ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1994/06/10_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.808/3.1994-06-10_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 1994/06/10_Extraordinaria

  • Data(s) 1994-06-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 18,21 Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 10 de xuño de 1994 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día dez de xuño de mil novecentos noventa e catro, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial, D. Xosé Manuel Barros González, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Laureano Calero Valverde, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Isidoro Serantes Serantes, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. César José Mera Rodríguez, nin os Sres. Deputados, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Emilio González Iglesias e D. José Luis Rodríguez Lorenzo. Declarada aberta a sesión e de orde da presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.3558.- MODIFICACIÓN NO CADRO DE POSTOS DE TRABALLO LABORAL FIXO DO PRESUPOSTO PROVINCIAL 1994. CREACIÓN DO POSTO DE TRABALLO DE XERENTE DO HOSPITAL PROVINCIAL: RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E, NO SEU CASO, APROBACIÓN DEFINITIVA Sr. Presidente.- En primer lugar que conste nuestro deseo de que el Presidente se reponga muy rápidamente para ocupar su puesto normalmente aquí en la Diputación. Sr. Nieto Figueroa.- ...pero no tiene nada que ver una cosa con la otra, y querido amigo Barros, no abuses de nuestra amistad. Sr. Presidente.- Faltaría más, Sr. Leri, gracias de todas las maneras. Bien, el punto uno dice, modificación en el cuadro de puestos de trabajo laboral fijo del Presupuesto Provincial 1994; creación del puesto de trabajo de Gerente del Hospital Provincial; resolución de reclamaciones, y en su caso aprobación definitiva. ¿Alguna intervención?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días, moitas gracias. O punto tal como vén, ó fin e ó cabo non é máis que intentar darlle forma a unha tramitación que no seu momento non se fixo correctamente, que provocou unhas reclamacións e que agora teñen que pasar por Pleno correctamente e intentar amaña-lo que está decidido, o que está xa votado en marcha dunha maneira non correcta. Nese sentido nós vamos votar a favor da reclamación e a maiores en consonancia con que xa votamos en contra de como se tramitou esta figura no seu momento, pero eu creo que dado que o Pleno é breve e dado que se trata dun tema no que estamos falando aparentemente só de crear un posto de traballo, bueno, de sete millóns e pico. Sr. Presidente.- Por favor, un poquito de silencio queridos compañeros. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que pode ser unha boa ocasión para volver a falar dun tema social con todo o que se está facendo, coa tramitación do Convenio e a transferencia do Hospital, insisto porque este posto está forzado por ese Convenio, e a min preocúpame seriamente a forma e as consecuencias que pode ter para esta Deputación todo o proceso de negociación tal como se fixo. Eu acórdome do Sr. Presidente, que é unha pena que non estea, non estea tanto pola enfermidade como por tratar este punto, de firmar aquí que estabamos, dicía el que estaba intentando negocia-lo Convenio e negocia-la transferencia nas condicións menos gravosas para a Deputación. Eso dixo cando foi o Pleno, cando se tratou o punto naquel Pleno extraordinario solicitado polo Grupo Socialista. Efectivamente, as negociacións foron bastante duras durante un tempo, precisamente nese intento incluso se conxelaron os presupostos do Hospital, se facían irreais a baixa para lograr que o déficit, o día que se faga a transferencia fora relativamente pequeno, tiñamos incluso que cuantificar, nalgunha Comisión se dixera que a Deputación podería andar nunhas cifras de ter que aporta-lo SERGAS unha vez feita a transferencia do Rebullón e do Hospital, pois falábase sobre 400, 500 millóns, mentras que a postura do SERGAS, anuais, claro, mentras que a postura do SERGAS era bastante máis alta. Bueno, pois estivo negociando así e de repente cuantéase todo, o Director do Hospital dimite porque el está defendendo o Hospital e as condicións nas que vai quedar con fortaleza, a Comisión técnica que negociaba desaparece e o Presidente nos aparece cun Convenio que nin lera e que aprobamos aquí e que volvemos a reaprobar porque colaron outra vez outro gato, etc. E a min preocúpame porque eu quero que a sanidade estea ben financiada pero non me parece de recibo que esta Deputación poida quedar moi hipotecada, moi, moi hipotecada, se cadra pois iso, cun presuposto no que se fai a transferencia, se cadra que quede cun presuposto real de 11.000.000.000, deses 11.000.000.000 millóns lle teñamos que transferir mil quiñentos ou dos mil ó SERGAS para compensa-lo déficit, o teórico déficit do Hospital e do Rebullón, e tal como está feito esto pois resulta que quen vai a determinar que déficit real ten o Hospital vai se-lo SERGAS dado que non nos nomea ó Xerente, pero case, e nos vai leva-la contabilidade e vai determina-las necesidades. Non sei se me expliquei ben pero o tema é de gran calado, a partir de agora co nomeamento do Xerente que o nomea a Deputación pero... o SERGAS e coa xestión, digamos, coa contabilidade do Hospital que vai a leva-lo SERGAS, quen vai a determinar, quen vai face-las contas, quen vai face-las contas segundo lle conveña vai se-lo SERGAS, neste ano e pico que queda ata a transferencia, co cal no momento da transferencia a Deputación vaise ver cun puro encima bastante serio, eso é o que estaba discutindo durante este tempo, eu manifestei o noso apoio a ver como era ó Presidente no seu momento para que se negociara, digamos en boas condicións a transferencia, porque senón era penalizar á Deputación de Pontevedra por terse preocupado de te-lo Hospital en boas condicións, pero houbo un cambio de tocata, debeu haber toque arriba, é dicir, como militante do PP faga o favor de face-lo que lle mandemos e non o que lle conveña á Deputación, e de repente cambiou todo. Xa digo que hai unha ruptura absoluta con dimisión do Director do Hospital e disolvendo a Comisión técnica e todos vimos as consecuencias, se nos aprobou aquí o Convenio, tanto o borrador como despois o outro pola vía de urxencia, sen coñecemento, sen pasar polo Consello de Administración do Hospital, sen coñecemento de ninguén, sen tratar en Comisión Informativa, etc., ou sexa, nos meteron por goleada. Eu comprendo que o SERGAS nestes momentos estea nunha situación económica grave e que inda por riba agravado porque o pasado 17 de maio no Parlamento do Estado, do Congreso, tratou o asunto e lle dixeron que calabazas, que a situación era a que era, se negociaron mal no seu momento pois tal e punto, que non se modificaba, pero o tema non creo que se poida resolver votando sobre o lombo desta Deputación ese déficit porque a Deputación se ten razón de existir non é desde logo para tapa-las faltas dunha mala transferencia do SERGAS ou déficits sanitarios, senón será para os seus fins propios que a partir da transferencia non van se-la sanidade. E dito esto pois creo que está clariño cal é o marco, noméase un Xerente por imposición do SERGAS coa finalidade de face-las contas segundo lle conveña ó SERGAS, e inda por riba, como dixen ó principo, cunha tramitación absolutamente aberrante que agora tratan de tapar con este punto que senón fora porque hai reclamacións que digamos, xa se dixo no seu momento pero bueno, que esixen aclara-lo proceso, pois nin tan sequera viría aquí. Seguimos agardando polo informe de Intervención sobre o que significa o Convenio, probablemente ninguén queira aclarar que é o que vai significar ese Convenio economicamente para a Deputación, seguimos agardando por demasiadas cousas, o proceso segue dunha maneira absolutamente traumática, dedicida digamos noutros órganos que non son desde logo Comisións paritarias entre a Deputación e o SERGAS para a transferencia, nin negociacións públicas abertas e tal, o proceso segue dunha maneira absolutamente disparatada e as consecuencias se verán no seu momento. Desde logo ir consolidando estes pasos sen ter aclarado tan sequera que vai pasar coa Dirección do Hospital, que vai pasar con outra serie de cousas, non ten ningún sentido, nós vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Vale, gracias Sr. Mosquera. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o que se pretende aprobar hoxe aquí é a culminación dunha serie de actuacións total e absolutamente arbitrarias do equipo de goberno desta Deputación no tema do Convenio do Hospital. Mire Sr. Presidente, primeiro a trancas e barrancas, improvisadamente, tráese un Convenio para que a Corporación o aprobe, sen tempo para estudialo, sen tempo para presentar alegacións ós distintos puntos, pero imponse a maioría do Grupo Popular e apróbase un Convenio por esta Corporación. Sorprendentemente ese mesmo día e pola tarde o Sr. Presidente da Deputación firma co SERGAS un Convenio totalmente distinto ó aprobado aquí, substancialmente distinto, como é ilóxica esa forma de proceder non lle queda máis remedio que improvisar inmediatamente un Pleno extraordinario para aprobar un novo Convenio, ratificar un novo Convenio que era o firmado entre o Presidente e o SERGAS, firmado, firma para a cal non estaba capacitado por esta Corporación, esta Corporación só o había capacitado para firma-lo Convenio aprobado aquí, non o outro novo, sen embargo tráese, ratifícase e no mesmo acto, no mesmo acto anúnciase a contratación do Director do Hospital Provincial. ¿E por que todo este procedemento?, porque se está conculcando a cláusula terceira dese mesmo Convenio que di que hai que nomear ademais de regula-la distribución do Hospital Provincial, hai que nomear Director Xerente nos meses de marzo, abril e maio, estamos no mes de xuño, entón apróbase, é máis, a Asesoría Técnica desta Deputación ten que riza-lo rizo para intentar facer un informe que sexa favorable, pero nin así, nin intentando por tódolos medios dá un informe favorable, porque di que o anuncio da contratación, no parágrafo quinto da segunda folla do informe di que, o anuncio da contratación a la resolución de las reclamaciones se hace antes de resolver las reclamaciones de los interesados en el mismo puesto de laboral fijo, con lo cuál se está conculcando totalmente la legislación vigente. Por todo ello, Sr. Presidente, el Grupo Socialista va a votar en contra y tomar además junto, como ya lo han hecho las Centrales Sindicales, todas las medidas que sean necesarias para impedir que este procedimiento siga adelante, cuando además se da la circunstancia de que hay que proceder a la modificación del Presupuesto, de que hay que proceder a la aprobación definitiva de este mismo puesto de trabajo y por lo tanto de la plantilla, y que aquí se anuncia que será en el Pleno de fin de mes. Creemos que esta forma de actuar conculca la legislación vigente, se aprueban plazos o puestos que no existen en la plantilla de personal, se nombra la persona antes de resolver las reclamaciones, se intenta aprobar aquí la modificación de la plantilla sin haber modificado lógicamente el presupuesto correspondiente, para dotarla, en fin Sr. Presidente esto non hai por onde collelo e nós vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Bien, gracias Sr. López Freire. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Si, lo iba a decir yo, es que este chiringuito no hay por donde cazar lo Sr. Barros, incluso yo pienso que es el momento ideal, que en vista de la absoluta nulidad del Consejo de Administración del Hospital Provincial creo que ha llegado el momento que alguien diga que hay que hacer desaparecer este organismo porque no vale absolutamente para nada, para nada, de nada, de nada. Entiendo que no tiene sentido la existencia de esa Comisión Informativa cuyos informes normalmente no son tenidos en cuenta. Vaya quede constancia de que efectivamente entiendo, ya va a quedar en acta naturalmente, de que no existe, no tiene motivo de existir ese organismo y por tanto debe desaparecer. Incluso este tema no se ha, y tengo que recordar, y tengo que recordar que implícito en este asunto está la dimisión del Sr. Sanluis al que han ustedes ajustado magníficamente a nivel democrático cuando el Partido Socialista solicitó su comparecencia para que nos explicase los motivos de su dimisión y ustedes no lo permitieron, lo que va efectivamente contra todo tipo de democracias en cualquier país más o menos metido en ello. Por lo tanto este asunto no hay por donde agarrarlo, yo hasta le diría que lo dejase pendiente, que se atendiesen los requerimientos de los sindicatos y que efectivamente venga un poquito más y a lo mejor pues ese mismo día pues nos traen al Sr. Sanluis y democráticamente pues este señor nos informa el por qué se ha tenido que marchar. No creo que haya marchado por su propia voluntad. Nada más. Sr. Presidente.- Vale muchas gracias Sr. Nieto. ¿Alguna otra intervención?. Bien, yo entiendo que se están exagerando los términos y que efectivamente pueda que haya alguna cierta gestión en este tema que podía ir de otra manera o haberse llevado de otra manera incluso pues tardando más en el tiempo, pero estaríamos perjudicando la solución de un problema que prácticamente con un buen Convenio o con un mal Convenio está en vías de arreglo y de solución cara al futuro y mucho mejor de lo que nos parece actualmente a todos, sobre todo a la oposición, porque sin duda alguna estoy seguro que la Xunta nos va a tratar bien cuando reciba definitivamente el Hospital sin ningún tipo de problemas. Este es el único Convenio que se podía firmar en este momento, cualquier otra contraposición a esto sería buscar una guerra innecesaria y llegar a acuerdos que iban a perjudicar mucho más a la Diputación y con el tiempo veréis que no va haber ningún tipo de problema y que se harán unas transferencias dignas para la Diputación sin ningún tipo de problema. El caso que estamos discutiendo hoy es cumplir una parte de ese convenio y es la contratación en el tiempo previsto del Gerente que como ya se ve ya pasa un poquito más del tiempo previsto y necesariamente aunque los plazos no se cumplan a rajatabla vamos a tratar de que se cumplan lo mejor posible y el acuerdo es totalmente legal según los informes que constan aquí en el expediente, a pesar de las reclamaciones de los sindicatos o de las intervenciones que habéis dicho los de la oposición para que esto pues de alguna manera se dude de su validez. Yo creo sin lugar a dudas de que los informes técnicos son suficientes y que nosotros no nos perjudicamos en nada en crear esa plaza de Gerente como figura en el Convenio y acelerarlo lo máximo posible es bueno para la definitiva transferencia del Hospital. Por lo tanto creo que es innecesario que discutamos más este asunto. En primer lugar voy a sacar a votación la resolución de las reclamaciones. ¿Los que estén a favor de las reclamaciones?. El PSOE Y el BNG. ¿En contra?. El resto de nuestro grupo. Por lo tanto quedan rechazadas las reclamaciones. Quedan rexeitadas por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP as reclamacións presentadas. Sr. Presidente.- Con respecto a la votación a favor de la modificación del cuadro de puestos de trabajo. ¿Los que estén a favor?. Nuestro grupo. ¿En contra?. El resto de los Diputados. Apróbase por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, a modificación no cadro de postos de traballo laboral fixo do Presuposto Provincial 1994. Modificándose provisoriamente no Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 29-04-94 o cadro de postos de traballo laboral fixo desta Deputación mediante a creación do posto de Xerente do Hospital Xeral Provincial. Considerando que os escritos presentados coa denominación de recursos polo Secretario Xeral da Sección Sindical CC.OO. hai que entendelos como reclamacións, posto que de non ser así declararíanse inadmisibles por canto só cabe recurso ordinario entre o órgano superior contra as resolucións que poñan fin á vía administrativa (artigo 107 en relación co 114 da Lei 30/92, de 26 de novembro). Consonte co disposto no artigo 126.3 do RDL 781/86, de 18 de abril, en relación co artigo 150 da Lei 39/88, de 28 de decembro, así como artigos 4.1.d) e artigos 6 da Lei 7/85, artigo 3 da Lei 30/92, de 26 de novembro, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión de Réxime Interior acorda por maioría, cos votos en contra do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, desestima-la reclamación formulada por D. José Luis García Pedrosa, Secretario Xeral da Sección Sindical Comisións Obreiras e ó propio tempo aprobar definitivamente a modificación do cadro de postos de traballo laboral fixo do Presuposto Provincial 1994 e crea-lo posto de traballo de Xerente do Hospital Xeral, debendo efectuarse as publicacións regulamentarias. Unha vez rematado este punto e sendo as once horas e trinta minutos, abandona a sesión o Sr. Deputado D. Francisco Santomé Otero. ------ Folla: 21,23 2.3559.- RECOÑECEMENTO DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO POR INCIDENCIA DO FACTOR INCOMPATIBILIDADE Sr. Presidente.- ¿Alguna intervención?. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente o Grupo Socialista non se vai opoñer como é lóxico a que se lle aplique o factor de incompatibilidade a D. Antonio Pascual Hermida, ó que se vai opoñe-lo Grupo Socialista é ó intento total e absoluto desta Corporación e do seu Presidente ó desmantelamento da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Eu non sei se sabe o Sr. Presidente que Antonio Pascual Hermida é un médico, médico xeral que asistía ata agora a "Príncipe Felipe" con dedicación plena a aquela Institución. Ademais deste médico había outro médico Pediatra, o Sr. Pece, que dedicaba unhas horas a atender á Cidade Infantil "Príncipe Felipe". O Sr. Pascual Hermida trasladouse por designación presidencial ós servicios do Hospital Provincial e foi substituído na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" por un Pediatra que dedica dúas horas á Cidade co cal, Sr. Presidente, correspóndelle aproximadamente por alumno e día un minuto de asistencia médica. Xa me dirá vostede como non supón eso o total e absoluto abandono daquela Institución que ata non fai moito tempo era modélica desta Corporación, desta Institución Provincial e incluso de toda Galicia. Polo tanto Sr. Presidente, nós que nos opuxemos radicalmente a este cambio de asignación deste médico ou ó menos que se se cambiaba este médico para o Hospital Provincial se dotara co mesmo tempo outro médico na Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Ademais deste factor de incompatibilidade nós fixemos constar alí Sr. Presidente outra serie de cousas que se producían, como que non se lle aplicara o factor de incompatibilidade a dúas supervisoras do mesmo servicio que levan máis de dous anos facendo esta labor e que se aduce nos informes ou se aducía, que como foron nomeadas pola Xefa de Enfermería non eran nomeadas por órgano competente, pois unha de dúas, ou era o órgano competente ou esta Corporación estivo incumprindo a lexislación vixente posto que estaba mantendo con carácter de supervisoras figurando no cadro de persoal e cobrando dúas persoas non nomeadas por órgano competente. Sr. Presidente esta é unha forma de actuar total e absolutamente inconcebible nunha Corporación que ten unha Asesoría Xurídica extraordinaria. O Grupo Socialista sen embargo non vai votar en contra da incompatibilidade, todo o contrario, nós defendemos eso, pero que quede moi claro aí que o que non vamos a permitir de ningunha forma e vamos a insistir en eso é que se desmantelen Institucións desta Corporación para intentar dotar graciablemente a un Servicio para o cal si se podía haber contratado un médico especialista ou un médico necesario para ese Servicio sen deixar abandonada a Cidade Infantil. Nada máis Sr. Presidente polo de agora. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Freire. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, prácticamente incidir en lo mismo que ha dicho el compañero con relación fundamentalmente a esa incompatibilidad. Ojalá cunda el ejemplo, ojalá cunda el ejemplo y desde el momento en que nosotros hemos iniciado esa singladura digamos de evitar esas compatibilidades que llegaron incluso a que una sola persona ocupase tres plazas oficiales, esta es la otra parte y naturalmente que votamos que si a esta incompatibilidad. Que cunda el ejemplo y a ver si efectivamente cada persona tiene un puesto de trabajo para que un parado acceda al mismo. Gracias. Sr. Presidente.- Vale, gracias Sr. Nieto. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. A situación está máis ou menos descripta, verdade, ou sexa, un médico que está en "Príncipe Felipe" que pasa abaixo. Pasa ó Hospital, a urxencias e entón solicita a incompatibilidade que é cobra-lo complemento de compatibilidade xa que non ten outras actividades ó cal no Hospital ten dereito e arriba non tiña. Pero a min, eu pediría que este tema quede encima da mesa ata que o día catro de xullo, que foi o día que tivo o Presidente a ben convoca-lo Pleno extraordinario sobre a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", pois quede sobre a mesa para ver que é o que se fai. Eu non me atrevo a dicir que en Príncipe Felipe fagan falta dous médicos, nin tres, nin un, nin medio, non o sei, non sei face-las contas. Ou sexa un Pediatra de cabeceira igual ten asignados 800 rapaces, alí se hai dous exercendo aínda que sexan dúas horas que é o que ten de consulta un médico de cabeceira ou dúas e media pois son menos, non sei se teñen máis necesidade ou se non a teñen. Eu non podo entrar nesas cuestións técnicas porque tería que axudarme tecnicamente porque haberá valoracións e porque hai tamén un problema económico, hai que racionaliza-los recursos, etc. E evidentemente se ese señor está traballando no Hospital ten dereito a solicitar que se lle aplique o factor incompatibilidade e ten dereito a que se lle recoñeza como se lle recoñeceu a todo o mundo. Pero eu pediría, que non pasa nada, se despois se ó final hai que darlla se lle dá con efectos retroactivos, que non pasa absolutamente nada, eu pediría que se deixara sobre a mesa ata que se aclare e se analice ¿que é o que vai suceder coa Cidade Infantil?, ¿que é o que hai previsto?, e ¿que necesidades ten?. Se realmente ten a necesidade dese médico de dedicación completa que foi substituído por outro con dedicación parcial, pois a ver se ese Pleno nos dá luz sobre eso, a ver se aclaramos que é o que vai pasar, que necesidades hai, etc., etc. Entón eu pediría que quedara sobre a mesa. Sr. Presidente.- Vamos a tratar esa petición antes de que continues falando por se se retira, pero eu entendo que non se debe de retirar porque é un asunto que está totalmente visto e debe de quedar sancionado no Pleno de hoxe, pero como o pide vamos a sacar a votación primeiramente a súa petición. Os que estean a favor de que quede sobre a mesa, Sr. Mosquera; ¿abstencións?, o Grupo Socialista; ¿en contra?, o Grupo Popular, polo tanto queda rexeitada a petición de quedar sobre a mesa. Pode continuar coa intervención. Queda rexeitada por maioría, co voto en contra do PP, a abstención do PSOE e o voto a favor do BNG, petición do Sr. Mosquera Lorenzo de que quede sobre a mesa este asunto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón o que dixen, eu quero dicir, que se por un lado o señor ten dereito creo que é ben que toda a plantilla do Hospital estea en exclusiva, debía estar toda non quen queira, toda, xa o temos definido noutros Plenos, pero non está nada claro que ese señor que... en "Príncipe Felipe" e alí ten moitos anos, é necesario que non deba volver para alá, como eso non se vai permitir aclarar dado que se vai decidir hoxe pois nos vamos a abster. Sr. Presidente.- Bien, gracias. De tódalas maneiras este é un tema que está claro pero de tódalas formas eu teño que rexeita-lo que se di aquí de que se desmantele o "Príncipe Felipe", sen embargo teño que dicir tamén en honor á verdade que se está traballando neste momento para dunha vez por todas precisamente evitar iso e dotar mellor este centro, estase a face-la forma de que se disipen esas dúbidas que hai sobre o "Príncipe Felipe" e posiblemente nalgunhas cousas por parte da oposición haxa razón porque quizáis nestes últimos anos debido á situación precisamente da pretensión de face-las transferencias tamén deste centro, pois quizais non traballou a tope como tiña que traballar, pero o que si está claro é que hai xa entabladas negociacións con distintos organismos da Xunta de Galicia porque non é só unha parte dunha Consellería senón que son varias Consellerías as que teñen que ver con este tema e onde a Deputación tamén afrontará a súa parte pero tratando de chegar a un acordo definitivo no tempo para que cada organismo da Xunta se faga responsable da parte que lle corresponda, polo tanto a situación cara ó futuro vai ser francamente mellor. Dito esto antes de sacar a votación como pide a palabra o Sr. López Freire lla vou a conceder. Sr. López Freire.- Sr. Presidente. Sr. Presidente.- E que non sexa para entrar en polémica. Sr. López Freire.- Non Sr. Presidente, eu non dudo da vontade do Sr. Presidente en funcións sobre o "Príncipe Felipe", non o dudo porque incluso cando eu era Deputado-Delegado daquela institución sempre vín unha postura favorable a esta institución por parte de quen hoxe ostenta a Presidencia, todo o contrario podería dicir do Presidente que habitualmente se senta aí. Do que non hai dúbida ningunha, Sr. Presidente, sen entrar en discusión porque non é o tema, xa teremos tempo o 4 de xullo, é que cando fai un montón de anos e non variaron as circunstancias de problemática social desde entón, probablemente nalgúns casos se incrementara, na Cidade Infantil había 800 alumnos internos Sr. Presidente, sen contar medio-pensionistas e tódolos demais, había, bueno,... con este tema, e hoxe Sr. Presidente, a pesar da problemática que existe, vostede o coñece como Alcalde porque sabe de moitos problemas que hai que resolver con familias abandonadas, familias alcohólicas, etc., etc., pois a pesar deso cada vez está desaparecendo o "Príncipe Felipe" en tódolos servicios, este é un punto máis. Probablemente se necesiten médicos-pediatras en vez de médicos xerais, pero o que se necesita desde sempre é un servicio asistencial na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", agora calquera rapaz do "Príncipe Felipe" que se atope mal ten que vi-la baixa ó Hospital Provincial, con traslados, con tódolos inconvenientes que eso supón cando alí un médico xeral resolvería o 80 ou o 90% cunha dedicación intensiva, dúas horas ó día para tódolos internos da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", xa lle digo Sr. Presidente, sairá unha media de minuto ou minuto e medio por alumno interno nas condicións de hoxe, é dicir, de práctico abandono, se se volve a recupera-la proposta de que aquilo estea en máxima actualidade, entón a segundos lle tocaría para asistir a cada interno. Nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Vale, gracias Sr. López Freire. Dito esto vamos a someter este tema a votación. Os que estean a favor deste punto da orde do día, por favor, que voten, o Grupo Popular e o PSOE; ¿en contra?; ¿abstencións?, a do Sr. Mosquera. Vista a petición formulada por D. Antonio Pascual Hermida, Médico Adxunto adscrito ó Servicio de Urxencias do Hospital Provincial, en orde ó recoñecemento de complemento específico por incidencia do factor incompatibilidade, considerando o informe favorable do Director Médico Xerente do centro, con fundamento no acordo de homologación retributiva dos médicos do Hospital Provincial cos facultativos das Institucións Pechadas da Seguridade Social, adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión extraordinaria de 9 de novembro de 1989, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión de Réxime Interior, acorda por maioría, coa abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e do PP, recoñecer a D. Antonio Pascual Hermida, o complemento específico por incidencia do factor incompatibilidade, sendo o seu importe de NOVENTA E NOVE MIL DUASCENTAS NOVENTA E SEIS PESETAS (99.296) mes, en iguais condicións e contía que, para funcionarios de igual clase e categoría foron outorgados polo mencionado acordo. Os efectos económicos deste acordo devengaranse a partir do 1 de abril de 1994. ------ Folla: 23 3.3560.- CONTRATACIÓN LABORAL EVENTUAL DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO CON DESTINO O HOSPITAL PROVINCIAL: APROBACIÓN DE BASES Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Sr. López, Nieto, perdón, Sr. Freire, digo, señor. Sr. Nieto Figueroa.- Non tatalees, home, nada, deja, ya no hablo. Sr. Presidente.- Nieto, non te quería chamar Leri, perdona. Sr. Nieto Figueroa.- Llámame Leri que me honra, además lo tengo en el Juzgado para que... antes de las próximas elecciones, ya verás. Sr. Presidente.- Es que aquí me pusieron una nota con unos números y aquí salen otros, a tI te corresponde exactamente el trece. Sr. Nieto Figueroa.- Buen número ese. Sr. Presidente.- Donde estás ahí, y aquí te han puesto el doce, pero bueno, te has sentado en otro escaño en una palabra, por eso, pero no tataleo, no acostumbro. Adelante, adelante, intervén, ¿no querías intervenir?. ¿Alguna intervención?, los que voten a favor, por favor; ¿en contra?; ¿abstenciones?, el Grupo Socialista y el BNG. Vista a proposta formulada polo Sr. Director Administrativo do Hospital Provincial, en atención á implantación de ampliación de servicios e nova actividade respecto á facturación de cargos dos organismos do Instituto Social da Mariña integrados nos equipos de atención primaria do SERGAS, ó amparo do establecido no artigo 33.2.f) da Lei 7/85, artigo 59 do RD 2104/84, de 21 de novembro, Estatuto do Traballador e demais normas de pertinente aplicación, de conformidade co dictame da Comisión de Réxime Interior o Pleno acorda por maioría, coas abstencións do PSOE e do BNG e o voto a favor do PP, autoriza-la contratación laboral, temporal e eventual dun Auxiliar Administrativo con destino ó Hospital Xeral Provincial, por tempo de 1 de xullo a 31 de decembro de 1994. O propio tempo apróbanse as bases de selección adxuntas, e formularase a correspondente Oferta Pública no Boletín Oficial da Provincia e tralo proceso selectivo regulamentario, efectuarase a contratación específica e formalización do contrato pola Presidencia. ------ Folla: 23 4.3561.- NORMAS DE DESENVOLVEMENTO DO ART. 55 DO III ACORDO REGULADOR- CONVENIO COLECTIVO: SERVICIOS DE PREVICIÓN Sr. Presidente.- El punto cuatro se retira porque la Comisión ha considerado oportuno retirar lo y dejarlo para el próximo Pleno en dónde seguramente se tratará, así que nada más y muchas gracias. Queda sobre a mesa expediente relativo a "Normas de desenvolvemento do artigo 55 do III Acordo Regulador-Convenio Colectivo: Servicio de Prevención". E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario que dou fe. Cúmpranse os precedentes acordos. O PRESIDENTE, O SECRETARIO ACCIDENTAL, ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición