Fondos
2003-09-24_Ordinaria. Acta de sesión 2003/09/24_Ordinaria
Acta de sesión 2003/09/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-09-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/09/24_Ordinaria
Data(s) 2003-09-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 24 de setembro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintecatro de setembro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión do Pleno ordinario do día 24 de setembro de 2003. 1.4937.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de setembro do ano 2003. ¿Algunha intervención?. Apróbase. Acórdase por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de setembro do ano 2003. ------ Folla: 2.4938.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO "EP 9303 MEAÑO-DENA (MEAÑO)". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESIDADE DE OCUPACIÓN E APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número dous. Resolución de alegacións ó proxecto da "EP 9303 Meaño-Dena, no municipio de Meaño", aprobación definitiva do proxecto, declaración da necesidade de ocupación e aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Como queira que o proxecto "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", cun orzamento para coñecemento da Administración de 1.217.669,60 ¤, analizado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.109.688,32 ¤, e capítulo de expropiacións por un importe de 107.981,28 ¤, aprobouno inicialmente o Pleno corporativo o 31-01-03, acordándose así mesmo a súa exposición pública, a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación de bens afectados, dado que no período de exposición pública se presentaron varias alegacións de diversos propietarios, e vistos os informes emitidos polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A resolución de alegacións presentadas ó proxecto "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", segundo o seguinte detalle: A) Estima-la alegación de Dona Dolores Fontán Blanco (DNI número 76.839.557–F), no sentido de concreta-la titularidade do predio número 145 do parcelario de dita obra, que segundo a alegante non resulta ser da súa propiedade. B) Estima-la alegación de D. Honorio González Pérez (DNI número 35.241.875–X) no sentido de corrixi-la titularidade do predio número 73, pois onde figuraba como propietario D. José González Pérez, debe figura-lo alegante D. Honorio González Pérez. C) Estima-la alegación de D. Daniel Pérez Bouzada (DNI número 35.368.101-N), no sentido de que os puntos números 3, 4 e 5 da súa alegación, relativos ó valo do predio número 132 do parcelario, plantación de arboredo e horta, e cualificación urbanística do terreo, teranse en conta no momento procedemental do levantamento de actas previas á ocupación e desestimar parcialmente tal alegación en canto ó punto número 2 daquela por non resultar procedente a argumentación de tal punto. D) Estima-la alegación de Dona Dolores Alende Redondo, en representación de D. José Luis Fernández Filgueira, no sentido de que o portal de ferro existente no predio número 49 do parcelario será obxecto de reposición tal e como concreta o informe técnico emitido o 16-05-03 polo enxeñeiro técnico xefe da zona norte. E) Estima-la alegación de Dona Ana Vázquez Padín (DNI número 35.258.850), no sentido de que o valo de perpiaño, as columnas, as cancelas e o portón do predio número 99, da súa propiedade, se reporán á hora de executa-la obra, como informou o 16-05-03 o enxeñeiro técnico xefe da zona norte. F) Estima-la alegación presentada por D. Manuel Horacio Méndez Domínguez (DNI número 35.369.333-W), en representación de Dona María del Carmen Méndez Pintos, no sentido de corrixi-la titularidade do predio núm. 76 do parcelario, pois onde figuraba D. José Manuel Méndez Domínguez, como propietario, debe figurar Dona María del Carmen Méndez Pintos. G) Estima-la alegación presentada por D. Maximino Crespo González (DNI número 35.369.174-G), en representación de Dona Etelvina Feijóo Laredo, no sentido de estudia-la posibilidade de expropiación total do predio número 44, propiedade da representada, téndose en conta tal petición no momento da redacción de actas previas á ocupación. H) Estima-la alegación presentada por Dona Carmen Núñez García (DNI número 76.851.141-E) no sentido de que o carácter inservible da edificación non afectada, na parcela número 134 da súa propiedade, terase en conta no momento de redacta-las actas previas á ocupación, sen prexuízo da súa comprobación in situ, como sinala o informe técnico de 05-05-03. I) Estima-la alegación presentada polo Ilmo. Concello de Meaño, no sentido de modifica-la titularidade do predio número 90 a nome de Dona Esther Padín Pérez (DNI número 35.382.786) e do predio número 79 a nome de Dona Eladia Sineiro Padín (DNI número 35.421.916). 2.- Aprobación definitiva do proxecto "EP 9303 Meaño-Dena (Meaño)", con orzamento para coñecemento da Administración de 1.217.669,60 ¤, analizado en orzamento de execución por contrata por un importe de 1.109.688,32 ¤, e capítulo de expropiacións por un importe de 107.981,28 ¤. 3.- Declaración de necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados por tal obra. 4.- Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados, segundo o seguinte detalle. NÚMERO DE PREDIO PROPIETARIO BENS AFECTADOS 022 ARTURO GÓMEZ MUÑIZ 1 ud. de cancela de ferro 8,93 m2 de valo de formigón 5,90 m2 de terreo destinado a xardín 023 EDELVINA BARREIRO CACHAFEIRO 2 uds. de columna de pedra 15,10 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 024 JOSÉ CASTRO MÉNDEZ 58,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 025 DOLORES PADÍN BESADA 70,30 m2 de terreo destinado a labradío 026 ARTURO GÓMEZ MUÑIZ 35,20 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 027 JOSÉ FELICIANO RODIÑO GONZÁLEZ 16,60 m2 de valo de pedras mampostas 195,10 m2 de terreo destinado a inculto 028 DOLORES PADÍN BESADA 2 m2 de valo de cachote 100,70 m2 de terreo destinado a inculto 33,60 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 11,70 m2 de terreo con pavimento de formigón 029 ROSALINO FONTÁN IGLESIAS 86,30 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 030 AMANCIO GARCÍA DOMÍNGUEZ 323,60 m2 de terreo destinado a labradío 031A ANGÉLICA AGÍS GARCÍA 9,80 m2 de terreo destinado a labradío 032 DOLORES PADÍN BESADA 6 ud. de árbore (ameneiro) 560 m2 de terreo destinado a labradío 043 ISAURA IGLESIAS QUINTEIRO 10,10 m2 de terreo destinado a labradío 044 EDELVINA FEIJOO LAREDO 449,20 m2 de terreo destinado a labradío 045 ROSALINO FONTÁN IGLESIAS 91,40 m2 de terreo destinado a labradío 046 MANUEL MEIS ÁLVAREZ 56,40 m2 de terreo destinado a labradío 047 DELIA NAVEIRO MUÑIZ 72,25 m2 de terreo destinado a labradío 048 CARLOS DOMÍNGUEZ GARCÍA 20,45 m2 de terreo destinado a inculto 049 JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ FILGUEIRA 1 ud. de cancela de ferro 2 uds. de portal de ferro 30,20 m2 de valo de perpiaño con balaustrada de ferro 7,40 m2 de valo de perpiaño con postes de pedra 66,96 m2 de valo de contención de pedra mamposta 11,50 m2 de terreo con pavimento de formigón 96,20 m2 de terreo destinado a labradío 050 MANUEL RADIO BARBEITO 1,34 m2 de valo de bloques 288,60 m2 de terreo destinado a labradío 051 ANA MARÍA BESADA FONTÁN 25,70 m2 de terreo destinado a labradío 052 JOSÉ SOUTO DOMÍNGUEZ 18,50 m2 de terreo destinado a viñedo 102,30 m2 de terreo destinado a labradío 053 ROSALINO FONTÁN IGLESIAS 87,60 m2 de terreo destinado a inculto 054 CARMEN MÉNDEZ PINTOS 2 uds. de columna de pedra 5,50 m2 de valo de perpiaño 78,00 m2 de terreo destinado a viñedo 500,50 m2 de terreo destinado a inculto 055 ISIDORO FONTÁN IGLESIAS 52,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 056 CARMEN FONTÁN IGLESIAS 15,30 m2 de invernadoiro plástico 21,95 m2 de terreo destinado a inculto 059 MODESTO BARREIRO MARTÍNEZ 42,10 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 060 ALICIA VILA SOUTO 362 m2 de terreo destinado a viñedo 140 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 061 CARMEN FONTÁN IGLESIAS 55,60 m2 de terreo destinado a labradío 062 ISIDORO FONTÁN IGLESIAS 51,20 m2 de terreo destinado a labradío 063 ELÍAS GARCÍA BARREIRO 92,40 m2 de terreo destinado a viñedo 065 ISAURA CARBALLA GARCÍA 69,10 m2 de terreo destinado a viñedo 066 AMANCIO GARCÍA DOMÍNGUEZ 3 uds. de arbusto (ornamental) 50 m2 de terreo con pavimento de formigón 127,61 m2 de terreo destinado a labradío 067 MANUEL NOVOA AROSA 68,65 m2 de terreo destinado a labradío 068 AMANCIO MUÑIZ MELÓN 12,10 m2 de terreo destinado a inculto 54,20 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 069 CARMEN MUÑIZ TORRES 10,20 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 070 BENITO LAGE FERREIRO 1 ud. de columna de formigón 3,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 12,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 35,30 m2 de terreo destinado a labradío 071 EDELVINA BARREIRO CACHAFEIRO 49,10 m2 de terreo destinado a viñedo 072 ELÍAS CASTRO GARCÍA 14,20 m2 de sebes buxo 1,90 m2 de balaustrada de pedra 9,45 m2 de valo de contención de pedra mamposta 27,60 m2 de terreo destinado a inculto 20 m2 de terreo con soleira de pedra 6,15 m2 de terreo destinado a xardín 13,95 m2 de terreo destinado a horta 073 HONORIO GONZÁLEZ PÉREZ 53,90 m2 de terreo destinado a inculto 28,80 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 074 JOSEFA CRESPO GONZÁLEZ 25,80 m2 de terreo destinado a inculto 16,20 m2 de terreo destinado a viñedo emparrado 075 VICTOR AROSA CONDE 35 m2 de terreo destinado a inculto 32 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 076 Mª. DEL CARMEN MÉNDEZ PINTOS 15,10 m2 de terreo destinado a inculto 23,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 077 MARÍA LUISA OTERO SERÉN 15,30 m2 de terreo destinado a inculto 23,40 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 078 DOLORES MÉNDEZ LAREDO 1 ud. de árbore (piñeiro) 2 uds. de árbore (carballo) 44,25 m2 de terreo destinado a inculto 079 ELADIO SINEIRO PADÍN 1 ud. de árbore (piñeiro) 42,70 m2 de terreo destinado a inculto 080 MARÍA SINEIRO PADÍN 8 uds. de árbore (piñeiro) 48,40 m2 de terreo destinado a inculto 081 MARÍA CACABELOS VIDAL 1 ud. de árbore (piñeiro) 28,70 m2 de terreo destinado a inculto 085 FERNANDO CASTRO SEOANE 1 ud. de columna de pedra 8,80 m2 de valo de pedras mampostas 10,15 m2 de terreo destinado a inculto 086 VICTORIA GÓMEZ TORRES 8 uds. de columna de formigón 16,60 m2 de terreo destinado a inculto 088 ADOLFO MÉNDEZ MÉNDEZ 8 m2 de terreo destinado a inculto 089 JOSÉ DOMÍNGUEZ PADÍN 17,60 m2 de terreo destinado a labradío 090 ESTHER PADÍN PÉREZ 70 m2 de terreo destinado a inculto 091 ADOLFO MÉNDEZ MÉNDEZ 442,60 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 092 RAFAEL BASDEDIOS GÁNDARA 40,90 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 093 ÁNGEL ÁLVAREZ CASAL 31 m2 de terreo destinado a inculto 094 LUCIANO SOUTILLO LIMERES 29,30 m2 de terreo destinado a inculto 095 LUCIANO SOUTILLO LIMERES 17,70 m2 de terreo destinado a inculto 13,30 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 096 MARÍA DOLORES DOMÍNGUEZ PÉREZ 14,30 m2 de terreo destinado a inculto 13,90 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 097 J. MANUEL RODRÍGUEZ AROSA 1 ud. de árbore (froiteira) 3 uds. de valo de contención cachote 5,90 m2 de valo de contención de pedra 81,50 m2 de terreo destinado a inculto 098 GLORIA MÉNDEZ MÉNDEZ 5,80 m2 de valo de contención de pedra 35,60 m2 de terreo destinado a inculto. 49,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 099 GLORIA MÉNDEZ MÉNDEZ 1 ud. de portal de ferro 2 uds. de cancela de ferro 9 uds. de columna de pedra 14 m2 de valo de perpiaño con postes de pedra 16,60 m2 de terreo con pavimento de formigón 24,15 m2 de terreo destinado a xardín 11,15 m2 de terreo destinado a inculto 100 MANUEL LUIS GÁNDARA PONTES 4 uds. de columna de formigón 3,40 m2 de valo de bloques 60,70 m2 de terreo destinado a xardín 101 FRANCISCO COUSIDO DOMÍNGUEZ 1 ud. de arbusto (ornamental) 1 ud. de cancela de ferro 2 uds. de portal de ferro 22,90 m2 de valo de perpiaño con postes de pedra 24,90 m2 de terreo destinado a xardín 31,10 m2 de terreo con pavimento de formigón 19,50 m2 de terreo destinado a horta 102 CONSUELO GONZÁLEZ PADÍN 2 uds. de cancela de madeira 1 ud. de marquesiña de entrada 20,40 m2 de valo de contención formigón 11,20 m2 de balaustrada de pedra 2,50 m2 de escaleira 86,80 m2 de terreo destinado a inculto 84,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 25,30 m2 de edificación (soto) 103 PORFIDIO PADÍN CASAL 1,20 m2 de valo de contención cachote 1,50 m2 de valo de bloques con malla de arame 74 m2 de terreo destinado a inculto 104 CARMEN PONTES CASTRO 1 ud. de árbore (carballo) 119,30 m2 de terreo destinado a inculto 105 JOSÉ PONTES CASTRO 58,20 m2 de terreo destinado a inculto 122 m2 de terreo destinado a viñedo 106 AMANCIO PONTES CASTRO 187,70 m2 de terreo destinado a inculto 107 JOSÉ MANUEL PÉREZ MÉNDEZ 3 uds. de columna de pedra 10,20 m2 de xardineira de pedra con balaustrada de ferro 1,25 m2 de valo de bloques 18,10 m2 de valo de perpiaño 99,60 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 7,50 m2 de terreo destinado a xardín 3,50 m2 de terreo con pavimento de formigón 44,80 m2 de terreo destinado a inculto 108 PASTORA DOVALO DOMÍNGUEZ 26,40 m2 de terreo destinado a inculto 109 MARÍA CACABELOS VIDAL 16,90 m2 de terreo destinado a inculto 110 PASTORA DOVALO DOMÍNGUEZ 147,90 m2 de terreo destinado a inculto 32 m2 de terreo con pavimento asfaltado 45,70 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 111 MARÍA CACABELOS VIDAL 3,70 m2 de terreo destinado a inculto 112 CARMEN CASTRO RODIÑO 155,70 m2 de terreo destinado a inculto 59,10 m2 de terreo destinado a viñedo 113 JUAN NOYA VARELA 50,30 m2 de terreo destinado a inculto 115 MANUEL MÉNDEZ MEIS 4 m2 de terreo destinado a inculto 3,70 m2 de terreo con pavimento de formigón 5,60 m² de beirarrúa 116 CARMEN CASTRO RODIÑO 4 uds. de árbore (carballo) 147 m2 de terreo destinado a inculto 19,50 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 117 ROBUSTIANO FARIÑA DOPAZO 95,20 m2 de terreo con pavimento de formigón 118 JAVIER MUÑIZ PORTELA 1 ud. de cancela de ferro 3 uds. de columna de pedra 37,40 m2 de valo de pastas 122,80 m2 de terreo destinado a inculto 119 JOSÉ MANUEL PÉREZ MÉNDEZ 8 uds. de columna de pedra 41,50 m2 de valo de perpiaño 45,60 m2 de terreo destinado a labradío 120 PASTORA DOVALO DOMÍNGUEZ 11,20 m2 de terreo destinado a inculto 4,80 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 121 VICTORIA CRESPO POCEIRO 23,60 m2 de terreo destinado a albariño 189 m2 de terreo destinado a labradío 122 VICTORIA CRESPO POCEIRO 1 ud. de portal de ferro 2 uds. de columna de pedra 54,96 m2 de valo de perpiaño 49,80 m2 de valo de contención pedra mamposta 15 m2 de valo de contención de cachote 21,90 m2 de terreo con pavimento de formigón 176,70 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 125 CÁNDIDO GARCÍA BARBEITO 29,10 m2 de terreo destinado a labradío 126 PORFIDIO PADÍN CASAL 74 m2 de terreo destinado a labradío 132 DANIEL PÉREZ BOUZADA 19,65 m2 de valo de bloques con malla de arame 86,20 m2 de terreo destinado a inculto 133 JUANA MORGADE PÉREZ 1 ud. de cancela de ferro 1 ud. de portal de ferro 2 uds. de columna de pedra 4,20 m2 de terreo con pavimento de formigón 14,40 m2 de edificación (galpón) 134 CARMEN MUÑIZ GARCÍA 143,44 m2 de valo de contención de pedra mamposta 31,45 m2 de valo de pastas 658,70 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 117,80 m2 de terreo destinado a inculto 10,20 m2 de edificación (alpendre) 64 m2 de edificación (casa) 140 JOSÉ-VICENTE POCEIRO CACABELOS 169,70 m2 de terreo destinado a labradío 141 VICTORIA CRESPO POCEIRO 106,40 m2 de terreo destinado a viñedo albariño 145 DESCOÑECIDO 47,40 m2 de terreo destinado a labradío 146 DOLORES MORGADE PÉREZ 45,20 m2 de terreo destinado a labradío 147 MARÍA DEL PILAR PÉREZ CRESPO 3 uds. de columna de pedra 4 m2 de balaustrada de pedra 2,10 m2 de valo de perpiaño 4,60 m2 de valo de bloques 19,55 m2 de valo de perpiaño con postes de pedra 16,40 m2 de terreo con pavimento de formigón 126,65 m2 de terreo destinado a viñedo 74,05 m2 de terreo destinado a labradío Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación deste acordo, ou ben un recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determina o art. 46-1, da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa". ------ Folla: 3.4939.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "ENSANCHE E MELLORA DA EP PO-400 A ESTACIÓN (AS NEVES)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA [expropiación] Sr. Presidente.- Punto número tres. Aprobación inicial do proxecto "Ensanche e mellora da EP PO-400 A Estación (As Neves)", exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación e ó mesmo tempo solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Estivemos como é a nosa obriga mirando con relativa calma este proxecto, e para a nosa sorpresa topámonos cunha serie de problemas bastante graves que queríamos expoñer e que se resolvera se é posible, porque senón o asunto, esta ampliación vai ser francamente desafortunada. Eu non sei se pola cuestión de que é un convenio co concello se forzaron tremendamente, se forzou tremendamente o proxecto para que a aportación municipal fora moi baixa, de feito sobre 544.000,00 Euros, pois a aportación municipal son 77.000,00, unha cifra dun 12, 13%, baixisima, que se intenta xustificar, ... dúas partidas e demais. Repito, non sei se é por eso, pero o que si é certo é que sae un proxecto no que sobre unha sección de 12 metros só as beirarrúas teñen 1,50 e dentro deso van os báculos de iluminación, e non sei se alguén, supoño que todo o mundo será consciente de que eso non cumpre os mínimos que fixa a Ley de Accesibilidade, non se cruzan dous carriños, non se cruzan dous sen as rodas, non se cruzan dúas persoas con paraugas, xa non digamos no sitio no que están as farolas, e a cambio pois se mete un arcén de 1m., tamaño estrañísimo dun arcén porque non vale para parar nin deixa de dar, onde sobra ancho a cada un dos carrís de 3,50 que xa é un ancho xeneroso para unha estrada deste tipo. Bueno, como detalle anecdótico por exemplo non aparece pintado ningún paso de cebra, nun sitio poboado, aparece unha fotocopia dun rebaixe que nun 50 imposible que funcione, dun rebaixe para un acceso, pero unha fotocopia, nin tan sequera un diseño orixinal, non aparece pintado na planta lonxitudinal ningún, nin tan sequera no tipo nin nos detalles, non aparece ningún paso de cebra, non se sabe onde van a ir colocados, se é que van, en principio non hai ningún previsto polo menos na planimetría do proxecto, etc., etc. Entón non parece que a estas alturas sexa correcto realizar un proxecto deste tipo que despois dentro de catro días pois seguramente haxa que reformar, para que salga algo, evidentemente se estivemos falando dunha sección de 9 metros, pois mire non dá máis, se lle metemos 3,20 a cada carril pois non dá máis, dá unha beirarrúa de 1,50, bueno pois mellor unha de 1,50 que nada. Pero non estamos falando deso, estamos falando dunha sección de 12 metros que dá de sobra para facer unhas beriarrúas de 2,50 e xa algo que poida como mínimo, como mínimo cumprir, ou sexa, que se poidan cruzar dous carros da compra ou de nenos e xa non digamos dous de minusválidos ou dúas , ou dúas persoas con paraugas. Co cal pois nos mete nunha, temos dúas dúbidas creo que moi razonables e que se poden entender perfectamente, unha, que o Convenio co Concello parece un pouco estraño, no sentido de que o Concello soamente aporta ese 12%, pero bueno, non nos vamos, está máis ou menos xustificado, en fin, forzándoo moitisimo para que poña moi pouco, pero bueno, en fin, habería que corrixilo e facelo ben. E dúas, que o proxecto se modifique e como mínimo, xa que se pode, se non se pudera non habería máis remedio evidentemente, se a sección fora distinta non habería máis remedio, pero bueno xa que se pode e se pode incluso relativamente ben pois cumpra a Lei de Accesibilidade e se fagan unhas beirarrúas que poidan prestar un servicio con certa perspectiva de futuro, de actualidade e de futuro e non dentro de catro días que obrigarán como é lóxico a estas se cumpran e entón hai que modificalas outra vez e demais. Entón se se corrixen estas cuestións, tanto axusta-lo Convenio como e fundamentalmente o do proxecto pois apoiaríamolo como fixemos en Comisión, caso contrario pois absteríamonos e alá vostedes coa súa responsabilidade. A obra hai que facela pero dende logo así non parece o mellor procedemento, inclusive, xa digo, non xa só conceptualmente, non xa só en canto ó que significa senón incluso porque se está saltando a normativa en vigor dunha maneira absolutamente inútil porque así habería posibilidades de facela correctamente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Dúas preguntas antes de intervir que quixeramos que nos respostara o Presidente da Comisión de Vías e Obras. A primeira, si, dúas preguntas antes de intervir. A primeira é que se nos aclare por que razón o que é a urbanización en si significa soamente a oitava parte do total da obra, é dicir, é a primeira vez que aparece nun proxecto nesta Deputación con esas diferencias; e a segunda, que é unha cuestión anecdótica por así dicilo, pero é que a min chocoume moitisimo, é a primeira vez que miro nun informe sobre o proxecto, que se informe dicindo que se está de acordo co proxecto salvo vicios ocultos, eu ese tipo de coletillos téñoo mirado en obras, nun informe sobre un proxecto é a primeira vez, quixera que o Presidente da Comisión, se o sabe, se mo pode aclarar. Sr. Presidente.- Si, Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Si. Bos días a todos. Vamos a ver, este proxecto é un proxecto que se fixo aquí na casa, fixéronno os técnicos de Vías e Obras, como tantos outros proxectos sobre os gastos de urbanización quero dicir que é igual para todos, é dicir, eso é igual para todos o que pasa que o Concello paga o 50% do que son os gastos de urbanización, entendendo que unha urbanización aparte da urbanización non o total do proxecto senón é dicir, o Concello non entra a paga-lo asfaltado do que é a parte viaria, é dicir, os sete metros eses e non entra tamén no tema de expropiacións, é dicir, que o Concello coma en tódolos casos que se fixeron aquí convenios paga o 50% dos sumidoiros, da auga, da traída de auga e máis do que é a colocación de bordillos e beirarrúas, polo tanto, ese é o 50% que paga o Concello, pero non é neste caso das Neves só, senón que é igual en todos. ¿Que ocurre?. Que eu non coñezo polo miúdo este proxecto, xa o dixen na Comisión Informativa, é dicir, foi un proxecto que fixeron os técnicos da casa, podemos velo se queren vostedes, pero en todo caso trátase da declaración de utilidade pública e da solicitude á Xunta de Galicia, é dicir, cando se aprobe o proxecto definitivamente virá aquí, podemos ver todos eses temas polo miúdo e eu dependendo do que diga o Presidente, como se se quere deixar pendiente sobre a Mesa para ver eses pormenores. En todo caso dicir que con respecto ós gastos de urbanización non é de estrañar que o Concello non pague o 50% porque non é en ningún caso, non é só nesto. Logo sobre o tema de vicios ocultos Sr. González, dicirlle que bueno eso póñenno, esa coletilla lévaa sempre, vicios ocultos obviamente non se refire a nada raro, se refire que cando se está executando as obras pois xurden imprevistos que non se saben, pois acometidas que pasan por onde non debían pasar, cousas que hai enterradas, incluso o propio drenaxe do solo moitas veces e entón eso é ó que se refire vostede, sábeo perfectamente, o tema de vicios ocultos. Non é ningún vicio raro por así dicilo. Así que Sr. Presidente, eu como vostede diga, pódese deixar pendiente pero en todo caso aquí soamente é a solicitude de utilidade pública á Xunta de Galicia, o cal quere dicir que aínda estamos nun proceso suficientemente a tempo para poder aclaralas dúbidas que vostedes teñan, que eu comprométome a aclaralas porque como digo non coñezo o proxecto polo miúdo, dou por sentado que é un proxecto estandar dunha vía provincial en Convenio cun Concello e froito dese Convenio precisamente. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias. Bueno, non vou a entrar nas contas da urbanización que xa sei como é o criterio pero non me saen as contas, míreas pero non me saen, pero bueno, é igual, xa habería que miralas, non vamos a entrar porque eso haberá tempo a miralo, o Convenio está asinado e non saen as contas. Agora, se é un proxecto estandar entón peor mo pon, peor mo pon. Por certo non aparece en ningún sitio a xustificación da eliminación de barreiras e máis. Pero non estamos soamente motivando a urxencia, senón que estamos aprobando inicialmente o proxecto, pero despois vai a exposición pública, non lle podemos meter ningunha modificación susbtancial senón tería que ir outra vez a exposición pública. Polo tanto, non estamos só en eso. Pero repito, evidentemente si se poden facer modificacións posteriores, e eu non tería, vamos nós non teríamos ningún problema en facelo. Simplemente chama-la atención que é o que pretendemos neste momento, de que se debería ter moito máis coidado con este tipo de proxectos, porque en fin, despois xa sabemos o que sucede, despois hai que andar refacendo ou ben non cumpren indefinidamente cunha normativa que está aí e que creo que é absolutamente xusta. Eu tamén podo entender, que non coñecen o proxecto, e tamén podo entender digamos da accesibilidade, da eliminación de barreira, pois en certos sectores dos técnicos pois costa, teñen outras preocupacións e polo tanto é unha máis que lle dificulta o seu traballo, pero creo que si había que facer un esforzo neste sentido e polo tanto pois bueno, estamos ó que vostedes digan, se queren retiralo, senón absteríamonos e modifícanno despois. Pero o que si creo que habería que ter un debate moi serio e unhas instruccións moi claras, moi claras por parte da Corporación, do grupo de goberno, para a elaboración de novos proxectos para que realmente cumpriran con este. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias vamos a retirar entón o proxecto. Sr. González Iglesias.- Si, home eu estou encantado que o retiren porque dificilmente se pode debatir sobre un proxecto que non se coñece Sr. Crespo, dificilmente, e vostede non é que o coñeza por riba, como dixo, non, non, é que non mirou nin a carátula do proxecto. Eu invítolle a que a mire a ver se de verdade é dos técnicos da casa ou non. E a que de paso invítoo, diga aí de quen é o proxecto, dificilmente o Presidente da Comisión de Vías e Obras, responsable dun tema, pode estar dicindo unha cousa dese tipo cando, volvo a repetir, invítoo a que o mire e a que diga publicamente de quen é o proxecto, en todo caso a que nos aclare, que ó mellor nolo aclara a todos, entón cal é a razón de que no Convenio figure que os gastos do proxecto son con cargo á obra. Pero invítolle a que mire ese tema. Sr. Presidente.- Sr. González Iglesias. Bueno, dicirlle que este proxecto, o financiamento e todo estaba previsto na Corporación anterior da cal formamos parte todos os que estamos aquí, dito sexa de paso, polo tanto el nese momento non era o responsable dese tema. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- En todo caso aínda que non fora o responsable daquela como se o fora, dame exactamente igual. Mire vostede, eu aquí nesta casa loxicamente non miro os proxectos que hai de Vías e Obras polo miúdo, dou por sentado que os proxectos que afectan a vías provinciais, temos un equipo de técnicos perfectamente demostrada a súa competencia, como para poder fiarnos deles. Polo tanto se eu non coñezo o proxecto polo miúdo, non coñezo ningún proxecto polo miúdo salvo que estea eu na mesma execución do mesmo, que non é o caso. Eu simplemente son o responsable político de Vías e Obras, non vexo os proxectos polo miúdo que para eso están os técnicos da casa e cando hai algún tipo de disquisición pois arranxámolo entre todos. En todo caso, dicirlles ós dous grupos da oposición que non hai inconvinte ningún en que o quitemos e o metamos no próximo Pleno para aclarar esas dúbidas que teñan, pero sepan vostedes de que en tódolos sitios que se fan os Convenios os Alcaldes respectivos, sexa quen sexa, incluídos os que son do PSOE e do BNG, intentan que a parte do Concello sexa a máis mínima posible e eso é perfectamente lexítimo e é o que ocurre aquí. É dicir, o Concello das Neves intenta paga-lo menos posible. E eso é perfectamente lexítimo, polo tanto non hai que estrañarse desas actitudes. Veñen aquí, loxicamente defenden o seu, defenden e incluso é a súa obriga. En todo caso veremos eses detalles, pero Sr. Mosquera, vostede que coñece a Administración por dentro, non faga comentarios como que lle falta un paso de cebra, por favor, vostede sabe como se adxudica un proxecto, se un proxecto ten que levar, home, efectivamente mellor era que o proxecto levara pintado alí o seu paso de cebra, pero sabe vostede que sobre a marcha, para eso hai un Director de obra, cousas tan mínimas como é pintar un paso de cebra non ten que ir necesariamente no proxecto aínda que despois se faga, ou aínda que incluso despois se cambie de sitio. Sabe vostede que un Director de obra non ten capacidade para cambiar partidas importantes pero si para poñer un paso de cebra e si para arranxar certas outras cousas. En todo caso vostedes parece como se neste proxecto viran algo raro e simplemente sepan vostedes que é un froito dun Convenio que se asinou entre o Concello e a Deputación no anterior mandato e non ten máis segredo que eso, non hai ningún segredo. En todo caso veremos o tema do gasto da variación co técnico diante, para que o defenda o técnico, que dalgunha maneira ten que ver co tema, porque Sr. Emilio, eu si sei quen fixo o proxecto, non lle quepa a menor dúbida, e vostede tamén o sabe, e vostede tamén o sabe. Deixámolo pendiente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu creo que non fan falta máis intervencións, non, Sr. Mosquera, é que vamos a ser xenerosos con vostede Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non vamos a ser xenerosos con nada, repito é unha decisión súa porque acaban de darse conta que o proxecto está moi verde. Ben, primeira cuestión, é dicir, non hai nada contra este proxecto como saben que non hai nada contra ningún, non hai nada, que quede claro. Segunda cuestión, Sr. Crespo, meterse a discutir, sacar do contexto, paso de cebra, non, paso de cebra, pero si hai por exemplo, si, claro, pero é que vostede non veu o proxecto, acaba de dicilo, e resulta que por exemplo si nos pinta como van se-las frechas de orientación do tráfico, nos pinta eso e resulta que do outro non hai nada, eu quero dicir, porque non ten sucedido só en este senón que ten sucedido noutras que executamos e que temos, por non miralos témolos avalado, que teñen graves deficiencias en canto a cesións, en canto a eliminación de barreiras, en canto a accesibilidade, e neste caso é clamoroso, e se vostedes, repito, se vostedes se comprometen a que na exposición pública modificalo e demais, por nós non hai problema en que sigan adiante. Xa sabemos como van os proxectos e díxenno antes, que quede clarisimo, agora, creo que si hai que facer tal, e nin tan sequera os estou culpando a vostedes, no sentido de que se fan esa delegación de non supervisa-los proxectos, que é razonable, é unha maneira de funcionar como outra calquera, aínda que despois poida te-los seus problemas, pois entón si se preocupen de da-las instruccións de que os proxectos teñen que cumprir cunha serie de condicións sempre que se poida, que é o que lle dixen eu, entón non saque as cousas de contexto, parece que estamos aquí, en fin, dicindo que esto é un desastre, bueno, o proxecto está mal, evidentemente, pois se vostedes o queren corrixir sobre a marcha apróbenno, nin tan sequera vamos a votar en contra, vamos a absternos, xa o anunciei antes e se queren estudiar a fondo a cuestión das seccións, a cuestión dos pasos, da accesibilidade, tratamento de cruces, etc., etc., e darlle instruccións claras, que aparecen publicadas, non hai ningún problema, polo Ministerio de Fomento e demáis. Se queren dar instruccións claras pois teñen toda a nosa colaboración para dalas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, inconcebible, absolutamente inconcebible, que o responsable político da Comisión Informativa de Vías e Obras, non sepa que o proxecto non está feito polos técnicos da casa e que ademais sígoo dicindo aquí. Por eso lle invitei antes, antes de que falara, inviteino, diga vostede quen fixo o proxecto, miraba a carátula, pedía desculpas e xa está, non pasa nada. Pero é que resulta que non son os técnicos da casa, polo menos o firma un técnico externo, o firma, non tiña ningunha doblez para nada a pregunta de antes, para nada a tiña. O firma un técnico externo, encargado polo Concello das Neves, é dicir, é moi duro, é dicir, me parece moi ben, me parece perfecto que o retiren, non podía ser doutro xeito, gracias. Sr. Presidente.- Bueno, Sr. González Iglesias quérese quedar co tema. Polo tanto Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, quédese vostede co autor do proxecto, non hai ningún problema. Simplemente dicirlle que nunha vía provincial os nosos técnicos supervisan os proxectos, faltaría máis, faltaría máis, polo tanto é normal, é normal que os técnicos da casa que se hai un proxecto feito simplemente se limiten a mira-las condicións que cumpra a Deputación a súa parte. En todo caso os proxectos que se fan en Convenio teñen todos o mesmo defecto, e é que intentan poñerlle ó Concello a mínima aportación e eso xa dixen antes que é lexítimo. Non discutamos máis o tema. Ben o técnico de Vías e Obras explicarállelo, non se preocupen, para eso están. Sr. Presidente.- De acordo. Gracias Sr. Crespo. Polo tanto o punto número tres da orde do día retírase ata a examinación total do mesmo. Retírase da orde do día o punto número tres, en relación coa aprobación inicial do proxecto "Ensanche e mellora da EP PO-400 A Estación (As Neves)", a exposición pública do mesmo, a declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, e a solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ------ Folla: 4.4940.- SEXTO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto número catro. Sexto expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, esto é o conto de nunca acabar. Vamos pola sexta modificación gorda, non é que estemos en contra das modificacións pero este número parece un tanto excesivo. De tódalas maneiras para non darlle especial, vamos, alargar esto inutilmente, dúas cuestións: a primeira, reiterar, que xa está reiterado non sei cantas veces, pero unha vez máis, espero que sexa certo desta vez, a nosa queixa formal de que haxa esta doble contabilidade por chamarlle dalgunha maneira, si, si, entón nos papeis que nos dan a nós, aparece pois suplemento, aparece pois outras obras, podemos ir mirando por aquí, cando todo o mundo sabe que no expediente completo, ó que nós non temos acceso, pon pois cartos para tal obra, tal obra, tal obra e tal obra, ou para Convenio co Concello tal, cual, etc., estamos sempre na mesma. Podemos mirar por aí, bueno xa coñecen de sobra polo tanto non ten, pon, que sei eu, promoción Cultura, 330.000 Euros, suponse que será, está no capítulo 7º, será unha transferencia moi determinada, ou máis dunha, algunha non, algunha entidade ou administración que é o que significa o capítulo 7º, pero aquí é imposible, mire vostede, o que queira, que é imposible topar máis que transferencias en xeral ou o que sexa. Entón, non parece, inversións xestionadas por convenios, ala, busque vostede agora onde lle pareza para descubrir eso, e a verdade é que non parece moi de recibo despois de reiteradas promesas, despois de reiteradas promesas de que esto se ía a corrixir, que sigan, que sigan, parece que hai unha tecla, por exemplo 330.000 Euros, non estamos falando de 6 pesetas, exactamente aparece "outras transferencias", "outras", 330.000 Euros. Ben, agora, vamos, máis claro, e seguimos sempre igual despois da promesa feita reiteradas veces de que esto se ía a corrixir, co cal pois vamos ter que monta-los grupos da oposición un sistema de investigación dentro da casa, non sei un pirata informático se cadra para que lle faga salta-la clave e, non sei, logremos algo dese tipo, porque promesas de que esto se ía a corrixir hai as que queira, por escrito e non sei, é imposible, é imposible, a ver se o damos corrixido dunha vez. En todo caso explíquenos para que é, máis ou menos xa o sabemos, pero a información que vemos nos papeis non estou disposto a usala, explíquennos vostedes para que é cada unha das cousas porque senón quedaremos como estamos. E despois, que bueno, reiteramos o de sempre, no debate dos presupostos pois aquí hai unha serie, incluso ás veces unha serie de emendas ou propostas nosas que vostedes din, bueno, que non aceptan, e incluso van a incorporar en sucesivas modificacións, etc., que ó final pois non se incorporan seguen coa mesma filosofía presupostaria, como estivemos en contra desa filosofía presupostaria e máis do tipo de execución, evidentemente mantemos esa postura porque non hai ningún cambio e polo tanto votaremos en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, bueno estamos outra vez máis diante doutra modificación, doutro expediente, que é un expediente habitual xa en tódolos Plenos deste ano, é dicir, eu creo que excepto o mes das eleccións que non houbo Pleno e o mes de xaneiro, houbo expedientes absolutamente en tódolos Plenos. E efectivamente, é algo que está dentro da legalidade e que se pode facer sen ningún problema, etc. Pero, home, o remanente de Tesourería sábese dende o principio, non se pode estar utilizando mes a mes como se está utilizando aquí e onde curiosamente, é dicir, se vamos a ver partidas que se incrementaron expediente a expediente, hai algunhas concretas que se incrementaron pois na mitade dos expedientes polo menos. Hoxe vén unha delas, é dicir, no Plan de Acción Municipal se incrementa 600.000 Euros máis, que non é malo, pero claro, que pasa, é que cando se abre o Plan de Acción Municipal ós Concellos, os Concellos fan peticións, xa se dotou dúas veces máis esa partida, esta é a segunda vez, e aí non se volve a abrir de novo, é dicir, aí se utiliza a técnica de que dea a subvención o Presidente a quen lle pete. Entón nós non estamos loxicamente por avalar ese tipo de cuestións, e porque dificilmente, dificilmente se pode entender que un presuposto feito para o ano estea sofrindo modificacións, como dicía antes mes a mes, en cuestións como persoal, como bens correntes, etc., etc., pode haber unha cuestión puntual, pois, miren, dunha inversión urxente etc., etc., pero cuestións deste tipo e nestes calibres dificilmente. De tódolos xeitos a min me gustaría que o Presidente da Comisión nos aclarara máis ou menos as partidas significativas. E concretamente voulle a facer unha pregunta dunha concreta, é dicir, a transferencia de 150.000 Euros ó Padroado Rías Baixas, ¿é a do Celta?. Se é así hai que ser valientes e dicilo, non ten ningún problema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Iglesias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- É dicir, as modificacións de crédito eu creo que se fan en case tódolos Concellos. Mire, falan vostedes de que é o conto de nunca acabar, nun Concello que goberna o BNG-PSOE ou PSOE-BNG, o próximo luns hai un Pleno, ¿sabe que número de modificación de crédito levan?. A 63, non a 6ª, a 63. Bueno, pois tome nota, pregúntelle ós seus compañeiros como se fai eso, levan a 63, é dicir, non a 6, nós aínda non lle temos un 3, eles teñen un 3 por detrás, polo tanto, home, que se fixeran aquí seis modificacións de crédito pois eu creo que ata é razoable, é dicir, entra dentro do normal, eu creo que do normal non, eu creo que en poucas administracións se fan tan poucas modificacións de crédito. Polo tanto quédense co dato, 63 modificacións de crédito nun Concello onde goberna BNG-PSOE o próximo luns ó Pleno. E non só eso cun importe total neste ano de 22.633.000 Euros, eses son os importes de tódalas modificacións de crédito durante estes nove meses de goberno. Pero mire, aquí hai dúas actitudes políticas ou dúas vontades políticas, nesta modificación de crédito. Nós loxicamente podíamos esperar un presuposto, hai demandas de Concellos, demandas de colectivos, podíamos esperar ó próximo presuposto do 2004, pero a vantaxe que ten esta Administración e sobre todo os novos que chegamos aquí, é que está moi saneada, é dicir, que ten uns números que loxicamente a calquera que vimos doutras Administracións nos sorprende positivamente e isto dá pois certa facilidade política para seguir facendo inversións, para seguir atendendo ás demandas dos veciños que ó final ten que ser o obxectivo de todos os que nos sentamos aquí. Polo tanto, nós podemos dicirlle que nesta modificación de crédito excepto dúas ou tres partidas moi puntuais que veñen por unha sentencia, no tema este de persoal que hai aquí que é uns gastos que hai que pagar á Seguridade Social, que non se pagaron no ano 96 ou 97, hai unha sentencia que pola productividade que se pagou ós traballadores, bueno, pois loxicamente, e unha máis que hai dunha persoa que morreu no Rebullón, que caeu, bueno pois loxicamente as demais son por demandas que os cidadáns ou colectivos da nosa provincia pois loxicamente nos están facendo e lle están facendo ó Presidente dende que chegou á Presidencia desta Deputación. Polo tanto, nós pensamos que o equipo de goberno ten a vontade política de seguir facendo e satisfacendo as necesidades da provincia, e polo tanto por eso tomamos a decisión de facer esta modificación de crédito. Pois mire, loxicamente en toda a modificación de crédito, bueno pois cada un toma a decisión política que considere máis oportuna, dende ter tódalas partidas dunha maneira puntual a facer por grupos e a partir de aí desenvolvela. Pero tamén hai unha cuestión que vostedes teñen que ter clara, que a oposición ten perfectamente os cauces para face-lo control e a fiscalización de todas estas partidas, porque estas partidas van a pasar polos órganos correspondentes que marque a lexislación para que vostedes teñan ese control. Polo tanto, se non o saben hoxe saberanno dentro de quince días ou de vinte ou dun mes, é dicir, é un problema de traballo, é dicir, que para eso están vostedes, e ademais que creo que debe de ser así, que vostedes fiscalicen ata a última peseta que leva esta modificación de crédito. Polo tanto aquí non hai ningún tipo de oscurantismo, hai unha cuestión clara, é dicir, nós tomamos esa decisión porque consideramos que é o mellor, e a partir de aí faremos o desenvolvemento desta modificación de crédito e que van a ir a tódolos órganos correspondentes para que vostedes o fiscalicen, ás Comisións Informativas correspondentes, o que sexa de Pleno terá que ir a Pleno, o que sexa de Comisión de Goberno. E bueno, vostedes teñen a facilidade para facer ese control e esa fiscalización. Polo tanto eu creo que non hai ningún tipo de oscurantismo nin ningún tipo de vontade política de que ó final non se sepa a onde van destinadas todas esas partidas, pero que administrativamente creo que é moito máis sinxelo e moito máis simple, por grupos e por temas de xestión ir facendo e desenvolvendo esas partidas. Polo tanto, eu se queren lle dou a relación máis ou menos de a onde van destinadas estas partidas, mire, "Corporación, gastos de representación", unha factura do ano 2000 dunha asociación; "Mobiliario de servicios centrais"; "liquidación por atraso de Seguridade Social"; "indemnizacións dunha sentencia", bueno, pois desa persoa do Rebullón que morreu hai uns anos, hai uns anos non, hai polo menos dez anos; "Convenio de instalacións deportivas"; "Parque móvil, reparación de vehículos"; "Revisión de prezos de centros asistenciais"; "Material de oficina de Arquitectura"; "Reposición de vehículo todo terreo do Parque"; bueno, lle podo seguir; "Servicio Agrario, productos de limpeza"; "Servicio Agrario para a legalización de establos"; "Servicio Agrario, subvencións varias bancos marisqueiros"; "Servicio Agrario, productos de limpeza; "Servicio Agrario, para a legalización de establos"; "Servicio Agrario, subvencións varias bancos marisqueiros"; "Servicio Agrario, adquisición de maquinaria"; "subvencións varias"; "Caixa Anticipos de Cooperación"; "tamén para inversións xestionadas por Convenios"; "Plan de Acción Municipal"; "para Cultura e Deportes"; e "para subvencións culturais e subvencións deportivas". Pois esas son as partidas nas que vai destinada esta modificación de crédito. En canto á pregunta que me fai o Sr. Iglesias, claro que lle vou contestar, por suposto que si, non hai que esconder absolutamente nada, pero se o dixo publicamente o Presidente, é dicir, non hai nada que esconder. É un Convenio que hai de promoción, que vamos a promocionalo e que así xa o dixo publicamente o Presidente. Consideramos que é un tema importante para esta provincia, porque ademais xa hai un grupo incluso que o plantexou así. O BNG no Concello de Vigo, plantexouno desta maneira, nós loxicamente vamos a utilizar esta vía que nos dá este club para promocionar a nosa provincia, e non hai que esconder absolutamente nada, polo tanto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estou absolutamente admirado, xa entramos aquí a nova Corporación cunha promesa de transparencia, de diálogo e demais, e no asunto máis importante que se decide neste Pleno que é o destino dos cartos, acaba de haber un retroceso tremendo porque ó final só unha vez ou dúas si se lograra que aparecera claramente que destino levaban os cartos. E agora acabamos de escoitar sen ningún rubor que non se nos vai dar esa información, que a busquemos por onde ben poidamos e que a famosa dobre contabilidade, por chamarlle dalgunha maneira, verdade, da documentación, pois vai a seguir en vigor e incluso máis, historicamente aquí, cando se nos daba, que algunha vez se nos dou completa, cando se nos daba estes papeis que exactamente non valen para nada, ou sexa, vale a primeira carátula, despois o resto é, otras, otras subvenciones, otras subvenciones, bueno, otras subvenciones o otras inversiones, pois xa diremos que é, pois aproveitaba o grupo de goberno para esas cuestións de forma, e bueno, porque non sabe, e explícolle, e viña ó Pleno e explicaban, non, entón facíase dobre xogo, agora xa nin eso, nin eso, ou sexa, hai un dobre retroceso, unha nin se dá documentación que se lograra que se dera, só dunha vez, pero lográrase que se dera; e segunda nin na Comisión Informativa, que si se explicaba antes, que si se explicaba, aínda que non se daban os papeis, si se explicaba e agora non, nin no Pleno se explica. Ou sexa, nós metemos as partidas, ou sexa, filosofía, nós metemos as partidas para que non se enteren, busquen por aí por onde vén, que parece que o destino dos cartos desta Deputación os resolvemos poñendo na partida 451.789, poñemos suplemento e agora busquen vostedes que xa no momento oportuno saltará por algún lado. Ben, vamos, ben, vamos. Dende logo creo que non pensou o Portavoz do Partido Popular neste asunto, creo que non pensou ben o que estaba dicindo porque a cousa de verdade que é bastante, bastante grave, vamos, eu non quero facer ningunha referencia a ningún Concello pero estou seguro que onde vostedes están na oposición e lle mandan unha documentación deste tipo lle montan unha gresca, montan unha gresca daquí a pasado mañá porque si é práctica habitual que apareza detallado o que se fai, como non pode ser doutra maneira, porque incluso nunha modificación de créditos en principio é para gastos concretos e determinados que non se poden afrontar neste exercicio, incluso legalmente. O que pasa é que aí non sei que pasa, creo que é exactamente literal, que estou reproducindo o artigo, para gastos concretos e determinados, é dicir, otras indemnizaciones, otras subvenciones, non son gastos concretos e determinados, ou outras inversións, evidentemente. Pero incluso se están saltando, se están saltando a Lei, pero bueno, despois falaremos do Regulamento Orgánico cando dixen que non se estaba aplicando, evidentemente nalgunhas cousas si se está aplicando e me parece que é a súa filosofía volver a aplicalo e volver a épocas bastante negras desta Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Sr. Figueroa, mire, eu creo que o dixen na miña intervención e se non quedou moi claro volvo a repetilo, é dicir, non están facendo nada ilegal facendo un expediente deste tipo, fanse expedientes deste tipo en todas partes, o que parece curioso, ou a min me parece curioso e me parece un pouco infumable, é que cada, polo menos que a mitade destes expedientes estean incrementando a mesma partida. Mire, en calquera Concello, non no que dicía vostede, en calquera, simplemente pola cuestión das subvencións da Xunta que se van producindo por goteo durante todo o ano, loxicamente hai máis de seis expedientes deste tipo, simplemente por eso. Pero bueno, ese non é o tema de fondo, volvo a repetir non ía por aí, eu de verdade o único novo, novo, que me plantexou na súa intervención foi o aclararme a pregunta porque o resto estaba no expediente. Fun a le-lo expediente e se miraba perfectamente ou polo menos xenericamente a que van a dedicar cada partida. Eu volvo a repetir, a posición do Grupo Socialista é moi clara nese tema, miren, se incrementan o Plan de Acción Municipal tres veces durante o ano o lóxico é que o abran a tódolos Concellos, cousa que non se dá, non se deu en ningunha das tres, bueno esta é a terceira, polo menos nas dúas anteriores non se deu. Porque claro resulta que hai Concellos que quedan fóra desa posible subvención, porque non se enteran loxicamente. Entón eso xa non me parece de recibo. Segunda cuestión, mire, tamén é anecdótica se quere, a cuestión das sentencias, tanto a do Rebullón que son 43.000 Euros creo recordar, como a outra de productividade. Home é curioso, de tódalas sentencias, de todas nos dan conta na Comisión de Interior, absolutamente de todas excepto destas. Polo menos eu non as recordo e supoño que os meus compañeiros tampouco, creo que suelen dar conta, de todas as que gañan, creo que só houbo unha, a que perdeu a Deputación, e deron conta, pero que non significaba cartos para a Deputación. Estas ata agora que eu sepa non se deu conta delas. Pero bueno, supoño que no las darán. Pero mire, eu cando lle dicía se os 150.000 Euros eran para o Padroado Rías Baixas e eran para o Celta. Se a pregunta é moi sinxela, mire, vostedes teñen maioría, poden face-la previsión que queiran, dentro da Lei, poden asignarlle a subvención a quen queiran, poden face-lo Convenio que queiran, dentro das marxes da Lei, o que pasa que entenda vostede que nós tamén podemos criticalo loxicamente. E claro nós non entendemos como se incrementa a Caixa de Anticipos en 68.000 Euros, e a unha empresa, chámese Celta ou chámese como se chame, se lle dan 150.000 Euros. A Caixa de Anticipos é para que todos os Concellos da Provincia poidan acceder a un crédito barato para financiar obras de Plans Provinciais. Mire, a diferencia é importante. Bueno, pode dicirme que, claro, que a Caixa de Anticipos xa levaba máis cartos e esto só é un incremento. De acordo, pero mire hai uns meses vostedes, o Grupo Popular, aprobaron unha cantidade, tamén nunha modificación de crédito e non o fixeron no presuposto para as Escolas de Música de toda a Provincia. E é de 20.000.000 de pesetas, de 20.000.000, 20 sobre 25. Debe ser moi pouco importante, non debe ser nada importante o tema das Escolas de Música. Home, e se quere lle podo dicir, e non é demagoxia ningunha é a realidade, absoluta a realidade, e volvemos ó de sempre, é dicir, home non se pode dedicar máis cartos a unha empresa privada como é o Celta, que para darlle as subvencións para libros ás familias necesitadas da Provincia. É duro, é duro e dificilmente de explicar en política. Quere máis cousas, non se pode estar dándolle máis cartos ó Celta que ós Conservatorios da Provincia dende a Deputación. É así, é así de duro, e así podo seguir con multitude de cuestións nas que a Deputación en cousas que son competencia dos Concellos e que a Deputación ten obrigación de colaborar cos Concellos lles dedica menos cartos dos que vai a dedicar a esta historia. Por suposto que poden facelo legalmente pero temos todo o noso dereito a establecer unhas prioridades absolutamente diferentes. E de verdade que nós entendemos que as prioridades son diferentes neste tipo de cuestións. E esto é unha anécdota máis dentro de todo o expediente, pero se estamos falando de 150.000 Euros, nun expediente de tres millóns e medio de Euros. De tódolos xeitos nós ibamos a votar en contra, ou sexa, xa non por este tema, xa non polo tema da cantidade, senón porque votamos en contra do orzamento da Deputación e loxicamente vamos a ser consecuentes e seguir votando en contra, ás veces, nos abstemos pero cando son cuestións absolutamente nimias, pero esta ten algún agravante por riba. Nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias Sr. Iglesias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Nós loxicamente entendemos o papel da oposición, é dicir, calquera que fora a presentación desta modificación ían a votar en contra, é dicir, se non nos colle de sorpresa evidentemente. Polo tanto é lóxico que vostedes teñan que buscar uns argumentos, pero eu creo que está perfectamente explicado a que partidas van xenéricas este diñeiro que destinamos. Evidentemente a partir daquí hai un desenvolvemento pero eso pasa igual cos presupostos. É dicir, Sr. Mosquera, vostede non se pode molestar porque teñan que facer un control do goberno, e que para eso están, e que senón ó final serían goberno vostedes tamén, é dicir, o papel da oposición está perfectamente definido, é de control e fiscalización do goberno. Pero, lle vou a dicir máis, é que nós lle vamos a facilitar toda a información do desenvolvemento destas partidas. Pero teñen vostedes nos órganos correspondentes ademais, e eso que quere dicir, oscurantismo, non, eso quere dicir que a oposición tamén ten que traballar, nada máis. Vostede non se queixaba aquí na sesión de investidura, e incluso no primeiro Pleno, de que falaba de que, bueno pois, que non tiña sentido, as indemnizacións e o que se lle pagaba ós grupos políticos e ós deputados, bueno pois eu creo que ese é o seu papel, a partir de mañán que os órganos de xestión desta Deputación empecen a traballar e os departamentos empecen a traballar vostede vai a saber perfectamente a partida tal a que se vai a destinar, por que e como, e non só iso, é que llo vamos a facilitar nós, e nas Comisións Informativas pasan toda a relación de subvencións e todo o desenvolvemento de tódalas partidas. Home, eu creo que vostede tamén ten que entender que loxicamente nós somos políticos e dentro da nosa política pois cada un pois monta a súa estratexia, según considere máis oportuno en cada momento. E nós montamos esta porque consideramos que é a correcta, por que, bueno, primeiro porque, e hai unha serie de demandas que moitas veces están sen concretar, hai memorias por aí de Alcaldes que piden subvencións e piden inversións para os seus Concellos que moitas veces non as concretan e vostede sabe perfectamente que se as partidas veñen definidas e veñen concretadas despois é moi difícil modificalas, e máis, é que non se pode cando se levan a unha modificación de crédito. Bueno, pois ese é un argumento claro político. Nós temos perfectamente claro que esta modificación de créditos é unha modificación de créditos que vai a satisfacer unhas demandas de colectivos e de Concellos da provincia de Pontevedra importantes, e por eso a facemos. E, mire, Sr. Iglesias, os discursos demagóxicos políticos poden face-los que queiran, eu me vén á memoria 60 millóns dos Premios Max e estou calado, me vén á memoria, e dicía algún Deputado de vostedes que Beade estaba sen auga, ou Bembrive, agora xa a ten gracias ás inversións da Xunta, pero no mes de maio, que casualidade que esas prioridades non as teñan vostedes nin o Bloque nin o Partido Socialista, cousa máis rara, agora xa teñen outras prioridades, non lle foi ben a cantinela e agora xa cambian de prioridades. Mire, o que significa esta Institución, porque aquí hai Deputados que votaron moitas modificacións de crédito e moitas subvencións durante os últimos oito anos, aquí sentados, pero moitos a favor. Non falo nin de 20, nin de 40, nin de 50, nin de 80, nin de 100, nin de 200, nin de 300, de aí para o norte. Ata un portavoz de vostedes lle deu 600 millóns de pesetas un ano, electoral por certo, e non pasou absolutamente nada, se lle compraron os terreos, os vendeu, o Concello, bueno, pero eu creo que ese discurso non o pode facer vostede porque esa é demagoxia pura, pura, porque entón vamos a comparar absolutamente todo o que facemos todos en cada lado. Eu lle volvo a repetir, a min me vén á memoria 60 millóns dos Premios Max para unha tarde. Mire, a repercusión mediática que pode ter esta Institución e o que significa esa competición para a provincia de Pontevedra e para a cidade de Vigo, eu digo para toda a provincia porque o importante, eu creo que vostedes non o valoran, miren, en Brujas se fixo unha presentación de tódolos productos da Provincia onde había máis de 50 representantes de Axencias de Viaxes, de Turoperadores, de Bélxica, algúns de Holanda, e de toda aquela zona. Eu creo que eso é importante, non gastamos nun vídeo 35 millóns de pesetas en promociona-la nosa Provincia. Bueno, pois esta é unha maneira, cada un busca os cauces que considera máis oportunos e nós pensamos que a nivel de promoción e a nivel mediático é unha rendabilidade que eses 25 millóns de pesetas nos dan unha rendabilidade importantisima a toda a Provincia. A proba diso é que con tódolos sectores da hostalería que falamos están perfectamente de acordo, non só están de acordo, é que están colaborando eles tamén e están participando eles tamén. Porque en Praga había máis de oito representantes da nosa Provincia, e que non puderon ir máis porque teñen nestes momentos traballo durante o verán, pero xa verá vostede como a Ansterdam e a Milán irán moitos máis, pero claro, ter cincuenta persoas, reunir cincuenta persoas de colectivos, que poidan traer persoas e turistas á nosa Provincia nun só acto, eu creo que eso ten un custo, e se se aproveita eso para promocionar e para apoiar unha Institución que dá moito a esta Provincia e a Galicia pois loxicamente nós pensamos que son diñeiros ben invertidos. Pero volvo a repetirlle, esas son cuestións de prioridades e que vostedes, mire, se lle está dando diñeiro a outras empresas e vostedes non din absolutamente nada. Nós tamén estamos colaborando, porque nós non colaboramos única e exclusivamente co Real Club Celta. Vostede sabe que houbo un evento importante na cidade de Vigo, que é a World Fishion Exhibition, que tamén é unha empresa privada, e nós colaboramos incluso máis aínda que o que significou o Real Club Celta, porque se lle deu unha subvención, a maiores se fixeron unha serie de obras no recinto, e eu creo que eso é importante, esa é a maneira de colaborar, pero non só eso, é que vostede sabe tamén que na provincia de Pontevedra hai 300 millóns de pesetas para o deporte base. Que é a Provincia que máis diñeiro ten para subvencións das catro provincias galegas. 300 millóns de pesetas para o deporte base que se dá tamén. Entón vostede non me faga ese discurso demagóxico, fágame outro tipo de comparacións, porque claro se entramos nesas cuestións, pois loxicamente todo vale, porque se lle dá a un club unha cantidade, porque se lle dá a outro outra, é dicir, vostede sabe que non é xusto o discurso que vostede está facendo. Volvo a repetirlle, non só se dá a esta entidade senón que tamén hai 300 millóns de pesetas no presuposto para subvencións que están baremadas nun acordo que hai coa Xunta de Galicia para todos os clubs deportivos da nosa provincia. Pero este diñeiro puntual eu creo que ten unha repercusión e ten unha rendabilidade para a nosa Provincia importantisima. Vostede fale cos hostaleiros, porque a Presidenta da Asociación de Hostaleiros estivo nas viaxes e eso quere dicir que a avala, é un membro do Padroado, avala perfectamente todo este tipo de apoios. Polo tanto, mire, eu creo que para resumir vostedes loxicamente de calquera das maneiras ían a votar que no, ían a busca-los argumentos que considerasen máis oportunos, buscaron este como podían buscar outro, pero nós pensamos que esta modificación de crédito vai a satisfacer unha serie de demandas importantes de toda a Provincia, en tódolos ámbitos, da pesca, da agricultura, do deporte, da cultura, etc., etc. Polo tanto, volvo a repetirlle, eu de verdade que son novo aquí nesta Institución, me sorprende positivamente que esta Deputación estea na situación económica que está, e que vamos a seguir mantendo esta liña de traballo e esperemos que todas estas modificacións de crédito servan para o que todos pretendemos, que é dar servicio ós cidadáns, dar servicio ós veciños da provincia, e nós vamos a seguir nesa liña de traballo e c
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota