ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2006/03/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/1.2006-03-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/03/29_Ordinaria

  • Data(s) 2006-03-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e nove de marzo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Provincial D. Antonio Feliciano Fernández Rocha quen desculpa a súa ausencia. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.5368.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE POIO A FAVOR DO ORAL PARA A INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR LICENZAS DE OBRAS, ASÍ COMO A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Punto número 1. Delegación de competencias do Concello de Poio a favor do ORAL para a inspección e posterior liquidación definitiva do imposto sobre construccións, instalacións e obras e da taxa por licenzas de obras, así como a xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana Non habendo intervencións procedemos á votación. Votos en contra, abstencións, a favor. Visto o acordo do Consello Rector do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 10 de febreiro de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello de Poio para realizar a inspección e posterior liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenzas de obras, así como da xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección e posterior liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenzas de obras, así como da xestión, liquidación, recadación e inspección do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, realizou o Concello de Poio, por acordo do Pleno de data 27 de setembro de 2005, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 2.5369.- PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2006-2008 Sr. Presidente.- Punto número dous. Plan económico-financeiro da Deputación Provincial de Pontevedra 2006-2008. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todas e a todos, gracias Sr. Presidente. Ben, este punto xunto co seguinte creo que nos dá unha radiografía moi clara da política que están vostedes, política en xeral e política económica que están vostedes a facer nesta Casa, temos que recordar que ata o ano 2004 vostedes vendían que estaban saneando esta Deputación, que estaban facendo unha estabilización, un saneo de contas e demais que era exemplar e modélico, temos que remitirnos a declaracións públicas, neste Pleno abundantes neste sentido, porque daquela defendían con todo xénero de apoios e entusiasmos a famosa estabilidade orzamentaria e actuaban de maneira acorde con eses plantexamentos, e ¡oh sorpresa!, cando no ano 2004 perden o goberno en Madrid xa a estabilidade orzamentaria impórtalle un rábano xa todas as declaracións de que tiñan como obxectivo fundamental para a economía do estado e demais e non sei cantas cousas máis, estabilidade orzamentaria, xa lle dá exactamente igual e pasan ó contrario, pasan a non amortizar débeda e nesa situación de non amortizar para este ano, primeiro piden o crédito de algo máis de tres millóns para a compra do Palacete de Mendoza, a continuación este ano meten 16 millóns de euros de crédito sen amortizar absolutamente nada, bueno saben cal é o noso posicionamento, nin é un mito a estabilidade orzamentaria nin deixa de selo, pero o que non pode ser é que aquí esta Deputación se goberne dende Madrid que é o que está pasando, que é o que está pasando, agora nos venderán que ingresaron máis, que os créditos son investimentos non sei que, eran igual de necesarios no 2003, ou inicio de 2004, ou 2002, que no 2006, esta Deputación fai acordeóns económicos en función das necesidades políticas do Partido Popular en contra do que declara un ano ou o que fai un ano ó ano seguinte fai exactamente o contrario. Ben na memoria da Presidencia hai un parágrafo fantástico, fantástico, que volve a reincidir o que pasou no Pleno pasado e demais, o que vostedes defenden con ahínco cando están no goberno no Estado pasan a defender o contrario inmediatamente sen ningún problema. Paso a ler o parágrafo: Entendemos que o obxectivo da estabilidade orzamentaria debe ser máis unha pauta de conduta que un obxectivo a conseguir a calquera prezo, pois ás veces aínda recoñecendo as bondades do equilibrio será necesario sacrificar a estabilidade orzamentaria para cometer investimentos que favorecen o benestar dos cidadáns ou incrementar a eficiencia do sistema económico. Esto evidentemente nós o defendemos sempre e vostedes se opuxeron sempre ata que perderon o goberno en Madrid, entón aquí podemos estar anos nun estado de digamos racionalidade, ou aperturas, ou aforro económico tremendo, e de repente pasamos anos despois en canto perden o goberno en Madrid a facer exactamente o contrario, esto parece o gato e o rato segundo conveña se cambian os papeis cousa que de verdade non creo que os cidadáns se merezan tal instrumentación das institucións públicas en función de que vostedes gobernen ou non gobernen en Madrid en xeral en todos os aspectos. Ben, por si esto fora pouco, fora pouco, e pode suceder que fora algo técnico pero non podo evitar dicilo, o mecanismo que nos presentan agora do plan económico financeiro da institución é francamente simpático, moi simpático, por este mecanismo pois calquera institución, o obxectivo e que a débeda non se incremente, ou sexa o obxectivo legal e que a débeda non se incremente que non se pida máis crédito do que se amortiza, por este mecanismo vostedes seguen a débeda e dentro de dous anos en caso de que siga esta situación e sigan vostedes gobernando pois poden tranquilamente volver a facelo e ó final se dinamitan o obxectivo da lei sen ningún límite porque con dicir "non, é que dentro de tres anos vou a pedir o mesmo crédito co que vou a amortizar", bueno agora lle pego outro pelotazo tres anos e me poño no máximo cando, vostedes fixeron a lei deberían ser os primeiros que deberían defendela e así o fixeron ata o ano 2004 e incluso pasando xa llo temos dito en Plenos "recorran a créditos se é que fai falta", pero non daquela non se podía e agora pois o facemos dunha maneira esaxerada coa combinación da dobre figura de pedir crédito e non amortizar nada. Ben, se eso, por se esto fora pouco no punto 3 que nos dan conta da liquidación do orzamento empezan a florecer, como non podía ser doutra maneira dada a política que están facendo, signos moi preocupantes, moi preocupantes da economía desta Deputación, dos parámetros macroeconómicos desta Deputación, xa, en fin poñemos un exemplo, no informe de Intervención relativo a esta liquidación aparece que o remanente dispoñible realmente son 27.000, 00 ¤ cando o ano pasado foron 16 millóns de euros, o anterior outros 16 millóns de euros, e dicir, están exactamente no límite se incorporamos, como sigan dándolle á receita do gasto dunha maneira tan esaxerada e sen amortizar débeda cando chegue a amortización ou suban un pouco os tipos de interese, ou simplemente se seguen dándolle esta institución vai entrar en graves dificultades financeiras, cando estaban nunha situación francamente boa hai dous ou tres anos, dende logo nun tempo récord, eso hai que recoñecerlle que cando se poñen ... sanear esta Deputación custou dez anos case, agora dinamitalo vostedes o fan nun ano ou dous dunha maneira rauda e veloz, e o que é máis grave sen verse demasiado un cambio de tal, porque os gastos feitos sen unha planificación, sen unha previsión, sen unha priorización, ben fixadas ó final pois gasto é se fan cousas pero a súa eficacia a súa eficiencia baixa dunha maneira drástica, que digamos que se están portando agora fai máis ou menos ano e medio, dende que perderon o goberno en Madrid, como récord, é dicir, gastar o que haxa máis ou que non haxa e tira para adiante, que o que veña por atrás que arree, pensando que indefinidamente van a seguir subindo os ingresos e o gasto desta Deputación, non ten límite e si ten límite, evidentemente que o ten, e vostedes están chegando a ese tope, e bueno, non queremos pensar o que vai a pasar se seguen con esta política cara ás municipais, ou sexa van a deixar a esta Deputación outra vez trece ou catorce anos despois, como un auténtico patio económico no sentido que estamos a dicir, se lles ensancha a boca ó dicir os intereses da provincia, non sei cantas cousas, é realmente o que demostran con esto é que funcionan única e exclusivamente coas directrices e coas necesidades políticas da súa forza central en Madrid e realmente críamos que eran tempos que xa lle pasaran pero non, todo o contrario, volven a reforzarse non lles importa co traballo que custou sanear esta Deputación non lles importa poñela ó borde do abismo económico cunha alegría francamente inconsciente e moi pouco responsable, lles dá exactamente igual con tal de que aparezan como bos cumpridores das receitas e dos recados que lle mandan de Madrid. Evidentemente vamos a votar en contra deste Plan porque non garante senón todo o contrario, porque non é só o Plan senón todo o que vai asociado á súa política económica dentro desta Deputación, non garante que esta casa teña digamos un recorrido de tranquilidade con altibaixos como pode ser pero dende logo esto non é un altibaixo, esto é unha montaña Rusa que corre o risco de despeñarse e xa na liquidación, no punto seguinte, se ve claramente que anda nese borde e aínda estamos vivindo economicamente dos anos de bonanza, dos anos de estabilización, do ano 2004, do 2005, porque se arrastran moitos remanentes, se arrastra moita incorporación de remanentes, ou sexa, de aforro, para entendernos así en termos vulgares, cousa que xa este ano non hai, non existe, o 2005 non existe para o 2006, co cal o perigo de despeñarse é elevadísimo e xa digo, sen ningunha planificación, sen ningunha orde de prioridades, sen nada, simplemente porque perdemos o goberno en Madrid e entón xa a gastar a mansalva así porque tal, se non o perderan entón non o gastarían, ou sexa, esas eran as previsións que tiñan, ou sexa, ningunha, simplemente a ventoleira da situación política concreta e ademais que non é de recibo, non é de recibo nesta institución. Dixémolo ó principio do mandato, por desgracia se está confirmando de maneira acelerada que o Sr. Presidente non é Presidente desta casa, é Presidente provincial do PP e actúa como Presidente provincial do PP, todos os días, a todas as horas e en todas as decisións que toma e este é un caso claro, verdade, desa situación. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Vamos a ver, dado que en el presupuesto de este año ustedes van a utilizar crédito, la ley les obliga a crédito superior a las amortizaciones, entonces la ley les obliga lógicamente a presentar un plan económico-financiero. Es un instrumento que tienen, van a hacerlo, nos parece perfecto, están en su derecho, pero es algo que no compartimos, como no compartimos o como ya le dijimos en los dos últimos Plenos del presupuesto o en los tres últimos Plenos del presupuesto, cuando hacían alardes de que ustedes financiaron el presupuesto sin acudir a ningún tipo de crédito, etc., etc. Bueno, la realidad es que directamente no pero indirectamente si, puesto que se pasaron dos años sin amortizar deuda y ahora la consecuencia de ese tema es que ahora mismo tengan que presentar ese plan económico-financiero para cumplir la Ley de estabilidad presupuestaria. Vuelvo a repetir, es algo que pueden hacer perfectamente, tienen los votos, legalmente pueden hacerlo, no tienen ningún problema, pero es su forma de hacer la política económica de esta Diputación, que nosotros no compartimos de la misma forma que no lo compartimos en la aprobación de los tres últimos presupuestos. Por lo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Vamos a ver, primeiro me gustaría explicar que é este Plan económico-financeiro para que non se confunda e o mellor de todo, porque nestas cuestións económicas cada un pode facer o seu discurso, o mellor é ler o informe de Intervención porque así nos dará luces a todos, é dicir, di, diferencia, co plan de saneamento, este plan económico financeiro non debe confundirse co plan de saneamento financeiro ó que fai referencia o artigo 53.1 de 5 de marzo, cando existe aforro neto negativo. Pero este Plan económico-financeiro non é consecuencia dunha mala situación económica, senón que se debe única e exclusivamente á necesidade de financiamento de investimentos previstos no orzamento de 2006 con operacións de crédito por importe superior ó importe das amortizacións de débeda viva, é dicir, débese a un incremento de endebedamento neto. Polo tanto un plan económico-financeiro se pode producir cunha situación saneadisima dunha institución. Creo que todos estamos de acordo, é dicir, unha institución pode ter unha situación económica saneadisima, saneadisima, pero ás veces é necesario o plan económico-financeiro se se incrementa o endebedamento neto da débeda. Eu creo que eso está clarísimo. Polo tanto vamos a deixar as cousas claras, primeiro, esta institución ten unha situación económica saneadisima, e lle falo en porcentaxe se quere, collan todos os concellos importantes e todas as Deputacións de Galicia a ver cal ten menos porcentaxe en débeda, que o faga, cóllanas todas, o que queira facer o estudio que o faga. Eu lle digo que esta está nos primeiros lugares en situación económica saneada, primeira situación. Polo tanto, conclusión, esta Deputación ten unha situación económica saneadisima, primeira reflexión. Segunda, mire, as verdades se din a medias, nós cando chegamos a esta casa é certo que había unha débeda de 42.064.225 euros, pero tamén había sobre o aire e así se dicía sempre en todos os informes técnicos cando se facían os presupostos, se dicía, señores, ollo que hai que ter pendente que hai unha reclamación do SERGAS de aproximadamente 30.000.000 de euros, eso é o que dicían os informes técnicos, eu cando cheguei a esta casa e me sentei co Interventor, o anterior Interventor, me dicía, Chema, ten coidado que hai unha reclamación de 30 millóns de euros que hai que ter contemplado, ou hai que ter previsto os remanentes ou hai que ter previsto a posibilidade de nun momento dado acudir á débeda para pagar estas cantidades, é dicir, 42 máis 30, a previsión que había e que tiñamos pois enriba de nós pois uns 72 millóns de euros de débeda. ¿Certo, ou non é certo?. Certo porque está en todos os informes técnicos, e nós fixemos unha política nos primeiros anos baseada nesa posibilidade, nesas propostas que nos facían dende Intervención, cando este ano tomamos unha decisión e se poñían de acordo despois de moitas negociacións, de moitas co SERGAS, de aboar esa débeda, pois a débeda pasou pois deses 30 millóns de euros a 9 millóns e medio que foi o que pagamos exactamente ou vamos a aboar ó SERGAS. Polo tanto esa é a posibilidade que se nos dá, nós sempre contemplamos a posibilidade de que existía unha débeda de aproximadamente uns 70 millóns de euros, cando se reduce de 30 millóns a 9 millóns e medio, pois vemos que hai unha posibilidade de endebedamento de 20 millóns máis de euros, primeira cuestión ou segunda. Terceira, vostedes sempre nos dixeron neste Pleno que se había propostas, plans de inversións claros para endebedarse que vostedes estaban dispostos a apoialo. Creo que foi clara a proposta de crear un instituto ou un organismo para o desenrolo de solo industrial que creo que nesta comarca tan demandado é. Pois se acudiu a un endebedamento de 11.500.000 euros para o IPESPO, para o desenvolvemento do Parque industrial de Barro-Meis. Cuestión importante que tamén é ... ós cidadáns, inversión recuperable, que se recuperará, é dicir, polo tanto o único que estamos facendo, para que o entendan os cidadáns, que ó mellor con tecnicismos non entenden, é que é un diñeiro que se inviste pero que se vai recuperar a curto prazo, polo tanto segunda cuestión importante. E nós este ano creo que se foi a un plan plurianual de inversións en concellos que é o noso obxectivo, o obxectivo que ten que ter esta casa, de preto de cincuenta millóns de euros. Creo que as inversións están perfectamente definidas e perfectamente claras. A min me gustaría que nun mandato, que nun mandato vostedes saquen as inversións, de calquera mandato desta Deputación ou doutras Deputacións e nos falen dun Museo importante para esta cidade, importantísimo cunha inversión multimillonaria, nos falen da recuperación do Arquivo, nos falen do IPESPO, un plan de inversións importantísimo de máis de dous mil millóns das antigas pesetas para desenvolvemento de solo industrial, que seguramente se o fixeran outras administracións ó mellor nós non tiñamos que facelo, pero así se fixo ou se fai. Que se nos fale dunha inversión en instalacións deportivas única, non en Galicia, única en España, mire, lle vou a dicir unha cousa e lle fago unha aposta, a Xunta de Galicia non vai a ser capaz no mandato que vostedes gobernan agora BNG-Partido Socialista, de facer tantos campos de fútbol como vai facer esta casa nun ano e medio. Lle fago a aposta e estou totalmente convencido que acerto e senón collan os antecedentes de anos anteriores a ver se se fixeron nun mandato máis de trinta campos de herba sintética en toda Galicia. Estou totalmente convencido que non porque coñezo moi ben esta casa por dentro e sei que imposible. Se comprou, que creo que foi unha inversión acertadisima, un referente para o turismo da nosa provincia, o Palacete, que creo que primeiro me parece que é adquirir patrimonio, pero segundo que é un referente e senón empecen a ver as estatísticas e os datos do que fala do turismo da nosa provincia. Eu creo que, eu loxicamente non vou a falar porque son o menos indicado, porque son o responsable dese Padroado, pero creo que os resultados están aí, que non os cuestiona absolutamente ninguén. Outra asignatura pendente que nós estamos intentando atallar, os plans de comarcalización do tema de bombeiros, creo que nos está custando e temos unha inversión importantísima con referencia a este tema. E lle podía seguir falando de máis inversións, da rede de estradas, etc., etc. Polo tanto, mire, primeira cuestión, nós dende o goberno pensamos que a xestión que se está facendo nesta casa é magnífica, é dicir, se está acudindo a moitisimos proxectos novos, nos que nunca participara esta institución. Segundo, se está dando demanda ó que plantexan os nosos veciños e veciñas da nosa provincia. Terceiro, se está dando cobertura tamén ó que plantexan todos os concellos da nosa provincia e polo tanto cremos que estamos no camiño acertado da política económica desta institución, unha institución que ten o límite de endebedamento en aproximadamente 120 millóns de euros aproximadamente, vou a sacar o dato concreto, creo que aproximadamente uns 115 millóns de euros e estamos a día de hoxe en 72 millóns de euros. Eu creo que esa é unha política acertada. E segundo tema que non me podo tampouco deixar, porque claro ás veces un escoita certas cousas que di ou a información que se lle facilita non é boa ou hai loxicamente algunha confusión. Mire, este ano no capítulo 2, no capítulo 2, se reduciu as cantidades do capítulo 2 nun millón de euros, ¿sabe por que?, porque no capítulo 2 están incluídos os nove millóns e medio que se lle vai a aboar ó SERGAS. Polo tanto non se incrementou o capítulo 2, si é certo que se incrementa o capítulo 2 porque se paga os nove millóns de euros ó SERGAS, pero todos vostedes teñen que entender que é unha cantidade puntual, que o ano que vén non vamos a ter que pagar eses nove millóns e medio de euros. Polo tanto o gasto corrente, o gasto corrente da Deputación de Pontevedra, é dicir, o capítulo 2 da Deputación de Pontevedra se reduce nun millón de euros con respecto ó ano anterior, e eses son os datos importantes que hai que trasladar. E, mire, con respecto á liquidación, á liquidación do presuposto vostedes sempre critican dun lado e doutro, se se executa porque se executa e se non se executa porque non se executa. Se executamos o presuposto porque non temos remanentes e se non executamos o presuposto porque deixamos remanentes e entón hai mala xestión. Mire, a execución do presuposto do ano 2005 foi eu creo que excelente, excelente porque se cumpriu o presuposto ó 100%, non ó 100% , incluso se utilizaron remanentes para xestionar as demandas que nos plantexan os veciños e as veciñas. Eu creo que eso está perfectamente claro. Sr. Mosquera mire, eu creo que, mire eu non me quero meter cos concellos pero teño aquí á compañeira Teresa Pedrosa e mo di, dillo, e teño que dicilo, me está dicindo que vostede no seu presuposto pon unha cantidade de dezasete millóns de euros dunhas partidas que vai ingresar cando aínda non ten os plans en marcha, é dicir, ¿como vai executalo?, mo di ela, eu llo digo, pero eu non o sei, pero bueno, eu llo traslado para que non interveña ela e non quede mal dicir que a Sra. Pedrosa vai intervir. Bueno, pois mo está dicindo, mire, eu creo que as situacións económicas cada un sabe as súas e esta casa está perfectamente saneada, esta casa pode seguir endebedándose aínda se o considera oportuno, aínda máis, faremos o que consideremos oportuno, é dicir, cando teñamos a responsabilidade de presentar os presupostos a este Pleno, pero si o que temos que dicir claramente a todos os cidadáns e cidadás, que esta casa está saneada, esta casa cando chegamos aquí tiña, volvo a repetir, corenta e dous millóns en débeda pero tamén tiña no aire unha previsión dunha reclamación do SERGAS de trinta millóns de euros que se fixo unha magnífica xestión, xestión que se reduciu a nove millóns e medio pero cunha característica importante, que eses nove millóns e medio se van a investir na propia provincia, creo que é unha característica fundamental, non se lle entregan os nove millóns e medio ó SERGAS e van para calquera lado, non, reverten na nosa provincia. Se puxo en marcha o polígono industrial de Barro-Meis, que outras administracións non foron capaces, débeda que se vai a recuperar, é dicir, inversión que se vai a recuperar, que é un tema tamén importante e por riba temos un plan plurianual de máis de cincuenta millóns de euros para todos os concellos da nosa provincia. Polo tanto, eu creo que as inversións están perfectamente xustificadas, a débeda perfectamente xustificada, e o máis importante e o volvo a afirmar para que non quede ningún tipo de dúbida, esta casa está perfectamente saneada, esta casa ten unha situación económica boiante que xa quixeran outras institucións poder chegar ós niveis de endebedamento que temos agora mesmo en porcentaxes esta Deputación de Pontevedra. E senón comparen e busquen por aí e se atopan algo mellor pois tráianolo aquí. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa por esa amplísima información. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Estábame acordando cando estaba escoitando o Sr. Portavoz do Partido Popular, dun compañeiro por desgracia falecido, da Corporación de Pontevedra, que cando se lle preguntaba, exactamente levaba augas e tal, cando se lle preguntaba por unha ruptura de auga falaba de todo o habido e por haber menos da ruptura, eso si, pasaba media hora ou unha hora co cal lograba un efecto moi saudable, que ninguén lle preguntaba nada. Entón me estaba acordando perfectamente deso e demais, el estirábase un pouquiño máis, pero pouco, practicamente igual que vostede, ou sexa, falou de todo menos do que estamos a falar. ¿É certo ou non?, a Lei di que non se pode superar a débeda que había, vostede recoñeceu que a superan, é dicir, estaba en 42 pasan a 72 e con ánimo de seguir medrando, certo, verdade, ben, ou sexa que fan unha Lei que vostedes mentres está o seu partido en Madrid non a saltan, sobre todo ó contrario e que despois resulta que en canto deixa de estar vai e se a saltan. Vostedes tiveron o ano pasado e o seguinte remanentes líquidos de Tesourería dispoñibles por dezaseis millóns de euros. Para este ano me parece que teñen cero, teñen cero. Eso está aí, non hai nada que discutir. Non me digan entón que non estiveron tirando dos gastos dunha maneira brutal e gastando moitísimo máis do que estaban gastando anos anteriores e pasándose por certo sitio os principios da estabilidade respondendo única e exclusivamente ó cambio político en Madrid. Ou sexa mo está recoñecendo pero claro non me quere contestar e me solta unha perorata de moito coidado. Home, eu pediríalle, eu de verdade, pediríalle, e estamos na Deputación e sempre, eu comprendo, perdón, eu comprendo que o concello de Pontevedra, eu comprendo que o concello de Pontevedra ten un atractivo enorme, hai, no caso da Sra. Pedrosa eu estaría moi preocupado porque o Sr. Presidente quere exercer de xefe da oposición, agora tamén o Sr. Figueroa, ten un atractivo enorme, cousa que nós agradecemos, pero me gustaría que non se metera por aí porque desvíamos o debate a outras cuestións que non teñen ningún sentido. Vostede sabe que gastaron no Palacete de Mendoza o que gastaron porque lle petou, puideron conseguir un gratis, non quixeron, alá vostedes, vostede sabe perfectamente que introducir aquí debates do concello de Pontevedra pois é absurdo coma eses famosos non sei cantos millóns ou non millóns, cando é unha previsión orzamentaria precisamente para votar a andar proxectos de futuro e non para gastar e non para gastar a base de pedal no curto prazo como están facendo vostedes agora. Pero sería absurdo discutir eso e incluso falar do descoñecemento que pode ter da técnica orzamentaria un portavoz ou unha portavoza, non creo que sexa obxectivo. O que está clarísimo é que dende mediados do 2004, e se pode deducir das cifras, vostedes duplicaron o gasto, ou sexa tiraron do gasto a mans salvas, cando antes non estaban tirando, evidentemente antes era, está claro que se fan cousas, evidentemente, pero non estamos discutindo eso o que estamos discutindo é que vostedes como consecuencia de perder o goberno en Madrid, esta Deputación cambiou totalmente a política económica e eso non o pode negar, porque as cifras están aí, as cifras están aí, entón o tráxico e o que repito é que aquí non se está gobernando en función dos intereses dun concello ou dos concellos da provincia nin tan sequera da Deputación, nin das súas previsións, estase gobernando en función do que decidan en Madrid e demais. Agora hai que estabilizar, estabilizamos co ahínco os máis do mundo, agora xa non estamos no goberno, veña, a rebentar toda a estabilización e a darlle o gasto e eso non é serio, eso non é serio e o están facendo sen ningún disimulo e vostede o recoñeceu, vostede o recoñeceu, ou sexa, o obxectivo da estabilidade é manter a débeda e vostedes a duplican practicamente en dous anos con toda a alegría con toda a alegría, e agora nos traen un plan de estabilización que di, non, e a próxima vez o triplican. Bueno, pois moi ben, pois o está recoñecendo que funciona así, e repítolle por favor non metan debates do concello de Pontevedra aquí nin tampouco doutros, despois teremos ocasión de ver tamén, como imos a discutir o que hai que discutir no Parlamento e demais, sempre debates fóra, porque o que están facendo aquí é insostible, é insostible, pegan os bandazos en función das ordes políticas sen ter ningunha previsión de goberno, sen ter ningunha, e de repente ala como quedamos ben, hai que gastar, veña, dálle, ala, como quedamos ben, ala, veña, que hai necesidades e demais pero así non se funciona. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Hombre yo creí que el debate del presupuesto ya se había celebrado hace tiempo, no hoy, creí que no tocaba hoy. Pero bueno, Sr. Figueroa, si toca hoy. Hombre, decía usted que se apostaba lo que fuese de que el gobierno de Galicia no iba a hacer otros 30 campos de hierba sintética. Por supuesto, espero que no, creo que con los que se hacen ahora ya llega, sería tirar el dinero y malgastarlo y desde luego eso que se hizo mucho tiempo en esta casa supongo que ahora desde el gobierno de Galicia, supongo no, afirmo que no se va a hacer. De todas formas la apuesta también sirve para atrás, en los quince años anteriores que gobernaron ustedes supongo que tampoco serían capaces de hacerlo, digo el gobierno autónomo. Mire, me habla de las bondades económicas de esta casa, de lo saneada que está la economía de esta casa, etc., etc. Y es algo que se les llena la boca con este tema muchas veces. Pero bueno, hombre, mire, la historia está ahí y la podemos ver todos, es decir, quién llevó a esta casa a un límite que no podía sostener fue el Partido Popular en su momento, a un límite que no podía sostener, cosa que reconocieron Presidentes siguientes, fué en la época del Sr. Cuíña y el Sr. Mera al final no era capaz de cumplir los compromisos ni siquiera con los ayuntamientos. Fíjese hasta que límite lo llevaron. Bien, dónde empieza de verdad el saneamiento económico de esta casa, en la transferencia de los hospitales, y la transferencia al final con la deuda que se le podía reclamar de treinta millones de euros acaba en nueve y medio, pues mire, el mérito del saneamiento económico de esta Diputación no está en esta casa, está en todo caso fuera de esta casa. Pero vuelvo a repetir, esta no es o creo que no es la cuestión a plantear hoy. Yo en otra cosa que decía usted, es que nos dijeron en muchas ocasiones que estaban dispuestos a apoyarnos operaciones de crédito, si es cierto, yo se lo dije, en muchas ocasiones, creo que en todas, creo que es más en el presupuesto del año 2004 no solo le dije eso, sino que le critiqué que no fuese a una operación de crédito con tantas necesidades que había en la provincia, y podían hacerlo, en el tema del IPESPO si nosotros hemos votado a favor del IPESPO, porque metieron el crédito junto con otras cosas, sino se lo dijimos en aquel momento y hubiésemos votado a favor también, si aquí no estamos criticando al menos la operación, al menos nosotros la operación de crédito que se hace con el IPESPO, estamos criticando primero, que en nombre de esa gran gestión económica nos estuvieron engañando o estuvieron engañando a la gente durante dos años, a nosotros no porque se lo estábamos diciendo aquí, decían que no acudían a operaciones de crédito y directamente si lo estaban haciendo, y esa es la realidad porque no amortizaban deuda. Bien, ahora tiene que traer este plan económico financiero porque así le obliga la ley. Nosotros no compartimos el presupuesto ni compartimos la fórmula. Bien, votamos en contra y punto, pero vuelvo a repetir esa no es la cuestión del debate del presupuesto que usted intentó hacer aquí. De todas formas y para terminar, teniendo en cuenta ya le dije antes que íbamos a votar en contra, mire, a mi de todo su discurso lo que si me queda absolutamente claro es que de esos cincuenta, sesenta millones de pesetas, entre transferencias á ayuntamientos y planes, etc., etc., que se van hacer, en el presupuesto de este año, doce millones, es decir, dos mil millones de pesetas van a depender del dedo del Sr. Presidente. Eso es lo que me molesta porque además entiendo que legalmente no se puede hacer, pero bueno, me quedo con el discurso. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Non, si, moi breve para rematar, e vou a coller o fío do discurso do Sr. González. Mire, vostedes din que están de acordo co IPESPO, pois mire, eu lle vou a facer a seguinte reflexión, chegamos aquí corenta e dos millóns de euros, a compra do Palacete dous millóns cento dez mil euros, creo que eso ninguén o cuestiona porque é un patrimonio que adquire esta Deputación e ademais que está dando un magnífico servizo non só á provincia senón que incluso a Pontevedra tamén. O IPESPO once millóns quiñentos mil euros, estamos tamén de acordo todos, temos un préstamo para o exercicio de 2006 de dezaseis millóns seiscentos oitenta mil. Se entendemos que deses dezaseis millóns seiscentos oitenta mil temos que pagar nove millóns e medio de euros estamos discutindo seis millóns e pico de euros, vostedes se dan conta que o seu propio discurso os leva a que a min mo poñen fácil, mo poñen fácil, é dicir, o único que estamos discutindo neste momento son seis millóns de euros, que vostedes entenderían que podían ter cuestión, pero mire, eu creo que estamos dando exemplo de grandes proxectos e de inversións importantes, Pasarón, creo que é un dos temas que nos levan a estes seis millóns de euros, que é un custe adicional que esta Deputación non debería ter, pero ten porque consideramos que temos que estar implicados coas demandas sociais, deportivas, económicas, que nos presenta a nosa provincia. Seguramente ó mellor podería ser cuestionable ou non que esta Deputación, sería máis ben un tema do concello e da propia Xunta de Galicia que creo que serían os que terían responsabilidade para construír un novo estadio, ou incluso outras institucións. Pero, porque, ou senón por algunha operación urbanística que é moi fácil facelo, é dicir, aquí en Pasarón plantexouse no seu día a posibilidade de que o custo para o concello e para as administracións fose cero a cambio dunha nova ubicación e unha recualificación urbanística, se produxo ese debate e non se quixo, bueno, pois nós o entendemos e máis o respectamos, é dicir, que é lícito que cada concello poida facer o que considere oportuno, pero bueno, nós aí o temos. Mire eu xa lle xustifico, seis millóns están para Pasarón, pero podía dicirlle Pasarón, podíalle dicir o Museo de Pontevedra, que é unha obra magnífica que vai a quedar nesta cidade e nesta provincia, podía dicirlle o Arquivo, etc., etc. Polo tanto estamos discutindo neste Pleno seis millóns de euros do que é o endebedamento desta casa, que estou totalmente convencido que se xustificarían sen ningún tipo de problema, porque nos demais estamos de acordo, pero a maiores cunha cuestión, mire cal é a diferencia, que nós fixemos, o que vostede di, é que grazas ó SERGAS esta casa pode facer inversións e pode facer proxectos novos, non, gracias á magnífica xestión política que se fixo, porque mire, había trinta millóns de reclamación, trinta, pero estaban por escrito, non era unha cuestión que quedara no aire, e incluso nalgunhas bases do presuposto hai algún parágrafo onde se di reflectido que haberá que contemplar a posibilidade dunha sentencia en contra desta Deputación de aproximadamente unha cantidade próxima ós trinta millóns de euros. Pois mire, eu creo que se fixo unha magnífica xestión pública, primeiro, se reduce a nove millóns e medio, e segundo esa inversión queda na provincia, a nós que máis nos dá de onde salgan os cartos, saen das administracións e os cidadáns se benefician. Pois mire, esta é a cuestión, en definitiva ó final, eu creo aínda, ó principio pensei, dixen eu, lle pode quedar algunha dúbida, moitas veces de dicir, estaremos endebedándonos, ben, mal, ou non, pero ó final despois do discurso que nos acaba de facer, eu creo non só que nos estamos endebedando ben eu creo que estamos acertando, acertando a liña económica desta casa, e proba diso é que o único que estamos discutindo é de seis millóns de euros que vostedes entenden que se podían xustificar ou non. Nós entendemos que teñen perfectamente unha xustificación plena. É o segundo tema ou o terceiro importante, que eu creo que é o fundamental, que mire, no presuposto do ano 2007, esta casa vai a liberar do capítulo 2, ¿sabe o que significa eso?, do capítulo 2, nove millóns e medio de euros, porque o pago ó SERGAS está contemplado no capítulo 2, e todos vostedes saben e os cidadáns tamén, e senón o saben por eso se di, é dicir, que é gasto corrente o que vai no capítulo 2, pois mire, mire que redución vamos a ter o ano que vén en capítulo 2, imaxínense vostedes a posibilidade de poder facer novos proxectos por un importe de nove millóns e medio de euros. ¿Que quere dicir?, que esta casa está perfectamente xestionada, porque se somos capaces, se somos capaces de ó gasto corrente meterlle unha contía de nove millóns e medio de euros para pagar ó SERGAS, quere dicir que os gastos non están inflados, que os gastos non están por encima dos servizos que prestamos senón todo o contrario. Creo que é unha lectura moi fácil, nos concellos o grave problema que temos é que o capítulo 2 sempre está encorsetado, é dicir, non o podemos mover nin un euro para riba nin un euro para baixo. Pois mire que magnífica xestión se debe estar facendo nesta casa que hai a posibilidade que no capítulo 2 se inclúa nove millóns e medio de euros dentro dese capítulo, mire que ten que ser magnífica, non boa, ten que ser magnífica. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a verdade é que moi brevemente, vostede é único, cando non, no que dixen antes, en dispersar e demais. Pero vamos a ver, como se pode dicir tal falacia, é dicir, se aforran co SERGAS terán máis cartos que investir, verdade, e agora collen e aínda por riba hai que recorrer a crédito porque se aforra no SERGAS, a ver, se teñen máis cartos para investir e recorren a máis crédito e non amortizalo, o que están é gastando moitísimo máis e comprometendo o futuro económico desta Deputación que é o que están a facer, e eso non o pode negar, porque o están multiplicando, home, por favor non me tal. Mire, por favor, Sr. Figueroa, eu tíñao un pouquiño máis de, digamos de, tiña unha suposición tampouco o coñezo demasiado, pero tiña unha suposición de máis capacidade e rigor, porque na economía xa vemos que falacia está metendo, pero en urbanismo me parece que agora leva urbanismo en Vigo eu estaría a temblar, porque dende logo se hai que expropiar para facer un novo estadio e a recualificación de Pasarón dá para facer un novo estadio e máis para a expropiación, eso, eso, eso caramba, caramba, vostede sabe o que suporía, vostede sabe o que suporía, ou sexa, menudo perigo porque as contas todos sabemos facelas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, Sr. Figueroa, hombre a mi me hace gracia en su discurso, de verdad, cuando habla de posibles responsabilidades de la Xunta, de que la Xunta tendría que acometer, etc., etc., hombre es que ustedes gobernaron allí hasta hace ocho meses y yo la verdad es que antes de esa época jamás les oi a ustedes decir absolutamente nada de nada que fuese responsabilidad de la Xunta, porque gobernaban ustedes allí. Ahora ocho meses después todo es responsabilidad de la Xunta. Bien, en la forma de hacer política que tienen ustedes hasta es comprensible que utilicen ese tema. Mire, Sr. Figueroa, ni estamos discutiendo el presupuesto ahora mismo en este punto, ni estamos discutiendo que vamos a pedir un crédito o no para financiar determinadas obras. Este punto es otra historia, es otra historia, y mire el orden del día habla de "plan económico-financiero de la Diputación de Pontevedra 2006-2008", y este plan se produce única y exclusivamente porque ustedes no amortizaron deuda en los años anteriores, no por otra razón sino podrían haber ido a crédito y no tenía que venir este plan económico-financiero, esta es la razón de la discusión hoy, como ni en los presupuestos anteriores nos quisieron dar la razón ni en el de este año nos quisieron dar la razón, no vengan ahora a decir, no, es que estamos discutiendo seis millones de euros, no, no, mire, estamos discutiendo que ustedes metieron la pata en tres ejercicios presupuestarios y ahora tienen que recurrir a esta fórmula que la Ley les concede y que pueden acudir, ya se lo dije en la primera intervención, y perfecto, háganlo, pero para eso no nos pidan nuestro voto, ni estamos discutiendo seis millones de euros, ni seis ni dieciocho, estamos discutiendo la fórmula que ustedes utilizaron en los tres ejercicios anteriores. Y esa no la compartimos, esa vuelvo a repetir, es la razón por la que vamos a votar en contra. Pero mire, para terminar ya el tema, fíjese es curioso, nos habla usted de una gran gestión con el SERGAS, pues debió ser muy grande la gestión porque les llevó exactamente diez años, diez años, quisiera ver yo, quisiera ver yo si el resultado electoral fuese otro, y si el Partido Popular sacase mayoría absoluta en las elecciones si este acuerdo con el SERGAS iba a ser el mismo, quisiera verlo, pero eso tengo que hacer política ficción o suposiciones y eso no cuenta. Nada más. Vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, non, para rematar, moi breve. Mire eu teño que dicirlle que si que ten que ver co presuposto, ¿como que non ten que ver co presuposto?, porque esto é, mire, non é igual ter quince millóns no banco unha familia e comprar un piso que comprar un coche. Se vostede compra un piso fai unha inversión importante que pode ter rendabilidade, se compra un coche se devalúa ó momento xa de compralo. Pois esto é o mesmo. Se esta casa no diñeiro no que se endebeda é para gasto corrente tería problema, pero se é para facer inversións que necesitan os cidadáns como as que acabo de relatar, pois o exemplo está claro, por eso si que ten que ver coa filosofía e cos conceptos básicos polos que se fan as inversións. Como comprenderá vostede a min me preocuparía se os once millóns e medio de euros do IPESPO non fosen recuperables, claro que me preocuparía, ou me preocuparía se este endebedamento fose para gasto corrente, que é imposible, vostede sabe que é imposible. Polo tanto como son para inversións e inversións que van a disfrutar os cidadáns nós estamos perfectamente tranquilos e seguiremos nesta liña de traballo porque consideramos que o importante, o importante, é que os cidadáns se beneficien das inversións que poidan facer as administracións. E eu non estou discutindo agora que a Deputación teña ou non que participar en Pasarón, nós participamos, se tomou unha decisión de goberno, unha decisión do Presidente e consideramos que é unha magnífica inversión para esta cidade. Pero digo eu que o podían haber feito outras administracións sen ningún tipo de problema como fan noutras cidades. E o que quería dicir de temas urbanísticos Sr. Mosquera, non me quero meter neso, bueno, se poden facer moitas operacións e moitas cuestións para, vostede o fai, vostede no capítulo de ingresos do seu presuposto a través de operacións urbanísticas contabilizan uns ingresos para facer uns gastos despois, pois é o mesmo que lle estou dicindo, póñao como queira, que máis dá que en vez de ser Tafisa fose Pasarón. Mire, se vostede fai unha operación en Pasarón cuns ingresos posibles, méteos dentro do presuposto e despois os inviste en Pasarón noutro lado, é facilísimo, vostede o está facendo, con Tafisa, é dicir, está incrementando, está contabilizando uns ingresos dunhas operacións urbanísticas para despois facer uns gastos en inversións supoño que importantes para o seu concello. Pero eu non quero falar do seu concello porque non me incumbe, e lle pido desculpas por este tema, por introducir no debate Pontevedra, pero bueno, comprenda vostede que teño aquí unha compañeira ó lado que dende que empecei a falar me está a tal, algo teño que dicir. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Manuel Figueroa. Bueno, non fai falta que a compañeira o diga, o Sr. D. Cesáreo Mosquera quere intervir. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, aclararlle ó Sr. Figueroa, o que pasa é que Tafisa son 100.000 metros e Pasarón son 12.000. Estamos de un a dez. E bueno de cuestións destas de minillós e demais mellor non falamos agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que este debate nos leva á que no fondo o Sr. Mosquera sei que está contento porque a Deputación de Pontevedra nesta lexislatura vai a facer probablemente a maior inversión da historia nesta cidade, o cal vostede debe estar contento de que eso sexa así. Polo tanto vamos a proceder á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de corrixir a falta de cumprimento do requisito de estabilidade orzamentaria do orzamento do exercicio de 2006 e en cumprimento do disposto no artigo 22 da Lei 18/2001, de 12 de decembro, xeral de estabilidade orzamentaria, elabora o seguinte plan económico-financeiro, co obxectivo de acadar a estabilidade orzamentaria. Primeiro.- Horizonte temporal. O plan económico-financeiro terá unha vixencia temporal de tres anos (2006, 2007 e 2008), de tal forma que ó finalizar a Deputación cumprirá o obxectivo da estabilidade orzamentaria (exercicio de 2009). Segundo.- Limitación do endebedamento. O endebedamento máximo da Deputación corresponde a novas operacións, sen ter en conta o financiamento do IPESPO, durante a vixencia do plan será para cada un dos exercicios o seguinte: - Exercicio de 2006 16.680.000,00 euros - Exercicio de 2007 10.500.000,00 euros - Exercicio de 2008 7.000.000,00 euros Terceiro.- Seguimento e control. O control do cumprimento do plan realizarase a nivel interno pola intervención provincial, con ocasión da aprobación do orzamento e da liquidación de cada exercicio. O Ministerio de Economía e Facenda será o órgano responsable do seguimento das actuacións encamiñadas á corrección do desequilibrio, sen prexuízo das competencias que nesta materia teñan atribuídas as comunidades autónomas. Cuarto.- Comunicación. Deste plan económico-financeiro daráselle conta ó Ministerio de Economía e Facenda para o seu seguimento. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG: 1. Aprobar o citado plan económico-financeiro elaborado polo Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para corrixir a falta de cumprimento do requisito da estabilidade orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2006. 2. Darlle conta deste plan económico-financeiro elaborado para acadar o obxectivo da estabilidade orzamentaria ó Ministerio de Economía e Facenda para o seu seguimento. ------ Folla: 3.5370.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó ANO 2005 Sr. Presidente.- Punto número 3. Dar conta da liquidación do Orzamento da Deputación provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos correspondente ó ano 2005. ¿Alguén quere intervir?. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, aspiro, seguramente, pero creo que é a miña obriga facer a pregunta que fixen antes, como é posible se con ese aforro do SERGAS, esa marabilla, como é posible que o ano anterior houbera dezaseis millóns, o anterior e o anterior de aforro para novos gastos, para entendernos, e este ano para o ano 2006 haxa 27.346,62 euros, ou sexa, practicamente nada e se seguimos esta tendencia supoñemos que para o ano que vén serán negativos. E simplemente quería preguntar a ver por que era, porque non me quedou claro, por se acaso, por se acaso teñen algunha razón á parte das que eu apuntei antes, das que dixen antes, igual a di, senón pois nada, non me contesten e listo, como fixeron antes. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Lle contesto porque nesta casa todos os servizos e todos os Deputados responsables de área e o propio Presidente traballaron durante o ano dunha maneira magnífica e executaron o presuposto ó 100% máis remanentes e máis que houbera porque hai moitas demandas na provincia, moitisimas, vostede cando sae desta casa cada cinco metros mira unha demanda dun veciño, pois mire, se tivésemos o dobre de diñeiro seguramente se farían o dobre de inversións e o dobre de gasto porque consideramos que todo o que se inviste é pouco, ogallá tivésemos o dobre de presuposto para toda a provincia, porque mire que non hai demandas sociais, deportivas, empresarias, de todo tipo, de todo tipo, polo tanto, eu creo que eso é o que se debe esta casa, que se fixo un magnífico traballo e do que eu ó mellor son dos que menos participei por outras responsabilidades que teño, pero eu quería felicitar aquí publicamente, tanto ó Presidente, a todos os servizos, coma ós compañeiros responsables de área, que fixeron unha magnífica execución do presuposto, magnífica, eu diría que das poucas que se poden mirar nalgunha institución, o non deixar diñeiro pendiente eu creo que é, o grado de execución eu diría que foi ó 100%, incluso por riba do 100% porque hai remanentes, mire vostede. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, soamente, está moi sobrado hoxe o Sr. Figueroa, antes me parece que non deixou en moi bo lugar á compañeira, e agora, eu teño escoitado que eses remanentes eran brillantes aquí, era cuestión de ir ás actas, vostede di o contrario, ¿que me quere dicir?, que de repente lle deron, eu quería contar un chiste pero é un pouquiño bruto, non, mellor que non, lle deron un elixir ós seus compañeiros de goberno e de repente no ano 2004 eran uns mámolas monumentais que deixaron dezaseis millóns sen executar e este ano de repente se converteron en bos. Ou sexa está criticando que o 2003 e o 2004. Sr. Figueroa Vila.- Que vai mellorando. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ah, que vai mellorando, non ten nada que ver con que perderon o goberno en Madrid nin que haxa orde de que, non ten nada que ver, despois en Santiago, non ten nada que ver. Bueno, vale, vale. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Procedemos á votación do punto número. Non se vota. Quedamos enterados entón. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente ó exercicio de 2005. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990, dáse conta ó Pleno das resolucións dictadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado e o remanente de tesourería total, e que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTARIO REMANENTE TOTAL Deputación 46.188.240,83¤ 63.218.695,99¤ Escola Universitaria de Enfermería 43.140,90¤ 221.536,62¤ Centro de Formación Profesional 26.288,15¤ 87.976,61¤ Escola de Canteiros 23.905,88¤ 115.459,43¤ Museo Provincial 164.873,58¤ 425.466,94¤ Turismo Rías Baixas 840.704,91¤ 1.609.496,98¤ Caixa de Anticipos 1.562.627,74¤ 2.487.155,67¤ ORAL 2.746.569,93¤ 5.186.556,17¤ IPESPO 493.566,00¤ 493.566,00¤º TOTAL 52.089.917,92¤ 73.845.910,41¤ Consolidado 52.089.917,92¤ 73.845.910,41¤ O Pleno queda enterado do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e da liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2005, así como da liquidación do orzamento consolidado de dito exercicio. ------ Folla: 4.5371.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Ó PROXECTO DE "TERMINACIÓN EP 6101 VIDUEIROS-AMEDO (DOZÓN)". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. DECLARACIÓN DE NECESARIA OCUPACIÓN DE BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número 4. Resolución de alegacións ó proxecto de "Terminación EP 6101 Vidueiros-Amedo (Dozón)". Aprobación definitiva do proxecto. Declaración de necesaria ocupación de bens e dereitos afectados. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Ah, perdón. Sr. D. Xosé Carlos Pazos. Sr. Pazos Docampo.- Si, bon día. Imos a ver, esta estrada, as obras desta estrada xa teñen provocado máis dunha intervención deste Deputado, e logo, vamos a ver, na argumentación, na aprobación desta ampliación de obra, establécese que coa finalidade de mellorar a seguridade vial tanto de vehículos coma de persoas tal e cal, e tal, nunha zona, pois vanse facer estas ampliacións. Eu non sei se o grupo de goberno é consciente do que se está a falar e é que a estrada de Vidueiro-Amedo, que por certo non se executou o proxecto anterior, e que se modificou sen que haxa ningún acordo relativo a ese cambio, ninguén, nin hai resolución da Presidencia nin hai acordo da Xunta de Goberno cambiando o proxecto, e o proxecto agora mesmo anterior está sen executar na súa totalidade, pois dende que empeza case na provincia de Ourense ata que remata é unha continuidade de curvas á dereita e á esquerda pero continuas, hai curvas perigosas, menos perigosas, pero dende que empeza ata que remata. Argumentar para facer esta obra que se quere eliminar a perigosidade dunha estrada cando se pode intentar solucionar unha curva de entre cen é que non ten sentido ningún. Hai dúas cuestións, unha, faise un trozo de novo trazado en terreos que algúns non son da Deputación nin están cedidos, e fixéronse obras en fincas propiedades de veciños sen a súa autorización. Non se resolve o trazado en función á petición dos veciños porque non existe, o único que se pretendía con esta modificación era retirar a estrada provincial diante dunha casa en concreto, dun veciño dunha casa en concreto para beneficiar a un determinado veciño e para máis abundamento hai centos de curvas que se poden eliminar, que se poden eliminar sen que haxa que facer expropiacións, porque naqueles trozos en que a estrada pasa polo medio do monte pois á Deputación non lle custaría nin un céntimo o facerse cos terreos. Non ten sentido ningún nunha actuación, que en principio esta expropiación tampouco vai servir para ampliar a estrada, tampouco vai servir para, esta obra por outra parte provocou a retirada e o cambio de sitio dun cruceiro, que non consta no expediente a debida, a pertinente autorización de patrimonio, non consta. Fixéronse en definitiva e preténdense facer unha serie de obras para beneficiar única e exclusivamente a un veciño, a plataforma de ... vai quedar igual en todo o trazado, non vai quedar máis amplía onde se fai a expropiación, polo tanto a definición así clara e concisa é que é unha actuación de cacicada, nin máis nin menos. Non se pode resolver unha curva dun trazado que ten centos de curvas, ten centos de curvas e que se vai actuar única e exclusivamente nun cacho para beneficiar a un veciño particular. Polo tanto nós non podemos apoiar a realización desta obra e temos que dar o noso apoio ás reivindicacións dos veciños que reclaman entre outras cousas porque a expropiación e a posible ocupación das súas parcelas vai provocar máis problemas que soluciona, vai provocar máis problemas que soluciona. Polo tanto a miña opinión é que a Deputación, o grupo de goberno, debería reconsiderar a súa postura neste tema e facer as actuacións se se pretende eliminar curvas nese trazado, pois plantexar un proxecto para eliminar curvas nese trazado e non unha actuación puntual para retirarlle a estrada de diante da casa dun veciño. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Xosé Carlos Pazos. Ten a palabra o Sr. D. Xosé Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, ante as dúbidas que vostede plantexa pois creo que procede que a deixemos pendente para o próximo Pleno porque os datos que nós temos non son os que ten vostede. Probablemente llos pasou un concelleiro de vostedes de alí, e eu coñezo esa estrada, pasei, non con frecuencia pero máis dunha vez por ela, e non creo que sexa como vostede di, ademais hai uns informes técnicos que nós recabaremos e que non coinciden para nada con eso, eso non é unha cacicada como vostede pretende, alí a estrada esa é unha zona razoablemente estreita e as zonas onde hai casas case sempre hai dificultades cos propietarios e eso é perfectamente normal, e alí eu creo que o tramo que se arranxa da estrada mellora substancialmente o trazado, en todo caso como para que non haxa ningunha dúbida vamos a pedir un informe técnico e ademais vou persoalmente a vela eu e virá para o próximo Pleno se vos parece. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Polo tanto queda. Pide a palabra. Sr. Pazos Docampo.- Si, só precisar, eu procuro non falar de oídas, se falo do tema é porque o coñezo, fun ó lugar, e non só eso, senón que descoñezo a existencia de ningunha desafectación de tramo de estrada provincial nese trozo en obras, descoñézoo e a día de hoxe, a día de hoxe, no tramo que se variou, o veciño beneficiado xa chantou unha mesa de pedra con bancos en terreos propiedade da Deputación. Quere dicir que non só descoñezo esa desafectación senón que xa se fixeron obras de consolidación da propiedade e terreos. É un tema suficientemente delicado para que se retire, sen máis. Sr. Presidente.- Bueno, pois vamos averigualo e polo tanto non temos ningún problema en que se aclare esta situación e traela aquí de novo. Moitas gracias. Polo tanto o punto número catro se retira. Retírase da orde do día asunto relativo á resolución de alegacións ó proxecto de "Terminación EP 6101 Vidueiros-Amedo (Dozón)", a aprobación definitiva do proxecto, a declaración de necesaria ocupación de bens e dereitos afectados e a aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. ------ Folla: 5.5372.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO "ENLACE VARIANTE DE CRECENTE COA ESTRADA ANTIGA". DECLARACIÓN DA NECESARIA OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS Sr. Presidente.- O punto número 5. Aprobación definitiva do proxecto "Enlace variante de Crecente coa estrada antiga". Declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados. Aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados. Non habendo intervencións procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2006 adoptou, entre outros, o acordo polo que se aprobaba inicialmente o proxecto "Enlace variante de Crecente coa estrada antiga", dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 56.679,46 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 52.578,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 4.101,30 euros e cuxo obxecto é realizar a conexión da nova variante de Crecente coa antiga estrada provincial A Cañiza-Crecente e con esto dotar dun mellor acceso a este núcleo de poboación, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Este proxecto someteuse a información pública, durante o período regulamentario, en virtude dun edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de 15 de febreiro de 2006 (BOP núm. 32), no taboleiro de anuncios do Concello de Crecente, en varios periódicos da localidade, notificándoselles ademais persoalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública e non se formularon alegacións. Co fin de dar continuidade ó expediente de expropiación iniciado no seu día por esta entidade local, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1. A aprobación definitiva do proxecto "Enlace variante de Crecente coa estrada antiga", dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 56.679,46 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 52.578,16 euros e capítulo de expropiacións por importe de 4.101,30 euros. 2. A declaración da necesaria ocupación dos bens e dereitos afectados polo citado proxecto xa que, consciente do perigo que supoñía o paso da estrada provincial A Cañiza-Pousa polo núcleo de poboación de Crecente, a Deputación Provincial de Pontevedra decidiu levar a cabo, no seu momento, a construción dunha variante que permitise unir as localidades da Cañiza e Pousa sen atravesar o centro da localidade de Crecente. Non obstante e a pesar do bo resultado que esta variante leva ofrecendo durante anos ó evitar o grave perigo que para os peóns supoñía o paso da estrada polo centro da localidade, a conexión entre o núcleo de Crecente e a variante construída presenta importantes problemas de visibilidade. Co obxectivo de dotar dun mellor acceso a este núcleo de poboación redactouse o presente proxecto, xustificándose a súa urxencia pola necesidade de mellorar substancialmente a visibilidade existente na conexión da variante e a estrada antiga. Esa falta de visibilidade, acrecentada polo feito de encontrarnos cun enlace en curva, implica un grave risco para a circulación duns vehículos cuxos condutores, ó atoparse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en constante perigo tanto a súa integridade física coma a dos peóns. 3. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados consonte ó seguinte detalle: Núm.PREDIO PROPIETARIO BENS AFECTADOS 141 Celia Novoa Vázquez 89 m2 de monte 143 José Costa Meleiro 5

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición