ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente xeral de persoal da Cidade Infantil Príncipe Felipe (1983)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.3.3.4.45.212/7

  • Título Expediente xeral de persoal da Cidade Infantil Príncipe Felipe (1983)

  • Data(s) 1983 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe(1975-) A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer. O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles. A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable. Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido - Expediente xeral de persoal da Cidade Infantil Príncipe Felipe: >Relación de todo o persoal: Administración, Centro de Maternais e Párvulos, Centro de Educación Xeral Básica EXB, Residencia de Maiores, Almacén xeral, Centro Escola Fogar, Centro de Educación Especial, Servizos xerais, Mantemento, Despensa e cociña; Roupeiro, lavandería e comedor; Centro de Vacacións da Lanzada con expresión de nº de ficha, nome, cargo, contrato e antigüidade, 31-05-1983. >Relación de irregularidades na fichaxe do persoal de outubro. >Nómina de aprendices e informe do director da Residencia de maiores sobre as retribucións ou premios que reciben, 12-1983. Data: 1983

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe (Tema) (Creador)

Área de control da descrición