Fondos
2006-10-25_Ordinaria. Acta de sesión 2006/10/25_Ordinaria
Acta de sesión 2006/10/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-10-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/10/25_Ordinaria
Data(s) 2006-10-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e cinco de outubro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- ... Damos comezo á sesión do día de hoxe. ------ Folla: 1.5452.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro asunto. Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 15 de setembro e ordinaria do día 27 de setembro, ámbalas dúas de 2006. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista na acta da sesión do 27 de setembro vaise abster, porque esa acta incorporouse ó expediente fai unha hora exactamente e non puidemos mirala. Sr. Presidente.- Fai unha hora, si, xa mo dixo o Secretario. Estamos de acordo. La retiramos y la traemos otro día. La del 27 de setiembre. Sr. González Iglesias.- Perfecto. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria do día 15 de setembro de 2006 e queda pendente para a súa aprobación na próxima sesión a acta da sesión ordinaria do día 27 de setembro de 2006. ------ Folla: 2.5453.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE RODEIRO Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número 2 da orde do día. Adhesión do concello de Rodeiro ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. Procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 19 de maio de 2006, polo que se acepta a petición do Concello de Rodeiro, de adhesión ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Rodeiro adoptado na sesión do día 11 de abril de 2006, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Rodeiro ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 3.5454.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE RIBADUMIA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Igual pasa no punto número 3. Adhesión do Concello de Ribadumia ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. E o 4, podemos votar conxuntamente o 3 e o 4, que é do concello de Ponte Caldelas. Polo tanto procedemos á votación conxunta dos puntos 3 e 4. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 22 de setembro de 2006, polo que se acepta a petición do Concello de Ribadumia, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Ribadumia adoptado na sesión do día 14 de xullo de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Ribadumia ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 4.5455.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 22 de setembro de 2006, polo que se acepta a petición do Concello de Ponte Caldelas, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Ponte Caldelas adoptado na sesión do día 20 de xullo de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Ponte Caldelas ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 5.5456.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TOMIÑO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente.- O punto número 5 é: Delegación de competencias do concello de Tomiño a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por recollida de lixo. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 22 de setembro de 2006, sobre aceptación da delegación do Concello de Tomiño para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por recollida de lixo, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por recollida de lixo, realizou o Concello da Tomiño, por acordo do Pleno de data 8 de agosto de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 6.5457.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA DE "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO" Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do proxecto modificado da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento". Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Eu creo que, bueno, este é un expediente coñecido e importante e que vén neste caso a trámite de aprobación dun modificado. Ben, esto podía non ter maior transcendencia, a complexidade dunha obra deste calibre que haxa este tipo de modificados pois é habitual, pero, ou pode ser habitual, pero recordemos por exemplo a obra do Museo en Pasantería, que creo que foi adxudicada en 60 millóns daquela e se foi a 170 creo que máis ou menos, se non me recordo mal. Pero neste caso, creo que é moi, hai elementos arredor moi relevantes como para comentalo e analizalo con certa profundidade. En primeiro lugar, o título do punto e da memoria está mal ou está sesgado, hai un complementario e hai un modificado. De feito na Resolución Presidencial na que se encarga facelo así consta e despois desaparece do resto da tramitación, non se sabe moi ben por que, ou si se sabe, ou si se sabe. Hai un complementario que son as obras necesarias, as actuacións necesarias para adaptarse ás resolucións de Patrimonio recollidas na licenza, e para musealizar esa parte e demais, complementario que tal e como presentan vostedes o expediente é absolutamente imposible de determinar en que cantidade exacta incrementa a obra, pero que de todas maneiras visto con calma o expediente e á falta dalgunha explicación máis pormenorizada de quen o fixo, pois de ningunha maneira chega a 600 mil euros. E hai un modificado no que se modifica todo o resto do edificio, de feito ata aparecen modificadas as unidades de ventás no terceiro piso, que dubido moito que vaia a parecer que teña nada que ver, que se vaia a dous millóns ou dous millóns e pico de pesetas. Entón hai algo que non se entende, por que esa insistencia, primeiro en unilos e despois en votarlle, digamos en repercutirlle a responsabilidade, a orixe da suba da obra a esas actuacións na muralla que por outro lado houbo que facelo en obras de todo tipo, xa digo na anterior do Museo houbo que manter un muro central que ó final foi carísimo, non era a muralla, e noutras obras houbo que facer actuacións, pero non dende logo nestas contías de case dous millóns e medio de euros que non é real, ou sexa, non é real, hai dúas cousas, hai un complementario, a pesar, complementario que existe a pesar de que se dixo que estaba feita, vamos a arqueoloxía estaba feita e a maiores xa no proxecto da muralla, porque xa se sabía onde estaba, xa se sabía onde estaba, pero bueno, poden aparecer estas incidencias. E despois hai un modificado do resto da obra que se eleva á maioría, polo tanto non é verdade de que sexa só un modificado e complementario, é modificado, primeira cuestión, e segundo, non é verdade que o aumento da obra sexa responsabilidade, nin maioritaria, e moito menos exclusiva do que aparece, vamos, da conservación da muralla, que xa estaba alí e xa se sabía cando se lle ... a obra, senón mírese o proxecto orixinario e verase que está alí. Ben, entón e á parte o expediente aparece bastante confuso nese sentido, aparece bastante confuso porque non discirne onde están os aumentos, etc., etc. E con respecto á finalización de fondo, aquí había un optimismo irreal, e esta Deputación non se cubriu as espaldas, non se cubriu as espaldas á hora do financiamento. E había un optimismo absolutamente desenfrenado de que coa baixa o resto dos cartos ían ser suficientes, os dous millóns e pico que foron os que se puxeron á baixa ían ser suficientes para a musealización posterior e polo que xa estaba feita a arqueoloxía e polo tanto o estudo ía a ser coser e cantar e a obra ía ir sobre rodas e non ía haber problemas de financiamento, etc. E non tiveron en conta a complexidade da obra e quizais, quizais, a obra sexa un pelín desmesurada, sexa un pelín desmesurada, un pequeno axuste á baixa do volume da obra permitiría sacar esto adiante con moitisima máis comodidade e eficacia, e agora pois se topan con este problema que incluso todo o que está consignado para obra que agardaban que servira tamén para a musealización pois se lle vai na obra e seguramente se lles vaia máis, xa se lle vai máis con este modificado e probablemente veñan aínda máis rabos. Eso é consecuencia desta política que implantaron vostedes ó principio do mandato, verdade, tirar para adiante e despois na idea de que os recursos de Deputación eran infinitos, e polo tanto pois agotar e apretar o pedal dunha maneira tremenda. Dende logo como dicía aquelo "quién te ha visto y quién te ve", porque hoxe chega aquí este expediente e resulta, resulta que por douscentos mil euros hai un informe suspensivo de Intervención, e esta Deputación non ten nestes momentos digamos dispoñible con comodidade e facilidade douscentos mil euros para non deixalos para o ano que vén, douscentos mil míseros euros. Ou se os ten tería que rabuñar ata o último euro para poder facelo. Nunha obra que se meteu, verdade, quince millóns e pico de euros, que agora se vai a eso, a quince millóns e pico, resulta que esta Deputación, que parece que tiña cartos para todo, que podía facer o que fixera falta, non se cubriu as espaldas como para telo. E de verdade que o outro día por exemplo no Consello Reitor do Museo, verdade, igual que do ... e demais, a imaxe foi absolutamente patética, patética, ou sexa, esta Deputación parece que ten tomada a decisión de vistos os gastos excesos e as prioridades que ten, poñer problemas, exactamente o outro día nos pasamos unha hora discutindo, discutindo, discutindo non, todos menos o goberno, estaban de acordo se o Museo adquiría uns cadros por 90.000 euros que parece que eran exclusivos e había que recortar, había que recortar, ata en eso quedouse pendente cando se pode perder a oportunidade de conseguir uns Lugrís neste caso, etc., etc. Dende logo, en fin, fixeron unha política de gasto absolutamente descontrolado, verdade, para e coa esperanza esta de novo rico, que bueno, os recursos van a ser infinitos e aquí non fai falta, gastámolo no que sexa, facemos o que faga falta, e agora pois nos topamos con estas cousas verdadeiramente miserables, en termos orzamentarios, de que parece que empeza a apretar a zapatilla e apreta, apreta porque deixar pendente para o ano que vén douscentos mil euros porque non os hai este ano ou hai moitas dificultades para conseguilos, ou non poder comprar unha oportunidade, uns cadros, etc., dende logo non é, non é imaxe de boa xestión senón todo o contrario, é consecuencia, consecuencia, dunha política de despilfarro que, vamos, e de gasto desenfrenado que implantaron vostedes neste mandato e se están vendo as consecuencias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, bos días. Nós sen entrar en máis disquisicións vámoslle anunciar que nos vamos a abster por unha razón de fondo, ademais de estar de acordo con bastantes dos argumentos do compañeiro que me precedeu, querémoslle recordar que temos formulada ante esta Deputación unha pregunta sobre o Museo, sobre as subcontratacións que non nos chegan, é un feito habitual, por outra parte non é ningunha novidade que se nos negue información unha vez e outra e unha vez e outra, e nós nos tememos que esta demora non é unha demora inocente senón que é unha demora vencellada á escasa cualificación dalgunhas das subcontratas e polo tanto nós non queremos certificar co noso voto a favor unha falcatruada dalgún negocio privado, particular, con obras de tanto rigor coma o Museo. Insisto, temos feito algunha pregunta que non se nos ten contestado, no Pleno anterior e noutros anteriores. Por eso nos abstemos. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. D. Xosé Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, bos días a todos. A verdade é que dá a sensación de que se nota que estamos nun ambiente preelectoral, e creo que eso chegaba ben empezalo a partir de Reis, porque aínda falta bastante para as eleccións municipais. En todo caso se vostedes pretenden poñer a técnica do ventilador en marcha pois vai ser o seu problema, pero dende logo nós non lle imos entrar no xogo. Sorprende o que di o Sr. Mosquera e sobre todo sorprende que, eu xa sei que a política é inherente á demagoxia, mellor dito, a demagoxia vai é inherente á política. Pero, ¿como vostede que ten responsabilidades de goberno nunha institución como é o concello de Pontevedra, pode chegar coa súa demagoxia ata tal punto?. Vostede sabe perfectamente, e senón debería sabelo, o que pasou no Museo de Pontevedra, e vostede sabe como foi a adxudicación, e sabe coa baixa que foi, e sabe que se algo non temos nós é culpa ningunha exclusivamente os técnicos fixeron os informes pertinentes en todos e cada un dos casos. E estes dous señores que gañaron un concurso público ó que se puido presentar quen quixo, e que redactaron o proxecto, son os autores do proxecto de modificado que se pretende poñer en marcha, pero en todo caso vamos a darlle satisfacción Sr. Mosquera, porque xa está ben de que as cousas que son obvias intentar cargarllas como morto ó grupo de goberno. Mire, este proxecto de modificado é proposto polos autores do proxecto, exclusivamente, loxicamente nós temos que respectalo. A escavación arqueolóxica que se fixo, na que traballaron preto de 50 traballadores durante practicamente tres meses, por certo que lle podo informar que o xefe que comandaba esa expedición de arqueólogos é agora funcionario municipal, polo tanto pode falar con el e que lle conte el como foi a operación. Despois, eso custou, só o que é a excavación, máis de douscentos cincuenta mil euros, eses son os informes que temos nós salvo que os técnicos directores de obra, que obviamente non creo que sexan sospeitosos de ser colaboradores en nada do grupo de goberno, pois nos enganaran. Logo despois houbo que adecuar as instalacións eléctricas de todo o edificio á nova normativa Europea. Saben vostedes que entrou unha normativa nova despois de haber adxudicado o proxecto, e os propios, nas reunións esas que temos paritarias entre o Ministerio e a Deputación, os propios técnicos do Ministerio recomendaron que nese modificado sería bo meter a adecuación de todo o edificio, ás novas normas comunitarias do proxecto de instalacións eléctricas. E logo o máis importante deste reformado segundo os técnicos, que eu non o son e os do grupo de goberno tampouco, polo tanto temos que fiarnos deles, din que hai un cambio de estrutura importante na configuración con respecto do muro que vai ó pé da calle Amoedo e a Calle Sierra. Os arquitectos propuxeron unha forma de traballar nese muro que era polo visto de visión aberta e que loxicamente pois non se puido porque na calle Amoedo ou na Calle Sierra, houbo que facelo ou hai que facelo doutra maneira. Eso é o que din os técnicos e loxicamente houbo que reestruturar toda a estrutura da configuración dos muros que tiñan inicialmente previstos. Ese é o motivo de que este reformado vaia a dous millóns quiñentos mil euros. Ben, pero en todo caso como dá a sensación de que como se nós tivéramos algo que ocultar neste proxecto, e manda narices, xa está ben, porque vostedes eu creo que saben perfectamente que non, en todo caso o mérito é sementar e que quede aí porque a sombra da dúbida, sempre está demostrado, parece estar demostrado que os do Partido Popular somos malos críticos e que parece ser que só sabemos gobernar e que á hora de facer oposición que parece que somos moi malos, pois dá a sensación de que todo se envolve nun barullo onde haber se ata no Museo imos ter algún tipo de culpa. Eu quero propoñerlle a este Pleno, que retiremos da orde do día este punto, que veñan os dous técnicos, estes afamados arquitectos, a reunirse cos portavoces, temos que facelo nun tempo récord porque hai que xustificalo antes de fin de ano polo tanto chamaremos nada máis terminar o Pleno e, pois reunir os portavoces dos tres grupos políticos desta Corporación, e que nos expliquen, que lles expliquen mellor dito, que nolo expliquen a nós tamén porque nós a explicación que temos é esa, pero é que como vostedes dubidan dela pois que lla expliquen e que lle pregunten o que queiran, pregúntenlle o abc e pregúntenlle a osamenta e pregúntenlle o que queiran e pregúntenlle o que lles pareza ben, pero non nos queiran imputar a nós grupo de goberno que este modificado ten algún problema cando estes dous técnicos, que a saber son persoal altamente cualificado, fan esta proposta, e fana eles que non a facemos nós. Dende logo o que lle podo asegurar é que a suxerencia do grupo de goberno non hai nin unha peseta de modificado, eso pódollo asegurar. Entón pois teremos que ter un Pleno extraordinario porque non podemos esperar ó Pleno do mes que vén, e inmediatamente terminado o Pleno, convocamos a estes dous directores de obra, que veña dos grupos políticos os que queirades, os portavoces ou como se queredes vir todos, non hai ningún problema e alí fáganlle, que eles lles expliquen os pormenores deste modificado e fáganlle vostedes as preguntas que queiran e as que lle dea a gaña, pero dende logo o que non vamos permitir é que haxa sombra de dúbida nun tema que o que queremos é facer unha gran obra para a provincia, pero sobre todo para o concello de Pontevedra. Sr. Mosquera, para unha gran obra que está facendo esta casa no seno do seu concello non caer encima e votarlle terra, é que vostede quere gañar todo, é dicir, quere levar a vaca e maila corda, e mire cando se vai a unha feira, eso era antes, na época dos tratantes, pero agora non se lle pode levar a vaca e a corda. Esta casa está facendo un esforzo tremendo para que luza o concello de Pontevedra e sobre todo para que teña unha infraestrutura de primeira magnitude a nivel cultural en todo o país galego, e resulta que esa infraestrutura curiosamente é no seu concello, e resulta que quen máis se vai lucrar en teoría son os cidadáns de Pontevedra capital, así que por favor, eu non lle pido que colabore connosco, pero é que encima que nos intente enmerdar, xa está ben, xa está ben. Presidente, eu solicito que se retire, que veñan os autores do proxecto modificado, que llo expliquen ós portavoces dos grupos políticos ou a quen queira vir da corporación, e a partir de aí convocase un Pleno extraordinario e sacámolo para adiante coas alegacións que sexan oportunas, e ademais alí poden debater con eles porque tecnicamente eu non lle podo dicir se a pedra x, dicían que na calle Amoedo coa calle Sierra o concello non deixou abrir esas referidas rúas, e que polo tanto eso dificulta facer o muro, eu eso non o sei, dino os técnicos, non o digo eu, e polo tanto que o digan diante de vostedes porque ó mellor seguro que eles teñen moita máis credibilidade que nós para vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Polo tanto se o grupo de goberno e máis a petición propia propón pois me parece razoable. Creo que non hai moito máis debate. Vostede quere debate, pero voulle aclarar unha cousa antes Sr. Mosquera, porque fixo así unha pequena insinuación, e non estou eu de acordo con ela, e á parte lle vou a reiterar. Mire, se alguén puxo empeño en poñer en marcha o do Museo, porque vostede criticaba aí, xa o dixo o outro día na comisión, na comisión reitora, de que se non queríamos comprar aí uns cadros ou algo así, eu ¿quere que lle recorde a cifra que pon a Deputación para a ampliación do Museo?, e que está facendo unha aposta decidida polo Museo de Pontevedra, polo tanto cando estamos falando dun diñeiro que figura no presuposto, creo que son dez ou quince millóns para comprar obras de arte, quero recordarlle que a Deputación de Pontevedra nestes dous, tres anos, pois vai a investir un total de 3.000 millóns das antigas pesetas no Museo de Pontevedra, en Pontevedra, por se olvidara a cifra, dos cales pois unha porcentaxe moi importante a pon a Deputación de Pontevedra, polo tanto se algunha referencia hai é precisamente que este goberno ten vontade decidida e así o está demostrando, de que esta cidade teña o maior referente cultural probablemente dentro do seu ámbito, de España. Que lle quede claro. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias. Vamos a ver, vostedes de verdade que teñen a santa virtude, comentaba cos compañeiros antes de vir ó, antes do Pleno, exactamente nesta dirección, teñen a santa virtude de que incluso o que se lle vota a favor, o que todos estamos de acordo, o que se lle pode recoñecer de estropealo e ás veces incluso por tonterías. Claro, vamos a ver, Sr. Crespo o outro día na comisión llo explicamos, parece mentira, parece mentira caer nunha trivialidade do seguinte calibre, o que dixen antes, e aínda por riba, e aínda por riba despois molestarse. Ou sexa, vostede o dixo o outro día na comisión e llo aceptamos como explicación, llo aceptamos, e resulta que collemos a proposta, que por certo está xa nos medios de comunicación, unha cousa que é lóxica e demais, e aparece única causa, única causa a muralla, como se fora, como se fora, oiga, manter o patrimonio é un fin dignísimo; e agora nos din, hai que adaptalo á normativa eléctrica, hai que cambiarlle a estrutura, hai que non sei canto, claro. Entón, por que nos mandan unha proposta que senón é falsa cando menos non se atén a verdade e nos din, é verdade, é que, de verdade, é que estropean as maiores tonterías, mire, a Resolución Presidencial na que mandan facer o modificado é absolutamente correcta, di que faga o complementario e o modificado, é absolutamente correcta. E despois a estropean, eu non lle voto a culpa a ninguén, que fora o Sr. Presidente ou o Sr. Crespo ou o que sexa, pero a estropean cunhas tonterías de tamaño reservado, unha tontería que agora é reservado, e agora nos din, retiramos o punto, é dicir, pero a ver, vamos a ver, non andamos fatal de prazos, entón ¿que me queren dicir?, ¿que nos queren dicir a todos?, que no próximo Pleno lle votemos a favor, que repito, non tiñamos ningún problema senón fora por esta chapucilla que fixeron, nada máis que por eso, e despois dicirlle, vamos facer un Pleno extraordinario, mire, agora nos van a pedir votar aquí algo que todos sabemos, que todos sabemos que non se vai poder executar ata finais de ano, ou sexa, ou está executado, entón é un recoñecemento extraxudicial de crédito, e non pasaría nada por levalo por esa vía, ou dificilmente se vai poder executar ata final de ano, e todos o sabemos, e agora din, vámolo a retrasar máis para que non cante nada que aprobamos un modificado, o certificamos a final de ano, entrou en vigor, verdade, dous días antes, e resulta que xustificamos tres millóns de euros ou dous e medio, verdade, de obra en quince días, home, ese é un recoñecemento extraxudicial, é que de verdade, cada paso que dan a van liando máis, é o único que lle estamos dicindo, recoñézano e punto, senón pasa nada, non pasa nada, e se excederon, é lóxico que se excederan e demais, pero despois de repente se lle di, mire fagan ben, o outro día na comisión se dixo fagan ben o expediente, hai uns gastos de exceso imputables a unhas cousas e outros a outras, fagan ben e xa está, vostede alí dixo a explicación non corresponde co expediente, ou sexa, corrixan e xa está, foi todo o que se dixo, se poñen nerviosisimos, de repente di, pois o retiro, xa o retiraron no Pleno pasado, pois non sei que vou facer, non pasa nada, é que a alguén lle vai a quitar á Deputación, este proxecto que viña xa do mandato pasado, que lograra da Consellería, do Ministerio de Cultura que é o que máis paga e demais, que se fixera este proxecto, ¿alguén lle vai quitar ese mérito?, xa o están quitando vostedes mesmos facendo estas chapucillas, que non chegan nin á categoría de chapuzas, porque as chapuzas normalmente intentas arreglalas, estas pequenas chapucillas, polo tanto parece francamente, francamente unha pataleta, ou sexa, unha pataleta, como fixen as cousas mal, e queren lucir que están ben feitas, pero se ninguén lle quita que é unha obra importantísima, ninguén llo quita, pero fagan esto decente, nada máis, non nos veñan, mire unha cousa, o dos muros e demais, hai cousas que son irritantes, se quere enséñolle alí centos de escritos, centos de escritos e de firmas das asociacións de veciños, de que ocuparon en Padre Amoedo cunhas vallas para facer os muros ata onde quixeron e o concello non lle puxo ningunha dificultade e aguanta o chorreo dos veciños porque están cortando e agora resulta que hai problemas, por favor, por favor, deso nada de nada, se lle deron todas as facilidades, se queren lle recordo todas dende o principio, todas dende o principio, todas as facilidades, como non podía ser doutra maneira por outro lado. E se houbo algún fallo pídese desculpas publicamente como teñen que facer vostedes con este expediente, se cometeron un erro, pero, é corrixíano dende o outro día, senón pasa nada, senón pasa nada, agora por se era culpa da muralla ou non era, fixeron ben o expediente ou non, unha pataleta deste calibre, eu de verdade, difícil de entender, francamente, francamente, teñen a responsabilidade de sacar esto adiante e non facer máis chapuza sobre chapuza, no sentido de que é un modificado que xa está feito, e polo tanto non é un modificado, que é outra cousa e demais, e entón eso vai cantar, e que non o vexa intervención do Ministerio ou da Consellería e diga, oiga, esto, ah, ah, ah, verdade, e digan os demais sáqueno adiante canto antes, sáqueno canto antes, alá vostedes, se non queren sacalo canto antes pois déixeno e demais. E mire, nós non vamos a montar ningún lio porque o expediente vaia regular ou mal, non vamos a montar ningún lio nin vamos a advertir a ninguén, nin vamos a montar, ningún, poden estar seguros que o que queremos é que a obra sala adiante, agora, fágano ben. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Juan Manuel Rey Rey. Sr. Rey Rey.- Si, nós aceptamos a retirada da orde do día, pero rogaríamos que agora que se amplía o prazo que se nos conteste á pregunta demandada e que o secretario certifique a relación de empresas subcontratadas. O que non entendín moi ben Sr. Crespo e se por estar en período electoral non estábamos lexitimados a facer preguntas ou se precisamente por estar en período electoral o Partido Popular e a Deputación non estaba obrigado a contestalas. Non din entendido cal era o seu criterio. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu creo que o tema está suficientemente debatido, simplemente unhas apreciacións. Vamos a ver, Sr. Mosquera, vostede gústalle tirar a pedra e cando a pedra non chega ó obxectivo que vostede pretende despois quere dicir que non tirou a pedra, mire, vamos a ver, nós estamos facendo un gran esforzo para que Pontevedra capital teña unhas infraestructuras de primeira en materia cultural e vostedes lexos de votarnos unha man para que con aquel insano orgullo de que eu creo que é xusto recoñecerlle ó "César o que é do César e a Deus o que é de Deus", e vostedes é que non queren recoñecer nada, primeiro, aceptan fatal a crítica, e despois encima que o seu grupo acepta fatal a crítica, encima non nos queren recoñecer nin o que facemos ben. E mire, co esforzo que fixemos no Museo de Pontevedra, económico por parte desta casa, non pode quedar ningunha sombra de dúbida en absolutamente ningún punto, e como non temos nada que ocultar por eso queremos que veñan os técnicos que foron os que pariron única e exclusivamente este proxecto de reformado, e expliquen os pormenores, porque xa está ben de querer enmerdar ó noso grupo de goberno, oe que a paciencia ten un límite, nós claro que queremos sacar esto o antes posible para adiante, xa se lle explicou a vostede na comisión informativa que independentemente de que os técnicos da casa redactaran con máis ou menos acerto o preámbulo desta proposta, dicía ben claro que a proposta ó Pleno, estaba ben claro, era, "prestar aprobación ó proxecto de modificado e ampliación da rehabilitación do Museo de Pontevedra, por importe tal", poñía ben claro o que aprobábamos, e o que aprobábamos non era a antesala, eso é como se vostede fai unha gran obra e resulta que no preámbulo, resulta que non está moi acertado, pois moi ben, mire, a exposición que se fixo por parte dos técnicos da casa podía ser francamente mellorable, pero o que realmente se está aprobando aquí é o modificado que é o proxecto que fixeron os técnicos. Polo tanto, os responsables, que non son os desta casa, que fixeron o modificado, que veñan aquí, non sei, creo que están a vir estes días, reunímonos con eles, e que nos expliquen polo miúdo absolutamente todo. E eso que lle dixen de Padre Amoedo e amais da outra calle, da calle Sierra, eu non llo digo eu, a min contáramo, porque eu non estou na obra, para eso hai os directores de obra, polo tanto non hai ningún tipo de problema, eu non digo que lle puxeran pegas dende o concello, dígolle que o muro que ía contra esas rúas levaba unha estrutura totalmente distinta que á hora de executalo non se puido executar como estaba no proxecto, por eso lle meten o reformado. E eso que llo expliquen eles e pregúntenlle vostedes todas as dúbidas que queiran, o que quero é primeiro que algo que creo que é tremendamente importante para Pontevedra capital, que encima de que facemos un esforzo, non só que non se nos recoñeza, que é o de menos, pero é que á parte de non recoñecelo encima nos quere deixar de trampulleiros, pero eso xa é o colmo, eso non vamos a pasar por iso. Presidente, para rematar solicito que se retire, que veñan os técnicos, que veñan os corporativos que queiran escoitar o que din, que lle pregunten o que queiran, e logo se realmente temos algo que esconder xa se verá, home, xa se verá, porque parece como que andamos xogando ó gato é o rato. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Crespo. Pois que se propoña xa incluso o día e a hora hoxe para ese tema. Sr. Mosquera ¿quere intervir outra vez?. Sr. Crespo Iglesias.- Non, eu creo que é mellor non debater máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Non, eu creo que está suficientemente debatido. Proponse en relación coa aprobación do proxecto modificado sobre a obra de ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento, que se reúnan neste caso baixo a coordinación do Sr. Crespo, os Portavoces dos outros grupos, os técnicos redactores do proxecto, os técnicos redactores da obra, así como a empresa para dar a explicación convincente e conveniente de todo eso, evidentemente sen a demora de prazos para non perder nin un euro, evidentemente, da subvención que temos concedida máis da dispoñibilidade económica que ten a Deputación xa neste proxecto. Retírase da orde do día para mellor estudo o asunto relativo á aprobación do proxecto modificado da obra de "Ampliación do Museo de Pontevedra e rehabilitación do Edificio Sarmiento". ------ Folla: 7.5458.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS CONTRA O ACORDO PLENARIO DE DATA 28 DE XUÑO DE 2006 POLO QUE SE RESOLVERON AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO DENOMINADO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 9107 VIRXE DAS MAREAS (O GROVE)" Sr. Presidente.- Punto número 7. Resolución dos recursos de reposición interpostos contra o acordo plenario de data 28 de xuño de 2006 polo que se resolveron as alegacións presentadas ó proxecto denominado "Terminación do ensanche da EP 9107 Virxe das Mareas (O Grove)". Senón hai intervencións procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria celebrada o 29 de marzo de 2006, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado "Terminación do ensanche EP 9107 Virxe das Mareas" (O Grove), que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 19.368,59 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 14.007,13 euros e capítulo de expropiacións por importe de 5.361,46 euros, así como a declaración de utilidade pública da obra e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens afectados. Someténdose a información pública dito proxecto, durante o período regulamentario, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 12 de maio de 2006 (BOP nº 91), no taboleiro de anuncios do concello de O Grove, en varios periódicos da localidade, notificándose ademais personalmente a todos os afectados a apertura do citado período de información pública, formuláronse unha serie de alegacións ó proxecto e ó expediente expropiatorio que conleva. Na sesión celebrada o 28 de xuño de 2006 o Pleno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra adoptou, entre outros, o acordo polo que se resolvían as alegacións presentadas durante o período de información pública, aprobábase definitivamente o citado proxecto e a relación de propietarios e bens afectados, ademais de declarar a necesaria ocupación destes últimos, acordo que se notifica personalmente ós propietarios afectados. En data 4, 9 e 11 de agosto de 2006, D. Gerardo Devesa Iglesias, D. Manuel Cao Pérez e Dona María Teresa e D. Miguel Pérez Barral, interpoñen en tempo e forma recurso de reposición fronte ó citado acordo plenario, recurso que é informado polo Servizo de Vías e Obras en data 6 de outubro de 2006. Á vista dos informes emitidos polo Servizo de Vías e Obras, e co fin de dar continuidade ó expediente expropiatorio derivado do citado proxecto, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1. Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por D. Gerardo Devesa Iglesias xa que a partir deste momento as actuacións do expediente expropiatorio entenderanse con Dona María Isabel Arnoso Lores, como propietaria do predio número 4 afectado polo expediente expropiatorio de referencia. En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 18 da Lei de Expropiación Forzosa acórdase a apertura de información pública durante un prazo de quince días en relación a Dona María Isabel Arnoso Lores, á que se lle dará traslado do trámite de audiencia. 2. Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Manuel Cao Pérez en base ós seguintes argumentos: a) En canto á presunta perda de edificabilidade que alega D. Manuel Cao Pérez cabe sinalar que, consultada a normativa urbanística aplicable, a parcela nº 3 da súa propiedade está incluída dentro do perímetro do solo urbano e regulada urbanisticamente: Réxime vixente: Ordenanza nº 1 "edificación en mazá pechada". Ordenanza Provisoria do Decreto 208/2002. Réxime establecido pola Lei 9/2002 e Lei 15/2004 para o solo urbano. Réxime novo planeamento (o 21 de decembro de 2004 o concello de O Grove aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal): Na cartografía que figura na aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal dita parcela figura como incluída dentro do solo urbano e regulada pola ordenanza "Edificación en mazá pechada". En consecuencia e como queira que para a concesión de calquera licenza se deberán cumprir as condicións da normativa vixente e non ir en contra das determinacións do Plan Xeral, a superficie mínima edificable, (segundo a ordenanza de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal-Ordenanza nº 1-Edificación en mazá pechada) é de 100 m2 e non de 200 m2 como alega o recorrente (polo que a presunta perda de edificabilidade non se axusta á realidade). En todo caso, de acordo co disposto nos artigos 29.1.g) e 24.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, cabe recordar que, no caso que o propietario desexase edificar ten a obriga de ceder os terreos necesarios para regularizar o viario debendo realizar á súa costa a conexión cos servizos existentes, de tal forma que a superficie neta (e non bruta) resultante de dita cesión debe cumprir en todo caso cos requisitos de edificabilidade, polo que non existiría perda da mesma como consecuencia da expropiación. b) En canto ás manifestacións relativas a que o ancho da rúa "en concreto na curva onde se sitúa a antiga casa do Conde" ...redúcese notablemente, cabe resaltar que tal circunstancia se debe, ope legis, a que o citado inmoble se atopa protexido polas Normas Subsidiarias do Concello de O Grove, como casa e finca singular (capítulo 12-Patrimonio Arqueolóxico, Arquitectónico, Artístico, Etnográfico e Cultural- Fichas nº 20 e 27 con nivel de protección estrutural e ambiental) e en consecuencia, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, "todos aqueles bens recollidos en catálogos de calquera figura do planeamento inclúense no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia", coas seguintes limitacións á hora de actuar sobre os mesmos. c) No que se refire ó prezo do terreo que discute o recorrente, esa cuestión queda diferida ó trámite procedimental oportuno, é dicir, á peza separada de xustiprezo. 3. Desestimar o recurso de reposición interposto por Dona María Teresa Pérez Barral e D. Miguel Pérez Barral en base ós seguintes argumentos: a) En canto ás alegacións relativas ás cuestións técnicas do proxecto, ("formulación artificiosa do proxecto de obra, diferentes anchos nos viais non xustificables, irregularidades no ancho das vías, trazado irregular dalgunhas curvas"), cabe sinalar que o mesmo se axusta á normativa urbanística aplicable; así a parcela nº 1 da súa propiedade está incluída dentro do perímetro de solo urbano e regulada urbanisticamente: Réxime vixente: Ordenanza nº 1 "edificación en mazá pechada". Ordenanza Provisoria do Decreto 208/2002. Réxime establecido pola Lei 9/2002 e Lei 15/2004 para o solo urbano. Réxime novo planeamento (o 21 de decembro de 2004 o concello de O Grove aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal): Na cartografía que figura na aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal dita parcela figura como incluída dentro do solo urbano e regulada pola ordenanza "Edificación en mazá pechada". En consecuencia e como queira que para a concesión de calquera licenza deberanse cumprir as condicións da normativa vixente e non ir en contra das determinacións do Plan Xeral, cabe resaltar que a ordenanza de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal- Ordenanza nº 1-Edificación en mazá pechada, establece, en relación ás alineacións que serán "as establecidas nos planos de ordenación. Para o presente caso, plano número 6.1.5. do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no cal se reflicten doce metros. Non obstante, ó ser unha estrada pertencente á Excma. Deputación Provincial, deberá solicitarse ante dito ente a pertinente alineación e autorización de obras"; é dicir, o proxecto respecta en todo caso a alineación mínima fixada na citada norma, circunstancia que, de acordo co disposto no artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, é de obrigado cumprimento para administración e particulares. A maiores e de acordo co disposto nos artigos 29.1.g) e 24.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, cabe recordar que, no caso que o propietario desexase edificar ten a obriga de ceder os terreos necesarios para regularizar o viario debendo realizar á súa costa a conexión cos servizos existentes, de tal forma que a superficie neta (e non bruta) resultante de dita cesión debe cumprir en todo caso cos requisitos de edificabilidade. b) Polo que se refire ó acordo do Pleno agora impugnado polo que se resolvían as alegacións presentadas e a súa presunta falta de motivación baseada en expresións tales como "Consideramos que non se tiveron en conta as alegacións que fan referencia á valoración", hai que recordar que en dito acordo, apartado e) dicíase literalmente que "En canto ás alegacións relativas á valoración dos bens e dereitos afectados non xa a prezo de mercado senón de compra", serán tidas en conta no trámite procedimental oportuno, a saber, na fase de xustiprezo", xa que nesta fase do procedemento expropiatorio o que se discute fundamentalmente é a necesidade de ocupación dos bens afectados e non a valoración dos mesmos, cuestión esta diferida, en caso de desencontro entre administración e expropiado, ó que no seu día decida o Xurado de Expropiación de Galicia. Así a declaración de necesaria ocupación supón concretar nuns bens determinados ou en parte dos mesmos, as esixencias da utilidade pública ou o interese social que lexitiman unha operación expropiatoria certa; por tanto autoriza a debater nese momento as posibles alternativas de ocupación de bens distintos ou noutros termos, unha localización diferente da obra ou servizos beneficiados pola causa expropiandi e de cuxa execución ou realización se trata. É por iso que o artigo 19 da Lei de Expropiación Forzosa sinala que "Calquera persoa .... poderá opoñerse por razóns de fondo ou de forma á necesidade de ocupación. Neste caso indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ó fin que se persegue", motivos que non se alegaron polos recorrentes. No mesmo sentido dispón o artigo 18 do Decreto de 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa que "Nos casos de oposición á ocupación .... por motivos de forma ou de fondo, deberán sinalarse os fundamentos da mesma e os razoamentos que poidan aconsellar a estimación como preferentes e convenientes ó fin da expropiación doutros bens e dereitos non figurados na relación publicada". Neste proxecto a necesaria ocupación dos terreos xustifícase pola necesidade de mellorar os anchos primitivos da EP 9701 Virxe das Mareas e así evitar, na medida do posible, os accidentes e a perigosidade que supón na actualidade para a circulación. A maiores, o feito de que dito vial serva de comunicación entre dúas importantes empresas conserveiras, supuxo que teña que soportar por un lado, un notable aumento do tráfico de vehículos, tanto lixeiros como pesados, e por outro a constante presenza de peóns que, ó atoparse cunhas deficientes condicións circulatorias, poñen en perigo a súa integridade física, circunstancia que con este proxecto se intenta evitar ou ó menos minimizar coa execución de dous carrís de circulación de 3,50 metros cada un, beiravías de 1 metro/aparcamento e beirarrúas de 1,80 metros. c) En canto ás manifestacións relativas ás "irregularidades no ancho das beirarrúas" que diminúe ata un metro na curva onde se atopa a antiga casa do Conde, tal circunstancia débese a que o citado inmoble se atopa protexido polas Normas Subsidiarias do Concello de O Grove, como casa e finca singular (capítulo 12-Patrimonio Arqueolóxico, Arquitectónico, Artístico, Etnográfico e Cultural) e en consecuencia, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, "todos aqueles bens recollidos en catálogos de calquera figura do planeamento inclúense no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia", coas seguintes limitacións á hora de actuar sobre os mesmos. En todo caso, o proxecto que actualmente se discute, con substantividade propia, contempla beirarrúas de 1,80 non por unha simple cuestión caprichosa senón para cumprir os requisitos que ó respecto esixe a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo: Disposicións sobre barreiras arquitectónicas urbanísticas). d) Na tramitación do presente expediente expropiatorio cumpríronse cada un dos requisitos que tanto a Lei de Expropiación Forzosa como o Regulamento que a desenvolvan esixen á administración expropiante; a saber, redacción do proxecto, apertura de información pública (artigo 18 da LEF) resolución das alegacións presentadas (artigo 20 da LEF), declaración da necesidade de ocupación, describindo os bens e dereitos a que afecta a expropiación e designando nominalmente ós interesados cos que teñan que entenderse os sucesivos trámites..., polo que "o vicio de nulidade por prescindir do procedemento" alegado polos recorrentes carece do mínimo rigor xurídico. ------ Folla: 8.5459.- MODIFICACIÓN DAS ANUALIDADES DE FINANCIAMENTO DAS OBRAS "EP 9305 VARIANTE DE PADRENDA (MEAÑO)" E DA "1ª FASE DA MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODAXE NA EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS" Sr. Presidente.- Punto número 8. Modificación das anualidades de financiamento das obras "EP 9305 variante de Padrenda (Meaño)" e da "1ª fase da mellora de trazado e capa de rodaxe na EP 9701 Baión-András". Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver Sr. Presidente, o punto da orde do día di "modificación das anualidades do financiamento", e mirando o expediente realmente o que se está planteando aí é que a primeira obra non se pode adxudicar este ano porque o concello de Meaño non o ten no planeamento urbanístico en vigor, polo tanto hai que esperar a que se aprobe unha modificación do planeamento, o planeamento novo que recolle a obra. E da segunda obra o que se di é que falta o estudio de impacto medio ambiental e a autorización da Xunta para a expropiación, polo tanto non se pode facer este ano, e entón o que se nos plantexa aquí non é unha modificación de anualidades, se nos plantexa que se pase ó orzamento do ano 2007, non, nós esto non o vamos avalar, vostedes van a facer o orzamento do 2007, méteno no orzamento e punto, se o plantexan así abstémonos. Sr. Presidente.- Como eran obras que tiñan anualidades, polo tanto, e como non se poden executar porque hai eses inconvenientes, o primeiro a autorización da comisión de urbanismo e o segundo o estudio de impacto ambiental e máis a urxente ocupación, pois estamos nese escenario, e polo tanto o que se plantea pois é totalmente razoable, independentemente do que vostede comenta da posibilidade de incluílo xa, que xa ten anualidades doutros anos, polo tanto non habería ningún problema, pero bueno, procedemos á votación do punto nº 8, ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE, o seguinte: - Modificar o financiamento do orzamento de contrata da obra "EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Variante de Padrenda)" por importe de 1.060.841,89 ¤ acordado polo Pleno en sesión de 29 de setembro de 2004, no sentido de que se fará con cargo ó orzamento de 2007. - Modificar así mesmo o financiamento do orzamento de contrata da obra "1ª fase de mellora de trazado e capa de rodaxe da EP 9701 Baión-András", por importe de 166.806,34 ¤, aprobado polo Pleno en sesión celebrada o día 26 de abril de 2006, no sentido de que se fará con cargo ó orzamento de 2007. ------ Folla: 9.5460.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DE DÚAS PARCELAS PERTENCENTES Á FINCA "GRANXA DE SALCEDO" (MISIÓN BIOLÓXICA) PARA A SÚA ULTERIOR PERMUTA CON OUTRAS DÚAS DE PROPIEDADE PARTICULAR Sr. Presidente.- Punto número 9. Aprobación definitiva do expediente de desafectación de dúas parcelas pertencentes á Finca "Granxa de Salcedo" (Misión Biolóxica), que neste momento está cedida ó Consello Superior de Investigacións Científicas, para a súa ulterior permuta con outras dúas de propiedade particular. ¿Hai algunha intervención?. Non habendo intervencións procedese á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial, de data 31 de maio de 2006, polo que se acordou iniciar o expediente para a desafectación de dúas parcelas pertencentes á Granxa de Salcedo (Misión Biolóxica) para a súa ulterior permuta con outras dúas de propiedade particular e a apertura do período de información pública por prazo dun mes, e polo que se facultou ó Ilmo. Sr. Presidente desta Corporación Provincial para a sinatura de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a efecto a permuta. Visto o informe emitido en data 6 de setembro de 2006 polo Encargado do Rexistro Xeral, polo que se acredita que durante o período de información pública non se presentaron alegacións ó expediente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade aprobar definitivamente o expediente para a desafectación das parcelas sinaladas coas letras A e B na medición topográfica realizada polo Servizo de Vías e Obras (obrante no expediente), cunha extensión -respectivamente- de 1.400 m2 e 750 m2 de propiedade provincial e pertencentes á finca denominada "Granxa de Salcedo" (Misión Biolóxica) e a que se refire ó acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial de data 31 de maio de 2006. ------ Folla: 10.5461.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUNHA PARCELA PROPIEDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NA PARROQUIA DE SAN MARTÍN, TERMO MUNICIPAL DE O GROVE, PARA A SÚA ULTERIOR PERMUTA POR OUTRA NO MESMO TERMO DE PROPIEDADE PARTICULAR Sr. Presidente.- Punto número 10. Aprobación definitiva do expediente de desafectación dunha parcela propiedade da Deputación Provincial na parroquia de San Martín, termo municipal de O Grove, para a súa ulterior permuta por outra no mesmo termo de propiedade particular. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial, de data 31 de maio de 2006, polo que se acordou iniciar o expediente para a desafectación dunha parcela sobrante na estrada provincial San Vicente do Mar-O Grove (pk 6+800) parroquia de San Martiño (O Grove) para a súa ulterior permuta con outras de propiedade particular e a apertura do período de información pública por prazo dun mes, e polo que se facultou ó Ilmo. Sr. Presidente desta Corporación Provincial para a sinatura de cantos documentos e escrituras sexan necesarios para levar a efecto a permuta. Visto o informe emitido en data 6 de setembro de 2006 polo Encargado do Rexistro Xeral, polo que se acredita que durante o período de información pública non se presentaron alegacións ó expediente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade aprobar definitivamente o expediente para a desafectación dunha parcela sobrante na estrada provincial San Vicente do Mar-O Grove (pk 6+800) dunha superficie de 514,44 m2 sita na parroquia de San Martín, termo municipal de O Grove, de propiedade provincial e a que se refire o acordo do Pleno desta Excma. Deputación Provincial de data 31 de maio de 2006, debidamente identificada no plano topográfico realizado polo Servizo de Vías e Obras, que forma parte do expediente. ------ Folla: 11.5462.- DISOLUCIÓN DO CONSORCIO URBANÍSTICO BARRO-MEIS E ACEPTACIÓN DA INTEGRACIÓN DOS BENS, DEREITOS E ACCIÓNS NO ORGANISMO AUTÓNOMO IPESPO Sr. Presidente.- Punto número 11. Disolución do Consorcio Urbanístico Barro-Meis e aceptación da integración dos bens, dereitos e accións no organismo autónomo IPESPO. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o informe do Secretario Xeral da Corporación Provincial de 19 de xuño de 2006, favorable á disolución do Consorcio Urbanístico Barro-Meis no que figura a Deputación Provincial de Pontevedra como entidade local integrante do mesmo; vistos así mesmo os acordos dos Plenos dos Concellos de Barro e Meis, nas sesións celebradas o 16 de agosto de 2006 e 25 de setembro de 2006, respectivamente, nos que acordan aprobar a disolución do Consorcio e a aceptación da integración dos bens, dereitos e accións no Organismo Autónomo IPESPO (Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo da Provincia de Pontevedra) e ós efectos de dar cumprimento ó preceptuado nos artigos 143 e 144 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e tendo en conta, así mesmo, o disposto nos artigos 107.1.k) e 2, e o 215.2.b) da citada Lei, e visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal o Pleno acorda por unanimidade, que supón a maioría absoluta, a disolución do Consorcio Urbanístico Barro-Meis e a integración dos bens, dereitos e accións no Organismo Autónomo IPESPO. ------ Folla: 12.5463.- CORRECCIÓN DE ERROS MATERIAIS NO ACORDO DO Pleno DE 15 DE SETEMBRO DE 2006, EN RELACIÓN CO CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA Nº 25 DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN, INCLUÍDA NO PPC/2006 Sr. Presidente.- Punto número 12. Corrección de erros materiais no acordo do Pleno de 15 de setembro de 2006, en relación co cambio de aplicación da obra nº 25 do Concello de Pazos de Borbén, incluída no PPC/2006. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade a adopción do seguinte acordo: Producíndose erros mecanográficos na transcrición da denominación do Plan, así como do número de obra, polo que se solicita o cambio de aplicación da obra nº 25 do Concello de Pazos de Borbén, incluída no PPC/2006, denominada "Ampliación Rede de Saneamento en Pazos", pola actuación complementaria "Ampliación Rede Saneamento en Nespereira", acordo número 6.5436, do Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión extraordinaria do día 15 de setembro do ano 2006, corríxese o mesmo, debendo figurar como nome do Plan "PPC 2006", onde dicía "POL 2006", e número de obra "25", onde dicía "640". ------ Folla: 13.5464.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE A SITUACIÓN DO RÍO UMIA Sr. Presidente.- Punto número 13. Moción do grupo provincial Socialista sobre a situación do Río Umia. Ten a palabra o Sr. D. Juan Manuel Rey. Sr. Rey Rey.- Si, ben como todo o mundo coñece, o río Umia vén de atravesar unha situación lamentable por mor de varios incidentes, non só un incidente pero o que basicamente podemos iniciar dende o incendio da factoría Brenntag. Eu quero denunciar a actitude partidista, a actitude demagóxica, e sobre todo quero dar a coñecer que ó Sr. Louzán sáelle moitísimo máis barato difamar e mentir que exercer o seu cargo de Presidente. Voume amparar para elo nos documentos que están feitos nesta casa, como son o estudio medio ambiental sobre o vertido no río Umia e o Plan estratéxico. Agradezo ademais que dende o grupo de goberno se demandara un exemplar máis que dispón alí o Sr. Durán, e un pouquiño pola dinámica da moción, gustaríame que cando aporte datos os consultara e cun asentimento de cabeza eu puidese continuar, porque para min a situación é grave, eu quérome amparar nos datos e en todas as declaracións que ten feitas ó longo deste tempo o Sr. Louzán, en realidade preferiría debater co Sr. Louzán porque é o destinatario último desta moción, pero bueno, ese elemento decídeo o grupo de goberno. Ós poucos días, ós poucos días do incendio en todos os medios, en todos os medios, polo menos os que teñen maior difusión no Umia, o Sr. Louzán destacábase cun titular que dicía, "o Partido Popular responsabiliza a Tobío do vertido por permitir que Brenntag se instalase junto al río. El Presidente de la Diputación D. Rafael Louzán instó ayer a la Xunta de Galicia para revisar las licencias que otorgan alcaldes como el de Caldas, que permiten la instalación de una empresa causante de un vertido en el río Umia". Eu quero facer agora chegar á opinión pública un documento que ata o de agora é inédito, é a primeira vez que o vamos a dar a coñecer, porque durante esta crise e outras seguintes non dispuxemos de tempo para andar perseguindo os trámites administrativos e si para votar unha man ós afectados e resolver os problemas. É un documento que ten saída da Xunta de Galicia o 17 do 12 do 2003, parece claro que non hai ningunha dúbida que é un período no que gobernaban vostedes, e ademais como este documento leva firma de persoeiros significados que ó final citarei, vai quedar moi clariño, e eu digo, como esto é certo, esto é un documento oficial, se vostede ten un mínimo de dignidade política debería pedir perdón, somentes nesa premisa, somentes se vostede ten un mínimo de dignidade política que eu teño as miñas dúbidas. Este documento, insisto que é de Augas de Galicia, di nos seus fundamentos de dereito, nos seus fundamentos de dereito, di que en base a unha lei que tamén promulgan vostedes, a Lei 8/1993, Reguladora da administración hidráulica de Galicia, correspóndelle a esta a ordenación e a concesión dos recursos hidráulicos en todas as concas interiores así como as autorizacións relativas ó dominio público hidráulico. Estas competencias serán exercidas polo Presidente de Augas de Galicia. Entón parece claro quen ten a responsabilidade, por lei, por lei Presidente. No expediente figura un informe técnico favorable emitido polo enxeñeiro técnico de obras públicas da Demarcación Sur de Augas de Galicia con data 7 de novembro do 2003, entre outras cousas di este técnico e os seus responsables políticos, "que non se considerou necesario o trámite de recoñecemento sobre o terreo", é un tema que ten a súa miga, non era necesario recoñecer sobre o terreo unha obra que potencialmente era clarísima e que o tempo demostrou a súa neglixencia. Pero tamén di, e esto é o que é claro, o que quero deixar moi claro, tamén di que con data 9 de setembro de 2003, segue sendo o período de goberno do Partido Popular, as datas son moi importantes, solicitouse un informe previo ó concello de Caldas de Reis, segundo o disposto no artigo 58.2 da Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, modificada despois por outra Lei, e no concello non se recibiu nada, nos negamos a esa ampliación, nos negamos. O concello non tivo responsabilidade ningunha, este é o documento, este é o documento, non estou inventando nada, esta é a realidade. A pesares deso, a pesares deso, na proposta de resolución de Augas de Galicia di, "autorizar á Brenntag", "autorizar a Brenntag", "autorizar a Brenntag", insisto, "para a execución de obras de substitución de depósitos na zona de policía do río Umia, no concello de Caldas", pero é Augas de Galicia Presidente, Augas de Galicia; entre outras cousas di, entre outras cousas di, este documento di que "a inspección e vixilancia das obras tanto na súa construción como no período de explotación, estarán a cargo do organismo autónomo Augas de Galicia". "Concédese a ocupación dos terreos de dominio público hidráulico que sexan necesarios para a execución das obras"; e as obras entre outras cousas eran construír dous depósitos de auga para o sistema contra incendios en zona de policía de cauces. Esto é, esto é no período de goberno do Sr. Tobío o único documento que vincula a unha administración, a unha administración con esa empresa, prégolle Presidente que pida perdón, prégolle que pida perdón. Pero non é só eso, non é só eso. Con posterioridade ó día seguinte desta falcatruada, insisto ademais tamén para un pouquiño, Brenntag instalouse hai 23 anos, moitos de nós non naceramos á política, hai 23 anos que se instalou alí. Ben, estes son datos, a vostede faille gracia, porque dende a súa responsabilidade que sobre un tema como este ría, ten, bueno, días posteriores, días posteriores di vostede, "la Diputación ya advirtió que se incumplía la norma", e vostede incluso fala de que é responsabilidade do alcalde a alta emisión de nitritos e de amónico. Prégolle ó Sr. Deputado que, Durán, que poña se fai o favor o estudo na páxina 238. Na páxina 238 di que hai un negocio familiar, non sei se vinculado pero con certa simpatía co Partido Popular, no concello de Meis, ponte Baión abaixo, que emite en nitritos a taxa legal multiplicada por 964, por 964 Presidente, se o Sr. Durán non ten interese en comprobalo, o dato in situ, teno memorizado, o sabe, agradézollo. Vamos, vostede pedíalle, demandáballe que por esta cuestión, dos nitratos, dos amonios, do BBO, dos sólidos en suspensión, que o alcalde de Caldas tivera, esto é Meis Presidente, esto é Meis Presidente, supoño que lle dirá o mesmo ó alcalde de Meis, ou é que os nitritos que se evacúan en territorio popular contaminan menos. Pero é que sobre o tema dos nitritos aínda en máis, pregaríalle se te
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota