Fondos
2006-03-17_Extraordinaria. Acta de sesión 2006/03/17_Extraordinaria
Acta de sesión 2006/03/17_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-03-17_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2006/03/17_Extraordinaria
Data(s) 2006-03-17 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día dezasete de marzo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Sr. Deputado D. Xosé Antón Araujo Quintas nin a Sra. Deputada Dona Francisca Canal Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á convocatoria do Pleno extraordinario coa seguinte orde do día. ------ Folla: 1.5366.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de febreiro do ano 2006. Non habendo intervencións procedemos á súa aprobación. Apróbase por unanimidade. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de febreiro, do ano 2006. ------ Folla: 2.5367.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A PEAXE DE RANDE E INFRAESTRUTURA VIARIA NO MORRAZO E NOVOS ACCESOS AUTOESTRADA Sr. Presidente.- Punto número dous. Moción do Grupo provincial do Partido Popular sobre a peaxe de Rande e infraestrutura viaria no Morrazo e novos accesos autoestrada. Ten a palabra o Sr. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Moi bos días a todos e a todas, Presidente, Deputadas e Deputados, vamos hoxe a debater un ano despois, e digo un ano despois porque fai aproximadamente un ano debatemos unha moción similar, aínda que neste caso cuns novos puntos, unha moción que afecta a unha grande parte dos cidadáns de Pontevedra. E en primeiro lugar eu quixera xustificar por que é agora e nun Pleno extraordinario. Como dicía antes en primeiro lugar pois o Partido Popular entende que é un problema que afecta a unha grande parte, a unha maioría dos cidadáns da provincia. En segundo lugar, o día 8 de febreiro o grupo de goberno da Deputación, e digo Sr. Mosquera o grupo de goberno para que non me recrimine a corporación, digo o grupo de goberno na Deputación de Pontevedra, brinda unha vez máis a colaboración á Xunta e Fomento para que dunha forma inmediata e definitiva rescatar a peaxe de Rande. Esta proposta pois non se ten en conta, mesmo os actuais responsables da Xunta de Galicia dinos cousas como "é un brindis ó sol", "a Deputación chega tarde". En fin, todos pensabamos que despois destas expresións estaba feito, que a peaxe de Rande por fin desaparecería. Posteriormente o 17 de febreiro a Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, en declaracións efectuadas nun concello do Morrazo, máis en concreto en Cangas, di que suprimir a peaxe é cuestión de semanas, pide tranquilidade porque é un problema de hai 25 anos e polo tanto pode esperar e os trámites eran moi complexos, moi complexos. Parece que descobren nos últimos meses a complexidade, evidentemente antes das eleccións o problema era que non había vontade política por parte do Partido Popular, mentres noutros tramos de autoestrada estase facendo nin máis nin menos o que nós estamos a pedir. E digo que se está facendo e un exemplo é o que se fixo recentemente na autopista de peaxe Campomanes-León, e eu fago referencia aquí a unha nota de prensa do goberno que di "el gobierno reduce un 30% el peaje de ... para vehículos pesados, el Ministerio de Fomento pagará 2,8 millones de euros en 2007 por la aplicación de esta medida durante el presente año 2006". Esto deu unha nota de prensa do goberno, en concreto do Ministerio de Fomento. En época similar un pouco antes se firma un convenio entre a administración da Xunta de Galicia e Autopistas AUMAR, SA, concesionaria do Estado, para que esta última "deje de realizar el cobro del peaje en el tramo Puerto Real-Jerez de la Frontera, de la autopista AP4". Me dirán que es gracias a la gestión del Sr. Chaves. Bueno, pois eu lle digo, pois esperemos que gracias a la gestión de nuestro Presidente de la Xunta de Galicia poidamos dicir o mesmo, porque ademais esto, de premio, ademais trae o desdobramento da actual estrada converténdoa en autovía. E con estes argumentos é agravio ou non é agravio esta situación coa que nós temos en Rande, nós o Partido Popular entendemos que si e por se estes episodios non foran suficientes o Boletín do 21 de febreiro do 2006 publica unha resolución da Delegación do Goberno nas sociedades concesionarias de autopistas nacionais de peaxe, para transferir á Generalitat de Cataluña unha contía de aproximadamente 17 millóns de euros anuais que permite a rebaixa, permite a rebaixa nun 7% nas autoestradas de Cataluña. E a maiores de todo esto, a maiores de todo esto, por se esto non fora suficiente, chegamos eu non sei se a un episodio lírico ou onírico, eso é pura casualidade, a adxudicación da autovía do Barbanza a unha empresa, a unha empresa 31 millóns de euros máis cara que a mellor oferta, e que nós entendemos que incumpre o prego de condicións polo que falarei e explicarei máis tarde. Só digo que é unha casualidade, unha casualidade a mesma cantidade que teríamos que pagar ata o ano 2010 á empresa, á mesma empresa que ten a concesión da autopista da AP9. E como dicía explicaremos máis tarde esta operación polo miúdo porque hai datos máis que suficientes, máis que suficientes, para afirmarnos no que estamos a dicir, si, Sr. González si, hai datos máis que suficientes e llos explicaremos. Eu non sei se esto, creo, este episodio non sei se dunha película de James Boon, de Agatha Christi, ou metereino por un esperpento do noso Valle Inclán, que estou convencido de que se vivira, se vivira faría un esperpento con este episodio. E dito esto, dito todo esto, entendo que hai motivos máis que suficientes, máis que suficientes para convocar este Pleno extraordinario. Vostedes ó mellor pensan que non, o Partido Popular, entendemos no Partido Popular que si. E antes de pasar a falar xa da moción que traemos hoxe aquí, unha moción que posteriormente explicaremos máis polo miúdo e cunhas pequenas modificacións que lle fixemos, pero a min me gustaría falar un pouco da historia destes vintecinco anos desta obra emblemática de Galicia eu me atrevo a dicir do Estado Español. Alá polos anos 40 xa se empezou a difundir entre persoeiros relacionados co comercio o concepto da área metropolitana, pero foi no ano 73 cando o Ministerio de Obras Públicas nun decreto do 17 de agosto dá a concesión para a construción, conservación e explotación da autoestrada do Atlántico por 39 anos a partir da súa publicación, é dicir, sería ata o ano 2012 un consorcio bancario que naquel momento formaban pois entre outros o Banco Hispanoamericano, Banco Pastor, Banco do Noroeste, Banco Atlántico e algúns máis. No ano 83 o Estado adquire a totalidade das accións, aproximadamente catro mil millóns das antigas pesetas que era o total do capital desembolsado naquel momento. No ano 84 créase a empresa nacional de autopistas, nunha situación naquel momento nos países dependentes do petróleo pois fai que o Estado se plantee un replanteo da xestión das autoestradas naquel momento, se mal non recordo era Ministro D. Javier Moscoso. No ano 94 un decreto, un real decreto de 5 de agosto do Ministerio de Obras Públicas e Medio Ambiente, modifica determinados acordos, artigos da concesión da autoestrada do atlántico, máis en concreto o artigo 4 que di textualmente "se prorroga el plazo de concesión hasta el 18 de agosto del año 2023", firma el Sr. Ministro D. Josep Borrel e o Secretario de Estado de Infraestruturas o hoxe Presidente da Xunta de Galicia D. Emilio Pérez Touriño. Se prorroga ata o ano 2023 non sabemos a cambio de que. Posteriormente no ano 2000, 5 de febreiro, no boletín se publica a ampliación da concesión ata o ano 2048 e se inclúe pois a cambio a liberalización do tramo Vigo-Teis-Puxeiros, o tramo Fene-Ferrol, e a finalización da autoestrada ata o límite con Portugal. No ano 2003 se produce a privatización á empresa SACYR polo que o Estado ingresa nas súas arcas aproximadamente se mal non recordo 1.586 millóns de euros, había que preguntarlle ó Sr. Solbes ou a Magdalena, que fixeron con eses 1.586 millóns de euros e en que beneficiou ós galegos. E estamos no ano 2006, atrás quedan moitos compromisos, por que non dicilo, algunha chapuza legal, como a do ano 88 que converte o tramo da estrada da Xunta entre a Ponte e Vilaboa para que esa autopista sexa legal, en carretera nacional, unha chapuza legal porque esa carretera se a coñecen vostedes de nacional ten pouco. E tamén hai que recordar que no ano 2005 temos unhas eleccións autonómicas onde todos, todos os grupos que se presentan a esas eleccións, todos os grupos din que se gañan a peaxe desaparece, a peaxe de Rande desaparece. Pódome referir ó que dicía o candidato do Partido Popular, ó que dicía o Sr. Pérez Touriño, que dicía "si é posible só fai falta vontade política" ou Anxo Quintana que tamén dicía "que formará parte do primeiro paquete de negociación entre o goberno que aspiro a presidir e o goberno central. Todos os grupos incluído o Partido Popular antes das eleccións dicían o mesmo, como dicía antes en definitiva, moitas palabras, feitos poucos, gústenlle o non lle gusten e me reafirmo o que dixen fai tempo, menos tempo e o que vou a dicir agora os únicos feitos na autoestrada na AP-9 foi con gobernos do Partido Popular e aí están a liberalización de Rande-Puxeiros, a diminución de tarifas na AP-9 e ese bono peaxe ridiculizado aquí e que pode entender complexo na súa tramitación pero que resolveu cando menos provisionalmente, porque ese era o carácter que tiña de provisional, a situación a máis de 15.000 usuarios da provincia de Pontevedra. E fronte a estes feitos os grupos que agora son goberno que antes eran oposición ou mesmo colectivos tiveron un posicionamento crítico que hai que dicilo con claridade unicamente mudou cando as circunstancias políticas cambiaron, e por certo a min me gustaría, nesto creo que hai unha ampla hemeroteca, dos que por exemplo na última marcha se agarraban firmemente á pancarta nada máis e nada menos que a hoxe presidenta do Parlamento, distingo a uns non a todos, a Sra.Vilariño, o Sr. Rego entre outros, dúas Deputadas do BNG, o entón alcalde de Vigo, en definitiva persoeiros da política galega que no seu momento eran oposición e nalgún caso hoxe son os máximos responsables da política galega, e podíamos falar, facer referencia tamén a declaracións do Sr. Louro, como aquela do 23 de xullo do 2004 no Congreso dos Deputados, onde se insta ó Goberno a que nun prazo de 6 meses se fagan os estudos necesarios para integrar territorialmente a área metropolitana de Vigo e Pontevedra e liberar Rande, o Sr. Touriño que dicía o 5 de decembro de 2004 que a opción hoxe é o bono peaxe, en definitiva a hemeroteca creo que é ampla. Evidentemente non quero cansalos máis nestes temas pero creo, creemos no Partido Popular que é momento de tomar decisións, o bono peaxe sempre dixemos que era unha medida provisional, entendemos que neste momento non pedimos nada estraño, pedimos as mesmas solucións que se están dando noutros lugares do Estado Español, e aí están os documentos, tamén dicilo claramente, que somos conscientes que a solución definitiva pasa por esa autovía-autoestrada Pontevedra-Ponteareas no ano 2010 e digo Pontevedra-Ponteareas porque parece que é o principio e o fin, parece ser. Podíamos facer referencia tamén a ese compromiso do Presidente da Xunta de Galicia de que en xaneiro teríamos a solución definitiva, estamos en marzo nada sabemos, entendemos que con todos estes argumentos como dicíamos antes é difícil crer nestas promesas que cambian segundo o día e segundo o actor, un día nos falan dun fondo de rescate, dun fondo sen fondos, todo hai que dicilo porque analizando os orzamentos do Estado para nada aparece ese fondo de rescate, outro día pois que só falta firmar, só falta firmar, en definitiva escusas. Queremos datos obxectivos e evidentemente cando eses datos obxectivos, cando ese feito histórico da caída desa peaxe, da desaparición desas cabinas da peaxe, eu non terei ningún rubor, nin eu nin os meus compañeiros, en felicitalo. E mentres tanto, mentres tanto seguiremos insistindo e presentando preguntas, mocións, en todos os ámbitos, non só na Deputación senón nos concellos, no Parlamento de Galicia e no Parlamento do Estado. Hoxe traemos aquí esta iniciativa, iniciativa que entendemos que está, como dicía antes, perfectamente argumentada, iniciativa que como dicía queremos modificar nalgúns puntos porque entendemos que se debe completar. O primeiro punto pretendemos que quede da seguinte forma: Instar á Xunta de Galicia a que realice diante do Ministerio de Fomento as xestións necesarias para que asuma a inmediata retirada das cabinas do peaxe do Morrazo e os gastos que dita medida conleve, exactamente igual como estaba. O segundo punto o modificamos, pretendemos modificalo previo acordo con todos os grupos, que diría igualmente: Instar á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Fomento ó levantamento das cabinas Pontevedra-Rande en Vilaboa no ano 2010, data comprometida polo Ministerio de Fomento de finalización da autovía do interior A-57, Pontevedra-Vigo-Puxeiros, aínda que parece ser que Pontevedra-Ponteareas. O terceiro punto é instar á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Fomento a que leve a cabo a mellora das conexións da AP9 co CUVI en Vigo, en Carracedo e en Vilaboa melloras nas que esta Deputación Provincial de Pontevedra está disposta a colaborar mediante convenios e esto hai que dicir que aquí pois entendemos que o Sr. Mosquera pois fixo aquí unha pequena, nos transmitiu unha pequena referencia, o cal hai que agradecelo, tanto neste punto como no seguinte punto, pero temos que dicir claramente que a Deputación unha vez máis vai por diante dos feitos e neste momento podemos dicir que o Presidente despois o aclarará, ten uns estudos feitos para, como dicía antes, comprometerse de forma económica sempre e cando Audasa, a empresa concesionaria da AP9 poña a disposición os terreos, a Deputación se compromete economicamente a mellorar como dicía eses tres accesos. E en cuarto lugar que a Deputación Provincial de Pontevedra elabore un estudo sobre a situación dos viais da comarca do Morrazo e sobre as súas necesidades, establecendo unha orde de prioridades en función da seguridade vial, eso é como estaba inicialmente redactado e incrementamos un pequeno parágrafo que di o seguinte: Este estudo estenderase a outras comarcas e todos eles deberán estar coordinados co plan de estradas da Xunta de Galicia. E teño que dicir aquí tamén que, bueno, pois un grupo de veciños do Concello de Moaña nos presenta un escrito en relación ó estado dos viais nese concello e eu debo transmitirlle a mensaxe do Presidente, que, ben, por razóns do Regulamento orgánico é un Pleno extraordinario, sería difícil intervir, o Presidente os vai a recibir ó rematar o Pleno e se compromete a próxima semana a facer unha visita oficial ó concello de Moaña. Temos que dicirlles, é certo que a posta en funcionamento do corredor do Morrazo pois produciu coma unha serie de cambios nos hábitos de circulación, cambios previsibles, cambios previsibles e por eso eu teño que dicir que xa no seu momento, non só a actual Xunta senón a anterior Xunta, en distintas ocasións se mostrou a nosa preocupación, a preocupación dos Alcaldes do Morrazo porque entendíamos que determinados viais que naquel momento tiñan un tráfico escaso pois pola posta en marcha do corredor do Morrazo teñen neste momento un uso masivo tal e como era previsible e incidiamos, eu me lembro xa alá polo mes de marzo do ano pasado, que pedíamos un convenio entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os concellos afectados, un convenio para a mellora da seguridade vial en moitas desas estradas, non só da Deputación, algúns viais municipais e outros da Xunta de Galicia. Se volveu a insistir deste tema na visita que o Presidente fixo, a Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á cal tiven a honra de acompañalo, volvemos a insistir neste tema, e volveremos a pedir que se contemplen nese Plan de Estradas da Xunta de Galicia pois as circunvalacións dos nosos concellos e a mellora deses viais radiais. Entendo que a Deputación, e ese é un dato totalmente obxectivo, é dicir, ninguén pode rebater, é certo que hai viais que son imprescindibles mellorar con carácter inmediato, pero tampouco hai que esquecer que dos setenta e poucos quilómetros que temos nos concellos do Morrazo a Deputación, nos últimos anos interveu nada máis e nada menos en cincuenta deses setenta e algo quilómetros, se mal non recordo creo que setenta e catro quilómetros que temos de viais da Deputación no Morrazo. Creo que é unha cifra considerable, é certo que hai algúns viais que é necesario mellorar e tamén hai que dicilo con claridade que algúns deles non se melloraron, a pesar de estar previsto non se puideron mellorar por problemas cos terreos, en moitos casos pola falta de posta a disposición dos propios concellos deses terreos. E en quinto lugar, en quinto lugar, bueno pois, como dicía instar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á Deputación e ós Concellos, para que asinen un convenio para o financiamento das obras incluídas en ditos estudos. Remato xa dicindo pois que estamos seguros que coa axuda do Ministerio de Fomento retiraremos esas cabinas de Rande. Que a Xunta e a Deputación pois, como dicía, van aforrar dentro dos seus orzamentos unhas partidas polo que pedimos a aplicación ós viais da nosa comarca preferentemente, aínda que evidentemente a Deputación de Pontevedra pois debe atender non só á comarca do Morrazo senón a todas as comarcas da provincia. E como dicía remato a miña primeira intervención facendo miñas unhas palabras que dicía o que naquel momento era Presidente da plataforma antipeaxe na sétima marcha, que dicía "una gran lección de dignidad y de civismo de los participantes, y llamó a mantener la lucha mientras dure esta injusticia, no más peaje, el puente es nuestro". Facemos uso destas palabras porque entendemos que despois de moitos anos, como se di de 25 anos da historia esperemos que este agravio remate dunha vez. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Enrique Sotelo por esa amplísima exposición e ten a palabra neste caso o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e todas. Eu antes de empezar a intervención gustaríame facer unha aclaración sobre algo que se lle deslizou ó Sr. Sotelo. Dende logo se vostede manda aquí ó Sr. Sotelo a facernos unha amplísima historia terxiversada e dirixida dunha maneira bastante grave e para despois o Presidente soltarnos outra perorata de media hora unha vez acabado o debate, pois mire, meta agora todos os elementos, fálenos e ó final intervimos, porque senón, de verdade, é que esto podemos dar aquí as uvas e de verdade como meta máis elementos non nos vamos a calar e podemos rematar aquí ás catro da tarde e haber catro ou cinco debates cruzados en vez de haber un. Se vostede ten previsto intervir e meter elementos tan substanciais, novidosos, marabillosos e de futuro pois interveña agora e temos todos os elementos enriba da mesa para centrar o debate. Eso é o primeiro que quería pedirlle senón se pensa facelo fágao e senón pois sigo. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera eu voulle dar hoxe a oportunidade de que vostede se estenda todo o que queira, porque vostede se estende tamén bastante, pero sei que a vostede lle gusta que eu participe dese debate, pero hoxe na persoa de D. José Enrique Sotelo ten toda a información exhaustiva, minuciosa dos últimos tempos en relación a esto, e lle vai a dar moi boa nota de todo e polo tanto nel confíamos o grupo do Partido Popular en que vai facer unha defensa a ultranza e sobre todo defender un interese que é común e polo tanto nel temos toda a palabra o Partido Popular. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agradézollo pero é que non estou inventando nada, é que o dixo. Sr. Presidente.- Non, non, pero é que el lle vai a dar máis datos despois en relación ó tema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, gracias e vamos coa intervención. Mire, máis cúmulo de contradicións das que vostedes incorreron neste asunto debe ser case imposible, aquelo que en matemáticas é o enésimo, cando non se dan contado dise enésimo, pode seguir, seguir e seguir. Non quero facer unha historia así para non aburrir pero recordémonos que no ano 96, o Sr. Mariano Rajoy, promete, nunhas xerais, ou sexa colocado o sitio onde había que colocalo, ou sexa coa responsabilidade do Estado, promete, en Madrid, se gañan o goberno, vai a quitar a peaxe con premura. Ben, catro meses despois desas palabras, xa o problema, xa non era o goberno central e xa empezamos a marear e vostedes, vostedes se incharon a votar en contra, aquí nesta casa, nos concellos, no Parlamento galego, e en Madrid, se incharon a votar en contra do que escrito desa maneira é o punto primeiro da moción que presentan agora. O problema xa non era dos seus en Madrid, había que resolvelo doutra maneira. Temos que escoitar, temos que escoitar, lindezas do calibre de que liberar Rande, estou falando do ano 97-98, liberar Rande supoñía que se ía a colapsar, polo tanto era imposible, supoño que a memoria non lle fallará, Sr. Sotelo, e se o segue con tanto ahínco pois se recordará perfectamente dese tipo de intervencións. Ah, pero dou un elemento absolutamente substancial o Sr. Sotelo, resulta que vostedes, non o goberno que hai a partir do 2004, privatizan, privatizan Audasa por 1.500 millóns de pesetas, de euros, perdón, e resulta que agora nos veñen cunhas contas, que todas estarán documentadas pero que non lle casa unha, e un día din unha cousa e din outra, que con 31 millóns xa o liberamos, ou sexa, fíxense, nesa operación que fixo o Sr. Álvarez Cascos, o seu goberno, o goberno do Partido Popular en Madrid, fíxense o que representaría que porcentaxe representa dos 1.500 millóns de euros, ou sexa un 2%. Polo 2% dedicado da privatización a indemnizar, Audasa segundo as súas contas, aínda que fora en vez de o 2 o 4, o 5, o 10, resulta que xa podía estar liberado Rande e quen o tiña que facer que é o Estado non o fixeron, non o fixeron vostedes. Moi ben, e incluso en contra do noso criterio que o mantemos, aí se deslizou o Sr. Sotelo, verdade, unha afirmación con respecto á oposición, non será con respecto a nós, nós sempre mantivemos a mesma posición, sempre, ou sexa liberar absolutamente Rande, rabaixar a peaxe entre Pontevedra e Rande, e eso de que a nova autovía sexa de peaxe nin de broma, ou sexa, queda eso así, ou sexa, nós si tivemos en conta por exemplo de que se hai unha alternativa gratis, pois se esto queda pois é absurdo, é absurdo gastar os fondos públicos para liberar peaxes, porque pola mesma razón pois porque non pedimos ata Cesures, non, toda a provincia, para ir a Santiago pois está bastante difícil, e polo tanto non hai previsión tan inmediata, pero bueno, non hai previsión de que haxa unha autovía gratuita, verdade, de alternativa, nós sempre mantivemos esa postura e por eso aquí votamos en contra do bono peaxe. ¿Por que?, agora se vén as consecuencias, agora se vén as consecuencias, de toda a moción e toda a intervención o que se deduce é que as administracións galegas, a Deputación e a Xunta neste caso, financiando o bono peaxe tiveron que sacrificar outras cousas e no fondo quen estiveron pagando o bono peaxe foron os cidadáns do Morrazo quitándolle vostedes intervir nas estradas provinciais porque estaban adicando os cartos a outra cousa. Agora, queda moi bonito cubrirlle as espaldas ó goberno central dicindo que non haxa problema, -no vayamos a tocar a los nuestros en Madrid-, e pagando ó final con cartos das administracións galegas que mal financiadas están para taparlle as espaldas ó goberno central. Bueno, pois agora caen da burra, agora como Saulo que todo é bo e a tempo, como Saulo, e nos poñen no punto 1, en que din que a Xunta de Galicia, xa non só a Deputación, senón que a Xunta de Galicia se dirixa ó Goberno central e que pague todo, que quite as cabinas e que se faga cargo de todo, que eso é o que se debeu defender sempre, que houbera que axudarlle algo, bueno sería un matiz, pero o principio é que sempre tiña que ser o Goberno central que foi o que defendemos sempre e que creo que agora nos veñen con que, vamos, non é só, despois de votar en contra numerosas veces non é só eso senón que agora o propoñen vostedes. Benvidos sexan ó club, benvidos sexan. O problema é que a estes tipos de mecánicas xa estamos moi afeitos e cando estaban no goberno en Madrid, e en Santiago, pero vamos en Madrid, entón hai que defender Madrid por riba de todo e a este país que lle dean ... e cando están na oposición se viran, bueno, defensores a ultranza de todos os dereitos deste país e máis. Mire, ese xogo xa está un pelín gastado por non dicir moi, moi, moi gastado. E, fixo vostede unha serie de referencias históricas, pero unha delas fixo unha foto aí, fixo unha foto que vostede faltaba nela. Defendíamos todos igual nesa pero noutras faltou e faltou moitas, creo que de sete faltou en seis. Pero bueno, non vamos a entrar, xa que vostede fala de fotos, que nós non tiñamos ningún interese en falar de fotos. E xa nesta voráxine, nesta voráxine absolutamente delirante, de nerviosismo e de pois chegan a este, á convocatoria deste Pleno extraordinario, en que é unha concatenación anterior de posturas contraditorias e agora de erros, e a min non me gustaría estar no seu pelexo, non me gustaría estar no seu pelo, porque cando un comete un erro ou dous ou tres, o mellor é que deixe pasar e non intentar arranxar un erro con outro erro, porque eso o único que fai é ensarillar máis. Ou sexa, vexamos a xéneses deste Pleno extraordinario, ¿cal é a xéneses deste Pleno extraordinario?. A xéneses é a seguinte: Concello de Moaña, hai unha moción solicitando que se arranxen unhas estradas que están nun estado lamentable, lamentable, e para o futuro inmediato que se arranxen outras estradas provinciais de todo o Morrazo que están nun estado lamentable. E os seus en Moaña meten a pata porque non votan a favor, para defender, non vai a ser que lle pidamos cartos ós nosos da Deputación. Primeiro erro, e moito máis se poñen nerviosos cando eso se vai a ir ampliando. Segundo erro, un concelleiro e deputado seu en Ribeira, se lle ocorre, vai para alá creo que seis meses, dicindo en Ribeira que resulta, resulta, con ese localismo fantástico que os caracteriza, que a autovía do Barbanza está parada porque o que se trata é de liberar Rande a cambio da autovía, e unha vez dito pois "sostenella e non emendalla", tira para adiante e tal, e entón xuntamos dous erros, e entón ¿como resolvemos os dous erros?, pois tirando para adiante, renunciando a todo o que dixemos, e demais. Entón facemos eso que dixen antes, dende logo se unha adxudicación dunha obra que non sexa a máis barata, se vostedes aprecian indicios de delito pois vaian a onde teñan que ir, pero pola mesma razón, por ese razoamento teñan coidado porque aquí o Museo non se lle dou á máis barata, sempre que hai un concurso non se lle dá á máis barata, eu non vou a defender aquí se está a adxudicación ben ou mal porque non é o foro, e creo que vostedes xa no Parlamento preguntaron tropecentas veces, polo tanto segan no seu sitio ou vaian a onde teñan que ir. Me parece que meter este debate aquí sería absurdo, entre outras cousas, entre outras cousas porque tan provincialistas que son vostedes eso é na provincia da Coruña co cal serviría para liberar ó da Barcala non a este, ou sexa que se meten nun sarillo de razoamentos que a verdade é que son un pouco raros, son un pouco raros, non me diga que non, porque a ver, se é na provincia da Coruña ese traxín suposto que tal, pois serviría para liberar, entón non, como unha obra na provincia da Coruña ten alí máis cantidades que supostamente serían aquí, verdade, pois para Rande, entón esto para Rande, bueno, unhas cousas absolutamente que bueno, menuda película nos montan para demostrar un nerviosismo que non ten ningún sentido máis que o seu propio nerviosismo, ou sexa, un tipo de tramitación que nos fan aquí, é a primeira vez nesta Deputación, e mire que houbo mocións sobre a peaxe, houbo mocións sobre tal, é a primeira vez nesta Deputación que se fai algo deste tipo, polo menos dende que estou eu, e xa van alá case quince anos, porque vostedes mesmos, fíxense o trámite, fíxense a coherencia do Partido Popular en todo este asunto, eu creo que como reflexión debían pararse, ou sexa, a partir de agora esta postura vai ser a nosa sempre, pero separalo non así precipitadamente, meten cousas e demais. Mire, Pazo Provincial a 8 de febreiro de 2006, a fastosa proposta que lle fixeron ó Presidente da Xunta. Pois se descolgan escribindo, nin máis nin menos, na segunda liña do segundo parágrafo, que esta Corporación Provincial e a súa Xunta de Goberno, ou sexa, falan en nome da Corporación sen pedir nin a opinión, para esto non convocan un Pleno nin nada deso, é de onte, do 8 de febreiro. Non sucedeu nunca, agora para unha moción de absoluto posicionamento político como é esta e demais, e o único que ten esa moción é poñer a relucir as súas contradicións, pois resulta que si nos convocan, a cambian a última hora, non se sabe, o luns na Comisión nos din que non había nada que pactar, despois había que pactar, onte a cambian, bueno, vamos unha tramitación verdadeiramente curiosa, bueno, pero xa chega o paroxismo, xa chega o paroxismo da súa coherencia, que foron vostedes soliños, sen preguntar opinión, o 8 de febreiro propoñen que a Xunta e a Deputación paguen, poñan, catro millóns douscentos cada unha e na moción esta do 10 de marzo propoñen que a Xunta e a Deputación non paguen un duro e que poña todo o Estado, ¿que lles pasou nese mes?, ou ¿que lles pasou para sacar eso ou que lles pasou para sacar esta?, ¿que lles pasou?, ou sexa, un mes, só un mes. A ver, ¿deben as administracións galegas incluída a Deputación cofinanciar esa liberalización da peaxe ou non?. A nosa postura sempre foi a mesma, pero bueno, vostedes o 8 de febreiro din unha cousa e o 10 de marzo din outra. Señores, aclárense dunha vez, ou sexa aquí o ridículo non pode ser máis espantoso, eu onte falaba con algúns de vostedes e mire, de verdade que a transmisión do nerviosismo, de non saber onde se está, de que o primeiro que vén cun comentario, home, mire, mire, dille tamén, xa está, un tema tan transcendente coma este pois de repente collemos e andamos bailando e podemos dicir un día unha cousa, un día outra e ata escribila e ata escribila que é bastante peor. E xa para rematar enlazando co que dixen antes, señores do Partido Popular, mire, o que están propoñendo no punto, que agora xa non se sabe se é terceiro ou cuarto, segundo ou oitavo, normalmente un punto novo métese ó final, pero bueno, a ver se montamos máis barullo meténdoo polo medio, o que están propoñendo, que a Deputación provincial de Pontevedra elabore un estudo sobre a situación dos viais da comarca do Morrazo e das súas necesidades establecendo unha orde de prioridade etc. etc., que despois aceptaron esa ampliación que lle propuxemos nós, mire vamos a ver parece un pelín... necesito unha aclaración, senón pode parecer un recochineo, si hai uns viais que están en moi mal estado, que é urxente atuar neles, que non actuaron polo que dixen antes, estiveron pagando, había falta de investimento, agora nos din que actuaron 50 kms., serían non 50, todos, dende que se abriron eses viais, a Deputación, actuaron algunha vez en todos, se quedaron moi curtos, todos, o malo é que se actuou nalgún momento e que eran outras as necesidades e hai tanto tempo que están nun estado fatal, e hainos que están en estado fatal, ou sexa que estiveron pagando os cidadáns vía outros servizos, dicirlle agora que se vai facer un sesudo estudo cara o futuro pode sonar a recochineo. Entón o estudo sobre as urxencias xa non fai falta, eu se quere agora doulle, ó final, no próximo Pleno nos comprometemos a traerlle unha memoria de todos os concellos, a que está elaborada de Moaña, dos que teñen urxencia de actuar, e polo tanto se non queren que calquera persoa sensata, veciños deses concellos, se tomen como recochineo que a estas alturas vaiamos a estudar sesudamente cando e evidentisimo nalgún deles, pois á aparte de estudar cara ó futuro a rede viaria en completo e coordinala co Plan de Estradas da Xunta e demais, e estudar todos os viais conxuntamente, pois nós lle propoñemos un punto que sería o último, xa non sei que número. Sr. Presidente.- Cinco. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, agora sería o seis, pero bueno o cinco, seis é igual, un punto. Espere un momentiño que esto de andar con tantos papeis ás veces trae algún problemiña, bueno sería en resume, o seguinte: independentemente do estudo a Deputación Provincial acometerá de forma inmediata as obras de acondicionamento e mellora dos viais provinciais da comarca do Morrazo que estean en peor situación e nomeadamente a 1101 (Berducedo), 1102 (Meira-A Fraga), 1103 (San Benito-Domaio) e 1104 (Moaña-Coiro) entre outras, entón así nótase un pouquiño de coherencia, instamos á Xunta que faga inmediatamente, instamos ó Goberno Central que faga non sei que, cambiando vostedes o posicionamento e asumindo o noso, vale. Pero ínstanse, vostedes mesmos que fagan, non, mire, vostedes teñen a competencia e capacidade e posibilidade de actuar inmediatamente no que sexa urxente, e nos que non sexa urxente cara ó futuro se fai un estudo que recolla como se vai a redeseñar, reordenar toda a rede viaria do Morrazo que é algo que debería estar feito hai anos, e que se ten demandado dende hai moitos anos que se faga así. En resume nós propoñemos esa emenda, agardamos que haxa suficiente sensatez como para aceptala, creo que está por escrito, non sei se lla deron, bueno téñoa aquí, en fin agardo que sexa aceptada. Pero en resume parece que as contradicións súas e a falta de sensatez neste asunto xa son excesivas, de verdade, é dicir nunca foi posible ter unha postura unánime esixindo o que había que esixir que é que o Estado se implicara de cabeza en liberar esta peaxe, se é posible agora que o sexa pero agardo que haxa esa coherencia e non ese nerviosismo, esto necesita sentarse, necesita estudalo con calma, este nerviosismo que ó final non vai a ningún lado ata meter un gazapo dese calibre, que dirían os veciños os viais están mal, non se preocupen que xa faremos un estudo cando ata agora non se arranxaron por culpa de financiar a bono peaxe. Nada máis por agora moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, Sr. D. Emilio Gónzalez. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Vamos a ver como o Sr. Sotelo nos anunciou que parte das cousas que aparecen no preámbulo da moción e na exposición de motivos ía a facer referencia despois, pois a esa parte tamén vou a facer eu referencia despois. Empezou o Sr. Sotelo por dicir, por tratar de xustificar o por que dunha Comisión extraordinaria o luns e dun Pleno extraordinario hoxe. A verdade é que a nós non nos convence, non nos convenceu, porque as datas ás que fai referencia son as seguintes: di vostede que a moción nace, ou a urxencia da moción nace por unhas declaracións da Conselleira o día 17 de febreiro e fala tamén da adxudicación a unha empresa do corredor do Barbanza e esa é a outra das cuestións da présa e da urxencia desta moción. As dúas ás que fixo referencia. Pois mire, como ben dixo vostede as declaracións da Conselleira son o 17 de febreiro e que eu saiba, que eu saiba, o ditame definitivo da mesa de contratación que adxudica esa autovía é o día 8 de febreiro, é dicir, houbo un Pleno ordinario nesta casa o día 22 de febreiro, se era de tanta présa puideron habelo metido naquel Pleno, e se esperaron ata hoxe, dentro de doce días hai outro Pleno, é dicir, mire, se a urxencia puido esperar ata hoxe puido esperar doce días máis. Polo tanto dificilmente, dificilmente se pode xustificar a urxencia e o Pleno extraordinario salvo que teña máis cousas que nos dirá despois supoño. E ante eso bueno pois valoraremos doutro xeito o tema ó mellor. Mire, o Sr. Sotelo ten unha memoria selectiva, é dicir, recorda perfectamente, perfectamente, quen era o Ministro que firmaba o Decreto, o subsecretario que firmaba o Decreto da prórroga nun ano determinado e noutro ano curiosamente non o recorda, ou non fai referencia a el, debe ser porque a prórroga do 2000 o firmaba un correlixionario de partido seu e entón a eso non fai referencia, fai referencia ós outros, é curioso tamén, é curioso, é dicir, mire, está facendo referencia a unha prórroga de cando autopistas era unha empresa pública e queren comparala e non hai, non existe a comparación en ningún sitio, a unha prórroga que se fai xusto antes de privatizar a autopista, é dicir, unha prórroga cun goberno do Partido Socialista a primeira, unha prórroga cun goberno do Partido Popular a segunda. Como falaba da hemeroteca, Sr. Sotelo, voulle a recordar unhas declaracións súas xusto no momento que se estaba tramitando esa privatización, dicía o Sr. Sotelo, palabras textuais, agora ou nunca, se non se fai agora a liberalización da peaxe non se fai nunca, e o dixo vostede naquel momento. Fíxose a privatización e segundo a súa aposta naquel momento nunca máis se ía a poder facer, segundo vostede, palabras textuais, hemeroteca. Segue facéndonos referencias a todas as partes do Estado, segue facéndonos todas esas referencias pero de novo a memoria selectiva, esquécese vostede que vostedes gobernaron no Estado oito anos, por non dicir os dezaseis de Galicia, pero curiosamente o seu Presidente nacional, o dos fiíños aqueles do Prestige, que eran de plastilina, aquelas tonterías, ese mesmo personaxe, na campaña electoral do ano 99, creo recordar, creo recordar, ofertou esa liberalización da peaxe, e en catro anos foi Vicepresidente do Goberno, é dicir, tivo todo o poder do mundo, e non o fixeron, e non o fixeron. Na Xunta como lles dicía gobernaron dezaseis anos tampouco o fixeron, e agora curiosamente en oito meses e en dous anos queren que se faga. Pois mire, hai un compromiso que segue en pé, vaise facer, e a postura nosa e a postura do Partido Socialista é clarísima no tema, que o pague o Ministerio de Fomento e que se liberalice a peaxe. Segue dicindo, ou acaba dicindo o Sr. Sotelo aquello de "el puente es nuestro". Si señor, pero home vostede tardou 25 anos en chegar a esa conclusión, que son moitos anos, Sr. Sotelo moitisimos anos. Xa non lle fago referencia a marchas e demais cuestións porque eu creo que non vale a pena facer esas referencias, e se me permite vou a entrar en cousas da moción, en cuestións da moción, vou a dicirlle incluso que se vostedes retiran as tonterías que aparecen na exposición de motivos da moción e algunha cuestión nova que meten agora mesmo, porque é certo o que lle dixo o portavoz do BNG antes, o luns na Comisión vostede mesmo dixo e o Presidente da Comisión dixeron que non había nada que tocarlle á moción, dixérono na Comisión do luns, por Dios, volvo a repetir, se retiran as tonterías da exposición de motivos, e non meten máis tonterías, porque claro, é dicir, agora chega vostede séntase aí e di, non, e tamén as cabinas de Vilaboa, e as de Santiago e as de Coruña, todas xa, claro, é curioso hai tres anos non lle oía eu a vostede dicir eso nin de coña, vamos, nin de auténtica coña. Entón bueno, mire, se se vai con tonterías nós a ese xogo non vamos a xogar. Pero, entrando na moción, mire, o punto 1 do acordo que plantexan, instar á Xunta para que realice diante do Ministerio as xestións necesarias para liberalizar a peaxe, estamos totalmente de acordo e sábeno, é dicir, podíamos votalo perfectamente, volvo a repetir, retirando as tonterías que teñen, pero se non as retiran, non. Instar á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Fomento a que leve a cabo a mellora da conexión da AP9 co CUVI de Vigo e en Carracedo e en Vilaboa. Mire, é curioso, eu de verdade que si lle vou a pedir ó Sr. Louzán que interveña, é curioso porque esta moción plantexouse nesta casa hai bastante tempo, é máis, había un engadido do Grupo Socialista e era que se tivera en conta a saída de Rande-Puxeiros, tamén, aprobouse por unanimidade, e quedou de facer as xestións o Sr. Presidente da Deputación, hai máis de ano e medio. Quixera, home a min me parece tremendamente curioso que se estea reivindicando que os demais e que as demais institucións fagan xestións, unha xestión e outra xestión, e resulta que este señor aínda non nos deu conta hoxe das súas xestións dende hai ano e medio. Supoño que deberon ser absolutamente negativas, supoño, porque se o volven a meter como punto na orde do día, pois ben, nós estaríamos de acordo co engadido que lle fixemos no seu día tamén. Que a Deputación de Pontevedra elabore un estudo sobre a situación dos viais da comarca do Morrazo e as súas necesidades establecendo unha orde de prioridade en función da seguridade vial. Mire, vostedes din na exposición de motivos e repetiuno vostede aquí outra vez, que interviron en 50 quilómetros dos 74 que hai de vías provinciais no Morrazo. Ben. E curiosamente para 24 que lle faltan din, vamos a facer un estudo, mire, esto é tremendo, tremendo. É curioso, ó mesmo tempo é curioso, o Grupo Socialista leva anos, anos, plantexándolle que non se podían estar facendo inversións en estradas provinciais sen un plan provincial de estradas, nunca nos fixeron caso, nunca, neste tema. E agora esta é a demostración absolutamente plástica do que lle dicíamos. Se resulta que interveñen en 50 quilómetros de 74 que teñen, e resulta que, porque ó mellor estou eu errado, ó mellor non é así, eu supoño, eu supoño, que a autovía do Morrazo non apareceu do día para a mañá aí, é dicir, non caeu aí de golpe nun día, supoño que non, supoño que esta Deputación tiña ese proxecto nas mans, supoño que esta Deputación cando estaba intervindo neses 50 quilómetros estaba tendo en conta que se estaba facendo o corredor do Morrazo, supoño. Pois supoño mal, está claro que supoño mal á vista da moción que vostedes plantexan. Pero bueno, mire, neste tema tamén estaríamos de acordo se ocorrese, se o amplían a toda a provincia e ese estudo se fai de toda a provincia. Home, di instar á COTOP e á Deputación e ós Concellos para que asinen un convenio para o financiamento das obras incluídas en dito estudo. Mire, eu sei que a COTOP está comprometida e vostedes tamén o saben, nos que son os viais autonómicos, en facer esas conexións e en arranxalos, sen facer o estudo, supoño que vostedes para 24 quilómetros que lle faltan tamén sen facer o estudo poden facelo, teñen cartos no orzamento deste ano para investir en vías provinciais, se non hai problema de financiamento, e senón en todo caso home hai plans aí que o Sr. Presidente a dedo dispón de máis de 2.000 millóns de pesetas, é dicir, tampouco sería ningún problema facer esta cuestión. Polo tanto, fórmulas hainas todas, entón cando hai cartos, aínda que fracasou nas xestións o Presidente, que non nos contou ata agora e nos vai contar agora, ben, pero vamos a seguir nesas xestións, creo eu Sr. Presidente, ben, vamos a seguir, perfecto. Cando estamos todos de acordo no tema de que Fomento pague a peaxe, bueno, ¿cal é a razón deste Pleno?, e por se acaso tiñamos a intención de votar a favor, e ademais retiramos as cabinas de Vilaboa tamén. ¿Cal é a intención deste Pleno?. Mire, unha sinxelísima, e real, absolutamente real, mire, vostedes están utilizando a Deputación como ariete contra outras institucións, nin máis nin menos e estano facendo sistematicamente, vostedes teñen moi mal perder, teñen mal perder en todas partes e con ese mal perder se están instalando na mentira, e na mentira absolutamente en todas partes tamén, é dicir, no Estado, en Galicia, na Deputación, nos Concellos, absolutamente instalados na mentira, ben, pois mire alá vostedes porque dende que se instalaron na mentira vailles moi ben, van vostedes de vitoria en vitoria ata a derrota final. Perden as eleccións no Estado, perden as eleccións en Galicia e van a perder as municipais, por seguir instalados na mentira e por estar utilizando as institucións como ariete contra outras institucións. Como supoño que o Sr. Sotelo nos vai a ilustrar agora sobre esa adxudicación pois despois contestareille tamén a ese tema. Sr. Presidente.- Moitas Sr. D. Emilio González. Xa lle dou a palabra ó Sr. Sotelo, pero claro, eu sei que a vostede lle gusta moito que eu entre en debate con vostede igual que ó Sr. Mosquera, pero non lle vou a dar esa oportunidade, só si contestarlle a unha pregunta que vostede ben, e ademais vostede preguntou e contestouse así mesmo. Hai ano e medio que plantexamos eso aquí, ano e medio, e ese goberno socialista en Madrid, ese coñecido do talante que vostede sabe, o do talante, non, non, pero ese depende, as entradas da autopista dependen do de Madrid, dese socialista que vostede coñece do talante, ¿non sabe?, leva exactamente ano e medio sen contestar, sen recibirnos e sen contestar. ¿Que lle parece ese goberno socialista?. Precisamente vostede acaba de dar no cravo, esta é outra razón máis para esta convocatoria. Bueno, vostede dicía a perda das eleccións que xa lle direi, carambolas danse de vez en cando, non sempre, pero si lle digo unha cousa máis, e a iremos dicindo pouco a pouco, como esa moción que vostede ben dixo, aprobada aquí a proposta do Partido Popular non tivo eco en Madrid, os do talante non quixeron contestar nin nada, agora si vamos a mover ficha nós, pero xa llo irei dicindo pouco a pouco cando corresponda, porque os estudos están aí, está todo preparado e despois si van a ter que contestar. Polo tanto non nos vamos a quedar parados nese sentido. Pero cédolle a palabra neste caso a D. José Enrique Sotelo que é, non, porque entón abriríamos o debate entre vostede e máis eu, a ver. Sr. González Iglesias.- Ben, trinta segundos que xa me chegan. Sr. Presidente.- Contareinos. Sr. González Iglesias.- Mire, eu ler por agora sei, sei, vostede di que ese tema depende de Fomento, única e exclusivamente, ¿acaba de dicilo, non?. Sr. Presidente.- As conexións á entrada da autopista, a autorización depende de Fomento. Vostede o sabe tamén. Sr. González Iglesias.- Bueno, vale, vale. A ver, punto número dous na moción anterior, na que vostedes presentaron, di, "instar á Xunta de Galicia", o din vostedes na moción, se non saben escribir, se non saben argumentar o tema, instar a Xunta de Galicia e ó Ministerio de Fomento, pero á Xunta de Galicia. Se non ten competencias por que insta á Xunta vostede. Mire, sabe o que pasa, que cando un se compromete a facer unha xestión fai a xestión e dá conta dela, é dicir, se a vostede lle saíu mal a xestión o normal é que dous meses despois ou tres meses despois chegara aquí ó Pleno e dera conta e dixera, o que acaba de dicir agora, es que esos señores del talante no me hicieron ni puñetero caso, vale, pero non o dixo, home, e despois aquí agora di outra tontería, di, "no, no, es cosa de Fomento", bueno pois entón corrixa a moción, aquí di instar á Xunta de Galicia tamén, home, ¿que pasa?. Sr. Presidente.- Sr. Iglesias, aclarado queda, pero respóndelle de novo, eses señores do talante é como neste caso respectan ás institucións despois de ano e medio sen contestación, e é máis, xa llo aseguro e así llo dou a entender para que vaia preparando a súa contestación e eles tamén de que haberá novidades importantes en relación con este tema. Sr. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Gracias Sr. Presidente. E eu vou a empezar polo final. Sr. González, eu creo que o Sr. Presidente eso do mal perder, da mentira, eso debe estar no manual do bo goberno do Partido Socialista, débenlle ensinar eso, dentro debe ter algún artigo porque é ó que recorren, mal perder, mentira, mire o Partido Popular de Galicia non perdeu as eleccións, punto primeiro, punto primeiro. Tamén debe outro artigo do talante, que ese é ó que aluden vostedes e logo gobernan con máis prepotencia que nunca, nunca houbo un goberno, nunca houbo un goberno no estado español que gobernara coa prepotencia que están a gobernar vostedes, nunca, nunca. Mire, falaba vostede das cabinas de Vilaboa ata o ano 2010, eu creo que vostede non se entera, non se entera, é certo que van a facer a autovía ou autoestrada no 2010, ¿si ou non?. Eso é o que teñen que aclarar, porque moitos, moitos empezamos a dubidar de que eso non é posible Sr. González, moitos, moitos, por non dicir todos, é practicamente imposible que á data de hoxe no ano 2010 estea executada esa obra Sr. González, e nós o que pedimos aquí é que cando se execute esa obra, que cando se execute esa obra Sr. González teñan o compromiso de retirar as cabinas en Vilaboa, por eso lle digo unha vez máis, non se entera, non se entera. Mire, falaba vostede, a Xunta non ten competencias, evidentemente que terá poucas competencias, pero cando menos ten as mesmas que tiña cando gobernaba o Partido Popular ¿ou non?, ¿ou non?, antes era falta de vontade política, agora é que non teñen competencias. Está moi claro Sr. González. Ben, segan vostedes por ese camiño de desviar os temas con outras cuestións que loxicamente os cidadáns pois serán os que lle pasarán a factura. Nos dicía vostede que somos arietes doutras administracións, non, arietes do Partido Popular. Mire, a Deputación ¿sabe o que é?, é un ariete, é un ariete porque está cerca da liña de gol, eses son os arietes, está cerca dos problemas que teñen os cidadáns, e a peaxe de Rande é un problema que teñen os cidadáns, esa é a diferencia entre uns e outros e non nos ofende que diga que somos uns arietes do Partido Popular. É un orgullo para nós dicir que a Deputación de Pontevedra é neste momento un ariete porque entendemos que estamos cerca dos problemas que teñen os cidadáns da rúa, e colaboramos, ou pretendemos colaborar porque ás veces non nos deixan, son tan prepotentes, tan ía a dicir esa palabra máxica á que recorren, teñen tan bo talante, que cando queremos participar no financiamento como é neste caso das saídas das comunicacións lóxicas que ten que ter a autoestrada, a AP9, son tan prepotentes lle digo, prepotentes, que non queren que a Deputación colabore no financiamento, prepotentes son vostedes, eu non sei se está tamén no manual de goberno do Partido Socialista. Mire, e vostede esquece que é certo que o Partido Popular pois gobernou oito anos, o Partido Popular gobernou oito anos pero vostedes dezaseis e aínda veñen aquí, deben ter mala conciencia, porque creo que xa llo dixen no Pleno pasado, a falar aquí agora do Prestige, seguramente por mala conciencia, home, e non lle recordo outros episodios éticos de vostedes de dous anos de desgoberno, non lle recordo outros episodios éticos. Mire, falaba vostede de memoria selectiva, eu creo que aquí fixen unha referencia clara de data a data, e tamén fixen referencia á cando se privatizou e non teño porque ocultar nada, evidentemente o que non fixen eu de "míster loctite" como fixeron vostedes, moitos de vostedes pegadiños aí á pancarta, eso eu nunca o fixen, eu participei, non nas sete, pero na maioría das sete mobilizacións que houbo, pero evidentemente a min non se me ocorreu, porque eu non ía para facer a foto como foron vostedes, eu non sei se vostede, non sei porque non son capaz de recoñecer a moita desa xente. Pero moitos de vostedes si, estaban alí agarradiños, non sei se con loctite ou con outro tipo de pegamento, pero estaban alí agarradiños alí á pancarta estaban. A hemeroteca evidentemente é ampla para todos, evidentemente é ampla para todos. O Partido Popular privatizou, é certo, nin o negamos, 1.500 millóns de euros ingresou as arcas do Estado, para que, para que nos fagan ese AVE monovía que sabe Dios cando aparecerá por aquí ou para que nos espertemos co anuncio da ilustre Ministra de Fomento que ignora Galicia ó explicar os plans do AVE. Pois mire, o que fixeron foi para que os señores socialistas desgraciadamente teñen vostedes tanto peso, peso político, tanto peso político que seguramente parte deses 1.500 millóns de euros que ingresaron as arcas do Estado, Doña Magdalena Álvarez unha vez máis se espalle como fai referencias na prensa, se espalle con Cataluña, Andalucía, Levante e obvia o noroeste, ¡oh, curiosa casualidade!, ¡curiosa casualidade!. Sr. Mosquera, falaba vostede de coherencia, falaba vostede de coherencia, eu creo que vostedes aínda non se deron conta que son unha, cando estaban na oposición podían dicilo, pero eu creo que vostedes esquecen que nestes momentos son goberno, goberno, goberno paralelo, un dos gobernos, me apuntan por aquí, un dos gobernos que temos na nosa Comunidade Autónoma, parece que o esquecen, e vólvolle a recordar as palabras que dicía o noso Quin antes das eleccións, "la eliminación de los peajes de la autoestrada galega formará parte do primeiro paquete de negociación entre o goberno que aspiro a presidir e o goberno central". En todo caso a copresidir. Mire, coherencia Sr. Mosquera, evidentemente que a hemeroteca é ampla para todos, eu non din ningunha data, pero para vostedes tamén. E vólvolle a recordar como xa fixen noutras ocasións, aquelo de "autopista non", "autopista xa", eso é coherencia evidentemente, ou aquela famosa frase da navallada de Galicia, que se lle produce un sarpullido cando se lle recorda a algúns do BNG, pero está aí na hemeroteca, a hemeroteca é para todos, para todos. Mire, e vostede aquí si que cometeu un grave erro, pretender confundir ós cidadáns do Morrazo dicíndolle que por culpa do bono peaxe non se arranxan as estradas. Pretendeuno dicir vostede, verdade, pois eu creo que está, perdoe que llo diga, porque o aprecio, de verdade, perdoe o que lle digo, está vostede mentindo. Os plans provinciais nos tocan a cada un o que nos toca. E por certo no Morrazo, aí están as actuacións, se quere eu lle fago referencia porque teño as actuacións nas distintas estradas, teño as actuacións, e o que digo está corroborado porque dos 74 quilómetros que temos se actuou en 50. Polo tanto, eso que acaba de dicir vostede Sr. Mosquera, cando menos permítame que lle diga, permítame que llo diga, que non é verdade, non é verdade, ou sexa, dicir que o bono peaxe se paga cos plans provinciais, eso é unha, ía dicir unha animalada, o digo, é unha animalada, é unha animalada, eu non sei a quen quere enganar pero eu creo que todos sabemos que hai uns baremos, que eses plan provinciais están cofinanciados con outras administracións, e que evidentemente guste ou non guste, é certo, é certo que hai viais, e hai viais, e ó fío xa enlazo co que vostede nos propoñía, eu creo que non debe haber ningún tipo de problema de aceptar eso, pero cunha condición, porque gran parte deses viais ós que vostede fai referencia os terreos non foron postos a disposición da Deputación, esa é a verdade dese tema. Eu non teño moito coñecemento concreto dese vial, coñézoo perfectamente, pero a dous dos que fixo referencia me lembro incluso xa no ano 99, en Berducedo, me lembro perfectamente que o problema é a posta a disposición dos terreos. Na Fraga, que fai creo que menos dun mes, o Presidente e eu comentamos ese tema, o problema é a falla dos terreos, polo tanto eu entendo que non debe haber ningún tipo de problema sempre e cando se lle engada que o concello debe por a disposición dos terreos, porque entre outras cousas son obras que estaban previstas dende fai anos por esta Deputación. E despois me fala de que escoitamos para xustificar a proposta desto, escoitamos que en Ribeira se adxudicou. Non home non, mire, papeliños Sr. Mosquera, papeliños, papeliños. E lle vou facer, xa que vostedes parece que lles molesta que digamos que ¡oh casualidade, oh casualidade!, a Xunta de Galicia o pasado día 10 Sr. Mosquera, polo tanto non nos puido dar tempo a presentar a moción, o pasado día 10, fai público a adxudicación á mesma empresa, curiosamente, casualidade, non dicimos nada, casualidade, pura casualidade, á mesma empresa que ten a explotación da concesión da AP9, casualidade, fíxese que casualidade, despois de nada máis nin nada menos que doce horas de debate. Eu solicito que se inclúa unha partida nos orzamentos para que no libro dos records, no libro dos records se inclúa mesa de contratación más tiempo reunida, adjudicación de la autovía del Barbanza. ¡Oh casualidade!, a mesma empresa que a que ten a concesión da autopista do Atlántico, casualidade nada máis. Pero xa falando de casualidades lle vou facer referencia, porque temos os datos home senón non falaba, mire, este papeliño era a proposta da mesa, a proposta da mesa no mes de xullo, para adxudicar, curiosamente vostedes que son tan autóctonos agora defende ós invasores. E calquera, calquera, calquera dos argumentos para adxudicar, calquera dos argumentos para adxudicar esta obra, calquera dá favorable á que inicialmente, á empresa que inicialmente estaba proposta por esa mesa no mes de xullo. Pero, ¡oh casualidade, oh casualidade!, o actual goberno da Xunta, o deixa deserto, ou sexa o deixa deserto non, apraza a resolución, ¡que aínda é máis grave!, cando no prego dicía que tiña que estar adxudicada se mal non recordo o 30 de novembro de 2005, e había un informe dunha empresa a cal todos coñecemos porque é unha das empresas máis coñecidas na nosa Comunidade Autónoma para facer asistencias técnicas, empresa que non vou a nomear aquí, pero ¡oh casualidade! , pero vostedes contratan a outra empresa, vostedes non os responsables da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes, a unha empresa, ¡claro!, haberá que preguntar ¿Por que esa empresa?. ¿Cal é a credibilidade que ten esa empresa?. Mire, eu vou a redactar unha serie de datas para que as teña vostede, mire o 4 de marzo de 2005 sae a concurso polo réxime de concesión a autovía do Barbanza, o 30 de maio ábrense as plicas, como dicía antes remata o prazo para adxudicar o 30 de novembro de 2005, bueno, a mediados de xuño a mesa de contratación se reúne e ten sobre a mesa a proposta de asistencia técnica contratada naquel momento que aconsella a adxudicación a unha empresa, que ademais é a mellor oferta económica, e digo ademais porque se mal non recordo nese prego de condicións se valora un 60% a oferta económica, e un 40% os outros parámetros, pero o 60% é para a mellor oferta económica, e como dicía antes en todos e cada un era a mellor proposta. O 2 de decembro, fóra do prazo de adxudicación acordan contratar outra asistencia técnica para asesorar á mesa de contratación, van presentando desculpas, evidentemente o Partido Popular está alerta, porque algo raro sucede, unha proposta no mes de xullo, se apraza, se contrata a outra empresa, ¡uy! ¡uy! ¡aquí hai tomate! , cousa rara, casualidade, para vostedes casualidade, ben, as desculpas, como dicía é que hai que estudar a mellor proposta medioambiental, a de seguridade, hai unha alta siniestralidade nunha vía rápida, as obras do cable, as obras do gas. .../... ------ Folla: .../... 2.5367.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A PEAXE DE RANDE E INFRAESTRUTURA VIARIA NO MORRAZO E NOVOS ACCESOS AUTOESTRADA Bueno, o outro día escoitei creo que no Parlamento ó Director Xeral que dixo que era a mellor oferta porque era unha capa drenante a do asfalto e polo tanto era a mellor oferta, eu creo que todo esto fai que nos plantexemos unhas dúbidas máis que razoables Sr. González, máis que razoables, ¿por que se bateu o récord de retraso de adxudicación nunha obra do Plan Galicia?. Por certo, deron orde vostedes de retirar todos os carteis que poñían Plan Galicia, remordemento de conciencia debe ser. Por que se lle dá máis credibilidade... se deron orde vostedes de retirar todos os letreiros das estradas da nosa Comunidade Autónoma que fixera referencia ó Plan Galicia, evidentemente olvidáronse del, lóxico, habería que preguntarlle a Dona Magdalena, ó mellor é para reciclar, unha mellora medioambiental, para reciclar os taboleiros. Ben, habería que preguntarlle ¿por que lle dan maior credibilidade á segunda asistencia técnica e non á primeira?, cando foi feita a primeira por unha empresa que eu creo que todos coñecemos, unha empresa que ten ampla experiencia e ademais que gañou un concurso público, e vostedes curiosamente adxudican a segunda asistencia técnica a unha empresa descoñecida e por un procedemento negociado, evidentemente son todo casualidades, pero a única realidade é que se adxudicou a obra a unha empresa 31 millóns de euros máis cara que a que inicialmente estaba proposta pola mesa de contratación no mes de xullo e iso é moi forte, moi forte, e vostedes nos din, tranquilos, é pura casualidade, pois nós non pesamos que é casualidade e pensamos que se dan unha serie de circunstancias como esa publicación no BOE de 21 de febreiro onde permite ás autoestradas catalanas a rebaixa da peaxe dun 7%, que nós non fomos os que lle puxemos a data do mes de xaneiro, foi iniciativa propia do Sr. Touriño, porque eu creo que se nos dixera posiblemente a fin de ano, pois todos estaríamos intranquilos pero foi o que dixo no mes de xaneiro, pero bueno loxicamente pasa o mes de xaneiro e el xa o esquece eu creo que pódenlle dar as voltas que queiran, pensabamos que era un problema antes esa peaxe que o é agora e se non se retira será nun futuro, e entendo o sarpullido que a algúns de vostedes lle pode provocar este debate, a hemeroteca é ampla, todos somos reos do que dixemos no seu día, ¡todos, todos, todos! e vostedes tamén. Remato volvéndolle por pasiva unha das afirmacións que facían non hai moito tempo vostedes e falta de vontade, a non ser que tamén pode suceder que inmersos nese maremagnum do talante pois teñen unha falta de capacidade de negociación, tamén é posible Sr. González, nós, insisto e xa llo anticipo, da mesma forma que algúns recordamos ós nosos antepasados cada ano, este que lle está a falar vai a presentar non unha moción no cabo de ano, como algúns presentaban no meu concello ou pretendían presentar, senón vai a presentar unha moción cabo de mes pero cada dous meses mentres este tema non se arranxe, e Sr. González, eu pídolle que lea ben o que aí pon, o 2010, a iso se comprometeron vostedes, a facer libre no 2010, o que pasa é que ó ritmo que van temos moitas dúbidas, que sexa no 2010 libre o tramo de Pontevedra-Vigo, porque entendíamos que ía haber outra alternativa nesa data, eu xa llo digo temos as nosas dúbidas porque aínda que aquí levan uns meses gobernando, en Madrid xa levan dous anos, o tempo pasa para todos, e neste tema como en moitos outros pouco fixeron. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Enrique Sotelo, ten a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Dende logo que o asunto vai, no primeiro punto vostede fixo un relatorio que intentou ser medianamente riguroso e agora xa se vota ó discurso purament
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota