ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.827
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1998/05/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.359/1.1998-05-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1998/05/29_Ordinaria

  • Data(s) 1998-05-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 169,170 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de maio de 1998 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vintenove de maio de mil novecentos noventa e oito, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Xosé Manuel Barros González, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Adolfo Campos Panadeiros, D. Xosé Costa Díaz, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. José Luis Fernández Lorenzo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Santiago Pazos Moreira, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Julio Sayáns Bugallo, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride, D. Roberto Vázquez Souto e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Manuel Abeledo López, nin as Señoras Deputadas, Dona Ramona Castaño López e Dona Carmen Ferro Carballo, quen excusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.4224.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Vamos a comeza-lo Pleno ordinario do día de hoxe, disculpando ó Sr. Presidente da Deputación, que nestes momentos se encontra noutro compromiso oficial importante da Deputación. Sen prexuízo de que vaiamos falando pouquiño a pouco, a ver se aparecen os demais compañeiros, pasamos ó primeiro punto da orde do día. En primeiro lugar, aprobación do borrador da acta da sesión anterior, ordinaria, do día 24 de abril do ano 98. ¿Hai algunha obxección?. Non. Enténdese que se aproba por unanimidade. O Pleno acorda por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de abril de 1998. ------ Folla: 170 2.4225.- CAMBIO DE PRESUPOSTO DAS OBRAS NÚMEROS 86 E 89 DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 1998 [POS/1998] Sr. Presidente.- No punto dous, cambio de presuposto das obras números 86 e 89 do Plan Provincial de Cooperación do ano 98. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Perdón, ¿quere vostede intervir?. De vez en cando empezo dunha maneira e outras veces doutra, segundo conveña. Eu entendía que votábamos todos a favor, así xa me sacaba outros votos. Así a favor, para non cambiar, o noso grupo. ¿Abstencións?. Os Socialistas e o BNG. Apróbase este punto da orde do día cos votos a favor do Grupo Popular e as abstencións do BNG e do PSOE. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG a adopción do seguinte acordo: Coa finalidade de adapta-las obras da Deputación, incluídas no PPC/1998, o R.D. 1328/1997, de 1 de agosto, apróbase cambia-lo presuposto das obras números 86 e 89, denominadas "Ensanche y mejora CP Caldas-Vilanoviña, PO-3003" e "Ensanche y mejora Camino Vilar", que se establece en NOVE MILLÓNS TRESCENTAS MIL PESETAS (9.300.000) e CATRO MILLÓNS DE PESETAS (4.000.000), respectivamente, manténdose as aportacións das Administracións para o conxunto do Plan inalterables. ------ Folla: 170,173 3.4226.- MOCIÓN DE D. XOÁN CARLOS CHILLÓN IGLESIAS DO BNG, SOBRE O PROXECTO DE LEI DO SERVICIO POSTAL UNIVERSAL E DE LIBERALIZACIÓN DOS SERVICIOS POSTAIS Sr. Presidente.- Punto tres, moción do Sr. D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, do BNG, sobre o proxecto de Lei do Servicio Postal Universal e de Liberalización dos Servicios Postais. Vámoslle a da-la palabra ó Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bós días. O tema que traemos aquí a Pleno trata de que para á nosa organización, como para a totalidade dos sindicatos, o proxecto elaborado polo Ministerio de Fomento e respaldado polo Goberno liberaliza desmesuradamente ó sector postal e pón as bases para dinamita-lo carácter público que ten, sen ter en conta os mandatos das directivas europeas nese sentido. As consecuencias que se levarían adiante, se este proxecto fose aprobado tal como se presentou orixinariamente, serían moi graves. Por un lado, Correos sería incapaz de prestar un servicio público de calidade ós cidadáns e colocaría a ese servicio nunha situación de indefensión e incertidume de cara o seu futuro, cara o seu propio servicio en sí como para os 65.000 traballadores que están a presta-la súa función nese servicio. Esa liberalización do mercado postal traería tamén o incremento da desigualdade entre os cidadáns porque están gravadas negativamente ás súas características de diversidade xeográfica, de distribución, o que non garantizaría o principio de cohesión económica, social e territorial. Por outra parte, a nivel galego, esa situación é dobremente grave, xa que pola nosa característica de distribución xeográfica, de poboación moi espallada ó longo da nosa xeografía e en pequenos poboamentos, traería un problema maior. Precisamente, dos carteiros rurais de todo o Estado temos en Galicia o 30% deste servicio. Nese sentido, inda que hai unha lixeira variación respecto do proxecto orixinario por parte da Secretaría Xeral de Comunicacións, precisamente nos artigos 16.3 e 17.2 deste proxecto de Lei, que eran os relativos a dificultades xeográfica e de acceso, de distancia ó núcleo urbán e de tipo de agrupación de veciños e outras semellantes, o BNG trae a Pleno e considera que tódalas organizacións políticas deste Pleno darán o seu respaldo a esta moción polo exposto anteriormente. Á parte da crítica a este proxecto de servicio postal, tamén solicitámola transferencia desta competencia, que está contemplada na propia Constitución e que conlevaría que ese servicio se adaptase moito máis á nosa propia realidade. Nada máis de momento. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Algunha intervención máis?. Ben, vou intervir eu neste tema clarificándolle algunhas cousas, lamentando non poder facerlle caso ó Sr. Chillón, que nos pide o voto a tódolos grupos políticos. O noso grupo vai votar en contra, como xa votou na Comisión Informativa sobre este proxecto de Lei, en base ás seguintes especificacións que vou facer agora aquí. Nós temos en conta que este proxecto de Lei ten un triple fin. En primeiro lugar é a regulación do servicio postal universal para tódolos cidadáns nun prazo bastante razonable. En segundo lugar intenta encomendar ese servicio especialmente ó Servicio de Correos e Telégrafos. Tres, adapta-la lexislación española á que impón a directiva da Comunidade Europea. Para cumprir este triple obxectivo é preciso, primeiro, regula-la actividade postal modernizándoa, naturalmente; en segundo lugar, establecer mecanismos sólidos de financiamento que son os seguintes: establecemento dun contrato programa no que o Estado se obriga a Correos e Telégrafos o déficit do servicio, crear un fondo para o financiamento dos servicios a través do cal as empresas privadas conxugaran o seu financiamento, e establecer un réxime de reserva para Correos e Telégrafos. Falaba antes da liberalización o Sr. Chillón; eu creo que aquí, neste caso, a liberalización é importante e é positiva, polo menos así pensa o noso grupo. O terceiro obxectivo é crear un marco xurídico que dea seguridade ás inversións das empresas privadas que se instalen en España para prestar servicios urbanos e urxentes, como ata agora, con plena seguridade xurídica. As conclusións finais son, co texto que se propón, que é un texto equilibrado, que garantiza o financiamento de Correos e Telégrafos, que salvagarda a prestación do servicio a tódolos cidadáns a un prezo asequible porque así está feita a Lei e de ningunha maneira podemos admitir que vaia a prexudicar a ningún cidadán, todo o contario, que vaia a chegar a tódolos sitios sen ningún tipo de problema. E ó mesmo tempo adáptase a normativa da Comunidade Europea garantizándose tódolos postos de traballo de Correos, polo que as manifestacións están, pensamos nós, totalmente politizadas e non defenden os intereses dos traballadores, porque realmente se garantiza nesta Lei tódolos postos de traballo que ten Correos actualmente, incluídos os nosos carteiros rurais, e o que se vai facer con esta nova Lei é mellora-los servicios, adaptalos á normativa europea; en definitiva, facer un servicio máis áxil e mellor do que temos actualmente. Estas son ás nosas conclusións. O lamentamos moito. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, sorpréndeme moitisimo a súa intervención. A vostedes mandáronlle unha directiva, un carrete, digamos, para contestar a estas críticas, e mandáronllo antes de que o propio goberno central negociara as modificacións, e están defendendo o que xa está modificado polo propio goberno. Están vostedes servindo de cabeza de choque, de lanza de algo que, agardemos, polo menos, as promesas de cambialo. Sorprendente. Deixando a un lado o problema laboral, que pode estar máis ou menos arreglado con prexubilacións e cousas dese tipo, quero entrar nun tema que pode afectar gravisimamente ás condicións de vida dos galegos e galegas, ou pontevedresas e pontevedreses desta provincia que viven no rural e que son maioría, seguramente. A Lei di textualmente que poderá porse no núcleo urbano o buzón, ou o que sexa, para recolle-lo correo os do rural onde non se garantiza o servicio, ou sexa, onde se poida prestar se presta e onde non se poida prestar non se presta. Me parece que é exactamente volver ás condicións de hai trinta anos, máis ou menos, cando os veciños se poñían de acordo e ía un ó centro do pobo a recolle-lo correo e o repartía entre todos, máis ou menos. Bueno, se vostedes están de acordo con iso, pois voten en contra do que estamos propoñendo. Me parece que é unha directriz absolutamente partidaria, que non corresponde coa realidade e que seguramente si se leran a Lei e miraran as súas consecuencias, a maioría de vostedes no seu Concello van a votar en contra, ou despois andarán pelexando para dicir, si, si, a Lei si porque nos dixeron que si pero no meu Concello non a apliquen. Me parece que o tema está clariño e que é unha actuación absolutamente fóra de lugar en relación ós intereses que podemos representar nós aquí, nesta Deputación, ou os intereses que representamos do cargo de orixe de Concelleiros ou de Alcaldes. Me parece que non hai ningún Concello nesta provincia, non sei se hai algún pequeniño, pero non hai ningún que teña toda zona urbana na que se garantice por esta Lei que vai queda-lo servicio, cando menos, nas condicións nas que está actualmente. En ningún se garantiza. Me parece que non defender que os habitantes do rural teñan dereito á cobertura de correos, dereito que por esta Lei non está garantizado en absoluto senón todo o contrario, me parece que non é de recibo a estas alturas. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Doulle a palabra ó Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Bueno, non sei si é conveniente, penso que a análise política xa realizouna o portavoz; eu unicamente unha serie de matizacións para non reincidir nos mesmos plantexamentos. Hai un plan a nivel da Unión Europea de liberalización gradual ata o ano 2003, se ben é certo que a Lei de Servicio Postal está con certo desfase, é do ano 64, non ten tanta présa. Hai unha total incoherencia, ou neste caso falta de documentación. O mesmo portavoz comentaba que o pasado 12 de maio, hai dúas semanas, a propia Secretaría Xeral de Comunicacións e a Dirección Xeral de Correos e Telégrafos, respecto a este proxecto de Lei Postal de compromiso sobre a financiación do operador público e o marco de regulación interna, notificaba a tódolos sindicatos e ós grupos parlamentarios do Congreso unha modificación respecto do tratado no seu momento no debate parlamentario, onde anulan eses dous artigos ós que se fai referencia na moción. Quero dicir que xa se nos fixo caso a nivel parlamentario, tanto dos grupos como dos propios sindicatos. Con ese suposto, xa veremos si evidentemente se confirma, entra en contradicción, está por diante dese posicionamento político por parte do grupo provincial do Partido Popular, que queda desfasado completamente respecto a esta nova situación. E por outra parte, de novo, está en contra dos intereses dun gran sector da poboación que por vivir nestas características xeográficas quedaría exento deste servicio. Non teñan medo, xa hai case 2.000 empresas do sector postal privado. Isto conlevará á entrada doutras empresas, incluso doutros países europeos, e temos que garantir ese servicio postal como servicio público que sexa extensivo a tódolos cidadáns. E por outra parte, o terceiro punto que é pedi-la transferencia do servicio a nosa propia Comunidade, neste caso á Xunta de Galicia. Reflexionen antes de emiti-lo voto porque, insisto, está desfasado ese posicionamento. Por parte da Secretaría Xeral xa se admite nun principio a eliminación. Falta evidentemente o trámite de novo no Senado e volver outra vez ó Congreso, pero nun principio poden estar vostedes votando en contra do que se vai a aceptar dentro duns días, o que conlevaría estar en contra dos inteseres do galego do rural. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Chillón. Xa como intervención final, dicirlle que nós non estamos contra dos intereses dos nosos cidadáns, todo o contrario, e que esa aseveración queda aquí desvirtuada porque nós preocupámonos realmente de ver como vai a quedar a Lei e que é o que o goberno actual está pensando facer, e sabemos e temos a seguridade de que vai a crear una Lei de maneira que non saian prexudicados, como dixen antes, ningún cidadán, e polo tanto nós non estamos contra os intereses dos cidadáns, senón todo o contrario. Pensamos e creemos que vai ser unha Lei moi positiva e que vai mellorar substancialmente os servicios de Correos e Telégrafos que temos actualmente, e que se vai a adaptar totalmente á normativa europea, sen que haxa ningunha trampa para ningún cidadán español, incluídos tódolos galegos. Estamos totalmente convencidos de que vai ser así. Ó final veremos a quen lle da a razón o tempo. Sen dúbida algunha terá que sufri-la Lei algunhas reformas ou algúns pequenos retoques, e diso xa se está encargando o goberno central a través dos grupos parlamentarios para facelo, e estamos seguros de que cando quede esa Lei aprobada definitivamente vai a quedar correctamente feita, sen ningún tipo de problemas, por iso votamos en contra da moción que non é por outra cousa, nin moito menos, nin por deixación das nosas responsabilidades, totalmente o contrario, nós creemos que esa Lei vai ser perfecta e que o tempo se encargará de ver quen ten a razón. Nada máis. Sacamos a votación. ¿Votos a favor da moción?. Partido Socialista e o BNG. ¿Votos en contra?. O Grupo Popular. Queda rexeitada a moción. De conformidade co acordado polo Pleno corporativo na súa sesión celebrada o día 24 do pasado mes de abril e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do BNG e do Grupo Socialista, rexeita-la Moción presentada polo Deputado Provincial do Bloque Nacionalista Galego D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, relativa ó proxecto de Lei do Servicio Postal Universal e de Liberalización dos Servicios Postais. ------ Folla: 173 4.4227.- PROPOSTA DE ADHESIÓN Ó CONVENIO MARCO SOBRE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA Sr. Presidente.- Pasamos ó punto catro, proposta de adhesión ó Convenio Marco sobre Teleasistencia Domiciliaria. ¿Hai algunha intervención?. Sr. González, por favor. Sr. González Iglesias.- Cando se discutiu o Presuposto para este ano o Grupo Socialista presentara unha emenda para aclaración dun servicio de teleasistencia domiciliaria, e recordo que dende as filas do Grupo Popular se nos dicía que sacáramos os pés fóra de testo porque nós falabamos dunha cantidade mínima de 25.000.000 de pesetas e dun Convenio entre diferentes Concellos e a Xunta de Galicia para este tema. Ben, pois parece ser, polo que se trae hoxe a Pleno, que tiñan vostedes razón, pero non ó que nós pediamos, e me explico. Aquí vamos a adherirnos a un Convenio-Marco polo que se van a instalar unha serie de aparatos en domicilios de persoas maiores ou incapacitadas, etc., etc., en tódalas poboacións de menos de 50.000 habitantes, e a esta Deputación lle vai a costar unha cantidade mínima, por debaixo dos 5.000.000 de pesetas que dicían vostedes, pero hai un problema, que é o que nós plantexábamos naquel momento e o que seguimos plantexando. Ocurre que naqueles Concellos onde non haxa un servicio de asistencia domiciliaria por parte do Concello isto é inútil, porque pode darse o paradoxo de que unha persoa teña na súa casa a conexión para poder ter ese auxilio nun momento determinado, pero non teña quen lle faga o servicio. Esto é, digamos, o primeiro paso, pero falta moito ou falta practicamente todo nesta cuestión, polo tanto nós si estamos a favor de adherirnos a este Convenio-Marco, pero plantexamos de novo que haxa un Convenio entre a Deputación e os Concellos para garantir que en tódolos Concellos haxa asistencia domiciliaria de verdade, porque se non é absolutamente inútil isto que se fai, e para iso loxicamente fan falta bastante máis cartos e fai falta incorporar a ese Convenio á Consellería. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. González. Creo que ten algo de razón. Trataremos de solventar ese pequeno desfase que vai a existir. Case tódolos Ayuntamientos teñen o servicio implantado tamén, pero necesariamente eu penso que este servicio se vai a mellorar. En principio é un primeiro paso e loxicamente debemos de pensar que ó final haberá que facer tamén un Convenio con tódolos Ayuntamientos da Provincia de Pontevedra. Trataremos de estudiar ese tema e a proposta que fai o Sr. González. Pasamos á votación. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Sanidade, Acción Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno sobre adhesión ó Convenio Marco e ó prego de condicións entre a FEMP e o IMSERSO sobre Teleasistencia Domiciliaria, habilitando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. ------ Folla: 173,174 5.4228.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Sr. Presidente.- Punto cinco, expediente de modificación de créditos. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor do expediente de modificación de créditos?. O Grupo Popular. ¿Abstencións?. ¿En contra?. Os dous grupos da oposición. Gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, explicación de voto moi rapidiña. Votamos en contra do Presuposto e, inda que é un expediente mínimo, seguimos mantendo a mesma tendencia. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Visto o Primeiro expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por un importe total conxunto de CENTO NOVENTA E DOUS MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA E SEIS MIL TRESCENTAS SETENTA E CINCO PESETAS -192.456.375- (créditos extraordinarios 62.713.375 pts. e suplementos de créditos 129.743.000 pts.), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación nos estados de gastos do vixente Presuposto, e que os seus créditos extraordinarios serán financiados con baixas no capítulo 4º de 16.351.778 pts. e no capítulo 6º de 9.500.000 pts.; o resto, e os suplementos de crédito que suman 166.604.597 pts. se financian con cargo ó Remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, presentando o seu expediente resumido por capítulos a seguinte estructura: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS 1º GASTOS DE PERSOAL 17.737.616 843.500 2º GASTOS EN BENS CORRENTES 2.180.559 13.300.000 4º TRANSFERENCIAS CORRENTES 3.500.000 36.599.500 6º INVERSIÓNS REAIS 18.245.200 17.000.000 7º TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 1.050.000 62.000.000 8º ACTIVOS FINANCEIROS 10.000.000 TOTAL 62.713.375 129.743.000 Este expediente presenta, resumindo por capítulos o seguinte resultado: Capítulo 1º Gastos de persoal 18.581.116 Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios. 25.480.559 Capítulo 4º Transferencias correntes 23.747.722 Capítulo 6º Inversións Reais 25.745.200 Capítulo 7º Transferencias de Capital 63.050.000 Capítulo 8º Activos financeiros 10.000.000 TOTAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 166.604.597 ------ Folla: 174,175 6.4229.- SEGUNDO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS (SUPLEMENTOS) DO ORGANISMO AUTÓNOMO "CAIXA DE ANTICIPOS" Sr. Presidente.- Punto seis, segundo expediente de modificación de créditos (suplementos) do Organismo Autónomo "Caixa de Anticipos". ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. A favor o Partido Popular, abstención os demais grupos. Visto o "Segundo expediente de modificación de créditos (suplementos) do Organismo Autónomo Caixa de Anticipos", que ascende a un total de TRECE MILLÓNS CATROCENTAS OITENTA E CATRO MIL DÚASCENTAS SESENTA E SEIS PESETAS (13.484.266), con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible procedente da liquidación do Presuposto da Caixa de Anticipos do Exercicio de 1997, motivado á necesidade de suplementa-la partida 911.821 de Concesión de Préstamos a Concellos, co fin de facer fronte a posibles compromisos derivados de acordos adoptados pola Xunta Administradora no actual exercicio, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG aprobar dito expediente de suplementos de créditos, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible e ás seguintes partidas: PARTIDA DENOMINACIÓN CONTÍA 911.821 Préstamos ou anticipos Concellos 13.484.266 TOTAL SUPLEMENTO 13.484.266 ------ Folla: 175 7.4230.- ACEPTACIÓN DE DELEGACIÓNS EFECTUADAS POLOS CENTROS CATASTRAIS DE PONTEVEDRA E VIGO PARA EXPEDICIÓN DE CERTIFICADOS Sr. Presidente.- Punto sete, aceptación de delegacións efectuadas polos Centros Catastrais de Pontevedra e Vigo para expedición de certificados. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. ¿Abstencións?. Por unanimidade. De conformidade co acordo adoptado polo Consello de Administración do ORAL, en sesión celebrada o 17 de abril de 1998, polo que se acepta a delegación efectuada polas Xerencias Territoriais de Vigo e de Pontevedra da posibilidade de expedir certificados acreditativos da referencia catastral dos bens inmobles de natureza urbana, o Pleno acorda por unanimidade acepta-las delegacións efectuadas polo Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria-Xerencia Territorial de Vigo, na súa resolución de data 17-02-98 (publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 38, de 25-02-98), e polo Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria-Xerencia Territorial de Pontevedra, na súa resolución de data 02-01-98 (publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 11, de 19-01-98), polas que se atribúe á Deputación Provincial de Pontevedra a facultade de expedir certificados acreditativos da referencia catastral dos bens inmobles de natureza urbana no ámbito da competencia territorial de cada Xerencia e de acordo coas normas establecidas nas resolucións mencionadas. Dita facultade de expedir tales certificados será exercida pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), a través do procedemento e dende a data que polo Consello de Administración do ORAL se acorde, respetando, por suposto, a normativa contida nas dúas resolucións de delegacións. ------ Folla: 175,178 8.4231.- APROBACIÓN DE PROXECTO DE CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Oito, aprobación de proxecto de Convenio de Colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico e a Deputación de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor da aprobación deste punto da orde do día?. Todos. Apróbase por unanimidade. Visto o proxecto de convenio de colaboración, a subscribir entre a Dirección Xeral de Tráfico e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, relativo á mellora da seguridade vial nas estradas provinciais para palia-lo incremento de accidentes de tráfico detectados en certos tramos das mesmas, aprobado en principio pola Comisión de Goberno de 30 de abril do ano en curso, á vista das aclaracións a algúns puntos do proxecto de convenio manifestadas pola Xefatura Provincial de Tráfico, e dado que en dito convenio se prevé unha vixencia de tres anos, 1998, 1999 e 2000, o Pleno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido convenio de colaboración, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura e para posteriores actuacións derivadas do mesmo, e que queda como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a de de 1998 REUNIDOS Dunha parte, a Ilma. Sra. Dona María Fernanda Pardo Pedernera, Xefa Provincial de Tráfico de Pontevedra, en representación da Dirección Xeral de Tráfico (Ministerio do Interior), en virtude do acordo de delegación de sinatura outorgada polo Director Xeral deste Organismo, conforme ó artigo 16 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. E doutra, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das competencias que lle atribúe o art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. EXPOÑEN Que a mellora da Seguridade Vial constitúe un obxectivo básico das Administracións implicadas nela, o que esixe a adopción de medidas eficaces e plans integrados que aborden a raíz do problema, sendo un dos factores fundamentais o estado da infraestructura viaria e a súa sinalización. Que é unha preocupación para ámbalas dúas partes o incremento dos accidentes de tráfico detectados en certos tramos e zonas das estradas dependentes da Deputación Provincial. Que é necesario aunar esforzos tendentes ó estudio das causas orixe destes accidentes e á corrección dos posibles defectos que en dita rede de estradas puideran detectarse, referidos tanto ó trazado das vías, como a defectos na sinalización vertical e horizontal e ó balizamento das mesmas. Por todo iso, os reunidos subscriben o presente Convenio de Colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ó amparo do establecido no art. 3.1.c) da Lei de Contratos das Administracións Públicas, con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1.- O ámbito de aplicación do Convenio vén determinado polo conxunto de estradas que a súa titularidade corresponde á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Para a elección dos tramos de estrada nos que se actúa teranse en conta os seguintes aspectos: a.- Concentración de accidentes. b.- Ausencia do tipo de actuación proposta. c.- Anchura de calzada inferior a 7 m. d.- Carencia de arcéns. e.- Trazado con curvas de baixo radio. f.- Intensidade media diaria. 2.- O obxecto do presente Convenio constitúeo a mellora daqueles aspectos da rede viaria que máis frecuentemente inflúen na seguridade vial, como son a instalación de sinalización vertical e horizontal, o balizamento, as barreiras de seguridade e os paneis direccionais naqueles tramos que o precisen. 3.- Para conseguir este obxectivo, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con independencia da súa actuación ordinaria en materia de estradas que pode mellora-lo nivel de seguridade vial, establecerá cada ano de vixencia do presente Convenio, Programas de Seguridade Vial que deben ir acompañados dos correspondentes compromisos presupostarios, por un importe de CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (50.000.000). 4.- A Dirección Xeral de Tráfico, como órgano de dirección inmediata, ordenación e coordinación das funcións asignadas ó Ministerio do Interior nesta materia, prestará a súa colaboración financeira a tales programas, cando se refiran ás actuacións seguintes: sinalización horizontal e vertical, balizamento, barreiras de seguridade e paneis direccionais en curvas. Para iso, efectuará as reservas presupostarias pertinentes para que, cada ano de vixencia do Convenio, se executen inversións en Seguridade Vial, nos programas antes indicados, por un importe de CINCUENTA MILLÓNS DE PESETAS (50.000.000). 5.- Con tal fin, constitúese unha Comisión de Actuación e Seguimento, formada pola Xefa Provincial de Tráfico -con voto de calidade- e por un representante da Excma. Deputación Provincial, que proporá anualmente as obras a realizar e a súa orde de actuación, en función dos estudios de accidentalidade efectuados pola primeira, que igualmente vixiará o cumprimento destes acordos. Tanto a Dirección Xeral de Tráfico como a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, redactarán anualmente un proxecto polo importe reflexado nas cláusulas 3 e 4 que servirá de base para a execución das obras. 6.- Os proxectos técnicos correspondentes serán aprobados conxuntamente por ámbolos dous Organismos. 7.- As instalacións e actuacións prestadas polo Estado permanecerán baixo a exclusiva propiedade deste, calquera que fora a duración do presente Convenio. 8.- Unha vez executadas as obras de mellora de seguridade vial, a Dirección Xeral de Tráfico fará entrega das mesmas á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, momento a partir do cal a Excma. Deputación Provincial asumirá con cargo ós presupostos a conservación e o mantemento das instalacións. 9.- A Dirección Xeral de Tráfico adoptará aquelas medidas que requiran a entrega das instalacións en perfectas condicións de funcionamento para a prestación do servicio a que estean destinadas. 10.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a conserva-las instalacións en perfecto estado de funcionamento, procedendo á reparación periódica daqueles elementos das mesmas que se deterioren polo uso continuo, quedando obrigada a facilita-lo servicio en condicións de absoluta normalidade. Comprométese así mesmo a reparar tódolos desperfectos producidos nas instalacións como consecuencia de accidentes, repoñendo inmediatamente os elementos que quedaran inutilizados ou deteriorados, con independencia de poder formular no seu momento a correspondente reclamación por danos e prexuízos contra o responsable dos mesmos. Nos supostos de catástrofes graves debidas a caso fortuito ou forza maior que impidan a normal prestación do servicio, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra deberá adopta-las medidas conducentes a logra-la reanudación inmediata do mesmo. En calquera caso, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a efectua-las correspondentes reparacións no menor prazo de tempo posible e durante as horas diarias e/ou nocturnas en que se cause menor perturbación á circulación. 11.- Con independencia da inspección técnica que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra estableza para vixia-lo perfecto estado de conservación das instalacións, a Dirección Xeral de Tráfico poderá comprobalo periodicamente. 12.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra responderá baixo a súa exclusiva responsabilidade dos danos e prexuízos que poidan derivarse do funcionamento normal ou anormal dos servicios, a partir do momento en que as instalacións aportadas polo Estado sexan postas á súa disposición e recibidas pola mesma. 13.- A vixencia do presente Convenio abarca todo o período de construcción, explotación e mantemento das instalacións por parte da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Quedará extinguido o presente Convenio cando se produza algún dos seguintes supostos: - Ó remata-la vida últil das instalacións, comunicándoo nese caso a Deputación Provincial á Dirección Xeral de Tráfico para a retirada e aproveitamento material. - No caso de que as actuacións non cumpran xa os fins para os que foron proxectadas, o que será comunicado pola Deputación Provincial á Dirección Xeral de Tráfico, expoñendo os motivos. - No caso de incumprimento total ou parcial por parte de calquera das dúas partes das cláusulas contidas no presente Convenio, previo requerimento por escrito da parte contraria, e sen prexuízo da culminación das actuacións en curso. 14.- O presente Convenio desenvolverase en cantos anexos se estimen precisos para o correcto funcionamento do servicio e a boa marcha das relacións entre ámbalas dúas partes. 15.- Todo o non previsto neste Convenio ou nos seus anexos e que non estea regulado expresamente por unha disposición legal, resolverase de común acordo entre as partes. No caso de urxencia, a Excma. Deputación Provincial poderá tomar medidas de carácter provisorio, dando conta inmediata á Dirección Xeral de Tráfico para acordar, conxuntamente, a resolución definitiva. 16.- O presente Convenio de Colaboración non supón renuncia ás competencias de cada Administración intervinte, rexíndose polas súas normas especiais e aplicándose os principios da Lei de Contratos das Administracións Públicas 13/95, de 18 de maio, para resolve-las dúbidas e lagunas que puideran plantexarse e sen prexuízo da facultade dirimente da controversia da Comisión de Actuación e Seguimento a que se refire a Cláusula 5, ámbalas dúas partes quedan sometidas á competencia da xurisdicción contencioso-administrativa e, no seu caso, á do Tribunal Constitucional. 17.- O presente Convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura e estará vixente durante os anos 1998, 1999 e 2000, salvo denuncia ou modificación por calquera das partes, cun preaviso, nestes casos, de tres meses. Así o acordan e asinan por triplicado exemplar no lugar e data ó principio indicados. A ILMA. SRA. XEFA PROVINCIAL TRÁFICO DE PONTEVEDRA, Asdo./ Fernanda Pardo Pedernera O ILMO. SR. PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo./Manuel Abeledo López ------ Folla: 178,179 9.4232.- CORRECCIÓN DE ERRO ARITMÉTICO EN ACORDO PLENARIO DE 27-03-98 SOBRE INDEMNIZACIÓNS NA OBRA "ENTRONQUE DA EP PO-4703 VILANOVA-AS SINAS COA CC-550" Sr. Presidente.- Nove, corrección de erro aritmético en acordo plenario de 27-03-98 sobre indemnizacións na obra "Entronque da EP PO-4703 Vilanova-As Sinas coa CC-550". ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor da corrección?. Todos. Apróbase por unanimidade. Téndose acordado pola Comisión de Goberno de 30 de abril de 1998 a rectificación do acordo plenario de 27-03-98, sobre posta a disposición da Xunta de Galicia de terreos para a execución da obra "Entronque da E.P. PO-4703 Vilanova-As Sinas coa CC-550", en canto á contía das indemnizacións xeradas por tal obra no sentido de que onde dicía: "... NOVECENTAS VINTE MIL SETECENTAS CINCUENTA PESETAS (920.750) ...", debía dicir: "... NOVECENTAS DÚAS MIL SETECENTAS CINCUENTA PESETAS (902.750) ...", o Pleno acorda por unanimidade a ratificación do acordo adoptado pola Comisión de Goberno de 30 de abril de 1998, antes mencionado, sobre corrección de erro aritmético no acordo plenario de 27 de marzo do ano en curso, de posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos precisos para execución da referida obra, sendo o importe real das indemnizacións que conleva o de NOVECENTAS DÚAS MIL SETECENTAS CINCUENTA PESETAS (902.750). ------ Folla: 179 10.4233.- ACLARACIÓN DO ACORDO PLENARIO DE 24-04-98 SOBRE APROBACIÓN DO PROXECTO DE "ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DO ACCESO OESTE Ó GROVE", A EFECTOS DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Dez, aclaración do acordo plenario de 24-04-98 sobre aprobación do proxecto de "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove", a efectos da relación de propietarios afectados. É unha pequena corrección tamén que hai que facer. ¿Votos a favor?. Todos. Por unanimidade. En relación coa mencionada obra faise constar que o Pleno do 24-04-98 acordou a aprobación do proxecto de "Ensanche e acondicionamento do acceso oeste ó Grove (San Vicente do Mar - A Lanzada)", no relativo á relación de afectados que comeza coa finca nº 1 (Comunidade de Propietarios Edificio "Atlántico") e remata coa finca nº 151 (descoñecido), cun importe total de expropiacións de 42.990.000 pesetas, toda vez que dito proxecto foi aprobado por Resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas de 29 de outubro de 1997, e asumido na totalidade do financiamento da execución da obra pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (Cláusula 2ª do Convenio). O Pleno acorda por unanimidade aprobar dita aclaración. ------ Folla: 179,180 11.4234.- RESOLUCIÓN DO EXPEDIENTE DE ALTERACIÓN DA CUALIFICACIÓN XURÍDICA DUN SOBRANTE NA "VARIANTE DE VILANOVIÑA- CALDAS" E ENAXENACIÓN DE DITA PARCELA Sr. Presidente.- Once, resolución do expediente de alteración da cualificación xurídica dun sobrante na "Variante de Vilanoviña-Caldas" e enaxenación de dita parcela. Isto é para venta dunha pequena parcela sobrante de carreteras e a terminación do expediente que xa vén de longo. ¿Algunha intervención?. ¿Votos a favor?. Partido Popular e o BNG. ¿Abstencións?. O PSOE. Como queira que D. TOMÁS VILA LÓPEZ, veciño de Portas - Paradela, con DNI. nº 35461650, solicitou a esta Excma. Deputación Provincial a enaxenación, no seu favor, dun sobrante derivado da execución da obra "Variante de Vilanoviña-Caldas, 2ª Fase" (Fondos Propios 1995), lindante coa súa propiedade; e dado o informe evacuado o 20 de febreiro de 1998 polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte sinalando a viabilidade de tal solicitude toda vez que dito terreo non parece necesario para futuras ampliacións do referido vial; e adoptándose polo Pleno desta Excma. Corporación de 27 de febreiro do ano en curso o acordo de incoación do expediente de alteración da cualificación xurídica do mencionado terreo (entón de dominio público), sen que se produxeran reclamacións durante o período de exposición pública do citado expediente, como constata o oficio de 27 de abril do corrente ano do Xefe de Negociado de Rexistro Xeral desta Excma. Deputación, o Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do BNG e as abstencións do PSOE: 1.- A resolución do expediente de alteración da cualificación xurídica de tal terreo sobrante, derivado da obra "Variante de Vilanoviña-Caldas, 2ª Fase", dándolle carácter de ben patrimonial. 2.- A enaxenación formal de tal ben como patrimonial por esta Excma. Deputación Provincial. 3.- A enaxenación de forma directa da parcela sobrante mencionada, en favor de D. TOMÁS VILA LÓPEZ, a razón de 800 pesetas/m2, conforme á valoración técnica ó efecto, resultando un importe de enaxenación de CENTO SESENTA E SEIS MIL CATROCENTAS PESETAS (166.400). Sr. Mosquera Lorenzo.- Quero explica-lo voto e máis a actitude que creo que estamos tendo todos aquí. Este Pleno podémolo chama-lo Pleno de corrección de erros dos funcionarios. Sr. Secretario.- Pequenos erros. Sr. Mosquera Lorenzo.- Cometeuse un erro e agora dicimos que nos parece ben que se corrixa ou demais. É que son tan reiterados e é unha tomadura de pelo que un Pleno teña practicamente ou única e exclusivamente na orde do día cousas destas. É o de sempre. Sr. Presidente.- No punto oito acabamos de aprobar unha cousa que son trescentos millóns de pesetas, un Convenio con Tráfico. O que pasa que non estamos dando explicacións porque xa se entende que está aí no expediente, é unha cousa importante, para min importantisima, para mellorar toda a sinalización da provincia de Pontevedra. E estes tamén son necesarios que veñan ó Pleno, hai que tratalos tamén, igual que os importantes. Ben. Pasamos ó seguinte punto da orde do día. Primeiramente tratámolos asuntos que veñen fóra da orde do día antes de comunicacións. Sr. Secretario.- Non, non. ------ Folla: 180 12.4235.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Doce, Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 21 de abril y el 25 de mayo, que han sido trasladadas ya a los portavoces de los grupos políticos. Y no hay nada más en Comunicaciones. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: - De extractos de Resolucións Presidencias dictadas pola Presidencia entre o 21 de abril e o 25 de maio, ámbolos dous inclusive, e que foron trasladadas ós Portavoces dos grupos da oposición. Sr. Presidente.- Vale, ata hai poucas comunicacións, Sr. Mosquera. FÓRA DA ORDE DO DÍA tratáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 180,182 13.4236.- ADHESIÓN Ó "FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE" Sr. Presidente.- Asuntos fuera del orden del día. Traemos aquí un asunto que explica el Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se nos ha remitido por la Asociación denominada "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade" un amplio dossier con sus Estatutos, su Declaración Programática y el objetivo que pretende esta Asociación, que es ni más ni menos que el contribuir al desarrollo de los países del Tercer Mundo mediante financiación de proyectos, obras, etc. Los promotores de esta Asociación, a la cual se ha unido la FEGAMP, están remitiéndolo a todas las Corporaciones, a todas las Entidades Locales para adherirse a la misma, y no se pretende otra cosa que adherirnos a esta Asociación, que a la larga va a suponer que la Diputación efectúe una aportación inicial de un millón de pesetas, aunque no es necesario adoptar hoy el acuerdo de aportarlo. Parece ser que esa es la pretensión de la Asamblea General que creó el Fondo y el resto de los Ayuntamientos van a contribuir a razón de una cuota por habitante. El objeto del acuerdo no es más que manifestar la adhesión de la Corporación a este "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade" aceptando sus Estatutos, asumir el compromiso de dotar presupuestariamente en su momento la cuantía de esta cuota que se nos señala, expresar la voluntad de incrementar las responsabilidades económicas de la Diputación respecto al Tercer Mundo hasta ese famoso 0,7% de los presupuestos ordinarios de todas las Corporaciones, y también facultar al Presidente para que designe a un representante de la Corporación en esta Asociación, en el "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade". Sr. Presidente.- Bien, gracias. Eu creo que quedou perfectamente explicado. En primeiro lugar vamos a declara-la urxencia. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Entrando no fondo do asunto, sen prexuízo de que quera intervir algún compañeiro, en todo caso, ¿votos a favor do Fondo?. ¿Apróbase por unanimidade?. Si. Gracias. Vista a proposta do "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade", orientada a contribuir dende o noso ámbito ó desenvolvemento dos países do Terceiro Mundo, mediante a creación dun fondo económico que financie proxectos de axuda ós países en vías de desenvolvemento e campañas de sensibilización en Galicia sobre a Cooperación e a Solidariedade internacional, o Pleno acorda por unanimidade: 1º.- Manifesta-la adhesión desta Corporación ó "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade" e acepta-los seus Estatutos e Declaración Programática. 2º.- Asumi-lo compromiso de dotar presupostariamente unha partida, como aportación anual ó Fondo Galego, con destino ó financiamento de proxectos aprobados polo "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade", e de conformidade co correspondente baremo de cuotas que aprobou a Asemblea Xeral de Socios. 3º.- Expresa-la vontade de incrementa-las responsabilidades económicas desta Deputación respecto ó Terceiro Mundo para aproximarse ó 0,7% do presuposto ordinario recomendado polas Nacións Unidas. 4º.- Facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para que designe un representante da Corporación no "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade". 5º.- Notificar estes acordos ó "Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade". Sr. Presidente.- Hai outro asunto tamén que o vai a explica-lo Sr. Secretario. Perdón, Sr. Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Gracias, Sr. Presidente. Simplemente unha postura testimonial. Este é un dos puntos dos que un, cando se aproba, se sinte moi orgulloso de estar aquí sentado. Creo que este Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o único que trata é de facer un pouco un peto común, de que a Administración Local Galega actúe en conxunto, en Plans de Cooperación, que axuden ó desenrolo dos países en vías de desenvolvemento. Creo que somos a primeira Deputación de Galicia que se une a este Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e, dende logo, temos que ser unha especie de carro que tire do resto das Deputacións Galegas para que se animen a participar neste Fondo. E sen olvida-lo terceiro punto desa moción, que creo que é un dos máis importantes, manifestamos a nosa vontade de que o 0,7% do presuposto desta Entidade algún día sirva para facilitar proxectos de Cooperación para países en vía de desenvolvemento. Simplemente mostra-la felicitación de tódolos compañeiros que forman esta Corporación, porque realmente, xa digo, cando un vota un destes puntos se sinte orgulloso de ser un representante público. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Juanes Rodríguez. Efectivamente é así e isto é moi importante, pero lamentablemente, inda que tódalas Corporacións Locais estamos bastante concenciadas desta situación, a verdade é que nunca se fixo nada moi positivo porque tamén é verdade que non houbo a suficiente colaboración entre os organismos para que ó fin este diñeiro, que ás veces se destina con fins concretos, chegue a onde ten que chegar, e lamentablemente tamén e verdade que ás veces ata ten sufrido desviacións e non chega a onde realmente queremos que chegue desde as Corporacións dos nosos Municipios ou dende as Corporacións das nosas Deputacións. En Porriño xa hai tempo que destinamos algunhas cantidades. Xa distribuímos bastante, pero ás veces creounos a dúbida de se o fixemos correctamente porque non hai unha organización, hai moitas organizacións que se dedican a iso, pero non sabemos concretamente se ó final ese diñeiro chega a cumprir de verdade o fin social ó que vai destinado. Neste caso, creo que ó formarse este organismo a nivel de toda Galicia, de toda a Autonomía, efectivamente pode ser moi importante sobre todo para darlle un fin máis positivo ós fondos que se destinan para este fin. Así que, efectivamente, debemos congratularnos todos deste acordo que tomamos agora mesmo. ------ Folla: 182,183 14.4237.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE O SERGAS, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A UNIVERSIDADE DE VIGO PARA FINANCIA-LA OBRA DE CONSTRUCCIÓN DO EDIFICIO DA ESCOLA DE FISIOTERAPIA Sr. Presidente.- Hai outro punto que agora lle explica tamén o Sr. Secretario, faga o favor. Sr. Secretario.- El pasado día 19 de este mes la Dirección General de Recursos Humanos del SERGAS remitió una Addenda al Convenio que habíamos aprobado el 24 de julio de 1997 entre la Diputación, el SERGAS, el Ayuntamiento de Pontevedra y la Universidad de Vigo en orden a la financiación de la construcción del edificio de la Escola de Fisioterapia. La Addenda nada más que modifica la cláusula segunda de ese Convenio, en el sentido de que lo que decía que el SERGAS iba a aportar en el año 97 y 98 lo va a aportar todo en el año 98, con objeto de ir al ritmo de las obras, porque se han tardado en iniciar. Ese es el sentido de la modificación, nada más. Como nos urgían que lo aprobáramos enseguida, lo pasamos por la Comisión de Gobierno que se celebró dos días después; sin embargo la Comisión de Gobierno no tiene facultades para aprobarlo, por eso se trae aquí para ratificación, puesto que el Convenio primitivo del 24 de julio de 1997 fue aprobado por este Pleno. Y nada más que es eso, ratificar ese acuerdo de la Comisión de Gobierno, aprobar esta modificación y remitirla inmediatamente al SERGAS para que entre en vigor. Sr. Presidente.- Bien, ¿quedó suficientemente aclarado?, ¿hai algunha aclaración que facer?. Primeramente el tema vamos a declararlo de urgencia. ¿Votos a favor?. Se aprueba por unanimidad. Dámoselle a palabra ó Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Se pode interpretar como unha corrección ou algo así. Sr. Presidente.- Unha corrección máis. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero é curioso que en xullo do ano pasado resulta que se firmou este Convenio, anunciando a bombo e platillo que xa tíñamos resolto o problema da Escola de Fisioterapia, e uns cantos meses despois, case un ano, resulta que non era así. Creo que houbo tempo o ano pasado para adxudicala e polo tanto non habería este problema. A realidade todos supoñemos cal é. Hai que saír na foto anunciando que se arregla, se fai un Convenio e non hai os cartos dispoñibles anque se comprometen a poñelos no 97, e ó final hai que facer este apaño que é xunta-los vintecinco e vintecinco do SERGAS en cincuenta este ano. Non deixa de ser unha pequena tomadura de pelo, ó cal estamos moi habituados por outro lado. Nas campañas electorais sempre hai un convenio ou algo para firmar, tódolos días hai algo para saír na foto dicindo que se vai arreglar todo e despois a realidade tenaz e pertinaz demostra que todo aquelo era un pouquiño conto, ¿non?. Pero bueno, a ver se sáe adiante dunha vez e se arregla o problema. Sr. Presidente.- Vale, moitas gracias Sr. Mosquera. Eu creo que non é así totalmente pero non vamos a discutir agora sobre este tema; sempre hai pequenos fallos ou pequenos retrasos e neste caso tampouco é tan grave. Eu creo que é un fallo simple e polo tanto aquí tratamos de subsanalo. O importante é que se faga canto antes e que agora se dispoñan deses fondos que son necesarios para acometer esa obra. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Dada conta da Addenda ó Convenio de colaboración subscrito entre o SERGAS, a Deputación Provincial, o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo para financia-las obras de construcción da Escola de Fisioterapia, que se limita a unha simple modificación da Cláusula 2ª para axusta-la aportación do SERGAS nunha sóa anualidade, acordouse por unanimidade prestar confomidade a dita Addenda, ratificándose así o acordo da Comisión de Goberno de 21 dos correntes. ------ Folla: 183 15.4238.- FELICITACIÓN DA CORPORACIÓN Ó NOVO RECTOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO POLO SEU NOMEAMENTO Sr. Presidente.- Me apunta aquí un compañero y creo que deberíamos asumirlo todos, de facer constar en acta a satisfacción desta Corporación Provincial polo novo nomeamento do Rector da Universidade de Vigo. Se lles parece ben facémolo constar. Ben, que conste entón a nosa satisfacción. Esperemos que non falle o novo Rector, ó contrario, que impulse de verdade a Universidade de Vigo. A proposta da Presidencia, que fixo súa toda a Corporación, acordouse por unanimidade facer constar en acta a felicitación da Deputación Provincial ó novo Rector electo da Universidade de Vigo, D. Domingo Docampo Amoedo. ------ Folla: 183,184 16.4239.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto de rogos e preguntas. Aquí non hai ningunha. ¿Alguén quere facer algunha in voce?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, no Pleno pasado un punto da orde do día era a solicitude de varios funcionarios provinciais para a súa compatibilización, retirouno o Presidente anunciándonos que lle había chegado un informe contrario e que se trataría no próximo Pleno, como o próximo Pleno é este e o tema non se trata nin aparece na orde do día, nós o que quixéramos é que polo menos, mentras non se trate, se lles facilite ós grupos políticos, polo menos a nós, ese informe en contrario. Sr. Presidente.- Ben, farei chegar esa petición ó Sr. Presidente. Sr. Chillón. Sr. Chillón Iglesias.- Si, unhas cousiñas breves. Palabra de Dios, nesa actitude. A ver se son un pouco máis receptivos ás demandas que imos facer. Na acta que acabamos de aprobar ó inicio da sesión había tres mocións do BNG fóra da orde do día na e pasada sesión comentouse que serían pasadas as tres a Comisión e soamente foi pasada unha; entón nese sentido de boa vontade, a ver se axilízase esa cuestión. Tamén quixéramos facer unha reflexión. Podería ser este mes de maio. Para a nosa organización e o noso país non é un día nin é un mes, son os 365 días do ano. Poderíase presentar unha moción a nivel de recoñecemento da declaración de dereitos lingüísticos por parte da ONU, pero quixéramos facer un pouco de reflexión e tamén, nese sentido de boa vontade, que se fosen corrixindo vellos vicios que non por ser vellos se teñen tomado medidas para melloralos. En canto á publicidade desta casa, salvo o encabezamento e o pé da Deputación informa, Deputación de Pontevedra, movémonos pola Provincia, movémonos por tí, o texto, inda que houbo unha segunda fase de publicidade que foi en galego, normalmente é en castelán. Folletos e instancias dos diferentes negociados e organismos seguen a ser en castelán; incluso colaboracións en determinados medios de información onde hai convenios tanto a nivel de equipos deportivos, como de recetas, segue sendo todo en castelán. Incluso hai recetas que non son galegas, e que aparecen á parte de forma reiterada. Non teño nada tampouco en contra do viño Rioja, pero aparece a foto dunha botella de Rioja sempre; xa de aparecer que apareza o albariño ou productos da nosa terra. Ter unha certa sensibilidade de cara a esas cuestións, tanto a nivel da nosa publicidade, a propia institucional, como nos temas que apoiamos indirectamente. Ter presente a nosa lingua e a nosa economía. En terceiro lugar, se estivera o Presidente titular, D. Manuel Abeledo, solicitarlle que se retomase un compromiso en canto a un Convenio de Estradas Provincias na Comarca do Morrazo entre a propia COTOP e a propia Deputación Provincial, compromiso que os titulares da Consellería como os da Deputación adquiriron no seu momento e que levamos un gran período de tempo sen axilizar. E de momento nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Chillón. Tratarase de ter en conta ás súas peticións. Van a constar en acta e nada máis. Penso que sobran os comentarios. Moitas gracias a todos e levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición