Fondos
2004-10-27_Ordinaria. Acta de sesión 2004/10/27_Ordinaria
Acta de sesión 2004/10/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-10-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/10/27_Ordinaria
Data(s) 2004-10-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 27 de outubro de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e sete de outubro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do día de hoxe do Pleno da Corporación Provincial. 1.5135.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de setembro do ano 2004. Apróbase. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de setembro de 2004. ------ Folla: 2.5136.- COMPARECENCIA DA PRESIDENCIA A PETICIÓN PROPIA Sr. Presidente.- Segundo punto. Comparecencia da Presidencia a petición propia. Quería dicir e manifestar que comparezo hoxe nesta sesión plenaria, a petición propia, para poder informar sobre asuntos de contratacións de obras a empresas que resultaron adxudicatarias das obras e subministros da Deputación de Pontevedra. A miña presencia neste Pleno non está precedida de ningunha denuncia de empresas ou de particulares, que puideran observar irregularidades, anomalías ou ilegalidades ou que se puideran sentir víctimas dun trato inxusto ou discriminatorio polo meu labor ó frente da Deputación Provincial de Pontevedra. Tráeme a este Pleno como é sabido un conxunto de informacións emitidas por unha cadea de radio, nas que se pretende relacionar o desempeño do meu cargo coa actividade de varias empresas nas que participan e traballan persoas das que se di me son próximas. E, tráeme sobre todo a miña firme convicción democráctica de que aínda que non teño por que facelo pois non hai ningunha anomalía, é o Pleno da Deputación o lugar e o instrumento axeitado para dar conta a todos vostedes señoras e señores Deputados e á sociedade en xeral de calquera cousa que afecte á imaxe desta Deputación. Esta decisión miña de ofrecer explicacións ó Pleno coincide por outra banda coa petición formulada polo grupo do Bloque Nacionalista Galego. O outro grupo desta Corporación, o Grupo Socialista, presentou pola súa banda unha moción solicitando unha comisión de investigación sobre a contratación deste organismo, integrada por representantes de tódolos grupos. Esta moción foi sometida a informe, fóra da orde do día, na Comisión de Réxime Interior, sendo rexeitada a súa urxencia en base a que este Presidente tiña previsto dar información ampla e detallada dos procedementos de adxudicación das distintas obras e servizos que se contraten. En cumprimento diso esta Presidencia dá explicacións detalladas en base ós informes elaborados polos distintos servizos do procedemento seguido na contratación de obras e de modo concreto das que foron adxudicadas a empresas que por algún medio de comunicación veñen a cuestionar a súa legalidade. Segundo se desprende dos informes teño que resaltar en primeiro lugar que todas as obras que se adxudicaron nesta Deputación seguiron a tramitación legal establecida, calquera que fora a adxudicataria utilizando os procedementos legalmente establecidos de concurso, poxa ou procedemento negociado, con total transparencia e difusión, podendo calquera interesado non só acceder ós expedientes correspondentes, senón velos na páxina web desta Deputación que de inmediato publica o resultado destes procedementos seguidos. Así mesmo como é preceptivo dáselle traslado ós outros licitadores para que teñan coñecemento directo e poidan entablar se se consideran prexudicados o correspondente recurso. A adxudicación das obras por concurso ou poxa corresponde á Xunta de Goberno, que o fai a proposta da Mesa de Contratación cuxos compoñentes teñen un carácter eminentemente técnico, que son o Secretario desta Corporación, o Interventor, técnicos como Enxeñeiros ou Arquitectos e que está presidida por un Deputado. Este Presidente non presideu nunca unha Mesa de Contratación. As adxudicacións fanse sempre no caso de poxa, á oferta máis económica, no caso de concurso á empresa que obteña a maior puntuación, segundo as bases que rexen a convocatoria que é pública, ó igual que é pública a apertura das plicas onde quedan enteradas todas as empresas das ofertas que se fan. De aí que poida afirmar, con absoluta rotundidade, que o procedemento seguido é absolutamente legal, non existindo irregularidade de tipo algún como poden vostedes comprobar nos expedientes que están á súa disposición. Entrando xa en cuestións de detalle, con respecto ás empresas Pavimentos de Meaño, S.L., Obras e Construccións Sisán, S.L., Construccións Fontefría e Áridos de Curro, segundo os datos e informes que me proporciona o Servizo de Contratación dos anos 2003 e 2004, que é dende cando teño responsabilidade como Presidente, foron as seguintes: A Pavimentos de Meaño, no ano 2003, fóronlle adxudicadas polo procedemento de subhasta, é dicir, a oferta máis económica para os intereses desta Deputación, obras por un importe de 154.502,00 euros; e por procedemento negociado, unha obra por importe de 59.040,00 euros. Así mesmo, por suministros ó Parque de Maquinaria, mediante concurso, sendo a empresa que obtivo, nos lotes ós que licitou, a oferta máis vantaxosa, un total de 205.385,00 euros. En total, por todos os conceptos, a cantidade adxudicada á empresa Pavimentos de Meaño no ano 2003 ascendeu á cantidade de 418.927,00 euros, que non chega nin ó 1% das inversións desta Deputación, sendo, en consecuencia, Pavimentos de Meaño unha das empresas que menos obras realizou neste exercicio para esta institución. Así mesmo, no ano 2004 fóronlle adxudicadas por concurso, por ser a empresa que tivo maior puntuación, cinco obras que ascenderon á contía de 989.912,00 euros, e, por procedemento negociado, dúas obras por un importe de 103.280 euros, o que fai un total de 1.093.192 euros. En canto a subministro de materiais ou aluguer de vehículos ó Parque de Maquinaria foron adxudicados distintos lotes por concurso, ó ser a oferta máis vantaxosa, por un importe de 231.946,00 euros. O total adxudicado, por todos os conceptos, a Pavimentos de Meaño no ano 2004 ascendeu á contía de 1.325.139,00 euros, o que supón o 2,3 % da inversión efectuada pola Deputación Provincial ata o momento. Como se deduce destas cifras esta empresa non foi, nin no ano 2003 nin no 2004, a que tivo maior volume de contratación desta Deputación. Nin tampouco tivo contratos de miles de millóns, como dixo a información difundida pola citada cadea de radio. En canto á outra empresa aludida, Obras e Construccións Sisán, no ano 2004, fóronlle adxudicadas a esta empresa obras por valor de 358.140 euros, cando foi en UTE coa empresa Fernández Sarmiento, e por procedemento negociado 117.800,00 euros. En total, 475.940 euros. En canto á empresa Obras, Transportes e Construcciones Fontefría, única e exclusivamente adxudicáronselle distintos lotes de aluguer de maquinaria no ano 2003, por ser a oferta máis vantaxosa, por importe de 120.825,00 euros, e no ano 2004, pola mesma razón, por importe de 117.370,00 euros. Finalmente, a empresa Áridos del Curro, S.l. foi adxudicataria asímesmo por concurso, no ano 2003, do aluguer dun lote de maquinaria, por un importe e 39.757,00 euros, e no ano 2004, por 50.430,00 euros. Dicir que estas empresas, algunha delas levan traballando con esta Deputación dende o ano 1977. Polo tanto, señoras e señores Deputados, como poden vostedes deducir destas cifras, o volume de adxudicación a estas catro empresas foi insignificante con respecto ó volume total da inversión desta institución. Esta Presidencia non intervén para nada nos procedementos establecidos para a adxudicación de obras, guiándose única e exclusivamente das propostas das mesas de contratación e dos informes correspondentes. Os procedementos seguidos para a adxudicación de todas as obras e suministros desta institución axústanse escrupulosamente á normativa legal, actuando con total transparencia e claridade. Os expedientes están a disposición dos señores deputados para que poidan comprobar estas afirmacións. Finalmente, quero deixar claro ante vostedes e ante a opinión pública que as afirmacións de que empresas e persoas que se presupoñen relacionadas con esta Presidencia e que, de forma tendenciosa e difamatoria, se manifestou que foran adxudicatarias de obras multimillonarias ou de miles de millóns por parte desta Deputación, non se corresponden coa verdade, xa que, como teño dito, alcanzaron unha porcentaxe mínima con respecto ás inversións desta Deputación en comparación con outras empresas. Tampouco é certo que foran adxudicadas obras a empresas vinculadas cun funcionario-conductor, pois, según se deduce da acta notarial, que figura en contratación, dende o pasado 14 de xaneiro do ano 2000, cesou a súa actividade na empresa na cal tiña o seu traballo de conductor-maquinista. Así mesmo, se lle atribúen adxudicacións a outra empresa que o propietario é compañeiro sentimental -escoiten ben-, é compañeiro sentimental, como se esto fose Salsa Rosa, -ou como se o Presidente tivera que investigar as relacións sentimentais dos funcionarios-, atribúense adxudicacións a outra empresa, digo, do compañeiro sentimental dunha persoa que foi Secretaria deste Presidente, cousa que é absolutamente falsa, xa que esta persoa desempeñou posto de traballo de ordenanza. Señoras e señores deputados, os datos que lles acabo de facilitar, e que vostedes poden comprobar cando o desexen, son elocuentes e falan por sí solos. Todos os demais adxectivos postos de manifesto, adxudicacións multimillonarias e de miles de millóns a persoas do meu entorno, falta de transparencia, adxudicacións irregulares, son falacias que o único que intentan é desprestixiar non só a este presidente senón tamén a esta institución, e sementar as dúbidas sobre o seu comportamento. Pero para que alguén semente a dúbida sobre algo, non basta con dicilo, hai que demostralo, e logo seméntase a dúbida. O que non se pode facer é sementar a dúbida antes, e logo pedirlle ó afectado que o demostre. Hai que demostralo e logo sementar a dúbida. Pero non ofende quen quere, senón quen pode, pero sobre todo quen proba. E eu non teño nada que ocultar. Reitérolles unha vez máis que as adxudicacións das obras realízanse con total transparencia ás empresas que presentan as ofertas máis vantaxosas. E quedo, personal e institucionalmente, á súa disposición para calquera aclaración, documento ou dúbida que poidan ter. Ata aquí chega a miña intervención. Pido disculpas pola súa duración e tamén pido disculpas por se alguén puido ver unha certa pasión, que creo que é perfectamente comprensible ante o que é unha campaña de acoso e desprestixio sen precedentes da miña persoa e do meu cargo, motivada polo rencor e o resentemento político. E pido, dende logo, dende o respeto, co ánimo de que queden clarexadas estas situacións e saben, por outra parte, que teñen as portas abertas de tódolos despachos e dependencias desta casa para obter toda a esa información. Para rematar, permítanme realizar tres consideracións. A primeira, que, ante a situación artificial e demagoxicamente creada, eu tiña tres opcións, ou tres respostas: unha, non facer caso de insidias e rumores; outra, remitir ós interesados ó Servicio de Contratación desta casa; e a terceira, comparecer no Pleno para ofrecer todo tipo de explicacións. Optei por esta última que, por outra parte, é a primeira vez que un Presidente comparece ante o Pleno para facerlle frente a unha campaña de acoso e insidias e calumnias, que coincide esta postura precisamente coa petición do grupo do BNG acerca de cómo debía ser tratado este asunto. A segunda consideración que desexo facer é a do dano que se fai con esta campaña a unhas empresas que ocupan a máis de 60 familias que poden verse afectadas por esta situación; e o dano que se fai a unha institución centenaria, modélica e exemplar, en Galicia e fora dela, no seu funcionamento, na súa transparencia e nos seus servizos, como é a Deputación de Pontevedra. E a terceira consideración que desexo facer é recalcar unha vez máis a miña actuación, e a do meu equipo de goberno, presidida non só pola máis estricta legalidade senón tamén pola ética. O que sí é, en cambio, eticamente rechazable e lamentable é insinuar tratos de favor cara a unhas empresas, por parte dun cargo público, cando os técnicos, os funcionarios, arquitectos ou directores de obra din que non sucedeu xamais. O que sí é eticamente rechazable e lamentable é verter terxiversadamente información nun medio de comunicación cando a este medio lle foi ofrecida noblemente e con total transparencia esa información. O que sí é eticamente rechazable e lamentable é verter insidias, dende o anonimato, e movido polo resentemento e o rencor que a algún lle provocan decisións políticas adoptadas, ou non, polo presidente. O que sí é eticamente rechazable e lamentable é cuestionar a empresarios que traballan, como tantos outros galegos, de sol a sol e honradamente. O que sí é eticamente rechazable e lamentable é querer sembrar a dúbida sobre as persoas que, como no caso de quén lles fala, actúan dentro da máis estricta legalidade. E o que sí, finalmente, é eticamente rechazable e miserable, é intentar causar un dano moral a moitas familias e particularmente a quen, como quen lles fala, ten no traballo arreo e honrado o seu máis grande ben e o seu máis grande valor. Moitas gracias e nada máis. Polo tanto esta é a información que lles quería dar, e como ademais había así expresado, tiña a posibilidade de non facelo, de remitilo como dixen ós servizos de Contratación desta casa, pero preferín vir aquí e aquí se lle dan todas as aclaracións oportunas. E polo tanto abrimos o turno de intervencións para os Voceiros doutras forzas políticas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días. Ben, acabamos de asistir a un discurso moi vehemente, verdade, moi ben escrito, ben preparado, no que vostede intenta contestar a informacións saídas parece que evidentemente por cuestións internas do Partido Popular. Como vostede remitiu e como nós, vamos é público, o primeiro paso que nós pretendíamos dar con respecto a esto e a outras cousas que paso agora a relatar era unha comparecencia para poder debatir ou aclarar ata que punto esto realmente, o alcance que ten e en función desta comparecencia chegar ás conclusións e dar pasos cara o futuro. Sr. Presidente, Sr. Louzán, cando vostede tomou posesión e cando pasara un ano na valoración, este grupo político afirmou e normalmente cando afirmamos algo e porque temos datos ou indicios suficientes, de que coa súa Presidencia se ía a dar un xiro moi claro de poñer esta institución en función dos intereses e da dinámica interna do Partido Popular. Tiñamos, falábamos con coñecemento de causa, falábamos con coñecemento de causa, e o que está saíndo agora e máis cousas que sairán, o único que demostran é que esa subordinación desta Institución en aras do Partido Popular, do que vostede é Presidente Provincial tamén, pois se está reforzando e cada vez está indo a máis, e incluso na súa orixe Sr. Presidente, na súa orixe, aquí houbo un Presidente que se chamou Sr. Abeledo, que xa tivo encontronazos moi duros con vostede precisamente por estas cuestións, porque el aplicaba as directrices do Partido Popular pero intentaba ata certos límites non utilizar abertamente a Institución implicada co partido e o partido coa Institución cousa que nunca se debe facer nunha democracia. Así terminou como terminou. Ben, e vostede cos problemas que tiña en Ribadumia, en todo o Salnés, pero en Ribadumia pois dedicouse, tiña que ganarlle a alguén que se chamaba Nené Barral e que mañas tiña de abondo e sobradas, pois vostede intentoulle gañar coas mesmas súas armas, ganoulle por dous votos, dunha maneira moi discutible pero aínda tivo que intentarlle gañar coas súas mesmas armas e pasouse ampliamente de frenada, Sr. Presidente pasouse ampliamente de frenada. E para ganarlle coas súas propias armas, montou, intentou montar e montou e foi avanzando nela, unha rede entre o PP, a estructura do PP en Ribadumia, o Concello de Ribadumia, a Deputación Provincial e as empresas. Que o que aflora agora é a través das empresas que nós cremos que non é posiblemente o máis relevante, só é unha parte, unha parte do entramado que vostede montou para ter un apoio e para poder gañar a alcaldía de Ribadumia. Empezou polas propias eleccións, di, non, que, Pavimentos de Meaño é unha empresa que é unha santa e que o único que se descubre é unha relación con, non se sabe quen que é, non, non, mire vostede, mire vostede, propietarios e traballadores de Pavimentos de Meaño que non son de Ribadumia figuraron inscritos no censo electoral de Ribadumia para as eleccións municipais, concretamente no Couto de Arriba, 10-Barrantes e eses votos lle serviron para conseguir a alcaldía ó PP en Ribadumia. Ben, están aí os datos e polo tanto non nos caiamos agora dun pino dicindo que Pavimentos de Meaño non ten nada que ver co PP de Ribadumia ou non ten nada que ver con vostede. Aí están e polo tanto que haxa dez ou doce persoas empadroadas no mesmo domicilio e esas persoas á parte son todas da mesma empresa, senón todas, practicamente todas, pois realmente é sorprendente e creo que é un dato absolutamente relevante á hora de falar do que estamos a falar, do entramado este que vostede montou para cubrirse as espaldas e para identificar institucións, neste caso tamén o Concello de Ribadumia, co Partido Popular. Ben, é un dato, si, pero hai bastantes máis, hai bastantes máis. Se collemos a lista do PP de Ribadumia das últimas eleccións que teñen moitos suplentes e polo tanto estamos falando de 21 persoas, é sorprende que directamente ou familiares moi directos, fillos ou o que sexa, haxa 8 colocados nesta Deputación, oito é pouco, ata onde chegamos probablemente haxa máis. Dous no Concello e un en Pavimentos de Meaño, que casualidade, que hai máis da mitade do número de persoas colocados en este entramado que vostede quere remitir única e exclusivamente a uns contratos en relación coa Deputación. Ben, estes son os datos que están aquí, supoño que entre eles o discurso llo faría algún deses contratados porque está como asesor persoal do Presidente, ou contratadas. Me parece que non sucede en ningún Concello da Provincia. Me parece que para ter, para comprar favores e comprar vontades, eu me imaxino que todos os Deputados do PP que están nas bancadas pois xa lles gustaría ter a Deputación, ou non lle gustaría se teñen certos prexuízos democráticos, se teñen certos principios democráticos ou non lle gustaría estar nesta situación. Pero os feitos están aí e Sr. Presidente, repito o que dixen antes, pasouse amplisimamente de frenada, non se pode chegar a usar as institucións desta maneira tan descarada en favor desa rede que vostede intenta, intentou e montou a través de Ribadumia, e que posiblemente, posiblemente vostede está hoxe de Presidente por eses dous votos, por esas vontades que comprou, porque se perdera as eleccións en Ribadumia igual nin estaba de Presidente, nin estaba de Presidente. Ben, tivo bos profesores e aplicouse con aínco, verdade, en ser un alumno avantaxado en montar este tipo de entramados. Evidentemente, entramados nunha cousa deste tipo no que alcanza a empresas que tamén evidentemente xa dixen antes, a relación con Pavimentos de Meaño, as empresas que están citadas, non creo que vala a pena citar máis empresas, que tamén podíamos falar e citar todas as concomitancias que hai por exemplo nos procedimentos negociados, a quen se invita no Concello de Ribadumia e na Deputación, etc. Creo que con esto nunha primeira intervención Sr. Presidente, creo que chega de sobra, e creo que cando menos, cando menos, con estes datos que repito, repito, cando nós estabamos advertindo de que esta Deputación estaba tendo un sesgo tremendo a favor, para utilizala como instrumento do Partido Popular, polo menos en Ribadumia e por extensión no Salnés e en Arousa, pero fundamentalmente en Ribadumia, cando estabamos avisando dese uso estabamos seguindo o asunto. E evidentemente seguiremos, seguiremos, pero creo que cando menos debería chamar a unha reflexión de que estas prácticas de ningunha maneira se poden facer, polo tanto tería que pedir desculpas públicas, e como en fin estamos nun país maioritariamente cristiano, pois como era aquilo de propósito de la enmienda, cando menos, cando menos debería vostede facer eso porque repito, e supoño que vai a rematar tendo moitos problemas dentro do propio partido, porque non creo que sexa asumible, non creo que sexan asumibles estas prácticas. Nada máis por agora Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si. Buenos días. Efectivamente Sr. Presidente é a primeira vez que o Presidente da Deputación comparece perante o Pleno, pero é a segunda vez que comparece o Sr. Louzán. A primeira pediuna o Grupo Socialista no mandato pasado, creo recordar. E, curiosamente, bueno, pois por temas máis ou menos relacionados. No mandato pasado era porque vostede á parte da súa faceta política tiña unha faceta emprendedora, montou algunha empresa, traballou nalgunha empresa, etc., etc. E lle recordo a vostede temas de Linvial, de Inverumia, que non figuraba vostede pero si a súa esposa, de Inversalnés, onde hai familiares da súa esposa, etc., etc. Pero bueno, ese non é o tema de hoxe, é dicir, o tema de hoxe son esas informacións que aparecen nun medio de prensa e despois aparecen nun medio máis. Primeiro, nun concreto, e despois nalgún máis. E efectivamente o Grupo Socialista ó día seguinte pola mañá solicitou unha comisión de investigación que sufriu o relato que vostede dixo antes, é dicir, na Comisión Informativa votaron en contra da urxencia, porque entendían que coa súa comparecencia chegaba, dando información ó Pleno. Entón bueno, á marxe de que nós seguimos insistindo na comisión de investigación por razóns obvias, á marxe deso, eu vou a facerlle unha serie de preguntas e despois en función da contestación loxicamente seguirei intervindo. Fai vostede referencia na súa intervención, no seu discurso, que a verdade datos novos non aportou, eu algún novo voulle aportar. Fai referencia a que se verteron sobre vostede unha serie de falacias, que hai difamacións sobre vostede, que hai calumnias, é dicir, algo que está absolutamente tipificado no Código Penal, é dicir, dende logo se sobre min se verten difamacións, calumnias e falacias o que vou ó Xulgado son eu, o teño moi claro. Bueno, parece que vostede opta por dicir, non, non, que vaian e que mo demostren, mire, eu denuncio e que demostren se o que din é certo ou non. Eso é o que faría eu e supoño que o faría moita outra xente política. O Sr. Louzán opta por esperar a que o denuncien. E efectivamente tamén segundo medios de prensa hai unha denuncia que non corresponde á Deputación pero si ó Concello de Ribadumia por actuacións que xusto contradín a súa intervención na primeira parte do discurso onde vostede está dicindo que o procedimento é impecable, bueno, pois segundo os medios de prensa esa denuncia que hai en Ribadumia, é por non ser tan impecables, entre comillas, o sistema que se utiliza. Pero ben, vou a dedicarme a preguntarlle dúas ou tres cousas e a facer intervencións sobre empresas que vostede relacionou. As dúas ou tres cousas son as seguintes. Mire, Sr. Presidente, fala vostede no seu discurso de subhasta, de concurso e de procedemento negociado. Podería responderme cando se utiliza o procedemento negociado en cada unha das adxudicacións que se fixeron, nas que están estas empresas, ¿a que empresas se invitou?. Número e nome das empresas a que se invitou. Segundo tema, e tamén estou falando de temas que aparecen na prensa, aparece Pavimentos de Meaño concretamente como subcontratista da empresa adxudicataria do Museo. Quixéramos saber dende cando é subcontratista, se a Deputación recibiu a comunicación, que é preceptiva que teña e por outro lado que tipo de obras se lle van a subcontratar e se eso contradi dalgún xeito, sería a última pregunta con respecto a esto, se contradi dalgún xeito, o que se utilizou para a adxudicación, recórdolle que unha das cousas que se utilizaba era a experiencia da empresa neste tipo de obras, etc., etc. Se supón que o subcontratista ten que reunir esa mesma condición porque senón ese subcontrato chirriaría por todas as partes. E xa para temas máis concretos. A ver, di vostede que claro, se fan referencias a dúas cuestións, unha, que a persoa que monta Construccións Sisán no ano 2000, creo recordar, dicía a prensa que era compañeiro sentimental dunha exsecretaria súa. E vostede di que non, que é compañeiro sentimental dunha ordenanza, bueno, dunha funcionaria da Deputación. Ben, perfecto, é dicir, a diferencia está en si foi secretaria ou non, pero empregada da Deputación si é. E home, curiosamente, curiosamente recoñecerá vostede conmigo de que unha empresa que se monta no ano 2000, por unha persoa que ademais despois se mete no campo da agricultura, do viño, é dicir, que fai un alarde emprendedor neses catro anos, pois chirría tamén bastante, pero bueno, deixámolo aí. Por certo tamén quixera que nos aclarara e tamén o dixo vostede nos medios de prensa, que tiña relacións privadas con toda esta xente. Que nos diga cales son, en que consisten esas relacións privadas, ó mellor é só de saudar nada máis, aclárea tamén porque sería importante para todos. E despois xa entrando en Pavimentos Meaño tamén me di vostede que a persoa que hoxe é chofer aquí, que monta a empresa no ano 95, Marcos Galiñanes Varela, que no ano 2000 deixa de ser administrador ou propietario da empresa e despois entra aquí. Polo tanto non hai ningunha relación. E efectivamente no ano 2005 eu miro aquí que o administrador desa empresa é Jesús Pombo Vidal, que é un exfuncionario da Deputación, está xubilado co cal ben, non tería máis que tal. Pero curiosamente mirando, mirando, aparece que si hai unha relación cunha empregada da Deputación, me explico, é dicir, aquí aparece unha persoa que é Patricia Pombo Varela, que foi administradora desta empresa e ó mesmo tempo, ó mesmo tempo contratada en Príncipe Felipe, podo enseñarlle o contrato, contratada en Príncipe Felipe cun contrato destes de acumulación de tarefas. Home, loxicamente pois acumulación de tarefas pois non sei en Príncipe Felipe pero esta persoa seguro que tiña, porque se é administradora única desa empresa e ó mesmo tempo está contratada en Príncipe Felipe, pois xa verá vostede, xa verá vostede se hai acumulación de tarefas. Por certo o contrato loxicamente figura Rafael Louzán Abal como contratante por ser Presidente da Deputación. E por certo que tamén nos gustaría saber, e eso é algo facilmente demostrable, ¿cantos días apareceu esta persoa polo posto de traballo?. Nos gustaría sabelo tamén. Por certo o contrato rematou estes días. Non sei se lle van a prorrogar ou non pero rematou estes días. Pero o que si é certo, o que si é certo que a administradora de Pavimentos Meaño nun momento determinado estaba contratada ata estes días, contratada pola Deputación Provincial en Príncipe Felipe. E eso pois supoño que tamén me aclarará vostede se eso xa é ter máis relación ou menos relación. Eu creo que de entrada, de entrada, sen meternos en máis cuestións, creo que esto, en función do que vostede responda, creo que esto sigue dando pé para unha comisión de investigación, porque ó mellor seguimos poñendo enriba da mesa máis documentos. Contésteme e despois seguimos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Bueno, a comparecencia do Sr. Presidente por iniciativa propia a nós como grupo político nunha reunión que tivemos non eramos partidarios de que a efectuase, pensamos que despois de analizar por o miúdo todos os expedientes que se facían nunha denuncia nun medio de comunicación, despois de cotexar como a mesma posibilidade que teñen vostedes os membros da Corporación e incluso todos aqueles que non son membros da Corporación porque os expedientes son públicos, pois chegábamos á conclusión de que se actuara na máis estricta legalidade e axustándose ós parámetros que marcan as normativas. Polo tanto nós como grupo político dixémoslle ó Presidente que non comparecese, pero evidentemente el optou por unha decisión persoal que hai que respectar, e por eso estamos neste Pleno, e loxicamente nos reafirmamos nesa postura do grupo provincial do Partido Popular, pero tamén respectamos por suposto a comparecencia do Sr. Presidente que por iniciativa propia e respectando unha decisión única e exclusivamente persoal. De todas maneiras todos xa temos a suficiente experiencia política curtida en moitas batallas deste estilo e doutras en épocas anteriores. E tamén sabemos que o que se pretende dende algunhas bancadas e facer a difamación, calumnia que algo queda, e a partir de aí evidentemente entrar no desprestixio persoal. Nós pensábamos dende o noso grupo que todos habíamos xa adquirido unha madurez política suficiente como para este tipo de situacións e actuacións se houbese algo vulnerable, algo que non se axustase á legalidade pois evidentemente como aquí se dixo acudir ós xulgados, creo que é a mellor fórmula de que este tipo de cuestións e de denuncias se fagan e ó final os xuices darán ou non a razón a quen a teña ou o que proceda. Pero evidentemente, é moito máis político correctamente por algunhas partes coller unha información, trasladala ós medios de comunicacións facer unha manipulación interesada como despois demostrarei que é unha manipulación interesada para uns fins partidistas ou uns fins determinados. Eu só lle anuncio ós membros do BNG e do Partido Socialista, nós tamén sabemos xogar a eso, tamén sabemos xogar a esa forma de facer política. Loxicamente ese non é o noso estilo, nós seguramente temos firmeza, temos dureza política nas nosas actuacións, pero é moi raro, hai excepcións tamén, pero é moi raro que dunha maneira xeral dende o Partido Popular se faga unha política de ataques persoais, de difamación ás persoas, de desprestixio e de calumnias, porque todos sabemos, todos sabemos que é difícil demostrar cando se fai un ataque tan dirixido, tan orquestado a través de diversas institucións, de diversos medios con obxectivos claros de desmontar todo este tipo de estratexias. E creo que esa é a primeira valoración política que temos que facer todos e asumila porque senón as cousas poden vir mal dadas pero para todos. Esa é unha reflexión que eu creo que xa todos tiñamos superada pero creo que parece ser que non, parece ser que o importante é calumniar, o importante é difamar, o importante é a insidia e deixar no aire o que é a sospeita, a dúbida, e eso loxicamente pode ser perigoso. Pero dito esto como intervención inicial vamos a entrar no fondo do tema que eu creo que é importante e ó final é o que tamén procede. Hoxe comparece o Presisdente como dicía por iniciativa propia para aclarar asuntos de denuncias relacionadas con actuacións en determinadas obras. E volvo a dicirlle que despois do estudio detallado de todos estes expedientes nós chegamos ás seguintes conclusións: non se adxudicaron miles de millóns de pesetas a ningunha destas empresas. Esa foi unha información que saiu, miles de millóns de pesetas adxudicados a empresas determinadas. Mentira, rotundamente falso, estamos falando no mellor dos casos para estas empresas de un millón e pico de euros, estamos aquí nesta Institución que se adxudican setenta millóns ou sesenta e pico millóns de euros ó ano falando de un millón e pico ou dous de euros, eu creo que é ridículo, primeiro ridículo, e segundo mentira que sexan miles de millóns. Segundo, en todos os casos houbo a información correspondente, os informes correspondentes e todos os técnicos, a Mesa de Contratación creo que todos sabemos como se conforma, por técnicos, a Secretaría, a Intervención, os técnicos que informan, e evidentemente en todas as relacións das obras que se adxudicaron as empresas que están en entredicto tiveron sempre a mellor oferta económica e lle podo dar a relación que vostedes tamén a teñen. Creo que é obvio agora mesmo facelo porque todos vostedes teñen coñecemento desa relación. Todos vostedes saben como se dixo que as adxudicacións ou as mesas ou as propostas se fan por procedementos legais correctos, por concursos, por subhasta, por procedemento negociado, na subhasta vostedes saben que é imposible saír da mellor oferta económica, saben perfectamente. No procedemento negociado se invitan ás empresas correspondentes e bueno pois ó final se toma a decisión. E no concurso en base ós pregos que todos pois coñecen tamén perfectamente. En canto á transparencia, houbo absoluta transparencia porque todos estes datos son públicos dende que se inicia a Mesa de Contratación, se teñen os informes da Mesa de Contratación, se pasa á Xunta de Goberno, e vostedes son coñecedores de todos os expedientes que van á Xunta de Goberno porque teñen á parte de poder estudialos teñen despois as actas correspondentes e todos os funcionarios para poder solicitar a información que lles interesa. Pero non só esto senón que todas estas adxudicacións están colgadas da páxina web desta Deputación, se houbese algo que ocultar, se houbese algo que nós considerásemos que non se estivese actuando correctamente non creo que tivésemos tan pouca picardía de colgar todas as adxudicacións na páxina web. E non só esto senón que todos os licitadores que participan tamén nesa Mesa de Contratación cando se abren as plicas son coñecedores das ofertas e tamén das adxudicacións que se fan. Polo tanto deixar claramente e creo que puntualizalo ben. Non houbo ningunha adxudicación millonaria, e a relación das adxudicacións as poden ver vostedes e en todos os casos sempre foi a mellor oferta económica. Aquí é a conclusión á que chegamos, este é un debate puramente político, esto non hai rigor técnico que o sustente, nin argumentos que poidan avalar todas estas denuncias. É lícito se vostedes consideran entre comillas que intentemos facer un debate político, pero o debate político se pode facer por cuestións que poidan afectar ós cidadáns, á provincia, ás institucións, á propia Corporación e a todos aqueles Concellos que aquí estamos representando. Pero que triste e lamentable é que algúns grupos políticos queiran facer desto a rapiña, é dicir, coller o rato ata non soltalo. E creo que se equivocan, sempre que sucede algo desto, sempre e a experiencia mo di, hai un efecto búmerang, se volve sempre contra un, sempre, e senón as probas me remitirei no futuro, estou totalmente convencido que este tipo de insidias, de calumnias, de manipulacións e de intentar artellar un episodio político en contra dunha Institución, dunha persoa, ó final se acabará volvendo contra todos vostedes e senón ó tempo, non tardará moito, estamos totalmente convencidos dende o Grupo Popular que vai a ser así, porque a proba e a experiencia nos di que ó final as cousas se volven contra un cando un non actúa de boa fe. Esto evidentemente crea un desprestixio á Institución que eu creo que vostedes teñen que valorar e aquí xa se dixo. Por suposto tamén que un desprestixio persoal á persoa do Presidente que evidentemente ten que estar dando informacións e replicando a todas as cuestións que saen nos medios de comunicación dunha maneira interesada. Pero non só eso, é que vostedes están poñendo enriba da mesa o descrédito dos propios funcionarios, díganno claramente, pero digan nomes e digan en base a quen, dígannos, sexan valentes, digan en base e que funcionarios están articulando ese tipo de entramado que vostedes acaban de denunciar. Díganno. Se teñen valentía díganno, supoño que o Sr. Secretario non será, o Sr. Interventor non será, o Xefe de Contratación non será, digo eu, porque vostedes están aludindo ós propios funcionarios porque ó final eles son os que fan os informes e os que tamén votan a favor desas adxudicacións, é máis teñen maioría na Mesa de Contratación para facer valer a súa opinión e os seus informes. Se son valentes dígannos, non tiren a pedra e escondan a man. Esto evidentemente tamén crea un prexuízo ás empresas, esta é unha táctica frontal ás empresas que están relacionadas ou que se están denunciando, evidentemente con moitos postos de traballo, postos de traballo que eu creo que todos deberíamos de respectar e evidentemente ó final se chega á conclusión da dobre moralidade política e eso é lamentable por parte de persoas que teñen experiencia, que teñen representación, e que teñen capacidade de xestión e que están gobernando en Concellos, que todos sabemos cales son as dificultades que un se atopa ás veces cando está gobernando. Eu entenderíao, esta forma de facer política se vostedes estivesen na oposición, o entendería perfectamente, pero cando se está nun goberno e en gobernos de Concellos e Municipios importantes como están vostedes, o de Redondela, Pontevedra, estiveron en Vigo, e teñen responsabilidades noutros Concellos importantes, evidentemente eu creo que hai que ter cando mínimo un pouco de prudencia e cautela, cando mínimo un pouco de prudencia e cautela, porque o que vostedes acaban de denunciar, nós seríamos capaces de rebatirlle un a un en todos os Concellos o que vostedes acaban de denunciar, un a un, en todos os Concellos. Pero volvo a repetirlle, volvo ó inicio do meu discurso, nós temos outro estilo totalmente distinto, porque entendemos, entendemos que persoas relacionadas co Partido Socialista e co BNG teñen dereito a traballar, teñen dereito a ter contratos coas institucións, teñen dereito a crear empresas e a crear emprego e a ser adxudicatarias de concursos que vostedes sacan nos seus Concellos, todo o dereito do mundo, todo, porque non, sexan honrados e honestos con vostedes mesmos e digan cantas empresas dos Concellos que gobernan non teñen algunha vinculación co Partido Socialista ou co Bloque Nacionalista Galego, díganno, sexan honestos, e ¿é malo?, ¿é malo?, non, non é malo, ¿por que vai a ser malo?, se ó final teñen dereito a crear empresas, a crear emprego, a presentarse ós concursos e a sacar adiante ás súas familias e presentarse a todas aquelas ofertas que saen nos Concellos. Creo que evidentemente esta é unha situación que seguramente se estivésemos falando doutra persoa ó mellor non se producirían estes ataques. Pero o noso Presidente e creo que ese é o respaldo que lle dá o grupo provincial está facendo un bo traballo, non, un bo traballo, un boisimo traballo, ó frente desta Deputación, que está dinamizando, que está atendendo a todos os colectivos, sociais, económicos, deportivos, de todo tipo, as demandas están aí e o grao de satisfacción, seguramente vostedes igual que os demais que saen á rúa, o escoitan, imprimiu un ritmo ós traballos desta casa que seguramente non ten precedentes, e eso evidentemente políticamente molesta, molesta, e nós lle dicimos ó Presidente que siga traballando nesta liña porque cando vostedes se ofenden, vostedes buscan artimañas, buscan manipulacións e buscan debaixo das pedras cuestións que non hai evidentemente é porque as cousas se están facendo francamente ben. Ese é un lema e creo que é unha situación política que sempre que se dá unha circunstancia puntual con estas características ó final é polo mesmo, é porque alguén que está facendo un bo traballo ó final molesta. Evidentemente que nós temos a obriga, a obriga como partido político de representar a unha Institución e a todos os Concellos da Provincia pero tamén temos a obriga de intentar, de intentar que se respete e defender os nosos intereses e por suposto tamén as calumnias que se nos están facendo. E vamos a facer unha defensa a ultranza de esta situación porque nos parece lamentable, nos parece ruín, nos parece mezquino que se poidan utilizar cuestións cando non hai argumentos claros e cando non aparecen reflexadas en ningunha situacións contra unha persoa e esa é a liña que vai manter este grupo provincial. Polo tanto eu tamén me gustaría contestarlle algunhas das cuestións que se plantexaron aquí evidentemente. Mire, Sr. Mosquera, fala vostede de cuestións internas, en todos os lados se cocen habas, en todos, vostedes están pasando un exemplo agora moi recente, déronnos unha medicina a nós e agora están recibindo a cambio, e eso en política hai que ter coidado, por eso lle dicía que o efecto búmerang se produce sempre, tarde ou temprano sempre, e ese é un exemplo claro. Vostedes alentaron colectivos, eu sufrinos nun Concello como o de Vigo, dende o ano 95 ó 99, cunha maioría absoluta que non se podían celebrar os Plenos, nos tiveron encerrados, nos fixeron un asalto á alcaldía, ¿que espera vostede?, que unha vez de 50 que tivemos nós, unha que sufren vostedes. E eso se chama, agora leo por aí, atentados á democracia. Home, eu creo que, miren o que hai de atrás e o que lles queda, o que pasa é que claro,vostedes cando estaban na oposición non tiñan ningún tipo deses problemas, pero agora gobernan e cando gobernan vostedes saben que cando lle chegan os colectivos como me chegan a min ou lle chegan a outros que gobernamos, ó final hai que resolver os problemas, a demagoxia e a teoría é fenomenal cando un está na oposición pero no goberno hai que dar resposta ás demandas dos cidadáns. E por eso lle digo que as cuestións internas se cocen habas en todos os lados. E coa Presidencia, falaba vostede de implicacións do Partido Popular coas institucións. Home, eu creo que todos temos que ser na vida leais ós nosos principios. Evidentemente, nós non vamos a renunciar baixo ningún concepto a ter amigos que sexan do Partido Popular e que poidan acudir a institucións, é que creo que non se pode permitir baixo ningún concepto que se poida facer este tipo de implicación ou queremos que saquemos a relación de todos os que contrataron vostedes en Concellos por aí. Fálolle da última de Porriño, fálolle da última de Porriño, quérea, bueno, é que eu creo que esa non é a liña que temos que seguir. Mire, vostede sacou aquí nomes, que o sacou vostede, Nené Barral, etc., etc. Bueno, eu creo que xa vostede me dá o discurso, con todo esto que sacou vostede me dá o discurso perfectamente e se dá conta vostede mesmo que ogallá non o sufra se algún día ten algún tipo de desaveniencias con estas características. En canto ó Sr. González falaba de que se había calumnias, se había difamacións, pois evidentemente que o Presidente fora ó Xulgado. Home, eu creo que sería moito máis lícito, moito máis elegante, de que se alguén tivese que denunciar algo que fora de entrada ó Xulgado. O Presidente está comparecendo hoxe aquí, por iniciativa propia, perante este Pleno, e tomará as decisións que el considere oportunas porque son persoais, nós xa lle volvo a repetir, o noso grupo está en contra de que faga ningún movemento máis porque temos plena confianza na súa honradez, na súa honestidade e no seu traballo. Polo tanto se el considera que o ten que facer fárao por vontade propia e por vontade persoal, non vamos a entrar nese tipo de cuestións. Evidentemente, home, se as calumnias seguen, evidentemente eu como amigo del lle diría que acudira, se seguen, se continuan, porque evidentemente non se pode estar difamando e calumniando continuamente á persoa. Porque as persoas non somos única e exclusivamente nós, temos familias detrás, temos fillos, familiares, etc., etc., e eso evidentemente doe. A comparecencia no Pleno creo que xa está aquí. Mire o número de empresas en procedemento negociado é público e teno vostede, non hai que darllo, ou sexa, non temos absolutamente ningún problema, ó terminar este Pleno o Xefe de Contratación que lle dea a vostede todas as invitacións a empresas que se fixeron, todas. Estou convencido que o Presidente vai a actuar na mesma liña. E as relacións privadas, evidentemente, eso creo que é unha cuestión que o Presidente o dixo claramente, que el coño, evidentemente que coñece a todos os empresarios da provincia de Pontevedra, pero como non os vai a coñecer, como vai a negar que coñece, igual que os coñece vostede, igual que os coñece o Sr. Mosquera e que os coñezo eu e o Sr. Sotelo e o Sr. Crespo, ou non coñecemos á xente que traballa coas Deputacións, e que fan traballos, e que teñen obras, home, eu creo que os coñecemos absolutamente a todos, todos. E en canto a persoas de confianza e contratacións, home, eu me gustaría que vostedes demostraran se hai algunha contratación ilegal, ou hai algunha contratación que non se fixo baixo os cauces que marcan a normativa. Mire, se o Sr. Presidente ten persoal de confianza á súa disposición eu son o primeiro que lle aconsello que o nomee de absoluta confianza, e despois do que está pasando moito máis, de absoluta confianza, como fan vostedes todos, todos, ou no Concello ós que vostedes representan non nomean a persoal de confianza e persoas que van na lista, eu lle podo sacar uns cantos, nun Concello pequeniño hai cinco ou seis da mesma lista, pequeniño onde gobernan vostedes, cino ou seis, da mesma lista. Pero eso é normal, é dicir, é normal que se hai posibilidade de nomear a persoas de confianza se nomeen como di o título persoas de confianza, é unha redundancia pero é tan obvio, é tan obvio, que non había nin que explicalo. E bueno, eu me reservo se hai que facer unha segunda intervención para aclarar todos os temas que sexan necesarios. O único que no grupo temos claro é que temos absoluta confianza no traballo do Presidente, temos absoluta confianza nas xestións e en todas aquelas contratacións que se está facendo e vamos a seguir mantendo o noso respaldo ó Presidente ó 100%, se cabe aínda un pouco máis do que lle tiñamos. Porque nos estamos dando conta que esta é unha persecución persoal, é una persecución política, creo que non a debemos de permitir, porque creo que o primeiro que se baixe do carro evidentemente lle vai a pasar a el seguidamente, seguidamente porque esta non sei por que, ó mellor incluso os mesmos que estamos representando a vida política moitas veces a complicamos, a complicamos porque en vez de defender cuestións destas e poñernos todos na mesma dirección o único que facemos e poñer o ventilador a funcionar e cando se pon o ventilador a funcionar pode ir o vento para calquera lado. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitisimas gracias Sr. Figueroa. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente eu creo que hai unha serie de cuestións que debería contestar vostede. Sr. Presidente.- Si, sin problema. Primeiro, eu creo que están todas as aclaracións dadas, pero só dar unhas puntualizacións. Vostede di que é a dinámica interna do PP, esta forma de actuar, problemas en Ribadumia, onde pois vostedes tiñan dous concelleiros e pasaron a un. Vostede dicía que pois se había algunha denuncia contra a alcaldesa en relación a algunha adxudicación, pero é que, como lle acaba de dicir o Sr. Figueroa unha vez máis, é que é tan evidente que vostedes mesmos caen na súa propia trampa. Porque resulta que vostedes na última campaña electoral, na última campaña electoral, pois non se lle ocurre noutra cousa en facer un alumeado en certo sitio, que temos aí toda a documentación, sen procedemento ningún, sen procedemento ningún, inauguralo uns días antes, uns días antes das eleccións, dito sexa de paso, inauguralo uns días antes das eleccións e claro sen ningún tipo de procedemento, e resulta que por cuestións totalmente diferentes pois en Ribadumia nun caso similar, similar, van e o denuncian. É dicir, imaxínense como actúan vostedes, ese é un dato, como podemos dar aí algún máis onde pois vostedes no orzamento deste ano, pois meteron non sei cantos centos de millóns, centos de millóns de obras que fixeron a maiores sen consignación, sen consignación. E vostede sabe perfectamente de que lle falo. Polo tanto o problema desto é que, claro, como se dicía agora, se dalgunha maneira pois queremos falar, como é un debate político, estrictamente político, pois podemos falar, podemos falar e deso hai, porque claro, vostedes, e vostede que se caracterizaba por ser un home contundente na oposición aquí, pero claro, todo esto pasa cando un chega ó goberno e despois hai que ser goberno. Porque ademais hai unha frase que vostede aínda non a dixo pero supoño que a terá prevista para agora, que eu me acordo de cando fixo o pacto de goberno dicía o Sr. Mosquera que hai que dignificar a vida política, dicía dignificar a vida política, e ¿que se chama eso?, ¿como se chama eso?, pois se chama que todos os concelleiros pois teñen que ter unha asignación millonaria que eu en principio estou de acordo, dito sexa de paso, dito sexa de paso, pero resulta que volvendo a Ribadumia vostedes aquí din que hai que dignificar a vida política e alí din que non hai que darlle soldo á alcaldesa, a unha alcaldesa que traballa da mañán á noite para ese Concello. Ou sexa, eso chámase dignificar a vida política, tocamos en función de onde sexa o sitio, eso chámase tocar en función de onde sexa o sitio. Entón con tantas e tantas contradiccións, con tantas e tantas contradiccións o problema de todo esto é que todo despois se volve contra un, porque claro estar na oposición é unha cousa pero estar no goberno é outra totalmente distinta. E tamén dicirlle neste caso ó responsable do PSOE, ó responsable do PSOE, que eu se teño algo evidentemente contra alguén como vostede ben dicía, que o denuncie, bueno, eu neste caso o problema nace ó revés, se hai alguén, porque aí se di, pero non se sabe quen, ou sexa, fai cita a un medio de comunicación, pero quen é a persoa, e entón esa persoa que diga, fulanito de tal, esa é a persoa que denuncia a este señor por esto, entón evidentemente eu pois terei que tomar as medidas pertinentes. Despois vostede fai unha serie de preguntas que eu non creo que sexa en relación, xa se dixo, evidentemente, como non pode ser doutra maneira, a nosa relación é aberta, e somos unha institución que recibimos a todo o mundo e outras preguntas teraas que vostede facer en Contratación porque eu creo que é o lugar máis axeitado para esas preguntas que vostede quere facer. Pero si hai unha, si hai unha que vostede me preguntaba cal era a miña relación en relación con algunha destas persoas, eu lle vou a contestar da seguinte maneira. Primeiro, pregúntelle a algún compañeiro seu Deputado, non aquí, cal era a relación con esa persoa, e cando el lle conteste pois despois eu. E é todo o que teño que dicir neste momento. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Dende logo este é o mundo ó revés e é digamos unha demostración dos métodos e das falacias que utilizan vostedes e en vez de convencer , supoño que non convencerán absolutamente a ninguén, pois intentan, estamos falando dunha institución na que hai unha serie de problemas e polo tanto en vez de aclaralos o que intentan é desviar a atención máis. Bueno, o discurso do Sr. Figueroa con parte repetida polo Presidente xa é absolutamente para nota, ou sexa, teñen vostedes un problema interno que dá orixe a unhas filtracións e entón en vez de darse os sopapos entre vostedes nolos dan a nós, porque claro, en fin, os problemas do PP, evidentemente supoño que serán inducidos, eses militantes expulsados ou outros que filtran, imaxínome que será porque están manexados polo PSOE ou polo Bloque, verdade, non é un problema interno seu que debían cando menos ruborizarse, é un problema dos medios de comunicación ou é un problema dos Deputados ou dos Grupos políticos de quen neste caso aquí estamos na oposición e entón inténtase terxiversar absolutamente, incluso con ameazas, incluso o Sr. Figueroa, amenazando que non sei que problemas e que desgracias nos van a chover encima por intentar aclarar cousas nesta Deputación que repito, xa o dixen antes, xa veñen de vello e que se están vostedes pasando de largo de frenada. Entón queremos comparar situacións que de verdade me parece absurdo intentar aclarar pero como se fixo alusión directa a este Deputado lle podo dicir que nesta Deputación Sr. Presidente, houbo excesos de obras a mansalva cando este Deputado estaba na oposición nos dous lados, e que nunca denunciou, coidado porque sabemos como funciona eso. Ata aí chego, ata aí chego. Vostede parece que non chega. Polo tanto poñer agora o ventilador cunhas tonterías que están aclaradas e máis que aclaradas, no seu lugar, verdade, pois é absolutamente absurdo. Agora con respecto ó Sr. Figueroa a min me dá a sensación de que non se entera das andanzas do Sr. Presidente, verdade, aquí temos adhesións inquebrantables pero non se entera. Claro, entón querer mezclar que unha institución que non están regulamentariamente e legalmente fixado pois contrate unha persoa como de confianza con que se contraten oito de Ribadumia para Peóns, Auxiliares Administrativos, traballar no Príncipe Felipe, como se sabe cuestións de confianza, de absoluta confianza, ben, eso árdelle o eixo, e dende logo xa o que é para nota, absolutamente para nota é que a alcaldesa de Ribadumia que vostede di que traballa da mañán a noite en Ribadumia a teña aquí contratada. Acaba de dicilo, ou sexa, buscoulle unha maneira de arranxalo e tamén é para nota que lle vote a culpa desta situación a que un concelleiro do BNG non teña que exercer de mamporreiro do PP e acordar todo o que lle pareza ben. Eu creo que por aí o único que demostra é o seu nerviosismo, e o único que demostra é que non teñen resposta porque non a pode haber Sr. Presidente e me parece que están tendo unha aptitude chulesca, absolutamente provocadora e negativa, e negativa. Cando a un o pillan facendo algo que non debe facer o menos que debe ser é dar explicacións e ser prudente. Porque claro a min explíqueme se é normal, e non quero dar nomes, non quero dar ningún nome nin de persoas nin de empresas, non quero dalos, verdade, pero que a primeira da lista estea contratada na Deputación, que da cuarta estean contratados os dous fillos, ou foran contratados, porque un me parece que acabou. Creo que do oito fora contratado o fillo, verdade, do último da lista, traballou na Deputación, o primeiro suplente traballou na Deputación, o terceiro suplente a filla na Deputación, o sexto suplente a filla na Deputación, etc., etc. Vostede dígame se esto é normal, vostede dígame se esto é normal, vostede dígame se esto é normal, dígame se é normal ou se forma parte do que dixemos antes Sr. Presidente, é que mire, personalmente ata se pode entender que nunha batalla tan dura como tiveron en Ribadumia e no Salnés por extensión e cos disidentes que tiveron, ou sexa, problema interno seu outra vez e non cuestión dos outros grupos políticos. Verdade que vostede utilizara, utilizara certo tipo de mecanismos para gañar as eleccións, pero politicamente non é asumible e moito máis que se utilicen as institucións como están utilizando. Dende logo por aí non conten coa nosa aquiescencia nin pretendan que por esas estúpidas ameazas que están facendo con respecto a non se sabe que, porque realmente a non se sabe que, pois vaiamos a calarnos ou non vaiamos a seguir. Vostedes se dedicaron a contestar ó que saiu nos medios de comunicación, xa lle dixen antes, xa lle dixen antes que estaban advertidos de que a Deputación non a poden utilizar como instrumento para fortalecer un sector ou a certas persoas do PP, non se poden utilizar, e vostede non me contestou, e vostede non me contestou ós feitos que estou dicindo nin me contestou ós empadroamentos dos traballadores de Pavimentos de Meaño, non me contestou, evidentemente non pode contestar porque é certo e polo tanto non o pode negar. Hai un feito que nos parece grave, hai un feito que nos parece francamente grave, o dixen antes, que é que non haxa o menor atisbo de que eso en termos cristianos se chama propósito da emenda, nos parece francamente grave, francamente grave. É máis nos vai obrigar a empezar, a seguir esto, xa o estábamos seguindo, a seguir esto e a empezar a falar e non queremos falar de árbores xenealóxicas nin vinculacións empresariais, nin este está aquí nin está alá, non queremos falar e nestes momentos nos vai obrigar a seguir tirando da manta que non é a nosa vontade, a nosa vontade é que esto se resolva, ou sexa, que haxa e que a Institución funcione. Quen están desprestixiando a Institución son vostedes cos seus lios internos e utilizando a Institución a favor dunha facción ou doutra do PP, que a orixe desto xa é eso, xa é eso, xa o dixen antes, vostedes si que están desprestixiando a Institución, si que están desprestixiando e dunha maneira moi seria, moi seria, que se tiveran o máis mínimo, uns mínimos principios democráticos pois dende logo farían todo o posible por corrixilo, farían todo o posible por corrixilo e é máis, eu teño a esperanza que parte da súa actitude, non, así chulesca, neste Pleno, que si o van a facer, pola conta que lles ten, pola conta que lles ten si o van a facer, estou absolutamente convencido, pero a actitude de aquí non é esa e me parece que eso é altamente preocupante, é moi preocupante e repito, é unha comparecencia e polo tanto non é unha Comisión de Investigación, non creo que sexa cuestión de sacar aquí nomes que por outro lado xa houbo varios que sairon, houbo varios que sairon e outros que temos, vamos que non sairon pero que temos as referencias, en principio andar usando nomes e apelidos, empresas e árbores xenalóxicas non é, a menos que sexa imprescindible, non vai ser o noso estilo, pero non vai ser o noso estilo pero non cremos que poidamos non facelo mentres, mentres vostedes non fagan esa corrección de rumbo que vai ter que ser bastante, bastante drástica se é que queren realmente responder a eses principios, que se lle enche a boca todos os días de transparencia, de apertura e non sei que, que están, en fin, que empezaron este mandato así cando xa viñan lastrados, o Presidente polo menos xa viña lastrado como dixen antes do mandato pasado tamén por cuestións de división interna e de enfoques diferentes no grupo provincial do Partido Popular. Repito, eu agardo que haxa cando menos esa actitude do Partido Popular e do Presidente, se non a hai pois teremos que seguir con nomes e apelidos, preguntas concretas, datos, Resolucións, que as temos todas, Resolucións Presidenciais, etc., dicindo a que responde a, b, c, d, e todo este tipo de comportamento. Se a hai ben, creo que sería o máis intelixente pola súa parte, se non a hai, pois evidentemente seguiremos porque é a nosa obriga, é a nosa obriga defender un funcionamento transparente da Institución que non estea ó servizo de ningún partido e que os contratos sexan empresariais ou sexan laborais teñen que ter transparencia excepto os de alta dirección, teñen que ter transparencia e teñen que ter igualdade de oportunidade, cousa que non hai neste caso. Remato con esto a miña segunda intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Sr. Figueroa, eu de verdade é que da súa intervención non me aclarou nada, simplemente que apoian ó Presidente faga o que faga, eso foi o único que tiven claro neste tema ata agora polo menos, faga o que faga. Eu quixera saber, quixera saber en que parte da miña primeira intervención calumniei ó Presidente, claro, vostede empeza dicindo, fala de desprestixio persoal, calumnias, etc., eu vou a dicir o mesmo, é dicir, nós facemos un plantexamento en base a unhas denuncias dun medio de comunicación, punto. E a partir de aí seguimos pensando que a fórmula non é esta, é outra, e claro na segunda intervención teño que ratificarme no mesmo por unha razón moi sinxela que é a seguinte, hai varias preguntas e o Presidente non as contesta. Loxicamente esto nunha Comisión de Investigación se pon todo enriba da mesa e se poñen todos os papeis a disposición dos Deputados. .../.... ------ Folla: BIS .../... 2.5136.- COMPARECENCIA DA PRESIDENCIA A PETICIÓN PROPIA Pero vostedes parece que non optan por esa fórmula. No noso ánimo non hai ningún ánimo de ataque persoal contra o Sr. Louzán, absolutamente ningún. Se o houbera non lle estaríamos recomendando como lle recomendamos ó principio que fora el ó xulgado. Home hai un tema que non quixen sacar pero como vostede o di e o Sr. Louzán fai referencia me imaxino que ó mesmo, pois bueno falamos de persoal de confianza, loxicamente, é dicir, ten vostede toda a razón do mundo, calquera Presidente de Deputación, calquera Alcalde contrata persoal de confianza da súa confianza, perfecto, ata aí non hai nada que dicir, o que pasa é que se eso se enlaza coa intervención última do Sr. Louzán, un empeza a non entender nada, porque claro a intervención última, o que eu entendín que se desprendía da intervención do Sr. Louzán é, como á alcaldesa de Ribadumia alguén lle denega o soldo por cuestión de dignificación da vida política eu a poño aquí de asesora persoal de confianza. Non é a primeira vez que o fan vostedes, esto xa o fixeron no mandato anterior co a exalcaldesa de A Guarda, pero bueno se esa é a razón, se esa é a razón non sería persoal de confianza, non sería ese o motivo da contratación, se esa é a razón, ó mellor eu entendín mal e a razón é outra, porque se é esa, loxicamente se algún alcalde desta provincia, sexa do partido que sexa, está nesa situación vaise ver obrigado o Sr. Louzán a contratalo tamén, por aquilo de dignificar a vida política. Pero supoño que eu entendería mal, supoño que entendín mal eu. Mire, Sr. Figueroa, cando vostede di que aquí están todos os datos, todos os papeis a disposición de todos os Deputados que os podemos ver cando queiramos, eu simplemente lle invito a que vaia á acta que acabamos de aprobar ou á do mes pasado ou á de hai dous meses, ou á de hai tres meses, ou á de hai catro meses, e verá que hai un Deputado do Grupo Socialista, o Sr. Juanes, pedindo unha información sistematicamente e sistematicamente o Presidente da Deputación lle di que xa lla dará un día destes, sistematicamente tamén, a contestación é a mesma de sempre, polo tanto, mire, eu creo que case é mellor que non entre nese tipo de cuestións. Home, vostede intentou facerme unha aclaración tamén, me dicía que eu lle estaba sinalando que era o Presidente quen o tiña que facer, cando falaba dese coñecemento de empresarios e demais, por suposto que si, por suposto que si, que todos coñecemos a todas as empresas que traballan para os concellos, para a Deputación, etc., etc., eso é lóxico e é certo, pero como vostede plantexaba retos encima da mesa eu vou
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota