Fondos
2003-10-29_Ordinaria. Acta de sesión 2003/10/29_Ordinaria
Acta de sesión 2003/10/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-10-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/10/29_Ordinaria
Data(s) 2003-10-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de outubro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintenove de outubro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno do día 29 de outubro do ano en curso. 1.4948.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta anterior, sesión ordinaria, do día 24 de setembro do ano 2003. ¿Apróbase?. Apróbase. Acórdase por unanimidade aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de setembro do ano 2003. ------ Folla: 2.4949.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 16, PERTENCENTE Ó CONCELLO DE BAIONA, INCLUÍDA NO PPC/03, POR IMPORTE DE 24.050 EUROS Sr. Presidente.- Punto número dous. Solicitude de cambio de aplicación da obra número 16, pertencente ó Concello de Baiona, incluída no PPC/03, por importe de 24.050 Euros. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade aproba-la petición do Concello de Baiona de cambio de aplicación da obra número 16, incluída no PPC 2003, denominada "Alcantarillado en Sabarís (Barrio Fontiñas)", pola actuación complementaria nº 9, denominada "Alcantarillado en Sabarís (Barrio Punxido)", co mesmo financiamento ca anterior e que de seguido se relaciona: Aportación do Estado (MAP) 9.620,00 euros Aportación da Deputación 7.215,00 euros Aportación do Concello 7.215,00 euros TOTAL 24.050,00 euros ------ Folla: 3.4950.- SOLICITUDE DE CAMBIO DE APLICACIÓN DAS OBRAS NÚMEROS 11 E 12 PERTENCENTES Ó CONCELLO DE SILLEDA, INCLUÍDAS NO PPC/ 2003 Sr. Presidente.- Punto número tres. Solicitude de cambio de aplicación das obras números 11 e 12 pertencentes ó Concello de Silleda incluídas no Plan Provincial de Cooperación 2003. ¿Votos en contra? ¿Abstencións?. A favor tódolos grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por unanimidade aproba-la petición do Concello de Silleda de cambio de aplicación das obras números 11 e 12, incluídas no PPC 2003, denominadas "Cementerio de Dornelas" e "Cementerio de Silleda", por un importe de 30.042,28 euros, cada unha delas, pola actuación complementaria "Alcantarillado Pavimentación c/Avda. Recinto Ferial-c/ Outeiro", co mesmo financiamento cas anteriores e que de seguido se relaciona: Aportación do Estado (MAP) 24.033,82 euros Aportación da Deputación 18.025,36 euros Aportación do Concello 18.025,38 euros TOTAL 60.084,56 euros ------ Folla: 4.4951.- CAMBIO DE APLICACIÓN E FINANCIAMENTO DA OBRA NÚM. 287 DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA, INCLUÍDA NO POL/03 Sr. Presidente.- O punto número catro. Cambio de aplicación e financiamento da obra número 287 do Concello de A Illa de Arousa, incluída no POL/03. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. A favor tódolos grupos. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por unanimidade aproba-la petición do Concello de A Illa de Arousa, de cambio de aplicación da obra núm. 287, denominada "Edificio usos múltiples na Rúa Palmeira", incluída no POL/2003, pola actuación "Ampliación nave escola taller" do Plan Complementario modificando o seu financiamento, quedando a mesma como segue: Aportación Feder (MAP) 6.266,69 euros Aportación Feder (Admón. Local) 39.097,15 euros Aportación MAP 2.682,94 euros Aportación Deputación 10.271,67 euros Aportación Concellos 6.487,04 euros TOTAL 64.805,49 euros ------ Folla: 5.4952.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE DEPUTADOS PARA REPRESENTAR Á DEPUTACIÓN NA "FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE A ESTRADA" Sr. Presidente.- Punto número cinco. Proposta de nomeamento de Deputados para representar á Deputación na "Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada". Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Gracias Sr. Presidente. Ben, en consonancia coa política que vostedes seguen de nomeamentos, representando a esta Corporación, en que todos os nomean vostedes cando debían ser representantes da Corporación e sen entrar en este caso nin nas persoas nin nos feitos, vamos a votar en contra desta política súa de considerar que a Corporación son vostedes sós, o grupo do Partido Popular, cousa que contrasta coas prácticas que hai noutras administracións e que debía se-lo razonable. A Corporación somos todos e non só vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, como xa pasou nun Pleno anterior nós vamos a votar en contra. Entendemos que esta é unha fórmula perfecta para que a oposición estea presente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. O Partido Popular propón o nomeamento no Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, de dos más, aparte de los que había, José Antonio Landín Eirín e José Costa Díaz. ¿Votos en contra?. O BNG e o PSOE. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor o Partido Popular. Por acordo do Pleno extraordinario celebrado o día 24 de xuño de 2003 aprobouse por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do PSG-PSOE e o voto en contra do BNG, unha Moción da Presidencia segundo a que, entre outras designacións, nomeouse representante da Deputación no Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada ó Deputado D. José Juan Durán Hermida. Con data 10 de setembro pasado dita Fundación comunica que os representantes da Deputación haberán de ser tres membros, polo que a Presidencia propón se designe ademais ós Deputados D. José Antonio Landín Eirín e D. José Costa Díaz. Visto o dictame da Comisión Informativa de Relacións Institucionais, o Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Partido Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, designar representantes da Deputación na xa citada Fundación, ademais do Sr. Durán Hermida, ós Deputados D. José Antonio Landín Eirín e D. José Costa Díaz. ------ Folla: 6.4953.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "TERMINACIÓN EP 2303 GONDOMAR-VILAZA (GONDOMAR)". EXPOSICIÓN PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN DOS BENS AFECTADOS. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN E MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación inicial do proxecto "Terminación EP 2303 Gondomar-Vilaza (Gondomar)". Exposición pública da obra e necesidade de ocupación dos bens afectados. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Mantendo o voto da Comisión vamos a votar a favor pero si nos gustaría deixar constancia dalgúns feitos, non relativos a esta obra en concreto, senón a toda unha práctica que leva a certas inxustizas e que seguramente haxa que corrixir cara ó futuro. Vamos a ver, esta é unha obra, conexión de Gondomar coa A-57, que se executa por esta Deputación e que chegado o momento hai un tramo no que os propietarios non ceden e entón hai que pasar á expropiación. Ben, ata aí supoño que estarán casadas as contas, as partes que non se puderon facer, bueno, todo eso vamos dar por suposto que está ben. Pero o que si está provocando é unha inxustiza comparativa, dado que os demais propietarios cederon gratuitamente e a estes se lle vai a expropiar e se lles vai a pagar. Ese é un feito que sucede cantidade de veces, e polo tanto non vai a motiva-la nosa oposición neste caso, pero si o rogo de que cara ó futuro se solvente, máxime tal como consta no expediente de que a liña do novo trazado, a ampliación, coincide co planeamento municipal, ou sexa, que caso de que eses propietarios tiveran que construir, construirán nas súas parcelas, que polo plano non hai ningunha construída, pois terían que ceder gratuitamente, incluso urbanizar eles. Xa sei que eso levaría seguramente un expediente de contribucións especiais ou algo dese tipo, pero non, á parte de maneira masiva, se fora unha obra só desta Deputación, pois bueno, pero é que son moitas e de maneira masiva. Creo que merece que se estudie cal é a alternativa. Dende logo non é a pretensión que se busque unha alternativa que demore as obras, estas de ningunha maneira, pero digo outras futuras; cal pode ser a alternativa para evitar estes agravios comparativos, ou sexa, o que cede pois cede e ben, amplíaselle o vial e mellora, polo tanto non sae prexudicado, pero o que non cede está tocando as narices, retrasa a obra, etc., cando ten a obriga de cesión incluso polo planeamento e resulta que sae beneficiado. Queremos tirar para adiante con tódalas obras, pero creo que se debería buscar algunha vía para evitar este problema que é moi reiterado. Vamos votar a favor, pero si faríamos o rogo de que no futuro os expedientes se fagan de tal maneira que non se beneficie precisamente ó que máis problemas crea, senón que se beneficie a todo o mundo. Recursos hai; pode haber incluso contribucións especiais de acordo co Concello, ben, depende como estea o planeamento, recursos hai para que o que ceda salga beneficiado, para primar a cesión e non estar primando na práctica ó que crea problemas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, bos días a todos. Simplemente dicirlle que era práctica habitual desta casa que cando había ampliacións de vías provinciais, sempre e cando se falaba cos alcaldes dos respectivos Concellos por onde transcorrían, se había unha vontade inicial de que os terreos se puideran conseguir facíanse unhas pequenas ampliacións, estamos falando de pequenas ampliacións. Cando a ampliación da vía ten unha dimensión importante xa vai o seu expediente de expropiación aparellado. Pero neste caso, como noutros como vostede di, eran pequenas ampliacións onde se gaña un escaso metro por cada lado, para facer a vía que ata agora tiña unhas condicións menos adaptadas á Comunidade, ás vías desta capacidade na Comunidade Económica Europea. Nós somos a Deputación que temos as vías máis adaptadas dentro do precario que poden estar algunhas. En todo caso, as que teñen unha certa dimensión xa van co seu correspondente expediente de expropiación, e cando o arranxo, digamos, é intermedio, é o que ocurre neste caso, apelábase á boa fe dos paisanos. Efectivamente di vostede que se poden poñer contribucións especiais. Cando se trata de proxectos que levan aparellados unha urbanización parece lóxico que poida poñérselle contribucións especiais; cando a vía discorre por terreos rústicos, comúns, efectivamente depende do planeamento, é distinto. Eu creo que se realmente as obras levan un proxecto de urbanización aparellado sería bo expropiar e logo poñerlle contribucións especiais ós beneficiarios, pero en moitos casos onde o solo segue sendo rústico entendo que non debe ser así. En todo caso trataremos de ver no futuro para, de acordo co rogo que fixo vostede, procurar que naqueles casos onde vaia haber problemas se acometa xa o expediente inicialmente de expropiación. Sempre de acordo co que se fala cos Alcaldes, se fai unha pequena investigación sobre a posibilidade de que os propietarios cedan. Cando a grande maioría dos propietarios están dispostos a ceder, e cando se fai ese tipo de actuacións. De feito moitas vías provinciais son adxudicadas, o que é a capa de aglomerado, e logo son os propios veciños os que solicitan a ampliación da mesma, e cun modificado acométese esa ampliación. É dicir, hai os dous casos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Como ben dicían ámbolos dous Voceiros, era algo necesario, esta obra foi iniciada practicamente no ano 2000 e finalmente se remata agora cunha posible expropiación que hai que facer, e creo que é unha obra tremendamente necesaria para conectar Gondomar e toda a súa área coa A-57. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Con cargo a Fondos Propios 2003 foi redactado o proxecto de "Terminación EP 2303 Gondomar-Vilaza (Gondomar)", cun orzamento para coñecemento da Administración de 36.985,60 euros, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 28.500,00 euros, e capítulo de expropiacións por importe de 8.485,60 euros, e que ten por obxecto acomete-la mellora do tramo comprendido entre o PK 1+680 e 1+980 do mencionado vial, para dotalo dunha plataforma de 10 m., con 7 m. de pavimento; como queira que con data 13-10-03, se emitiron por Intervención documentos RC nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 03/511.511-612.03 do vixente orzamento provincial para a execución da obra e para a tramitación das expropiacións que conleva; e, dado que o 17-10-03 se emitiu informe polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur sinalando a apremiante necesidade de acomete-la mellora do referido tramo, toda vez que é o único pendente de mellora nunha estrada provincial de abundante tráfico por servir de enlace entre Gondomar e a autovía A-57, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "Terminación E.P. 2303 Gondomar-Vilaza (Gondomar)", cun orzamento para coñecemento da Administración de 36.985,60 euros, desglosado en orzamento de execución por contrata por importe de 28.500,00 euros, e capítulo de expropiacións por importe de 8.485,60 euros. 2.- A exposición pública do proxecto, así como do expediente expropiatorio que conleva durante o prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose que en caso de non producirse as mesmas quedará definitivamente aprobado de forma automática. 3.- A declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación, toda vez que pretende acomete-la mellora dun vial provincial que sirve de enlace entre Gondomar e a Autovía A-57, en aras de mellora-la seguridade vial nunha zona de abundante tráfico rodado e cun colexio nas súas proximidades. 4.- Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola obra. 5.- A motivación da urxencia que se solicita, en base ó informe emitido o 17-10-03 polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, no que sinala que tódolos tramos da estrada foron obxecto de mellora, mediante a cesión de terreos polos titulares das fincas afectadas, a excepción do tramo comprendido entre o PK 1+689 e o 1+980, debendo acometerse a súa mellora mediante un expediente expropiatorio, coa máxima celeridade posible, para dotala dunha plataforma de 10 m., que evite o estreitamento nese tramo, en aras a garanti-la fluidez do tráfico e da seguridade para o mesmo e dos viandantes, nunha zona de grande movemento de poboación por servir de enlace entre a Autovía A-57 e Gondomar e por ter un colexio de ensinanza primaria nas súas inmediacións. ------ Folla: 7.4954.- MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS REGULADORAS DAS TAXAS DA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Modificación das ordenanzas reguladoras das taxas da Deputación de Pontevedra. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias. Vamos a ver, actualízanse as taxas nun 2%; se a cuestión fora de rutina, bueno, non habería nada que obxectar, pero é que votamos en falta que haxa algún estudio da situación do ritmo de ingresos ou de gastos que supoñen estas taxas. Entón, se se fixera un estudio a fondo dos gastos que supoñen e da súa actualización real, é posible que unhas subiran máis e outras subiran menos e outras incluso baixaran. Como eso non o sabemos, vámonos abster. A actualización é mínima, é correcto actualizalas cada ano, pero había que facer un estudio a fondo das taxas e actualizalas, xa digo, no sentido que sexa, e incluso algunha posiblemente desaparecera porque non ten sentido. Ese estudio non se fai, simplemente se deixa a cousa como está e se actualiza. Vámonos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. González. Sr. González Iglesias.- En principio el planteamiento de actualización coincide con la previsión del Gobierno para este año, que es el 2%, por lo tanto nosotros vamos a votar a favor. Lo que si nos gustaría es plantear una enmienda en una de ellas que es la de inserción de anuncios en el Boletín Oficial de la Provincia, en el sentido de retomar algo que había aquí y que hay en todos los boletines y que es la publicación de urgencia, donde se paga el doble para publicar anuncios urgentes. Esto se retiró hace tres años aproximadamente, diciéndonos que no hacía falta que estuviese la publicación de urgencia puesto que todos los anuncios se estaban publicando con un máximo de diez días. Esto no es real; ahora mismo hay anuncios que sufren retrasos superiores a diez días, por lo tanto nosotros plantearíamos que se volviese a utilizar esa taxa de urgencia para que aquellas personas o ayuntamientos que lo necesiten paguen más y tienen un plazo para la publicación, de la misma forma, vuelvo a repetir, que está en todos los boletines. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Aquí, como ben din, tráese a actualización das taxas do IPC previsto do 2%; ó mellor seguramente o IPC real vai ser un pouco maior, incluso nalgúns concellos se está aplicando o 3%, e incluso nalgúns outros por riba do 3%. Eu creo que dentro desa política que se continua dende o Partido Popular e bueno seguir facendo unha subida de impostos razoables sempre que se poida. Sr. Iglesias, eu creo que o problema que vostede presenta na emenda é un problema de operatividade, é dicir, non por pagar máis se debería de ter máis axilidade. Nós polo tanto seguiremos mantendo o criterio, ó mellor o que hai que facer é, neses casos puntuais, articular un sistema administrativo que sexa máis correcto, pero dende o noso grupo non nos parece correcto que porque sexa urxente que teñan que pagar máis. Ó mellor habería que articular, e eso vamos a estudialo, a posibilidade administrativa de que cunha serie de normas, aqueles temas que sexan realmente de urxencia, se valoren desa maneira e se poidan tramitar. Polo tanto, nós a emenda súa non a vamos a recoller desa maneira, pero si nos comprometemos a estudiar a posibilidade de que administrativamente se articule algún sistema para que eses temas de urxencia se tramiten verdadeiramente como son, e tamén calificalos se son urxentes ou non son urxentes porque ás veces os Concellos e as persoas que mandan as publicacións ó Boletín din que son urxentes e ó mellor non teñen esa clasificación de urxentes. Polo tanto o que si nos comprometemos é a estudiar esa proposta que vostede fai, pero non a recollela nas taxas, senón continuar como están. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Eu supoño que o Portavoz do Partido Popular tivo un lapsus. O tema da urxencia non é cuestión de que o Partido Popular estea de acordo ou non. Recórdolle que no Diario Oficial de Galicia existe, no Boletín Oficial do Estado existe. Eu estaba plantexando a realidade a día de hoxe. Aquelo que se nos dixo de que en dez días estaba todo publicado sempre non é certo. Hai tres anos vostedes se comprometeron a que os asuntos realmente urxentes e tal estivesen publicados antes de dez días, pero a realidade é que ata agora non se está dando eso. Se se comprometen non a estudialo senón a publicalo en dez días e a buscar unha fórmula, perfecto, nós de acordo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Unha matización. Nós non queremos dicir loxicamente o que é urxente é urxente. O que lle estaba dicindo é buscar unha fórmula para que eso se produza e punto. Non estamos dicindo o contrario, é dicir, ó final está dicindo o mesmo que estou dicindo eu doutra maneira. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Procedemos polo tanto á votación do punto número sete. Modificación das ordenanzas reguladoras das taxas da Deputación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Bloque Nacionalista Galego. ¿A favor?. Partido Socialista e Partido Popular. Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servicio de Intervención desta Deputación para a modificación das ordenanzas reguladoras de diversas taxas provinciais, coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualiza-las tarifas das mesmas para o exercicio 2004, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Vistos os informes conxuntos de Secretaría e Intervención que constan nos respectivos expedientes, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG: - Aproba-la modificación das tarifas das ordenanzas reguladoras das diversas taxas que se relacionan a continuación, polos importes que figuran en cada expediente. - TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS. - TAXA POLA INSERCIÓN DE ANUNCIOS NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. - TAXA POLA SUBSCRIPCIÓN E VENDA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. - TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE". - TAXA POLOS SERVICIOS QUE SE PRESTAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR. - TAXA POLA AUTORIZACIÓN DE OBRAS E OUTROS APROVEITAMENTOS EN ZONAS CONTIGUAS ÁS ESTRADAS PROVINCIAIS. - TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO PROVINCIAL. - TAXA POLOS SERVICIOS DE ASESORAMENTO CON DESPRAZAMENTO ÓS ENTES LOCAIS POLO CPAM. - TAXA POLOS SERVICIOS DE ENSINO QUE SE IMPARTEN NA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA. - Os expedientes de modificación das ordenanzas de ditas taxas exporanse ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. - No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia do texto íntegro dos artigos modificados. ------ Folla: 8.4955.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚM. 1/2003 DO PADROADO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Sr. Presidente.- Punto número oito. Expediente de suplemento de crédito número 1/2003 do Padroado da Escola Universitaria de Enfermería. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver. Evidentemente coñecía a nosa postura con respecto a estas modificacións, pero neste caso o que sorprende, non é que sexa unha modificación elevada, que son tres mil euros se mal non me engaño, pero neste caso o motivo de fondo si que pode ter certa enxundia porque é un pleito sobre adxudicación dunhas prazas de profesores aí porque parece que hai un recurso bastante enmarañado que me parece que leva un gasto elevado. Necesitaría cando menos certa explicación sobre eso e saber exactamente o que pasou. Xa é bastante sorprendente que aquí, en case tódalas adxudicacións de persoal que hai, ou ben son de libre designación e os criterios non se ven nada claros e son francamente estraños, ou ben haxa recursos, se é que teñen posibilidade para recurrir ou medios para recurrir. Parece que seguimos cunha política de persoal que non está creando máis que problemas orixinados por esa política francamente estraña cando non absolutamente discrecional. Vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Aclarar que, como ben di o Sr. Mosquera, o problema de fondo se tratará nos órganos que sexan competentes. O que se trae é un suplemento de créditos única e exclusivamente, que son 3.000 euros. É o punto da orde do día; evidentemente se vostede quere facer ese debate ó mellor sería noutro órgano ou noutro momento. O que se trae aquí é ese suplemento e aprobalo ou non. Verdadeiramente hai un recurso; é lóxico que a Deputación se persone, e vamos a defendernos e despois se queren facer ese debate xa o faremos cando proceda. Sr. Presidente.- Moitas gracias. ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado da Escola Universitaria de Enfermería, por un importe total de 3.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2002. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, co voto en contra do BNG e coa abstención do PSOE, aproba-lo expediente de suplemento de crédito nº 1/2003 do Padroado da Escola de Enfermería, aplicándolles os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: -03/842.422.226.19 Outros gastos diversos 3.000,00 Euros TOTAL 3.000,00 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Padroado correspondente ó exercicio de 2002, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -03/842.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 3.000,00 Euros Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 9.4956.- DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ASESOR DO ORAL Sr. Presidente.- Punto número nove da orde do día. Designación de membros do Consello Asesor do ORAL. ¿Hai algunha intervención?. Proposta de acordo dos membros do Consello Asesor do ORAL. Polo Partido Popular: Julio Alén, Alcalde de Mondariz; Alejandro Rodríguez, de Oia; Andrés Iglesias, de Pazos de Borbén; Perfecto Rodríguez Muiños, de Ponte Caldelas; Telmo Martín González, de Sanxenxo; Fernández Viéitez do Concello de Silleda; e Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde do Concello de Tui. Polo Partido Socialista: Luis Carlos de la Peña, Alcalde de Baiona; José Mª Tobío, Alcalde de Caldas. E polo Bloque Nacionalista Galego, Luciano Sobral, Alcalde do Concello de Poio. Esta será a composición do Consello Asesor do ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Visto o acordo que adoptou o Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) na sesión que celebrou o día 8 de outubro de 2003, e que literalmente di: "De conformidade coas propostas dos distintos grupos políticos representados na Corporación Provincial e co establecido polos artigos 6 e 12 dos Estatutos do ORAL, acordouse por unanimidade designar membros do Consello Asesor do ORAL, ademais de a tódolos integrantes do Consello de Administración, ós dez Sres. Alcaldes que se mencionan: Polo Partido Popular: D. Julio Alén Montes, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz. D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Oia. D. Andrés Iglesias Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén. D. Perfecto Rodríguez Muiños, Alcalde-Presidente do Concello de Ponte Caldelas. D. Telmo Martín González, Alcalde-Presidente do Concello de Sanxenxo. D. José Fernández Viéitez, Alcalde-Presidente do Concello de Silleda. D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, Alcalde-Presidente do Concello de Tui. Polo Partido Socialista de Galicia: D. Luis Carlos de la Peña Arízaga, Alcalde-Presidente do Concello de Baiona. D. José María Tobío Barreira, Alcalde-Presidente do Concello de Caldas de Reis. Polo Bloque Nacionalista Galego: D. Luciano Sobral Fernández, Alcalde-Presidente do Concello de Poio. Do presente acordo darase traslado ó Pleno da Deputación para a súa aprobación definitiva, xa que o que neste acto realiza o Consello de Administración do ORAL é unha aprobación inicial, procedéndose posteriormente á constitución do Consello Asesor." O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aproba-la designación de membros para formar parte do Consello Asesor do ORAL proposta polo Consello de Administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) na sesión que celebrou o día 8 de outubro de 2003. ------ Folla: 10.4957.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSG-PSOE) SOBRE O INCREMENTO DOS CUSTOS DE SOGAMA NO TRATAMENTO DO LIXO Sr. Presidente.- Punto número dez da orde do día. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o incremento dos custos de SOGAMA no tratamento do lixo. Sr. González. Sr. González Iglesias.- O día 7 o Grupo Provincial Socialista meteu polo Rexistro da Deputación unha moción en función do anuncio que acababa de facer SOGAMA a tódolos Concellos dun incremento superior ó 30%. ¿Que ocurre con este tema?. Bueno, pois que realmente facendo un pouco de historia no tema de SOGAMA, resulta que os Concellos, os primeiros Concellos que asinaron convenios con SOGAMA no ano 94, 95 e 96, estaban asinando un convenio onde tiñan enriba da mesa un prezo, que era o prezo estimativo, un pouco porque estaba empezando a empresa a funcionar, e no mesmo convenio se facía referencia a que era o prezo alto posto que ese prezo ía a cubri-los custes fixos e que a medida que se incorporaran os Concellos loxicamente ese custe se ía a abaratar. Non só eso figuraba naqueles convenios, senón que ademais o responsable de SOGAMA naquel momento, que era o Sr. Diz Guedes, en diferentes rodas de prensa na provincia, e están tódolos medios para miralo, facía o mesmo tipo de valoración e de comentario. A SOGAMA se van incorporando paulatinamente Concellos. Hoxe a maioría dos Concellos de Galicia están en SOGAMA e SOGAMA cada ano ía actualizando vía IPC os seus custes. Curiosamente uns meses antes das eleccións se nos anuncia a tódolos Concellos que vai haber un incremento dun 70% no tema de SOGAMA. Non se sabe se era po-la cercanía das eleccións ou polo que fora, aquelo quedou aí, pasan as eleccións e se nos plantexa un incremento de máis do 30%. Eu creo que a ninguén dos que estamos aquí se lles escapa que ese incremento vaise repercutir loxicamente sobre os cidadáns e se nos plantexan unha serie de preguntas ou de cuestións. A primeira, realmente se hai uns custes superiores o lóxico é que SOGAMA, como empresa, poña os números enriba da mesa e os negocie cos seus clientes. ¿Por que?. Pois por unha razón moi sinxela. Esta non é unha cuestión de mercado, non hai outra empresa á que acudir, só hai SOGAMA, e polo tanto aínda que sexa unha empresa mixta e sexa o 51% da Xunta e o 49% de FENOSA, como non hai competencia á que acudir loxicamente ten que pasar por unha previa negociación, e ten que pasar por dar a coñecer tódolos números de SOGAMA e a posibilidade de abaratar custes ós clientes, e neses clientes están loxicamente os Concellos e a Deputación, que aínda que non é un cliente directo non cabe dúbida que está representando, incluso por obrigación, a eses Concellos, e dicimos por obrigación porque unha das súas funcións é axudar ós Concellos a que os servicios básicos e fundamentais poidan prestalos. Ben, esto non se deu e polo tanto nós estamos plantexando directamente de entrada dicir non a esa subida de máis do 30%. E a segunda cuestión é facer unha comisión mixta na que estiveran presentes loxicamente os Concellos e SOGAMA e nós apuntábamos como novidade que se incorporaran as Deputacións, que se incorporaran polo que dicía antes, porque a Deputación ten algo fundamental que dicir aí. Entre tanto, e como nos tememos que esto non ten volta atrás e que esa subida se vai producir, nós lle plantexamos á Deputación unha fórmula para que participe temporalmente nese cánon de SOGAMA e dos Concellos. ¿Por que temporalmente?. Porque entendemos que se se fai unha repercusión paulatina ós usuarios últimos que son os cidadáns, non é igual que se lle incremente o 30% neste ano, ou máis do 30% neste ano, a que se lle incremente ese custe en tres anos diferentes. E esto tampouco é nada sorprendente; podía ser sorprendente noutra institución pero nesta que vostedes din tódolos días, e é certo, que goza dunha boa situación económica, non debe supoñer gran problema para a Deputación, sobre todo recordando que esta Institución está colaborando en temas coma o bono-peaxe, que de feito non vai a tantos cidadáns da Provincia, vai a un sector de cidadáns da Provincia pero non a tantos como sería este tema, que cubriría en principio perto do 90% dos cidadáns da Provincia. E este é o plantexamento que facemos para a discusión; xa coñecemos un pouco que o Grupo Popular non está de acordo, pero a ver que nos din agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Loxicamente non me toca a min defende-lo proxecto de SOGAMA, non son quen para defende-lo proxecto de SOGAMA. Simplemente facer un pequeno recordatorio no senso do que dixo o Sr. González Iglesias, que se ben é certo que no seu momento, cando naceu SOGAMA, se nos dixo ós Concellos que o incremento non ía a ser tanto como ó final foi, tamén era previsible que fora, e vostede sábeo perfectamente. En ningún sitio se atan os cans con longanizas e non vai ser unha excepción SOGAMA. En todo caso o proxecto de SOGAMA pasou por unha serie de vicisitudes e aínda que non sexa a panacea, que non o é, seguro que SOGAMA ten algunhas cousas que mellorar, pero o que non cabe dúbida é que aínda non se topou a panacea a pesares de que algún grupo pois cinco anos detrás dela, e non debe de ser fácil de topar porque eu sei os esforzos que se fixeron. En todo caso, hai proxectos alternativos a SOGAMA como NOSTIAN que saben vostedes os problemas que teñen. O propio Alcalde de Lugo, que acaba de adxudicar unha planta de compostaxe, está preocupado polo financiamento da mesma xa que en principio os estudios saen en torno a 56,00 Euros máis IVE a tonelada, cando agora mesmo o plantexamento definitivo de SOGAMA é de 44 máis IVE ata o 2025, que é cando remata este proxecto, é a vida últil que ten o proxecto SOGAMA; polo tanto, sen ter que defender moito a SOGAMA, coas deficiencias que teña e cos problemas que teña parece que SOGAMA é o método menos malo. Do tema da compostaxe había moito que falar del e sobre todo que a nivel de custes non ía a ser máis barato que SOGAMA e eso saben vostedes que se pode falar sen lugar a dúbidas, sen temor a equivocarse. SOGAMA ten que autofinanciarse. É verdade que o desequilibrio financeiro prodúxose e ten que autofinanciarse e encima non pode recibir subvencións de explotación. Como non pode recibir subvencións de explotación, no ano 2002 presentaron un proxecto xustificado, porque a venda de enerxía baixara. Saben vostedes que no ano 97 o prezo unitario por euros de quilowatio hora era de 0,632, polos datos que nos dou SOGAMA á FEGAMP. Bueno, pois no ano 2003 era de 0,423, co cal quere dicir que unha vez que se produce no referente á enerxía unha baixa importante dalgún sitio hai que sacalos. Entón naquel momento, no ano 2002, propuxeron un novo canon onde empezaba con 32 euros tonelada, que era de xaneiro a xuño de 2002, e remataba no ano 2005 con 56, ata o final do seu proxecto, 56,31 Euros tonelada máis IVE e máis o IPC, cada ano. Ben, naquel momento opuxémonos tódolos Concellos que estábamos metidos no proxecto. Eso significou algún que outro movemento en SOGAMA, e propuxéronlle ós Concellos, nunha reunión informal na que eu tamén estiven presente, aínda que realmente era co actual Presidente da FEGAMP, non comigo, en teoría se vou a ser o entrante para eso me convocaron a esa reunión, estaba o Voceiro do BNG, Higinio, e o Alcalde de Betanzos polo PSOE. Se nos propuxo precisamente xa un razonamento, eu creo que xamais meditado, onde eses 56,31 Euros tonelada quedaban pola vida do proxecto, ata o ano 2025, en 44,00 Euros, máis IVE, máis o IPC cada ano. Sen que esto nos alegrara moito, porque pódolles asegurar que por parte da FEGAMP, dende que pasou eso no ano 2002, fixéronse as xestións para que a subida fora o máis razoable posible. Conseguiron un financiamento extra para o tema enerxético, e entón a atención da prima para a producción de enerxía en canto que se elevou, baixaron os custes. Outra das razóns que nos deron ós Concellos que estamos na FEGAMP é a mellora da eficacia das instalacións e a reducción de custes da explotación e mantemento mediante melloras técnicas. A obtención de maiores ingresos pola revalorización dos envases e a reducción dos custes financeiros a través da optimización. Parece que renegociaron os préstamos que tiñan no seu momento. E logo tamén meteron unha nova variante que é a maior cantidade de tratamento dos resíduos. Ben, eu sei que é caro, sei que é gravoso para os Concellos, todos o sufrimos, de feito o que máis e o que menos, de calquera partido político que nos toque gobernar nestes momentos, estamos sufrindo nestes momentos as iras da oposición correspondente porque subir as taxas é sempre politicamente difícil, pero o que é certo é que non houbo ningún Concello que estea metido en SOGAMA, ou non o vai haber, que non subira a taxa. Polo tanto xa de entrada será que a suba é inevitable, á marxe de que o PSOE na FEGAMP non dixo nada. Parecíalle moito loxicamente, pero despois parece ser que ata pediron unha reunión de Voceiros na FEGAMP. En principio pedíronme que asistira como ointe, e supoño que será neste mes de novembro, pero o que si é certo é que outros proxectos son aínda máis caros que SOGAMA. E ogallá sexa este o proxecto definitivo, é dicir, eu quero pensar que si, quero pensar que estes 44 Euros tonelada, máis o IVE, máis o IPC, aguantarán estes 25 anos, pero en todo caso xa Dios dirá. O que si é certo é que agora mesmo o proxecto SOGAMA é un proxecto viable e os Concellos que están nel están razonablemente contentos, aínda que todos bramemos en hebreo porque nos suban. En todo caso, coida-lo medio ambiente, trata-los resíduos é costoso, cóstalle cartos. O custe integral de SOGAMA por persoa e ano é de 12,85 Euros máis IVE e o custe medio do incremento por persoa e ano é de 3,12 Euros nada máis ó ano; non parece un custe por persoa e ano nada excesivo. En todo caso o que non cabe dúbida é que nos desequilibra as arcas municipais e sobre todo obríganos a algo que nos amarga moito ós grupos de goberno que é a subi-las taxas dunha maneira importante. Fíxoo Pontevedra, fíxoo Sanxenxo, fíxoo Lalín, fixéronno moitos Concellos porque realmente non queda outro remedio se se quere que se produza un equilibrio financeiro nos Concellos. Eu remato facéndolle xa alusión ó que pide na Moción. Eu creo que a Deputación podía absorber ese incremento, por suposto, pero entendo que non é neste momento a prioridade desta casa porque se están facendo outras cousas e entendo que cada Concello, no caso dos resíduos sólidos, ten que ser responsable e ten que cobrarllo ós seus cidadáns. É unha medida impopular para quen goberne pero non queda outro remedio. Nós estamos moito por debaixo da media europea en pagamento neste tipo de materias. Países como Suiza duplican o custe por persoa e ano, duplícano, e en España SOGAMA é das máis baratas; aínda que nos pareza moi cara é das máis baratas, os datos están aí para comprobar. Algunhas Comunidades Autónomas que presumían de te-la panacea aínda non se lle veu por ningunha parte. Polo tanto, a nivel de custes podémonos queixar, pero SOGAMA é o plan de tratamentos máis barato e máis razoable que agora mesmo está funcionando, dos de Europa e dos de España. Así que eu creo que os Concellos temos que asumilo, temos que repercutirllo ós nosos cidadáns, e non queda outra solución, calquera outra solución é pura demagoxia. ¿Que a Deputación o pague?. Claro que o pode pagar a costa de deixar de facer outras cousas. Pero en todo caso cada grupo de goberno terá que priorizalo. Nestes momentos non é unha prioridade, cada pau que aguante a súa vela e os Concellos temos que facer frente a eso. Por certo que se se producira esta subvención para SOGAMA xeneraríamos agravios comparativos con outros Concellos que queiran ir a outro tipo de tratamento que non sexa SOGAMA. Habería que buscarlle unha solución, ou sexa que encima xeneraríamos un problema á hora de dicir como vamos aboar, porque calquera tipo de aboo que faga esta casa loxicamente tiña que facelo para tódolos Concellos da Provincia, estea en SOGAMA ou non estea en SOGAMA. En todo caso este plantexamento sería razonable se se puidera facer globalmente de todo Galicia, as catro Deputacións, cos Concellos involucrados en SOGAMA e cos que non están en SOGAMA. Témonos que mentalizar que coida-lo medio ambiente e trata-los resíduos é un tema costoso. Estábamos mal acostumbrados en Galicia a pagar moi pouco nese eido e a verdade é que menos mal que nos coste eso, mirando como están noutras Comunidades Autónomas. E remato simplemente rexeitando os puntos que vostede pon aquí nesta Moción. O de crea-la comisión mixta, se houbera unha comisión global a nivel de Galicia aínda tería sentido. Obviamente, Concellos, Deputacións, dalgún xeito representan a FEGAMP. Eu creo que a FEGAMP está facendo de intermediaria, porque a verdade é que se nos dou vela no enterro, nada máis que para escoitar, porque moitas veces fálase de que a FEGAMP pactou con SOGAMA, non, a FEGAMP non pactou con SOGAMA, a FEGAMP escoitou a SOGAMA, que é distinto, cos razonamentos que fixeron para esta subida, pero déanse conta que esta subida no ano 2002 era de 56 Euros tonelada máis IVE mailo IPC tódolos anos e quedou reducida pola presión que se fixo dende os Concellos, dende a FEGAMP, a 44 euros. Eu creo que é unha reducción importante e polo menos razonablemente satisfactoria. Gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Crespo. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Este é un debate xa recorrente, pero creo que explicar o obvio é difícil, pero hai que facelo e repetilo as veces que faga falta. Vamos a ver, SOGAMA empezou no ano 89 a andar, primeira cuestión; segunda, o plantexamento, polo menos o noso, foi que había que facer un gran pacto sobre o tratamento que se fixera, o sistema de tratamento que se fixera sobre as basuras. ¿Por que?. Pois porque primeiro podía supoñer aportacións de tódolos grupos, de tódalas sensibilidades que hai respecto a esto, e segundo, sería algo moito máis realista e acaído ó plano social e político e de satisfacción desta necesidade. Esto non foi así e unilateralmente o PP acordou tirar pola incineración en SOGAMA, adoptando todas as vías para que calquera outra alternativa non fora viable, ou fora de moi difícil viabilidade. Explícome, se SOGAMA foi financiado, non me acordo agora as cifras, pero dende logo multimillonarias, evidentemente non hai recursos para outros, e esta é a trampa saducea, é dicir, non, é que o trazado desta autovía non me gusta, lévenna por aquí; non, non, faga vostede outra, pero faga vostede outra ¿que significa?. Que os cartos os está administrando a Xunta. Os que non administramos eses cartos, sexan forzas políticas, sociais, ou concellos, ¿con que o facemos?, con follas de millo, con follatos daqueles. Esa trampa é unha trampa bastante saducea. Ó final, incluso con moito voluntarismo, se pode intentar e se intentará; se está intentando en certo número de Concellos, pero na práctica é moi difícil porque os cartos públicos que manexou a Xunta os destina a un tratamento e os demais non teñen eses cartos públicos. Pero a maiores houbo dúas dificultades engadidas que fixo por un lado empobrecer a SOGAMA, leva-la casa a quebra, e por outro lado evitar por tódolos medios que puidera haber unha compatibilidade real que mellorara os tratamentos. Explícome. Primeira cuestión: que SOGAMA sabía que estaban facendo un prezo absolutamente político, sobre todo inicialmente, que creaba a espectativa de que podía ser moi barato o tratamento do lixo, e que levou practicamente á quiebra a SOGAMA por un lado, e por outro lado evidentemente se calquera outro tratamento podía te-los prezos ós que hoxe vai SOGAMA, naquel momento creaba a dificultade de dicir, oia, este tratamento vai ser máis caro que SOGAMA, cando todos sabíamos que SOGAMA ía ser moi caro. Ese tratamento, esa decisión política de ter uns prezos en SOGAMA que non correspondían coa realidade, dou os resultados que dou; por un lado eso, que SOGAMA estea practicamente nestes momentos na quebra, e por outro lado dificultar tremendamente calquera outro plan alternativo incluso xa a maiores da dificultade do financiamento que SOGAMA tiña e os outros plans non. E outra dificultade maior que é a cerrazón a compatibiliza SOGAMA con outros tipos de tratamentos, cousa que si pudo e aínda pode conte-los gastos, non digo abaratalos posiblemente, conte-los gastos, porque esto de SOGAMA non o cre ninguén, os 44 euros non o cre ninguén, vai subir e non a moito prazo, senón ó tempo, a menos que se engañe toda a xente que sabe desto; moi probablemente se vaia a ir ós prezos que SOGAMA puxo no 2002, ó tempo. O tempo quitará razóns, e polo tanto estamos na peor das hipóteses posibles, por un lado a decisión unilateral do Partido Popular de tirar para adiante con SOGAMA, con tódalas medidas asociadas de imposibilitar ou prohibir tratamentos alternativos, de poñer uns prezos moi baratos, que era outra dificultade engadida. Eu podo contar como anécdota as xestións que fixen eu directamente, co Ministerio de Medio Ambiente en Madrid, e para tratamento de resíduos había cartos, pero cando se di, ¿podemos pedir eses cartos?, non, prohibido porque está SOGAMA; todo o que sexa en Galicia ten que ir por SOGAMA e para o resto non hai un duro. Esta situación levou á peor das hipóteses posible. SOGAMA case na bancarrota e os proxectos alternativos cunhas dificultades enormes. Podo contar o da Coruña o outro calquera. Por falta de financiamento e pola competencia desleal duns prezos políticos por parte de SOGAMA, chegamos a unha situación que é a peor das hipóteses posibles. Ben, creo que estamos a tempo de retoma-lo asunto, pero este non é un paso na dirección correcta, porque retoma-lo asunto significa pensar seriamente o que pasa coa compostaxe. Resulta que en Galicia a compostaxe é imposible. No plan de resíduos de Valencia intentan compostar ó 100%. Cousas curiosas. Ou sexa, só SOGAMA, non hai nada alternativo nin o pode haber. Demóstrese que non pode habelo e demóstrese na práctica, ou sexa, non cun prexuízo de entrada. Tan imposible, tan absurdo é pretender, como en Valencia, que se composte ó 100%, porque eso non hai quen o separe, como aquí en Galicia dicir que é imposible ningún tipo de compostaxe. Poñamos as cousas en clave realista e si se pode, combinar tratamentos. A estas alturas, funcionando SOGAMA, antes se pudo plantexar doutra maneira, só tería a solución de compatibilizar, e integrar diversos sistemas de tratamento dentro de SOGAMA. Este é un paso na dirección correcta. Simplemente se suben as taxas e non se sabe moi ben se de maneira definitiva, se se axusta ós prezos reais. Tivemos que escoitar que os prezos que inicialmente se daban en SOGAMA, que por exemplo no caso do Concello de Pontevedra eran pouco, era a mitade desto, era a mitade dos 44, chegaban de sobra, incluso se ía abaratar. Tivemos que escoitar de todo e agora escoitamos que é o definitivo. Así non avanzamos nada. Vostedes toman unilateralmente a decisión. Eu entendo a Moción, podíase discutir da Moción certas cuestións, eu enténdoa. Vostedes unilateralmente, Partido Popular, se meteron en SOGAMA coas limitacións, condicións e tipo de tratamento que foi; se empeñaron en que fora así e agora toman a decisión unilateralmente, pois penquen coas consecuencias e aproben a Moción. Creo que non é este foro seguramente. O Sr. Crespo vai se-lo Presidente da FEGAMP, seguramente este debate tiña que ser noutro lado, pero creo que estamos a tempo, creo que o paso do tempo ás veces visualiza moi ben todos os problemas que hai, ou sexa, se SOGAMA foi nunha dirección moi unilateral, empobrecida nese sentido, tan empobrecida que rematou empobrecéndose SOGAMA, que estivo boicoteando, tanto por falta de financiamento coma por prezos ou por esa posición excluínte, outros sistemas alternativos, sistemas alternativos que aínda así se intentaron votar a andar con maior ou menor realismo en canto ó seu financiamento e posibilidades. Tampouco SOGAMA é un paradigma de funcionamento, leva trece anos, os outros sistemas alternativos se lle pon a cruz de que non funcionan, se lle fai o epitafio ós tres anos, e SOGAMA leva trece. Ben, creo que o tempo que transcorreu nos leva a que estea nunha situación todo esto que non é óptima para ninguén, dende logo para SOGAMA non, nin moito menos, e polo tanto eu creo que é o momento de retomar e facer sistemas alternativos e non seguir coa guerra. Se se fai un sistema alternativo é unha declaración de guerra a SOGAMA, e SOGAMA é unha declaración de guerra ós sistemas alternativos. Non ten pés nin cabeza. Si SOGAMA, a Xunta, sigue nesa actitude, evidentemente os Concellos que temos outra sensibilidade, gobernados por forzas que temos outra sensibilidade con respecto ó tratamento do lixo seguiremos inventando sistemas alternativos xa coa experiencia que dou esta historia, do que é realista ou do que non é. Hoxe por hoxe a situación é a que é e xa digo; é sempre a famosa argumentación, dicir, oiga, pois se non lle gusta SOGAMA faga outra e se non lle gusta a autovía faga outra, vale, e se eu como cidadán protesto porque non me gusta a autovía, pois bueno, faga outra. Esa argumentación non vale, polo tanto deixémola no caixón. Creo que o realista, o sensato, e o mellor para a cidadanía hoxe é retoma-lo asunto practicamente dende o inicio, facer un gran pacto, integrar tódolos sistemas que poida haber no camiño de reutilización, reciclaxe, bueno, non vou a repetir aquí todo o que circula por aí que xa é ben coñecido. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, vaya papelón que le tocó ahí, es curioso, va a presidir usted la FEGAMP y le toca defender este tema. La verdad es que el tema es duro, es muy duro. De entrada yo saludo, Sr. Crespo, que lleva ya reconociendo cosas. Yo recuerdo que el primer día que salió en prensa esta historia se decía que estaba apoyada por el Partido Socialista, también. Menos mal que usted nos acaba de aclarar que el Partido Socialista no se pronunció en aquella reunión. También sabemos que estuvo alguien más que Cabezas, estuvo usted en la reunión. Usted está apuntando ahí una serie de datos y de cifras que es lo que en aquel momento pedían los Ayuntamientos. Los Ayuntamientos en aquel momento decían, oiga, póngame encima de la mesa los números que yo quiero discutir este tema, no me plantee una subida unilateral. Eso es lo que no se estaba haciendo en aquel momento y además de eso lo que aparece encima de la mesa es esa subida de más del 30%. Y utilizando su mismo argumento, si en el 2002 a base de presión no se produce ese incremento previsto o planteado por SOGAMA, ¿cuál es la razón ahora para no hacer presión para reducir el incremento?. Yo no la veo. Y si en el 2002 se hace presión y se consigue que no se incremente, bueno, pues vamos hacer presión. Los Ayuntamientos tienen que participar en esa discusión, pero participar y opinar, es decir, no llegar allí, que le cuenten los números y que le tengan que decir que si. Y esto no es una cuestión de mercado, no hay otro sitio a dónde ir, están en SOGAMA y tienen que seguir yendo a SOGAMA. Por lo tanto tiene que haber un proceso de discusión, no es como cuando usted va a comprar unos zapatos que valen 100 Euros y valen 100 Euros, no hay más, porque puede ir a otra tienda, aquí no puede ir a otra tienda, aquí tiene que ir a la que hay, por lo tanto, lógicamente los clientes tienen algo que decir y hasta ahora pues no se les permitía o no se planteaba el que les dijese algo. En esta Moción, si usted la lee con atención, en ningún momento se pone en cuestión el tema de SOGAMA, en ningún momento. De todas formas este no es el foro para poner en cuestión el tema de SOGAMA o alternativas diferentes. Si fuese este el foro lógicamente estaríamos hablando de otra cosa. Por lo tanto el 50% de su argumentación para esta Moción no sirve, servirá para otro foro y para otro planteamiento diferente que si quiere también podemos hacer. Es decir es válido SOGAMA o alternativas a SOGAMA, pero vuelvo a repetir, no es el planteamiento de hoy ni el de esta Moción siquiera. Y simplemente nosotros ¿que planteamos?. Si usted va a presidir la FEGAMP y está claro que apoyan esta subida, a partir de ahora vamos a buscar fórmulas para que la repercusión a los ciudadanos sea paulatina, para que haya un colchón, para que se repercuta en tres años, no en un año. Y es una fórmula perfectamente legal, es decir, aquí no se está subvencionando, nosotros lo que planteamos en la Moción no es subvencionar SOGAMA, es subvencionar a los Ayuntamientos para que hagan frente al recibo de SOGAMA. Eso es lo que estábamos planteando. ¿Que queda algún Ayuntamiento fuera?. Nosotros estamos dispuestos a discutir que si queda algún Ayuntamiento fuera por ese tema, que se le compense en otras cuestiones, porque si está en un tratamiento alternativo lógicamente también tiene unos costes. Nos parecería lógico y normal. Y se lo decíamos antes, no es una novedad; es que aquí se está haciendo con el bono peaje dedicado a una parte de la población de la provincia. Nosotros aquí estamos haciendo un planteamiento para toda la población de la provincia. Creemos que la Diputación puede entrar en cuestiones de este tipo sin ningún problema además. Y mire, se da la casualidad que nosotros presentamos esta Moción sobre este tema, pero llevamos años, el Grupo Socialista lleva en esta Diputación años, planteando el que la Diputación tenía que entrar en el tema de los resíduos sólidos de los Ayuntamientos y tenía que aportar dinero y tenía que aportar información técnica y demás. Y ustedes siempre sistemáticamente dijeron que no, sistemáticamente, y ahora nos dicen, no, es que nosotros estamos a otra cosa con otras prioridades. Pues bueno, perfecto, ustedes pueden estar en otra cosa y con otras prioridades, pero la realidad es la que es al día de hoy. Nosotros le estamos diciendo esto desde la perspectiva que hace nada acabamos de votar a favor el tema de las taxas, es decir, se actualizan las taxas, nos parece lógico, es la actualización por la previsión de desviación del IPC del Gobierno y nos parece normal, es decir, nosotros no estamos sentándonos en la acera de enfrente diciendo que no haya ninguna subida ni ninguna historia, cosa que por cierto hace el Partido Popular allí dónde está en la oposición, curiosamente. Pero, bueno, también es fácil porque están ustedes en una política general tremenda, y yo creo que ayer en el debate de los Presupuestos Generales del Estado decían lo mismo, no, no, nosotros es que rebajamos impuestos. Si, los directos que dependen del Estado si, pero después por la vía indirecta nos los multiplican. Y además de eso nos sacan el impuesto de hidrocarburos en Galicia; también es una rebaja de impuestos, sustanciosa además. Nos anuncian el tema del agua con un incremento del doscientos cincuenta y tantos por ciento. Otra rebaja de impuestos del Partido Popular, o sea, perfecto, dicen una cosa y hacen exactamente la contraria. Pero vuelvo a repetir, ver a la persona que va a presidir la FEGAMP defendiendo el incremento de SOGAMA es que me parece muy fuerte el tema. ¿Con que cara va usted ahora a discutir a SOGAMA el planteamiento de incrementar el 30% si aquí acaba de defenderlo. Al menos fuesen lo sufucientemente hábiles ustedes para que este tema lo defendiese cualquier otro compañero suyo. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Vou a procurar ser breve porque creo que é un debate estéril a partir da segunda parte do debate. Sr. González Iglesias, eu estou aquí en calidade de Deputado non como Presidente da FEGAMP. E eu fun invitado como futuro Presidente da FEGAMP e creo que do meu grupo son o que mellor podo coñecer eso, precisamente por estar alí no medio da cuestión. Pero sepa vostede, sen que sexa ningún mérito para min, que eu dentro do meu grupo fun dos máis críticos con SOGAMA ó longo de todos estes anos. E ás hemerotecas me remito. Polo tanto, non me fale vostede a min, xa o deixei ben claro na miña intervención, que eu non teño que defender para nada o de SOGAMA. O que teño é que ve-la realidade e sobre todo o que temos que ser é responsables e coherentes nos nosos feitos e mirar que cos defectos que teña, que os ten seguro, e coas actuacións moitas veces unilaterais que faga, é o sistema no que estamos a maioría dos galegos e é o sistema que temos que ter claro. Ben, eu vou a procurar ser moi breve para rebatirlle o que dixeron vostedes. Vostede sabe que hai Concellos rexidos polo seu grupo que non lle farían ningún asco a SOGAMA, agora mesmo. Falo por exemplo de Santiago, falo por exemplo de Lugo, que se ben adxudicou esa planta de compostaxe, creo que está máis arrepentido que outra cousa. En fin, vostedes saben como está a realidade mellor ca min dentro do seu grupo, e polo tanto eu non lla vou a dicir. Pero eu tamén o sei, e teño que dicir que o PSOE, o PSdG-PSOE, foi razoablemente crítico, pero foi razoablemente constructivo. Hai que dicilo e hai que recoñecelo. E ós feitos me remito, precisamente polo que vostede dixo de que estamos aí, é o sistema menos malo, pero ademais é o que hai fundamentalmente. Non estou de acordo co Sr. Mosquera en absoluto, que se ben non vamos facer aquí un panexírico da historia de SOGAMA, en absoluto estou de acordo co que vostede argumentou. Fala vostede dun pacto global; eso é ideal, e vostedes puxeron para ese pacto global a parte de atrancos. Eu nunca vin un actitude positiva do BNG cara ó tema dos resíduos sólidos. Acusa vostede que o PP puxo a SOGAMA como único buque insignia e como única alternativa e como única posibilidade. Vostedes non foron menos. Primeiro, non é certo que o PP defendera SOGAMA como única posibilidade, pero vostedes si que defenderon calquera menos SOGAMA, sempre lle estiveron indo vostedes á xugular de SOGAMA. Que quede claro que eu non teño que defender a SOGAMA; SOGAMA que se defenda ela, eu non teño que defendela, simplemente aporta-los datos que no seu momento se nos deron á FEGAMP. Dicía vostede que se con presión se conseguiu rebaixar de 56 Euros á 44, seguir facendo presión. Claro que se pode seguir facendo presión, pero asegúrolle que aínda que aquí non é o foro de debate axeitado, que sería a FEGAMP, si se fixo a presión axeitada e si se chegou ó límite que se consideraba se debía chegar. Pódolle asegurar que SOGAMA chegou onde tiña que chegar e o compromiso non é só de SOGAMA é do Conselleiro de Medio Ambiente que interviu, o Sr. Barreiro interviu nesa negociación, e dixeron que máis abaixo de aí o proxecto non sería viable. O Sr. Mosquera aínda afirma que non é viable; eu non o sei, non afirmo nin unha cousa nin outra, non afirmo nin que SOGAMA terá que subir máis ou manterse aí, non o sei. O que é certo é que SOGAMA, co aval da Consellería de Medio Ambiente, afirmou que con 44,00 Euros tonelada máis o IPC, máis o IVE, era o proxecto viable ata o 2025, que é cando remata este proxecto. Polo tanto, os datos que están encima da mesa son estes e eu non os teño que facer meus, eu simplemente lle digo que eso é o que hai. Con respecto ó plantexamento que vostedes fan xa aquí, concretamente Sr. González Iglesias, dicirlle que este plantexamento necesitaría facelo a nivel galego, se as Deputacións deben pagar, axudar ós Concellos que están en SOGAMA ou en calquera outro proxecto, tiña que ser un plantexamento das catro Deputacións, tiña que ser un plantexamento global a nivel de partidos, a nivel de Galicia, para poder afrontalo, se non vai ocurrir, como ocurre por exemplo cos incendios forestais, onde os grupos de incendios cóstalle distinto a un Concello de Pontevedra, a un de Ourense, a un de Lugo que a un da Coruña. E aquí pasaría o mesmo se a Deputación de Pontevedra subvenciona o custe do incremento, pois ocurriría que os de Lugo pagarían máis, os de Ourense ou os de Coruña, e creo que eso non é desexable; eu creo que precisamente parte da filosofía deste proxecto é que tódolos cidadáns paguen igual e que haxa unha solidariedade, por eso un da Rúa paga o mesmo a tonelada que un de Pontevedra ou que un de Cerceda, por poñer un exemplo. Polo tanto, se eso se basa nun proxecto, se ten un certa doses de solidariedade creo que nós non podemos ser quen partamos la baraxa. Hai outros mecanismos. Vostedes teñen grupos parlamentarios, tanto o BNG coma o PSOE, para propoñelo a nivel Parlamento Galego, que creo que é onde se debe propoñer, e se hai unha idea dun pacto global onde as Deputacións actuen ó unísono ó mellor eso é viable; agora, facelo unilateralmente dende a de Pontevedra non sería precisamente a política do actual grupo de goberno, porque nós sempre criticamos que sexa distinto nunha provincia que noutra, sobre todo aqueles servicios que estamos dando máis ou menos en igualdade de condicións nas distintas provincias. Polo tanto, eu creo que ese pacto sería viable a nivel global e a nivel galego, pero unilateralmente dende Pontevedra non o vemos viable e a Deputación de Pontevedra ten outras prioridades nestes momentos, pero se houbera un plantexamento global estaríamos dispostos a estudialo. E creo que non lle teño nada máis que dicir ó PSOE; creo que máis presión que se fixo non se dá feito, porque se non SOGAMA non é viable, e a Consellería de Medio Ambiente, que avala os postulados de SOGAMA, di que por baixo de 44 euros o proxecto non se ten de pé e se non se ten de pé ti podes apretar ata onde das apretado. Eu pódolle asegurar que ningún Concello, sexa do PP, do PSOE ou do Bloque, quere pagar máis a basura, pola conta que lle ten, e fomos ata onde fomos e os seus representantes na Federación Galega sábenno perfectamente. Non é mérito meu, é mérito do actual Presidente da FEGAMP, do Alcalde de Ourense, de Cabezas, que foi quen levou esta conversación; eu estiven de ointe na última parte, de convidado de pedra, opinei algo pero non moito. Remato esta in
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota