ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/10/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-10-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/10/21_Ordinaria

  • Data(s) 2011-10-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día vinte e un de outubro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19544.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de outubro de 2011. 2.19545.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º, 2º E 3º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3600027A, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 288.616,59 €, para os gastos de funcionamento do 1º, 2º e 3ª trimestre do ano 2011, e á vista do informe de Intervención de data 14 de outubro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 288.616,59 €, para o 1º, 2º e 3º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo contra incendios das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 288.616,59 € con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100083764. 3.19546.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º E 2º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo CIF: P-3600025E, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 192.239,88 €, para os gastos de funcionamento do 1º e 2ª trimestre do ano 2011, e á vista do informe de intervención de data 14 de outubro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 192.239,88 €, para o 1º e 2º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo contra incendios da Comarca do Morrazo. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 192.239,88 € con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100083766. 4.19547.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º E 2º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2011 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés CIF: G-36362440, pola que interesa o aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 310.841,92 €, para os gastos de funcionamento do 1º e 2ª trimestre do ano 2011, e á vista do informe de intervención de data 14 de outubro de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 310.841,92 €, para o 1º e 2º trimestre do ano 2011, ó Consorcio para o Servizo contra incendios da Comarca do Salnés. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 310.841,92 € con cargo á aplicación orzamentaria 2011.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201100083769. 5.19548.- ADXUDICACIÓN DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADO EN HISTORIA CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Vista a proposta da Comisión Seleccionadora de catro Bolsas de Licenciado en Historia con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, e de conformidade co disposto na Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo 6.19422.- adoptado o día 19 de agosto de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas Bolsas ós aspirantes que se relacionan a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na Base Sexta da convocatoria: ASPIRANTES 1º.- MARTÍNEZ PUIG, Miguel 2º.- BARREIRO MOLANO, Olalla 3º.- MOLDES GONZÁLEZ, Lara María 4º.- ORGE VENTÍN, Francisco José Así mesmo, proponse como suplentes, para o caso de que se producise vacante ou renuncia dos aspirantes seleccionados ós seguintes: 1º.-PÉREZ MARTÍNEZ, Aida María 2º.-SUÁREZ REFOYO, José Vicente 3º.-BOULLOSA RODRÍGUEZ, Paula A dotación económica é de 1.200,00 €/mes, con efectos 1 de novembro de 2011 por un período de seis meses e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, tendo en conta o previsto na Disposición Adicional cuadraxésima primeira da Lei 27/11, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos Bolseiros ó citado Organismo. De acordo co informe emitido por Intervención, de data 29 de xullo de 2011, na aplicación proposta para imputar o gasto existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento RCC, número de operación 201100062743. 6.19549.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CARLOS FONTÁN DOMÍNGUEZ EN REPRESENTACIÓN DE DNA. ALFONSINA VÁZQUEZ MÍGUEZ, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 2906 OS VALOS-GUIZÁN NO CONCELLO DE REDONDELA Dada conta que con data de rexistro 13/07/11 (Rex. núm. 025815) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Carlos Fontán Domínguez en representación de Dna. Alfonsina Vázquez Míguez, con domicilio a efectos de notificacións na rúa Urzáiz, 11-2º no Concello de Vigo, por danos en vehículo como consecuencia da existencia dunha mancha de gasoil na EP-2906 Os Valos-Guizán, acaecido o 28/03/11 e que individualiza economicamente en 3.568,83 €. Resultando.- Que con data 27/09/11 con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo Infraestruturas, que o emitiu en data 03/10/11 co seguinte contido: “…Primeiro.- A estrada E.P. 2906 Os Valos-Guizán, que discorre polos Concellos de Mos e Redondela, pertence á rede provincial de estradas. Segundo.- Por parte do Servizo de Infraestruturas se tivo constancia do accidente de referencia (que tivo lugar sobre as 15:30 horas do 28 de marzo de 2011) xa que as 15:58 horas recibiuse unha chamada do 111- SOS Galicia solicitando a limpeza por restos de accidente na estrada provincial Os Valos-Guizán; comunicada dita situación á brigada nº 8 (capataz, D. José Ángel Pintos Martínez) esta chega ao lugar do sinistro nuns 20 minutos ao atoparse xa traballando na zona próxima de Valladares, procedento a sinalizar a estrada e a limpar a calzada empregando dispersante. Segundo informa o capataz da brigada descoñécese a causa exacta da vertedura de gasoil. Terceiro.- Por outra banda sinalar que as condicións do vehículo non eran as adecuadas para a circulación xa que tal e como se pon de manifesto no informe da garda civil de tráfico “… se formula boletín de denuncia (contra a conductora) por no tener ITV en vigor…” Cuarto.- Para rematar indicar que non se tivo constancia doutros accidentes provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, á do sinistro obxecto do presente informe…” Considerando.- Que as instancias se presentan cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ós expedientes, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería na linguaxe to T.S. nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de substancias vertidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da mesma, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 25/35 minutos en chegar ó lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de Estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 212/04, 20/07, 140/08, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 121/04, 2/05, 18/06, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, abundancia de precedentes que, de interpoñerse recurso contencioso, obrigaría á Deputación a solicitar a expresa imposición de custas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar as reclamacións. 7.19550.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.19551.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL VÍA XIX (CALDAS DE REIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “ASEO EN CEMITERIO DE SANTA MARÍA DE CALDAS E RAMPLA DE MINUSVÁLIDOS”, INCLUÍDA NO PAC – ANUALIDADE 2010, CO NÚMERO 1859 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de unha prórroga solicitada pola Asociación Veciñal Vía XIX (Caldas de Reis), para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 1859, denominada “Aseo en cemiterio de Santa María de Caldas e rampla de minusválidos”, subvencionada con 4.000,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 9.19552.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE USUARIOS COTO DE ARRIBA E COTO DE ABAIXO (CALDAS DE REIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “AMPLIACIÓN DE NAVE E SUBSTITUCIÓN DE 36 DEPÓSITOS”, INCLUÍDA NO PAC – ANUALIDADE 2010, CON NÚMERO 215 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de unha prórroga solicitada pola Comunidade de Usuarios Coto de Arriba e Coto de Abaixo (Caldas de Reis) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 215, denominada “Ampliación de nave e substitución de 36 depósitos”, subvencionada con 9.000,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 10.19553.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito de data 11 de outubro de 2011, a Técnico de Cartoteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, Dna. Beatriz de la Cruz Casalderrey, expón que o día 24 de outubro de 2011 se celebrará en Madrid unha “Reunión Técnica de Grupo de Traballo de Cartotecas Hispano-Lusas (IBERCARTO)” do que son membros, e, están convocados a asistir co obxectivo de establecer un diálogo e intercambio de coñecementos en torno, entre outros, ó V Encontro de Grupo de Traballo IBERCARTO Santander 2012, así como á temática dos grupos de traballo e á Georreferenciación da Cartografía antiga nas coleccións públicas cartográficas, españolas e portuguesas. Por todo iso, solicita permiso e axuda económica para asistir. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, D. Miguel Pereira Figueroa, e, conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. Dada a relación existente entre o contido da Reunión e o traballo que vén desenvolvendo dita funcionaria no servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, infórmase favorablemente a súa petición; non obstante, para o aboamento das indemnizacións que puidesen corresponder e ó abeiro da norma 14ª do acordo nº9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Congreso e as conclusións obtidas. De conformidade coa normativa 11ª do acordo n.º 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder ós solicitantes comprenderá: o 50% gastos de matrícula ou inscrición (cun tope máximo de 300,00 € por solicitante) así como os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual, pero terán igualmente unha limitación máxima por importe de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen ditos límites, aboaranse os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar do aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro...). Polo exposto e de conformidade co establecido no art.º 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, conceder a Dna. Beatriz de la Cruz Casalderrey permiso para asistir o día 24 outubro de 2011 a Madrid e dado que os gastos previsibles ocasionados pola funcionaria ascenden a un total de 466,09 €, só se lle declara de aboamento o tope máximo de 400,00 €, quedando do seguinte xeito: Aplicacións orzamentarias: 11/332.330.231.20 de locomoción por un importe de 362,60 €. 11/332.330.230.20 de dietas por un importe de 37,40 €. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 11.19554.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS Nº 13 E 14 DO PROXECTO “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL, TERCEIRA FASE” Vistas as certificacións núm.13 e 14 relativas á obra “Campos de fútbol de herba artificial, terceira fase” e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 18/10/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 13: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF.A-36.008.886) 11/922.342.652.09.2008 e 11/922.342.652.09.2009 369.712,33 € SUBTOTAL ………. 369.712,33 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 10.531,61 € Control de calidade (3%) Id. 7.898,71 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.895,69 € Total descontos 20.326,01 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……….. 349.386,32 € Certificación núm. 14: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF.A-36.008.886) 11/922.342.652.09.2008 e 11/922.342.652.09.2010 385.817,86 € SUBTOTAL ………. 385.817,86 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 10.990,40 € Control de calidade (3%) Id. 8.242,80 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.978,27 € Total descontos 21.211,47 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……….. 364.606,39 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 12.19555.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE GASÓLEO DE AUTOMOCIÓN CLASE “A” E DE CALEFACCIÓN CLASE “C” PARA OS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O Sr. Xefe de Mantemento da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, mediante escrito de data 19 de outubro de 2011, solicita que se contrate para o ano 2012 e seguintes a subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, de acordo co seguinte detalle: CENTRO TIPO GASÓLEO LITROS /ANO Parque de Maquinaria Gasóleo “A” 240.000,00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” Gasóleo “C” 35.000,00 Imprenta Provincial Gasóleo “C” 6.000,00 Finca Mouriscade Gasóleo “C” 9.000,00 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo Gasóleo “C” 25.000,00 Sede Deputación en Vigo Gasóleo “C” 6.000,00 Escola de Canteiros Gasóleo “C” 5.000,00 Estación Fitopatolóxica do Areeiro Gasóleo “C” 8.000,00 Para levar a cabo a contratación da subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, o Xefe de Mantemento da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” elaborou o correspondente prego de prescricións técnicas onde estima o custo anual en 377.400,00 €, IVE e impostos incluídos, sen prexuízo de que ó estar en función das necesidades dos Centros Xestores, o gasto real quede limitado ó que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e os litros efectivamente requiridos. O prezo do contrato financiarase con cargo ás correspondentes aplicacións orzamentarias do orzamento provincial do exercicio 2012 e exercicios futuros, quedando a adxudicación do contrato sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do mesmo, todo iso de conformidade co disposto no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 19 de outubro de 2011. Resultando que con data 20 de outubro de 2011, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de gasóleos “A” e “C”. Resultando que con data 21 de outubro de 2011 polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da sinalada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2011, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, ata un importe máximo de 754.800,00 €, IVE e impostos incluídos e coas seguintes particularidades:  A duración será de dous anos con entrada en vigor prevista para o día 1 de xaneiro de 2012, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas expresas, poida exceder de catro anos.  A adxudicación quedará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas do mesmo durante o exercicio 2012 e seguintes.  Debido á fluctuación do prezo do petróleo, solicitarase que as empresas licitadoras efectúen as súas ofertas en función do parámetro DELTA, que non poderá ser superior a 0,06 euros/litro. O importe a pagar por factura é o resultado de aplicar a fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE. Sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • IVE: Valor en cada momento. O detalle do tipo de gasóleo a subministrar, da estimación de litros necesarios e do Centro ó que vai destinado a subministración é o seguinte: Centro Tipo Gasóleo Litros /Ano Parque de Maquinaria Gasóleo “A” 240.000,00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” Gasóleo “C” 35.000,00 Imprenta Provincial Gasóleo “C” 6.000,00 Finca Mouriscade Gasóleo “C” 9.000,00 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo Gasóleo “C” 25.000,00 Sede Deputación en Vigo Gasóleo “C” 6.000,00 Escola de Canteiros Gasóleo “C” 5.000,00 Estación Fitopatolóxica do Areeiro Gasóleo “C” 8.000,00 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto que leva este contrato e que supón un custo global polo importe máximo de 754.800,00 €, con cargo ás correspondentes aplicacións orzamentarias do orzamento provincial do exercicio 2012 e exercicios futuros, polos importes anuais seguintes: Centro Importe/Anual Aplicación. Parque de Maquinaria 292.800,00 € 456.453.221.03 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 31.500,00 € 232.232.221.03 Imprenta Provincial 5.400,00 € 924.924.221.03 Finca Mouriscade 8.100,00 € 411.412.221.03 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo. 22.500,00 € 920.920.221.03 Sede Deputación en Vigo 5.400,00 € 925.920.221.03 Escola de Canteiros 4.500,00 € 832.323.221.03 Estación Fitopatolóxica do Areeiro 7.200,00 € 413.413.221.03 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, concedendo un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e cuxa data de finalización para presentación de proposicións económicas especificarase no anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado, de conformidade co estipulado no artigo 143.1 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO DE AUTOMOCIÓN CLASE “A” E DE CALEFACCIÓN CLASE “C” PARA OS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- A subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, de acordo co seguinte detalle: CENTRO TIPO GASÓLEO LITROS /ANO Parque de Maquinaria Gasóleo “A” 240.000,00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” Gasóleo “C” 35.000,00 Imprenta Provincial Gasóleo “C” 6.000,00 Finca Mouriscade Gasóleo “C” 9.000,00 Pazo Provincial y edificio administrativo anexo Gasóleo “C” 25.000,00 Sede Deputación en Vigo Gasóleo “C” 6.000,00 Escola de Canteiros Gasóleo “C” 5.000,00 Estación Fitopatolóxica do Areeiro Gasóleo “C” 8.000,00 No Prego de prescricións técnicas que se une como anexo desenvólvese con máis detalle o obxecto do contrato. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo ás correspondentes aplicacións orzamentarias do orzamento provincial do exercicio 2012 e exercicios futuros, quedando a adxudicación do contrato sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas do mesmo, todo iso de conformidade co disposto no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Deberase achegar, como anexo á factura, un escrito onde se desagreguen os índices aplicables á fórmula sinalada na cláusula sexta. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A empresa adxudicataria realizará a descarga do gasóleo solicitado polos Centros Xestores da Deputación de Pontevedra nas seguintes direccións: CENTRO DIRECCIÓN Pazo Provincial………………….. Avenida Montero Ríos, s/n - Pontevedra. Edificio administrativo anexo..….. Avenida Montero Ríos, s/n - Pontevedra. Cidade Infantil “Príncipe Felipe”…… Avenida Montecelo, 12 - Pontevedra. Estación Fitopatolóxica do Areeiro… Lugar de Rozo, 23 Lourizán (Pontevedra) Imprenta Provincial……………….. Paseo Domingo Fontán, 26 - Pontevedra. Sede da Deputación en Vigo…… Rúa Oporto, 3 - Vigo. Escola de Canteiros……………….. Rúa Illa de Tambo, 50 - Poio Finca Mouriscade ………………….. Polígono de Botos - Lalín Os gastos de transporte e descarga serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. A entrega deberá ser efectuada no prazo máximo de 48 horas a contar dende a solicitude da subministración polo Centro de Xestor. 5.- DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor prevista para o día 1 de xaneiro de 2012, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato –incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos, todo iso de conformidade co estipulado no artigo 279 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- Os licitadores terán que realizar as súas ofertas en función do parámetro DELTA da fórmula que se indica a continuación, sendo o importe a pagar por factura o resultado da devandita fórmula. A oferta do parámetro DELTA, será efectuada en función dos EUROS/LITRO e non poderá ser superior a 0,06. CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE Sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • IVE: Valor en cada momento. 7.- ORZAMENTO.- O contrato órzase ata a cantidade anual máxima de trescentos setenta e sete mil catrocentos euros (377.400,00 €), IVE e Impostos incluídos. Ó non estar definida con exactitude a contía total do contrato ó tempo da celebración do mesmo por estar en función das necesidades dos distintos Centros Xestores, a Deputación Provincial de Pontevedra non está obrigada a esgotar a totalidade do orzamento máximo anual, quedando limitado o gasto real ó que resulte dos prezos ofertados polo adxudicatario e os litros efectivamente requiridos e servidos. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 da devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 10.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 11.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 11.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 Lcsp), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 11.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración de gasóleo de automoción clase “A” e de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidad no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante o tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Neste apartado considerarase con solvencia económica ó licitador que acredite un volume de negocio anual/medio superior ó importe deste contrato. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto convocado para a contratación da subministración de gasóleo de automoción clase “A” e de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Proposta de apoio técnico da subministración. Valoraranse aspectos relacionados coa infraestrutura e servizos, horarios, formas de petición, persoal que realizará a subministración, etc. 3. Melloras ofertadas. Valoraranse aspectos relacionados coa limpeza do depósito e dotación de medios necesarios para garantir a subministración durante a execución dos traballos, así como outras melloras. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Proposición económica correspondente á contratación da subministración de gasóleo de automoción clase “A” e de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Proposición económica seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 12.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Xefe de Mantemento da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. SECRETARIO: -O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 13.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C”. 14.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 20 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación Apoio técnico á subministración……………………………….. 10 puntos Melloras………………………………………….……………. 10 puntos 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 80 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica gasóleo clase “A” ……………………… 60 puntos Oferta económica gasóleo clase “C” ……………………… 20 puntos A oferta económica de ambas as clases de gasóleo puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 15.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entonces a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entonces a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i es temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Neste mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 16.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fosen declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar a dita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 10ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. 17.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 18.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista non poderán formalizar o contrato antes de que transcorran quince días hábiles dende que se remita a notificación da adxudicación ós licitadores, ó ser este contrato susceptible de recurso especial en materia de contratación. Transcorrido este prazo, o órgano de contratación requirirá ó adxudicatario para que formalice o contrato en prazo non superior a cinco días, contados dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, unha vez transcorrido o citado prazo de quince días sen que interpuxese recurso que leve aparellada a suspensión da formalización do contrato ou dende que se dite acordo co levantamento da suspensión do acto de adxudicación. O contrato perfeccionarase coa súa formalización e deberá formalizarse en documento administrativo que se axustará con exactitude ás condicións da licitación e ademais poderá formalizarse en escritura pública se así o solicita o contratista, correndo au o seu cargo os gastos derivados do seu outorgamento. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 19.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 20.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 21.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 €. 22.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 23.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase no período de vixencia do mesmo. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 24.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 275 da LCSP. 25.- RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE.- Os anuncios, os pregos e documentos contractuais que establezan as condicións que deban de rexer na contratación, os acordos de adxudicación e os actos de trámite, sempre que estes últimos decidan directa ou indirectamente sobre a adxudicación, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos, poderán ser obxecto do recurso especial en materia de contratación nos termos establecidos nos artigos 310 a 319 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ................................................con NIF/CIF ………………. e domicilio en ....................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración de gasóleo de automoción clase “A” e de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: • Gasóleo clase “A”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada na cláusula 6ª, de ……………………….Euros/litro. • Gasóleo clase “C”, polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada na cláusula 6ª, de …………………….Euros/litro.” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 13.19556.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO, TRAMO LORES-CONCELLO DE MEAÑO” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13/08/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de “Dotación de beirarrúas e servizos na E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño, tramo Lores-Concello de Meaño”, con orzamento de 299.098,41 €, máis a cantidade de 47.855,74 €, o que fai un total de 346.954,15 €. Resultando que a Xunta de Goberno, 29/10/2008, adxudicou provisionalmente o contrato a Pavimentos de Meaño, S.L. na suma de 246.756,18 €, IVE incluído (212.720,84€, máis 34.035,33 € correspondentes ó IVE), considerándose elevada a definitiva ó cumprir o adxudicatario os trámites establecidos no art. 135.4 da Lei 30/2007. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas redáctase un proxecto modificado da devandita obra, como consecuencia de que efectuada a comprobación do replanteo detectouse a necesidade dalgunhas modificacións puntuais no proxecto para a súa adaptación á normativa de accesibilidade e seguridade viaria, ascendendo o seu importe a 299.098,41 €, máis a cantidade de 53.837,71 € correspondente ó IVE, non supondo incremento sobre o importe do proxecto primitivo excepto no que se refire ó IVE, ó modificarse o tipo impositivo ó 18 %. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de crédito suficiente para facer fronte ó gasto da obra pendente de executar nas aplicacións 11/456.453-612.02.2008 e 11/456.453-612.02.2009. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado de “Dotación de beirarrúas e servizos na E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño, tramo Lores-Concello de Meaño”, por importe de 299.098,41 €, máis a cantidade de 53.837,71 € correspondente ó IVE, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Pavimentos de Meaño, S.L. excepto no que se refire ó IVE. 14.19557.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “E.P. 9701 BAIÓN-ANDRÁS, LUGAR DE SERANTES (VILANOVA DE AROUSA)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/08/2009, adxudicouse definitivamente a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)”, na suma de 440.718,67 €, máis a cantidade de 70.514,99 € correspondente ó IVE, que ofertara un prazo de execución de dezaoito meses, melloras valoradas en 9.020,00 € e o 3,00 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 04/05/2011, concedeu unha prórroga na execución da obra ata o 20/07/2011, como consecuencia do atraso producido pola espera na resolución dos condicionantes a que se viu sometida pola execución, pola Xunta de Galicia, dunha nova rotonda na PO-301 e a execución da fase II do proxecto. Resultando que a adxudicataria, dado que se manteñen os mesmos condicionantes que impiden cumprir os prazos establecidos para a súa finalización, solicita unha nova prórroga ata o 30/09/2011, que foi concedida pola Xunta de Goberno en sesión de 02/09/2011. Resultando que a adxudicataria, dado que se manteñen as mesmas circunstancias que provocaron as sucesivas prórrogas, solicita unha nova prórroga ata o 31 de decembro do ano en curso. Resultando que polo Director da obra, emítese informe favorable á concesión da devandita prórroga. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcións, Obras e Viais, S.A., concedendo unha prórroga para a finalización da obra “E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” ata o 31 de decembro do ano en curso. 15.19558.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A DIVERSAS OBRAS A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21/10/2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72% do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22/11/2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Así mesmo, nas súas sesións ordinarias dos días 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Polo empresa Darzal Consultoria y Prevención S.L., se presentan unha seria de facturas, que se relacionan posteriormente, correspondentes a actuacións do Plan de Investimentos da Deputación que quedan fóra da adxudicación efectuada no seu día, pero que se considera lóxico que esta empresa os continúe realizando durante a execución das obras. Vistos os informes emitidos por Intervención, e de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0853-16/2011 03/10/2011 “Pavimentación e reasfaltados en Paredes A Cardiña (Vilaboa)” (PID/09/00987/2009002454) 437,30 € 0853-02/2011 03/10/2011 “Mellora trazado e capa rodaxe en E.P. 9201, Sanxenxo – Bordóns – estrada Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 112,60 € 0853-05/2011 03/10/2011 “Obras e urbanización en Portas e Lantaño (Portas)” (PID/09/00922/2009002712) 278,92 € 0853-07/2011 03/10/2011 “Mellora rede viaria Anceu, Caritel e Forzáns (Pontecaldelas)” (PID/09/00901/2009002389) 177,70 € 0853-09/2011 03/10/2011 “Mellora rede viaria Xustáns e Buchabe (Pontecaldelas)” (PID/09/00901/2009002385) 186,27 € 0853-06/2011 03/10/2011 “Saneamento e pavimentación e Portoparada, Maceira, Covelo” (PID/09/00976/2009002799) 346,35 € 0853-11/2011 03/10/2011 “Dotación de servizos e mellora en Maceira e Campelo, Covelo” (PID/09/00976/2009002795) 226,54 € 0853-04/2011 03/10/2011 “Saneamento en Foxos e pavimentación de diversos camiños (Cambados)” (PID/09/00608/2009002445) 146,81 € 0853-08/2011 03/10/2011 “Acondicionamento de local social de Cumeiro (Vila de Cruces)” (PID/09/00917/2009002542) 149,16 € 0853-10/2011 03/10/2011 “Mellora de vial en Forcadela (Tomiño)” (PID/09/00611/2009002398) 358,74 € 0853-12/2011 03/10/2011 “Reforma Casa da Cultura de Soutomaior” (PID/09/00988/2009002477) 843,81 € 0853-14/2011 03/10/2011 “Acondicionamento da Praza do Auditorio Manuel do Pazo en Bandeira (Silleda)” (PID/09/00714/2009002414) 29,54 € 0853-13/2011 03/10/2011 “Saneamento nos lugares de Casiñas-Pontellas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” (PID/09/00609/2009002295) 202,36 € 0853-19/2011 03/10/2011 “Recollida de fecais do camiño de A Moreira en San Xián (Marín)” (PID/09/00795/2009002231) 71,79 € 0853-14/2011 03/10/2011 “Construción de skate park en parque auditorio Pontiñas (Lalín)” (PID/09/00726/2009002872) 380,64 € 0853-15/2011 03/10/2011 “Urbanización rúa da Cal, fase II (A Guarda)” (PID/09/00990/2009002272) 1.012,15 € 0853-03/2011 03/10/2011 “Construción de Auditorio Municipal (Agolada)” (PID/09/00929/2009002564) 667,51 € 0853-18/2011 03/10/2011 “Pavimentado rúas do concello da Guarda” (PID/09/00990/2009002275) 738,99 € TOTAL 6.367,18 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 16.19559.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 20 de outubro de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001406 e que contén once facturas, sendo a primeira de Producciones Zona Chan, S.L., por importe de 6.000,01 € e a derradeira de Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, por importe 22.399,53 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 49.140,79 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 49.140,79 € 17.19560.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición