Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2014-03-21_Ordinaria. Acta de sesión 2014/03/21_Ordinaria
Acta de sesión 2014/03/21_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.830/1.2014-03-21_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/03/21_Ordinaria
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 169 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día vinte e un de marzo do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a deputada provincial Dna. Marta Iglesias Bueno. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21918.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 7 de marzo de 2014. 2.21919.- INFORME SOBRE A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS Dada conta da comunicación da Presidencia da Mancomunidade do Salnés, do 7 de marzo de 2014 (con núm. de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 2014021243, de data 07/03/2014), pola que se remite a certificación da aprobación inicial da modificación dos Estatutos da Mancomunidade do Salnés, derivada do establecido na Disposición Transitoria 11ª da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local, e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 143.1 b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Visto o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 12 de marzo de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir á Mancomunidade do Salnés o mencionado informe da Secretaría Xeral, que di como segue: “En relación coa petición de informe da xefa do Servizo de Cooperación sobre a modificación dos Estatutos da Mancomunidade do Salnés, derivada do disposto na D.T. 11ª da Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local, maniféstase o seguinte: - A citada modificación dos Estatutos está derivada do establecido na Disposición Transitoria undécima da Lei 27/2013, de 27 de decembro. A motivación non é propia do contido dun artigo, como se establece no art. 1 e si como exposición de motivos do texto. Iso ha de modificarse. - No art. 2 hai que suprimir “como xa estaba acordado, e se indica no artigo anterior”. - En relación co fin dos servizos de recollida, tratamento, transferencia e eliminación dos residuos urbanos (art. 13) hai que ter en conta que é unha competencia da Deputación a prestación dos servizos de tratamento de residuos nos municipios de menos de 5.000 hab. (art. 36.1,c) da Lei 7/1985, de 2 de abril). - O persoal tras a disolución da mancomunidade quedará incorporada nos entes locais que forman parte dela, polo que é algo xa establecido e imposto coa liquidación (art. 30 dos Estatutos). 3.21920.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA-FORESTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 18.19122, en sesión celebrada o 30 de marzo de 2011, acordouse adxudicar unha bolsa de enxeñeiro técnico agrícola-forestal con destino ó Servizo Estación Fitopatolóxica do Areeiro a favor de Dna. María del Pilar Mosquera Veiga, con efectos 1 de abril de 2011 e ata o 31 de marzo de 2012. Nas Bases da Convocatoria publicadas no BOP nº 44 de data 4 de marzo de 2011, establécese que, “A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno”. Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 9.19896, en sesión celebrada o 16 de marzo de 2012, acordouse prorrogar a bolsa concedida a favor de Dna. María del Pilar Mosquera Veiga, con efectos 1 de abril de 2012 e ata o 31 de marzo de 2013. Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno número 3.20700, en sesión celebrada o 22 de marzo de 2013, acordouse prorrogar a bolsa concedida a favor de Dna. María del Pilar Mosquera Veiga, con efectos 1 de abril de 2013 e ata o 31 de marzo de 2014. Mediante escrito de data 10 de marzo de 2014 o xefe do Servizo Estación Fitopatolóxica do Areeiro solicita a prórroga da referida bolsa polo período dun ano, do 1 de abril de 2014 ata o 31 de marzo de 2015, informando que a bolseira leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 105 da Lei 5/1997 de administración local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 13 de marzo de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a Dna. María del Pilar Mosquera Veiga, Enxeñeira Técnica Agrícola, dende o 1 de abril de 2014 ata o 31 de marzo do 2015. A dotación económica da bolsa para o ano 2014 ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón para o período comprendido entre o 1 de abril de 2014 ata o 31 de decembro de 2014, un total de 9.000,00 €, sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes, o que supón un total de 312,48 € para dito período. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 14/413.413.481.01 e 14/413.413.160.03 do orzamento provincial. 4.21921.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA CON DESTINO Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA E Ó CONCELLO DE A GUARDA Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 21 de decembro de 2012, aprobáronse as Bases e a convocatoria de 195 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios nos concellos da provincia, publicada no BOP nº 1 do 02 de xaneiro de 2013, entre as que figuraban as seguintes: - Expediente C162 Vilagarcía de Arousa: unha bolsa para graduados e diplomados en educación social. No Boletín Oficial da Provincia, número 159 de data 21 de agosto de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria dunha Bolsa de Práctica Laboral para graduados/enxeñeiros técnicos informáticos con destino ó Concello de A Guarda. Mediante Acordo adoptado na Xunta de Goberno con número 17.21248 en sesión celebrada o día 9 de agosto de 2013 ampliouse en dúas bolsas o expediente C162 para graduados e diplomados en educación social e adxudicouse unha das bolsas a favor do candidato suplente D. Jorge Miguel Vilán Freaza, por renuncia da titular con efectos do 1 de outubro de 2013 e por un período de seis meses. Mediante Acordo adoptado na Xunta de Goberno con número 11.21351 en sesión celebrada o 27 de setembro de 2013 adxudicouse a bolsa para graduados/enxeñeiros técnicos informáticos, a favor do candidato D. Álvaro Pérez Martínez con efectos do 1 de outubro e por un período de seis meses. Na base novena da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e á vista da memoria presentada os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 10 de marzo de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ós seguintes bolseiros e cos efectos que se relacionan a continuación, por un período de seis meses: Apelidos e nome Concello Efectos Exp. Vilán Freaza, Jorge Miguel Vilagarcía de Arousa 01/04/14 C162 Pérez Martínez, Álvaro A Guarda 01/04/14 C59 A dotación económica da bolsa ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario o que supón para o ano 2014, un total de 9.600,00 €, sendo o custo da Seguridade Social de 34,72€/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2014 un total de 416,64 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 14/921.241.481.01 e 14/921.241.160.03 do orzamento provincial. 5.21922.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 18 de marzo de 2014, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201400000563 e que contén unha factura, correspondendo á Alpes Canelas, S.L. por importe de 8.206,63 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 8.206,63 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 8.206,63 € b) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 20 de marzo de 2014, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201400000569 e que contén sesenta e oito facturas, sendo a primeira de Cespa, S.A., por importe de 1.577,95 € e a derradeira de Suministros Gráficos Ati, S.L., por importe 158,12 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 70.118,99 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 3.606,34 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 73.725,33 € 6.21923.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS INCLUÍDAS NO PROGRAMA “PENSA EN TI 2014”. (Nº EXPTE 2014000409) A Xefa de Negociado de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, co visto e prace da Deputación Delegada, solicita a contratación da xestión, organización e impartición dunha serie de obradoiros de formación dirixidos a asociacións de mulleres da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti 2014”, cuxo custo para a Deputación se estima na cantidade máxima de trescentos vinte e nove mil euros (329.000,00 €). O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. Este programa de carácter social comprende a impartición dos obradoiros que se detallan no catálogo de obradoiros incluído como anexo o prego de prescricións técnicas, e ten como finalidade dar resposta á necesidade de potenciar movementos de participación e cooperación social, así como mellorar a formación básica das mulleres na comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e as situacións de soidade. A Deputación de Pontevedra non se compromete a contratar un número mínimo de obradoiros xa que dependerá do número de solicitudes presentadas, sempre e cando non se supere o orzamento máximo previsto para o programa que é de 329.000,00 €. Polo secretario infórmase o proxecto de prego de cláusulas económico administrativo e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto así mesmo ou informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2.a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión, organización e impartición das actividades formativas incluídas no programa “Pensa en ti 2014”. O prezo de licitación establecido en prezos unitarios estímase na seguinte cantidade: Prezo de licitación 991,74 € por curso IVE 208,26 € por curso Total IVE incluído 1.200,00 € por curso O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: - Os participantes aboarán a cantidade de 6 euros por cada un dos obradoiros en que participen. Dita cantidade será recadada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do abono de dita cantidade. - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante , ata unha cantidade máxima de 329.000,00 €, do contrato con cargo á aplicación orzamentaria 143/232.230.227.07do vixente orzamento provincial. - Autorizar o gasto por importe de 329.000,00 € para financiar a parte do programa correspondente á Deputación de Pontevedra, con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230227.07 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para a dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO PROGRAMA “PENSA EN TI 2014” “1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 3 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato ten a cualificación de contrato administrativo especial de conformidade co establecido no artigo 19.1.b) do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP e de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entre outros, o informe 47/99 de 21 de decembro de 1999, da mencionada Xunta Consultiva, toda vez que a prestación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración, senón o usuario. Polo tanto rexerase polo establecido no presente prego e no de prescricións técnicas, polas normas contidas no TRLCSP, modificado pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio a emprendedores e a súa internacionalización, polo R.d. 817/2009, de 8 de maio, modificado polo R.d. 300/2011 de 4 de marzo e en canto non se atope derrogado polas citadas disposicións, polo Real Decreto 1098/2011 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e no seu defecto as normas de dereito privado. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ao contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión ós presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. O dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar dende o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). - Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Lote nº … - (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Nº Expediente - No caso que se coñeza. - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - o titular da corporación ou o membro en quen delegue. Vogais: - o secretario xeral - o interventor - o xefe do servizo responsable do contrato Secretario: - o xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5) Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16.- PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar ós subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase dende a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días dende a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito ó cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ous subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garanta mediante aval. De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP a Deputación de Pontevedra poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitirán a Deputación de Pontevedra, cando esta o solicite, relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente público contratante xustificante de cumprimento dos pagamentos a aqueles unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigacións, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir ós ditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do dito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 23. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar dende a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 28. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ó previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ó seu réxime estarase ó disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A organización, xestión e impartición de diversos obradoiros formativos dirixidos ás entidades de mulleres e outras de iniciativa social que traballen no ámbito da muller na provincia de Pontevedra. Este Programa de carácter social ten como finalidade dar resposta á necesidade de potenciar movementos de participación e cooperación social, así como mellorar a formación básica das mulleres na comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e as situacións de soidade. O contrato comprende a impartición dos obradoiros que se detallan no catálogo de obradoiros incluído como anexo o prego de prescricións técnicas. A Deputación de Pontevedra non se compromete a contratar un número mínimo de obradoiros xa que dependerá do número de solicitudes presentadas, sempre e cando non se supere o presuposto máximo previsto para o programa que é de 329.000,00 €. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: contrato administrativo especial Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios Importe sen IVE: 991,74 €/curso IVE (21%): 208,26 €/curso Total con IVE: 1.200,00 €/curso B) FINANCIAMENTO: O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: - Os participantes abonarán unha cantidade de 6 euros por cada un dos cursos nos que participen, Dita cantidade será recadada pola empresa adxudicataria antes do inicio de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do pago de dita cantidade. - A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade restante do contrato por importe máximo de 329.000,00 € con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07. Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/232.230.227.07 329.000,00 € Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será dende o día seguinte a sinatura do contrato ata o 31 de marzo de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Os pagos a empresa adxudicataria efectuaranse unha vez finalizado o/os correspondente/s obradoiro/s contra a presentación das facturas correspondentes pola empresa adxudicataria e unha vez prestada a conformidade polo servizo de Servizos sociais e promoción do emprego. Ditas facturas deberán acompañarse da seguinte documentación: - Listado de tódolos participantes nos obradoiros indicando o nome e apelidos, DNI e sinatura así como calquera outro dato necesario para poder comprobar o efectivo cumprimento do contrato. - Copias das enquisas de satisfacción individuais do alumnado participante no obradoiro. - Copia da enquisa de satisfacción do docente. - Informe estruturado e coas valoracións. - Copia do parte de asistencia. - Memoria final da actividade que incluirá a reportaxe fotográfica no caso de que a empresa a ofertase. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Compromiso de adscribir coa execución do contrato o equipo de traballo que se expón a continuación (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego): b.1) 1 Responsable, coas seguintes funcións: - Organización do programa. - Ostentar a representación da empresa adxudicataria na súa relación coa Deputación de Pontevedra. - -Entregar unha copia das enquisas de satisfacción individuais a cada usuario/a participante no programa e realizar un informe coas valoracións unha vez rematado cada obradoiro. - Redactar as actas de todas as reunións de traballo que se realicen e remitirllas as partes no prazo máximo de 5 días. b.2) 1 Coordinador, coas seguintes funcións: - Realizar visitas periódicas durante a celebración dos obradoiros coa finalidade de facer un seguimento do mesmo e velar polo correcto funcionamento e desenvolvemento do mesmo. - Ser o interlocutor ou intermediario entres as participantes nos obradoiros, os docentes e a empresa adxudicataria. b.3) Un docente para cada un dos cursos con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. c) Copia compulsada da póliza do seguro de Responsabilidade Civil subscrita, e xustificante do aboamento da prima correspondente. Dita póliza debe ter as seguintes características: - -Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza correspóndese coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Implantación do programa Puntuación máxima Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar coas asociacións as datas e horarios dos cursos, así como das aulas. Descrición das bases de datos e informes e demais documentos que se facilitarán ós servizos sociais da Deputación para o seu seguimento e control. 6 Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar cos participantes o cobro do prezo dos cursos, (indicando no seu caso as facilidades ofertadas para o efectuar o cobro), comunicación do inicio dos cursos e da entrega de material. Descrición dos documentos acreditativos que se facilitarán ós servizos sociais da Deputación para o seu control e seguimento. 6 Execución do programa Metodoloxía teórica e práctica para a impartición dos cursos 9 Medios humanos destinados a execución do contrato. Valoraranse as características e o incremento de persoal que repercutan na execución do contrato con respecto ós requisitos mínimos esixidos nos pregos. 25 Medios técnicos e materiais destinados a execución do contrato. Valoraranse as características e o incremento de medios que repercutan na execución do contrato con respecto ós requisitos mínimos esixidos nos pregos 3 Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre b non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Este criterio valoraranse en función da fórmula establecida no Anexo III. - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada un dos obradoiros, cun mínimo de 10 fotografías por obradoiro. Se se efectúa a entrega da reportaxe obteranse 6 puntos e se non se entrega a valoración será de 0 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. 4.- Compromiso do licitador de dispoñer ou ben de formalizar, unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil coas seguintes características: - Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza se corresponde coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 5.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ó foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes. No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado e deberá presentarse por escrito e en formato dixital de conformidade co formato que se establece no prego de prescricións técnicas. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, ós diferentes apartados que a continuación se detallan. 1.- Implantación do programa: Descrición do plan de traballo detallado para a realización de todas os obradoiros. Deberá conter cando menos o seguinte: - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar coas asociacións as datas e horarios dos cursos, así como das aulas. Descrición das bases de datos, informes e demais documentos que se facilitarán ós servizos sociais da Deputación para o seu seguimento e control. - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar cos participantes o cobro do prezo dos cursos, (indicando no seu caso as facilidades ofertadas para o efectuar o cobro), comunicación do inicio dos cursos e da entrega de material. Descrición dos documentos acreditativos que se facilitarán ós servizos sociais da Deputación para o seu control e seguimento. 2.- Execución dos obradoiros: Descrición detallada da metodoloxía proposta para executar as tarefas solicitadas no prazo de tempo establecido e coa garantía de calidade requirida. - Metodoloxía teórica e práctica dos obradoiros. 3.- Recursos materiais dispoñibles para a execución do contrato. Deberán detallarse todos os recursos materiais que se poñen a disposición para a execución do contrato. 4.- Medios humanos destinados a execución do contrato. Deberá detallarse o equipo de traballo que se pon a disposición para a execución do contrato (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego). Dito equipo de traballo deberá estar integrado como mínimo polos seguintes membros: - 1 Responsable - 1 Coordinador - Un docente para cada un dos cursos do programa con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. Deberase achegar o Curriculum Vitae do persoal adscrito para a execución do contrato. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: • Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. • Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación e experiencia igual ou superior ó da persoa a substituír • responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 deste prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. 5.-MODIFICACIÓNS PREVISTAS Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público, limitándose ás estritamente indispensables para lograr a satisfacción pretendida no obxecto do contrato, e sen excederse do 10% do prezo de adxudicación. O importe do contrato poderá ampliarse sempre e cando o crédito previsto sexa insuficiente para atender a tódalas solicitudes presentadas, sen que dita ampliación sexa superior o 10% do prezo de adxudicación. ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) “A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. P: prezo de licitación N: número de ofertas O1,O2,….,On: valor das n ofertas, B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima bm: baixa porcentual media Vmax: máxima valoración posible Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: Se : Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: Se : , Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: Se entón , Se entón 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” ANEXO IV MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) “Don...................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ………… (en letra e número) euros por curso, máis …………. euros (en letra e número) correspondente ó IVE por curso. - Prezo total por curso (en letra e número): - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada un dos obradoiros, cun mínimo de 10 fotografías por obradoiro: si /non. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS Título do contrato:………………………………………………….…………………… Nº expediente …………………………..…………………………………………..…… D.ª/D. ……………………, con DNI núm. ……………………….., en nome propio ou en representación da empresa ………………, con NIF/CIF núm. …………… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO ÓS MEDIOS HUMANOS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO D.ª/D. ……………………………………………………………, con DNI núm. …………………………………………….., en nome propio ou en representación da empresa ………………………………………………………………….…….., con NIF/CIF núm. ………………………………………… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría/posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título Persoal propio (si/non) Empresa Nota importante: o órgano de contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ..….. de ………… de ………… (Lugar, data, sinatura e selo del licitador)” ANEXO VII “MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA Nome e apelidos: Data de nacemento: Titulación: Data de expedición do título: Anos de experiencia: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data de final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. …………………., ….. de ………… de ……… Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia) XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA ÓS DOCENTES DE CADA UN DOS CURSOS Nome e apelidos: Data de nacemento: Titulación: Data de expedición do título: Nome do curso (1) Empresa Destinatario Horas de duración Data inicio Data fin Horas totais Citaranse exclusivamente aqueles cursos impartidos nas materias que teñan relación cos obradoiros a impartir no presente contrato e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……….... de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 7.21924.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO PROGRAMA “TI TAMÉN CONTAS 2014”. (Nº EXPTE 2014000410) A xefa de negociado de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, co visto e prace da Deputada Delegada, solicita a contratación da xestión, organización e impartición dunha serie de obradoiros de formación dirixidos a asociacións de maiores, pensionistas e xubilados así como as asociación de veciños e outras entidades de iniciativa social que traballen no eido dos maiores na provincia de Pontevedra, dentro do programa social “Ti tamén contas 2014”, cuxo custo para a Deputación se estima na cantidade máxima de douscentos mil euros 200.000,00 €. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. Este programa de carácter social comprende a impartición dos obradoiros que se detallan no catálogo de obradoiros incluído como anexo o prego de prescricións técnicas, e ten como finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores establecendo novas relación sociais e favorecendo a participación en actividades que eleven o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia evitando o illamento e as situacións de soidade. A Deputación de Pontevedra non se compromete a contratar un número mínimo de obradoiros xa que dependerá do número de solicitudes presentadas , sempre e cando non se supere o presuposto máximo previsto para o programa que é de 200.000,00 euros. Polo secretario infórmase o proxecto de prego de cláusulas económico administrativo e posteriormente trasládase o expediente de contratación ao servizo de intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto así mesmo ou informe de fiscalización do expediente emitido por intervención. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ao Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión, organización e impartición das actividades formativas incluídas no programa “Ti tamén contas 2014”. O prezo de licitación establecido en prezos unitarios estímase na seguinte cantidade: Prezo de licitación 991,74 € por curso IVE 208,26 € por curso Total IVE incluído 1.200,00 € por curso O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: - Os participantes aboarán a cantidade de 6 euros por cada un dos obradoiros en que participen. Dita cantidade será recadada pola empresa adxudicataria antes do comezo de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do abono da devandita cantidade. - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade restante , ata unha cantidade máxima de 200.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 143/232.230.227.07do vixente orzamento provincial. - Autorizar o gasto por importe de 200.000,00 € para financiar a parte do programa correspondente á Deputación de Pontevedra, con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230227.07 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para a dicir contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE SERVIZOS DA REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS INCLUIDAS NO PROGRAMA “TI TAMEN CONTAS 2014” Nº EXPTE 2014000410 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para o dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cos tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato ten a cualificación de contrato administrativo especial de conformidade co establecido no artigo 19.1.b) do Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o TRLCSP e de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entre outros, o informe 47/99 de 21 de decembro de 1999, da mencionada Xunta Consultiva, toda vez que a prestación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración, senón o usuario. Polo tanto rexerase polo establecido no presente prego e no de prescricións técnicas, polas normas contidas no TRLCSP, modificado pola lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio a emprendedores e a súa internacionalización, polo R.D 817/2009 de 8 de maio modificado polo RD 300/2011 de 4 de marzo e en canto non se atope derogado polas citadas disposicións, polo Real Decreto 1098/2011 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e no seu defecto as normas de dereito privado. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión aos presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. O dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da SÚA finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES, DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar dende o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especifícalo número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, e-mail e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: -O secretario xeral -O interventor -O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: -O xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos suis integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta económicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.-Certificación positiva expedida pola Tesorería da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obligacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente do pagos das súas obligacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.-Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios personais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.-Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta dias. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán otorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ous subcontratistas prazos de pago superiores respetando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciales sempre que dito pacto non constitua unha cláusula abusiva e que o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval. De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP a Deputación de Pontevedra poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitirán a Deputación de Pontevedra, cando esta o solicite, relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente público contratante xustificante de cumprimento dos pagamentos a aqueles unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigacións, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir aos devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do devandito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó Órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 23. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 28. MODIFICACIÓN DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ao previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ó seu réxime estarase ó disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP. Os anexos son como seguen: ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A organización, xestión e impartición de diversos obradoiros formativos dirixidos ás asociación de persoas maiores da provincia, pensionistas e xubilados, así como asociación de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido dos maiores na provincia de Pontevedra. Este Programa de carácter social ten como finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores establecendo novas relación sociais e favorecendo a participación en actividades que eleven o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia evitando o illamento e as situación de soidade. O contrato comprende a impartición dos obradoiros que se detallan no catálogo de obradoiros incluído como anexo o prego de prescricións técnicas. A Deputación de Pontevedra non se compromete a contratar un número mínimo de obradoiros xa que dependerá do número de solicitudes presentadas , sempre e cando non se supere o presuposto máximo previsto para o programa que é de 200.000,00 €. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: administrativo especial Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios Importe sen IVE: 991,74 €/curso IVE (21%): 208,26 €/curso Total con IVE: 1.200,00 €/curso B) FINANCIAMENTO: O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra e polos usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: -Os participantes aboarán unha cantidade de 6 euros por cada un dos cursos nos que participen, Dita cantidade será recaudada pola empresa adxudicataria antes do inicio de cada curso, non sendo en ningún caso responsable a Deputación do pago de dita cantidade. -A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade restante do contrato por importe máximo de 200.000,00 € con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07. Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/232.230.227.07 200.000,00 € Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será dende o día seguinte a firma do contrato ata o 31 de marzo de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Os pagos a empresa adxudicataria efectuaranse unha vez finalizado o/os correspondente/s obradoiro/s contra a presentación das facturas correspondentes pola empresa adxudicataria e unha vez prestada a conformidade polo servizo de acción social . Ditas facturas deberán acompañarse da seguinte documentación: -Listado de todos os participantes nos obradoiros indicando o nome e apelidos, DNI e sinatura así como calquera outro dato necesario para poder comprobar o efectivo cumprimento do contrato. -Copias das enquisas de satisfacción individuais do alumnado participante no obradoiro. -Copia da enquisa de satisfacción do docente. -Informe estruturado e coas valoracións. -Copia do parte de asistencia. -Memoria final da actividade que incluirá a reportaxe fotográfica no caso de que a empresa a ofertase. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga) - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva - -Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos - -Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Compromiso de adscribir coa execución do contrato o equipo de traballo que se expón a continuación (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego): b.1) 1 Responsable, coas seguintes funcións: - Organización do programa. - Ostentar a representación da empresa adxudicataria na súa relación coa Deputación de Pontevedra. - Entregar unha copia das enquisas de satisfacción individuais a cada usuario/a participante no programa e realizar un informe coas valoracións unha vez rematado cada obradoiro. - Redactar as actas de todas as reunións de traballo que se realicen e remitirllas as partes no prazo máximo de 5 días. b.2) 1 Coordinador, coas seguintes funcións: - Realizar visitas periódicas durante a celebración dos obradoiros coa finalidade de facer un seguimento do mesmo e velar polo correcto funcionamento e desenvolvemento do mesmo. - Ser o interlocutor ou intermediario entres as participantes nos obradoiros, os docentes e a empresa adxudicataria. b.3) Un docente para cada un dos cursos con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. c) Copia compulsada da póliza do seguro de Responsabilidade Civil subscrita, e xustificante do aboamento da prima correspondente. Dita póliza debe ter as seguintes características: - Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza correspóndese coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA Puntuación máxima Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar coas asociacións as datas e horarios dos cursos, así como das aulas. Descrición das bases de datos e informes e demais documentos que se facilitarán aos servizos sociais da Deputación para o seu seguimento e control. 6 Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar cos participantes o cobro do prezo dos cursos, (indicando no seu caso as facilidades ofertadas para o efectuar o cobro), comunicación do inicio dos cursos e da entrega de material. Descrición dos documentos acreditativos que se facilitarán aos servizos sociais da Deputación para o seu control e seguimento. 6 EXECUCIÓN DO PROGRAMA Metodoloxía teórica e práctica para a impartición dos cursos 9 Medios humanos destinados a execución do contrato. Valoraranse as características e o incremento de persoal que repercutan na execución do contrato con respecto aos requisitos mínimos esixidos nos pregos. 25 Medios técnicos e materiais destinados a execución do contrato. Valoraranse as características e o incremento de medios que repercutan na execución do contrato con respecto aos requisitos mínimos esixidos nos pregos 3 NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (SOBRE C): Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos Este criterio valoraranse en función da fórmula establecida no Anexo III -Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada un dos obradoiros, cun mínimo de 10 fotografías por obradoiro. Se se efectúa a entrega da reportaxe obteranse 6 puntos e se non se entrega a valoración será de 0 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. 4.- Compromiso do licitador de dispoñer ou ben de formalizar, unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil coas seguintes características: - Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza se corresponde coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 5.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado e deberá presentarse por escrito e en formato dixital de conformidade co formato que se establece no prego de prescricións técnicas. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, ós diferentes apartados que a continuación se detallan. 1.- Implantación do programa: Descrición do plan de traballo detallado para a realización de todas os obradoiros. Deberá conter cando menos o seguinte: - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar coas asociacións as datas e horarios dos cursos, así como das aulas. Descrición das bases de datos, informes e demais documentos que se facilitarán aos servizos sociais da Deputación para o seu seguimento e control. - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para xestionar cos participantes o cobro do prezo dos cursos, (indicando no seu caso as facilidades ofertadas para o efectuar o cobro), comunicación do inicio dos cursos e da entrega de material. Descrición dos documentos acreditativos que se facilitarán ós servizos sociais da Deputación para o seu control e seguimento. 2.- Execución dos obradoiros: Descrición detallada da metodoloxía proposta para executar as tarefas solicitadas no prazo de tempo establecido e coa garantía de calidade requirida. -Metodoloxía teórica e práctica dos obradoiros. 3.- Recursos materiais dispoñibles para a execución do contrato. Deberán detallarse todos os recursos materiais que se poñen a disposición para a execución do contrato. 4.- Medios humanos destinados a execución do contrato. Deberá detallarse o equipo de traballo que se pon a disposición para a execución do contrato (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego). Dito equipo de traballo deberá estar integrado como mínimo polos seguintes membros: -1 Responsable -1 Coordinador -1 Docente para cada un dos cursos do programa con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. Deberase achegar o Currículum Vitae do persoal adscrito para a execución do contrato. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: • Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. • Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación e experiencia igual ou superior ó da persoa a substituír. • O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 deste prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. 5.-MODIFICACIÓNS PREVISTAS Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público, limitándose ás estritamente indispensables para lograr a satisfacción pretendida no obxecto do contrato, e sen excederse do 10% do prezo de adxudicación. O importe do contrato poderá ampliarse cando o crédito previsto sexa insuficiente para atender a tódalas solicitudes presentadas, sen que dita ampliación sexa superior o 10% do prezo de adxudicación. ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguiente enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III.- FORMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1,O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) • b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: • Se : , • Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: • Se entón , • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual) • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) “Don.............., maior de idade, veciño de.............., con domicilio en ................, titular do DNI..............., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa .............. (CIF núm. ............) e con domicilio en .............., teléfono........... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ___ (en letra e número) euros por curso, máis ___ euros (en letra e número) correspondente ó IVE por curso. - Prezo total por curso (en letra e número): -Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada un dos obradoiros, cun mínimo de 10 fotografías por obradoiro: si /non.” ANEXO V. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS TÍTULO DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE D.ª/D. ……………………, con DNI núm. …………………………………………….., en nome propio ou en representación da empresa ………………………………, con NIF/CIF núm. …………………………………… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO OS MEDIOS HUMANOS “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO D.ª/D. ……………………………………………………………, con DNI núm. …………………………………………….., en nome propio ou en representación da empresa ………………………………………………………………….…….., con NIF/CIF núm. ………………………………………… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría /posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título Persoal propio (si/non) Empresa NOTA IMPORTANTE: o órgano de Contratación requirirá á oferta económicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ……….. de ……….. de ………. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VII. MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL “XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA “NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: ANOS DE EXPERIENCIA: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (1) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. …………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA ÓS DOCENTES DE CADA UN DOS CURSOS “NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: Nome do curso (1) Empresa Destinatario Horas de duración Data inicio Data fin Horas totais (1) Citaranse exclusivamente aqueles cursos impartidos nas materias que teñan relación cos obradoiros a impartir no presente contrato e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 8.21925.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “COIDARTE 2014”. (EXP. 2014000423) A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas así como fomentar o envellecemento activo, establecer novas relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico e a cooperación social a través da promoción de espazos de encontro evitando deste xeito o illamento e as situacións de soidade, pretende levar a cabo o programa “Coidarte” 2014, o custo para a Institución Provincial estímase na cantidade máxima de cento cinco mil euros (105.000,00€) IVE incluído, polo que, mediante informe emitido pola Xefa de negociado do Servizo de Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe, solicitase que se inicie a contratación da xestión, desenvolvemento e execución do devandito programa. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 06 de marzo de 2014, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo especial de servizos. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 18 de marzo de 2014, o Sr. Secretario Xeral informa o devandito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe de fiscalización de data 19 de marzo de 2014 emitido polo Sr. Interventor, e documento RC correspondente a aplicación orzamentaria polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato con cargo a aplicación 2014/232.230.227.07 do vixente orzamento provincial. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. Á Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Coidarte”, 2014, pola cantidade máxima de cento cinco mil euros (105.000,00€) IVE incluído, de acordo á seguinte detalle: O prezo de licitación do programa (IVE incluído): 140,00€ por participante O financiamento do programa realizarase do seguinte modo: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 35,00 euros por participante. - Os concellos adheridos ó programa achegarán a cantidade de 10,00€ por participante. - Os participantes aboarán a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación de Pontevedra e a do seu concello se está adherido ó programa, do prezo do balneario escollido. Se o concello non está adherido ó programa, os participantes achegarán o importe correspondente. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 105.000,00€ con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado RDL 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “COIDARTE” 2014 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para o dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato o que se refire o presente prego ten a cualificación de contrato administrativo especial segundo o disposto no artigo 19.1.b) do Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro y de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entro outros, no informe 47/99, de 21 de decembro de 1999, toda vez que a presentación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración senón o usuario. Por tanto, rexerase polo establecido no presente Prego e no de Prescricións Técnicas, polas normas contidas no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009 de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión aos presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especifícalo número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, e-mail e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: -O secretario xeral -O interventor -O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: -O Xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A devandita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MAIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos suis integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1.- Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RGLCAP, que acredite que se atopa ao corrente do pagos das súas obligacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.-Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.-Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 8.- Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€ A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes aos campamentos deben considerarse terceiros. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar ós subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir aos devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do devandito persoal ao posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 21. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó organo de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 22.- EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 24. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 25. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 26. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 27. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ao previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e se detallou nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ao seu réxime estarase ao disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A xestión, desenvolvemento e execución do programa “Coidarte” para o ano 2014. Este programa de carácter social ten como finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando deste xeito o illamento e a situación de soidade. O programa vai dirixido a: Persoas nacidas antes de 1964, feito que deberán acreditar co Documento Nacional de Identidade. Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado de pensión. Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante informe do traballador social do concello. A medotoloxía do programa baséase en pasar 5 tardes, de luns a venres, nun balneario, spa, talaso ou instalación de similares características, onde permanecerán dúas horas facendo uso dos servizos que alí se oferten (circuítos de auga, jacuzzi, sauna, estufa de vapor, camas de masaxe, etc) incluíndo os traslados, nun autobús con cartel identificativo do programa e un guía acompañante, que recollerá os beneficiarios no punto estipulado previamente, trasladaraos ata o establecemento elixido e viceversa. O número de prazas ofertadas do programa establécese nun máximo de 3.000 persoas, se ben, a Deputación de Pontevedra non se comprometerá a garantir neste contrato o número mínimo de prazas, xa que a cantidade resultante dependerá do número de persoas solicitantes e que finalmente participen na actividade. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: servizos especial Trámite: ordinario CPV: 63500000 Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios: Importe máximo estimado (IVE incluído): 140,00 € O contrato será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, os concellos adheridos e os usuarios participantes no programa de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade de 35,00 euros por participante. Os concellos adheridos o programa achegarán a cantidade de 10,00€ por participante. Os participantes abonarán a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación de Pontevedra e a do seu concello se está adherido o programa, do prezo do balneario escollido. Se o concello non está adherido o programa, os participantes achegarán o importe correspondente. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento da parte correspondente a Deputación de Pontevedra: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 232.230.227.07 105.000,00 € Revisión de prezos: non procede 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será desde o día seguinte a firma do contrato ata o 31 de marzo de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS O pago de contrato efectuarse de acordo o seguinte detalle: O pago da parte que lle corresponde aboar a Deputación de Pontevedra efectuarase contra a prestación da correspondente factura, unha vez prestado o servizo, e coa conformidade do Xefe do Servizo dos Servizos Sociais e Promoción de Emprego. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do programa e os xustificantes de pago do importe abonado por cada uno dos participantes. O pago da parte que lle corresponde abonar os concellos da provincia de Pontevedra adheridos o programa, efectuarase contra a prestación das correspondentes facturas no concello. O pago da parte que lle correspondente abonar os beneficiarios do programa será abonado por estos directamente á empresa adxudicataria de conformidade coas súas indicacións. Acreditarase o pago mediante un recibo firmado por cada asistente a viaxe. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 4.338,84€ Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo) Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€ A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes aos campamentos deben considerarse terceiros. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Deseño do programa, ata un máximo de 16 puntos - Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 8 puntos - Xestión do programa, ata un máximo de 8 puntos - Coordinación, seguimento e avaliación do programa, ata un máximo de 5 puntos - Equipo de traballo, ata un máximo de 5 puntos. - Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos - Características e melloras dos seguros ofertados, ata un máximo de 3 puntos 3.1.1. Deseño do programa, ata un máximo de 16 puntos. Valorase o deseño do programa de acordo os seguintes subcriterios: 1. Establecementos propostos, ata un máximo de 9 puntos. Valoraranse das instalacións tipo balneario, talaso ou spa que se requiren como mínimo (4 establecementos) as súas características, comunicacións, servizos ofertados, sempre que como mínimo cumpran o requirido nos pregos. 2. Medios de locomoción e estratexia de traslados, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e seguridade dos servizos de locomoción sempre que cumpran cos requisitos mínimos establecidos nos pregos. Así mesmo, tamén será obxecto de valoración a estratexia previa a seguir na organización dos traslados, o menor tempo de duración dos mesmos e que sexan o máis directos posibles. 3. Material a subministrar no establecemento, ata un máximo de 2 puntos. Valorarase o material a subministrar polo establecemento a cada beneficiario sempre que cumpra como mínimo ao esixido nos pregos. 3.1.2. Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 8 puntos. Valoraranse as actuacións e metodoloxía para a captación de participates, publicidade do programa (prensa, radio, televisión, etc; reparto de flyers, dípticos, cartelería, etc., outras medidas de carácter publicitario). 3.1.3. Xestión do programa, ata un máximo de 8 puntos. Valorarase cómo se vai a levar a cabo a xestión do programa de acordo os seguintes subcriterios: 1. Coordinación e organización dos grupos, quendas, horarios, traslados, etc. tanto cos concellos como coa Deputación de Pontevedra, ata un máximo de 3 puntos 2. Procedemento da actuación da comunicación que se establecerán cos beneficiarios, proposta de confección de base de datos e procedemento que se levará a cabo na comunicación e asistencia telefónica, ata un máximo de 2 puntos. 3. Protocolo de pago dos usuarios, ata un máximo de 2 puntos. 4. Protocolo de actuación en caso de accidentes ou outras incidencias, ata un máximo de 1 punto. 3.1.4. Coordinación, seguimento e avaliación do programa, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase de acordo aos seguintes subcriterios: 1. Procedemento de organización e enquisas de satisfacción, ata un máximo de 3 puntos. Valorarase o procedemento de organización que se levará a cabo para a execución dos traballos, tamén será obxecto de valoración as enquisas de satisfacción e o programa de volcado de datos que se levará a cabo, a estrutura e contidos das devanditas enquisas. 2. Memoria de avaliación do programa, ata un máximo de 2 puntos. Valorarase a proposta da memoria que se presentará ó final da actividade, contidos que reflexará, estrutura, anexos, etc. 3.1.5. Equipo de traballo, ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse os medios humanos destinados á execución do contrato, as características e o incremento do persoal que repercutan na execución do mesmo con respecto ós requisitos mínimos esixidos nos pregos. 3.1.6. Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 10 fotografías. - Servizo de refrixerio durante os traslados os participantes. - Excursións - Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, pañoletas, sombreiros, etc.) - Outras melloras propostas polo licitador. 3.1.7. Características e melloras dos seguros ofertados, ata un máximo de 3 puntos. Valorarase a existencia doutros seguros e as melloras aos requiridos na solvencia. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa aos criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (SOBRE C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo medio unitario por beneficiario, ata un máximo de 36 puntos. 3.2.2. Balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos catro obrigatorios, ata un máximo de 15 puntos. Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no Anexo III Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. 5.- Compromiso de adscribir xunto coa execución do contrato dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A acreditación da póliza subscrita e comprobante de abono deberase presentar na fase de requirimento. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os beneficiarios do programa (asistentes aos centros) deben considerarse terceiros. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: EMPRESA
Nome do ficheiro Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital achegarase nun único ficheiro cunha versión en formato.pdf e outra en .doc. O tipo de letra utilizado será Helvética 12, excepto para os títulos, que será Helvética 14. Utilizarase un interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 50 páxinas, excluídos os anexos. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 7 do prego de prescricións técnicas): ÍNDICE 1.- Deseño e implantación do programa: Describir de forma global a solución proposta polo licitador indicando aqueles aspectos que a xuízo do licitador, sexan clave para o cumprimento dos obxectivos do programa: Establecementos propostos (spas, talasos, balnearios, etc.) Medios de locomoción e características. Estratexia a seguir na organización dos traslados. Descrición do material subministrado (como mínimo, chanclas e gorro) 2.- Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa: Estratexia de coordinación entre a Deputación, os concellos e a empresa adxudicataria. Medotoloxía de avaliación. 3.- Promoción e difusión do programa. Actuacións previstas en materia de difusión e publicidade. 4.- Procedemento de xestión do programa Procedemento e temporización na elaboración das bases de datos de solicitantes. Procedemento de comunicación cos beneficiarios; datas, horarios e lugar de recollida. Antelación coa que notifica e medios técnicos dispoñibles; número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa. Procedemento para o cobro do programa ós usuarios e xustificantes de pagamento. Protocolo detallado de actuación en caso de accidente ou outras incidencias. Relación detallada dos Recursos Humanos integrantes do equipo técnico. Deberase detallar o equipo de traballo asignado a execución do programa que como mínimo contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego): 1 Representante 2 Técnicos de xestión 1 Guía por cada autobús e traxecto Deberanse achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os curriculums vitae de casa un deles. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír. O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5.- Características e melloras nos seguros ofertados. Deberanse detallar as características dos seguros e permisos. 6.- Outras melloras Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 10 fotografías. Servizo de refrixerio durante os traslados os participantes. Excursións Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, pañoletas, sombreiros, etc.) Outras melloras propostas polo licitador. 7.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 do presente prego Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III.- FORMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración do prezo medio unitario por beneficiario ofertado, ata un máximo de 36 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1,O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) • b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: • Se : , • Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: • Se entón , • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual) • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos catro obrigatorios outorgarse, ata un máximo de 15 puntos. Outorgaranse automaticamente 5 puntos por cada balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos cato obrigatorios. Establecéndose un máximo de tres establecementos a maiores. ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) “Don......................................................................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ........................................ (CIF núm. ...........................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos catro establecementos ofertados: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ 4 ………….€ - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos establecementos que se oferten a maiores (ata un máximo de tres) dos catro obrigatorios: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS TÍTULO DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE D.ª/D. …………, con DNI núm. …….., en nome propio ou en representación da empresa ………, con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario inicio fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI. MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO OS MEDIOS HUMANOS “ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DENOMINACION DO CONTRATO:…………… Nº EXPEDIENTE: ……… D.ª/D. …………………, con DNI núm. ………….., en nome propio ou en representación da empresa …………….…….., con NIF/CIF núm. …………… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría/posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título % dedicación ó contrato Persoal propio (si/non) Empresa NOTA IMPORTANTE: o órgano de Contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura do licitador)” ANEXO VII. MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL “XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: ANOS DE EXPERIENCIA: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (2) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 9.21926.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: a) Escrito da Secretaria da Fundación Democracia y Gobierno Local de data 07/03/2014 (Rex. entrada núm. 2014024379 de 17 de marzo de 2014), dando conta da modificación dos “Estatutos da Fundación Democracia y Gobierno Local”. b) Escrito do Alcalde-Presidente do Concello de O Porriño de data 07/03/2014 (Rex. entrada núm. 2014025217 de 18 de marzo de 2014), dando conta da moción aprobada relativa ó “Día internacional da muller traballadora”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.21927.- INADMISIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. AMPARO ALONSO SALGUEIRO EN REPRESENTACIÓN DE D. JOSÉ ÁNGEL LÓPEZ SALGUEIRO, POR LESIÓNS NO CAMPO DE FÚTBOL COTOGRANDE I (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 19/02/14 (rex. núm. 2014015924) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Amparo Alonso Salgueiro en representación do seu fillo Don José Ángel López Salgueiro, por lesións sufridas ó impactar co seu xeonllo nun cravo de grande tamaño que sobresaía do perfil de madeira de unión co céspede e asfalto do campo de fútbol denominado “Cotogrande I” sito en Cabral no Concello de Vigo, o día 15/03/13 e cuantificou economicamente en 6.706,52 €. Resultando.- Que con data 21/02/14 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu na data 04/03/14 recollendo o seguinte: “… Primero. El campo de fútbol Cotogrande I, denominado en nuestros archivos campo de fútbol de Cabral, no se encuentra incluido en el Catálogo de Bienes de la Diputación de Pontevedra. Segundo. En el año 2007, dentro del plan de dotación de césped sintético a distintos campos de la provincia, con la finalidad de optimizar su uso, se acometieron obras por parte de la Diputación Provincial en las instalaciones del campo de Fútbol Cotogrande I, sin embargo no tenemos constancia de la existencia de ningún convenio de colaboración en donde se contemple la competencia de su mantenimiento por parte de esta Diputación. Tal y como es habitual una vez entregada la obra, las obligaciones de la Diputación concluyen.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable das lesión producidas en inmobles que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92, en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda unanimidade inadmitir a trámite dita solicitude de indemnización. 11.21928.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE MODIFICACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL NO ÁMBITO DO ANTIGO MERCADO NO CONCELLO DA CAÑIZA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Cañiza, de data 9 de setembro de 2013 (rexistro de entrada núm. 2013082345, de data 19/09/13), pola que se remite Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do antigo mercado do Concello de A Cañiza, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe da Enxeñeira Técnica de Obras Públicas do Servizo de Infraestruturas, de data 3 de marzo de 2014, no que manifesta: “Las carreteras provinciales cuyo inicio se encuentra en el término municipal de A Cañiza son las siguientes: EP 5001 Franqueira – Cebreiro EP 5002 Lamosa – Franqueira – Achas EP 5003 Cañiza – Arbo EP 5004 Valeixe – Villar EP 5005 Cañiza – Pousa (PO-400) EP 5006 Enlace Cañiza – Arbo con Cañiza – Pousa La Modificación del Plan Xeral de Ordenación Municipal en el ámbito del antiguo mercado en el Concello de A Cañiza, no está en la zona de afección de ninguna carretera provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión ó do Concello de A Cañiza. 12.21929.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CRECENTE Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Crecente, de data 20 de setembro de 2013 (rexistro de entrada núm. 2013087366, de data 25/09/13), pola que se remite Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Crecente, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe da Enxeñeira Técnica de Obras Públicas do Servizo de Infraestruturas, de data 3 de marzo de 2014, no que manifesta: “Las carreteras provinciales cuyo inicio se encuentra en el término municipal de Crecente son las siguientes: EP 5301 Acceso a Estación Pousa EP 5302 Acceso Ponte Frieira EP 5303 Padrosos – Ameixeiras EP 5304 Villar – Albeos Otras carreteras provinciales con inicio en otros términos municipales pero que discurren por Crecente, son: EP 5004 Valeixe – Villar EP 5005 Cañiza – Pousa EP 5205 Lomba – Albeos Como regla general, con la actual Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, las alineaciones exigidas por este Organismo son las siguientes: Cierre: la mayor de las siguientes distancias, 2,00 m/arista exterior de la explanación y 6,30 m/eje de la calzada. Edificación: la mayor de las siguientes distancias, 7,00 m/arista exterior de la explanación y 11,30 m/eje de la calzada. Esas alineaciones podrán variar en las zonas de núcleo urbano o rural definidas en el correspondiente PXOM del Concello en el que se encuentren los citados núcleos. En esos puntos, la alineación será la marcada por las normas municipales.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión ó do Concello de Crecente. 13.21930.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE DE DELIMITACIÓN DE ESPAZOS E USOS PORTUARIOS DA AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA, QUE REMITE A AUTORIDADE PORTURARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA Dada conta da comunicación do Sr. Presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, de data 5 de febreiro de 2014 (rexistro de entrada núm. 2014013112, de data 10/02/14), remitindo expediente de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Visto o informe da Enxeñeira Técnica de Obras Públicas do Servizo de Infraestruturas, de data 3 de marzo de 2014, no que manifesta: “La zona afectada por la Propuesta de Delimitación de los Espacios y Usos Portuarios de la Autoridad Portuaria de Marín, no afecta a ninguna carretera Provincial, ni se encuentra en la zona de influencia de ninguna de ellas.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión á Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. 14.21931.- CONCESIÓN DE AXUDAS DO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2014 A Deputación de Pontevedra, consciente das dificultades que teñen os pequenos concellos para prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade por mor da complicada situación económica e os recortes orzamentarios, puxo en marcha un programa de axudas, denominado “Plan Provincial de Emprego 2014”, cuxas Bases Reguladoras foron publicadas no BOP núm. 38, do 25 de febreiro de 2014. Coa finalidade de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, as axudas que se conceden ó abeiro deste programa destinaranse á contratación laboral de persoas desempregadas maiores de trinta anos preferentemente non perceptoras de ingresos ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAE e outras) que serán clasificadas no grupo E e contratadas a tempo parcial de 25 horas semanais por un período de seis meses e que desenvolverán traballos de interese xeral ou social indispensables para o bo funcionamento da comunidade e o benestar dos veciños. O número de traballadores por concello determinase en función da súa poboación segundo a última publicación do INE. A selección será efectuada por cada concello, en formulario normalizado, a través do Servizo Público de Emprego facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir os traballadores que contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. O custo salarial máximo subvencionable por traballador ascende a 4.181,88 €. No caso de que o concello fixe unha retribución superior deberá facerse cargo da diferenza. Na aplicación orzamentaria 14/942.942.462.03 do vixente Orzamento Provincial existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto, que ascende a 3.006.771,72€. O órgano competente para a autorización e disposición deste gasto é a Xunta de Goberno, segundo a Base 16.2 das aprobadas para a execución do vixente Orzamento Provincial. Á vista do informe-proposta da xefa do Servizo de Cooperación, do informe emitido pola Comisión de Valoración, do informe de fiscalización da Intervención Provincial, dos expedientes de subvención e da documentación relacionada co expediente que debe remitir ó Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e dispoñer do gasto, por importe total de 3.006.771,72 €, imputables á aplicación 14/942.942.462.03 do vixente Orzamento Provincial, emitíndose a tal efecto documento RC nº 201400027859. 2. Concederlles a cada un dos concellos relacionados as axudas e subvencións para a contratación laboral dos traballadores da maneira que se detalla na seguinte táboa: Concello Nº Categoría profesional (peóns/operarios/axudantes, clasificados no grupo E) Importe concedido Agolada 10 4 peóns de obra pública, 3 teitadores de asfalto e 3 peóns de mantemento de edificios e bens municipais. 41.818,80 € Arbo 10 1 peón fontaneiro, 1 peón carpinteiro, 1 peón electricista, 1 peón da construción, 3 peóns de horticultura-xardinería, 1 axudante de tarefas de axuda no fogar, 1 operario de servizos varios e 1 axudante socio-cultural. 41.818,80 € Baiona 15 9 operarios de limpeza viaria, 1 peón de xardinería e 5 peóns de obra pública. 62.728,20 € Barro 10 3 peóns albanel, 2 peóns da construción, 5 operarios de parques e xardíns. 41.818,80 € Bueu 15 2 peóns de carpintería, 2 peóns de cantería, 2 peóns albanelería, 3 peóns de xardinería e 6 operarios de limpeza de rúas e instalacións municipais. 62.728,20 € Caldas de Reis 15 13 peóns de obra pública e 2 peóns de limpeza 62.728,20 € Cambados 15 12 peóns de mantemento de infraestruturas e limpeza e 3 axudantes turismo e actividades socio-culturais 62.728,20 € Campo Lameiro 8 8 operarios para servizos de mantemento e conservación do concello 33.455,04 € Cangas do Morrazo 17 4 peóns forestais, 5 peóns agrícolas, 6 peóns varredores e 2 peóns albaneis 71.091,96 € Cañiza, A 10 10 operarios servizos varios 41.818,80 € Catoira 10 10 operarios para recuperación e mantemento de espazos públicos e infraestruturas municipais. 41.818,80 € Cerdedo 8 8 peóns conservación de parques e xardíns. 33.455,04 € Cotobade 10 1 peón tractorista, 8 peóns forestais e 1 peón para recollida de lixo. 41.818,80 € Covelo, O 10 1 Operario condutor máquina forestal, 1 peón forestal, 1 peón de limpeza, 2 peóns obras públicas, 1 peón mozo de almacén, 1 peón-operario mantemento servizo de sumidoiros e auga, 2 mozos recollida lixo e 1 condutor camión. 41.818,80 € Crecente 10 10 operarios mantedores de edificios 41.818,80 € Cuntis 10 7 operarios de obras públicas e 3 operarios de maquinaria móbil-condutores 41.818,80 € Dozón 8 8 peóns de limpeza e conservación de espazos públicos 33.455,04 € Estrada, A 17 17 operarios servizos varios para acondicionamento, limpeza e mantemento de zonas ambientais e infraestruturas municipais 71.091,96 € Forcarei 10 4 peóns de obras públicas, 4 peóns de limpeza e 2 axudantes de vixilancia 41.818,80 € Fornelos de Montes 8 8 peóns mantemento de espazos públicos e infraestruturas. 33.455,04 € Gondomar 15 15 peóns de obra para brigada de obras municipais. 62.728,20 € Grove, O 15 5 operarios de limpeza e 10 operarios de obras 62.728,20 € Guarda, A 15 5 peóns construción, 5 peóns de limpeza viaria e 5 peóns limpeza espazos naturais. 62.728,20 € Illa de Arousa, A 10 10 peóns para mantemento de espazos públicos naturais, urbanos e mantemento e recuperación de edificios e instalación municipais. 41.818,80 € Lalín 17 7 peóns mantemento de espazos e vías públicas, 2 peóns albaneis, 2 peóns carpinteiros, 2 peóns xardineiros, 1 peón mantemento do Pazo de Liñares e 3 peóns de limpeza. 71.091,96 € Lama, A 10 1 operario limpeza, 2 ordenanzas, 1 operario de autobús, 1 operarios de industria de produción e distribución de enerxía, 2 peóns de obra pública e 3 operarios gravadores de datos. 41.818,80 € Marín 17 15 operarios de obras públicas e 2 conserxes. 71.091,96 € Meaño 10 1 operario de mantemento punto limpo, 4 operarios conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos e 5 peóns de obra pública. 41.818,80 € Meis 10 10 peóns de mantemento de infraestruturas e limpeza e mellora de espazos públicos 41.818,80 € Moaña 15 6 operarios xardineiros, 3 peóns forestais, 1 operario fontaneiro, 1 operario electricista, 3 operarios albaneis/obra pública e 1 operario limpador. 62.728,80 € Mondariz 10 10 peóns ou operarios servizos varios 41.818,80 € Mondariz-Balneario 8 8 peóns da construción 33.455,04 € Moraña 10 10 peóns ou operarios de servizos 41.818,80 € Mos 15 2 teitadores de asfalto, 3 operarios conservadores de parques e xardíns, 3 operarios mantemento rede de sumidoiros, 3 operarios mantemento de edificios públicos, 3 instaladores de tubos para condución de gavias en xeral e 1 operario de limpeza mantedor de piscinas 62.728,80 € Neves, As 10 4 peóns da construción, 2 operarios de vehículo de limpeza viaria, 2 operarios de limpeza e 2 traballadores de conservación de parques e xardíns. 41.818,80 € Nigrán 15 15 peóns forestais 62.728,20 € Oia 10 3 peóns limpeza de edificios públicos, 4 peóns de obra pública, 2 condutores tractoristas e 1 operario palista 41.818,80 € Pazos de Borbén 10 10 mozos de recollida de lixo 41.818,80 € Poio 15 7 peóns forestais e 8 peóns de obras públicas 62.728,20 € Ponte Caldelas 10 5 operarios para conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos, 4 operarios de mantemento da rede de sumidoiros e 1 operario de máquinas 41.818,80 € Ponteareas 17 12 peóns en xeral e 5 peóns da construción 71.091,96 € Pontecesures 10 6 peóns de obras públicas, 2 peóns auxiliares de xardinería e 2 peóns de limpeza de edificios e fachadas 41.818,80 € Porriño, O 15 7 traballadores de hortas, invernadoiros, viveiros e xardíns en xeral, 7 peóns de obra pública e 1 tractorista para o servizo de limpeza 62.728,20 € Portas 10 10 peóns 41.818,80 € Redondela 17 4 teitadores de asfalto e 13 peóns forestais 71.091,96 € Ribadumia 10 2 traballadores para recollida do lixo, 1 traballador para o punto limpo, 1 traballador para o mantemento de infraestruturas, 2 traballadores para conservación de vieiros públicos, 2 traballadores para coidado de parques e xardíns e 2 traballadores para mantemento de infraestruturas do servizo de augas 41.818,80 € Rodeiro 10 6 operarios para arranxo e mantemento de vías públicas e 4 operarios de servizos diversos para mantemento de edificios 41.818,80 € Rosal, O 10 1 operario para o tractor desbroce forestal, 1 operario mantemento de maquinaria xardinería e forestal, 3 peóns para revalorización de espazos públicos, 4 peóns de limpeza viaria e recollida do lixo e 1 operario para servizos públicos varios en edificios públicos 41.818,80 € Salceda de Caselas 10 1 peón carpintería, 1 peón electricista, 1 peón condutor, 3 peóns albanel e 4 peóns de limpeza 41.818,80 € Salvaterra de Miño 10 10 peóns da construción 41.818,80 € Sanxenxo 15 4 peóns de horticultura-xardinaría, 4 peóns de obras públicas en xeral, 3 peóns forestais e 4 peóns agrícolas en xeral 62.728,20 € Silleda 10 5 peóns de xardinería, 4 peóns varredores e 1 peón electricista 41.818,80 € Soutomaior 10 3 peóns da construción de edificios, 3 peóns mantemento da rede de sumidoiros, 2 peóns forestais e 2 peóns podadores 41.818,80 € Tomiño 15 14 peóns de horticultura e xardinería ou peóns da construción de edificios e 1 peón de limpeza en xeral con carné de conducir B 62.728,20 € Tui 15 15 peóns ou operarios servizos varios 62.728,20 € Valga 10 10 peóns 41.818,80 € Vilaboa 10 5 peóns forestais e 5 peóns para obras e albanelería 41.181,80 € Vila de Cruces 10 9 peóns e 1 conserxe 41.818,80 € Vilagarcía de Arousa 17 17 peóns 71.091,96 € Vilanova de Arousa 15 12 peóns de obras públicas e 3 conserxes 62.728,20 € Total 719 3.006.771,72 € 3. A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre persoas desempregadas maiores de trinta anos, preferentemente non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAE…). 4. Todos os contratos deberán estar formalizados entre o 1 de abril e 30 de abril de 2014, salvo os casos excepcionais de substitución por renuncia, e o período de vixencia non poderá exceder do 31 de outubro de 2014. 5. O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: a) O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e se aboará segundo o número de contratos formalizados ata esa data. b) O 50% restante ó inicio do cuarto mes de contrato, previa certificación do secretario de concello sobre a continuidade da actividade na que se faga constar a identificación dos traballadores e as datas do inicio e fin do contrato. 6. En canto a xustificación, no prazo máximo de dous meses a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: a) Memoria explicativa e detallada das actividades realizadas e da práctica profesional acadada polos traballadores contratados. b) Certificado de fin de servizo. c) Certificación acreditativa de que os gastos son reais e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación, se o considerase oportuno, os xustificantes correspondentes para o seu exame. Neste certificado deberán concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social, así como as cantidades deducidas na liquidación das cotas á Seguridade Social (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro a institución provincial. 7. A non xustificación ou a xustificación insuficiente dará lugar o reintegro da subvención percibida con correspondentes xuros de demora nos termos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 15.21932.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL CARBALLEIRA DE CERCIO DO CONCELLO DE LALÍN PARA “OBRAS DE RECONSTRUCIÓN DA CUBERTA DO CENTRO SOCIAL DE CERCIO”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 19/07/2013 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 19/07/2013 unha subvención a favor da Asociación Cultural Carballeira de Cercio con CIF: G-36.018.679, do concello de Lalín, por un importe de 5.716,00 € para “Obras de reconstrución da cuberta do centro social de Cercio” con cargo á aplicación 13/330.334.789.04, e recibido escrito da citada entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 14/03/2014, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2014, para a xustificación da citada subvención. 16.21933.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº 2014008132 DE DATA 14 DE MARZO DE 2014 POLA QUE SE SUSPENDE UNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA EMPRESA. De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a Resolución Presidencial nº2014008132 de data 14 de marzo de 2014 pola que se suspende temporalmente unha bolsa de practica laboral, cuxo contido se reproduce integramente a continuación: “A Deputada delegada en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Primeiro: Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. Con data de 14 de marzo de 2013, a empresa adxudicataria de bolseiro BLUEMOBILITY SYSTEMS S.L., presenta a súa renuncia a continuar participando no Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado por atoparse a mesma en situación concursal e en fase de liquidación. Empresa que renuncia Motivo Bolseiro Bluemobility Systems S.L. Liquidación de empresa Ramón Pérez Presas Segundo: A base décimo primeira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia da empresa á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar ó bolseiro a outra empresa, a fin de darlle continuidade á bolsa de prácticas convocada pola Deputación. Entre tanto a bolsa queda en suspenso durante un período que non poderá exceder de tres meses, e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da lista de candidatos suplentes en dita titulación. De igual modo, procederase nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Transcorridos o tres meses perderá o dereito á bolsa, e unicamente poderá acceder a unha nova bolsa por substitucións. Polo exposto, en virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105.1 g) da Lei 5/97, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, RESOLVO: 1º.- Suspender temporalmente o disfrute da bolsa concedida ó seguinte bolseiro en tanto non se reasigne a outra empresa: Titulación Bolseiro Efectos renuncia Exp. Enxeñería Técnica Industrial en Electrónica Ramón Pérez Presas 14/03/2014 E73 Desta Resolución darase conta á Xunta de Goberno na próxima sesión que celebre para que sexa ratificada e surta efectos.” 17.21934.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA DO ANO 2014 A Deputación de Pontevedra, coa finalidade fomentar as iniciativas de carácter social e educativas pon en marcha, como vén sendo habitual, a oferta de campamentos de verán no Centro de Vacacións A Lanzada. O obxectivo principal que se pretende conseguir é a posta en marcha dun bo proxecto lúdico e educativo que inclúa a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e todas aquelas encamiñadas a lograr o desenvolvemento persoal e social que favoreza a comunicación e o dinamismo multicultural dos nenos e nenas da provincia de Pontevedra que participarán nos campamentos. O custo para a Institución Provincial estímase na cantidade máxima de cento corenta e tres mil (143.000,00 €) IVE incluído, polo que, mediante informe emitido polo Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe, de data 6 de marzo de 2014, solicítase que se inicie a contratación de dito servizo de asistencia educativa. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 10 de marzo de 2014, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo de servizos. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 20 de marzo de 2014, o Sr. Secretario Xeral informa de dito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe de fiscalización de data 21 de marzo de 2014 emitido polo Sr. Interventor, e documento RC correspondente a aplicación orzamentaria polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato con cargo a aplicación 2014/232.337.227.20 do vixente orzamento provincial. Considerando que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán no Centro de Vacacións A Lanzada do ano 2014, pola cantidade máxima de cento corenta e tres mil euros (143.000,00€) IVE incluído, de acordo ó seguinte detalle: Importe máximo estimado sen IVE: 130.000,00 € IVE (10%): 13.000,00 € Importe total máximo estimado IVE incluído: 143.000,00 € Prezo unitario máximo por campamento: Importe máximo estimado sen IVE: 11.818,18 € IVE (10%): 1.181,82 € Importe máximo total estimado IVE incluído: 13.000,00 € O prazo de execución do contrato será dende o día 22 de xuño ata o día 06 de setembro de 2014, once quendas distribuídas de acordo ás seguintes datas: Datas de inicio - fin Días Total prazas 1º.- Do 22-06-2014 ó 28-06-2014 7 200 2º.- Do 29-06-2014 ó 05-07-2014 7 200 3º.- Do 06-07-2014 ó 12-07-2014 7 200 4º.- Do 13-07-2014 ó 19-07-2014 7 200 5º.- Do 20-07-2014 ó 26-07-2014 7 200 6º.- Do 27-07-2014 ó 02-08-2014 7 200 7º.- Do 03-08-2014 ó 09-08-2014 7 200 8º.- Do 10-08-2014 ó 16-08-2014 7 200 9º.- Do 17-08-2014 ó 23-08-2014 7 200 10º.- Do 24-08-2014 ó 30-08-2014 7 200 11º.- Do 31-08-2014 ó 06-09-2014 7 200 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 143.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.337.227.20. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA DO ANO 2014 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para o dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ó disposto no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RGLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión ós presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. O dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar dende o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). - Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Lote nº … - (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Nº Expediente - No caso que se coñeza - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - o titular da corporación ou o membro en quen delegue Vogais: - o secretario xeral - o interventor - o xefe do servizo responsable do contrato Secretario: - o xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MAIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó amparo dos artigos 13 e 15 do RGLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5) Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 8) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00 €. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes ós campamentos deben considerarse terceiros. 9) Compromiso de adscribir coa execución do contrato, un seguro de accidentes, que cubra como mínimo, a asistencia sanitaria da totalidade dos nenos e nenas que participen nos campamentos. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar ós subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase dende a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días dende a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garanta mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004, de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir ós ditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do dito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 21. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 22.- EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar dende a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 24.-DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 25. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 26. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 27.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ó previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ó seu réxime estarase ó disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO O servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán no Centro de Vacacións A Lanzada para o ano 2014. Este programa de carácter lúdico e educativo inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, actividades artísticas e todas aquelas encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza tanto a comunicación como o dinamismo multicultural dos participantes nos campamentos. O programa de campamentos vai dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos de idade. O número de prazas ofertadas dos campamentos establécese nun máximo de 2.200 nenos e nenas, distribuídos en once quendas de campamentos con 200 prazas dispoñibles en cada un. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: servizos Trámite: ordinario CPV: 92000000 Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo a tanto alzado Importe total sen IVE: 130.000,00 € IVE (10%): 13.000,00 € Importe total IVE incluído: 143.000,00 € PREZO UNITARIO MÁXIMO POR CAMPAMENTO: Importe total sen IVE: 11.818,18 € IVE (10%): 1.181,82 € Importe total IVE incluído: 13.000,00 € B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento da parte correspondente a Deputación de Pontevedra. Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 232.337.227.20 143.000,00 € Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será dende o día 22 de xuño ata o día 06 de setembro de 2014, once quendas distribuídas de acordo ás seguintes datas: DATAS DE INICIO-FIN DÍAS TOTAL PRAZAS 1º.- Do 22-06-2014 ó 28-06-2014 7 200 2º.- Do 29-06-2014 ó 05-07-2014 7 200 3º.- Do 06-07-2014 ó 12-07-2014 7 200 4º.- Do 13-07-2014 ó 19-07-2014 7 200 5º.- Do 20-07-2014 ó 26-07-2014 7 200 6º.- Do 27-07-2014 ó 02-08-2014 7 200 7º.- Do 03-08-2014 ó 09-08-2014 7 200 8º.- Do 10-08-2014 ó 16-08-2014 7 200 9º.- Do 17-08-2014 ó 23-08-2014 7 200 10º.- Do 24-08-2014 ó 30-08-2014 7 200 11º.- Do 31-08-2014 ó 06-09-2014 7 200 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS O pago do contrato efectuarse contra a prestación das correspondentes facturas á realización de cada un dos campamentos e coa conformidade do responsable do contrato. A factura deberá recoller un informe de incidencias no formato que acorde o responsable designado pola Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Clasificación: non se esixe. A) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes ós campamentos deben considerarse terceiros. B) Compromiso de adscribir coa execución do contrato, un seguro de accidentes, que cubra como mínimo, a asistencia sanitaria da totalidade dos nenos e nenas que participen nos campamentos. C) Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica C.1) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. C.2) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Organización e estrutura funcional de cada quenda de campamento, ata un máximo de 16 puntos. - Organización e metodoloxía das actividades, ata un máximo de 15 puntos. - Descrición dos medios materiais e medios humanos nas distintas actividades, ata un máximo de 10 puntos. - Medidas preventivas para a seguridade dos menores e protocolos de actuación para a resolución de incidencias ou emerxencias, ata un máximo de 8 puntos. 3.1.1. Organización e estrutura funcional de cada quenda de campamento, ata un máximo de 16 puntos. Valorase a organización e estrutura que se adapte mellor ós obxectivos e valores do programa. Na organización débese ter en conta os seguintes apartados: 1. Cronograma completo dunha quenda dunha semana. 2. Protocolo que se levará a cabo para a recepción dos participantes o primeiro día do campamento. 3. Desenvolvemento e contido do acto de apertura en cada quenda do campamento. 4. Metodoloxía a seguir para a asignación de grupos e situación nas tendas. 5. Desenvolvemento e contido do acto de clausura en cada campamento. 3.1.2. Organización e metodoloxía das actividades, ata un máximo de 15 puntos. Valoraranse o detalle e cronograma das actividades propostas, que cómo mínimo debe conter: o número de actividades, a súa calidade, desenvolvemento e metodoloxía levada a cabo, así como os contidos didácticos que se desprendan de cada actividade. Tamén será obxecto de valoración a organización no tempo das comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) ademais da organización que se levará a cabo no tempo destinado o aseo persoal. Valorarse a organización e metodoloxía a seguir da viaxe a Illa de Ons e subida o monte Siradella. Na valoración terase en conta a relación do programa de actividades proposto coa idoneidade do entorno, en relación cos recursos naturais e ambientais existentes na zona, así como a capacidade e a realización de actividades de aventura na natureza que ofrece o medio físico onde se sitúa o campamento. 3.1.2. Descrición dos medios materiais e medios humanos nas distintas actividades, ata un máximo de 10 puntos. Valorarase a organización do equipo de monitores que como mínimo deberá conter: coordinación, estrutura, tarefas, características e número a maiores do mínimo esixido no prego. Valoraranse as características e medios empregados na organización dos campamentos e na realización das actividades das mínimas esixidas nos pregos. 3.1.3. Medidas preventivas para a seguridade dos menores e protocolos de actuación para a resolución de incidencias ou emerxencias, ata un máximo de 8 puntos. Valorarase os protocolos de actuación e organización que se considere máis óptimo para resolver as incidencias e emerxencias que xurdan durante o desenvolvemento dos campamentos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre b non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo ofertado, ata un máximo de 35 puntos 3.2.2. Prezo ofertado para a viaxe a Illa de Ons, ata un máximo de 10 puntos. O prezo máximo establécese en 17,00 € (IVE incluído) por persoa. 3.2.3. Importe da póliza de responsabilidade civil ofertado a maiores do mínimo esixido, ata un máximo de 6 puntos. O importe mínimo esixido establecese na cantidade de 600.000,00€. Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no Anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ó foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. 5.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato un seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€, a acreditación da póliza subscrita deberase presentar na fase de requirimento. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes os campamentos deben ser considerado terceiros. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 6 do prego de prescricións técnicas): ÍNDICE 1.- Proxecto lúdico-educativo. Describir de forma global o proxecto ofertado polo licitador indicando aqueles aspectos que a xuízo do licitador, sexan clave para o cumprimento do proxecto lúdico-educativo: - Obxectivos: - Estrutura funcional de cada quenda de campamento. - Organización das actividades en cada quenda de campamento. - Descrición do equipo responsable da execución do contrato. Deberase detallar o equipo de traballo asignado a execución do programa que como mínimo contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego): • 1 Director/a: Deberá contar co título de Director de Actividades de Tempo Libre e con experiencia en actividades campamentais. • 20 Monitores/as: Deberán estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre. • 1 ATS ou diplomado universitario en enfermería. Deberanse achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os curriculums vitae de cada un deles. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: • Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. • Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír. • O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. - Descrición dos medios materiais que se van a utilizar nas actividades. - Especificación das medidas de seguridade propostas durante o desenvolvemento das actividades, especialmente no momento do baño e os momentos de tempo libre. - Organización de actividades fora do recinto do Centro de Vacaciones A Lanzada. 2.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 do presente prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III “FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FORMULAS (SOBRE C) A) Para o cálculo dos criterios avaliables mediante fórmulas (prezo ofertado, ata un máximo de 35 puntos; e o prezo da viaxe a Illa de Ons, ata un máximo de 10 puntos) utilizarase a seguinte fórmula: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. P: prezo de licitación N: número de ofertas O1,O2,….,On: valor das n ofertas, B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima bm: baixa porcentual media Vmax: máxima valoración posible Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: Se : Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: Se : , Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: Se entón , Se entón 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque: n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Para o cálculo do criterio avaliable mediante fórmulas relativo ó importe da póliza de responsabilidade civil ofertado a maiores do mínimo esixido, ata un máximo de 6 puntos, utilizarase a seguinte fórmula: P = (M*(O-600.000) / (B-600.000)) Onde: P: Puntuación O: Oferta licitador B: Mellor oferta M: Puntuación máxima establecida” ANEXO IV “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don....................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ........................................ (CIF núm. ...........................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: 1.- Prezo total ofertado: Polo importe de (en letra e número) ……………………………………..……… ………………………………………… máis a cantidade correspondente o 10% de IVE (letra e número) ……………………………………..……………… Prezo total (IVE incluído) (letra e número) ………………….…….……………. Prezo unitario por campamento: Polo importe de (en letra e número) ………………………………………… máis a cantidade correspondente o 10% de IVE (letra e número) …………………..…………… Prezo total (IVE incluído) (letra e número) ………………………………...…… 2.- Prezo ofertado da viaxe a Illa de Ons (IVE incluído) (en letra e número) ………. (Nota: o importe máximo para a viaxe a Illa de Ons establecese en 17,00€ IVE incluído). 3.- Importe da póliza de responsabilidae civil ofertada a maiores do mínimo esixido (Nota: o mínimo esixido é de 600.000,00€): …………………………...euros. …………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador) ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS TÍTULO DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE D.ª/D. ………, con DNI núm. ……….., en nome propio ou en representación da empresa ………, con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO OS MEDIOS HUMANOS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DENOMINACION DO CONTRATO Nº EXPEDIENTE: D.ª/D. …, con DNI núm. ….., en nome propio ou en representación da empresa ….., con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría /posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título % dedicación ó contrato Persoal propio (si/non) Empresa NOTA IMPORTANTE: o órgano de Contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ..….. de ………… de ………… (Lugar, data, sinatura e selo del licitador)” ANEXO VII “MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: ANOS DE EXPERIENCIA: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (1) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 18.21935.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN DE FARIÑA DE MILLO E FARIÑA DE SOIA PARA A ALIMENTACIÓN DO GANDO VACÚN DA FINCA MOURISCADE A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 7 de febreiro de 2014 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de fariña de millo e fariña de soia para a alimentación do gando vacún da Finca Mouriscade, pola cantidade máxima de noventa e dous mil douscentos sesenta euros (92.260,00€) (IVE incluído) de acordo cos seguintes prezos por tonelada (TM) máximos: Descrición Cantidades tonelada (Tm) Prezo tm máximo (Sen IVE) Prezo total máximo (IVE incluído) Aplicación orzamentaria Fariña de millo 117 300,00 € 38.610,00 € 411.412.221.13 Fariña de soia 103 500,00 € 56.650,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 31 de data 14 de febreiro de 2014. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 4 de marzo de 2014, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada pola única empresa que participou no procedemento. Resultando que na reunión que tivo lugar o día 7 de marzo de 2014, a Mesa de Contratación fai pública a única empresa admitida o procedemento aberto, procedendo á apertura do sobre B presentado pola mesma, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas. Resultando que unha vez efectuada a valoración total obtívose o seguinte resultado: Empresa Puntuación oferta económica Cantidade de fariña de cebada moída sen cargo para á Deputación de Pontevedra Total puntuación Puntuación prezo máximo tonelada (fariña de millo) Puntuación prezo máximo tonelada (fariña de soia) XUNCOGA, SCL 77,400 puntos 6,300 puntos 0 Puntuación media 41,85 puntos 41,85 puntos Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato para a subministración de fariña de millo e fariña de soia para a alimentación do gando vacún da Finca Mouriscade á empresa Xuncoga, S.C.L. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2014007549 de data 12 de marzo de 2014, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse á empresa Xuncoga, S.C.L., para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 4.330,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400028603 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a subministración de fariña de millo e fariña de soia para o gando vacún da Finca Mouriscade á empresa Xuncoga, S.C.L. con CIF: F-36.334.092 pola cantidade máxima de oitenta e sete mil oitocentos vinte e cinco euros con noventa e oito céntimos (87.825,98 €), IVE incluído, de acordo cos seguintes prezos unitarios máximos: Descrición Cantidades tonelada estimadas (Tm) Prezo (P) por tm (Sen IVE) IVE (10%) Prezo (P) por tm (con IVE) Fariña de millo 117 248,40€ 24,84 € 273,24€ Fariña de soia do 44% de proteína bruta 103 493,00€ 49,30€ 542,30€ Descrición Prezo Total (Tm X P) (IVE incluído) Fariña de millo 31.969,08€ Fariña de soia do 44% de proteína bruta 55.856,90€ Total 87.825,98€ A efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato será deducido. 2.- A duración do contrato iniciarase coa formalización do mesmo e finalizará o 31 de decembro de 2014. 3.- O pago das obrigas derivadas deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 2014/411.412.221.13. 19.21936.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DA AVDA. JOSÉ PEREIRA TRONCOSO (BAIONA) A Xunta de Goberno, en sesión de 19/07/2013, adxudicou a Construciones Crespo, S.A. a obra de “Acondicionamento Avda. José Pereira Troncoso (Baiona)”, na suma de 195.595,65€, máis a cantidade de 41.075,09 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución dun mes. A comprobación do replanteo da obra levar a cabo o día 19/08/2013, suspendéndose o inicio da obra co obxecto de non prexudicar a tempada turística, dando comezo as obras o 20/01/2014. Pola adxudicataria, mediante escrito conformado polo director de obra, solicítase a ampliación do prazo de execución ata o día 20 do próximo mes de abril, como consecuencia do atraso producido polas inclemencias meteorolóxicas, e que, aínda que a climatoloxía mellorou, o terreo atópase moi húmido facendo que os traballos de escavación de gabias sexan moito máis lentos do que cabería esperar. Á vista do exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga para a conclusión da referida obra ata o día 20 de abril do ano en curso. 20.21937.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa CONTENUR, S.L. A empresa CONTENUR, S.L. (CIF B- 82.806.738), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (2.482,76 €), para responder do contrato relativo a: Adquisición de equipamento para parque infantil e xogos populares en Caldas de Reis, que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100007276, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil oitocentos sesenta e sete euros con corenta e un céntimos (1.867,41 €), para responder do contrato relativo a: Adquisición de pista de skate en Caldas de Reis, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100009829, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de vinte e tres mil oitocentos noventa e seis euros con sesenta e catro céntimos (23.896,64 €), para responder do contrato relativo a: Modificación do contrato para subministro de áreas infantís na provincia de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129494 (Núm. Antigo 200700105129- Ref. 2007/00415), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Formato Verde, S.L. A empresa Formato Verde, S.L. (CIF B- 32.280.760), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguintes garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de tres mil douscentos corenta e oito euros con setenta e dous céntimos (3.248,72 €), para responder do contrato relativo a: Mellora da recollida selectiva no rural do Concello de Meaño, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100021695, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Eurodetalles, S.L. A empresa Eurodetalles, S.L. (CIF B- 36.401.131), empresa subrogada en todos os dereitos e obrigas, segundo R.P. 14039 de 9/11/2012; que corresponderían á empresa Transportes e Maquinaria C.P., S.L. (CIF B- 36.193.605), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Millenium Insurance, por importe de cinco mil catrocentos oitenta e tres euros con cinco céntimos (5.483,05 €), para responder do contrato relativo a: Mellora de acceso e contorno da praza do Pazo de Oca no Concello de A Estrada, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100009834, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Millenium Insurance, por importe de tres mil catrocentos cincuenta euros (3.450,00 €), para responder do contrato relativo a: Soterramento de servizos urbanos na praza do Pazo de Oca no Concello de A Estrada, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/04/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200029745, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 21.21938.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 7/14 A Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación mediante escrito de data 18 de marzo de 2014 pon de manifesto que o proxecto “Aquelando 3” está orientado á integración social e formación de persoas en situación de desemprego e/ou inmigrantes con dificultades de integración, por iso, se estima que a súa xestión debe realizarse dende o Centro Xestor “Centro Príncipe Felipe”. Para tal efecto, deberá transferirse crédito dende as aplicacións do Centro Xestor: “Recursos Humanos e Formación”, ó Centro Xestor: “Centro Príncipe Felipe”, dentro do mesmo Grupo de Programa de gasto, ó abeiro do establecido nos artigos 179 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e segundo o disposto na Base 10ª de Execución do Orzamento Provincial, nas aplicacións e polos importes que se detallan: Aplicacións que aumentan crédito: DENOMINACIÓN IMPORTE Soldos, funcionarios interinos sen praza 277.937,32 € Antigüidade, funcionarios interinos sen praza 1.809,67 € Pagas extra, funcionarios interinos sen praza 20.228,00 € C. Destino, funcionarios int. sen praza 43.006,88 € C. Especifico, funcionarios int. sen praza 50.490,29 € Persoal laboral temporal, Aquelando 3 1,00 € Persoal Laboral Temporal, horas extras 1,00 € Produtividade, aquelando 3 11.982,00 € S. Social, fun. interinos sen praza 161.482,58 € Material de oficina -ordinario, Aquelando 3 1.890,10 € Material de oficina -informático non invent. Aquelando 3 500,00 € Outros seguros, Aquelando 3 5.000,00 € Publicidade e propaganda, Aquelando 3 20.000,00 € Estudos e traballos técnicos, Aquelando 3 100.000,00 € Axudas de custo do persoal, Aquelando 3 2.000,00 € Locomoción do persoal, Aquelando 3 1.696,00 € Premios, bolsas, pensións de est. e investigación 1.079.594,43 € Investimentos inmateriais, Aquelando 3 145.858,00 € Total.......................................................................... 1.923.477,27 € Aplicacións que minoran crédito DENOMINACIÓN IMPORTE Soldos, funcionarios interinos sen praza 277.937,32 € Antigüidade, funcionarios interinos sen praza 1.809,67 € Pagas extra, funcionarios interinos sen praza 20.228,00 € C. Destino, funcionarios int. Sen praza 43.006,88 € C. Especifico, funcionarios int. sen praza 50.490,29 € Persoal laboral temporal, Aquelando 3 1,00 € Persoal laboral temporal, horas extras 1,00 € Produtividade, Aquelando 3 11.982,00 € S. Social, fun. interinos sen praza 161.482,58 € Material de oficina -ordinario, Aquelando 3 1.890,10 € Material de oficina -informático non invent. Aquelando 3 500,00 € Outros seguros, aquelando 3 5.000,00 € Publicidade e propaganda, Aquelando 3 20.000,00 € Estudos e traballos técnicos, Aquelando 3 100.000,00 € Axudas de custo do persoal, Aquelando 3 2.000,00 € Locomoción do persoal, Aquelando 3 1.696,00 € Premios, bolsas, pensións de est. e investigación 1.079.594,43 € Investimentos inmateriais, Aquelando 3 145.858,00 € Total.......................................................................... 1.923.477,27 € Visto o informe de Intervención, de data 19 de marzo de 2014, no que se deixa constancia de que a proposta que efectúa a responsable do centro xestor cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable e se razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas aplicacións. Visto así mesmo que nas aplicacións orzamentarias cuxos créditos se minoran se expediron os correspondentes documentos RC, e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito pertencentes á mesma área de gastos, pero xestionadas por centros xestores distintos (Base 10ª apdo. 3.b). A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª apartado 3.b correspondente á execución do vixente presuposto provincial, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 07/14 por importe total de 1.923.477,27 €, incoado pola Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación, minorando crédito nos importes e as aplicacións orzamentarias que se indican e incrementando crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que se detallan a continuación: DETALLE DAS TRANSFERENCIAS Aplicacións que aumentan crédito: Denominación Importe Soldos, funcionarios interinos sen praza 277.937,32 € Antigüidade, funcionarios interinos sen praza 1.809,67 € Pagas extra, funcionarios interinos sen praza 20.228,00 € C. destino, funcionarios int. sen praza 43.006,88 € C. especifico, funcionarios int. sen praza 50.490,29 € Persoal laboral temporal, aquelando 3 1,00 € Persoal laboral temporal, horas extras 1,00 € Produtividade, Aquelando 3 11.982,00 € S. Social, fun. interinos sen praza 161.482,58 € Material de oficina -ordinario, Aquelando 3 1.890,10 € Material de oficina -informático non invent. Aquelando 3 500,00 € Outros seguros, Aquelando 3 5.000,00 € Publicidade e propaganda, Aquelando 3 20.000,00 € Estudos e traballos técnicos, Aquelando 3 100.000,00 € Axudas de custo do persoal, Aquelando 3 2.000,00 € Locomoción do persoal, Aquelando 3 1.696,00 € Premios, bolsas, pensións de est. e investigación 1.079.594,43 € Investimentos inmateriais, Aquelando 3 145.858,00 € Total.......................................................................... 1.923.477,27 € Aplicacións que minoran crédito: denominación Importe Soldos, funcionarios interinos sen praza 277.937,32 € Antigüidade, funcionarios interinos sen praza 1.809,67 € Pagas extra, funcionarios interinos sen praza 20.228,00 € C. Destino, funcionarios int. sen praza 43.006,88 € C. Especifico, funcionarios int. sen praza 50.490,29 € Persoal laboral temporal, Aquelando 3 1,00 € Persoal laboral temporal, horas extras 1,00 € Produtividade, aquelando 3 11.982,00 € S. Social, fun. interinos sen praza 161.482,58 € Material de oficina -ordinario, Aquelando 3 1.890,10 € Material de oficina -informático non invent. Aquelando 3 500,00 € Outros seguros, aquelando 3 5.000,00 € Publicidade e propaganda, Aquelando 3 20.000,00 € Estudios e traballos técnicos, Aquelando 3 100.000,00 € Axudas de custo do persoal, Aquelando 3 2.000,00 € Locomoción do persoal, Aquelando 3 1.696,00 € Premios, bolsas, pensións de est. e investigación 1.079.594,43 € investimentos inmateriais, Aquelando 3 145.858,00 € Total.......................................................................... 1.923.477,27 € 22.21939.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº26.21855 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 28/02/2014 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “Aprobación do expediente para a contratación mediante procedemento aberto, das obras correspondentes ó Plan Provincial de Obras e Servizos 2013 (3ª relación de proxectos POSP 2013)”. O anuncio de licitación publicouse no Boletín Oficial da Provincia con data 05/03/2014. Considerando que se detectou un erro na redacción dos pregos de condicións económico- administrativas, anexo I, en relación ó importe total do orzamento da obra “Pavimentación da rúa da Igrexa (Cuntis)”, núm. de expediente: obra 1. POSP/13/00791/2013000028. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas Bases de Execución do Orzamento Provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Rectificar o acordo 26.21855 adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión ordinaria do 28/02/2014 no seguinte sentido: - Anexo I Obra 1 Pavimentación da rúa da Igrexa (Cuntis): Onde di: “Importe sen IVE: 114.506,72 € IVE (21%): 24.046,41 € Total con IVE: 138.553,13 €” Debe dicir: “Importe sen IVE: 162.055,41 € IVE (21%): 34.031,64 € Total con IVE: 196.087,05 €” 2.- Rectificar os pregos de condicións económico-administrativas no Anexo I Obra 1 Apartado 1.3 A) Tipo de Licitación e 1.3 B) Cadro de Financiamento - Importe. 3.- Concederase un novo prazo para a presentación de ofertas de vinte e seis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio rectificativo no BOP. Permanecendo o resto do texto inalterable. 23.21940.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota