ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Recortes de prensa sobre capela de San Pedro Mártir (1995)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..5.2.44.418/45

  • Título Recortes de prensa sobre capela de San Pedro Mártir (1995)

  • Data(s) 1995 (Creación)

  • Volume e soporte 3 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1 - Artigo escrito por Vicente Barreiro e publicado no xornal Faro de Vigo (12/04/1995) con motivo da doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas. Inclúe tres fotografías de Rafa Hijo, en branco e negro, das reparacións e do antigo altar. 2 - Artigo escrito por Vicente Barreiro e publicado no xornal Faro de Vigo (s.d.) con motivo da celebración da romaría de San Pedro Mártir por primeira vez en 38 anos. Inclúe unha fotografía, de Rafa Hijo, que captura un momento da procesión. En branco e negro. 3 - Recorte de prensa sobre a restauración da capela. (s.d.) Inclúe unha fotografía de Rafa Hijo, a cor, dos traballos de reparación da capela.

Área de notas

  • Nota Contén fotografías

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Gándara (PORTAS) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición