” a Tico Medica e o “Martín Codax” a Gerardo González Martín - Inauguración do Colexio Farmacéutico con imposición das condecoracións da Orde Civil de Sanidade ó seu Presidente Sr. Fernández del Riego - O Segundo grupo de Directores de Axencias de Viaxe do Norte e Centro de Europa chegou a Vigo, e foi recibido no aeroporto de Peinador polas autoridades municipais e provinciais - O XXI Curso Universitario de Verán clausurouse cunha extraordinaria solemnidade - Solemne conmemoración do Día do Caudillo. No salón de Trono do Goberno Civil celebrouse unha brillantísima recepción presidida polo Gobernador Civil e coa asistencia do Corpo Consular acreditado na provincia - Recorte de prensa sobre o comezo de ciclo de conferencias de Hispanoamérica organizada pola Delegación Provincial de Organizacións do Movemento - Vigo: Emotivo homenaxe dos alumnos da Escola de Artes e Oficios ó Presidente da Deputación Provincial Enrique Lorenzo Docampo - Entrega de títulos de propiedade de parcelas concentradas a 510 propietarios - Discurso do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Sr. González-Sama sobre a concentración parcelaria - Creación dunha Delegación do Servizo de Concentración Parcelaria debido ás solicitudes feitas - Máis de 5000 agricultores pontevedreses reuníronse en Ribadumia para asistir á entrega de 223 títulos de propiedade de parcelas concentradas - Recorte de prensa do Consorcio Patrimonio Forestal do Estado. Deputación Provincial de Pontevedra - Recorte de prensa sobre a conmemoración do Día da Hispanidade no Concello de Pontevedra - Comezo da Asemblea Provincial de Turismo en Pontevedra presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Sr. González-Sama García - Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Distribución de 600.000 pesetas para obras na Provincia - A Asemblea Provincial examina o turismo provincial na Toxa. Nas mesmas datas farase unha Reunión Informativa de Alcaldes - Importante reunión da Comisión Provisional de Servizos Técnicos. Adxudicación de diversas obras por un importe de 8.553.903,50 pesetas - Folleto da “Ofrenda do Emigrante” lida por José Puebla Portela - Folleto do Día da Hispanidade publicado polo Goberno Civil, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra - Gráficas sobre a celebración do Día da Hispanidade - Entrevista con D. Ramón fillo de D. Daniel de la Sota co gallo da súa homenaxe - Folleto da homenaxe a D. Daniel de la Sota - En Coto Redondo foi bendicido e descuberto o monumento a Don Daniel de la Sota - Apertura da Asemblea Provincial de Turismo. - Os Alcaldes da Provincial reunidos na Toxa. José Filgueira Valverde disertou sobre “Entidades Naturais” - Asemblea Provincial de Turismo. “Propaganda e información”, “Circuítos de Interese“,“Comunicacións“ e “Praias“ temas discutidos - Clausura da Asemblea Provincial de Turismo polo Director Xeral de Empresas e Actividades Turísticas D. León Herrera Esteban - Reunión en Madrid para estudar o ditame sobre as emendas presentadas ó Dereito Civil Especial de Galicia - Recorte de prensa. Así ven a nosa terra. Panxón, Lourido e Baiona en ruta turística, por José Casas Pérez - Inauguración da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo”. A exposición póstuma de Suárez-Llanos obtén gran éxito - Comezo en Madrid da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo”. Conferencia de José María Álvarez Blázquez - Conferencia de Rafael Landín Carrasco sobre “A ruta de Pedro Madruga” na “Semana Galega: Pontevedra e Vigo” - O Proxecto de Lei sobre compilación do Dereito Civil Foral de Galicia, foi ditaminado pola Comisión de Xustiza das Cortes Españolas - Gráficas sobre a clausura da “Semana Galega: Pontevedra e Vigo” - Celebración dun Pleno na Deputación Provincial presidido por Enrique Lorenzo Docampo - Máis de 33 millóns de pesetas para obras de construción e reparación de camiños. Subvención de Belas Artes para obras urxentes na Torre de Santo Tomé do Mar - Obras de saneamento da Vila de Lalín na que se investirán 3.385.573 pesetas - A Misión Biolóxica de Galicia. O primeiro centro que conseguiu millo de tallo azucrado - Estudo dos problemas plantexados - En 1965 funcionara o Centro de Inseminación Artificial segundo Director Xeral de Fomento Pecuario - Visita do Subdirector Xeral de Fomento Pecuario Sr. Díaz Montilla, para tratar da construción dun Centro de Inseminación Artificial - A sector gandeiro e o Campo da provincial van ser obxecto dunha total revolución, segundo Sr. Díaz Montilla Subdirector Xeral de fomento Pecuario - Gráfica do Capitán Xeneral da Rexión Gregorio López Muñiz, na despedida da guarnición e das autoridades pontevedresas - Sociedade: Enlace Álvarez Rey – Puig Pérez-Quevedo - Solemnes actos conmemorativos do Día de José Antonio e dos Caídos. Na Deputación Provincial pronunciou unha conferencia D. José María García de Viedma - Agasallo de simpatía, en Vigo, a Rafael Landín Carrasco polo seu traslado a Cádiz como Delegado de Información e Turismo - A Deputación obsequiou a representantes das Axencias de Viaxe, que visitaron A Toxa, O Grove e Sanxenxo - Celebración dunha misa de réquiem pola Alma de John F. Kennedy - O comandante xeneral da Flota en Pontevedra Rafael Fernández Bobadilla, foi agasallado cun almorzo polas autoridades - Acordos da Deputación Provincial para a reparación de camiños no termo municipal de Vigo - Sentimento do Pleno da Deputación Provincial, presidido por Enrique Lorenzo Docampo, polo asasinato de John F. Kennedy - Sesión Plenaria das Cortes Españolas. Foi aprobado o ditame sobre o Dereito Foral Galego. Prestaron xuramento como procuradores os Alcaldes de Vigo, O Ferrol, A Coruña e Ourense y os Presidentes das Deputacións de Pontevedra e Lugo - Convocatoria do “Aguinaldo do pensionista da Administración Local. Aguinaldos en metálico, pólizas de seguros etc., serán entregados na provincia - Reunión da Comisión Permanente Municipal. Gratitude á Deputación por ter colaborado nos proxectos de accesos a Pasarón - Recorte de prensa sobre a Sesión Extraordinaria da Deputación Provincial presidida por Enrique Lorenzo Docampo - Once millóns de pesetas, invertidos en obras de Servizos Técnicos en Pontevedra. Aprobados os proxectos de augas a Cangas e Nigrán - Importantes melloras para varios concellos. Outros interesantes acordos da Comisión Provincial de Servizos Técnicos - Concesión de Crédito a Deputación 6.588.587,46 de pesetas - Realidades e proxectos en Pontecesures. Máis de catro quilómetros de camiños-rúas contribuirán ó desenrolo urbanístico da vila - Botadura do buque “Juan Nespral” con gráficas - Chegada a Vigo da irma do Presidente de Venezuela Rómulo Betancourt - Noiteboa en Pontevedra. Animación nas rúas e ledicia nos centros benéficos - Recorte de prensa sobre o Pleno da Deputación e concesión de bolsas - O Pleno da Deputación aprobou a mancomunidade con diversos Concellos para o aproveitamento dos ríos Miño e Ulla - Sesión Ordinaria do Pleno da Deputación Presidida por Enrique Lorenzo Docampo - Máis de 21.500.000 millóns de pesetas investiranse no Plan Forestal de 1964
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)