ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2015-05-29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-05-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-05-29_Ordinaria

  • Data(s) 2015-05-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de maio do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e nove de maio do ano dous mil quince baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP) , Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste a Sra. Deputada Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Presidente.- Bos días. Primeiro punto, ¿estamos todos?. ¡Ah!, perdón. Nestes intres prodúcense uns minutos de espera mentres se incorporan ó estrado todos os deputados provinciais. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6607.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Comezamos entón. Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do 24 de abril de 2015. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de abril de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6608.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE “AMPLIACIÓN DE PLATAFORMA NA ESTRADA PROVINCIAL EP-8501 VALGA-MARTORES, NO PK 0+100, 0+310, 0+385 E 0+470 (VALGA)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación definitiva do proxecto da ampliación de plataforma na estrada provincial Valga-Martores, aprobación definitiva e relación de bens e dereitos afectados, ratificación da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto e resolución das alegacións. ¿Algunha intervención?. Polo tanto, ¿votos en contra?. Este é da túa zona, é de onde ti naciches. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Non hai. A favor, entón. O proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga–Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 27.599,90 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 18.296,18 € e capítulo de expropiacións por importe de 9.303,72 €, ten por obxecto a mellora do trazado da devandita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é o ensanche da plataforma da estrada para conseguir un ancho de 12,60 metros nos mencionados puntos quilométricos da estrada provincial EP-8501 Valga-Martores, coa finalidade de mellorar o trazado e, por conseguinte, a seguridade vial. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que nos puntos onde se vai actuar a estrada ten unha anchura variable. Por todo isto proxéctase a ampliación da plataforma e a retirada dos elementos construtivos que se ven afectados pola actuación, conseguindo un trazado máis suave o que mellorará de xeito notable a seguridade vial na estrada provincial. Mediante acordo de data 27 de marzo de 2015, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aproba, inicialmente, o proxecto, e sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Valga, en varios xornais da localidade e tendo sido notificado individualmente ós afectados, preséntanse alegacións por parte de D. Anselmo Tarrío Gregorio, propietario da finca nº 2, con data 30 de abril de 2015. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga–Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 27.599,90 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 18.296,18 € e capítulo de expropiacións por importe de 9.303,72 €. Segundo.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra; así como a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Terceiro.- A resolución das alegacións, desestimando as mesmas, presentadas por D. Anselmo Tarrío Gregorio, propietario da finca nº 2, presentadas con data 30 de abril de 2015, en base ás seguintes consideracións que se recollen no informe do Servizo de Infraestruturas. Vistas as alegacións presentadas ó proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga–Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga), de acordo co disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emítese o seguinte INFORME Primeiro.- Dentro do prazo establecido, con data 30 de abril de 2015, D. Anselmo Tarrío Gregorio, propietario da finca nº 2, presenta escrito de alegacións á aprobación inicial de data 27 de marzo de 2015 do proxecto “Ampliación de plataforma na estrada provincial EP-8501 Valga–Martores, no p.k. 0+110, 0+310, 0+385 e 0+470 (Valga)”. Segundo.- As alegacións preséntanse en tempo e forma de conformidade coa normativa vixente. Terceiro.- Analizadas as alegacións presentadas por parte dos Servizos técnicos e administrativos de Infraestruturas proponse desestimar as mesmas en base ás seguintes consideracións: “El escrito presentado se centra en las siguientes alegaciones: a) Sobre la revisión de los terrenos a expropiar. Girada visita de inspección por los técnicos del Servicio de Infraestructuras y comprobadas, topográficamente, las dimensiones de la parcela existente así como la superficie a expropiar, de acuerdo con lo establecido en el proyecto constructivo sujeto a aprobación, se concluye que los datos recogidos en la relación de bienes afectados que figura en la aprobación inicial se corresponde con las mediciones efectuadas, la superficie afectada es de 110,86 m2, y que, a su vez, se corresponden con los que aparecen en la ficha catastral que se adjunta, se propone por tanto la desestimación de la alegación formulada. En cuanto a la precisión de la zona de dominio público referida, en el proyecto constructivo que es objeto de aprobación aparecen definidas tanto la zona de dominio público como la zona de protección, servidumbre y afección, de la carretera provincial que es objeto de ampliación de acuerdo con lo establecido en la ley 8/2013 de Estradas de Galicia. b) Sobre la modificación de la calificación del suelo. De conformidad con la normativa vigente, la calificación urbanística del suelo se lleva a cabo por los instrumentos de planeamiento de cada concello sin que la Diputación Provincial tenga competencia para la modificación de la misma. De conformidad con la certificación solicitada al concello de Valga, y que obra en el expediente de referencia, la finca afectada se califica como suelo rústico de protección de aguas en el PXOM actual aprobado definitivamente con fecha 15 de octubre de 2010. c) La valoración se lleva a cabo conforme a los criterios establecidos en los artículos 36 y siguientes de la Ley de Expropiación Forzosa así como en el Decreto Legislativo 2/2008 y normativa concordante y con respecto a los módulos fijados por el Xurado de Expropiación. Tal y como establece esta normativa y la numerosa jurisprudencia al respecto, entre otras la sentencia del TS de fecha 15-02-97 “…las referencias de la valoración deben realizarse conforme y respecto al planeamiento vigente…” y como tal los precios toman como referencia la calificación actual del suelo, es decir, el precio de suelo rústico de protección de aguas.” Cuarto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a plataforma do vial e reducir a sinuosidade, conseguindo así reforzar a seguridade vial. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS UNIDADES 1 María del Carmen Casal Senín Galpón 4,20 m² Soleira de formigón 5,50 m² Soleira de formigón 3,96 m² Soleira de formigón 42,31 m² Bordillo 36,16 ml Bloque, caravista 15,75 ml Alambrada, Forxa de ferro 17,00 ml Portal de ferro 1,50 m² Portal de ferro 2,85 m² Portal de ferro 7,04 m² Portal de ferro 7,13 m² Árbores (Camelios) 3,00 Ud. Árbores 3,00 Ud. Plantas ornamentais 15,00 Ud. Terreo. equip. dotacional polivalente titularidade pública. 76,55 m² 2 Anselmo Francisco Tarrío Gregorio Solo rústico protección de augas 110,86 m² 3 Carmen Pose Liste Solo rústico protección de augas 80,00 m² 4 José Manuel Gil Abalo Solo de expansión de núcleo rural 50,47 m² 5 José Manuel Gil Abalo Solo de expansión de núcleo rural 155,00 m² 3.6609.- RESOLUCIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO FRONTE Ó ACORDO PLENARIO, DE DATA 27 DE FEBREIRO DO 2015, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “MELLORA DA INTERSECCIÓN DA EP- 5005 CAÑIZA-POUSA-PO-400, PK 11+450 TRAMO ANTIGO CO VIAL MUNICIPAL (CRECENTE)”, E APRÓBASE DE FORMA DEFINITIVA O PROXECTO Sr. Presidente.- Punto 3. Resolución do recurso de reposición interposto fronte ó acordo plenario de data 27 de febreiro de 2015 polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto de mellora da intersección da estrada provincial 5005 Cañiza-Pousa, tramo da antiga, tramo antigo co vial municipal de Crecente e apróbase de forma definitiva o proxecto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Primeiro.- O proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 21.473,10 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.035,60 € e capítulo de expropiacións por importe de 10.437,50 €, ten por obxecto a mellora da visibilidade e no radio de xiro no entronque da estrada provincial EP-5005 co vial municipal. A mellora desta infraestrutura consistirá na supresión dun cobertizo que se atopa no antedito entronque e que produce unha deficiente visibilidade ós condutores, co correspondente risco para a seguridade vial. Ademais deberán realizarse actuacións complementarias como garantir a estabilidade dos elementos construtivos ós que poida estar unido o cobertizo, a desconexión das acometidas de auga e electricidade e a limpeza acopio, retirada e carga dos escombros producidos. Segundo.- Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do concello de Crecente, en varios xornais da localidade e tendo sido notificado individualmente ó afectado, presentáronse alegacións que foron desestimadas polo acordo plenario de data 27 de febreiro de 2015. Fronte a este acordo interponse recurso de reposición por parte de D. José Cándido Hervés Rodríguez, que é informado polo Servizo de Infraestruturas. Terceiro.- Dito Recurso preséntase o 24 de abril de 2015 fronte ó acordo adoptado polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra de data 27 de febreiro de 2015, e notificado con data 24 de marzo de 2015, en consecuencia en tempo e forma ó abeiro do disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro- que establece o prazo dun mes para interpoñer recurso de reposición se o acto fora expreso. É por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: A resolución do recurso de reposición interposto por D. José Cándido Hervés Rodríguez, en calidade de propietario da parcela afectada no expediente de expropiación derivado do proxecto fronte ó acordo plenario, de data 27 de febreiro do 2015, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto e aprobábase de forma definitiva o proxecto, segundo o seguinte detalle: Desestimar o recurso de reposición interposto en base ós seguintes fundamentos xurídicos: O recurso de reposición interponse por D. José Cándido Hervés Rodríguez, en calidade de propietario da parcela afectada no expediente de expropiación derivado do proxecto “Mellora da intersección da EP-5005 Cañiza–Pousa–PO-400, p.k. 11+450 tramo antigo co vial municipal (Crecente)”, persoa lexitimada para iso fonte ó acordo plenario de data 27 de febreiro de 2015, que resolvía as alegacións presentadas ó proxecto, aprobábase de forma definitiva o mesmo e a relación de propietarios e bens afectados e ratificábase a declaración de urxente ocupación. Dito recurso preséntase o 12 de febreiro de 2015 fronte ó acordo adoptado polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra de data 30 de decembro de 2014, e notificado con data 23 de xaneiro de 2015, en consecuencia en tempo e forma ó abeiro do disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, que establece o prazo de un mes para interpoñer recurso de reposición se o acto fora expreso. En relación coas cuestións plantexadas no recurso de referencia estímase o seguinte: No seu escrito alégase, textualmente, que “a construcción afectada se encuentra en perfecto estado de conservación y mantenimiento destinada al uso como garaje y taller de herramientas”, asemade aduce que “los elementos interiores de las construcciones existentes no han sido valorados”. Analizadas as consideracións presentadas por parte dos servizos técnicos e administrativos de Infraestruturas proponse desestimar as mesmas xa que non se corresponden co plantexado no proxecto en base ós seguintes termos: Segundo os informes técnicos e a documentación achegada as edificacións afectadas que se sitúan na parcela referida referéncianse como dous cobertizos coas dimensións de 42,20 m2 e 13,14 m2, sen que, en ningún momento, se faga distinción ó seu estado construtivo. A súa supresión non afecta á utilidade do resto da parcela onde se ubica e vai permitir mellorar as condicións da seguridade vial nese punto. Da mesma maneira, na valoración non se contemplan os elementos que poden ser removidos e recuperados pola propiedade e que non son obxecto da expropiación e polo tanto non figuran na relación de bens afectados. No que a servizos afectados atinxe, no proxecto, e así se contempla na exposición de antecedentes do acordo Plenario, contempla a reposición dos mesmos no que resulten afectados, tanto o contador de subministración de auga como calquera outro e así aparece reflectido no acordo plenario de data 27 de febreiro de 2015 polo que se resolvían as alegacións plantexadas á aprobación inicial do proxecto. 4.6610.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- O punto número 4. Delegación do concello de Vilanova de Arousa das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Vilanova de Arousa na sesión celebrada o día 30 de marzo de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU). Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Vilanova de Arousa, segundo se detalla: CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 30 de marzo de 2015, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU). A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 8 da Lei reguladora das facendas locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do consorcio e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. 3.- Facultar ó señor Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Vilanova de Arousa publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6611.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO E ENCOMENDA DE XESTIÓN DA COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES SANCIONADORES Sr. Presidente.- Punto número 5. Delegación do concello de Moaña das facultades de recadación das multas de tráfico e encomenda da xestión de colaboración na tramitación de expedientes sancionadores. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Moaña na sesión celebrada o día 26 de marzo de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación das multas de tráfico e encomenda de xestión da colaboración na tramitación de expedientes sancionadores. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Moaña, segundo se detalla: CONCELLO DE MOAÑA: Acéptase a encomenda de xestión e a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 26 de marzo de 2015, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 8 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas ou encomendadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Respecto á encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores, ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa reguladora, fundamentalmente as contidas no Regulamento do Servizo de Colaboración nas Sancións de Tráfico (BOP de Pontevedra nº 118 de 23 de xuño de 2010). En especial, a asunción por parte do ORAL-Deputación de Pontevedra da defensa e representación ante os órganos xurisdicionais, tanto por actos ditados en vía disciplinaria como recadatoria, así como o mantemento e, no seu caso, dotación dos medios técnico-informáticos (aplicación informática, DMD, etc,) que permitan tramitar o procedemento cunha maior eficiencia, eficacia e seguridade; e, por parte do concello, o compromiso de cumprir cos prazos establecidos no Regulamento citado, relativos á gravación das denuncias e devolución da documentación trasladada polo ORAL, así como proporcionarlle ó ORAL-Deputación os instrumentos necesarios, entre os que destaca o de subscrición, para facilitar a tramitación da documentación que sustenta o procedemento sancionador en materia de tráfico. 3.- A delegación e a encomenda sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, no Regulamento do Servizo de Colaboración na Xestión das Sancións de Tráfico aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 26/03/2010, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 4.- Facultar ó señor Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 5.- A delegación e encomenda de xestión efectuada polo Pleno do concello de Moaña publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Sr. Presidente.- Aí, fóra da orde do día, ¿hai algo?. Sr. Secretario.- Fuera del orden del día, ¿hay algo?. Non hai nada. 6.6612.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. b) Parte de información e control: 7.6613.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DE AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DO GASTO E LÍMITE DA DÉBEDA DA UNIDADE INSTITUCIONAL DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó 1º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2015 Sr. Presidente.- Punto 7. Dar conta do informe de Intervención da avaliación do cumprimento da estabilidade orzamentaria, regra do gasto e límite de débeda da unidade institucional Deputación de Pontevedra correspondente ó primeiro trimestre do exercicio 2015. Bueno, aquí, a maiores disto, teño que dicir e felicitar, neste caso, ó Interventor e a todo o seu equipo porque somos a primeira institución de Galicia, neste caso … ¡Ah!, bueno, no seguinte. O 20 de abril de 2015, o servizo de Intervención emite informe da avaliación do cumprimento da “estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda” da unidade institucional “Deputación de Pontevedra” correspondente á execución do 1º trimestre de 2015 co seguinte resultado: - Capacidade de financiamento, “superávit non financeiro” = +10.748.720,83 €. - “Regra de gasto”, cunha marxe de aumento do gasto non financeiro computable de +23.266.907,54 €. - Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados no exercicio anterior = 26,85%. - O resultado da avaliación: Cumpre cos obxectivos sinalados na execución orzamentaria no 1º trimestre de 2015. O Pleno queda enterado do contido do informe de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda na liquidación dos orzamentos xerais da unidade institucional “Deputación de Pontevedra” correspondente á execución do 1º trimestre de 2015. 8.6614.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE ABRIL DE 2015 Sr. Presidente.- Punto 8. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago. Sr. Interventor.- … que todos os servizos son culpables do éxito. Sr. Presidente.- Non, me di o Interventor, con razón, que, como digo, somos a primeira institución en cumprir o establecido no pagamento a acredores da Deputación e, polo tanto, pois felicitar, neste caso, ó Interventor e todos os departamentos da casa porque, bueno, pois iso é algo que, evidentemente, ás veces non é difícil, ou é moi difícil de lograr e sen embargo esta institución o logrou, de ser, como digo, a primeira institución en pagar a todos os seus acredores o cal, pois di moito do labor, do traballo e do funcionamento desta institución pública. A Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado por Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de abril de 2015, que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES ABRIL 2015 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de abril de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e no Real decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 9.6615.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- No hay, no, pues no hay. Non houbo. 10.6616.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Dar cuenta de las Resoluciones. Si. Las Resoluciones dictadas entre el 21 de abril y el 25 de mayo. Sr. Presidente.- Bien. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 21 de abril e 25 de maio do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 11.6617.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Pois, senón hai, levántase a sesión. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición