Fondos
1995-07-19_Constitutiva. Acta de sesión 1995/07/19_Constitutiva
Acta de sesión 1995/07/19_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.809/2.1995-07-19_Constitutiva
Título Acta de sesión 1995/07/19_Constitutiva
Data(s) 1995-07-19 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 111 SESIÓN ESPECIAL CONSTITUTIVA 1. 3773.- Constitución de la Mesa de Edad. ------ Folla: 111 ACTA -Da Sesión Especial Constitutiva da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra 19 de xullo de 1995 Sr. Secretario.- Va a procederse a la constitución de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra conforme a los artículos 204 a 209 de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General, de 19 de junio de 1985, y del artículo 59 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, de 28 de noviembre de 1986, y según las proclamaciones de los Diputados Provinciales efectuadas por las siete Juntas Electorales de Zona de la Provincia, cuyas certificaciones acreditan la proclamación de los siguientes Sres. Diputados: - Por el Partido Judicial de Pontevedra: D. Ramón Abal Varela, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Miguel Domínguez Vaz, Doña Carmen Ferro Carballo, D. Baltasar García García, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias y D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. - Por el Partido Judicial de Cambados: D. Rafael Louzán Abal, D. Santiago Tirado Serén y Doña Ramona Castaño López. - Por el Partido Judicial da Estrada: D. Mario López Martínez. - Por el Partido Judicial de Lalín: D. Manuel Abeledo López y D. Adolfo Campos Panadeiros. - Por el Partido Judicial de Ponteareas: D. José Costa Díaz y D. Oswaldo Lino González Pereira. - Por el Partido Judicial de Tui: D. José Manuel Barros González y D. José Luis Fernández Lorenzo. - Por el Partido Judicial de Vigo: D. Lino Fontán Maríño, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Rincón Virulejo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Pablo Vázquez Caride, D. Manuel Ramón Vilar Márquez, Doña Mª del Carmen Avendaño Otero; D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez y Doña Ana Gandón Menduíña. 1.3773.- CONSTITUCIÓN DA MESA DE IDADE Sr. Secretario.- Corresponde ahora pues, constituir la Mesa de Edad que han de integrarla el Diputado electo de mayor edad, D. Ramón Abal Varela, y el de menor edad, D. Rafael Louzán Abal, a los cuales ruego que, previo juramento o promesa del cargo, ocupen su lugar en la Presidencia. D. Ramón Abal Varela. Sr. Abal Varela.- Juro y prometo por mi conciencia y honor, cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Muchas gracias. D. Rafael Louzán Abal. Sr. Louzán Abal.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. 2.3774.- COMPROBACIÓN DE CREDENCIAIS Sr. Abal Varela.- Se hallan sobre la mesa, en poder del Sr. Secretario General, las credenciales acreditativas de las elecciones de los Sres. Diputados, recibidas y cotejadas por Secretaría General, así como las respectivas declaraciones de ingresos y actividades efectuadas en los modelos vigentes en esta Corporación. ------ Folla: 112,114 3.3775.- XURAMENTO OU PROMESA DOS SRES. DEPUTADOS PROVINCIAIS Sr. Abal Varela.- Seguidamente se llamará por el Sr. Secretario General al resto de los Sres. Diputados electos, para formular juramento o promesa individualmente y por orde alfabética de apellidos, conforme a la fórmula establecida en el Real Decreto 707/79, de 5 de abril, rogando pasen seguidamente a ocupar sus escaños. Sr. Secretario.- D. Manuel Abeledo López. Sr. Abeledo López.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña Mª del Carmen Avendaño Otero. Srª. Avendaño Otero.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Manuel Barros González. Sr. Barros González.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Adolfo Campos Panadeiros. Sr. Campos Panadeiros.- Xuro e prometo pola miña conciencia y honor, cumplir fielmente el cargo de Diputado, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- Doña Ramoña Castaño López. Srª. Castaño López.- Prometo por mi conciencia y honor, cumplir las obligaciones del cargo de Diputada Provincial, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- D. José Costa Díaz. Sr. Costa Díaz.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. José Manuel Chapela Seijo. Sr. Chapela Seijo.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xoan Carlos Chillón Iglesias. No está presente. Perdón, perdón. Sr. Chillón Iglesias.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, respetando o marco legal establecido. Sr. Secretario.- D. Miguel Domínguez Vaz. Sr. Domínguez Vaz.- Juro por mi conciencia y honor, cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- D. José Luis Fernández Lorenzo. Sr. Fernández Lorenzo.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña Carmen Ferro Carballo. Srª. Ferro Carballo.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Lino Fontán Mariño. Sr. Fontán Mariño.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- Doña Ana Gandón Menduíña. Srª. Gandón Menduíña.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputada Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado e sempre ó servicio de Galicia. Sr. Secretario.- D. Baltasar García García. Sr. García García.- Prometo por mi conciencia y honor, cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Oswaldo Lino González Pereira. Sr. González Pereira.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Efrén Juanes Rodríguez. Sr. Juanes Rodríguez.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Mario López Martínez. Sr. López Martínez.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Julio Pedrosa Vicente. Sr. Pedrosa Vicente.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Amado Ricón Virulegio. Sr. Ricón Virulegio.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Ramón Sestelo Fernández. Sr. Sestelo Fernández.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Santiago Tirado Serén. Sr. Tirado Serén.- Xuro e prometo pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Secretario.- D. Pablo Vázquez Caride. Sr. Vázquez Caride.- Juro por mi conciencia y honor, cumplir las obligaciones del cargo de Diputado Provincial, con lealtad al Rey y guardar y hacer guardar la Constitución como norma fundamental del Estado. Sr. Secretario.- D. Manuel Ramón Vilar Márquez. Sr. Vilar Márquez.- Xuro pola miña conciencia e honra, cumpri-las obrigas do cargo de Deputado Provincial, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. ------ Folla: 114 4.3776.- DECLARACIÓN DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN Sr. Abal Varela.- Se declara constituída la Diputación Provincial de Pontevedra, compuesta por los señores Diputados que se relacionan agrupados en los siguientes partidos políticos. PARTIDO POPULAR D. Manuel Abeledo López, D. Ramón Abal Varela, D. José Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, D. José Costa Díaz, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Doña Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride y D. Manuel Ramón Vilar Márquez. PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL Doña Mª del Carmen Avendaño Otero, Doña Ramona Castaño López, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias y D. Efrén Juanes Rodríguez. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO D. Xoan Carlos Chillón Iglesias, Doña Ana Gandón Menduíña y D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo. ------ Folla: 114,116 5.3777.- ELECCIÓN DE PRESIDENTE Sr. Abal Varela.- A continuación se va a proceder a la elección del Presidente de la Diputación entre sus miembros, conforme al artículo 207 de la Ley Orgánica del Régimen Electoral General, por lo que el Sr. Secretario General irá llamando a los Sres. Diputados por orde alfabética para que depositen su papeleta de voto en la urna existente. Sr. Secretario.- D. Manuel Abeledo López. Sr. Mosquera Lorenzo.- Unha cuestión de orde. Moitas gracias Sr. Presidente. Non é a nosa intención, desde logo, deslucir este acto, pero dado que de feito intentamos, por tódolos medios, que se respetaran os mínimos democráticos e legais, non foi posible, e polo tanto queremos deixar constancia da nosa queixa porque vamos a proceder a unha votación na que non coñecemos os candidatos nin os programas. Creo que é unha violación fragante do que é a democracia. E por outro lado, deixar constancia da nosa queixa porque tódolos convidados que están aquí están con bo dereito, pero a nós, como grupo político, non se nos deixou convidar a ninguén mentras que o Partido Popular si convidou a corenta persoas. Nos parece unha falta de respeto e mal empezados; de todas maneiras, insisto, non queremos desvirtua-lo acto e nada máis. Moitas gracias. Sr. Secretario.- D. Manuel Abeledo López. Sr. Secretario.- D. José Ramón Abal Varela. Sr. Secretario.- Doña Mª del Carmen Avendaño Otero. Sr. Secretario.- D. Xosé Manuel Barros González. Sr. Secretario.- D. Adolfo Campos Panadeiros. Sr. Secretario.- Doña Ramona Castaño López. Sr. Secretario.- D. José Costa Díaz. Sr. Secretario.- D. José Manuel Chapela Seijo. Sr. Secretario.- D. Xoan Carlos Chillón Iglesias. Sr. Secretario.- D. Miguel Domínguez Vaz. Sr. Secretario.- D. José Luis Fernández Lorenzo. Sr. Secretario.- Doña Carmen Ferro Carballo. Sr. Secretario.- D. Lino Fontán Mariño. Sr. Secretario.- Doña Ana Gandón Menduíña. Sr. Secretario.- D. Baltasar García García. Sr. Secretario.- D. Emilio González Iglesias. Sr. Secretario.- D. Oswaldo Lino González Pereira. Sr. Secretario.- D. Efrén Juanes Rodríguez. Sr. Secretario.- D. Mario López Martínez. Sr. Secretario.- D. Rafael Louzán Abal. Sr. Secretario.- D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo. Sr. Secretario.- D. Julio Pedrosa Vicente. Sr. Secretario.- D. Amado Ricón Virulegio. Sr. Secretario.- D. Ramón Sestelo Fernández. Sr. Secretario.- D. Santiago Tirado Serén. Sr. Secretario.- D. Pablo Vázquez Caride. Sr. Secretario.- D. Manuel Vilar Márquez. Sr. Abal Varela.- Vamos a proceder al escrutinio. Sr. Abeledo López; Sr. D. César Mosquera; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. Abeledo; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Cesáreo Mosquera; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. Abeledo; Sr. Abeledo; Sr. D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. Abeledo; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Manuel Abeledo López; Sr. Abeledo; Sr. Abeledo; Sr. D. Emilio González; Sr. Abeledo; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. D. Emilio González Iglesias; Sr. Abeledo; Sr. D. Manuel Abeledo López. Hecho el escrutinio, arroja el siguiente resultado: D. Manuel Abeledo López, diecinueve votos; Sr. González Iglesias, cinco votos; Sr. Mosquera Lorenzo, tres votos. Queda pues proclamado Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel Abeledo López, que ha obtenido la mayoría absoluta legal exigida. ------ Folla: 116,118 6.3778.- XURAMENTO OU PROMESA DO PRESIDENTE E TOMA DE POSESIÓN Sr. Abal Varela.- Ruego al Ilustrísimo Sr. Presidente electo que acuda ante esta Mesa de Edad para prestar juramento o promesa del cargo para su toma de posesión. Sr. Abeledo López.- Xuro pola miña conciencia e honor, cumpri-las obrigas do cargo de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Señoras e Sres. Deputados, autoridades e representacións, amigos todos: O principio constitucional de "autonomía" e o administrativo da "descentralización", nos que se fundamenta o novo Estado nacido da Constitución de 1978, implican diversificacións dos centros de poder público administrativo e a actuación de cada un deles, no seu ámbito propio, con plena capacidade e baixo a súa propia responsabilidade. Un destes centros de poder público administrativo, definido no noso ordenamento xurídico é o Poder Local, representado fundamentalmente polos Concellos e as Deputacións Provinciais. Supoñen, polo tanto, estas institucións, os últimos reductos da organización político-administrativa; son as máis próximas ós cidadáns e, en consecuencia, as primeiras que deben dar resposta ás demandas destes no ámbito das súas propias competencias e, en todo caso, demandando doutras administracións e colaborando con elas na resolución das mesmas. Concretamente as Deputacións Provinciais, como institucións supramunicipais, teñen como fins propios e específicos garanti-los principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais, asegurando a prestación integral e adecuada no territorio da provincia dos servicios de competencia municipal, e participar na coordinación da administración local coa administración da Comunidade Autónoma e do Estado. Podemos afirmar pois, sen temor a equivocarnos, que a Deputación vén a se-lo "Concello" dos Concellos da Provincia respectiva, sen que tal afirmación implique connotación algunha de intervencionismo na autonomía propia e inviolable dos Municipios. Señoras e Sres. Deputados, desta prespectiva do poder local, das Deputacións Provinciais e dos seus fins, dedúcense unha serie de prioridades que, ou meu entender, deben constituí-las liñas mestras da actuación da Deputación Provincial de Pontevedra e do seu Presidente. A Deputación Provincial debe dispoñer dos recursos suficientes para satisface-las necesidades e procura-los servicios que os administrados requiren e reclaman, e, ó mesmo tempo, mante-la solvencia da Institución. Para elo será necesario, ademais dos recursos propios, xerar financiación externa en base á presentación de planos, programas, accións e proxectos susceptibles de ser financiados ou cofinanciados por outras administracións como a Xunta de Galicia, o Estado ou a Unión Europea; por outras institucións públicas ou privadas e incluso por promotores privados. Esta necesidade de dispoñer de recuros esixiranos, por outra banda, reducir progresivamente os gastos correntes, seguir unha política de persoal non expansiva e evitar, na medida do posible, aquelas cargas financeiras producidas por actuacións de dubidosa rendabilidade social e daquelas outras que, sendo rendables socialmente, non encaixan, "stritu senso", no ámbito competencial da Deputación. Estas actuacións permitirán un progresivo saneamento económico da Institución, sen renunciar, por principio, a incrementa-la débeda se as necesidades elementais a satisfacer así o impoñen e a capacidade de endebedamento o permite. A posta en práctica deste proceder esixe, entre outras cousas, unha coordinación e colaboración cos Concellos, coas administracións autonómica e central e con outras institucións. A coordinación e colaboración da Deputación cos Concellos da Provincia é esencial e necesaria se non queremos desvirtua-la esencia mesma desta. En efecto, independentemente de que a Deputación a constitúen vintesete Deputados, elexidos democraticamente en representación dos sesenta e un Concellos da Provincia, considero imprescindible a participación de cada Alcalde e dos Alcaldes de cada Comarca na programación das actuacións da Deputación, sencillamente por ser estes os auténticos coñecedores das necesidades e demandas dos cidadáns dos seus respectivos Muncipios e Comarcas. Esta participación individual e comarcal dos Alcaldes pode parecer non indispensable debido a que moitas desas necesidades e demandas son comúns a tódolos Concellos e Comarcas; pero, se ben esto é certo, non o é menos que Comarcas próximas e incluso Municipios próximos, teñen necesidades e demandas moi diferentes ocasionadas polas contradiccións, tensións e incluso conflictos que afectan ós respectivos cidadáns. O conflicto pesqueiro nos Municipios da costa, a tensión orixinada pola comercialización leiteira nos Municipios agrícolas e gandeiros, o problema da comercialización hortiflorícola nas Comarcas do Baixo Miño e O Salnés, o futuro incerto dos viticultores nas Comarcas do Salnés, do Rosal e do Condado, son claros exemplos do que acabo de expoñer. Esta unidade na diversidade de necesidades impoñen á Deputación unha colaboración cada día máis estreita cos Concellos e coas Comarcas. Certo que á Deputación Provincial non lle compete dar resposta a toda esta problematica, xa que o seu cometido primordial é atender prioritariamente aqueles servicios municipais máis urxentes que os Concellos non poden prestar por falta de recursos; pero sí debe colaborar, incluso economicamente se as dispoñibilidades orzamentais o permiten, con outras administracións para satisfacer esas demandas, que sen ser da súa competencia, formulan os cidadáns; e esto porque entendemos que a Deputación non pode ser allea a ningún dos problemas que lles afecten. Así as cousas, impónse tamén unha coordinación e colaboración da Deputación coas outras administracións. Tódalas administracións públicas, sexa cal sexa o seu ámbito, perseguen o progreso e a mellora da calidade de vida dos seus administrados e para acadar estes fins programan tódalas súas actuacións. Pois ben, ó incidir varias administracións sobre os mesmos cidadáns, o lóxico é que se orixinen coincidencias en actuacións e obxectivos que reclaman necesariamente unha coordinación e colaboración entre as mesmas, aínda que soamente sexa pola única razón de rendabiliza-los sempre escasos recursos dos que dispoñen. Esta colaboración intensificarase, se é posible, coa Administración Autonómica por ser esta a máis próxima ós nosos administrados e porque con ela compartimos o mesmo modelo de sociedade, e polo tanto, o mesmo proxecto político. Todo elo, non obstante, defendendo a autonomía da Deputación, sen caer nunha autarquía localista ou provincialista. Para esta coordinación e colaboración utilizaremos, ademais dos canles ordinarios, as Comisións Informativas, que nas súas propostas ós órganos de goberno da Deputación acompañarán informes relativos a posibles coincidencias cos esas propostas de actuacións doutras administracións cando afecten ós mesmos administrados. Esto implica que as distintas Comisións, no ámbito da súa responsabilidade, coñezan os planos das outras administracións que afecten á Provincia. Pero é máis, a Deputación non debe limita-la súa colaboración só ás administracións, senón que debe extenderse tamén a aquelas institucións públicas ou privadas e aquelas outras asociacións que, sen ánimo de lucro, incidan na mellora do nivel socioeconómico e cultural dos habitantes da Provincia. Neste sentido, asumímolo compromiso de potenciar, dentro das nosas posibilidades, aquelas institucións e asociacións culturais e deportivas, conscientes de que a cultura propia é a que nos define como pobo e a que nos garante a supervivencia como tal, e aquelas outras tamén que loiten por erradicar da nosa sociedade lacras como a droga, o alcoholismo, etc. Non queremos esquencernos, nestes momentos, da colaboración coa Universidade na potenciación e defensa do Campus Universitario. A posta en práctica dos criterios de actuacións expostos ata aquí reclaman para ser eficaces alomenos dúas condicións: Unha xestión administrativa eficaz e un exercicio da autoridade mediante un liderazgo democrático e a través do diálogo. A existencia de bos planos e recursos para a súa execución poden desvirtuarse se non se xestionan axeitadamente en tempo e forma. As demandas dos cidadáns deben ter dilixentemente resposta razoada, independentemente de que esa sexa afirmativa ou negativa. O "acto presunto" debe se-la excepción á regra na nosa xestión administrativa. É precisamente neste contexto onde o benfacer dos funcionarios da Deputación adquire a súa auténtica dimensión no engranaxe do conxunto da Institución para o logro dos seus fins. Por elo, a súa formación permanente e recurrente, o estímulo e a valoración do seu traballo, o diálogo directo ou a través dos seus representantes, xunto coa obrigada esixencia no cumprimento das súas responsabilidades, serán as pautas que definan a nosa actitude diante deste colectivo, repito, de grande importancia para que a Deputación de Pontevedra alcance os seus obxectivos. Finalmente, é necesario, polo prestixio desta Institución Democrática, fiel reflexo do pluralismo político existente na nosa sociedade, que os que a compoñemos (goberno e oposición) adoptemos comportamentos autentica-mente democráticos. Pola nosa parte, exercerémola autoridade mediante un liderazgo democrático a través do diálogo e do debate dentro do grupo de goberno e co grupo da oposición. Con Pleno respecto ás minorías, pero conscientes da nosa responsabilidade de goberno por decisión libre da grande maioría dos cidadáns desta Provincia, ós que non podemos defraudar na súa confianza e ante os que temos que render contas como grupo político. Señoras e Sres. Deputados, este é o reto que eu, hoxe, asumo como Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra por vontade maioritaria de todos vostedes. Reto que asumo con humildade pero tamén con valentía e certo orgullo que me produce ocupar un posto que me vai a permitir traballar con máis prespectiva en defensa do benestar da miña Provincia, sabedor de que non me será fácil o desempeño desta responsabilidade, e que me esixirá un grande esforzo e dedicación ó que eu, desde este intre, me comprometo, e invítovos a todos (goberno e oposición), a sumarse a este esforzo para que esta Institución cumpra eficazmente os seus fins e contribuia así ó progreso e benestar social de tódolos habitantes do máis fermoso recanto do Fisterra Galego que é a Provincia de Pontevedra. E remato xa, pero antes permítanme recoñecer publicamente o meu agradecemento ós órganos do meu partido que me propuxeron como candidato a esta Presidencia. Ós meus paisanos de Lalín e da Comarca do Deza que me votaron como Concelleiro e Deputado Provincial. A tódolos Deputados Provinciais, ós que me votaron e ós que non, porque ámbolos dous grupos contribuirán á eficacia do goberno, asumindo as responsabilidades que lles correspondan. O meu antecesor, D. César Mera, polo apoio incondicional que me prestou dende o momento mesmo da miña nominación e o seu compromiso de seguir apoiándome no sucesivo. A todos vós, amigos, que coa vosa presencia aquí, hoxe, síntome honrado. Moitas gracias. Sr. Secretario.- Finalmente y conforme al artículo 56 del Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, el Balance de Situación a 18 de julio de 1995 presenta el siguiente resultado: Activo: SETENTA Y UN MIL NOVECIENTOS VEINTINUEVE MILLONES CIENTO SESENTA Y TRES MIL NOVECIENTAS SESENTA PESETAS (71.929.163.960). Pasivo: SETENTA Y UN MIL NOVECIENTOS VEINTINUEVE MILLONES CIENTO SESENTA Y TRES MIL NOVECIENTAS SESENTA PESETAS (71.929.163.960), y el Acta de Arqueo Extraordinaria en el día de hoy presenta una existencia en caja de TRES MIL CUATROCIENTOS OCHENTA Y DOS MILLONES TRESCIENTAS VEINTIDÓS MIL CIENTO OCHENTA Y DOS PESETAS (3.482.322.182). Sr. Presidente.- Se levanta la sesión. E non sendo outro o obxecto desta Sesión de Constitución da Corporación, polo Presidente, sendo as doce horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día deuse por rematada a mesma e dela exténdese a presente acta que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que fou fe. ------
Ãrea de notas
Nota