Fondos
2003-11-26_Ordinaria. Acta de sesión 2003/11/26_Ordinaria
Acta de sesión 2003/11/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/2.2003-11-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2003/11/26_Ordinaria
Data(s) 2003-11-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de novembro de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteseis de novembro do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados D. Ramón Campos Durán nin D. Xosé Carlos Pazos Docampo, quen excusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno do día de hoxe. 1.4960.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 15 de outubro e ordinaria do día 29 de outubro, ámbalas dúas deste ano 2003. Apróbanse polo tanto. Apróbanse por unanimidade os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 15 de outubro e ordinaria do día 29 de outubro, ámbalas dúas deste ano 2003. ------ Folla: 2.4961.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE COVELO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente.- Punto número dous. Delegación de competencias do Concello de Covelo a favor do ORAL para a xestión, liquidación, recadación e inspección da taxa por recollida de lixo. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 12 de novembro de 2003, sobre aceptación da delegación do Concello de Covelo para a xestión, liquidación, recadación e inspección da taxa por recollida de lixo, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: - Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a delegación, na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por recollida de lixo realizou o Concello de Covelo por acordo plenario de data 24 de setembro de 2003, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988. A citada delegación levarase a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2004 e publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 3.4962.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Adhesión do Concello de Mondariz-Balneario ó Convenio de colaboración en materia catastral. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o 12 de novembro de 2003, polo que se acepta a petición do Concello de Mondariz-Balneario de adhesión ó Convenio de colaboración en materia catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Mondariz-Balneario en sesión celebrada o día 14 de outubro de 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Mondariz-Balneario ó Convenio de colaboración en materia de Xestión Catastral. ------ Folla: 4.4963.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Á DATA 31 DE DECEMBRO DE 2002 Sr. Presidente.- Punto número catro. Rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Deputación Provincial á data 31 de decembro de 2002. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Abstencións o Bloque Nacionalista Galego. A favor o Partido Socialista e o Partido Popular. Visto que o Pleno da Corporación Provincial, na sesión ordinaria de 29 de novembro de 2002, acordou aproba-lo Inventario Xeral de Bens e Dereitos desta Deputación con data de 31 de decembro de 2001. Considerando que o artigo 33 do Regulamento de Bens das Entidades Locais sinala que o Inventario se rectificará anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos, e polo que co obxecto de cumprir con tal fin elaborouse unha relación de variacións sufridas no Inventario durante o ano 2002, que se achega co expediente, para os efectos de rectifica-lo devandito Inventario con data de 31 de decembro de 2002. Considerando que o órgano competente para aproba-la rectificación do Inventario é o Pleno da Corporación como así o recolle o artigo 34 do mencionado Regulamento de Bens. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG, aproba-lo expediente de rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra con data de 31 de decembro de 2002, por un importe total de 51.828.554,25 Euros e co seguinte detalle por epígrafes: EPÍGRAFE BENS VALOR INVENTARIO VALOR ALTAS ANO 2002 VALOR BAIXAS ANO 2002 VALOR INVENTARIO 31/12/02 1º Inmobles. 41.932.527,99 ¤ 60.101 ¤ 41.992.628,99¤ 3º Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico. 3.524.254,44 ¤ 3.524.254,44¤ 4º Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación. 784.861,71¤ 784.861,71¤ 5º Vehículos. 1.531.484,33¤ 150.637,88¤ 110.448,77 ¤ 1.571.673,44¤ 6º Semoventes. 28.457,92¤ 18.017,88¤ 10.757,11¤ 35.718,69¤ 7º Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados. 3.529.102,23¤ 449.082,42¤ 58.767,67¤ 3.919.416,98¤ TOTAL 51.330.688,62¤ 677.839,18¤ 179.973,55¤ 51.828.554,25¤ ------ Folla: 5.4964.- SÉTIMO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto quinto da orde do día. Sétimo expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. O outro día, supoño que o lería vostede tamén na prensa, un destacado membro do seu partido, á sazón aspirante incluso ó posto que vostede desempeña, nos deleitaba con que non asistía ós Plenos de certo Concello porque non tiñan contido. E resulta que hoxe nos topamos aquí cun Pleno que excepto que a dous Concellos se lles ocurreu adherirse ó ORAL ou houbo algún erro por aí ou algún retraso, non teríamos absolutamente nada. Ben, dito esto, que por outro lado xa é recurrente nesta Institución, con respecto a este expediente, expediente pequeno, supoño que será a liquidación de última hora, de todo o ano, faremos o que sempre fixemos nestes expedientes. Nin estivemos de acordo coa filosofía orzamentaria cando se aprobou o orzamento para este ano, nin moito menos coa maneira de xestionalo, e polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Gracias. Dicirlle ó Sr. Mosquera que se a orde do día deste Pleno é o que é, é porque as cousas durante o ano se levan feito correctamente. Por suposto que cando ten que vir algo ó Pleno, ten que vir, e se non hai contido no Pleno é porque os temas están adiantados; é dicir, nós tampouco tiramos pedras contra nós, Sr. Mosquera. ¿Dígame vostede que cuestións nestes momentos están en espera?. Eu creo que poucas, é dicir, que o Presuposto estase executando con normalidade, os expedientes que están conformados se están tramitando con absoluta normalidade, e polo tanto ese é o motivo de que cando non hai temas é porque as cousas se están facendo ben. Pero se non hai contido, non hai contido, non hai outra cuestión. En canto a este expediente hai un tema que é importante que é a aportación ó novo Edificio do Museo, que é a maior parte do expediente de modificación de crédito, e tamén é importante un Convenio con AFRIFOGA para as Comunidades de Montes Veciñais, para cuestións medio ambientais, que pensamos que tamén é importante a nivel provincial. Son as dúas partidas máis importantes. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Se non hai máis intervencións procedemos polo tanto á votación do punto quinto. ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios nº 7/2003, dentro do vixente Orzamento Provincial, por un importe total de 1.414.814,43 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase, os suplementos de crédito por importe de 1.322.191,00 Euros e os créditos extraordinarios por importe de 92.623,43 Euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda, por maioría de votos a favor do PP e co voto en contra do BNG e a abstención do PSOE, aproba-lo expediente de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios nº 7/2003, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e de servicios 108.924,43 ¤ Capítulo 4º.- Transferencias correntes 381.004,00¤ Capítulo 6º.- Inversións reais 886.486,00¤ Capítulo 7º.- Transferencias de capital 38.400,00¤ TOTAL EXPEDIENTE 1.414.814,43¤ Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 6.4965.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO CONSELLO GALEGO DE TURISMO Sr. Presidente.- Punto sexto da orde do día. Designación de representante da Deputación no Consello Galego de Turismo. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- La Presidencia presenta la siguiente moción: O artigo 58.c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes das Corporacións en órganos colexiados. Recibido escrito da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo con posterioridade á celebración das Comisións Informativas, requirindo a designación de representante da Deputación no Consello Galego de Turismo, que parece ser vai a constituírse inmediatamente, procede que a Deputación designe o seu representante, polo que esta Presidencia somete a consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: "A petición da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra no Consello Galego de Turismo, ós Sres. Deputados D. Jose Manuel Figueroa Vila, como titular, e D. José Juan Durán Hermida como suplente". Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si. Pediría que se me recordara o dictame da Comisión Informativa. Sr. Presidente.- ¿Hai dictame da Comisión Informativa?. Sr. Secretario.- No porque llegó después de la Comisión. Sr. Presidente.- Chegou con posterioridade. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ía dicir que parecía que era un arcano porque onte estiven mirando os expedientes e non aparecía esa proposta. Soamente estaba o requerimento da Consellería solicitando que se nomeará, non estaba esa proposta. Entón supoño que haberá que ratifica-la urxencia antes de votalo e despois votalo. Con respecto ó fondo da cuestión estamos no mesmo de sempre; vostedes o guisan, vostedes o cocen e polo tanto vámonos abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si é certo o que di o Sr. Mosquera, non estaba a proposta porque chegou esta semana a proposta do Consello Galego de Turismo da Xunta, que o enviou a Consellería, e loxicamente, Sr. Mosquera, se hai un membro só supoño que terá que ser do goberno. Sr. Presidente.- ¿Quere intervir?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Podemos reiterar que cando hai cincuenta designacións do Pleno, se podía facer, á imaxe e semellanza do que se fai noutras institucións locais, un reparto. Se fai noutras Deputacións incluso un reparto deste tipo de cuestións, que son representacións institucionais que non teñen ou non deberían ter maior compoñente política. Evidentemente, se é para unha institución sóa si, pero é que estamos falando da política xeral que se segue nesta Institución en relación a estas designacións. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Reiterarlle a mesma cuestión; é dicir, nós pensamos que é un Consello importante, onde se poden tomar decisións e loxicamente as decisións desta Deputación se poden facer por consenso pero o que ten que te-las iniciativas sempre ten que se-lo goberno. Non tería ningún sentido que a nun Consello onde se poden tomar decisións importantes o goberno non estivese e estivese a oposición. Eu creo que carecería de toda a lóxica política ese plantexamento. Me parece moi ben que vostede fale dunha cuestión xeral, é dicir, que se podía debatir, ó mellor pode ter razón, pero este tema non dá para máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Xa ve que nós cedémoslle a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Quero dicir que esa filosofía ata lla podíamos aceptar, pero entón deféndanna así en Vigo e en Pontevedra. Deféndanna tamén, renuncien a todas as representacións que teñen do Concello porque é a filosofía correcta que acaba de dicir vostede agora. Non teño nada que debatir. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Votaremos a urxencia. La urgencia la votan todos los grupos a favor. Ahora vamos a votar la designación del representante. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Os dous grupos. ¿A favor?. O Partido Popular. O art. 58, c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes das Corporacións en órganos colexiados. Recibido escrito da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo con posterioridade á celebración das Comisións Informativas, requirindo a designación de representante da Deputación no Consello Galego de Turismo, que parece ser vai a constituírse inmediatamente, procede que a Deputación designe ó seu representante, polo que esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: "A petición da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o Pleno acorda, previa declaración e aprobación da súa urxencia, por maioría de votos a favor do Grupo Popular e as abstencións do PSOE e do BNG, designar representantes da Deputación Provincial de Pontevedra no Consello Galego de Turismo ós Sres. Deputados D. Jose Manuel Figueroa Vila, como titular, e D. José Juan Durán Hermida como suplente. ------ Folla: 7.4966.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de las Resoluciones Presidenciales que se han dictado entre el 22 de octubre y el 21 de noviembre y que ya han sido trasladadas a los Portavoces de los grupos políticos. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 22 de outubro e o 21 de novembro de 2003 e que foron trasladadas ós Voceiros dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 8.4967.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número oito. Rogos e preguntas. Primeiro cedémoslle a palabra á Sra. Deputada Dona Belén Sio. Sra. Sio Lourido.- Gracias Sr. Presidente. Yo quería reiterarle la pregunta que le hice en el Pleno anterior sobre los nombramientos en los cargos de dirección del Centro Príncipe Felipe. Y además quería preguntarle ¿por qué no ha sido contestada todavía mi pregunta?. ¿Por qué se esconde usted debajo del taburete?, ¿Qué está pasando en los nombramientos de esta Diputación?. Y quería decirle algo que no le dije en el Pleno anterior. Le presenté la pregunta esperando a que me la contestara. Antes del Pleno anterior usted me amenazó en los medios de comunicación, con una conducta que parece bastante indigna, si, si, de un cargo institucional como el que usted ostenta. Usted dígame en qué estoy equivocada o en qué estamos equivocados, pero con argumentos. Y si lo contesta con argumentos, desde luego le vamos a dar la razón. Pero conteste a la pregunta. Porque se la vamos a seguir reiterando aquí y en los foros que sea necesario. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Sio Lourido. Dicirlle primeiro que a contestación súa saiu por escrito, por correo, eu polo menos si a asinei, e polo tanto ten contestación amplia en relación ás preguntas. En relación á segunda cuestión que me fala non recordo, eu suelo tratala a vostede co debido respeto, faltaría máis, polo tanto non recordo esa circunstancia, pero bueno, aclararémolo cando sexa necesario. Agora pediu a palabra o Sr. Santiago Novas. Sr. Santiago Novas.- Si, gracias, bos días. Si Sr. Presidente, a pregunta é en relación a un informe do Consello de Contas. Quería saber qué valoración, qué opinión lle merece ese informe, e en base a esa opinión qué medidas correctoras, en relación ás irregularidades detectadas polo Consello de Contas ten pensado tomar. Por facer mención á algunha das irregularidades detectadas fala de concesión arbitraria de axudas, fala de incumprimento dos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, e fala da falta de motivación algunha nas concesións por Resolución na maioría das subvencións. En canto ós convenios di que se abusa desta figura para tratar de escapar da normativa que regula as subvencións e os contratos públicos, etc., etc. Nós entendemos, e eu entendo, que hai materia neste informe que ten calado, que ten a inxundia suficiente para ter que tomar algunha medida correctora. Esas son as preguntas. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicirlle que estamos analizando esta documentación, que nos chegou fai uns días, e que en principio son observacións que fai precisamente á xestión do ano 2000, quero recordar. En principio daremos as xustificacións que sexan necesarias; reunido cos técnicos da casa se entende que non hai precisamente reparos a esa argumentación do Consello de Conta. Respetamos esa opinión e vamos a contestala debidamente. É todo o que lle podo dicir neste momento. Sr. Santiago Novas.- En base a eso faría un rogo, que se nos dea copia, que se nos dea traslado das alegacións ou da contestación que se dea ó Consello de Contas. Sr. Presidente.- De acordo. ¿Máis preguntas?. Sr. Rey Rey. Sr. Rey Rey.- Está presentada aí por escrito. Conforme á situación climatolóxica do último verán saber se os servicios técnicos da Deputación teñen cuantificados os danos que no sector agrario se puideron ter dado, e unha segunda pregunta e se se prevé no futuro algunha medida como seguro para previr continxencias nese sector. Sr. Presidente.- Eu acabo de recibilo agora mesmo; de todas maneiras quizais conviría especificar un pouco, habería que apuntar un pouco máis cales son os máis prexudicados, se vostede ten coñecemento. Nós, de momento, é a primeira petición que temos, pero eu estou disposto a que os servicios desta casa estudien esa circunstancia. Pero eu creo que habería que clarificar quizais un pouco máis. Sr. Rey Rey.- Si, algunha información máis hai, pero en función desto podémola transformar logo nunha moción, así o faremos. Sr. Presidente.- E aquí a debatiremos, non hai problema. ¿Máis rogos ou preguntas?. ¿Por parte do equipo de goberno non hai ningunha pregunta?. ¿Por parte da oposición tampouco?. Polo tanto levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vintecinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela estendese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O PRESIDENTE, O SECRETARIO, ------
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota