ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2003/05/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-05-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/05/30_Ordinaria

  • Data(s) 2003-05-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de maio de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día trinta de maio do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo ó Pleno ordinario correspondente ó día de hoxe, 30 de maio de 2003, coa seguinte orde do día: 1.4882.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril do ano 2003. Sr. Secretario ten a palabra. Sr. Secretario.- El acta ya se mandó a todos los miembros de la Corporación. ¿Habrá algo que alegar?. Sr. Presidente.- No hay alegaciones entonces al acta. Se aprueba el acta de esa sesión. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de abril do ano 2003. ------ Folla: 2.4883.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE CERDEDO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto 2. Adhesión do Concello de Cerdedo ó Convenio de colaboración en materia catastral. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- El Consejo de Administración del ORAL aceptó la propuesta del Ayuntamiento de Cerdedo para acogerse al convenio de gestión catastral y corresponde ratificarlo y aprobarlo definitivamente por el Pleno. Así se dictaminó favorablemente por todos los grupos en la Comisión de Hacienda y queda a la decisión de ustedes. Sr. Presidente.- Moi ben. Sométese entón a votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o 10 de abril de 2003, polo que se acepta a petición do Concello de Cerdedo de adhesión ó Convenio de colaboración en materia catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Cerdedo en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de marzo de 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Cerdedo ó Convenio de colaboración en materia de Xestión Catastral. ------ Folla: 3.4884.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO 1/2003 DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto terceiro. Expediente de suplemento de crédito 1/2003 do Padroado de Turismo "Rías Baixas". Bien, este es un expediente todo el con cargo a remanentes de Tesorería, que asciende a la cantidade de 342.746,67 Euros, con el siguiente reparto: 9.016 Euros para persoal becario; 50.000 Euros para alquiler de espacio de ferias; 1.000 Euros para transportes; 263.730,67 Euros para fomento del turismo; y 19.000 Euros para estudios y trabajos técnicos. Si, Sr. González tiene la palabra. Sr. González Iglesias.- En los asuntos 3, 4 y 5, el Grupo Socialista se va a abstener porque votó en contra del presupuesto en su día y simplemente señalar en este punto que algunas de las cuestiones que se van a financiar después de esta aprobación ya pasaron: las ferias. Yo se lo recuerdo. Simplemente con ver la prensa verá usted que el Salón Naútico de Vigo ya se celebró hace algún tiempo. De todas formas nos vamos abstener en los tres puntos. Sr. Presidente.- Gracias. Muy bien, si no hay más debate se procede a la votación. ¿Votos en contra?. Ninguno. ¿Abstenciones?. Bloque y PSOE. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", por un importe total de 342.746,67 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente, e que se financiará con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: 03/875-751-141.05 Outro persoal (bolseiros) 9.016,00 03/875-751-202.03 Aluguer espacio feiras 50.000,00 03/875-751-223.00 Transportes 1.000,00 03/875-751-226.23 Fomento do turismo 263.730,67 02/875-751-227.06 Estudios e traballos técnicos 19.000,00 TOTAL 342.746,67 O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. 03/875-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 342.746,67 Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 4.4885.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2003 DO PADROADO DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "FOGAR PROVINCIAL" Sr. Presidente.- Punto cuatro. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". Asciende a 7.231,49 Euros, todo él dedicado a adquisición de material inventariable y por supuesto con cargo a remanentes de Tesorería. No hay debate. Se procede a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque y PSOE. ¿A favor?. Partido Popular. Se aprueba por mayoría. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", por un total de 7.231,49 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do Presuposto corrente, e que se financiará con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: 03/843-422-623.01 Adquisición de material inventariable 7.231,49 TOTAL 7.231,49 O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 03/843-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 7.231,49 Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 5.4886.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2003 DO ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto quinto. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Organismo Autónomo Escola de Canteiros de Pontevedra. Este expediente asciende a 75.664 Euros con el siguiente reparto: 10.000 Euros a mejora de terrenos para el riego de jardín; 9.000 Euros a menaje y útiles, se compra un proyector de DVD; y 56.664 Euros para mejora de maquinaria, instalaciones y utillaje. No hay debate. Se procede a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque y PSOE. ¿A favor?. Partido Popular. Se aprueba por mayoría. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado da Escola de Canteiros, por un importe total de 75.664,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que se financiará con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente, aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: 03/844-422-620.02 Mellora terreos (rego xardín) 10.000,00 03/844-422-629.01 Menaxe, útiles e ... (proxector DVD) 9.000,00 03/844-422-623.02 Mellora maquinaria, instalacións e utillaxe 56.664,00 TOTAL 75.664,00 O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto: 03/844-870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 75.664,00 Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 6.4887.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 3/2003 Sr. Presidente.- Punto seis. Expediente de modificación de créditos nº 3/2003. Asciende a 8.952.337,76 Euros y con el siguiente reparto: una partida de 3.000 Euros para alquiler de material de transporte; créditos reconocidos en la factura de Celso Míguez, 4,80 Euros; reparaciones para material de transporte en el Servicio Agrario, 2.000 Euros; material de oficina en la oficina de arquitectura y urbanismo, 1.500 Euros; suscripciones del CPAM, 1.000 Euros; créditos reconocidos de Unión Fenosa, 72,22 Euros por un lado y 1.045,52 por otro; 15.000 Euros para combustible en Vías y Obras; 2.000 Euros para vestuario en Soutomaior; 18.000 Euros para material técnico en el Servicio de Agricultura; otra factura de telefónica en créditos reconocidos de 540,22 Euros; una partida de 3.500 Euros para seguros; una partida de 12.000 Euros para el pago de las cuotas de la Federación Española de Municipios y Provincias y de la Federación Gallega de Municipios y Provincias; una partida de 22.000 Euros para redacción del proyecto del Archivo Provincial; otra partida de 12.000 Euros para trabajos realizados por otras empresas, en este caso pues en los laboratorios de Areeiro y Mouriscade; una partida de 90.200 Euros para el Convenio de la Xunta y las cuatro Diputaciones Provinciales para el apoyo al deporte de élite; una partida de 12.020 Euros para la Asociación Española de Cidades de la Pesca, AECIPE; una partida de 216.364 Euros para el Programa Comunitario Empleo Cities; una partida de 6.600.000 Euros para carreteras provinciales en Vías y Obras; una partida de 27.000 Euros para el campo de fútbol de la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe"; una partida de 16.000 Euros para obras en el Servicio de Prevención de Riesgos Laborales; otra partida de 15.000 Euros para obras diversas en el Palacio; una partida de 10.000 Euros para el Centro Social y Deportivo de Berducido; una partida de 6.000 Euros de equipos informáticos; una partida de 21.700 Euros para una destructora de papeles de los Servicios Centrales; una partida de 25.000 Euros para cámaras de vigilancia en los Servicios Centrales; una aportación para obras en la Escola de Canteiros de 24.040 Euros; una aportación para obras en el Museo de 60.101 Euros; 43.500 Euros para la aportación a la Caja de Anticipos; 150.250 Euros para el Ayuntamiento de Meis, urbanización de la Avenida Médico Paz en Mosteiro; 238.850 Euros para el Ayuntamiento de Silleda, terminación del edificio de usos múltiples y biblioteca; 979.650 Euros, Ayuntamiento de Lalín, Conservatorio de Música; 57.700 Euros, Ayuntamiento de Tui, cubrición de pistas deportivas en Areas; 150.250 Euros, Ayuntamiento de O Grove, terrenos ampliación del yacimiento de Adro Vello; después, del Servicio Agrario diversas transferencias por valor de 60.000 Euros; 15.600 Euros a la Sociedad Atlántida de Matamá, ayudas para la mejora de escenario; 18.300 Euros a la Asociación Cultural Recreativa de Beade para ascensor, instalación de ascensor; y una partida de 20.250 Euros, de ampliación de capital en un 2,25% en la Fundación Ciudad Universitaria; todo eso asciende a los 8.952.337,76 Euros. Sr. Mosquera tiene la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Gracias Sr. Presidente en funcións. Ben, parece que esta Deputación está ben de remanentes, polo tanto pode permitirse realizar estas modificacións de crédito, que xa non é a primeira nin a segunda neste exercicio. Evidentemente parece que a salto de mata, a cambio das modificacións, se vai facendo un orzamento novo, se van metendo novas cousas, e incluso sen o suposto rigor e a suposta previsión que tería un orzamento xeral. O que se nota aquí é unha grande improvisación, ou sexa, agora hai cartos para estradas provinciais pois metemos máis de 6.000.000 de Euros, no anterior tamén foron máis de 6.000.000 de Euros e se houbera algunha previsión o normal é que houbera antes os proxectos; despois van vir por aquí os proxectos do 2002, algúns que se meteron por aí, e tendo esta previsión de gastos, ou sexa, de posibilidades de gasto, o normal é que houbese un plan riguroso, polo menos un certo plan de investimentos en estradas provinciais, en mellora de estradas provinciais, e non ir metendo según poidan ou non poidan ou teñan a ben. Son moitos cartos que creo que habería que racionalizalos e priorizalos dunha maneira bastante máis seria que esta. Levamos pedido dende sempre que houbera certa planificación. O ideal sería que houbera un plan de estradas provinciais cun gasto asignado e esperar a que houbera eses fondos para podelas executar. Eso non se fixo nunca, seguimos gastando, en fin, investindo en obras sen ningunha previsión e sen ningunha planificación. E con respecto a certos gastos que van a Concellos, volvemos a estar no mesmo. Nós non temos nada, por exemplo, en contra de que se mellore o Conservatorio de Lalín, pero hai unha serie de Conservatorios en toda a provincia que teñen graves problemas e que os Concellos están malamente afrontando como poden. Entón se a Deputación ten esa previsión de poder envestir nunha serie de obras, neste caso no ámbito educativo e cultural, o lóxico é que os Concellos puideran acceder ou que houbera certa programación para pode-los Concellos ir dotando ese servicio, que están suplindo algo que debía face-la Xunta de Galicia. Se eles non poden, polo menos que esta Deputación lle axudara a facer eso. Non hai nada deso. Aparece o de Lalín que o conseguiu e moi ben, bárbaro. Hai unha improvisación. Aquí houbo un saneamento económico desta Institución, correcto, está ben facelo, pero despois o que non houbo por ningún lado foi unha previsión, unha planificación de que cando houbera os recursos ver a onde se podían adicar dunha maneira máis xusta e máis efectiva, tanto nas cuestións digamos propiedade da Deputación, as estradas provinciais ou outras instalacións, outros servicios que ten a Deputación, como en canto ás transferencias ós Concellos. Nós non podemos compartir nin a filosofía do orzamento nin a súa xestión, pero tampouco podemos compartir esta maneira de funcionar desta casa. Non hai maneira de que se traballe dunha maneira priorizada, planificada e optimizando os recursos. Agora hai cartos e a ver que metemos detrás, agora vamos meter as que lle cadre e esa non é maneira de funcionar, polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González tiene la palabra. Sr. González Iglesias.- Difícil sería que en el último Pleno en que se van adoptar acuerdos cambiasen ustedes la fórmula. Yo eso no me lo creía. Repetir los argumentos de la primera modificación de crédito o de las del año pasado sería en vano también. Difícil sería entender que se van a invertir en carreteras provinciales casi 6,6 millones de Euros sin nada nuevo, sin ningún plan, y nos vemos en la misma situación de siempre; o que la aportación a los Ayuntamientos, que es la tercera que se incrementa en este año, también se hace en función de peticiones de Ayuntamientos y ni siquiera utilizando criterios del Plan de Acción Municipal. Por lo tanto yo creo que esto es más de lo mismo, es la continuación, como no podría ser de otra forma. Es la continuación del Pleno de Presupuestos. Votamos en contra en aquel momento y vamos a seguir votando en contra ahora. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González. Bien, puedo entender sus posturas, es algo que viene pasando a lo largo de los últimos años y en todos los presupuestos. Lo absurdo sería evidentemente que si hay remanentes de crédito no los utilizásemos; lo cierto es que si ustedes gobernasen los utilizarían de otra manera. El Partido Popular tiene la suya de utilizarlo y como bien decía el Sr. Iglesias no vamos a cambiar en el último Pleno, sería también algo absurdo por nuestra parte. En cuanto a lo que dice el Sr. Mosquera, hombre, evidentemente la partida más importante, con mucho, al final siempre son carreteras provinciales. Bien saben ustedes que todo el dinero que se meta ahí es poco y necesario dada la cantidad de kilómetros que esta Diputación tiene. En cuanto a otro tipo de ayudas, en este caso Auditorio de Lalín, como decía el Sr. Mosquera, yo me imagino que cualquier otro Concello de la provincia que se haya dirigido a esta Diputación, y al menos con el actual Presidente, jamás ha tenido problemas en que esta Diputación ayude. Ciertamente eso puede ser gracias a que efectivamente, como bien reconoce el Sr. Mosquera, a quién se lo agradezco, el saneamiento económico de esta Diputación ha sido importante a lo largo de estos últimos ocho años y eso permite que tengamos una salud financiera envidiable por cualquier otra administración. No tengo más que decir, sino que como es lógico, no va haber una dejación de funciones y hasta el último día se trata de utilizar estos remanentes de Tesorería de la mejor manera que el Partido Popular entiende. Si, Sr. Mosquera tiene la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, dous apuntes, un con respecto ó saneamento financeiro. Eso quere dicir que o que non se gastou antes se gastou agora, simplemente é cambia-lo momento en que se gasta, nada máis, e nestes momentos se pode gastar, pero se antes non se pudo gastar, e a actual Presidencia leva oito anos, é unha pena que non estea, se cando non se podía gastar se puderon ir facendo unha previsión de onde, cómo e cando, se non se gastaba naqueles anos, cando se pudera gastar, que ó fin é o cabo foi traslada-los gastos, se ía investir. Neste Pleno temos pedido cantidade de veces, non aparece por ningún lado que estradas provinciais; xa non pido que haxa un relatorio de tódalas estradas provinciais. O normal é que se urbanice nun convenio co Concello, esta hai que reforzarlle o firme, esta hai que ancheala, e ter un informe de todo priorizado e con urxencia, bueno con urxencia ou non urxencia segundo os casos, para cando haxa fondos metela. Simplemente con respecto a este expediente e ó anterior ¿hai a relación de obras que se pretenden meter a conta destes fondos?. Simplemente hai fondos, se meten e despois a ver que obras vamos metendo. Non parece unha maneira moi seria de funcionar con estas partidas tan grandes, non parece. Ó final nos topamos que unha estrada provincial cun tráfico enorme, cun servicio enorme, está nun estado bastante lamentable e outra, non se sabe por que motivos, que ten moita menos carga se renova toda e se lle pon tal, se vai así un pouquiño ou moito a salto de mata. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Simplemente decirle que hay previsiones evidentemente. Yo no sé aquí la relación exacta pero no se pone el dinero según que carreteras, se decide que carreteras y evidentemente hay una previsión, y existen proyectos, por lo tanto no hay esa falta de previsión que usted dice. Otra cosa es que no sea la previsión igual que la que haría usted. Muy bien, si no hay más debate se somete a votación. ¿Votos en contra?. Bloque y PSOE. ¿Abstenciones?. No hay. ¿Votos a favor?. Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 3/2003, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 8.952.337,76 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do Presuposto corrente, e que se financiará, os suplementos de crédito por importe de 8.482.511,00 Euros e os créditos extraordinarios por importe de 469.826,76 Euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, prestar aprobación ó expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 3/2003, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º Gastos de persoal 400,00 Euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 93.662,76 Euros Capítulo 4º Transferencias correntes 318.584,00 Euros Capítulo 6º Inversións reais 6.721.200,00 Euros Capítulo 7º Transferencias de capital 1.798.241,00 Euros Capítulo 8º Activos financeiros 20.250,00 Euros Total expediente de modificación de crédito 8.952.337,76 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 7.4888.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL Neste momento auséntase da sesión o Sr. Deputado D. Manuel Ramón Conde Romero. Sr. Presidente.- Punto siete. Modificación da ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial. Bien, con esta modificación se pretende adaptar la ordenanza reguladora de la tasa a las modificaciones introducidas en las Leyes 39/88 y 51/2002. Asímismo se modifican las tarifas de esta tasa como consecuencia de la clarificación del sistema de determinación del valor de mercado de la utilidad derivada del aprovechamiento del dominio público provincial. Ese cálculo de las nuevas tarifas se hace aplicando lo previsto en el artículo 24 de la Ley 39/88 y en el artículo 5 de la ordenanza reguladora de esta tasa. Es decir, se parte de una valoración estimativa del metro cuadrado del dominio público de 29,601 Euros, sacado esto del informe del Ingeniero Jefe y sobre este valor se aplica el 5% en concepto de tipo de interés estimado a largo plazo, obteniéndose el valor máximo anual del metro cuadrado en 1,48 Euros y de 1,21 en el metro lineal. Si no hay debate, se somete a votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. No hay. ¿A favor?. Se aprueban por unanimidad. Visto o expediente tramitado a proposta do Servicio de Intervención desta Deputación para a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público provincial, coa finalidade en xeral de adapta-la ordenanza reguladora desta taxa ás modificacións introducidas na Lei 39/88, de 28 de decembro (LRHL), pola Lei 51/2002, de 28 de decembro, así como da clarificación do sistema de determinación do valor de mercado da utilidade derivada do aproveitamento do dominio público provincial. Vistos os artigos que se modifican, os apartados que se suprimen, o feito de que se lle engade unha disposición transitoria segunda e se modifica a disposición final, de acordo ó detalle que aparece reflectido na memoria da Presidencia que figura no expediente. Visto o informe conxunto de Secretaría e Intervención de data 13 de maio de 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación á modificación da ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, quedando o seu texto íntegro da seguinte forma: ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL Artigo 1º. Natureza e fundamento. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e os artigos 20 e 122 da Lei 39/88, de 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da Taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial. Esta taxa ten por obxecto compensar ó común dos cidadáns das limitacións que no uso do dominio público provincial se impoñen, polas utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais do dominio público, por parte das persoas físicas ou xurídicas que realizan ditos aproveitamentos. Artigo 2º. Feito impoñible. Constituen o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial, e en particular polos supostos que se citan no artigo 20.3 da Lei 39/88, de 28 de decembro. Non están suxeitos a esta taxa os aproveitamentos realizados polos entes públicos territoriais e os seus organismos públicos dependentes, sempre que se trate de aproveitamentos para prestar servicios básicos para o desenvolvemento normal da vida dos cidadáns. Así mesmo, non están suxeitos os aproveitamentos realizados por persoas particulares ou asociacións de veciños cando se trate de servizos básicos para o desenvolvemento normal da vida destes (auga, saneamento, etc. ...). Artigo 3º. Suxeitos pasivos. Serán suxeitos pasivos desta taxa, en calidade de contribuintes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público provincial en beneficio particular, conforme a algún dos supostos previstos no artigo 20-3 da Lei 39/88, de 28 de decembro. No suposto de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público provincial con entrada de vehículos ou carruaxes a través de beirarrúas, serán suxeitos pasivos substitutos do contribuinte os propietarioss das fincas e locais a que dean acceso ditas entradas de vehículos, quen poderán, no seu caso, repercuti-las cuotas sobre os respectivos beneficiarios. Artigo 4º. Responsables. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria. Artigo 5º. Cuota tributaria. As cuotas desta taxa fixaranse tomando como referencia o valor de mercado correspondente ou o da utilidade derivada dos aproveitamentos, que se realicen. A determinación do valor de mercado ou a utilidade dos aproveitamentos farase calculando o custe financeiro que suporía a retribución do capital necesario para adquirir terreos de similares características e análoga situación; para iso, aplicarase un 5 por cento, en concepto de tipo de interese estimado a longo prazo, sobre os valores estimados do metro cadrado e lineal do dominio público provincial; valores que se cuantifican no informe dos servicios técnicos provinciais, obténdose así as cantidades máximas por metro lineal e cadrado que se poderán cobrar por cada aproveitamento. As cuotas desta taxa son as que figuran en anexo a esta ordenanza. Artigo 6º. Beneficios fiscais. Soamente se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de Lei ou deriven de Tratados ou Acordos Internacionais. Artigo 7º. Período impositivo e devengo. O período impositivo será anual para todo tipo de aproveitamentos. O devengo desta taxa poderá ser: a. Devengo puntual. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial, se ben se esixirán, en calidade de depósito previo, no momento de presentarse a solicitude de concesión, licencia ou autorización para realiza-lo aproveitamento do dominio público provincial. O aproveitamento non se poderá autorizar en tanto non se ingrese o depósito previo. b. Devengo periódico. Cando se trate de aproveitamentos que teñan unha duración superior a un período devengarase a taxa o 1 de xaneiro de cada ano a partir do segundo período (xa que o primeiro se devengará no momento da solicitude), e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio e cese no aproveitamento, sen que proceda o prorrateo das cuotas. Artigo 8º. Liquidación. a. Liquidación puntual. Liquidarase a taxa unha vez presentada a solicitude de concesión, licencia ou autorización para realiza-lo aproveitamento do dominio público provincial, e antes de proceder á tramitación do expediente de concesión do aproveitamento. b. Liquidación periódica. As liquidacións correspondentes a aproveitamentos periódicos realizaranse mediante o sistema de matrícula ou padrón, que se deberá aprobar no primeiro trimestrre de cada exercicio. Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público provincial sen licencia procederase a liquidar e notifica-la débeda, esixíndose o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria. Artigo 9º. Ingreso. O ingreso da taxa poderase realizar: a. Nas liquidacións puntuais. No momento de presenta-la solicitude, ou unha vez recibida a notificación da liquidación, pero en todo caso con anterioridade á concesión da autorización do aproveitamento. b. Nas liquidacións periódicas. Nos prazos que se sinalen no edicto de exposición pública no Boletín Oficial da Provincia, ou, no seu defecto, nos que se sinalen na notificación da liquidación. O pagamento desta taxa realizarase na Tesourería Provincial ou nas entidades financeiras que se sinalen na notificación da liquidación ou no edicto de exposición pública da matrícula ou padrón. O ingreso do depósito previo realizarase, en todo caso, con anterioridade á concesión do aproveitamento. Artigo 10º. Infraccións e sancións. Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento. Artigo 11º. Normas de xestión. As persoas ou entidades interesadas na concesión de autorización ou licencia para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público provincial a que fai referencia esta taxa deberán presentar solicitude acompañada de plano, detalle da lonxitude ou superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo provincial. Con carácter previo á autorización ou concesión da licencia a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo. Polo Servicio de Vías e Obras examinarase o expediente e comprobarase a realidade dos datos da solicitude. Posteriormente remitirase á Sección de Recursos Económicos para proceder á oportuna liquidación, que se lle notificará ó interesado/a para que o aboe, se non o fixo no momento de presenta-la solicitude, antes da retirada da autorización ou licencia. En caso de denegarse as autorizacións, os interesados solicitarán a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo. O depósito provisorio non implica ningún dereito e non faculta para realiza-los aproveitamentos solicitados. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. Os entes públicos territoriais e os seus organismos públicos dependentes, e os particulares ou asociacións de veciños que figuren no padrón do exercicio 2003 e sucesivos, que consideren que non están suxeitos á taxa, deberán solicita-la anulación da liquidación correspondente e a baixa no padrón. Para iso, deberán acreditar que o aproveitamento que realizan do dominio público provincial implica a non suxeición á taxa, nos termos que se recollen no artigo 2 da ordenanza reguladora desta taxa. Así mesmo, as persoas que teñan redimido a taxa non terán dereito á devolución do ingresado anticipadamente. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA. As modificacións das cuotas desta taxa serán de aplicación ós aproveitamentos autorizados con anterioridade a súa entrada en vigor, a partir do 1 de xaneiro de 2004. DISPOSICIÓN FINAL O acordo de aprobación inicial de modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día de de 2003. As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derogación expresas. Estas modificacións non serán de aplicación no exercicio de 2003 ós aproveitamentos devengados con anterioridade á súa entrada en vigor. ANEXO TARIFAS E NORMAS DE APLICACIÓN TARIFAS: (Por cada metro ou fracción, lineal ou cadrado, e por cada ano ou fracción) I. Aproveitamentos de particulares, liquidación anual, por cada aproveitamento: A. Mínimo 6,00 euros B. Metro lineal ou fracción 0,50 euros C. Metro cadrado ou fracción 0,75 euros D. Máximo 20,00 euros II. Aproveitamentos de agrupacións ou asociacións de veciños ou similares, liquidación anual, por cada aproveitamento: A. Mínimo 9,00 euros B. Metro lineal 0,75 euros C. Metro cadrado 1,00 euros D. Máximo 30,00 euros III. Aproveitamentos de persoas xurídicas, liquidación anual, por cada aproveitamento: A. Mínimo 12,00 euros B. Metro lineal 1,00 euros C. Metro cadrado ou fracción 1,25 euros D. Máximo 100,00 euros IV. Aproveitamentos de empresas explotadoras de servizos de subministros (auga, gas, electricidade, combustibles, imaxe, son e calqueira outros) que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, liquidación anual, por cada aproveitamento dos citados no artigo 20.3 da Lei 25/98, de 13 de xullo: A. Mínimo 18,00 euros B. Metro lineal ou fracción 1,20 euros C. Metro cadrado ou fracción 1,45 euros D. Máximo 150,00 euros NORMAS DE APLICACIÓN DAS TARIFAS: 1.1. Aplicaranse as tarifas de metro lineal cando o longo ou ancho dun aproveitamento non supere o metro. 2.1. Aplicarase a tarifa do metro cadrado cando o longo e ancho dun aproveitamento sexa superior ó metro. CONVENIOS: De conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 25/98, de 13 de xullo, poderanse establecer convenios co fin de simplifica-lo cumprimento das obrigas formais e materiais derivadas daquelas, ou os procedementos de liquidación e recadación." O expediente de modificación de dita taxa, exporase ó público por prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da provincia, a efectos de reclamacións. No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día no que se produza a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de acordo co disposto na disposición final. ------ Folla: 8.4889.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Punto ocho. Modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe". El objeto de la variación de esta taxa es la modificación de la ordenanza reguladora de la taxa por servicios que se prestan en la Ciudad Infantil "Príncipe Felipe", y con esta modificación se pretenden actualizar las tarifas de esta taxa para incluir nuevos productos, eliminar otros y variar el precio de algunos ya existentes, de conformidad con la propuesta que ha hecho el Director de Gestión de la Ciudad Infantil. No hay debate. Se procede a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Bloque. ¿A favor?. PSOE y PP. Se aprueba por mayoría. Visto o expediente tramitado a proposta do Servicio de Intervención desta Deputación para a modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", coa finalidade en xeral de actualiza-las tarifas desta taxa no apartado de venda de productos de cafetería e que se traduce na inclusión de novos productos, eliminación doutros e variación do prezo dalgúns xa existentes, de acordo ó detalle que aparece reflectido na memoria da Presidencia e proposta do Sr. Director de Xestión da Cidade Infantil de data 7 de abril de 2003, que figuran no expediente. Visto o informe conxunto de Secretaría e Intervención de data 14 de abril de 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, prestar aprobación á modificación da ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", quedando o seu anexo, unha vez incluídas as modificacións, da seguinte maneira: ANEXO TARIFA CONCEPTOS TARIFA NOVA 1 Internados e estancias: 1.1. Por estancia completa, ó mes (almorzo, comida, merenda, cea e aloxamento) 387,00 1.2. Por estancia en media pensión, ó mes (almorzo, cea e aloxamento) 249,50 1.3. Estancias individuais: 1.3.1. Pensión completa, ó día: 12,90 1.3.1.1. Almorzo, ó día 0,90 1.3.1.2. Comida, ó día 3,75 1.3.1.3. Merenda, ó día 0,90 1.3.1.4. Cea, ó día 2,05 1.3.1.5. Aloxamento, ó día 5,45 1.4. Utilización de instalacións de cociña e comedor, cada persoa, ó día 2,25 1.5. Utilización de aulas, cada hora ou fracción 7,50 1.6. Utilización de auditorium, cada sesión 75,00 2. Por utilización de instalacións deportivas: 2.1. Pavillón polideportivo: 2.1.1. Sen luz, cada hora ou fracción 7,40 2.1.2. Con luz, cada hora ou fracción 9,85 2.1.3. Para equipos profesionais previo acordo, entre os límites 2.1.3.1. Límite superior 1.287,55 2.1.3.2. Límite inferior 155,25 2.2. Campo de fútbol: 2.2.1. Cada hora ou fracción 12,30 2.3. Campos de atletismo: 2.3.1. Competición de ámbito municipal 12,30 2.3.2. Competición ámbito provincial 24,70 2.3.3. Competición ámbito rexional 37,00 2.3.4. Competición de ámbito nacional 61,70 3. Venta de productos en cafetería: 3.1. Refrescos: Cerveza Heineken bote 1,05 Cerveza Heineken 0,90 Cerveza Heineken 1/5 0,69 Cerveza (Águila) 0,69 Cerveza 1/5 (Águila) 0,51 Sidra 0,67 Bitter sen alcohol 0,67 Coca-cola botella 0,67 Coca-cola bote 0,67 Tónica 0,75 Kas bote 0,67 Zumos 0,67 Mosto ½ 0,67 Trinas (bote) 0,67 Auga mineral ½ 0,60 Auga mineral ¼ 0,36 Té e manzanilla 0,36 Té con leite ou limón 0,41 Café só 0,51 Café cortado 0,51 Café con leite 0,51 Café dobre con leite 0,62 Café descafeinado 0,51 Café descafeinado dobre 0,62 Colacao 0,62 3.2. Repostería: Bolo de leite 0,51 Croissant 0,51 Croissant con queixo 0,67 Croissant con xamón 1,18 Croissant con queixo e xamón 1,34 Magdalena 0,21 3.3. Bocadillos: Xamón 1,25 ½ de xamón 0,61 Tortilla 0,87 ½ de tortilla 0,51 Queixo 0,87 ½ de queixo 0,51 Mortadela 0,67 ½ de mortadela 0,36 Chourizo 0,87 ½ de chourizo 0,51 Tortilla con xamón 1,34 ½ de tortilla con xamón 0,75 Xamón con queixo 1,34 ½ de xamón con queixo 0,75 Chourizo e queixo 1,03 ½ de chourizo e queixo 0,62 Membrillo 0,67 ½ de membrillo 0,36 Membrillo e queixo 1,03 ½ de membrillo e queixo 0,62 Salchichón extra 1,03 ½ de Salchichón extra 0,62 Taquitos 0,36 Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. O expediente de modificación de dita taxa exporase ó público por prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da provincia, a efectos de reclamacións. No caso de non se producir reclamacións este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día no que se produza a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 9.4890.- APROBACIÓN DO BORRADOR DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, O MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto nueve. Aprobación do borrador do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a ampliación do Museo de Pontevedra. Bien, el objeto del presente Convenio es regular los compromisos de colaboración entre las partes para llevar a cabo la ampliación y rehabilitación del Museo de Pontevedra. Asciende el presupuesto total de esta ampliación a 15.255.405,76 Euros. En este Convenio se compromete la Consellería de Cultura y Comunicación Social a aportar la cantidad de 1.803.036,31 Euros repartido en cuatro anualidades, de forma que en el año 2003 aportará 100.400 Euros; en el 2004, 750.000 Euros; en el 2005, 750.000 Euros; y en el 2006, 202.636,31 Euros. El compromiso por parte del Ministerio de Educación, Cultura y Deportes, es la aportación de 9.103.020 Euros, con el siguiente reparto en las anualidades del 2003, 1.202.020 Euros; en el 2004, 3.500.000 Euros; en el 2005, 3.500.000 Euros; en el 2006, 901.000 Euros. Y el compromiso de esta Diputación es la aportación de 4.349.349,45 Euros con el siguiente reparto: anualidad del año 2003 que ya figura en presupuestos, 1.200.000 Euros; anualidad 2004, 1.050.000 Euros; 2005, 1.050.000 Euros; y año 2005, 1.051.349,45 Euros. Se trata asímismo aquí de facultar al Presidente de la Diputación para la firma de dicho Convenio. No hay debate. Se procede a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. Ninguna. ¿Votos a favor?. Se aprueba por unanimidad. Visto o borrador do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para levar a cabo a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra, actuacións estas que se levarán a cabo en terreos de titularidade da Deputación de Pontevedra situados no bloque comprendido polas rúas Sierra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de San Bartolomé, na cidade de Pontevedra. Visto que o proxecto ten un presuposto total previsto de 15.255.405,76 Euros, a desenvolver en dúas fases; a primeira levantarase de nova planta unha ampliación do Museo e a segunda rehabilitarase o Edificio Sarmiento situado no mesmo bloque e que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, participará no financiamento aportando a cantidade total de 1.803.036,31 Euros distribuídos en diversas cantidades durante as anualidades de 2003, 2004, 2005 e 2006 e que o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura, aportará unha cantidade máxima de 9.103.020,00 Euros, distribuída nas mesmas anualidades, á parte de que durante os anos 2001 e 2002, xa colaborou en diversas actuacións mediante subvencións que totalizaron un importe de 601.016,00 Euros e que a Deputación Provincial de Pontevedra participará no proxecto de ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra con varias actuacións que figuran no texto do Convenio e cunha aportación global de 4.349.349,45 Euros distribuída da seguinte forma: ANUALIDADE IMPORTE 2003 1.200.000,00 Euros 2004 1.050.000,00 Euros 2005 1.050.000,00 Euros 2006 1.049.349,45 Euros Visto o informe favorable do Sr. Vicesecretario e o informe de Intervención, onde participa que na partida 03/432.451.622.01 do vixente Presuposto Provincial existe crédito suficiente para facer fronte á aportación da Deputación para a anualidade de 2003, tendo que incluirse nos exercicios 2004, 2005 e 2006 os créditos das correspondentes anualidades unha vez sexa aprobado e asinado o Convenio polas partes intervintes, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación ó borrador do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a ampliación do Museo de Pontevedra e que se une como anexo a este acordo. Así mesmo facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente desta Deputación para levar a cabo a sinatura deste Convenio e de cantas outras actuacións sexan necesarias en relación coas condicións establecidas no mesmo. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, O MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, de de 2003 REUNIDOS Dunha parte o Excmo. Sr. D. Jesús Pérez Varela, Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 2º da Resolución de 8 de abril de 1991. Doutra parte, o Excmo. Sr. D. Luis Alberto de Cuenca y Prada, Secretario de Estado de Cultura, competente en virtude do seu cargo e da representación que ostenta e a Ilma. Sra. Dona Engracia Hidalgo Tena, Presidenta da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura (Organismo Autónomo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), competente en virtude do artigo 6 e da Disposición Adicional Décimoterceira da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada nos artigos primeiro e segundo da Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, e do RD 1379/99 de 27 de agosto de Regulación da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura. E doutra parte, o Excmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 11/1999, de 21 de abril, modificación daquela e do artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Os interviñentes, na representación que ostentan, teñen e recoñécense capacidade para obrigarse e, por tanto, para formaliza-lo presente Convenio. MANIFESTAN Primeiro.- Que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, dentro dos obxectivos da súa política cultural, contemplados nos artigos 44.1 e 46 da Constitución Española, considera necesaria a ampliación do Museo de Pontevedra. Segundo.- Que o 3 de xaneiro de 2000, o Ministerio de Educación e Cultura (hoxe Ministerio de Educación, Cultura e Deportes), a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, asinaron un Protocolo no que as tres Administracións se comprometían a colaborar ó obxecto de levar a cabo as accións necesarias para amplia-lo Museo de Pontevedra. Terceiro.- Unha vez redactado o proxecto e definido o financiamento do mesmo, así como a súa distribución por anualidades, as Administracións interviñentes acordan formaliza-lo presente Convenio para establece-las obrigas e dereitos de cada unha delas. Cuarto.- Con data informouse favorablemente pola Abogacía do Estado. O autorizouse a suscrición deste Convenio pola Comisión Delegada de Goberno para Política Autonómica (Acordo do Consello de Ministros de 2 de marzo de 1990, modificado polo de 3 de xullo de 1998). O Consello de Ministros na súa sesión de autorizou o convenio e aprobou o gasto (Art. 74.4 do Texto Refundido da Lei Xeral Presupostaria). En virtude do exposto polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, acordan suscribi-lo presente Convenio de colaboración conforme ás seguintes. CLÁUSULAS Primeira.- O presente Convenio ten por obxecto regula-los compromisos de colaboración entre as partes para levar a cabo a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Segunda.- As actuacións obxecto do presente Convenio levaranse a cabo en terreos dos que é titular a Deputación de Pontevedra, situados no bloque comprendido polas rúas Sierra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de S. Bartolomé. O proxecto ten un presuposto total previsto de 15.255.405,76 Euros e desenvolverase en dúas fases: - Primeira fase: Levantarase de nova planta unha ampliación do Museo. - Segunda fase: Rehabilitarase o Edificio Sarmiento situado no mesmo bloque. Terceira.- A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia comprométese a: 1.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, participará no financiamento do proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra, aportando a cantidade total de 1.803.036,31 Euros (un millón oitocentos tres mil trinta e seis euros con trinta e un céntimos), que se imputarán con cargo á aplicación presupostaria 10.03.352.8.760.0, de acordo coa seguinte distribución: ANUALIDADE IMPORTE 2003 100.400,00 Euros 2004 750.000,00 Euros 2005 750.000,00 Euros 2006 202.636,31 Euros 2.- Igualmente os técnicos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, colaborarán conxuntamente cos técnicos da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura e a Deputación de Pontevedra en tódalas fases da realización das obras. 3.- As aportacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia á Deputación de Pontevedra, faraas efectivas, previa presentación das correspondentes certificacións de obra na porcentaxe que lle corresponde de acordo co financiamento que aporta. Cuarta.- O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes comprométese a: 1.- A Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura veu colaborando durante os anos 2001 e 2002 no financiamento dos estudios xeotécnicos e topográficos, dos concursos de ideas e de anteproxecto e do proxecto de execución, mediante subvencións que totalizaron un importe de 601.016,00 Euros. 2.- O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, continuará colaborando no financiamento da infraestructura de ampliación do Museo de Pontevedra, a través da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura, cunha aportación máxima de 9.103.020,00 Euros. 3.- Igualmente os técnicos da Xerencia, colaborarán conxuntamente cos técnicos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Deputación de Pontevedra en tódalas fases da realización das obras. 4.- As aportacións da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura á Deputación de Pontevedra efectuaranse a través do Programa 453ª, concepto 765 (transferencias de capital), dos seus respectivos presupostos de gastos, de acordo coa seguinte distribución: ANUALIDADE IMPORTE 2003 1.202.020,00 Euros 2004 3.500.000,00 Euros 2005 3.500.000,00 Euros 2006 901.000,00 Euros 5.- Os importes anuais aboaranse á presentación dos seguintes documentos: Anualidade 2003: - 50 % á sinatura do Convenio. - 50% á adxudicación da primeira fase. Anualidade 2004: - 50% cando a Deputación de Pontevedra certifique e os técnicos da Xerencia confirmen, a execución da obra por máis de 1.202.020,00 Euros. - 50% cando a Deputación de Pontevedra, certifique e os técnicos da Xerencia confirmen, a execución de obra por máis de 2.952.020,00 Euros. Anualidade 2005: - 50% cando a Deputación de Pontevedra certifique e os técnicos da Xerencia confirmen, a execución de obra por máis de 6.452.020,00 Euros. - 50% cando a Deputación de Pontevedra, certifique e os técnicos da Xerencia confirmen a execución de obra por máis de 8.202.020,00 Euros. Anualidade 2006: - 100% cando a Deputación de Pontevedra, certifique e os técnicos da Xerencia dean conformidade ó remate das obras da primeira fase e fora adxudicada a segunda fase. 6.- A aportación da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura non se verá afectada por ampliacións ou modificacións do proxecto que signifiquen incremento do seu compromiso financeiro. Quinta.- A Deputación de Pontevedra, comprométese a: 1.- A Deputación de Pontevedra participará no financiamento do proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra cunha aportación de 4.349.349,45 Euros (catro millóns trescentos corenta e nove mil trescentos corenta e nove euros con corenta e cinco céntimos), dos seus respectivos presupostos de gastos, de acordo coa seguinte distribución: ANUALIDADE IMPORTE 2003 1.200.000,00 Euros 2004 1.050.000,00 Euros 2005 1.050.000,00 Euros 2006 1.049.349,45 Euros 2.- Así mesmo, asumirá a realización das xestións pertinentes, perante os organismos que corresponda, para obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custes que se xeren. 3.- A Deputación de Pontevedra, como titular do Museo de Pontevedra, adxudicará as obras de ampliación e xestionará o seu posterior funcionamento, recibindo as aportacións económicas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e da Xunta de Galicia, previstas neste Convenio, cando se cumpran as condicións especificadas no mesmo. 4.- A Deputación de Pontevedra asume os dereitos e obrigas que a vixente Lei de Contratos das Administracións Públicas atribúe ós órganos de contratación, tanto na fase de contratación como de execución, recepción e liquidación das obras. Sexta.- O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo colaborarán coa Deputación de Pontevedra asesorándoa na posta en funcionamento das obras en relación coa súa adecuación ós fins previstos. Sétima.- Unha vez asinado o presente Convenio de colaboración, constituirase unha Comisión de Seguimento, formada por dous representantes de cada unha das partes, que resolverá os problemas que puideran xurdir na interpretación, desenvolvemento e cumprimento do mesmo. No caso do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, un dos representantes nomearase pola Dirección Xeral de Bellas Artes e Bens Culturais e outro pola Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos de Educación e Cultura. No que respecta ó nomeamento dos representantes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e os da Deputación de Pontevedra, estes nomearanse polos seus titulares. Oitava.- Durante o período de realización das obras, deberá situarse en lugar visible un cartel no que faga consta-la colaboración das administracións asinantes deste Convenio. Igualmente, á posta en funcionamento do centro, fixarase unha placa nos lugares de entrada na que figure dita colaboración. Novena.- Este Convenio de colaboración, estará vixente ata o remate e posta en funcionamento de ámbalas fases contempladas no proxecto e especificadas na cláusula segunda. A Deputación de Pontevedra, unha vez rematadas as obras e adquirido o equipamento, como titular do Museo, asumirá a explotación e conservación do mesmo, así como os gastos de mantemento e conservación que leve consigo. Décima.- Será causa de resolución do presente Convenio o incumprimento total ou parcial das cláusulas do mesmo. Undécima.- O presente Convenio de colaboración ten natureza administrativa, e para calquera cuestión litixiosa que se derive do mesmo, será de aplicación a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. E en proba de conformidade, suscríbese o presente convenio, no lugar e data arriba indicados, por triplicado exemplar e a un só efecto, quedando un deles en poder de cada unha das partes. POLA XUNTA DE GALICIA O Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Asdo. Jesús Pérez Varela POLO MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE O Secretario de Estado de Cultura, Asdo. Luis Alberto de Cuenca e Prado POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O Presidente, Asdo. Manuel Abeledo López A PRESIDENCIA DA XERENCIA DE INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS DE EDUCACIÓN E CULTURA, Asdo. Engracia Hidalgo Tena ------ Folla: 10.4891.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO "ENSANCHE EP PO-5102 LAMOSA- FRANQUEIRA- ACHAS (COVELO)". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN DE BENS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. Sr. Presidente.- Punto diez. Resolución de alegacións presentadas ó proxecto "Ensanche EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)". Aprobación definitiva do proxecto. Declaración de necesidade de ocupación de bens afectados. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Decir que hubo aquí dos alegaciones, se estima la alegación presentada por D. José Mª Prieto Cobas y se desestima la alegación presentada por las propietarias Doña Carmen y Doña Isabel González Estévez. Se aprueba definitivamente el proyecto, se declara la necesidad de ocupación de los bienes y derechos y se aprueba definitivamente la relación de bienes y propietarios afectados. No hay debate. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. No hay. ¿Votos a favor?. Se aprueba por unanimidad. Aprobándose inicialmente polo Pleno corporativo de 27-12-02, o proxecto de "Ensanche da EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", con presuposto para coñecemento da administración de 74.443,11 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 71.314,10 Euros e capítulo de expropiacións por importe de 3.129,01 Euros; así como a súa exposición pública, a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de bens afectados; iniciándose expediente de urxencia reseñado perante a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local; habéndose practicado exposición pública do proxecto e do expediente expropiatorio, por edicto no Boletín Oficial da Provincia nº 59 de 26-03-03; e á vista das alegacións presentadas durante o período de información pública e do informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, de 16-05-03, sobre o particular, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade o seguinte: 1.- A resolución das alegacións presentadas durante o período de información pública do proxecto "Ensanche EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", no sentido que se detalla a continuación: Finca nº 11: Propietarios: Hdros. de Domingo Prieto e Rosa Peleteiro. Estímase a alegación presentada por D. José María Prieto Cobas, en representación dos Hdros. de Domingo Prieto e Rosa Peleteiro, confirmando a titularidade sobre tal finca, polo que se procede a rectifica-la titularidade que figuraba na primitiva relación de afectados en favor de D. Antonio Rodríguez Alonso. Finca nº 9. Propietarios: Dona Carmen e Dona Isabel González Estévez. Desestímase a alegación presentada polas propietarias, con base no informe de 16-05-03, do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, no que sinala que a única superficie afectada na finca nº 9 é a de 95,50 m² de monte, sen que se afecte ningunha outra na marxe contraria da estrada que é propiedade das reclamantes. 2.- A aprobación definitiva do proxecto "Ensanche da EP PO-5102 Lamosa-Franqueira-Achas (Covelo)", con presuposto para coñecemento da administración de 74.443,11 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 71.314,10 Euros e capítulo de expropiacións por importe de 3.129,01 Euros. 3.- A declaración de necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por tal obra. 4.- A aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados que queda redactada como se detalla a continuación: Nº Finca Propietario Bens afectados 1 Constantino Lamela Prieto 22,50m² monte 2 Idem. 194 m² monte 3 Carmen e Isabel González Estévez 130,60 m² monte 4 José Araújo González 363,25 m² monte 5 Idem. 137,80 m² monte 6 Carmen e Isabel González Estévez 95,50 m² monte 7 Manuel Prieto Fernández 248,40 m² monte 8 Constantino Lamela Prieto 73,50 m² monte 9 Carmen e Isabel González Estévez 95,50 m² monte 10 José Araújo González 279,20 m² monte 11 Hdros. de Domingo Prieto e Rosa Peleteiro 15,30 m² monte Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, a partir do día seguinte á notificación do presente acordo, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o artigo 46-1º da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. ------ Folla: 11.4892.- RESOLUCIÓN DA ALEGACIÓN PRESENTADA Ó PROXECTO "EP 9205 SANXENXO-MEAÑO (MEAÑO)". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN DE BENS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto once del orden del día. Resolución da alegación presentada ó proxecto "EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Meaño)". Aprobación definitiva do proxecto. Declaración de necesidade de ocupación de bens afectados e aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Bien, en este caso la resolución de la alegación presentada por el arzobispado de Santiago de Compostela, propietaria nº 2, se desestima dado que su afección de la edificación, 74,5 metros, se entiende comprendida también en la afección del terreno sobre el que se asienta la misma, sin perjuicio de una nueva comprobación en el momento procedimental del acta previa de ocupación. Asímismo se aprueba definitivamente el proyecto, la declaración de necesidad de ocupación y la aprobación definitiva de la relación de bienes y propietarios afectados. Se procede a la votación. ¿Votos en contra?. No hay. ¿Abstenciones?. No hay. ¿Votos a favor?. Se aprueba por unanimidad. Como queira que o proxecto de "EP 9205 Sanxenxo-Meaño (Meaño)", con presuposto para coñecemento da administración de 59.836,15 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 46.773,65 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 13.062,50 Euros, aprobouse polo Pleno corporativo

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición