ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2016-02-26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/3.2016-02-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016-02-26_Ordinaria

  • Data(s) 2016-02-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de febreiro do 2016 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e seis de febreiro do ano dous mil dezaseis, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos o Pleno ordinario de data 26 de febreiro de 2016. 1.6731.- ACTAS ANTERIORES Sra. Presidenta.- Na orde do día, no primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións ordinaria e extraordinaria do día 29 de xaneiro de 2016. ¿Hai algunha observación?. Queda aprobada polo tanto por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria e extraordinaria, do día 29 de xaneiro de 2016. a) Parte resolutiva: 2.6732.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES Sra. Presidenta.- Pasando á parte resolutiva do Pleno, no punto dous. Declaración institucional polo Día Internacional das Mulleres, que ten sido apoiada por toda a Corporación, polos 27 deputados e deputadas, que paso a ler no seu nome. Declaración institucional 8 de marzo. “Sempre contra o machismo”. Conmemoramos o 8 de marzo co carácter reivindicativo que o Día Internacional das Mulleres entraña. Este ano esiximos o cumprimento do concepto de Nacións Unidas sobre igualdade substantiva que consiste en converter a igualdade nominal das nosas leis nunha igualdade real. Para alcanzala e traballar pola eliminación en última instancia do patriarcado hai que actuar entre outras esferas interrelacionadas: corrixir a situación socioeconómica na que a crisis situou ás mulleres, loitar contra os estereotipos machistas e todas as manifestacións de violencia, e traballar polo fortalecemento da representatividade e a participación das mulleres. Para alcanzar a igualdade substantiva, non só é necesario facer máis senón facelo mellor. Ese facelo mellor ten un punto de partida, encarar os problemas e chamalos polo seu nome, encarar as solucións e chamalas polo seu nome. O problema chámase discriminación, desigualdade, patriarcado, un problema que vai en aumento. Neste marzo de 2016 a realidade continua a evidenciar que a crisis agravou a situación de desigualdade e precariedade das mulleres, diante do discurso da igualdade conseguida diferentes estudos, informes e enquisas, recollen datos sobre a crecente situación de precariedade laboral e traballo vulnerable que viven as mulleres galegas. A fenda salarial segue a ser unha realidade aínda por combater diante da que as institucións non interpoñen medidas, ademais, son as mulleres as que lideran as estatísticas de emprego temporal e parcial. No que atinxe ó traballo non remunerado as desigualdades no reparto das responsabilidades repercuten negativamente sobre as mulleres que, tamén, sofren a sobrecarga derivada da da redución do apoio ás necesidades de coidados. A solución á profunda desigualdade entre homes e mulleres chámase feminismo, foron moitos os intentos de eliminar a consistencia ideolóxica e a tradición política intelectual do feminismo, así como a súa longuísima loita social. É hora de falar claro e de dar solucións, o fume e a confusión non son, non deberían ser instrumentos políticos. Dende os primeiros anos da democracia que se conseguiron as primeiras e modesta cota do 12% de participación da muller ata facer realidade o concepto de paridade o traballo pola igualdade foi constante. Nese camiño tivemos avances: a Lei Integral contra a violencia de xénero, a Lei de igualdade, a Lei de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo, a Lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a Lei de dependencia, o Plan concilia, o Plan educación 03, a implantación da Coeducación e a Educación para a cidadanía, o Plan para a promoción das mulleres no medio rural, o complemento de maternidade na xubilación, a Comisión non permanente de estudio para a igualdade e para os dereitos das mulleres desenvolvido na nosa comunidade, ou o Programa de atención psicolóxica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, entre outros. Todas as leis, todos os avances, foron pasos decisivos cara unha sociedade máis digna, máis xusta, foron cambios que melloraron a vida das persoas, que melloraron a nosa sociedade. Por todo, a nosa historia empúxanos a seguir reivindicando e propoñendo solucións que comezan incluíndo a igualdade como eixe prioritario de actuación que, ademais, esténdase de forma transversal ao resto das accións políticas. “Sempre contra o machismo” significa impulsar un grande pacto institucional, político e social contra as violencias machistas, un pacto que consiga erradicar a manifestación máis extrema da desigualdade. Sempre contra o machismo significa apostar por unha economía da igualdade que elimine as barreiras no acceso ó emprego, á permanencia e á promoción, que acabe coas diferenzas salariais e a rémora histórica de que as mulleres se responsabilicen, case en exclusiva, dos coidados dos menores e dos maiores. “Sempre contra o machismo” significa que sen mulleres non hai democracia, porque unha democracia paritaria é unha democracia participativa para a que é necesario realizar un novo pacto social que inclúe ás mulleres, un pacto de xénero que supoña o recoñecemento equilibrado entre homes e mulleres en todos os ámbitos, en todas as institucións. Sempre contra o machismo inclúe acabar coa prostitución e a trata de seres humanas con fins de explotación sexual, manifestacións de violencia de xénero, inclúe traballar na erradicación dunha das máis crueis e, esperemos, últimas formas de escravitude. “Sempre contra o machismo” inclúe construír un sistema coeducativo que garante a formación en igualdade entre os sexos en todos os niveis, dende infantil ata á universidade, que incorpore os intereses, coñecementos e historia das mulleres no currículo, que proporcione unha formación afectivo-sexual que contempla a perspectiva de xénero dende os primeiros ciclos, e ensine a resolver os conflitos de forma pacífica e non sexista, de maneira que sexa a mellor prevención contra as violencias machistas. “Sempre contra o machismo” significa defender a liberdade de elección das mulleres sobre a súa maternidade, recoñecer e respectar os dereitos sexuais e reprodutivos. Dicía Clara Campo Amor, cando pedía o voto feminino, “a República non pode defraudar ás mulleres”, a democracia tampouco, a democracia non pode defraudar ás mulleres, queremos unha sociedade de homes e mulleres que poidan soñar con facer realidade os seus proxectos vitais, os seus proxectos profesionais, que teñan a posibilidade de decidir que queren estudar, onde queren vivir, que tipo de familia queren construír, a quen queren amar, como poden ser felices. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia, unha sociedade na que ninguén se quede fóra, na que ninguén se quede atrás. “Sempre contra o machismo”. Feliz 8 de marzo”. Rematada a lectura da declaración institucional, que quero repetir que é apoiada polo conxunto da Corporación provincial. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar unha Declaración Institucional polo Día Internacional das Mulleres: Dita Declaración é como segue: “DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 8 DE MARZO SEMPRE CONTRA O MACHISMO Conmemoramos o 8 de marzo co carácter reivindicativo que o Día Internacional das Mulleres entraña. Este ano esiximos o cumprimento do concepto de Nacións Unidas sobre igualdade substantiva que consiste en converter a igualdade nominal das nosas leis nunha igualdade real. Para alcanzala e traballar pola eliminación, en última instancia do patriarcado, hai que actuar entre outras esferas interrelacionadas: corrixir a situación socioeconómica na que a crise situou ás mulleres, loitar contra os estereotipos machistas e todas as manifestacións de violencia e traballar polo fortalecemento da representatividade e a participación das mulleres. Para alcanzar a igualdade substantiva, non só é necesario facer máis senón facelo mellor. Ese facelo mellor ten un punto de partida: encarar os problemas e chamalos polo seu nome, encarar as solucións e chamalas polo seu nome. O problema chámase discriminación, desigualdade, patriarcado. Un problema que vai en aumento. Neste marzo de 2016 a realidade continúa a evidenciar que a crise agravou a situación de desigualdade e precariedade das mulleres. Diante do discurso da igualdade conseguida, diferentes estudos, informes e enquisas recollen datos sobre a crecente situación de precariedade laboral e traballo vulnerable que viven as mulleres galegas. A fenda salarial segue a ser unha realidade aínda por combater diante da que as institucións non interpoñen medidas. Ademais, son as mulleres as que lideran as estatísticas de emprego temporal e parcial. No que atinxe ao traballo non remunerado, as desigualdades no reparto das responsabilidades repercuten negativamente sobre as mulleres que tamén sofren a sobrecarga derivada da redución do apoio ás necesidades de coidados. A solución á profunda desigualdade entre homes e mulleres chámase feminismo. Foron moitos os intentos de eliminar a consistencia ideolóxica e a tradición política e intelectual do feminismo así como a súa longuísima loita social. É hora de falar claro e de dar solucións. O fume e a confusión non son, non deberían ser, instrumentos políticos. Dende os primeiros anos da democracia que se conseguiron as primeiras e modesta cota do 12% de participación da muller ata facer realidade o concepto de paridade, o traballo pola igualdade foi constante. Nese camiño tivemos moitos éxitos: a Lei Integral contra a Violencia de Xénero, a Lei de Igualdade, a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo, a Lei de Matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a Lei de Dependencia, o Plan Concilia, o Plan de Educación 0-3, a implantación da coeducación e a educación para cidadanía, o plan para a promoción das mulleres no medio rural; o complemento de maternidade na xubilación; a Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os dereitos das mulleres desenvolvido na nosa comunidade; ou o programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero entre outros. Todas as leis, todos os avances foron pasos decisivos cara unha sociedade máis digna, máis xusta. Foron cambios que melloraron a vida das persoas, que melloraron a nosa sociedade. Por todo, a nosa historia empúxanos a seguir reivindicando e propoñendo solucións que comezan incluíndo a igualdade como eixe prioritario de actuación que ademais, esténdase de forma transversal ao resto de accións políticas. Sempre contra o machismo significa impulsar un grande Pacto Institucional, Político e Social contra as violencias machistas, un Pacto que consiga erradicar a manifestación máis extrema da desigualdade. Sempre contra o machismo significa apostar por unha economía da Igualdade que elimine as barreiras no acceso ao emprego, a permanencia e a promoción, que acabe coas diferencias salariais e a rémora histórica de que as mulleres se responsabilicen case en exclusiva dos coidados dos menores e dos maiores. Sempre contra o machismo significa que sen mulleres non hai democracia. Por que unha democracia paritaria é unha democracia participativa para a que é necesario realizar un novo pacto social que inclúa ás mulleres. Un Pacto de Xénero que supoña o recoñecemento equilibrado entre homes e mulleres en todos os ámbitos, en todas as institucións. Sempre contra o machismo inclúe acabar coa prostitución e a trata de seres humanas con fins de explotación sexual, manifestacións da violencia de xénero. Inclúe traballar na erradicación dunha das máis crueis e esperemos últimas formas de escravitude. Sempre contra o machismo inclúe construír un sistema coeducativo que garante a formación en igualdade entre os sexos en todos os niveis (dende infantil ata a universidade), que incorpore os intereses, coñecementos e historia das mulleres no currículo; que proporcione unha formación afectivo-sexual que contemple a perspectiva de xénero dende os primeiros ciclos e ensine a resolver os conflitos de forma pacífica e non sexista, de maneira que sexa a mellor prevención contra as violencias machistas. Sempre contra o machismo significa defender a liberdade de elección das mulleres sobre a súa maternidade, recoñecer e respectar os dereitos sexuais e reprodutivos. Dicíao Clara Campoamor cando pedía o voto feminino: “a República non pode defraudar ás mulleres”. A democracia, tampouco. A democracia non pode defraudar ás mulleres. Queremos unha sociedade de homes e mulleres que poidan soñar con facer realidade os seus proxectos vitais, os seus proxectos profesionais, que teñan a posibilidade de decidir que queren estudar, onde queren vivir, que tipo de familia queren construír, a quen queren amar, como poden ser felices. Queremos unha sociedade na que as mulleres vivan libres de violencia. Unha sociedade na que ninguén se queda fóra, na que ninguén se queda atrás. Sempre contra o machismo. ¡Feliz 8 de marzo!” 3.6733.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sra. Presidenta.- Pasamos o terceiro punto da Orden do día. Delegación do concello de Meaño na Deputación de Pontevedra das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. ¿Observacións?. Procedemos á votación. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno do concello de Meaño na sesión celebrada o día 14 de decembro de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería do concello. Polo servizo de Recadación (14/01/2016), servizo Xurídico (19/01/2016) e servizo de Intervención (27/01/2016) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxo territorio estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o concello de MEAÑO, segundo se detalla, debéndose proceder, unha vez aceptada a delegación polo Pleno Provincial, á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o art. 7.2 "in fine." CONCELLO DE MEAÑO: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2015, nos seguintes termos: Aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello, asumindo a Deputación Provincial a competencia para ditar os actos correspondentes ás competencias delegadas, incluída a emisión da correspondente providencia de prema, así como os medios de revisión tributarios. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación de Pontevedra. O concello deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A Deputación Provincial porá a disposición do concello os medios necesarios para o subministro da colaboración e dará conta periodicamente dos resultados da xestión das competencias delegadas, poñendo á súa disposición información sobre a situación dos recursos xestionados. A representación e defensa polos Letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de Procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL- Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingreso na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. As delegacións sométense ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL), aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Meaño publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6734.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO 01/2016 (CRÉDITO EXTRAORDINARIO EXT.01/16 E SUPLEMENTO DE CRÉDITO SUP.01/16) Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 4. Modificación do orzamento 01/2016 Crédito extraordinario 01/16 e suplemento de crédito 01/16. ¿Intervencións?. ¿Observacións?. Sr. Font ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta. Bo día a todas e todos. Hoxe presentamos ao pleno desta Deputación unha modificación do orzamento que nos vai a permitir afirmar con orgullo que este é un goberno que cumpre cos seus compromisos. Cando chegamos ó goberno xa anunciamos cales serían as nosas prioridades, en primeiro lugar o emprego, o fomento da actividade económica, pero, tamén, a aposta pola cohesión social, ademais, dunha loita sen cuartel pola igualdade de xénero, e de forma específica contra a violencia que sofren as mulleres. Tamén falabamos entón e agora de poder garantir ós cidadáns servizos básicos, como deporte, a aposta polo medio ambiente e polo tratamento dos residuos, desde unha perspectiva ambiental que, ademais, aforre custos. A elaboración dun proxecto claro de actuación nas infraestruturas provinciais, un proxecto transparente, obxectivo, que facilite a mobilidade e a seguridade rompendo co modus operandi do anterior goberno que atendía de forma prioritaria ás que estaban situadas nos municipios onde gobernaba o Partido Popular. Esta modificación de orzamento contempla, e volve mostrar, cales son as nosas prioridades, son as persoas, repito, son as persoas, as pontevedresas e os pontevedreses sen distinción de en que concello viven, sen arbitrariedades, sen decisións tomadas para manter o poder político, nós escollemos as persoas, sempre as persoas, e todo iso a través de criterios claros, públicos, transparentes, e na procura do ben común. Pois ben, con esta modificación incorporamos máis de 14 millóns de euros, concretamente 14.644.100 euros, ó orzamento deste ano 2016 procedentes de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, que se van a destinar a incrementar os recursos dirixidos ós servizos básicos para as cidadás e os cidadáns desta provincia, e que volven marcar cales son os obxectivos prioritarios para este goberno. A metade de esta incorporación farase como créditos extraordinarios por importe de 7.370.000 euros, que responden estritamente á definición dos mesmos, é dicir, para gastos que non tiñan crédito previsto no orzamento actual. A outra metade, 7.274.000 euros son para incrementar partidas existentes e insuficientes nos orzamentos de 2016. Se imos directamente ós números, en concreto, destinaremos 220.000 euros a investimentos en cohesión social, é dicir, acción social primaria con carácter de urxencia social, e 473.600 euros a obras de mellora no Centro Príncipe Felipe. Tamén, incrementaremos en 195.000 euros os recursos para igualdade, máis medidas da atención ás mulleres. Tamén, ampliamos en 8.675.000 euros os recursos para cooperación cos concellos e en actuacións non previstas, aquí hai que destacar a colaboración dos municipios a través dos convenios ós que se destinan o 95% destes créditos extraordinarios, en concreto, para Mobilidade incrementamos os recursos en 1.620.000 euros; para Emprego, parte importantísima, ampliamos o investimento en 710.000 euros, e incrementamos, outros 100.000 euros destinaranse a Medio ambiente; para Cultura ampliamos os recursos en 367.500 euros; tamén, destinaremos 2.060.000 euros a Deportes; 18.000 euros para Mouriscade; 45.000 euros para as necesidades de Areeiro. Ademais dos números concretos hai que facer varias consideracións que creo que son importantes: Primero, primeiro, os novos créditos financiaranse con aforro propio procedente de exercicios anteriores e non supoñen aumentar débeda. Segundo, son todos gastos en proxectos de interese xeral, social, asistencial e de reforzo e colaboración cos concellos. Terceiro, as partidas que aumentan en crédito pertenecen fundamentalmente ás áreas de Deporte, con un 28,3%; al área de Cooperación cos concellos, con un 22,3%; e Mobilidade, con un 21,4%. Estas áreas que xestionan servizos básicos municipais e provinciais absorben, nin máis nin menos, que o 72% do total de suplemento de créditos desta propuesta. Cuarto, Cohesión social e Xuventude, Igualdade e o Centro Príncipe Felipe, reciben un 19% do suplemento total, importes suplementarios que van a servir para ampliar a oferta de emprego xuvenil, actuacións para a formación dos mozos, maiores medidas de atención ás mulleres, e melloras nas instalacións de atención social. O 5% do suplemento de crédito, engadido, diríxese á promoción da cultura e ampliar a oferta do museo con adquisicións e subministracións. En resumo, trátase dunha incorporación de créditos que supón un 9,6% máis no orzamento deste ano 2016, dirixido a dotar de máis recursos aos servizos básicos municipais e da provincia, e a mellorar as prestacións nas áreas de maior demanda social. Miren, señores e señoras diputados y diputadas do Partido Popular, vostedes estiveron a dicir dende o principio que iamos abandonar ó deporte desta provincia e esta modificación é unha mostra obxectiva de que vostedes mentían, connosco máis e mellor deporte, pero para todos, non só para os clubs u entidades amigas. Vostedes nunca tiveron unha política que tivese como prioridade a igualdade, vostedes ían repartindo recursos sen xeito nin dereito e, outra vez máis, recursos para asociacións máis amigas. Nós cremos, firmemente, na igualdade, e os nosos proxectos van dirixidos a transformar a sociedade, a educación, a visibilidade das mulleres, a fomentar a formación para lograr a autonomía e a presenza das pontevedresas vivan onde vivan. Nós temos unha enorme preocupación fronte á violencia de xénero, o noso compromiso é claro e nítido e, por iso, dedicamos recursos para pasar da palabra fácil á acción, isto diferéncianos profundamente. Hoxe a nosa sociedade ten un gravísimo problema, o desemprego, que afecta de forma especial ós mozos e ós maiores de 45 anos, nós non miramos para outro lado, aínda que non teñamos competencias, porque son da Xunta de Galicia e do Goberno de España, pero non vale non preocuparse de que, de lo que de verdade afecta á sociedade, por iso aumentamos nun 18,5% o diñeiro que dedicamos a emprego, e nesta modificación iso, tamén, queda patente. Por primeira vez, ademais, nesta Deputación hai un área de mocidade, e implementamos políticas dedicadas a favorecer a formación, a capacitación para o emprego, e o emprendemento con programas claros e con recursos. Nós somos moi conscientes de que a desigualdade e a pobreza afectan ás cidadás e cidadáns da nosa provincia, e por iso dedicamos recursos a posibilitar e facilitar a cohesión social que o Partido Popular na Xunta, e o Goberno de España, dinamitaron de forma dramática. Esta modificación contempla recursos para loitar contra esa desigualdade e ese empobrecemento xeneralizado da sociedade que o Partido Popular déixanos como negra herdanza. Nós tamén cremos que esta Deputación ten que apostar pola mobilidade e pola seguridade das infraestruturas, que son competencia nesta administración, por iso, tamén, dedicamos recursos que hoxe se aproban nesta modificación. Por tanto, esta modificación do orzamento é moito máis que un aumento de recursos para dar resposta a todos os compromisos que adquirimos como goberno, é unha mostra inconfundible de cal é a política na que cremos, a política para as persoas, é unha mostra inequívoca de que cambiamos, radicalmente, co modelo anterior, ó que sempre nos opuxemos frontalmente. Hai outra forma de facer política, pensada para a gran maioría, sen discriminacións, sen dedazo e sen decisións partidarias … Sra. Presidenta.- Sr. Font, rematou o seu tempo. Sr. López Font.- … conclúo, en clave política de amigos. Esta modificación é unha proba evidente de que as cousas se poden, e débense facer de outra forma. Sra. Presidenta.- Algunha palabra máis. Sra. Arévalo, ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Si, bos días señoras e señores deputados, Sra. Presidenta. Ben, o 27 de novembro está aí atrás, soamente pasaron tres meses, e desde esta bancada o Partido Popular votou en contra dos orzamentos que presentaron. Votamos en contra, precisamente, porque o pouco que se arañaba en eles era a improvisación á que nos teñen acostumbrados, e algo máis, tamén, á inxusticia, á inxusticia co deporte, á inxusticia coa cultura, á inxusticia cos concellos, que ben nos está a dar a razón ahora cos números que estamos a ver. Ben, vinte millóns menos, falabamos hai tres meses, que lle daban ós concellos, hoxe xa falamos de trece millóns menos, porque sete xa os están a intentar arreglar. ¿Que pouco tempo pasou?, señoras e señores deputados, ¿verdade?, ¿que pasou pouco tempo?, só tres meses para que este refrán que di, “non se pode cuspir ó aire porque che pode caer na cara”, pois é o que mellor vai na mañán de hoxe. Con só tres meses o equipo de goberno da Deputación ten que darlle a razón a esta oposición, ó Partido Popular, daquelo que denunciabamos dos orzamentos que presentaban. Por certo, as arcas baleiras non lle quedaron, porque gracias ó remanente de tesourería que están a utilizar están salvando, salvando o que non fixeron. O Sr. Font, pois, ahora, pois, pasa a intervención dicindo que estamos cumprindo cos compromisos, efectivamente, van cumprindo, gracias a que a pesar de aprobar un presuposto baleiro e sen chegar a eses obxectivos, ahora co remanente do Partido Popular, van tapando os buracos que deixaron, pero quédanlle moitos por tapar todavía. Miren, tan vacías non lle quedaron as arcas, hai un remanente de 100 millóns euros, pero é que, ademais, o que de verdade poden utilizar, pois, estamos a falar de case 20 millóns de euros, o neto, porque son, entre o plan de emprego, que improvisaron, tamén, aquel miniplan de emprego no mes de outono, máis o que ahora traen, estamos a falar de case 20 millóns de euros. Mire, Sr. Font, hai só tres meses vostede se sentaba aí e falaba de sesión histórica, nada máis e nada menos, sesión histórica do pleno de aprobación de orzamentos, porque vostede dicía a bombo e platillo que se acababa a libre disposición. E, eu preguntei, e pregunto aquí, e seguirei preguntando, ¿para donde son eses 7 millóns de euros?, ¿como se reparten esos 7 millóns de euros?. E vou a seguir preguntando para evidenciar as súas mentiras e para evidenciar que dicen unha cousa e fan totalmente a contraria. Queren enganar á sociedade pontevedresa, si, quérena enganar coas portas abertas, coas ventás abertas, que, por certo, hoxe como hai pleno están pechadas. Quérena enganar coa transparencia, co trato igualitario, pero os que estamos aquí todos os días, pois, sabemos que eso non é a realidade. Miren, antes tíñamos, según vostedes, según vostedes, e, creo que algunha cousa se repetiu hoxe aquí, como non, un goberno presidencialista, vostedes dicían que ahora non ía haber. Pois fíxense, que vostedes seguen poñendo pedras co nome da Presidenta, e placas inaugurais co nome da Presidenta, fíxense ben, a pesar de que ela non esté, mire, si é presidencialista esta institución. Vostedes din que antes era unha institución caciquil, que ahora non o é, mentira, aí están os datos, que antes era unha institución ditatorial, ahora demócrata, pero, ¿en donde?, a algúns poden engañalos, ós que estamos aquí todos los días, pois, no. A realidade, a realidade é que aquí non hai un trato igualitario entre deputados, ¿verdad, Sr. Mosquera, que vostede cando quixo utilizar a sala de prensa pudo e ahora nós non podemos?, ¿verdad, Sr. Mosquera, que antes lles invitaban a todos os actos que facía a Deputación?, de Deporte, de Cultura, de inauguración, que vostede fora ou non era á parte, pero invitábano sempre, porque é o máis normal, e creo que debería ser obligación, ademais. ¿Verdad, Sr. Mosquera, que vostede interviña no pleno, e o Sr. López Font, o tempo que quería?, ahora temos un reloxo. ¿E saben por que?, porque antes, pois, evidentemente, tiñamos un Presidente seguro, un Presidente sen complexos e tranquilo, un Presidente que agradecía o debate en esta casa, e, por iso, non poñía un reloxo para cortarnos a palabra. Agora temos a prepotencia todos os días, os deputados de primeira que están aí e os deputados de segunda que estamos aquí, a pesar de ser o grupo maioritario, e tamén, pois temos un goberno que non lle gusta que interveñamos, que lle molestan as verdades, e, soamente falta que os dez minutos que nos corresponden non nos deixen intervir, pero esos teñen que aguantalos, porque nos corresponde falar e nos van a escoitar tódolos meses. E temos un goberno que, a pesar de ter 7 millóns de euros para repartir sen criterio e que non dea explicacións, dicen, outra vez, que non hai libre disposición. Bueno, pois, como o tempo está aí, nos vai dando as razóns e o tempo nos seguira dando as razóns. Miren, senón lle queren chamar libre disposición, chámanlle quito dun lado poño do outro, pero, vai a ser o mesmo. Fracaso anunciado, diciámoslle señores do goberno, fracaso anunciado, diciámoslle que faltaban partidas, diciámoslle que baixaban escandalosamente o que ahora están repoñendo, que rápido nos dan a razón. Deporte, Benestar, Turismo, Cultura. Eu, Sr. López Font, levo escoitado os seus dez minutos que se dedicou a repetir o que eu dixen no 27 de novembro, pero, nós pedimos máis, aínda, non nos chega o que vostede intenta hoxe tapar. Pero, mentres nós diciamos isto fai tres meses, pois, vostede dicía outra cousa, a pesar de que ahora modifica os orzamentos e nos dá a razón, xa daquela dicía, “que é un orzamento con liñas concretas”, non me diga, se inda están concretando ahora, “estaban definidas”, non me diga, se estaba todo baleiro sen concreción, dicía que había igualdade no territorio, non me diga, ¿en donde había igualdade?, se os concellos algúns inda non saben o que van acabar levando de partida presupuestaria, porque hoxe están modificando a cantidade. Permítame que me ría Sr. Font, porque, a verdade que, dicir todo o que dixo e o sigue dicindo hoxe, e traer esta modificación, debe de pensar que somos tontos, non me cabe ningunha duda de que vostede o pensa, pero non somos tanto como vostedes pensan, nin vostedes son tan listos como pensan, o tempo nos dará a razón. Miren, a improvisación, vostedes, imaxínense, nunha semana pasamos de 10,9 millóns, despois 12 millóns, finalmente 14,6, eu lle dicía ós deputados que hoxe ó mellor tíñamos un novo escrito encima da mesa ó chegar ó pleno, de que había outra nova cantidade, vostedes que ían a facer unha xestión distinta a de antes, porque me van a contestar, “é que antes se cambiaban os números antes da comisión”. Pero, vostedes son a nova Deputación, me queda claro que son a nova Deputación, desde logo, xa llo expliquei fai un momento. Bueno, pois, este efectivamente, pois, é o goberno especialista na improvisación, na prepotencia, en vender fume, e que lle falta seriedade a este goberno, lle falta rigor, e creo que non hai máis que ver esta modificación de crédito. Entonces, eu creo que me teñen que contestar, ¿quen interpretaba mal os datos antes?. ¿Eramos nós que interpretabamos mal os datos do orzamento, ou eran vostedes que non sabían ler o números?. ¿Quen facía as contas sesgadas?. ¿O Partido Popular ou as facían vostedes?. Sr. Font, vostede retoume fai tres meses, e xa en tres meses quedou claro de que o seu reto no chan. Dicía que me retaba a facer un balance do orzamento, pois está superado o primeiro reto Sr. Font, porque mire, con este documento demostran dúas cousas: primeiro, que as contas non eran as que vostedes dicían; e segundo, ¿donde está ese vender a bombo e platillo que se elimina a libre disposición Sr. Font?, eses 7 millóns de euros, ¿como se reparten?, porque non me contestan, libre concorrencia, hai bases, concorrencia competitiva, convenios, Vigo, Pontevedra. ¿Dígame como se reparten?, porque na comisión non me quixo contestar, pero voullo seguir preguntando. E podería seguir falándolles de moitas cousas que dixen aquí o día que aprobaron o orzamento, faláballe de partidas xenéricas, que hoxe están intentando concretar, que razón tiña o Partido Popular, partidas valeiras de contido, que hoxe estando concretar, e dicían, sobre todo, que sabían os concellos o que ían a recibir, pois, non sei si se refería á semana pasada ou ó próximo verán, porque a cantidade vai cambiar para algúns concellos, o teño clarísimo. Eu creo, que os concellos se deron conta de que non estaban recibindo algúns tanto como vostedes dicían, e que o Partido Popular non estaba tan equivocando cando falaba dalgunhas cantidades. Mire, Sr. Mosquera, vostede se refería a que eu, a verdad que non tiña moita idea cando falaba de 1 millón de euros para o Museo, que se retiraba do orzamento, e que dice, ¡pobre!, pero é que non sabe a deputada que resulta que iso era para unhas obras que se había posto, xa se fixeron as obras e que hai que retiralo. Pois tan equivocada non estaba a deputada, porque, xa de entrada, van a suplementar a partida con 300.000€, si Sr. Mosquera, 300.000 €. E para ir rematando, voulles a ler, moi por encima, as nosas emendas, que tamén deron lugar a risa e a mofa de que parece que unha persoa, que é alcaldesa, que non sabe presentar emendas, e lle dixen que presentaba as emendas que consideraba, que eran as que hoxe traen aquí vostedes, á modificación de crédito, que aumentara o investimento para os concellos, nós non pediamos sete, pediamos vinte, pero vostedes xa os aumentan. Que houbera partidas específicas para o emprego, aquí aparece un millón de euros máis, que non se reducira en dous millóns de euros en deportes, claro que o corrixen, que faltaban partidas para campionatos, aí están, que se mantiveran os programas de iniciativa social, de turismo, etc., etc., etc., e aquí está todo o que pediamos. Cando a intelixencia da Sra. Presidenta estaba calada falaba a ignorancia da Sra. Voceira, pois estes ignorantes algunha razón tiñan señores deputados, algunha razón tiñan. Por iso, o que lle propoñemos é que deixen este punto encima da mesa, e que fagan unha modificación profunda onde se recollan os 60 millóns de euros para os concellos, que lle faltan 20, e tódalas partidas que lle pediamos con esas cantidades que se incluíran nas emendas dos orzamentos. E para resumir, ademais, lle vou a dicir algo, miren, non nos fiamos de vostedes, para nada nos fiamos, eses 7 millóns de euros van a repartilos a dedo, para que me entendan os cidadáns, a libre disposición que vostedes van repartir a dedo, por iso señoras e señores deputados non vamos a votar a favor de esta complicidade, e desde logo, que sepan vostedes que seguiremos, seguiremos traendo aquí ese refrán que lin hoxe, porque estou segura que nos vai a dar para moitisimas veces. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas ¿non?. Ben, estamos ante unha modificación de crédito de máis de 14 millóns a base de, vamos, de incorporación dos remanentes líquidos do ano 2015. Eu creo que hai que resaltar, cando menos, tres aspectos: primeiro, a rapidez e axilidade co que se fai, cando a maioría dos concellos aínda non incorporaron remanentes nin aprobaron a liquidación, aquí nesta casa, pois, na Deputación, pois xa están incorporados, e xa vén a modificación de crédito, certo é que outras veces ten sucedido igual aquí, pero, pero o relevante era que a hipótese que tiña o Partido Popular de que non iamos a ser capaces cun goberno, bigoberno, trigoberno, esas historias que contan sempre, nin a aprobar os orzamentos, nin a traer a modificación, e si, si fomos capaces, esta casa está funcionando ben, e está funcionando a bo ritmo, incluso, digamos, cunha alta axilidade, e se se quere, e neste caso houbo modificacións, con certa precipitación, por unha serie de motivos que había que aprobar a modificación para tirar para adiante, ¿non?. Ben, en canto ó que vén na modificación, ben, eu creo que aquí se está incorporando acordos de este pleno, cando se acordan cousas deste pleno, obviamente, pois, o lóxico é darlle trámite e intentar a seguinte modificación, pois, dotalo economicamente para cumprilo. Aquí aprobamos unha moción para que o parque de maquinaria non siga no seu sitio, non siga ocupando un dominio público marítimo-terrestre, e, polo tanto, pois, haberá que dar os pasos, e o paso que se dá hoxe é incorporar fondos para estudar cal é a mellor alternativa, incluso, vamos, da organización do propio parque e, sobre todo, buscar a alternativa de traslado, ¿non?, como na Comisión se dixo, se reuniu ós alcaldes para ver se se incorporaban a, vamos, á “Citá de Bambinos”, vamos, á Cidade dos Nenos e Nenas, e, polo tanto, haberá que dar os pasos económicos para facer o que é, o que se está facendo agora, ¿non?. Aquí houbo unha serie de mocións sobre a necesidade de mellorar as estradas provinciais … pois, aí está, ¿non?, pois, unha aportación de, vamos, económica, para mellorar ou para avanzar en ese aspecto, ¿non?. O que é moi sorprendente, son certo tipo de discursos, Sra. Arévalo, porque vostedes no orzamento, cando foi o debate do orzamento, nos veñen cunhas propostas de incorporar 38 millóns, senón me acordo mal, que non sei onde se podían fabricar, eu non sei se cando vostede estaba no goberno dábanlle á máquina de billetes e aparecían, porque as emendas que dicían de restar, como moitísimo, era un millón ou millón e medio e querían incorporar creo que eran 38. Entón, difícil, difícil resulta facer esas, ¿non?, facer esas, esas contan, ¿non?, iso unha forza política que se supón que ten experiencia, que sabe como son as contas, pois, resulta un pouquiño, un pouquiño estraño, ¿non?. Ben, con respecto a outras incorporacións, outras preocupacións que hai na modificación, obviamente van cartos para facer un estudo que, a conveniar cos concellos para a ubicación de plantas comarcais de residuos, etc. Pero parece que hai moita preocupación cos convenios, é que hai un problema serio, é que ustedes non se leron o pacto de goberno, entón, como non se leron fan uns inventos francamente estraños. Creo que está clarísimo, vai haber un plan para os concellos de menos de 50.000 habitantes, que o hai, que non se vai a modificar, dotado con 40 millóns, con criterios de reparto obxectivos, sen ningunha reserva, do 10, do 5, ou nada por cento, e hai uns concellos que van a ir vía convenios que son Pontevedra e Vigo, coa posibilidade, coa posibilidade moi restritiva, que tamén está no pacto de goberno, de que algunha actuación dun calado enorme, etc., que a pesar do que se lle manda ós concellos de menos de 50.000, puidera necesitar facer un convenio, puidera, se tal, pois tamén. Iso é o que está no pacto de goberno e isto é o que se reflicte hoxe aquí. Entonces, non sei donde veñen asociar, que por certo, xa o había antes, totalmente modificada, había o que era o plan, a reserva do 20% do Presidente e despois había os convenios. Ahora o que se fai é quitar a libre disposición e facer os convenios moito máis restritivos para os concellos, digamos Pontevedra e Vigo e algunha situación. Eu creo que hai concellos dos seus, por exemplo, que queren, pois, facer convenios para urbanizar unha estrada provincial, por exemplo, bueno, pois, igual, igual vai aquí, entonces, non sei exactamente, …, ou sexa, é facerse unha película, se nos dixeran, “é que non está cumprindo o programa”, pois, nos teriamos que poñer colorados, pero, é estritamente, estritamente, o que está asinado no convenio, vamos, no programa de goberno, non, como ahora, aí están as contas, con respecto o que era os concellos, as transferencias ós concellos, pois, en estes momentos estamos, asinamos o pacto goberno e que iba a superar, a intentar superar o que se ingresa polo capítulo un, tres e catro da Deputación, iso son exactamente 43 millóns, e nestes momentos entre o plan de concellos dos 40 millóns, sen libre disposición, o que está no orzamento polo convenio con Vigo co Balaídos, o que está en outros convenios que hai, ¿non?, que viñan de atrás, o de servizos sociais e o que se incorpora hoxe, estamos bastante por riba, estamos en 52,6 millóns, estamos en 56,6 millóns, ou sexa, puxemos un obxectivo que todo o mundo estimou que era moi difícil e o superamos, iso é cumprir estritamente o que está, o que está asinado, que no orzamento inicial houbo que facer restricións en algunhas partidas para poder cumprir este obxectivo, si, e hoxe subsánase, iso creo que o vimos en todas as administracións locais sempre, non vemos onde está o problema. E a portavoz do PP, tamén fixo un par de referencias a certo tipo de actuacións, mire, aquí a sala de prensa a este portavoz téñenlla denegado máis dunha vez, e cando, cando, se, cando se deixou era co Sr. Martín presente para que o que puidera dicir xa saira a contranota no mesmo momento, certo que se me deixou, pero así, nesas condicións. Entonces, deixémonos de enganchar con estas cousas. En definitiva, que isto é unha, creo que cumpre perfectamente co programa de goberno, cremos que demostra que está funcionando a Deputación perfectamente, e, polo tanto, vamos a votar a favor. E pediría que si o que está é subsanando o que ustedes dixeron voten a favor, porque entón non hai quen os entenda, a vez pasada tivemos que escoitar que, “para Vigo e Pontevedra non iba nada, que era un discriminación absoluta”, e por outro lado que, “todo iba para Vigo e Pontevedra”, iso foi o que tivemos que escoitar no pleno pasado, ahora din que no pleno dos orzamentos xa anunciaron que iamos facer isto, e agora que o facemos votan en contra, son moi malos de entender. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Para pechar o debate ten a palabra o Sr. Font. Sr. López Font.- Gracias Presidenta, outra vez. Sra. Arévalo, coincidimos, coincidimos en que usted repite su discurso y yo repito mi discurso, y es cierto, porque es evidente que yo manifesté que era un presupuesto extraordinario, y lo sigo manifestando, y es que encima de ser un presupuesto extraordinario tiene el complemento de la modificación de crédito que traemos, y que lo va a convertir en un presupuesto excepcional, creo que ni yo ni nadie le entiende, porque si dice que esto es la materialización de lo que ustedes propusieron y a continuación dice que vota en contra, pues, esto no se entiende por ningún lado. Lo que resulta muy sorprendente es oírle hablar usted de criticar modificaciones de crédito, cuando ustedes creo, más menos, que venían haciendo tres, cuatro, o no sé cuantas, y encima el problema es que no eran capaz de ejecutarlas, porque a un gobierno se mide por como realmente se ejecuta, por lo tanto, mire, lo de darle la razón a ustedes con esta modificación, permítame que se lo diga en términos políticos, es absolutamente ridículo, primero, porque anunciamos que se iban a realizar estas modificaciones, segundo, porque es la forma de actuar desde un gobierno responsable el que si hay unos remanentes, que no son de ustedes, ¿como “los remanentes del Partido Popular”?, aquí los dineros y los cuartos son de los ciudadanos, por lo tanto, esto no se entiende en absoluto. Mire, definamos de una vez por todas, la libre disposición, la libre disposición es dar a dedo dinero a quien se quiere, y es lo que hacia el Sr. Louzán, con lo cual Presidente y responsable. Y mire, la forma de gobernar, que no de libre disposición, es esta, este es el orden del día de la junta de gobierno de hoy, al que usted como todos los demás tienen acceso, aquí van las ayudas que se dan a los concellos por el Plan concellos, que ya en una cantidad se incrementó sustantivamente, pero, aquí está publicado. Y lo que no puede hacer, Sra. Arévalo, es venir aquí a intervenir sin haber leído la modificación de crédito que presentamos, y decir donde van a ir los 7 millones si se dice, “aos concellos para investimentos, convenios cooperación”, se lo está diciendo aquí, claro, la forma de gobernar de ustedes era otra, no era mediante convenio, primero decidíamos a quien le dábamos el dinero, y luego veíamos la forma en que articulábamos. Porque yo como concejal, como diputado, perdón, de contratación, sigo firmando obras que ustedes les dieron a unos concellos determinados, y ya les gustaría a los concellos que no se vieron favorecidos por su política de a dedo el que hubieran tenido estas mismas situaciones con respecto a ello. Por lo tanto, ¿qué ocurre?, que estamos en el mismo debate que en presupuesto, es que usted en presupuesto no hizo una defensa de cantidades y de partidas, usted afirmó aquí que querían seguir con el sistema de a dedo, eso es lo que querían ustedes, y nosotros hemos roto con eso, y a ustedes comprendo que les va muy mal, porque tenían la esperanza de que nosotros decidiéramos en favor de aquellos que militan en la misma formación política, y no Sra. Arévalo, hemos venido aquí a tratar a todos los concellos igual, hemos venido aquí a practicar un Plan concellos de los que muchos ayuntamientos de su color político están encantados, y usted debería de ser la primera, por lo tanto, no nos hable de rigor, Sra. Arévalo, no nos hable de rigor. Y mire, yo la frase de que ustedes no se fían de nosotros, me la tomo en sentido, de verdad, muy positiva, si ha pretendido molestarme, molestarnos, es al contrario. ¿Por qué sabe cuál es el problema real?. Que los ciudadanos no se fían de ustedes, ese es el problema, el problema es que los ciudadanos no se fían de ustedes, que usted está hablando como oposición y yo como gobierno porque los ciudadanos han dejado de confiar en ustedes, ese el problema. Y yo le voy a decir una cosa, fíjese, les comprendo, les comprendo porque ustedes pensaban que esto nos iba a ir muy mal, les comprendo porque pensaban que no íbamos articular un pacto de gobierno en condiciones, les comprendo porque ustedes pensaban que nosotros íbamos a velar por nuestros amigos, y no, claro que es una nueva Diputación, claro que es una nueva forma de actuar, y usted como tiene el problema de que todo se lo toma en ámbito personal, lo que le voy a decir a continuación no se lo tome en ámbito personal porque es en ámbito político y cada uno somos responsables de lo que decimos. Usted políticamente está (… palabra que se retira polo Sr. López Font …) por no ser ni presidenta de la Diputación, porque es que encima, y el drama es que no la quieren ni como presidenta de su propio partido dentro de la provincia. Gracias. Sra. Presidenta.- Vou a poñer a votación primeiro a petición que fai a Sra. Arévalo de que este asunto quede sobre a mesa, entendo que foi o que vostede pediu, e, tamén, lle quero dicir unha cousa, Sra. Muñoz, con moita serenidade, porque sabe, a ira e o odio son emocións que se derrotan a si mesmas, xa o dicía, xa o dicía Aldous Huxley, e a vostedes a ira e o odio os leva sempre a facer este tipo de afirmacións, como vergoña, parece que se irritan, e, mire, eu lle quero recordar, Sra. Muñoz, que vostede é unha muller igual que eu, e á persoa que hoxe utilizou aquí, afirmou, taxantemente, que hai unha muller acomplexada, foi a min, a Presidenta, contrapoñendo que eu como Presidenta e muller son unha acomplexada, sen embargo o anterior Presidente home estaba moi seguro de si mesmo. Polo tanto, eu lle pido Sra. Muñoz, simplemente, que midamos polo mesmo raseiro, cando vostede se enfada porque alguén lle di á súa voceira que está acomplexada, vostede enfádese exactamente igual cando a súa voceira é a que provoca que se digan estas cousas. Porque mire, certamente, ás mulleres nos costa moitísimo estar ocupando espazos de decisión, é moi difícil para as mulleres chegar ós lugares onde se decide, e non estamos ningunha acomplexada por nada, porque nos costa tanto saltar tantas dificultades, que cando chegamos ós lugares de decisión o único que non estamos é acomplexadas, estamos moi seguras de nós mesmas, moi convencidas de que somos capaces de facer todo o que se poña por diante, e, polo tanto, cando nos enfademos, enfadémonos sempre que se fan afirmacións que poden desgustarnos, e que a min, tamén, me desgustan, Sra. Muñoz, simplemente é unha reflexión en voz alta, e nada máis, para que o teñamos en conta, á parte, eu creo que as mulleres nesto temos que estar unidas, temos que defendernos todas, todas, en outras cuestións podemos estar en posicións ideolóxicas diferentes, podemos ter proxectos alternativos, incluso podemos defender con pasión o que cremos, pero nestas cuestións debemos ser nós as primeiras que todas, sexamos de onde sexamos, estemos onde estemos, nos defendamos. Polo tanto, Sr. Font, para facer un grito en defensa das mulleres eu lle pido que retire que considera que a señora, que Sra. Arévalo está acomplexada, estou segura que o fai, llo agradezo que o faga, porque creo que non se deben dicir estas cousas no pleno, non lle pido á Sra. Arévalo que retire que me chamara a min acomplexada, porque é evidente, o sabe todo o mundo, somentes hai que mirarme para verme que se algo non teño é ningún complexo, absolutamente ningún complexo, polo tanto, como ninguén o pode crer xa non pido, pero a vostede como membro do Grupo Socialista si que llo pido e lle agradezo que o retire, polo tanto, que esas palabras non consten en acta, moitas gracias Sr. Font. Pasamos polo tanto a votar que este asunto, a Modificación do Orzamento 1/2016 quede sobre a mesa e, polo tanto, non se tramite. ¿Votación a favor de que quede sobre a mesa este asunto?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada que este asunto quede sobre a mesa con 14 votos en contra, 12 a favor, e 1 abstención. Pasamos agora, unha vez rexeitada polo Grupo Popular a Modificación do Orzamento 1/2016, Crédito extraordinario 1/16, e Suplemento de crédito 1/16. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 14 votos a favor, 12 en contra, e unha abstención. A Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra, a través de memoria de data 15 de febreiro de 2016, eleva proposta de aprobación ó Pleno do expediente de modificación de orzamento 01/16 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT.01/16” e o de suplemento de crédito “SUP.01/16”) , motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e non existindo consignación no estado de gastos do orzamento corrente, ou sendo insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que polo servizo de Intervención se emite informe de data 15 de febreiro de 2016 que indica que os expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, e que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2, 3, 11, 27 e demais concordantes da Lei orgánica 2/2012 de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir para a aprobación da modificación do orzamento 01/16. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, de data 23 de febreiro de 2016, acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos en contra do PP e coa a abstención de Coalición Electoral SON: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de orzamento 01/16 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/16” e o de suplemento de crédito “SUP.01/16”) co seguinte detalle: 1) Créditos Extraordinarios “EXT.01/16”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 231-2311-762,00 A CONCELLOS, INVESTIMENTOS ACCIÓN SOCIAL PRIMARIA (COHESIÓN SOCIAL) 100.000,00 € 250-2315-462,01 A CONCELLOS, ATENCIÓN A MULLERES (S. IGUALDADE) 150.000,00 € 456-1510-226,06 REUNIÓNS, CONFERENCIAS E CURSOS, "CIDADE DOS NENOS/AS" (MOBILIDADE) 50.000,00 € 456-1510-226,99 GASTOS DIVERSOS, "CIDADE DOS NENOS/AS" (MOBILIDADE) 10.000,00 € 942-9420-762,96 A CONCELLOS, INVESTIMENTOS -SENDEIROS AZUIS (COOPERACIÓN) 60.000,00 € 942-9420-762,14 A CONCELLOS PARA INVESTIMENTOS - CONVENIOS (COOPERACIÓN) 7.000.000,00 € Total Créditos Extraordinarios... 7.370.000,00 € Financiamento do expediente de Créditos Extraordinarios 01/2016: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 7.370.000,00 € 2) Suplementos de Crédito “SUP.01/16”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 231-2311,227,07 PROXECTOS E PROGRAMAS DE COHESIÓN SOCIAL E XUVENTUDE (COHESIÓN SOCIAL) 100.000,00 € 231-3370-632,02 INVESTIMENTOS DE REPOSICIÓN EN EDIFICIOS E O. CONSTRUCIÓNS (COHESIÓN SOCIAL E XUVENTUDE) 10.000,00 € 231-3370-629,01 MENAXE, ÚTILES E FERRAMENTAS (COHESIÓN SOCIAL E XUVENTUDE) 10.000,00 € 232-2312-204,00 ARRENDAMENTO DE ELEMENTOS DE TRANSPORTE (C.P. FELIPE) 55.000,00 € 232-2312-632,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, MELLORAS "CUBERTAS, PLAN INCENDIOS E SANEAMENTO INTERNO"(C.P. FELIPE) 418.600,00 € 240-2410-120,51 SOLDO, FUNCIONARIOS INTERINOS SEN PRAZA (F. EMPREGO) "PARA NOVOS PROXECTOS" 140.000,00 € 240-2410-143,07 OUTRO PERSOAL, FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA (F. EMPREGO) 30.000,00 € 240-2410-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (F. EMPREGO) 20.000,00 € 240-2410-481,01 A FAMILIAS, BOLSEIROS CONCELLOS/ DEPUTACIÓN (F. EMPREGO) 120.000,00 € 240-2410-489,01 A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO, CONVENIOS (F. EMPREGO) 400.000,00 € 250-2315-226,06 SEMINARIOS, FOROS E CONGRESOS (S. IGUALDADE) 15.000,00 € 250-2315-227,07 PROXECTOS PROMOCIÓN DA IGUALDADE (S. IGUALDADE) 30.000,00 € 330-3340-227,25 TRABALLOS R. O. EMPRESAS - ACTIVIDADES CULTURAIS PROPIAS (CULTURA) 90.000,00 € 333-3330-213,00 REPARACIÓNS, MAQUINARIA INSTALACIÓN E UTILLAXE (MUSEO) 10.000,00 € 333-3330-220,00 MATERIAL DE OFICINA, ORDINARIO NON INVENTARIABLE (MUSEO) 2.000,00 € 333-3330-221,00 SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA (MUSEO) 15.000,00 € 333-3330-221,01 SUBMINISTRO DE AUGA (MUSEO) 2.000,00 € 333-3330-221,02 SUBMINISTRO DE GAS (MUSEO) 15.000,00 € 333-3330-221,04 SUBMINISTRO DE VESTIARIO (MUSEO) 3.500,00 € 333-3330-227,01 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - SEGURIDADE (MUSEO) 95.000,00 € 333-3330-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (MUSEO) 15.000,00 € 333-3330-625,01 ADQUISICIÓN DE MOBILIARIO E ENSERES (MUSEO) 15.000,00 € 333-3330-629,02 ADQUISICIÓN DE LIBROS PARA BIBLIOTECA (MUSEO) 12.000,00 € 333-3330-689,01 ADQUISICIÓN DE OBRAS DE ARTE (MUSEO) 30.000,00 € 333-3330-689,02 ADQUISICIÓN DE FONDOS HISTÓRICOS (MUSEO) 15.000,00 € 333-3340-226,06 REUNIÓNS, CONFERENCIAS E CURSOS - PROXECTO TELEARQUEOLOXÍA (MUSEO) 4.000,00 € 333-3340-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS - PROXECTO TELEARQUEOLOXÍA (MUSEO) 44.000,00 € 340-3400-481,01 PREMIOS BECAS, PENSIÓNS - CONVENIOS E OUTROS (DEPORTES) 100.000,00 € 340-3410-221,21 SUBMINISTRO DE MATERIAIS E OUTROS (DEPORTES) 20.000,00 € 340-3410-226,02 PATROCINIO CAMPIONATOS DEPORTIVOS (DEPORTES) 350.000,00 € 340-3410-226,09 GASTOS DIVERSOS, ACTIVIDADES DEPORTIVAS (DEPORTES) 150.000,00 € 340-3410-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS - EVENTOS (DEPORTES) 100.000,00 € 340-3410-489,04 A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO - PARA DEPORTES E XUVENTUDE (DEPORTES) 90.000,00 € 340-3410-489,07 A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO - VARIOS (DEPORTES) 150.000,00 € 340-3410-489,20 A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO - CLUBS NACIONAIS (DEPORTES) 300.000,00 € 340-3410-489,22 A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO - CLUBS NÁUTICOS (DEPORTES) 300.000,00 € 340-3410-489,23 A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO - Ó DEPORTE BASE (DEPORTES) 300.000,00 € 340-3410-489,24 A CLUBS DEPORTIVOS E DEPORTISTAS INDIVIDUAIS -ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS (DEPORTES) 200.000,00 € 410-1623-227,06 ASISTENCIAS TÉCNICAS PLANTAS COMARCAIS DE RESIDUOS (MEDIO AMBIENTE) 100.000,00 € 411-4120-221,06 SUBMINISTRO DE PRODUCTOS FARMACÉUTICOS (F. MOURISCADE) 11.000,00 € 411-4120-221,13 MANUTENCIÓN DE ANIMAIS (F. MOURISCADE) 7.000,00 € 413-4123-623,01 MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTILLAXE, ADQUISICIÓN (E.F. AREEIRO) 45.000,00 € 433-3361-227,99 OUTROS TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - XACEMENTOS (TURISMO) 50.000,00 € 456-4530-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS, TRASLADO PARQUE MAQUINARIA (MOBILIDADE) 60.000,00 € 456-4530-612,04 PROXECTO E PLAN PROVINCIAL DE MOBILIDADE, "PLAN MÓVETE" (MOBILIDADE) 1.500.000,00 € 921-9200-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (R. HUMANOS) 100.000,00 € 942-4330-227,00 LIMPEZA E ASEO - VIVEIROS (COOPERACIÓN) 25.000,00 € 942-9420-227,06 ESTUDOS E TRABALLOS TÉCNICOS (COOPERACIÓN) 200.000,00 € 942-9420-821,20 ANTICIPOS REINTEGRABLES A CONCELLOS 1.400.000,00 € Total Suplementos de Créditos 7.274.100,00 € Financiamento do expediente de Suplemento de Créditos 01/2016: O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito 7.274.100,00 € Resumo das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 170.000,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 1.748.500,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 2.110.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 2.055.600,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 7.160.000,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 1.400.000,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS 14.644.100,00 € Resumo do expediente: TOTAL SUPLEMENTOS 7.274.100,00 € CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS 7.370.000,00 € SUMA 14.644.100,00 € Segundo: expoñer ó público o expediente de modificación de orzamento 01/16 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.01/16” e o de suplemento de crédito “SUP.01/16”) para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6735.- MODIFICACIÓN DO V ACORDO REGULADOR DO PERSOAL FUNCIONARIO, I CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DAS ESPECIFICACIÓNS DO PLAN DE PENSIÓNS Sra. Presidenta.- Pasamos agora ó punto 5. Modificación do V Acordo regulador do persoal funcionario, I Convenio colectivo do persoal laboral da Deputación provincial de Pontevedra e das especificacións do Plan de pensións. ¿Observacións?. Non habendo observacións, poñemos a votación este punto. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. A ver, repetimos. ¿Votos a favor?, repito a votación. Queda aprobado por unanimidade. ANTECEDENTES 1º.- A Deputación de Pontevedra ten subscrito un plan de pensións para os seus empregados dende o ano 2002, que se encadra na modalidade de sistema de emprego de aportación definida. 2º.- Nos últimos meses e en varias reunións da Comisión Paritaria Mixta do Acordo Regulador e Convenio Colectivo, así como nas Mesas de Negociación, os representantes sindicais solicitaron unha modificación das Especificacións do plan de pensións da Deputación para incluír unha aportación extraordinaria do promotor cando o funcionario de carreira ou laboral fixo cause baixa na Deputación por xubilación. 3º.- Para levar a cabo esta modificación convócase a Comisión de Control do Plan de Pensións así como a Mesa de Negociación, en canto que tal proposta require unha modificación do Acordo Regulador e do Convenio Colectivo, con respecto ó réxime de aportacións do promotor. 4º.- Nas reunións da Mesa de Negociación e da Comisión de Control, celebradas o 11 de febreiro de 2016, apróbase a modificación do réxime de aportacións do promotor nos seus respectivos textos para introducir a regulación dunha achega de carácter extraordinario, que quedaría redactada nos seguintes termos: “O promotor realizará unha aportación extraordinaria ó plan de pensións por cada un dos partícipes no mes en que causen baixa por xubilación. Esta aportación virá determinada por unha cantidade fixa de 950,00 €, que a partires dos vinte anos de servizos efectivos nesta Deputación incrementarase en 120,00 € por ano”. Así mesmo nesas reunións o representante sindical de CCOO propuxo a modificación do artigo 39, apartado segundo, das Especificacións do Plan de Pensións, respecto á composición da Comisión de Control, que debería pasar de 10 a 12 membros: 6 en representación dos partícipes, e 6 en representación do promotor. NORMATIVA APLICABLE 1º.- Segundo dispón o artigo 37 da Lei 5/2015, de 29 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, entre outras, as seguintes materias: apartado e) "os plans de Previsión Social Complementaria", e apartado g) "os criterios xerais para a determinación das prestacións sociais e pensións de clases pasivas". 2º.- Así, nas últimas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias de Santa Cruz de Tenerife, Sala do Contencioso-administrativo (S46/2015 de 17.03.15, Rec. 195/2014 e S35/2015 de 12.05.15, Rec. 42/2015) considéranse os premios de xubilación “como unha medida adoptada dentro do campo da acción social, como axuda ante a perda de ingresos que representa tanto a xubilación voluntaria como a forzosa”. Neste senso, entenden que “o premio por xubilación forzosa non é senón unha mellora voluntaria nas prestacións por xubilación (artigo 39 do Real decreto lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, que pode ser pactado no marco da negociación colectiva ó abeiro do artigo 37.1 e) do Estatuto Básico do Empregado Público, que se refire a "os plans de Previsión Social Complementaria", e apartado g) "os criterios xerais para a determinación de prestacións sociais e pensións de clases pasivas". E segue dicindo que “non hai ningunha razón para facer unha interpretación restritiva destes preceptos, excluíndo a posibilidade de establecer réximes de previsión social complementarios, e diferenciando nesto o réxime dos funcionarios e dos empregados laborais das administracións públicas”. 3º.- Conforme ó previsto no artigo 19. 3 da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, durante o exercicio 2016, as Administracións non poderán realizar aportacións a plans de pensións de emprego que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación. Non obstante, sempre que non se produza incremento da masa salarial da administración de referencia, poderán realizarse aportacións a plans de pensións de emprego que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación, sempre que os citados plans foran subscritos con anterioridade ó 31 de decembro de 2011, como é o caso do da Deputación Provincial de Pontevedra. 4º.- Nos artigos 70 do Acordo Regulador de persoal funcionario e 83 do Convenio Colectivo de persoal laboral contémplase o plan de pensións da Deputación Provincial de Pontevedra como un beneficio social e determínase a contía das aportacións do promotor e partícipes. 5º.- O artigo 25 das Especificacións do Plan de pensións da Deputación Provincial de Pontevedra establece que as aportacións ó plan serán efectuadas: a) Polo promotor, de maneira obrigatoria sempre que o partícipe realice aportacións. b) Polos partícipes na forma e contía que voluntariamente decidan e que non poderá ser inferior a 30 €/mes. Tal e como sinala dito artigo a aportación obrigatoria do promotor por cada partícipe é de 30 €/mes. E o partícipe pode realizar as aportacións mensuais que voluntariamente determine, fixándose a contía mensual mínima en 30 €/mes por cada partícipe. 6º.- Así mesmo o artigo 27.1 das Especificacións sinala que as aportacións do promotor ó Plan imputables a cada partícipe poderán incrementarse por un acordo colectivo entre o/a Presidente/a da Deputación e os representantes sindicais. Dito acordo incorporarase a estas Especificacións como anexo e do mesmo darase traslado á entidade xestora e á Dirección Xeral de Seguros. 7º.- Coa aprobación do V Acordo Regulador de persoal funcionario e I Convenio Colectivo de persoal laboral incrementouse a contía das aportacións, recolléndose expresamente no artigo 70 que durante a vixencia deste acordo a achega da Deputación ó Plan de pensións por cada funcionario de carreira será de 35 €/mes, cantidade que deberá ser complementada por parte do funcionario partícipe do plan cunha contía mínima de 35 €/mes. O mesmo contido figura no artigo 83 do Convenio Colectivo. 8º.- O funcionamento e execución do plan é supervisado por unha Comisión de Control de composición paritaria, formada por representantes do promotor, partícipes e beneficiarios, de maneira que se garanta a presenza de todos os intereses. No artigo 40 das Especificacións atribúese a este órgano propor e, no seu caso, decidir as modificacións que estime pertinentes sobre aportacións, prestacións e outras variables, derivadas das revisións actuariais requiridas pola presente normativa. 9º.- O artigo 6 do Regulamento de Plans e Fondos de Pensións aprobado polo RD 304/2004, de 20 de febreiro, en redacción dada pola Disposición final primeira do RD 439/2007, de 30 de marzo, establece que as aportacións anuais máximas ós plans de pensións regulados neste regulamento adecuaranse ó seguinte: a) O total das aportacións dos partícipes e contribucións empresariais anuais máximas ós plans de pensións non poderá exceder, para cada partícipe, dos límites establecidos na letra a) do apartado 3 do artigo 5 do texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións ou en disposición con rango de Lei que modifique ditos límites. Neste aspecto o referido artigo 5 apartado a) da Lei de Plans e Fondos de Pensións indica que as aportacións e contribucións empresariais máximas anuais ós plans de pensións non poderán exceder de 8.000 € (segundo redacción dada polo apartado un da disposición final primeira da Lei 26/2014, de 27 de novembro, pola que se modifican a Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, aprobado polo RD Lexislativo 5/2004, de 5 de marzo, e outras normas tributarias (BOE 28 novembro)). En base ós antecedentes e disposicións normativas citadas anteriormente, vistos os informes do Servizo de Recursos Humanos e de Intervención, e o ditame favorable da Comisión informativa de Facenda e Réxime Interno, o Pleno acorda por unanimidade: PRIMEIRO: Modificar o V Acordo Regulador de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra para engadir o seguinte apartado dentro do artigo 70: “O promotor realizará unha aportación extraordinaria ó plan de pensións por cada un dos partícipes no mes en que causen baixa por xubilación. Esta aportación virá determinada por unha cantidade fixa de 950,00 €, que a partires dos vinte anos de servizos efectivos nesta Deputación incrementarase en 120,00 € por ano. No caso de que o funcionario non estea de alta no plan, o Servizo de RRHH e Formación tramitará a súa alta no mes no que se xubila ó obxecto de poder realizar esta aportación de carácter extraordinario, descontándoselle a aportación do partícipe (35 €) da cantidade que corresponda ó promotor”. SEGUNDO: Modificar o Convenio Colectivo de persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra para engadir o seguinte apartado dentro do artigo 83: “O promotor realizará unha aportación extraordinaria ó plan de pensións por cada un dos partícipes no mes en que causen baixa por xubilación. Esta aportación virá determinada por unha cantidade fixa de 950,00 €, que a partires dos vinte anos de servizos efectivos nesta Deputación incrementarase en 120,00 € por ano. No caso de que o traballador non estea de alta no plan, o Servizo de RRHH e Formación tramitará a súa alta no mes no que se xubila ó obxecto de poder realizar esta aportación de carácter extraordinario, descontándoselle a aportación do partícipe (35 €) da cantidade que corresponda ó promotor”. TERCEIRO: Modificar as Especificacións do Plan de Pensións da Deputación Provincial de Pontevedra para engadir o seguinte artigo 25 bis: “O promotor realizará unha aportación extraordinaria ó plan de pensións por cada un dos partícipes no mes en que causen baixa por xubilación. Esta aportación virá determinada por unha cantidade fixa de 950,00 €, que a partires dos vinte anos de servizos efectivos nesta Deputación incrementarase en 120,00 € por ano”. En todo caso esta regulación e as contías establecidas quedará condicionada ó que determine anualmente a Lei de orzamentos xerais do Estado. CUARTO: Modificar o artigo 39, apartado segundo, das Especificacións do Plan de Pensións da Deputación Provincial de Pontevedra respecto á composición da Comisión de Control que pasa de 10 a 12 membros: 6 en representación dos partícipes, e 6 en representación do promotor. QUINTO: Engadir ó Acordo Regulador e ó Convenio Colectivo unha disposición final sobre a entrada en vigor destas modificacións, que di textualmente: “As modificacións relativas ó plan de pensións aplicaranse con efectos do 1 de xaneiro do 2016”. 6.6736.- CORRECCIÓN DE ERROS NA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DE PERSOAL EVENTUAL 2016 Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 6. Corrección de erros na relación de postos de traballo (RPT), de persoal eventual 2016. ¿Observacións?, non hai, ¿non?. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 15 votos a favor e 12 abstencións. ANTECEDENTES 1º.- Por Resolución Presidencial de data 22 de xullo de 2015 noméase a Dona Aroha Sánchez Ramos secretaria do Gabinete de Presidencia, do grupo C1, con cargo a un posto de traballo de persoal eventual adscrito a este Servizo, con efectos 22 de xullo de 2015 e ata que a Presidenta o considere necesario, ou como máximo, ata o cesamento ou que expire o mandato da autoridade á que presta a súa función de confianza ou asesoramento. 2º.- No momento en que se produce este nomeamento constátase que Dona Aroha Sánchez Ramos é funcionaria de carreira da Administración do Estado, do grupo C2, que superou un proceso selectivo de promoción interna a unha praza de Administrativo do grupo C1, estando pendente de tomar posesión do cargo. 3º.- Como consecuencia, en tanto non toma posesión do referido cargo do grupo C1 na Administración de orixe, asígnanselle temporalmente en Deputación as retribucións correspondentes a un grupo C2, debido á obrigación de cotizar polo grupo ó que pertence nese momento. Con data 1 de decembro de 2015 Dona Aroha Sánchez Ramos toma posesión do cargo de Administrativo, do grupo C1, na Administración de orixe e a partir deste momento adquírese a obrigación de cotizar polo grupo C1. 4º.- Na elaboración do Orzamento Provincial e da RPT de persoal eventual para o ano 2016 non se tivo en conta o devandito cambio de situación, ó ser a toma de posesión no novo grupo posterior á aprobación inicial do orzamento provincial. 5º.- Considerando o exposto, procede rectificar a relación de postos de traballo de persoal eventual no próximo Pleno da Corporación Provincial e incrementar a retribución dun posto de traballo de secretaria, que pasa de 27.681,21 € a 33.167,86 €. CONSIDERACIÓNS NORMATIVAS O artigo 105.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, establece que as Administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. En base os antecedentes e normativa aplicable, vistos os informes do Servizo de Recursos Humanos e de Intervención, e o ditame favorable da Comisión informativa de Facenda e Réxime Interno da sesión celebrada o 19 de febreiro de 2016, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP: - Rectificar a relación de postos de traballo de persoal eventual e incrementar as retribucións dun posto de traballo de secretaria en 5.486,65 €, pasando de 27.681,21 € a 33.167,86 € anuais. 7.6737.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) RELATIVA Á SOLICITUDE DE RETIRADA DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CONCEDIDA Á SECCIÓN FEMININA DE FALANGE ESPAÑOLA NA PERSOA DA SÚA DELEGADA SRTA. PILAR PRIMO DE RIVERA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 7. Moción do Grupo Mixto, Coalición electoral SON, relativa a solicitude de retirada da Medalla de ouro da provincia de Pontevedra concedida á Sección feminina de Falange Española na persoa da súa delegada Srta. Pilar Primo de Rivera. Para a súa defensa ten a palabra o Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Hola, bo día a todas e a todos. O equipo de goberno fai unha proposta de retirada de todas as distincións, en forma dun posicionamento da Deputación, para facer unha simplificación administrativa, parécenos unha proposta adecuada, acabamos de acordar unha temporalización do acordo, e, polo tanto, vamos a retirar esta moción. Sra. Presidenta.- Moitas gracias, Sr. Jácome. Queda retirada, e que se tome nota da intervención do Sr. Jácome, plantexando que se vai presentar unha moción máis amplia para dar cumprimento á Lei de memoria histórica. Retírase da Orde do día Moción do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) relativa á solicitude de retirada da Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra concedida á sección feminina de Falange Española na persoa da súa delegada Srta. Pilar Primo de Rivera. 8.6738.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A IMPLEMENTAR MECANISMOS TECNOLÓXICOS QUE PERMITAN A INTERACTUACIÓN EDUCATIVA EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS Sra. Presidenta.- Pasamos, polo tanto, ó punto 8. Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE), para instar á Xunta de Galicia a implementar mecanismo tecnolóxicos, que permitan a interacción educativa en igualdade de condicións. Para a súa defensa ten a palabra, hai que pulsar senón … , ten a palabra a Sra. Rivas Gómez. Sra. Rivas Gómez.- Gracias Presidenta. Bos días a todas e a todos. Na era na que estamos ninguén discute que o uso das novas tecnoloxías está a condicionar as nosas vidas. As aplicacións das mesmas son infinitas e ilimitadas, un mundo para explorar e vivir, o mundo do futuro. Por elo, entendemos que achegar as mesmas á que ten o futuro da nosa sociedade nas súas mans é fundamental. Convertelas en instrumento de formación dende as máis tempranas idades debería ser un obxectivo de calquera goberno. Sabemos que a Xunta vén de facer un esforzo inversor para levar internet ós colexios, e que a día de hoxe temos implementado de xeito moi paulatino as novas tecnoloxías nos centros educativos galegos, chegando só a alcanzar ao alumnado de quinto e sexto de primaria, e primeiro e segundo da ESO. Pero, o certo, é que os recortes nos últimos anos en educación fixeron que a velocidade desta implementación se vira reducida nos últimos gobernos galegos con Núñez Feijoo ao fronte. Un recorte que ten afectado sobre maneira ás idades máis temperás, suprimindo vantaxes para eles e elas, como educación personalizada, a motivación, a diversión e a potenciación dos traballos en grupo. A introdución de elementos informáticos como as tablets, na educación infantil, serven para reforzar coñecemento, para potenciar a capacidade creativa dos alumnos e as alumnas e para experimentar. Experiencias como as que se están a vivir en comunidades como Cataluña, Andalucía ou Estremadura, atestiguan a importancia que ten que a educación infantil, en Galicia, non pode quedar atrás nestas novas experiencias de ensino. A Xunta de Galicia debe facer unha aposta clara para que todas as escolas infantís desta comunidade, incluídas as escolas unitarias e os centros rurais agrupados, dispoñan en cada aula de a lo menos unha tableta para que os rapaces e rapazas poidan acceder en igualdade de oportunidades ás novas tecnoloxías vivan onde vivan. Tivemos a oportunidade de compartir estes días conversas cos directores de centros rurais asociados e nos transmiten a súa continua reclamación de máis medios, e como a Xunta fai oídos xordos ás mesmas, a pesar de que estes rapaces teñen aínda máis difícil o acceso a estes novos métodos de traballo, non é preciso explicar por que. Tentemos logo, desde esta administración, lanzar un mensaxe consolidado e unánime de todas as forzas políticas aquí presentes, de que máis ala das medidas implementadas, ata o momento, máis alá das axudas recibidas e dos compromisos políticos, seguiremos a ter o 100% dos nosos nenos e nenas de infantil sen acceso ás novas tecnoloxías en pleno século XXI. Non se trata de votar se a Xunta fixo máis o fixo menos, trátase de votar a favor de que os nenos e as nenas das nosas escolas rurais, dos nosos centros rurais asociados, das aulas de infantil das escolas públicas, teñan unha tableta coa que iniciarse, unha tableta ou tablet por aula, un mecanismo tecnolóxico por aula, iso é o que reclaman os profesores e directores do CRA, que se achegaron á Deputación a buscar financiación desesperados, porque a Xunta fai oídos sordos á súa demanda. Chaman ás portas de esta administración, onde temos, non temos competencias en educación, porque están fartos de que a Xunta de Galicia non lles escoite. Rebaixan as súas pretensións a mínimos para que, polo menos, tentar engancharse nun proxecto de futuro con uñas e dentes. Iniciar a escolarización cun só mecanismo, na confianza que un cambio de goberno articule medidas máis potentes e comprometidas coa educación do progreso. É por elo que lle solicito o seu voto a favor para instar á Xunta de Galicia a implementar en todas as escolas infantís, escolas unitarias e centros rurais agrupados da provincia de Pontevedra, de mecanismos tecnolóxicos que permitan a interactuación educativa de todos os rapaces e rapazas da provincia en igualdade de condicións, e instar á Xunta de Galicia a promover a formación e asesoramento do profesorado de infantil desta provincia para a súa inmersión nos novos métodos de ensinanza ligados ás novas tecnoloxías. Nada máis, moitas gracias. Sra. Presidenta.- Moitas gracias, señora deputada. Sr. Jácome, ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Imos a votar a favor desta moción e, ademais, sinalar que parécenos adecuado iniciar os cambios pola etapa infantil e, despois, ir subindo, xa que esa é a maneira adecuada de iniciar os cambios educativos. Grazas. Sra. Presidenta.- Moitas gracias, Sr. Jácome. Non hai máis palabras solicitadas, polo tanto. A ver, Sr. Moldes. Si hai máis palabras solicitadas. Sr. Moldes, ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- A nós, en este caso, bueno, o que nos gustaría é, dos grupos da oposición, polo número de deputados que temos, cando fala a oposición ser os últimos en intervir, se pode ser, entendo que unha vez que falamos nós, e que por parte do BNG e do grupo do compañeiro Marea que non vai haber ninguén máis. Pois, sendo nós o último grupo de oposición en falar, nós o primeiro é que, neste caso, e podemos coincidir coa compañeira que presenta a moción, é a importancia en este caso de traballar no proceso de dixitalización dos centros educativos, pero, o que non podemos compartir é que non se fixo nada. Eu creo que hai dous proxectos fundamentais, que é o proxecto Abalar, o proxecto E-DIXGAL, que aí están os seus números, que en este caso a Xunta de Galicia do 2010, pois, en este caso loitou por transformar o que era o ensino tradicional nun ensino dixital. Eu creo que aquí hai unha parte fundamental que é a colaboración de toda a comunidade educativa, porque este é un proceso donde teñen, neste caso, reciclarse, e dende aquí, tamén, queremos agradecer tanto ós centros educativos, ás corporacións docentes, e ós alumnos e ás familias, porque, neste caso, é un proceso no que todos teñen que participar. En este caso, o proceso Abalar estivo vertebrado en catro partes, a mellora de conectividade de tódolos centros, importantísima para poder facer este tipo de actividades, a dixitalización con aulas coa actuación dos kits nas aulas, os kits, pois, neste caso, corresponden con pizarras dixitais, con portátiles, con conexións e demais. A transformación do libro en papel a, neste caso, o soporte dixital, que é o proxecto E-DIXGAL, e as novas ferramentas de comunicación, eu creo que todos os pais, hoxe en día, agradecen que poidan ter unha comunicación directa cos seus profesores para mediante wasap, ou incluso por un ordenador, que lle digan se o seu fillo está na escola ou non está na escola. Logo, nós neste caso podemos caer, e a min non me gusta caer nas cifras, no vindeiro curso, pois, máis de 7.500 alumnos se beneficiaron do E-DIXGAL, que é ese contido en soporte dixital, máis de 1.000 profesores, pois contan xa con este proceso de aulas Abalar, con pantallas neste caso, dixitais. E, despois, temos o espazo Abalar que é, que calquera pai dende o seu ordenador poida, neste caso, controlar o que está facendo o seu fillo, se está ou non está no centro. Despois, temos o caso de Abalar móbil, que hai máis de 236 centros que están, neste caso, compartindo este proxecto, máis de 10.000 profesores e máis, neste caso, de 90.000 alumnos. Eu creo que no 2016 serán máis de 11 millóns os que se levarán para este investimento, que nunca son suficientes, que aí estamos de acordo, que cada vez, pois se debe de invertir máis. E entendemos que, neste caso, na idade infantil, na educación, pois hai proxectos, onde se pode ver que hai máis de 900 en encerados, en pizarra dixital, hai un investimento de máis de 1,4 millóns, e xa hai máis de 19.000 alumnos, neste caso, e máis de 1.600 docentes que están, neste caso, traballando con isto. O que é máis, hai un convenio que se firmou a tres partes entre o Ministerio, neste caso, entre a empresa pública Rede.es, que é o Proxecto de educación en red, onde vai haber unha aportación de máis de 1,4 millóns. Logo, nós entendendo esta aportación e entendendo que, máis que o debate político aquí debe de ser consensuado, e máis recoñecendo moitas partes da súa moción, o que lle propoñemos é emendar, e neste caso, en vez de dicir o que vostedes solicitan como, “implantar”, nós o que, neste caso, si vostedes están dispostos, e entendemos que é un tema moi delicado e sensible, e máis que un protagonismo político, ou debate político, o que queremos é consensuar esta medida para que chegue a todos os docentes e, neste caso, á comunidade educativa, nós o que lle propoñemos é que a Xunta continúe, ou incluso, si queren vostedes, que acelere ese proceso para que canto máis, porque non podemos dicir que non hai nada, o que temos que recoñecer é que hai algo. Nós o que propoñemos, en aras a un consenso, é que continúe ou acelere o proceso para que canto antes, pois, tódolos centros educativos, e toda a comunidade educativa, pois poida ter estes medios. Pero, o que non podemos facer é negar o evidente que hai unha inversión e que hai uns medios que xa están funcionando nos centros. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Moldes. Sra. Rivas Gómez ten a palabra. Sra. Rivas Gómez.- Moitas grazas Presidenta. En primeiro lugar, entendo, porque o dixo o portavoz, que están de acordo coa moción, pero que queren darlle ese, ese matiz, ¿non?, de continuidade. Estaríamos de acordo, pero, estamos de acordo, pero, está claro, de verdad, que estaba, o tiña claro, que ían a poñer en valor a gran inversión da Xunta de Galicia en novas tecnoloxías e, incluso, coa educación. Pero, é un discurso cheo de falsedades, que ocultan a realidade do sistema educativo galego, e quero lembrar, e quero recordarlles que en infantil, en educación infantil non se ha feito nada, menos docentes en centros públicos con Feijoo, menos gasto en instalacións, -quero lembralo, ¡eh!, só-, recursos que non chegan a todos os centros educativos, recortes nos orzamentos de colexios e institutos, non gratuidade dos libros de texto e problemas en comedores escolares. Pero, aínda así, volvo a dicir, agradezo a, que voten a favor, desta, desta moción. ¿E que significa que voten a favor desta moción?. Que os rapaces e rapazas desta provincia teñan as mesmas oportunidades que os nacidos en Andalucía, Estremadura e Cataluña. E que os nosos nenos e nenas do rural teñan as mesmas oportunidades dos que viven en grandes vilas. Con esta moción esixiremos a Feijoo que dote a todas as escolas infantís, escolas unitarias, e centros rurais agrupados da provincia de Pontevedra, de mecanismos tecnolóxicos que permitan a interactuación educativa de todos os rapaces e rapazas da provincia, e que isto quede claro, en igualdade de condicións. Nada mais. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, señora ... Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Nada. ¿Aceptan a emenda da …?. Sra. Presidenta.- Entendo que si eu lles propoño para que teña sentido, porque o contido da moción é que se implementou en educación primaria, en educación secundaria, que queda por implementar este tipo de políticas nas escolas infantís, que apareza, “instar á Xunta de Galicia a promover e acelerar en todas as escolas …”. ¿Lle parece ben a vostede esa redacción?. Pois entonces, entendo que aprobamos por unanimidade con esa modificación. Sr. Secretario.- Y, ¿en el segundo punto también?. Sra. Presidenta.- E no segundo punto, “instar a Xunta de Galicia …” exactamente igual, “… a promover e acelerar a formación e asesoramento …”, polo tanto, así modificada queda aprobada por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade, e coa emenda do Grupo Provincial Popular (PP) de substituír “implementar” por “promover e acelerar”, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) para instar á Xunta de Galicia a implementar mecanismos tecnolóxicos que permitan a interactuación educativa en igualdade de condicións. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno, sobre os novos métodos educativos ligados ás novas tecnoloxías: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS As novas tecnoloxías deben servir para transformar a didáctica e para personalizar a educación, porque non todos os alumnos e alumnas teñen as mesmas posibilidades, non van ao mesmo ritmo, polo que están chamadas a permitir mudar a educación homoxénea e estándar que tiñamos ata agora. A introdución das novas tecnoloxías nas escolas galegas ten como vantaxes máis acreditadas a educación personalizada, a motivación, a diversión e a potenciación dos traballos en grupo. Pero a pesar da implantación paulatina das novas tecnoloxías nos centros educativos galegos, estas tan só chegan a alcanzar ao alumnado de quinto e sexto de primaria e primeiro e segundo da ESO, e os recortes dos últimos anos en educación fan que a velocidade desta implementación se vira reducida nos últimos gobernos galegos con Núñez Feijóo ao fronte. Falta moito camiño por recorrer, e non debemos esquecer que estes novos mecanismos de aprendizaxe teñen que chegar a todas as idades, incluída a infantil. A introdución de elementos informáticos, como as tabletas, na educación infantil serven para reforzar coñecemento, para potenciar a capacidade creativa dos alumnos e as alumnas e para experimentar. Experiencias como as que se están a vivir en comunidades como Cataluña atestiguan a importancia que ten que a educación infantil coparticipe dos novos deseños de sociedade, e Galicia non pode quedar atrás nestas novas experiencias de ensino. A Xunta de Galicia debe facer unha aposta clara para que todas as escolas infantís desta comunidade incluídas as escolas unitarias e os centros rurais agrupados dispoñan en cada aula de alomenos unha tableta para que os rapaces e rapazas poidan acceder en igualdade de oportunidades ás novas tecnoloxías vivan onde vivan. Formar ao profesorado no seu manexo e impartir asesoramento para que o seu uso se converta nun novo elemento de formación e xogo é tamén fundamental para que este proxecto poida converterse nunha experiencia que aporte maior compromiso coa realidade tecnolóxica actual. Por elo, o grupo Provincial Socialista presenta ao Pleno a seguinte: MOCIÓN 1.- Instar á Xunta de Galicia a promover e acelerar en todas as escolas infantís, escolas unitarias e centros rurais agrupados da provincia de Pontevedra os mecanismos tecnolóxicos que permitan a interactuación educativa de todos os rapaces e rapazas da provincia en igualdade de condicións. 2.- Instar á Xunta de Galicia a promover e acelerar a formación e asesoramento do profesorado de infantil desta provincia para a súa inmersión nos novos métodos de ensinanza ligados ás novas tecnoloxías.” 9.6739.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) SOBRE A SITUACIÓN DE ABANDONO DE MOITAS ESTRADAS AUTONÓMICAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto nove. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a situación de abandono de moitas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra. Sr. Santos ten vostede a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. Bo día a todas e a todos. Traemos esta moción sobre a situación de abandono que están a sufrir as estradas competencia da Xunta de Galicia na nosa provincia de Pontevedra. E, traemos esta moción a este pleno para pedirlle, precisamente, a ese goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia que atenda ás demandas de moitos concellos, tamén, ás demandas de moitos veciños e veciñas desta provincia, que están a pedir unha actuación urxente en estradas autonómicas en materia de seguridade viaria e, tamén, de conservación. Os concellos e a veciñanza nos transmiten todos os días problemas coas estradas que pasan polos seus núcleos de poboación, e a nosa misión é traelos hoxe aquí pa facelos visibles, e que sepan que nos preocupamos deles e que os escoitamos. Esta é a casa de todos os concellos e, polo tanto, as súas demandas son as que teñen que ser as nosas demandas, de aí esta moción. E estas demandas, que non é un plano exhaustivo de todas as necesidades, pero si que queremos, polo menos, traelas hoxe aquí, e amais que se visualicen, como é a PO-300, que ó seu paso polo concello de Cambados, á altura de Oubiña, os veciños e veciñas do concello piden melloras no firme e, tamén, medidas de seguridade viaria e alumeado. E, me permito, pois traer aquí reflexado algunha das situacións que suceden en esta vía como son os accidentes. Tamén, na PO-551, ó seu paso polo concello de Moaña, tamén solicita medidas de seguridade viaria, con beirarrúas polo intenso tráfico de vehículos e, tamén, de persoas, e aquí queda ben visible por onde teñen que transitar estes veciños e veciñas. Tamén, na PO-308, ó seu paso polos concellos de Sanxenxo e Poio, tamén hai unha reivindicación de melloras no firme da estrada, alumeado nas zoas con poboación, e medidas, tamén, de seguridade viaria, outra instantánea, tamén, para acompañar con algo gráfico de que iso é unha necesidade urxente. Tamén, na PO-400, ó seu paso polo concello de Salvaterra, tamén, se solicita a mellora do firme e, tamén, melloras de seguridade viaria, isto é o que provoca a situación como está esta vía, máis accidentes todos os días. E, tamén, a PO-206, ó seu paso por Vila de Cruces, necesita unha mellora urxente do firme e, tamén, melloras de seguridade viaria, que traemos outro exemplo, tamén, do que está a suceder en esta vía competencia da Xunta de Galicia. E, tamén, a PO-548, ó seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa, que necesita, tamén, unha reparación do asfaltado pola súa dexeneración, isto é como está na actualidade, e se ve, claramente, esa urxencia. Pero tamén, hai outras situacións, que incluímos nesta moción, que precisan outra serie de arranxos urxentes en varias infraestruturas. No concello de Sanxenxo estase a pedir o arranxo, de xeito urxente, dos accesos á Hermida de A Lanzada, que presenta unha serie de desprendementos que poñen en perigo o acceso dos viandantes e, amais, urxe porque estamos entrando xa na temporada turística de Semana Santa e de verán, este é o estado lamentable en que se atopan estes accesos e, dende logo, todavía non sabemos se van a facer algo. Pero, tamén, os veciños e veciñas da Estrada están a reclamar da Xunta de Galicia a posta en marcha da restauración da Ponte de Liñares, para a que xa existe un proxecto pendente de autorización de Patrimonio e de Augas de Galicia, é dicir, alí onde non fan retrasan o que outros queren a facer, esta é a situación que se están a atopar alí. Pero máis, pero máis, tamén os veciños e veciñas de Silleda veñen reclamando á Xunta de Galicia a recuperación e obras de consolidación da Ponte Maril, unha ponte do século XV que atravesa o río Toxa, e que está necesitado dunha actuación urxente para evitar a súa desaparición, así é como está o dito ponte. Pero, aínda nos queda, inda non queda aí a cousa, porque, tamén, se precisa un novo acceso ó corredor do Morrazo en Moaña, á altura do Meixoeiro, para evitar que 3.000 veciños e veciñas teñan que dar un recorrido de máis de 4 km para acceder a el cando están do outro lado. E tamén, na PO-234, na que os veciños e veciñas de Pontecaldelas piden a súa reforma integral, e non por tramos como está nas previsións. O abandono ó que está sometido o corredor do Salnés, no seu tramo comprendido entre Vilagarcía e Cambados, con moitos problemas no seu firme ou a herba que invade a propia mediana. E estes son só algúns dos exemplos do que acontece na rede autonómica de estradas da Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, ó seu paso pola provincia de Pontevedra. Por iso, pedímoslle ó Sr. Núñez Feijoo que se deixe de facer fotos coa súa conselleira de Infraestruturas e que faga algo polo conxunto das estradas da provincia. O Presidente da Xunta ten que deixar de mirar só para os concellos gobernados polo Partido Popular, e mirar para o conxunto da provincia. Hai problemas, moitos problemas, en moitos concellos, non só en aqueles que son gobernados polo Partido Popular. A Xunta de Galicia ten 140 estradas de competencia autonómica na provincia de Pontevedra, e só 1.295 km. de lonxitude, frente ós 1.700 que temos na Deputación repartidos en 377 estradas que vertebran toda a provincia. Por iso pedimos a este pleno o apoio para esta moción, para que cada administración faga e sexa responsable das súas competencias. Moitas gracias Presidenta. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Santos. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Vamos a ver, non vamos a entrar, é unha cuestión obvia, que pode haber estes problemas, á parte de estar incompleto, falta a 531 entre Pontevedra e Vilagarcía, que está bastante mal, etc., bueno, e ten un proxecto pendente. Pero, eu, o que pediríamos era mesura á hora de presentar este tipo de mocións, porque, creo que todas as forzas políticas que estamos aquí temos representación autonómica, no Parlamento autonómico, entonces, estar duplicando, ¿non?, de que, unha actuación e outra, francamente, eu pediría mesura á hora de presentar este tipo de mocións, porque, senón podemos rematar, está hoxe de actualidad, pois, traer unha moción sobre as defensas antiaéreas en Siria, ¿non?, oe, que hai moitos mortos polo medio, ¡eh!, ten moito interese, é dicir, eu creo que, creo, francamente, que había que ser un pouquiño máis mesurados á hora de presentar mocións dese tipo, independentemente do interese que teñen, claro que teñen, pero, o problema é que hai que instar á Xunta a que o faga, cando hai deputados autonómicos ou deputadas que poden facer o seu labor tranquilamente, no fondo, no fondo, polo menos a miña opinión persoal, é que é certa descualificación dos nosos compañeiros deputadas e deputados que non fan o traballo que teñen que facer, e por iso hai que traer estas mocións a estes plenos. Claro, é que as cousas teñen todas as lecturas que se queiran, hasta se pode facer esa. Entón, eu pediría, evidentemente, cada grupo é libre de presentar o que queira, faltaría máis, pero, eu pediría que houbera certa mesura cara ó futuro. Vamos a votar a favor. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Mosquera. Sra. Arévalo, ten vostede a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Si, gracias. Bueno, Sra. Presidenta, espero que a miña intervención non lle cause tanto malestar como a anterior, porque non o pretendía desde logo. Non ofende quen quere senón quen pode, e, desde logo, a min non me ofendeu nada do que dixo nin vostede nin o seu compañeiro. Porque miren, ¿saben unha cousa?, o máis gratificante que me pudo haber pasado na miña vida profesional é ser alcaldesa con maioría absoluta dúas veces, dúas veces, nin vostede, nin o deputado que fala, se presentou nunca a ningunhas eleccións, nin, por suposto, foi cabeza de cartel. Polo tanto, lle pido respecto tamén, ós veciños de Mos, porque a min, desde logo, non me ofende, pero ós veciños que me puxeron onde estou, porque a min me votaron, é para quen lle pido respecto. Teño as miñas expectativas máis que cubertas, porque non saben o gratificante que é ser alcaldesa do pobo onde un naceu, e, desde logo, que por segunda vez consecutiva poida ter esa maioría absoluta. Entonces, como isto é algo, é un argumento de peso, ¿non?, o que eu lle estou dando, dicirme a min que son acomplexada, pois, que hai que inventar, e inventar dicir, que si quero ser Presidenta da Deputación e que estou frustrada porque non o fun, pero, ¿que é do que está falando?, ¿cando me presentei eu a Presidenta da Deputación ou a Presidenta do Partido Popular?. É que ahora o que lle queda a vostedes é invitar, é o único que lles queda, pero bueno, igual que dicir que non se fían de nós os cidadáns, cando temos doce deputados e vostedes teñen dez, ¡oiga!, é que creo que vostede se olvida de cal é o grupo maioritario que hai en esta casa, que é o Partido Popular, así que, controle as cantidades cando fala de, a ver, que parece que nós aquí, pois, somos os que quedamos atrás de todo e perdemos as eleccións e pobres deles, no, non se confunda, non se confunda. Pero indo ó caso, indo ó caso, lle digo que, bueno, pois, esta moción, a ver, nunca esta bancada vai a votar en contra dunha moción que pida sempre melloras, sexan de competencia autonómica, nacional ou de quen sexa, nunca vamos a votar en contra porque, ó final, sempre son melloras para a nosa provincia, ¿non?, e para os concellos. Pero, claro, si que nos parece bastante triste, ¿non?, pois, que se inste á Xunta de Galicia, e que se veña aquí con fotos, que eu tamén teño, que vou a sacar, cando vostedes teñen as carreteras desastrosas non, o seguinte, en estado lamentable. Entonces, hombre, me parece que, un pouco de rigor outra vez, ¿non?. Dice o deputado Santos Héctor que traen aquí a moción porque se preocupan dos concellos e dos veciños, ¡ah!, moi ben, me parece moi ben que se preocupen. Pois mire, eu lle vou a ensinar a primeira, que é aquí de Mondariz-Sabaxáns, que, mire, trece accidentes en un mes esta carretera provincial, esta é a primeira; a segunda que lle enseño é do concello de Rodeiro, a segunda, se quere as ver, eu llas vin as súas, ¡eh!, Sr. Santos Héctor, ¿non lle interesan as fotografías?, bien; esta é a terceira, que é do concello de Vilanova, estrada provincial, miren en que estado a teñen, ¡eh!; a terceira é do concello de Forcarei, tamén, cun estado de maleza que nos últimos anos non se coñecía; a cuarta, outra do concello de Mondariz; outra que lle traio aquí de Puxeiros, do concello de Mos, zona urbana, por donde transitan un montón, a carretera provincial que ten máis vehículos da provincia de Pontevedra, e un largo etc., porque xa vexo que a vostede non lle interesa ver as fotografías, eu si que lle vin as súas, lle repito, porque me interesa colaborar, co voto do Partido Popular, a que se melloren as infraestruturas. Pero miren, nos últimos tres anos se interveu nestas carreteras que vostedes denuncian, e se vai intervir nos próximos catro anos, e llo vou a ler, porque si que eu me interesei en saber cal eran as inversións que había feito e as que vai a facer a Xunta de Galicia. E lle digo que o Consello da Xunta, do 4 de febreiro de 2016, aprobou un Plan de seguridade viaria 2016-2020 para toda a comunidade autónoma. En ese plan hai cinco pilares fundamentais: o primeiro, optimizar a xestión da seguridade viaria; o segundo, acadar vías de tránsito de mobilidade moito máis seguras; o terceiro, apostar por vehículos máis seguros; o cuarto, mellorar a resposta tras un accidente; e o quinto, traballar para achegar maior seguridade ás persoas usuarias das vías. Miren, todo isto costa 300 millóns de euros, que se van a invertir nas catro provincias, e na nosa provincia hai unha previsión de 60 millóns de euros para mellora das estradas. Todas e cada unha delas, a PO-300, a PO-551, a PO-308, a PO-400, a PO-206, e a PO-348, se fixeron nos últimos anos, traballos con microaglomerado en frío, de reposición de sinalización horizontal, de sinalización vertical, de reforzo de firme localizado, de reposición de rodadura, de selado de fisuras, de reperfilado de beirarrúas, etc., etc., teño aquí o detalle de cada unha delas, porque si que me preocupei de saber canto tempo había pasado sen que a Xunta de Galicia investise en esas estradas, e, a verdad, é que foi, nos últimos tres anos todas elas tiveron inversións. Pero, nos próximos dous anos tamén as van a ter, e, sobre todo, pois, o que aquí lle estou falando, de que hai una plan aprobado con 300 millóns de euros, que son 60 para a provincia. Pero, insístolle, que todo é pouco, e, por suposto que non vamos a votar en contra, ahora, ben, desde logo, que deberían de vostedes informarse antes de vir aquí a falar, pois, de que parece que isto está aquí abandonado, e nin se sabe, nin se lle espera. Eu creo que hai un por que, hai un por que, polo cuál se presenta esta moción xusto en este pleno, con esta premura, sen saber si se vai a investir ou non, nin preguntarlle ós alcaldes, que moitos son nacionalista e socialistas, e deberían de, igual que fago eu no concello de Mos, preguntar á Xunta de Galicia, ¡oiga!, ¿que hai desta estrada?, ¿se vai invertir ou non?. Entonces, hai unha desinformación total, por parte de ustedes e por parte dos alcaldes, pero, lle digo, lle digo que creo que o por que está claro, é que vostedes están a rebufo do Partido Popular, ¡hombre!, continuamente, vostedes son a oposición da oposición, ¡hombre!. Entonces, mire, fai pouco viñeron aquí os alcaldes da provincia do Partido Popular, á porta desta casa, a dicirlle que os números non cadraban, e foi patético ver como ó día seguinte vostedes van cos alcaldes do Partido Socialista á Xunta de Galicia, por favor, sean un pouco máis orixinais, por favor, esta é outra máis, o Partido Popular presenta unha moción onde lle explica que teñen un Parque de Maquinaria paralizado, que falaremos despois, e as carreteras desatendidas, e vostede ao día seguinte presenta esta moción, ¡hombre!, que, a verdad que, eu creo que, hai que pensar un pouco máis, ser un pouco máis orixinais, ¡hombre!, deixen de ser oposición da oposición. Pero, é que á parte gobernan ó noso ritmo, empezaron a traballar dos orzamentos cando nós empezamos a denunciar que non había orzamentos, empezaron a falar do plan dos concellos cando os alcaldes do Partido Popular nas comarcas dicían, ¿que pasa?, ¿como é este plan de concellos?, concrétenme, e empezaron a sacar e a poñer durante quince días que estivemos, pois un espectáculo, de que non entendíamos nada, sevicios sociales si, servicios sociales no, etc., etc. As Rondallas o mesmo, Rondallas no, ó final, pois case recoñecen que tiña que ser que si, a Copa de fútbol, falará o meu compañeiro dentro dun momento, o mesmo, e o Parque de Maquinaria empeza, empeza a funcionar ó día seguinte de que nós o denunciamos. Bien, pois esta é unha máis, así que, mire, pois, de algo está valendo a oposición que estamos facendo, polo menos somos o motor deste goberno paralizado, sen ideas e sen ganas facer absolutamente nada. Así, que, indo ó fondo da cuestión, pois, nós nos vamos a abster, desde logo, non vamos a estar nunca en contra de que se invirta na provincia, pero, ¡hombre!, demagoxia, Sr. Santos Héctor, as xustas. Sra. Presidenta.- Gracias, Sra. Arévalo. Sr. Rodríguez Díaz ten vostede … Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias, Presidenta. Eu me vou a limitar á moción, porque parece mentira que as señoras e os señores do Partido Popular, que ahora veñan aquí a falar das carreteras provinciais que dependen da Deputación. É que vostedes gobernaron ata fai 6 meses, 7 meses, Sra. Arévalo, ¿que pasa, que en 6 meses se deterioraron tanto como o que se vía aí?, ¿se deterioraron tanto as vías, a vías provinciais en 6 meses?, bueno, isto é querer facer parvo a calquera, a nós non, dende logo. E mire, os cidadáns da provincia de Pontevedra os fixeron pasar de 17 deputados e deputadas a doce, de 17 a 12, á oposición, e teñen que ir aceptando iso, que son oposición, e, xa sei que lles costa, pero o teñen que aceptar. E teñen que ir aceptando que hai un novo modelo, hai un modelo onde os concellos reciben os fondos de forma igualitaria, non hai ningún dos seus concellos gobernados por ustedes, que renuncie a ese fondo en función de territorio, de poboación ou de núcleos poboacionais, con total transparencia, non a dedazo como facían vostedes aquí, con transparencia, igual para todos, ese é o modelo que vostedes non queren asumir que se está a dar. Miren, non me veña a contar que a Xunta de Galicia ten un plan pas estradas provinciais, me fala hasta da Coruña, de Ourense, Pontevedra, alí xa deben ter algúns que defenderán esas tres provincias, a nós nos toca esta, a vostedes tamén. ¿Un plan?, despois de 8 anos ten a Xunta de Galicia un plan, ¿un plan para que?, despois de 8 anos ten un plan para arranxo das estradas que son da súa competencia, cedo chegan, ¡eh!, e usted se preocupou de saber todo o que tiñan e cantas estradas, pero das que son competencia da Deputación durante 200 anos que gobernaron vostedes está Deputación non se encargaron de ningunha, e, ahora, nos vén a reclamar, en 6 meses, que están deterioradas, o que vostedes non arranxaron, ¿onde metían os cartos vostedes que tiñan que ir destinados aí?, ¿que facían cos cartos dos impostos dos veciños e veciñas desta provincia?, ¿onde os levaban?, ¿onde os metían?, para deixar as estradas tal e cuál usted aí poñía de manifesto, ¿que facían vostedes con eles?, o que lle van a ter que contar ós veciños e veciñas desta provincia. Mire, ¿por que está discriminada esta provincia pola Xunta de Galicia, e non a atende como é debido en canto ás carreteras?. Mire, nós, como Deputación, actuamos alí onde nos reclaman, e sabe, tamén, moito do motivo desta moción, pois, que houbo un temporal enorme que danou moitas das infraestruturas dos nosos concellos. ¿E sabe o que fixo de novo o Presidente da Xunta de Galicia do Partido Popular?. Ir a facer a fotiño de diante das máquinas da Deputación que estaban arranxar os estragos, unha máis, xa coñecemos que é moi afeccionado ás fotos, temos aquela tan famosa da mangueiriña nos lumes cando era oposición. Pois iso é polo que traemos a moción, iso é polo que traemos a moción, para que ademais de facer a fotiño o Sr. Feijoo e a Sra. Ministra de Fomento, en funcións, á parte de facer a fotiño que leven as máquinas ou os cartos para arranxar os problema dos veciños e veciñas. E, déixense de facer turismo, ¡eh!, incluído por Mos, déixense de facer turismo de desgrazas como aconteceu con estes graves temporais que deixaron danadas as nosas infraestruturas, o que están a facer é eso, turismo dese calibre. Polo tanto, déixense vostedes de dicirnos que a Xunta de Galicia vai a facer, que ten un plan, porque, despois, de 8 anos nadie os cre, e vostede trae esa defensa da Xunta de Galicia porque saben que dentro de moi pouquiño van a deixar, tamén, de gobernar a Xunta de Galicia, porque os cidadáns os van a votar, tamén, fóra. Así, que, señores do Partido Popular, lles reitero, que vostedes, vostedes saben e coñecen, algúns dos que están nestas bancadas, que a Xunta de Galicia non chamou nin alcaldes, nin alcaldesas, para preguntarlle como estaba a situación nos seus concellos, non tiveron o coraxe de chamalos para dicir que era o que tiñan que facer. Polo tanto, eu, nós dende o Grupo Provincial Socialista nos congratulamos de que vaian a votar a favor, ou absterse, non o sabemos moi ben, pero que recoñezan, cando menos, a realidade que están a sufrir estas estradas na nosa provincia. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Santos Héctor. Eu non quero confrontar con ninguén, ademais, me gustaría non ter que intervir nunca neste pleno, a verdad, ser simplemente quen o modera, pero, lle quero recoñecer, despois de escoitar á portavoz do Grupo Popular, que vostede, si, Sr. Font, teña retirado as palabras nas que vostede dicía que a señora portavoz de Partido Popular podía ser acomplexada, porque, despois da súa intervención, todavía, engrandéceo máis que vostede a retirara, iso mostra a diferencia, tamén, entre unha forma de estar en política e a outra. Pasamos a votar a moción do Grupo Provincial Socialista sobre a situación de abandono de moitas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Sr. Jácome, perdón, gracias. Queda aprobada por 15 votos a favor e 12 abstencións. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON, e coas abstencións do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) sobre a situación de abandono de moitas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra (PSdeG-PSOE) ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción ó Pleno, sobre a situación de abandono de moitas estradas da provincia de Pontevedra: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A situación de moitas estradas da provincia de Pontevedra, de titularidade autonómica, presentan un lamentable estado de conservación e carentes de medidas de seguridade viaria que pon en perigo a vehículos e viandantes. O estado de conservación do firme e asfaltado de moitas destas estradas é lamentable, con gretas e buracos que converten estas estradas en auténticos “puntos negros” na rede autonómica en materia de seguridade viaria pola gran cantidade de sinistros. De feito son moitos os veciños e as veciñas de moitas localidades da provincia, que levan anos reclamando á Xunta de Galicia, o arranxo de tramos do firme, beirarrúas, alumeado e outro tipo de medidas de seguridade viaria nos tramos destas estradas ó seu paso polas súas localidades. Entre estas estradas atópanse as seguintes: PO-300.- Ó seu paso polo concello de Cambados á altura de Oubiña. Os veciños e veciñas piden melloras no firme, medidas de seguridade viaria e alumeado. PO-551.- Ó seu paso polo concello de Moaña. Medidas de seguridade viaria con beirarrúas polo intenso tráfico de vehículos e persoas. PO-308.- Ó seu polos concellos de Sanxenxo e Poio. Melloras no firme da estrada, alumeado nas zonas con poboación e medidas de seguridade viaria. PO-400.- Ó seu paso polo concello de Salvaterra. Mellora do firme e medidas de seguridade viaria. PO-206.- Ó seu paso por Vila de Cruces. Mellora do firme e medidas de seguridade viaria. PO-548.- Ó seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa. Mellora do asfaltado pola súa dexeneración. Ó mesmo tempo dende Sanxenxo estase a pedir o arranxo, de xeito urxente, dos accesos á ermida de A Lanzada que presenta unha serie de desprendementos que poñen en perigo o acceso dos viandantes. Urxe ademais pola proximidade da tempada turística de Semana Santa e de verán. Igualmente, os veciños e veciñas de A Estrada, están a reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha da restauración da Ponte de Liñares para a que xa existe un proxecto pendente de autorización de Patrimonio e Augas de Galicia. Tamén os veciños e veciñas de Silleda veñen reclamando á Xunta de Galicia a recuperación e obras de consolidación da Ponte Maril. Unha ponte do século XV que atravesa o río Toxa e que está necesitado dunha actuación urxente para evitar a súa desaparición. Por elo, o Grupo Provincial Socialista presenta ó Pleno a seguinte: MOCIÓN 1.- Instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan de actuación urxente nas estradas da súa competencia na provincia de Pontevedra, en concreto nas PO-300, PO-551, PO-308, PO-400, PO-206 e PO-548 para mellorar os seus firmes e dotalas de medidas de seguridade viaria. 2.- Instar á Xunta de Galicia a garantir o arranxo dos accesos á ermida de A Lanzada, evitar a ruína da Ponte Liñares en A Estrada, e acometer as obras necesarias para evitar a desaparición da Ponte de Maril en Silleda. 3.- Dar traslado deste acordo ó Presidente da Xunta de Galicia, á Consellería de Infraestruturas e á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.” 10.6740.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE A POSTA EN MARCHA DA COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 11 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a posta en marcha da Copa Deputación de Fútbol. Ten a palabra o Sr. Sotelo Villar. Sr. Sotelo Villar.- Bos días, Sra. Presidenta, señoras e señores deputados. Sen dúbida, un dos faros da Deputación nos últimos anos, sen dúbida, foi o deporte, aínda que non queiran recoñecelo, creo que houbo unha profunda transformación neste eido da nosa provincia, na mellora das instalacións, na celebración de eventos de toda índole, nos éxitos, tamén, dos nosos deportistas, e digo que había unha política clara de apoio ó deporte, e eso deu os seus frutos, e digo que había unha política clara, porque había un orzamento cunhas cantidades, se aprobaba, se publicaba no Boletín oficial da provincia, había, porque iso sucedeu ata que chegaron vostedes, porque, máis aló dos éxitos dos nosos deportistas, entendíamos que eses valores, valores que conleva o deporte, eran unha pauta social que desde o Partido Popular considerabamos que era bo para todos, para todos, para as persoas, independentemente da súa idade e da súa condición, e así naceron as escolas deportivas, que vostedes, Sr. Mosquera, quixeron laminar con ese pacto, está reflexado nese pacto, claro, logo déronse conta que detrás, pois había 9.000 rapaces e rapazas coas súas correspondentes familias e deron marcha atrás, eventos importantes en todas as modalidades, como dicía antes, de dicir, pois, de esas etapas da Volta ciclista que promocionaron a nosa provincia, triatlón, waterpolo, natación, balonmano, fútbol, en definitiva, eventos do máximo nivel. Axudas ós deportistas, a clubs de categoría nacional e outras categorías, mesmo ó fútbol veterano, ós árbitros, á formación de adestradores, en definitiva, creo que pouco a pouco se había chegado a todas as capas que forman o mundo do deporte da nosa provincia, dende a base ata a élite, e todo, e todo, cun criterio claro e transparente, insisto, se aprobaba un orzamento, se publicaba no Boletín oficial da provincia e todos sabían, coñecían, as cantidades que lle correspondía en función das súas categorías. Os clubs sabían o que ían a cobrar, y que no mes de marzo, abril, empezaban a facerse efectivas esas axudas, cousa que este ano por primeira vez, despois de moito tempo, non vai a ser posible. E non vai a ser posible pola desaparición desas, e logo falaremos, desas axudas nominativas que vostedes consideran clientelares, e xa veremos os convenios que van a firmar, porque tamén teremos tempo para falar delo, o retraso da publicación das bases, as insuficiencias das partidas, que nós habíamos denunciado e que hoxe, aquí, bueno, pois se trae deses 2 millóns que nós habiamos denunciado que faltaban, 1.250.000, aínda faltan 750.000 euros, que seguramente irán remendando co tempo. Bases nas cales se poñía como tope número de clubs, 270, que tamén tiveron que remendar, 30 náuticos, cando todos sabemos os que hai na nosa provincia. Pero, hoxe, en definitiva, o que motivou a nosa moción, que pode parecer unha cuestión menor, para nós, dende logo, non o é, porque é un claro exemplo do que está a pasar no eido do deporte que como dicía, nas miñas primeiras palabras, sen dúbida foi un dos faros desta Deputación de Pontevedra dende sempre, dende sempre. A Copa Deputación naceu no ano 2008, e no ano 2015, pois participaron nada máis e nada menos que 100 clubs de categoría masculina e 25 femininos, onde se repartían en función das fases ás cales accedían eses clubs, pois, creo recordar que 150.000 euros. E non só era importante esta Copa da Deputación por a cantidade económica, que tamén o é, é unha cantidade importante, pero ademais de todo iso, pois, era un complemento ó calendario da Liga de fútbol e permitía que polos campos dos equipos pequenos de categorías inferiores, pois pasaran os mellores equipos do fútbol afeccionado. Vostedes sen valorar as consecuencias, supoño que por cartos non sería, como dicía antes aquí, pois hai distintas partidas para ó deporte, modificacións polo importe de 1.250.000 euros, por iso digo que por cartos non debe ser, entendo que sería máis ben por un capricho, como llo fixo o Partido Popular, pois nós vamos a cambialo, ou tamén, é posible que sexa por descoñecemento, pois se eliminan as copas nas distintas modalidades, non só na de fútbol, pero hoxe estamos a falar aquí da Copa de fútbol. E diante das presións dos afectados, dos clubs que participaban, e por suposto, diante da moción que o Partido Popular presentou, agora, tarde, mal e entendo que arrastras pois pretenden remedialo, e fan unha rolda de prensa anunciando a posta en marcha da Copa, cando en declaracións públicas de algúns deputados e deputadas, e mesmo na acta dese pleno que, dese pleno extraordinario donde era un dos puntos, pleno que vostedes secuestran, votaron en contra, -si, secuestran, secuestran-, votaron en contra, está reflejado na acta, ¡eh!, é así. De tódolos xeitos, dicirlles que nos alegramos de que sexa así, de que rectifiquen, pero, tamén lles dicimos, viva la coherencia, un mes despois de votar en contra, pois, o presentan, como sempre fan, en roda de prensa. Bueno, eu lles digo que sexan humildes, que recoñezan o que é unha evidencia, a Copa si se celebra, que esperemos que si, é porque o Partido Popular pois presentou esta moción, e, tamén hai que dicilo, pola presión deses clubs, como dicía antes, afectados. Mire, Sr. Font, que antes dixo que mentiramos, mentiramos, si, si, voulle facer referencia porque vostede fixo, bueno, senón, retiro o de Sr. Font si se molesta, eu lle digo con todo o meu aprecio, sabe que o aprecio, Sr. Font, nós non mentimos nos presupostos, vostedes foron os que aprobaron os presupostos e un mes máis tarde, un mes máis tarde, traen aquí unha modificación, unha modificación, que nós habiamos advertido de que esas partidas eran insuficientes, nós non mentimos, si vostedes rectifican quenes mentiron foron os que aprobaron os orzamentos. E mire, e neste caso, supoño que neste caso, pois non lle poden votar a culpa nin á Xunta, nin ó Goberno central, neste caso a iniciativa de suprimir as copas partiu do equipo de goberno, que ahora, parece ser que van a rectificar, supoño, advertírono publicamente e supoño que cumprirán con esa palabra. Claro que é unha mostra, e aí si que coincido con vostede, é unha mostra clara e inequívoca da política da nova Deputación, mostra clara, a improvisación, e as cousas, entendo, entendemos que se poden facer, se deben facer doutro xeito, doutro xeito. E remato xa. Alegrámonos que den marcha atrás, bueno, hoxe toca Deporte, onte foi o Parque de Maquinaria, mañán será Cultura, e pasado mañán a saber, a saber, porque son como la Yenka, “un pasito pa lante y dos para atrás”, ¡eh!, e iso que só levan 8 meses, non 6, 8 meses, 8 meses, ojo con las caderas, cando leven tres anos. Quero darlle as gracias, porque supoño que van a votar a favor, por o que se dice e por esa roda de prensa que fixeron, onde a van a poñer en marcha, e, bueno, eu xa me adianto e lles dou as gracias por votar a favor. Moitas gracias. Fala a Sra. Presidenta pero non se escoita o que di. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias, Sra. Presidenta. Non, non tiña pensado intervir, pero, aquí hai, bueno, houbo unha serie de aseveracións, unha serie de declaracións do Sr. Sotelo que, creo que vale a pena, vale a pena aclarar. En primeiro lugar, agradézolle moitísimo o tono que usa, cousa que é de agradecer, e a ver si logramos evitar certo tipo de comportamentos no pleno, pero fai vostede referencia ó pleno pasado, fagámolo, eu creo que hai que facelo. Usted estivo aquí anos, e sabe, perfectamente, que quitando algún conflito, quitando algún conflito, ¡eh!, como pudo ser o das preferentes ou similares, ou o da autoestrada hai tempo, o que sexa, que non, que foi o conflito en si, e non traídos pola oposición, sabe, perfectamente, que nunca, nunca se intentou coaccionar a este goberno, traendo e demais. E, no pleno pasado trouxeron ós seus militantes aí, saíulle fatal, saíulle fatal, porque o Presidente da Escudería Rías Baixas desmarcouse, e costoulle a dimisión do primeiro teniente de alcalde de Moraña, ¡eh!, saíulle absolutamente fatal, e ahora veñen con esta moción de bueniños. Miren, con disparar pa todos lados, absolutamente pa todos lados, pedir a lúa, pedir o sol e máis tódalas estrelas, ó final, pois di, ¡ah!, non, xa acertei eu, claro, no orzamento piden 38 millóns, porque si, non saben de onde van a saír, vale, e, despois piden non sei cantas cousas, bueno, entonces si se fai algunha, pois, entonces, xa acertaron ustedes. Bueno, é a súa dinámica, pero mentres a fagan de maneira correcta e educada, non montando as bullas que montaron no pleno pasado, e escoitar, “que hai que secuestrar o pleno”, o sea, un pleno que non se pode celebrar polos seus militantes que trouxeron aquí, intencionadamente, a montar unha gresca, ¡eh!, resulta que somos nós os culpables de que ustedes montaran a gresca, ¡anda!, ¡anda!, hai que facerse mirar, ¡eh!, que todos temos ollos na cara para mirar o que pasa e o que hai, ¡eh!, todos os temos, ben, era o que quería dicir. Fala a Sra. Presidenta pero non se escoita o que di. Sra. Besada Lores.- Gracias, Sra. Presidenta. Bos días a todos, deputados e deputadas. Bueno, eu teño que dicir que cando lin esta moción, para preparar o seu debate, sentín vergoña, vergoña allea por ver como alguén pode poñer a súa firma nun documento que está inzado de veneno político. Porque esta moción para o único que serve é para xerar conflito cos clubs de fútbol, para confundilos, para enfrontalos, porque dende fai un mes vostedes saben que a Copa Deputación se iba celebrar, e seguiron teimando nos directivos, nos técnicos, e nos xogadores, para facerlles crer que non. Ruído, ruído, e máis ruído, iso é o único que lles interesa, utilizaron o pleno extraordinario para facer ruído, e, agora, pretendían facer máis ruído aínda con esta moción. Miren, permítanme que lles diga que fan política de inconsistencia, e inconscientes, e inconsistentes, e me explico: primeiro presentan esta moción o 15 de febreiro pedindo que puxeramos en marcha a Copa Deputación, tan só dezasete días antes, o 29 de xaneiro, pedían que asinaramos un convenio coas federacións para a posta en marcha da Copa Deputación. ¿Que fixo mudar a súa postura?. ¿Por que se cambiou nun mes o criterio?. Pois está claro, como se deron conta que o do convenio coa Federación non era moi adecuado, deciden dar un salto de malavarista político sen rede, e cambian de postura e presentan esta moción, ¿e saben por que non era adecuado?, porque o que pretendía o Sr. Moldes e a Sra. Arévalo, como delfíns políticos ben enseñados e deseñados, era conseguir que esta administración asinara un convenio co sempre omnipresente Sr. Louzán, que tanto serve para ser asesor do seu grupo, nesta Deputación, como para dirixir a Federación de fútbol, grazas a esta Deputación. ¡Cantas cousas lle debe o Sr. Louzán a esta Deputación!, ¡cantas!. Son tantas que de ningunha maneira asinaremos un convenio con Louzán en primeira persoa. Algún xa se ten aproveitado suficientemente do público, sería absurdo pretender que entraramos nese xogo, como absurdo é pretender facernos crer que no momento de presentar esta moción non sabían xa que se ia celebrar esta Copa. Sabemos que o sabían, pero, a presentaron igual, porque o que menos lles importa é a Copa Deputación, só lles importa o ruído e a confrontación, enganar ó mundo do deporte, pero as mentiras caen por si mesmas, caen sen que sexa necesario facer moito esforzo. A Copa Deputación xa está anunciada, e vaise a celebrar. As Federacións de Vigo e Pontevedra van a colaborar nos sorteos e na organización sen necesidade de convenio, por certo, como todos estes anos, asumindo este traballo coordinado co Servizo de Deportes, por unha clara vocación, que non precisa de foto, de sinatura de ningún convenio. Vaise celebrar o sorteo en breve e todos os clubs que queiran asistir poderán facelo, porque será público, pero, ¿saben o que non vai a ocorrer?, que a Presidenta non vai a utilizar os sorteos da Copa Deputación, como facía o Sr. Louzán, para sacarse fotos, repartir cheques e outras dádivas. Para reunir a todos os Presidentes para que viran que el era o Presidente dos clubs, para tentar comprarlle con cartos públicos o seu futuro voto para a federación, eses tempos agotáronse. Cambiamos o modelo implantado por Louzán, no que a falta de transparencia, o oportunismo político, e as relacións de subordinación dos clubs, eran manifestos. Repartían subvencións sen criterios e, tamén, sen rigor, e iso rematou, teñan por seguro e espero que por fin o entendan, que as mentiras non van a ningún sitio, que este cambio de modelo vai supor unha maior e mellor aposta polo deporte na provincia. Queremos que os clubs, que os deportistas, sexan tratados como se merecen, un trato que recoñeza os seus méritos, o seu esforzo e a súa dedicación. Fai uns días vimos de aprobar as primeiras subvencións para logralo, son axudas destinadas a entidades e clubs deportivos para o deporte federado desta, de toda a provincia, nas que, tamén, incluímos a todo o deporte náutico na provincia de Pontevedra. Queremos con elas apoiar a súa participación en ligas e competicións de ámbito comarcal, provincial e autonómico no ano 2016, son 450.000 euros para os clubs desta provincia nesta primeira fase, pero, queremos elevar esta aposta, porque é unha cantidade insuficiente, para chegar ós nosos máis de 500 clubs federados e 50 de náuticos. Para elo queremos ampliar o orzamento e poder chegar a todos e cada un deles, a todos e cada un, porque son moitos os clubs, miúdos, que nunca tiveron oportunidade de medrar por falta de axudas, son moitos os deportistas en esta provincia ós que a Deputación nunca axudou. Aprobamos, tamén, as axudas para o deporte que compita a nivel nacional, con novas subvencións a clubs e entidades deportivas federadas de ámbito nacional, así como ós clubs que participen na Terceira división de fútbol, co fin de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais na temporada 2015-2016, deste xeito, tamén, terán unha liña de subvencións específicas contando cun orzamento de 500.000 euros. Pero a nosa aposta polo deporte de élite pasa, tamén, pola sinatura de convenios de patrocinio cos grandes clubs desta provincia, grandes clubs como o Celta de Vigo, o Pontevedra ou o Coruxo, pero, que quede claro que a nosa aposta non se vai limitar ós clubs de deporte rei, e, este ano imos asinar convenios como patrocinadores doutras disciplinas nas que, tamén, somos potencia en esta provincia, como balonmán, co Cangas e o Teucro, como máximos representantes, ou como o ciclismo, có Club ciclista Froiz, como referencia entre outros. Pero imos facer, tamén, un xesto importante ó deporte feminino, ese deporte ó que tanto lle custa ter presenza, a pesar do fantástico elenco de mulleres deportistas que temos nesta provincia, e, por elo, queremos asinar, tamén, con elas, cos clubs femininos de élite desta provincia, convenios de patrocinio, e aí estaremos apoiando ó Guardés e ó Porriño de balonmán, e, tamén, ó fútbol sala feminino de Poio. A nosa labor chegará, tamén, a abrir unha nova convocatoria para que os clubs de toda a provincia poidan desenvolver as súas actividades, actividades que na meirande parte dos casos axudan á dinamización non só deportiva senón, tamén, social, económica dos nosos concellos e da provincia. Iso si, temos unha aposta pendente o apoio incondicional que esta provincia enteira lle ten que brindar ós nosos deportistas individuais, ós deportistas que levan a Pontevedra a todos os puntos de España, de Europa e do mundo. Homes e mulleres que traballan arreo con un compromiso persoal de superación e igualdade, cuxos éxitos son os nosos, a todos eles, tamén, queremos axudalos nos gastos de desprazamento e de estancia, porque non é fácil vivir da vela, da ximnasia ou do atletismo, e, sen embargo, están aí, e para que teñan éxito teñen que ter axuda, e queremos darlla. Por iso, aprobaremos unhas bases para eles, para as actividades de deportistas de élite, porque temos toda unha rede de deportistas, de clubs, de entidades, na provincia, que son parte do motor do noso desenvolvemento e que non podemos deixar que seguiran a esperar das esmolas que Louzán tivera a ben darlle, según lle caeran ben ou mellor, porque os que non lle caían ben nin existían, ou os que tiñan a desgracia de vivir en concello non amigo. Porque todos estes e estas deportistas axudan a construír esta provincia, todas e todos sen exclusión. Sabemos que é fundamental apostar por eles e elas, con apoio económico, pero tamén institucional, por telo temos claro cal é a nosa posición fronte ó mundo do deporte, apoio, compromiso e transparencia. Estamos a disposición de todos e todas, os clubs e deportistas, coa cabeza moi alta, asumindo que o camiño emprendido nos leva á mellor das posicións, a que os nosos campións, os nosos clubs, sintan que son tratados coas mesmas oportunidades, as mesmas garantías e coa mellor disposición. É un camiño de cambio, de cambio de modelo, no que serán moitos os atrancos que atoparemos, atrancos políticos, económicos, e incluso sociais. Teremos a quen quere facer carreira política enganando ós deportistas, e temos a quen cre que a política é só gritos, ruído e confrontación. Sei que non o van poñer fácil, que será un camiño duro, pero nada é insuperable, porque nos diron a transparencia, a equidade, e a igualdade … Sra. Presidenta.- Sra. Besada, acabou o seu tempo. Sra. Besada Lores.- … tres premisas que van a permitir que entre todos construiamos un deporte máis xusto. Sra. Presidenta.- Sra. Besada rematou o seu tempo. Sra. Besada Lores.- Remato Sra. Presidenta. E teño claro que non será gracias a vostedes e a o Sr. Louzán, asesor asalariado … Sra. Presidenta.- Sra. Besada, por favor. Rematou o seu tempo. Sexa vostede cumpridora coas normas, senón … . Sr. Sotelo, ten vostede a palabra. Sr. Sotelo Villar.- Ben, está claro que dixera o que dixera a Sra. Besada me ia a contestar o mesmo, pero, tamén, lle diría que quen lle fixo ese escrito, pois, que lle dixera toda la verdad, toda la verdad. Mire, eu creo que levamos aquí … Sra. Presidenta.- ¿Sotelo, me permite un segundo?. Sr. Sotelo Villar.- Si, si. Sra. Presidenta.- Mire, vamos a evitar que cada vez que intervén unha muller lle digamos que alguén lle fai un escrito, non, imos a evitalo. Nós nunca o dixemos, mire, e, ¡a ver!, atendan, non se poñan nerviosos, tranquilos, tranquilos, estamos camiño de Semana Santa, tranquilidade. Mire, Sr. Sotelo, eu creo que é unha falta de respecto dicirlle a ninguén que alguén lle escribe un papel, porque eu os teño visto a vostedes ler. Sr. Sotelo Villar.- Eu tamén, eu tamén. Sra. Presidenta.- Estou segura que o escribiron vostedes, pois, xa está, pois, imos evitalo. Sr. Sotelo Villar.- Sra. Presidenta, aínda que esteamos cerca da Semana Santa, á cal, por certo, a invito, non son eu quen a ten que invitar, supoño que a invitaran, a mellor Semana Santa da provincia, a Semana Santa de Cangas, eu como son creyente, pois, vou, vou por convencemento, hai outros que din que son ateos e logo van a facer a foto, ¡eh!, e o digo porque aquí, tamén, se falaron de fotos, pero, todo iso, Sra. Presidenta, pois, permítame dicirlle que, bueno, o que están a facer vostedes co deporte, nestes 8 meses, insisto, que levamos, creo que é un vía cruces, e digo que é un vía cruces porque hai non sei cantas estacións, 14 creo que é o vía cruces, ¡eh!, de momento levamos 8 meses. Mire, Sra. Besada, con todo o meu respecto, ¡eh!, para que non se me enfade a Presidenta, eu lle dicía, ¿vostede dixo ou non dixo publicamente de que se iban a suprimir as copas?, eu creo que o dixo vostede, non foi nadie do Partido Popular. Mire, e despois, e despois tamén lle digo, por si acaso non se enterou, que é o que lle quería dicir, bueno, primeiro, eu creo que vostedes soñan co Sr. Louzán, máis ben, teñen insomnio co Sr. Louzán, algún nun dorme tranquilo co Sr. Louzán, polo que se ve. O Sr. Louzán foi Presidente durante moitos anos, creo, creo, que foi un dos artífices máis importantes e máximo defensor do deporte nesta provincia, y o cambio, y o cambio, pois foi, como dicía antes, substancial, gracias á súa implicación, porque coñecía o deporte dende a base, dende a base. Polo tanto, non desvirtúen, ou non pretendan desvirtuar o que, creo que todo o mundo do deporte recoñece, a Deputación na época do Sr. Louzán, o deporte tiña un peso importante, que nunca había tido, e non só nas instalacións, insisto, nos eventos que se celebraron, no apoio ós deportistas. Que traiamos nós esta moción hoxe aquí, por certo, Sr. Mosquera, tamén, co mesmo respecto que vostede me tratou, lle digo, que se confunde cando dice que, “trouxeron militantes”, aquí vostedes trouxeron outros militantes, e vostede fixo referencia en seu momento a determinadas actividades, ou determinadas liortas que aquí se celebraron, que tivemos aquí neste salón de plenos, por ejemplo, das preferentes, eu creo, que todos coñecíamoslle quen, de quen era militante, ¿ou é que si ven un militante do Partido Popular non ten dereito a facer a súas reivindicacións?. Por certo, insisto, non eran militantes, xa quixeran vostedes identificar algúns dos militantes do Partido Popular, co que seguramente ó día siguiente estarían nesas redes sociales. Insisto, bueno, fala despois dos deportes náuticos que incrementaron, pero si nas bases puxeron 30 clubs, cando calquera sabe que solo de remo, me parece, que hai 18, e ahora teñen que rectificar, claro, que cambiaron de modelo, claro, que cambiaron de modelo, Sra. Besada, claro, o modelo actual é a improvisación, porque gobernan, lles guste ou non lles guste, gobernan a golpe de moción do Partido Popular, mocións que, por certo, rexeitan no pleno, e logo, gracias a esas mocións e ás nosas críticas, corrixen as situacións que doutro xeito, seguramente, causarían prexuízos para eses colectivos. E exemplos temos de abondo, insisto, hoxe aquí traemos unha modificación de 1.250.000 euros, todo un récord, unha moción, unha modificación só en deporte de 1.250.000 euros, todo un récord, mes e pico despois de aprobar un orzamento, que di do Plan do Concellos, xa fixo a referencia á nosa Portavoz das Rondallas, do Parque de Maquinaria, insisto, das axudas ós clubs de deporte federados, escolas deportivas, e hoxe da Copa Deputación, que, tamén, tiveron que modificar, esta é a transparencia, é a transparencia da nova Deputación, o aire fresco, ¡eh!. Criticaron as nosas subvencións nominativas, que dicían, que dabamos sen criterios, eran públicas no Boletín, cada club en función da súa categoría iba a cobrar e ahora vanas a dar a dedo, xa veremos. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Medio segundo e remato Presidenta. Insisto, xa veremos eses convenios que van a firmar con nocturnidade, porque si é certo o que vostedes prometeron ós clubs xa veremos, xa veremos o que vai a pasar. Insisto, bueno, e que dicirlle, mire, ¿conoce este escrito?, Asociacións de clubs galegos, 29 de xaneiro, a fecha de hoxe aínda non llo recibiron, e iso que tiveron que meter polo medio … Sra. Presidenta.- Sr. Sotelo rematou o seu tempo. Sr. Sotelo Villar.- … remato, remato. Improvisación, falta de transparencia, incapacidade manifesta para xestionar unha das áreas das cales a Deputación de Pontevedra era máis recoñecida, non só no noso entorno, no estado, e lles pido que sexan humildes e o que está ben feito que non, por facelo o Partido Popular, o boten abaixo, o boten abaixo, porque logo teñen que rectificar. Gracias polo apoio que vamos a ter pola moción. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Rematado o debate procedemos á votación da Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a posta en marcha da Copa Deputación de fútbol. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por 13 votos a favor, perdón, hai 12 votos a favor, hai 13 en contra, e unha abstención, polo tanto, queda rexeitada. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre a posta en marcha da copa Deputación de fútbol. 11.6741.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA SOLICITAR UN PLAN DE ACTUACIÓNS DO PARQUE DE MAQUINARIA DA DEPUTACIÓN NOS CONCELLOS Sra. Presidenta.- No punto 11. Moción do Grupo do Partido Popular para solicitar un plan de actuacións do Parque de Maquinaria da Deputación nos concellos. Para a súa defensa ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, gracias. Bueno, pois vimos de denunciar a través dos medios, desta Moción, algo, pois a verdade é que é moi triste, que é a paralización do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra dende o pasado mes de agosto, aínda que, é certo que a día de hoxe, desde o día que visitamos o Parque, desde o día seguinte, o Parque está funcionando. Polo tanto, temos que felicitarnos os deputados e deputadas desta bancada porque a verdade é que gracias ó noso traballo as cousas van arrancando, nunca mellor dito. Pois isto é así, un día calquera, ás doce da mañán, despois de algo que sospeitábamos, polo que se nos viña comentando, acudimos a visitar este parque para ver se, efectivamente, algo tan insólito podía ser certo. E, nos encontramos con que si, pois que todas as máquinas do Parque de Maquinaria estaban paradas, os seus traballadores esperando que facer con elas, esa era a imaxe e o reflexo do que alí estaba ocurrindo. Un exemplo claro de parálisis desta institución é este Parque de Maquinaria, creo que o mellor reflexo do que ocurre neste casa é ver aquel día todo este Parque de Maquinaria paralizado. Creo que moitos dos que están aí sentados non saben o que hai invertido nese parque nin o número de máquinas que hai nese parque, estou segura. Cinco millóns de euros hai investidos nese Parque de Maquinaria, que se están deteriorando, porque, tamén, por se non o saben, estas máquinas se deterioran moito máis paradas que en funcionamento. Só o equipo completo de aglomerado son seiscentos mil euros, señoras e señores deputados. Ademais disto, pois hai catro limpa praias, catro desbrozadoras, catro niveladoras, dúas máquinas de cadeas, dous pisóns, dúas cisternas de asfalto, un camión de bacheo, unha retroescavadora, tres palas mixtas, seis camións, un camión góndola, unha pala cargadora, unha cisterna de auga e un camión grúa, nada máis e nada menos, alí esperando que tiveran destino. Nada máis e nada menos que mil toneladas de asfalto se fabricaban ó día hasta que vostedes chegaron ó goberno e que tan necesarias son para as vías provinciais e tamén para algúns concellos. Este é o abandono total deste Parque de Maquinaria que mentras os concellos teñen que endebedarse en buscar solucións ós seus problemas vostedes teñen o Parque de Maquinaria parado. Volvo a repetir que esta Moción ten un antes e un despois e vou a estar falando de cuestións que hoxe xa non se producen, porque está funcionando, pero eu si que teño que facer referencia a todas elas porque gracias a esa visita e a esta Moción o Parque está funcionando. Dous mil quilómetros, si, dicía tamén antes Santos Héctor, de estradas provinciais, dous mil quilómetros que ten esta provincia. E detrás de dous mil quilómetros hai 62 concellos, 62 alcaldes e alcaldesas cansados de escoitar, unha frase que moito repiten, que gobernos que había antes, que discriminaban ós concellos, ós alcaldes e ós territorios. Pero, ¿quen discrimina máis que un goberno que ten paralizado este parque dende o mes de agosto porque non sabe que facer con el?, porque quere facer algo diferente ó que se facía antes e mentras pensa e non pensa e busca unha solución pois o parque está parado desde o mes de agosto hasta o mes de febreiro, desaproveitando os recursos humáns, os recursos materiais, todas as persoas que aí traballan, mentras nos concellos, como dicía, se están endebedando contratando con empresas privadas, pero, se é o que queren, pois dígano, dígano alto e claro. A Presidenta, que é unha pena que non estea, pois dixo que solamente un concello lle pediu axuda, Redondela. Iso é mentira, iso é mentira, home, a non ser que haxa que chamala a ela, non se lle pode chamar a un deputado, porque eu chamei ó Sr. Mosquera, que eu entendo pois que é unha persoa autorizada para prestar axuda a un concello, eu chamei ó Sr. Mosquera e lle dixen, por favor, axuda, no medio dun diluvio, no medio dunha inundación de catro vivendas, de ter oito estradas cortadas e de pasar horas e horas, todos os concelleiros de Mos, a pé de obra, se me dixo que contratase con empresas do municipio porque non había forma de poder botarlle unha man a este concello. Por iso que, a Presidenta que se informe ben porque non me gustou nada o desprecio co que se dixo “turismo por Mos”, oiga, un pouco de respecto, ¡eh!, porque a que lle está falando e máis o equipo de goberno estivemos case unha noite sen dormir, a pé de obra e de desgracia cos veciños. Entón, eso de “turismo por Mos”, e que a Ministra en funcións veña a Mos a ver os daños dos temporais, e que o Vicepresidente da Xunta de Galicia veña a Mos a ver os daños dos temporais, e que vostedes se gasten esa frase, eu creo que non o pensaron dúas veces, un pouco de respecto, ademais respecto ós veciños que estaban nese momento afogados de auga, de terra e de todo o que lle caeu encima das súas vivendas, un pouco de respecto, Sr. Santos Héctor. Pero, á Cañiza tamén lle pasou o mesmo que a Mos, que as pediron, axuda, a axuda que se lle pediu, e nada de nada. Que di aquí que tivo que ser a brigada municipal a que tivo que tratar de sofocar os problemas en dúas estradas municipais, que lle pasou o mesmo que ó concello de Mos, dous días traballando os operarios, os concelleiros pendientes de todo, e as máquinas da Deputación nin están nin se lle esperan. E aquí está o escrito do concello da Cañiza onde evidencia esta situación. Así que, a Presidenta, que fala que esto é un ridículo, dixo que esto é un ridículo, pois a verdade é que … Mire, ridículo é ver as estradas da provincia, de norte a sur, que llas vou a volver a enseñar, porque hai oito meses que gobernan, oito meses de chuvia, de temporal e de terra, e son oito meses, e non me veña a falar de antes, porque as estradas non estaban así, Sr. Santos Héctor. E, mire, de norte a sur, do Deza, do Salnés, do Condado-Paradanta, de Vigo, da comarca de Vigo e do baixo Miño están estas estradas, estas estradas que llas volvo a enseñar, estas estradas que non hai por onde collelas, estradas que teñen accidentes, trece accidentes nun mes, e o Parque de Maquinaria parado. Non queren ver, xa sei que non queren ver, que non lle gusta, pero esta é a realidade, a que vostedes non queren ver é a realidade. Por iso, teño que dicirlles que deberían de escoitar a algúns compañeiros seus, do Partido Socialista, que votaron a favor desta Moción nos concellos, porque eles si que están, igual que estamos nós, a pé de obra, pisando a lama e non nos despachos, porque solamente unha persoa que non sae fóra do despacho e ve a realidade pode dicir a cantidade de barbaridades que levan dicindo, sinceramente. Eu xa lle vou a dicir algo antes de que vostedes me contesten, porque é o noso querido Rafael Louzán, como non vai a aparecer nesta Moción, porque xa apareceu nos medios de comunicación, claro que si, e entón claro, a resposta que me dan é que o Parque de Maquinaria era o brazo armado do Sr. Louzán. Miren, cando o Sr. Louzán era Presidente o Partido Popular gobernaba en 48 dos 62 concellos desta provincia, polo tanto, se vamos á regra de proporción, é normal que as máquinas estivesen máis en concellos do Partido Popular porque tíñamos tres veces máis que o Partido Socialista e que o Bloque Nacionalista Galego. Pero acudía a todos os concellos, de todos os colores políticos, e aquí hai un exemplo moi claro, que é a Sra. Besada, a Sra. Besada lle pode dar fe do contento que está o alcalde de Poio, que estaba, co asistir que tiñan as máquinas ó seu concello. E que lle dea a Sra. Besada as facturas que hai de dietas, que se lle pagaron anos atrás, ós traballadores do Parque de Maquinaria, porque lle correspondía polo traballo que estaban facendo, que llas entregue a Sra. Besada, as facturas de dietas, ese é o mellor dato para significar de que asistían a Poio ó Parque de Maquinaria. Esto é algo moi difícil de explicar, moi difícil de entender, coa cantidade de recursos, coa cantidade de recursos que hai nese parque, coa cantidade de persoas teñamos que chegar a presentar unha Moción para que o parque entre en funcionamento. Miren, este é o reflexo do Parque de Maquinaria, este é o reflexo do Parque de Maquinaria, este é o reflexo ata que o Partido Popular presentou, este é o reflexo, o reflexo ata que presentamos esta Moción, este é o reflexo, este, lamentable, señores e señoras deputados, lamentable. Pero mire, lle vou a ler unhas frases, que non as dixen eu, “situación penosa”, “non se pode ter ós traballadores parados”, “sen alternativa e sen saber cal vai ser o seu futuro”, “pasando os meses e as semanas”, “política en contra dos intereses da cidadanía”, “necesidades que cubrir en todos os concellos”, “deixar morrer o parque para despois sacar rendemento ás empresas privadas”, “trampa cos orzamentos deste ano”, dando máis ou menos a mesma partida que o ano anterior, pero restando a capacidade operativa. Señoras e señores deputados, eso non o di a portavoz do Partido Popular, o din os traballadores, e eu llo demostro cando queiran porque está grabado. Señoras e señores deputados, digan alto e claro que queren desmantelar o Parque de Maquinaria, dígano, dígano, pero miren, se o queren facer, perfecto, é a súa decisión, pero mentras vostedes fan un proxecto, poñen a andar a obra, deciden en donde, que fan ou que non fan, o tempo pasa. É o que ocurriu desde o mes de agosto, que os meses pasaron porque vostedes criticaron moito esto e agora non saben que facer. E, por iso, queren facer algo diferente, se pasan os días pensando en facer algo diferente e ó final o que fan é cambiarlle de nombre ós programas, para non ser os mesmos que os de antes, e decir que non fan algo e hasta que o Partido Popular presenta unha Moción ó final teñen que facelo. Así que, deberían de pensar, deberían de pensar en que quen perde todo esto son os concellos e os cidadáns desta provincia. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sra. Arévalo. A ver, si, Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Si, bo día. Ben, dicir que estamos en desacordo tanto coa exposición de motivos como coa intervención que acaba de facer o grupo do Partido Popular. Nós tamén falamos cos traballadores do Parque de Máquinas, precisamente onte, e non é o que nos transmiten, que o Parque de Máquinas estea totalmente parado. Pero bueno, non seremos nós os que entremos en rifas políticas neste foro, entón, como é fácil despistarse, vamos a ir directamente ó acordo, que a Deputación de Pontevedra estableza un plan de actuacións co que dar resposta ás necesidades que hai nos concellos, aproveitar os recursos do Parque de Maquinaria que actualmente están parados. É verdade que hai máquinas que están paradas, o acordo, non así a exposición de motivos nin a intervención, o acordo si nos parece positivo, e polo tanto vamos a votar a favor, pero quero que quede ben claro que o que nos parece positivo é o acordo en si, porque non estamos de acordo absolutamente con nada do que se está dicindo hoxe aquí respecto a esta Moción. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas Sr. Jácome. Por parte do BNG, Sr. Benítez. Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas. Sra. Arévalo, na Comisión xa lle manifestamos que era mellor non traer esta Moción a Pleno pola gravidade das súas palabras, vostede insiste, vamos, polo tanto, proceder a este debate, ¿non?. O debate dunha Moción que eu se a teño que definir é que é unha Moción da mentira, pero tamén é unha Moción da oportunidade. Unha Moción da mentira, porque vostede basea toda a súa argumentación nunha mentira, quero pensar que sexa unha mentira, que é que as máquinas e o Parque de Maquinaria estuvo parado desde agosto hasta febreiro. Pero tamén é unha oportunidade porque nos vai a dar pé, e diso vai a falar a continuación, despois, un debate sobre o que é o Parque de Maquinaria, sobre o que é o Parque de Maquinaria desta casa, o que supuxo, o que supuxo ese modelo que segundo vostede é referente en Galicia, segundo dice na súa Moción. Vostede afirma con rotundidade aquí, xa na Comisión o dixo, lle pedimos que constara en Acta, e volve a dicir que o parque estivo paralizado e que os traballadores estiveron paralizados desde agosto ate febreiro, ate que chegaron vostedes e empezaron a moverse, o parque. Eu non sei, se vostede se está dando conta de que con esa afirmación tan rotunda está facendo unha desautorización a todos os funcionarios desta casa, funcionarios cos que vostedes estiveron traballando durante toda a vida e ós que penso eu que lle ten que gardar un mínimo de respecto. Porque como vostede sabe, o Parque de Maquinaria, a forma de proceder do Parque de Maquinaria, era de ir ós distintos concellos da provincia e en base a eses desprazamentos se cobraban unhas dietas, e hai uns partes, e hai unhas certificacións, e hai sinaturas de funcionarios aquí, afirmando donde se foi a traballar e onde non se foi durante todo este tempo. Teño todos os datos aquí, se o quere llo podo dicir, lle podo dicir todos os concellos ós que visitou en xaneiro mesmo, pero vostede insiste en que está paralizada, ou sexa, que está dicindo que esto é mentira, e iso é realmente grave, se vostede está dicindo, con esa foto, que podeu sacar a foto un sábado pola tarde, claro, e sale así, se con esa foto, demagoga desa foto, está dicindo, está dicindo, -Sra. Arévalo, por favor, aténdame-, se con esa foto está dicindo que o Parque de Maquinaria estivo paralizado, é dicir, que as máquinas non se moveron do seu centro de traballo desde agosto ata agora, dende logo é unha afirmación moi grave. Pero nós, como lle temos moito respecto, como deputada que é, o que si lles pido, encarecidamente, que a próxima vez que decidan visitar o Parque de Maquinaria ou calquera infraestrutura que dean o aviso para ter as medidas de seguridade oportunas, e non anden subíndose ás máquinas e sacándose fotos, iso tamén llo pido encarecidamente. Pero como vostede como deputada e con todos os respectos que merece, a súa afirmación, que pode estar certo, porque pode ser que alguén mentise aquí, pois nós desde a Comisión, na que vostede afirmou que estaba todo paralizado e que non houbo un pago duns desprazamentos e dunhas quilometraxes, a uns determinados concellos, a unhas determinadas obras, pois, evidentemente, abrimos unha investigación por iso, e a través desa investigación se nos volveu a certificar de que todo isto é real, e se quere lle paso onde estiveron a traballar as máquinas do Parque de Maquinaria. O que pasa, Sra. Arévalo, é que vostede confunde as cousas, e confunde o que é que estea paralizado ó cambio de modelo que se produciu no Parque de Maquinaria, e que, efectivamente, houbo unha decisión, que tomamos cando chegamos nós ó goberno, que é cambiar o modelo, e o modelo, básicamente, se resume, se resume en que se acabou que as máquinas se distribúan a facer obras municipais, e que as máquinas da Deputación se centren nos 1.700 quilómetros de estradas provinciais. –Se non me atenden, é que eu, para falar sólo, eu, non me gusta falar sólo, falo para vostedes, para que me escoiten-. O cambio de modelo o que ía a significar que de deixar de envíar as máquinas, exclusivamente, exclusivamente, como así firma o Xefe do Parque de Maquinaria, durante os últimos doce anos, exclusivamente ós concellos e a obras dos distintos municipios, pois o que decidimos é que ten que estar ó servizo das estradas provinciais, porque se daba a mesma paradoxia de que mentres as máquinas da Deputación estaban facendo obras municipais nos distintos concellos, o Servizo de Infraestruturas tiña que contratar a empresas privadas e máquinas de empresas privadas para facer os traballos nas estradas provinciais. Polo tanto, nós o que vamos a facer é unha reestruturación, efectivamente, dese servicio do Parque de Maquinaria para integralo no servicio de Infraestruturas como pertence, desde o punto de vista administrativo, para que estea ó servicio das distintas brigadas e traballe coordinadamente coas brigadas atendendo ós 1.700 quilómetros de estradas provinciais. E quero dicirlle, paso coa segunda parte, coa oportunidade de falar aquí do Parque de Maquinaria, vostedes énchense aquí o peito polo Parque de Maquinaria, fala que é modélico, que é un referente en Galicia, na Moción que vostede acaba de presentar, ¿referente en que?, en caciquismo, en xestión caciquil. ¿Vostede, Sra. Arévalo, sabe como funciona o Parque de Maquinaria?, ¿sabe como viña funcionando ate agora, ate xuño o Parque de Maquinaria?. Me consta que vostede foi asesora desta Deputación antes de ser alcaldesa, debe de saber como funcionaba o Parque de Maquinaria. Vostede sabe, eu son máis, era máis inocente, cando eu fun a primeira visita ó Parque de Maquinaria a min se me dixo, por parte do xefe, que esto non dependía de Infraestruturas, cando formalmente depende de Infraestruturas, se me dixo que dependía exclusivamente de Presidencia e das ordes do Xefe de Gabinete de Presidencia. O Xefe do Gabinete de Presidencia, ata ese momento, era o que decidía se se lle enviaba unha máquina a un concello ou non se enviaba, se se se lle enviaba asfalto a un concello ou non se enviaba. É que mesmo din que, tamén me dixo que non actuaban nas estradas, e que o Parque de Maquinaria hasta ten a particularidade simpática de que o 50% dos traballadores son dunha comarca, e o 25% dos traballadores do Parque de Maquinaria son dun concello desta provincia, cando temos 62 concellos. Supoño que xa saben a cal me estou referindo, ou digo, o Salnés e Ribadumia. É que Ribadumia é un concello de 5.000 habitantes, o 0,5% da poboación da provincia ten o 25% dos traballadores deste Parque de Maquinaria. Casualidade, é moi casual todo isto. Vostede mesmo fala que o Parque de Maquinaria era un referente porque metía 1.000 toneladas ó día de asfalto, mil toneladas ó día de asfalto son 365.000 toneladas ó ano, o que vén sendo, en oito anos, Sra. Arévalo, Sra. Arévalo, en oito anos vén sendo 3.000.000 de toneladas de asfalto. E eu o que non entendo é como en Tomiño, que lle enviamos nos últimos oito anos solicitudes e solicitudes de asfalto, nunca nos enviaron nin unha mísera bañeira, ¡ah!, decidía o Xefe de Gabinete, ese era o modelo de xestión do Parque de Maquinaria. O concello de Tomiño, obviamente, non viu, vostede fala aí que de 62 tiñan 48, o concello de Tomiño non viu nos últimos oito anos ningunha máquina do Parque de Maquinaria, como non viu ningún muñico de asfalto, non viu ningún. E vostede fala que é unha xestión eficiente e eficaz e modélica e é o referente, ¿non?. O que si visitaban os concellos de toda a provincia, por exemplo, no concello de Tomiño si que o Sr. Louzán, tampouco veu nunha ó concello de Tomiño, pero si que visitaba moito a sede do PP, porque frecuentaba onde había posibilidade de facer unha moción de censura, ¿non?. Sra. Arévalo, eu o que lle pido, dende logo, é que deixe de facer demagoxia co Parque de Maquinaria, o Parque de Maquinaria ten uns partes de traballo, o estamos reestruturando coas brigadas para facer un plan de actuacións nas estradas provinciais, e traer aquí ese debate real, debate real, vostedes queren o modelo de darlle as máquinas ós concellos, deste xeito tan democrático que é coa decisión do Xefe de Gabinete, e nós non estamos por eso, nós pensamos que o que non é razoable é que teñamos un servizo de Infraestruturas atendendo 1.700 quilómetros de estradas e teñamos un parque funcionando totalmente independente, por iso, vamos a integralo e a funcionar de acordo coas brigadas. E eu entendo que teña tanta ilusión e tantas ganas por este Parque de Maquinaria, porque así como en Tomiño non vimos as máquinas en oito anos, me consta que en Mos, desde decembro, e así din os partes, desde decembro de 2008, cando vostede fixo a moción de censura fichando a un concelleiro do Partido Socialista, pois empezaron a frecuentar moito alí as máquinas e supoño que as votara de menos. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Benítez. Por parte do grupo Escóitase falar unha persoa pero non se identifica. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Referencias teríamos absolutamente todos de que o que dixo non se axusta á verdade, entón si, vamos a intervir todos. Sr. Font, ten a palabra. Sr. López Font.- Muy bien Presidente. Muchas gracias. La verdad es que llevamos sólo siete meses y a cada intervención del Partido Popular compruebo que estoy haciendo una cantidad de amigos impresionantes, porque bueno, parece que tengo yo la culpa absolutamente de todo. Si tengo que aprovechar para contestarles a ustedes de cuestiones que no tenían que ver con su moción y que tenían que ver con la intervención que yo hice anteriormente. Yo me reafirmo, nosotros nos reafirmamos en el presupuesto que aprobamos y en esta modificación, diputadas y diputados del Partido Popular, que tiene un complemento al presupuesto, como en todos los sitios, no sólo en la Diputación de Pontevedra, pero lo importante de esto es que ustedes no lo aprueban, lo importante de esto es que ustedes estuvieron en contra de un presupuesto para todos los concellos y que justificadas las necesidades y las ampliaciones ustedes no votan a favor de esto. Eso es lo importante, lo importante es que ustedes siguen siendo los del no y aparte no han ofrecido ninguna alternativa. Mire, a mi, bueno, suscribo totalmente las palabras de mi compañero diputado, Uxío, y además a mi esta moción por muchos de los argumentos que el utilizó y que expuso, me indigna expresamente. Y me indigna expresamente, Sra. Arévalo, porque, de verdad, usted lleva, yo le hablo siempre en el ámbito político, ¡eh!, usted lleva una deriva de superar las líneas rojas Pleno tras Pleno, que, de verdad, me voy a permitir cariñosamente el que usted debería de reflexionar. Porque en los pocos Plenos que ha habido y que llevamos ha dicho cosas ciertamente graves aquí, pero en esta moción con lo que está jugando es con los trabajadores de esta Diputación, independientemente de que el 25% sean de la zona de Ribadumia, está jugando, primeiro, con el testimonio de los trabajadores que se concreta en una firma en partes de trabajo, y, está jugando con la honorabilidad de los trabajadores y con su salario. Debo de decirle ya que me sorprendió la frialdad con la que usted planteó este tema en la Comisión informativa y todavía más la frialdad con la que contestó despreciando al gobierno, diciendo, “ustedes sabrán lo que tienen que hacer”. No, usted en la Comisión informativa y aquí levantó un falso testimonio contra los trabajadores, y me podrá contestar lo que quiera, lo que quiera, pero usted levantó un falso testimonio contra los trabajadores. Y esto fue lo que hizo usted, porque el problema es que el parque no ha estado parado, y usted en su propia intervención, que era cuando, y pido disculpas, interrumpí, está cazada en lo que dijo, se refiere a la Sra. Besada, y dice que diga cuándo fue las dietas de los trabajadores y demás. Pues lo que tiene que hacer usted, como diputada, es ir al departamento de Recursos Humanos de esta casa a comprobar todas y cada una de las dietas de los trabajadores que se corresponden con todos y cada uno de los desplazamientos que los trabajadores realizaron. Y esto es lo indigno, políticamente, el que a usted le vale cualquier cosa, el que usted viene aquí a criticar a este gobierno y le importan muy poco los trabajadores. Ustedes nunca se llevaron muy bien con los trabajadores, yo me sorprendía cuando en los primeros plenos levantaban la bandera y salían como el adalid de los trabajadores de esta casa. Pues ya acaba de demostrar usted la cara, realmente, que tiene el Partido Popular con respecto a los trabajadores. Y es que no les importa la utilización que se haga de ellos con tal, con tal de criticar a un gobierno determinado. Mire, lo primero, ustedes incurrieron en algo que no tolerarían donde ustedes gobiernan, y lo decía el diputado, y es que cuando se hace una visita a un centro de trabajo hay que avisar, primero, por medidas de seguridad. Y ahora le voy a contestar a la crítica que le hacía a mi compañero sobre turismo en Mos, pues claro que si, claro que la Ministra en funciones está haciéndose fotos, en Redondela y en Mos, a costa de la desgracia de los demás. Y da lo mismo que sea usted la alcaldesa o que sea otro concello, claro que si, claro que hubo una utilización política en querer ir a Mos y en querer ir a Redondela, estoy convencido que no hubieran ido al ayuntamiento de Nigrán, convencido, Sra. Arévalo. Por lo tanto, hay una utilización absolutamente partidista, y me voy a poner menos serio, da lo mismo las fotos que nos enseñe y los cartones pluma que nos enseñe. Mire, ustedes fueron al parque, no avisaron, y cuando quisieron que la foto fuera con los trabajadores les dijeron, “poneros aquí para que salgamos en la foto”. En esa foto no hay máquinas ni historias, y cuando quisieron que la foto fuese sólo las máquinas, dijeron a los trabajadores, “poneros aquí para que la foto sea con las máquinas sin trabajar”. Pero, ¿cómo se puede utilizar, de verdad, el argumento de hacer una foto a unas máquinas que en ese momento están dónde deben de estar en el parque?. Es el colmo, de verdad. Entonces, mire, ¿sabe cuál es el problema?, Sra. Arévalo, cuando le digo y le decía anteriormente que los ciudadanos no confían en ustedes, a lo que dijo usted en la Comisión informativa y a lo que ha dicho hoy en este Pleno, no le contesta el Sr. Font, le contesta un funcionario de esta casa, que no voy a dar el nombre, pero es el responsable del Parque de Maquinaria, y cuándo se le preguntó, oficialmente y por escrito, que es este, y cuándo se le preguntó, oficialmente, sobre lo que había ocurrido ha dicho lo contrario de usted, y a dicho que usted miente, y ha dicho que la planta nunca estuvo parada, y ha dicho que todas las dietas que se han pagado y que le podemos dar la relación cuándo quiera, se correspondieron con, se correspondían, perdón, con los correspondientes, valga la redundancia, desplazamientos. Por lo tanto, usted ha jugado, pero de una forma muy indigna, con los trabajadores, e insisto, no le estoy diciendo yo que no, no le estoy diciendo yo que miente, se lo está diciendo un responsable del servicio de aquí. Y ya le decía anteriormente, está absolutamente pillada en sus argumentaciones, si, por mucho que se ría, me da lo mismo lo que se ría, pero si usted fuera responsable y usted fuera coherente, lo primero que haría sería salir de aquí e ir a Recursos Humanos a decir, ¿cuál son las dietas que se pagaron y los desplazamientos que se pagaron en octubre?. ¿Va a decir usted que es mentira lo que firmó un funcionario?. ¿Lo va a decir?. ¿Es esa la política del Partido Popular en la relación con los funcionarios de esta casa, que tanto defendían en los primeros plenos?. Pues, ¡mi madriña querida si es así!. Mire, y lo dijo mi compañero diputado, Uxío, hablemos las cosas con claridad, cuando hablábamos de presupuesto y cuando hablábamos de partida, ustedes querían que se siguiera en la designación de las cantidades como ustedes hacían antes. Y ahora que hablamos del parque está clarísimo, hay frases hechas, como la de “brazo armado”, que parece que tanto les indignan a ustedes. No, yo le voy a decir cuál es mi frase. El Parque de Maquinaria, porque todos sabíamos de la política que se hacía en esta provincia, el Parque de Maquinaria ha sido el brazo ejecutor del caciquismo del Sr. Louzán, claro que si, esto es así. Usted puede argumentar que fueron a este o al otro ayuntamiento, puede hablar de miles de quilómetros, pero lo que es evidente es que ese Parque de Maquinaria estaba al servicio político de aquellos concellos en los que gobernaba el Partido Popular. Y entonces usted, como ahora resulta, a ver, sinceramente, yo a esta cuestión del Parque de Maquinaria le doy una explicación y se la he dado desde el primer momento, no tenían donde hincarnos el diente, no, están muy fastidiados, y se lo decía anteriormente porque esto va fenomenal, si, se puede reír lo que quiera, porque para los concellos va fenomenal, porque en los concellos hoy les corresponderá más o menos, pero lo saben, y le vuelvo a decir lo que se decidió hoy en la Junta de Gobierno. Y el que haga un seguimiento, que no se si lo hacen ustedes de todo lo que es la actuación de este gobierno, se dará literalmente cuenta de que hoy lo que preside este gobierno de la Diputación es lo que yo le decía en el debate de presupuestos, “democracia, igualdad y dignidad”. Y hoy los alcaldes tienen igualdad ante este gobierno, tienen una dignidad que este gobierno respecta y eso se concreta en decisiones de gobierno. Por lo tanto, mire, de verdad, omita las fotos porque ya comprobé lo que le decía anteriormente, cuando interesaba el centro de la foto eran los trabajadores a los que tanto utilizan y cuando interesaba era apartaros, seguro que dixeron eso, “apartaros para que se vean las máquinas”. Creo que el diputado responsable se lo ha dicho y creo que el Parque de Maquinaria, como todas las instalaciones de esta casa, Sra. Arévalo, van a ser un ejemplo de igualdad entre los concellos, porque me temo que vamos a estar cuatro años igual, y ustedes quieren el caciquismo y nosotros la igualdad. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Para rematar o debate ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias. A verdade é que non haberá intervención do Sr. López Font onde non estea a palabra caciquismo, é unha costumbre xa no seu discurso, pero empeza a ser xa case o único que ten que dicir, porque nin vostede nin o señor do BNG, Uxío, non recordo o apelido, Benítez, bueno, pois non, non me dixeron nada do que eu quería escoitar, non dixeron nada de por que ese parque estivo parado, nada. Miren, vostedes o único que pretenden facer coas ambas intervencións que tiveron, o único que pretenden é desviar a atención ós traballadores, “que si é indigno”, “que si a manipulación”, “que si o chantaxe”, por favor, vamos a falar do que hai que falar, eu manteño as palabras que dixen na Comisión, manteño as palabras que dixen aquí, este equipo de goberno non está cumprindo coa provincia. O Partido Popular foi ó Parque de Maquinaria un día pola mañán, ás doce, un día de semana, están quedando en ridículo porque os medios de comunicación estaban con nós, e puderon comprobar todo o que está dicindo esta ignorante, que é a Sra. Arévalo, según me chama a Presidenta. E puderon comprobar como esta foto, como esta foto era a imaxe que había nese parque ese día, un día pola semana, un día pola mañán, pudérono comprobar, non era un sábado, non, non era un sábado. Entón, a min me gustaría que me explicase un pouco máis a fondo o cambio de modelo, o cambio de modelo. Pero non se corresponde o que dice un Sr. Deputado co que dice outro, o Sr. López Font, o que está dicindo é que o que expón o Partido Popular é mentira, nada máis que eso, e eu lle estou dicindo que esta é a realidade que vivimos nese parque desde o mes de agosto, si, esa é a realidade. Se vostede quere dicir que é indigno, que o Partido Popular non está ó lado dos traballadores, dígao as veces que queira, sempre defendemos ós traballadores e sempre o demostramos, e nunca estiveron tan ben tratados como estiveron cando estaba o anterior equipo de goberno, de feito, mire, de feito non hai máis que ver o carpetazo que lle deron cando se tratou de negociar a RPT, carpetazo, que en ningunha das súas propostas se lle escoitou nin se negociou con eles. Así que mire, moi pouco nos importan os traballadores, non, moi pouco lles importan a vostedes, que os están utilizando para desviar o debate do Parque de Maquinaria. E estou dicindo unha vez máis, Sra. Besada, cando me refería ó seu concello, eu non quería estar aquí deixando entrever se se pagaban dúas dietas, no, no, no, o que quería dicir é que o alcalde de Poio, en agradecemento ós traballos que se facían en Poio fixo comidas cos traballadores, no, non me mal entendan, porque aquí hai que explicalo todo, eso quero que quede moi claro, e se vostede non quere traer as facturas as traerá o compañeiro do Partido Popular que está en Poio, Angel. Pero miren, eu quería que me contestaran ese cambio de modelo cal é, porque si que polo menos están recoñecendo de que o Parque de Maquinaria algo mudou, e mudou en que ese cambio de modelo, que aínda non saben cal vai ser, pois mentras pensan e non pensan, as máquinas estiveron agosto, setembro, outubro, novembro, decembro e xaneiro, e ata que se presentou esta Moción. Esa é a imaxe do Parque de Maquinaria, si Sr. Benítez, si Sr. Benítez. Se queren cambiar o modelo cámbieno, pero que as máquinas non estean paradas, é o que lle pedimos, aceptando tamén que hoxe non están paradas, por suposto que non. Vostedes poden falar do Xefe de Gabinete do Presidente anterior, mire a forma de cómo se gobernase ou non pertenece ó anterior Presidente, queren aquí falar de que si o Xefe de Gabinete decidía ou non decidía, ¿e a vostedes que lles importa?, se xa non é o Presidente, eso xa pasou, esa é a contestación que me dan a este debate. Pois, a verdade é que é bastante lamentable. E me falan de que se hai un porcentaje de non sei cantos traballadores dunha comarca, bueno, e a min que me importa, lle estou falando do Parque de Maquinaria de que está paralizado, contéstenme a eso, non lle estou falando dos traballadores, se son dun concello ou son de outro. ¡Que forma de defender unha Moción!. ¿De verdade que non teñen máis argumentos?. Vostedes dicen que esto é mentira. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Deputada. Sra. Arévalo Gómez.- Nós temos os argumentos que di que esto é verdade … oiga, me queda medio minuto …si, si, faga o favor de deixarme rematar … Sra. Presidenta.- Perdón, perdón, o Interventor me informou mal. Tranquila, vostede, é que se pon moi nerviosa, lle vou dar o minuto. O Interventor me dicía que estivera, que pasara o tempo, equivocámonos, non hai ningún problema. Lle vou a dar un minuto. Sra. Arévalo Gómez.- Xa sei que non lle gusta nada que interveña. Sra. Presidenta.- ¡Que nerviosa se pon vostede!, ¡dios mío!, a ver, de verdade, ¡que muller!. Sra. Arévalo Gómez.- Eu non me poño nerviosa, Sra. Presidenta, eu solamente quero ter os meus dereitos e ultimamente non os teño. Sra. Presidenta.- É triste, é tremendo. Sra. Arévalo Gómez.- Non quero máis que os corenta segundos que me faltaban, non me dea nin un segundo máis, porque, non se preocupe que non o vou a necesitar. Simplemente, simplemente, quero dicir que esto non é mentira, nin é unha cuestión de oportunidade nin demagoxia, esto é dicir a verdade, a verdade, Sr. Benítez, alta e clara, a verdade, que demostra de que unha vez máis vostedes gobernan á rebufo do Partido Popular, e, hoxe temos que felicitarnos todos os deputados da oposición, disculpe o señor de Marea, os do Partido Popular, temos que felicitarnos porque desde logo conseguimos que o parque botara a andar, esa é a gran noticia e con eso estamos satisfeitos, de que desde o día que visitamos o Parque de Maquinaria, ó día seguinte empezaron a saír as máquinas. Polo tanto, lle vou a dicir que así vamos a seguir, traballando para que siga funcionando esta Deputación cando o Partido Popular denuncia os asuntos. Lle volvo a repetir, orzamentos, plan de concellos, copa Deputación, certamen de rondallas, axudas ós clubs federados, e esto xa era o máis importante, o Parque de Maquinaria. Señoras e señores deputados do Partido Popular un bo traballo, nos temos que felicitar porque por fin o Parque de Maquinaria está traballando nas estradas provinciais e axudando ós concellos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Antes de poñer a votación, Sra. Arévalo, eu nunca lle chamei ignorante a vostede nin a ninguén, eu dixen unha frase dun filósofo que di “que cando a ignorancia fala a intelixencia cala”, algo que é unha obviedade filosófica, eso primeiro, para que quede claro que eu endexamais insulto a ninguén nin lle poño ningún calificativo. En segundo lugar, Sra. Arévalo, eu creo, porque é moi importante que conste en acta esto, que o escoiten os medios que aínda están presentes, o Sr. Benítez explicou con toda claridade que sempre estivo a funcionar o Parque de Maquinaria e que cando vostede o pon en dúbida está poñendo vostede en dúbida informes, informes do Xefe do Parque de Maquinaria, e eso é moi peligroso, moi peligroso, Sra. Arévalo, porque vostede está a dicir que o que confirma o Xefe de Maquinaria é falso e que as peticións que fixo de dietas non se corresponden coa realidade, teña vostede moito coidado coas cosas que se dicen, teña vostede moito coidado coas cousas que dice, porque quedan en acta e poden poñer en dificultades a funcionarios desta casa, porque todo o que aquí se di queda rexistrado, entón ten que ter moito coidado, moito coidado co que se di. Vostede ten todo o dereito do mundo a presentar as mocións que considere, a facer as intervencións que lle pareza, pero ten que ter moito coidado porque o que vostede está a dicir é unha acusación moi grave, que pode ter consecuencias con aqueles que firman que si houbo traballadores usando as máquinas e facendo a actividade, o deixou absolutamente claro o Sr. Benítez, que ademais lle dixo que se vostede o quere ver lle pasa todos os lugares onde se estivo, todas as dietas que se pagaron, e todas as pernoctacións que se fixo. Polo tanto, é gravisimo o que vostede está facendo aquí hoxe, cóidese moito do que fala, porque, lle repito, pode ter repercusións nos funcionarios. E, non lle vou a dar a palabra porque os debates os pecha a Presidenta según o regulamento. Pero quero que quede claro, que conste en acta, a gravedade do que a portavoz do Partido Popular ten dito sobor de todo nesta última intervención, é moi grave. E agora pasamos a votación a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para solicitar un plan de actuacións do Parque de Maquinaria da Deputación nos concellos. ¿Votos a favor da Moción?. ¿Votos en contra?. Habendo once votos a favor e trece votos en contra voltamos de novo a votar esta Moción. ¿Votos a favor da Moción?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada co voto de calidade da Presidenta. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e de Coalición Electoral SON, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para solicitar un plan de actuacións do Parque de Maquinaria da Deputación nos concellos. 12.6742.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA PROMOCIONAR A MARCA E O DESTINO RÍAS BAIXAS Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 12 da orde do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para promocionar a marca e o destino Rías Baixas. Ten a palabra o Sr. Figueroa Vila. Nestes intres deixa de escoitarse a sesión durante uns segundos. Sr. Figueroa Vila.- … día especial, é especial porque estamos a falar dun dos sectores que creo que son importantes na provincia de Pontevedra, en Galicia, en España, como é o turismo. O turismo, dende logo, pois, é un dos sectores estratéxicos da nosa provincia, un sector que eu cando cheguei a esta Deputación o primeiro que preguntei foi, que datos económicos había sobre o turismo na provincia de Pontevedra, e a verdade é que me sorprendeu, porque non había ningún estudio económico, non había ningunha cuestión que puidera dicirnos claramente cal era a situación do turismo na provincia. ¿E que foi o primeiro que fixemos?. Pois, o primeiro que fixemos foi con Caixanova, naquel momento, coa Escola de Negocios, facer un estudio estratéxico, e, tamén, coa repercusión económica que tiña o turismo na nosa provincia, e, dende logo, nos deu uns datos sorprendentes, datos sorprendentes que moitos seguramente descoñecen, non digo de vostedes, pero si do sector naquel momento, pois, que significa o 12% do emprego, que significa o 11% do PIB da provincia, e que dá traballo en torno a 40.000 persoas, e iso, loxicamente, nos ten que preocupar, nos ten que preocupar eses datos así tan xenéricos que podiamos, seguramente, desmenuzalos un pouco máis, e, ademais, teñen ese estudio no Patronato de Turimo, bueno, no Patronato non, no Edificio de Turismo, e creo que é importante. E por iso, naquel momento, no ano 2003, nos puxemos a traballar, a traballar nunha proposta para o turismo da nosa provincia. Primeiro, definir claramente, que xa o tiñamos, pero, definir a marca, e creo que era importante, pois, que esa marca, Rías Baixas, que é unha das cuestións que despois falarei máis adiante, se siga potenciando dunha maneira clara. Pero, tamén era importante ter un referente, aquí se falou antes de cal era o referente, por exemplo, do Parque de Maquinaria, que é certo, que o Parque de Maquinaria é un referente dentro desta institución, pois, o turismo tampouco tiña ese referente, había unha serie de becarias naquel momento, que se lle chamaban así becarias que, e becarios, que estaban traballando, e estaban traballando, pois, nunhas oficinas aquí ao lado desta plaza. E, nos sorprendeu iso, tamén, e, bueno, pois, unha das decisións que se tomou, primeiro, se intentou negociar co concello de Pontevedra, co Sr. Mosquera, pois, un dos edificios emblemáticos de Pontevedra, non foi posible, por diversas circunstancias, e, bueno, viu a oportunidade de comprar, mercar, o Palacete das Mendoza para esta Deputación, compra que tamén estuvo de acuerdo o concello de Pontevedra, por iso se chegou a un pequeno consenso, e, bueno, pois, aí empeza unha etapa importante do turismo na nosa, na nosa provincia. Ese palacete se dotou de recursos humanos, de recursos técnicos, e creo que, bueno, pois ó final, foi unha boa decisión, unha decisión acertada, que empezou e naceu aí, ó inicio, pois, dunha cuestión importante como é o turismo das Rías Baixas. As Rías Baixas, ¿por que as Rías Baixas?, e, ¿por que Turismo Rías Baixas?, porque ó final, esta marca relacionada co turismo ten máis de 25 anos, máis de 25 anos a través dun Patronato, que se xestionou naquel momento, despois se considerou, ultimamente, que era mellor para a xestión, pois, a xente que estaba, os traballadores que estaban nese Patronato de turismo que se incorporasen á propia Deputación, como así está, e creo que foi acertado dende o ano 2012 que se tomou esa decisión, e, bueno, pois, todo relacionado, pois, empezamos a definir un pouco cal era a marca, e a marca era Turismo Rías Baixas. Turismo Rías Baixas que tuvo unha repercusión importante como un promotor máis emblemático do litoral galego, se dicía no principio, e nós corriximos esa definición, tamén, porque Turismo Rías Baixas, non só é o litoral, que moitas veces a xente quere identificar única e exclusivamente coa zona de costa. Pois, no, eu creo que aquí xogou un papel importante, eu quero recoñecelo, pois, o noso deputado, hoxe senador, Pepe Crespo, que dicía que, “o interior tamén existe, o interior, tamén, existe”, e se empezou a conformar, pois, que Turismo Rías Baixas era un pouco a Deputación, en torno á estrutura da propia Deputación, a nivel físico e a nivel de estrutura xeográfica, e así se fixo. Bueno, pois quedou definido que a marca Turismo Rías Baixas era a provincia de Pontevedra, e se foi asociando permanentemente coa propia Deputación, cos propios concellos, etc., etc., papel decisivo, tamén, o que teñen que xogar os 62 concellos con respecto a esta marca, e creo que iso, pois, é o esencial. A partir de aquí, bueno, pois, eu creo que o motivo desta moción que presentamos é un pouco, pois abrir un debate, abrir un debate para saber si o que estamos facendo é o correcto, se o que se fixo é o correcto ou non, que definicións hai que matizar co respecto ó pasado, ó presente, e, loxicamente, falar de futuro. E por iso nós entendemos que esa marca Turismo Rías Baixas ten que traballar na defensa da calidade, na defensa da excelencia, na defensa da promoción das Rías Baixas, e, sobre todo, tamén na defensa do patrimonio, do patrimonio dunha maneira especial, porque, tamén, hai que promocionar eses plans de calidade que hasta agora se estaban levando a cabo na propia institución Turismo Rías Baixas. A Deputación foi pionera a nivel nacional e internacional en implantación de sistemas de calidade como o SICTED, e creo que, tamén, foi pionera nesas campañas de destino que se facían de turismo de proximidade, de turismo interno na propia Galicia, de turismo nacional, e, incluso, algo que eu defendo persoalmente, e que creo que algún día vai a ser o futuro do turismo, que é toda a Eurorexión Galicia – Norte de Portugal, que a min me parece que é fundamental esa definición con respecto ó turismo e que non se está a producir. Por suposto, tamén, o turismo internacional que cada día é máis importante, e, sobre todo, pois, ligado a ese Camiño de Santiago. E a oferta turística das Rías Baixas, bueno, pois, seguramente, todos se queden, ao mellor, coa comida, coa gastronomía, non, non solo é iso, que si é muy, muy, importante, sobre todo se demostra claramente con esas Estrelas Michelín. Temos que seguir defendendo as praias e os portos, sobre todo, por esa cantidade de Bandeiras Azules que temos enriba da mesa; natureza e paisaxe que é fundamental; o tema gastronómico, por suposto, o tema relacionado co enoturismo e todo o relacionado co viño; as festas tradicionais que son, tamén, para nós, para a nosa provincia, importantes; o termalismo, que eu creo que é un dos sectores importantes que temos que seguir potenciando de cara ó futuro; por suposto, o turismo rural, que é unha definición que pouco a pouco foi collendo e consolidándose, tamén, dentro desta oferta turística, e, por suposto, pois, algo máis recente como é todo o relacionado co golf, que eu creo que temos que quitarlle o San Benito, que parece que todo o turismo relacionado co golf, pois, que é dun sector da poboación determinado e concreto, e non é certo, senón todo o contrario, eu creo que cada día esta a producirse esa oferta turística con máis relevancia, e, por suposto, os complexos que temos na nosa provincia. ¿Que queremos con esta moción?, dar un toque de atención a todos, darnos un toque de atención para que o futuro do turismo, por suposto, se consolide, se potencie, e se promocione de cara ó futuro. Hai un papel, tamén, importante que teñen que xogar a partir de ahora, non solo é a oferta, non solo é a marca, non solo é a promoción, senón que tamén son as infraestruturas. Se vai a producir un cambio importante cando se consoliden as infraestruturas que están en marcha na provincia de Pontevedra, como pode ser o AVE, como pode ser a conexión do Corredor do Cantábrico que nadie menciona, a min me sorprende tremendamente a todos os niveis que cando se vai a foros de turismo non se fale dese corredor, que é un corredor importante para o futuro do noso turismo. Por suposto, a posición e o escenario dos aeroportos, que teñen que xogar un papel importante dentro dese propio turismo de proximidade. Bueno, eu creo que, en resumo, porque me quedan dos minutos, o turismo na provincia de Pontevedra é o motor de desarrollo económico e social, o sector turístico foi capaz de resistir mellor que outros sectores a crisis, o cual quere dicir que na situación na que estamos, se a situación fora economicamente moi parecida ao dos últimos anos, sería importante de cara ó futuro. É un sector que debe dar resposta a unhas demandas cada vez máis esixentes e segmentadas, que é importante, a demanda que plantexa, ós seus clientes e o perfil do turista cada vez son máis esixentes. E, por suposto, eu creo que, relacionado con esta cuestión hai outros temas a maiores que o sector turístico tamén ten que seguir potenciando. Como pode ser o turismo de cruceiros que é unha cuestión, que eu creo, que é fundamental, esencial sobre todo para a provincia de Pontevedra. E, por suposto, tamén, o Turismo 3.0, é o que se está levando a cabo agora, tamén, no propio Patronato e na propia institución de Turismo Rías Baixas, que é todo o relacionado coas novas tecnoloxías, redes sociales, e, por suposto, todo o relacionado que ofrece a demanda, que ten a demanda na provincia de Pontevedra, que creo, que é o fundamental para o futuro, o turismo accesible, eu creo, que son cuestións que, bueno, que podiamos seguir neste campo. Fixen un pouco breve toda a cuestión, porque, evidentemente, 10 minutos non dan para poder presentar o que nós queremos para o Turismo Rías Baixas. É dicir, o Grupo Popular quere que este segmento da poboación dedicado ó turismo que teña futuro, e para ter futuro, loxicamente, temos que seguir traballando na mesma dirección que o fixemos ata agora, sentarnos de cara a facer o futuro, ese futuro do Turismo Rías Baixas, que eu creo, que é un segmento da poboación importante, un sector fundamental, decisivo para o futuro, e creo que aí está ese retorno na economía da nosa provincia que, dende logo, temos que ter en consideración. A min me gustaría que de aquí se abrise un debate de cara ó futuro, nós estamos dispostos a colaborar, e creo que, para o noso grupo é importante, e, sobre todo, para persoas que participamos, tanto o Presidente anterior, o Sr. Louzán, como eu mesmo, para que o futuro da nosa provincia, loxicamente, bueno, pois, vaia por eses camiños. Eu creo que entre todos temos que sumar esforzos, esta é unha cuestión de consenso, de acordo, de buscar e unificar criterios, e, dende logo, se os conseguimos como fixemos ata agora, eu creo que o futuro do turismo na provincia de Pontevedra pode ser moi positivo. Sra. Presidenta.- Gracias, Sr. Figueroa. Toda a súa intervención pode ser asumida ó 100% por calquera que entenda o que vostede dicía, de que o turismo é unha pata fundamental na economía do noso país. Eu é que lle quero agradecer o tono, lle quero agradecer o debate, lle quero agradecer as aportacións, e lle quero confirmar que sempre que en calquera ámbito da acción política da Deputación de Pontevedra se plantexe un debate aberto, a posibilidade de traballar conxuntamente o goberno coa oposición, co sector, con todos aqueles que teñen algo que dicir no ámbito do deporte, así se faga. Polo tanto, eu si estamos de acordo, non sei, o Sr. Jácome, si estamos todos de acordo, poderiamos votar por unanimidade esta moción, e hacendo noso dos 27, bueno, agora mesmo estamos 25, pero, sei que dos 27, a intervención que ten feito o Sr. Figueroa e que esta sexa unha moción apoiada por unanimidade. ¿Estamos de acordo?. Pois, si vostede esta de acordo con isto, pois, a votamos favorablemente por unanimidade. Nestes intres fala o Sr. Figueroa Vila pero non se percibe ben o que di. Sr. Figueroa Vila.- … da institución que, dedicada ó turismo, pois loxicamente, me encontrei cunha satisfacción importante de ver que a realidade deste sector, e creo que este sector pode ser o presente, xa o é, pero, o futuro, dende logo, da nosa provincia. Estamos dedicados moitas veces a outros sectores que, tamén, son necesarios a nosa atención, pero, eu creo que este, dende logo, se facemos as cousas ben, se somos capaces de por enriba da mesa toda a demanda que hai, as necesidades que hai, eu creo que o futuro dende logo, eu polo menos, xa fun no ano 96 concellal de Turismo no concello de Vigo, e, dende logo, para min é un satisfacción que esta sexa a liña de traballo con respecto ao Turismo Rías Baixas. Nuns segundos non se escoita nada. Nestes intres fala a Sra. Presidenta pero non se percibe o que di. Sra. Presidenta.- Rematado o debate damos por acabado o debate da moción do Partido Popular … O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para promocionar a marca e o destino Rías Baixas. Dita Moción é como segue: “O voceiro do grupo Partido Popular, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo provincial do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción para promocionar a marca e o destino Rías Baixas. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O turismo é un dos principais motores de desenvolvemento económico e social da nosa provincia. Hoxe en día xera o 12% do emprego e aporta o 11% do PIB da provincia de Pontevedra. Por este motivo, desde o Partido Popular sempre priorizamos e apostamos por promocionar a marca e o destino Rías Baixas, como unha das zonas máis emblemáticas do litoral galego, e que nos últimos anos avanzou de xeito notable en parte, grazas ó apoio que recibiu desde a Deputación de Pontevedra e que se sumou á importante implicación e profesionalización do propio sector turístico da provincia, que non hai que esquecer que é un sector activo, que continuamente traballa pola calidade e a diferenciación. A un mes de que se celebre a Semana Santa e, polo tanto, de que comece a temporada alta de turismo na nosa provincia, desde o grupo Partido Popular estamos preocupados pola falta de actuacións e iniciativas que se están levando a cabo en materia turística. Desde o anterior goberno da Deputación de Pontevedra fixemos un gran esforzo para mellorar a marca e potenciar o turismo, e consideramos que sería un acerto continuar con este apoio e contribuír ó desenvolvemento dun dos principais sectores económicos da provincia, que, por certo, foi capaz de sobrevivir á grave crise económica mellor que outros sectores. Porque sabemos da súa importancia e da súa transcendencia estratéxica, consideramos que é importante traballar pola defensa, a calidade, a excelencia e a promoción das Rías Baixas e do noso turismo. E unha aposta segura por converter este destino en competitivo e diferenciado é seguir asociando a marca Rías Baixas á calidade. Neste senso xoga un papel fundamental o apoio que a Deputación de Pontevedra viña ofrecendo ós 62 concellos da provincia, e que pasaban por apoiar e mellorar as infraestruturas e os servizos turísticos, desde a sinalización, ata a atención turística, plans de calidade, formación, bandeiras azuis, plans de accesibilidade… Pero tamén foi importante apostar por potenciar novos sectores turísticos, como o turismo náutico, o turismo rural, o termalismo, o turismo gastronómico, de praias ou etnográfico foron fundamentais para situar a marca Rías Baixas. Outras das oportunidades que non deben pasar desapercibidas son as melloras nas redes ferroviarias, e que coa próxima chegada do Ave a Galicia suporá un punto de inflexión importante para este sector. Non menos importantes son o turismo de cruceiros, que experimentou un notable crecemento nos últimos anos, ou o turismo 3.0, xa que a maior parte dos turistas utilizan internet para organizar a súa viaxe. Por todos estes motivos, o grupo provincial do Partido Popular solicita que se adopten os seguintes ACORDOS 1. Que a Deputación de Pontevedra continúe potenciando a marca Rías Baixas e apoiando o sector turístico na provincia, como motor do desenvolvemento económico e social. 2. Promover e potenciar todas as actividades que dalgunha forma contribúan ó fomento e desenvolvemento do turismo nos 62 concellos da provincia, encamiñadas a mellorar a sinalización e as infraestruturas; a atención e profesionalización; plans de calidade… 3. Potenciar a imaxe Rías Baixas como destino global; e apoiar novos sectores turísticos, como o náutico, o gastronómico, o etnoturismo, as festas, o turismo rural, o termalismo… 4. Apostar pola calidade e a excelencia turísticas como destino diferenciado para posicionar a marca Rías Baixas.” 13.6743.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA A) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) EN RELACIÓN COA DEFENSA DAS DEPUTACIÓNS, CABILDOS E CONSELLS INSULARES E EN CONTRA DA SÚA DESAPARICIÓN Nestes intres fala a Sra. Presidenta pero non se percibe o que di. Sra. Presidenta.- … Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- … unha moción, aquí de urxencia, e o tema da moción, xa digo, antes de nada, é tan urxente porque saíu estes días, que é a desaparición que anuncian, un acordo que hai en Madrid, entonces, ese é o tema, un pouco a defensa das Deputacións que hai a nivel galego, a nivel español, e, tamén, dos consellos insulares, e dos cabildos. Entonces, a moción vai por aí, o primeiro que temos que debater, como sabedes, é a urxencia, e iso é o que vou facer, primeiro, repito, traémola ahora, e traémola a última hora porque iso é unha cousa que acaba de saír do forno, é dicir, non se leva debatido para nada, acaba de saír, e nós sacámola. O meu compañeiro acaba de falar de turismo, hoxe aquí falouse de plan de concellos, de deporte, de axudas sociais, de infraestruturas, senón existe unha Deputación … Sra. Presidenta.- Sr. Alén, eu lle pido que simplemente ten que defender a urxencia, logo votamos, e logo vostede fai a intervención que considere, pero, este turno é, simplemente, para defender a urxencia. Sr. Alén Montes.- Vale. Graciñas, soamente dicir que se as Deputacións non existen aquí non facemos nada, creo que está xustificado que existan, creo que son fundamentais. Os que nacemos no mundo rural, e que estamos moi contentos de haber nacido, sabemos a importancia que teñen as Deputacións para axudar ós concellos rurales, a eses concellos que son, sobre todo aquí en Galicia, dispersos. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, eu, por favor, a urxencia é, que este é un acordo que se ten tomado nun pacto futuro de posibilidade de goberno en España, vostede considera que como iso se produciu fai dos días non deu tempo a presentalo na orden do día, e vostede plantea así a urxencia. Polo tanto, imos poñer, ¿si lle parece?, a votación a urxencia desta moción, e logo, no debate vostede poderá explicar todo o que considera, ¿lle parece que o fagamos así?, porque, … Sr. Alén Montes.- Si, perfecto. Sra. Presidenta.- … senón estamos entrando no debate. Moi ben, pois, vamos a poñer a votación este asunto fóra da orde do día, unha Moción urxente, para debater sobre o futuro das deputacións no noso pais. ¿Votos a favor da urxencia?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Hai, entendo que 12 votos a favor, e 12 en contra, polo tanto, temos que volver a votar. ¿Votos a favor da urxencia?. Non, que aquí somos 11, ¿non?, 12, si, perdón, é que crei que eramos, hai 13, perdón, perdón, non, non é o problema, o Sr. Jácome eu o contaba, pero, como hai dos deputados do Grupo Socialista e do BNG, que tiveron que marchar facía mal as contas, perdón, queda rexeitada por 13 votos en contra, e 12 a favor, polo tanto, non se produce este debate. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON e cos votos a favor do PP, rexeitar a urxencia da Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) en relación coa defensa das Deputacións, Cabildos e Consells Insulares e en contra da súa desaparición. b) Parte de información e control: Sra. Presidenta.- Pasado a parte b, parte de información e control. 14.6744.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, DO ORZAMENTO CONSOLIDADO E DOS ORZAMENTOS DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO 2015 Sra. Presidenta.- No punto 14. Dar conta da liquidación do orzamento da Deputación de Pontevedra, do orzamento consolidado e dos orzamentos da Escola universitaria de enfermería e Consorcio provincial contraincendios e salvamento correspondentes ó exercicio 2015. ¿Observacións?. Queda dada conta. Practicada a liquidación do orzamento de 2015, segundo o previsto no RDL 2/2004, de 5 de marzo, e no RD 500/90 e demais normativa aplicable, a Presidencia da Deputación aprobou as liquidacións do orzamento 2015 da Deputación, do orzamento consolidado, do orzamento da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería, e do orzamento do Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contraincendios e salvamento. Para os efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 debe darse conta ó Pleno das aprobacións de ditas liquidacións na primeira sesión que se celebre dende a súa aprobación. Ademais disto, segundo o artigo 193.5 de dita norma deberá remitirse unha copia á Administración do Estado e da Comunidade autónoma. Os datos máis significativos de ditas liquidacións, o resultado orzamentario axustado e o remanente de tesourería para gastos xerais, son os seguintes: ORZAMENTO RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS Deputación de Pontevedra 44.103.819,87 € 118.214.818,74 € Escola Universitaria de Enfermería 34.103,86 € 183.814,56 € Consolidado 44.137.923,73 € 99.434.090,50 € Respecto á liquidación do orzamento 2015 do Consorcio provincial contraincendios e salvamento, os datos son os seguintes: ORGANISMO RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS Consorcio provincial contraincendios e salvamento 740.495,35 € 2.999.322,65 € O Pleno queda enterado das aprobacións das liquidacións dos orzamentos 2015 que se detallan a continuación: • Da liquidación do orzamento 2015 da Deputación de Pontevedra, da liquidación do orzamento 2015 da Fundación da Escola Universitaria de Enfermería e da liquidación do orzamento consolidado 2015. • Da liquidación do orzamento do exercicio 2015 do Consorcio provincial contraincendios e salvamento. 15.6745.- DAR CONTA DO INFORME SOBRE A AVALIACIÓN DO CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DE GASTO E LÍMITE DA DÉBEDA NA UNIDADE INSTITUCIONAL “DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA”, DO EXERCICIO 2015 Sra. Presidenta.- No punto 15. Dar conta do Informe sobre a avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite da débeda na unidade institucional Deputación provincial de Pontevedra, do exercicio 2015. ¿Observacións?. Queda dada conta. O xefe de servizo de orzamentos emite informe de data 8 de febreiro de 2016, relativo á avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra” na liquidación dos orzamentos xerais da entidade do exercicio 2015, no que como conclusión figura que do resultado da avaliación resulta o seguinte: - Capacidade de financiamento, “superávit non financeiro” = +9.596.396,49 € . - “Regra de gasto”, cunha marxe de AUMENTO do gasto non financeiro computable de +1.197.896,14 €. - Cumpre co principio de sustentabilidade financeira na dobre vertente: Límite de débeda sobre ingresos correntes liquidados no exercicio anterior = 25,27%, por debaixo do 110%; e período medio de pago a provedores, cun rateo de: -8,072 días no mes de decembro (22 días dende a recepción da factura). - O resultado da avaliación: CUMPRE COS OBXECTIVOS SINALADOS NA LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA DO EXERCICIO 2015. Para dar cumprimento a dito precepto, o informe emitido debe elevarse ó Pleno para o seu coñecemento ós efectos previstos na normativa de aplicación en materia de “estabilidade orzamentaria”. O Pleno queda enterado do contido do informe de avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e sustentabilidade financeira da Unidade Institucional “Deputación Provincial de Pontevedra” na liquidación dos orzamentos xerais da entidade do exercicio 2015. 16.6746.- DAR CONTA DO INFORME DE EXECUCIÓN DE INVERSIÓNS FINANCIADAS CON CARGO Ó SUPERÁVIT 2014 Sra. Presidenta.- No punto 16. Dar conta do Informe de execución de inversións financiadas con cargo ó Superávit 2014. ¿Observacións?. Queda dada conta. Na liquidación do exercicio 2014, correspondente á Deputación Provincial de Pontevedra, obtense un superávit en contabilidade nacional de 30.891.782,23€; a porcentaxe de débeda sobre ingresos correntes liquidados é do 38%; o remanente de tesourería para gastos xerais ascende a 118.398,30€ e os fondos líquidos dispoñibles (tesourería) a 31/12/2013 suman 132.463.262,55€. De acordo co apartado 6º da disposición adicional décimo sexta incorporada ó texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, elaborouse a correspondente memoria económica dos investimentos que se consideran financeiramente sostibles, cuxo financiamento se realiza con superávit en contabilidade nacional obtido na liquidación do exercicio 2014. A modo de resumo, os proxectos e inversións que cumpren co esixido na disposición adicional décimo sexta do TRLRHL, suman o seguinte: RESUMO INCORPORACIÓN 2014 A 2015 OBRIGAS RECOÑECIDAS NO 2015 INCORPORACIÓN 2015 A 2016 TOTAL INVESTIMENTOS FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES 34.885.761,70 € 21.226.755,59 € 13.131.399,11 € Respecto das características, proxección dos efectos orzamentarios e económicos que se derivan dos proxectos anteriores, a totalidade dos investimentos teñen unha vida útil superior ós cinco anos, supoñen unha mellora da calidade, do acceso e da prestación dos servizos públicos. Segundo as características específicas de cada investimento, supoñen unha mellora en seguridade para os usuarios, unha mellora para o medio ambiente e unha maior eficiencia enerxética ó incorporar materiais e medios de iluminación, saneamento, etc., máis eficientes, que supoñen a medio prazo un aforro de custes enerxéticos e de mantemento. Por outra parte, esta Deputación Provincial, cumpre cos criterios establecidos na disposición adicional sexta introducida na Lei orgánica 2/2012 “LEPSF”, no apartado quince do artigo primeiro da LO 9/2013, de 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector a 31/12/2013; non existen “acredores por operacións pendentes de aplicar ó orzamento” e o importe da amortización ordinaria no 2015 foi de 13.889.301,88€ (inclúe amortización do anticipo Plan Avanza), garantindo que a Entidade non incorrese en déficit en termos de contabilidade nacional. Para levar a cabo este tipo de investimentos, esta Deputación cumpre cos requisitos que establecen tanto a Disposición adicional sexta da Lei orgánica 2/2012 “LEPSF”, como a Disposición adicional décimo sexta incorporada ó Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais: o período medio de pago a provedores é de 22 días dende a recepción da factura, inferior ó prazo máximo de pago previsto na normativa sobre morosidade; a Entidade encóntrase ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social a execución destes investimentos non supón un maior endebedamento: o seu financiamento realízase co superávit financiado co “remanente líquido de tesourería para gastos xerais”, compromisos de ingresos de exercicios anteriores e desviacións positivas de financiamento. Por outra parte, os investimentos contratados pendentes esperamos que se executen ó longo do exercicio 2016. En consecuencia, o superávit en contabilidade nacional do exercicio 2014, por importe de 30.891.782,23€, destinouse a financiar proxectos de investimentos que cumpren os criterios para ser considerados como investimentos financeiramente sostibles. O Pleno queda enterado da memoria dos investimentos financeiramente sostibles, financiados con superávit en contabilidade nacional obtido na liquidación do orzamento do exercicio 2014, incorporados a 2015, en cumprimento co establecido no apartado 6º da disposición adicional décimo sexta incorporada ó texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. 17.6747.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES DO MES DE XANEIRO DE 2016 Sra. Presidenta.- No punto 17. Dar conta do Informe do período medio de pago a provedores do mes de xaneiro de 2016. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xaneiro de 2016 que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES XANEIRO 2016 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputa-ción de Ponteve-dra Xanei-ro -12,6837881361 2.803.438,11 35,2118831755 602.554,26 -4,2105628176 Escola de Enferme-ría Xanei-ro 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 Consorcio de Incendios e Salvamen-to Xanei-ro 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0,0000000000 TOTAL Xanei-ro -12,6837881361 2.803.438,11 35,2118831755 602.554,26 -4,2105628176 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xaneiro de 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 18.6748.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidenta.- No punto 18. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 26 de xaneiro e 22 de febreiro de 2016 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 19.6749.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- Punto 19. Rogos e Preguntas. E teño polo momento cinco peticións de palabras. En primeiro lugar a Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Gracias, Presidenta. É un rogo para a implantación efectiva da Lei LGBT. Asistimos atónitos estes días a agresión homófoba que sufriu un matrimonio residente en Santiago de Compostela. Por todo elo, solicitamos e rogamos á Presidenta da Deputación que dende aquí se inste á Xunta de Galicia a traballar para conseguir que a Lei para a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transesuais e heterosexuais, teña éxito, e a implantación que aínda non se ten acadado sexa por fin unha realidade. Gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos conta do rogo. Sr. González Pérez. Sra. Rivas Gómez.- ¡Ah!, perdón, é que estou, claro, son, claro, perdón, perdón. Rogo sobre a Lei de dependencia. Solicito e rogo á Presidenta que dende a Deputación de Pontevedra se inste á Xunta de Galicia a que faga unha demostración documental das peticións tramitadas dende 2012 ó Goberno de España para reclamarlle a débeda que mantén coa provincia de Pontevedra en materia de dependencia. Gracias. Sra. Presidenta.- Tomamos conta do rogo. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si, eu quería facer dúas preguntas, relacionado co mesmo. Onte saía nos, bueno, sae hoxe nos medios, respecto á reforma do concello de Sanxenxo, da Avenida Rocafort, logo, por un lado era por si, en este caso, por parte do que é o equipo de goberno da Deputación, se rexeita a opción de facer un paso inferior no que é na Avenida Rocafort, que entronca co que é hacia, a vía que vai hacia Villalonga. E por outro lado, hoxe saía un anuncio, tamén en prensa, donde se decía que se renunciaba a ese proxecto, logo, nós o que queríamos saber é si, realmente, si se renuncia a ese proxecto, si iso é verdad ou non, ou que é o que vai a pasar con este proxecto. Sra. Presidenta.- Lle contestaremos por escrito Sr. Moldes. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Sra. Presidenta, vostede que predica outra forma de facer política, ¿cree que é institucionalmente elegante, respectuoso e cortés, non convidar a inauguracións ós deputados das diferentes áreas ou zonas, como por exemplo no Laboratorio de Mouriscade ou no viveiro de empresas de Lalín, máxime cando, como en este caso, son obras executadas polo anterior goberno na súa práctica totalidade?. ¿Non será máis ben unha actitude rancia e sectaria?. ¿Parécelle normal poñer unha placa co seu nome cando dende hai un tempo xa non se estilan ese tipo de cousas, e, aínda por riba, non asistiu ó acto?. ¿Vai cambiar a súa forma de proceder?. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Crespo. Lle contesto, en primeiro lugar, tanto na intervención que se fixo no viveiro de Lalín, como que se fixo en Barro–Meis, eu non puden asistir á de Lalín por cuestións persoais e familiares moi graves, pero, tanto en un como en outro se dixo, publicamente, diante de todos os asistentes e se recoñeceu o traballo do anterior goberno, ademais, así o pode ler vostede hoxe na prensa, que así o recollen. En todo caso, Sr. Crespo, eu cando vou as inauguracións nos distintos concellos invito ós alcaldes e ós concelleiros para que eles fagan as invitacións que consideren, pero, en todo caso, en todo caso, a min me parece acertado invitar ós deputados e ás deputadas, ó conxunto dos grupos políticos da Deputación de Pontevedra, e non teña ningunha dúbida que a partires de agora, pois, invitaremos a todos os deputados a asistir a todas as inauguracións que se fagan, sexan proxectos que nós tivemos que rematar e que estaban iniciados, ou sexan proxectos que nós iniciemos. Así que, non se preocupe que me vou a encargar persoalmente de que se invite, pero, repito, eu estiven onte en Barro-Meis e alí recoñecín o traballo feito polo anterior goberno, porque creo que é unha moi boa idea o dos viveiros, e que foi unha boa decisión, e polo tanto o que se fai ben hai que ter a elegancia de recoñecelo, exactamente igual que cando alguén considera que algo se fai mal ten o dereito a dicilo e a denuncialo. Así que, tomo nota da súa petición e así vai ocorrer. En todo caso, Sr. Crespo, eu lle quero recordar a vostede que, por exemplo, o Aeroporto de Vigo o deixou licitado, contratado e case rematado o Sr. Blanco, ¿sabe?, non foi invitado á inauguración por parte da Ministra de Fomento, a Sra. Pastor, exactamente igual ocorriu coa estación do AVE en Vigo, exactamente o mesmo, quedou licitada e contratada e tampouco foi invitado. Pero eu creo que vostede ten razón, que hai que invitar a todos os deputados a todos os actos públicos e, polo tanto, eu lle agradezo, primeiro, o tono en que o plantexa, e me comprometo a que, xa lle digo, eu persoalmente os vou invitar a todos vostedes e a todas vostedes a que participen. Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- Vamos a ver. O primeiro rogo é que teña o tempo suficiente para facer o rogo, isto pode soar así un pouco tautolóxico, pero teño que dicilo, porque a última vez se me interrumpiu tres veces pa facer un rogo, case récord, vamos. Ahora vou a facer o primeiro, o segundo rogo. A carretera … Sra. Presidenta.- Me permite un segundo solo … Sr. Alén Montes.- Pero, ¡outra interrupción!, pero, vamos a ver Presidenta, pero, inda que sea a Presidenta non me pode interrumpir sistematicamente sempre, por favor, xa está ben. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, mire, o rogo se fai o rogo completo … Sr. Alén Montes.- Sra. Abelairas, por favor, teño eu a palabra, Sra. Abelairas estese caladiña, faga o favor, jolín, xa está ben, ¡eh!, por favor Sra. Abelairas, eu non interrumpo a ninguén, nunca, nunca interrumpo a ninguén, vale. Vale, Sr. Font, usted siga, siga, teño eu a palabra, ¿podo falar ou non?... Sra. Presidenta.- Sr. Alén, usted ten que facer o rogo … Sr. Alén Montes.- ¡Xa está ben!. Xa non me puiden defender fai un momento, ¡eh!, algo fundamental como é a defensa desta casa. Hoxe un señor, o Sr. Héctor Santos dixo que é a casa de todos os concellos, eu non puiden defendela, me pasaste polo rodillo, e vamos, en trinta segundos, e ahora outra vez. Sra. Presidenta.- Sr. Alén, lle vou quitar a palabra, lle vou retirar a palabra, llo digo con todo cariño, vostede pode facer o rogo e simplemente o rogo, non motivar o rogo, simplemente o rogo, ¿de acordo?. Pois, faga vostede o rogo. Sr. Alén Montes.- Vale, segundo rogo: carretera Mondariz-Balneario– Fozara, Fozara é unha parroquia de Ponteareas, na parroquia de Vilar, que pertence a Mondariz, está correndo moitísimo perigo porque se pode derrubar, polo tanto, o rogo é que se vai a ver e que se tomen as medidas oportunas que seguramente será un muro de contención. Sra. Presidenta.- Tomamos conta do seu rogo, Sr. Alén. Sr. Benítez Fernández.- Eu pedira a palabra cando falou o Sr. Angel Moldes para contestarlle, porque así aforramos, tamén, un papel, e o traballo dos funcionarios a escribir, se lle parece contéstolle verbalmente ó que dixo, ¿non?, respecto de Luis Rocafort. E respecto do tema do paso soterrado ese do que fala, na Deputación non temos constancia de ningún proxecto respecto diso, e o concello, pois, obviamente, tamén nos manifestou ningún interese en facer iso, ¿non?. Non sei se a intención, cando se fixo ese proxecto de Luis Rocafort, da urbanización de Luis Rocafort, que non urbaniza toda a rúa, era esa, parece ser que esa era a intención de nun futuro facer un paso soterrado aí, pero solo é unha idea vaga, que non hai ningún proxecto, nin nada, ¿non?. Desde, o que si que é certo é que dende o concello nos transmitiran que estudásemos, si sería posible, urbanizar a rúa completa, ¿non?. Alén diso, o proxecto de Luis Rocafort, pois, ten, bueno, unha das peticións que nos fixo o concello, tamén foi que tiña uns desaxustes con respecto ás alienacións que marca o plan xeral e nos transmitiu a posibilidade de poder, xa que se vai urbanizar, que se urbanizase acorde as alienacións do plan xeral, ¿non?. Entón, nestes momentos os técnicos da Deputación están estudando todas esas peticións do concello, e, eu penso, coido, que nunha semana ou dúas poderemos dar contestación, e, así, a ver un pouco, a ver si a calmamos un pouco, tamén, toda esa presión mediática que hai respecto desa rúa, ¿non?. O que si garantizo é que esa obra se vai a facer, se vai executar, e se vai a iniciar este ano e, vamos, en breve anunciaremos as condicións nas que se fará. Iso estámolo estudando … Sra. Arévalo Gómez.- … facer e, hai uns días lle enviamos un escrito do concello, e a verdade que é bastante urxente a estrada provincial que vai desde Puxeiros a Mós, e ó seu paso por Torroso, pois, transcurre xusto no medio da escola municipal, municipal non é, pero como si fora, de música, porque unha parte das instalacións as teñen dun lado da estrada e a outra parte do outro lado da estrada. ¿Que significa?, pois, que hai un montón de rapaces, sobre todo, atravesando a estrada todos los días polas tardes para ir as actividades de música, e xa habíamos falado co anterior goberno pero ó final, pois, chegou o cambio de lexislatura, o verán polo medio, e sería importante o pintado dun paso de peóns, pero, que fose un lombo, non, que fose elevado. Creo que evitaría, pois, o perigo de que, os vehículos están nunha recta, ademais pasan a gran velocidade e a verdade é que podemos ter un problema. Sr. Benítez Fernández.- A ver, eu creo que xa comentei nun pleno isto, pero, vamos a ver, son as tres case e media da tarde, non é necesario pedir nun pleno, todos e todas sodes deputados, podedes falar cos deputados do goberno, podedes, tedes a servicio a Deputación, concretamente ti, Nidia, eres alcaldesa, como tal goberno podes solicitar o que consideres, ¿non?. Concretamente houbo unha, un plan que sacamos nós que, precisamente, é o Plan móvese, que non sei, non teño os datos agora, se o concello de Mos solicitou algo, precisamente, o que pretendía é que os concellos demanden ese tipo de actuacións de seguranza viaria, pasos elevados e lombos, ¿non?. Entón, bueno, estudámolo, pero, vamos, eu o que quero manifestar aquí a innecesariedade de esperar aquí ás tres e media a facer un rogo para iso, é dicir, podedes mandar un escrito dende o concello e se atenderá, e logo, se non o atendemos, pois, si que nos podedes pedir explicacións por elo aquí. Sra. Presidenta.- Moitas gracias. Non habendo máis peticións de palabra para rogos e preguntas levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as quince horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición