ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2001/02/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.362/3.2001-02-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2001/02/23_Ordinaria

  • Data(s) 2001-02-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 23 de febreiro de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vintetrés de febreiro do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Horacio Gómez Araujo, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso e D. Manuel Ramón Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Desgraciadamente e antes de empeza-la orde do día do Pleno, propoño a tódalas Deputadas e Deputados e a tódolos presentes un minuto de silencio polos últimos atentados de ETA, polo último atentado de onte, onde morreron dúas persoas inocentes, e por tódalas víctimas de esta vil banda de asasinos como é a banda terrorista ETA. Gracias. Comezamos co desenvolvemento da orde do día correspondente ó Pleno ordinario do mes de febreiro. 1.4569.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do 26 de xaneiro e extraordinaria do 6 de febreiro, ámbalas dúas deste ano. Non hai alegacións. Apróbanse por unanimidade. Apróbanse por unanimidade os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria do día 26 de xaneiro e extraordinaria do día 6 de febreiro, ámbalas dúas do ano 2001. ------ Folla: 2.4570.- BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA DOTACIÓN DOS SERVICIOS BÁSICOS A PRAIAS Sr. Presidente.- Punto número dous. Bases reguladoras das subvencións ás entidades locais para dotación dos servicios básicos a praias. ¿Algunha intervención?. Sr. Viéitez Alonso.- Bos días. Gracias Sr. Presidente. Na Comisión xa propuxemos unha serie de emendas porque nós pensamos que ,independentemente de quen goberne, debéramos de elaborar unhas bases mínimas pero obxectivas ó mesmo tempo. Estamos falando dunha contía, dunha partida, relativamente escasa para as necesidades, pero aí está a intención de axudar a dotar ós Concellos de determinados servicios que son básicos para mellora-las nosas praias, e en concreto propoñíamos que na Base 6 se retirara a posibilidade de que a Presidencia poidera dispoñer de ata un 20% do crédito. Nós pensamos que esto non ten ningún sentido porque o obxecto destas axudas son tremendamente claros e non é o que se necesita. Estamos falando de 75 millóns de pesetas, pero dada a grande demanda que hai debera de ser para todos por igual. E a maiores, o que propoñíamos era que dentro das condicións e selección das solicitudes, tódalas solicitudes se resolveran dunha sóa vez, en función dos criterios dictaminados neste Pleno, e non como se están resolvendo, ás veces unha partida e despois outra e despois outra. Tamén propoñíamos que en vez de o número de praias, se falase de quilómetros de praia, porque as praias son de distinto tamaño unhas e outras e aquí do que estamos falando é de intentar dotar de servizos a todo o litoral. Polo tanto nós pensamos que se debera de ter ese criterio de quilómetros de praias en vez de número de praias. E nada máis, porque a outra emenda que propuxemos se aceptou, que foi que se tivera en conta nas solicitudes todas aquelas praias que tiveran o ano pasado a bandeira azul porque cremos que deben de seguir profundizando en mante-los servicios que tiñan e profundizar en mellorar esas dotacións. Polo tanto, nós o que lles propoñemos e que se teña en consideración estas propostas. Insistimos que son elementales, son obxectivas. E nada máis. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Viéitez. Ten a palabra o Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Simplemente abundar en dos criterios que a nuestro entender parece que en la Comisión habían sido aceptados. Uno es el que acaba de apuntar el Bloque a efectos de equipamientos de playas, en vez de número. Y la otra, que dijeron que si y aquí sigue reflejada de otra manera, es considerar las playas que el año pasado dispusieron de bandera azul, no las que sean candidatas. Nos parece un elemento más objetivo el hecho de que la hayan tenido que el hecho de ser candidatas. Es decir, pedir la puede pedir cualquiera, se la van a dar o no. Creemos que es un elemento más referente el hecho de que la tuviesen el año pasado que el que sean candidatas ahora. Nada más. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Muradas. Sr. Pérez Ares. Sr. Pérez Ares.- Gracias Sr. Presidente. Nós cremos que estas bases reguladoras das subvencións son unha partida importante, que se manteñen o mesmo mellorando o punto número 8, que se mellora no que eran certificacións. E non coincidimos en absoluto coa proposta que fixera o BNG, naquel momento xa fixemos entender cales eran os motivos, e efectivamente recordar que Juan Muradas fixera unha proposta nese sentido para que se tivera en conta o tema de bandeiras azuis, as que se concederan. Nese aspecto creo que é unha recomendación que temos que ter en conta e que este Pleno debe aceptalo. En todo caso sinto discrepar co Sr. Deputado do BNG pero non podemos aceptar esas propostas. As nosas creo que neste momento están en perfectas condicións e levan dado os seus resultados. Sr. Presidente.- Gracias. Acéptase a recomendación e faise constar en acta e corríxese nese senso a proposta do PSOE a través do Deputado Sr. Muradas. Rexeitamos polo tanto as propostas que fai o Sr. Viéitez en canto ás modificacións que propón. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra do punto número dous?. O BNG. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O PP e o PSOE. Visto o dictame favorable da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, e o informe económico favorable de Intervención, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e o voto en contra do BNG, aproba-las Bases reguladoras das subvencións ás entidades locais e dotación dos servicios básicos a praias, que se adxuntan no expediente, por importe de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (75.000.000) e con cargo á partida 711.711.442.762, do vixente presuposto. 1.- Principios xerais A Deputación de Pontevedra, para mante-las praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servizos básicos ás praias iniciadas fai catro anos. 2.- Obxecto da convocatoria Constitue o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se haberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 01/711-442-762.82, para dotar de servizos básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de SETENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS ( 75.000.000 ). 3.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención 3.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixiancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados. 3.2.- As axudas económicas poderán acada-lo 75% do investimento realizado, ata un máximo de cinco millóns de pesetas (5.000.000.-) por proxecto. O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e MedioAmbiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 4.- Beneficiarios Poderá solici-la subvención calquera municipio costeiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servicios que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos. 5.- Formalización das solicitudes 5.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figura-lo nome e maila extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, o plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c) Presuposto desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición. d) Certificado do acordo polo cal a Corporación se acolle á subvención e se compromete a realiza-la actuación. e) Certificación oficial na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 5.2.- O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a acepta-las modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- Prazo de presentación de solicitudes As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado. 7.- Condicións e selección de solicitudes 7.1.- Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Concello declarado de interese turístico galego. - Importancia turística do Municipio - Número de usuarios das praias - Praias que obtiveron a bandeira azul da CEE o ano anterior. - Número de praias. 7.2.- Os Concellos beneficiarios deberán facer consta-la colaboración da Deputación Provincial en tódalas actuacións ou adquisicións que realicen. 8.- Xustificación e aboamento das subvencións 8.1.- Para recibi-las subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación - Escrito asinado polo Alcalde que se dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e mailo concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que envía-la transferencia. - Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada. - Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. - Certificación oficial na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras Administracións Públicas e a súa contía en relación co presuposto total da actuación. 8.2.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2002. 9.- Control e seguimento das subvencións Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando o resultado no correspondente informe; así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 10.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 3.4571.- BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL Sr. Presidente.- Pasamos ó punto número tres. Bases de axuda á pesca costeira artesanal. Non hai intervencións. Procedemos polo tanto á votación tamén. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o dictame da Comisión de Pesca e Cultivos Mariños, o informe da bióloga do Servicio Agrario e o informe favorable da Intervención, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las bases de axuda á pesca costeira artesanal, que se adxuntan ó expediente, por un importe de TRINTA MILLÓNS DE PESETAS (30.000.000) e con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto. PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de investimentos realizados para a construcción ou mellora de embarcacións con eslora de ata 7 m. entre perpendiculares (Epp), dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra. Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de TRINTA MILLÓNS (30.000.000.-) DE PESETAS, con cargo á partida presupostaria 01/711-711-779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, co informe previo da Comisión Informativa correspondente. SEGUNDA. Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvenciona-la construcción de embarcacións de pesca de máis de 5 metros e ata 7 metros entre perpendiculares (Epp), cunha autorización de construcción expedida pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, nas que nunca se incluirán reparacións nin material usado. 2.2.- As axudas económicas poderán acadar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes: 2.2.1.- Cambio de motor: MOTORES FÓRABORDA - Ata 5 Hp ata 100.000.- pts - Desde 5 Hp ata 10 Hp ata 150.000.- pts - Desde 10 Hp ata 20 Hp ata 175.000.- pts - Motores 25 Hp ata 200.000.- pts - Motores 30 Hp ata 225.000.- pts MOTORES INTRABORDA - Motor e instalación ata 750.000.- pts 2.2.2.- Equipamento: - Halador ata 150.000.- pts - Sonda ata 85.000.- pts - VHF ata 40.000.- pts - Radar ata 100.000.- pts - GPS ata 75.000.- pts 2.2.3.- Outros equipamentos: - Valoraranse as axudas en base ós presupostos presentados TERCEIRA.- Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais e persoas xurídicas con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. 3.2.- As embarcacións deberán estar inscritas no censo correspondente, o que se xustificará documentalmente. 3.3.- As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2001, debendo estar xustificadas como data límite o 31 de marzo do ano 2002. 3.4.- O límite máximo dos investimentos sobre os que se aplicarán as axudas será de UN MILLÓN CINCOCENTAS MIL (1.500.000.- ) PESETAS. 3.5.- Os beneficiarios de axuda non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. 3.6.- Para acceder ás axudas deberán xustificarse unhas vendas mínimas, que se establecen no exercicio do 2000 na cantidade de UN MILLÓN DE PESETAS (1.000.000.-) CUARTA. - Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte: A) Presuposto do investimento. B) Copia compulsada do PERMES. C) Se o obxeto da axuda se trata dun cambio de motor ou unha nova construcción, deberá presenta-la autorización correspondente expedida pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou xustificante de tela en trámite para comeza-la instrucción do expediente, sendo imprescindible a súa presentación para proceder ó pago da axuda solicitada. D) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. E) Fotocopia compulsada do DNI. F) Certificación expedida por unha vendeduria legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2000 G) Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación no caso de resultar beneficiario destas axudas. H) Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol. I) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia da embarcación. QUINTA.- Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes. 5.2.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinais pagándose o 40% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento. 5.3.- Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA.- Prazo de presentación. 6.1.- Concédese un prazo de treinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes. SÉTIMA.- 7.1.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 4.4572.- BASES DE SUBVENCIÓNS Á ASOCIACIÓNS DE MULLERES Sr. Presidente.- Punto número catro. Bases de subvencións á asociacións de mulleres. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Unanimidade. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Muller o Pleno acorda por unanimidade aproba-las bases para actividades de asociacións de mulleres que a continuación se transcriben: A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente do papel a desenvolver pola muller na sociedade de hoxe, convoca para o ano 2001 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvolvidas por Asociacións de Mulleres ou por aquelas que conten con departamentos ou vocalías da muller que teñan unha antigüidade superior a un ano, todas elas sen fins de lucro, dirixidas basicamente á formación de cara a súa integración no mundo laboral segundo as seguintes BASES 1ª.- PRESUPOSTO.- A cantidade consignada para a realización de actividades promovidas por ditas Asociacións ascende a DEZASEIS MILLÓNS DE PESETAS (16.000.000) con cargo á partida 01/313-313-480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial. 2ª.-ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas as actividades que se fagan durante o ano 2001 e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter formativo (cursos, xornadas, congresos sobre temas específicos da muller, etc.). Ós cursos, ademáis das mulleres que forman a Asociación poderán acceder aquelas outras que estean incluídas nos Programas de Apoio dos Servicios Sociais de Atención Primaria Municipais ou de Saúde. b) De creación de "Cooperativas de traballo asociado" ou "Sociedade Civil" c) Estudios de investigación a nivel parroquial, municipal ou comarcal sobre a situación da muller na zona, actividades desenvolvidas, recursos existentes para o desenvolvemento das mesmas, etc. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pago dos locais para oficinas, mantemento e/ou equipamento das mesmas que sexan a sede habitual da Asociación. 3ª.- CONDICIÓNS CRITERIOS.- As condicións e criterios para a concesión das axudas serán as seguintes: a) As Asociacións desenvolverán a súa actividade na Provincia e deberán estar debidamente legalizadas. b) Os proxectos que se presenten deben ter como fin o desenvolvemento de actividades que se axusten a calquera dos apartados da Base 2ª. c) No caso de que a actividade consista na celebración de cursos, os conferenciantes ou monitores que pertenzan á xunta directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha cantidade con cargo á subvención que se outorga. d) O importe das subvencións estará en función dos seguintes criterios: duración das actividades, interese da actividade de acordo cos obxectivos da convocatoria, actividades de perfeccionamento que supoñan ter realizada unha actividade previa de iniciación ou ter coñecementos sobre a mesma, relación entre o tipo de actividade e a demanda no mercado de traballo, posibilidades reais de integración no mundo laboral, innovación do proxecto, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións, utilización dos recursos públicos da comunidade, etc. 4ª.- CONCESIÓNS.- As solicitudes serán informadas pola Comisión da Muller, resolvendo as mesmas o órgano competente. 5ª.- DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade segundo modelo adxunto. b) Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. c) No caso de que a Asociación presente por primeira vez a súa solicitude nesta Deputación, ou si se produciran cambios na xunta directiva de Asociacións das que xa teñan datos na mesma, deberán presentar fotocopia do DNI da representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación da secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se se recolla a composición do órgano de dirección, - Fotocopia do CIF da Asociación. - Certificado no que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. d) As Asociacións que presenten axudas para o apartado b) da Base 2ª deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do Proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego municipal. No caso de non contar o Concello con dito técnico-a a Deputación porá a disposición os seus. De non cumprirse ditos requisitos poderán subsanarse segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de Novembro, de Procedemento Administrativo. 6ª.- PRAZOS.- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires do día seguinte ó da súa publicación. 7ª.-CONTÍA.- As subvencións concedidas para actividades de desenvolvemento persoal, ocio e lecer, cursiños valorados habitualmente como de manualidades e/ou que non leven a unha formación conducente á integración no mundo laboral, non poderán supera-las 50.000 pesetas.e so poderán concederse a Asociacións con antigüidade non superior a 2 anos. A contía dos proxectos de formación laboral para posterior integración da muller no mundo laboral e a dos incluídos no apartado c) da Base 2ª fixarase tendo en conta os criterios recollidos no apartado d) da Base 3ª, establecéndose como tope máximo 600.000 pesetas. A posta en marcha de cooperativas no ano 2001 (apartado b da Base 2ª) poderá ser subvencionada con axudas de ata 1.000.000 de pesetas. e terán como finalidade a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da Cooperativa ou Sociedade Civil e os gastos de persoal alleo (non superiores ó SMI/persoa). En ningún caso a contía do conxunto de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custe total da actividade. 8ª.- PAGAMENTOS DAS SUBVENCIÓNS.- As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 2002, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma ou estudio realizado se a axuda foi concedida para actividades recollidas no apartado c) da Base 2ª, e documentación orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas e recibos (detallados, numerados e con data de expedición, identificación do beneficiario ou proveedor, NIF ou CIF e domicilio) ou certificados. b) En toda a publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais. 9ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.- No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibido autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 5.4573.- BASES DE EMERXENCIA SOCIAL Sr. Presidente.- Punto número cinco. Bases de emerxencia social. ¿Algunha intervención?. Si. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. Me parece que xa me liei con tantas bases. Nas bases de emerxencia social para o arreglo de vivendas o ano pasado aparecía aberta a posibilidade de que se incluiran os Concellos de máis de 20.000 habitantes. De feito acolléronse a maior parte deles e ó final entraron neste tema. Este ano xa desaparecen das bases, é dicir, segue aparecendo esa posibilidade de que os concellos se acollan se sobran cartos, pero xa desaparecen das bases. Nós quixéramos que o grupo de goberno nos explique cal é razón de que os cidadáns que vivan en concellos de máis de 20.000 habitantes non teñan acceso a axudas da Deputación neste tema, porque xa non é unha competencia dos concellos e nós entendemos que deben ter acceso os cidadáns que vivan en concellos de máis de 20.000 habitantes. Polo tanto, se se recolle este tema nós votaríamos a favor das bases. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Non quedan excluídos. Temos a experiencia de anos anteriores, e pode comprobalo vostede no Servicio, que os concellos maiores non fixeron tantas solicitudes. En segundo lugar a Lei 4 /1993, de 14 de abril, de Servizos Sociais, no seu apartado 2 di o seguinte: Proporcionaráselle apoio económico técnico e xurídico ós concellos para implantación e o funcionamento dos servicios sociais da súa competencia, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, e naqueles casos nos que para a prestación dos mesmos sexa necesario recorrer ás asociacións de municipios. Polo tanto nós o que facemos é priorizar sencillamente os concellos menores pero non quedan excluídos e de feito xa o ano pasado se lle concederon axudas a concellos de máis de 20.000 habitantes. Si, Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Presidente, vostede acaba de lelo claramente, apoio técnico e xurídico. Sr. Presidente.- Non, non, e económico, proporcionais apoio económico, técnico e xurídico. Sr. González Iglesias.- Ben, apoio técnico e xurídico. O económico, eu quixera que me dixeran en que concellos se está dando, que é moi fácil face-lo plantexamento que se fai dende o goberno de Galicia, pasándolle servicios sociais ós concellos, ou sexa, competencias en servicios sociais, e non pasándolle cartos. Do mesmo xeito que se me di vostede que os libros de texto non tiñamos por que dalos, porque non é competencia da Deputación nin dos concellos, é competencia da Xunta, sen embargo se está axudando neses temas. Pero realmente quen reciben ó final as axudas son os cidadáns, e curiosamente pode darse a circunstancia que hai algún concello de máis de 20.000 habitantes que non teña axudas para arranxos de casas, e os hai nesta provincia e resulta que eses cidadáns están condenados por vivir naqueles concellos. Cando é bastante máis sinxelo, do mesmo xeito que se fixo o ano pasado, incrementar máis a partida en vez de 40 a 45 como fixeron este ano, pois increméntenna un pouco máis e metan a tódolos concellos dentro, porque ó final os receptores das axudas son os cidadáns e non teñen ningunha culpa de vivir nun concello de máis de 20.000 ou de menos de 20.000 habitantes. Sr. Presidente.- Sr. González,a lei que dixen ó principio, con respecto ós libros de texto non din absolutamente nada. Que aumentemos a partida, bueno, a min dame a impresión de que ás veces algún membro da oposición debe de pensar que a Deputación ten unha maquinilla para facer billetes. Estamos atendendo tódalas necesidades e cremos que neste sentido non se excluen, agora teñen prioridade os concellos pequenos en virtude desta disposición que acabo de ler. Pode estar de acordo con ela ou non. Seguramente tódolos alcaldes de concellos de máis de 20.000 habitantes preferían o que vostede me di, pero nós recollemos neste senso o que di a disposición e non excluímos por suposto os demais concellos. E de feito o ano pasado douselle tamén ós concellos de máis de 20.000 habitantes. Ben, ¿algunha intervención máis?. Procedemos polo tanto á votación do punto quinto, bases de emerxencia social. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O PSOE. ¿Votos a favor?. O PP. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por maioría, co voto a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, aproba-las bases de emerxencia social para acondicionamento de vivendas do ano 2001 que se transcriben a continuación: BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2001 A Deputación de Pontevedra, tendo como competencia atende-los graves problemas sociais especialmente de persoas carentes de recursos, quere contribuir a resolve-los mesmos, convocando con este fin axudas de emerxencia social para o acondicionamento de vivendas colaborando cos concellos da provincia para apoiar ás familias afectadas. Con isto preténdese acadar basicamente tres obxectivos: 1º.- Detecta-las necesidades en materia de vivenda a nivel da Provincia.2º.- Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes e 3º.- Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas. BASES DA CONVOCATORIA 1ª. PRESUPOSTO. A cantidade consignada para este fin na partida 0l/313.313.780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a CORENTA E CINCO MILLÓNS DE PESETAS (45.000.000). 2ª. DESTINATARIOS. Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria e teñan menos de 20.000 habitantes. No suposto de existir sobrante podería distribuirse entre os Concellos de máis de 20.000 habitantes sempre que cumprisen os requisitos das presentes Bases, das que lles daría coñecemento no seu momento. 3ª. REQUISITOS A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse das axudas desta Convocatoria participarán na mesma aportando unha cantidade que se sumará á da Deputación e que será equivalente á porcentaxe establecida en función da aportación da Deputación, que poderá chegar ata OITOCENTAS TRINTA E TRES MIL PESETAS (833.000) por concello, e tendo en conta que a axuda máxima da Deputación por familia non poderá exceder das 300.000 pesetas. Os criterios para a aplicación da porcentaxe en base á aportación máxima da Deputación serán os seguintes: Concellos/Nº Habitantes Aportac. máxima da Deputación Aportac. Concello %(ptas) De menos de 5.000 833.000 pts. 30% = 249.900 pts. De 5.000 a 10.000 833.000 pts. 40% = 333.200 pts. De 10.001 a 20.000 833.000 pts. 50% = 416.500 pts. Resolveranse as solicitudes a partir da aportación máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se gastase o presuposto total da convocatoria, ben porque a algún Concello non lle interese adherirse á Convocatoria ou porque non necesiten a contía máxima prevista pola Deputación, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo anexo2. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes. b) Que a vivenda non reuna condicións de habitabilidade, dándolle prioridade a aquelas solicitudes orientadas á instalación de luz eléctrica, auga, servicios hixiénicos, fosa séptica, etc. c) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria. d) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido na base 3ª, apartado C. e) Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda. C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2000. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo haberá que segui-las indicacións dos apartados I/ (ingresos da Unidade Familiar) e II ( ingresos da unidade de convivencia) do anexo 2 para avalia-la situación económica posteriormente. Se supera este baremo non terá dereito a axuda Nº de membr.da familia Ingres. netos anuais ingr.netos medios mes prorrat.paga Familias de 1 membro ata 874.370 ptas. (72.864 ptas/mes) Familias de 2 membros ata 1.009.680 ptas. (84.140 ptas/mes) " 3 membros ata 1.149.680 ptas. (95.807 ptas/mes) " 4 membros ata 1.289.680 ptas. (107.473 ptas/mes) " 5 membros ata 1.429.680 ptas. (119.140 ptas/mes) " 6 membros ata 1.569.680 ptas. (130.807 ptas/mes) " 7 membros ata 1.709.680 ptas. (142.473 ptas/mes) " 8 membros ata 1.849.680 ptas. (154.140 ptas/mes) Considérase unidade familar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a Unidade familiar, que conviven no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación no baremo establecido ó efecto. 4ª. CONTÍA DAS AXUDAS A contía máxima da axuda da Deputación por familia ascende a 300.000 pesetas e a axuda total que recibirá o solicitante será a suma da axuda da Deputación maila que lle corresponda ó Concello segundo baremo sinalado na Base 3ª , apartado A. (% fixo sobre a axuda da Deputación). 5ª. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS A) Aqueles Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación nun prazo dun mes. a partires do día seguinte ó da súa publicación, certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía (que ratificarán posteriormente se é o caso) aceptando as presentes Bases e especificando en dito acordo a cantidade que está disposto a aporta-lo Concello, (a sinalada na Base 3ª, apartado A, ou por encima dela concretando a mesma, cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no apartadoA da Base 3ª, sobre a cantidade que aporte a Deputación). B) Unha vez que os Concellos reciban a comunicación da aprobación da adhesión remitirán á Deputación como prazo máximo ata o 30 de xuño os seguintes documentos: 1.- Acordo do Pleno, Comisión de Goberno Municipal ou Decreto da Alcaldía (que ratificarán posteriormente se é o caso), recollendo a proposta das axudas aprobadas polo Concello e especificando a axuda aprobada para cada familia e a finalidade da mesma. 2.- Fotocopia da solicitude de axuda presentada pola familia no Concello. 3.- Informe Social individual (anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria. C) As solicitudes presentaranse no Rexistro dos Concellos do seu domicilio que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. 6ª. PAGAMENTO Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra cos seguintes documentos: a) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas detallando material, prezo unitario, traballos por administración ( man de obra). b) Informe do Técnico municipal correspondente. c) Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin. O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello. Os tres Anexos a que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de tódolos Concellos. ------ Folla: 6.4574.- BASES PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO EN SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto sexto. Bases para asociacións sen fins de lucro en servicios sociais especializados. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. De conformidade con informe favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, o Pleno acorda por unanimidade aproba-las bases para asociacións sen fin de lucro en servicios sociais especializados que son as que se transcriben a continuación: BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POR ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS E POR AQUELAS, TAMÉN SEN FINS DE LUCRO, QUE POLAS SÚAS CARACTERÍSTICAS POIDAN SER OBXECTO DALGÚN TIPO DE MARXINACIÓN SOCIAL A Excma. Deputación de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral e especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2001 axudas destinadas a subvencionar actividades promovidas por Asociacións sen fins de lucro no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993, de 14 de abril) e por aquelas, tamén sen fins de lucro, que polas súas características poidan ser obxecto dalgún tipo de marxinación social, de acordo coas seguintes BASES 1ª.- PRESUPOSTO.- A cantidade consignada para este fin na Partida 01/313.313.480.02 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial ascende a VINTETRÉS MILLÓNS DE PESETAS (23.000.000) . 2ª.- ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2001 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos Servicios Sociais especializados ou por aquelas, tamén sen fins de lucro, que polas súas características poidan ser obxecto dalgún tipo de marxinación social e que estean enmarcadas nalgún dos apartados seguintes: a) De carácter socioeducativo e formativo b) De creación de emprego (cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral) Quedan excluídas aquelas Asociacións que teñan fins específicos que non figuren recollidos na Lei Galega de Servizos Sociais (Lei 4/1993, de 14 de abril) dentro da área de Servizos Sociais Especializados e todas aquelas que non estean formadas por persoas que polas súas características poidan ser obxecto de marxinación social, así como tamén aquelas solicitudes que estean dirixidas ó pago dos locais para oficinas, mantemento e/ou o equipamento das mesmas que sexan a sede habitual da Asociación. 3ª.- CONDICIÓNS E CRITERIOS.- As condicións e criterios para a concesión das subvencións serán os seguintes: a) As Asociacións deberán desenvolve-la súa actividade na Provincia de Pontevedra, estar debidamente legalizadas e figurar inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. b) Os proxectos que se presenten terán como fin o desenvolvemento de actividades socioeducativas ou formativas, tanto a nivel de prevención en xeral como de asistencia ou integración, dos colectivos que formen as Asociacións ou daquelas persoas que estean incluídas nos Programas de Apoio dos Servicios Sociais de Atención Primaria ou de Saúde. c) No caso de que a actividade consista na celebración de cursos, os conferenciantes ou monitores que pertenzan á xunta directiva da propia Asociación non poderán percibir ningunha cantidade con cargo á subvención que se outorga. d) O importe das subvencións fixarase en función dos seguintes criterios: duración das actividades, interese da actividade de acordo cos obxectivos da convocatoria, actividades de perfeccionamento que supoñan ter realizada unha actividade previa de iniciación ou ter coñecementos sobre a mesma, relación entre o tipo de actividade e a demanda no mercado de traballo, posibilidades reais de integración no mundo laboral, innovación do proxecto, presentación dun proxecto común por parte de varias Asociacións, utilización dos recursos públicos da comunidade, etc. 4ª.- CONCESIÓN.- As solicitudes serán informadas pola Comisión de Promoción de Emprego e Acción Social, resolvendo as mesmas o órgano competente. 5ª.- DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes, en modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: a) Proxecto da actividade a desenvolver segundo modelo adxunto. b) Relación de axudas públicas e privadas solicitadas ou concedidas para o desenvolvemento do proxecto que se presenta. c) No caso de que a Asociación presente por primeira vez a súa solicitude nesta Deputación ou se se produciran variacións na xunta directiva de Asociacións das que xa se teñan datos na mesma, deberán presentar o DNI do representante legal da Asociación e acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade ou fotocopia compulsada da acta na que se recolla a composición do órgano de dirección. - Fotocopia do CIF da Asociación. - Certificación na que se faga constar que a Asociación está debidamente legalizada. d) As Asociacións que presenten axudas para o apartado b) da Base 2ª deberán presentar memoria explicativa de viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego Municipal. No caso de non conta-lo Concello con dito técnico/a a Deputación poñerá á súa disposición os seus. De non cumprirse ditos requisitos, poderán subsanarse segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo. 6ª.- PRAZOS.- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires do día seguinte ó da súa publicación. 7ª.- CONTÍA.- As subvencións concederanse nas seguintes contías: Para actividades preventivas ata 200.000 pesetas. Para actividades formativas conducentes á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados, ata 500.000 pesetas. Excepcionalmente, poderá atenderse actividades de carácter asistencial, ata 100.000 pesetas, sempre e cando éstas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación. A posta en marcha de Cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral no ano 2001 poderá ser subvencionada con axudas de ata 1.000.000 de pesetas, e terán como finalidade a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da Cooperativa ou doutras formas de integración no mercado laboral, e os gastos do persoal alleo (non superiores ó SMI/persoa) As xornadas, congresos etc. poderán ser subvencionadas ata un máximo de 400.000 pesetas. En ningún caso a contía do conxunto de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custo total da actividade. 8ª.- PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- As Asociacións ás que se lle conceda unha subvención quedan obrigadas a: a) Xustificar nun prazo máximo de tres meses, e en todo caso antes do 30 de marzo do ano 2002, a realización da actividade para a que lle foi concedida a subvención, tendo que presentar unha memoria da mesma e documentación, orixinal ou compulsada, xustificativa do gasto consistente en facturas e recibos (detallados, numerados e con data de expedición, identificación do beneficiario ou proveedor, NIF ou CIF e domicilio) ou certificados. b) En toda a publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais. 9ª.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.- No caso de non cumpri-lo obxectivo previsto, ou modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención, sen ter recibido autorización expresa para iso, ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, a Asociación deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación. ------ Folla: 7.4575.- BASES PARA ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO Sr. Presidente.- Punto sete. Bases para adxudicación de libros de texto.¿Algunha intervención?. Si. Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Nós o que propuxéramos nestas bases, inclusive antes da súa elaboración e de que fosen a Pleno, é que se auméntase a contía porque a nós nos parece que este é un dos temas máis sangrantes, e eu creo que no fondo coincidimos todos porque abogamos que os libros de texto sexan gratuitos, e sobre todo que non sexa unha carga importante económica para aquelas persoas que teñan menos poder adquisitivo. Nós propuxéramos dous criterios que nos parecen de xustiza: en primeiro lugar que se aumentara a cantidade. Nós pensamos que este tema é de reparto social e polo tanto dedicarlle uns cantos millóns máis, en detrimento dalgún asfaltado, creo que é avanzar na equidade social. E por outro lado, propoñemos tamén que se tivese como criterio, e que nalgunhas outras bases xa avanzamos, a referencia do salario mínimo interprofesional. Nós pensamos que se debera de elevar o listón ata o salario mínimo interprofesional, que é practicamente hoxe o símbolo de referencia en todas aquelas axudas que teñen un carácter ou un contido moi marcado socialmente. Parece ser que non se tiveron en conta e nós abogaríamos porque o tiveran en conta. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Viéitez. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Nuestro grupo va a apoyar estas bases a pesar de que hay algunos criterios que no nos siguen convenciendo. Vamos apoyar por haber aceptado en el baremo que se inicie a partir de unidades familiares de dos miembros con el salario mínimo. Eso fue estimado, si bien el acta de la Comisión Informativa no corresponde con la realidad. Ustedes traían una propuesta que era distinta, aceptan estas enmiendas y eso debería ser lo que figurase en el acta. Eso por un lado. Por otro, me sigue llamando la atención que para los funcionarios se aporten 25.000.000 para becas y libros, y para esta cuestión se aporten sólo 16.000.000. En eso nuestro grupo sigue reclamando un aumento de partida. Y después es la valoración de la aportación de los Ayuntamientos. Yo no se si ustedes tienen algo en contra de los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes, porque base que se presenta, si no le descuentan la población los excluyen, y si están incluídos la aportación de los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes es de un 70%, que contrasta con el 30% de los municipios de menos de 5.000 habitantes. Eso yo no lo acabo de entender; yo no se si ustedes creen que los Ayuntamientos de más de 20.000 habitantes tenemos pozos de petróleo o algunos ingresos extra que no tienen el resto de los Ayuntamientos, pero en cualquier base ustedes tienen una especie de fobia contra estos Ayuntamientos a los que se perjudica sistemáticamente en cualquier tipo de ayudas sistemáticamente. Sr. Presidente.- Ben. Gracias Sr. Muradas. Todos quixéramos incrementa-la dotación para os libros de texto. Pero voulle a dicir o que pasa en realidade. Primeiro, moitos concellos non se acollen a este plan de axudas, punto un. Punto dous, non se gasta todo o diñeiro, este é un feito que está aí. Razón, non a sei. E con respecto ó que di o Sr. Muradas, non é que tiñamos nada contra os concellos de máis de 20.000 habitantes, pero non se olvide vostede cal é a filosofía das Deputacións Provinciais. Primeiro, colaborar fundamentalmente cos concellos máis pequenos, e un concello de máis de 20.000 habitantes ten un presuposto que supera os mil millóns de pesetas e os concellos pequenos ó mellor teñen trescentos millóns de pesetas de presuposto. Indudablemente, ten moitas máis posibilidades o concello grande de aportar unha pequena cantidade que poden ser cen mil pesetas, tal como está nas bases, non sei exactamente agora se son 100 ou 200. Non me diga vostede que esto é cuestión de diñeiro, porque non é cuestión de diñeiro, é cuestión de filosofía, e dende logo seguirémola mantendo mentres este grupo de goberno teña que gobernar. Eu invítoo a mirar as antiguas bases doutros anos, onde concellos de máis de 20.000 habitantes estaban gobernados polo Partido Popular e as bases seguían esta porcentaxe máis ou menos. Ou sexa, non hai nada contra os concellos de máis de 20.000 habitantes, o que pasa é que o que ten máis de 20.000 habitantes ten máis posibilidades e este é un feito evidente. Agora, vostede é moi libre de pensa-lo que queira, pero non hai fobia nin hai absolutamente nada en contra dos concellos de máis de 20.000 habitantes. Sr. Muradas. Si. Sr. Muradas Ramos.- Mire, la partida de 25.000.000 para los funcionarios de la Diputación seguro que se van a gastar. Seguro que esos 25.000.000 se gastan. No se gastan estos quince o dieciseis porque las bases, los requisitos, requieren una situación económica que no se da. Amplíen ustedes, sean más generosos en el planteamiento, en los requisitos, y verá como así se gasta la partida. La filosofía de esta Diputación de ayudar a los municipios pequeños será la filosofía de ustedes. Yo me imagino que la filosofía de una Diputación tiene que ser cubrir las necesidades de todos los ciudadanos, vivan en un municipio pequeño, vivan en un municipio grande. Obviamente los municipios de mayor número de habitantes tienen un presupuesto superior, pero también tienen más vecinos que atender y tienen más necesidades. Eso yo no acabo de entenderlo. Yo le recomendaría a usted, que siguiendo el criterio de los planes diga, pues municipios de más de 20.000 habitantes tienen que aportar un 70%, pero vamos a descontar la población del casco urbano, igual que se la descuentan ustedes en los planes. Se enfoque por donde se enfoque, en los planes ustedes en una sentada dejan un tercio de población fuera. En las otras bases se eliminan los municipios de más de 20.000 habitantes. En estas bases que son de prestaciones los de más de 20.000 habitantes tienen que aportar un 70%. Su filosofía es ruralista, lo acaba de decir usted, la filosofía de esta Diputación es ayudar a los ayuntamientos pequeños. Nosotros defendemos la filosofía de que esta Diputación debería de atender las necesidades de los ciudadanos y en esas diferencias estamos. Nada más. Sr. Presidente.- Mire, Sr. Muradas eso é, facer demagoxia por 100.000 pesetas. ¿Canto lle corresponde a Marín?. Vostede é de Marín e coñece Marín. ¿Canta diferencia hai no que ten que aportar un concello de máis de 20.000 habitantes ou un concello de 5.000 habitantes?. ¿Cuánto tiene que aportar?. 100.000 pesetas más o 100.000 pesetas menos. Esa es la diferencia. Si aceptamos el criterio que usted dice de las ciudades, entonces lo llevan todo tres ciudades. Lo lleva todo Vigo, Pontevedra y Vilagarcía. ¿Usted quiere ese criterio?. No se trata ni de ruralistas ni de civitatistas, se trata de hacer justicia. Agora, vostede non o entende así. Cada uno puede decir lo que quiera. Yo creo que se han hecho con toda obxectividade e polo tanto eu non lle teño nada que dicir, pense como queira, diga o que queira, pero nós non vamos a cambiar esas bases porque estamos convencidos que funcionaron relativamente ben ata agora. Non se gastou o diñeiro e entón xa me contarán vostedes que podemos facer. ¿Que quere que lle diga ou que lle conteste?. Yo le digo a usted que está haciendo demagogia pura. Y nada más. Y nada más. Porque meterse en 15.000.000 donde tiene que aportar una parte mínima el concello y máxima la Diputación a mi me parece liar el rizo, pero como ya sabemos que a usted le gusta liar el rizo pues líelo lo que quiera. Sr. Muradas Ramos.- Yo primero no le hablé para nada de Marín, para nada. Obviamente esto no sería motivo de debate dada la cuantía. Pero es un agravio más con respecto a los municipios de más de 20.000 habitantes. No me lleve usted al terreno de estas bases, lléveme usted al terreno de los planes y hablemos de Marín, donde se le están fugando 15.000.000 todos los años por deducir la población del casco urbano en servicios que son básicos para todos los vecinos. Hábleme de esas bases o de las que se están excluyendo a esos Ayuntamientos. Yo no le hablo de Marín, y respóndame lo que le digo. No se gastan los 15.000.000 porque las bases son realmente para situaciones de necesidad extrema. Sean más generosos en la cuantía, en el baremo, y verá como gastan los quince, como gastan los veinticinco de los funcionarios de esta casa. Están tan necesitados los funcionarios de esta casa como para que esos veinticinco se gasten y quince para la calle no se hayan gastado. ¿Quién está haciendo demagogia?. Sr. Presidente.- Sr. Muradas, lo que se les da a los funcionarios viene ya de convenios anteriores, está aprobado y por lo tanto es una obligación que tenemos el equipo de gobierno. Y precisamente ahora hemos aprobado uno nuevo, pero está en el anterior. Segundo, estamos discutiendo estas bases, no estamos discutiendo otras. Cuando discutamos las otras intervenga usted y diga lo que quiera, estamos en éstas en este momento. Estamos en éstas, no en las demás. La realidad es la realidad y saben perfectamente que ningún concello de más de 20.000 habitantes está excluído de estos planes porque en líneas generales en los planes, ya que usted los tocó y los vamos a discutir a continuación, se tiene en cuenta la población y la extensión y por lo tanto se tiene en cuenta la población. Procedemos a la votación de este punto. Bases para axudas de libros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción de Emprego e Acción Social, acórdase por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, aproba-la proposta de bases para adquisición de libros de texto curso 2001-2002, para familias con problemática socio-económica que son do seguinte teor: BASES DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2001-2002, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA A Deputación de Pontevedra, con obxecto de paliar no posible a situación de emerxencia social na que se atopan moitas familias, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2001-2002, colaborando cos Concellos da Provincia, para apoiar ás familias afectadas. BASES DA CONVOCATORIA 1ª. PRESUPOSTO. A cantidade consignada para este fin na partida 01/313.313.462.05 do Presuposto Ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a DEZASEIS MILLÓNS DE PESETAS(16.000.000). 2ª. DESTINATARIOS. Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente Convocatoria. 3ª. REQUISITOS A) Dos Concellos Os Concellos interesados en beneficiarse desta Convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a aportación máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: Concellos/Nº Habitantes Aportac. máxima da Deputación Aportac. Concello %(ptas) De menos de 5.000 200.000 ptas 30% = 60.000 ptas. De 5.001 a 10.000 225.000 ptas 40% = 90.000 ptas. De 10.001 a 20.000 250.000 ptas. 50% = 125.000 ptas. De 20.001 a 50.000 400.000 ptas. 70% = 280.000 ptas. De máis de 50.001 500.000 ptas. 100% = 500.000 ptas. Resolveranse as solicitudes tendo en conta a aportación máxima fixada pola Deputación, e, no caso de que non se agotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior aportación (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente segundo o número de habitantes do Concello sobre a aportación que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo anexo2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos serán a suma de ámbalas dúas aportacións. B) Dos beneficiarios das axudas Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou residan nalgún Concello da Provincia e teñan fillos que realicen algún dos seguintes estudios: - Educación Infantil: Nivel A - Ensinanza Primaria: Nivel B - ESO: Nivel C C) Dos Ingresos da Unidade Familiar Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta que os ingresos da unidade familiar no ano 2000 se axusten ó baremo que se indica seguindo as indicacións do apartado I, Punto 2, do Anexo 2 para avaliala e desestimándose as que o superen. Nº de membr.da familia Ingres. netos anuais (ingr.netos medios mensuais) Familias de 2 membros ata 1.009.680 (84.140 ptas/mes) " 3 membros ata 1.149.680 (95.807 ptas/mes) " 4 membros ata 1.289.680 (107.473 ptas/mes) " 5 membros ata 1.429.680 (119.140 ptas/mes) " 6 membros ata 1.569.680 (130.807 ptas/mes) " 7 membros ata 1.709.680 (142.473 ptas/mes) " 8 membros ata 1.849.680 (154.140 ptas/mes) " 9 membros ata 1.989.680 (165.807 ptas/mes) Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presenta convocatoria, e por ingresos netos da unidade familiar os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que éstes superen 40.000 pesetas mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras. D) Valoración das solicitudes Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, valorarase o seguinte: ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no anexo 2. 4ª. CONTÍA DAS AXUDAS En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte: Nivel A: Educación Infantil 8.500 ptas. Nivel B: Ensinanza Primaria 12.500 ptas. Nivel C: ESO 18.500 ptas. 5ª. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS A) Aqueles Concellos interesados en participar nesta Convocatoria remitirán á Deputación nun prazo dun mes a partires do día seguinte ó da súa publicación os seguintes documentos: a) Certificación do acordo do Pleno, Comisión de Goberno ou Decreto da Alcaldía, aceptando as presentes bases e especificando a cantidade que está disposto a aporta-lo Concello, (a sinalada na Base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no apartado A da base 3ª sobre a que aporte a Deputación. b) Proxecto segundo anexo 1. B) As solicitudes presentaranse no Rexistro dos Concellos do seu domicilio que se adhiran ás bases da presente convocatoria, no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente. C)Os Concellos remitirán á Deputación ata o 30 de xuño, como prazo máximo, a proposta de resolución de axudas aprobada polo Pleno, Comisión de Goberno Municipal ou Decreto da Alcaldía, procedendo ó mesmo tempo: a) A expoñer públicamente as axudas concedidas nas que se recollerán os seguintes datos: nome do solicitante, DNI, nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida. b) A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, rematado o cal deberán ser remitidas á Deputación quen resolverá sobre as mesmas. No caso de que aquelas se teñan en conta, o Concello afectado deberá facer frente ó pagamento das mesmas. D)A proposta de resolución remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada dos seguintes documentos orixinais, excepto o da solicitude que se adxuntará fotocopia: a) Solicitude. b) Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida: - 1º. As solicitudes aprobadas en base a aportación máxima da Deputación. - 2º. Para os Concellos que quixeran facer unha maior aportación: as solicitudes en lista de espera por si non se chegase a gastar o Presuposto total da Convocatoria. - 3º. As solicitudes rexeitadas especificando a súa causa. c) Informe Social individual (anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria. d) Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios. 6ª. PAGAMENTO Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que os seus secretarios certifiquen que os rapaces teñen adquirido o mater

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición