ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015-12-29_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-12-29_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-12-29_Extraordinaria

  • Data(s) 2015-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de decembro, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de decembro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e nove de decembro do ano dous mil quince, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en susbtitución da ordinaria de decembro, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Bos días a todas e a todos. Iniciamos o Pleno extraordinario do día 29 de decembro de 2015. 1.6698.- ACTA ANTERIOR Sra. Presidenta.- Na orde do día, no punto primeiro. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de novembro de 2015. ¿Observacións?. Votamos. ¿Votos a favor da acta?. Queda aprobada por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de novembro de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6699.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO E A ENCOMENDA DE XESTIÓN DA COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO Sra. Presidenta.- Pasando á parte resolutiva, no punto 2 da orden do Día. Delegación do concello de Mondariz-Balneario na Deputación provincial de Pontevedra das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. ¿Algunha observación?. ¿Aprobamos por unanimidade?. Queda aprobada por unanimidade. O Pleno do concello de Mondariz-Balneario, na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2015, acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Mondariz-Balneario, segundo se detalla, debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 “in fine.” Concello de Mondariz-Balneario: Acéptase a delegación e a encomenda de xestión efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 29 de outubro de 2015, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas ou encomendadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. Respecto á encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores, ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa reguladora, fundamentalmente as contidas no Regulamento do Servizo de Colaboración nas Sancións de Tráfico (BOP de Pontevedra nº 118 de 23 de xuño de 2010). En especial, a asunción por parte do ORAL-Deputación de Pontevedra da defensa e representación ante os órganos xurisdicionais, tanto por actos ditados en vía disciplinaria como recadatoria, así como o mantemento e, no seu caso, dotación dos medios técnico-informáticos (aplicación informática, DMD, etc.,) que permitan tramitar o procedemento cunha maior eficiencia, eficacia e seguridade; e, por parte do concello, o compromiso de cumprir cos prazos establecidos no Regulamento citado, relativos á gravación das denuncias e devolución da documentación trasladada polo ORAL, así como proporcionarlle ó ORAL-Deputación os instrumentos necesarios, entre os que destaca o de subscrición, para facilitar a tramitación da documentación que sustenta o procedemento sancionador en materia de tráfico. A representación e defensa polos letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL- Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. A delegación e a encomenda sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/1992, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, no Regulamento do Servizo de Colaboración na Xestión das Sancións de Tráfico aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 26/03/2010, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Facúltase á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación e encomenda de xestión efectuada polo Pleno do concello de Mondariz-Balneario publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6700.- DELEGACIÓN DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA Sra. Presidenta.- No punto 3. Delegación do Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contraincendios e salvamento na Deputación provincial de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería. ¿Entendo que tamén aprobamos por unanimidade?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contraincendios e salvamento, na sesión celebrada o día 28 de outubro de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do consorcio provincial. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interior, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento, segundo se detalla, debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina dito art. 7.2 “in fine”. Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno da entidade, adoptado na sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2015, nos seguinte termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do Consorcio, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación de Pontevedra. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa domiciliación ou veciñanza, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios da entidade e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición da entidade delegante os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. A representación e defensa polos letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL- Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingreso na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. As delegacións sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co Consorcio así coma os demais documentos que procedan. 4.6701.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA, ORZAMENTO CONSOLIDADO E ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO PARA O EXERCICIO 2016, E APROBACIÓN DEFINITIVA Sra. Presidenta.- Pasando xa ó punto 4. Resolución de alegacións presentadas ó Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra, Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, orzamento consolidado e orzamento do Consorcio provincial contraincendios e salvamento para o exercicio 2016, e aprobación definitiva. Para dar resposta ás alegacións presentadas ten a palabra o Sr. López Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Buenos días a todos e a todos, a todos e a todas. Contestamos a las enmiendas presentadas distinguiendo claramente dos bloques. Una primera parte, que sería el capítulo 1, y son las enmiendas presentadas por parte de los sindicatos CSIF, Comisiones Obreras y una funcionaria. Son desestimadas en base a los informes técnicos que por su complejidad y extensión no me voy a referir a ellos, pero, básicamente, se refieren a cuestiones de carácter sindical y a cuestiones de diálogo entre el gobierno y entre los sindicatos, y en este apartado, a lo que sí quiero referirme es a la afirmación que habíamos realizado en la aprobación inicial del presupuesto, cuando por parte de la oposición se hacían determinadas menciones y alegaciones a la postura sindical, también debo decir, y tampoco voy hacer mucha sangre de ello, pero, algún sindicato no quedó muy satisfecho con la utilización partidista que se hizo de sus posicionamientos, y esto también debo decirlo, pero también lo voy a pasar por alto. Lo más importante era que en ese pleno afirmábamos que iniciábamos un proceso de diálogo y de negociación con los sindicatos. Este proceso lo teníamos para iniciar el día 4 de diciembre, y el día 4 de diciembre de acuerdo con ese compromiso manifestado en esta sesión plenaria, se inició una mesa de negociación con el reto más importante de abordar, pues, el tema más importante, valga la redundancia, que es una nueva valoración de puestos de trabajo. Yo aquí quiero agradecer la colaboración sindical, la implicación sindical, y teniendo en cuenta que ya llevamos dos reuniones de esta mesa de negociación, creo que, a pesar del muy poco tiempo, hemos avanzado lo suficiente como para ser conscientes de que a lo largo del año 2016 va a ser un año de negociación, va a ser un año de abordar, ciertamente, los temas importantes. Ya hemos avanzado, en cuanto a metodología y calendarios y estoy en la confianza y en la seguridad de que este va a ser un muy buen camino. Bueno, el segundo apartado es más el apartado político, las enmiendas presentadas por el Partido Popular, digo en plural, porque hay una enmienda del propio grupo y hay una enmienda, a la que me referiré posteriormente, del Partido Popular de Redondela. Primero, es una enmienda difícil de entender, porque mezcla muchísimas cuestiones dice donde habría que incrementar, no dice de donde había que detraer, y me da la impresión de que se ha trabajado poquito, me da la impresión, porque, ciertamente, se repiten los mismos argumentos que se utilizaron en esta sesión plenaria y, bueno, no son propiamente unas enmiendas sino que es una reclamación y son unas alegaciones, con lo cuál, inclusive en el formato, ya digo, está un poco confuso. Las enmiendas son rechazadas porque técnicamente no se ajustan a la ley y, bueno, parece mentira esta falta de rigor por parte del Partido Popular. Políticamente se puede hacer una afirmación muy concluyente, la constatación de la falta de alternativa política del Partido Popular, lo manifestado con relación a este presupuesto, lo más importante que tenemos a lo largo del año es evidente que no hay alternativa por parte del Partido Popular. Se trata de una relación para su inclusión sin más contenido, y la verdad, leyéndolo yo quedé bastante decepcionado porque es un auténtico brindis al sol. Como estamos en las épocas que estamos, pues casi parece una carta a los Reyes Magos absolutamente deslavazada, porque lo que es increíble es que se propongan determinadas ampliaciones y no diga de donde hay que detraerse. Hombre, parece mentira que siendo concejal y siendo diputado o diputada provincial esto no se haga mención, cualquiera debería saber que donde se propone incremento se debe de plantear un descenso, un retroceso, en otras cantidades. Además, lo que se propone incrementaría el presupuesto, no sé bien porque es difícil, en veinte, veinticinco millones, y no se da ninguna alternativa de incremento de recaudación ni de reducción de gasto, es decir, son dos alegaciones, reclamaciones, que son, y creo que es de lo peor que se puede decir, absolutamente inviables. Que el Partido Popular proponga algo absolutamente inviable descalifica claramente su propuesta, que en alguna partida de las más importantes, como las de empleo, cuando el presupuesto contén 15,4 millones, que se propongan 10 millones para empleo pues resulta, precisamente, el mejor ejemplo de esa confusión y de esa incoherencia que mencionaba anteriormente. En esta estructura difícil de entender está por venir lo más rocambolesco, y lo más rocambolesco a mi entender es la presentación de una enmienda por parte del Partido Popular de Redondela, sobre actuaciones concretas, demandas específicas, y la verdad es que dado que el Partido Popular opta por individualizar en concellos, muchas preguntas nos podríamos hacer, para el PP el resto, ¿para el Partido Popular el resto de las localidades no tienen necesidades?, como las que parece ser que tiene el ayuntamiento de Redondela. ¿No tiene el ayuntamiento de Mos necesidades, o no se han enterado su alcaldesa ni el PP de Mos?. Lo mismo diría de Moraña, lo mismo diría de Forcarei, lo mismo diría de otros ayuntamientos, de todos realmente, pero la pregunta clave es, ¿es este el modelo del PP de gobierno para Diputación?. A la carta, unos concellos si, otros no, ¿es este el modelo?, porque aquí es donde llega el resumen político, sus enmiendas la general y la de Redondela confirman que estamos ante un gran presupuesto que es el que presentamos y sobre el que ya dijimos cuáles eran realmente los puntos claves, y que yo por falta de tiempo aquí no me voy a extender. Es un gobierno preocupado, este, por todos los concellos, sin exclusión, desde la igualdad. Y frente a esto nos encontramos ciertamente con un Partido Popular que es un grupo incapaz de presentar una alternativa al presupuesto, porque, la verdad, si la alternativa política del Partido Popular en la provincia son estas tres páginas, ciertamente, estamos ante muy poquito contenido político, ni siquiera técnicamente, como decía anteriormente, lo que se plantea es ciertamente viable. Y, por lo tanto, es cierto que el Partido Popular opta en este debate presupuestario, opta en esta manifestación tan importante de cuál es su programa político por la etapa anterior. Es decir, creo sinceramente que ustedes no se han dado cuenta del nuevo tiempo en el que estamos, creo lo peor de todo, que no han analizado bien nuestro presupuesto, que es el presupuesto de la igualdad para los concellos, y creo que todavía están, si me permiten un poco la expresión coloquial, un poco groguis con el resultado, con haber perdido el gobierno de la provincia, y creo sinceramente que estas cuestiones se deben de replantear, porque es, en principio, muy fácil, un gobierno provincial que atienda a todos los concellos igual, es complejo de llevarlo a la práctica, pero, ciertamente, es el reto que tiene este gobierno, es el reto que está en el presupuesto, y creo que con las alegaciones, reclamaciones, que ustedes han presentado no se da ni mucho menos satisfacción al reto más importante que hay en esta provincia y que una diputación puede tener siempre, y es atender a todos igual, desde la igualdad dejando discriminaciones al margen. Y es evidente, como decía en el debate de la aprobación inicial, que hemos pasado del caciquismo a la igualdad, esta es la realidad, este es el cambio. Y la verdad, si en mi intervención de la aprobación provisional del presupuesto pensaba y lo calificaba como histórico, que estamos ante un gran presupuesto, hoy vistas las enmiendas, las alegaciones y las reclamaciones, que ustedes hacen, pienso que todavía es mejor. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Tiene la palabra el Sr. Jácome Enríquez. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. O primeiro, dicir que agrádanos que o equipo de goberno fale de que este ano vai ser o ano da negociación, e agardamos que sexa así. Nas comisións informativas destes orzamentos fíxose a proposta de que os próximos serían entregados á oposición cun prazo de tres semanas antes de ser levadas as comisións. Valoramos, tamén, positivamente esta proposta do equipo de goberno, e agardamos con confianza que sexa cumprida. Entendendo que os prazos deste ano para estes orzamentos foron axustados, valoramos, tamén, positivamente que foron presentados para que o funcionamento dos seus servizos continúe adiante. Si que nos chama a atención, aínda que xa non nos sorprende, que se exprese que o debate dos orzamentos é o máis importante do ano, e chámanos a atención, non porque non sexa importante, senón porque todas as deputadas e deputados, que estamos aquí hoxe, sabemos que o debate dos orzamentos non se dá neste pleno, aquí chegamos coas decisións xa tomadas, e nada do que digamos as ou os deputados vai cambiar as decisións. Esta sesión moitas veces transfórmase nunha partida de pin pon, ou de, e ti máis, que de pouco serve para clarificar as persoas que teñan o valor e a paciencia de seguir este debate, en que cambiaron ou non cambiaron os orzamentos deste ano respecto ós anteriores. Aquí quero dicir que coincidimos co expresado no pleno provincial anterior, que ás veces parece que asistimos a un mitin, en lugar do que teriamos que facer, que sería clarificar posicións políticas, xa que tal e como escoitei no último pleno do concello de Vigo, e concordamos totalmente, toda decisión técnica ten detrás unha posición política. En canto ás decisións técnicas, preocúpannos no sentido da conservación dos servizos públicos, as consideracións transmitidas polos sindicatos a este grupo en relación ó servizo de Infraestruturas. A amortización de prazas fai, inevitablemente, que os servizos que se prestan actualmente se verán afectados. E preocúpanos, non tanto polos orzamentos que se aproban aquí hoxe, que reiteramos poñemos en valor que se presentaran nun prazo curto marcado polas circunstancias, o que nos preocupa é que marquen unha tendencia que teña continuidade ó longo da lexislatura, a decisión técnica de non apostar polo mantemento do emprego público e, polo tanto, dos servizos públicos tería detrás unha postura política que agardamos que non sexa deste goberno. Habería que analizar en detalle a proposta dos representantes das traballadoras e traballadores en canto á creación de novas prazas de mecánicos, e débese analizar en coordinadas políticas e de aforro político. A creación destas prazas podería significar que o propio parque tería capacidade de reparar a súa propia maquinaria, o cal pode significar un aforro económico a medio prazo para esta institución e, polo tanto, dispoñer de máis recursos para outras cuestións, e se esto non se fai as coordinadas políticas estarían meridianamente claras. Ademais destas e doutras consideracións, nas que este grupo provincial irá profundizando neste exercicio, tamén nos fixeron chegar a preocupación polos prazos de traslado do Parque de maquinaria e Imprenta no ano 2018, perdón. Tal e como este grupo comunicou a representantes dos e das traballadoras os prazos, con vontade política, non serán problema de ningunha clase, agora ben, ten que haber vontade política, non só no traslado, senón tamén na defensa do sector público, se non hai vontade pouco importaría que o traslado tivera data no 2018 ou no 2028. Consideramos que o debate dos orzamentos debe facerse dunha maneira máis sosegada, e agardamos que no vindeiro exercicio, xa sen ruído electoral, o equipo de goberno cumpra a proposta de entregar os orzamentos a oposición no prazo acordado en comisións e, agardando que estes orzamentos non sexan normas senón excepción imos absternos nesta votación. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Tiene la palabra ahora el Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta, bos días a todos e a todas. A ver, isto procesalmente empeza a estar un pouquiño fóra de lugar, ¿non?, o debate dos orzamentos foi no pleno pasado, e esta é unha resolución de alegacións, as alegacións están taxadas, e ten que ser, digamos, por motivos que contempla a lei, e resulta que, practicamente, eu ata onde vin ningunha delas entra dentro desa categoría, entonces o que estamos é reproducindo, o que se ve é que vamos a reproducir o debate dos orzamentos no seu momento, cando non é, non é o momento procesal. É un pouco sorprendente que o Partido Popular, que ten alcaldes, alcaldesas, ten experiencia aquí, presente unhas alegacións que entran todas, ou sexa, caen todas fóra, absolutamente fóra, dos motivos polos que se poda presentar, ou sexa que, digamos que tecnicamente, aínda que este é un órgano político, se fora un trámite administrativo sería non admisión a trámite, directamente e sábeno de sobra. Entonces é moi sorprendente, ¿non?, que o presenten, francamente é algo estraño, ¿non?, en alguén que ten experiencia, o que non a ten pois igual entende que este período de exposición ó público e de alegacións, pois é outro debate, abrir outro debate político, pero non é o caso, son unhas, uns motivos taxados e non se trata de reproducir o debate que houbo no pleno dos orzamentos, ¿non?, xa haberá ocasión durante todo o ano de ir, de ver como os distintos asuntos se van tratando ou enfocando. Ben, hai unha preocupación que está saíndo aquí, e que realmente ten o seu transfondo político, claro que o ten, si nós encontramos unha administración profundamente descapitalizada, en canto ós funcionarios directivos, digamos, directivos enténdase como do grupo A, técnicos, e o que sexa, ¿non?, por exemplo, en Vías e obras pois hai, chegou a haber 6 enxeñeiros, e neste momento hai 2, para toda a rede provincial e demais non sei como se pode xestionar con 2. E por outro lado, resulta que temos as normas de, vamos, de, as leis ditadas polo goberno central, que non se pode aumentar plantilla nin substituír, pois, obviamente, hai que tomar unha decisión, e tomouse dentro das posibilidades, pois, o de votar a andar o servizo público o mellor posible, porque realmente estaba profundamente e está, profundamente descapitalizado, de eso, sospeitar, sospeitar que se está facendo unha política privatizadora ou non sei que outro tipo de cousas, bueno, non ten nada que ver, absolutamente nada ver, salvo que quixeramos seguir ca tendencia que había aquí que era ir facendo desaparecer todos, non, temos un Secretario calquera concello de 30.000 habitantes ten dous, temos un Interventor, calquera concello de 30.000 habitantes ten dous, cousas dese tipo. Bueno, estaba moi descapitalizada, hai que ir recapitalizándoa, a Diputación, e coas limitacións de persoal que temos, a idea é que funcione ben, como unha administración que presta servicios públicos, e polo tanto hai que axustala. Esa é a razón de fondo do que se fixo, é a única razón de fondo nin de forma, é a única razón polo que se fixo, polo tanto, creo que queda suficientemente, suficientemente aclarado, ¿non?. Ben, dito iso, non se ve por ningún lado ningún motivo, ningunha alegación que supoña, digamos, motivo de modificación, nulidade ou de, vamos, ou desviación da normativa actual no actual orzamento. Polo tanto, non hai ningún motivo para, digamos, cambiar o sentido do voto que tivemos no seu momento, nin tampouco hai motivo, como dixen, nin tan sequera para presentar estes escritos, bueno, é unha perversión do mecanismo, pero non pasa nada. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Tiene ahora la palabra la Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias, bos días. Sr. Mosquera, empezando así polo final, eu comprendo que ás veces lle sea incómodo que ás veces os plenos se convirtan nun mitin, mo manifestou incluso fóra deste salón, ¿non?. Pero claro, é que ten que pensar vostede que desde o goberno fan unhas exposicións, e fan un tipo de defensa dos asuntos que, como se poderá imaxinar a resposta vai a ser a que é en tono mitin. Entonces, vostede, que é o Vicepresidente desta casa, debería ser a persoa máis apropiada para regular o tono mitin porque sempre interveñen ustedes antes que nós, entón, a resposta vai a ser sempre na misma línea. Dende logo, si que é certo, Sr. Mosquera e Sr. Font, que fixemos unha reprodución do pleno, fixemos unha reprodución do pleno porque así que quixemos facelo, así nos pareceu apropiado, facer unha reprodución do pleno, porque no pleno dos orzamentos dixemos alto e claro o que pensabamos dos orzamentos, e con todo o respecto, Sr. Font, porque aquí se nos tacha de que insultamos, de que chillamos, mire, eu non chillei, o meu tono de voz lle pode gustar máis ou menos, pero é o tono de voz que teño, e eu non insultei a nadie. Aquí, concretamente, pois a Presidenta estuvo constantemente no pleno pasado dicindo que estabamos insultando, e mire, eu lle vou a recordar o que vostede dixo fai un ratiño, dixo, “hemos pasado del caciquismo a la igualdad”, entonces, ¿eso non é un insulto chamarnos caciques, así, directamente, ós que nos estamos sentando aquí enfrente?. Por eso lle digo, Sr. Mosquera, que vostede é a persoa máis apropiada para regular este tono. Sr. López Font, lle vou dicir unha cousa. Me imaxinaba que se iba a esconder vostede nos informes técnicos, tanto para falar das alegacións dos grupos, dos sindicatos desta casa, como do Partido Popular. Utilización partidista que fixemos, mire, eu non sei vostede a que se refiere, pero eu o único que fixen neste pleno fai un mes foi defender o que me parecía que tiña que defender, e que eran unha serie de reclamacións que facían os sindicatos, e nada máis, e os medios de comunicación o recolleron. Vostede agora vén a falar do día 4 de decembro, que fixeron un inicio dunha negociación, que lles felicito de que por fin se senten cos traballadores, de que inicien unha mesa de negociación como se fai en moitos concellos, de que haya mesa sindical, e que diga “estoy en la confianza y estoy en la seguridad de que va a ser el buen camino”; oiga, pois acordáranse vostedes antes, e reflexárano nos presupostos, porque mire, cero, as propostas que lle fan os sindicatos, cero, aceptaron cero propostas. E, nós estamos no dereito de dicilo aquí, que o pensamos e que o defendemos, e por eso non é utilizalo politicamente nin partidistamente, porque claro que pertenecemos a un partido político, igual que vostedes, pero eso non significa que non defendamos ós traballadores como corresponde. E lle vou a leer algo, mire, lle vou a leer algo que dice o seguinte, “o equipo de goberno non pode no diseño deste orzamento olvidarse da responsabilidade e das obligacións que implica gobernar, non é só facer política para agradar ós alcaldes, facendo un clientelismo político e disimulado, e por elo desmantelar os servizos da propia Diputación restándolle as partidas do orzamento”. Isto non o digo eu, nin o din os Diputados do Partido Popular, o dicen os traballadores, o dicen os traballadores. Mire Sr. Font, vostedes presentan un orzamento que está sin negociación ningunha con eles, orzamento unilateral, ¿de que presumen vostedes?. Ahora dice que empezan o camiño, que vai a ver un final feliz, verémolo, porque os comenzos son malos non, malísimos, cero propostas aceptaron, ningunha. E resulta, que que casualidad, que os traballadores desta casa veñen a decir o mismo que dice o Partido Popular, que queren desmantelar moitos servicios. Os traballadores desta casa ademais de dicirlle que con eles non negociaron, de que foi aprobado de forma unilateral ou presentado en este caso, lle dicen que, que vai a pasar coas personas que se xubilan, que antes percibían unha gratificación e que eso non está presupuestado, tanto que o outro día presumían do recoñecemento ós xubilados, hai que demostralo, non solamente hai que dicilo. Tampouco falan de ampliar a vida laboral no orzamento, ¿que vai a pasar cos traballadores que queren ampliar a súa vida laboral?. Bueno, todo o que está aquí, que non lle vou a leer, pero que vén a decir o que dixo o Partido Popular. ¿Que vai a pasar con Príncipe Felipe?, vostedes non teñen nin orzamento para o mobiliario, para renovar o mobiliario, nin renovar o mobiliario informático que tan importante é. E, si falamos do parque de maquinaria, á parte da amortización de postos, non teñen nin partida para comprar aglomerado. ¿Saben o que van a facer?, o contrario do que vostedes predican, potenciar a contratación a empresas privadas, o contrario do que vostedes predican. Pero mire, vostede dice que é difícil de entender, nós non pretendemos facilitarlle o entendemento, porque creo, sinceramente, que fomos moi claros cando lle falabamos de que pretendiamos coa nosa proposta do orzamento. Fomos moi claros, por eso esto non é un brindis ó sol, esto é que a portavoz fai un escrito do que dixo neste pleno, lle pode gustar máis ou menos, pero en este escrito, e lle pido respecto, porque mire, vostede pode mofarse, pode reirse, de que unha alcaldesa que presente, mire, eu presento o escrito como me parece, se vostede quere reirse e ridiculizar este escrito, que é ó que se dedica, mire, vostede a verdad que se creer que fai uns discursos fenomenales, pero para os seus, para os seus, vostede é un machista Sr. López Font, vostede é un machista, si, llo digo así, é un machista, llo digo así, llo digo así, vostede é un machista, e polo tanto, e déixame continuar intervir, por favor, e polo tanto, lle digo, lle digo que esa falta de rigor e de traballo aplíquense a vostedes, que levamos traballando neste orzamento cos alcaldes e cos voceiros máis tempos que vostede, vostede son o goberno da improvisación, improvisación coas bases do plan dos concellos, improvisación co plan de emprego e improvisación co orzamento, que a mediados de novembro non había nin orzamento, nin orzamento había, esa é a improvisación que vostedes se caracterizan. Pero miren, ¿por que nós presentamos este escrito?, porque queremos que haya unha partida específica para o emprego, estámoslle pedindo que queremos 10 millóns de euros para o emprego, que non se reduza a partida de deportes en 2 millóns de euros, que se aumente a inversión dos concellos en 60 millóns de euros como antes, que non se reduza a partida de Cultura en 1,6 millóns de euros, que se volva a poñer ese millón de euros no Museo Provincial, que dixen que era para obras, que non se eliminen as axudas a sectores produtivos como o sector agrario, do mar e vitivinícola, que non se reduza o presuposto da Finca Mouriscade en más de un millón de euros, que se incorporen medidas concretas á promoción do turismo, que se manteñan os programas de iniciativa social, Pensa en ti, Ti tamén contas, Coidarte en saúde, Benestar, etc., etc., etc., e que se concreten as partidas xenéricas, xenéricas, que aquí é onde está o clientelismo encuberto, o clientelismo encuberto. Sr. López Font, lle digo que aquí hai unha ruptura clara entre rural e urbano, Sr. Regades, por favor, estou intervindo eu con todo. Bueno, vou a continuar intervindo, nadie pide orden, o pido eu, non se me fai caso, pero desde logo que viva o respecto, viva o respecto, continuo intervindo e lle falo ... Sra. Presidenta.- Continúe, tiene que volver a presionar. Sra. Arévalo Gómez.- En este minuto, case dous minutos que me quedan, lle digo que volvo a dicirlle, alto e claro, que hai unha falta de equilibrio como había antes entre o rural e o urbano, que hai unha falta de solidariedade, lle volvo a decir que a improvisación é a que está presente en estes orzamentos, esa é a tónica máis importante destes orzamentos, nas bases, no plan de emprego e nos orzamentos. Un orzamento que prescinde dos colectivos, que prescinde dos cidadáns, que non hai partidas específicas como había para os colectivos culturais, para o deporte base, para os movementos veciñais, etc., etc., etc. Mire Sr. López Font, vostede se cree moi simpático cando vén aquí a falarnos de Redondela, ¿que pretende vostede?, ¿que pretende?, cando está tan preocupado porque o grupo provincial presente unhas alegacións e Redondela presente outras, ¿que pretende vostede?. Mire, nós aquí temos libertade os alcaldes, os voceiros e os deputados, que á parte da postura de grupo cada un defenda o seu concello, e o partido no seu concello, nós non somos como vostedes que son todos discípulos de Abel Caballero, aquí hai unha libertad absoluta de traballo, de presentación de propostas, e se tanto lle sorprende, pois, a verdad que é moi fácil de entender Sr. López Font, desde logo que, decir que non valen os informes, decir que son inviables estas propostas, vostede diga o que queira, vostede está, en este caso, dándolle a espalda á realidade da provincia que lle estamos falando aquí alto e claro, do emprego, do deporte, da cultura e dos concellos de menos habitantes das grandes cidades, que temos que repartir entre todo 40 millóns de euros, entre todos, cando para Vigo hai un cheque infinito, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Tiene la palabra para finalizar este debate. Sr. López Font.- Sra. Arévalo, dime de lo que presumes y te diré de lo que careces, porque ha hecho un alegato al respecto, a teóricamente, que le habíamos faltado al respeto a usted, y lo que ha hecho durante toda su intervención es insultar, descalificar y demás. Esa frase que tanto le gusta a su Presidente de gobierno de, “hasta aquí podríamos llegar”, “hemos traspasado no sé que líneas”, usted las ha traspasado hoy. Yo le pediría que lo medite y yo le pediría que no me insulte y que retire la palabra machista. Primero, porque no lo soy, no lo he sido en mi vida, y segundo, porque de la intervención que he hecho es de un contenido claramente político al que yo no tengo la culpa de si usted no me sabe responder adecuadamente. Y es peor todavía, porque decir usted que es machista alguien, en relación conmigo, cuando usted a descalificado a una mujer que le venía grande el cargo, dígame dónde está el machismo, si en usted o en mi, si en usted o en mi. Por eso le digo que, dime de lo que presumes y te diré de lo que careces. Mire, yo siempre vengo a hablar de política, y usted no, y usted no, y no lo ha hecho, y me reafirmo en todo lo que dije, y le voy a empezar, porque yo siempre hablo en términos políticos, por el término caciquismo. Me reafirmo absolutamente en que la política del anterior gobierno era de contenido caciquil, porque el diccionario de la Real Academia de España dice que caciquismo, “es la intromisión abusiva de una persona o una autoridad en determinados asuntos valiéndose de su poder e influencia”. Esto es lo que hacía el anterior el gobierno y esto es lo que hacía el anterior presidente en ámbito personal como Presidente de la Diputación. Y cuando hago estas afirmaciones estoy hablando de política, no estoy insultando a nadie, ni estoy descalificando a nadie, pero lo que sí es cierto es que en este organismo, en esta Diputación de Pontevedra, había una política de favorecer a unos y de perjudicar a otros, y no era una política basada en la igualdad, Sra. Arévalo, por lo tanto yo no estoy insultando, estoy definiendo una situación política, que yo me imagino que para usted como portavoz en este mandato va a ser una rémora, pero tiene que asumir lo que se ha hecho anteriormente. Por lo tanto, me reafirmo en lo que dije, mire, que se convierta usted y el Partido Popular en representante y en defensora de los trabajadores, y no me lo tome a mal y no piense que la quiero menospreciar, ni mucho menos, ni a usted ni a cualquiera de los diputados, es como mínimo sonrojante. Ustedes se han querido cargar a los sindicatos en este país, ustedes se han cargado las mayores, los mayores progresos en temas sociales en este país, y viene a hablar usted aquí de los trabajadores y de los sindicatos. Mire, yo le recomiendo, y es verdad que no tenemos tiempo ni usted ni yo, en que vea todas las actas de todas las reuniones que estamos teniendo, porque usted o coge una frase aislada o de verdad no se está enterando de lo que estamos haciendo realmente con los sindicatos. Con los sindicatos en esta casa estamos hablando absolutamente de todo, y ya se lo dije en el pleno anterior, verá cuando finalice el año, primero, como todos los ayuntamientos estarán encantados con este presupuesto, inclusive los de su partido, y los trabajadores también. Pero mire, hay una cuestión que usted omite y que debería de valorar mucho a la hora de criticar o a la hora de poner en valor o en desvalor lo que ocurre con la representación laboral. ¿Sabe la máxima que tiene este gobierno?. La legalidad, la legalidad. Y todo lo que estamos haciendo, y todo lo que estamos proponiendo y vamos a proponer, está en el ámbito de la legalidad. Y yo le invito a usted a que haga una prueba muy sencilla de decisiones adoptadas por el gobierno anterior de esta Diputación en ámbito de recursos humanos que eran ilegales, y nosotros no vamos a ir por esa senda, Sra. Arévalo, no, vamos a hablar de todo con los sindicatos, pero no vamos a ir por esa senda, por lo tanto, esto es ciertamente importante. Mire, que le damos la espalda, dice usted, a los ayuntamientos, yo, claro, tengo que referirme a lo que es este presupuesto, hombre, decir que le damos la espalda a los ayuntamientos con 47,5 millones para todos los concellos, que todos los ayunta, todos los concellos van a ganar en relación con lo que percibían anteriormente, y sobre todo desde el tema de libre concurrencia y de igualdad, bueno, pues sinceramente yo no sé que visión política tiene usted de la cosas, pero claro, hablar de empleo, yo cuando hablo, de verdad Sra. Arévalo, y vaya acostumbrándose, porque vamos a estar cuatro años juntos aquí todos, yo cuando hablo, hablo de política y cuando hablo de empleo ustedes proponen 10 millones, y en los presupuestos van 14,5 millones, y yo no sé si le molesta en ámbito personal el que esto se ponga en cuestión, pero es así, es que yo le leí en el pleno anterior, aparte de los 47,5 millones directos que van a los concellos, los 4 millones que van a prácticas laborales y empleo, el millón que va a apoyo a empresa, a PYMES, apertura vivero Barro-Meis y Lalín, infraestructuras de accesibilidad. Le leí todo lo que significa este presupuesto, y la verdad, lamentablemente, creo que usted no lo ha visto en detalle, creo que no lo ha valorado, creo que, a ver, cuando, sinceramente, cuando habla usted de improvisación, si algo se caracteriza y si algo puede ser el referente de la improvisación son los tres folios que ustedes escribieron, vieron el presupuesto, no sabían por donde salir, porque es un esquema que rompe totalmente con la práctica política de muchísimos años, decenas y decenas de años, y no sabían lo que escribir, y se ponen a hablar de empleo y cifran una cantidad cuando todavía la propuesta del gobierno es absolutamente mayor. Por lo tanto, sinceramente, quienes dan la espalda a los concellos y quienes dan la espalda a sus propios concellos donde están gobernando, ciertamente, son ustedes. Mire, me declaro discípulo de Abel Caballero, si, me declaro discípulo, es de la persona que más he aprendido en política aún siendo de partidos diferentes, si ustedes aprendieran de el, de verdad que les iría mucho mejor, si, si estuvieran atentos a como lleva una ciudad, y está confirmado por los ciudadanos, se darían perfecta cuenta de que es ciertamente una persona defensora de sus ciudadanos. Porque mire, todos los que se presentan a alcaldes en la elecciones municipales dicen aquella máxima de que defenderé a mi ciudad por encima de mi partido y de todo, solo he visto que eso lo ha cumplido uno, Abel Caballero y su gobierno en la ciudad de Vigo, por lo tanto, me siento, ciertamente, orgulloso. Mire, yo quiero concluir con lo que dije en el primer debate, es un presupuesto histórico, es un presupuesto que marca un futuro en esta Pontevedra, en esta provincia de Pontevedra, es un presupuesto que acaba con la arbitrariedad, y ya sé que es muy fácil de decir, y ya sé que algunos de ustedes o la mayoría no quieran atender a lo que digo, pero acaba con la arbitrariedad, instaura la igualdad, instaura la dignidad, instaura la democracia en esta provincia para todos los concellos, y eso es algo que ustedes no han hecho en decenas de años. Por lo tanto, este es un presupuesto histórico, un presupuesto de futuro, un presupuesto que, le sigo diciendo lo mismo a todos ustedes, de que cuando pase el año y se ejecute el presupuesto se verán, ciertamente, las bondades. Y me voy a referir otra vez a lo que creo que resume este presupuesto, este nuevo gobierno y que es la continuación y la continuidad del discurso de la Presidenta de toma de posesión en nombre de todo el gobierno. Esto es lo importante, democracia, igualdad y dignidad, esto no lo hicieron ustedes, esto está materializado en este presupuesto, y este sí que es el nuevo gobierno, la nueva forma de mirar a los ciudadanos para que se sientan libres, representados por sus alcaldes, y en condiciones de igualdad, no como anteriormente, y por eso utilicé el término político caciquismo porque refleja claramente lo que hacían ustedes. Nosotros, este gobierno somos la antítesis, somos la democracia, muchas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Finalizado o debate, poñemos a votación a aprobación definitiva do Orzamento para o exercicio 2016. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 12 e 1 abstención. 1.- Visto o informe xurídico conxunto da Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación e do Sr. Interventor, que textualmente di: “ANTECEDENTES Primeiro. Por acordo adoptado no Pleno da Corporación, celebrado o 27 de novembro de 2015, aprobouse provisionalmente o orzamento provincial para o ano 2016, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo. Segundo. Dentro do prazo establecido presentáronse, en tempo e forma, as seguintes reclamacións: A) Con data de rexistro de entrada na Deputación do 14 de decembro de 2015, o presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios CSIF de Pontevedra formula unha serie de alegacións, que de forma extractada se expoñen a continuación: - Incumprimento da negociación colectiva por entregarse documentos cerrados, ós que responderon solicitando máis información e indicando que deberían ser obxecto de negociación. Entenden que se incumpriu o disposto no artigo 37 do EBEP. - No capítulo I aprecian situacións desproporcionadas que deberían corrixirse e que atentan contra o principio de boa fe; entre elas destacan: o Falta de negociacións previas, con respecto á creación e amortización de prazas e postos de traballo. o Promocións internas “ad hoc”, sen respecto dos procedementos establecidos legalmente, ó proporse a adxudicación de prazas de nova creación con adxudicación directa destas sen levar a cabo ningún proceso selectivo. o Incremento das asignacións destinadas a gratificacións e produtividades sen aparente xustificación, non existindo os seus preceptivos informes previos. o Mantemento de determinadas produtividades para o exercicio 2016 que derivan de traballos realizados nos extinguidos organismos autónomos. - Recuperar as achegas ó Plan de pensións e dotar de crédito a partida orzamentaria destinada a este fin. - En definitiva, solicitan que se cumpran as obrigacións legais en materia de negociación e que os futuros orzamentos se presenten en tempo e forma, se convoque a mesa de negociación co fin de tratar as modificacións realizadas na RPT e se manteñan os principios reitores do artigo 55 do EBEP nos procedementos selectivos e se regulen de maneira racional as dedicacións exclusivas, produtividades nas súas distintas modalidades, as gratificacións e outros. B) O secretario da Sección Sindical de CC OO na Deputación, mediante escrito de data de rexistro de entrada de 15 de decembro de 2015, formula unha serie de alegacións, que, de forma extractada, se expoñen a continuación: - Incumprimento da negociación colectiva, de dar información e das negociacións previas á aprobación dos orzamentos cos representantes sindicais. - En relación co capítulo I destacan: atribuírlles o nivel 29 de complemento de destino a todos os postos de traballo de Xefe de Servizo; contemplar unha cantidade suficiente para compensar ós empregados que desempeñan postos de traballo de superior categoría; previsión orzamentaria para que se gratifique ós traballadores no momento da xubilación; previsión para que os traballadores poidan ampliar a vida laboral nos casos que non teñan o 100% de cotización; adquirir o compromiso de destinar a cantidade que recolle o Acordo Regulador e Convenio Colectivo ó plan de pensións; previsión orzamentaria para a compra de material informático nos distintos Centros e de maneira especial no ORAL; destinar as cantidades necesarias para cambiar e arranxar as estruturas e o mobiliario; contemplar cantidades necesarias para o normal funcionamento dos Servizos da Deputación; en canto a todo tipo de medios e maquinaria, mobiliario, mantemento de edificios; previsión para o Plan de igualdade e para incrementar o valor das horas extras nas bases de aplicación de retribucións. - En relación co Centro Príncipe Felipe: previsión para a creación dun Centro de residencia semanal que atenda as necesidades dos menores dos concellos da provincia; destinar unha partida para a creación dunha Unidade de Vida Independente e reforzar a autonomía dos internos; contemplar cantidade suficiente para a reposición de mobiliario; previsión económica para facer os investimentos necesarios na estrutura, consignación para a compra dun autobús; previsión para atender urxencias ou avarías fóra da xornada laboral. - Respecto ó Servizo de Infraestruturas: foméntase a entrada da empresa privada coa amortización de tres postos de traballo de condutor maquinista, están en contra da amortización de prazas e propoñen a creación de 6 prazas de mecánico a fin de revitalizar o taller; non están de acordo coa externalización do Parque de Maquinaria e Imprenta, dotar unha partida para iniciar os trámites do novo Parque e da Imprenta; previsión para a fabricación de aglomerado no Parque; previsión para a compra de camións e maquinaria. C) A funcionaria de carreira Concepción López Paz, Xefa do Servizo de Medio Ambiente, mediante escrito de data de rexistro de entrada de 16 de decembro de 2015, número 2015125964, formula como alegación non estar de acordo coa amortización do posto de traballo de Xefe de sección de Medio Ambiente, por falta de motivación e negociación. Así mesmo, coa mesma data e número de rexistro 2015125957 manifesta a súa desconformidade co cambio de adscrición dun posto de traballo de administrativo de Intervención ó Servizo de Medio Ambiente, ó tempo que solicita que se lle asigne o factor dedicación dentro do complemento específico ó posto de traballo que desempeña, de Xefa do Servizo de Medio Ambiente. Terceiro. En relación con estas alegacións cabe sinalar que a elaboración do cadro de persoal e a relación de postos de traballo se levou a cabo tendo en conta as propostas do distintos Centros e Servizos, consensuadas cos deputados delegados das áreas correspondentes. Os cambios que se introducen na estrutura organizativa (creación de novos Servizos ou centros xestores independentes) son consecuencia da nova distribución de competencias por áreas de goberno e da mobilidade de varios postos de traballo entre Servizos, xa sexa coa finalidade de redistribuír os postos afectados por estes cambios como de adscribir os postos ós Servizos onde se están a realizar as correspondentes funcións, deixando pendentes todas aquelas propostas sindicais de creación de novas prazas, incrementos de niveis de complemento de destino e revisión do específico, entre outras, á realización dunha nova valoración de postos de traballo no ano 2016, que permita adecuar tanto a organización interna dos distintos centros e servizos coma os postos de traballo, funcións, contidos e responsabilidades ás demandas cidadás e circunstancias específicas desta Administración, que no seu día non existían ou foron cambiando dende que se elaborou a anterior RPT. En ningún caso existe adxudicación directa de prazas de nova creación por promoción interna, situación que parece confundir o Sindicato CSIF, ó non especificar a cales se refire, coa provisión de postos de traballo. A creación do Servizo de Cohesión Social e Xuventude como centro xestor independente cunha adscrición a este Servizo de determinados postos non implica que o seu responsable sexa un funcionario/a en concreto, dado que a provisión do referido posto se levará a cabo polo procedemento regulamentario, sen prexuízo de que temporalmente en tanto non se desenvolva a convocatoria se cubra mediante adscrición provisional. As cantidades que figuran en concepto de produtividade e gratificacións nas diferentes aplicacións orzamentarias calcúlanse en función do número de empregados adscritos a cada centro xestor, segundo a redistribución de postos efectuada e os gastos realizados no exercicio anterior. Respecto á produtividade que deriva dos traballos que se seguen a facer nos extinguidos organismos autónomos contémplase a súa concesión sen especificar importes nin persoas beneficiarias, marcándose un criterio que xustifica o seu pagamento nos casos que proceda e por tarefas non incluídas no posto de traballo. Cuarto. O cadro de persoal, as relacións de postos de traballo e as bases de aplicación de retribucións foron negociadas cos representantes sindicais de CC OO, CSIF, CIG e FSP-UXT en reunións celebradas o 16 e o 18 de novembro de 2015. Nestas reunións a Deputación comprometeuse a poñer en marcha unha nova valoración dos postos de traballo, o que conleva a actualización dos organigramas existentes, as guías de funcións e a revisión en xeral do contido dos postos de traballo. Quinto. Dentro dos cambios que se introducen no cadro de persoal do ano 2016 contémplase a creación dun posto de traballo de coordinador informático de aplicativos de catalogación de Arquivo e Museo, que por erro se integrou no Servizo de Patrimonio Documental cando debería figurar no Servizo de Novas Tecnoloxías. Polo tanto, tendo en conta a proposta do xefe de Servizo e o contido do posto, procede rectificar a relación de postos de traballo dos Servizos afectados na aprobación definitiva do orzamento provincial, realizando un cambio de adscrición do referido posto, que pasa a depender do Servizo de NN TT. De igual forma, advertiuse un erro no cambio de adscrición de dous postos de traballo, que aparecen recollidos correctamente no informe do Servizo de RR HH pero non na RPT. Neste senso intégrase o posto de traballo de xefe de negociado de Comunicación Institucional en Servizos Lingüísticos e o posto de auxiliar administrativo de Deportes en Cohesión Social e Xuventude. Sexto. Ademais, neste orzamento créase a relación de postos de traballo de persoal directivo con rango de alto cargo na que se inclúen o posto de director xerente de Príncipe Felipe e o posto de traballo de director de mobilidade. O artigo 32 bis da Lei de Bases de Réxime Local, introducido polo número 12 do artigo primeiro da Lei 27/2013, de 27 decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, dispón que o nomeamento do persoal directivo que, no seu caso, houbera nas Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares deberá efectuarse de acordo a criterios de competencia profesional e experiencia, entre funcionarios de carreira do Estado, das Comunidades Autónomas, das Entidades Locais ou con habilitación de carácter nacional que pertenzan a corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1, salvo que o correspondente Regulamento Orgánico permita que, en atención ás características específicas das funcións de tales órganos directivos, o seu titular non reúna dita condición de funcionario. De acordo co anterior, para o posto de traballo de director xerente de Príncipe Felipe esíxese o requisito de ser funcionario público, e para o posto de director de mobilidade contémplanse dúas opcións: ser funcionario público ou laboral fixo das Administracións Públicas, co obxecto de garantir un maior abanico de posibilidades de selección de candidatos; esta medida excepcional podería xustificarse no feito de que nas Administracións Públicas non abondan os corpos de funcionarios con ese perfil, sendo máis frecuente a existencia de persoal laboral. Neste senso e en caso de que resultase seleccionado un laboral este non poderá exercer as funcións reservadas na lei a funcionarios públicos en tanto non se estableza no regulamento orgánico que o posto directivo pode ser desempeñado por persoal laboral. A provisión destes postos levarase a cabo en base a criterios de competencia profesional e experiencia na xestión, tendo en conta o previsto no artigo 13 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e artigo 33 e 34 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia. CONSIDERACIÓNS LEGAIS A) De conformidade co establecido no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e o artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88, unicamente se poderán presentar reclamacións contra o orzamento: a) Por non terse axustado a súa elaboración e aprobación ós trámites establecidos nesta Lei. b) Por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións esixibles á Entidade local, en virtude de precepto legal ou de calquera outro título lexítimo. c) Por seren de manifesta insuficiencia os ingresos con relación ós gastos orzamentarios ou ben destes respecto ás necesidades para as que estean previstos. B) Así mesmo, ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do Procedemento administrativo común, as administracións poden rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos e de feito existentes nos seus actos. C) No artigo 37.1, apartados b) e c), do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, disponse que serán obxecto de negociación as materias relativas á determinación e aplicación das retribucións complementarias, así como as normas que fixen os criterios xerais de acceso, carreira, provisión, sistemas de clasificación de postos de traballo e plans e instrumentos de planificación de recursos humanos. Á vista do dito precepto legal e dado o contido das RPT como instrumento técnico de ordenación do persoal das administracións públicas, resulta evidente que tal instrumento debe ser obxecto de negociación colectiva previamente á súa aprobación. Á súa vez, no artigo 37.2 a) do TREBEP, segundo parágrafo, establécese que, cando as decisións das administracións públicas que afectan ás súas potestades de organización teñan repercusión sobre as condicións de traballo, procederá a súa negociación coas organizacións sindicais. A xurisprudencia considera que dentro do procedemento de aprobación das RPT a negociación colectiva configúrase como un trámite de obrigada observancia, se acade ou non un resultado ou acordo, trámite que se cualifica como requisito esencial, cuxa omisión produce a nulidade do acto ou disposición na que se formalice a aprobación da RPT. D) De acordo co previsto no artigo 33.1 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, correspóndelle ó Pleno da Corporación provincial a aprobación e modificación dos orzamentos, de acordo co establecido na Lei reguladora de facendas locais. CONCLUSIÓN En base ós antecedentes e consideracións normativas expostas anteriormente pódense desestimar as alegacións presentadas, emendar os erros indicados na RPT e aprobar definitivamente o orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o ano 2016. Pontevedra, 18 de decembro de 2015 A xefa do Servizo de RR HH e Formación O Interventor Asdo.: Mª Jesús Torres Peón Asdo.: Antonio Graña Gómez” 2. Visto o informe do Xefe de Servizo de Orzamentos e do Interventor, que textualmente di: “En cumprimento da legalidade vixente e en relación coas alegacións e reclamacións formuladas ó acordo de aprobación inicial do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio 2016 emítese o seguinte informe: LEXISLACIÓN APLICABLE 1. Lei 7/85, de 2 de abril (LBRL). 2. Artigos 162 a 171 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRFL). 3. Artigos 2 a 23 do R.d. 500/90, de 20 de abril (RP). 4. Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos xerais do Estado para o exercicio 2016 (LPXE/16). ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro: con data de 27 de novembro de 2015 o Pleno aprobou inicialmente o Orzamento xeral para o 2016, acordando a apertura do trámite de información pública polo prazo de 15 días, mediante inserción do acordo no Boletín Oficial da Provincia, de data 30 de novembro de 2015. Segundo: dentro do citado prazo presentáronse as seguintes reclamacións e alegacións fronte ó acordo de aprobación inicial: • Unión Provincial da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) presenta as alegacións seguintes: incumprimento da negociación colectiva; alegacións ó capítulo 1º e achegas ó Plan de pensións. • Sección Sindical de CC OO na Deputación Provincial de Pontevedra presenta as alegacións seguintes: alegacións ó capítulo 1º; alegacións sobre o Plan de pensións; sobre compra de material informático nos distintos centros, en especial no ORAL; sobre renovación do mobiliario e mantemento de edificios; Plan de igualdade para todo o persoal da Deputación; en relación coa Cidade Infantil P. Felipe: creación de “residencia semanal”, creación de “unidade de vida independente” e renovación dun autobús; en relación co Servizo de Mobilidade e Imprenta Provincial: non amortización de prazas e creación de 6 prazas de mecánico, continuidade da “Imprenta provincial” e previsións para trasladar o “Parque de Maquinaria e a Imprenta” en 2018, creación dunha planta de aglomerado, compra de camións regadores e furgonetas con remolque equipadas para intervencións de urxencia no citado parque e outros equipamentos para o referido parque; e, por último, que se manteñan os investimentos necesarios para garantir a seguridade necesaria dos traballadores. • Dona Concepción López Paz, (DNI: 33991580H), presenta dúas alegacións referidas ó capítulo 1º, unha referida á anulación da amortización da praza de xefa de Sección de Medio Ambiente e a outra referida á asignación do factor de dedicación á xefatura de Medio Ambiente. • O Grupo Provincial do Partido Popular de Pontevedra presenta as seguintes reclamacións ó Orzamento 2016: un aumento dos investimentos nos concellos de 40 a 60 millóns de euros; un aumento das aplicacións específicas para o emprego, ata 10 millóns de euros, e as destinadas a bolsas para os mozos, ata 5 millóns de euros; que non se reduzan as aplicacións de Deportes en 2 millóns de euros, mantendo as axudas ó deporte base, escolas deportivas, deporte náutico, bolsas e investimentos en infraestruturas deportivas; que non se reduzan as aplicacións de Cultura en 1,6 millóns de euros, mantendo as específicas para escolas de música, conservatorios, premios de investigación, plan cultural, axudas culturais a asociacións e investimentos en infraestruturas culturais; que non se reduza o orzamento do Museo provincial en 1 millón de euros; que non se eliminen as axudas ós “sectores produtivos” do sector agrario, do mar e vitivinícola; que non se reduza o orzamento da Finca Mouriscade en máis de 1 millón de euros; que se incorporen medidas concretas de “promoción do turismo”; que se manteñan os programas de iniciativa social: Pensa en Ti, Ti Tamén Contas, Coidarte, Saúde e Benestar e Actívate; que se concreten as partidas xenéricas que conforman a maioría do orzamento e, así mesmo, que se minoren as partidas de comunicación e propaganda. • O Grupo Municipal do Partido Popular de Redondela presenta as seguintes alegacións ó orzamento 2016 nos seguintes termos: que se inclúan e definan aplicacións para o desenvolvemento dos proxectos seguintes: Proxecto de mellora do Terreo de xogo e instalacións do Campo de Fútbol na Parroquia de Viso; Segunda fase da Estrada Vilar e mellora das estradas provinciais nesa parroquia; e proxecto de mellora, seguridade viaria e acondicionamento da Estrada O Viso-Soutomaior. FUNDAMENTOS DE DEREITO O presente trámite de alegacións ó orzamento 2016 regúlase nos artigos 169 e 170 do TRLRFL, tanto para os prazos de presentación das alegacións, por 15 días dende a publicación no BOPPO, coma para a consideración dos interesados e, no parágrafo 2º do artigo 170 do TRLRFL, enuméranse taxativamente os motivos en que poden fundamentarse as reclamacións fronte ó orzamento nos seguintes termos: • Non terse axustado na súa elaboración e aprobación ós trámites establecidos nesta lei. • Omitir créditos necesarios para o cumprimento das obrigas esixibles, en virtude de precepto legal ou calquera outro título lexítimo. • Por ser de manifesta insuficiencia os ingresos con relación ós gastos orzamentados, ou ben destes respecto das necesidades para as que estean previstos. Das alegacións e reclamacións formuladas polos interesados, sinalados anteriormente, aquelas que fan referencia a materias de persoal (capítulo primeiro), son informadas pola xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación. Das alegacións e reclamacións que fan referencia a capítulos do orzamento de gastos para o exercicio 2016, distintos do capítulo primeiro, entendemos que poden ser desestimadas por non corresponder a ningún dos motivos que se citan no artigo 170.2 do TRLRFL. CONCLUSIÓN Polo exposto considero que se poden desestimar as alegacións e reclamacións presentadas”. Pontevedra, 18 de decembro de 2015 O xefe do Servizo de Orzamentos Conforme o Interventor Asdo.: José Fernández López Asdo.: Antonio Graña Gómez” Vistos os informes conxuntos da xefa do Servizo de Recursos Humanos, do xefe de Servizo de Orzamentos e máis o do Interventor o Pleno da Corporación provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, a adopción dos seguintes acordos: PRIMEIRO: desestimar as alegacións presentadas polo presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios CSIF de Pontevedra, por canto que o Orzamento provincial do ano 2016 se negociou cos representantes sindicais os días 16 e 18 de novembro de 2015 e, neste senso, sobre as diferentes propostas formuladas, a administración adquiriu o compromiso de realizar unha nova valoración de postos de traballo no próximo exercicio, na que se revisarán os organigramas, funcións, condicións de traballo e retribucións de todo o persoal funcionario e laboral da Deputación. SEGUNDO: desestimar as alegacións formuladas polo secretario da Sección Sindical de CC OO, por canto que afectan a materias que forman parte da potestade de auto-organización da Corporación provincial, non constitúen motivo de reclamación, nin están contempladas en ningún dos supostos a que fan referencia os ditos artigos, todo iso sen prexuízo de que, previa negociación, a administración adquiriu o compromiso de realizar unha nova valoración de postos de traballo no próximo exercicio, na que se revisarán os organigramas, as condicións de traballo e retribucións do persoal funcionario e laboral. TERCEIRO: desestimar as alegacións formuladas pola funcionaria de carreira Concepción López Paz polas seguintes razóns: - Non se encontra motivada a asignación do factor dedicación ó seu posto de traballo, sen prexuízo de que unha vez efectuada a valoración de postos así se determine. - Amortízase unha praza de enxeñeiro agrónomo, que se encontraba vacante pola xubilación do seu titular, asociada a un posto de xefe de sección de Medio Ambiente que tamén aparecía vacante na RPT adscrito ó Servizo de Medio Ambiente, non estando ocupadas nin reservadas a ningún funcionario. - A mobilidade por cambio de adscrición dun posto de traballo de administrativo deriva do traslado da funcionaria titular do referido posto a ese Servizo, no que vén exercendo as correspondentes funcións. CUARTO: adscribir o posto de traballo de nova creación de Coordinador informático de aplicativos de catalogación ó Servizo de Novas Tecnoloxías, por un erro inicial na concreción do seu destino. QUINTO: rectificar o erro padecido no cambio de adscrición dun posto de traballo de xefe de negociado de Comunicación Institucional, que pasa a Servizos Lingüísticos, e dun posto de auxiliar administrativo de Deportes, que pasa a Cohesión Social e Xuventude. SEXTO: Desestimar as alegacións formuladas polo Grupo Provincial do Partido Popular de Pontevedra e polo Grupo Municipal do Partido Popular de Redondela, por non corresponder a ningún dos motivos que se citan no artigo 170.2 do TRLRFL. SÉTIMO: aprobar definitivamente o Orzamento Xeral da Deputación de Pontevedra para o ano 2016, tendo en conta a corrección de erros sinalada nos apartados anteriores. Así mesmo e con respecto ó posto de Director de Mobilidade deberá terse en conta que no caso de resultar seleccionado un laboral este non poderá exercer as funcións reservadas na lei a funcionarios públicos en tanto non se estableza no regulamento orgánico que o posto directivo pode ser desempeñado por persoal laboral. 5.6702.- PRÓRROGA DO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Sra. Presidenta.- No punto 5 da orde do día. Prórroga do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM 2014). ¿Algunha observación?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 26 votos a favor e unha abstención. De conformidade co establecido nos artigos 123 e 126 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, sométese ó ditame da Comisión Informativa de Cooperación a seguinte proposta de acordo antes da súa elevación ó Pleno: Resultando que, en virtude das competencias que lle atribúe a lexislación vixente, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais - 2014 (PUSIM/14), sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 44 do 5 de marzo de 2014. Posteriormente o Pleno na súa sesión de 30 de maio de 2014 acordou a modificación e ampliación do crédito do plan, que foi publicada no BOPPO núm. 105, do 3 de xuño de 2014. Resultando que este Plan se concibe co propósito de cooperar cos concellos no financiamento dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, cumprindo así o disposto no artigo 36.1 desta lei, no que se establece como unha das competencias da Deputación a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, así como a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica cos concellos, especialmente cos de menor capacidade económica e de xestión. Resultando que para acometer estas medidas de apoio ós concellos se dotou inicialmente ó PUSIM/14 con 15 millóns de euros, e que posteriormente tras a modificación do plan ampliouse a súa dotación en 12 millóns máis do plan, ata acadar un total de 27 millóns de euros. Resultando que a implementación do PUSIM/14 está suxeita á aparición de imprevistos e retrasos provocados pola complexa tramitación administrativa derivada da necesidade de obter as licenzas, permisos e autorizacións pertinentes esixidos para a execución dos investimentos subvencionados; que a ampliación do crédito do plan supuxo para os concellos a necesidade de plantexar novas actuacións, se ben dentro do prazo inicial de execución, que non foi modificado; que o plan recolle na súa base décimo primeira a posibilidade de modificación das subvencións para investimentos xa outorgadas cando concorran circunstancias excepcionais, así como na base décimo cuarta regúlase a reinversión das baixas producidas na mesma ou distinta obra e a presentación de modificados de proxectos. Resultando que por todo o anteriormente exposto semella difícil que todos os investimentos acollidos no plan se poidan executar e xustificar nos prazos previstos inicialmente no plan, resulta aconsellable acomodar os prazos de concesión de subvencións e execución ás circunstancias reais dos investimentos, e por tanto ampliar os seus prazos co fin de garantir que os concellos dispoñan do tempo suficiente para xestionar a realización das actuacións subvencionadas cumprindo a legalidade vixente. Considerando que de acordo co disposto nos artigos 182 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 34 e ss. do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, os créditos comprometidos do PUSIM/14 a 31 de decembro de 2015, incorporaranse ó orzamento de 2016, previa tramitación do correspondente expediente de incorporación de remanentes de crédito, unha vez aprobada a liquidación do orzamento xeral de 2015. Resultando que este crédito, cumprido o anterior, poderá ser aplicado, seguindo o disposto nos artigos 22.1 e 27 da Lei xeral de subvencións, na Base 25.2ª dos Orzamentos provinciais e nas Bases Reguladoras do PUSIM/14, ata o fin do Plan. Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; e visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, previa a súa elevación ó Pleno; en virtude dos artigos 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 70 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención de Coalición Electoral SON: Aprobar a prórroga, ó abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais – 2014, dos prazos de concesión de subvencións por cambios ou modificacións do contido das resolucións xa recaídas, así como dos de concesión por reinversións de baixas, ata o 30 de abril de 2016. Aprobar a prórroga, ó abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais – 2014, dos prazos de execución e xustificación, tanto dos investimentos, como dos cambios ou modificacións do contido das resolucións xa recaídas, así como das reinversións de baixas, ata o 31 de agosto de 2016. 6.6703.- VALIDACIÓN DA CREACIÓN DO SERVIZO ECONÓMICO PROVINCIAL DOS VIVEIROS DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS E LALÍN, DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, E APROBACIÓN DA SÚA ORDENANZA REGULADORA Sra. Presidenta.- No punto 6. Validación da creación do servizo económico provincial dos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín, da Deputación de Pontevedra, e aprobación da súa ordenanza reguladora. ¿Observacións?. ¿Votos?. Sra. Arévalo Gómez.- Si, gracias. Simplemente, queremos que conste en acta que desde este grupo provincial queremos recordar ó goberno que puxo en marcha esta gran iniciativa que é polígono Barro-Meis e Lalín, por eso creo que un momento tan difícil da economía haber posto esto en marcha, á parte de un gran acerto, pois foi un esforzo importante para esta casa, felicito ó anterior Presidente, ó anterior equipo de goberno, en nombre de todo este Grupo Popular, e, vamos, que estamos moi satisfeitos de que vexamos como esto se pon en marcha, porque o que lle quedou a vostedes, pois, foi unha chave para poñelo a andar. Máis nada. Sra. Presidenta.- Como estamos en Navidad e pro perto remata o 2015, hoxe o equipo de goberno vén decidido a que o ruído non inunde esta extraordinaria institución, este maravilloso edificio civil. Non lle vou a contar como atopamos a situación de este viveiro de empresa, porque seguramente o terán que estudiar outras institucións, Sra. Arévalo. E se vostede se queda contenta de o que ten dito, pois, feliz, moi ben, vállase vostede contenta pero, de verdade, lle digo que a herencia recibida para aplaudir non é, esta tampouco, llo aseguro, Sra. Arévalo, pero, en todo caso, se vostede é feliz a mi me encanta que en Nadal a xente sea feliz. Poñemos a votación a validación desta creación do Servicio económico provincial dos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín da Deputación de Pontevedra, e a aprobación da súa ordenanza reguladora. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor e 13 abstencións. ANTECEDENTES: I.- Con data 29 de abril de 2013 asinouse un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a “Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE)”, para a construción e o acondicionamento de dúas naves destinadas á creación de viveiros de empresas, unha no Polígono Industrial de Barro-Meis e outra no Polígono Industrial Lalín 2000, e cuxa execución se cofinancia ó oitenta por cento cunha axuda outorgada polo FEDER, dentro do Eixo 2 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013. II.- Finalizada a fase de construción e dotación dos viveiros, é preciso continuar co desenvolvemento do proxecto e poñer en funcionamento os viveiros de empresas. Por esta razón, tras aprobar con anterioridade as bases reguladoras da adxudicación dos espazos e o funcionamento dos viveiros, agora faise necesario validar a creación do servizo económico provincial dos viveiros e aprobar a súa Ordenanza reguladora, que conterá a regulamentación xeral do seu funcionamento e será o marco no que se deben incardinar as bases reguladoras adaptadas á realidade económica e empresarial actual, co obxectivo de acadar un funcionamento eficiente dos viveiros e o desenvolvemento económico da provincia e que permitirán flexibilizar e axilizar os trámites precisos para a implantación de empresas e que se continúe favorecendo a creación, posta en marcha e o desenvolvemento de iniciativas empresariais na provincia. LEXISLACIÓN APLICABLE - Artigos 36.1.d), 85 e 86 e demais concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril (LRBRL). - Artigo 97 do RDL 781/86, de 18 de abril (TRLRL). - Artigos de aplicación xeral e básicos da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP). - Artigo 74 e demais concordantes do Regulamento de Bens das Corporacións Locais (RBCL). - Regulamento de servizos das Corporacións Locais (RSCL). - Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común (LRJAP e PAC). - Artigo 47, 49 e 70.2 da LRBRL. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: 1. Competencia.- O artigo 36.1.d) da LRBRL, establece como competencia propia “a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial …”, é dicir, a prestación desta actividade de carácter económico entra dentro do marco competencial das deputacións. Sendo competencia propia, a Deputación pode configurala como servizo de carácter económico segundo se dispón nos artigos 85.1 e 86.1 da LRBRL. 2. Creación do servizo económico provincial.- Considérase que a posta en marcha do servizo provincial dos viveiros de Barro-Meis e Lalín constitúe unha actuación integrada na actividade de fomento da cooperación económica e social que emprendeu a Deputación no seu momento e para a que tramitou xa o correspondente expediente xustificativo das razóns de necesidade e oportunidade que inclúe, tras a súa análise integral, a prestación da actividade económica nos viveiros. Asemade, pode considerarse que indirectamente o pleno xa validou a posta en marcha da prestación deste servizo a través dos orzamentos, nos que se contemplou a dotación necesaria para o financiamento da construción dos viveiros. 3. Aprobación da ordenanza.- Ó configurarse os viveiros como un servizo de carácter económico provincial, o Pleno provincial debe aprobar unha ordenanza reguladora que sexa o marco Xeral ó que se teñen que acoller as bases reguladoras para a adxudicación dos espazos e o funcionamento dos viveiros. 4. Sobre os viveiros e viveiristas.- Os viveiros de empresas son infraestruturas destinadas a acoller empresas de nova creación, entendéndose como nova creación unha antigüidade máxima de 2 anos. Igualmente no viveiro poderanse instalar empresas en fase de constitución, así como emprendedores que constitúan a súa empresa no prazo máximo sinalado nas Bases. A sensu contrario, os viveiros non poden incubar empresas de máis de 2 anos de antigüidade. 5. Tempo máximo de estancia.- O tempo máximo de estancia dunha empresa nun viveiro será dun ano, con prórroga doutro máis, segundo as indicacións do FEDER. Non obstante, a Comisión Europea considera que o período de incubación empresarial poderá estenderse ata 3 anos e polo tanto non se permitirá que as empresas instaladas nos viveiros poidan estar neles máis tempo. 6. Principios de selección de viveiristas.- É imprescindible cumprir cos principios de fomento da igualdade de xénero e non discriminación á hora de valorar o acceso das empresas ó viveiro de empresas. 7. Destino do edificio a viveiro de empresas.- O edificio deberá utilizarse como viveiro de empresas por un tempo mínimo de 15 anos desde a súa posta en funcionamento. 8. Xestión dos viveiros.- A Deputación de Pontevedra, como organismo responsable da xestión dos viveiros de empresas, levará a cabo labores de incubación empresarial que permitan crecer e consolidar as micropemes incubadas. Un viveiro de empresas non é un centro de negocios, e a normativa FEDER establece que os organismos responsables da xestión dos viveiros deben levar a cabo labores de formación, asesoramento, orientación, acceso ó financiamento, etc. 9. Prohibición de xerar beneficios.- A xestión dos viveiros de empresas non pode xerar beneficios para o organismo xestor, o que sería penalizado polo FEDER, xa que o organismo ten que repercutir ás empresas incubadas unicamente os seus gastos de mantemento. 10. Contabilidade separada.- A Deputación de Pontevedra está obrigada a levar unha contabilidade analítica separada para a xestión do proxecto. Este código analítico que se dea de alta, deberá ser comunicado a través de certificación oficial á Fundación INCYDE. Neste código recolleranse os ingresos derivados da xestión do viveiro, así como os gastos xerados. 11. Información e publicidade.- A Deputación de Pontevedra deberalle facilitar á Fundación INCYDE toda a información que lle solicite, ó amparo do Programa Operativo. Igualmente estará obrigada a promover e difundir entre as súas empresas incubadas, todas as actuacións que a Fundación leve a cabo para o crecemento das empresas (congresos de viveiristas, xornadas de financiamento, etc.). Os viveiros de empresas deben cumprir estritamente coa normativa FEDER en materia de publicidade e difusión do cofinanciamento europeo. Desta maneira e á parte da placa inaugural colocada en sitio visible de acceso ó viveiro, toda a documentación correspondente ó viveiro deberá contar sempre co logo do FEDER e a mención ó seu cofinanciamento nun 80%. 12. Réxime de cesión de uso.- As empresas incubadas non se instalan no viveiro nun réxime de arrendamento, senón que o fan en réxime de cesión de uso. A cesión faise seguindo o procedemento que se regula nestas bases (artigos 74 do RBEL, 32 do RSCL e 87 da LPAP), polas normas da LRBRL, TRLRL, RSCL e polas normas do TRLCSP e LRJAP e PAC nos aspectos non regulados nas normas anteriores, ó considerarse que se presta unha actividade de carácter económico suxeita a dereito público. 13. Aprobación da Ordenanza.- O artigo 49 da LRBRL establece que a aprobación das ordenanzas locais se axustará ó seguinte procedemento: a. Aprobación inicial polo Pleno. b. Información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxerencias. c. Resolución de todas as reclamacións e suxerencias presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno. No caso de que non se presentara reclamación ou suxerencia algunha, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. Segundo o disposto no artigo 47 da LRBRL, para a aprobación desta ordenanza esíxese a maioría simple dos votos do pleno. 14. Entrada en vigor.- Conforme ó disposto no artigo 70.2 da LRBRL, a presente Ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da LRBRL. CONCLUSIÓNS: En atención ó exposto, a Xefa do Servizo de Cooperación informa favorablemente a convalidación da creación do servizo económico provincial dos viveiros e a aprobación da Ordenanza reguladora do servizo económico provincial dos viveiros de empresas de Barro – Meis e de Lalín, da Deputación Provincial de Pontevedra. RÉXIME COMPETENCIAL: De conformidade co disposto nos artigos 33.2.b), 47 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a competencia para resolver atribúeselle ó Pleno. En consecuencia, vistos os informes da xefa do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral, da Intervención e a restante documentación obrante no expediente, así como o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e coas abstencións do PP e de Coalición Electoral SON, aprobar o seguinte: 1. Validar a creación do Servizo económico provincial dos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín. 2. Aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora do servizo económico provincial dos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín, da Deputación de Pontevedra, cuxo teor literal di como segue: “ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO ECONÓMICO PROVINCIAL DOS VIVEIROS DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS E DE LALÍN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA MARCO INTRODUTORIO A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en abril de 2013, asinou un convenio de colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE) para a construción e acondicionamento de dúas naves destinadas á creación de Viveiros de Empresas, unha no Polígono Industrial Barro-Meis e a outra no Polígono Lalín 2000, a financiar por medio dunha axuda que a institución provincial recibiu da Fundación INCYDE, concedida polo FEDER dentro do Eixo 2 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013. Os viveiros de empresas son unha estrutura de acollida temporal de empresas pensada para encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, acompañalas e prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia. Constitúen uns espazos físicos nos que combinando o ofrecemento de locais así como a prestación doutros servizos a Deputación de Pontevedra, como responsable da administración e xestión dos viveiros de empresas por un tempo mínimo de 15 anos desde a súa posta en funcionamento, cubrirá as necesidades básicas de pequenas e medianas empresas permitindo mellorar as súas expectativas nos primeiros pasos do seu ciclo de vida. Continuando co desenvolvemento do proxecto e para a posta en marcha dos viveiros de empresas, faise necesario adaptar unha Ordenanza á realidade económica e empresarial actual co obxectivo de acadar un funcionamento eficiente dos viveiros e o desenvolvemento económico da provincia, e que á súa vez se flexibilicen e se axilicen os trámites precisos para a implantación de empresas e se continúe favorecendo a creación, posta en marcha, e o desenvolvemento de iniciativas empresariais na provincia. Esta Ordenanza desenvólvese nos seguintes puntos: TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Obxecto xeral. 1. A presente Ordenanza ten por obxecto regulamentar o funcionamento dos Viveiros de Empresas da Deputación de Pontevedra sitos no Polígono Industrial Barro-Meis e no Polígono Lalín 2000, regulando o procedemento de adxudicación de espazos, a relación entre os cesionarios de espazo e o órgano de xestión dos viveiros, as normas de réxime interno e as cotas de cesión de espazos e de compensación de gastos. Artigo 2.- Descrición. 1. O viveiro de empresas de Barro-Meis sitúase nun edificio de nova planta situado no Polígono Industrial Barro-Meis, parcelas A4.5 Outeda-Curro, no concello de Barro (Pontevedra). A parcela conta cunha superficie total de 5.136,65 metros cadrados e o edificio destinado ó viveiro ten unha superficie construída de 2.588,80 metros cadrados distribuídos en 3 alturas. Ofrece os seguintes servizos: a) 16 naves dunha superficie variable entre 54,75 m² e 111,10 m², 24 oficinas dunha superficie variable entre 18 m² e 25 m² e 4 salas de xuntas de 37 m² cada unha (3 delas destinadas a espazos coworking) e de uso común, dotados de infraestruturas de iluminación, auga, electricidade, internet e zonas comúns. b) Servizos comúns: mantemento do edificio, limpeza, seguridade, aseos, persoal administrativo, etc. 2. O viveiro de empresas de Lalín sitúase nun edificio de nova planta situado no Polígono Industrial Lalín 2000, parcela E3, no concello de Lalín (Pontevedra). A parcela conta cunha superficie total de 23.066 metros cadrados e o edificio destinado ó viveiro ten unha superficie construída de 1.067,90 metros cadrados distribuídos en 3 alturas. Ofrece os seguintes servizos: a) 3 naves dunha superficie variable entre 141,00 m² e 142,70 m², 5 oficinas dunha superficie variable entre 16,10 m² e 18,10 m², 1 espazo coworking de 92,10 m² e 1 sala de xuntas de 20,90 m² e de uso común, dotados de infraestruturas de iluminación, auga, electricidade, internet e zonas comúns. b) Servizos comúns: mantemento do edificio, limpeza, seguridade, aseos, persoal administrativo, etc. Artigo 3.- Obxectivos. 1. Os obxectivos principais dos Viveiros de Empresas son: a) Favorecer a creación e consolidación de novas empresas. b) Favorecer a xeración de emprego. c) Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador. d) Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado. e) Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que precisen dun espazo físico de localización, infraestrutura, loxística e servizos ofertados polos viveiros. f) Contribuír á dinamización da provincia e das localidades nas que están situados os viveiros. Para conseguir estes obxectivos cóntase coa axuda da Unión Europea a través de Fondos FEDER xestionados por INCYDE, e coa achega económica da Deputación de Pontevedra. Artigo 4.- Servizos. 1. Nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín poderanse prestar, entre outros, os seguintes servizos: a) Locais privados equipados con mobiliario e dotación de infraestruturas de electricidade, climatización, auga e comunicacións. b) Áreas e servizos comúns: • Recepción e control de accesos. • Administración/Secretaría. • Limpeza e mantemento. • Seguridade. • Aparcadoiro. • Aseos. • Salas de Xuntas. c) Servizos de asesoramento e formación, a través dos departamentos da Deputación de Pontevedra de: • Creación e xestión de empresas. • Internacionalización. • Xestión da Calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais. • Proxectos e subvencións relacionados coa Unión Europea. • Asesoría xurídica, fiscal e laboral. Artigo 5.- Horario. 1. Os viveiros estarán en funcionamento atendidos por persoal de servizos varios contratado pola Deputación de Pontevedra durante os doce meses do ano, en días laborais, de luns a venres en horario ininterrompido de 8.00 h. a 22.00 h. 2. Durante os fins de semana e días festivos poderán acceder as empresas ás súas instalacións para realizar actividades empresariais comúns pero non se farán actividades que impliquen unha utilización intensiva das zonas comúns tales como eventos, formación, etc. Se é preciso realizar este tipo de actividades, durante estes períodos, deberá existir un consentimento expreso da Deputación de Pontevedra, correndo os posibles custos a maiores a cargo da empresa convocante. 3. Para o control e seguridade durante as fins de semana e días festivos establecerase o seguinte réxime: a) No viveiro de Barro-Meis, existirá control de presenza e seguridade tanto con electrónica como por persoal contratado ó efecto. b) No viveiro de Lalín, existirá control de presenza e seguridade electrónica. 4. A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de modificar o sistema de control en relación a persoal, horario e equipos para adaptarse ás diferentes circunstancias de seguridade e control. Artigo 6.- Persoal. 1. A Deputación de Pontevedra garantirá o correcto funcionamento das instalacións dos viveiros con persoal propio, que traballará en quenda de mañá (8.00 h. - 15.00 h.) e en quenda de tarde (15.00 h. - 22.00 h.), de modo que as necesidades dos viveiristas estean cubertas durante o horario de funcionamento das instalacións. 2. En caso de necesidade, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de levar a cabo contratacións laborais temporais de persoal para poder cubrir posibles baixas, períodos vacacionais, etc. Artigo 7.- Cesionarios. 1. Poderán ser cesionarios tódalas persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e desexen iniciar o exercicio dunha actividade empresarial ou profesional nos viveiros de empresas, outorgándolle prioridade a aqueles proxectos que incidan en actividades económicas novidosas que incorporen novas fontes ou xacementos de emprego. 2. Non poderán ser cesionarios aquelas persoas que se encontren incursas nalgunha das prohibicións que sinala o art. 60 do Real Decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP, en adiante). Os que acorden unha cesión de espazo coa Deputación de Pontevedra deberán estar ó corrente no pago das cargas sociais e no cumprimento das obrigas tributarias estatais, autonómicas e locais. 3. Serán requisitos mínimos para ser cesionario:  Ser empresas xa constituídas, de nova creación ou emprendedores que necesiten un espazo adecuado para estudar e preparar o seu proxecto, nos termos anteriormente apuntados.  As persoas, físicas ou xurídicas, interesadas na cesión dos espazos deberán desenvolver actividades que se consideren compatibles coas categorizacións industriais das parcelas dos polígonos, do listado de actividades e das ordenanzas por zonas e xerais de cada polígono, así como da normativa urbanística relacionada. 4. Para ser cesionarios dos Viveiros de Empresas os emprendedores e/ou empresas que o soliciten deberán cumprir, ademais do anterior, os seguintes requisitos, sen prexuízo de novas modificacións ou especificacións que se poidan establecer: a) Persoas, físicas ou xurídicas, que comecen a súa actividade económica nas instalacións dos viveiros de empresas. Estas empresas ou autónomos terán un prazo dun mes desde a adxudicación do espazo para xustificar o inicio da actividade. b) Persoas, físicas ou xurídicas, que houberan iniciado a súa actividade empresarial recentemente. Esíxese unha antigüidade máxima de constitución de vinte e catro meses desde o inicio da actividade ata a data de presentación da solicitude de utilización de espazo. c) Emprendedores que necesiten un espazo axeitado para analizar e preparar o seu proxecto de empresa e que nun prazo máximo de tres meses desde a súa instalación nos viveiros constitúan a súa empresa. Neste caso o acordo de cesión de espazo terá unha duración máxima de tres meses, podendo prorrogarse este prazo no caso de que se proceda á constitución legal da empresa e o proxecto empresarial sexa considerado viable. d) Usuarios dos espazos de coworking que poderán ser persoas, físicas ou xurídicas, establecéndose para eles un prazo de cesión de espazo dun mes podendo ser renovable mensualmente. TÍTULO II SELECCIÓN, ADXUDICACIÓN E ACORDO DE CESIÓN DE ESPAZO Artigo 8.- Réxime da selección e da adxudicación dos espazos. 1. A selección, adxudicación e o acordo de cesión dos espazos ós cesionarios regularase mediante as súas propias bases reguladoras, iniciándose o procedemento por calquera dos seguintes métodos: a) Convocatoria pública conxunta, total ou parcial dos espazos dos viveiros, efectuada polo órgano competente para a súa resolución. b) Convocatoria continua en función das vacantes e demandas existentes. 2. Sen prexuízo de maiores concrecións do procedemento nas bases reguladoras da adxudicación dos espazos, aquelas solicitudes que non sexan aceptadas por falta de espazos dispoñibles quedarán nunha lista de espera ou fondo de reserva ordenadas por data e hora de presentación, así como pola puntuación obtida no proceso de baremación das solicitudes. No momento en que existan espazos dispoñibles consultarase a mencionada lista para determinar se segue existindo interese do solicitante polo devandito espazo. No caso de que non se amose interese, a solicitude quedará desestimada e eliminada do fondo de reserva. 3. A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de modificar o proceso de selección da cesión de espazos nos viveiros de empresas no momento que considere necesario. 4. A selección de solicitudes, no caso de que exista concorrencia das mesmas, realizarase cumprindo os principios de fomento da igualdade de xénero e non discriminación á hora de valorar o acceso das empresas ós viveiros de empresas, de conformidade cos criterios establecidos nas bases que regulen o procedemento. 5. A valoración e estudo das solicitudes recibidas realizarase a través dun órgano colexiado, cuxa composición se determinará nas bases reguladoras da adxudicación dos espazos. Artigo 9.- Acordo de cesión de espazo e ocupación. 1. O adxudicatario subscribirá un acordo de cesión de espazo coa Deputación de Pontevedra que conterá os dereitos e as obrigas de ambas as partes. 2. A elección dos espazos ofertados efectuarase segundo o establecido nas bases que regulen o procedemento de selección, dándoselle preferencia cando exista concorrencia ós candidatos que obtiveran mellor puntuación. 3. No suposto de renuncia ou desestimento dalgún seleccionado requirirase ó seguinte na orde de puntuación obtida, procedendo, non obstante, a incautación da fianza depositada. 4. O prazo máximo para a sinatura do acordo de prestación de servizos será dun mes. A falta de formalización do acordo de cesión de espazo fará que o seleccionado decaia no seu dereito a favor da seguinte proposta ou solicitude favorable. Este prazo poderá ser prorrogado de xustificarse adecuadamente a insuficiencia do mesmo para o cumprimento dos deberes que se sinalan no apartado seguinte. 5. Antes da formalización do acordo de cesión de espazo, os seleccionados deberán achegar, entre outros documentos especificados nas bases reguladoras, a garantía por importe equivalente a dúas mensualidades da cota establecida pola cesión do espazo, que os cesionarios deberán depositar na Tesourería da Deputación de Pontevedra. Os usuarios de espazos coworking estarán exentos de fianza. 6. A ocupación do espazo realizarase no prazo máximo de un mes desde a sinatura do acordo. Artigo 10.- Duración do acordo de cesión de espazo. 1. O prazo máximo do acordo de cesión de espazo será dun ano, transcorrido o cal, a empresa deberá abandonar o espazo cedido deixándoo libre e expedito, sen necesidade de requirimento especial e sen dereito indemnizatorio algún ó seu favor. No caso de que non o fixer poderán levar a cabo cantas actuacións sexan necesarias para proceder ó desaloxo. 2. Non obstante o disposto no apartado anterior, e co fin de apoiar aquelas empresas que necesiten algún tempo máis para a consolidación do seu negocio, poderá incrementarse este prazo, ata un máximo de dous anos máis, previa solicitude e fundamentación do interesado. Esta será estudada polo órgano competente que será quen determine a necesidade de ampliación temporal da estancia no viveiro, mediante resolución motivada. A petición será formulada cunha antelación de dous meses antes da conclusión do prazo inicialmente establecido. 3. As ampliacións do período de estancia formalizaranse mediante o oportuno anexo ó acordo de cesión de espazo subscrito inicialmente. 4. En ningún caso se admitirá ás empresas unha estancia superior a tres anos incluídas as prórrogas. Artigo 11.- Causas de resolución do acordo de cesión de espazo. 1. Serán causas de resolución da adxudicación do espazo as seguintes: a) A quebra, concurso de acredores, suspensión de pagos ou quita e espera do empresario. b) A extinción da personalidade da sociedade ou falecemento do empresario individual. c) A falta de pagamento do prezo correspondente. d) O cesamento por parte da empresa da actividade durante máis de tres meses consecutivos. e) Incorrer en calquera das infraccións moi graves concretadas na base vixésimo oitava das bases reguladoras. f) A renuncia por parte do empresario. g) A non comunicación dos seguintes cambios: administrador, órganos de administración; estatutos; domicilio social da actividade; obxecto social; IAE. h) De mutuo acordo, previa comprobación do cumprimento polo empresario das súas obrigacións contractuais. TÍTULO III OBRIGAS DOS CESIONARIOS Artigo 12.- Obrigas. 1. Os cesionarios dos espazos deberán prestar garantía por importe equivalente a dúas mensualidades da cota establecida para o espazo que lle foi concedido. 2. Os usuarios de espazos de coworking estarán exentos de fianza, pero no suposto de ocupación inferior ó mes pagarán igualmente o mes completo da cota establecida polo uso dos respectivos espazos. 3. Os espazos destinaranse única e exclusivamente ó proxecto empresarial para o que foron adxudicados. 4. Serán obrigas do cesionario, polo menos as seguintes: a) Iniciar a actividade no prazo máximo de dous meses desde a notificación da adxudicación do espazo, previa a obtención das licenzas e autorizacións necesarias para o seu exercicio. b) Aboar as cotas establecidas polo uso dos respectivos espazos e a prestación de servizos. c) Satisfacer, á súa exclusiva costa, as cargas, impostos e gravames que pesen sobre a actividade comercial que se desenvolva no local. d) Satisfacer as cotas obrigatorias á Seguridade Social das persoas empregadas no local e na actividade que alí se desenvolva. e) Aboar á súa costa os gastos derivados de usos, consumos e subministracións propios. f) Poñer a disposición da Deputación de Pontevedra canta documentación contable e administrativa lle sexa requirida, en especial o Balance e Conta de Explotación Anual, Imposto de Sociedades ou, no seu caso, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para os efectos de poder comprobar o nivel de consolidación que vaia adquirindo a empresa e detectar posibles fallos de xestión que poidan impedir a marcha da empresa nos viveiros, unha vez concluído o período contractualmente acordado. g) Consentir as visitas de inspección que a Deputación de Pontevedra, en calquera momento e no lugar obxecto do acordo de cesión de espazo, a fin de comprobar o uso que se faga do mesmo e o seu estado de conservación. h) Devolver o local á Deputación de Pontevedra á finalización ou resolución contractual (pola causa que fora) nas mesmas condicións de uso que o recibiu, salvando o uso normal e dilixente e o menoscabo por iso producido. Será responsable o empresario do uso neglixente dos servizos obxecto do presente acordo. Todas as melloras realizadas polo empresario no local fora pola causa que fose, quedarán a beneficio do local sen dereito indemnizatorio a favor do empresario. i) Instalar e manter cos seus medios técnicos e económicos cuantos equipamentos especiais sexan precisos para evitar evacuacións nocivas, tanto sólidas, líquidas como gasosas, á contorna exterior, que puidesen producirse pola súa actividade. En todo caso, a actividade que se desenvolva estará sometida á lexislación sectorial, especialmente urbanística e ambiental, de carácter estatal e autonómico. j) Subscribir unha póliza de responsabilidade civil a terceiros, que deberá ter vixencia durante o período contractual. Se a contía dos danos excedese da cobertura do seguro, tal exceso sería de enteira responsabilidade do empresario. Anualmente o empresario estará obrigado a presentar á Deputación de Pontevedra a copia da póliza de responsabilidade civil expresada no parágrafo anterior, así como a copia de pago do recibo da mesma. k) Comunicar á Deputación de Pontevedra calquera variación de forma xurídica, delegación de poderes, cambios substantivos dos paquetes de accións, ampliacións ou variacións do obxecto da sociedade... l) Presentar nova solicitude e documentación no caso de querer cambiar o espazo adxudicado ou necesitar máis dun espazo. m) Os usuarios das instalacións dos viveiros non poderán modificar as partes externas e internas do seu local sen autorización previa por escrito. n) A Deputación de Pontevedra destinará espazos ou soportes para a localización dos carteis identificativos das empresas dos viveiros de forma que estes se integren no deseño da sinalización interior do edificio. A colocación de rótulos distintos dos aprobados ou calquera outra referencia ós diferentes locais dos viveiros non estará permitida nas fachadas, muros exteriores do mesmo, nin nas zonas comúns. o) É obriga de calquera empresario ou usuario dos viveiros de empresas, comunicar á Deputación de Pontevedra calquera avaría ou deficiencia que se produza nas instalacións de uso común do recinto dos viveiros. TÍTULO IV NORMAS DE RÉXIME INTERNO Artigo 13.- Normas. 1. As presentes Normas e as modificacións que poidan ser introducidas nas mesmas, serán obrigatorias para todos os cesionarios e ocupantes dunha parte calquera dos viveiros. Por tanto, as prohibicións, limitacións e responsabilidades de uso previstas nas presentes Normas, serán extensivas ós ocupantes dos espazos suxeitos ás mesmas. A estes efectos entenderase por ocupante calquera persoa física ou xurídica á que a propiedade lle ceda a posesión e uso cesionario de espazos, con carácter temporal, dalgún dos espazos ou dependencias dos viveiros. 2. Debido á especial configuración dos viveiros, as presentes Normas poderán ser modificadas pola Deputación de Pontevedra cando sexa necesario, dado o carácter singular deste Proxecto, que esixe dunha adaptación e mellora constante de acordo coas necesidades requiridas para a creación e posta en marcha de proxectos empresariais. Artigo 14.- Actividades excluídas. 1. En ningún caso se poderán desenvolver actividades que puideran atoparse clasificadas como insalubres, molestas, nocivas e/ou perigosas ó abeiro da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. É máis, exclúense as actividades comerciais (máis alá do centro administrativo, oficina ou nave) que supoñan a apertura ó público dun establecemento, por enriba da mera relación profesional/cliente propia dos espazos ocupados. En concreto exclúense as seguintes: a) Actividades non admitidas polas ordenanzas municipais. b) Empresas non viables técnica e/ou economicamente. c) A práctica en calquera parte dos viveiros, de calquera profesión, comercio ou actividade non previstos no acordo de prestación cesión de espazo e de servizos ou autorizados previamente ou contrarios á moral, á orde pública ou ós bos costumes, e á organización de calquera tipo de manifestacións políticas, sindicais e/ou relixiosas. d) Actividades que poidan considerarse perigosas, insalubres, nocivas ou que puidesen perturbar a actividade dos restantes ocupantes. O uso de cada espazo dos viveiros non debe implicar ningunha molestia anormal (aínda que fóra excepcional) en relación coas actividades proxectadas no mesmo. e) De forma xeral, os cesionarios dos espazos non deben en forma algunha perturbar o ambiente dos viveiros mediante ruídos, vibracións, cheiros ou temperaturas ou calquera outra causa que poida afectar e producir molestias ós restantes ocupantes. f) O uso de todo ou parte de calquera espazo dos viveiros como vivenda ou calquera outro uso non permitido. g) Actividades que se atopen nos supostos de prohibición e limitación recollidos no artigo 22 da presente Ordenanza. Artigo 15.- Imaxe de conxunto. 1. A imaxe dos viveiros esixe un aspecto de conxunto harmonioso en concordancia coa imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra e coa normativa FEDER. 2. A concepción harmónica e estética dos viveiros debe ser respectada por todos os cesionarios dos diferentes postos de traballo, quedando prohibida a realización por estes de calquera tipo de obra ou modificación, mesmo dos elementos móbiles delimitadores do espazo cedido. Artigo 16.- Acceso de visitantes. 1. A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito para denegar a admisión ós viveiros de calquera persoa cuxa presenza poida ser considerada prexudicial para a seguridade, reputación e intereses do mesmo, da propiedade ou ocupantes, sen vulneración de dereitos fundamentais. Os cesionarios deberán colaborar nesta acción cando sexan requiridos para iso. Artigo 17.- Funcionamento dos espazos de uso común. 1. Cada un dos cesionarios e ocupantes terá o libre uso das zonas comúns, conforme ó seu destino, a condición de que non impida con iso os mesmos dereitos dos restantes cesionarios e o seu bo funcionamento coas reservas seguintes: a) As zonas comúns deberán ser utilizadas de conformidade co uso previsto para as mesmas. b) A Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, pechar temporalmente todo ou parte das zonas comúns onde sexa necesario efectuar traballos de reparación ou cambios, ou por calquera outra causa xustificada, o que deberá informar ós cesionarios. Artigo 18.- Mantemento e limpeza. 1. Os cesionarios e ocupantes deberán manter en todo momento os espazos e superficies cedidas, así como as zonas comúns, o seu decorado, accesorios, equipamento e entrada en bo estado de funcionamento e presentación. 2. Os danos que a actividade do cesionario cause nos elementos estruturais dos viveiros, nas instalacións xerais, nas zonas de uso común, ou nos seus despachos ou espazos cedidos, serán reparados pola propiedade á conta do cesionario causante. 3. As zonas comúns e os postos de traballo manteranse sempre en perfecto estado de limpeza. Os traballos de limpeza das zonas comúns serán efectuados pola Deputación de Pontevedra e os custos serán repercutidos de xeito proporcional á superficie ocupada por cada cesionario. 4. Os termos e condicións para a limpeza dos despachos e as zonas comúns fixados pola Deputación de Pontevedra deberán ser respectados, en particular, no referente á evacuación de lixo. Artigo 19.- Salubridade. 1. Os cesionarios e ocupantes dos espazos dos viveiros comprométense a observar e respectar as normas e regulamentos de salubridade e seguridade correspondentes ó viveiro. 2. Queda prohibido introducir nos viveiros materiais perigosos, insalubres, malolientes, e inflamables, que estean prohibidos polas normas legais ou administrativas, as disposicións dos servizos de seguridade e/ou as pólizas de seguro dos viveiros. 3. Non poderá ser colocado nin depositado no interior dos viveiros ningún obxecto cuxo peso exceda o límite de carga de chans e tabiques. 4. As griferías, sanitarios e instalacións de fontanería e electricidade que se atopen nos viveiros deberán ser mantidos en bo estado de funcionamento, procurando a Deputación de Pontevedra a súa rápida reparación, no seu caso, ó obxecto de evitar calquera dano ós demais ocupantes dos viveiros. 5. Non se poderá arroxar nas canalizacións ou desaugadoiros materiais inflamables ou perigosos, estendéndose a prohibición a todos aqueles elementos que poidan perturbar o bo funcionamento das mencionadas instalacións. Artigo 20.- Residuos. 1. Residuos sólidos: toda empresa radicada nos viveiros está obrigada a clasificar os seus residuos e a depositalos separadamente nos colectores destinados a tal fin. 2. Residuos especiais: O adxudicatario dun local obrígase a concertar un contrato de evacuación de residuos especiais, non domésticos, no caso de que os houbese (tóners, cartuchos, pilas, etc.). Artigo 21.- Almacenaxe. 1. Por motivos de seguridade prohíbese ós ocupantes das empresas instaladas depositar ou colocar xéneros e mercadorías en lugares e zonas comúns, invadindo total ou parcialmente corredores, accesos ou zonas de paso, tendo que estar estas sempre libres para o bo funcionamento dos viveiros. Artigo 22.- Prohibicións e limitacións. 1. As seguintes actividades están expresamente prohibidas para os cesionarios ou ocupantes dos viveiros: a) O uso de calquera material non permitido polas normas de Seguridade e Hixiene. b) Está prohibido exercer nos viveiros toda actividade que poida considerarse perigosa, insalubre, e nociva ou que perturbe a actividade dos restantes ocupantes. c) O uso de cada espazo dos viveiros non debe implicar ningunha molestia anormal (aínda que fora excepcional) en relación coas actividades proxectadas no mesmo. d) O uso de todo ou parte de calquera espazo dos viveiros como vivenda ou calquera outro uso non permitido. e) A práctica en calquera parte dos viveiros, de calquera profesión, comercio ou actividade non previstos no acordo de cesión ou autorizados previamente ou contrarios á moral, á orde pública ou ós bos costumes, e a organización de calquera tipo de manifestacións políticas, sindicais e/ou relixiosas. f) Queda prohibida a distribución de propaganda de calquera tipo fóra das superficies cedidas dos despachos. g) De forma xeral, os cesionarios dos espazos cedidos non deben en forma algunha perturbar o ambiente do centro mediante ruídos, vibracións, cheiros, temperaturas ou calquera outra causa que poida afectar ou producir molestias ós restantes ocupantes. Artigo 23.- Infraccións. 1. As accións ou omisións contrarias a este Regulamento terán o carácter de infraccións administrativas e serán sancionadas nos casos, forma e medida que nel se determina, a non ser que poidan constituír delitos ou faltas tipificadas ante leis penais, nese caso do órgano competente municipal pasará o tanto de culpa á orde xurisdicional competente e absterase de seguir o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non dite sentenza firme. 2. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves. a) Terán a consideración de infraccións leves as cometidas contra as normas contidas neste documento que non se cualifiquen expresamente como graves ou moi graves nos apartados seguintes. b) Considéranse faltas graves a deterioración intencionada ou neglixente dos elementos comúns dos viveiros. c) Terán a consideración de moi graves a utilización do espazo para un uso diferente do concedido por esta Deputación, a falsificación de documentación, firmas, selos, datos relevantes para a súa incorporación ó viveiro ou na súa relación posterior, o incumprimento das obrigacións económicas coa Deputación de Pontevedra durante dous meses consecutivos ou tres alternos, o depósito no local de materiais perigosos, insalubres ou nocivos non permitidos pola correspondente licenza de apertura e a comisión de tres faltas graves. Artigo 24.- Sancións. 1. As infraccións leves sancionaranse cunha suspensión do dereito de uso do espazo e dos servizos comúns por un prazo dun mes; as infraccións graves sancionaranse cunha resolución dos dereitos do usuario por un período de seis meses e as infraccións moi graves sancionaranse coa resolución do acordo de cesión de espazos. 2. Sen prexuízo do anterior, se causou danos, o infractor deberá reparar estes e se non o fixese, a Deputación de Pontevedra poderá realizalo á conta do devandito infractor. TÍTULO V COTA DE CESIÓN DE ESPAZOS E COMPENSACIÓN DE GASTOS Artigo 25.- Réxime da cota. 1. A xestión dos viveiros de empresas non pode xerar beneficios para o organismo xestor. Este aspecto está absolutamente penalizado polo FEDER, xa que o organismo ten que repercutir ás empresas incubadas unicamente os seus gastos de mantemento e compensación de gastos. 2. As cotas como contraprestación ó uso dos espazos e a prestación de servizos serán as que se aproben coas bases das convocatorias ou no seu caso nos acordos de modificación dos mesmos. 3. A cota pola cesión de espazos e prestación de servizos comezará a devengarse a partires do día seguinte á sinatura do acordo de cesión do espazo. 4. Estas cotas terán natureza de recursos de dereito público podendo, no seu caso, ser esixidos pola vía de prema. 5. Sobre as cotas aplicarase o IVE vixente en cada momento. 6. Nestas cotas estarán engadidos: • Custos de cesión do solo. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie dos custos do consumo de auga e dos custos de saneamento das augas residuais ámbalas dúas das zonas comúns. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie dos custos de consumo eléctrico (iluminación e forza) das zonas comúns. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie dos custos de consumo de calefacción e climatización. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie dos custos de mantemento dos equipos de calefacción e climatización. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie dos custos de mantemento dos ascensores. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie do contrato de teléfono e conexión a internet das zonas comúns. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie do contrato de limpeza das zonas comúns e espazo de coworking. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie da xestión dos RSU das zonas comúns. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie da vixilancia do viveiro. • Custos correspondentes á parte alícuota segundo superficie do seguro do viveiro (de acordo co contrato básico de seguros da Deputación de Pontevedra). • Custos correspondentes á parte alícuota do persoal de servizos do viveiro. • Custos correspondentes á parte alícuota da xestión e outros custos. 7. Non se inclúen no custo de €/m² os seguintes custos: • Custos ligados ós consumos eléctricos de cada oficina ou nave. • Custos ligados ó consumo de auga quente sanitaria en cada nave. • Custos ligados ó consumo de auga en cada nave. • Custos ligados ó saneamento en cada nave. • Custos ligados á conexión de internet e teléfono en cada oficina ou nave. • Custos ligados á limpeza de cada oficina ou nave. • Custos ligados á xestión de RSU de cada oficina ou nave. • Custos ligados á vixilancia propia de cada oficina ou nave. • Custos ligados ós seguros particulares de cada oficina ou nave. • Outros custos ligados á actividade ou xestión propia de cada oficina ou nave. 8. En canto ás oficinas e naves, estableceranse catro aboos trimestrais con data de remate de cada trimestre, para o que, os obrigados ó pago poñerán a disposición da Deputación de Pontevedra un número de conta corrente da que sexa titular a empresa ou o empresario individual, no seu caso, para os efectos do aboo mediante domiciliación bancaria dos recibos emitidos pola Deputación de Pontevedra. 9. No caso das zonas de traballo compartido, o aboo realizarase por períodos mensuais anticipados, sendo necesaria a presentación nas oficinas administrativas dos viveiros do xustificante de pago mensual ou, no seu caso, poderase realizar o aboo mediante domiciliación bancaria. 10. O réxime das cotas poderá analizarse e revisarse anualmente en función da evolución dos custos dos servizos ofertados e, dado o caso, poderán estar suxeitas ás modificacións que se consideren oportunas. TÍTULO VI RÉXIME XURÍDICO E RESOLUCIÓN DE INCIDENCIAS Artigo 26.- Réxime xurídico. 1. A cesión e o aproveitamento da súa cesión dos espazos regularase por esta Ordenanza, polas súas propias bases reguladoras (de acordo cos artigos 74 do RBEL, 32 do RSCL e 87 da LPAP), polas normas da LRBRL, TRLRL, RSCL, e polas normas do TRLCSP e LRXAP e PAC nos aspectos non regulados nas normas anteriores. Artigo 27.- Modificación da Ordenanza. 1. O contido da presente Ordenanza está suxeito a posibles modificacións para adaptarse, no seu caso, ás circunstancias adicionais que se poidan dar nun futuro e que non foron previstas no momento de súa redacción. 2. Nas bases reguladoras para a adxudicación dos espazos e o funcionamento dos viveiros poderán introducirse modulacións e/ou adaptacións que, sen alterar os límites esenciais establecidos, concreten, limiten ou completen as especificacións desta Ordenanza. Disposición final.- Entrada en vigor. A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.” 3. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e abrir un período de información pública e audiencia ós interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxerencias. 7.6704.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA QUE VIGO SE INTEGRE NO TRANSPORTE METROPOLITANO Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 7 da orde do día. Moción do grupo provincial do Partido Popular para que Vigo se integre no transporte metropolitano. Sra. Muñoz Fonteriz.- Gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. El pasado mes de febrero el Consello de la Xunta de Galicia aprobó el convenio del transporte metropolitano del área de Vigo, que daba respuesta a una demanda histórica existente desde hace años, y que ya estaba además en marcha en otras zonas de Galicia, como Coruña, Santiago, Ferrol o Lugo. Este convenio para la puesta en marcha del transporte metropolitano fue firmado por 12 concellos con la Xunta de Galicia, concellos del área metropolitana de Vigo, Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior. El objetivo del transporte metropolitano no es otro que, como todos los servicios que se dan en un área metropolitana, dar mejor servicio a los ciudadanos, en este caso de transporte y a un menor coste. Por eso la puesta en marcha del transporte permite a los vecinos del área incluidos beneficiarse de ahorros de hasta 600 euros al año, que pueden llegar a ser 800 euros al año en el caso de familias numerosas especiales, cuantía que para muchas familias es muy significativa. Por ejemplo, un vecino de Baiona que vaya a Vigo, antes de entrar en funcionamiento el transporte metropolitano pagaba 2,31 euros y ahora paga 1,3 euros. Por tanto, obtiene una reducción muy significativa de la tarifa de autobús para poder desplazarse. Además, este plan de transporte tiene la peculiaridad en el área de Vigo de que es, fomenta la intermodalidad, puesto que incluye no solamente el transporte en autobús, sino también el del barco. Por tanto, insisto, creo que estamos hablando de mejores servicios para los ciudadanos a un menor coste, y por tanto estamos hablando de beneficiar a todos los vecinos y vecinas, en este caso, del área metropolitana. Y, por ese motivo, porque hablamos de beneficios para los vecinos, resulta especialmente inexplicable la negativa reiterada del concello de Vigo a integrarse dentro de este sistema de transporte. No se entiende bien que es lo que no le gusta, no se entiende bien que no le guste que los vecinos de Vigo se beneficien de descuentos, los mismos que se pueden beneficiar los vecinos del resto del área metropolitana. Porque un vigués, de esos seiscientos euros de media de ahorro no se va a poder, no se está pudiendo beneficiar de cuatrocientos euros, porque un vigués que vaya a trabajar, por ejemplo, a Porriño, y hay muchos, pagaba 1,64, ahora paga 0,85 menos, pero si Vigo estuviera dentro del transporte metropolitano y dentro de ese convenio el coste del autobús urbano, el coste del Vitrasa sería cero euros, es decir, sería gratis, no tendría que pagar por el transporte urbano. Por tanto, el no integrarse está causando un perjuicio evidente a todos los vecinos de Vigo, pero es que no solamente está causando un perjuicio a los vecinos de Vigo, también se está causando un importante perjuicio a todos los vecinos del área metropolitana. Porque, los vecinos del resto de concellos que si firmaron ese convenio están pagando parte de una subvención de la que no se van a beneficiar, y porque también el no estar incluido Vigo en ese transporte, en ese convenio del transporte metropolitano, lo que hace es impedir que los vecinos del área, que si que firmaron ese convenio, se beneficien del primer transbordo gratuito en el Vitrasa si cogen el bus urbano a Vigo, cuando vienen a Vigo a trabajar. Por tanto, está posición, esta inexplicable posición, está causando un perjuicio evidente, no solamente a los propios vigueses sino también un perjuicio a todos los vecinos del área. Y un perjuicio porque evita que se beneficien de la subvención, subvención que se concede por parte, conjuntamente, por parte de la Xunta y los concellos en una aportación 80% Xunta de Galicia, 20% de los concellos. Por tanto, resulta chocante que no se incluyera en su momento, pero a día de hoy resulta aun más chocante que se siga negando el concello de Vigo a integrarse en ese convenio del transporte metropolitano, ahora que parece que es el adalid, el gran potenciador y el ideólogo del área metropolitana, porque el área metropolitana es fundamentalmente transporte metropolitano, porque estamos hablando como digo de mejora de servicios para los ciudadanos, y mejora de servicios y además a un menor coste. Por tanto, parece, parece como poco incongruente una posición que defiende el área, aparentemente de palabra y que al mismo tiempo no hace nada por integrarse en el transporte uno de sus principales beneficios. Nosotros entendemos que la Diputación de Pontevedra, como ente supramunicipal, tiene también la obligación de velar por que todos los vecinos de la provincia, incluidos también los vecinos de Vigo y del resto de concellos del área metropolitana, se beneficien de los, de las ventajas que tiene el transporte metropolitano en el área. Y, por ese motivo, entendemos que la Diputación de Pontevedra y su gobierno no puede estar de brazos cruzados ante esta actitud que está perjudicando claramente a ciudadanos pontevedreses. Y, por tanto, en esta moción que presentamos pedimos que la Diputación de Pontevedra en defensa también de los intereses de los vecinos de Pontevedra que residen en el área metropolitana inste al concello de Vigo a sumarse al transporte metropolitano, porque es lo mejor para los vecinos de esa parte de la provincia. Probablemente, no estamos hablando de que sea lo mejor para el alcalde de Vigo en su cruzada contra la Xunta de Galicia, pero yo creo que hay que anteponer los intereses partidistas, los intereses personalistas, de lo que sea hablado también hoy aquí, hay que anteponer a esos intereses los intereses de los ciudadanos, y los ciudadanos de Vigo y del área no entienden la cerrazón y la negativa continuada de integrase Vigo en el transporte metropolitano. Desde luego, nosotros esperamos que en esta moción, y después de analizada, los diputados provinciales apoyen, por unanimidad, esta moción, porque creemos que es lo mejor para los ciudadanos, y que se actúe siguiendo el bien de todos los ciudadanos, y en este caso siguiendo el bien de los ciudadanos del área metropolitana, para los vecinos, para los alcaldes que tienen que también defender, independientemente del color político, porque este convenio lo han firmado alcaldes de diferentes colores políticos, no solamente en el área de Vigo sino también en el resto de áreas y del transporte metropolitano en Galicia, porque están pensando, lo primero, en lo mejor para sus vecinos y no lo primero en su beneficio personal. Y, por eso esperamos, realmente, que se apoye por unanimidad esta moción, porque quiénes tienen que ganar únicamente son los pontevedreses que residen en el área metropolitana de Vigo. Muchas gracias. Sr. Jácome Enríquez.- Ben, a exposición de motivos de esta moción, é verdade que a min resúltame francamente moi interesante, vaia por diante que o modelo de transporte da área de Vigo non é o que nós desexamos, e de feito estamos en contra dese modelo, pero non é menos certo que é o que hai agora mesmo. Pero a proposta de acordo da moción resúltanos inaceptable, se esta institución instara a calquera outro concello a tomar algunha medida en contra do decidido na súa propia institución poñeríamos o grito no ceo, clamando pola súa soberanía local, invadida por unha institución que desexamos que desapareza politicamente, e nós, dende logo, imos manter esta coherencia. Eu como concelleiro de Vigo podo discrepar absolutamente da decisión do goberno local, máis como deputado provincial, non de Vigo senón dunha coalición provincial, de ningunha maneira podo apoiar que esta institución inste a ningún concello a tomar decisións que non quere tomar. Convidamos ás deputadas e deputados do Grupo Popular, que forman parte do pleno do concello de Vigo, a que presenten esta moción onde pensamos que corresponde. É máis, coa proposta de acordo que vostedes propoñen non nos queda outra que votar en contra, non por desacordo co que é a exposición de motivos senón porque esta non é, dende a nosa posición política, a institución adecuada para este debate. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Estou observando algo, que non vira nunca nesta casa, que é que hai maioría de intervencións en castelán ou en español, como se queira dicir, sobre galego. Quero achacalo, quero achacalo a que está o ambiente moi enrarecido ou moi, coa cabeza moi posta en Madrid, esas negociacións ou non negociacións, porque senón estaría francamente preocupado, ¡eh!, estaríamos francamente preocupados, e creo que vamos en contra do que temos aprobado aquí por unanimidade, cando aprobamos a ordenanza de normalización xa hai moitisimos anos. Con respecto ó asunto, ó asunto en si, eu, hai unha cuestión de fondo clarísima, ¿non?, ou sexa, o transporte metropolitano é unha extorsión ós concellos pequenos, non teñen ningunha competencia en transporte, ningunha, a Xunta fai as liñas, adxudícaas, adxudícaas como lle peta, e despois pide que os concellos poñan cartos. Coma para os colexios, como para outras cousas que son claramente competencia da Xunta, clarísimamente, ou sexa que xa, empezando por aí, que é unha, unha boa, ¿non?, outra vaca máis no millo, que resulta que os concellos xa están sobrados de cartos para que despois teñan que poñer en algo que non teñen ningunha competencia. Por isto eu creo que van a rematar incluso, a Xunta vaille pedir que compre os fonendos ou cousas, ou os tensiómetros, cousas deste tipo, non, porque é algo, unha competencia que en ningún lado, nos concellos de menos de 50.000 habitantes, teñen ningunha competencia para nada. Pero sen seguir discutindo do transporte metropolitano que daría moito que, de competencias e demáis, daría moito que falar, hai algo que é, que é evidente, é dicir, esta Deputación, tomo o fío do que dicía a portavoz do PP, efectivamente, si queremos tranquilizar, tranquilizar, levar un debate civilizado nesta institución, que eu apúntome e creo que é o razonabel, porque este, nós aquí, repito, non estamos elixidos polos cidadáns, este é un foro político de segundo orden, os foros políticos son os concellos respectivos, nós de aquí arrogarnos, vamos, a capacidade de dicirlle a un concello o que ten que facer, desde logo, suporá o que, o que vamos a votar, xa o dixemos na comisión, pero non é de comisión senón no pleno de constitución díxose, ou díxose por parte deste portavoz, díxose. Parece absolutamente fóra de lugar e á parte da distorsión que supón que, reproducir nos plenos da Deputación, os plenos, neste caso do concello de Vigo, pero como se fora de calquera outro, non ten ningún sentido. Polo tanto, vamos a votar en contra, e, de verdade, pediriámoslle que estas mocións nonas trouxeran aquí porque non ten moito sentido. Sr. Rodríguez Díaz.- Grazas Presidenta, bo día. Dende o Grupo Provincial Socialista, nós non vamos a intervir no fondo desta moción, e anunciamos, Sra. Muñoz, señores e señoras do Partido Popular que imos votar en contra, porque para nós é unha vergoña que traian a debate a esta institución, ó pleno da Deputación de Pontevedra, unha moción que nada, nada, ten que ver con nós, nada. O que cada concello decida no uso das súas competencias é unha cuestión de cada concello, os gobernos de cada concello decidirán a política a aplicar nos seus concellos, non temos nós que dicirlles o que teñen que facer. Miren, algún exemplo, é como se estiveramos a debater aquí sobre que se retire o plan xeral de urbanismo de Mos, ou que se adiquen cartos para aluguer e pobreza enerxética en Redondela, ou tamén que en Baiona se atenda ás zoas rurais, ou porque non en Forcarei se atendan as demandas dos clubs deportivos, eso é o mesmo que trae vostede aquí Sra. Muñoz, é o mesmo que se debatíramos sobre eso. Polo tanto, nós non vamos a entrar en este modelo de inxerencia de donde non nos corresponde. Para vostedes queda patente, coa presentación desta moción, que non teñen modelo de desenrolo para esta provincia de Pontevedra, e que o que veñen aquí, con esta moción, é a facer ou intentar facer ruído. Desde o Partido Socialista lles aseguramos que en Vigo vai a sentar moi mal esta moción, os veciños e veciñas non van a entender, veciños e veciñas de Vigo, non van a entender que se queira dirixir dende a Diputación o que lle corresponde decidir a eles, e lle repito, isto é unha vergoña e lles anuncio que votaremos en contra. E ahora xa, se mo permite Presidenta, como portavoz do Grupo Provincial Socialista eu quería pedirlle á portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, á Sra. Arévalo, reiterarlle o que xa lle manifestou o, o voceiro, na, o, na moción, no punto de presupostos, o Sr. Font, por outra parte un compañeiro cunha traxectoria persoal, sindical e política intachable en todo, e sobre todo un gran defensor da igualdade. Eu lle vou a reiterar, Sra. Arévalo, que retire a palabra “machista” que vostede utilizou co compañeiro Carlos Font, igual que llo solicitou el, eu llo pido como portavoz do Grupo Provincial Socialista. Moitas gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Santos Héctor. Tiene la palabra. Sra. Muñoz Fonteriz.- Si, si. Gracias Presidenta. La verdad que se nota que esta moción les hace sentir incómodos, porque no quieren entrar a hablar, y lo ha dicho el portavoz, el diputado provincial del Partido Socialista, no les interesa hablar del fondo del asunto, porque hablar del fondo del asunto supone hablar del perjuicio que le están causando a los ciudadanos, y no estamos hablando de cualquier moción, no estamos hablando de la moción, de una moción que afecte a un solo concello de esta provincia, no señor, a ustedes no les interesa escuchar eso. Es que, lo que estamos hablando, es que la decisión de un concello de esta provincia está perjudicando a otros concellos de la provincia, no han escuchado mi intervención inicial, están perjudicando, y eso lo saben probablemente algún alcalde que está sentado ahí en sus bancadas, algún alcalde socialista, que sabe perfectamente que sus vecinos están siendo perjudicados por una decisión unilateral por parte del concello de Vigo y del alcalde del concello de Vigo, por eso no les interesa entrar en el fondo del asunto, y no estamos hablando de una moción que sea cuestión de un solo ayuntamiento de esta provincia. Por cierto, Sr. Mosquera, en Galicia hay dos lenguas oficiales y se puede utilizar libremente la que uno escoja, y yo libremente escojo, igual que algún miembro de también de su gobierno utilizar el castellano para expresarme en este pleno. Otras veces utilizaré el gallego, pero ejercito mi libertad de expresión, y por tanto me expreso en la lengua que considero oportuna en cada momento, y no creo que sea procedente que usted tenga que decirme en que lengua me tengo que expresar. Pero insisto, se encuentran ustedes incómodos con esta moción, evidentemente, porque van a quedar ustedes retractados, retractados los diputados provinciales en cada uno de sus concellos, por supuesto, los declarados discípulos del alcalde de Vigo estarán orgullosos de sí mismos y volverán a Vigo diciendo que han defendido perfectamente los intereses del alcalde, pero el resto de ustedes no están defendiendo los intereses de los vecinos de esta provincia y así se lo tendrán que explicar, sinceramente no me sorprende por parte de los diputados provinciales de e, que proceden de Vigo, pero sí que me sorprende de otros diputados socialistas que, insisto, no compartirán probablemente esa decisión que está perjudicando también a sus vecinos. Pero, sinceramente también me sorprende la posición del Bloque Nacionalista Galego, sí, me sorprende, porque el Bloque Nacionalista Galego, en Vigo, cuando gobernaba, y hubo un alcalde del Bloque Nacionalista Galego, era uno de los que más defendía la mancomunidad de servicios y los servicios del área metropolitana para dar mejores servicios a sus ciudadanos, o es que ya se han olvidado, o es que ya se han olvidado de lo que estaban defendiendo. Yo creo que tienen ustedes un problema de incongruencia, incongruencia porque en este momento están única y exclusivamente al servicio del Partido Socialista, esto ya lo hemos vivido en Vigo, ya lo han hecho en Vigo y están incurriendo en el mismo error, se ponen ustedes en manos y en los brazos del Partido Socialista y así les está yendo, y, lo que seguramente sus votantes pedirán es que sean de fiar y se sepa que es lo que defiende el Bloque Nacionalista Galego, ¿defiende la mancomunidad de servicios o no la defiende?, ¿defiende los servicios de un área metropolitana que consiga ahorros para los vecinos, o no los defiende?, hay que tener un criterio y no hay que estar en manos del Partido Socialista, igual que hay que tener un criterio en toda Galicia y no negarse y romper un gobierno, en la Diputación de Lugo, porque no quieren gobernar con imputados y aquí estar sentados gobernando con dos diputados que están imputados. Hay que tener unidad de criterio y eso es lo que yo creo que se le pide al Bloque Nacionalista Galego, porque siguen ustedes todos, tanto del Partido Socialista como del Bloque Nacionalista Galego, confundiendo los intereses políticos, intereses políticos con los intereses de los ciudadanos que es de lo que venimos aquí a hablar. Y que cuando hablamos de transporte metropolitano, insisto, hablamos de mejores servicios para los ciudadanos, mejores servicios a un menor coste, por eso ha habido setenta alcaldes que han firmado ese convenio del área metropolitana por eso ya hay ocho, los ochos primeros meses 1,7 millones de viajes subvencionados, 30.000 tarjetas expedidas, es un servicio demandado por la ciudadanía y para la ciudadanía a día de hoy, para muchas familias, ahorrarse 600 euros en el año es muchísimo dinero. Y, realmente, creo que ustedes no les importa el transporte metropolitano, no les importa mejorar los servicios a los ciudadanos, no les importa el área metropolitana, no les importa, y al alcalde de Vigo no le importa el área metropolitana porque no quiere dar mejores servicios a sus ciudadanos. ¿O qué pasa?, ¿qué es Vitrasa el que no quiere que Vigo se integre?, nuevamente estaremos ante una cesión a los intereses de una concesionaria que no nos sorprende en Vigo. Yo creo que tienen que revisar esta posición, yo creo que el concello de Vigo debe de revisar, por supuesto que hablaremos en el ámbito municipal, porque no solamente nos preocupa lo que perjudica a los pontevedreses, también a los vigueses y les seguiremos pidiendo que se integre en el transporte metropolitano por el bien de los ciudadanos. Muchas gracias. Sra. Presidenta.- O pleno do concello de Vigo, o pleno da Deputación de Pontevedra, e eu vou pedir un informe xurídico ós técnicos desta casa porque considero que este tipo de mocións que nada ten que ver coa Diputación, se está a tratar de temas que somentes teñen que ver cun concello en particular, si esto pode ocurrir, porque si esto non é, si esto é así, si podemos debatir sobre cuestións, competencias que teñen que ver exclusivamente cos concellos a partires do próximo pleno cada quen poderá presentar mocións instando a que en calquer concello, pois, se tome non sei que tipo de política, e polo tanto, trasladaremos aquí os debates dos concellos. A min paréceme que este debate que temos tido hoxe non se corresponde co que debemos facer na Deputación de Pontevedra, realmente creo e lle chamo ós deputados a que reflexionemos o que está acontecendo hoxe aquí, me parece que non é de recibo, me parece que non é serio, me parece que é moi triste, me parece que quen non é capaz de acadar o apoio cidadán para poder gobernar nun concello intente utilizar outras institucións para facer o que os seus votos dos cidadáns non permitiron que se faga, me parece que este non é o modelo, o que hai é que convencer ós cidadáns, a alguén que pasou de trece concelleiros a sete realmente debería reflexionar que aconteceu para que esto ocurrira, o debe pensar seriamente, e non pode utilizar unha administración para salvar o que os ciudadanos, confianza que non lle deron, me parece que é grave e pido que se faga unha reflexión, porque nos podemos atopar con que no próximo pleno haxa unha moción instando a pedirlle algo ó concello de Baiona, ó concello de Redondela, ó concello de Forcarei, ó concello de Mos, ó concello de Moraña, e eu creo que non é acertado. Eu pido que se faga unha reflexión, me parece que este non é o modelo, nin o son os modos, cada un que reflexione. Eu, en todo caso, si que vou pedir un informe xurídico para ver si este tipo de mocións esta institución as debe tratar, se forman parte das súas competencias, pero eu así como Presidenta, hoxe, da Deputación non sabía moi ben en que administración me atopaba, non o sabía. En Vigo hai un alcalde elixido democraticamente, aplastantemente apoiado polos cidadáns, os debates de Vigo se dan aquí, como os de Pontevedra no concello de Pontevedra, como en Baiona, en Baiona ou en Redondela, en Redondela, hoy, hoxe me sinto realmente sorprendida de a dónde queremos ir, eu creo que deberiamos reflexionar. E xa pasamos a votar a moción do Grupo Provincial dô Partido Popular para que Vigo se integre no transporte metropolitano. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 15 votos en contra e 12 a favor. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e cos votos a favor do PP, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para que Vigo se integre no transporte metropolitano. 8.6705.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA IMPULSAR A CONTINUACIÓN DO PROXECTO DE “ENSANCHE E MELLORA DA ESTRADA EP-0405 XESTEIRA-ALMOFREI”, EN COTOBADE Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para impulsar a continuación do Proxecto de “Ensanche e mellora da estrada EP-0405 Xesteira-Almofrei”, en Cotobade. Ten a palabra Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Bos días. Antes nada Presidenta, me imaxino que ó mellor foi un erro no formato, cando o Sr. Font na anterior moción fixo a réplica tuvo dereito, marcaba no marcador 10 minutos e a compañeira Elena na súa réplica tivo 5 non sei se ó mellor. Sra. Presidenta.- Quero recordarlle que a petición vosa, quedamos en que nos debates de orzamentos aumentábamos o tempo de debate, e tamén de réplica, de feito, no debate de aprobación provisional tamén se deron 10 minutos. É a Presidenta a que na réplica ten a capacidade de decidir o tempo, e eu considero que 5 minutos para réplica é suficiente, nas mocións será así, tanto para o Grupo Popular, como para o Grupo Socialista, como para o Grupo de Mareas, como para grupo ... No caso do orzamento, llo volvo a repetir, Sr. Moldes, mire, estamos en Nadal, ¿verdad?, hacer debates que non lle interesan a ninguén, ¿verdad?, intentar confrontar con que non importa, de verdad, eu lle pido que reflexionemos, e o fago en plural, sabe que non lle digo a vostede que reflexione usted, senón que reflexionemos todos, ¿verdad?, que non lle importa a ninguén este debate de 10 minutos, 5 minutos, é máis, a señora, a Sra. Muñoz rematou antes de que eu dixera nada, faltaban 2 segundos para chegar a 5, polo tanto, usou o tempo que ela consideraba que era preciso, de feito todo o que tiña que dicir eu creo que, sobradamente, o pudo dicir, pero, de verdad, este non pode ser o debate, ¡eh!, de si 1 minuto, 2, 3, 5, 7, de verdad, aí fóra hai problemas gravísimos, a xente o está … Sr. Moldes Martínez.- Pero teremos, teremos os mesmos dereitos Sra. Presidenta. Sra. Presidenta.- … a xente o está pasando fatal, de verdad, non fagamos de esto un circo, que faga que a xente perda máis credibilidade en nós. Continúe vostede, lle vou a poñer de novo os 10 minutos, xa que perdeu este tempo nesto, e comece coa moción. Sr. Moldes Martínez.- No, no, pero teremos, eu, simplemente o mesmo dereito … Sra. Presidenta.- Outra vez. Sr. Moldes Martínez.- … en este caso si, si o Sr. Font ten dereito a réplica de 10 minutos, a miña compañeira tendrá na réplica, tamén, dereito a 10 minutos, simplemente eso, pero bueno, como vostedes parece que. Sra. Presidenta.- Pero a ver, non lle expliquei xa que quedamos en esto no orzamento, que íbamos a ampliar a 10 minutos o tempo, se foi un acordo, por certo a petición do seu grupo. É que eu non sei senón me expreso ben, ou usted entende mal, algo pasa, ou ó mellor nos pasa os dous, usted entende mal e eu me expreso mal, pero acordamos que nos debates de orzamentos iamos dar máis tempo, eso é o que ocorreu, única e exclusivamente, así que ten agora vostede 10 minutos e logo ten 5 para réplica. Sr. Moldes Martínez.- Moi ben. Nada, a moción que presentamos o grupo, neste caso o Popular, é referente á carretera, a estrada que vai de Xesteira a Almofrei, e neste caso, pois, é un vial, é un proxecto que, pois, xa foi realizado, neste caso, pola anterior corporación, dónde incluso as expropiacións, pois, foron, en moitos casos xa foron pagadas, e entendemos que é un vial, pois, moi importante para os veciños desta localidade. Logo nós, nesta moción, o que pedimos, en este caso, é que se adxudique canto antes esta obra, porque entendemos que é de gran interés para todos estes veciños. E sobre todo, o pedimos porque en moitos casos, tanto os grupos que teñen representación no concello, neste caso, de Cotobade, como os grupos ou agrupacións locais que sen ter representación na corporación si que teñen agrupación, pois, culpan moitas veces deste retraso ó propio alcalde. Logo nós entendemos que, sobre todo, un proxecto que foi no seu día votado de forma unánime nesta casa, pois, entendemos que inda que ten que cumprir uns plazos, e todo o que se queira, pois, o que queremos é que se adxudique o antes posible para poder levar a cabo esta obra e, sobre todo, para que os veciños de Cotobade a poidan levar a cabo. Non nos vale a desculpa de que, en este caso, que o alcalde de Cotobade pode chamar a esta casa para preguntar e demais, pois, si lle sirve, moitos alcaldes, incluso dos que forman parte hoxe aquí desta corporación de deputados, como pode ser a alcaldesa de Moraña, está chamando para preguntar por un vial e para poder reunirse e saber o que pasa con el e sigue esperando. Logo, cre, entendemos que eso non nos sirve como disculpa, e o que queremos é canto antes que se adxudique este proxecto, que se cumplan todos los requisitos legais, pero sobre todo, unha obra que quedou totalmente, pois, licitada, que se pagaron as expropiacións e que se, en este caso falta a súa adxudicación, pois, que se axilice o antes posible. Sra. Presidenta.- … señor como hai tempo suficiente para falar. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sra. Presidenta. É verdad que, esto é unha dinámica moi sorprendente, ¿non?, digo sorprendente porque a Sra. Arévalo reclama supostos, capacidades, deste portavoz, para arranxar ou, bueno, pacificar o pleno, e a que ten o lado mete unha arremetida que, a verdad, me sinto orgulloso, porque quere dicir que inda pintamos algo, porque senón xa sería terrible senón se meten con un, pero a arremetida foi das que fan época, non sei exactamente a santo de que, porque pasaba, pero bueno, si foi a arremetida …, bueno, estou agradecido porque, porque vamos, quere dicir que pintamos algo, ¿non?, pero, parece como un pouco incoherente. E con respecto ó asunto no que, no que estamos, aquí cada pleno chega unha moción do PP sobre, sobre unha estrada, ou sobre non se sabe que, ben, a ver, ¡xa vale!, ¡xa vale!, e vamos a falar un pouquiño, un pouquiño claro. Mire, todas as obras, practicamente todas, as que, con moitas dúbidas, pero votamos a favor, as que tiveron que vir por aquí por expropiacións, senón non viñan, ¡eh!, resulta que case todas adxudícanse e teñen acta de replanteo negativa, co follón que supón, ¿verdad?, cando non están, non se adxudica, empeza a obra, despois hai que parala, hai que pagala vía reconocimiento extraxudicial, ¿verdad?, etc., etc., e, por favor, déame un pouquiño de calma para poñer un pouco de orden, ¡eh!, un pouquiño de calma para poñer un pouquiño de orden, vale. Esta obra está, como as outras, en marcha, e ustedes saben mellor que nós, ou debían sabelo, e senón pregúntelle ós seus compañeiros, ¡eh!, experiencia, por que se retrasaron todas estas adxudicacións, sábeo perfectamente, e senón explícollo, explícollo porque estas respectables, vamos a deixar, investigacións, ¡eh!, fan, perturban moi seriamente o funcionamento das administracións, moi seriamente. Esa é a razón, non hai outra, vale, entón xa, xa, xa vale, e non fumos nós quen xestionamos nin quen, digamos, no tempo que estivemos nós tramitando non houbo, digamos, houbo, bueno, pois esas investigacións, rebotes doutros lados, ou non rebotes, o protagonismo absolutamente estemporaneo de, de algunhas, de algúns xuíces ou xuízas, pero o dano está feito, vale, o dano está feito. Ese é todo, é todo o problema que hai, non se preocupen, non se preocupen, esta estrada igual que outras vaise actuar nela, vale, e seguramente con este proxecto, se é que non descubrimos, porque a este en principio non lle descubrimos nada, pero cada un que vamos mirando sempre salta algo, sempre. Hai un terreo que supostamente está a disposición, bueno, temos escritos de o terreo a disposición e, despois, un mes despois, ou dous meses o propietario dicindo, “¿que disposición?, eso é meu, e nin de broma o vou a soltar”. ¡Ala!, alá vai a obra al carajo, en esta aínda no descubrimos, entonces se non se descubre vaise adxudicar, vale, e vai ir, e senón actuarase por outros, por outros procedementos. Pero bueno, xa está ben, xa está ben, deben saber ustedes mellor que nós porque se está retrasando a contratación, e todos os días, todos os plenos, mire, pois no, vámoslle votar en contra, a votar en contra, que caramba, ou sexa, debían, debían sabelo, o de, o de Moraña, sabe de sobra, a empresa está se renuncia ou non renuncia, non hai ningunha novedad, e non se sabe se renuncia ou non renuncia, se renuncia ou non deixa de renunciar, non hai ningunha novedad, é todo o que se sabe. ¡Ogallá o supéramos!, pero temos, como dixen antes, infraestruturas con dúas persoas e unha delas, pois, ocupada tamén en outras cousas que dixen antes. Por favor, deixen organizar esto un pouco e facelo, ¡oiga!, a ronda de Pontevedra ven do ano 11, convenio do 10, ¡eh!, e logramos, logramos que se adxudicara agora. A ver, non se está prexudicando a ninguén, simplemente é a dinámica da administración, e que vamos todos, todos os plenos, pois xa, vamos a votar en contra desta deixando claro que si se vai a actuar, e todas as que vaian traendo vamos votar en contra, porque aquí pedir estradas, pedir, pedir, cando realmente o labor fundamental que hai que facer ahora é poñer orden, porque vamos ir todos con problemas, e os que estuveron antes, e os que estamos ahora se non poñemos un pouco de orden, porque hai problemas en todas, non vou citalo aquí, non ten ningún sentido, pero hai problemas en todas, practicamente, obras adxudicadas que se cadra teñen unha, pois, uns servicios que non existen, bueno, de todo, de todo. Entón, deixémolo, mire, estamos traballando intensamente para reordenar esto, e non queremos meternos con ustedes, nin co anterior goberno, porque podíamolo facer, podiamos chegar aquí e dicir, “obra non sei que, mire, bumba, bumba, bumba, obra non sei que, bumba, bumba, bumba, ala, á fiscalía ou quen corresponda, e non queremos facelo, porque eso para a administración, é o que non queremos, o que queremos é ir resolvendo problemas dos cidadáns, ¿vale?. E agardo non ter que volver a repetir esta argumentación aquí neste pleno. Moitas grazas. Sr. Moldes Martínez.- Nós, pois, nos parece moi ben todo o que di, pero, seguramente, que o mellor é que empece pola casa, que lle explique á súa agrupación, aínda que non ten representacións no concello, como está o proceso, despois que o Partido Socialista lle explique á súa portavoz como está o proceso, e nós tamén faremos o mesmo co noso portavoz, e neste caso co noso alcalde. O que lle pedimos, que se adxudique o antes posible, respecte os cauces legais, e nada máis. Sra. Presidenta.- Bien, debatida a moción, a poñemos a votación. Votación da moción do Grupo provincial do Partido Popular para impulsar a continuación do proxecto de “Ensanche e mellora da estrada EP-0405 Xesteira-Almofrei en Cotobade”. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor, e 1 abstención. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para impulsar a continuación do proxecto de “Ensanche e mellora da estrada EP-0405 Xesteira-Almofrei”, en Cotobade. 9.6706.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA APOIAR O CERTAME DE RONDALLAS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 9 da orden do día. Moción do Grupo provincial de Partido Popular para apoiar o Certame de rondallas. Ten a palabra, Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Bueno, a ver si esta moción non lles incomoda como todas as que presentamos, porque parece que todo o que estamos a facer lles parece mal, todo lles causa enfado e, a verdad é que é a nosa obligación, é o noso dereito vir aquí e presentar mocións. Dende logo, en esta casa se teñen debatido mocións donde se insta á Xunta de Galicia, e non pasa nada, en este caso se debatiron mocións igual que esta que afecta a moitos concellos, e esta que é a institución que tanto ten que defender ós concellos, quen mellor que esta casa para defender os intereses dos veciños e das veciñas da área metropolitana. Pero bueno, se nos dice que este non é o modelo, que non é de recibo, que non é serio. Sra. Presidenta, eu sei que a vostede lle encantaría que non presentemos mocións, que lle aplaudamos a súa xestión, pero mire, non o vamos a facer e, dende logo, que estamos en Nadal, e porque estemos en Nadal o Grupo Popular vai a facer a súa intervención igual, a vostede non é que lle moleste o tono, a vostede lle molesta que falemos, simplemente o feito de pedir a palabra e intervir a vostede lle molesta, que é unha pena, a verdad é que debería de reflexionar e empezar o ano de outra maneira. Pois ben, vamos a debatir sobre a moción, que a verdad que me alegro, antes de nada, vaia por diante, que gracias ós alcaldes do Partido Popular e ós voceiros, e gracias a esta moción, pois, de algunha forma se reconduxo, non como quixéramos, por eso vamos a debatir a moción, esa mala noticia coa que nos levantamos un certo día de decembro anunciándonos que non había certamen de rondallas no sur de Pontevedra. O novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra tomou a decisión de non celebrar o tradicional certamen de rondallas que esta institución organiza dende o ano 2010, data na que a administración que anteriormente realizaba este evento, o concello de Vigo, decidiu anulalo despois de bastantes anos, 34 concretamente. As rondallas son un sinal de identidade desta provincia xa que non existen coas mesmas características en outros lugares. Son parte enraizada da nosa cultura na que participan multitude, eu diría miles de personas, de todos los ámbitos, de todas las idades, desde 4 hasta máis de 80 anos, dende mestres hasta músicos profesionais, aficionados de todas las edades, que atopan nelas a forma de achegarse á cultura popular dende a paixón que senten por formar parte dunha Rondalla cada ano cando chega o Nadal. O certamen de rondallas é unha data sinalada no calendario de máis de 1.500 rondalleiros e rondalleiras do sur de Pontevedra, de 6 concellos concretamente, e tamén para preto de máis de 12.000 personas que cada ano enchen o IFEVI en ese espectáculo de música, baile e tensión, alegría e, sobre todo, paixón. Moi poucos eventos en toda Galicia poden presumir de acadar semellante éxito e crecer como crece ó longo dos anos. Non entendemos como este goberno bipartito da Deputación pode facer desaparecer este certamen. É que unha vez máis o goberno bipartito BNG-Partido Socialista pon en perigo a nosa cultura, primeiro no concello de Vigo, e agora na Deputación de Pontevedra. O responsable de Cultura do goberno provincial alegou a falta de tempo nunha reunión cos organizadores, cando estes levaban desde o mes de setembro agardando para ser recibidos. Esta nefasta xestión provoca que as rondallas vexan como se menospreza o traballo que levan facendo durante moitos meses. Pola súa parte, a Presidenta da Deputación fixo referencia ó gasto que supón este evento, defendemos que a cultura non debe ser entendida como un gasto senón como unha inversión que, ademais de manter as tradicións de noso pobo, xera riqueza e postos de traballo nos montaxes dun certamen, autobuses para as rondallas, adquisición de vestuario, instrumentos, honorarios dos mestres, etc., etc. Por estes motivos, instamos ó goberno da Deputación a celebrar o certamen de rondallas e non facelo desaparecer. Dicía antes, e quero recalcar, que é o evento cultural que aglutina máis persoas en Galicia, e me atrevo a dicir en España. Que son 34 edicións que se levan realizando, falamos de 13 rondallas que pertencen a 3 concellos, e que ó final entre todas elas son case 1.500 personas as que, desde o mes de setembro, ou quizás antes, aproximadamente, preparan este concurso con tanto cariño, con tanto esmero, e con tanto traballo. Trátase de formacións interxeracionais, como dicía antes, desde os 4 anos hasta máis de 80 anos que participan en este certamen, en este concurso, que fomentan o respecto polos maiores ademais, e que integra os nenos e mozos na vida das parroquias e dos barrios de Vigo, de Mos, de Porriño, de Redondela, de Gondomar e de Nigrán, alonxándoos tamén, por certo, deses hábitos non saludables. Se fala de orzamento, dun orzamento donde, ó final, a maioría do orzamento se destina, pois, a montaxe de gradas, a instalación de cadeiras, a limpeza, a seguridade, a instalación, xestión do equipo de son, a imprenta, etc., que tamén eso xera traballo na provincia, é unha inversión ó final na provincia, todo o que se está en ese momento a invertir en ese certamen. Pero, que realmente solo son 20.000 euros o que se levan para a casa os músicos, 20.000 euros que se destinan a participación das rondallas, 20.000 euros que empregan, pois, para o pago dos autobuses as rondallas, pero que para min o que é, para min e para este grupo, o máis importante é o que hai detrás de estos 1.500 rondalleiros, os centros culturales de estos concellos, as directivas que traballan voluntariamente, e por suposto os concellos. Me parece unha total e absoluta falta de vivir na realidade, decirlle que non a este certamen. Eu lles rogo, lles rogo, porque sei que en este momento está en marcha, ou seica que está, por parte do concello de Vigo, lle rogo que recapaciten, e que o próximo ano 2016 poidamos con tempo ver como os rondalleiros e rondalleiras do sur de Pontevedra volven a organizarse, e volven a preparar como hasta ahora, nos últimos 34 anos, este certamen, este certamen que representa a cultura de Pontevedra, que representa a cultura do sur de Pontevedra, este certamen que aglutina como lles digo a familias enteiras, este certamen donde ó final son miles de personas as que disfrutan de ese día, que non se pode ver o orzamento, estamos a falar de 20.000 euros, e o resto é o montaxe dese día. Busquen outro sitio onde se poida facer máis barato. O que ó final esto é un patronato donde está Xunta de Galicia, onde está o concello de Vigo, negóciese co IFEVI, que non se poida pagar esa cantidade de diñeiro, pero é que aí non se entrou en nada máis que en un portazo. Desde o mes de setembro levan os rondalleiros esperando a que o deputado de Cultura lles reciba, e cando lles recibe, resulta que xa non hai tempo, xa non hai tempo para facelo, e lle ofrecen 1.500 euros, ou 1.300 euros, para tocar polas calles, pero si eso xa o fan, si tódolos concellos lles apoiamos cunha subvención xa, e xa nos amenizan as nosas rúas, os nosos beléns, as nosas cabalgatas, xa nolo están facendo, pero esto é o máis aló. E si vostede, que non é do sur de Pontevedra, non o entende, parece mentira, que a Presidenta que é de Vigo, e a maioría dos deputados que son de Vigo que permitan que fagan esto os deputados do BNG, parece mentira. Mire, eu no meu concello de Mos teño que dicirlle que moito non se deben de comunicar, porque o propio concelleiro do BNG non entende como chegamos a esto, concelleiro, por certo, que ten a súa a familia en unha rondalla, porque esto é unha cuestión de familias, de historia, de tradición, de 6 concellos do sur de Pontevedra. De momento máis nada. Sra. Presidenta.- Sr. Leal, tiene usted la palabra. Sr. Leal Fariña.- Bueno, bo día a todos e a todas. Nada, con respecto a moción non vou a entrar máis na defensa das rondallas, xa a fixo moi ben a Sra. Arévalo, felicítoa pola defensa das rondallas. Eu creo que é unha expresión de folclore que ten moita tradición no sur da provincia, como vostede indica, y non vou negar iso, como non llo neguei ós organizadores dos pasados eventos, nin nada polo estilo. Como ben vostede indicou, tamén, xa hai unha decisión tomada de realizar o, un novo, un novo concurso, non como concurso en si, senón como un encontro de rondallas que se vai a celebrar, pois, a través do concello de Vigo coa colaboración da Deputación, eu creo que precisamente é un pouquiño redundar un pouco en todo, en todo o que se tratou aquí antes de que esta nova Deputación non vai a entrar a competir, nin a, con ningún dos, dos concellos da provincia, senón que vai a colaborar en complementar, neste caso o concello de Vigo vai recuperar, digamos, baixo outro formato esta, este encontro de rondallas, e si que para os vindeiros anos, pois, vamos a buscar unha fórmula máis acaída, pois en colaboración co resto de, co resto de concellos tamén. Aí tendémoslle a man, tamén, ó concello de Mos, que eu sei que estamos colaborando tamén, neste Nadal mandamos actuacións tanto a Mos coma outras concellos, donde, donde gobernan outras forzas. E nada, indicar que iso que, que as rondallas se falou con elas se lle plantexou, digamos, a dinámica que se quere instaurar, si que este ano nos colleu un pouco, pois, coa aprobación do orzamento, pois, un pouquiño xusto, pero si que para os vindeiros anos, pois, se vai intentar instaurar unha fórmula coa que poder, coa que poder estar todos, estar todos de acordo. E nada máis, dicir que iso, que se vai a colaborar co concello de Vigo para a realización da, do evento este ano e esperemos nos vindeiros anos, pois buscar unha fórmula acaída para todos e todas. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Tiene la palabra Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Mire, lle dou as gracias polo que me acaba de explicar, e ten a miña man tendida para eso, espero que o resto dos alcaldes tamén o teñan, me parece, pois unha postura coherente que a Deputación de Pontevedra organice e os concellos colaboremos, porque ó final todos os concellos dos que estoulle falando temos os rondalleiros implicados, e por eso lle tendo a miña man, … entre rondallas e, estou segura que aquí hai algún alcalde máis que ten rondallas, que todos van a dicirlle que si, e iso Sr. Leal é o que tiña que haber feito vostede antes de dicirlles que non había certamen, que non había concurso e que o presuposto era moi alto, buscar fórmulas de poder facer o concurso. Mire, é imperdonable que diga que é unha expresión do folclore, claro que é folclore, pero lle estou dicindo con conocimiento de que detrás de este folclore hai máis de 1.500 personas coas súas familias, e a tradición que esto supón, de verdad, que vostede despacharme dicindo, “bueno, é que non nós deu tempo”, o que lle digo eu, o goberno da improvisación, eu llo dixen moitas veces, despacharme dicindo, pois, que, “bueno nos, nos colleu un pouquiño xustos”, oiga, desde o mes de setembro están esperando para falar con vostedes, e lle falamos, de verdad, que son 6 concellos, que son 13 rondallas, que son 1.500 personas, que é unha falta de respecto ó seu traballo, que levan meses traballando, horas invertidas que ó final, pois, esas horas son para que eles o disfruten, se formen, compartan, e salgan da súa casa, e que o sigan facendo. Pero, que é unha falta de respecto que vostede me conteste eso, non a mi, ¡eh!, senón os rondalleiros e rondalleiras, e ós directivos dos centros culturais destes 6 concellos. Desde logo que, miren, o BNG, pois, lles está indo moi mal, porque de entrada son vostedes os que quedaron mal, e dixeron que non se facía, e vén o alcalde de Vigo e dice, “pois, vamos a facelo nós”, moi ben, perfecto, me parece moi ben, pero esto non é unha cousa de Vigo, esto é unha cousa de 6 concellos, e, polo tanto, ten que ser a Deputación a que presida este certamen, a que organice este certamen, e a que chame os concellos a colaborar en este certamen. E lle tendo a miña man coma alcaldesa de Mos a que o faga así o próximo ano. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- No fondo, Sra. concelleira a vostede o que lle gustaría é que hoxe aquí houbera un lio coas rondallas, a vostede o que lle gustaría é que non estivera arreglado, a vostede o que lle gustaría é que estiveran aquí os rondalleiros, ós que vostede lles pediu a manifestarse para facer ruido, a vostede o que lle gustaría é que non estivera esto arreglado, vostede comeza dicíndolle o deputado que lle agradace o tono, e logo arremete, porque hoxe están vostedes de arremetida, e logo, cando nós lles dicimos con claridade que esas formas, ese modo, a falta de alternativa que vostede ten, demostra que son un grupo sen ideas, se enfada, e se mete vostede conmigo, porque ten unha obsesión terrible coa Presidenta da Deputación, eu lle agradezo moitísimo esa obsesión, solo un se obsesiona con quen lle interesa, quen non ten ningún interés non provoca obsesións. Pero o certo é que a cuestión das rondallas está arreglado, e que nós tamén estamos encantados de que vostede como alcaldesa de Mos se preste a colaborar para que no próximo ano poda haber un proxecto común no que todos invirtamos, vostede como alcaldesa de Mos tamén, eu si que llo digo sen atacala, estou encantada de que así poida ser para o próximo e vindeiro ano, o modelo que estaba establecido non era o adecuado de ningunha forma, pero, en todo caso, falaremos con todos os alcaldes, como moi ben dixo o deputado. Non se me poñan vostedes nerviosos que o mellor que nos pode pasar é que sexamos capaces de acordar cousas para o ben da xente, esto está solucionado xa fai moitos días, xa o coñecen todos os rondalleiros, e non hai ningún problema, seguramente, o que a vostede non lle gusta é esto, que non haxa problemas, así que poñemos a votar esta moción para apoiar o certamen de rondallas. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 12 votos a favor, 14 en contra, e 1 abstención. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para apoiar o Certame de Rondallas. 10.6707.- CORRECCIÓN DE ERRO DE ACORDO PLENARIO, DE DATA 27 DE NOVEMBRO DE 2015, POLO QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 Sra. Presidenta.- Ben, no punto 10 da orden do día. Corrección de erro do acordo plenario de data 27 de novembro de 2015, polo que se aproban as bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan de concellos) 2016. ¿Observacións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. En virtude dos artigos 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 70 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno da Corporación Provincial acorda por unanimidade: 1. Corrixir o acordo núm. 6.6687 do Pleno da Corporación Provincial adoptado na sesión do día 27 de novembro de 2015, polo que se aproban as Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016; de xeito que na súa base Undécima, onde di: “Dun mes, se se trata das Liñas 2 Amortización, Pagamento de débedas e gastos correntes, Liña 3 Actividades Culturais, Deportivas, Sociais, Turísticas e Medioambientais; e Liña 4 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.” Debe dicir: “De tres meses, se se trata das Liñas 2 Amortización, Pagamento de débedas e gastos correntes; Liña 3 Actividades Culturais, Deportivas, Sociais, Turísticas e Medioambientais; e Liña 4 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.” O resto do acordo mantense invariable. b) Parte de información e control: 11.6708.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO DE 2015 Sra. Presidenta.- Pasando a parte B. Parte de información e control, no punto 11. Dar conta do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2015. ¿Votos a favor?. ¡Ah!, perdón, non se vota, queda dada conta, perdón. O Sr. Interventor explica que a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as administracións públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de novembro de 2015, que se expón a continuación: O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de novembro de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das administracións públicas. 12.6709.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 12. Dar conta das Resolucións Presidenciais, de extractos de Resolucións Presidencias ditadas entre o días 24 de novembro e o 22 decembro do 2015, que foron trasladados os voceiros dos distintos grupos políticos. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de novembro e o 22 de decembro do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 13.6710.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E no punto último e 13. Rogos e preguntas. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si, moitas gracias Presidenta. Un rogo e unha pregunta, unha pregunta e un rogo. Espero que non me riña a Sra. Presidenta, por facelos, a pregunta é que dende fai anos a Deputación de Pontevedra organizaba un torneo de Nadal no concello de Vigo, de fútbol base, e este ano organiza o mesmo o concello de Vigo, e pregunto si a Deputación de Pontevedra colabora economicamente ou materialmente, e de ser así, de que xeito, e en que cuantía, con que cuantía. E o rogo é, que na estrada, no termino municipal de Cangas, na estrada Rodeira a Boubeta, creo que é a 1003, non estou seguro, pero creo que é 1003, durante o verán executáronse obras, por parte dunha subcontrata de Gas Galicia, quedando dito vial, o asfalto, destrozado, fai un mes repúxose dito asfalto, pero por trozos. A día de hoxe non están pintadas as liñas, o cal, pois entendo ou entendemos todos que resulta perigoso, ademais de incumprir o acordo que tiña a citada empresa de asfaltar todo o vial, non a trozos. Eu o que pido, o que rogo, Sra. Presidenta, é que por parte dos servizos técnicos desta institución pois se faga un informe do estado en que quedou o citado vial, e de ser ese informe, bueno, pois como entendo que debería de figurar ese asfalto, débese recuperar na súa integridad pois que se faga, se é así, o informe. En todo caso, o que rogo é que se faga o informe por parte dos servizos técnicos. Nada máis, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos nota do seu rogo e lle contestaremos por escrito á súa pregunta. Sr. Sotelo eu non lle riño, reflexiono en voz alta nun tono, ademais moi amable e agradable, espero que eso si, me recoñeza vostede. Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bo día a todas e a todos. Máis que un rogo é unha esixencia, que lle fago á Sra. Arévalo, como muller, que, seguramente, por idade, nin sequera ela nacera cando eu estaba loitando polos dereitos das mulleres. Sra. Arévalo, como voceira do Partido Popular. Sra. Presidenta.- Sra. Abelairas, disculpe, eu lle pido que faga o rogo porque esto non é unha intervención, nin son mocións. Sra. Abelairas Rodríguez.- Esíxolle que pida disculpas e que retire a palabra machista, algo que non ten nada que ver con nós. E lle recomendo que lea o artigo da Vanguardia, e se dará conta, Sra. Arévalo, de o de hoxe, como vostede na súa intervención estuvo utilizando, única e exclusivamente, termos femeninos, e eu como muller si me sentín agredida por vostede, termos masculinos, utilizou vostede todo o tempo, falou de alcaldes, falou de voceiros, falou de todos, eso si meteunos como rondalleiras, por eso lle esixo, unha vez máis, que retire a palabra machista, e lle pida disculpas ó voceiro do Partido Socialista. Sra. Presidenta.- Sr. Alén Montes. Sr. Alén Montes.- Hola. Gracias Presidenta. Bueno, en primeiro lugar, quero decir feliz Navidad a todos, feliz Nadal e próspero ano, porque parece ser que non se dixo o suficiente, tanto para o público como para os demais compañeiros e compañeiras. Bueno, eu veño aquí por un tema, un rogo e unha pregunta dunha carretera que se está case convertindo nun clásico aquí, nesta Deputación, porque é a terceira vez que vou falar dela. Xa fixen un rogo, é a 4306, en concreto a carretera Ponte do Val–Sabaxáns-Covelo. Fixen un rogo, fixen, truxen unha moción, e ahora veño cun tema bastante serio, non, bastante serio. Recibo unha carta da Presidenta da asociación do centro cultural de Sabaxáns, da parroquia pola que pasa, donde se me comunica que desde que se limpou, curiosamente, leva habido trece. Sra. Presidenta.- Discúlpeme, Sr. Alén, discúlpeme, ten que facer vostede o rogo, porque o que está facendo vostede é unha motivación dunha moción, lle pido que faga o rogo concreto, o rogo é facer unha cuestión concreta, o mesmo que lle dixen á Sra. Abelairas, que quería facer unha motivación. Lle pido que se, concretamente cal é o rogo a que se refire vostede, que non faga unha motivación, esa é unha moción. Sr. Alén Montes.- Moi ben, vou intentar ser breve. O que pasa, é que estamos falando de trece accidentes, este é un tema moi importante, pa min é tan importante, Sra. Presidenta, como todos os temas que se falaron hoxe aquí. Afortunadamente, non estamos falando de vítimas mortales, pero un dos accidentes o coche quedou siniestro total, siniestro total. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, ¿cal é o rogo?. Faga o rogo, por favor. Sr. Alén Montes.- O rogo. Entón o que pido é o que pedín fai un mes que, por favor, Sr. Uxío, que é quen leva isto, se pinte urxentemente, houbo tempo, houbo tempo de abondo nun mes, para pintar as liñas horizontais nos bordes da carretera, e, por favor, tamén quero saber, queremos saber que empresa foi a que executou esa obra, porque está tremendamente mal executada, non se pode deixar unha cuneta a metro e medio de fondo, ou non se pode deixar unha cuneta, Sr. Uxío, case como un escalón lateral, é dicir, cun perigo total. É raro, eu creo que en España, digo en España, diría casi en Europa, me estraña que nun período tan corto de mes e pouco houbera trece accidentes. Entonces, por favor, tómense moi en serio este tema, pinten urxentemente esas liñas horizontais, Sr. Uxío, xa llo dixen fai un mes, fai un mes eu feliciteino porque foran rápidos. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, de verdad, está feito o rogo que é que se pinte urxentemente as liñas horizontais, ¿cal é a pregunta que vostede quere facer?, porque estamos no tempo de Rogos e preguntas, non de debate de mocións. Sr. Alén Montes.- Vale, e non ... Sra. Presidenta.- Non me obligue a que lle retire a palabra. Sr. Alén Montes.- Non, Sra. Presidenta, eu non pretendo debatir, eu soamente pretendo. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, está vostede debatindo, o rogo está feito, ¿cal é a pregunta?. Sr. Alén Montes.- A pregunta, se me deixa, Sra. Presidenta, é saber que empresa foi a que a Deputación ... Sra. Presidenta.- … a pregunta. ¿Algunha pregunta máis?. Sr. Alén Montes.- Si claro, se me deixa acabar. Sra. Presidenta.- Pois faga outra pregunta. Sr. Alén Montes.- Se me deixa acabar, acabo rápido. É que a Deputación tome as medidas oportunas sobre este tipo de obras que provocan trece accidentes. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Vázquez Almuíña. É que está, no se ha cambiado todavía, perdón. Vuelve a pulsar, si, vuelve a pulsar, ahora. Ten a palabra. Sra. Peña Muñiz.- Bos días a todas e a todos. Eu era referente a unha pregunta que fixen no mes de outubro, e que non se me contestou todavía. ¿Si?, ¿ahora me escoita?. Era referente a unha pregunta que fixen no pleno do mes de outubro e que a día de hoxe non se me contestou, referente a en que estado se encontraba unha obra nunha estrada provincial, que é a EP-9305, que era mellora de seguridade vial na carretera Coirón-Ribadumia-Leiro, que quedara aprobada polo anterior goberno, e quería saber en que situación se atopa a día de hoxe. Como foi unha pregunta que fixen xa no pleno do mes de octubre e a día de hoxe non tuven contestación referente a ela. Sr. Benítez Fernández.- Por escrito, contestámoste ahora por escrito. Que contestamos por escrito. Sra. Peña Muñiz.- Foi o que me dixeron xa fai dous meses. Sr. Benítez Fernández.- Vale, vale, pido desculpas. Sra. Peña Muñiz.- Vale, gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. O pasado dous de agosto, despois dunha xuntanza que mantivo o teniente de alcalde de Lalín con responsables da Deputación, o concello e máis a Deputación anunciaron nos medios de comunicación, polo menos nos locais de alí, a apertura do Centro de xestión da cultura arqueolóxica de Liñares para a primeira semana de setembro. Tres meses despois da data ofrecida por estes dos organismos a instalación de Liñares segue sen funcionar, coa peregrina desculpa de que non hai conexión a internet, é polo que, pregunto, ¿para cando teñen prevista a apertura do referido centro?, ¿hai persoal xa contratado para este fin a día de hoxe?, caso de estar contratados, ¿onde están ubicados e que tarefas están desempeñando?. E por último, ¿falta algo no laboratorio que impida o seu funcionamento?. Gracias. Sra. Presidenta.- Se lle contestará por escrito. A verdade é que as situacións que vostedes nos deixaron, o anterior gobierno, pois a verdad é que son bastante patéticas e complicadas de facerlle frente, pero todo se solucionará, non teña vostede dúbida, eso si, dende a legalidade e a transparencia. Se levanta a sesión. Lles desexo un moi feliz ano 2016. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición