Fondos
44.127/5. Expediente de sesión ordinaria do Pleno (23-02-2018)
Expediente de sesión ordinaria do Pleno (23-02-2018)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.4.44.127/5
Título Expediente de sesión ordinaria do Pleno (23-02-2018)
Data(s) 2018 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido - Expediente de sesión ordinaria do Pleno, 23 de febreiro de 2018: Borrador da Acta. Contén: convocatoria, acta asinada e selada polo presidente e o secretario, remisión dos extractos: 1. -Aprobación do borrador das actas anteriores de 28-11-2017 e 29-12-2017. 2.- Revogación de tódolas delegacións no ORAL do Concello de Ribadumia. 3.- Resolución de alegacións e aprobación do Regulamento do Centro Príncipe Felipe. 4.- Modificación dos Estatutos do Consercio para Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 5.- Solicitude de compatibilidade para segunda actividade. 6.- Expediente de Modificación de Crçeditos Nº 1/2018. 7.- Aprobación inicial da Ordenanza da Rede de oficinas Info Rías Baixas. 8.- Aprobacion inicial de Ordenanza de funcionamento do Centro Provincial de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico CXCA. 9.- Cambio de titularidade e entrega ao Concello de Sanxenxo da EP-9204 Acceso á Praia de Silgar ou Luis Rocafort. 10.- Moción da Presidencia relativa á adhesión da Deputación ao código de bo goberno local da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). 11.- Moción dos grupos provinciais Socialista e Bloque Nacionalista Galego PSOE e BNG con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. 12.-Moción do PSOE, BNG e Grupo Mixto sobre retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde do ano 2008. 13.- Moción do grupo do Partido Popular solicitando o mantemento da figura da prisión permanente revisable. Rexeitada. 14.- Moción do Grupo Mixto Coalición Son para impulsar políticas de benestar animal e convivencia. 15.- Moción do BNG para esixir a intervención da Xunta na situación da empresa Maderas iglesias e evitar a perda dos postos de traballo. Aprobada. 16.- Asuntos fóra da orde do día. 17.- Dar conta da execución das obras por trámite de emerxencia polos temporais. 18.- Dar conta de RP sobre liquidadción dos orzamentos da Deputación, Enfermería e Consorcio contra Incendios e Salvamento. 19.- Dar conta de informe de Intervención sobre liquidación do Orzamento de 2017. 20.- Dar conta de informe de Intervención sobre grao de cumprimento dos requisitos dos investimentos. 21.- Dar conta do informe de Intervención sobre período medio de pago aos provedores. 22.- Dar conta das Resolucións Presidenciais de 23-01-2018 a 19-02-2018 con relacións. 23.- Rogos e preguntas. >Declaración de pésame polo falecemento do pai de Don Manuel Figueroa Martínez. >Solicitude de intervención no Pleno: Maderas Iglesias S.A.; Representantes Veciñais do pobo de Baredo.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)