ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/05/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-05-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/05/18_Ordinaria

  • Data(s) 2011-05-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dezaoito de maio do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o señores deputados, D. Xosé Crespo Iglesias e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19249.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de maio de 2011. 2.19250.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Aqualia Gestión Integral, S.L. A empresa Aqualia Gestión Intregral, S.L. con CIF A- 26.019.992, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular Español, por importe de quince mil euros (15.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento no barrio da Rosa- Montemogos (Bueu), que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/10/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900082790, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) con CIF A- 36.008.886, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de doce mil euros (12.000,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de infraestrutura de saneamento en Porta do Conde (Portas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/10/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800093483, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19251.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 10 de maio de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000523 e que contén trinta e dúas facturas, sendo a primeira de Aquatic Global Sport, S.L., por importe de 2.985,40 € e a derradeira de Rico Verea, Xesús Xabier, por importe 3.750,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 89.549,45 € Descontos do IRPF 1.125,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 88.424,45 € 4.19252.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.19253.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado en Ciencias Biolóxicas con destino ó Laboratorio da Finca Mouriscade, publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 76, de data 19 de abril de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar a Bolsa convocada ó aspirante que acadou maior puntuación D. José Antonio Rodríguez Gutiérrez, con efectos 1 de xuño de 2011, e por un período de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. A dotación económica ascende a un total de 1.200,00 €/mes, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01, quedando retido crédito mediante RC núm. de operación 201100027304.. A aceptación e disfrute da Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do bolseiro ó citado Organismo. En caso de renuncia do aspirante seleccionado, proponse como suplentes a Dona Nair Vilas Arrondo e Dona Inmaculada Vázquez Barros por esta orde. 6.19254.- APROBACIÓN DO PROXECTO “TERMINACIÓN E.P. 7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA, TRAMO CASTRO-PONTE DO CANDO (CERDEDO)” Resultando que polo Servizo de Infraestruturas redactouse o proxecto de “Terminación E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza, tramo Castro-Ponte do Cando (Cerdedo)”, por importe de 338.983,05 €, máis a cantidade de 61.016,95 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 400.000,00 €, que ten por obxecto a mellora da seguridade viaria e dar continuidade ás obras de ensanche e mellora de dita estrada. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito dispoñible nas partidas 11/456.453-612.02.2009 e 11/456.453-612.02.2010 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 7.19255.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE VARIAS OBRAS DE CONTRATACIÓN Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), 419.08(0910) de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por Darzal Consultoría e Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0210-06/2011 18/03/2011 “Terminación obras urbanización subida a Bahíña (Baiona)” (D09/0114) 116,61 € 0210-07/2011 18/03/2011 “Peches varias parcelas ubicadas en E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira (Sanxenxo)” (D09/107) 1.014,35 € 0210-08/2011 18/03/2011 “Peches varias parcelas ubicadas en E.P. 9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira (Sanxenxo)” (D09/107) 173,30 € 0210-09/2011 18/03/2011 “Sinalización E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira” (D08/0034) 24,91 € 0210-10/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria, reposición E.P. 2007 Redondela-Cepeda (p.k. 0+700 a 2+500) Redondela” (D08/0036) 1.023,36 € 0210-11/2011 18/03/2011 “Construción vestiarios e cubrición bancada existente para campo de fútbol de Veigadaña (Mos)” (D09/0133) 1.010,04 € 0210-12/2011 18/03/2011 “Reparación de danos na obra de fábrica E.P. 7207 Cachafeiro-Vilapouca (Mos)” (D10/0057) 1.190,24 € 0210-13/2011 18/03/2011 “Intersección E.P. Ponte do Val-Barciademera, pk. 1,425 con viais pista Areeiro e costa dos Muiños en Cernadela (Mondariz)” (D10/0009) 497,41 € 0210-14/2011 18/03/2011 “Eliminación estreitamento en travesía de Crecente en E.P. 5005 Cañiza-Pousa (Crecente)” (D10/0010) 376,99 € 0210-15/2011 18/03/2011 “Mellora acceso E.P. 9703 Vilanova-Pontearnelas (Vilanova de Arousa)” (D10/0013) 1.196,05 € 0210-16/2011 18/03/2011 “Reparación danos por temporais en varias estradas da zona norte” 302,52 € 0210-17/2011 18/03/2011 “Pavimentación losa de pedra en beirarrúa fronte igrexa de San Benito na rúa Concepción Arenal (A Guarda)” (D08/0017) 260,79 € 0210-23/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade vial e dotación de servizos en Avda. Cambados enlace con E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)” (D06/0370) 911,10 € 0210-24/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade vial e dotación de servizos en Avda. Cambados enlace con E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes (Meis)” (D06/0370) 209,85 € 0210-25/2011 18/03/2011 “Urbanización nos Castros-Fondós e Bugarín (Quireza-Cerdedo)” (D06/0366) 560,91 € 0210-26/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria e drenaxes E.P. 0407 Pontecaldelas-Borela (Pontecaldelas)” (D07/0156) 217,60 € 0210-30/2011 18/03/2011 “Muros de contención E.P. 1304 Cela-Outeiro (Bueu)” (D08/0024) 312,95 € 0210-31/2011 18/03/2011 “Acceso de Uma a E.P. 4304 Meirol – enlace autovía (Salvaterra de Miño” (D07/0217) 255,94 € 0210-32/2011 18/03/2011 “Urbanización Rúa Sanxenxo (Sanxenxo)” (D07/0173) 222,39 € 0210-33/2011 18/03/2011 “Urbanización Rúa Sanxenxo (Sanxenxo)” (D07/0173) 768,08 € 0210-34/2011 18/03/2011 “Urbanización Rúa Sanxenxo (Sanxenxo)” (D07/0173) 872,34 € 0210-35/2011 18/03/2011 “Urbanización Rúa Sanxenxo (Sanxenxo)” (D07/0173) 216,16 € 0210-37/2011 18/03/2011 “Ampliación ponte de Folgosa, E.P. 7106 Folgoso-Forcarei (Cerdedo)” (D05/0729) 189,44 € TOTAL 11.923,33 € Factura núm. 11/2011 por importe de 1.131,67 € emitida polo arquitecto D. Enrique Alonso Baspino NIF: 35.973.146-L, que xustifica os honorarios de dirección realizados na obras “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondente á certificación núm. 48. Factura núm. 2011/047 por importe de 1.131,67 €, emitida polo arquitecto D. Carlos Urdampilleta Barreiro NIF: 36.042.815-K, que xustifica os honorarios de dirección realizados na obras Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra, correspondente á certificación núm. 48. Factura núm. 2011/048 por importe de 2.770,29 €, emitida polo arquitecto D. Carlos Urdampilleta Barreiro NIF: 36.042.815-K, que xustifica os honorarios de dirección realizados na obra Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra, correspondente á certificación núm. 49. Factura núm. 10/2011 por importe de 779,50 € e núm. 13/2011 por importe de 2.770,29 €, emitidas polo arquitecto D. Enrique Alonso Baspino NIF: 35.973.146-L, que xustifica os honorarios de dirección realizados na obras “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondente ás certificacións núm. 46 e 49. 8.19256.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción do novo Campo de Fútbol de Pasarón e o Complexo Deportivo da Parda. A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión celebrada o día 13 de outubro de 2010 prestou aprobación a un proxecto complementario que recolle diversas obras que hai que levar a cabo e que non figuran no proxecto inicial nin no contrato primitivo, pero que resultan necesarias debido a circunstancias xurdidas e que polas súas características non poden separarse tecnicamente do contrato primitivo, e que ascenden á contía de 1.386.419,56 €. A realización deste proxecto adxudicouse á empresa Oreco, S.A. O prazo previsto para a súa execución amplíase ata o día 15 de xaneiro de 2011, prorrogándose, a petición da empresa adxudicataria, ata o 15 de maio de 2011, para a conclusión da urbanización do entorno exterior. A empresa adxudicataria das obras, mediante escrito de data 12 do actual mes de maio, solicita unha ampliación do prazo de execución de ditas obras sobre a planificación establecida, ata que por parte do Concello de Pontevedra se concreten determinadas unidades de obra, de xeito que o período de execución se prolongue ata o 31 de agosto de 2011. Á vista destes antecedentes a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar a ampliación do prazo de execución das obras do Campo de Fútbol de Pasarón ata o día 31 de agosto de 2011, coa finalidade de que, unha vez concretadas por parte do Concello de Pontevedra determinadas unidades de obra, se poidan concluír os traballos de urbanización do entorno exterior do estadio. 9.19257.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo dez horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición