Fondos
2017-01-27_Ordinaria. Acta de sesión 2017-01-27_Ordinaria
Acta de sesión 2017-01-27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.399/2.2017-01-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2017-01-27_Ordinaria
Data(s) 2017-01-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de xaneiro do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos o Pleno ordinario do 27 de xaneiro de 2017. 1.6901.- ACTAS ANTERIORES Sra. Presidenta.- No primeiro punto. Aprobación dos borradores das Actas das anteriores sesións ordinarias do día 28 de outubro e 25 de novembro de 2016. ¿Algunha observación?. Entendo que aprobamos por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 28 de outubro e 25 de novembro, de 2016. Sra. Presidenta.- Pasamos á parte resolutiva. a) Parte resolutiva: 2.6902.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS EN MATERIA DE RECURSOS LOCAIS DO CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE CONFIRMANDO AS DELEGACIÓNS EFECTUADAS POR CADA UN DOS CONCELLOS FUSIONADOS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AMPLIACIÓN DE NOVAS DELEGACIÓNS Sra. Presidenta.- O punto 2 da Orden do día. Delegación de competencias en materia de recursos locais do concello de Cerdedo-Cotobade confirmando as delegacións efectuadas por cada un dos concellos fusionados na Deputación de Pontevedra e ampliación de novas delegacións. ¿Algunha observación?. Entendo tamén que aprobamos por unanimidade. O artigo 6 do Decreto 134/2016, polo que se aproba a fusión voluntaria e constitución do municipio de Cerdedo-Cotobade establece no seu apartado 2 que “Ata que se produza a correspondente unificación normativa, as ordenanzas e demais normas aprobadas polos concellos de Cerdedo e Cotobade seguirán vixentes nos seus respectivos ámbitos territoriais.” e, no seu apartado 3, que “O novo municipio subrogarase en todos os dereitos e obrigas dos antigos municipios de Cerdedo e Cotobade”. A súa única disposición adicional prevé o nomeamento dunha comisión xestora e que “A dita comisión xestora ocuparase de rexer e administrar o novo municipio ata as vindeiras eleccións locais.” Por Orde de 17 de outubro de 2016 foi designada a comisión xestora do municipio de Cerdedo-Cotobade, e a súa constitución tivo lugar o 20 de outubro de 2016. A Xunta Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade na sesión que tivo lugar o día 24 de novembro de 2016 acordou a confirmación das delegacións efectuadas na Deputación Provincial de Pontevedra dos tributos xa delegados polos plenos dos concellos fusionados e ampliación á delegación para Cerdedo e Cotobade á inspección da liquidación da taxa do 1,5% así como emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada desta, e para Cerdedo a inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada destas. Polo Servizo de Recadación (30/11/2016), Servizo de Xestión de RR.PP. e Inspección (12/12/2016), Servizo Xurídico (14/12/2016) e Servizo de Intervención (16/01/2017) da Deputación de Pontevedra – ORAL, emitíronse sendos informes favorables á delegación acordada. O artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, de acordo co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, prevé que as entidades locais poidan delegar as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación dos seus tributos e demais ingresos de dereito público nas entidades locais en cuxos territorios estean integrados, mediante acordos plenarios de delegación e aceptación e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais da provincia e da comunidade autónoma. O Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime interno, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou o Concello de Cerdedo-Cotobade, segundo se detalla. Concello de Cerdedo-Cotobade: Acéptase a delegación efectuada por acordo da Comisión Xestora, adoptado na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2016, nos seguinte termos: Aceptar a delegación efectuada, confirmando as delegacións efectuadas na Deputación Provincial de Pontevedra dos tributos xa delegados polos plenos dos concellos fusionados e ampliación á delegación para Cerdedo e Cotobade á inspección da liquidación da taxa do 1,5% así como emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada desta, e para Cerdedo a inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada destas. A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, a Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ao pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do consorcio e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. A representación e defensa polos Letrados do ORAL-Deputación de Pontevedra nos procesos xudiciais consecuencia do exercicio das facultades delegadas ou encomendadas será gratuíta para as entidades delegantes ou encomendantes. Os gastos de Procurador, cando fora necesario, serán asumidos polo ORAL-Deputación de Pontevedra. O importe da condena en costas das partes contrarias nun proceso constituirán un ingresado na Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL. En caso de condena en costas do ORAL- Deputación de Pontevedra, o importe da minuta será asumida pola Deputación salvo que a condena en costas fose consecuencia de sentenza desfavorable que teña a súa orixe en trámites, accións ou omisións causadas pola entidade delegante ou encomendante, suposto no que será asumido por dita entidade. Facultar á Señora Presidenta para que formalice o correspondente convenio có Concello así coma os demais documentos que procedan. A delegación efectuada polo Concello de Cerdedo-Cotobade publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6903.- DERROGACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE Sra. Presidenta.- No punto 3 da Orden do día. Derrogación da Ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan, ou as actividades que se realizan no Centro Príncipe Felipe. ¿Observacións?. Entendo tamén que é por unanimidade. O Pleno da Deputación de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 25 de setembro de 1998, acordou prestar aprobación á derrogación do prezo público polos servizos que se prestaban na Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e á imposición e ordenación, no seu lugar, da taxa pola prestación dos devanditos servizos, nese momento como consecuencia da entrada en vigor da Lei 25/98, de 13 de xullo, que modificaba o concepto de taxa e prezo público que establecía a Lei 39/88, de 28 de decembro. Esta ordenanza publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 244 de data 21 de decembro de 1998, e entrou en vigor o día 1 de xaneiro de 1999. Resultando que a ordenanza polos servizos que se prestan no Centro Príncipe Felipe sufriu diversas modificacións desde a súa aprobación coa finalidade de manter actualizadas as tarifas e adaptala á normativa vixente. Entre estas modificacións destaca a aprobada polo Pleno na sesión que tivo lugar o día 27 de outubro de 2004, para adecuala ás novas disposicións previstas no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e publicada no BOPPO, número 246 de data 28 de decembro de 2004, e a última actualización das tarifas aprobada polo Pleno na sesión do día 30 de decembro de 2014 e publicada no BOPPO, número 45 de data 6 de marzo de 2015. Resultando que como consecuencia da incorporación da xestión das instalacións deportivas do Centro Príncipe Felipe ó Servizo de Deportes, a xefa de Sección do Centro Príncipe Felipe a través de escrito de data 14 de decembro de 2016, no que figura o conforme da Deputada Delegada de dito centro xestor, efectúa unha proposta para derrogar a ordenanza en base a que as taxas esixidas polos servizos que se prestan e actividades que se realizan no Centro Príncipe Felipe deberían entenderse como prezos públicos tendo en conta a non obrigatoriedade de súa esixencia e a posible concorrencia co sector privado. Considerando o establecido no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais en relación ó procedemento a seguir para derrogar esta taxa, así como no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e visto así mesmo o informe de Intervención de data 27 de decembro de 2016. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a derrogación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades que se realizan no Centro Príncipe Felipe. 2. O expediente polo que se derroga a ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades que se realizan no Centro Príncipe Felipe exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante un anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, así como nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra, para aqueles que se teñan por interesados poidan presentar as alegacións, reclamacións e suxestións que estimen procedentes. 3. No caso de que non se presenten reclamacións entenderase que este acordo queda definitivamente aprobado sen necesidade de novo acordo expreso. 4. Unha vez aprobado definitivamente o acordo de derrogación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades que se realizan no Centro Príncipe Felipe procederase a publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra quedando derrogada a ordenanza unha vez publicado o mesmo. 4.6904.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP-0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA, NO P.K. 2+550 (PONTEVEDRA). APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO. RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Sra. Presidenta.- No punto 4 da Orden do día. Aprobación definitiva do Proxecto eliminación de paso estreito na EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira, no PK 2+550, Pontevedra. Aprobación definitiva da relación de bens e dereitos afectados, ratificación da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. Resolución de alegacións. ¿Observacións?. Entendo tamén que aprobamos por unanimidade. Por Resolución Presidencial de data 19 de outubro de 2016, nº 2016019453 dáse aprobación á contratación, mediante procedemento de emerxencia, da obra dar conta do proxecto de emerxencia “construción de muro e reposición de terraplén PK 2+500 a 2+650 da E.P. 0018 XEVE – AMIL – ESPEDREGUEIRA (PONTEVEDRA). Este expediente ten a súa orixe no informe proposta da enxeñeira do Servizo donde recolle a necesidade das actuacións con motivo do accidente o día 6 de outubro e que provoca o desplome de parte da estrada provincial causando un grave perigo para a seguridade viaria o que obriga a una inmediata intervención por parte dos Servizos de Mobilidade da Deputación de Pontevedra como titular da mesma. Apróbase un expediente de contratación para reposición do vial e muros afectados a adxudicataria Manuel Vaqueiro S.L. por importe máximo de 180.000,00 euros con cargo a aplicación 16/456.4530.610.02. Compre con motivo das obras citadas a ocupación de varias parcelas, cedidas polos propietarios con excepción dunha polo que houbo que redactar o proxecto, a incluír nas actuacións anteriores, “Eliminación de paso estreito na E.P. 0018 Xeve – Amil – Espedregueira, no p.k. 2+550 (Pontevedra)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 44.517,89 euros, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 43.906,34 euros e capítulo de expropiacións por importe de 611,55 euros, ten por obxecto a mellora dunha zona de estreitamento no citado vial provincial. As obras incluídas no presente proxecto consisten na mellora dunha zona de estreitamento no punto quilométrico 2+550, tendo que ensanchar a estrada e repoñer o muro de contención en dito punto. Por todo iso, e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos e que queda aprobado, inicialmente, por acordo plenario de data 25 de novembro de 2016. Con data de rexistro 12 de xaneiro de 2017 ten entrada escrito de alegacións presentada pola afectada Mª Olga Corbacho Fontán e no que se solicita a modificación da traza concentrando a afectación na parte oeste. Con data 16 de xaneiro de 2017 a enxeñeira do Servizo, redactora do proxecto, informa ao respecto nos seguintes termos: “A estrada E. P. 0018 XEVE AMIL ESPEDREGUEIRA, pertence a rede provincial de estradas da Deputación de Pontevedra. Corresponde por tanto ó servizo de Mobilidade a súa conservación e mantemento. Ás 15.00 horas do día 6 de outubro comunícasenos por parte do 112-SOS GALICIA o accidente dun camión na EP 0018 da nosa rede viaria . O motivo deste accidente foi o colapso do muro de contención da estrada responsabilidade deste organismo da estrada q que é limítrofe coa finca da interesada. Neste intre detectouse ademais un desplome importante no vial afectado e a avaliación técnica que se fixo estima que o resto do treito do vial actualmente está seriamente danado e cunha ameaza de derrube inminente. O risco é moi grave para a seguridade viaria, tendo en conta ademais que o desnivel existente entre o pé do talud e a estrada provincial chega aos 6 metros de altura, podendo afectar á zona de circulación e ás propiedades aledañas. Non se trata por tanto da modificación da traza senón dunha actuación puntual que a corto prazo permita que nese punto quilométrico a sección actual que non chega a 5,00 metros se poda ampliar co fin de poder cruzarse dous vehículos (o que actualmente faise especialmente perigoso cos autobuses e camións que a diario utilizan a vía). A actuación neste punto especialmente conflitivo non evita que nun futuro se aborde dun xeito máis ambicioso a mellora global da estrada provincial e do seu trazado como fai tempo se ven solicitando polos seus veciños.” En base a dito informe e aos razoamentos expostos, proponse a desestimación das alegacións presentadas pola afectada Mª Olga Corbacho Fontán. Sometido a información pública o proxecto e o expediente, e á vista do informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da necesidade de acometer canto antes devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do expediente expropiatorio que conleva, cos bens afectados do anexo. Segundo.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Mobilidade advertindo da premura por razón de emerxencia que reviste a execución da obra. Terceiro.- A declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Cuarto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas ven xustificada pola necesidade de acometer por razón de emerxencia a obra referida. Neste sentido non hai que esquecer que calquera actuación destas características nunha estrada vai supor garantir a seguridade viaria, materia na que está en xogo a vida humana e na que a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Quinto.- Desestimar o escrito de alegacións presentado pola afectada Mª Olga Corbacho Fontán e no que se solicita a modificación da traza concentrando a afectación na parte oeste en base ao informe emitido con data 16 de xaneiro de 2017 pola enxeñeira do Servizo, redactora do proxecto. 5.6905.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO QUE AS CONVOCATORIAS DE AXUDAS A COLECTIVOS SE PUBLIQUEN O PRIMEIRO DÍA HÁBIL DO ANO Sra. Presidenta.- No punto 5 da Orden do día. Moción do Grupo provincial do Partido Popular solicitando que as convocatorias de axudas a colectivos se publiquen o primeiro día hábil do ano. Para a súa defensa ten a palabra, Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Moi ben. Gracias Sra. Presidenta. Bos días. Vamos a ver, a moción que traemos hoxe, en este caso, pois está pensada, recolle un pouco as demandas de distintos colectivos que nos veñen dalgunha maneira solicitando esta medida. Dende hai anos a Diputación de Pontevedra convoca distintas liñas de subvencións e de axudas para entidades deportivas, veciñais, culturais e sociais, en distintos programas. Nós entendemos que, co novo goberno, pois hubo unha serie de cambios e se eliminaron unhas, algunhas das axudas, como era o PAC, cambiáronselle o nome case á totalidade delas, pero sobre todo, fóra deso, nós o que queríamos propoñer era que, tampouco ten que ser concretamente o primer día, pero si que polo menos no, no comenzo do ano, que se saliran e que se sacaran tódalas convocatorias de axudas para, dalgunha maneira, os colectivos poder programar as súas actividades e saber un pouco a que acollerse. E no Boletín do 2015, o 2 de xaneiro, pois viñan distintas bases reguladoras, como podía ser, funcionamento de bens e servicios, e o PAM, o PAC, e nós entendemos que, en este caso, pois se debería dalgunha maneira afrontar un pouco e apostar pola misma liña. Logo nós o que propoñemos é que as convocatorias e axudas de Diputación a colectivos se publiquen o máis cerca do comenzo do ano posible, non ten que ser estritamente o primer día hábil do ano, pero polo menos que sexa no primer mes do ano, poder ter a disposición de tódolos colectivos, en este caso, tódalas bases reguladoras, para así poder ter unha mellor planificación do que son as súas actividades durante o ano. Nós creemos que esto, pois, dalgunha maneira xa se viña facendo anteriormente, seguramente todo se pode mellorar, e nós o que propoñemos é que se recolla esa demanda de certos colectivos para poder facer esas bases e que se fagan ao principio de mes de cada, de cada ano, para poder traballar dunha maneira máis cómoda e máis efectiva por parte deses colectivos. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Evidentemente, o obxectivo ou a preocupación pois compartímola, temos que dicir que esta institución a diferencia, por exemplo, da Xunta, que sempre foi un desastre cos prazos, sempre, pois procurou, procurou sempre dunha maneira ou outra, pois, dar uns prazos razonabeis e sacar as convocatorias o antes, o antes posible. Hai certa falsedade na afirmación do Partido Popular de que se sacaban en xaneiro, eso solo foi no 2015, eu creo que tamén no 2011, porque era ano electoral, cunha tensión sobre os servicios que non é razonabel. Entonces, a idea de que as convocatorias estean o antes posible compartímola, e, xa digo, reforzarémola todo o posible, pero temos que ter tamén en conta a dinámica dos servizos, e explícome, é dicir, se, por exemplo, todas as de cultura saen á vez, pois a consecuencia sería que se resolverían exactamente igual que se resolven agora, atascaría o servizo, co cuál estaríamos, pois en maio, máis ou menos, que debe ser cando se resolven as últimas, e non parece razonabel sacalas todas xuntas sendo, algunhas xa saíron, por exemplo, sendo conscientes de que o servicio non vai poder informalas nun prazo razonabel, que aquí normalmente é bastante áxil, ¿non?, pois se cadra un mes ou o que sea, non tería moito sentido. Entonces, nos seus propios términos non podemos votar a favor desto, porque na práctica sería, ou ben hipertrofiar ós servicios, o sea, si se pudera aumentalos para que despois estuveran o resto do ano practicamente sen traballar, o con moi pouca carga de traballo, e tampouco está creando como moi serias dificultades, porque hai a flexibilidade, por exemplo, en actuacións nos grupos concertados, pois, e igual en outros plans, pois igual o que se faga desde o principio de ano, aínda que non esté resolto despois se lle concede, o sea, se está facendo esa, esa flexibilidade. Entonces, creo que os recursos sempre son limitados e hai que aproveitalos ó máximo. Polo tanto, sacar todo, sacar todo xunto crearía unha distorsión, unha distorsión bastante, bastante seria nos, nos propios servicios. Digo, dentro dun marco de que esta casa en cuestión de liña de subvención, bases, resolución e demais, é bastante áxil, ¿non?, que non está creando os problemas, por exemplo, que estuvo creando a Xunta historicamente, que che daban unha subvención en setembro pa xustificar en, o sea, había que pedir antes de marzo, resolvía en setembro e había que estar xustificada antes do 1 de novembro, cousas dese estilo todos sabemos que pasaban continuamente, que siguen a pasar. Esta casa nunca tuvo ese problema, ahora todos os esforzos por millorar o funcionamento, pois, vámolos, vámolos a facer, estanse facendo, ¿non?, estanse facendo, estos días a Xunta de Goberno, está indo a todas, bases de convocatorias, ¿non?, convocatorias de axudas, de liñas de actuación e demais, que agardemos telos acabadas o antes posible. Pero, repito, é dicir, non é un problema de que non estén previstas de antes, senón que é un problema dos propios servicios, a capacidad que teñen despois para resolver, ese, esa é a, vamos, a dificultade que, vamos, para ordenar o traballo dunha maneira razonabel. Nos términos en que está temos que votar en contra. Logo, nós vamos a facer todos os esforzos para que se faga o antes posibel, pero, xa digo, ponderando o, vamos, a capacidade que teñen os servicios para resolver despois as convocatorias en tempo e forma, e non que se faga unha solicitude un 15 de xaneiro e esté sen resolver hasta maio ou hasta xuño, co cal estaríamos na misma ou incluso peor. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra Sr. Font. Sr. López Font.- Muchas gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. Año y medio después de debatir con ustedes cada moción que recibo me produce un sentimiento doble de indignación, pero también de satisfacción. Y digo de indignación por la manipulación que ustedes hacen de los datos por el bajo nivel político, pero también de satisfacción porque cada moción es una confrontación del modelo que ustedes, del modelo, tiempo, perdón, del modelo que ustedes quieren seguir defendiendo al que nosotros hemos implantado aquí. Y nuevamente en esta moción se vuelve a hacer una manipulación y la utilización de unos datos sesgados con la intención de engañar a los colectivos, y eso sí, parece que se habla en nombre de ellos. Pero como se puede decir que el anterior gobierno publicaba todos los años las convocatorias el primer día de cada año, es falso, lo hacían ustedes en el 2015, año electoral, que ahora me referiré a otras cuestiones. Por lo tanto era con la única intención de buscar el rédito electoral, y las prisas, porque las elecciones son en mayo y no en diciembre, con lo cuál nunca se hizo, no se pude manipular de esta forma, porque nunca se publicaron. Y en el año 2015 ustedes no sólo publicaron las bases el primer día del año con esa intención, sino que hasta el día anterior a las elecciones estuvieron formalizando convenios con concellos que eran un desastre. Yo le invito, Sr. Moldes, a que presenten ustedes una moción en la que evaluemos lo que ustedes hicieron en los cinco meses del 2015, porque firmaron convenios que estaban mal, porque firmaron convenios repleto de irregularidades, tuvimos que suspender contratos, hubo que hacer modificados y retirar subvenciones, pero, ¿de qué ejemplo me hablan de lo que hacían ustedes?, es absolutamente imposible. Y, claro, esta moción, evidentemente, es un ejemplo. Mire, ustedes lo que pretenden con esta moción es crear un enfrentamiento entre los colectivos y este gobierno y no lo van a conseguir, pueden invocar a los colectivos lo que quieran pero nosotros hoy estamos en contacto con todos los colectivos, y le voy a decir, les voy a decir, que hay un grado de satisfacción muy importante en cómo estamos haciendo las cosas, porque las hacemos ciertamente con criterios objetivos, vamos a pasar a lo positivo, a lo que se está haciendo hoy, que ustedes, evidentemente, no son ejemplo. Pero, es que yo me sorprendo, yo les puedo relatar en estas dos hojas que tengo aquí todas las convocatorias que se han hecho a lo largo de los 27 días que llevamos de este mes, de este año, desde el Plan concellos, a servicios sociales, a bolsas de mestres composteiros, por lo tanto, de verdad, es que es una frase que ya hemos dicho en algún momento, pero se la tengo que volver a repetir, ustedes no se enteran de lo que está pasando aquí, pero no se enteran literalmente, yo no sé, claro, los asesores, los asesores están para trabajar y están para ayudar, claro, ustedes tienen asesores, algún asesor que no trabaja y que cobra sin trabajar y, claro, luego llegan estas cuestiones y se nota mucho, que cuando tenemos personal que no trabaja pues se nota mucho. Entonces, mire, en el 2015 esto no fue así como les decía anteriormente, y podría poner muchísimos ejemplos, pero el mejor ejemplo de lo que se está haciendo hoy, y de invocar a los colectivos a los que yo también invoco es que los colectivos están encantados de que las convocatorias de subvenciones sean por criterios claros, y esto es lo que estamos haciendo, y le podría leer, y luego se lo voy a dar si acaso una copia, de todas las que hemos aprobado. Porque lo decía bien el Vicepresidente, lo que ustedes están proponiendo es entorpecer a los colectivos aquellos a los que se quiere defender, pero que racionalidad administrativa sería sacar por sacar todas las convocatorias conjuntas para colapsar el Servicio de Cultura, el Servicio de Deporte, los Servicios Sociales, sería absolutamente inconcebible. Por lo tanto, cuando le decía que a mí me encantan estas mociones que ustedes pregun…, presentan, es que estamos hablando de dos modelos diferentes, y ya sé que a ustedes les aburre lo que yo digo, pero es así. Ustedes estaban en un modelo caciquil que fue el del 2015, en el 2015 el 2 de enero tenían una prisa tremenda porque sus candidatos, sus alcaldes, dijeran a los colectivos de cada uno de los concellos, van a salir estas subvenciones, esto fue lo que ustedes hicieron, y lo que están haciendo literalmente con el tipo de mociones que pregun…, que presentan aquí, pues es muy sencillo, Sr. Moldes, usted, ustedes en el Partido Popular, su jefe provincial les ha dicho que hay que ir a matar en la Diputación, y hay que venir a estos debates a morir, y es, literalmente, lo único que cumplen. Pero lo que están proponiendo es lo contrario de la racionalidad administrativa. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. Saben agora que teñen, si o desexan, tres minutos para réplica, e senón sometemos. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Eu, co permiso do Sr. Mosquera, vou utilizar unha frase que utiliza moito el, eu creo que o Sr. Font, é portavoz do equipo de goberno, hoxe tomou guindillas desas que fala o Sr. Mosquera. Nós traíamos unha, unha moción que era moi construtiva, sin ningún tipo de intención política, pero, bueno, vemos que o Sr. Font pois non desaproveita calquera oportunidad pa poñerse furioso. Vamos a ver, baixe o nivel, non sei ó final, pois xa miraremos cando acabe a lexislatura, a min realmente non me gusta valorar nin poñerlle a xente si baixo, si medio, si nada, eso ó final o vai a decir os feitos, e os feitos nos veñen a dicir que no 2015 un goberno do Partido Popular, pois, publicaba 11 liñas cunhas bases, da que vostede tanto presume, de que vostedes son un goberno de bases, de quitar convocatorias, pois, si, pois eso xa se viña facendo, e no 2015 se quitaron 11 liñas, e agora no 2016 e no 2017 a única línea que se publicou en este caso no mes de xaneiro foi o Plan Pontegal. Logo, vostede pode dicir o que sea, vostede nos pode dicir que somos o goberno dos caciques, pois, bueno, pois, vale, pois somos o goberno dos caciques, pero recorde que vostedes por moito que digan son o goberno que lle quitaron as axudas ós colectivos culturais, que lle quitaron as axudas ós colectivos veciñais, despois digan que vai no Plan concellos, pero resulta que despois cando falan cos alcaldes non saben donde están esas axudas. Logo vostede nos pode seguir insultando, nos pode seguir decindo, en términos políticos, non hai ningún problema, pero é o que é. Despois fala dos asesores, eu non entendo nada, cando se fala dos asesores vostedes se lle molesta, cando queira falar de asesores, pois falamos todos de asesores, quitamos o listado de asesores, os cargos que ocupaban anteriormente e xa todo o mundo quedamos enterados quenes son os asesores da Diputación, quenes son os asesores do Partido Popular, non hai ningún problema, logo, ¿a ver vostede donde se quere meter?. Pola nosa, pola nosa parte non vai a ser, que vostede quere entrar nese fango e empezar a falar de novo de cantos asesores hai, canto cobra cada un, de donde veñen, si son ex-alcaldes, si non son ex-alcaldes, falamos, si vostede quere entrar en eso, falamos, nós hoxe nesta moción non dixemos nada, vostede quixo entrar neso, pero falamos, non hai ningún problema, e falamos a ver de donde eran alcaldes, quen é ex-alcalde, cantos levan vostedes xa neste tempo de lexislatura a ex-alcaldes colocados como asesores, falamos, non era a nosa intención, pero que tontos non somos, ¡eh!, que lle podía dicir algo máis, pero por respecto a todas persoas que están aquí, polo público, pois, non llo vou a dicir, pero os que somos de parroquia, pois, temos un dito pa eso, pero tontos no, ¡eh!, porque, ¡oye!, xa tamén, está ben. Logo, nós traemos aquí unha moción moi fácil, simplemente transmitimos coas reunións que facemos cos colectivos que lle gustaría que se presentaran as bases no mes de xaneiro, simplemente era eso, o demais simplemente o aumentou vostede e o integrou vostede, nós estábamos moi dispostos cunha moción totalmente construtiva. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Se non hai máis intervencións, ¡home!, pois lles prego que si van a intervir mo pidan, porque senón someto a votación. Sr. Font ten a palabra. Sr. López Font.- Sr. Moldes, cariñosamente, hablar de moción constructiva, poner cara de bueno y creer que esto es la bondad máxima no se lo cree ni usted, permítame que se lo diga. Esta moción es con una clara intencionalidad política de enfrentarnos con los colectivos, esta moción es de una demagogia tremenda porque ustedes no han hecho nada transparente mientras han gobernado, y, mire, en esta administración lo mejor que ha pasado es lo publicado en el Boletín Oficial de la Provincia del 30 de diciembre, la Ordenanza general de subvenciones, esto sí que es un cambio, Sr. Moldes, esto sí que satisface a los colectivos. Y, claro, yo le decía anteriormente, habla de no sé cuántas que se publicaron el 2 de enero del 2015, yo tengo 9 aquí, y lamento perder el tiempo en leérselas, porque usted lo tendría que saber, pero mire lo que hemos hecho en 27 días: aprobamos las Bases del Plan concellos 2017, el Plan de cofinanciamiento de servicios sociales, las áreas concesión de ayudas a entidades de servicios sociales, el Plan revitaliza, Pontegal, Conectadas 2017, Bases de préstamos sen xuros, Bolsas de mestres composteiros y 113 puestos de trabajo de la línea tres de Plan concellos 2017. ¿A usted le parece poca gestión esto?. ¿A usted le parece escasa gestión?. Pero claro, ¿cuál es la diferencia?, que esto está hecho con transparencia, que esto está hecho pensando en el calendario de los colectivos, que esto está pensado en ayudar a los colectivos, no en ayudar en la captación de votos, Sr. Moldes, que fue lo que hicieron en el 2015, está pensado en otras cuestiones. Y luego, claro, en esta moción hoy hemos aprobado, en Junta de gobierno, dos cuestiones concretas, y luego viene, en el colmo de la demagogia que me hizo muchísima gracia, en lo que ustedes plantean aquí, diciendo que si le cambiamos el nombre a los programas y demás. No, Sr. Moldes, le cambiamos muchísimas cosas, porque, mire, cuando un programa se llama “Coñece a túa provincia”, lo lógico es cambiar el nombre, porque esto parece de hace dos siglos, y cuando le ponemos, “En ruta coa Depo”, es un nombre activo, pero detrás de todo eso es que hay plazas gratuitas, plazas gratuitas para los que antes no podían optar a esto, cuando ustedes hablan del tema de muller y del tema de Violencia de género, y tenían un programa que se llama, “Pensa en ti”, pensa en ti puede ser de cualquiera, no, el programa se llama Conectadas, porque ustedes gobernaron muchísimos años y no tuvieron un Servicio de Igualdad en esta casa, no lo tuvieron, Sr. Moldes. Por lo tanto, hablemos en positivo y cuando quieran hablamos de los asesores, yo de los asesores lo único que he dicho es algo que usted no puede rebatir, ustedes tienen un asesor que cobra y no trabaja, y nosotros de esos no tenemos ninguno. Gracias. Sra. Presidenta.- Para pechalo debate ten a palabra o Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Sr. Font, polo que, a explicación que nos dá ó final o resumen que me quedo é que vostedes o único que estaban en desacordo era cos nomes, os plans funcionaban de maravilla, pero tiñan nomes anticuados, eran arcaicos, pois, bueno, pois benvido sea, se o traballo que fixeron foi cambiar os nombres, pois vale, pois moi ben, po ano si poden implantar algún proxecto novo, pero, bueno, si todo o que nos poden criticar a eses plans, porque vostede sabe que funcionaban moi ben eses plans, porque aí está o número de demandas, logo, si o que nos poden criticar é que os nomes non son actuales, non son chip, ou non son top, como dirían por aí, pois mala suerte, pois é unha pena, intentaremos preocuparnos por poñer cando nos volva a tocar a gobernar uns nombres máis actuales, máis top para que vostede, pois, en ese caso esté máis en acordo. Simplemente e por non repetirme no de antes, nós o que pedimos e o que presentamos con esta moción, unha moción totalmente construtiva, e en este caso trasladarlle unha petición dos colectivos, e que, por favor, si pode ser que en este caso que esas bases reguladoras salgan no mes de xaneiro. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Eu o sinto, pero é que hai cousas que non poden quedar así aquí enriba da mesa ditas. Mire, nós na área de Igualdade temos posto en marcha ducias de programas que non existían aquí; en Xuventude temos posto en marcha moitos programas que non existían aquí tampouco: exactamente igual que en política social; exactamente igual que en deporte; exactamente igual que na área de Medio ambiente con a posta en marcha de un proxecto extraordinario que está tendo aplausos, non só a nivel estatal se tamén a nivel internacional, como é o Plan revitaliza. Nós temos posto en marcha moitísimos programas novos, e é certo que outros moitos programas, Sr. Moldes, dos que vostedes tiñan en marcha e que nós considerabamos que non había que rexeitar, ¿verdad?, porque un goberno de boas prácticas mantén o que considera que pode seguir funcionando, e o fixemos, e cada vez que falamos deses programas ademais o decimos, Sr. Moldes, eso si, os cambiamos radicalmente no que ten que ver co punto de vista social. Ocurre cos programas de coñecemento da provincia de Pontevedra, nos programas termais, que antes non tiña, ocurre tamén cos programas da Lanzada, que antes non tiñan ningunha posibilidade as persoas que non tiñan recursos de formar parte deles, porque tiñan que pagar unha parte do programa, e nós puxemos 400 prazas en un gratuítas, e en outras, polo tanto, si que os cambiamos moitos e puxemos moitísimos en marcha, e algúns que considerábamos que podíamos seguir adiante modificando dende o punto de vista social para melloralos o fixemos, non, simplemente o quería aclarar porque me parece que estas cousas son boas que as aclaremos para que a cidadanía teña coñecemento delo, ¿non?. Pasamos polo tanto á votación desta Moción do Grupo provincial do Partido Popular. ¿Votos a favor da Moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando que as convocatorias de axudas a colectivos se publiquen o primeiro día hábil do ano. 6.6906.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOBRE RECLAMACIÓN DE REAPERTURA DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM) DE PONTE CALDELAS Sra. Presidenta.- Pasamos, logo, ó segundo punto da Orde do día. Moción do Grupo provincial do Partido Popular sobre reclamación de reapertura do Centro de información ás mulleres (CIM), de Ponte Caldelas. Para a súa defensa ten a palabra a Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Bueno. Eu teño que referirme en esta moción, a verdad, que a vostede. Os seus compañeiros pois dirán, que si eu teño fixación coa Presidenta, e a verdad que non hai nada deso, pero é que é a Presidenta da Deputación e creo que nun tema coma este, pois, merece a pena que fagamos un análisis as dúas. A verdade é que o 10 de xaneiro nos levantamos cunha noticia que nos sorprendeu moitísimo, porque vostede é un pozo de sabiduría, eu xa non digo unha caixa de sorpresas, é un caixón de sorpresas, e a ver si algún día o vai pechando, dende logo, é unha noticia que cando a leíamos, “Silva dice que o PP utiliza de forma noxenta a igualdade”, “que aquí hai un problema laboral e o manipulamos politicamente”, “que somos ruíns”, “que se sinte avergonzada de Feijoo, avergonzada de Rueda”, e dice, pois, “que aquí hai unha serie de fotos donde”, pois, dalgunha forma, “revelan as políticas de igualdade, o pouco que defendemos este Partido as políticas de igualdade”. Eu cando leo eso digo, ¿pero que fixemos mal aquí nós?, ¿cal sería ese alcalde do Partido Popular que cerrou un CIM?, ¿que habrá feito o Presidente da Xunta esta vez?, ¿que habrá feito o Vicepresidente da Xunta?. Pero resulta que no, resulta que foi un alcalde socialista o que pechou un Centro de información ás mulleres. Por eso presentamos esta moción na que queremos decir basicamente dúas cousas, a primeira delas, o primeiro motivo polo que presentamos esta moción é pola gravedade, como vostede dice tantas veces, Presidenta, pero hoxe vouno dicir eu, gravísimos acontecementos, que lle encanta esa palabra, gravísimo esto, gravísimo, pechar un CIM, un alcalde pechar un CIM, en un momento donde por desgracia os asesinatos aumentan, unha decisión incomprensible, irresponsable e inaceptable, ademais de sin razón, nin laboral, nin económica. E eu dende aquí como muller e coma alcaldesa, e coma deputada, insto a este señor, ó alcalde de Ponte Caldelas a que faga, pois, uso da razón e que poña en marcha de novo este centro. Un centro que tiña un orzamento de dous mil, desde 2009 de 200.000 euros, 216.000, que somentes con 3.000 euros, que tiña que poñer ese concello, tiña unha xurídica especialista, unha psicóloga especialista, todos os días da semana, para atender a 700 mulleres que acudiron a este centro. Eu pregunto, ¿e a vostede lle vale que cargue esto e que poña unha xurídica xenérica un día a semana?, si fose un alcalde do Partido Popular, Presidenta, ¿cal sería a súa postura?, pregúntome eu, ¿cal sería?, eu casi ma imaxino. Por eso vostede non pode dicir que ten un trato igualitario para todos, vostede é unha muller partidista, e, polo tanto, o demostra tódolos días na súa xestión, transparencia, igualdade, ningunha. Mire, o segundo motivo de presentar esta moción é porque vostede estivo en silencio, vostede non defendeu ás mulleres de Ponte Caldelas, e vostede mirou para outro lado, pero o que é máis grave é que aplaudiu esto decindo que, ¿cal é o problema?, si isto é un problema laboral e se vai a poder solucionar cunha xurídica. Pero, ¿como se pode vostede conformar con eso?, vostede que tanto presume de defender a igualdade das mulleres. Mire, dende logo que votar balóns fóra, falar do Presidente da Xunta, do Vicepresidente da Xunta, pois xa é algo que estamos acostumados, ahora, mire, eu non lle vou aceptar, nin lle vou a permitir nin a consentir as manifestacións que fai, llo digo como muller e como muller do Partido Popular, nono vou aceptar. E, mire, decir, “uso noxento da igualdade”, oiga, é que non lle acepto que diga eso. Primeiro, saque esa palabra ó lado da palabra igualdade, non lle queda nada ben o de noxento, pero é que eu como muller deste partido non vou aceptar que vostede diga eso, que vostede trate de manchar, pois, solamente por desviar o problema que teñen vostedes. Unha foto, lla enseño eu, esta é a foto de Ponte Caldelas con seis homes e unha muller, ¿por que se mete en este xardín Presidenta?, defenda o que ten que defender. E, lle digo de verdad, eu como muller non vou a aceptar que vostede diga que, aquí no Partido Socialista se defende a igualdade, e ós do outro lado nos tire pedras. Mire, pode presumir de moitas cousas, ahora, vostede defenderá moito a igualdade, pero eu tamén, porque porque salga máis veces aí a fóra a facer minutos de silencio non vai a ser unha defensora da igualdade máis que a que lle está falando, ¡eh!, nin vai a ser máis feminista da que lle está falando, por máis que o repita non o vai a ser máis. Dende logo, se demostra cando hai un problema como o que hai en este momento, e a súa actitude é radicalmente. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Moitísimas gracias. Continuaremos despois. Sra. Presidenta.- Sr. Jácome, ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e todos. Ben, no pleno anterior tratábase de traer aquí debates que correspondían ao pleno do concello de Vigo, desta volta toca Ponte Caldelas. É verdade que este tema debe ser debatido con toda profundidade e toda a seriedade no pleno do concello que corresponde. É verdade, tamén, que o interese da cuestión transcende ao propio concello, e no parlamentiño os diferentes grupos darán resposta a afirmacións como que a Xunta incrementa cada ano os recursos destinados a eliminar a violencia machista. Reiteramos a nosa posición política, non é aceptable para nós que esta institución inste aos concellos a nada, e usurpe as competencias políticas xa de por si moi limitadas das institucións máis próximas aos cidadáns. Moitas grazas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Evidentemente, suscribo todas e cada unha das palabras que acaba expresar o portavoz da, o portavoz da Marea. Pero en este caso, creo que un puntiño de cordura non viría mal. Vamos a ver, o asunto é exactamente o seguinte, Soutomaior ten un centro de información á muller que cubre tres concellos, senón me equivoco, ¿correcto?. Ponte Caldelas ten un só, tiña un só, o ten, para Ponte Caldelas que ten máis de dobre de dotación que o de Soutomaior, ¿correcto?, ben. E, resulta que hai unha asistencia técnica que está prestando ese servicio e que reclama pasar a laboral, co cuál o concello pode facer dúas cosas, ser pasivo cas responsabilidades que pode ter, que senón saben a lei, hai que se cola alguén por esta vía pode haber responsabilidades, ou defenderse xurídicamente, que foi o que fixo, esa é a discusión, o resto, o resto é enganchar con esto pa montar o lío que se queira, ¿verdad?, como é un tema tan sensibel, enganchamos. Que eu sepa préstase mancomunadamente, nunca houbo ningunha falta de cobertura, é máis, podo dicir que falaron con, ca persona que lle, que lle, que, vamos, que estuvo falando ahora, por si en algún momento, interregno, se lle podían pagar un taxi e vir a Pontevedra, maior anonimato aínda, evidentemente díxoselle que si. Polo tanto, esa cobertura do centro de infor..., hóuboa sempre, ¿vale?, é un problema laboral, obviamente, quen ve que non consigue a súa expectativa laboral, o sea, colarse pola porta falsa como funcionario, como laboral, vai mover Roma con Santiago, pero eso vaino facer sea ó centro de información á muller sexa traballo nunha brigada, sexa o que sexa, ¿correcto?. Esa, esa é a situación, esa é a situación coñézoa ó dedillo, ¿vale?, temos máis casos por aí, polo país adiante, de equipos de normalización que pediron pasar, ¿non?, integrarse como funcionarios, ¿verdad?, i entonces resulta que o concello era malísimo porque non se defendía, temos moitos casos desos, moitos, moitos. As expectativas que teña cada un son as que son, pero entrar na administración pola porta falsa é un fraude monumental, máximo ó estar cunha asistencia técnica, máxime, nin tan sequera pasar ningunha proba para entrar de laboral, ou o que sexa, anque sea interino, ¡eh!, é un fraude monumental, e creo que é moi grave, moi grave, ¡eh!, si algo aprendemos, digamos, os estados europeos é que a función pública debe ter unhas normas para entrar, e debe ser por capacidade e mérito e non mediante un contrato, a saber como fixo, que despois pasa a ser fixo, pasa a intentar colarse na administración, eso é o que se está debatindo, non se vai a existir o centro ou non, que si vai a existir dimensionado ás necesidades, que estaba sobredimensionado, pero eso é unha discusión que terán que ter no concello de Ponte Caldelas, ¿vale?. Ahora, deso, dese problema estritamente laboral, ou de aspiración de colarse pola porta falsa na administración, deso, pasar a montar un alboroto sobre o centro de información á muller, e incluso falar da violencia machista, ou sea, que, como se sabe si hai un centro de información pois os homes se portan todos de maravilla, todos, todos, todos, e ningún fai nada de violencia. Entonces teríamos o problema resolto, os concellos que temos o centro non teríamos ningún problema, a ver, a ver, a demagoxia xusta. Repito, co mismo que empecei, é dicir, vaian a discutir ao concello de Ponte Caldelas que teñen unha representación numerosa, numerosa, creo que de trece creo que teñen seis, teñen seis concelleiros alí, vaino discutindo alí ou, se hai subvención da Xunta, discútano na Xunta, pero vir aquí a discutilo e demais, ahora, en esta clave, nesta clave, non é serio señores, non é serio. Donde gobernan ustedes se defenden frente a intentos de colarse na administración en falso e resulta que a oposición se lle mete, desde logo non contarán co apoio noso, ¡eh!, ou meu polo menos, non contarán, ¡eh!, na administración pública éntrase por mérito non colado pola porta falsa. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Sra. Abelairas ten a palabra. Sra. Abelairas Rodríguez.- Moitas gracias Presidenta. Bo día a todas e a todos. Non vou a repetir os argumentos do Sr. Xácome, co cuál concordo completamente, pero si engadir solamente ó que acaba dicir o Sr. Mosquera, que ese problema que é estritamente laboral foi, non foi resolto polo anterior alcalde do Partido Popular. Sra. Arévalo permítame que me dirixa directamente a vostede, ser muller non lle dá un carné que defenda as políticas feministas. Antes, decía o meu compañeiro, falaba de que obedecen vostedes ao seu xefe político, a verdade que eu teño que agradecerlle ó Sr. Rueda que lles dea a orden de que … de que veñan aquí como camicazes, porque así nos permiten desenmascararlos, e poder demostrar que ten vostede moi pouca vergonza. Mire, eu voulle engadir ademais desa política que usted di que é noxenta, voulle dicir unha cousa máis, inmoral, o que están vostedes facendo nas políticas de igualdade, e aproveitando a discriminación que existe con respecto á muller para facer non sei que tipo de política e ir en contra de que. Efectivamente, Sra. Arévalo, ten vostede fixación coa Presidenta, ten un problema grave vostede coa fixación na Presidenta. Pero, mire, a Presidenta ademais de ser muller o que fai é diseñar políticas i colaborar e participar para que todas as mulleres da provincia de Pontevedra se sintan apoiadas en todas aquelas reivindicacións. E si, Sr. Moldes, mire que diferencia, un programa Conectadas que tiñan vostedes algo tan sinxelo como, nese programa, meter como obligatoriedade horas de formación, horas de formación en igualdade, non teñen vostedes ningunha vergoña de vir aquí a falarnos a nós de que non facemos, nin colaboramos, nin apoiamos, cos centros de información da muller. ¿De quen son as competencias Sra. Arévalo?, da Xunta de Galicia. ¿Como poden falar de igualdade cando a súa Ministra, a Ministra, que non sei nin como se chama, Dolores non sei cantos, vai ó Senado a decir que son vostedes el adalid da igualdade, e oito días despois vai o Sr. Montoro e retira as subvencións que lles dan ás pequenas e medianas empresas para que favorezcan políticas de igualdade?. Vinte e catro horas máis tarde retira as subvencións para aquelas asociacións que loitan contra a brecha salarial, a única maneira de ser iguales é que cando se traballa o mismo se cobre exactamente o mismo. Por eso, Sra. Arévalo, permítame que lle diga que teñen moi pouquiña vergonza, e que leccións as xustas en canto a políticas de igualdade, porque siempre foron as políticas do Partido Socialista as que consiguen e intentan loitar contra esa lacra. Por eso, nós ímoslle presentar unha emenda á totalidade desa moción, e someteremos a votación a proposta que lles foi entregada na que solicitamos; Instar á Xunta de Galicia a que configure unha rede autonómica integral, porque son competentes, porque que é a competencia da Xunta de Galicia, que garante a atención ás mulleres en todos os concellos de Galicia. Instar á Xunta de Galicia a que faga unha dotación económica suficiente para o bo funcionamento destes centros que garanta as necesidades de persoal e mantemento das instalacións, e que os concellos poñan a disposición dos centros de información á muller que teña continuidade e estabilidade máis alá do horizonte temporal, porque lle recordo que remata no ano 2020, pasado mañá, do Fondo social europeo, sobre todo cando se amplía a súa atención a outros colectivos. E darlle traslado á consellería. Terceiro, dar traslado á Consellería de benestar social e o Presidente da Xunta de Galicia deste acordo. Porque é necesario configurar unha rede autonómica integral e equilibrada de todos os centros de información á muller, unha rede integral na que todos os concellos teñan servicios que dependa da Xunta de Galicia, e que deberá artellar un reparto territorial cos recursos suficientes, equilibrados, para todos e cada un deles. Mire, de 61 municipios que ten a provincia de Pontevedra só 35 forman parte da rede de centros de información municipal actuales, 21 de xeito individual, e 14 mancomunados, e 27 deles non teñen nada. Esiximos, por tanto, á Xunta de Galicia que é a única administración que ten competencia nesta materia, non nos enreden, non nos veñan a decir bobadas, nin veña vostede a, coa escusa de, son muller son feminista, no, hai homes que tamén son feministas, non só por eso, e quítese esa teima da cabeza que con eso non imos a ningún sitio. Si tratamos de axudar, si tratamos de colaborar, de participar, e de verdade nos preocupa, nos preocupa a igualdade traballemos sobre eso. E sobre todo exíjalle ó seu goberno, exíjalle á Xunta de Galicia, exíjalle ó seu goberno en España, que non siga recortando, e que de verdad apoie, apoie a loita contra a violencia de xénero, i apoie a igualdade efectiva entre mulleres e entre homes. Sra. Presidenta.- Gracias Sra. Abelairas. Temos ahora o turno de réplica. Ten a palabra Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias Presidenta. Mire, Sr. Mosquera o que vostede dixo máis grave aínda do que se veía todos estos días nos medios. É dicir, ¿como solucionamos un conflito laboral?, cargándonos o centro de información á muller, eso é o que vostede dixo, e eso é o que estamos a denunciar nós aquí, e eso é o que estamos pedir, instar ó alcalde a que restableza un servicio tan importante. Xa sei que non lle gustan as mocións que presentamos, pois, mire, ten que aguantarse porque é o que hai, nós consideramos que é algo que se ten que falar aquí, consideramos que é algo que hai que defender aquí, e consideramos ademais que un alcalde socialista que goza do apoio en todo momento da Presidenta, creo que todos recordamos esa, ese aborto que foi o final desa reunión que, por instrución seguramente que da Presidenta da Deputación intentou poñer en marcha, xa que se prestan a ese tipo de cuestións, que se preste tamén a chamarlle ó orden en algo tan delicado como este. Mire, Mosquera, non é serio, traer esto aquí non é serio, ¿pero como dice que non é serio?, ¿pero como é posible que diga que eu que non son seria por traer unha moción aquí que defende a igualdade entre as mulleres, e que defende o que estableza de novo un centro de información a muller en Ponte Caldelas?. O alboroto que vostede dice que montamos foi o que montou o Partido Socialista, porque mire, esta moción, da que me vou a referir ahora, esta é unha emenda aquí e moción en todos os concellos, esto é un circo que se acaba de montar que, dende logo se solucionaba moito máis fácil resolvendo o problema de Ponte Caldelas, pois no, collemos a bandeira de outra vez, nós somos os que defendemos a igualdade, non podemos aceptar que apareza unha crítica como esta, e resulta que presentan unha emenda que de entrada non saben nin sequera de que a Conselleira de benestar social, o Conselleiro en este caso, non é responsable de igualdade. Sra. Abelairas, vostede votou un ano e medio sin ter contido ningún nas súas comisións, tuvo moito tempo para traer unha petición destas, ¿por que a traen ahora?, porque o que queren é lavar a cara, porque, dende logo, a crítica que lle estamos a facer ten toda a razón do mundo, entonces, pois en vez de solucionalo montamos este circo, Sr. Mosquera, este circo. Mire, non fale de Rueda que nos pon aquí en orden para que tal, mire, Alfonso Rueda, Sra. Abelairas non é Abel Caballero, eu sei que está acostumbrada a esas fórmulas, pero non son as que practicamos en este partido. Mire, trate de non ser, trate de non decirme que teño pouca vergonza, porque a verdad é que non queda nada ben como muller que trate de facer eses comentarios de pouca vergonza política i moral. Mire, a realidade é que o señor que lle representaba, do Partido Socialista, Touriño, invertía 1.800.000 euros para políticas de igualdade aos concellos, e Núñez Feijoo invirte 4.300.000 euros. Entón, ¿de que me están a falar Sra. Abelairas?, o que, si, eu lle insto a que utilizar o carné por ser muller eu nunca o utilizo, outra cousa é que como muller teña dereito a defender aquí unha causa como esta, pero a Presidenta si que utiliza ese carné, comigo non pode porque son unha muller, pero cos homes utiliza ... Sra. Presidenta.- Finalizou o seu tempo Sra. Arévalo. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. A ver, sacar as cousas de quicio, ¿verdad?, do contexto exacto no que está é una técnica como outra calquera, o malo cos feitos son os que son, o sea, o concello de Ponte Caldelas tópase con unha reclamación de dúas persoas que estaban cun contrato de asistencia técnica, o sea, externos totalmente ao concello que queren pasar a laborais, ¿correcto?, queren quedar fixas, queren entrar pola porta falsa na administración, o concello ten que defenderse, é a súa obriga. Sra. Nidia usted é alcaldesa, se a asesoría xurídica lle di ante unha reclamación dese tipo que o millor é actuar da maneira A, B, C, ¿usted que faría?, todo o contrario, todo o contrario, si, seguro, seguro, se cadra despois iban a inhabilitala, ¿verdad?, se cadra iba inhabilitada por permitir colar xente, que o xuzgado diga que si no futuro, xa o veremos, pero ela ten que defenderse, e creo que todos os que están aí que son alcaldes, saben perfectamente de que estou falando, ¿correcto?, eso é o que hai. Entonces, deso, como é un tema moi sensible, montamos unha montaña, montamos unha montaña, vale, repito, repito, a asistencia non, senón o centro non o hai en Ponte Caldelas, tampouco o hai en Vilaboa, vaise prestar, vaise prestar, polo tanto estase prestando, polo tanto é un problema estritamente laboral, ahora que se aproveite para montar, incluso enganar á xente que está a distancia, e, ¡uy!, é que é suprimir, é facer non sei canto, é dicir, bueno, entonces, porque o concello, os concellos que hai que non o teñen, que llo presta outro concello do lado de maneira mancomunada, ¿que pasa?, son todos uns desalmados e están en contra da ... Miren, un pouquiño de seriedad, xa sei que o mundo está moi complicado, que colarse na administración pública pola porta falsa da pa pelear o que sexa, incluso ir facer campañas. Tamén teño que dicir que o concello de Ponte Caldelas si se quere, e facendo unha excepción moi forte a política de comunicación que fixo con respecto a ese tema foi francamente floxa, porque eu sabía perfectamente a historia e está clarísimo son, é un problema estritamente laboral, e nin laboral, é un problema de intentar colarse na administración pública pola porta falsa, non hai máis, non hai máis, nin menos, e por eso digo que non é serio, porque ustedes calquera ante un problema de este tipo, se ten que actuar como o alcalde, faría o mesmo só pena, só pena de inhabilitación, nin máis nin menos, o sea, bárbaro, o sea bárbaro, calquera faría o mismo, o sea se a Asesoría Xurídica, se a Secretaría lle di que ten que actuar así, faríano así, faríano así, a menos que se queira meter na boca do lobo, di, no, eu son máis alegre que pouco, e que me inhabiliten por permitir colar xente pola porta falsa na administración, creo que está claro. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- O que é realmente triste, pero absolutamente triste, é que un problema laboral que tiña que ser resolto un alcalde do Partido Popular se utilice, se utilice “en aras da igualdade”, non entenden vostedes absolutamente nada, nada, de políticas de igualdade. E, repito, é unha inmoralidade, e si que é noxento utilizar un problema estritamente laboral para falar vostedes de igualdade, non teñen vergonza política, vólvollo a repetir, non teñen vergonza política, o Partido Popular crea o problema e o Partido Popular tenta sacar rédito cunha demagoxia en estado puro i absoluto. Porque vostedes teñen recortado o orzamento destinado a accións para igualdade, para a protección e promoción da muller nun 17%, bote a man a cabeza porque é para chorar, é realmente para chorar, e non falo do que teño … en servicios sociales que afectan fundamentalmente ás mulleres, i que a vós, a vostedes non lles preocupa absolutamente nada, que vostedes están recortando, deixando que pasen todas as políticas que tratan de igualar, acercar, acercar o salario das mulleres ao dos homes, e non din absolutamente nada. Recortan vostedes en materia educativa e non din nada. Recortan vostedes en todo e non din nada. Mire, non iba nada, a esa comisión da que vostede fala, porque os programas falan por si solos, porque en un ano e medio que estamos a Diputación de Pontevedra, donde non existía área de igualdade, os programas que levamos feitos desde a creación da Escola de formación María Vinyals remítome ós xornais de hoxe para que vexa vostede o que estamos facendo, como estamos implicando ás mulleres, a os homes, a todos os colectivos que teñen no seu futuro gobernarnos a nós, que son os alumnos e as alumnas, con accións moi concretas sensibilizando á cidadanía en materias de igualdade, programas destinadas a todas i a todos, 25 accións a 25 concellos, por certo, sin ningún tipo de discriminación. E tocáronlles casualmente a dous concellos do Partido Popular, cal foi a sorpresa de que intentaron hasta boicotealo, así que leccións ningunha, e xa, repítolle, ser muller non significa ser feminista, ser feminista significa defender a igualdade efectiva entre homes e mulleres, e eso si é ser feministas. Sra. Presidenta.- ... (Non se escoita). Sra. Arévalo Gómez.- Moitas gracias. Bueno, a verdad que si que é moi triste, deputadas e deputados, é moi triste que o único que levan facendo desde que se abriu este debate é desviar a atención, desviar, desviar, desviar. Falamos aquí de non sei cantas cousas, Sra. Abelairas, de non sei cantas, porque, porque o único que fan é desviar. Sr. Mosquera, mire, o conflito laboral, ou o problema laboral, o que ten o alcalde é resolvelo, e si esas personas non poden continuar que chamen a outras, ahora non se trata aquí de falar do problema en si, porque un alcalde ten que gobernar e ten que resolver, do que se trata é de facer un chamamento a restablecer un servicio tan importante como é un centro de información á muller, e lles volvo a decir, si chega a ser un alcalde do Partido Popular, a que vostedes houberan montado. E, polo tanto, non veñan aquí a decir cuestións de que parece que estamos utilizando politicamente, oiga, mire, Sra. Abelairas, eu estou aquí porque son política, non son panadeira ou zapateira ou perruqueira, estou aquí sentada porque defendo os intereses, oiga, non me mal interprete, non me mal interprete, non estou dicindo eso. Sra. Presidenta.- No, no, perdone, señora, espera. Sra. Arévalo, espere que quero que estén calados, por favor, non están, non están en uso da palabra, ten a palabra a Sra. Arévalo, déixenlle que continúe co debate. Gracias. Sra. Arévalo Gómez.- Estou aquí porque me puxeron aquí os veciños e veciñas de Pontevedra, e, polo tanto, ao marxen da profesión que teña cada un, lle quero decir que estamos aquí para defender os intereses, por eso é o lugar de debate, o lugar de defensa, e por iso inda que non lle guste, e botaban vostedes pois todo o tempo da intervención desviando a atención, esto non é un problema laboral, é un problema político, e aquí temos todo o dereito do mundo de facer ese chamamento. E, miren, leccións tamén lle digo eu que as xustas, ¡eh!, a bandeira da igualdade a min nadie me vai, nadie me vai a decir que nona leve, desde o ano 99 levo traballando por esa cousa dende o concello de Mos, e dende a Deputación de Pontevedra, así que presumir podemos presumir do que queiramos, pero non agredamos cando non teñen ningún tipo de razón, nin de argumentos para decir o que están decindo nos medios, e lle pido respecto político, e respecto político ás políticas de igualdade. Sra. Presidenta.- Rematou, rematou o seu tempo Sra. Arévalo. Entendo que non acepta vostede a emenda que lle presentaron, inda que o Secretario do pleno plantexa que cando se presenta unha emenda está debería poñerse a votación, eu considero que non, porque eso significaría que o grupo da oposición non pode presentar as súas emendas, perdón, as súas mocións, e que sempre sairían as emendas da maioría i eso me parece que impediría a acción de control á que ten dereito a oposición. Rexeitada a emenda presentada, pasamos a poñer a votación nos seus términos a moción presentada polo Grupo Popular. Así que, ¿votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. Queda rexeitada por 15 votos en contra e 12 abstencións. Eu considero que a este pleno, como Presidenta, se está incumplindo o reglamento na presentación de mocións que se fan, está claramente delimitado no reglamento que é unha moción, que é un rogo e que é unha pregunta, e, polo tanto, atendendo á reclamación, perdón, a reclamación non, á reflexión que facía o Sr. Xácome, pero que tamén facía o Sr. Mosquera e a Sra. Abelairas, insto á Xunta de Portavoces a que definan con claridade cales son as mocións, o contido das mocións, porque certamente non cabe no reglamento desta Deputación que unha moción poda instar a un concello, ¿verdad?, non cabe, atendendo ó espírito do reglamento. Polo tanto, eu fago un chamamento para que na Xunta de Portavoces traten este tema, e definan con claridade esta cuestión para que esto non volva a acontecer. Por certo, sin ningún ánimo de impedir calquer tipo de debate, ¿verdad?, porque se pode facer a través doutros instrumentos, así que eu os insto a, Junta de Portavoces a que se reúnan e delimiten con claridade esta cuestión. Ben, debatido este punto e votado. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), e cos votos a favor do PP, a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) sobre reclamación de reapertura do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ponte Caldelas. 7.6907.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA INSTAR Ó GOBERNO DA DEPUTACIÓN A POTENCIAR O TURISMO DA PROVINCIA E A RETOMAR AS XUNTANZAS COS REPRESENTANTES E MEMBROS DO SECTOR TURÍSTICO Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto sétimo da Orden do día. Tamén unha moción do Grupo provincial do Partido Popular, para instar ó goberno da Deputación a potenciar o turismo da provincia e a retomar as xuntanzas cos representantes e membros do sector turístico. Para a súa defensa. Espere Sr. Mosquera, o Sr. Figueroa, perdón, ten vostede a palabra Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si. Bos días a todos e a todas. Fai uns meses nós presentamos unha moción neste pleno con unha proposta algo parecida, pero que é moi distinta porque eran outros momentos, momentos donde nós plantexábamos que o turismo, que é un sector estratéxico dentro da nosa provincia, da provincia de Pontevedra, hai que dar datos, eu o repito continuamente, porque cando miro informes, miro documentos, incluso peticións, pois non se plantexan nesos datos, nesas informacións, e a min me da un pouco de, de rabia, é dicir, dígoo personalmente, porque creo que o turismo é un sector que temos que seguir potenciando, e temos que seguir potenciando conxuntamente, non é un sector donde se poida facer individualmente, é dicir, o que entenda que o turismo ten que facerse individualmente a súa proyección e a súa promoción, está totalmente errado. E creo que con esa, esos criterios que, que nós entendemos, dende o Grupo Popular, pois dar algúns datos, algúns datos donde o turismo significa o 12% do PIB da provincia de Pontevedra, xenera casi 2.200 millóns de euros en ingresos e gastos, e ademais pois ten unha, representa un emprego total en torno ó 12% da nosa provincia. É unha actividade, a turística, que alcanzou niveles, incluso a nivel de ranking nacional, nós entendíamos cando chegamos aquí, hai uns cuantos anos, que un dos sectores que tiñamos que promocionar era o turismo e así o fixemos, o fixemos dunha maneira clara e contundente, é dicir, había unha oficina ó pasar, pois, esta alameda, donde había tres persoas que traballaban para o turismo da provincia de Pontevedra, e sin presuposto, é dicir, a Diputación non tiña presuposto no seu capítulo habilitado, en ningún dos capítulos, valga a redundancia, desta casa. E, se fixo pois o primeiro ano, nese presuposto se incrementou dunha maneira considerable e se tomou unha decisión, unha decisión de buscar unha ubicación permanente, unha ubicación fixa, unha ubicación que fose pois a referencia do turismo na provincia de Pontevedra, nas Rías Baixas, que é outro tema que tamén quero falar do que significa a marca, e así se fixo, se fixo, se comprou o Palacete das Mendoza, que creo que é unha referencia hoxe xa no turismo a nivel provincial, a nivel galego e a nivel nacional, e así empezamos a traballar, dotando de medios humanos, de medios económicos, e, bueno, pois se empezaron a facer referencias, e a por en valor o que era a marca Rías Baixas. ¿Que era o marca Rías Baixas?, pois era unha marca donde estaba aglutinado todo o turismo da provincia de Pontevedra, pero non sólo esto, porque despois se fixeron unhas campañas de promoción que todos ustedes sabrán, con viños Rías Baixas, con Anfaco, donde se contemplaba todas as Rías Baixas dentro desa marca ligada ó turismo, á gastronomía, á restauración, e creo que funcionou francamente ben. Tamén fixemos unhas campañas de promoción do Noroeste peninsular, donde ó final pois marcábamos todo o Noroeste peninsular porque considerábamos que a dous, tres horas, pois era unha boa campaña de, de captación de posibles clientes, de posibles turistas. E creo que ese foi o traballo que se fixo, e ese traballo nós o dicimos coa crítica que consideramos en profundidade que debe ser que, a estratexia de vostedes non está clara, non está definida, eu creo, sinceramente, que é por un erro, eu o entendo así, de plantexamentos, dos obxectivos que marcaron que non se cumpriron cos obxectivos que loxicamente nós levabamos traballando durante moitos anos, co tema da marca Rías Baixas e co tema da promoción das nosas campañas. E creo que iso é o que aquí queremos criticar, queremos criticar, claramente, que o goberno ten que planificar, o goberno ten que planificar os obxectivos turísticos a medio e a longo plazo, non pode improvisar a corto plazo o que se está a facer, e creo que é un erro dunha magnitude grande, porque ese traballo que se fixo durante moitos anos pois ten que ter a súa continuidade. E tamén lle digo unha cousa, e llo digo con valentía, vamos a falar das Pousadas, as Pousadas é un elementos turístico importante que hai que reforzar, que hai que por en valor e que hai que por en funcionamiento de cara ó futuro. Polo tanto, nós entendemos que sería bo que co sector turístico se volvese a reconducir todas aquelas reunións que tuvemos, que empezamos cunha xuntanza no Castelo de Soutomaior, e que creo que foi moi positiva, que todos os anos se facían aquelas xuntanzas, despois se mellorou o tema de calidade, se melloraron moitas propostas que se puxeron en marcha, e creo que o sector estaba satisfeito nunha maneira clara. E tamén, non me vai a dar tempo, pero falaremos tamén dos camiños de Santiago, polos camiños portugueses da costa, que creo que tamén é un tema importante que ultimamente se puxo de actualidade. Polo tanto, vamos a seguir e vamos a continuar. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Figueroa, logo pode continuar vostede no turno de réplica. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. É unha moción un tanto desenfocada, explícome, é certo, o BNG estuvo no Patronato moito tempo, hasta que se disolveu e fixemos as nosas aportacións, e é certo que hubo unhas ideas relativamente claras, relativamente claras, vamos a deixalo aí, para orientar o turismo, e o Sr. Figueroa pode acordarse que incluso fixemos algunha actuación conxunta co concello de Pontevedra, que creo que tuvo moi bo resultado, por outro lado, e demais, ben, pero eso é historia. Entonces, vén aquí a defender o que fixo, bueno, tuvo as súas luces e as súas sombras, en conxunto podemos incluso aceptar a valoración, aceptamos a valoración, é positiva, pero de aí deducir que o das Pousadas foi un acerto ou deducir que todo o que se fixo é absolutamente, foi absolutamente certeiro pois, en todo caso, creo que é un asunto que está zanxado, está zanxado, é dicir, ahora hai outra xente que leva a responsabilidade, que o leva coa millor intención, e co millor esforzo, que, según a nosa valoración está indo ben, está indo ben, o sea, como xa viña un traballo previo tamén, claro, en turismo non se fai nun ano, nin se fai en dous, nin se fai en tres, ¿non?, eu teño gravado aquelo de cando se fixo a promoción digamos masiva do Levante máis de Mallorca que se pasaron anos, e anos, e anos, e anos, anos, aquel, ¿non?, aquel cadro de Miró, e máis aqueles, foi un posicionamento feito, un posicionamento, pero que leva moitos anos. Bueno, en estos momentos está indo ben, e non entendo as críticas, digamos, a que haxa que facer o mismo ou que que haxa que facer, digamos, o que vostedes, o que vostedes din. En todo caso estamos abertos, estou falando polos compañeiros de goberno, pero estamos sempre abertos como goberno a aportacións e demais, pero esa crítica, eso, é que estaba, faciámolo todo moi ben, pero ahora como que hai que millorar o que se fai para facer o mismo que facíamos, creo que é un retroco, ¿non?, que non é, non é correcto, non é correcto, ¿non?, estar mirando pa atrás continuamente, creo que non é o asunto, o asunto é mirar para diante, de atrás para aprender, do que se fixo ben e do que se fixo mal, dos erros, e mirar pa diante, pa diante non hai nada na moción, que se faga, que se, en fin. E polo que nos explica ahora para que o que se está propoñendo é, sigamos facendo exactamente o mismo, home, home, si nos pudéramos desfacer das Pousadas non volviamos a facer o mismo, sabémolo perfectamente, en vez de meter 18 millóns con 2 millóns arreglábamos uns hoteis e non tíñamos un marrón enriba, ¡eh!, hai cousas que non, que son indefendibles. Entonces, creo que é imprudente, non sei, non sei exactamente de que se quere falar, o sea, parece que dá a sensación de como se foi a FITUR, que tuvo moita repercusión mediática, ou non tuvo, entonces ahora enganchamos pa falar desto, para deslucilo ou non deslucilo, francamente, creo que é un pouquiño triste a moción, dígoo con toda, con todo o cariño e con toda, vamos, a clareza, ¿non?. Xa nos gustaría votar a favor, xa nos gustaría que se faga unha proposta e dicir, ¡hombre!, que idea máis boa, vamos a recollela e integrala, pero non hai ningunha dese tipo na moción. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidenta. Bo día a todas e a todos. Eu desde logo, quero comezar dicindo que aquí se vén a falar nun tono, pero o certo é que estes días nos medios de comunicación o tono foi moi distinto, e, polo tanto, vou a falar con toda a claridade, cando digo con toda a claridade, con toda a claridade. E o primeiro que teño que suliñar é que señores e señoras do Partido Popular, foi tal o éxito que tivemos en FITUR, en FITUR 2017, que vostedes viron, mismo, que eclipsamos á Xunta de Galicia e ó seu Presidente, a Núñez Feijoo, e vostedes non soportan os éxitos desta Diputación, nonos soportan señores e señoras do Partido Popular. E a verdade é que esta moción resulta, perdoe que o diga con toda a claridade, bastante ridícula, e no me sinto triste, me sinto alegre que presentaran esta moción. En primeiro lugar, porque demostran vostedes un descoñecemento absoluto de todas as accións que estamos a desenrolar, certamente son vostedes os únicos que non se enteran, e a verdade que nonos sorprende, vostedes de traballar entenden pouco, vostedes o único que fan é enturbiar a vida política, e afirmar como vostedes dicen, que os gobernos do PP fixeron unha gran labor pa potenciar o sector turístico da provincia, eso é simplemente irrisorio. Vostedes o que deixaron foi moitos problemas, moitos problemas que resolver, irregularidades no proxecto das Pousadas, criticado por os propios empresarios do sector e alcaldes e alcaldesas deses municipios. Vostedes deixaron unha promoción errática baseada en accións conxunturais para maior gloria do goberno do Partido Popular, un proxecto para os xacementos arqueolóxicos, cheo de dificultades que ahora temos que enderezar. Unha visión anticuada do turismo, moitos gastos inexplicables, unha páxina web inútil e moitas rodas de prensa nas que nada se apostaba, ademais unha relación partidaria cos seus achegados. Desde que nós chegamos e diriximos a área de turismo chegou a modernidade, a creatividade, unha mirada integral do turismo, o uso das novas tecnoloxías, unha opción, unha promoción intelixente, é o que nos está situando ademais como un referente. O pasado mes de setembro presentamos un plan básico, o Plan director, que era un documento interno de traballo que conte un análises pormenorizado das fortalezas, ameazas, debilidades, oportunidades do noso destino, que contén os obxectivos estratéxicos a desenrolar, os produtos turísticos a promover e o marco de traballo a diseñar co resto das institucións e co conxunto do sector, eso foi o que presentamos en setembro, ese mismo día anunciamos que ese Plan director, documento de traballo interno, sería a nosa guía pa a elaboración dun plan estratéxico para o turismo da provincia que ibamos a elaborar co sector e cos concellos. E iso é o que estamos a facer, sacar a concurso a elaboración do plan estratéxico anunciado, e o que si, que non facemos nós, é o que fan os seus amigos da Xunta, que levan 9 meses elaborando un plan estratéxico pa Galicia, e ter que pasar a vergoña allea de que 9 meses dispois de telo posto en marcha o volte anunciar como unha gran novidade o Presidente da Xunta en FITUR. Eso si que é para ruborizarse. Nós ó mesmo tempo que elaboramos un Plan director que sinala as nosas líneas de traballo, e imos elaborar un plan estratéxico, temos feito ducias de actuacións, e o saben, se vostedes traballaran un pouquiño se enterarían, pero non o fan, porque a vostedes se lle vai toda a forza en intentar destruír, aínda que o único que fan é destruírse a vostedes mesmos. Nós temos en marcha proxectos de desestacionalización de potenciación do destino Rías Baixas, de comunicación turística con presencia en medios especializados a nivel nacional e internacional, temos modernizado a páxina web de Turismo Rías Baixas, que ahora si é usada e visitada. Promovemos o turismo en todos os concellos da provincia, en non sólo nos que gobernan os nosos como si facían vostedes. Estamos presentes e con calidade en FITUR, onde somos referencia do bo facer, e trasladamos unha imaxe de modernidade e apostamos por un proxecto turístico adaptado ás novas demandas dos turistas nacionais e internacionais, apostamos por o talento da nosa provincia, usamos os recursos públicos con rigor e con seriedade, porque, por exemplo, vostedes o que facían cando ían a FITUR é pagar comilonas, eso non o facemos nós, e ademais os asistentes eran consortes dos diputados e diputadas no Hotel Ritz, e dende logo, a todos se lle pagaba o diñeiro, o billete de avión, hotel, gastos e ademais regalos. Esta é a promoción que facían vostedes señores do Partido Popular do turismo desta provincia. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Santos. Para a réplica. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, desde logo, acaba de facer, Sr. Santos Héctor, o que non hai que facer en política, pero vostede o acaba de facer, é dicir, podemos falar do que queira, é dicir, abrir debates, falar de, de todos eses asuntos que vostede di, que acaba de enseñar ahora nunhas fotos, a min me parece lamentable, de verdad, lamentable que este debate de turismo nas Rías Baixas poida ir por primeira vez desde que eu estou aquí nesta casa, que xa son bastantes anos, incluso o Sr. Mosquera o sabe, de debates duros, que vostede poida facer unha afirmación como acaba de facer, eu espero que o retire, que o retire pola súa conciencia, pola súa tranquilidade, e sobre todo pola forma de actuar nas institucións. Eu creo que sempre me caractericei por ter debates incluso duros en momentos determinados, pero sempre respectuosos coas personas, sempre, sempre, nesta casa nadie me pudo dicir nunca, nin señalar, que un debate duro personal, senón debates políticos, como teñen que ser, e ademais que creo nesa forma de traballar, e nesa forma de facer política. Que vostede diga que é triste, ou alegre, Sr. Mosquera, bueno, Sr. Mosquera, nós fixemos o traballo que tiñamos que facer, e o que lle digo, si que lle digo, que por suposto que nós estamos abertos a buscar acordos, consensos, con respecto ó turismo, porque o turismo é fundamental para a nosa provincia. E se acaba de demostrar con datos, nós demostramos con datos, co que se fixo, e por suposto que hai unha marca Rías Baixas que hai que seguir potenciando, e que hai que seguir potenciando dunha maneira clara, concreta, e unido ó sector, o dixen na primeira parte da intervención, que temos que traballar unidos, individualmente non se acada ningún resultado con respecto ó turismo e se comprobou. E creo que cando hubo un momento de crisis nesta provincia o turismo foi un dos sectores que aguantou mellor a crisis, e aí está, e sempre facemos o debate do sector da automoción, de outros sectores, do naval, etc., etc., e ó final nos olvidamos do turismo, e resulta que o turismo moitas veces significa máis do produto interior bruto que esos propios sectores, que son necesarios, que son imprescindibles, e que dende logo son un elemento tamén a cuidar. Polo tanto, nós estamos a disposición do goberno para poder facer plantexamentos, nós vamos a facelos tamén, xa lle adianto, lle adiantei hai tres meses que íbamos a facer un control do turismo, rigoroso, exhaustivo, pero vamos tamén a traballar en líneas positivas, porque nós temos ideas, nós temos un proyecto, nós temos unha planificación e nós sabemos o que necesita o turismo na provincia de Pontevedra e en Galicia. Por iso, vamos a traballar en torno á marca Rías Baixas e vamos a seguir nesa dirección. Sr. Santos Héctor, de verdad, lamentable, lamentable, a súa intervención foi lamentable, por moitos motivos, lamentable, e vostede o sabe que é lamentable, eu lle pido que solicite disculpas, porque creo que non é o motivo desa intervención, alá vostede co que queira facer, pero me parece que eu creo que o discurso vai por outro lado, vai por o positivismo, vai por facer cousas boas para esta provincia, e non vai unha vez máis, o que pasa que vostede seguramente se equivocou, ó millor pensou que o debate iba por outro lado, e eu creo que facer debates por escrito ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Figueroa, logo pode vostede pechar con dous minutos, ahora rematou o seu tempo. Sr. Santos ten a palabra. Espera, perdón, Sr. Santos, es que me pediu a palabra antes o Sr. Mosquera, por orden de menor a maior lle corresponde. Sr. Mosquera ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- No. Solamente un, un dato, mire, Sr. Figueroa eu sei cal é o seu talante, ¿vale?, pero hoxe mismo se lee en Pontevedra resulta que os seus compañeiros de Pontevedra non se enteraron que Manhattan é moi caro, e andan con, con ese tipo de, de historias, que bastantes ridículas por outro lado, sabe, sabe que nós, sabe que non é o noso estilo tampouco, pero, bueno, temos que soportalo de, pero exactamente que ustedes poidan falar deso cando andan, andan por aí con certas cousas que non teñen ningún, que non teñen ningún sentido, demostrando un paletismo absoluto, porque non saben que Manhattan é caro, nin saben que en Estados Unidos é obligatoria a propina, desde logo é dun, dun paletismo radical. Ben, era a única aclaración que quería, que quería decir. Benvido á posibilidade de aportar cousas para avanzar no turismo, aí nos encontraremos, pero esta moción exactamente non vai nesa dirección. Sra. Presidenta.- Ten a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu lle anunciaba ó inicio da miña intervención que una cousa era o que vostede estaba a presentar aquí, e outra moi distinta, na roda de prensa que si tivo esta semana, e donde vostedes insultaban e cuestionaban toda a política da Deputación, toda a presencia en FITUR. Entón non se pode facer un debate, e o temos nos medios de comunicación e pretender que aquí nós non lles respostemos, e lle vamos a respostar, Sr. Figueroa, de verdad, lle vamos a respostar primeiro, porque vostedes non aportan absolutamente nada máis que descalificacións. Segundo, porque nós si temos un relatorio, e moi breve, porque non me dá tempo lle vou a dicir algunhas deles. Mire, en ano e medio fixemos máis que vostedes en doce anos, unha nova páxina web moderna e de fácil uso, un Plan director para os castelos de Soutamaior e Sobroso, con medidas que xa estamos desenvolvendo, un plan de posta en valor dos sendeiros azuis da provincia, a promoción do noso destino en medios especializados nacionales e internacionales, apoio ás novas rutas, e vos desde Peinador, que desde aquí se negaron no mandato anterior a apoiar vos desde Peinador para promover o turismo nesta provincia; os festivais das Rías Baixas que están a ser todo un éxito sin precedentes, agrupados e visualizados; o apoio ás festas de interés turístico galego, nacional e internacional; o apoio a festivais de cine, a posta en valor dos Camiños de Santiago e o seu paso pola provincia; a valorización da nosa gastronomía, produto, paisaxe, natureza en espacios con gran afluencia de visitantes nacionais e internacionais; a aposta pola formación e visibilización dos nosos profesionais, o apoio turístico náutico, o apoio a que a provincia poida ser un plató cinematográfico con gran potencial de atracción turística; a aposta polo turismo de natureza cultural, termal e arqueolóxico. E, todo esto como o fixemos na presentación do Plan director, con transparencia, porque amais o fixemos aí fóra, á vista de todo o mundo e contando con todos os profesionais de todas as administracións, con todos, Sr. Figueroa, nós non facemos cousas sólo por a nosa iniciativa, o facemos con todos, con todos para facelo ben. E vostedes seguen a falar, e fixeron estas rodas de prensa insultando ó alcalde de Vigo, insultando á Presidenta da Deputación, cuestionando toda esta política, porque o que vostedes fan e destruír, e inda siguen a falar e traen a moción. Mire, vostedes gastaron, gastaron sólo no alquiler para esa cena das fotos que lle mostrei no Hotel Ritz en 2008, ano terrible de crisis, gastaron vostedes 9.071,20 euros, eso sólo para alquilar o local. Pero, miren, sabe canto gastaron na totalidade en FITUR 2008, llo vou a recordar, 402.313,99, esto foi o que gastaron vostedes no ano 2008, ano da crise, llo vou a poñer máis grande por se non o ven ben, esto foi o que gastaron vostedes, ¿sabe pa que?, pa maior gloria da súas juergas e cachondeos do Partido Popular. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Santos. Sr. Rodríguez Díaz.- Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Para pechalo debate ten a palabra o Sr. Figueroa. Espere un segundo señor, Figueroa agora mismo. Agora, ten a palabra Sr. Figueroa. Sra. Figueroa Vila.- Mire, Sr. Santos Héctor, decían antes algún dos meus compañeiros que tontos non, educados, correctos, non, pero, mire, Sr. Santos Héctor, volve a repetir un error, sólo lle digo unha cousa, e si quere entrar nesta dinámica vamos a entrar, porque eu tamén sei entrar, e teño información suficiente pa poder entrar, pregunte o que gasta o concello de Vigo con ECOVIGO ó ano, xa está, pregúnteo, pregúnteo, e trasládello ós veciños e veciñas da provincia de Pontevedra o que gasta ECOVIGO e o que gastaba o señor alcalde levando avións, avións fletaos de os días de FITUR dende Vigo a Madrid. Eu non quería entrar nesta cuestión, pero vamos a entrar, claro que vamos a entrar, porque vostede está mintindo, está mintindo, está manipulando, está dicindo que FITUR costou 400.000 euros cando iso non é certo, FITUR costa, pois, o que naquel momento era necesario para, para as inversións que tiña que facer o sector do turismo e que iba totalmente de acordo co propio sector que se iniciou xa en Soutomaior no ano 2006 ou 2007, donde o sector fixo as súas propostas e en Sotomaior se levaron a cabo, e foi a planificación ese Plan director que vostede non é capaz de facer en 2 anos, que leva 2 anos sen facer absolutamente nada, Sr. Santos Héctor, e non me gustaría ter que decirllo, pero que esa é a cuestión fundamental, non planifica, vostede non planifica, ten diñeiro suficiente para poder sacar o turismo adiante sin ningún tipo de problema, pero hai que planificar, hai que buscar os mellores profesionais, e vostede un Plan director que puxo en marcha non é capaz de conseguir ese plan estratéxico de cara o futuro, que é imprescindible para o futuro do turismo e da marca Rías Baixas na provincia de Pontevedra. Polo tanto, Sr. Santos Héctor non temos ningún problema en entrar nos debates que queira, nos que queira, pero o que o diga, que o defenda, eu dende logo vou facer o debate con vostede, e vou a facelo con claridade e transparencia, pero con vostede, porque vostede é o que acaba de abrir o debate hoxe aquí na Diputación de Pontevedra sobre o turismo ... Sra. Presidenta.- Rematou, rematou o seu, rematou o seu tempo Sr. Figueroa. E, mire, eu llo vou a decir con todo o cariño, porque certamente vostede hoxe aquí, ¿non?, fixo un debate nun tono aceptable, con un contido aceptable, pero certamente levan vostedes dende que voltamos de FITUR descalificando, descalificando, descalificando, si, tranquilo Sr. Figueroa, non debata comigo, teño eu a palabra, ¿eu a vostede o interrompín?, non, ¿verdade?, pero, ¿a que non o interrompín eu a vostede?, non o interrompín, polo tanto non me interrompa vostede a min, imos falar con moita tranquilidade, non o digo eu, ¡eh!, os medios están presentes e a cidadanía tamén. Levan vostedes, fai 15 días descalificando, personalizando, además a descalificación, a actividade turística da Deputación de Pontevedra, non facendo ese debate, que a min me parece que é moi asumible, que me gustaría, eu lle ofrecín que puidéramos facer, e vostede non se dirixiu nunca nin a min, nin o delegado de turismo para que nos puidéramos sentar desas grandes ideas que dice vostede que ten, porque eu lle dixen que o fixera, ¿o recorda?. Eu volvo, sigo dicindo que estou disposta a eso, o que ocurre é que, claro, que non, non é certo, hai que decir a verdade, a verdade é que vostedes levan moito tempo descalificando a actividade turística personalizada na Presidenta da Deputación con descalificacións personais, porque realmente foi un éxito apoteósico o que aconteceu en FITUR, e tamén moitas das outras iniciativas que estamos desenvolvendo dende o ámbito de turismo. Polo tanto, si a vós, o seu plantexamento é que traballemos para poder facer que sexa todavía máis potente a marca Rías Baixas, sigo á súa disposición, pero en todos estos meses, que quede claro, que non o fixo, ¡eh!. Polo tanto, á súa disposición, todas as ideas que vostede teña en torno ó turismo, planteas, i si nós consideramos que son adecuadas i que permitirían fortalecer esa gran marca que é Rías Baixas o faremos, pero cada vez que vostedes nos descalifiquen, tendrán resposta, Sr. Figueroa, non pode ser doutra forma, ten que ser así, cada vez que haxa unha descalificación, con datos obxectivos nós lles respostaremos. Si quere que traballemos conxuntamente fagamos; si vostede considera que ten ideas para promover o Camiño Portugués o Camiño pola Costa, si vostede cree que ten ideas para a promoción de Turismo Rías Baixas, aquí estamos para escoitalo, Sr. Figueroa, pero repito, cada vez que vostede descalifique terá vostede a resposta, porque, por certo, na área de turismo estamos a ser unha referencia, unha referencia, ocupando moitísimo espacio, a nivel nacional e a nivel internacional, e internacional, e eso, a proba é moi clara, vaia usted a hemeroteca e mire vostede a hemeroteca do último ano e medio, mírea, e aí está o traballo que estamos a desenvolver, ¿se pode mellorar?, sempre, ¿vostede quere aportar?, aberta a que vostede aporte, pero si descalifica nós responderemos con datos obxectivos, que quede claro. Sometemos, pois, Sr. Figueroa lle fago unha invitación, de verdad, a que traballemos, a que traballemos conxuntamente, que nos plantexen as ideas, eu persoalmente llo digo, xa llo dixen na anterior debate, Sr. Figueroa, cando vostede queira. E agora rematou o debate e imos a poñer a votación esta moción. Sr. Figueroa Vila.- Cando este grupo fai mocións é para que se marque un obxectivo positivo, sempre é así o traballo, pero tamén lle digo unha cousa, igual que cando vostedes fagan algunha acusación que non é certa van a ter desta bancada a resposta inmediata, inmediata, e ao Sr. Santos Héctor ten que ser inmediata. Sra. Presidente.- Vale. Pois vamos a someter a votación esta moción do Grupo Popular. ¿Votos a favor da moción?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por 14 votos en contra, perdón, si, 14 votos en contra, 12 a favor e unha abstención. Rexéitase por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para instar ó goberno da Deputación a potenciar o turismo da provincia e a retomar as xuntanzas cos representantes e membros do sector turístico. 8.6908.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Non houbo. Sra. Presidenta.- Non habendo asuntos fóra da Orden do día pasamos á parte de información e control. b) Parte de información e control: 9.6909.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN RELATIVO Ó CUMPRIMENTO DURANTE O 4º TRIMESTRE DO 2016 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sra. Presidenta.- Dar conta do Informe de Intervención relativo o cumprimento durante o 4º trimestre do 2016 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 4º trimestre de 2016, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 4º TRIMESTRE DE 2016 1. Con referencia a data de rexistro da factura; Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio de pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 21 13 3.619 4.869.317,74 € 453 983.415,85 € Escola de Enfermería 15 0 14 34.957,67 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 24 0 17 691.083,92 € 0 0,00 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación de Pontevedra 34 147 645 1.673.255,63 € 36 319.751,79 € Escola de Enfermería 5 0 4 2.192,51 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 2. Con referencia a data da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio pago (PMP) (días) Período Medio pago excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación de Pontevedra 31 52 2.688 3.779.998,27 € 1.384 2.072.735,32 € Escola de Enfermería 40 77 11 22.159,15 € 3 12.798,52 € Consorcio de Bombeiros 24 59 14 688.872,00 € 3 2.211,92 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio pendente pago (PMPP) (días) Período Medio pendente pago excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 51 74 484 846.860,13 € 203 1.396.673,05 € Escola de Enfermería 6 0 4 2.192,51 € 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0 0,00 € 0 0,00 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 317 11 612.125,37 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2017 tivo coñecemento do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento dos prazos de pago de obrigas durante o 4º trimestre de 2016, pola Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De acordo co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, queda enterado do contido do informe trimestral do Servizo de Intervención sobre o cumprimento, pola Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, dos prazos de pago de obrigas durante o 4º trimestre de 2016. 10.6910.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2016 Sra. Presidenta.- No punto 10. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2016. ¿Observacións?. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior: Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de decembro de 2016 que se expón a continuación: INFORME DO PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE DECEMBRO DE 2016 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Decembro -12,3902386249 1.901.949,25 24,0452382483 75.441,25 -11,0001551186 Escola de Enfermería Decembro -20,4315926152 9.727,02 0,0000000000 0,00 -20,4315926152 Consorcio de incendios e salvamento Decembro -9,5073052271 244.757,62 0,0000000000 0,00 -9,5073052271 TOTAL 2.156.433,89 75.441,25 -10,8775467341 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de decembro de 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 11.6911.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 11. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Observacións?. Queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 23 de decembro de 2016 e 23 de xaneiro de 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 12.6912.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E no punto 12 Rogos e preguntas. Lles recordo a todas as diputadas e diputados provinciais que teñen a posibilidade de facer tres rogos e preguntas neste ámbito. En primeiro lugar, ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. Este rogo é sobre a Lei de reutilización do sector público, segundo a modificación da Lei de bases de réximen local, operada polo Real Decreto Lei 10/2015, do 11 de setembro, as funcións de tesoureiro deben de ser exercidas por funcionarios con habilitación de carácter nacional en todos os concellos. En Pontevedra, os concellos desta provincia, a situación plantéxase complicada para os concellos, sobre todo para os concellos que temos a obligación de defender, os concellos de menos de 20.000 habitantes, xa que o custo da nova praza afoga a delicada situación económica das administracións locais, xa que é imposible sufragar por parte de moitos concellos este novo gasto. O Ministro Montoro acaba de expor que xunto ós Orzamentos de 2017 presentará unha moratoria da norma para todo o ano, o que resulta insuficiente xa que o único que consigue con isto é trasladar un ano o problema. E por iso, Sra. Presidenta, lle rogo que a Presidenta se dirixa á Xunta de Galicia e ao Ministerio Facenda e Función Pública para que se suspenda de maneira inmediata a esixencia de contar cun tesoureiro con habilitación de carácter nacional nos concellos ata que haxa convocatorias públicas suficientes, ou se modifique a Lei de bases de réximen local, eliminando dita obrigatoriedade. Porque cada vez que o Ministro de Facenda ten algunha ocorrencia, pois os concellos, os concellos pequenos son os que sufren. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Faremos chegar a petición que nos fai ó Ministro de Facenda, e lle pediremos á Xunta de Galicia que intermedie para que se suspenda a aplicación desa Lei que é de imposible cumplimento para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Sr. Alén. Vostede, si, Aragunde, ten vostede a palabra Sr. Aragunde. Sr. Aragunde Aragunde.- Si. Bos días. Gracias. No pasado pleno na Orde do día había dous asuntos que se aprobaron, que eran dous convenios co concello de Vigo, un da estrada provincial 2002, Gran Vía–Avenida de Madrid, e outro a estrada provincial 2001, Calvario–La Garrida. O importe de Gran Vía, do Convenio de Gran Vía, que se aprobou no pleno é de 1.800.000 euros, o importe da outra obra, do Calvario, eran 2.419.000 euros, no BOPPO desta, do día 21, perdón, 25 de xaneiro, se publica estas dúas obras, pero así como a do Calvario sale polo importe que se aprobou no pleno, a de Avenida de Madrid, a obra da Avenida de Madrid, sale por 2.100.000, é dicir, hai un incremento de 300.000 euros. Primeiro, é unha misma pregunta, é unha misma pregunta que, con dúas partes que, primeiro, ¿si se pode aprobar unha cantidad no pleno e logo publicar outra?, i segundo, que se nos aclare cal é, ¿por que este incremento de 300.000 euros?. Gracias. Sra. Presidenta.- Lle contestaremos por escrito Sr. Alén, porque certamente o que ten que aparecer publicado é o que se aproba sen ningunha dúbida. En todo caso supoño que vostede fala da carretera provincial, porque en Gran Vía non temos ningunha, e que fala vostede, é a da carretera provincial, Pardo Bazán, que se chama ahora. Lle contestaremos por escrito de forma inmediata para que vostede teña a información. Sr. Jácome ten vostede a palabra, perdón, Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Si. ¿Cales son os motivos de que as baixas da Bolsa de emprego de arqueoloxía, principalmente na categoría de peón, non se estean a cubrir?. Grazas. Sra. Presidenta.- Pois tamén, lle contestaremos inmediatamente por escrito, Sr. Jácome, non teño o dato exacto do que acontece, pero llo contestaremos, o luns ten vostede a resposta. Sr. Aragunde, creo que outra vez ma pediu, non se me cambien de sitio. Veña, Sr. Alén, ten vostede a palabra. Descúlpeme vostede, quedan, lles quedan dous turnos solamente, o digo porque teño tres, vale, xa cubriron un, son tres. Sr. Alén Montes.- … Na carretera que une Mondariz con Covelo, como é Ponte do Val, Sabaxáns, Barcia de Mera, hai un buraco, primeiro foi bache, despois foi socavón e ahora é buraco, bastante grande, que, que non o arreglan, está nunha curva ó lado dunha ponte, e a verdad, é que esa ponte, estes días, á parte alí fai moito frío, había xelo e todo iso, entón, Sr. Uxío, por favor, si cree menester mande alí alguén, simplemente que llo tapen un pouquiño e xa está, xa llo dixen varias veces, pero bueno, como sempre me acordo de usted, espero que esta vez, antes do próximo pleno, esté o famoso buraquiño tapado. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Teño ó Sr. Alén. Sr. Moldes e Sr. Bas teñen pedido vostedes as palabras, lles queda aún. ¿Vostede?, Sr. Moldes, ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si. Vamos a ver, fai unha semana salía na prensa o tema da, da ronda de aquí de Pontevedra, e a nós nos sorprendía un pouco, porque tanto os Grupos Socialista como o BNG, estando na oposición, aprobaron no pleno o proxecto da ronda co voto favorable o 27/02/2015, e xa no goberno entenderon que toda a documentación estaba correcta para proceder á adxudicación e firmar o contrato coa empresa, e logo nós queriamos saber, pois, cal era o verdadeiro motivo, en este caso, que se esconde ou que, ou que xustifica, para renunciar ó proxecto un ano despois de que vostedes o adxudicaran. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi, moi brevemente tamén, na comunicación pública xa se, xa se dixo, ¿non?, eso non tiña a avaliación ambiental, pideuse despois, e como consecuencia da avaliación ambiental e de erros do proxecto pois resulta que aumentaba bastante e había certas modificacións, e a propia empresa visto eso, pois, quixo facer, non sei si seriamente ou non, pero quixo pidir un, un exceso de obra, digamos, radicalmente imposible tal como fora contratada e pideu a, e pideu a renuncia. A propia Xunta, por exemplo, puxo condicións nos cruces e demais, pideu a renuncia a empresa por, bueno, por eses problemas. Que conste, xa que saca o tema que como diputado no pasado mandato pois tiña insistido, reinsistido ós servicios técnicos de aquí que era necesaria a avaliación ambiental, era necesario, non o fixeron, bueno, pois é un retraso. E quero que esto sirva de exemplo, porque, desde esas bancadas pois resulta que se está acusando de que parece que queremos parar certas obras nos concellos gobernados polo PP, é radicalmente falso, o que hai é uns criterios iguales pa todo o mundo, e neste caso pois tocoulle a Pontevedra, porque ese proxecto tal como estaba, estaba mal tramitado, estaba mal tramitado, afortunadamente non apareceu algo que puxera todo patas arriba, e mal adxudicado no sentido de que faltaban unha serie de unidades de obra, e unha serie de tal, por dicirlle un exemplo sin querer, ou sea, nin máis nin menos, nin máis nin menos que no proxecto non aparece que hai unha torreta de alto e outra de media, e a de media en concreto pasa a traza por alí, pois non se contempla como trasladala, sería glorioso facer unha obra, ¿verdade?, deixando unha, unha calzada, deixando no medio da calzada pois unha torreta de media, por exemplo, por exemplo. Entonces, revisouse todo o proxecto, mirouse o que había e á partir de aí pois tomouse esa decisión, creo que está bastante claro. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Pois non habendo máis puntos na Orden do día se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as trece horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota