ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2017-05-29_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.399/2.2017-05-29_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-05-29_Extraordinaria

  • Data(s) 2017-05-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria (en substitución da ordinaria de maio), en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de maio do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e dez minutos do día vinte e nove de maio do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Vicepresidente Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria (en substitución da ordinaria de maio), do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten a Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE) nin o Sr. Deputado D. José Manuel Figueroa Vila (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Antes de comezar o Pleno intervén unha representante da Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Forcarei. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- E, xa pasamos ó orde do día, antes de iniciar disculpar a presencia de Carmela Silva e do Sr. Figueroa ao pleno e iniciamos. 1.6959.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Punto 1, Actas. ¿Hai algunha, hai algo sobre as actas?. Bueno, pois danse por aprobadas por unanimidade, ¿non?. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 31 de marzo e 28 de abril de 2017. a) Parte resolutiva: 2.6960.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR POLA QUE SE SOLICITA A CONTINUIDADE DA MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA EP-2302 GONDOMAR-CHAÍN-MORGADÁNS (GONDOMAR) Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Punto 2. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular pola que solicita a continuidade e a mellora da seguridade viaria na EP-2302 Gondomar-Chaín (Morgadáns). Por parte da, pois, Sra. Deputada. Sra. Muñoz Fonteriz.- Si, muchas gracias Presidente. Yo quería hacer esta cuestión de orden, nuestro, nuestro grupo, por qué, bueno de acuerdo con el artículo 28 del reglamento del pleno los grupos munici, los grupos provinciales tenemos derecho a presentar mociones para llevar, para traer al pleno, tratar cuestiones de importancia para la provincia y creíamos que una cuestión de importancia para la provincia tenía que ver con la necesidad de dar explicaciones, de escuchar explicaciones políticas de la Presidenta de la Diputación, en relación a procedimientos judiciales que le afectan de forma muy directa, aquí estamos hablando de una nueva Diputación, que según el gobierno provincial hay a día de hoy, una nueva diputación transparente, que da explicaciones, que tiene las puertas abiertas y creemos que no puede ser de otra manera que se den explicaciones políticas como se están dando de todos los partidos. Y nos sorprende curiosamente la ausencia de la Presidenta de la Diputación un día como hoy y nos sorprende que se vete por primera vez en la historia. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).-Señora, Sra. Diputada, atéñase, atéñase, atéñase, por favor, por favor Sres. Diputados. Sra. Diputada atéñase á cuestión de orden, atéñase á cuestión de orden e non aproveite para facer un debate que non está na orden do día, ¿vale?. Sra. Muñoz Fonteriz.- De acuerdo Presidente. Pues nos sorprende que se vete una moción de acuerdo con el artículo 28 del reglamento del pleno, para pedir explicaciones políticas a la Sra. Presidenta igual que hacen otros responsables políticos de todos los partidos y queríamos manifestar aquí nuestra sorpresa de que sea la primera vez en la historia de la Diputación de Pontevedra, que este gobierno de puertas abiertas, vete una… Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señora, mire, creo que ten no seu poder o informe de Secretaría en relación a eso e creo que hai un procedemento, e o procedemento se é que non está de acordo con ese informe, pois é presentar un recurso de alzada, de queixa ou o procedemento que corresponda, ¿correcto?, polo tanto seguimos co, co orden do día, que é punto dous, que pideu a palabra a Sra. Nidia, Nidia Arévalo para a súa defensa. Ten a palabra. Sra. Arévalo Gómez.- Si, moitas gracias, bos días a todos e a todas. É unha pena, a verdade que si, que non estea a Presidenta porque quería dirixirme concretamente a ela, fareino no seguinte pleno. Esta moción é moi apropiada para que sea o Presidente o Sr. Mosquera, porque é unha moción sobre unha estrada, pero o último pleno, pois, a miña intervención que foi coma sempre moi respectuosa, o contido xa sei que non lles gusta, pero hai que escoitar porque estamos en democracia, e a verdade é que é unha falta de respecto que a Presidenta me diga “que polo ven da sociedade me cale” non ofende quen quere senón quen pode, polo tanto a min, non, non me ofende, pero represento a quince mil veciños, son a alcaldesa de Mos, e lle pido, Sr. Mosquera, que lle traslade, que lle rogo que non nos falte ó respecto, nin aquí nin nos medios de comunicación. Sei que lles molesta pero estou no meu turno da palabra, estou no uso da palabra, ¿que queren?, que tampouco interveña. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sra. Arévalo, defenda a moción. Sra. Arévalo sabe e conoce como modera os plenos este Presidente accidental, como non, como non se ateña, ao que ten que, vamos, a moción, ben, como non se ateña, sabe que lle vou a quitar a palabra, estamos a discutir a moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre tal. Sra. Arévalo Gómez.- Está moi ben que o pleno estea cheo de veciños para que vexan como nos tratan ós deputados do Partido Popular. Sr. Mosquera, unha vez máis, pois, traemos unha estrada, todos os plenos temos que vir aquí a reclamar que poñan a andar esta Deputación, que traballen pola provincia que é do que se olvidaron, dende que son goberno. Unha das estradas máis importantes, a estrada de Chaín e Morgadáns con Gondomar, pola que pasan tres mil veciños diario, diarios unha estrada de catro quilómetros, unha estrada que xa no ano once o deputado, Pauliño del Río, trouxo aquí mil firmas para que se lle buscara unha solución. É unha estrada que finalmente o goberno do Partido Popular de Gondomar máis o goberno provincial, lle buscaron unha solución e no ano quince, despois de haber firmado un convenio no ano catorce, esta estrada se pon en marcha, unha estrada que tivo un proxecto inicial e que foi remodelado, precisamente porque había un goberno que entendía o que era o consenso, o consenso cun alcalde e o consenso cos veciños, todo o contrario do que pasa ahora, exemplo máis claro o de Sanxenxo. Unha vez que ese proxecto se remodela e se pon en marcha había un problema nunha zona de monte, concretamente que, que casualidade que os concelleiros do Partido Popular foron casa a casa e encontraron tódalas cesións, e xusto na zona onde non hai vivendas, que solamente é monte, familias do Partido Socialista, a do secretario particular do alcalde de hoxe e a de unha concelleira do Partido Socialista de hoxe, boicotearon e non cederon eses terrenos, pero o goberno que lle tocou a partir de xullo do ano 15, provincial e local, non foron quen de rematala, toda unha pena. Unha estrada que se veía como se melloraba a seguridade peatonal, a seguridade vearia, viaria, coas beirarrúas e con todo o que foi a pintura, a sinalización horizonal, horizontal e vertical, e a día de hoxe non foron capaces de poñela en funcionamento, en funcionamento non, de rematar ese trozo que faltaba, toda unha pena. Por eso esta moción é unha moción máis coas que lle vimos a recordar que vostedes deixen de facer oposición de a oposición e póñanse a traballar, deixen de vetar un montón de obras e retomen os traballos. Mire, un ten que ir facendo balance, levan dous anos no goberno e nós na oposición, o balance se suele facer según os obxectivos que un se marca, e nós temos que decirlle que estamos realmente satisfeitos de haber presentado cen propostas, todas construtivas por esta provincia, polos concellos de esta provincia, e todas rexeitadas por este goberno provincial. Pero satisfeitos de estar cos alcaldes, cos voceiros, cos colectivos, en todos os concellos que nos chamaron. E vostedes, ¿que balance van a facer vostedes?. Vostedes falaban de transparencia, de portas abertas, de atender, de tender a man. Miren, vostedes levan dous anos anclados na prepotencia continua, continuada, todos os días, a prepotencia que non lles deixa atender ós alcaldes, que non lles deixa atender ás necesidades, a prepotencia que non recibe nin atende a nada do que lle presenta este grupo. Pero tamén a paralización, que é o que mais nos preocupa, alá vostedes coa prepotencia, pero a paralización de oito obras que estaban no ano quince para comenzar, e só unha delas foron capaces de poñer en marcha, a de Sanxenxo, aí está a prepotencia que decía antes; única obra paralizada, alcalde dimitido, goberno roto, as outras sete siguen esperando, siguen esperando, claro que si Sr. Regades, claro que si, repítame o que decía a Presidenta, “que nadie se atreva a votarnos a culpa de”, hombre as amenazas ás que estamos sometidos de “cuidadito Sra. Muñoz, que nadie se atreva”, mire, nós vamos a decir o que nos parezca. E fai un pleno que o Sr. Benítez e o Sr. Mosquera se reían de esta voceira, unha vez máis, cando lles decía que lle faltaban ó respecto ó alcalde de Sanxenxo, e se reían literalmente, miren vostedes en que acabou todo esto, chamáronlle novato, dixeron que se baixaba os pantalóns ante os veciños, non consensuaron con el a obra, nin cos veciños nin coa plataforma, e aí se ve... Bueno, continuo despois. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Acabouse o tempo, Sra. Arévalo, Sra. Arévalo acabouse o tempo. Exactamente, moi ben. Sr. Benítez, ten a palabra por tres minutos. Sr. Benítez Fernández.- Bo día a todos e a todas. A verdade é que estou un pouco estupefacto escoitando a súa intervención porque máis dunha vez eu queríame cinxirme a falar e responder sobre unha estrada concreta, que creo que é do que se trata esta moción, a estrada de Chaín-Morgadáns, lle adicou, pois, catro minutos e medio dos seus cinco que, que dispón, a falar de outras cousas, de outras obras, de outros concellos i de unha suposta actuación desta, Deputación i deste goberno desta Deputación, que vostede está en moi desacordo e que tratamos moi mal, moi mal ós alcaldes, que está libre de opinar así, faltaría máis, eso a min me enche de satisfacción de que, si, non estamos, si para vostedes non o estamos facendo ben, debe de ser que o estamos facendo ben, ¿non?. Pero paréceme sorprendente, a doble actitude aquí da propia portavoz do Partido Popular, decindo que tratamos tan mal ós alcaldes cando aquí hai cinco minutos achegueime a vostede para falarlle precisamente dunha obra, para propoñerlle un convenio co, co concello de Mos, unha obra que, que me pediu ela, a súa, a súa alcaldesa, que eu respecto alcaldesa lexitimamente escollida en Mos, e a que me pide unha, creo que a atendín con educación i con, i con atención i precisamente hoxe, fai cinco minutos, lle vin a, lle fun a comentar que temos que falar, porque temos que falar para, para elaborar un convenio de colaboración entre o concello de Mos, para cometer unha obra que ela me solicitou, i sin embargo, pois, na súa intervención parece que, desde a Deputación, desde este goberno, pois tratamos fatal ós alcaldes i e todo tremendamente negativo. Eu vou a cinxirme á obra de Chaín – Morgadáns, que é da que, da que se trata esta moción i Sra. Nidia Arévalo, ¿vostede coñece a obra de Chaín–Morgadáns?, ¿vostede esta contenta i satisfeita con esa obra que iniciaron vostedes, que iniciaron vostedes, que redactaron vostedes o proxecto, i co que firmaron vostedes un convenio?. ¿Vostede está en desacordo, vostede está de acordo en realizar, en gastar en seiscentos mil euros de diñeiro público en facer aceras de metro vinte, metro trinta, incumplindo a Lei de accesibilidade?. ¿Vostede está de acordo en facer toda unha, unhas aceras, unhas beirarrúas alí en Chaín–Morgadáns, incumprindo todos os criterios de accesibilidade en cuanto, i priorizando, por suposto, os acesos ás fincas, i non á mobilidade peonil como se ten que priorizar?. ¿Vostede está de acordo con iso?, porque supoño que o obxectivo desa obra, que vostedes mesmos impulsaron desde o goberno da Deputación i desde o goberno do concello de Gondomar, era favorecer que os veciños de Chaín i de Morgadáns puidesen acceder ó núcleo de Gondomar, pois cun acceso digno, i poder, i puidesen baixar camiñando, cun acceso digno. Eu, é que visitei a obra, pois me sentín, tremendamente, disgustado de ver que despois de ter gastado todo ese diñeiro público, teñamos que ver, teñamos que ver como os veciños de Chaín e de Morgadáns van en fila india, ao, ao núcleo de Gondomar. I esas son as obras que vostedes enchen de orgullo, ¿non?. Por non falar do convenio, un convenio clásico, como o que viñan facendo aquí i que temos manifestado esa negativa forma de facer as cousas, de proceder, que é un convenio a través do cal, na que, se, se, se decide a facer unha obra i se licita unha obra sin previa garantía de disposición dos terreos, i eso é o problema que hai aquí, eso é o problema que hai aquí, o problema é que vostedes permitían licitar obras sin ter os terreos, vostedes no convenio lle pediades a responsabilidade, como ten que ser, ao concello de Gondomar, de que puxese os terreos, pero vostedes desde a Diputación licitaban sin ter os terreos, i eso xenera os problemas que xenera, i que xenerou nesta obra e en outras moitas, que, que o, que cando se vaia a acometer a obra non están os terrenos, hai paralizacións das obras i as obras teñen que fecharse i neste caso, non é que a obra se paralizara, a obra se pechou, o expediente se pechou, se pechou en marzo de 2016 i se pechou coa disposición dos terreos que había, ¿non?. I, nese sentido agora estamos pendentes para poder acometer unha, a continuación desas beirarrúas, da disposición dos terreos por parte do concello. Pero non traia ó engano, porque na súa intervención, claro, mestura aí sinalización horizontal, os veciños de Chaín–Morgadáns merecen sinalización horizontal, asfaltado, non estaba nada diso incluído, o único que estaba incluído é unha beirarrúa de un metro vinte, un metro cuarenta, dependendo de, de, de, do sitio, é o único que estaba incluído. Non había nin sinalización horizontal, nin pavimentado, nin renovación de firme. I eso é algo que estamos estudiando no, desde a Deputación de Pontevedra, pero insisto, será un expediente totalmente diferente, que non teña que ver con este de Chaín–Morgadáns, que está pechado. I eso, esa, estamos estudando, precisamente, elaborar o, un asfaltado de toda esta, esta estrada, que é de tres quilómetros douscentos cincuenta, non de catro como decía vostede, estámolo estudando por, precisamente, para compasar as xa previstas actuacións do Plan Móvese de seis pasos de peóns sobreelevados, solicitados polo concello, que están integrados no Plan Móvese i a propia sinalización horizontal que incluíu este goberno no seu plan de sinalización horizontal. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Benítez, Sr. David Regades ten a palabra. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Bos días a todas as deputados e a todos os deputados, público en xeral. A verdade é que, Sra. Arévalo, non fai falta que se enfade, ¿non?, eu creo que claro, decir que nós non temos talante, votarnos a bronca e case mandarnos poñer firmes, ¿non?, eu polo menos non, non, non lle vou a entrar ó xogo, xa o sabe, ¿non?, a miña forma de vivir a vida é completamente distinta, ¿non?, e dende o respecto sobre todo dende o talante, ¿non?. Que estes días parece que non está moi de moda, ¿non?, pero eu vou a seguir con ese talante. E sorpréndenme varias cousas, ¿non?. O primeiro, a obra de Chaín–Morgadanes, no concello de Gondomar, non é unha obra atípica das que temos herdado por parte da antigua Diputación, é unha obra máis, que como vostede dice, estaban reclamando xa dende o ano 2011 e, ¡que casualidade!, no ano 2015, cando hai eleccións, cando perden a Diputación, é cando se fai un compromiso, é un compromiso como varios do ano 2015, ¿non?, un compromiso sen un proxecto, sen un proxecto sólido, sen un proxecto que esté, respectando a normativa vixente actual, tanto da Xunta de Galicia, como das estradas do Estado, incluso un compromiso dunha obra que non garantiza accesibilidade ás persoas e ós homes, ós veciños e ós veciños do concello de Gondomar. E claro, eu nunca pensei, e sorpréndeme, ¿non?, que despois de todos estes movementos oscuros que están acontecendo estes días, e digo máis, estes movementos oscuros que están acontecendo estos días no concello de Sanxenxo, que fora o Partido Popular o que vai acceder de forma oscura ó concello de Sanxenxo, á alcaldía de Sanxenxo, cando hai un alcalde escollido, fai escasamente dous anos e que debería de ser el, el que seguira marcando a trayectoria política dunha vila que votou, escolleu uns concelleiros, e eses concelleiros escolleron un goberno para catro anos. O que pasa é que, a voluntade política e a voluntade do Partido Popular non sempre vai da man. Eu non vou a ser quen para recórdalle como vostede accedeu por primeira vez a alcaldía, con aqueles guardas de seguridade, e aquela moción de censura tamén oscura, entonces usted é a portavoz das mocións de censura i nos trae aquí a moción de censura… Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señor, atéñase, atéñase ó punto da orden do día. Sr. ... .- Falou, falou de Sanxenxo. Sr. Regades Fernández.- Non, non, porque falou, porque falou de Sanxenxo. Entonces eu creo que temos que ser serios, temos que ser serios e despois respectarnos, como respectamos ás veciñas e ós veciños, sean da parroquia que sean, sean do concello que sean, sean do color político que sean, porque esa é a democracia, por eso nós fixemos un plan concellos respectuoso e igualitario para todos os concellos, e esta Diputación o que ten claro é que é participativa, é unha, é unha nova Diputación que abre as portas a todas as veciñas e os veciños, e como decía o Sr. Benítez, lle abre as portas a todos os alcaldes e a todas as alcaldesas”, incluída vostede, porque non pode ser doutra forma, sea do color político que sea. Non como antes que alcaldes do Partido Socialista, do BNG ou doutras cores políticas pasaron os anos, pasaron os mandatos e nunca habían sido recibidas polo Presidente da Diputación do Partido Popular. Eu creo que temos que basar as nosas relacións entre a divergencia, porque é vedade que non gobernamos a Diputación da misma forma, nós a gobernamos dunha forma, dunha forma aberta e non discrecional e vostedes a gobernaban dunha forma discrecional e pouco objetiva e con sig, e con rasgos partidistas co cuál aí nunca vamos a estar de acordo, pero si basada no respecto, porque eu por moito que nos diga, por moito que faga, vou a seguir tratándoa como unha compañeira de corporación que vostede é, a igual que o resto dos compañeiros sean do grupo político que sean. Entonces, no tema das obras, máis rigor para poder realizar as obras e vamos a seguir nesa dirección. Onte inaugurábamos, este fin de semana inaugurábamos as pistas de padel de Redondela, que onte o alcalde me dicía que habían quedado fantásticas, é así, é o que hai que facer, colaborar, inaugurar obras, facer obras, facer territorio e facer provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Regades, Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Presidente, me queda tempo de antes que me descontou mentras non me deixaba intervir, así que lle pido que si me excedo un pouco non me corte a palabra. Sr. Regades. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señora, Sra. Arévalo deixeille exactamente cuarenta segundos máis, precisamente pola interrupción. Sra. Arévalo Gómez.- Gracias, moitísimas gracias. ¿Podo empezar outra vez?. Mire, Sr. Regades, vou a empezar por vostede. Mire, vostedes non son quen de falarnos de talante, vostedes que nos medios de comunicación nos maltratan, lle volvo a repetir que eu podo falar un montón de cousas que lle gusten pouco pero non lles falto ó respecto, nos chamaron hooligans, nos chamaron que eramos os, os do primo de zumosol, unha Presidenta da Deputación, se atreveu a decir cousas como “cuidadito Sra. Muñoz”, se atreveu a decir cousas como “que nadie se atreva a culparnos de Sanxenxo”, e podía seguir con un largo etc., que non teño memoria para tanto. ¿Ese é o talante do que vostede quere presumir?. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- ¿E cando, e cando vamos a falar da estrada esta?. ¿Vamos a falar nalgún momento?. Sra. Arévalo Gómez.- Lle estou contestando ó que me dixo o Sr. Regades. O Sr. Regades me falou de Sanxenxo tamén, que parece ser que dunha forma oscura se está gobernando en Sanxenxo igual que en Mos. Lle volvo a recordar, teñen un problema, están frustrados porque non salen adiante en Mos, nin van a salir mentras o Partido Popular siga tan ben coma vai porque os veciños confían en nós. Mire, de cinco pasaron a tres e quedaranse con un da forma que van. Son alcaldesa tan lexítima coma o seu alcalde, me presentín a unhas eleccións e tiven maioría absoluta, vostede nunca se presentou de momento nunha cabeza dun cartel, así que teña un pouco de control co que me dice, porque eu son candidata, alcaldesa, si, si, non teño nada que ocultar, Sr. Regades, xa sei que lle molesta moitísimo o goberno de maioría absoluta de Mos. Mire, plan concellos, leccións as xustas, leccións as xustas vostedes o que teñen é, nos tíñamos unha libre disposición clarísima e con unhas bases, vostedes pregúntenlle ó asesor que teñen, ó ex-alcalde da Illa de Arousa, vostedes o que fan son convenios que nunca acabamos de saber con quen os fan, por que os fan e como é o criterio. Pero deixen, que o tempo vai quitando e poñendo razóns, deixen de seguir decindo que son o goberno que tende a man ós alcaldes, mire, aquí atrás hai unha alcaldesa que sigue esperando a que vostedes a atendan. No concello de Oia hai unha alcaldesa que sigue esperando e leva dous anos a que vostedes a atendan, e lle podría seguir falando hasta chegar ó número 20, de alcaldes esperando a que vostedes os atendan. E, Sr. Benítez e Sr. Regades, deixen de buscarlle tres pés ó gato, de si accesibilidade, de si terrenos. En Moraña había terrenos e resulta que non podía ser porque non había autorizacións, aquí hai terrenos pero resulta, mire, o que vostedes é que non son capaces de gobernar, o que teñen é que poñerse a funcionar e resolver os problemas de accesibilidade, de terreos, de autorizacións, eso é o que teñen que facer, e con esta moción é o que lle pedimos, que se poñan a traballar e que deixen de bloquear os proxectos. Sr. Uxío, en Sanxenxo me mentiu, lle mentiu ó meu compañeiro, ¿vai a seguir mentindo ahora?, porque eu xa non confío en vostede, viu aquí a decirme que si vamos a facer un convenio co concello de Mos, o concello de Mos viu aquí tres veces. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señora, Sra. Arévalo, Sra. Arévalo, Sra. Arévalo, primeiro non está falando do caso e segundo, por favor, un respecto, de falar, de mentir e do que sea, ¿vale?, ¿vale?. E despois quéixase de, de outras cousas, o sea, creo que non hai, creo que non hai ningunha intervención máis. Procedemos, procedemos, senón hai máis non, é que me parece que non hai, é que me parece que non hai ningún portavoz máis que queira falar, polo tanto… Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Xa, xa cerrou agora, xa cerrou. Procedemos á, á votación, procedemos á, procedemos á votación, ¡que no!. Votos, votos en contra, no, no, no, que no, que no. Votos, votos, ¿votos en contra da moción?. ¿Abstencións?, unha. ¿Votos a favor?, queda, queda rexeitado, queda… Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) pola que se solicita a continuidade da mellora da seguridade viaria na EP-2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns (Gondomar). 3.6961.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR INSTANDO Á EXECUCIÓN DO PROXECTO “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA EP-1005 VISO-HIO (CANGAS)” Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Punto 3, punto 3. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular instando á execución do Proxecto pavimentación e dotación de servicios na EP-1005 Viso-Hio. Por parte da, Sr. Sotelo, ¡ai!, perdón, perdón, volva a darlle Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Sr. Presidente accidental, bueno, a min me parece, bueno, que cando un presume de talante e non ten talento pois ocurren cousas como as que acaban de ocurrir, si, sin talento, sin talento. Vou a intentar explicar, vou a intentar explicar, i espero que me deixen rematar, por que o Grupo Provincial do Partido Popular presenta esta Moción hoxe aquí. Como saben, en outubro do 2016 presentamos unha moción donde intentábamos que se licitara urxentemente o proxecto que no seu día, en virtud dun convenio, o proxecto denominado “Pavimentación e dotación de servicios na estrada provincial 1005, O Viso-O Hio”, no concello de Cangas, según, como decía antes, un convenio asinado en abril de 2015. Un convenio que, ó igual que outros, esta nova Diputación, esa que presumía de portas e fiestras abertas, pois seguramente agochou nos caixóns para facer caixa e para que concellos que seguramente non debían participar fagan o que lles apetezca sin o máis mínimo rubor en detrimento dos concellos máis pequenos ós que castigan cun decálogo imposible de cumplir. Os veciños de Forcarei marcharon, pero había que explicarlle, a ver, cumprindo ese decálogo, como melloran as carreteras de Forcarei ou de Moraña, a ver, a non ser pois que, a libre albedrío, pois actúen como o están a facer. Porque, entre outras cousas, os cartos non estiran, os cartos non estiran, e cando se fan convenios millonarios, convenios millonarios con algúns concellos, sempre se vai a ir en detrimento de outros, porque o orzamento non aumentou o que aumentaron determinados convenios con algúns concellos, non aumentaron, creo que hai unha diferencia do 2015 ó 2017 de escasamente 4 millóns de euros, creo recordar. Por certo, votaron en contra desta Moción co argumento, pobres argumentos de que si a autonomía municipal, dicía o Sr. Mosquera, que si o proxecto estaba mal feito, que tiñan un compromiso cos veciños e que a obra se iba a facer, en definitiva, como se sole dicir, desculpas de mal pagador, de malos pagadores. Podía aquí volver a dicir, aí están as hemerotecas, o que a Sra. Presidenta, hoxe ausente, seguramente por motivos, non queremos ser mal pensados, pero por, seguramente, por motivos protocolarios, non está aquí presente, o que dicía en setembro do 2015, “la Presidenta se comprometió a urbanizar la carretera de O Viso que el anterior gobierno dejó pendiente de los informes sectoriales”, cousa que non era certo, pois estamos a falar dunha estrada provincial sen afección de costas nin de carreteras, nin de aguas, de nada; pero de tódolos xeitos, tamén dicía máis abaixo, de todo, “la obra se empezará este año, de lo contrario se realizará en el año 2016”; pois estamos no 2017, Sr. Mosquera, Sr. Presidente, e de momento nin rastro, nin rastro. ¿Por que traemos esto aquí?. Bueno, pois porque o pasado 19 de abril o Sr. Deputado, deputado de Mobilidade, D. Uxío Benítez, anuncia que xa teñen un anteproxecto donde figura unha acera por un lado de dous metros de ancho, é dicir, vostedes o que pretenden en un tramo, en un tramo donde hai vivendas por un lado e por outro, e de escasamente un quilómetro douscentos metros, é dicir, o que pretenden é que haxa cidadáns de primeira e de segunda, e iso si, iso si, tamén pretenden trasladar alí ese modelo de lombos donde, unha estrada donde o seu estado xa limita a velocidad. A todo esto, a Sra. Presidenta, o pasado luns volve a dicir que ahora, o pasado luns, que non existía proxecto, falso, é falso, totalmente falso, eu xa lles enseñei aquí a copia deste CD, que é copia do que vostedes teñen aquí, as cesións, o levantamento topográfico. En definitiva, quenes minten non é o Partido Popular, como dixo a Sra. Presidenta, os que minten son vostedes, e ademais aínda que non existira nada, que é mentira, aínda que non existira nada tiveron tempo máis que suficiente para facelo, pois levan dous anos, seguramente ... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Vaia acabando. Sr. Sotelo Villar.- Si, vou rematando, medio segundo lle pido, simplemente, seguramente lles digo, señores do Partido Socialista, si os poucos socialistas que quedan en Cangas foran do tío e non do sobriño, seguramente, seguramente actuarían como fan en outros sitios. O único que estamos a pedir que se cumpra o convenio, que si non teñen máis cartos que fagan como fixeron en outros sitios donde aumentaron o orzamento, aumentaron o orzamento, ou é que para uns si e para outros non. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- En definitiva, en definitiva, o que queremos dende o Grupo Provincial do Partido Popular é que se cumpra o que está asinado, que se cumpra o que está asinado. De momento nada máis Sr. Presidente accidental. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Moitas gracias Sr. Sotelo. Eso do talante e do talento gustoume, vouno apuntar para tal, e agradézolle que sepa, que se ativera ó asunto, cousa que por outro lado non sucede en outros, en outras intervencións. Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e todos. Bueno, somos moi reacios dende a Coalición SON a entrar neste tipo de mocións. Somo reacios porque, como xa se expresou nalgunha ocasión neste pleno, non parece razoable que as estradas provinciais sexan arranxadas ou melloradas a golpe de moción. No seu momento votamos a favor do decálogo de actuacións en estradas provinciais e ratificámonos no noso voto. ¿É mellorable a xestión das estradas provinciais?. Por suposto, pero un goteo de mocións non parece o camiño para mellorar a situación. Pero hoxe xa imos un pouquiño máis alá, esta Moción xa foi debatida no pleno de Cangas e xa foi rexeitada nese mesmo pleno. O goberno de Cangas é consciente da necesidade de mellorar a estrada provincial 1005 e abrirá diálogo co goberno da Deputación para negociar esas melloras. Pero a realidade é que o convenio desa estrada provincial, asinado en abril do 2015, por casualidade temporal, imaxinamos, carecía de proxecto e só nos consta o levantamento topográfico, non pode haber concurso senón hai proxecto, proxecto oficial queremos decir. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Jácome. Sr. Benítez ten a palabra. Sr. Benítez Fernández.- Sr. Sotelo vou a ser meridianamente claro con este aspecto. O convenio vaise cumplir, estea vostede tranquilo, i esa obra vaise facer, quede totalmente tranquilo. Pero esa obra se licitará, que se licitará brevemente nos próximos meses, cando teñamos proxecto, cando teñamos proxecto do que se entende por un proxecto, si vostede sabe o que é un proxecto, que debería saber, foi alcalde durante 8 anos, sabe, debería saber que é un proxecto, porque o que é un proxecto que é o documento necesario para poder licitar unha obra, segundo a Lei de contratos do Estado, non existe, non existiu, a non ser que aquí os proxectos desta casa os custodien os deputados da oposición, xa o dixen aquí nun pleno, dende logo nos arquivos de Mobilidade i preguntado o anterior xefe do Servizo de Mobilidade, o único que me dixo é que o único que hai é un estudio topográfico, un levantamento topográfico e unha valoración económica para poder redactar o proxecto, non existe proxecto, por eso esta casa licitou unha asistencia técnica e adxudicou unha asistencia técnica para elaborar o proxecto, que se fixo un procedemento de contratación, quero pensar que si se fixo proxecto nesta casa, se os servizos técnicos e xurídicos desta casa tivesen constancia dun proxecto non admitirían licitar outro, outro proxecto. Entón, licitouse a asistencia técnica para un proxecto, que está adxudicada a unha enxeñería i está redactando, redactando o proxecto, i o proxecto se redactará, xa foron, xa foron en varias ocasións ao concello de Cangas, atendendo as necesidades que estableza o concello de Cangas, o goberno municipal, i aos criterios da Deputación, como non podía ser doutro xeito, digo eu, non atenderemos aos criterios i ás demandas i ao establecemento das prioridades que teña o exalcalde de Cangas, ¿non?, digo eu. Entón, os técnicos xa foron por alí polo concello e están redactando, i farase de común acordo co goberno municipal e co actual alcalde que é quen para nós é o representante democraticamente elexido. I respecto a esas cousas sólo quero dicirlle que, evidentemente aí, nesa nota de prensa que vostede fala de min ten un error, e o error non é, o error no é a acera por algún lado, é dicir, o error é que non será de dous metros, será de dous e medio, será de dous e medio. Porque nós o que entendemos, non é que, nós non facemos aceras como elementos de urbanización, porque si vostede sabe i se sabe un pouco de urbanismo saberá que eso depende dos propios, dos propios veciños e veciñas, non urbanizamos o frente da casa á xente, nós facemos infraestruturas para persoas que poidan camiñar e andar en bicicleta, i atendemos i temos como criterio de que para fomentar a mobilidade peonil, para fomentar a mobilidade ciclista, para, para formentar que a xente utilice ese tipo de viales teñen que ter un largo mínimo de dous metros e medio pa que sexan dignas para poder camiñar e non pase o que fixeron en Gondomar durante, si ese é o seu exemplo, claro, facer unha aceriña de un metro vinte, un metro cuarenta, i persoas con discapacidade, ou camiñando en fila india, ¿non?, por non falar de que cumpren todos os criterios da Lei de accesibilidade. I, non se preocupe que eu non vou a adiantar aquí, porque non vou discutir con vostede como vai ser tecnicamente o proxecto, eso se falará entre os técnicos i o actual alcalde i o único que lle quero dicir aquí, e ben clariño, é que calcúlolle que no próximo mes teremos o proxecto rematado i se licitará, i se licitara previa autorización obviamente que aí temos unha afección de Augas de Galicia, como vostede sabe, i non sei, non me alcanza a saber, me preguntaba aquí o tal, se hai, se está a afección de Patrimonio ou non, non o sei, con respecto ó Cruceiro do Hio, non o sei, pero xa, se licitará con todos os condicionamentos legais establecidos, pero o, o proxecto desta estrada non está nin paralizado, nin nada, está en marcha i se vai a facer este ano. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Benítez. Sr. Regades ten a palabra. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sr. Presidente. A verdade, Sr. Sotelo, como xa varios diputados, todos os que o antecederon, preguntaron por a salud da Presidenta, que eu imaxino que, que sería nesa condición, que como xa é o terceiro diputado do Partido Popular que pregunta por a salude da Presidenta, eu quero darlle as gracias, eu quero darlles gracias, ¿non?, aquí interpretamos que era outra cousa o que estaban facendo, que estaban facendo un reproche, pero eu quero darlle as gracias por preocuparse, xa onte tivo que cancelar a agenda oficial, como miraron a agenda de medios, por ter unha disposición e ter unha recomendación médica de estar onte na súa casa e hoxe na súa casa, non está hospitalizada é un tema menor, pero con unha recomendación que lle obligou onte a suspender a súa agenda, como poden comprobar, e hoxe tamén, ¿non?. Entonces eu doulle as gracias pola súa preocupación, tamén miro que falta o diputado do Partido Popular, o Sr. Figueroa, que se ten algún problema de salude, que dende aquí, dende o Grupo Socialista, pedimos a súa pronta recuperación como compañeiro de, de pleno que é. No relativo á obra de Viso-Hio, ¿non?, a verdade é que a redacción do documento do proxecto, como ben nos dice o Servicio de Mobilidade, estase facendo en coordinación co concello de Cangas, xa que nós respectamos a autonomía dos concellos, é unha cousa que levamos insistindo esta nova Diputación, non vamos a facer ningún proxecto que non sexa consensuado cos concellos. E tamén creemos, como xa lles vimos dito, ¿no?, antigamente, a anterior Diputación o consenso o levaba con distintas asociacións, nos sitios onde non gobernaba, e falaba con asociacións culturais, de veciños, para a redacción de proxectos, nós creemos na democracia e creemos que o interlocutor sea do color político que sea é o seu alcalde, que foi o elixido polos veciñas e veciños do seu pobo ou da súa vila. Este novo proxecto pois recolle tanto recollida de augas pluviais, abastecemento i nova iluminación, redes, infraestruturas de telecomunicacións, infraestruturas de electricidade, señalización vertical i horizontal i outras melloras seguindo un decálogo que se aprobou neste pleno o 29 de xaneiro, que é un decálogo de viais provinciais, en non sólo foi, foi votado polo Grupo Socialista e polo BNG senón que foi votado polo, polo Grupo SON tamén, porque é un decálogo que garantiza unha preocupación, que cando llegamos, que cando chegamos a esta Diputación, tíñamos tantos diputados do Grupo Socialista como do BNG, era de conseguir que aquela herdanza que levabamos de ser a provincia de Pontevedra unha das provincias con maior sinistralidade en accidentes de tráfico, pois reducilo, e, ¿como se reduce?, pois calmando o tráfico, mellorando as infraestruturas e con educación vial, e nesas tres líneas, neses tres eses, eixos, estamos a traballar. E claro, Sr. Sotelo, un día nos dixeron aquí que as obras se facían sen proxectos se eran urxentes, ¿non?, eso é un disparate, ¿non?, e hoxe nos decides que un alzamento topográfico é un proxecto, e vostede que é alcalde, e á parte o votaron varias veces as veciñas e os veciños, co cuál, eu creo que cando o votan as veciñas e os veciños varias veces debeu de ser un bo alcalde, hasta que perdeu a confianza do seu pobo, pois usted sabe perfectamente que un alzamento topográfico é unha parte importante para poder realizar a redacción do proxecto, pero que non é un proxecto. Eu creo que nesa línea é na que temos que seguir, na línea da colaboración, na línea do respecto institucional, hai cousas que se deben debatir nos plenos dos concellos como é a definición dos proxectos que se van a traer aquí, usted é concelleiro do seu pleno co cuál é aí onde debe definir o seu proxecto, e hai cousas que estamos dispostos, encantados, a debatir no pleno da Diputación, pero sempre e cando, pois, se realicen as mínimas normas en relación ás obras, que o único que decimos é, colaboración e solicitud por parte do alcalde do concello e despois unha obra, unha infraestrutura que teña a redacción do seu proxecto, neste caso si é un vial provincial que esté ateñido ao decálogo provincial de vías provinciais, e que te respecte e que os concellos pois aporten todas as cesións dos terreos e que sea un vial que mellore a accesibilidade tanto peonil como do resto da comunidade. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Regades. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si se interpretaron, mal interpretaron as miñas palabras dende logo pedir disculpas, non sabía que a Presidenta estaba enferma, no nome creo que de todo o grupo provincial pois desexamos, como é obvio, que se recupere o antes posible. Por suposto, creo que non ten que ver o touciño coa velocidad, estamos a defender, aquí creo que, licitamente, estou a defender con máis ou menos vehemencia, pero estou a defender o que considero que se debería de haber feito i que vostedes paralizaron. Dende logo, Sr. Benítez, eu non teño coñecementos de arquitectura nin pretendo darlle a vostedes leccións, nin moitísimo menos, pero que me diga que vai favorecer en un tramo practicamente urbano a mobilidade por facer unha acera de dous metros e medio, pois mentira, mentira, a mobilidade se favorecerá cando hai vivendas polos dous lados, pois, cunha acera polos dous lados como estaba previsto, porque esto non é un levantamento topográfico, o levantamento topográfico é esto, ¿e sabe o que fixeron vostedes?, que dilapidaron os cartos da Diputación, porque esto o habían feito, esto o habían feito os técnicos da Diputación, e vostedes o que fixeron foi contratar o mismo traballo, exactamente o mesmo traballo cunha empresa externa, eso foi o que fixeron vostedes. Mira, e ademais, aínda que no houbera nada, volvo a insistir, levan dous anos gobernando e é unha vergoña que dous anos despois vostede acuda ao concello de Cangas para dicir que xa temos un anteproxecto, eu non minto, aí está a prensa, ¡eh!, ou sea, non minto eu, da acera por un lado, por a dereita pon ademais, eu non minto, non minto, suelo non mintir. Por certo, Sr. Regades, vostede tamén estuvo o outro día alí, imaxe dende logo patética, parecían alí Los Beatles cruzando o paso de peóns, bueno, o que pasa que en vez de catro eran cinco, porque hasta levaban o quinto Beatle, é certo, no único paso de peóns nunha estrada de un quilómetro douscentos metros. Que, por certo, seguramente si o Partido Popular non a licitara, adxudicara e iniciara a obra seguramente estaría como está esto sin facer. Ben, creo que esto non sólo pasa con esta estrada, xa dixemos, aquí fixeron referencia á de Forcarei de, de Moraña tamén, bueno, eu digo que vostedes son un lastre para esta provincia, e o digo porque non é normal que en un ano adxudicaran só 15 millóns de euros durante o ano 2016, non é normal, non é normal, porque o trimestre do ano anterior, do 2015, me dirán que era por as eleccións, pero eleccións desgraciadamente tuvemos e de abondo, tuvemos máis das que debíamos ter, esta Diputación, pois no primeiro, como dicía, trimestre do ano 2015, esta Diputación tiña adxudicado 22 millóns de euros, iso si, deses 15 millóns que adxudicaron o 37,2 foi por procedementos menores, é dicir, a dedo, a dedo, o 37,2, esa dende logo non é a transparencia, ou non debía ser a transparencia da que presumen non é ese aire fresco, en definitiva, o que estamos aquí a pedir é que se deixen de historias, é unha estrada estratéxica, que no seu día priorizamos noutras porque non había máis cartos e, bueno, demostren con feitos, demostren con feitos que a seguridade vial é unha preocupación, fágano con feitos, si queren votar en contra, pois voten, alá vostedes, pero non poñan trabas, poñan definitivamente en marcha de unha vez este proxecto e fágano, sobre todo, fágano sen discriminar a nadie, porque, claro, as malas lenguas din o que din, e din o que din pois porque ao mellor hai algún militante por ese lado, ó mellor algún militante do BNG significado e ó mellor vai por ese lado. Non queremos cidadáns de primeira e de segunda, queremos que cando se faga se faga por a razón que motivou que se fixera ese anteproxecto ou proxecto mal feito, o que queira, que é nin máis nin menos que dar seguridad vial a ese tramo, insisto, de un quilómetro, aproximadamente, dunha estrada moi transitada. E de momento nada máis. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Sotelo. ¿Algunha intervención máis?, non hai. Polo tanto, procedamos á votación. ¿Votos en contra da Moción?, 13, ¿non?. ¿Abstencións?, vale, entonces son 14, ¿non?, abstención. ¿Votos a favor?, 11, ¿non?. Rexéitase a Moción. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Señora, Sra. Arévalo. Sra. Arévalo Gómez.- Si, gracias. No debate da Moción de Gondomar me quedaban 10 segundos e vostede me retirou a palabra, non solamente eso, senón que eu teño que pechar a intervención da moción porque así o dice o regulamento, si quere llo leo porque o teño aquí, o Artigo 25 apartado 3c, o regulamento está para cumplir e nós o cumplimos ó pe da letra. Entonces, pídolle Presidente accidental que o Secretario diga si estou no certo ou non, porque aquí dice que, “terminadas as intervencións o Presidente dará por terminado o debate que se pechará coa intervención do propoñente, que se limitará brevemente a ratificar ou modificar a súa proposta, no seu caso aceptar as emendas formuladas por tempo máximo de dous minutos”, me gustaría por favor si o Secretario me pode decir si esto é así ou non, e o de quitarme a palabra antes de terminar que non se repita, por favor, llo rogo, Presidente accidental. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sra. Arévalo. Quitarlle a palabra antes de rematar si se está indo claramente do punto do Orden do día, sempre que presida este Presidente lla vou quitar, a usted e máis os demais como xa teño feito, ¿vale?, vale, é a primeira, primeira, primeira cuestión. E segundo, creo que rematou usted co debate. E non hai máis cuestión de orden, pero si quero facer unha reflexión, por favor, creo que hoxe había unha composición aquí de público, que obviamente non, non, vamos, pedírono oír, que este Presidente, ou os grupos estes pudemos coller sacar as desafortunadísimas declaracións que fixo un, un, vamos, un concelleiro do PP en Pontevedra, ninguneando ós de Forcarei, podemos abrabear esto hasta decir basta, e non o fixemos, non o fixemos, ¡eh!, ¿por que?, no, non por facerlle ningún favor a ninguén, porque non queremos que este pleno se poida convertir en un circo, ¿verdad?, de vir aquí a falar de calquera cousa, o que se lle ocurra á última hora, montando a bronca por calquera cousa, ¿vale?, ¿vale?. Entonces, por favor, por favor, sigamos o pleno como corresponde, ¡eh!, como corresponda, non pensaba intervir, pero, bueno, ante esto, ante esto o fago. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), e cos votos a favor do PP, a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) instando á execución do proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na EP-1005 Viso-Hio (Cangas)”. 4.6962.- AUTORIZACIÓN DA CESIÓN DA TITULARIDADE DO DEREITO DE SUPERFICIE SOBRE A PARCELA B-03 DO POLÍGONO OUTEDA-CURRO (BARRO), OUTORGADO A D. JOSÉ LUIS CAMIÑA CASTRO Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- E pasamos ao punto, pasamos ó punto cuarto, pasamos ó punto cuarto. Autorización da cesión de titularidade do dereito de superficie sobre a Parcela B-03 do Polígono Outeda-Curro, outorgado por Don José Luis Camiña Castro. ¿Algunha intervención sobre este asunto?. Ben, procedemos á votación. ¿Votos en contra?, non hai. ¿Abstencións?, non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. O Pleno da Corporación Provincial de 28 de decembro de 2016, aprobou o expediente do concurso de alleamento ou constitución dun dereito de superficie de 48 parcelas do SRAU Industrial Outeda-Curro (Barro), finalizando o prazo de presentación de proposicións o día 6 de febreiro de 2017, abríndose as ofertas técnicas e económicas os días 13 e 17 de febreiro, respectivamente. Na oferta técnica presentada por D. José Luis Camiña Castro para a constitución dun dereito de superficie sobre a parcela B-03, co obxectivo da construción dunha nave dedicada á cocción, manipulación e envasado de mexillón, xa advertía da súa pretensión de crear, unha vez adxudicada dita constitución, unha sociedade mercantil composta por dous socios fundadores: José Luis Camiña Castro e Alfredo Evaristo Mulet Fatsini. O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión de 31 de marzo de 2017, adxudicou a constitución dun dereito de superficie con opción de compra sobre a parcela B-03 do Polígono a José Luis Camiña Castro. Unha vez notificado o acordo do Pleno, co acuse de recibo de data 11/04/2017, o adxudicatario presenta no rexistro da Deputación con data 21 de abril de 2017, escrito no que solicita que o outorgamento do dereito de superficie sobre a citada parcela, en escritura pública, se realice a nome da Sociedade Limitada Mariscos Alumar S.L., xuntando copia de constitución de dita sociedade composta por os citados socios fundadores ao 50% (José Luis Camiña Castro e Alfredo Evaristo Mulet Fatsini). Visto o informe do Sr. Secretario de 9 de maio de 2017 que literalmente di: “1. En sesión plenaria de 28 de decembro de 2016 foi aprobado o expediente para o alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas (48) resultantes do proxecto de parcelación do plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar (SRAU) industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra, así como os pregos de cláusulas económico-administrativas e os seus cinco anexos. Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións ó concurso, acórdase en sesión plenaria de 31 de marzo de 2017 adxudicar entre outras, o dereito de superficie sobre a parcela B-03 a D. José Luis Camiña Castro. 2. Posteriormente, con data 21/04/2017 o citado adxudicatario, comunica a constitución dunha sociedade (Mariscos Alumar, S.L.) achegando a documentación acreditativa e solicita se outorgue a nome de dita sociedade o dereito de superficie na correspondente escritura pública, do que foi adxudicatario no seu día. A sociedade Mariscos Alumar, S.L. constituída mediante escritura pública de 29 de marzo de 2017 ante o notario de O Grove, Pablo Pazos Otero, e está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, con data 18 de abril de 2017 no Tomo 4192, folio 35 inscrición 1ª. Segundo consta na citada escritura pública o capital social da sociedade é de 5.000,00€ representado por cincocentas participacións, dos cales D. José Luis Camiña asume duascentas cincuenta e D. Alfredo Mulet outras duascentas cincuenta. A administración da mesma está confiada a ambos, pois son administradores mancomunados. 3. A sociedade é unha sociedade de capital e está constituída correctamente (art. 1 e 20 RDL 1/2010, de 2 de xullo). 4.Toda vez que foi en sesión plenaria onde se adxudicou o dereito de superficie a unha persoa física (un dos socios fundadores da actual sociedade) procede de conformidade coa petición efectuada que mediante novo acordo plenario se modifique o anterior en base á documentación achegada e se acorde a adxudicación á dita entidade mercantil”. O día 15 de maio de 2017 emite informe o Técnico-Colaborador do Polígono no sentido de propoñer ao Pleno da Corporación autorización da cesión da titularidade do dereito de superficie sobre a parcela B-03, a favor da sociedade mercantil Mariscos Alumar S.L.. Tendo en conta o anterior, o Pleno, de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno acorda, por unanimidade, autorizar a cesión da titularidade do dereito de superficie sobre a parcela B-03 do Polígono Industrial Outeda-Curro (Barro), acordada polo Pleno da Corporación de 31 de marzo de 2017 a D. José Luis Camiña Castro, a favor da sociedade mercantil Mariscos Alumar S.L., da cal asume o 50% D. José Luis Camiña Castro, anterior adxudicatario, permanecendo o resto do acordo de 31 de marzo de 2017 nas mesmas condicións. 5.6963.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) POLA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Punto 5. Moción do Grupo Provincial Mixto, Coalición Electoral SON, pola biodiversidade frente á eucaliptización. Polo portavoz do, do Grupo Mixto, Sr. Jácome. Sr. Jácome Enríquez.- Si. Bo día a todas e todos, outra vez. Co Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, entra en vigor o Catálogo Español de Especies Exóticas e Invasoras co obxecto de reforzar a protección do medio ambiente e a biodiversidade. O problema causado por estas especies foi considerado prioritario dentro da Estratexia de Biodiversidade da Unión Europea para o ano 2020. Dende os anos 60, Galiza, Asturias, norte e centro de Portugal e suroeste de Andalucía foron territorios repoboados coa especie exótica eucalipto para abastecer as fábricas de pasta de papel con esta madeira. O que nun principio parece que se trataba de dispor dun número determinado de hectáreas desa especie, co paso do tempo foi incrementándose de maneira exponencial. Dende as 130.000 hectáreas do ano 1973, en 2016 chega a ocupar na Galiza máis de 400.000 hectáreas entre masas puras e mixtas, o que representa practicamente a quinta parte do monte galego. Quere dicir que os eucaliptais medraron en superficie un 300% en 43 anos. Dito incremento asóciase a varias causas, á parte das repoboacións voluntarias apoiadas e subvencionadas dende a administración como único cultivo forestal alternativo, destaca o avance descontrolado cara a terras abandonadas por espallamento da semente, agravado polos incendios forestais, cando se dan as mellores condicións de propagación. Dende o punto de vista económico, cómpre engadir que moitos dos eucaliptais que pasaron dos tres aproveitamentos, tres cortas, pola perda de rendabilidade para o propietario, quedan totalmente descoidados xerando espazos impenetrables de varas carentes de valor que fican nese estado ata que volven a ser pasto do lume, incrementando a superficie de áreas degradadas. Na actualidade, aproximadamente 175.000 hectáreas con eucaliptos están nesta situación. O Plan Forestal de Galiza do ano 92, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego para un período de 40 anos, contemplaba pór freo ás repoboacións de eucalipto, resultando ser un auténtico fracaso. Partía das referencias do Inventario Forestal Nacional do ano 86, onde os eucaliptais ocupaban 220.000 hectáreas. Analizada a secuencia evolutiva dos eucaliptos entre masas puras e mixtas na Galiza, no ano setenta e tres tiñamos 131.800 hectáreas, no oitenta seis 220.000, no noventa e oito 350.000, e no dezaseis máis de 400.000 hectáreas. Evidénciase que no período de control previsto no Plan Forestal de Galiza, só entre 92, ano da súa publicación, e 98, a superficie de eucalipto aumenta en 60.000 hectáreas, quere dicir, en seis anos excédense as previsións totais do plan de 40 anos. Ao mesmo tempo, a proliferación do eucalipto vén acompañada de pragas e enfermidades, algunhas foráneas, que chegaron coa importación de madeira desa especie. Isto leva aos produtores e ás empresas pasteiras a aplicar insecticidas e funxicidas de forma extensiva e intensiva. A FAO tense pronunciado sobre as plantacións de eucaliptais novos, que son os que chegan á quenda de corte ideal das fábricas de pasta de papel. Según a FAO, estas especies de crecemento rápido “non regulan ben o caudal hídrico coma os bosques naturais, as fortes e longas raíces superficiais fan que compitan coa vexetación rasante e cos cultivos veciños cando a auga escasea. Os eucaliptos non dan bos resultados para conter a erosión en condicións de seca, rematan coa vexetación rasante absorbendo a auga coas súas raíces, e a corta continuada de eucaliptos a matarrasa, único método de corta utilizado, orixina un rápido esgotamento dos nutrientes do solo e impide o desenvolvemento das plantas-herbas de ciclo anual. Os eucaliptos desprazan os ecosistemas anteriores e apenas se constata a existencia de fauna. Se analizamos a aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, que entrou en vigor no Estado no 2008, adaptado na Galiza coa Lei 07/2008 de Protección da Paisaxe de Galiza, os proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, sendo de aplicación as repoboacións e intervencións nos montes, pode comprobarse que as administracións responsables fan caso omiso das, das recomendacións. É evidente o impacto que a repoboación con eucaliptos e o seu espallamento tiveron, teñen e terán sobre o territorio galego se non se modifican as condicións actuais. Polo tanto, existen motivacións suficientes para que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño proceda á inclusión do eucalipto como especie exótica e invasora no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do Estado Español, e de non ser así, que o Parlamento do estado español se pronuncie sobre o asunto. Por todo isto, proponse ao pleno da Deputación Provincial de Pontevedra a adoptación, a adopción dos acordos que veñen contidos na Moción e que xa todos os grupos teñen no seu poder. Moitas grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Jácome. ¿Algunha palabra máis?. Señora, por orden, ¿non si?, Sra. Eva Vilaverde. Sra. Villaverde Pego.- Grazas Presidente. Moi bo día a señores e señoras deputadas. Por desgraza nesta provincia de Pontevedra temos un coñecemento moi claro, sabemos moi ben cal é o significado do termo eucaliptización, e tamén de cales son as consecuencias da, da expansión deste cultivo dende os anos 60, en grande parte provocado por atender intereses económicos de grandes empresas, que tamén por desgraza ben coñecemos nesta provincia e en especial nesta cidade. Falamos de consecuencias como o abandono absoluto dos nosos montes, o incremento de incendios forestais descontrolados, a desaparición de especies autóctonas deses montes coas consecuencias que isto ten para o medio e tamén para o solo, inexistencia de plans de desenvolvemento e de saídas produtivas e económicas alternativas, etc., etc. Coñecida tamén é a postura do BNG dende as institucións na defensa da multifuncionalidade do monte, do fomento de plantación de autóctonas para madeira de calidade i da nosa postura a prol da redución con incentivos da plantación de eucaliptos e tamén do noso labor dende a rúa da man de comunidades de montes e da propia veciñanza nesta mesma dirección. Polo tanto, a pesares de que esta non é a nosa moción si vai nesta mesma dirección de redución no aumento da superficie cultivada de eucaliptos de maneira masiva e máis alá de medidas concretas ou datos concretos que loxicamente terán que estudar os técnicos das administracións competentes, pois imos a votar a favor. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sra. Vilaverde. Sr. Font, ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidente. Buenos días a todas y a todos. Quiero solicitar en principio en relación con esta Moción que la forma de votación sea separadamente por cada uno de los puntos, es decir, votarlos de forma independiente, porque aunque es cierto que estamos a favor del contexto de esta Moción entendemos que alguno de los puntos corresponden a otras administraciones. Desgloso nuestra postura punto por punto. En el punto primero, estamos totalmente a favor de este punto al entender que la declaración que se propone se corresponde precisamente con los principios que este gobierno está manteniendo a favor de la biodiversidad. Esta administración, la nueva Diputación, lleva dos años trabajando en este sentido con actuaciones que son claramente de apoyo a nuestro ecosistema y no son sólo palabras, porque pudiera parecer muy fácil pero acabamos de proceder a la tala de 333 eucaliptos en la finca de Soutomaior, que son 504 toneladas de esta especie, después de largas décadas de permisividad de la anterior administración en esta Diputación que ha llevado a que tengamos más de 25 hectáreas de explotación forestal. Si hemos hecho y hemos procedido a esta tala es atendiendo a razones de protección medio ambiental y también de conservación paisajística frente a esta especie invasora que tiene claramente unas consecuencias negativas. También en este, en este gobierno estamos actuando de la misma manera en relación con el Castelo de Sobroso y están analizando los técnicos una actuación similar, porque precisamente en el año 2006 se produjo un incendio y han vuelto a rebrotar y que por falta de mantenimiento y desidia de gobiernos anteriores se ha producido este, este rebrote. Por lo tanto, estamos claramente a favor de esta declaración de menos eucalipto e máis diversidade y votaríamos a favor. En el punto segundo, en relación a la solicitud al Ministerio de Medio Ambiente sobre que se inscriba el eucalipto en el Catálogo de especies exóticas invasoras, entendemos que esta inclusión está regulada en un Real Decreto y que corresponde en otro ámbito normativo y que no somos la administración competente para la adopción de este acuerdo. Por lo tanto, en esta parte, y como decía al principio, por no interferir nos abstendríamos. En el punto tercero, este grupo provincial, evidentemente, es conocedor de que en este momento la Xunta de Galicia está preparando un nuevo decreto para desarrollar la Ley de Montes y también un plan forestal, bien es cierto que ha sido el típico anuncio realizado hace un año, como nos tiene acostumbrados el gobierno de la Xunta, pero que un año después desconocemos absolutamente en qué situación está, pero es el gobierno de Galicia el que debe de articular estos mecanismos legales y no le vemos la urgencia, porque no es la primera vez que ante alguna medida de este tipo por parte del gobierno del Sr. Feijoo se carga a los propietarios con la prevención y recae, finalmente, en los comuneros que son los que deben de pagar el cierre de los montes. Por lo tanto, creemos que debemos de participar en este debate, pero que no por tener mucha prisa esto ciertamente va a salir mejor. Por lo tanto, estas actuaciones deben de estar reguladas por ley y como nos tememos el que puedan ser los perjudicados los interesados, también nos abstendríamos en esta parte entendiendo que corresponde, como reiteraba, a la Xunta de Galicia. Con el mismo argumento es válido para el punto cuatro, entendiendo que la definición jurídica sobre esta especie invasora la deben de hacer los gobiernos de España y de Galicia, si bien es cierto que debemos desde esta administración estar atentos. Por lo tanto, en la parte que consideramos sustantiva de la declaración totalmente a favor, pero en el punto dos, tres y cuatro, en caso de votarse separadamente, nos abstendríamos por considerar que corresponden y que son competencia ... Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Font. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Primeiro un, quería facer un apunte do que dicía vostede antes, e que eu entendo que é así, falaba vostede que tuveron boa voluntad cos veciños que había anteriormente para non falar dunhas declaracións que existiron no pleno de Pontevedra, nós lle decimos o mismo, nós tamén tuvemos unha boa voluntad, tiñamos un listado de carreteras, en moitos casos de persoas que estaban aí que lle pasan por diante da súa casa, que están en total abandono e non quixemos mencionala, logo nós tamén apostamos por esa boa volundad e non crear esto nun circo, e moito menos. Falando xa da Moción que nos leva, no principio do pleno, nós intentamos negociar, en este caso, co promotor da, da Moción, e tamén estamos de acordo en que se vote por puntos e introducir un punto máis, no noso caso o que presentamos é que se cumpra co Plan forestal de Galicia aprobado de forma unánime recentemente por tódolos sectores vinculados co monte. Logo, nós entendemos que existe un plan forestal, que foi aprobado no Parlamento de forma unánime, donde estaban representados tódolos sectores e tódalas persoas que tiñan un protagonismo especial neste problema, e entendemos tamén que o eucalipto, en este caso, pois existe un exceso da súa plantación, e incluso nalgúns casos pois se está plantando en zonas agrícolas, pero tamén existe unha realidade que é que as propias comunidades de montes pois utilízano, pois, en este caso, como inversión en moitos caso por temas económicos. Logo, nós entendemos que ese plan forestal foi aprobado de forma unánime por tódolos sectores e por eso pedimos introducir ese punto e que, e que se vote de forma individual tódolos puntos que existen nesa moción. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias señor, Sr. Moldes. Eu crin que a Moción xa tiña demasiados puntos e resulta que lle poñemos algún máis, non hai problema. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Jácome, si, agradecería que se pronunciara sobre as propostas de tal. Grazas. Sr. Jácome Enríquez.- Si. Vémonos obrigados a rexeitar a emenda do, do Grupo Provincial do Partido Popular, non creemos que esta revisión do Plan forestal de Galicia sexa a máis adecuada, xa no mesmo, na mesma emenda establece puntos como, simplificar os trámites de autorizacións de corta de madeira ou desenvolvemento de incentivos fiscais que faciliten a inversión privada, cos que non podemos estar de acordo. Agora ben, a votación por puntos non temos inconveniente en que se leva a cabo así. E, polo tanto, si lle parece ben aos grupos pasamos á votación. Grazas. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas señor, Sr. Jácome. Ben, entonces non aceptada a engádega, sabes que o autor, o grupo propoñente dunha Moción senón acepta a modificación hai que votala tal como, tal como ese grupo a propón. Polo tanto, pasamos a votación sin esa engádega e aceptada polo propoñente o votalo por, por puntos, que me parece que son o un e máis o resto, ¿non?, máis ou menos, o un e máis o resto, o punto un e os outros dous, tres, catro, ¿non?. Entonces vamos co, a votar o punto 1. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?, 11, ¿non?. ¿Votos a favor?, 14, ¿non?, 15, 14, ¿non?. Ben. E despois o punto 2, 3 e 4 da Moción. ¿Votos en contra?, non hai. ¿Abstencións?, abstencións pois deben ser nove e once, vinte, ¿non?. ¿Votos a favor?, 5. Queda, queda nos dous casos aprobado por maioría, nun segundo caso unha maioría moi particular, pero maioría. En relación coa Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON) sobre a biodiversidade fronte á eucaliptización, acórdase a súa votación separada por puntos resultando a seguinte: Punto 1.-A favor: PSdeG-PSOE, BNG e Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e coas abstencións do PP. Punto 2.-A favor: BNG e Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e coas abstencións do PP e do PSdeG-PSOE. Punto 3.-A favor: BNG e Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e coas abstencións do PP e do PSdeG-PSOE. Punto 4.-A favor: BNG e Grupo Mixto (Coalición Electoral SON) e coas abstencións do PP e do PSdeG-PSOE. En consecuencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Medio e Desenvolvemento Sostible acorda, por maioría, aprobar a Moción do Grupo Mixto (Coalición Electoral Son) para frear a expansión do eucalipto, co título “Pola Biodiversidade fronte á Eucaliptización”. Dita moción é como segue: “Xosé Lois Jácome Enríquez, deputado do grupo mixto (Coalición Son), presenta a seguinte moción para o seu debate e a súa aprobación, se procede, no pleno da Deputación de Pontevedra: MOCIÓN POLA BIODIVERSIDADE FRONTE A EUCALIPTIZACIÓN Co Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, entra en vigor o Catálogo Español de Especies Exóticas e Invasoras co obxecto de reforzar a protección do medio ambiente e a biodiversidade. O problema causado por esas especies foi considerado prioritario dentro da Estratexia da Biodiversidade da Unión Europea para o ano 2020, aprobando o Regulamento 2016/1141 sobre especies exóticas e invasoras. Dende os anos 60, Galiza, Asturias, norte e centro de Portugal e suroeste de Andalucía foron territorios repoboados coa especie exótica eucalipto para abastecer as fábricas de pasta de papel con esta madeira. O que nun principio pareceu que se trataba de dispor dun número determinado de hectáreas desa especie, co paso do tempo foi incrementándose de maneira exponencial. Dende as 130.000 hectáreas do ano 1973, segundo o primeiro inventario forestal do estado (IFN), en 2016 chega a ocupar na Galiza máis de 400.000 ha. entre masas puras e mixtas (con outras especies), o que representa practicamente a quinta parte do monte galego. Quer dicir, os eucaliptais medraron en superficie un 300 % en 43 anos. O dito incremento asóciase a varias causas. Á parte das repoboacións voluntarias apoiadas e subvencionadas dende a administración como único cultivo forestal alternativo, destaca o avance descontrolado cara a terras abandonadas por espallamento da semente, agravado polos incendios forestais, cando se dan as mellores condicións de propagación pola velocidade do lume e o lanzamento de muxicas (poden chegar a máis dun km, cos conseguintes riscos para a poboación do contorno). Nos últimos 40 anos, a superficie invadida pola semente de eucalipto só a consecuencia dos lumes forestais estímase en máis de 25.000 ha., co que aumentou o avance descontrolado desta especie. Ademais, os eucaliptais convértense en terreos con escasa biodiversidade debido aos aceites esenciais das follas, que forman ao caer unha capa sobre o chan cunha baixa taxa de descomposición. Por outra banda, as raíces procuran humidade e auga chegando a percorrer máis de 50 m en eucaliptos de 25 m de altura, penetrando en depósitos e mananciais, e creando unha maraña superficial que impide a filtración das augas cara aos acuíferos. Dende o punto de vista económico, cómpre engadir que moitos dos eucaliptais que pasaron dos tres aproveitamentos (tres cortas), pola perda de rendibilidade para o propietario quedan totalmente descoidados, con proliferación de abrochos de cepa, xerando espazos impenetrables de varas carentes de valor económico que fican nese estado ata que volven ser pasto do lume, incrementando a superficie de áreas degradadas. Na actualidade, aproximadamente 175.000 ha. con eucaliptos están nesta situación. O Plan Forestal de Galiza de 1992, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego para un período de 40 anos, que contemplaba pór freo ás repoboacións de eucalipto, resultou un auténtico fracaso. Partía das referencias do Inventario Forestal Nacional (IFN) do ano 1986, onde os eucaliptais ocupaban 220.000 ha. (a proliferación xa era notoria dende o inventario anterior). Analizando a secuencia evolutiva dos eucaliptais entre masas puras e mixtas na Galiza: 1973: I Inventario Forestal Nacional: 131.800 hectáreas. 1986: II Inventario Forestal Nacional: 220.000 hectáreas. 1998: III Inventario Forestal Nacional: 350.000 hectáreas. 2016: Máis de 400.000 hectáreas. Evidénciase que no período de control previsto no Plan Forestal de Galiza, só entre 1992 (ano da súa publicación) e 1998, a superficie de eucalipto aumenta en 60.000 hectáreas; quer dicir, en seis anos excédense as previsións totais do plan de 40 anos. Ao mesmo tempo, a proliferación do eucalipto vén acompañada de pragas e enfermidades, (algunhas foráneas, que chegaron coa importación de madeira desa especie), insectos como a Phoracantha semipunctata, o Gonipterus scutellatus (gurgullo do eucalipto) e fungos. Isto leva aos produtores e ás empresas pasteiras a aplicar insecticidas e funxicidas de forma extensiva e intensiva, con grande contestación social por empregaren glifosato (de efectos nocivos para a saúde animal) para diminuír a carga do sotobosque, flufenoxurón ( co nome comercial de “Cascade”, altamente perigoso) para combater o gurgullo, e a loita biolóxica coa solta do insecto foráneo denominado Anaphens nitens. A FAO tense pronunciado sobre as plantacións de eucaliptais novos (12-15 anos), que son os que chegan á quenda de corta ideal das fábricas de pasta de papel. Segundo a FAO, estas especies de crecemento rápido “non regulan tan ben o caudal hídrico coma os bosques naturais, as fortes e longas raíces superficiais fan que compitan coa vexetación rasante e cos cultivos veciños cando a auga escasea. Os eucaliptos non dan bos resultados para conter a erosión en condicións de seca, rematan coa vexetación rasante absorbendo a auga coas súas raíces. A corta continuada de eucaliptos a matarrasa (único método de corta utilizado), orixina un rápido esgotamento dos nutrientes do solo e impide o desenvolvemento de plantas-herbas de ciclo anual. Os eucaliptos desprazan os ecosistemas anteriores, apenas se constata a existencia de fauna, e reducen a biodiversidade. Se analizamos a aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, Florencia 2000, que entrou en vigor no Estado en 2008, adaptado na Galiza coa Lei 07/2008 de Protección da Paisaxe de Galiza, e a Directiva Europea 2014/52UE que avalía os proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, sendo de aplicación as repoboacións e intervencións nos montes, pode comprobarse que as administracións responsables fan caso omiso das recomendacións. É evidente o impacto que as repoboacións con eucaliptos e o seu espallamento tiveron, teñen e terán sobre o territorio galego se non se modifican as condicións actuais, nas que se ignoran os aspectos recollidos nas directivas europeas e na lexislación estatal e autonómica en materia de protección da paisaxe, e que dan como resultado centos de hectáreas continuadas, moitas delas afectadas por pragas, producindo anormalidades ambientais como a diminución dos caudais de pozos e mananciais, solos sen biodiversidade, carencia de fauna, contaminación por tratamentos químicos etc. Polo tanto, existen motivacións suficientes para que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño proceda á inclusión de eucalipto como especie exótica e invasora no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do Estado Español, e de non ser así, que o Parlamento do estado español se pronuncie sobre o asunto. Ademais, proponse a adopción das medidas inmediatas URXENTES que se enumeran a seguir, mentres non se elabore unha nova normativa reguladora que as inclúa na Lei de Montes. Por todo isto, proponse ao pleno da Deputación Provincial de Pontevedra a adopción do seguinte ACORDOS: 1.- Aprobar a declaración da Deputación Provincial de Pontevedra: “Menos eucalipto e máis biodiversidade” nos seguintes termos: Co fin de frear o esgotamento e desertización do solo e a ameaza ecolóxica que a especie exótica do eucalipto supón para os nosos ecosistemas, a Deputación Provincial de Pontevedra declárase a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sustentable da flora e a fauna autóctonas da nosa terra. 2.- Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español. 3.- Coa inclusión no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras, e tendo en conta o impacto que podería ter tal resolución sobre algúns propietarios de montes, mentres non se elabore unha normativa para regular a superficie ocupada polo eucalipto adoptaranse as seguintes medidas de carácter urxente, mediante normativa vinculante para as comunidades autónomas: - Paralización de novas plantacións de eucalipto. - Eliminación desta especie dos espazos sensibles (os incluídos na Lei de Espazos Naturais e Rede Natura). -Eliminación do eucalipto nun prazo de cinco anos das terras agrarias ocupadas dende o I Inventario Forestal Español. Como primeiro paso na recuperación destes terreos. -Eliminación desta especie nun radio de 100 m. dos mananciais e marxes de regatos e ríos nun prazo de cinco anos. -Ruptura da continuidade das masas forestais de eucalipto en montes veciñais en man común cada cinco hectáreas, con distancias mínimas de separación entre masas de 100 metros sen esa especie, e en terreos privados particulares cunha separación de 25 metros cada 0,5 hectáreas ocupadas por eucaliptos. -Separación de 200 metros de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias. -Instar ás administracións a que se doten de orzamento destinado a conceder axudas para o cumprimento destas medidas. 4.- Trasladar este acordo á Consellaría de Medio Ambiente, á Consellaría de Medio Rural, ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e ao Parlamento Europeo co obxecto de que esta especie se inclúa tamén dentro do Catálogo Europeo de Especies Exóticas e Invasoras.” Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Ben. Acabada, acabado a parte resolutiva de mocións e demais, vamos ca parte de información e control. b) Parte de información e control: 6.6964.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE ABRIL DE 2017 Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Seis, punto 6. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores corresponde ó mes de abril do 2017. ¿Algunha intervención?. ¿Algunha aclaración?, non hai. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecido no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de abril de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE ABRIL DE 2017. Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Abril -11,2464640210 1.943.729,71 13,5265204341 65.746,85 -10,4359317035 Escola de Enfermería Abril 2,0046232325 1.925,06 0,0000000000 0,00 2,0046232325 Consorcio de Incendios e Salvamento Abril -6,9336013130 225.285,78 0,0000000000 0,00 -6,9336013130 TOTAL 2.170.940,55 65.746,85 -10,0724593432 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 19 de maio de 2017 tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de abril de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de abril de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 7.6965.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Sete. Dar conta das Resolucións Presidenciais. ¿Algunha intervención?, ¿algunha aclaración?, non. Pois queda, queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 25 de abril e 23 de maio de 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 8.6966.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Oito, Rogos e preguntas. Pediríalle a todos os que pensen facer rogos e preguntas que as, que as presenten, bueno, que non sería imprescindible. Veña, Sr. Alén. Sr. Alén Montes.- Ola. Bos días. Gracias Presidente. Marchoume Uxío, entón teño que preguntarllo ó Presidente, foi unha coincidencia, xusto cando hai Rogos e preguntas, entendo que é unha coincidencia. Vamos a ver, eu quero falar aquí un momento da Franqueira, A Franqueira como sabedes é o Rocío Galego, é a romería máis, digamos, visitada de todo Galicia dispois da Catedral de Santiago, e temos unha obra pendiente alí desde fai dous anos. Sr. Mosquera a obra xa estaba adxudicada, xa pasaron dous anos, é unha obra que, bueno, que está, que esta Diputación sabe dela, eu sei que había algúns problemas ao principio, pero, bueno, dous anos dispois alí non se fixo nada. É o domingo, o domingo non, o luns que vén, o día cinco. Entón, gustaríame saber que é o que pasou pa que dous anos dispois, aquí está o cartel, estaba presupostada, non é un problema de cartos, por que está iso parado, ademais sabendo que Patrimonio, sabemos que xa autorizou a obra esa. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Alén. Tanto o Sr. Uxío coma outros, ó cambiar o día, en estos momentos tuvo que marcharse porque ten exactamente, ten que presidir a comisión de contas, especial de contas en Tomiño. Eu non lle podo contestar directamente, creo que había un, algún problema con Patrimonio, creo. Sr. Alén Montes.- Pero xa está arreglado, ¡eh!. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Pero se está arreglado habrá que, habrá que volver, eu creo que se potenciou e tal. Se non estando el, pois contestaráselle por escrito, ou pregúntalle, que está, directamente. Sr. Alén Montes.- Pois si pode ser por escrito, se agradece. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Pois que conteste por escrito. Sra. Cachafeiro. Sra. Cachafeiro Anta.- Ola. Bos días. Hoxe tivemos aquí unha pequena representación dos veciños de Soutelo de Montes, habría aproximadamente 50 veciños, pero eu no meu concello teño 3.600 veciños. Quizá a eles hoxe se lle pasou decirllo de que temos as carreteras da Diputación, pois, desde fai dous anos sin mantenimiento, o que demostra unha total desidia por parte desta administración. Eu voulle a decir, amáis eran carreteras que si lle afectan aos veciños de Soutelo, que son a carretera Soutelo-Covas, a carretera Soutelo-Ratel, a carretera Soutelo-San Miguel e a carretera de Forcarei a Cerdedo. Rogaríalle e pediríalle que me diga cando se vai a proceder á súa limpieza, porque estamos xa en plena fecha de festas e levan dous anos sin desbrozar. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sra. Cachafeiro. Contestaráselle por escrito. Sr. Bas. Sr. Bas Corugeira.- Bos días. Moitas gracias tamén. É unha pena que o Sr. Benítez non esté porque, bueno, eu traio un rogo relacionado con un acordo plenario do 25 de maio do 2017, do concello de Redondela, en donde se acorda que se inste ao deputado provincial Uxío Benítez a que visite Redondela cos grupos políticos e coas asociacións veciñais para comprobar as necesidades de mellora das estradas provinciais tal e como se tiña comprometido na xuntanza do 10 de novembro de 2016, que tivo con representantes municipais na Deputación de Pontevedra. Por eso rogo á Presidencia que dea as instrucións pertinentes para que este membro do seu goberno, D. Uxío Benítez, cumpla co seu compromiso de visitar Redondela para comprobar de primeira man todas as necesidades das carreteras provinciais, xa que este compromiso data de fai máis de 6 meses. Eu rogaría que se cumplira dunha vez por todas ese compromiso. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Grazas señor, Sr. Bas. Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Moi brevemente, quixera facer, bueno, unha pequena apreciación, aquí o Grupo Provincial do Partido Popular tiña unha Moción que non foi debatida en virtud de un informe do Sr. Secretario, donde dicía que non era competencia, e eu me pregunto cal é a competencia que ten esta Diputación en materia sanitaria; i dispois, claro, tamén cando se aplica un informe, pois, que se aplique para todo, ¿no?, porque creo que hasta este momento esta Diputación non ten competencia en materia sanitaria. Despois me gustaría tamén dicir que si, por favor, que se me conteste a unha pregunta que había feito no pleno anterior donde preguntaba si se había anulado algunha subvención ao comedor social de Cangas i cal é o motivo si é así, porque non o sei, non teño a seguridad, entonces me gustaría que, que se me contestara. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Sotelo. O Secretario está tomando nota da, para transmitir. ¿Algún rogo?. ¿Algunha pregunta máis?. Moitas grazas. Levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte e sete minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Cesáreo Mosquera Lorenzo Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición