Fondos
1989-04-20_Extraordinaria. Acta de sesión 1989/04/20_Extraordinaria
Acta de sesión 1989/04/20_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.13.097/1.1989-04-20_Extraordinaria
Título Acta de sesión 1989/04/20_Extraordinaria
Data(s) 1989-04-20 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 73,78 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 20 de abril de 1989. No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas, do día vinte de abril de mil \novecentos oitenta e nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Xosé Cuíña Crespo, reuníronse os Sres. Deputados D. Adolfo Abalo Ríos, D. Xosé Manuel Barros González, D. José Castro Alvarez, D. Francisco Javier Cobián Salgado, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Manuel Costa Casares, D. Xesús Manuel Costas Abreu, D. Manuel Díaz González, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Elvira Fernández Díaz, D. Emilio González Iglesias, D. Sebastián Juncal Currás, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Xosé Manuel Losada Millán, D. Carlos Mantilla Rodríguez, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. César Xosé Mera Rodríguez, D. Diego Murillo Carrasco, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Lois Pena Viéitez, D. Xosé Manuel Pérez Alarcón, D. Antonio Pillado Montero, D. Modesto Valverde Soto, e D. Gilberto Benito Vila Salgueiro, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, con arreglo á correspondente Orde do Día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fe do acto o Secretario Xeral Interino D. Antón Castro López, e está presente o Sr. Interventor de Fondos provinciais Interino, D. Bernardo José Mosquera Souto. . Non asisten os Sres. Deputados D. Xosé Manuel Gallego Lomba e D. Fernando Garrido Valenzuela. Declarada aberta a sesión e de orde da presidencia éntrase seguidamente no exame da arde do Día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.2401.- COMARCALIZACIÓN DOS SERVICIOS DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- a único punto da arde do Día deste Pleno extraordinario, refírese á aprobación ou non dunha Moción sobre a Comarcalización dos Servicios desta Institución Provincial, que suscribrimos en principio tódolos grupos políticos que compoñen esta Corporación. Con absoluto respeto, por suposto, ó Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu artigo 27.2 recolle que a organización e réxime xurídico das Comarcas e as parroquias rurais, pódense e débense interpretar como Entidades Locais, e que recoñece á Comarca coma Entidade Local con personalidade xurídica e demarcación propia. Neste caso o único que pretendemos é pór en marcha a Comarcalización, ben entendida, dos Servicios desta Deputación, pero que tamén ó mesmo tempo, como di a moción, puidera servir de base para a colaboración no que chamamos a organización Territorial de Galicia en Comarcas. Vou dar lectura desta moción: "As Comarcas son amais dunha realidade xeográfica, económica e social, unha das formas de organización territorial e institucional previstas para o futuro da nosa Comunidade Autónoma, segundo os mandatos contidos no Estatuto de Autonomía. Pero as Comarcas tamén, as Comarcas tamén son e poden ser ámbitos idóneos para a prestación de servicios de natureza supramunicipal ou de imposible ou dificultoso establecemento e prestación para as capacidades ailladas dos concellos. No que nós, como membros desta Deputación máis directamente nos incumbe, as Comarcas son a posibilidade máis racional que temos a man de organizar moitos dos servicios desta Institución e de instrumenta-la cooperación cos Concello. A prerrogativa de autoorganización que esta Deputación ten legalmente atribuída na Lei de Bases do Réxime Local, as competencias de coordinación e asistencia ós Servicios Municipais e Supracomarcais, a posibilidade de estructura-lo contido dos Plans provinciais de Cooperación "por servicios ou zonas" e a opción de crear "órganos desconcentrados e descentralizados para a xestión de Servicios", fornecen a base legal de actuación necesaria para as medidas propostas nesta Moción. En todo caso, quixéramos salienta-lo contido no apartado primeiro do texto da moción, mostra da lealdade institucional da que se parte e da consciencia de que se ben nesta Moción o que se propón é inicia-lo proceso de comarcalización dos Servicios propios da Deputación, tal actuación pode e debe servir de base á futura Comarcalización nun senso estricto (creación das Comarcas como Entidades Locais), e tamén nesta importante labor ofrece esta Institución a súa colaboración. Polo exposto, propónselle ó Pleno: Inicia-lo proceso de Comarcalización dos Servicios desta Deputación e para tal fin: 1º.- Informarase á Xunta de Galicia que tal acordo, ofrecendo a posibilidade dunha actuación conxunta nesta tarefa como experiencia piloto na definición de ámbitos e funcións para instrumentala. 2º.- Créase unha Comisión Técnica, integrada por un representante de cada grupo político e os Asesores Técnicos que se propoñan, así como para a representación da Comunidade Autónoma que nese caso se propona, para que no prazo que se sinale presente un informe-proposta sobre os seguintes aspectos: -Primeiro: Delimitación de ámbitos territoriais e cabeceiras. -Segundo: Determinación dos servicios, funcións e competencias a comarcalizar. -Terceiro: Órganos Rectores, financiamento e vías de participación. -Cuarto: Plan de etapas." A Comisión, por unanimidade, propón ó Pleno a aprobación desta moción, para a que abrimos un turno de debate. Intervencións neste punto. Sr. Costas Abreu. Sr. Costas Abreu.- Como ben dixo o Presidente esta é unha moción de todos, e como tal debe ser entendida, e ademais unha moción formulada para servir de punto de encontro entre todos, e precisamente por iso preocúpase moito de busca-la argumentación racional e técnico-xurídica e ir a buscar tamén e evitar calquera tipo de falta de coordinación entre a actuación desta Deputación e as actuacións que lle corresponden á Comunidade Autónoma e que a Comunidade Autónoma está obrigada a optar segundo o previsto no Estatuto de Autonomía. A cuestión da Comarcalización do territorio e dos servicios non é ningunha novidade aquí, é algo que se nos plantexa en moitas ocasións. Existe nesta Deputación unha Comarca de Acción Especial que nós cualificamos de arbitraria, pero que en todo caso está aí, ou sexa, a Provincia está dividida en zonas neste momento. Temos aprobadas mocións específicas cara a servicios que loxicamente deben ser obxecto deste Plan de Comarcalización, como pode ser o Servicio de extinción de incendios. Temos discutido, cando se trata do Plan de Obras e Servicios, a necesidade de afrontar servicios desde unha perspectiva supramunicipal. E mesmo nun plano simbólico pero que evidencia esta realidade subsistente pero que non é recollida oficialmente, non é estraño oír falar aquí a algúns dos señores Deputados, pois da Comarca do Deza ou doutras zonas, e é bastante habitual así, moitas veces as problemáticas claramente afectan amáis dun Concello, afectan amáis dun Concello e en concreto a toda unha área xeográfica ben coñecida. Por iso a moción di que se plantexa a Comarcalización dos Servicios da Deputación, pero a moción tamén di que esta iniciativa ten unha incidencia máis alá da propia Deputación, e eu creo que está ben que tódalas Institucións colaboren un pouco en definir ou non o esquema de organización da nosa Comunidade, do noso País ou da nosa nación, como se lle queira chamar, porque incida na Comunidade Autónoma, Ó plantexarnos esta iniciativa como unha experiencia piloto para ir avanzando no territorio da nosa provincia e po- lo efecto que isto ten sobre outras zonas no conxunto do país. Pero incide tamén no ámbito da actividade do Estado, porque a realidade é a seguinte: aquí existe unha división da Provincia e do territorio de Galicia en partidos xudiciais por un lado,' existe por outro lado un mapa sanitario, e en definitiva os diversos servicios, en vez de estar unificados en canto o seu ámbito, e coordenados coa economía de medios que iso suporía, vaise dividindo o territorio en moi diversas e arbitrarias categorías, e desde logo unha iniciativa deste tipo tende a intentar que isto se coordine, e que se consiga unha maior eficacia. E ademais de incidir nas Institucións como tales, eu creo e quero dicilo así, que incide tamén, digamos un pouco no Estado a opinión. Esta moción en certo sentido comprometémonos, os que aquí estamos e as forzas políticas que aquí estamos, un pouco a que este tipo de traballo de ir repensando e racionalizando a organización político-administrativa, vaia para adiante e vaiamos buscando puntos de encontro nesta materia, e esperamos tamén que incida na conciencia social da xente, é dicir, o que é un mandato estatutario, unha realidade xeográfica e social que vaia ...un pouco na mentalidade da xente como unha posibilidade real que hai, e ademais unha posibilidade operativa e que conseguiría unha maior economía na utilización dos medios públicos. Eu pola parte que me toca vou intentar avanzar un chisquiño máis alá desta moción tamén e apuntar, na medida do posible para que non quede todo no aire, a idea que teno sobre esta materia. O contrario da división entre, estrictamente, a zona litoral e a zona interior segundo estudia xeográficamente o que é o ámbito territorial da provincia de Pontevedra, máis ben o que habería que determinar son tres zonas, está a zona das Rías Baixas co elemento e engadido diferencial, imos, da zona de Cabo Silleiro ata o Mino, unha zona na que non existen rías pero que sería estrictamente a franxa litoral: existe logo unha depresión prelitoral que ademáis ten unhas características xeográficas claras, un corredor tectónico que vai de Padrón a Tui, atravesado por diversos ríos e é un pouco realmente o esquema que funciona, e incluso no asentamento de poboación: e existen logo unhas zonas altas, a zona do Rosal ou prelitoral, que colle tamén toda unha zona montañosa e que vai do Suízo ata Avión, practicamente, e iso é o que determina un pouco a franxa interior ou montesía da Provincia. E mesmo no que serían as cabeceiras ou as zonas máis importantes nesta provincia', é claro que existe unha metrópole que determina todo o seu ámbito de influencia que é o caso máis claro de Vigo; unha cidade de tipo medio de gran importancia administrativa que é aquela na que hoxe estamos ubicados; dous centros funcionarios de notoria importancia como son Vilagarcía e Marín; e logo xa existen unha serie de, lugares centrais de tipo comarcal, desde o primeiro bloque que sería Ponteareas-Lalín-A Estrada, ata os centros de ámbitos máis reducidos como serían Tui, O Grove, A Guarda ou Cangas, e outros ámbitos tamén perfectamente definidos polas súas cabeceiras como serían Cambados, Sanxenxo, Baiona, Silleda, Caldas, Bueu e Moaña. Segundo estudia por exemplo, unha das cuestións ás que fixen alusións, os partidos xudiciais, tanto na súa formulación anterior como a derivada modificaci6n da planta xudicial, practicamente temos delimitado o que serían as posibles Comarcas, sen prexuízo de que logo, pois na procura de buscar un acordo teríamos que introducir t6dolos factores que sexan, aquí hai catro grandes zonas e cada unha delas se divide real- mente en dúas Comarcas. Na área de Pontevedra, por exemplo, para empezar polo lugar donde estamos, existe a Comarca ou a Zona, ímoslle chamar así, de Arousa e o Salnés, por un lado, e o ámbito de influencia de Pontevedra por outro, iso serían dúas zonas claras. No ámbito de Vigo, o que sería o Val do Fragoso e o Val Minor, pois existen tamén dúas zonas claras, unha para o norte e outra para o sur, en máis ou menos, básicamente terían como centros Vigo e Redondela. Existe logo o Baixo Miño, con dúas zonas, O Rosal e O Condado, poderían agruparse ou tratarse separadamente. E no que son as terras centrais, pois básicamente están as terras do Deza e as terras de Tabeirós, máis ou menos hoxe en día teñen como centro, son as zonas que foron tendo maior crecemento pois é Lalín e a Estrada. E unha realidade fácil de ler nun mapa e incluso nun estudio da evolución histórica do conxunto da nosa provincia, é dicir, que aí non caben variacións posibles e hai diversas propostas históricamente en tódolos xeográficos de Galicia pero máis ou menos o esquema é claro e todos o coñecemos por patea-las formas distintamente. Témolo marco institucional claramente, tanto para actuar nesta provincia como para actuar na Comunidade Autónoma, ternos pois un esquema base de delimitación territorial, tamén unha idea da natureza participativa que terían que ter eses novos ámbitos e en definitiva o que falta por clarificar aquí, creo que estamos dando un paso importante e se ternos ou non a vontade política de ir para adiante. E eu penso que este acordo demostra que si o hai, incluso entre tódolos Partidos representados nesta Corporación. Eu espero que esta Moción tena a súa plasmación inmediata, por certo que na reunión dos Portavoces houbo tres modificacións de detalles, asunto que conviría introducir no texto do acordo. En primeiro lugar en canto ó prazo para presenta-la proposta aquí, marcouse que fosen dous meses, eliminouse a referencia ás cabeceiras para evitar polémicas, precisamente nesta fase inicial, e propúxose que unha Comisión de representantes dos diversos Grupos de esta Deputación solicitara unha entrevista co Presidente da Xunta para presentarlle e explicarlle claramente o contido da proposta que hoxe facemos. Eu penso que paradoxicamente esta Moción é un lugar de encontro entre posturas absolutamente diferentes. E ben sabido, por exemplo, que eu e o Grupo que represento non estamos porque as Deputacións e o esquema provincial pervivan no futuro, é dicir, seriamos partidarios de reorganiza-la Comunidade Autónoma. Tamén é sabido que hai outras forzas políticas aquí adentro que son máis partidarias do mantemento do actual esquema provincial. pois ben, sexa a que sexa a proposta futura que vaia para adiante, que iso depende en último término dos cidadáns, o que é evidente é que mentras exista esta Deputación hai que intentar sacarlle o máximo partido e racionalizar o máis posible a súa actuación e en todo caso se algún día se da a transición da organización provincial e da Deputación a outras formas de actuación, iso non debe ser nunca un paso no vacío, é dicir, que esta propia Deputación neste momento estaría sentando as bases un pouco para quede tomarse outra decisión esta estivera instrumentada, e fora un proceso ,absolutamente tranquilo. E eu creo que é importante resaltar iso, é dicir, como buscando con imaxinación e incluso falando se poden buscar esas fórmulas para busca-la máxima utilidade das diversas ideas que aquí existen. Creo que é importante tamén salientar que aparte do traballo diario, das discusións en materia de persoal e das modificacións presupostarias que nos veñen a cada Pleno e é unha alusión cariñosa. Tamén paga a pena ás veces nas Institucións pararse a pensar un pouco no futuro e replantexar incluso a actuación. Eu creo, temas falado deste tema moitas veces e hoxe cando menos intentamos poñe-las bases para darlle unha solución. Máis nada e gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Costas Abreu. D. Emilio Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Presidente eu creo que todos nos alegramos de haber chegado a este punto. E algúns incluso nos podemos alegrar máis porque facendo un repaso pequeniño da historia dos últimos cinco anos nesta Deputación, bo, pois había Grupos, como o Grupo Socialista, que estiveron presentando continuamente Mocións deste estilo. Mocións que foron hai catro anos neste mesmo camiño e que non pasaron de Comisión. Que despois se foron a servicios concretos como era unha Moción para tratar de comarcalizar servicios urbanísticos máis adiante, hai dous anos, aproximadamente de animación cultural, que esa si foi ó Pleno e si se aprobou, pero non se levou, non se sepultou aquel acordo e por fin aparece no programa de obxectivos do actual Presidente, aparece moi suavemente pero si aparece e nos atopamos nestes momentos cun escrito que presen- taba o Concelleiro, imos, o Deputado Provincial do PSG-EG, que era un escrito aberto a ese acordo de tódolos Grupos Políticos. Nalgunha reunión de Portavoces, penso que chegamos ó acordo con esas tres matizacións que había feito, fixo antes Suso Costas, que entendemos tamén que esas tres matizacións deben formar parte do acordo. E, por profundizar un pouco máis, o que si quixeramos deixar claro é empezar todos a definir cales van a se-los servicios provinciais a comarcalizar. Porque, bo, todos sabemos que nesta'provincia, tódolos Concellos ou polo menos os Concellos medianos e pequenos teñen profundos problemas no sentido de dar servicios sociais, no sentido do urbanismo, no sentido da cultura e do deporte. Nos gustaría que este punto de encontro non se quedara soamente na comarcalización do Parque de Maquinaria Provincial. Nese sentido, imos, o Grupo Socialista vai non só vai apoiar agora, senón que vai traballar da forma máis, imos, como máis podamos para que isto siga adiante. Gracias. Sr. Presidente.- ¿Algunha outra intervención? Ben, eu quixera dicir algo neste sentido, ah, perdón, que non no había visto. Sr. Nieto Figueroa. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, yo quiero pensar en principio con la mejor de las voluntades y yo quiero que en el futuro me demuestre a mi mismo de que esto no ha sido un error. Porque yo quisiera pensar que no hay tras todo esto, pues, una fórmula de que Vigo aporte más y a lo mejor recibir en el futuro menos todavía. Quiero, y he apoyado este asunto desde el principio, pero dejar esa pequeñita sospecha, yo voy a vigilar este asunto directamente como voy a vigilar también el cumplimiento de los acuerdos realizados no hace muchas fechas en el Ayuntamiento de Vigo entre el Presidente de la Diputación provincial y el Alcalde de la ciudad. Anecdóticamente le quiero recordar que tiene a su disposición los terrenos para hacerle el hotel a los elefantes, y anecdóticamente también decirle que tuve un follón tremendo con sus compañeros de Partido político, porque no querían los elefantes por no haber consultado usted con ellos. Anecdóticamente, nada más que eso. Fue así, fue de verdad. En este asunto puede haber un futuro extraordinario para toda la Comarca. No cabe duda ninguna. Yo lo apoyo con todo corazón, con esa pequena sospecha que me queda ya y ya me gustaría definitivamente, pues que, las máquinas fuesen de todos, que los bomberos fuesen de todos, y que todos ,fuésemos para todos. Puede ser un paso de auténtico gigante. Yo lo apoyo de corazón 'y allá me queda esa pequeña sospecha que espero disipar cuanto antes. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Nieto. Sr. Barros. Sr. Barros González.- Eu só quero facer unha pequenina intervención porque, sobre a brillante intervención do companeiro Suso Costas que creo que se olvidou dunha zona, nomeou case todalas zonas da provincia de Pontevedra, pero olvidouse dunha zona moi importante que é o Val da Louriña, que rega o río Louro e que pasa polos Concellos de Mos, Porriño, Salceda e Tui. Creo que aí ternos enclavada, só entre Mos e Porriño, a maior ou a máis importante zona industrial da provincia de Pontevedra, e creo que a hai que ter moi en conta amáis dixo hai tamén quizáis os xacementos de granito máis importantes de Esparia, e creo que é unha zona moi a ter en conta no futuro da provincia de Pontevedra. Eu teno que dicir, sen ánimo de ofender a ningún Concello da Provincia, de que só en Mos e Porriño, sacando Vigo, é o sitio donde hai máis industrias de toda a provincia de Pontevedra. Polo tanto, creo que é unha zona que se deberá ter moi en conta nesta Comarcalización. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Barros. En todo caso, en todo caso simplemente como anécdota, alguén dicía aquí a mina esquerda xa empezamos, é dicir, de momento, de momento o que se trata é de aprobar unha filosofía e unha Comisión Técnica que o poria en marcha. E dicir, que non imos a cometer ningunha a... se Deus quere, ¿non? Sr. Dos cuestiones muy breves. Una que se introduzca en el tema de la Moción la figura y el papel de las Entidades Locales Menores. En este momento pues no se sabe como van y se puede estudiar introduciéndolo también en la Moción. Y, segundo tema, me parece que se ha vertido aquí que los Concejales de Alianza Popular, del Grupo Popular en el Ayuntamiento de Vigo, que están en el Patronato de la Madroa son disconformes con el Presidente de la Diputación. Yo quiero aclarar para que no queden dudas, porque la versión que me ha dado a mi el Concejal miembro del Patronato, que lo que se suscitó en el Patronato, como miembro del Patronato, el planteamiento de si eran más o menos necesarios los elefantes u otro animal para el Zoo. y que en ese caso que el Patronato debía de alguna manera haber intervenido en elegir el tipo de animales, pero no que estaban en contra porque el Presidente no se lo había consultado, puesto que el Sr. Garrido, era, sabía de sobra de esta oferta y de este ofrecimiento a través tanto de Carlos Mantilla como de mi. Muchas gracias. Sr. Nieto Figueroa.- ...a la presente, pero no quiero desviar que es el tema anecdótico, a mi me preocupa lo de hoy, lo del elefante está zanjado, lo malo es que el Presidente no le consultó y los otros chicos se enfadaron. Que le vamos hacer. Pero no es ese el tema. No hay que desviar que estamos en un asunto importante y el elefante nada, eso es política de bara- tillo. Sr. Presidente.- Ben, eu tratando de responder, diríamos conxuntamente os Sres. Deputados que interviron. primeiro dicirlle ó Sr. Costas que a súa intervención pois, loxicamente esta de acordo co espírito da propia Moción pero que antes de falar de Comarcas concretas, co cal teríamos un grave problema, o importante é que acertemos no nomeamento da Comisión pa- ra que faga un estudio serio e rigoroso deste asunto. Eu teno que dicir que son consciente de que este é un reto importante, pero é un reto que teñen vostedes que entender que para quen é Alcalde dun Concello, ademais cabeceira de Comarca, pois é perfectamente asumible, é dicir, eu coñezo perfectamente a carencia que ternos en servicios, nos sanitarios; nos de conservación de vías e obras; incluso no que sería a administración, administración provincial, en definitiva eu estou totalmente de acordo en que hai que descentralizar moitos servicios, o de extinción de incendios; o dos parques comarcais de maquinaria; o propio servicio, o CPAM, o de asesoramento ós propios Concellos; os asistenciais de base; por suposto o deporte, a cultura, e a propia descentralización administrativa do palacio nalgún aspecto pódese levar a cabo. E dicir, que isto non é un plantexamento demagóxico senón todo o contrario, eu agradézolle a tódolos grupos a súa colaboración. Aceptamos eses matices ós que se refire o Sr. Costas, pero eu propóñolle que sexan tres meses para presentación do traballo porque dous meses parécenme insuficientes, tres meses sería o trinta de xullo, aproximadamente, é dicir, antes das vacacións, esa é a única modificación que quero facer. En todo caso se isto se leva adiante: primeiro, recolle unha parte substancial, ou mellor dito, no programa de obxectivo está recollida unha parte substancial desta filosofía, como admite o Sr. Costas Abreu e como admite o representante do Partido Socialista. Con esta Moción imos profundizar máis neste tema, eu insisto que é un reto e que pola mina parte como Presidente estou disposto, coa axuda de todos, a levalo a cabo con tódalas consecuencias, convencido de que prestaremos un mellor servicio ós cidadáns desta \ provincia, sobre todo ós cidadáns que viven fóra da capital que é un pouco tamén do que se trata. E non teno nada máis que engadir, é dicir, que a partir de agora quedamos todos convocados a traballar e eu estou seguro de que será, sen dúbida, deste mandato a decisión política máis importante adoptada si se pon en funcionamento. Espero que así sexa, moitas gracias e sometémolo a votación. ¿Votos en contra?, ¿abstencións? Aprobado por unanimidade, moitas gracias. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación e Mancomunidades, acorda por unanimidade aprobar e facer súa a Moción que formula o Deputado D. Xesús Manuel Costas Abreu, na forma que segue: -As Comarcas son amáis dunha realidade xeográfica, económica e social, unha das formas de organización territorial e institucional previstas para o futuro da nosa Comunidade Autónoma, segundo os mandatos contidos no Estatuto de Autonomía. Pero as Comarcas tamén son e poden ser ámbitos idóneos para a prestación de servicios de natureza supramunicipal ou de imposible ou dificultoso establecemento e prestación para as capacidades ailladas dos Concellos. -No que a nos, como membros desta Deputación mais directamente nos incumbe, as Comarcas son a posibilidade máis racional que ternos a man de organizar moitos dos servicios desta Institución e de instrumentar a cooperación cos Concellos. -A prerrogativa de autoorganización que esta Deputación ten legalmente atribuída (artigo 4.1.a. da LRBRL), as competencias de coordinación e asistencia ós Servicios Municipais e Supracomarcais, (artigo 36 L.R.B.R.L.), a posibilidade de estructurar o contido dos Plans provinciais de Cooperación "por servicios ou zonas" (artigo 32.2 TRRL) e a opción de crear "órganos desconcentrados e descentralizados para a xestión de servicios" (ROF artigos 119.1.e; 132 e concordantes), FORNECEN A BASE LEGAL DE ACTUACIÓN NECESARIA PARA AS MEDIDAS PROPOSTAS NESTA MOCIÓN. -En todo caso, quixeramos salientar o contido no apartado primeiro do texto da moción, mostra da perspectiva da lealdade institucional da que se parte e da consciencia de que se ben nesta moción o que se propón é iniciar o proceso de comarcalización dos Servicios propios da Deputación, tal actuación pode e debe servir de base á futura Comarcalización nun senso estricto (creación das Comarcas como Entidades Locais), e tamén nesta importante labor ofrece esta Institución a súa colaboración. Polo exposto, propónselle ó Pleno: "INICIAR O PROCESO DE COMARCALIZACIÓN DOS SERVICIOS DESTA DEPUTACIÓN E PARA TAL FIN: 1º.- INFORMARASE A XUNTA DE GALICIA QUE TAL ACORDO OFRECENDO A POSIBILIDADE DUNHA ACTUACIÓN CONXUNTA NESTA TAREFA COMO EXPERIENCIA PILOTO NA DEFINICIÓN DE ÁMBITOS E FUNCIÓNS PARA INSTRUMENTALA: 2º.- CREASE UNHA COMISIÓN TÉCNICA, INTEGRADA POR UN REPRESENTANTE DE CADA GRUPO POLITICO E OS ASESORES TÉCNICOS QUE SE PROPOÑAN (ASÍ COMO A REPRESENTACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE -SE É O CASO -SE PROPOÑA), PARA QUE NO PRAZO QUE SE SINALE PRESENTE UN INFORME-PROPOSTA SOBRE: -DELIMITACIÓN DE ÁMBITOS TERRITORIAIS E CABECEIRAS. -DETERMINACIÓN DOS SERVICIOS, FUNCIÓNS E COMPETENCIAS A COMARCALIZAR. -ÓRGANOS RECTORES, FINANCIAMENTO E VÍAS DE PARTICIPACIÓN. -PLAN DE ETAPAS. O prazo establecido para a presentación do informe-proposta, é de tres meses. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, senda as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinarán os asistentes comigo o Secretario que certifico. ------
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota