ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2006/09/15_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-09-15_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/09/15_Extraordinaria

  • Data(s) 2006-09-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día quince de setembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos o Pleno coa seguinte orde do día. ------ Folla: 1.5431.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xullo de 2006. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xullo do ano 2006. ------ Folla: 2.5432.- MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS REGULADORAS DE DIVERSAS TAXAS Sr. Presidente.- Punto número dous. Modificación das ordenanzas reguladoras de diversas taxas. Non habendo intervencións prodúcese a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistos os expedientes tramitados a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación das ordenanzas reguladoras de diversas taxas provinciais, coa finalidade, segundo consta nas memorias da Presidencia de cada expediente, de actualizar as tarifas das mesmas para o exercicio 2007, cunha proposta de incremento en termos nominais do 2%, de acordo coa variación estimada para o IPC, en dito exercicio. Vistos os informes de Intervención que constan nos respectivos expedientes, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: -Aprobar as modificacións das ordenanzas reguladoras das diversas taxas que se relacionan a continuación co obxecto de actualizar as tarifas das mesmas. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Certificacións, compulsas, bastanteos e fotocopias: A.- Por cada certificación de documento/s: A.1) Ata 5 anos anteriores, por cada certificado 3,70 ¤ A.2) Anteriores a 5 anos, por cada certificado 7,40 ¤ B.- Por cada certificación de montes: B.1) Por cada partido xudicial 15,95 ¤ B.2) Por cada municipio 12,75 ¤ B.3) Por cada parroquia 11,00 ¤ B.4) Por cada comunidade ou propietario 7,40 ¤ C.- Bastanteos: C.1) Bastanteos para asuntos externos a instancia de parte 14,70 ¤ D) Compulsas: D.1) Compulsas para asuntos externos a instancia de parte 1,50 ¤ E.- Fotocopias: E.1) Por cada fotocopia 0,40 ¤ 2º. Datos da enquisa de infraestrutura: Excepto as entidades locais da provincia de Pontevedra 1º. Por cada certificación e municipio 7,40 ¤ 2º. Pola fotocopia de cada folla de cadro compulsada: A. Concellos de menos de 5.000 habitantes 7,40 ¤ B. Concellos entre 5.001 e 10.000 habitantes 8,80 ¤ C. Concellos entre 10.001 e 20.000 habitantes 9,55 ¤ D. Concellos entre 20.001 e 50.000 habitantes 11,05 ¤ E. Concellos entre 50.001 e 100.000 habitantes 12,55 ¤ F. Concellos de máis de 100.001 habitantes 14,65 ¤ Estes servizos prestaranse cunha solicitude previa por escrito. 3º. Para estudo e investigación: A. Cada certificación 7,40 ¤ B. Cada fotocopia 0,60 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA INSERCIÓN DE ANUNCIOS E TEXTOS DE TODO TIPO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA ANEXO I Conceptos Tarifa nova Polos traballos administrativos e técnicos e a inserción no Boletín Oficial da Provincia de calquera anuncio ou escrito esixirase, por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4), 1,50 ¤ Recargo pola publicación urxente (prazo máximo 6 días), por cada liña de escrito ou oficio en folio normal (Din A4) .................................................................100% Recargo por non remitir os editos ou anuncios por correo electrónico ou en soporte informático............................................................................ 100% Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA SUBSCRICIÓN E VENDA DO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA. ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Subscrición: A.1. Anual 96,00 ¤ A.2. Semestral 57,00 ¤ B. Venda: B.1. Números soltos do mes, por cada número ou día: B.1.1. BOP, ata 24 páxinas 0,56 ¤ B.1.2. BOP, con máis de 24 páxinas 0,72 ¤ B.2. Números soltos de meses anteriores do ano, por cada número ou día: B.2.1. BOP, ata 24 páxinas 0,67 ¤ B.2.2. BOP, con máis de 24 páxinas 0,87 ¤ B.3. Números soltos de anos anteriores, por cada número ou día: B.3.1. BOP, ata 24 páxinas 1,05 ¤ B.3.2. BOP, con máis de 24 páxinas 1,18 ¤ B.4. Venda de exemplares soltos de suplementos especiais: B.4.1. Por cada páxina dos ditos exemplares especiais 0,15 ¤ C. Fotocopia: C.1. Fotocopia dun BOP atrasado, por cada páxina 0,45 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. TAXA POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN OU ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NO CASTELO DE SOUTOMAIOR ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Visitas: A.1. Por persoa 1,50 ¤ A.2. Grupos de máis de 10 persoas, por cada persoa 0,75 ¤ B. Cesión de locais, instalacións e outro material: B.1. Cesión temporal das salas de conferencias, reunións e demais dependencias para actos, asembleas, cursos, etc., non patrocinados pola Deputación, calquera que sexa o número de asistentes, esixirase por cada día 647,35¤ B.2. O mesmo do apartado anterior, pero con achega do material (proxector, diapositivas, etc.), por cada día 758,80¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR AUTORIZACIÓN DE OBRAS E OUTROS APROVEITAMENTOS SITUADOS NAS ZONAS CONTIGUAS ÁS ESTRADAS PROVINCIAIS ANEXO I Conceptos Tarifa nova A. Emisión de informes: A.1. Informes nas oficinas 16,05 ¤ A.2. Informes con desprazamento fóra da oficina 40,05 ¤ B. Autorización para aproveitamentos do solo: B.1. Aproveitamentos medibles en metros lineais: B.1.1. Por cada aproveitamento 39,25 ¤ B.1.2. Por cada metro lineal ou fracción 0,40 ¤ B.1.3. Cota máxima 392,20 ¤ B.2. Aproveitamentos medibles en metros cadrados: B.2.1. Por cada aproveitamento 78,45 ¤ B.2.2. Por cada metro cadrado ou fracción 0,40 ¤ B.2.3. Cota máxima 392,20 ¤ B.3. Aproveitamentos medibles en metros cúbicos: B.3.1. Explotación en canteiras, areais ou similares: B.3.1.1. Por cada aproveitamento 392,20 ¤ B.3.1.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,08 ¤ B.3.1.3. Cota máxima 3.921,85 ¤ B.3.2. Desmontes e enchidos: B.3.2.1. Por cada aproveitamento 39,25 ¤ B.3.2.2. Por cada metro cúbico ou fracción 0,40 ¤ B.3.2.3. Cota máxima 392,20 ¤ C. Aproveitamentos medibles por unidades: C.1. Instalación de transformadores ou similares, por unidade 156,85 ¤ C.2. Tala de árbores ou similares, por cada unidade 1,20 ¤ C.3. Instalación de mesas, cadeiras ou similares (por todas as solicitadas) 39,25 ¤ D. Outros aproveitamentos non previstos nesta tarifa, cota única 39,25 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE ENSINANZA QUE SE IMPARTEN NA ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA. ANEXO I Conceptos Tarifa nova 1º. Pola matrícula en cada un dos cursos 111,40 ¤ 2º. Pola matrícula de materias soltas, por cada curso 111,40 ¤ Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. - O expediente de modificación das ordenanzas destas taxas exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun diario dos de maior difusión da Provincia, a efectos de reclamacións. -No caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2007, tal como consta nas memorias da Presidencia de cada expediente e unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia do texto íntegro dos artigos modificados. ------ Folla: 3.5433.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA DE "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO" Sr. Presidente.- Punto número tres. Aprobación do proxecto modificado da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento". Este punto retírase da orde do día porque está pendente ademais dalgúns datos máis e de informes e polo tanto se retira. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras retírase da orde do día asunto relativo á aprobación do proxecto modificado da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento", ó observarse polos servizos técnicos erros no referido proxecto modificado. ------ Folla: 4.5434.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "EP 0002 TOMEZA-FIGUEIRIDO (VILABOA)" (POL 2006). EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número catro. Aprobación inicial do proxecto da estrada provincial Tomeza-Figueirido en Vilaboa, Programa Operativo Local 2006, exposición pública do mesmo, declaración de utilidade pública da obra e solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación tamén da urxencia. Non habendo intervencións procédese á votación. ¿Votos e contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "EP 0002 Tomeza-Figueirido" (Vilaboa) pertencente ó Programa Operativo Local e que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 300.000 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 258.815,05 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.184,95 euros, ten por obxecto a terminación do ensanche de dita estrada, así como a mellora do firme actual. Á vista do informe emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto da obra e das expropiacións que conleva con cargo á partida 06/911.511.611.03 e do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte advertindo da necesidade de acometer dita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A aprobación inicial do proxecto "EP 0002 Tomeza-Figueirido (Vilaboa)" dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 300.000 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 258.815,05 euros e capítulo de expropiacións por importe de 41.184,95 euros. 2.- A exposición pública do mesmo e do expediente expropiador que conleva, polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.- A declaración de utilidade pública da obra, con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4.- A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte no que se sinala que: "O vial provincial 0002 Tomeza-Figueirido non só une a estrada autonómica Pino-Bora coa nacional 550 Pontevedra-Vigo, senón que ademais serve como vía alternativa a esta última, saturada habitualmente polo intenso tráfico rodado que por ela discorre, circunstancias todas elas que converten a esta estrada provincial nunha infraestrutura de grande importancia para a zona. Nos seus máis de 6 quilómetros de percorrido a EP 0002 atravesa os Concellos de Pontevedra e Vilaboa, habéndose procedido xa ó ensanche e mellora naqueles tramos de estrada que discorren polo Concello de Pontevedra. En canto ós 2.800 metros que discorren por Vilaboa cabe destacar que, a petición dos veciños e o Concello, os traballos de mellora e ensanche iniciáronse no ano 2003, lográndose os obxectivos nun 80%, quedando unicamente pendentes os tramos que agora son obxecto do presente proxecto. En consecuencia, a urxencia da tramitación do expediente e a necesaria ocupación dos terreos xustifícase porque unha vez ensanchada en practicamente a súa totalidade, os distintos tramos de estrada que quedan por mellorar convertéronse en puntos negros para a seguridade vial, xa que o feito de haberse mellorado grande parte do trazado implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó atoparse co deficiente estado dos distintos tramos que faltan por mellorar, poñen en constante perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. A maiores, o feito de que a EP 0002 soporte por un lado un cualificado tráfico rodado como é o transporte urbano e o transporte escolar, e por outro o que discorra por unha zona altamente poboada, implica que, en aras a garantir a seguridade vial, as obras débense executar coa maior premura posible. Polo exposto e como queira que a obra conleva a afección de terreos particulares, é por iso que resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxa tramitación polo procedemento de urxencia queda sobradamente xustificado polos motivos antes mencionados." ------ Folla: 5.5435.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS Sr. Presidente.- Punto número cinco. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a realización de diversas obras. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, chega aquí un convenio que en principio pois para executar unhas obras do concello de Ponteareas, que en principio pois poderíamos entender que podía ser un mecanismo pois en fin máis ou menos correcto para sacar adiante toda unha serie de obras ou de servizos de mellora, arranxar e o que sexa. Ou sexa que este é un exemplo de como non se deben facer as cousas, non. Procurarei explicarme. En primeiro lugar, as obras son unha de competencia única e exclusivamente municipal, que é a máis cuantiosa, que se leva, dun total de 1.250.000 euros aproximadamente, se leva 626.000, ou sexa, é máis da metade, e que é de pura competencia municipal, primeira cuestión, e as outras son viais provinciais das cales non teríamos moito que dicir. Ben, dito esto pois toda, en canto á forma e en canto ó fondo. En canto á forma, esto en principio o convenio apróbao a Xunta de Goberno local, órgano que en xeral, en xeral, e máxime na situación dese concello, é manifestamente incompetente para comprometer gastos plurianuais nas proporcións en que figuran aquí. De feito a esta Deputación vén ó Pleno. Claro, claro, efectivamente podería existir a posibilidade en certos casos de que estivera delegado polo Pleno na Xunta de Goberno e non sei que, cousa que todos sabemos que non é certa, non pode ser certa e que á parte non tería que ser, ou sexa, esta Xunta de Goberno local aproba gastos ata o ano 2008, 2008, plurianuais, que non entran tan sequera nas proporcións nas que se poderían aprobar. Polo tanto, polo tanto, creo que o punto se debe retirar e pedirlle ó concello de Ponteareas, que ou ben, que ou ben xustifique e certifique que esa competencia está delegada, cousa que é imposible, ou ben que o pase por Pleno, nós poderíamos topar aquí que se a competencia fora do Pleno, que esta administración aprobara esto e de repente o Pleno de Ponteareas o tumbara e estaríamos facendo un acordo inútil e que creo que os deixaría en bastante mala situación. Eu agardo que non suceda, eu agardo que non suceda, pero sabemos que na administración e sobre todo nunha corporación cando se aproba algo hai que ter a garantía de que está ben tramitado. Non me veñan, non me veñan coa historia que é unha cuestión interna do concello de Ponteareas, bueno, a base desas cuestións internas temos feito auténticas curiosidades e ningunha administración funciona así. Polo tanto, polo tanto, e xa sucedeu, por exemplo, onte na reunión do IPESPO, xa sucedeu noutros casos, e incluso o seguinte punto que vén aquí, tamén hai bastantes dúbidas, que unha solicitude do Alcalde sexa quen de modificar unha obra do POL, cando á Deputación se lle esixe que teña que vir por Pleno, bastantes dúbidas, pero bueno, como é dun ano e tal, parece que podería se cadra pasarse, polo tanto tiñan neste caso, pois solicitamos formalmente que se retire da orde do día e que se lle pida ó concello de Ponteareas que o aprobe por órgano competente, que non é unha Xunta de Goberno no caso de Ponteareas para comprometer o gasto. É ata o 2008 posto no caso podería comprometer ata o 2050, polo mesmo mecanismo podería comprometer ata o 2050 a Xunta de Goberno, en minoría podería comprometer o gasto ata o 2050 do concello de Ponteareas, parece que, non hai ningún límite aí, 2008 ou 2010 ou 2012, ou sexa, non parece nin razoable nin legal. Polo tanto retíreno e pidan que o concello de Ponteareas, se o van aprobar, pidan que o concello de Ponteareas o aprobe por órgano competente e non colaborar, ou non poñer os cartos da Deputación sobre eso. Esa é a primeira cuestión que agardo que se resolva nun sentido razoable, ou sexa, no sentido de que as cousas hai que facelas ben, aínda que o fondo sexa tremendamente discutible, sexa tremendamente discutible. E aquí vostedes están cambiando o marco, cambiando o marco total e absolutamente segundo lle convén en cada momento, segundo lle convén en cada momento. Creo que había un marco fixado no que, máis ou menos fixado, polo menos sempre dixeron que ía a funcionar así e que non ía haber excepcións, en que os concellos de Pontevedra e Vigo non participaban nin no PAM nin no PPC nin noutro tipo de subvencións, nin noutro tipo de subvencións, e funcionaban por convenios. Ben, e con respecto ós demais concellos se funcionaba por convenios para as estradas provinciais, no que a Deputación paga o que depende estrictamente do vial ou paga en exclusiva, ou sexa, capa de rodadura, subcapa e pluviais, e o resto de urbanización que se queira poñer o concello, porque, bueno pois iluminación, fecais, auga ou beirarrúas pois se pagaba ó 50%. Creo que ese era o acordo salvo, salvo algúns casos nos que por haber un programa europeo, bueno por algunha excepción pois se podía facer algún convenio diferente, pero ese era o marco xeral, pero os concellos, precisamente por eso había concellos como Pontevedra e Vigo doutro tipo, pois tiñan o PAM, tiñan o PPC, tiñan unha serie de programas no que meter as obras da súa competencia e demais, e por se acaso eso non chegaba e desde a Deputación non había, desde a Presidencia non había suficiente capacidade para sesgar por un lado ou outro segundo a cor política ou amistades, pois se reservaba o 20%, que como sabemos eran cantidades enormes, enormes. Bueno, pois neste caso, na obra esta, na estrada, nesta primeira obra que nos ocupa pois á parte de que o concello de Ponteareas leva do PAM, leva do PPC e á parte levará pois se non o ten esgotado o Sr. Presidente, pois cartos do 20% ese de todos os plans que se reserva, pois lle estamos dando así en cifras redondas, pois ó redor de 600.000 euros a maiores a través dun convenio que xa hai que estirar ata o 2008 porque non parece que as arcas estean sobradas para facelo nun prazo máis curto. Esto, non sei, se vai ser norma e está aberto o compromiso para todos os concellos, para todos os concellos da provincia que á parte do que leven nos plans e do que poidan acadar por vía excepcional da receita do Presidente nese 20%, pois a maiores esta Deputación se vai poñer extremadamente xenerosa e baldeirar aínda máis as arcas para comprometerlle pois eso, da orde, ó concello de Ponteareas non é pequeno pero tampouco é unha enormidade, da orde de 600, 700, 800 ou 1.000.000 de euros, para obras, ou menos segundo o tamaño do concello, para obras que non lograron meter nos plans, pois que se diga de onde saen os cartos, e polo tanto, pois bueno, sería este o primeiro, o segundo e vamos con outros tamén, pero se é unha excepción como parece ser dunha maneira clara pois non parece de recibo. Eso é o que tiñamos que dicir por agora. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, bos días. Vamos a ver, estamos falando ou tratando dun convenio que en teoría pasa de un millón douscentos mil euros, dos que seiscentos mil aproximadamente, un pouco máis de seiscentos mil, corresponden a dúas obras, digo polo que di o texto, a dúas obras en estradas provinciais, unha de 239.000 euros e outra de 382.000 euros. Nestes dous casos non teríamos nada que dicir por que se está a falar exactamente do mesmo, que se plantexou con outros concellos e en todo caso despois cando miremos o proxecto das obras poderíamos discutir se a achega que fan os concellos é a real ou é superior ou inferior á que tiñan que facer. Pero como novidade plantéxase unha obra nova, unha obra que titulan no convenio colectores de saneamento no casco urbano de Ponteareas, e o financiamento que plantexan para esa obra son 500.000 euros da Deputación e cento e pouco mil euros do concello. Home, se se dá, como se dá aquí, se dá a paradoxa que dos cento e poucos mil euros do concello, noventa e cinco mil, é dicir a parte que correspondería a este ano serían cartos do Plan Operativo Local 2006 do concello de Ponteareas. É dicir, a realidade é que a Deputación tamén está achegando cartos nesta parte do concello, a Deputación cofinancia o POL. E tamén estaría achegando aquí, cousa como mínimo curiosa, é dicir, estamos facendo unha obra estrictamente municipal para a que o concello xa se acollera en parte a un plan como é o Plan Operativo Local, que xa financia a Deputación e ademais lle poñemos enriba da mesa quiñentos mil euros máis repartidos en cen mil deste ano, douscentos mil do ano 2007 e douscentos mil do ano 2008. Ben, realmente aquí o único que se fai é abrir unha porta nova de financiamento ós concellos, a min non me cabe ningunha dúbida, pero ningunha en absoluto, que nas próximas semanas todos os concellos da provincia excepto Vigo e Pontevedra porque xa así habíamos falado e estabamos todos de acordo, pero os demais plantexáranlle á Deputación convenios deste tipo, porque senón estarían discriminados con respecto ó concello de Ponteareas. Unha actuación deste tipo é a primeira vez que se fai, neste mandato, volvo a repetir, non ten ningún sentido máis que o de marcar unha discriminación cos demais concellos da provincia, e non só discriminación senón ademais o que é algo que o Partido Popular sempre que goberna nos seus concellos o fai, e é que cobran sempre, sempre, por debaixo dos prezos reais as taxas de alcantarillado, as taxas de auga, e demais historias, e o fan así porque lle financian as obras dende outras administracións. E esta é a proba evidente de que se siga facendo. Vostedes alí onde gobernan tratan de crear esta especie de paraísos en determinados concellos, loxicamente o único fin que hai detrás desta historia é un fin absolutamente electoral. Nós dende logo non compartimos esta forma de facer política, vamos a votar en contra e lle anuncio, lle anuncio que en breves semanas os demais concellos plantexarán o mesmo, por pura lóxica, non van a quedar discriminados con respecto a un concello coma Ponteareas. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. D. José Crespo ten a palabra. Sr. Crespo Iglesias.- Si, bos días a todos. Vamos a ver, eu non sei por que vostedes se rasgan tanto as vestiduras nun tema que consideramos que é perfectamente normal. Eu creo que simplemente hai que ter unha pequena memoria histórica e ver como fixemos ó longo de todos estes anos nesta casa sen distinción de cores políticas. Vamos a ver, aquí trátase dun convenio onde van dúas estradas provincias, onde o concello aporta o 20%, habíamos asumido, eso asúmeo tamén a oposición, temos unha norma de funcionamento, tendo en conta que a estrada propiamente dita é competencia da Deputación, o que é os servizos que se lle instalan de seguridade vial, basicamente beirarrúas e alumeado e nalgún caso pois alcantarillado, pois podía supoñer máis ou menos un 20%, máis ou menos, co cal eso nadie o cuestiona. Que o concello ese 20% o meta con cargo os seus planos provinciais, son os seus planos provinciais, polo tanto eu creo que aí non debemos entrometernos para nada, se un concello ten un PPC, ten un POL, pois eu creo que o concello debe ter suficiente autonomía senón sería unha inxerencia pola nosa parte para que con eses plans o concello meta onde lle pareza mellor. Saben vostedes, e os que son alcaldes pois ó mellor con máis coñecemento, pero todos estades aquí, o que non é alcalde ó mellor é concelleiro e moitos de vostedes, en concreto os dous portavoces dos dous partidos da oposición teñen responsabilidades de goberno nos seus respectivos concellos e saben vostedes o difícil que é para un concello poder ás veces artellar algúns mecanismos que permitan levar a cabo obras importantes para o concello. E moitas veces hai que facer enxeñería para poder sacar adiante proxectos que son vitais para un pobo, e neste caso, os dous das estradas provinciais ninguén os cuestiona, supoño que nin sequera vostedes. O que é obxecto de polémica é algo que para nós é perfectamente normal, trátase dun colector nun concello, que ademais é un concello, eu non digo que punteiro pero si un concello nun crecemento razoable e precisamente estes días, xa se sabe que nas próximas eleccións municipais van a pasar de dezasete concelleiros a vinteún porque cambian de categoría, é dicir, pasa a ter máis de 20.000 habitantes, polo tanto é un concello en crecemento, é un concello en expansión, e da obra que se trata é dunha obra tan curiosa, fíxense o suntuaria que é a obra que é un colector de residuais. Un concello que medra ó ritmo que medra Ponteareas, faille falta unhas infraestruturas que son vitais para o desenvolvemento e que nalgunha porta terá que chamar. Eu pódolles asegurar que se o alcalde de Ponteareas lle dera o financiamento a Consellería de Medio Ambiente probablemente non tocaría as portas desta casa, probablemente, pero Sr. González non faga vostede demagoxia, apunta dúas cousas que non son certas, primeiro, son certas pero son perfectamente normais, din, que é curioso que a porcentaxe que pon o concello que sexa do POL que tamén é desta casa. Home, é do POL que tamén é desta casa, pero é un POL que é do concello de Ponteareas, non é do concello de Redondela nin do de Lalín, é do concello de Ponteareas, e básome outra vez, volvo á autonomía municipal, eu creo que un concello ten que facer o mellor que poida para os seus veciños e os plans provinciais do seu concello débeos utilizar pois o máis razoablemente posible para levar a cabo os seus proxectos. E, mire, un colector de pluviais, aquí se estivéramos falando dunha estatua dedicada ó emigrante ou de calquera outra obra que puidera dicirse un adorno, bueno, aínda se podía cuestionar cando menos, pero trátase dunha obra de saneamento, unha obra que é vital e por qué ten que meter un colector, porque mire, Ponteareas medrou neste último tempo dunha forma pois por encima da media e necesita un colector, non, necesita un gran monumento, non necesita un colector para as augas residuais e polo tanto tocou nesta porta e eu creo que aquí non hai ningún agravio comparativo. Mire, Sr. Mosquera, esta casa non diga que esto que é unha excepción, porque mire de excepcións estaría chea, esta casa pon para o concello de Pontevedra, para Pasarón un campo municipal, catro millóns, unha obra máis ou menos de dez millóns de euros, pon catro millóns e pico de euros. Por esa regra de tres debería facer Deportes e máis o concello, e porque entra a Deputación, ata certo punto é un agravio para os outros concellos da provincia e non pasa nada, hai un concello para Pasarón onde a Deputación pon catro millóns e medio de euros, case nada, para o concello, para o concello non, para unha infraestrutura do concello de Pontevedra, pois a min paréceme perfectamente normal, o mesmo que me parece perfectamente normal esta obra, porque se faláramos dunhas obras pois que tiveran un certo luxo, pero precisamente dun colector de fecais, xa me dirán se non é unha necesidade vital para un pobo. Polo tanto aquí cando os concellos de Pontevedra teñan algunha necesidade concreta o lóxico é que chamen a esta porta e firmarase algún outro convenio parecido ou non, dependerá dos casos, como ocorre coa Xunta de Galicia. Cando chamas á porta, os concellos, precisamente os grandes son os que teñen menos problemas á hora de saneamento, á hora de depuradoras, etc., etc., aí case nunca hai problemas, os problemas son xusto para os do medio, para os concellos medianos e para os concellos pequenos, e ó final, pois bueno, simplemente a cuestión de se vostedes queren facer un reparto proporcional xogamos todos coas mesmas cartas e non hai ningún problema. O que lle dea a Consellería de Medio Ambiente a outros concellos que no lo dea a todos e non hai ningún problema, a COTOP, tres cuartos de lo mesmo, é dicir, se queremos facer un reparto por esa regra de tres, D. Emilio, é que vostede é un demagogo, ou sexa, cando o concello de Redondela firma un convenio cunha consellería, ¿todos os concellos de Galicia teñen dereito?, por suposto, ¿vano a firmar todos?, nin de broma. E vostede sabe que é así. Polo tanto non polemicen nun tema que eu creo que non ten, non hai máis cera que a que arde, é unha obra necesaria que o concello non dá afrontado, e é unha obra vital e dalgún sitio hai que sacala, trátase dun saneamento, e esta casa está xusto para auxiliar ós concellos naquelas infraestruturas básicas que realmente non teñen capacidade os concellos para facelo solos, polo tanto non é ningunha cousa doutro venres, é unha cousa perfectamente normal, perfectamente lexítima e que non, creo que non ten máis explicación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Repito, creo que evidentemente o portavoz do Partido Popular pois busca a argumentación que lle parece, que agora vamos a por ela, pero repito, esto é irregular, a tramitación no concello, polo tanto retíreno e demais, e xa se dixo que se había algún matiz, algún razoamento que se nos escapaba, que podía digamos dar pé a que o convenio pois fora razoable e puidera estenderse, pois non teríamos especial problema. O que pasa é que non é así e a argumentación de verdade que é francamente sesgada, de verdade. Sr. Portavoz do PP, vostedes fixeron unha lei, que por outro lado recollen cousas que xa viñan de leis moi anteriores, unha lei urbanística na que cando hai un desenvolvemento, se constrúe máis, quen constrúe ten que poñer os servizos e reforzar os servizos exteriores, para que, para poder construír, cousa absolutamente lóxica, ás veces difícil de levar á práctica, pero lóxica porque non é lóxico que para sacar unhas plusvalías enormes e se no concello de Ponteareas hai ese crecemento e esas plusvalías, verdade, pois que non queden todas en mans do propietario do solo e dos promotores e despois vaiamos o resto dos cidadáns a pagarlle os servizos necesarios para que se xeraran esas plusvalías, esas plusvalías ou eses servizos necesarios os teñen que pagar quen xera esas plusvalías, que por certo o principio que se está aplicando, pois onde vostede di, nas grandes cidades, e nas cidades e demais, e que se encargan dunha maneira moi ladina, os concellos ós que vostede fai referencia, de evitar, de evitar, a min que se evite pois nun concello que non ten crecemento de poboación e quen constrúe fai a súa casiña e punto, e hai dez ó ano, bueno non hai plusvalía onde cortar, agora non é este caso, e xa estamos afeitos aquí incluso a que por parte da Deputación e polos concellos respectivos se metan obras pois de facer a estrada ata o acceso a un polígono que se vai construír, verdade, cando tiñan que facelo os do polígono e senón non constrúan, verdade, se queren facer o negocio deixen parte para as infraestruturas, non quero entrar nese debate e que algún día se terán que tomar en serio porque non ten ningún sentido que teñamos uns prezos do solo disparatados, que os propietarios fagan un pastón cando venden un solar ou un urbanizable, que os promotores estean facendo un pastón e despois vaiamos nós por atrás a poñerlle os servizos e pagalos. Ou sexa que por aí non vaia, verdade, que se o alcantarillado de Ponteareas, ou de Pontevedra, ou de Vigo, ou de Lalín, hai que reforzalo e medrou tanto eso, entón houbo un defecto de xestión tremendo por parte do concello de non esixir que hai que pagar, cambiar o tubo, para que haxa saneamento porque senón non constrúe vostede, e tiña o problema resolto, tiña o problema resolto. Se me vai por aí, bastante mal vamos, bastante mal vamos. Polo tanto o que si hai é unha vontade parece ser desta Deputación, de que bueno, pois pagar ese, que eu non sei se é fantástico, é imprescindible, é necesario ou é máis, ou non o é, e polo tanto, en fin, moi discutible, tremendamente discutible, e a ver se poñemos un pouquiño de orde, que os fondos públicos teñen un límite, teñen un límite, e se alguén vende, verdade, ó final vende a construción, non sei como estará en Ponteareas, pero me imaxino que andará pois nos 1.500 euros, 2.000 o metro cadrado construído, pois bueno, deses 1.500 euros ou o que sexa, que lle dedique algúns euros a poñer os servizos que non lle vai a pasar nada, simplemente vai a gañar menos, vai a gañar menos en Ponteareas, en Lalín, en Pontevedra ou en Cambados, simplemente vai a gañar menos e polo tanto que o faga porque senón as arcas públicas teñen que estar pagando cada vez máis servizos e máis historias que non teñen ningún sentido, ou sexa, que non me vai por aí co tubo famoso, non me vaia por aí porque esa é pura demagoxia, e á parte incluso está contemplado na lei, aplíquena quen ten que aplicala e senón a aplicou pois que espabile, verdade, esa é a primeira cuestión. E despois Sr. Crespo, xa o dixen antes, é máis, hai convenios excepcionais para infraestruturas excepcionais, pero este non é o caso, claro que pode haber convenios, claro que pode haber convenios para, bueno, pois para un camión de bombeiros, para unha infraestrutura que é unha vez, pero home, estes son os gastos correntes e as competencias dos concellos, as competencias básicas, que aí de verdade que non vemos por ningún lado que haxa, vamos, que se abra unha espita, digo con respecto ó saneamento e demais, sen entrar xa no das estradas provinciais. Porque ó final tamén temos visto casos, eu dubido moito que cun 20% ou cun 15% se paguen eses servizos, o 50% dos servizos corresponden ó concello, pero curiosamente cos concellos os convenios van 40-60, 60 Deputación e 40 concello, e outros van ó 10%, debe ser que as beirarrúas, farois saneamento e demais son estrañamente baratos, algúns deben conseguir, estrañamente baratos, e ese é un mecanismo para trampear todo o trampeable e demais. E por último se ese concello é tan vigoroso de crecemento e ademais precisamente dos que menos necesita, porque terá, hai plusvalías, hai nivel de vida, hai movemento como se ve económico, verdade, será dos que menos o necesita. Mire, se me dixera, se a argumentación me dixera, mire, é que é un concello que ten unha extensión tremenda, que está agónico, que non hai maneira, que alí a maioría son xubilados, que non hai maneira de cobrar unha taxa, que hai uns servizos que hai que meter, que non podemos repercutirllos, á nova construción porque non a hai, porque non a hai, verdade, ou hai moi pouquiña, mire, pois o consideraríamos, vostede está falando xusto da argumentación contraria que non sería o caso, ou sexa, xusto a argumentación de que non sería o caso, home claro, é que xa está ben, verdade, é que sempre falando das cidades, é o discurso do Sr. Crespo, que as cidades, as cidades, as cidades, bueno, comparemos o que pagan os cidadáns das cidades e o que pagan neses sitios e se cadra hai maior nivel de vida con respecto a certas aglomeracións urbanas, a min gustaríame comparar o nivel de vida e as posibilidades digamos de aportar ó concello pois non sei de Vilagarcía ou Ponteareas, por exemplo, por exemplo, ou de Redondela e Ponteareas, ou de Lalín e Ponteareas, se cadra é que resulta que non, que estamos primando cousas que non debemos primar, que non debemos primar, agora está claro que non é por eso polo que o fan, está claro que é por outras cousas, por consolidar alí unha alcaldía que tiveron con problemas ultimamente e demais, ese non é o mecanismo de funcionar, non se poden cambiar os criterios de cada vez e rebentar todos os funcionamentos cada vez, e en cada caso e para, incluso por vostedes mesmos, incluso por vostedes mesmos, porque ó final dirá o outro, eu tamén estou en perigo, eu non sei que problemas teño, incluso entre os seus, bueno, debe haber unhas normas clariñas de funcionamento e así se aforran cantidade de problemas e con esto estanos rompendo, pero de todas maneiras volvo a dicir, a proposta de que retiren e que non pode, non pode, creo que todos os que están aquí e ademais o entenderán perfectamente, o que non pode é unha Xunta de Goberno en minoría e monocolor, como que fora maioría, pero vamos, o que non pode é hipotecar o gasto dunha corporación dous, tres anos ou catro, non pode, legalmente non pode, politicamente non pode e legalmente tampouco. Polo tanto devólvano e que o concello de Ponteareas teñan un acordo plenario aprobando este convenio e despois se o queren aprobar ou non, se a cousa é súa é unha decisión política, a nós nos parece bastante incorrecta pero é unha decisión política, pero retíreno e esixan que veña cun acordo plenario do concello de Ponteareas que é o mecanismo lóxico e demais, que senón van aprobar aquí algo que igual alí ó final, imaxínense despois se alí na corporación queren outra obra, se a Deputación dá cartos e queren outra obra e lle votan en contra desta, Jesús, o ridículo desta Corporación sería bastante elevado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Crespo, eu creo que todos temos claro e vostede tamén, aínda que non o dixo na súa intervención, que o crecemento de Ponteareas que foi, xa non é, que foi, nestes tres últimos anos non é exactamente igual agora, baseouse nunha aplicación urbanística absolutamente salvaxe e por eso naquel momento, quero recordarlle, que vostedes gobernaban, naquel momento a Xunta de Galicia suspendeu os plans urbanísticos en Ponteareas, eso é así e é absolutamente incontestable. Claro, loxicamente cando nos demais concellos por exemplo ou en concellos desta provincia hai taxas de enganche do saneamento que están por riba dos 1.000 euros, en Ponteareas están a menos da metade, a bastante menos. Por eso eu antes me refería a auténticos paraísos que vostedes alí onde gobernan tratan de montar. Claro, os que teñen máis de 1.000 euros fan un gasto moi importante en temas de saneamento e manteñen as súas redes. E por certo, mire, ata agora, sempre, sempre, sempre, non sei se en Lalín llo facían de xeito diferente, pero nos demais concellos a contestación da administración autonómica ós concellos sempre era a mesma, é dicir, a administración autonómica non fai rede de distribución, e un colector en urbano é rede de distribución pura, que este é o caso, absolutamente pura. E a proba evidente de que non teña outra fórmula o concello de Ponteareas, é que meteu unha parte desa obra ou entendo que meteu unha parte desa obra no POL, e agora vostedes estanlle a complementar o POL, para ser clariños de todos, en quiñentos mil euros máis, metían noventa e cinco mil e agora a Deputación lle complementa o POL con quiñentos mil máis. Esta é a realidade e se eso non é discriminación con respecto ós outros concellos, pois dígame como se chama que eu non sei. E mire, por certo, cando di vostede que a ver se xogamos todos coas mesmas cartas, eu eso llo firmo agora mesmo, pero agora mesmo, pero contando dos últimos anos tamén, porque claro, é que, gracioso escoitalos dicir hoxe a ver se xogamos todos coas mesmas cartas e resulta que hai algúns que levamos 20 anos xogando con cartos diferentes. E cando queira Sr. Crespo lle poño o concello de Lalín como exemplo de como se xogou con cartas diferentes en este país, absolutamente diferentes. E entón mire, eu volvo a repetir, non teño inconvinte ningún e subscribo perfectamente o de xogar coas mesmas cartas todos, pero sempre, non cando a vostedes lle convén. Mire, eu creo que hai un tema que é absolutamente claro e é, di vostede, non é que o concello é libre de meter os plans provinciais onde queira, si, por suposto, eu non estou discutindo eso, eu o único que estou discutindo e llo volvo a repetir é que o concello quería facer unha obra a través do POL e metía noventa e cinco mil euros e vostedes agora para entendernos todos lle meten quiñentos mil euros máis. E eso é unha discriminación con respecto ós outros concellos, e volvo a repetir, vamos a mirar, cando queira, miramos prezos que cobra o concello de Ponteareas por auga e por saneamento, pola explotación, e miramos o que cobra de cotas de enganche e miramos os cartos que dedica a estes temas, e miramos ós demais, entón, home, mire, estar primando a aquel que fixo mal as cousas, pois non é moi fácil de entender polos demais, dende logo nós no entendemos. Volvo a repetir, nós vamos a votar en contra e alá vostedes, é dicir, eu o que si lle anuncio é que a partir de agora todos os concellos facendo o mesmo plantexamento e pedindo un convenio deste tipo, está claro. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, para rematar o debate simplemente dicirlle á D. Emilio González que cando queira xogamos coas mesmas cartas, non hai ningún problema por recoller no tempo os anos que acordemos, incluso todo o goberno de Fraga e metémolo no mesmo saco, non hai ningún problema, e moitos levaranse moitas sorpresas con eses sitios que cren que son paraísos. Mire, Sr. Mosquera e máis D. Emilio, Galicia medrou como medrou, coas virtudes e cos defectos, e os concellos que forman parte de Galicia tamén medraron como medraron, e en moitos casos o tema urbanístico, foi, medrou, como dicimos na miña terra, "a monte", e eso é algo que temos que asumir todos e o que estea libre de culpa que tire a primeira pedra, a ver se Pontevedra ou Redondela non teñen acaso problemas, digamos que poden ser agravios comparativos con respecto duns veciños a outros. Por suposto que os temos todos os concellos. Cando un concello ten unha rede primaria de colectores, e logo porque se lle van sumando distintas urbanizacións pois loxicamente non chegan eses colectores, ten que ser ese crecemento o que suplemente o que fai falta neses colectores centrais, certo, eso sabémolo todos, esa é a teoría, a práctica é a que é, e a Galicia que temos é a Galicia que temos e a que fixemos nós, e cando digo nós non digo os do Partido Popular, non, non, todos os concellos gobernados por quen gobernase padecemos todos do mesmo defecto, incluso as cidades, as cidades se cadra aínda máis, ¿que o corre?, que a unha cidade, Sr. Mosquera, elle moi fácil chegar a onda un Conselleiro, aínda que non sexa do seu partido, e quitarlle un compromiso de facer unha grande infraestrutura que noutros concellos teñen que financiar exclusivamente con fondos municipais. Así que se algo non se pode queixar é as cidades, por razóns obvias, non porque teñan máis ou menos poder, non, senón que bueno, vostede ben ve que cando hai que facer o saneamento integral dun concello, ¿que forza ten Pontevedra e que forza ten outro concello. ¿Que ocorre?, que ás veces fírmanlle cousas que despois non lle fan, é certo, pero eso pasa en todos os sitios polo tanto non hai ningunha novidade, non hai ningunha novidade. O que si digo é que Ponteareas creceu dunha maneira importante e ten unha eiva grande nas infraestruturas de saneamento e tena que afrontar dalgunha maneira, e tocou a esta porta e eu entendo que se a Deputación é o concello dos concellos cando hai un tema puntual ten que arranxalo. Mire, para rematar dúas cousas, D. Emilio, coas mesmas cartas é coas que queremos xogar, non hai ningún problema, cando queira poñémolas encima da mesa, ningún problema. Sr. Mosquera, mire, con respecto ó primeiro que dixo do trámite do Pleno do concello, terá a razón ou non, pero eu quero pensar que o concello de Ponteareas que ten un secretario e ten un interventor, será o que ten que dicirlle ó alcalde ó ser unha obra plurianual que é unha competencia do Pleno, dende logo non llo imos dicir dende esta casa, aínda que loxicamente se é unha obra plurianual eu considero que si, pero é un tema interno do concello de Ponteareas que o secretario terá que agora pois, se o fixeron en Xunta de Goberno terá que levalo ó Pleno, ratifícalo polo Pleno e punto. Pero é un problema en todo caso do concello de Ponteareas, non é un problema desta casa, pola nosa parte nós cumprimos e o concello de Ponteareas ten técnicos cualificados ou debe telos suficientes para que actúen de acordo coa normativa. Quen constrúe dicía vostede que ten que refacer as infraestruturas, de acordo, pero sabe vostede que os concellos traballamos na medida, traballamos coas posibilidades que temos, e ás veces hai certas situacións de crecemento que cando se prohibiron certas infraestruturas cumprían naquel momento e incluso estaban sobredimensionadas e hoxe quedáronse moito máis pequenas. Pero é que o concello e o alcalde é o que lle ten que dar resposta ós veciños e non vale dicirlle non, é que como esto se construíu daquela maneira pois agora pois non vos fago o colector e entón as fecais pois van mesturadas coas pluviais e van por encima da carretera, non, non, o alcalde ten que solucionarlle o problema ós veciños, non só polos votos como pensa vostede, non, non pense só nos votos, pense que os alcaldes á parte de querer votos que tamén os queremos todos, os de todas as cores, pois temos que solucionar os problemas dos veciños sobre todo os máis inmediatos e polo tanto moitas veces pois hai que facer enxeñería financeira senón non hai forma. A ver quen non fai algunha "machada financeira" ás veces para sacar un problema. O alcalde que estea libre de sospeita que levante a man, nin o primeiro en Galicia, en supoño que nin en España, porque hai que resolver os problemas. Con respecto ós agravios que se poida xerar, Sr. Mosquera, home, vostede é un municipalista experto e eso cónstame, e leva moitos anos, e que nos queiran acusar, ás veces o PSOE tamén, non está libre, pero o BNG teñen vostede mal encaixe ás críticas, cando se lle fan a vostedes, parece que se o fan vostedes é perfectamente limpo, e se o fai o PP parece que está todo perfectamente escuro. Mire, administracións rexidas polo PP e rexidas polo Bloque e rexidas polo PSOE a diferencia non é practicamente ningunha, que ti tes máis afinidade política e polo tanto tes máis facilidade á hora de pedirlle a unha administración distinta da túa se é da túa cor, por suposto, pero sempre foi e será. Comentábame mentres estaba vostede falando Dona Teresa Pedrosa de que recentemente a consellería de Vivenda lle dou catro millóns de euros para asfaltar as rúas, en dúas anualidades, ben, e que eu saiba a consellería de Vivenda ten que facer polígonos industriais que boa falta nos fan e teñen que ir a máis ritmo se é posible, e ten que facer vivendas que boa falta nos fai tamén, pero asfaltar rúas que se saiba non é competencia dela, como moito podería dar Política Territorial, oiga, pero vostedes por afinidade política ou chámelle o que queiran pois firmaron un convenio onde lle dan catro millóns de euros, pois ós outros non nolos dan, e non pasa nada, quero dicir que a ver se nos medimos todos un pouquiño co mesmo raseiro e a ver se a vara de medir é un pouco para todos igual, porque o metro debe ser igual para todos e para todos os lados. Polo tanto, mire vostede, non creo que debamos polemizar máis sobre o tema, eu considero que esta infraestrutura en Ponteareas é vital para o desenvolvemento do concello e cando o alcalde chama a esta casa sexa da cor que sexa pois terá que ser atendida. D. Emilio, cando Redondela ou calquera outro concello do PSOE ou do BNG teña un problema desta índole, eu pódolle asegurar que no Presidente actual vai a atopar receptividade. De feito, mire, cando aquí veu non hai moito tempo Vilagarcía para arranxar creo que era un campo de deportes, Vilagarcía, a súa achega, firmou un convenio con esta casa, e a súa achega púxoa do POL, exactamente igual, e que se saiba Vilagarcía non é do PP, exactamente igual que Ponteareas, a achega que lle tocaba no convenio púxoa do POL, e non pasou nada. Eu creo que non debemos darlle máis importancia da que ten, e este é un caso puntual, dun problema puntual, dun concello que ten que arranxalo e creo que esta casa é o sitio adecuado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. José Crespo. Eu creo que deberíamos dar por finalizado. O Sr. D. Cesáreo Mosquera quere. Sr. Mosquera Lorenzo.- É unha imprecisión moi severa, gracias Sr. Presidente, porque non hai, me parece que asfalto non vai case ningún, ou sexa, non hai catro millóns para asfaltados, deso nada, o problema é que é difícil, cando un non ten unha política, ou non lle pasa pola cabeza ter unha política definida e polo tanto priorizar, pois só entenden en cuestións de un euro máis ou un euro menos, o centro de Pontevedra estaba como outros centros doutras cidades en perigo de degradación bastante serio, creo que a consellería de Vivenda, antes a COTOP, lle deu cartos para este tipo de finalidades a Ferrol, a Ourense, creo que a Vigo, Coruña, e ó único que non lle dera fora a Pontevedra. Que si conseguira do Estado e da Unión Europea para este tipo de actividade, de rexeneración de espazos urbanos e de evitar que as vivendas e en fin, o espazo urbano tanto residencial como público, se declarase, entón se fai un convenio precisamente para actuar sobre espazos en perigo de degradación, afortunadamente nestes o perigo xa é moito menor polas actuacións previas que se fixeron dende o goberno local, e polo tanto creo que non hai nada que ... absolutamente en regra, e tamén lle invito ... as cartas de mirar canto recibiu, canto recibiron as cidades galegas para espazos en perigo de degradación da Xunta e contando estes catro millóns de euros asegúrolle que Pontevedra está no ranquing, a última, e segue estando a última con estes catro millóns de euros se miramos por exemplo o que recibiu nos últimos dez anos. Esas cousas hai que saber o que é e non é para asfaltados, para pichis nin nada que se lle pareza, é para outros fins, creo que, eu creo que Ferrol non sei se fixera un convenio por mil, bueno, debe ser algo así como dezaseis ou dezaoito millóns de euros, á parte doutro tipo de inversións, houbo bastantes cartos, non teño aquí agora os datos e demais, pero non é así e se quere miramos ó final e demais. O problema é que en Pontevedra non se fixera, como conseguira o URBAN naquel momento e non sei que, non se fixera ningún tipo de actuación por parte da Xunta e esa é unha liña que non se invitou a nova consellería de Vivenda senón que xa viña de atrás, digo, por aclarar. Sr. Presidente.- Moitas grazas Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, dúas precisións, primeiro o do concello de Vilagarcía foi do Plan de Acción Municipal non do POL. E segundo, non, mire, segundo, o que pasa é que vostede como non leva a Comisión de Deportes ó mellor non o sabe. Se mira vostede todos os convenios, todos os convenios, que se firmaron cos concellos para facer os campos de fútbol últimos, mirará que na oferta da Deputación a todos os concellos se lle dicía que a súa aportación podía retirarlla do Plan de Acción Municipal, é dicir, que Ponteareas neso foi precursora, non é igual para nada o Plan de Acción Municipal que son fondos propios da Deputación, que o Plan Operativo Local, é totalmente diferente. E segunda precisión, mire, vostede na primeira parte da súa intervención dicía, que eu non comparto, pero bueno, dicía vostede que todos os concellos están máis ou menos na mesma situación e todos teñen os mesmos déficits, por eso supoño que entenderá que cando lle presentemos os demais concellos ou lle presenten os demais concellos peticións de convenios parecidos vostede defenderaos e votaraos a favor. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Sr. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, xa para rematar, Sr. Mosquera, pínteo da cor que queira, vostede e máis eu e todos os aquí presentes, porque o máis parvo fai avións, sabemos que as cousas son como son e non como moitas veces defendemos, e como as cousas son como son, ata o de agora en política o que ten padriño bautízase e o que non ten padriño queda sen bautizar, aínda que o do bautismo ás veces sexa un tema secundario. Así que non me diga vostede, non me queira convencer de que a mesma cor política rexido en distintas administracións que funciona exactamente igual sendo que non, porque non é certo, así que non nos enganemos, non é certo así de sinxelo. D. Emilio, mire, as cartas sobre a mesa, se se fai un plan de necesidades da provincia e se financia tanto por parte das consellerías como por parte da Deputación, tóquelle a quen lle toque estamos todos dispostos, é dicir, pero de acordo coas necesidades, de acordo coas necesidades, porque o que non se pode meter é en cousas de luxo, é dicir, vostede se ten unha necesidade desto claro que ten que presentar na Deputación, bueno, pero por esa regra de tres se eu teño a mesma necesidade que vostede podereime presentar tamén na Xunta, é dicir, cando queira facemos un plan provincial nos temas que realmente non son suntuosos, senón nos temas de comer, temas de infraestruturas básicas, facemos un plan e financialo Deputación-Xunta-Concellos, coa parte que lle toca a cada un, e somos os primeiros en aplaudilo, somos os primeiros en aplaudilo. Moi ben, gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Procedemos polo tanto á votación. Si, quere que votemos a súa votación de retirada. Procedemos primeiro á votación de retirada por parte neste caso do Bloque Nacionalista Galego deste punto. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Procedemos agora á votación neste caso da aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas, para a realización de diversas obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento apropiado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo esta Deputación e o Concello de Ponteareas teñen a intención de levar a cabo a execución de diversas obras cun orzamento total de 1.248.813,05 euros, que se financiarán coas achegas da Deputación e do Concello de Ponteareas, de acordo coa seguinte distribución por anualidades: - Obra para a execución dos colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas: 2006 2007 2008 Deputación de Pontevedra 100.000 ¤ 200.000 ¤ 201.233,29 ¤ Concello de Ponteareas 95.125,16 ¤ 30.183,16 ¤ 0 ¤ Investimento total 626.541,61 ¤ A achega do Concello na anualidade 2006 financiarase con cargo o POL 2006. - Obra para a mellora de seguridade vial na EP 4006 Ponteareas-As Neves: 2006 2007 Deputación de Pontevedra 60.000 ¤ 131.460,73 ¤ Concello de Ponteareas 12.000 ¤ 35.865,18 ¤ Investimento total 239.325,91 ¤ - Obra para a mellora de seguridade vial na EP 4001 Ponteareas-Guillade (PK-0 a cruce cemiterio): 2006 2007 2008 Deputación de Pontevedra 50.000 ¤ 125.000 ¤ 131.356,43 ¤ Concello de Ponteareas 10.000 ¤ 30.000 ¤ 36.589,10 ¤ Investimento total 382.945,53 ¤ E, á vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas que queda redactado como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS OBRAS No Concello de Ponteareas, a __________ de 2006 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. D. Salvador González Solla, Alcalde-presidente do Concello de Ponteareas, en virtude de nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, coa modificación da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizaren o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, no que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- A lexislación vixente en materia de réxime local encoméndalles ás deputacións que dirixan a súa actividade a aseguraren a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal; para tal efecto e co fin de que sexa posible a súa consecución real e efectiva é polo que instrumenta este convenio para que se cumpran as obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Consonte ó exposto e coa vontade de colaboración das entidades comparecentes, as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, segundo as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: O B R A ORZAMENTO Execución dos colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas 626.541,61 Mellora de seguridade vial na EP 4006 Ponteareas-As Neves 239.325,91 Mellora de seguridade vial na EP 4001 Ponteareas-Guillade (Pk-0 a cruce cemiterio) 382.945,53 TOTAL 1.248.813,05 Segunda.- Á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas nos proxectos técnicos; as cantidades do ano 2006 serán financiadas con cargo á partida 06/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial, sendo financiadas as cantidades das anualidades 2007 e 2008 coas partidas correspondentes dos exercicios futuros. A parte correspondente do Concello na obra para a "execución dos colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas", na súa anualidade de 2006, financiarase con cargo ó POL 2006, e a achega da Deputación con cargo á partida 06/911.911-662.09. As demais anualidades xerarán crédito na partida anteriormente sinalada. O Concello de Ponteareas poderá nomear a un técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Terceira.- O Concello de Ponteareas obrígase a poñer a disposición da Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións necesarias. Cuarta.- O importe ó que se refire este convenio, que ascende a 1.248.813,05 euros, comprenderá todos os gastos que derivan da obra que se vai realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, e serán por conta do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Quinta.- Os investimentos necesarios para realizar estas obras financiaranse coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Ponteareas, mediante a achega das cantidades que se establecen de seguido e en relación coas seguintes obras: · Obra para a execución dos colectores xerais de fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas: 2006 2007 2008 Deputación de Pontevedra 100.000 ¤ 200.000 ¤ 201.233,29 ¤ Concello de Ponteareas 95.125,16 ¤ 30.183,16 ¤ 0 ¤ Investimento total 626.541,61 ¤ A achega do Concello na anualidade 2006 financiarase con cargo ó POL 2006. · Obra para a mellora de seguridade vial na EP 4006 Ponteareas-As Neves: 2006 2007 Deputación de Pontevedra 60.000 ¤ 131.460,73 ¤ Concello de Ponteareas 12.000 ¤ 35.865,18 ¤ Investimento total 239.325,91 ¤ · Obra para a mellora de seguridade vial na EP 4001 Ponteareas-Guillade (Pk-0 a cruce cemiterio): 2006 2007 2008 Deputación de Pontevedra 50.000 ¤ 125.000 ¤ 131.356,43 ¤ Concello de Ponteareas 10.000 ¤ 30.000 ¤ 36.589,10 ¤ Investimento total 382.945,53 ¤ Sexta.- O Concello de Ponteareas comprométese a manter os tramos urbanos das obras obxecto deste convenio, responsabilidade que asumirá dende o día seguinte ó da realización da acta de recepción de obras. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de coordinación da que formarán parte os presidentes, ou persoas nas que estes deleguen, e máis un técnico de cada entidade local, que se reunirán dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa de calquera delas, na Deputación de Pontevedra. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data na que se asine e terá vixencia deica o 31 de decembro de 2008. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data do encabezamento. Por parte

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición