ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2003/10/15_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-10-15_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/10/15_Extraordinaria

  • Data(s) 2003-10-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 15 de outubro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as trece horas e cinco minutos do día quince de outubro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Xefe do Servicio de Contabilidade e Auditoría, D. Julio Souto Diz, en funcións de Interventor. Non asiste o Sr. Deputado D. Constante Juan Muradas Ramos. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.4947.- APROBACIÓN DO PROXECTO E DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO", ACTUACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO EN TERREOS DE TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN SITUADOS NO BLOQUE COMPRENDIDO POLAS RÚAS SERRA, PADRE AMOEDO, SARMIENTO E ARCOS DE SAN BARTOLOMEU Sr. Presidente.- Damos comezo ó Pleno extraordinario. Asunto único. Aprobación do proxecto e do expediente de contratación, por procedemento aberto mediante concurso da obra "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", actuacións que se levarán a cabo en terreos de titularidade da Deputación situados no bloque comprendido polas rúas Sierra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de San Bartolomé. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera adiante, ou quere expoñer algo. Si home si. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Bos días. Moitas gracias Sr. Presidente. Ben, estamos perante un trámite, despois de moitos trámites que se fixeron para esta ampliación do Museo, coñecida mazá cultural, que teríamos que entender e así entendemos parcialmente que é unha noticia moi positiva, tanto para esta Deputación como para o Concello de Pontevedra, como para a Provincia. Pero hai unha serie de cuestións asociadas que creo que é necesario plantexar. O feito de que unha obra de máis de quince millóns de euros veña, sexa tratada, única e exclusivamente nunha Comisión ás doce para un Pleno a unha, pois limita moitisimo, crea toda unha serie de problemas á hora de poder facer aportacións e melloras que garantan que o concurso vaia adiante. Na Comisión, no pouco tempo que dou pois este grupo provincial, este portavoz, pois fixeron algunhas aportacións que non sabemos en que estado quedaron, se entenda perfectamente o ánimo destas aportacións, que era por exemplo na clasificación empresarial, resulta que se pide, a clasificación que corresponde por orzamento e demais, que é a máxima, pero non se pide ningunha clasificación empresarial relativa a rehabilitacións ou a experiencia da empresa con patrimonio. En concreto eso podería dar lugar a que calquera empresa se sentira agraviada porque lle aumenta a competencia, porque lle diminúe ou o que sexa pois presentara un escrito de reclamación co cal retrasaría a adxudicación e xa non podería ser dentro deste ano e estas présas poderían quedar todas en nada, en concreto a proposta é que se pida á parte do Grupo C pois o grupo K, subgrupo 7, que é restauración de inmobles histórico-artísticos, categoría E, coa intención de que digamos o concurso poida saír adiante dunha forma eficaz e non poidamos ter ningún problema que imposibilite, igual, que eso non sei exactamente como quedou nos criterios de selección, de adxudicación, que realmente aí lle chaman de selección é que crea toda unha serie, pode crear unha serie de problemas, pois hai un parágrafo tremendamente equívoco de que hai o risco claro de que calquera empresa ou persoa que reclame pois poida cando menos frear ou retrasa-lo concurso, cando menos, e non crear, o que di é o seguinte: "O concurso será adxudicado a algunhas das empresas licitadoras, que tendo unha puntuación igual ou superior ós dous tercios do total posible, segundo a aplicación presente unha situación económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e o valor medio das ofertas que superen os dous tercios. Ben, este parágrafo ten dúas cuestións perigosas, moi perigosas, primeira cuestión esixir cero dous tercios da puntuación total a calquera empresa que se presenta, a máxima pode supor que o perigo que quede deserto ou senón ter que no concurso andar cambiando, díxenno na Comisión e repito, é dicir que hai experiencias de que igual unha empresa vai moi forzada de prezo, as empresas veñen ó tipo, e cero puntos por vir ó punto, co cal xa é imposible que cheguen ós puntos e o perigo de quedar deserto existe claramente, que se fora noutras circunstancias tampouco pasaría nada, se volve a sacar e xa está. Pero, nestas circunstancias. E a segunda cuestión francamente delicada é que será adxudicada a algunhas das empresas licitadoras non se sabe en base a que razón, ou sexa, igual se hai cinco que cumpran esto a algunha non se sabe en base a que razón, unha indefinición de tal calibre é fácil que poida, se algunha empresa se sinte prexudicada ou se sinte tal, é un ámbito de discrecionalidade creo que impropio dun concurso, sempre pode haber cuestións indefinidas, cuestións abertas, que valore a Mesa, pero aí ten que ter digamos unha dirección na que valoralo e neste caso non existe, co cal hai o perigo claro de que esa, de que esa teña dificultades e creo que sería o peor que podería pasar que o concurso tivera problemas e non se puidera adxudicar e demais. Eu fago estas aportacións na clave de que o concurso teña as mellores posibilidades de éxito. Evidentemente onte non estaban nin nantronte, non estaban tódolos planos, todo o material necesario, digamos que é un traballo feito á présa evidentemente, e consultado pero ten ese, polo menos esas dúas cuestións que non sei se se van aceptar ou non, que están feitas co ánimo de que se aclaren, incluso a dirección xa está posta na Comisión, para que poida ir con éxito o concurso. Despois hai toda unha serie de cuestións no expediente, evidentemente todo está asinado o día 9 ou o día 10, que deixa secuelas da présa coa que se fixo e que nos leva a cuestións francamente temerarias. Por exemplo, hai un escrito no expediente, escrito xa sacado á prensa, por certo tamén onte se lle expuxo á prensa as maquetas polos técnicos, hoxe non tiveron a ben, total para que, e por exemplo hai un escrito que tivo entrada no Concello de Pontevedra o 8 de outubro de 2003, onde o Sr. Presidente di que se exima do pago das taxas municipais a este proxecto, cuestión que asegúrolle nestes momentos está no ánimo do grupo de goberno do Concello de Pontevedra facer todo o que estea posible para iso, para iso ou para compensalo con outro tipo de actuacións e demais. Ah, pero non chega, o que vamos aprobar hoxe aquí, cláusulas administrativas, cláusula quinceava, e di, "será a cargo do adxudicatario os seguintes gastos: os correspondentes ós impostos e taxas aplicados ó contrato, en especial o imposto sobre construccións, instalacións e obras, así como a taxa municipal por outorgamento de licencia de obras". Ou sexa, explíquenme vostedes se o concesionario ten a obriga de paga-la taxa e a vai a licitar en eso, para quen demonio van ir eses cartos. Entón esto, eu agardo que sexa consecuencia das présas, non quero pensar peor, pero agardo que sexa consecuencia das présas. Evidentemente si non estivera esto aquí neste prego, que á parte creo que ata é obrigatorio que estea, pero bueno, se non estivera, dicir, pero bueno, arranxamos, non hai ningún problema. Pero é que a empresa á que se lle adxudica a obra ten a obriga de paga-la taxa, senón a paga pois aforrará eses millóns que non sei para onde irán, el vai xustificalo, creo que en fin, a precipitación e demais leva a estas cuestións de contradiccións no mesmo expediente e ... flagrantes e que se explique como estaba. Por outro lado, por outro lado, a pesares de que se fixeron xa unhas captas arqueolóxicas e demais, sabendo precisamente o que hai no proxecto, esto en todo caso van ser gastos a maiores para a Deputación dunha forma ou doutra e que, bueno, este proxecto eu agardo, agardo que non suceda como sucedeu coa anterior ampliación do Museo que estaba licitada en sesenta millóns e pasou a cento sesenta e un, ou como o mesmo Mercado Municipal de Abastos que estaba licitado nunha cantidade e que ó final se duplicou. Pero non aparece nada para arqueoloxía, para gastos de arqueoloxía nin que a empresa teña que poñer un Arqueólogo a disposición para face-lo traballo. Van ser máis gastos e á parte veremos inclusive con que condicións. Pero bueno, agora estamos arrancando, en todo caso será cuestión no seu momento de ver como vai. Nós, repito, se estou dicindo, se estamos dicindo, que estamos nestes momentos pola obriga de que sentimos de que esto vaia o mellor posible, o mellor posible, e se presentamos estas emendas é por eso ata agora, ben, é aclarar certas cuestións que publicaban. Dito eso, agora empezamos con outras cuestións, agora empezamos con outras cuestións que quero aclarar e que creo que é de obriga aclarar e síntoo porque digamos que pode parecer que se está falando dalgunhas cuestións máis centradas en Pontevedra e noutras cousas. Dúas cuestionciñas elementais, no concurso de ideas, no concurso de ideas para adxudica-lo proxecto, estaba representado o Concello de Pontevedra e tanto o Presidente como o Vicepresidente negociaron co Concello se se metía perimetrais, non se metían, etc., etc. Agora que temos un novo talante dialogante, absolutamente dialogante, resulta que na Mesa de contratación nin está o Concello de Pontevedra nin está ningún grupo da oposición. Cousa que podería entender para cuestións, pois unha obra menor, pois moi ben, pois unha, pero unha obra desta envergadura que non estea, oposición que xa é histórica nesta casa, e que non estea o Concello de Pontevedra cando parece, polo menos polo que vemos pola prensa, que se lle esixen non sei que historias, non, que parece que está obstaculizando, cando non obstaculiza nada senón todo o contrario, que está facendo todo o posible, pois non parece moi razoable, o cambio de talante nesta casa é evidente, e mesmo nesta tramitación se ve clarísimo. Ou sexa, concurso de ideas de proxectos, se pide ó Concello que mande un técnico, e que participe, agora que se está afectando nin máis nin menos que ó deseño urbano, se está solicitando a exención de taxas, etc., etc., non se mete por ningún lado, creo que é comportamento desta casa hai ano e medio ou dous anos e máis comportamento desta casa agora. O cambio de talante é evidente como xa se viu no último Pleno cando se nos negou ata a explicar onde ía unha modificación, onde ían os cartos para unha modificación de crédito. Polo tanto, remato. Nós facemos estas aportacións, estas advertencias, por pura experiencia, por pura experiencia, de que pode quedar deserto, pode crear problemas de retrasos. Nós nunha clasificación empresarial en Fernández Villaverde, unha obra menor, por poñela mal, non sei se estaba un pouco alta ou un pouco baixa, nos retrasou a adxudicación tres meses ou a do mercado que xa foi na época de Alcalde D. Juan Luis Pedrosa, por ir moi xustos houbo que forzar tremendamente o concurso e retrasouse porque ó final non había maneira de valoralo, porque se puxeron as condicións que non cumprían, por pura experiencia, para que as cousas vaian o mellor posible, e en todo caso será cuestión súa e deixar pois constancia do que quixemos deixar e evidentemente digamos que a responsabilidade do expediente é cousa súa, acepten o que queiran ou o que non queiran, nós vamos a votar a favor igual. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Vamos a ver, estamos probablemente diante dunha das maiores obras no campo cultural que se vai facer na provincia e na cidade de Pontevedra e sendo corresponsables co que viñemos plantexando ata agora a nós no nos queda máis remedio agora mesmo que votar a favor deste tema. Digo no nos queda máis remedio e vou aclarar o por que. Porque realmente a así o dixen na Comisión, o expediente está absolutamente collido polos pelos. Está bordeando todo o bordeado. Polo tanto si compartimos o fondo da obra, si compartimos a necesidade da obra, si vamos a votar a favor, pero loxicamente entendemos que por moito que se nos explicara na Comisión, e que hai que publicalo no Boletín da Comunidade Europea si, pero esto xa o sabíamos antes, é dicir, o dos cincuenta e dous días tamén o sabíamos antes, é dicir, fórmulas habería de ver esto doutro xeito con máis calma e de que todos e cada un plantexáramos temas en el. Volvo a repetir, é dicir, na teses que se nos pon agora mesmo é ou a colles ou a deixas, nós pola importancia da obra loxicamente vamos a votar a favor, pero nos preguntamos se realmente esto ocurrira en calquera outro Concello onde o Partido Popular fora oposición, se ía a te-la responsabilidade de votar a favor de algo que significa o que leva este expediente dentro. É unha cuestión de responsabilidade tamén. Llelo digo polo que dicía antes, porque realmente está moi forzado, moi forzado, todo o expediente. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. Vamos a ver, vou a procurar ser breve igual que o fixeron os compañeiros da oposición, eu creo que despois do que explicamos na Comisión Informativa onde creo que fomos absolutamente claros e transparentes, pouco queda que dicir, en todo caso estamos no Pleno e simplemente repetireino. Eu non cabe dúbida e eso vai polo dos grupos que é un expediente complexo e é un expediente difícil, pero a complexidade deste expediente vén dada precisamente por participaren tres administracións, a Deputación, digo que a complexidade vén dada porque son tres administracións as que participan, a Deputación, a Consellería e o Ministerio, e todas elas teñen á súa vez a súa correspondente complicación á hora de aproba-los distintos apartados. E loxicamente por parte de Deputación non se pode dicir que non houbo planificación tendo en conta que o día 30 de maio, tendo en conta que houbo cambio de Corporación, tendo en conta que o Ministerio ten que primeiro aproba-la plurianualidade das aportacións e despois aprobar aínda o Convenio que é o que queda por facer, polo tanto por parte da Xunta de Galicia e por parte do Ministerio está aprobado xa o compromiso da plurianualidade deste proxecto e queda simplemente o do Convenio que previsiblemente hacia finais de novembro poderase asina-lo mesmo. ¿Que ocurre?. Que o que dixemos xa na Comisión, que hai que publicar no Boletín, na Comunidade Europea, son cincuenta e dous días, en principio prevese que poida termina-lo prazo o día 9 de decembro e logo temos un mes para adxudicalo, do contrario perderíamos a anualidade tanto da Deputación, tanto da Xunta coma do Ministerio, e creo que eso non é razoable, non é razoable e eso significa que o proceso vai un pouco apretado, eu recoñezo que o proceso vai apretado pero é que ás veces se pasas todo o tempo planificando e non executando ó final as obras quedarán sen facer, é dicir, eu entendo que o ideal sería ter xa o convenio asinado, sería ter todo absolutamente finiquitado e non habería ningún tipo de problema. Pero o que non cabe dúbida é que a realidade, é que esto ocorre en moitas administracións e o proxecto ten envergadura pero este proxecto recórdolles a vostedes que no seu momento convocouse xa un concurso de ideas xa tendo en conta que ía a ser un proxecto de moita dimensión que o gañaron Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui e que esa dotación inicial xa foi de oito millóns de pesetas. Creo que nos preocupamos de intentar sacar para adiante un bo proxecto, un bo proxecto e planificouse con tempo. ¿Que ocorre?. Este proxecto de quince millóns de euros onde as distintas administracións van aportando as súas partes ás súas correspondentes partidas non cabe dúbida de que tivo o seguinte problema: primeiro, o cambio de Corporación, eso significou que o mes de xuño e o mes de xullo pois practicamente pois estivo a cousa razoadamente parada por razóns obvias, pero ó mesmo tempo non é que non fixera ningunha xestión, tanto polo anterior grupo de goberno, porque actualmente polo Presidente loxicamente non traemos esto aquí, aínda que vai supeditado a que se asine o Convenio para intentar deixar todo en auga de borrallas. É dicir, obviamente temos o compromiso político e real de que se vaia a levar a cabo este Convenio senón quedaría sen efecto e non cabe dúbida de que sería un marrón importante para o grupo de goberno, pero non é o caso porque nós estamos convencidos de que non vai haber ningún tipo de problema. Con respecto ó que dicía o amigo Mosquera no noso ánimo está o negociar co Concello de Pontevedra e chegar a acordos puntuais con eles. Hai fórmulas para que o Concello de Pontevedra nos exima e xa as buscaremos loxicamente non é o momento nin o lugar pero xa as buscaremos, eu comprométome a buscarlle fórmulas para que esa taxa se nos poida condonar, son máis de catrocentos mil euros o que ten que paga-la Deputación. Calquera Concello que lle faga unha infraestructura cultural deste tipo estaría encantado en deixala facer sen ningún tipo de licencia, loxicamente para eso están os Convenios e para eso están as fórmulas legais e que aínda que borden un pouco a Lei, se estamos de acordo os dous gobernos non vai haber ningún tipo de problema. O que non cabe dúbida é que eu creo que felicito ó Sr. Mosquera que haxa ese ánimo de se é posible condonar ó pago da licencia, porque vamos a buscar fórmulas, se hai vontade por parte do grupo de goberno do Concello e por parte da Deputación vaino haber seguro que vamos chegar a un acordo puntual e senón é dunha maneira, é doutra, pero asegúrolle que buscaremos fórmulas. E en todo caso no noso ánimo está pactar co Concello o que sexa pactable, esa mazá cultural que vai ser dende logo algo emblemático e vai ser un punto de referencia obrigado no eido cultural e en todo Galicia. Eu creo que se ten que preocupar tanto o Concello como a Deputación, pero o Concello pode estar satisfeito e dende logo dando saltos de alegría porque esto se faga así coa xestión basicamente da Deputación e polo tanto no noso ánimo está, no tema das rúas, no tema dos parques que poida, as áreas verdes que poidan estar arredor, dende logo chegar a un acordo con vostedes tanto no sentido das casas que se poden tirar ou non, se se chega a un acordo, como na futura digamos, digamos no futuro deseño que quede no plan xeral, como comentaba vostede dunha hipotética rotonda que vai alí. Dende logo nós todo o que sexa negociable e pactable, se hai boa vontade, que parece que a hai en principio, nós vamos a estar dispostos a negociar o que sexa negociable. O proceso eu recoñezo que é un proceso apretado pero a razón é obvia, que non queremos perde-la anualidade e que as cousas ó ser un intercambio, ó ser un Convenio entre tres administracións, é normal que haxa primeiro un Consello de Ministros e o Consello da Xunta ten que levalo como mínimo dúas veces, autorizar a plurianualidade e logo o Convenio, eso significa uns trámites burocráticos, pois densos moitas veces, e sobre todo que por encima quen lle cómpre a responsabilidade da adxudicación é a Deputación, a nós tres cuartos do mesmo. En todo caso no propio informe de Intervención se recoñece que aínda que vai a cousa forzada que unha vez asinado o Convenio non hai ningún tipo de problema, polo tanto a parte legal queda perfectamente cuberta, queda perfectamente cuberta porque ademais non hai ... de ningún tipo. Con respecto ós criterios, ás aportacións que fixo vostede Sr. Mosquera na Comisión Informativa dicirlle que con respecto á reclasificación da empresa para que a empresa a maiores, obviamente que a empresa que teña o grupo F vai te-las outras clasificacións, pero que a maiores teña, que sexa o grupo K, non hai ningún problema e vamos acepta-lo que sexa, que teña o que comentáramos dentro do que é o apartado de criterios de selección di: os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación expedida polo organismo competente acreditativa da clasificación empresarial que será, grupo C, tódolos subgrupos e categoría F, bueno, pois a eso engadímoslle o grupo K e o subgrupo 7 e a categoría E, non hai ningún tipo de problema porque no noso ánimo está en que a empresa que faga os traballos teña a máxima clasificación e estea o mellor preparada para acometer un proxecto desa dimensión. Falaba vostede tamén do tema arqueolóxico. Ben, segundo os nosos técnicos e Carlos Valle pois informou de que se fixeran alí unhas calicatas e que se observara que en principio non había indicios pero en todo caso se hai murallas, haxa o que haxa, pois haberá que telo en conta, haberá que telo en conta. Pero eso dámolo arranxado como lle digo se hai vontade, porque se vostedes pois no nos cobran a licencia, se vostedes, chegamos a algúns acordos puntuais, é dicir, porque explícolle por que metemos no prego o pago da licencia, obviamente nós non temos negociado co Concello de Pontevedra eximirnos das taxas e temos que garantir que este proxecto vaia para adiante. Polo tanto aí vai garantizado que a empresa licitadora teña que facer frente ó pago da licencia porque senón nós non teríamos consignación. Pero eso non quere dicir que se o Concello de Pontevedra neste tempo, e a Deputación chegan a un acordo eses cartos se utilicen para outra cousa. Saben vostedes que legalmente hai fórmulas sen ningún tipo de problema, é dicir, o adxudicatario ten que pagar catrocentos e pico mil euros de licencia, se non os ten que pagar porque chegamos a un acordo Deputación e Concello pois xa lle buscaremos unha fórmula, o que non quepa dúbida é que eses catrocentos mil euros non van quedar para a empresa, non se preocupe, é dicir que eso se chegamos a un acordo buscaríamoslle solucións técnicas, sen ningún tipo de dúbida e perfectamente legais. Así que o tema arqueolóxico, non se preocupe, porque non é a nosa idea, déase conta de que nós en plantilla temos incluso un Arqueólogo en plantilla nesta casa, que podería actuar aí e que poderíamos ve-la posibilidade de que el estivera nomeado por esta casa precisamente para eses fins. Pero incluso se houbera que traer xente de fóra da casa non habería ningún tipo de problema porque sempre se buscaría algunha partida e se aparece algo dende logo que vamos a tratar de darlle a mellor solución que é posible e en todo caso o prego non se pode calificar como un mal prego, o prego é un prego standar e é un prego eu creo que razoablemente ben feito á marxe desas consideracións e de que foi feito de présa e para vostedes que é un prego que reúne tódalas condicións. Sobre o tema dos dous tercios, mire, si é certo que é posible de que ó mellor se o proxecto non está moi ben de prezos, pois incluso que quede deserto, claro que é posible, é un risco que temos que correr, agora mesmo non o sabemos, aquí houbo un concurso que o gañaron estes señores que aportaron unha serie de documentación para poder face-lo prego de bases, o prego que estamos a debater aquí, e que se tivo en conta todo o que eles dixeron e independentemente de que se poida mellorar o que non cabe dúbida e que eles, que ademais nas condicións, no seu momento de gaña-lo concurso pois figura que eles teñen que se-los directores de obra, polo tanto, o autor do proxecto vai se-lo director de obra e el terá que coordinar precisamente esas actuacións tanto no eido da arqueoloxía coma nos outros temas, polo tanto aí creo que non hai ningún tipo de mala intención pola nosa parte. O prego creo que é un bo prego, independentemente de que tiveran pouco tempo para velo que si o recoñezo, houbo pouco tempo para velo todo e dígollo ós dous grupos políticos, pero en todo caso está xustificado polo que dixemos antes, porque non hai fórmula para podelo adxudicar no ano deste ano se asinamos o Convenio. Polo tanto, todo vai supeditado ó Convenio, pero eu creo que vai dentro da máis estricta legalidade e eu felicito ós grupos da oposición que voten a favor, porque o proxecto é un proxecto dunha grande envergadura para Galicia pero especialmente Sr. Mosquera para Pontevedra. E aínda de que vostedes nos acusan de precipitación e algunha pode haber, asegúrolle que é mellor precipitarse e face-las cousas que pasarse todo o tempo planificando e non facer nada. Eso é tremendamente grave e nós vámoslle dar para adiante porque non nos podemos permiti-lo luxo de perde-las anualidades deste ano. Eu creo que non me queda nada máis que dicir, soamente o da Mesa de contratación. Bueno, fixemos unha Mesa de contratación exclusivamente técnica, figura o Presidente por poñer, porque o Presidente loxicamente ten que figurar, o Presidente ou en quen delegue, pero despois a Mesa é exclusivamente técnica. Vén vostedes que hai un técnico da Consellería de Cultura, un técnico do Ministerio e os técnicos da casa, é unha Mesa exclusivamente técnica, polo tanto por eso non hai representación dos grupos políticos. Pero de ningún. Así que eu creo que nese aspecto, pois bueno, aínda que se podería meter, por suposto que se poderían meter grupos políticos. Eu creo que o mellor é que sexa unha disquisición técnica e fundamental que saben vostedes que as cousas pois poden saír razoablemente mellor se é así. E xa remato a miña intervención dicíndolles que bueno, que non é que teñamos que pedir desculpas por traer esto desta forma senón que é a fórmula que lle buscaron os técnicos da casa e que nós tiñamos para adxudicala no ano deste ano. Creo que vale a pena aínda que vaia un pouco precipitado porque é un proxecto de grande envergadura para Pontevedra, para a Provincia en xeral, pero especialmente para Pontevedra capital. Remato. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Sr. Crespo, é evidente que vostede comparte bastante máis o talante de diálogo que había antes que o funcionamento que hai agora. Na mesma Comisión dixo que sería lóxico que o Concello de Pontevedra estivera no Convenio, e creo que podería deducirse que incluso, se queren técnicos, pode haber un técnico na Mesa, dixo claramente que eso non tivera que ser e demais, cousa que non sucede. Ben, con respecto a que houbo planificación, mire vostede, non nos vendan as premuras, todos sabemos as premuras e incluso hai un argumento que non dou, é dicir, que ten que estar contratado este ano por ser un gasto plurianual e tense que efectiviza-lo primeiro ano da anualidade parte do gasto porque senón incorrería, habería que, bueno, poderíase salvar pero é un problema, á parte de que se pode perde-la consignación doutras administracións, eso é certo e ninguén, ninguén llo criticou. Agora ben, o prego de cláusulas técnicas está aquí dende decembro do 2002, o prego de cláusulas administrativas se puido facer hai dous meses ou tres e ter tempo para pulilo aínda que despois ás présas habería que cambiarlle algún renglón. Os criterios de adxudicación se puideron facer con tempo e ter tempo para pulilos, verdade, etc., etc. Hai unha serie de traballos que hai que facer e outros que veñen forzados, os que veñen forzados pois se cadra é pecha-lo expediente agora porque non hai máis remedio, pero si se puido ir traballando e eso non se fixo, co cal alá a súa responsabilidade no sentido de que despois se hai algún problema que esperemos que non, pois será porque o fixeron desta maneira cando se puido facer e daba moi pouquiño traballo, daba moi pouquiño traballo o facelo. A solicitude de licencia no Concello está do 8 de outubro cando o proxecto estaba de decembro do 2002, non choveu, se puido facer bastante antes. Ben, con respecto xa, quedáronlle dúas cousas moi mal aclaradas e que quero aclarar: a primeira, a rotonda que se vai facer alí é da COTOP, non é do Concello, ou sexa que se poderán arranxar digamos sen o Concello aínda que agardemos que conten co Concello e polo menos estamos nesa disposición; e segundo, se esta obra é posible que vaia adiante foi gracias a que no Concello, todos os grupos, que conste, tivemos que facer uns xogos malabares, para salva-la pinza que nos montaron entre Museo e Deputación e COTOP-Patrimonio. Uns dicían que tiña que quedar totalmente aberta a mazá, verdade, e a COTOP e tal dicindo que había que poñer determinacións urbanísticas. Tivemos que facer sudar tinta co ánimo de sacar esto adiante polas famosas pinzas que fan habitualmente entre dúas administracións do PP para toca-las narices a algunha administración que non gobernan vostedes. Eso foi así, está aí a historia, e incluso, teño que recoñecelo, a colaboración de tódolos grupos, en concreto o que era o Portavoz e Vicepresidente, que ó final, bueno, pois colaboramos todos e el tamén en sacalo adiante porque senón non tiñamos o PEPRICA ou non tiñamos o Museo, ou sexa, non tiñamos unha cousa ou outra con esas famosas pinzas que xa son históricas e que tan ben saben facer con respecto a eso. Entón ánimo de colaboración do Concello hai absolutamente todo, houbo e haino, e non se preocupen, é dicir, hai un Convenio aí e hai un borrador de Convenio para firmar coa Deputación no que se recollerán todas estas cousas co maior ánimo de colaboración, pero non me veña co da licencia na clave en que vostede o di, non me veña co da licencia, recoñézolle rapidez de reflexos, non sabía que había unha contradicción, en canto tal vostede soubo saír. Vamos a ver, gastos a cargo do adxudicatario, polo tanto non se está eximindo a Deputación de ningunha taxa, estase eximindo o adxudicatario, aquí pon, correspondentes, lino antes, afórrome o traballo de lelo. Non se preocupe que o Concello de Pontevedra ten a vontade de sacar iso adiante e hai solucións, as que se queiran, exactamente as que se queiran, para poder resolver isto, pero home, non saque publicamente estas cousas sen saber exactamente de que está falando, o que están pedindo textualmente é que o adxudicatario, que vaia na súa oferta ou vaia a poñe-los cartos para taxa e para a licencia, a taxa e a licencia, que se queren que se eximan esas vías e demais, véxoo dificilisimo, pero bo, intentarémolo, senón se compensa facendo obras arredor, non hai ningún problema, non se preocupen, non se preocupen, como non houbo nunca, como no anterior mandato fixémolo convenio ou como na anterior ampliación do Museo nos destrozaron literalmente unha rúa, nola destrozaron, que se chega a ser un privado lle paramos a obra e arreglamos a medias, puxo cartos o Concello para arreglala a medias sen ningún problema, sen ningún problema, vostede sabe que non hai ningún problema neste sentido, o que me sorprende é que anden largando ... que hai problemas cando non os hai, non os hai en absoluto, vostedes saben que non os hai, por aí queden absolutamente tranquilos. E queda unha última cuestión que repito, agardo que ninguén, está consultado con xuristas e con técnicos, é dicir, que non mo estou inventando nin moito menos, que é a famosa, o famoso, ese parágrafo, será adxudicado, algunha non se sabe por que nin como, iso é dunha discrecionalidade, é dunha discrecionalidade francamente perigosa para un concurso, di, o concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que quede nunha banda de prezo, e se quedan sete, ¿a cal se lle adxudica?. Non di nin a máis barata, nin a máis cara, nin a máis guapa, nin a máis fea, nin a máis amiga, nin a máis inimiga, non di nada. Iso é moi aberto e pode te-lo perigo de caer en líos, que á parte por outro lado non é nada difícil de aclarar, non é nada difícil de aclarar, se vostedes queren aclaralo, eu na Comisión o intentei, non o fixeron e demais. E dito isto que non se vexa que dende logo, o que dixen antes, que son todos problemas, adiante e que haxa sorte, nós intentamos en colaborar en que vaia o mellor posible, vostedes non nos deron tempo nin oportunidades. Dentro do pouco tempo que tivemos, a este portavoz lle custou quedarse onte hasta tarde e levantarse cedo para consultar con técnicos, para mirar, para realmente facer estas aportacións a toda présa, non tiven, non me deron máis tempo, intentar intentámolo, dende logo, e vamos seguir intentándoo para que vaia adiante da mellor maneira posible. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si. Sr. Crespo, eu celebro que recoñeza que vai moi apretado o expediente e que vai moi xustiño, de acordo, pero non dea como xustificación a que deu, non vale como xustificación dicir que aquí houbo unhas eleccións municipais, esa non é xustificación de ningún tipo, é certo que houbo un proceso electoral pero o anterior Vicepresidente hoxe é Presidente, é dicir, en todo caso é algún problema dun día, do resto non hai máis desculpa posible sobre este tema. E inda que eu non fixen referencia na anterior intervención si o fixen en varias ocasións, mire, dígolle a vostede que o tema da Comisión de Contratación, de que estea a oposición, non, porque é unha cuestión, fixeron unha Comisión de Contratación Técnica. Mire, nós plantexamos dende o día da toma de posesión e non estivemos de acordo na composición das Comisións, que nos abstivemos, precisamente por ese tema porque o lóxico, non por este caso, senón absolutamente por tódolos casos, o lóxico é que nesta Deputación haxa unha Comisión de Contratación onde estea presente a oposición, igual que pasa na maioría dos Concellos, na absoluta maioría dos Concellos. Nada máis, volvo a repetir que nós vamos a votar a favor e entendemos incluso que se non houbera desculpado este tema non houbéramos volto a intervir xa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moi brevemente, xa para rematar xa o debate, dicirlle ó Sr. Mosquera e máis o Sr. Emilio, D. Emilio, perdón, Sr. González, que tempo houbo pouco pero non o tivemos nin nós. Mire, unha obra desta dimensión e desta envergadura poucas veces se acometeu por parte desta casa, e despois saben vostedes que as obras que van a tres bandas son especialmente complicadas que as que van a dúas, cando hai tres Administracións aínda é máis complicado e é un proceso tremendamente complexo para poñer a todos de acordo e vostede non se imaxina que lío tiveron aquí os técnicos da casa e o traballo que pasaron estes últimos días para poder sacar para adiante este proxecto como o sacaron, e a cousa recoñecemos que podería ir máis lenta pero é que o tempo non o tivemos nin o grupo de goberno sequera, pero si temos a responsabilidade de gobernar e polo tanto temos que adxudica-la obra no ano deste ano. É certo Sr. Mosquera que eu coñezo eso que vostede di como vostede pero claro eso é a xustificación, pois é máis que suficiente a xustificación. O que non cabe dúbida é que a obra hai que facela, o que non cabe dúbida é que podemos perder unhas anualidades, pois hai que adxudicala no ano deste ano e buscámoslles a fórmula máis axeitada que se axuste a dereito e perfectamente legal. E que podía ser o prego de condicións económico-administrativas que podía estar máis tempo exposto para que lle pudéramos suxerir. Mire, o prego fíxose cos técnicos da casa que teñen amplia experiencia e coas aportacións que fixeron os técnicos que gañaron o concurso. Polo tanto eu creo que se fixo un prego razonablemente bo. Eu creo que queda aclarado o tema das cláusulas técnicas e administrativas. Os gañadores do proxecto e mailos técnicos da casa fixéronno e creo que o prego é razonablemente bo. Di que queda unha banda moi ampla de empresas, pode quedar, pero o que non cabe dúbida é que para eso está a mesa de contratación, ou sexa, se cinco ou seis empresas cumpren coas condicións e quedan nesa banda de posible adxudicación a mesa de contratación decatarase pola A, B ou a C atendendo ós criterios precisamente desa mesa e loxicamente co que aportara cada un e coa documentación e coa bagaxe que teña cada unha das empresas, é normal, perdón, eso é como fan outros organismos como por exemplo a Xunta de Galicia, onde dentro da banda a propia mesa de contratación propón unha das empresas e é o perfectamente razonable e é o perfectamente normal, senón eu non lle vexo, claro que pode haber outras fórmulas pero creo que esta é a máis extendida e a máis habitual en tódalas administracións. Eu creo que a nivel técnico non temos que falar nada máis, simplemente a nivel político dicirlles algo ós grupos da oposición. E é que, home, Sr. Mosquera, a min gustaríame que me fixeran obras outras administracións aínda que me destrozaran as rúas todas, eu se me fixeran unha obra parecida á quinta esencia deste Museo no meu pobo ogallá estropearán a estrada toda que non habería problema, xa se encargaría o Concello de facela. Ou sexa, non se queixe vostede de que cando outra administración lle fai obras que lle estropea as rúas, porque é o menos que lle pode pasar, só faltaría encima que as fixeran polo aire, que trouxeran as cousas nun helicóptero, claro que podía ser posible. En todo caso non se queixe deso que se queixa de soberbia. Eu simplemente quero rematar dicindo que é moi difícil facer e é moi fácil dicir como se fai, dicir como se fai é tremendamente fácil, facelo é tremendamente difícil. E nós estamos na parte de facer, non de dicir como se fai. E logo no nos queiran, nós queremos vender precisamente, arrimámoslle a ascua á nosa sardiña, é o lóxico, faino cada grupo da oposición, queremos vender como un logro histórico para Pontevedra esto que se fixo coa xestión desta casa e do seu grupo de goberno, non lle quepa a vostede que é un logro histórico, e non queiran vostedes pois poñerlle pegas, onde independentemente de que haxa algunha disquisición técnica que poida ser opinable, que o é, eu creo que este logro histórico de adxudicar esta obra, no nos queiran vostedes deslucir porque a tramitación vai un pouco rápida. É certo e recoñecémolo, a tramitación vai un pouco rápida, pero o proxecto é un gran proxecto para Galicia, é un gran proxecto para Pontevedra e creo que eso está por encima de todo, independentemente que vai un pouco máis rápido da conta, que o vai, e as razóns son claras, así que por favor deixennos vender o que temos que vender que é perfectamente lexítimo, a César o que é de César e a Deus o que é de Deus. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Crespo. Bueno, eu aproveitando que o Sr. Mosquera facía esa boa disposición lle preguntaría ¿cal vai se-la súa posición ou a do seu grupo á hora da exención desa taxa?. Xa nos pode vostede adelantar. ¿E, Sr. Mosquera?. Sr. Crespo Iglesias.- Si, perdón Presidente. Na Comisión Informativa manifestou de que se hai fórmulas, que están dispostos a, que hai boa vontade por parte deles, polo tanto sentémonos a negociar, non hai ningún problema. Sr. Presidente.- ¿Hai boa disposición pola súa parte?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, é que a dúbida ofende e como lle diría vulgarmente, vostede sabe perfectamente que ten aquí un proxecto de convenio, que estamos dispostos a firmar canto antes, que están retrasando vostedes e sempre sementando dúbidas e demais e a dúbida remata producindo certa orquitis. Sr. Presidente.- Creo que está algo confundido neses datos. De todas maneiras só así un dato, que vostede falaba aí de pinza, eso de pinza, que di que fai o PP, eu só, teño aquí sete, sete proxectos que ten en marcha para Pontevedra Deputación e outros organismos, coa pinza esa non deixa que eses proxectos avancen. E vostede sabe ben que proxectos son, non fai falta que llos mencione aquí, polo tanto, hai bastante materia para ese tema. Bueno, dicir que, bueno finalmente vamos aprobar eso. Eu non sei se podemos engadir aí, neste caso no prego, na cláusula 15, onde di que con cargo a adxudicatarios serán os gastos de taxas e impostos. Que, bueno, dalgunha forma se lle poida engadir que se o Concello exime desas taxas, pois que se lle comunicará con urxencia ás empresas ofertantes neste caso. Sr. Crespo Iglesias.- E que será incluída, é dicir, antes de adxudicala podemos ter negociado co Concello de Pontevedra e polo tanto. Sr. Presidente.- Quero supoñer que si. Eu quero supoñer que si. El sempre se preguntaba onde vamos a invertilo e o vamos a invertir en Pontevedra, no Museo de Pontevedra, e polo tanto todo o que sexa inversión en Pontevedra pois creo que é importante. Entón como estamos ante o proxecto máis importante precisamente no apartado cultural, creo que desta Institución e tamén do Concello por suposto, pois temos que aprobar polo tanto este punto, aproba-lo gasto, aproba-lo proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra e a súa rehabilitación, conxuntamente co Edificio Sarmiento, actuacións que se levarán a cabo en terreos, como dicía ó principio, de titularidade da Deputación Provincial, situados no bloque comprendido polas rúas Sierra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de San Bartolomé. O importe son 15.255.405,76 Euros IVE incluído. E ó mesmo tempo aproba-lo prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación con procedemento aberto mediante concurso da referida obra. Bueno, o prego eu diría que aprobásemos tal e como está, incluíndo eso, que se o Concello nos exime desas taxas pois se lle comunicará evidentemente con anterioridade ás empresas ofertantes. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. A ver Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai unhas modificacións aceptadas en Comisión que non meten, agora invéntanse a última hora unha cousa absolutamente peregrina, Sr. Presidente, aprenda a presidir un Pleno. Caramba, eso resolverase como se resolva, no seu momento, e non meta agora que si, que si, que non sei que, se pasar polos xuristas, nos din que os fallos que ten son dos técnicos e agora lle queren calcar unha cousa ... Sr. Presidente.- A vostede lle encanta sempre quedarse de gallito aquí neste tema. Parece ser que disfruta enormemente, non, eu teño que dicir que o que dixen aquí é realmente o razonable. Eu o que estou dicindo aquí é que como vexo a súa disposición, dalgunha forma parece ser a que queren eximir de taxas, o cal debería ser xa unha oferta súa, pois con anterioridade, pois engadimos precisamente a este prego, engadimos que para que as empresas sepan cando van a ofertar precisamente se están exentos ou non desa taxa e poñemos, porque senón haberá que aprobar outro prego ou haberá que aproba-la modificación cando corresponda. Polo tanto única e exclusivamente engadir precisamente que se o Concello nos comunica con anterioridade pois dalgunha fórmula se eximirá de taxas sempre e cando o Concello nolo comunique, nada máis, non hai ningunha cousa que engadir o que pasa é que lle gusta quedar como gallito, xa lle dou a intervención para que interveña e se esplalle sen ningún problema, pero que sepa que é polo interese único e exclusivo desta cidade e da provincia de Pontevedra. Sr. González ¿ten algo?. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Sr. Presidente, acaba de anunciar algo que varía o financiamento do proxecto, eu supoño que non quixo dici-lo que dixo. Sr. Presidente.- Non, varía o financiamento da oferta que presente cada empresa, que hai que comunicarllo. Sr. González Iglesias.- E do proxecto. Sr. Presidente.- Non, do proxecto non varía en nada Sr. González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, Sr. Presidente, Sr. Presidente, mire se vostede ten un total de obra de quince millóns de euros cunhas aportacións, unha aportación x do Ministerio, unha aportación y da Xunta e unha aportación z da Deputación, no momento que lle comunique ás empresas que van a ser 480.000 euros menos, está variando o financiamento do proxecto. Supoño que non querría dicir eso. Mire, mire, aténdame un momentiño, eu estou asustado, é a primeira vez que miro nun debate nun Concello ou nunha Deputación, como un representante do grupo de goberno nos está anunciando que se hai que facer unha chapuza vanna a facer despois. E nola está anunciando aquí, si xa sabemos que se fai en moitos Concellos, xa sabemos que o tema se pode pactar coa empresa, para que dedique eses 480.000 Euros a outra cousa, xa sabemos, pero ten que facelo coa licitación tal e como está porque senón varía todo o financiamento. Sr. Presidente.- Sr. González, esa é a súa opinión, a miña opinión é que non varía para nada, para nada, outra cousa é que a empresa ofertante, que o vai a saber, que o vai a saber cando vai a ofertar, que sepa se realmente está exento das taxas ou non. O proxecto está aí, ese é o importe inicial e polo tanto como é lóxico e nós queremos que se invirtan eses 80.000.000 de pesetas na obra do Museo de Pontevedra, polo tanto entendemos que se lle comunicará con anterioridade para que fagan a oferta en función da exención de taxas ou non. Non hai máis nada que comentar. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Bueno, pois se non temos máis asuntos que tratar levántase a sesión. Visto o acordo adoptado polo Pleno corporativo, na sesión do 30-05-03, polo que aprobou o borrador do Convenio a subscribir entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Deputación Provincial para a ampliación do Museo, cun orzamento total de 15.255.405,76 Euros, a desenvolver en dúas fases, na primeira de ampliación do Museo, e a segunda de rehabilitación do edificio Sarmiento. Está previsto o seu financiamento coa achega das referidas entidades nas anualidades de 2003, 2004, 2005 e 2006 levar a cabo nos terreos propiedade desta institución situados no bloque comprendido polas rúas Serra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de San Bartolomeu; visto o informe emitido polo vicesecretario, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerán na contratación da obra, encontrándoo axustado á normativa vixente; e, visto o informe de fiscalización que emitiu o interventor, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- Aproba-lo gasto. 2.- Aproba-lo proxecto de "Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento", actuacións que se levarán a cabo en terreos de titularidade da Deputación Provincial situados no bloque comprendido polas rúas Serra, Padre Amoedo, Sarmiento e Arcos de San Bartolomeu, por un importe de 15.255.405,76 Euros, IVE incluído. 3.- Aproba-lo prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra. O expediente financiarase con cargo á partida 432.451-622.01 nas anualidades de 2003, 2004, 2005 e 2006, consonte ó seguinte detalle: ACHEGAS Anualidades TOTAL 2003 2004 2005 2006 Consellería de Cultura 100.400,00 750.000,00 750.000,00 202.636,31 1.803.036,31 Ministerio de Educación 1.202.020,00 3.500.000,00 3.500.000,00 901.000,00 9.103.020,00 Deputación 1.200.000,00 1.050.000,00 1.050.000,00 1.049.349,45 4.349.349,45 TOTAL 2.502.420,00 5.300.000,00 5.300.000,00 2.152.985,76 15.255.405,76 De conformidade co previsto no art. 69.4 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a adxudicación definitiva da obra queda condicionada á sinatura do convenio entre as entidades que financian o orzamento. Así mesmo, expóñense ó público, por un prazo de quince días, o proxecto e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso, para efectos de reclamacións, o que, de non producirse, dará lugar á súa aprobación definitiva, de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Diario Oficial da Comunidade Europea e nos boletíns oficiais do Estado, Comunidade Autónoma e da provincia. Os gastos de inserción de anuncios e outros que se deriven do expediente serán por conta do adxudicatario. O prego de condicións económico-administrativas é o seguinte: PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, PARA A "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO", ACTUACIÓNS QUE SE LEVARÁN A CABO EN TERREOS DE TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN SITUADOS NO BLOQUE COMPRENDIDO POLAS RÚAS SERRA, PADRE AMOEDO, SARMIENTO E ARCOS DE SAN BARTOLOMEU 1ª.- Obxecto. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, que se executará mediante convenio subscrito entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Deputación Provincial de Pontevedra, con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2ª.- Financiamento das obras. As obras financiaranse con cargo á partida 432.451.622.01, nas anualidades de 2003, 2004, 2005 e 2006, segundo a seguinte distribución: ACHEGAS Anualidades TOTAL 2003 2004 2005 2006 Consellería de Cultura 100.400,00 750.000,00 750.000,00 202.636,31 1.803.036,31 Ministerio de Educación 1.202.020,00 3.500.000,00 3.500.000,00 901.000,00 9.103.020,00 Deputación 1.200.000,00 1.050.000,00 1.050.000,00 1.049.349,45 4.349.349,45 TOTAL 2.502.420,00 5.300.000,00 5.300.000,00 2.152.985,76 15.255.405,76 3ª.- Orzamento tipo de licitación. O orzamento tipo de licitación é de 15.255.405'76 ¤, IVE incluído. 4ª.- Prazo de execución. Será de 24 meses para a 1ª fase (ampliación do museo) contados a partir da data da comprobación do replanteamento da obra e 18 meses para a 2ª fase (rehabilitación do edificio Sarmiento), que comezará a executarse unha vez concluída a 1ª fase. 5ª.- Prazo de garantía. Establécese un prazo de garantía de dous anos, contado a partir da terminación e recepción das obras. 6ª.- Fianzas: - Provisional do 2 % do tipo de licitación, de acordo co disposto no artigo 35.1 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, que será depositada na caixa da corporación admitíndose o aval bancario ou de compañía de seguros. - Definitiva por un importe do 4 % do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, que será depositada na caixa da corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do RDL 2/2000, de 16 de xuño). 7ª.- Forma de pagamento. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa a aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo seu técnico director; á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no artigo 95 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Todas as certificacións de obra irán xunto coa correspondente factura e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª.- Revisión de prezos. Procederá a revisión de prezos segundo o previsto no artigo 56 do prego de condicións técnicas, efectuándose segundo a seguinte fórmula: Kt = 0,34 Ht/Ho + 0,10 Ct/Co + 0,17 St/So + 0,08 CRt/Cro + 0,06 Mt/Mo + 0,15 Onde os símbolos empregados son os seguintes: Kt = coeficiente teórico de revisión para o momento da execución t; H =man de obra; E = enerxía; C = cemento; S = materiais siderúrxicos; CR = materiais cerámicos; M= madeira. O subíndice "o" aplicado ós símbolos anteriores representa o momento da data de licitación do contrato, e o subíndice "t" o valor do correspondente índice no momento "t" de execución do contrato. 9ª.- Proposicións. O prazo para presentar as ofertas finalizará ós cincuenta e dous días, contados desde o día da remisión do anuncio do concurso ó Diario Oficial da Comunidade Europea, fixándose a data de terminación nos anuncios a publicar no Boletín Oficial do Estado, no da Comunidade Autónoma e no da provincia, debendo presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial en horario de nove (09,00) a trece (13,00) horas. Se o último día do prazo fose festivo, este finalizará ó día seguinte. Cando a documentación se remita por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex, fax ou telegrama no mesmo día. Os licitadores presentarán as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións segundo o orzamento tipo de licitación ou ben cun tipo inferior a este, expresando, en letra e número, a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 10ª.- Documentación. Os contratistas interesados na contratación deberán inescusablemente presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre número 1 – Proposición económica: presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición que figura como anexo a este prego. Os documentos que se acheguen á proposición económica serán orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron cotexadas cos seus orixinais. Sobre número 2 – Documentación xeral. Este sobre, que se xuntará á proposición económica e ás referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) DNI, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no artigo 20 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura de constitución inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica mediante os medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2000, de 16 de xuño. 6) Os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación, expedida polo organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial que será: - grupo C, todos os subgrupos, categoría f, e grupo K, subgrupo 7, categoría d. 7) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo o que afecte á súa execución a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta sendo ademais responsable en materia de prevención de riscos laborais por parte do contratista. 8) Carta de pagamento acreditativa de ter depositada a fianza provisional na Tesourería da Deputación Provincial. 9) Os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea, ademais dos documentos anteriormente citados, excepto o sinalado no apartado sete desta base, deberán presentar: - Inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo número 1 do RD 1098/2001 de 12 de outubro. - Declaración solemne de someterse á xurisdicción dos xulgados e tribunais españois para todas as incidencias que, de modo directo ou indirecto, poidan xurdir do contrato. - Acreditación da súa solvencia económica e financeira mediante unha declaración relativa á cifra de negocios global da empresa e das obras realizadas por esta no curso dos tres últimos exercicios, e a súa solvencia técnica mediante unha declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico dos que disporá o empresario para executar a obra. 10) Os empresarios non españois de estados non membros da Comunidade Europea deberán engadir a seguinte documentación: - Certificación expedida pola embaixada de España no Estado correspondente que acredite a súa capacidade de obrar. - Informe da embaixada de España no Estado correspondente de que o Estado de procedencia da empresa admita, ó mesmo tempo, a participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en forma substancialmente análoga. - Declaración solemne de someterse á xurisdicción dos xulgados e tribunais españois para todas as incidencias que, de modo directo ou indirecto, poidan xurdir do contrato. Quedan exentos de achegaren a documentación aqueles licitadores que fosen admitidos a concursos e poxas convocados por esta Deputación nos últimos doce meses, presentando unicamente a certificación acreditativa da clasificación empresarial e a carta de pagamento xustificativa do depósito da fianza provisional. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituídos en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, o adxudicatario achegará, previamente á adxudicación da obra, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como unha certificación expedida pola Deputación Provincial acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 11ª.- Mesa de contratación. Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: o titular da corporación ou membro en quen delegue. Vocais: o secretario; o interventor; o director do Museo de Pontevedra; un representante da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, designado pola Consellería; un representante do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, designado polo Ministerio; o arquitecto provincial. Secretario: o xefe do Servicio de Contratación, Facenda e Patrimonio. 12ª.- Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións. O acto de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10,00 horas do terceiro día hábil seguinte á do día no que finalice o prazo sinalado para presentar as plicas. A continuación procederase a abrir as proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas realizarase na forma determinada polo RDL 2/2000, de 16 de xuño. 13ª.- Criterios de selección 1.- Reducción do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata 8 puntos. 2.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade constructiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifican esta oferta e que as acepte a Mesa de contratación, ata 4 puntos. 3.- Prazo e programa de construcción das obras que aseguren a súa execución no prazo total e anualidades contractuais, mediante memoria xustificativa e describindo as previsións de tempo e custos en diagrama de barras baseado no coñecemento específico do proxecto, do edificio histórico e o seu contorno e da obra, ata 4 puntos. Non se valorarán aquelas ofertas que rebaixen en máis do 50 % o prazo fixado na base 4ª deste prego. 4.- Plan de utilización dos equipos, maquinaria e demais medios que a empresa se compromete a poñer a disposición da obra, de acordo co programa de construcción presentado, ata 3 puntos. 5.- Plan e período de mantemento, ata 3 puntos. 6.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación da empresa de control de calidade, ata 3 puntos. O concurso adxudicaráselle a algunha das empresas licitadoras que, obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica delas e superiormente polo valor medio das ofertas que superen os 2/3. Para os efectos do parágrafo anterior, considéranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda de cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 14ª.- Adxudicación definitiva. A adxudicación definitiva queda condicionada á sinatura do convenio entre as entidades que financian o orzamento segundo o disposto na base 2ª deste prego. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificaráselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuarlle a notificación ó adxudicatario do contrato, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 15ª.- Gastos a cargo do adxudicatario. Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: - os correspondentes ós impostos e taxas aplicables ó contrato, en especial o imposto sobre construccións, instalacións e obras así como a taxa municipal por outorgamento de licencia de obras e aquelas outras licencias urbanísticas necesarias para executar a obra. Se por calquera circunstancia non houbera que aboalos, o seu importe será reinvertido na obra. - os de dirección técnica das obras, que será do 4 % do orzamento de execución material de acordo coa taxa por servicios facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión que tivo lugar o 27/2/98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida; - os correspondentes ó control de calidade da obra que serán retidos na correspondente certificación; - os de inserción de anuncios do concurso nos correspondentes diarios oficiais ou medios de comunicación. .../... (continúa en el registro siguiente) ------ Folla: .../... (continuación del registro anterior) 16ª.- Sinalización de obra. Ademais, o adxudicatario estará obrigado a colocar dous carteis de obra coas características que facilite o organismo provincial, así como toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteamento. 17ª.- Información pública e convocatoria do concurso. O presente prego de condicións queda a disposición do público no Servicio de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante un anuncio en extracto no Diari

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición