ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 14 (1957)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.437/3

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 14 (1957)

  • Data(s) 1957 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 104 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 14 (1-08-1957 / 30-08-1957) Recortes de Prensa. Contén: - Toma de posesión do novo alcalde e xefe local do movemento de Cuntis (Eusebio Guimarey Montero), dos vicesamentocretarios de ordenación económica (Antonio Conde Pascual), de ordenación social (Leopoldo Díaz Noriega) e de obras sindicais (Rafael Pazos Giménez). - Continuación da segunda peregrinaxe do gobernador civil Rafael Fernández Martínez por todos os concellos da provincia como conmemoración do 18 de xullo e aproveitando para a inauguración de diversas obras e servizos de interese público e entrega de vivendas. - I Asemblea Provincial de Turismo, que iniciou os seus traballos de organización en Vigo para continuar en Pontevedra con diversos relatorios e clausurar en A Toxa. O gobernador civil Rafael Fernández Martínez resumiu nun discurso os relatorios que foron obxecto de debate. - Lista de donativos con destino o carillón do santuario da Peregrina e noticias relacionadas, incluíndo estas a inauguración do carillón con motivo das festas en honor a Virxe da Peregrina. Figuran diversos recortes de prensa sobre os festexos da Peregrina que fan referencia a misa de pontifical e ofrendas no santuario, a procesión, a inauguración da tómbola da caridade, comida extraordinaria ofrecida no "Auxilio social" e a imposición da medalla de Congregante de Honor da Peregrina ó gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Continuación da segunda campaña anual da Prudencia polo padroado provincial da Prudencia. Atópanse neste tomo diversas notas de prensa con relacións de sancións por infraccións de tráfico e noticias relacionadas ca campaña. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez as dependencias da lonxa e a zona do porto pesqueiro de Marín. - Celebración da festa da banderita, que organiza a Asemblea Provincial da Cruz Vermella Española. - Concedéselle o padre Muñoz a cruz de primeira clase da orde civil da Beneficencia. - Nomeamento e toma de posesión de Carmen Mir Sanz como nova inspectora xefe de Ensinanza Primaria en Pontevedra, presidindo o acto o inspector central (Justo Robles Pintado). - Realización obra pola Irmandade de Labradores de Vilanova de Arousa. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a illa de Ons para coñecer a labor levada a cabo pola cátedra ambulante da Sección Feminina. - Paso por Pontevedra de varias centurias das falanxes xuvenís de Franco (Frente de Juventudes) - Bendición e inauguración dun novo lavadoiro mecánico no "Hogar y Clínica de San Rafael" de Vigo. - Cultos e procesión en Vigo en honor o Cristo da Vitoria. - Bendición e colocación da primeira pedra do Seminario Maior diocesano, construído en San Pedro de Sárdoma (Vigo). O encargado desta tarefa foi o bispo de Tui (José López Ortiz). - Inícianse as emisións de proba de "La Voz de Vigo", emisora do Atlántico, con intervencións do gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez e o alcalde de Vigo (Tomás Pérez Llorente). As cantigas de Martín Codax foron a primeira música radiada. - O rango portuario de Vigo é sometido a avaliación do Director Xeral de Portos e Sinais Marítimas (Gabriel Roca García) e o Director Xeral de Belas Artes (Gallego Burín) ofreceu en Galicia unha Escola de Belas Artes e un Conservatorio Superior de Música. - Entrevista a Manuel Sánchez López, mestre maior da agrupación de perruqueiros de señoras de Vigo, proposto por estes para a concesión da Medalla o Mérito no Traballo. - Aprazamento do III Concurso de pesca deportiva organizado pola "Obra Sindical Educación y Descanso" nas illas Cíes e posterior celebración con máis de cen pescadores e case un millar de persoas asistentes. Gañan Juanita López, Teodoro Reguera e Jacinto Álvarez. - Nota de prensa da Xunta Provincial de Espectáculos sobre o cumprimento da normativa. - Reunións dos Secretarios de Irmandades Sindicais de Labradores e Gandeiros da provincia para tratar a implantación dun novo sistema de aplicación de seguros sociais e subsidios no campo. Posteriormente realizase como continuación outra importante Asemblea Sindical Agraria, presidida igualmente polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez, na que se toman acordos como a creación dun servizo de subministro de produtos do campo directamente o consumidor. - Noticias sobre o Concurso Hípico Internacional, a Copa Gobernador Civil, a Copa Deputación Provincial, a Copa Gobernador Militar, o Gran Premio Vigo e a Copa Domecq. No concurso hípico gaña o capitán Martínez Vallejo sobre "Urluberlu" e o tenente Cabanas sobre "June", os que lle son entregados trofeos polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Multa de 5.000 pesetas a empresa "Manuel Alvarez e Hijos, S.A." - Reunión da comisión provincial de servizos técnicos para a aprobación de melloras en diversos concellos. - Recepción a bordo do "Cabo San Roque" do bispo da diocesamentos (José López Ortiz) e das autoridades provinciais presididas polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, con motivo do seu viaxe inaugural. - Visita o gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) do equipo provincial sub-campión nacional de Aeromodelismo, que representaba a Escola de Aeromodelismo do Fronte de Xuventudes de Pontevedra. - Entrevistas a Tana Rueda, Dominique Rousselot, Purita Chico, Margarita Viñas, Pirula Besada, Paco Cuquejo, Roberto Rey, Manolo Casal e Nacho Novas con motivo das festas da Peregrina. - Reunión na Deputación Provincial, presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, con motivo do reparto de beneficios da repoboación forestal a 19 concellos da provincia. Tamén se distribuíron fondos para obras do plan de cooperación da Deputación. - Reunión anual de ex-alumnos do instituto, presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez e o director da Real Academia da Historia. - V Festa do viño albariño que se celebrou no Pazo de Figueroa en Cambados. Neste acto fáiselle entrega o periodista José María Castroviejo do título de Garda Maior de Caza e Pesca Fluvial do Reino de Galicia e Serra de Ancares. - Manifestacións de Manuel Pillado Fernández como alcalde accidental de Cambados tras o cesamento voluntario do seu antecesor (José Peña Oubiña). - Novillada en Pontevedra cunha gran acollida sendo catalogada como "hizo época na historia taurina pontevedresa". - Nomeamento dun novo alcalde de Catoira (Serafín Vicente García), a proposta do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Circular da xefatura provincial de gandería sobre a produción de manteiga e queixo. - Homenaxe o presidente da Audiencia provincial (Jose María Suárez Vence), con ocasión do seu nomeamento como maxistrado do Tribunal Supremo. Fíxoselle entrega do título de fillo adoptivo da cidade de Pontevedra. - Constitución nun dos salóns do Real Club Náutico de Vigo do Consello provincial asesor de educación física e deportes, acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Festas patronais de Vilagarcía de Arousa. A procesión de San Roque foi presidida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez e os almirantes Moreno e Bastarreche. - Obras municipais en Vilagarcía, que inclúen a reforma e pavimentación da travesía ata Carril e a entrega de 36 vivendas para funcionarios. Os proxectos do concello foron expostos polo alcalde Jacobo Rey Daviña. - Ofrenda do comandante militar da mariña de Vigo para a festividade de "Nuestra Señora de la Fuente" (A Franqueira, en A Cañiza). - A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra impulsa melloras das comunicacións ferroviarias, industrializacións e outras aspiracións. - Circular do goberno civil prohibindo levar altofalantes nos vehículos de excursións. - Manifestacións do gobernador civil Rafael Fernández Martínez o semanario "Litoral". - Suma e sigue da vida pontevedresa de "Litoral", que mostra un resumo das principais noticias de novembro de 1956 a mediados de agosto de 1957. - Visita a Vigo e Pontevedra do príncipe don Juan Carlos de Borbón. - Inauguración da I Exposición Rexional de Hixiene Infantil en Vigo, acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez e outras primeiras autoridades provinciais e locais. Tamén figura a clausura da mesma, contando con máis de 12.000 persoas visitantes. - Festas patronais de Beluso (en Bueu) en honor a "Nuestra Señora de la Asunción y San Roque", coincidindo coa inauguración de obras realizadas no templo parroquial. - Festas patronais de Cangas en honor o "Cristo del Consuelo" e a "Virgen del Carmen". - Nota de prensa de José María Signo ó gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Celebración de Asemblea Xeral da Mutualidade Laboral Siderometalúrxica de Vigo, con discurso do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Asistiron vogais das provincias de Pontevedra e Ourense. - Entrevista de Faro de Vigo a R.P. Máximo González García, con motivo das festas do Corazón de María. - Circular do goberno civil prohibindo o lanzamento de globos ou calquera outro artefacto análogo no que se empreguen materias de ignición, como medida para evitar posibles incendios nos montes. - Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho en Vigo. - Imposición o gobernador civil Rafael Fernández Martínez da medalla de profesor mercantil polo presidente do Colexio de Titulares Mercantiles (señor Martínez Morás). - Entrega de credenciais os membros das comisións do Consello Provincial de Educación Física e Deportes. - Toma de posesión do novo xefe local do movemento de Soutomaior (Daniel González Bernárdez). - Reunión do pleno da Xunta Asistencial da Axuda Social Americana Cáritas Española presidida polo Cardenal Arzobispo de Santiago (Quiroga Palacios) e coa presencia do obispo de Tui (José López Ortiz), o gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) e o subdirector de Cáritas Nacional (señor Lagares Bernal). - II Concurso Internacional de Pesca Deportiva Marítima organizado polo Club de Pesca Deportiva de Pontevedra. - Homenaxe rendido o alcalde de O Rosal, Manuel Suárez Marquier. - Colocación dunha placa conmemorativa no santuario da Franqueira (A Cañiza) e fixación de carteis anunciando as solemnidades de setembro. - XVIII Concurso Internacional de Tenis de Mesa en Vigo. Con motivo da entrega de premios, celebrouse unha cea de gala no club de campo. - Concurso rexional de gando en Lalín, organizado pola Delegación Rexional para o fomento e selección de gando da raza rubia galega. Figuran declaracións do xefe provincial dos Servizos de Gandería (señor Fernández García-Fierro). - Agasallo a Fernando de Rodrigo, director xeral de construcións navais. - Programa da I Asemblea Provincial de Educación Física e Deportes. - Festas no Berbés (Vigo) en honor a virxe do Carmen. - Clausura da terceira e última quenda do campamento "Paco Leis", que a Delegación Provincial do Fronte de Xuventudes tiña instalado en Vilanova de Arousa. - Programa da emisión dedicada a Europa por "La Voz de Vigo" co nome "Vigo-Europa-Sábado", no que interviron o gobernador civil (Rafael Fernández Martínez) e o alcalde de Vigo (Tomás Pérez Lorente). - Festas de Pontecesures en honor a virxe do Carmen, San Antonio e San Roque.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición