ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Documentación relacionada coa vivenda sita en Duque de Rivas 18, en Vilagarcía de Arousa, e o seu arrendamento como casa-cuartel (1941-1963)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..1.1.5.44.419/15

  • Título Documentación relacionada coa vivenda sita en Duque de Rivas 18, en Vilagarcía de Arousa, e o seu arrendamento como casa-cuartel (1941-1963)

  • Data(s)

  • Volume e soporte 29 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1 - Juan Gándara Rivas presenta a declaración xurada de rendas para a vivenda sita en Duque de Rivas, arrendada como casa-cuartel dos carabineiros (24/06/1941). 2 - A Alcaldía de Vilagarcía de Arousa emite certificación a favor de Juan Gándara Rivas sobre as súas propiedades urbanas e rústicas, e o seu valor en venda (09/03/1943). 3 - Carta de pagamento de taxas públicas pola emisión dunha certificación municipal a favor de Juan Gándara Rivas (vivendas na rúa Duque de Rivas, Telleira e Trabanca), e os herdeiros de Agustín Gómez (vivenda na rúa González Besada) en Vilagarcía de Arousa (21/11/1947). 4 - Declaración no Rexistro Fiscal dos herdeiros de Juan Gándara Rivas (non presentada) para a vivenda sita na rúa Duque de Rivas 18, arrendada como casa-cuartel da Garda Civil (07/02/1956). 5 - A Alcaldía de Vilagarcía de Arousa emite certificación a favor dos herdeiros de Juan Gándara Rivas sobre as súas propiedades urbanas e rústicas, e o seu valor en venda (18/11/1958). 6 - Cédula de notificación de Facenda, pola cal entrega a liquidación 179 de 1963 necesaria para a contribución tributaria urbana referida á vivenda sita na rúa Duque de Rivas (13/02/1963). 7 - Anotacións persoais sobre o pago do arrendamento da casa-cuartel para os anos 1944-1964 (s.d.). 8 - Anotacións sobre a declaración do aumento das tributacións por propiedades urbanas (IBI) (s.d.). 9 - Declaración de subidas no arrendamento da vivenda Duque de Rivas (s.d.). 10 - Anotacións sobre declaracións da renda en Facenda dos anos 1941 e 1956 (s.d.). 11 - Copia manuscrita do rexistro fiscal de 1954, do Concello de Vilagarcía de Arousa, para a vivenda sita en Duque de Rivas 18. Páxina 135, tomo 1º (s.d.).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición