Fondos
2000-10-27_Ordinaria. Acta de sesión 2000/10/27_Ordinaria
Acta de sesión 2000/10/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/2.2000-10-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2000/10/27_Ordinaria
Data(s) 2000-10-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de outubro de 2000 No salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintesete de outubro do ano dous mil, baixo a presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as señoras/es deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o secretario xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado D. Horacio Gómez Araujo. Declarada aberta a sesión e de orde da presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Eu quería agradecerlles ó Pleno da Deputación, a tódolos compoñentes deste Pleno, o interese manifestado pola miña pronta recuperación, que efectivamente así sucedeu gracias a Deus e sobre todo gracias ó equipo médico que me atendeu. Polo tanto, de verdade, personalmente e como Presidente agradezovos ese interese manifestado. Dito esto pasamos ó desenvolvemento da orde do día do Pleno correspondente a este mes. 1.4520.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- En primeiro lugar aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 29 de setembro do ano 2000. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Polo tanto apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de setembro do ano 2000. ------ Folla: 2.4521.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CPTOV PARA A CONSTRUCCIÓN DO ENLACE DA ESTRADA A ESTRADA - FORCAREI COA PO-541, A TRAVÉS DE CERDEDO E HABILITACIÓN Ó ILMO. SR. PRESIDENTE PARA A SINATURA DA ADDENDA Sr. Presidente.- Punto dous. Addenda ó Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a CPTOV para a construcción do enlace da estrada A Estrada-Forcarei coa PO-541, a través de Cerdedo e habilitación ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura da addenda. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, xa fixo vostede referencia, eu ía a dicir que nos alegramos da súa recuperación e que estea agora aquí entre nós xa recuperado dende hai un tempo para a súa actividade. Con respecto ó asunto que nos ocupa esta é unha estrada que é necesaria, que vai pagar a CPTOV. Agora ten unhas siglas un pouco máis complicadas, e o único que hai que resaltar é a tramitación porque as datas son así coma un pouco sospeitosas. En ano electoral das autonómicas do 97 se asina un Convenio, que os anos electorais se pode asinar coma calquera outro ano, para esta estrada e resulta que estaban tódolos terreos a disposición segundo figuraba no Convenio, e estaba o proxecto, ou sexa estaba absolutamente todo, e o custe total eran 350 millóns, e tres anos e medio despois resulta que hai moitisimos problemas e a obra se vai a 518 millóns. É un piquiño para o que é unha estrada, que en principio sempre pode haber excesos de obra e demais, pero parece coma un exceso demasiado grande. Ben, como a estrada é necesaria e como incluso vai a paga-la CPTOV, deixando constancia de que hai que esmerarse nestas tramitacións, non adiantarse, non poñe-lo carro diante dos bois e intentar sacar algo, que ó fin e ó cabo a urxencia como se veu non era tan elevada, vamos a votar a favor deixando constancia deso. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Buenos días. Sr. Presidente, antes de nada darlle a benvida. Neste punto nós votamos a favor na Comisión Informativa de Vías e Obras, e votamos a favor na crencia, que supoño que o Presidente agora nos ratificará nesa crencia, de que o incremento ía a pagalo a Consellería de Ordenación do Territorio. Dígoo porque no primeiro Convenio se facía unha referencia a que calquera incremento sería por conta da Deputación. Enténdese que a obra non está terminada e que este incremento vai a pagalo a Consellería porque se non teríamos que cambia-lo sentido do voto posto que estamos falando dunha obra que inicialmente costaba 349 millóns de pesetas e que agora vai a costar sobre 150 millóns de pesetas máis. Loxicamente, eso nos levaría a nós a mira-lo sentido do voto. E por outro lado quixéramos que se explicara cal é a razón dese incremento de 150 millóns de pesetas na obra. Independentemente de que non lle coste á Deputación, algunha razón debe haber e esperemos que a razón non sexa por un erro no proxecto, porque o proxecto era da Deputación Provincial e entón esperemos que non sexa por eso. Volvo a repetir, se se segue mantendo que o incremento vai a pagalo a Consellería, nós non temos ningún inconvinte e seguimos votando a favor. Sr. Presidente.- Gracias. Efectivamente, contestándolle ó Sr. González, o importe que supera o proxecto anterior págao a Consellería de Política Territorial. Polo tanto eso é o que hai que dicir e nada máis. Di o Sr. Mosquera que estamos en ano electoral. Aínda non estamos en vísperas de eleccións. Ah, a primeira vez eu xa non me acordo. Pudo coincidir; vostede sabe perfectamente no Concello que temos que seguir traballando, haxa eleccións ou non haxa eleccións, tódolos días. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos votar a favor porque a obra é necesaria, pero non é só que coincidira, senón que o proxecto nesa zona, en Codeseda e demais, foi ben vendido nas autonómicas pasadas. Pero dá igual, eso entra dentro do xogo. É feito precipitadamente, como se ve, pero como é unha obra necesaria, quitando eses matices de que se faga precipitadamente en campaña, dá igual. Sr. Presidente.- Non vamos a entrar no xogo das ventas porque entón cada un vende o que pode. E vostedes tamén venden o que poden. Moi ben. Procedemos polo tanto á súa votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o Convenio de colaboración de data 8 de maio de 1997, subscrito pola CPTOV e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e o contido do oficio de data 5 de outubro de 2000 remitido pola CPTOV e debido ás incidencias xurdidas na execución das obras, que supoñen unha imposibilidade de execución dentro do prazo previsto, así como un incremento do presuposto total da obra, segundo se pon de manifesto pola Comisión de Seguimento do citado convenio, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade aproba-la 2ª addenda ó Convenio de colaboración para a construcción do enlace entre a estrada A Estrada - Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo, de data 8 de maio de 1997, subscrito entre a CPTOV e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a sinatura da 2ª Addenda ó Convenio. ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCCIÓN DO ENLACE DA ESTRADA A ESTRADA-FORCAREI COA PO-541 A TRAVÉS DE CERDEDO. Santiago de Compostela, catro de outubro do ano dous mil. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Xosé Cuiña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facultado para a formalización deste acordo pola Lei 1/83, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribue a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. MANIFESTAN Que o oito de maio de mil novecentos noventa e sete foi asinado o Convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra para a construcción do enlace da estrada A Estrada - Forcarei coa PO-541 a través de Cerdedo e o nove de xullo de mil novecentos noventa e oito unha addenda ó mesmo. Que reunida a Comisión de Seguimento o día 14 de abril de 2000, e unha vez estudiadas as incidencias xurdidas na execución das obras que implican a necesidade de realizar novas actuacións complementarias e tendo en conta que isto supón un incremento no orzamento total da obra que supera a cantidade recollida no Convenio e ante a imposibilidade de levar a cabo as mesmas, acordouse a modificación da cláusula segunda, para adecua-las estipulacións económicas co obxecto de facer efectivo o mencionado convenio. ACORDAN Subscribir esta addenda ó Convenio citado, no que se modifican as cláusulas segunda e cuarta. CLÁUSULA SEGUNDA Modifícase o orzamento total necesario para a execución das obras que ascende a 518.202.246 pesetas e a programación das anualidades para a execución das obras que quedaría do seguinte xeito: 1998 7.449.613 pts. 1999 87.000.000 pts. 2000 296.910.395 pts. 2001 126.842.238 pts. CLÁUSULA CUARTA Modifícase a data límite de efectividade do convenio, manténdose a vixencia desta ata a entrega das obras, e en todo caso ata o 31 de decembro do ano 2001. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, Asdo. Xosé Cuiña Crespo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo. Manuel Abeledo López ------ Folla: 3.4522.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS (SUPLEMENTOS), DO OA CAIXA DE ANTICIPOS Sr. Presidente.- Nos puntos 3, 4 e 5 hai unha serie de expedientes de modificacións de créditos, o primeiro con cargo á remanente da Caixa de Anticipos; o segundo con cargo ós remanentes do Presuposto do 2000; e o terceiro con cargo ós remanentes do propio Padroado de Turismo Rías Baixas. En todo caso doulle a palabra ó Sr. Mosquera, se quere dicir algo sobre o primeiro punto. Expediente de modificación de créditos (suplementos), do OA Caixa de Anticipos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pódese intervir sobre os tres e fixa-lo sentido do voto. Son absolutamente mínimos, no 3 son quince millóns e medio, no 4 son dezaseis millóns e medio e no 5 son sete millóns e medio. O que máis chama a atención de tódalas modificacións é no 4 eses 5,6 millóns dos 16,5 que aparecen para productividades. Como é ben coñecido, a política de persoal, de productividades e de exclusivas e do que cobra cada un aquí é bastante discutible. Son cantidades mínimas e vamos a mante-lo mesmo criterio que mantivemos sempre, ou sexa, no 3 e no 5 vámonos abster e no 4, que afecta ó presuposto xeral, vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Loxicamente non aprobamos o presuposto e estas incidencias deberíamos de votar en contra. Polas cantidades vamos a absternos, porque as cantidades son mínimas. Queríamos resaltar no punto 5, que é o expediente que afecta ó Patronato de Turismo Rías Baixas, que realmente estamos unha vez máis ante actuacións do grupo de goberno a toro pasado. Estar dotando de 4.200.000 pesetas ás oficinas de turismo cando en realidade cando se remate este expediente vai a quedar un mes, quere dicir que estes cartos están gastados xa. Polo tanto tampouco podemos avalar este tipo de actuacións. Sr. Presidente.- Vale, gracias. Soamente contestarlle neste caso ó Sr. Mosquera que a productividade é debido a que tódolos anos que temos bienal, hai que montala en tódalas partes e os operarios que temos nesta Deputación teñen que facer bastantes horas extras, segundo xustificación do Director do Museo, do Comisario da exposición. Trátase simplemente de gratifica-las horas que fixeron os empregados desta casa na montaxe e desmontaxe de todo o que significa as exposicións que se tiveron este verán. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non vamos a entrar máis polo miúdo, simplemente dicir que a bienal xa leva anos celebrándose. A bienal leva bastantes anos celebrándose e máis ou menos se sabe o que pode costar. Había unha partida de productividade, entón está agotada por outras cousas. Vamos a deixalo. Efectivamente pode ser esa causa inmediata pero tamén podía estar previsto e por que se gastou toda. Vamos a deixalo porque había que ter toda a documentación que evidentemente non figuraba no expediente e polo tanto non a podemos manexar, pero que agora se nos diga que case seis millóns de pesetas se nos van ás horas extras para a bienal cando levamos celebrando a bienal non sei cantos anos, sabemos máis ou menos o custe, polo tanto debía estar previsto, é un desfase bastante gordo. Parece. Sr. Presidente.- Ben. Procedemos polo tanto á votación do punto número 3. Expediente de modificación de créditos (suplementos), de OA Caixa de Anticipos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase coa abstención dos grupos da oposición. Visto o expediente de modificación de créditos (suplementos) do OA Caixa de Anticipos de Cooperación do vixente presuposto de 2000, por un importe de QUINCE MILLÓNS CATROCENTAS CINCUENTA E OITO MIL DEZANOVE PESETAS (15.458.019), motivado á necesidade de ter que realizar gastos para facer frente a posibles compromisos derivados de acordos adoptados pola Xunta Administradora no actual exercicio e os que se adoptarán durante o segundo semestre, sendo financiado o seu expediente con cargo ó remanente de Tesourería procedente da Liquidación do Presuposto do exercicio de 1999; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente, resumido por capítulos o seguinte: PARTIDA DENOMINACIÓN CONTÍA DO SUPLEMENTO 911.821 Préstamos ou anticipos a Concellos 15.458.019 TOTAL SUPLEMENTO 15.458.019 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días, a efectos de reclamacións. ------ Folla: 4.4523.- SEXTO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS PARA SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS, DENTRO DO VIXENTE PRESUPOSTO 2000 CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto número 4. Sexto expediente de modificación de créditos para suplementos de créditos dentro do vixente Presuposto 2000 con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. ¿Votos en contra?. BNG. ¿Abstencións?. PSOE. ¿A favor?. Partido Popular. Apróbase polo Partido Popular. Visto o sexto expediente de modificación de créditos para suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de DEZASEIS MILLÓNS CINCOCENTAS TRINTA E DÚAS MIL SEISCENTAS DEZAOITO PESETAS (16.532.618), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non deben demorarse ata o exercicio seguinte, por non existir consignación no estado de gastos do vixente presuposto, financiándose o expediente con cargo a parte do resto do remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, co voto en contra do BNG e a abstención do Grupo Socialista prestar aprobación a dita modificación presupostaria e dos recursos para o seu financiamento, sendo o detalle do expediente resumido por capítulos o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 1º Gastos de persoal 5.775.969 2º Gastos en bens correntes 448.077 4º Transferencias correntes 4.233.736 6º Inversións reais 324.836 7º Transferencias de capital 5.750.000 TOTAL 16.532.618 Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150, ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días, a efectos de reclamacións. ------ Folla: 5.4524.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS Nº 1/2000 DO PRESUPOSTO DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de suplemento de créditos nº 1/2000 do Presuposto do Padroado de Turismo "Rías Baixas". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase coa abstención dos dous grupos da oposición. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2000 do vixente presuposto do Padroado de Turismo "Rías Baixas", por un importe de SETE MILLÓNS TRESCENTAS SETENTA E TRES MIL CATROCENTAS TRINTA E OITO PESETAS (7.373.438), motivado á necesidade de ter que realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, ó non existir consignación suficiente nas partidas correspondentes, sendo financiado o expediente con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do exercicio de 1999; e visto así mesmo o informe favorable de Intervención que se une ó expediente, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG prestar aprobación a dita modificación presupostaria e ós recursos para o seu financiamento, tendo en conta que os gastos que se pretenden financiar co expediente de suplemento de crédito son específicos e determinados. Este expediente presenta, resumido por capítulos a seguinte estructura: 00/875-751-462.07 Prácticas en Oficinas de turismo 4.200.000 pts. 00/875-751-462.02 Subvencións material turístico 1.173.438 pts. 00/875-751-489.01 Transferencias varias (CEHOSGA) 2.000.000 pts. TOTAL 7.373.438 pts. O financiamento deste expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 1999. Dito financiamento conleva o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 00/875-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 7.373.438 pts. Dito expediente, de conformidade co disposto no art. 158 en relación co 150 ámbolos dous da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exporase ó público por un período de quince días, a efectos de reclamacións. ------ Folla: 6.4525.- DESIGNACIÓN DUN REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO PADROADO DA FUNDACIÓN PARA O DENSENVOLVEMENTO DA COMARCA DO MORRAZO Sr. Presidente.- Punto número 6. Designación dun representante da Deputación no Padroado da Fundación para o desenvolvemento da Comarca do Morrazo. Ben, no seu momento, nos primeiros días en que eu me incorporei despois da enfermidade, me atopei cun escrito onde se pedía á Deputación Provincial que se nomease un representante no Padroado da Fundación para o desenvolvemento da Comarca do Morrazo. No seu momento, esta Presidencia pensou que o mellor representante que podíamos ter no Morrazo era o mesmo Alcalde de Cangas. E así se fixo, se propuxo ó Alcalde de Cangas como representante da Deputación Provincial, pero posteriormente á súa proposta recibimos un escrito do Alcalde e Deputado Provincial, no senso de que renunciaba posto que el era representante xa por se-lo Alcalde do devandito Concello.Polo tanto tivemos que cambia-lo representante e neste caso esta Presidencia propón como representante da Deputación a D. Manuel Conde Romero. ¿Algunha intervención?. Sra. Millán González.- Buenos días e gracias. Nós, dende o BNG, non queremos poñer en dúbida para nada o traballo que poida facer o Sr. Conde, pero cremos que, como moi ben din os Estatutos, os obxectivos dos mesmos son o desenvolvemento integral da comarca; facer a participación activa e responsable da poboación comarcal; crear e potencia-las organizacións intermedias de dinamización internas; propiciar un achegamento da poboación á administración, etc. Para nada pretendo ser presuntuosa e non presumo que eu teña máis capacidade que ó Sr. Conde, pero cremos que hai Deputados e Deputadas, unha Deputada que lle está falando e un Deputado de Marín que pertence á Comarca do Morrazo e sería máis lóxico polo coñecemento que teñen da propia comarca que un Deputado, ou Deputada do Morrazo se quixera, fora o representante da propia comarca. É simplemente unha proposta e se non o BNG absterase. Gracias. Sr. Presidente.- Sr. Muradas. Sr.Muradas Ramos.- El Sr. Presidente acaba de hacer una exposición de cómo evolucionó este tema bastante sencilla y de no conocer los antecedentes incluso podría parecer razonable. Sin embargo conociéndolos a mi esto me parece una auténtica vergüenza, una auténtica vergüenza. El expediente, como bien dijo, arranca con un escrito del Secretario General de Planificación y Desenvolvimiento Comarcal en el que insta a la Diputación que manifieste su voluntad de participar en el Patronato que regirá la Fundación del Desarrollo de la Comarca del Morrazo y que nombre un miembro de esta Diputación. Así se lo hace saber el Secretario de la Corporación diciéndole que era conveniente que esto se dictaminase en la Comisión de Régimen Interior. La propuesta va a la Comisión con un informe jurídico anterior a la propuesta. El informe es del día 16 y la propuesta es del día 17, o sea, que es un informe futurista. La propuesta del Presidente proponía a su Vicepresidente D. Enrique Sotelo Villar. En la Comisión, el Presidente de la misma justifica la propuesta diciendo que parece lógico y razonable que el Diputado que nombra la Diputación sea de la Comarca. Es el Sr. Villar. La justificación inicial la hacen en que proponen al Sr. Sotelo porque lo lógico es que sea un Diputado de la Comarca, cosa que el resto de los grupos apoyamos. Toda la Comisión por unanimidad apoya que sea de la Comarca. Sin embargo el Grupo Socialista plantea la cuestión de incompatibilidad dado que el Diputado propuesto ya es miembro nato de ese futuro patronato por ser Alcalde y en consecuencia no podría ser también un vocal elegible. La respuesta de ese Diputado propuesto es que el tema ya está consultado, que el va a delegar como Alcalde y que asistirá como representante de esta Diputación. Se plantea que eso puede ser ilegal. En cualquier caso sería un fraude de ley, pero vistos los Estatutos no parece que eso fuese viable. A pesar de eso se dictamina favorablemente con los votos del Partido Popular. Yo entiendo que es porque era de la Comarca y además del partido y acto seguido el Sr. Sotelo, como bien decía el Presidente, pone un escrito diciendo que por razones de oportunidad es mejor nombrar a otro. Esto, como mínimo, refleja una descoordinación importante entre el Presidente y sus Vicepresidentes, cuando el Vicepresidente nombra a alguien y ese Vicepresidente rechaza ese nombramiento, eso como mínimo. Pero eso no es la realidad. La realidad es que efectivamente estaba pensado que fuese así, nombrar al Sr. Sotelo, que delegaría su puesto de Alcalde en un concejal de Cangas. Y el escrito dice que es por razones de oportunidad. No es por razones de oportunidad por lo que el Sr. Sotelo le pone ese escrito, es por razones de legalidad. Porque la normativa básica que regula el desarrollo de estos Patronatos, que es el Decreto de la Xunta de Galicia 248/92, dice que los miembros del Patronato desempeñarán sus funciones personalmente sin posibilidad de delegación. Y es por eso que a pesar de habérselo dicho en Comisión y de tenerlo muy consultado ya el Sr. Sotelo, como bien dijo en Comisión, y que no había prueba física porque había sido vía conversación telefónica y lógicamente no estaba grabada, en un talante bastante poco dialogante, presenta ahora esto y aquí ya se derrumba toda la justificación de los miembros de la Comisión de Régimen Interior. Les va usted ahora a violentar su criterio, su criterio se lo va a violentar, porque yo supongo que se va a acatar la disciplina de grupo y van a votar algo distinto a lo que dijeron en Comisión, que debía de ser lógicamente un Diputado del Morrazo. Y aquí ahora ustedes están proponiendo a un Diputado de la Comarca de Vigo. Ni siquiera del partido judicial por el que fueron elegidos diputados, ni siquiera eso. Porque en otras fundaciones, en otros patronatos, esta Diputación, salvo imposibilidad, siempre nombró a un Diputado de la Comarca. Claro, tenía la ventaja de que como eran del Partido Popular, coincidía. En la única que no lo hay es en la de Caldas porque el único Diputado de la Comarca de Caldas es el Alcalde de Catoira que ya es Presidente del Patronato. Entonces tuvo ya que ser forzosamente de otra comarca. Pero aquí nos lo nombran de Vigo, y que esto no se tome como nada personal, o sea, podía valerme el argumento para cualquier otro Diputado. Esto a mi me parece una auténtica vergüenza. Y de forma despectiva el Alcalde de Cangas en Comisión dijo que eso eran discursos. Ese talante que predica de moderación, de consenso, del Partido Popular, cuando se ve la hora de la verdad, de tener un detalle, un detalle de cortesía, pues decir que, señores, ya tenemos un Diputado en la Comarca que ya es miembro nato, nombremos de otro partido porque a fin de cuentas aquí no está jugando ninguna mayoría, ninguna mayoría en absoluto. Tenían una oportunidad yo creo que de oro de hacerlo y le recomiendo que en futuras situaciones como estas tengan la gallardía de reconocer que se equivocaron en Comisión, convoquen otra Comisión Informativa, extraordinaria, planteen la cuestión y punto. Y no pasa nada. Lo dicho, me parece una auténtica vergüenza. Sr. Presidente.- Ustedes no es la primera vez que cambian el voto de lo que dicen en las Comisiones Informativas, de lo que dicen aquí. Por lo tanto esa no es razón suficiente para lo que estamos diciendo. Con respecto á que se nombre un representante de este Patronato da Fundación do Morrazo e que sexa precisamente do Morrazo, efectivamente podría ser un razonamiento y en principio lo pensamos. Pero, y le contesto a los dos a un tiempo, primero a la Sra. Millán, creo que no es coherente nombrar a la Sra. Millán como representante de esta Diputación Provincial no por el partido al que pertenece y por ser de la oposición, sino que precisamente creo que ella no debe creer en esta Fundación cuando en el Ayuntamiento votó en contra y por lo tanto yo supongo que votando en contra no debe tener autoridad para decir lo que está diciendo. Y al Sr. Muradas, algo parecido. Usted sabe que el Ayuntamiento de Marín está tratando de salir de la Mancomunidad del Morrazo y esto es público y notorio y salió en la prensa. Por lo tanto usen ustedes otros argumentos, pero no usen estos porque creo que efectivamente carecen de razones en este caso para que la Diputación pueda nombrar a uno de ustedes, que son del Morrazo, como representantes del Morrazo. Independientemente de que el designado es un representante de la Diputación, no es un representante del Morrazo. Y por lo tanto por estas razones esta Presidencia sigue proponiendo como miembro del Patronato de la Fundación a Manuel Conde. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, evidentemente non pensaba intervir, pero é que soa a desculpa de mal pagador. Vamos a ver. Por non crer nós tampouco cremos nesta Deputación, ou sexa que nos teremos que ir, nesta e en ningunha. Parece unha entelequia, un auténtico armatoste institucional, unha herencia, un dinosaurio que non ten ningunha función e se pasado mañá non temos maioría, non podemos gobernala, deixámola. Ou sexa, a argumentación de que nos guste esa fórmula ou nos guste outra, ou como non nos gusta esa fórmula non temos dereito a estar, parece unha desculpa de mal pagador. Agora, o que non entendo, á parte que esto é práctica desta Deputación, Deputacións nas que vostedes controlan con maioría absoluta, e que á parte pasan por ter prácticas bastante perversas como poden se-la de Lugo ou a de Ourense, non teñen ningún problema en facer representacións en calquera Deputado, sexa do grupo que sexa, e aquí é que é imposible. Eu creo que é ata nin tan sequera para as mesas petitorias, se houbera que traer un representante da Deputación repartirían entre tódolos Deputados. Sr. Presidente.- Depende das mesas que houbera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, creo que debemos ter algo así como setenta delegacións ou oitenta representacións deste tipo e á parte é unha cousa tan de emperrencha, de cabezonería, que resulta que a metade delas os seus nin van, porque son tan absurdas, tan estúpidas, que nin van. Podían te-la zorrería política de dicir, bueno, as que non valen para nada, que ninguén quere ir pois denllo á oposición co cal incluso nos meterían nun lío. Bueno, alá vostedes, como é unha práctica xa dunha traxectoria reiterada e demais alá vostedes. Non parece moi de recibo. Podemos comparar por exemplo coa práctica doutra institución que é o Concello de Pontevedra, e incluso antes e moito máis agora en que se reparten as delegacións, estas representacións, entre tódolos grupos e non pasa absolutamente nada. Pero bueno, a Deputación é especial, son absolutamente especiais, e nas súas mans especialisimas, absolutamente especialisimas. Alá vostedes. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vostedes teñen todo o dereito a estar aquí loxicamente e están elixidos polo pobo como debe ser e nese sentido non hai problema de ningún tipo. Outra cousa é un nomeamento positivo por parte de quen pode face-la proposta. E non me compare vostede o Concello de Pontevedra coa Deputación porque a vostedes non lle queda máis remedio que distribuir porque non teñen maioría absoluta, pero onde teñen maioría absoluta están facendo o mesmo ou peor, consulte vostede onde ten alcalde con maioría absoluta. Pregúntelle vostede cantas delegacións teñen os membros da oposición. Pregúntello. Agora, loxicamente vostede se quere gobernar e non ten maioría absoluta ten que pactar ou pacta co PSOE ou pacta con quen sexa, pero ten que pactar e ten que repartir. Nestes momentos a Deputación Provincial entende así que debe nomear un representante da Deputación non do Morrazo, que non é un representante da Comarca do Morrazo senón desta Deputación, e polo tanto pode ser calquera Deputado e neste caso me manteño. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Decir que cambiamos el voto no me parece un argumento, nosotros nos equivocamos muchas veces y cambiamos el voto. Y en Comisión podemos votar en un sentido pero estudiado el tema o después de las explicaciones que nos dan los miembros del Grupo Popular nos pueden convencer. Nos equivocamos muchas veces. Parece que aquí la concejal del Bloque ya queda satanizada porque votaron en contra de la integración en esa Fundación. En Marín no solicitamos la integración, nosotros de momento no pecamos, aún estamos habilitados para poder tener allí representantes. Mezclarme la Mancomunidad con la Fundación, Sr. Presidente ,sabe que eso es mezclar "churras con merinas". La Mancomunidad es una asociación de municipios que se hace para la gestión de unos servicios determinados. Los servicios básicos, tanto Cangas como Marín, los tienen en otras comunidades. Marín está en Sogama, Morrazo no sé donde están aún, no se sabe donde están. El agua Cangas la tiene con Vigo, Marín la tiene con Pontevedra y estamos hablando de los servicios más básicos y aparte que la Mancomunidad se financia con medios propios de los municipios y eso también ayuda al talante del Alcalde de Cangas en ese divorcio, pero bueno, no había servicios importantes que vinculasen a Marín con el Morrazo. Que no quiere eso decir que nos salgamos de la comarca. Marín sigue siendo de la comarca del Morrazo, Marín va a estar en la Fundación en ese Patronato, si es que ustedes no buscan algún recurso o la posibilidad de que el Alcalde de Marín no pueda estar como miembro nato, que no me sorprendería tampoco. En cualquier caso insisto, aquí se están dando argumentos políticos para justificar una ilegalidad que ustedes pretendían cometer. Lo están tratando de justificar políticamente y la justificación del Presidente de la Comisión de Régimen Interior, que hoy por cierto le van a violentar su decencia política, haciéndole votar algo distinto a lo que defendió en Comisión, y es que el Diputado racionalmente tenía que ser de la Comarca. Y usted no me da ningunos argumentos que contradigan esta opinión y tienen un momento de oro, igual que tuvieron por necesidad, porque si no igual tenían que operar a algún Diputado, que aceptar que la Presidencia de la Comisión de la Mujer fuera de otro partido político porque ustedes no disponían de ninguna Diputada. Y ustedes proclaman ese discurso de consenso, de diálogo, de buen talante, y a la hora de la verdad pues no es así, es falso, son sectarios, o sea, impera más que el Diputado sea del PP que que sea de la Comarca. Porque yo al Sr. Conde, o el que fuese, no le conozco una trayectoria pública de su preocupación por la Comarca del Morrazo, no se la conozco, no está justificado. Lo dicho, una auténtica vergüenza. Sr. Presidente.- Sr. Sotelo tiene la palabra. Sr. Sotelo Villar.- Sr. Presidente, bos días. Eu o que lamento é que un tema tan "importante", e eso marca un pouco a calidade do debate que pretende traer aquí á Deputación a oposición, sexa unha cousa tan nimia como é nomear un representante. E despois eu quixera dicirlle ó Sr. Muradas que vostede sempre fala con palabras grandilocuentes, é moi legalista, presume de coñecer moitas leis, fai referencia sempre que fala a moitas leis, polo menos aquí o fixo, e no tempo que eu levo aquí fai sempre referencia a coñecer moitas leis. Eu só lle digo unha cousa, se vostede pretendía ser representante da Deputación na Fundación, lea os Estatutos. Porque se lera os Estatutos, simplemente con eso, se lera os Estatutos, e creo recordar que no artigo 17, punto 7, onde se fai referencia se eu como Alcalde podo delegar ou non delegar noutra persoa, simplemente con lelo non falaría vostede de ilegalidade da proposta. E despois, eu creo que como dixo o Sr. Presidente aquí se está nomeando un representante da Deputación, non do Morrazo. Na Comisión chegaron a falar de falta de ética miña por se-lo representante. Evidentemente delegaba como Alcalde e ía se-lo representante da Deputación. ¿Aquí como alguén pode atreverse a falar de falta de ética cando pretende se-lo representante de algo no cal non cre? ¿Eso é ética ou é falta de ética?. E despois doutras cuestións, de que se Marín está en Pontevedra ou en Vigo, eu creo que non saben onde están aínda, non saben onde están. Un día están nun lado e outro día no outro. Non sei onde ó final acabarán. O único motivo, e quero deixalo ben claro, o único motivo polo cal eu fixen esa renuncia é para intentar que nadie poida acusarme nin intentar ferir ningunha sensibilidade. Eu sei que vostede é unha persoa moi sensible. Eu non quero que dentro desa Fundación Cangas teña dous representantes e ese foi o único motivo polo cal eu renunciei, me crea ou non me crea. Nada máis Sr. Presidente de momento. Sr. Presidente.- Gracias. Si. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, unha cuestión moi breve porque eu creo que o tema está suficientemente claro e non ten moito sentido darlle voltas. O Sr. Presidente denota un descoñecemento da práctica do concello de Pontevedra, pero non agora senon hai catro anos, ou hai oito ou o que sexa, absolutamente alarmante cando afirma eso que acaba de afirmar. Nada máis. Cos anteriores alcaldes se repartían tamén e incluso se daba a situación de que non se lle aceptaban, pero había un reparto, sesgado ou menos sesgado, pero habíao, aquí non hai ningún. Non é un problema de forza política, é un problema de práctica institucional, afortunadamente, creo que afortunadamente na práctica dos concellos ou polo menos dos que eu máis coñezo con respecto a esta Deputación. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Eu non dixen que en ningún concello se fixera. Dixen que vostedes onde teñen maioría que eu sepa, e teño coñecemento, non reparten absolutamente nada. E se en Pontevedra reparten é porque non hai maiorías e loxicamente hai que pactar. Non lle queda outra alternativa. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si. Vamos a ver. Me acaban de etiquetar como legalista o algo así. Yo hice referencia única y exclusivamente a una norma que es la que regula la composición de este Patronato, a una norma, nada más. Al Real Decreto de la Xunta que es la norma básica sobre la que se desarrolla. Me recomienda que lea los Estatutos. Yo a usted, de legalista, desde luego después de la exhibición que acaba de hacer ahora, no lo voy a acusar jamás. Porque primero me acaba de hacer referencia a una norma que todavía no existe. Esos Estatutos hasta que los apruebe el Patronato no existen. En cualquier caso le recomiendo que siga leyendo porque el artículo 17 lo que le dice es que el Presidente podrá delegar expresamente el ejercicio de su función. Ahora le voy a explicar lo que significa eso. Pero si sigue leyendo, en el artículo 19.1 le dice que el cargo de miembro integrante del Patronato es personal, indelegable y gratuito, en el 19. Lo que usted me lee el 17, es que usted puede delegar el ejercicio de la función, no la titularidad de la vocalía, es decir, si usted un día no puede ir al Patronato, con un escrito dirigido al Presidente del Patronato usted puede delegar el voto en otro compañero de ese Patronato. Eso es lo que usted puede delegar, el ejercicio de la función pero no su cargo. En cualquier caso, en la Comisión de Régimen Interior hay un ruego formulado por mi solicitando un informe al hilo de si usted puede delegar o no. Yo le insto a que ese ruego se cumpla y verá como está usted absolutamente equivocado. Y de que Marín todavía no sabemos dónde estamos puede ser cierto pero desde luego con su brillantez no nos lo va aclarar. Supongo que no tiene usted esas dotes clarividentes para darnos lecciones de geografía. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Si, Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si, moi brevemente eu quixera simplemente que o Secretario lera o artigo 17.7, porque eu creo que fai referencia ós Alcaldes. Sr. Presidente.- Sr. Secretario lea el artículo. Sr. Secretario.- El artículo 17.7 dice lo siguiente: O Presidente e os Vocais Alcaldes dos Concellos poderán delegar expresamente o exercicio da súa función nos termos establecidos na lexislación vixente. Sr. Presidente.- Vale. Sr. Sotelo Villar.- Creo que está claro. Sr. Presidente.- Gracias. No hay más discusión por favor. Creo que está el tema más que debatido. Perdone Sr. Muradas. Quería ler outro artigo. Sr. Secretario lea o artigo 19.1 Sr. Secretario.- El artículo 19.1 dice lo siguiente: El cargo de miembro integrante del Patronato es personal, indelegable y gratuito. Sr. Presidente.- Desde el momento que se nombra es indelegable. Está clarisimo. Bien. Bueno, procedemos á súa votación. A proposta segue sendo a mesma que dixen ó principio de D. Manuel Conde Romero. ¿Votos en contra?. O PSOE. ¿Abstencións?. O BNG. ¿A favor?. O PP. Queda D. Manuel Conde Romero designado membro do Patronato da Fundación. A pesares do acabado de manifestar pola Presidencia e a terse votado a proposta de designación, e en virtude do manifestado igualmente pola Presidencia no turno de Rogos e Preguntas ante o rogo do Sr. Muradas Ramos, deixouse o asunto pendente de resolución na próxima sesión plenaria. ------ Folla: 7.4526.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Ben. Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, dar conta de varias Resoluciones Presidenciales, la primera de ellas, que es un conjunto de ellas, los extractos de las mismas dictadas por la Presidencia entre el 26 de setiembre y el 23 de octubre. Y también otra Resolución por la que la Presidencia a la vista de la propuesta de la Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social designó Presidente de la misma a D. Angel Gregores en sustitución de D. Juan Corral. Y nada más. Sr. Presidente.- Ben. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións A) Queda enterado de extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 25 de setembro e o 23 de outubro do ano 2000, e que foron trasladadas ós distintos grupos políticos. B) Queda enterado de Resolución Presidencial delegando a Presidencia da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social no Sr. Deputado D. Angel Gregores Méndez en substitución de D. Juan Manuel Corral Pérez. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratáronse os seguintes asuntos: ------ Folla: 8.4527.- MOCIÓN DO PSOE SOBRE NOMEAMENTO DE FILLO PREDILECTO DA PROVINCIA DE D. RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN Sr. Presidente.- Hai dúas Mocións. A primeira moción presentada polo Grupo Provincial Socialista. Ten a palabra para a súa exposición. D. Rodrigo Santiago Novás. Sr. Santiago Novás.- Antes de pasar a dar lectura á moción quixera facer mención a dúas cuestións previas que me parecen importantes. Primeiro salientar que é para min un motivo de orgullo e honra, como vilanovés e polo tanto como pontevedrés, poder presentar esta iniciativa e penso que non se vai da-lo caso dado que non vai ser necesario a súa defensa. E logo, por outra parte, tamén deixar constancia a esta Corporación de que fai dous días, o mércores exactamente, lle foron entregados ós voceiros de cada grupo desta Corporación, un dossier cunha documentación, que se ben non é unha documentación inédita, sen embargo para aqueles que somosValle inclanistas, no sentido de seguidores e defensores de Valle Inclán, e tamén admiradores, evidentemente, cremos que é unha documentación que é convinte ter sempre á man e repasala. Esta documentación consta de dúas carpetas; nunha primeira carpeta o contido é a moción que presentamos hoxe; unha copia do orixinal da partida de nacemento seguida dunha certificación da transcripción literaria desta partida orixinal. Por certo, recordar se acaso que a importancia desta partida bautismal, catalogada como biblia de pedra, dado que o Rexistro Civil entrou en vigor no ano 1870, e Valle Inclán nace no 1866, a través dunha lei provisoria, e logo xa entra o Código Civil no ano 1899. Ben, consta tamén este dossier, esta documentación, dun decreto do Goberno Central asinado polo Rei Juan Carlos, en canto á declaración de monumentos histórico-artísticos de carácter nacional, entre outros o Pazo do Cuadrante en Vilanova de Arousa e que di o desenvolvemento deste nomeamento, desta declaración: El Pazo del Cuadrante en Villanueva de Arosa es la casa donde nació Valle Inclán y en la que vivió varios años y allí escribió su primera obra "Femeninas". Ben, logo tamén temos unhas notas á marxe dunha solicitude o cal lle quero agradecer persoalmente ó escritor, membro da Academia das Letras Galegas, Xosé Luis Méndez Ferrín. Acompaña tamén esta documentación a portada da primeira edición de "Femeninas", presentada en Pontevedra cun prólogo de Manuel Murguía. E logo tamén unha referencia, unhas reseñas dos ilustres escritores, eu penso que o máis granado da literatura española, onde figuran reseñas en relación coa calidade literaria de Valle Inclán, pois entroutros, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Pérez Galdós, Azorín, Antonio Machado, Torrente Ballester, etc., etc. Ben, este primeiro dossier logo vai ilustrado cunha serie de fotografías daqueles edificios que tiveron unha relación íntima na vida de Valle Inclán. E logo un segundo dossier onde quixemos tamén recordar polo seu recente nomeamento e actualidade un dossier que practicamente está baseado en Torrente Ballester como fillo predilecto da Coruña. Polo tanto xa digo, esto obra en poder de tódolos grupos e penso que soamente era deixar constancia de que se entregou esa documentación, xa que no seu día non fora entregada no Rexistro. Paso xa agora a le-lo contido da Moción: Ó Pleno da Excma. Corporación Provincial. O Grupo Provincial Socialista presenta á consideración do Pleno desta Corporación Provincial a seguinte moción: Exposición de motivos: D. Ramón María del Valle Inclán é unha das personalidades literarias máis relevantes das letras españolas. A súa capacidade creativa e as innovacións estilísticas plasmadas nas súas obras son universalmente recoñecidas. A súa habilidade para inserta-la realidade social mediante a técnica do esperpento foi a súa gran aportación á literatura mundial. En moitas das súas obras dotou a Galicia dunha categoría estética como ninguén fixera nin faría na lingua de Cervantes. Nado en Vilanova de Arousa, vila mariñeira da comarca do Salnés, resulta incomprensible que a día de hoxe non teña recibido unha distinción que o recoñeza coa súa importancia de pontevedrés universal a pesar de que fai pouco máis dun ano dous valle inclanistas vilanoveses xa solicitaran desta institución a posta en marcha de iniciativas neste sentido. Estando próximo o aniversario do seu nacemento consideramos que é o momento oportuno para inicia-lo expediente que leve a outorgarlle a máxima distinción honorífica provincial que sen dúbida merece. Por tódolo anteriormente exposto propoñemos ó Pleno a adopción dos seguintes acordos: Primeiro, acorda-lo inicio do expediente de nomeamento a título póstumo de Fillo Predilecto da provincia de Pontevedra a D. Ramón José Simón del Valle Peña, máis coñecido como D. Ramón del Valle Inclán, facendo coincidi-la entrega de tan merecido título coa data do aniversario do seu pasamento, 5 de xaneiro de 2001. E o segundo acordo é acorda-la creación dun premio literario que leve o nome do ilustre escritor. Eu creo que aportar algo pola miña parte sería pretencioso unha vez que, como comentei, na documentación que aportamos, eso xa o fan os ilustres escritores, o máis granado da literatura española e polo tanto eu simplemente como recoñecemento e agradecemento a Xosé Luis Méndez Ferrín, le-lo primeiro parágrafo, moi cortiño, única e exclusivamente, que quero facer propio tamén, e que di ó seguinte: Notas á marxe dunha solicitude. Pode parecer impertinente pola parte deste anotador marxinal, no meu caso pola parte deste Deputado, o tratar de demostrar nas portas do século XXI a grandeza de Valle Inclán, quen ó non dubidar é considerado en todo o mundo coma un cumio das letras universais e de tódolos tempos. Eu simplemente engadir Sr. Presidente que esta proposta é unha iniciativa que logo terá que pasar un proceso de recopilación de datos e de méritos para como xa di na propia moción o día 5 de xaneiro do próximo ano poder acometer ese acto onde se faría entrega á distinción dese título honorífico. E, dicir esta iniciativa para nada está pechada e que está aberta a que tódolos grupos desta Corporación poidan aportar e enriquece-la mesma. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Santiago. Procedemos polo tanto á votación da urxencia da moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Todos a favor. Ben. Sr. Mosquera. Non quere falar. Ben, gracias. Bueno, dicir que o Grupo Popular no seu momento, a Presidencia, a iniciativa do Sr. Santiago e outra persoa que o acompañaba que creo que é catedrático de literatura, alá polo mes de maio, xuño, me parece que foi, tiveron unha entrevista e plantexáronme este tema. Eu naquel momento dixen que como Presidente e como Manuel Abeledo me parecía unha iniciativa correcta. En todo caso había que dar uns pasos previos para ver que posibilidades tiñamos, porque tiña idea de que hai algún problema, en fin, non derivado en si do que é a moción, senon doutras circunstancias exteriores, e que polo tanto a miña, polo menos a miña proposta era falar con tódolos grupos desta Corporación e facer unha proposta conxunta. Logo, eu tiven a desgracia de caer enfermo e efectivamente pasou unha serie de tempo sen volver a falar. Entón cando se presenta esta moción e a vexo está xustificada. Necesitamos dous meses para arma-lo expediente e loxicamente se queremos te-lo acto o 5 de xaneiro loxicamente había que facelo xa. Polo tanto, o Grupo Popular vai votar a favor da proposta engadindo un punto máis, se é posible, para enriquece-lo acordo e é crear unha comisión que estea composta por un membro de cada grupo desta Deputación e un membro do Concello de Vilanova de Arousa. Comisión que presidiría o Deputado de cultura desta Deputación e que polo tanto, se pode ser, engadir sinxelamente esto para que dende este momento se poña a traballar no tema. ¿Parécelle ben?. Sr. Santiago Novas.- Si, por suposto manteño a proposta e que está aberta, e evidentemente me parece que esa pode ser unha boa solución para organiza-lo traballo, e dende logo por parte do Grupo Socialista non hai ningún tipo de problema en incluir ese punto a maiores na moción. Sr. Presidente.- Ben. Gracias. Procedemos polo tanto á votación da moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade, incluíndose, a proposta da Presidencia, a creación dunha Comisión integrada por un representante de cada Grupo Político e do Concello de Vilanova de Arousa, baixo a Presidencia do Deputado - Presidente da Comisión de Cultura para organizar todo o traballo. O Pleno acorda por unanimidade aproba-la moción do PSOE sobre nomeamento de Fillo Predilecto da Provincia de D. Ramón del Valle-Inclán, coa emenda do Grupo Popular de crear unha comisión que estea composta por un membro de cada grupo político da Deputación e un membro do Concello de Vilanova de Arousa e que estará presidida polo Deputado de Cultura, para traballar no tema. Dita moción é como segue: MOCIÓN Exposición de motivos: D. Ramón María del Valle Inclán é unha das personalidades literarias máis relevantes das letras españolas. A súa capacidade creativa e as innovacións estilísticas, plasmadas nas súas obras, son universalmente recoñecidas. A súa habilidade para inserta-la realidade social mediante a técnica do esperpento, foi a súa gran aportación á literatura mundial. En moitas das súas obras dotou a Galicia dunha categoría estética como ninguén fixera nin faría na lingua de Cervantes. Nado en Vilanova de Arousa, vila mariñeira da comarca do Salnés, resulta incomprensible que a día de hoxe non teña recibido unha distinción que o recoñeza ca súa importancia de pontevedrés universal, a pesar de que fai pouco máis dun ano dous valleinclanistas vilanoveses xa solicitaran desta institución a posta en marcha de iniciativas neste sentido. Estando próximo o aniversario do seu nacemento consideramos que é o momento oportuno para inicia-lo expediente que leve a outorgarlle a máxima distinción honorífica provincial, que sen dúbida merece. Por tódolo anteriormente exposto, propoñemos ó Pleno a adopción dos seguintes: ACORDOS: 1. Acorda-lo inicio do expediente de nomeamento, a título póstumo, de Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra a D. Ramón José Simón del Valle Peña, máis coñecido como D. Ramón del Valle - Inclán, facendo coincidi-la entrega de tan merecido título coa data do aniversario do seu pasamento, 5 de xaneiro de 2001. 2. Acorda-la creación dun premio literario que leve o nome do ilustre escritor. 3. Crear unha comisión que estea composta por un membro de cada grupo político desta Deputación e un membro do Concello de Vilanova de Arousa e que estará presidida polo Deputado de Cultura, para traballar no tema. ------ Folla: 9.4528.- MOCIÓN DO BNG SOBRE COMPRA E REHABILITACIÓN DO TEATRO PRINCIPAL DE TUI Sr. Presidente.- Hai outra moción presentada por D. Antonio Araujo Quintas do Bloque Nacionalista Galego. Ten a palabra para expoñela. Sr. Araujo Quintas.- Moitas gracias Sr. Presidente. Ben. O motivo desta moción ben un pouco a fio de que hai un mes, aproximadamente neste mesmo Pleno, aprobouse unha moción tamén por unanimidade a respecto da declaración das cidades de Tui e Valença do Minho como cidades Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. Pois ben, agora digamos que hai unha posibilidade máis de facer unha aportación práctica a aquela declaración, que soamente era unha declaración de intencións se se quere, e que sería empezar a traballar, xa digo de xeito práctico, para que eso non quede simplemente en papel. É curioso tamén que polo que se ve hoxe coinciden aquí dúas mocións onde coinciden tamén importantes persoeiros da cultura galega. Se ve que esa época foi unha época fecunda e moi fértil no noso país, en producir ou en crear ou en xerar persoas desta categoría. O Teatro Principal de Tui, que é o que trata esta moción, é un elemento patrimonial singular desta cidade, é un elemento singular da cidade pero que ten unhas connotacións moi importantes dentro do que é o desenvolvemento ó longo do século pasado da cultura galega. Logo explicarei por que. É un teatro que desgraciadamente pechou as súas portas hai vinte anos aproximadamente e que eu moito me temo que ou se fai algo xa ou probablemente non pase deste inverno porque está a piques ou semi derruído. É un teatro dunha gran importancia. Aparentemente a súa estructura exterior non é dunha gran relevancia pero si o seu interior. É un dos teatros do denominado estilo italiano máis antigos de Galicia, supéranno simplemente o da Coruña, Santiago, Ourense e Lugo. É un teatro polo que pasaron compañías de teatro, zarzuela, etc., do máis importante destes tempos. É un teatro cunhas condicións interiores, insisto, sobre todo a súa acústica, dunha gran importancia e dunha gran complexidade. É único tamén nese tema. En fin é un teatro que ó redor del hai neste momento na cidade de Tui un importante movemento cívico a prol da súa restauración, pero que se atopa con varios problemas, e un deles, o principal neste momento, sería pasalo a mans públicas xa que este teatro está en mans privadas neste momento. Logo viría evidentemente a súa restauración que tamén sería un capítulo importante neste asunto. Eu na documentación que lle aportei coa moción, supoño que a teñen, á parte da reportaxe fotográfica que demostra ás claras a importancia deste teatro, tamén demostra o estado ruinoso no que se atopa neste momento, incluso proxectos de restauración que houbo no seu momento como foi o do arquitecto pontevedrés César Portela. Un proxecto de restauración do ano 86, me parece, etc., etc. Creo que sinceiramente esta Deputación non pode, ou non podemos, mirar para outro lado, que hai que comprometerse con este importante legado patrimonial da cidade de Tui, de todo o país, e nese sentido vai a nosa moción que podo ler para que quede un pouco máis clara a cuestión que aquí se plantexa. Hai unha pequena reseña histórica que convén agrandar e vai incluída na moción e di así: O teatro Principal de Tui foi inaugurado no ano 1845, sendo un dos máis antigos de Galicia do denominado estilo italiano, precedéndoo en antigüidade os de Ourense, A Coruña e Santiago. Dixen Lugo; o de Lugo non é deste estilo, á parte que me parece que xa nin existe, que foi derrubado, por certo. A súa construcción foi promovida pola Sociedade do Teatro de Tui que foi constituída o 31 de decembro do 1842, que conxuntamente con outras institucións e particulares e a desinteresada aportación do Concello de Tui, que puxo do seu pecunio unha importante suma de cartos e os terreos para construilo, fixeron realidade unha obra que hoxe é un símbolo, un edificio singular desta cidade, testemuña dos máis variados e interesantes actos cívicos e culturais acontecidos ó longo dos últimos 155 anos en Tui e en Galicia. Historia recente e aínda viva na memoria de gran parte dos actuais habitantes de Tui. A historia do Teatro Principal está chea de sonoros éxitos e actuacións das máis afamadas compañías, incluso internacionais, que por el pasaron, ópera, zarzuela, teatro, cine, actuacións musicais, actos políticos, etc. Dende o seu escenario falaron Cunqueiro, Filgueira Valverde, Alfredo Brañas, etc., etc. Pero sobor de todo a memoria deste importante teatro quedará ligada para sempre á historia de Galicia e ó rexurdimento da nosa cultura dende aquel memorable 24 de xuño de 1891 en que se celebraron os primeiros xogos florais de Galicia, fito histórico na recuperación e na dignificación da nosa cultura e da nosa lingua. Acto presidido daquela polo insigne historiador e literato D. Manuel Murguía ó que por certo está adicado este ano o Día das Letras Galegas. A finais da década de 1920 o teatro pasou a mans privadas por mor da compra do empresario Isaac Fraga, que o adicou alternativamente a salón de proxeccións cinematográficas, teatro, revistas, concertos, etc, perdendo en gran medida a súa función para a que fora concebido é dicir, como local para instruir, non só para o lecer. Os actuais propietarios, os irmáns Alonso García mercáronno no ano 61 continuando coas proxeccións cinematográficas ata o ano 72 en que se pechou. Hoxe, despois de máis de 25 anos sen actividade, o estado do inmoble é lamentable, existindo perigo real de que poida mesmo desaparecer para sempre. Sería lamentable que polo desinterese das diferentes Administracións, como vén acontecendo ata agora, este importante elemento patrimonial que sen dúbida está chamado a ser, como en tempos, estandarte da cultura en Tui, esmorecese e se perdera irreversiblemente para sempre. Dende esta institución provincial non podemos manternos alleos a esta realidade sobor de todo despois de ter aprobado por unanimidade esta Corporación darllelo apoio á petición de declaración pola UNESCO de Tui e Valença do Minho como cidades Patrimonio da Humanidade. É unha demanda clamorosa de toda a cidadanía tudense que este inmoble ten que ser rehabilitado con urxencia sen perder máis tempo pois agora a situación que padece é xa límite. Cómpre dicir que é moita a consciencia ó respecto e moitos os esforzos realizados neste senso pola sociedade civil de Tui, organizada inicialmente ó redor da denominada Asociación pro rehabilitación do Teatro Principal e na actualidade na Fundación Teatro Principal, entidade declarada pola Xunta de Galicia de interese cultural, en maio de 2000, DOGA nº 90. A cal neste intre leva adiante un incomiable labor por devolverlle á cidade de Tui algo de tanta importancia e transcendencia como é o Teatro Principal. Unha vez máis insistimos dende o BNG que a Deputación Provincial non pode quedar á marxe desta demanda cidadá, sobor de todo se temos en conta como se teñen gastado os cartos noutras actuacións de tipo cultural e que nós non queremos entrar a valorar na necesidade das mesmas agora. Temos o convencimento da súa menor importancia respecto do caso que agora se propón. A primeira medida que hai que tomar para poder entrar nos circuitos oficiais e a obtención de axudas para a súa rehabilitación e proceder á súa compra e pasalo deseguido á titularidade pública. Como queira que o Concello de Tui reiteradamente manifesta carecer dos recursos financeiros necesarios para poder mercalo é polo que se propón o seguinte: Primeiro, a aportación por parte da Deputación Provincial de quince millóns de pesetas para compra do Teatro Principal de Tui, ou dunha cantidade semellante e suficiente que permita acometer esta compra sen máis demora. En segundo lugar, estudiar conxuntamente coa Fundación Teatro Principal e co propio Concello de Tui as condicións e o encaixe legal desta operación. E en terceiro lugar, de non ser posible dispoñer neste período orzamentario da debida cantidade de cartos, a Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a consignalos especificamente nos próximos orzamentos do ano 2001. Ben, aquí quedoume atrás un cuarto punto, que sería participar a posteriori no que sería a rehabilitación do propio teatro, que pode ser de moitas maneiras non necesariamente de xeito económico. Por certo, a semana pasada saía na prensa entre outros apoios, do Colexio do Arquitectos de Galicia, propoñendo tamén a súa disposición a colaborar neste tema. Quero dicir que é un tema que transcende con moito á cidade de Tui, é un tema importante, xa digo, para o noso país, e dende esta institución debemos prestarlle a atención debida a este asunto. Ou sexa que non é que se estea a pedir algo especial, estraño ou alleo ó que aquí se está facendo con bastante frecuencia. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Araujo. Procedemos á votación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Todos a favor. ¿Alguén quere tomar a palabra do Grupo Socialista?. Non. Moi ben. Gracias. Vamos a ver Sr. Araujo. Nós, o Grupo Popular, diríamos que no fondo da cuestión estamos totalmente de acordo, tanto na posible recuperación do Teatro Principal de Tui coma no apoio económico, que tampouco se nos pide ningún esforzo extraordinario. Polo tanto, nese sentido si estamos de acordo. Pero no que non estamos de acordo é tal como se presenta e explícome. Primeiro, efectivamente aquí se aporta unha serie de fotografías, do estado de como está o Teatro Principal, que está nunha forma como ben dixo vostede deprorable ata o punto que teño entendido que está sen teito xa, me parece, ou polo menos parte. Por tanto, eu creo que esto que se propón aquí había que englobalo en algo máis importante, no senso que non sabemos nin canto costa compralo, nin canto costa rehabilitalo. Non temos absolutamente nada en esta Deputación, ningún coñecemento deste tema. Eu creo que esto habería que englobalo en algo máis importante, porque pouco importa que compremos as ruinas deste teatro se efectivamente non hai un plan de rehabilitación, e ese plan de rehabilitación vai a supoñer moito diñeiro e polo tanto eu creo que este tema había que tratalo conxuntamente como fixemos en outros temas. E estou recordando nestes momentos a cooperación importante que fixemos no seu tempo ó Concello de Marín para compra-la finca, non recordo agora o seu nome, pero había xa un acordo coa Consellería de Política Territorial para edificar aí. Eu creo que non hai inconveniente en aportar ese diñeiro, pero hai que facelo doutra forma, implicando a outras institucións, valorando absolutamente todo, e nese sentido a Deputación, polo menos o Grupo que neste caso represento, estaría disposto á apoiala. Tal como se presenta non estamos dispostos á apoiala porque é comprar unhas ruinas, pero logo que se fai con elas, quen as mantén. Non sabemos nada, do Concello non temos coñecemento de que haxa petición de ningún tipo nin ningún proxecto. Eu repítolle, sigan coas negociacións, e por parte nosa non hai problema absolutamente ningún en aportar ese diñeiro e posiblemente algo máis tamén, pero aquí hai que implicar a outras institucións. Non vale simplemente comprar unhas pedras sen un futuro claro para este teatro, é dicir, quen o vai a reconstruir e quen o vai a soster, porque loxicamente aquí ten que haber compromisos non só da Deputación senon doutras institucións. E eu pídolle que nese momento, cando teñan eso feito, plantexen o problema. Non hai inconvinte en cooperar con este tema. Si. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Gracias. Cando eu dicía o da compra era por un motivo e é que o primeiro paso que hai que dar precisamente é a compra, posto que está en mans privadas. A compra evidentemente é moi barata; polo que eu sei o total andaría en vintecinco millóns de pesetas. Para un inmoble desta categoría ese é un regalo. Eu estou de acordo evidentemente que hai que traballar moito máis estes temas, hai que afondar máis neste tema, hai que esixir máis compromisos, e é certo que o Concello de Tui non se está movendo todo o que tería que estarse movendo. Pero como un exemplo quérolle dicir que o propio Ministerio de Cultura no seu día incluiu este teatro dentro dos teatros nacionais a rehabilitar, pero eso non se puido levar adiant
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota