Fondos
2006-12-27_Ordinaria. Acta de sesión 2006/12/27_Ordinaria
Acta de sesión 2006/12/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/2.2006-12-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/12/27_Ordinaria
Data(s) 2006-12-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e sete de decembro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Julio César García-Luengo Pérez, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Bernardo Sartier Boubeta, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. ------ Folla: 1.5487.- ACTAS ANTERIORES Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día, aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 3 de novembro e ordinaria do día 29 de novembro de 2006. Acórdase por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, extraordinaria do día 3 de novembro e ordinaria do día 29 de novembro, do ano 2006. ------ Folla: 2.5488.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número 2. Adhesión do concello de Vila de Cruces ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 22 de novembro de 2006, polo que se acepta a petición do Concello de Vila de Cruces, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo do Pleno do Concello de Vila de Cruces adoptado na sesión do día 26 de outubro de 2006, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Vila de Cruces ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. ------ Folla: 3.5489.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE POIO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR CEMITERIOS Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do concello de Poio a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa de cemiterios. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), de data 22 de novembro de 2006, sobre aceptación da delegación do concello de Poio para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por cemiterios, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por cemiterios, realizou o concello de Poio, por acordo do Pleno de data 26 de xullo de 2006, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 4.5490.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A DATA 31 DE DECEMBRO DE 2005 Sr. Presidente.- Punto número 4. Rectificación de Inventario de Bens e Dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra a data 31 de decembro de 2005. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria de data 28 de decembro de 2005, acordou aprobar a rectificación do Inventario Xeral de Bens e Dereitos desta Excma. Deputación Provincial a data 31 de decembro de 2004. O artigo 33 do R.d. 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais dispón que o inventario se rectificará anualmente, e nel deberanse reflectir as vicisitudes de toda índole sufrida polo conxunto de bens e dereitos durante esa etapa. Co fin de dar cumprimento ó disposto na norma antedita, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no Inventario durante o ano 2005. De conformidade co disposto no artigo 34 do citado Regulamento de Bens, o órgano competente para aprobar a rectificación é o Pleno da Corporación. En consecuencia, e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSOE e coa abstención do BNG, aprobar o expediente de rectificación do Inventario a data 31 de decembro de 2005, por un importe total de cincuenta e sete millóns oitocentos tres mil oitenta e seis euros con trinta e sete céntimos (57.803.086,37 ¤) co seguinte detalle por epígrafes: EPÍ-GRAFE BENS VALOR INVENTARIO 31/12/04 VALOR ALTAS ANO 2005 VALOR BAIXAS ANO 2005 VALOR INVENTA-RIO 31/12/05 1º Inmobles 44.095.628,99¤ 0 0 44.095.628,99¤ 3º Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico 3.542.087,44¤ 0 0 3.542.087,44¤ 4º Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 966.217,11¤ 0 0 966.217,11¤ 5º Vehículos 3.693.042,81¤ 140.308,90¤ 69.285,42¤ 3.764.066,29¤ 6º Semovientes 109.023,00¤ 0 0 109.023,00¤ 7º Mobles non comprendi-dos nos anteriores enunciados 5.167.853,22¤ 196.805,47¤ 38.595,15¤ 5.326.063,54¤ TOTAL 57.573.852,47 ¤ 337.114,37 ¤ 107.880,57¤ 57.803.086,37¤ ------ Folla: 5.5491.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2007 Sr. Presidente.- Punto número 5. Resolución de alegacións e aprobación definitiva do presuposto da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2007. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, hai unhas alegacións no sentido do fondo dos presupostos, pois son aspectos particulares e algunhas correccións, como resultado desas alegacións en relación á plantilla do Museo, pero nós mantemos a mesma posición en relación ó fondo da cuestión dos presupostos, non vamos a reproducir o debate, a nosa postura quedou moi clara, de todos os grupos, polo tanto cremos que sería improcedente reiterar o debate. O que quería facer mención é á actuación do Presidente desta Deputación en relación ós presupostos e a unhas declaracións parlamentarias. Por un lado, nestes presupostos como quedou claro no seu momento non hai absolutamente nada, nada, para paliar os efectos dos incendios e das riadas, unicamente os fondos da Deputación para vías provinciais que irán para riadas ou para outra cousa, supoñemos que vaian para os efectos das riadas nas vías provinciais, repito, non hai absolutamente nada contemplado, e sen embargo na súa comparecencia ante a comisión de estudo dos incendios o Sr. Presidente da Deputación dixo que si, que non tería ningún problema en meter fondos para paliar os efectos dos incendios, é así como, paliar ou prever para o futuro, facer prevención, meter cartos, o cal é así como bastante contraditorio, está moi ben, cousa que por outro lado se repite con respecto a un acto que sucedeu aquí nesta mesma sala cando se entregaron as medallas desta Deputación en que no seu discurso tamén o Sr. Presidente se comprometeu a facer todos os esforzos e implicar a esta institución para evitar e mellorar cara o futuro, meter fondos desta Deputación para prever os incendios ou para actuar nese campo, co cal hai declaracións neste mesmo salón, declaracións perante a comisión no Parlamento, en que o Presidente afirma e anuncia que se vai, que vai esta institución, vai meter fondos para eses fins, despois viñeron as riadas, que tamén supoñemos que na mesma liña, e sen embargo nos presupostos pois non se contempla nin un euro para estes fins, unha cousa é predicar e outra cousa é dar trigo, e parece que as contradicións tan flagrantes non lle preocupan ó Presidente desta Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, nós vamos a absternos na alegación e mantemos loxicamente o voto en contra no presuposto, polo tanto non vamos a intervir nada máis neste tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Bueno, dicirlle en relación ó Sr. Mosquera varias cousas, a primeira que os únicos que tomaron a iniciativa, sobre todo no último acaecido, en relación ás riadas, foi esta Deputación Provincial que como vostede sabe destinou de fondos propios unha partida próxima ós seis millóns de euros, inicial, para atender ás demandas máis importantes. Segundo, esta Deputación, levando a iniciativa de novo nese tema, concedeu 130 operarios a todos os concellos da provincia de Pontevedra que tiveron pois efectos importantes das riadas, como vostede ben sabe e lle foi comunicado a todos os concellos. Terceiro, a Deputación de Pontevedra ten un Plan de Acción Municipal para actuacións urxentes que é en relación ós estudos que se están facendo nas comarcas máis afectadas pois se destinará tamén diñeiro de aí, así procede precisamente dese tema de urxencia. En relación ó tema de incendios a Deputación de Pontevedra tivo uns gastos importantes que eu xa lle había comentado aquí a vostede un día, e polo tanto, bueno, non sei de onde saca vostede de que íamos a aportar, o que si lle dixen na comisión, bueno, nese paripé, ou nesa especie de burla de exculpación, exculpación de que todos tiveron culpa menos os que gobernan, esa é unha cousa inaudita pero pasa só en Galicia, pero pasou, ou sexa, pasou en Galicia e de que se culpa a todo o mundo menos ó goberno que son os que dalgunha maneira tiveron unha responsabilidade directa nesta materia e o cal pois como dixen antes é unha cousa inaudita que non pasou en ningún país democrático, pero bueno, aquí si pasan esas cousas, pero bueno, como xa lle deron carpetazo a ese tema para que dalgunha maneira non soliviantase máis ó persoal, eu o que dixen alí foi que a Deputación de Pontevedra tivo uns gastos importantes nesa materia, que os afrontou porque nós lle ofrecemos toda a colaboración que non pediron neste caso os que debían coordinar a loita contra incendios que non é outra que a Xunta de Galicia, e de aí que pois eses gastos xa son asumidos pola Deputación, tramitamos as axudas correspondentes, non sei se nos concederán algo ou nada, pero o que si está claro é que tomamos as medidas, que levamos a iniciativa e que damos resposta na medida das posibilidades ós problemas que se nos van planteando, por eso que non hai ningún tipo de incoherencia senón todo o contrario, que hai unha resposta clara e somos os que fomos capaces na medida das posibilidades de dar resposta a problemas que sucederon e non como outros que están aínda estudiando a ver como lle van a conceder as axudas, etc., etc., polo tanto eu nese aspecto non teño máis nada que añadir que o que acabo de dicir. ¿Se hai algunha intervención máis?, senón procedemos neste caso á votación deste punto, que era a resolución das alegacións e a aprobación definitiva do Presuposto da Deputación de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2006, acordou a aprobación inicial do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007, que inclúe o presuposto da Deputación e os dos seus organismos autónomos. Ditos presupostos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 230 de data 30 de novembro de 2006, inseriuse edito relativo á exposición pública dos citados presupostos, e que o prazo para efectuar reclamacións rematou o día 20 de decembro de 2006. Resultando que a Sección Sindical de CC.OO. da Deputación de Pontevedra, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, con data 20 de decembro de 2006 e con número de rexistro de entrada 40.238, formula reclamacións ó presuposto provincial do ano 2007, concretando as mesmas nas seguintes actuacións: A) Vías e Obras e Parque de Maquinaria.- 1. Compra de dous camións regadores. 2. Realizar obras no Parque de Maquinaria para acondicionamento de taquillas, servizos e duchas. 3. Obras de adecuación en terreo próximo ó Parque de Maquinaria. 4. Previsión orzamentaria para adquisición de teléfonos móviles ós conductores, persoal de mantemento e capataces. 5. Proporcionar teléfono-fax para os Parques Comarcais. 6. Dotar de consignación orzamentaria suficiente para o aboo de gardas ó persoal das Brigadas de Vías e Obras, así como para o incremento do importe das mesmas en día festivo. 7. Previsión orzamentaria para o aboo de gardas en situacións de emerxencia. B) Cidade Infantil Príncipe Felipe.- 1. Dotación orzamentaria para a posta en funcionamento da gardería na Cidade Infantil "Príncipe Felipe". 2. Provisión de postos de traballo do persoal educativo de día, cos de noite, polo sistema de concurso de méritos. C) Todos os centros.- 1. Previsión orzamentaria dun plan de emprego para o persoal auxiliar que promocionará a administrativo. D) Organismos Autónomos.- 1. Previsión de cantidade para realizar durante o ano 2007 a adhesión do persoal dos Organismos Autónomos ó I Convenio Colectivo da Deputación. 2. Previsión orzamentaria para aprobar a adhesión do persoal da Escola de Enfermería ó I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación. Resultando así mesmo que a Sección Sindical de CC.OO. da Deputación de Pontevedra, mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, con data 20 de decembro de 2006 e con número de rexistro de entrada 40.238, formula alegacións á proposta de adhesión do persoal dos organismos autónomos ó I Convenio Colectivo para Persoal Laboral da Deputación de Pontevedra, que afectan ó presuposto provincial do ano 2007. Considerando que ditas reclamacións non se fundamentan en ningunha das causas contempladas no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. Considerando o previsto no artigo 34-1 da Lei 9/87, de 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das Administracións Públicas, polo que quedan excluídos da obrigatoriedade de negociación as decisións das Administracións Públicas que afecten ás súas potestades de auto organización. Considerando o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. Vistos os informes sobre ditas reclamacións emitidos pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación e polo Sr. Interventor de datas 20 e 21 de decembro de 2006. O Pleno en virtude das atribucións que lle confire a artigo 33.2 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en conta do PSOE e do BNG: -Desestimar a reclamación efectuada pola Sección Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) da Deputación de Pontevedra, contra o acordo de aprobación inicial do presuposto da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2007, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 20 de decembro de 2006 co número 40.238 de entrada, polos seguintes motivos: -A alegación do apartado A.1 relativa á compra de camións para as brigadas, porque non é unha obriga esixible á Deputación en virtude de precepto legal ou de calquera outro tipo lexítimo. -As alegacións dos apartados A. 2 e 3. relativas ás obras de acondicionamento no Parque Central de Maquinaria (taquillas, servizos e duchas) por existir consignación para facer fronte a estas obras. -As alegacións dos apartados A. 4 e 5 por existir consignación para facer fronte a estes gastos e porque non é unha obriga esixible á Deputación en virtude de precepto legal ou de calquera outro tipo lexítimo. -As alegacións dos apartados A. 6 e 7, B.2, C.1 e D.1, por existir consignación para facer fronte a estes gastos, non estar contemplado o aboo de gardas en situacións de emerxencia no V Acordo Regulador nin no I Convenio Colectivo e porque non é unha obriga esixible á Deputación en virtude de precepto legal ou de calquera outro tipo lexítimo. -A alegación do apartado B.1 relativa a posta en funcionamento da gardería por existir consignación para facer fronte a este gasto e porque non é unha obriga esixible á Deputación en virtude de precepto legal ou de calquera outro tipo lexítimo. -A alegación D.2 relativa á falta de crédito para a negociación co persoal do Padroado da Escola de Enfermería para a súa adhesión ó I Convenio Colectivo do persoal da Deputación, porque o Padroado desta Escola ten a consideración dunha fundación pública de servizo, e como tal ten un réxime xurídico distinto ó dun organismo autónomo, non sendo de aplicación, en sentido estrito, o disposto na disposición transitoria terceira do I Convenio colectivo do persoal da Deputación. Así mesmo ó tratarse dunha escola universitaria e tendo en conta as funcións que realiza o persoal fixo é previsible que esta Escola se transfira á Universidade de Vigo, o que implica que a este persoal se lle aplique o convenio do persoal da Universidade e non o da Deputación, xa que podería dificultar a transferencia do mesmo. - Rectificar a relación de postos de traballo do organismo autónomo local "Museo Provincial" e subsanar os erros que figuran no presuposto para o exercicio 2007 aprobado inicialmente polo Pleno na sesión do día 29 de novembro de 2006, no que afecta á denominación e valoración económica dos postos de traballo obxecto de reclamación pola Sección Sindical de CC.OO. da Deputación de Pontevedra, a través de escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, con data 20 de decembro de 2006 e con número de rexistro de entrada 40.238. A efectos económicos, esta modificación supón un gasto de 173,32 euros para o que existe crédito nas correspondentes partidas orzamentarias do Organismo Autónomo "Museo Provincial" e afecta ós seguintes postos: A) ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL "MUSEO PROVINCIAL". 1.- Postos de traballo de nova creación: Suprímese a referencia ó Director Administrativo como persoal eventual ó crearse o posto de Director de Xestión como persoal laboral de alta dirección. 2.- Denominación de postos: Subsánanse os erros padecidos na denominación dos seguintes postos de traballo: -Auxiliar Técnico Gabinete Didáctico en lugar de Auxiliar Gabinete Didáctico. -Técnico Especialista en Montaxes en lugar de Encargado de Montaxes. -Encargado de Conserxería, Vixilancia e Servizos en lugar de Conserxe. 3.- Relación de postos; rectifícase o número total de postos por grupo de clasificación, quedando da seguinte forma: POSTOS DE TRABALLO POR NIVEL DE TITULACIÓN Nº POSTOS Grupo A.- Licenciado Universitario 11 Grupo B.- Diplomado Universitario 8 Grupo C.- Bacharelato, FP-II ou equivalente 8 Grupo D.- Graduado Escolar ou equivalente 7 Grupo E.- Certificado de Escolaridade ou equivalente 11 TOTAL.............. 45 4.- Relación de postos: Diferéncianse os ocupados por traballadores indefinidos, pola propia natureza do seu contrato e a situación en que se atopan. Na relación de postos de traballo do persoal laboral fixo do Museo figuran os postos de traballo que teñen tal condición, é dicir que son "fixos" e de carácter permanente, non obstante, algúns postos están ocupados por traballadores indefinidos, pero non fixos. 5.-Valoración económica: Rectifícanse as retribucións dos seguintes postos de traballo polos conceptos que a continuación se sinalan: a) Persoal laboral fixo. *Auxiliar Técnico Gabinete Didáctico -Pagas extras (xornada completa) 1.102,86 ¤ -Pagas extras (1/2 xornada) 551,43 ¤ -Complemento Destino (xornada completa) 2.475,72 ¤ -Complemento Destino (1/2 xornada) 1.237,86 ¤ *Carpinteiro -Responsabilidade 1.990,56 ¤ *Auxiliar Administrativo Secretaría -Responsabilidade 2.373,36 ¤ *Auxiliar de Biblioteca -Responsabilidade 2.373,36 ¤ b) Contratacións temporais. *Auxiliar Técnico Gabinete Didáctico -Pagas extras 919,05 ¤ -Complemento Destino (1/2 xornada) 20.063,10 ¤ B) ORGANISMOS AUTÓNOMOS 1.- Complementos persoais e transitorios: No presuposto existe consignación para o pago deste complemento a aqueles traballadores ós que resulte de aplicación. -Aprobar definitivamente o Presuposto Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2007, que comprende: -O Presuposto da Deputación, por importe de..... 148.972.000,00 Euros -O Presuposto dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros.............................................. 820.949,00 Euros -Museo Provincial.................................................. 3.201.820,00 Euros -Escola Universitaria de Enfermería................... 420.000,00 Euros -IPESPO ................................................................ 21.783.435,00 Euros -Turismo "Rías Baixas"........................................ 3.222.990,00 Euros -Caixa de Anticipos de Cooperación.................. 2.020.000,00 Euros -ORAL.................................................................... 6.285.000,00 Euros - O Presuposto Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .......................................................... 175.089.701,00 Euros -En Gastos ............................................................. 175.089.701,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Presuposto Xeral da Deputación e específicas dos organismos autónomos. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación e dos seus organismos autónomos, coa inclusión das modificacións reseñadas na relación ós postos de traballo do organismo autónomo "Museo Provincial". -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2007. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 10.500.000,00 euros, coas características que se sinalan nas bases de execución. - Apróbase autorizar ó organismo autónomo "Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)", a endebedarse por importe de 8.950.000,00 euros para financiar o seu plan de investimentos. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos presupostos indicados, que son o seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL..................................................... 31.151.982,00 ¤ Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS...... 16.103.596,00 ¤ Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS.................................................. 3.000.001,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................ 18.375.547,00 ¤ Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ............................................... 41.331.577,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................ 38.557.897,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ............................................... 240.400,00 ¤ Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ................................................ 211.000,00 ¤ TOTAL 148.972.000,00 ¤ ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS............................................. 10.437.160,00 ¤ Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS........................................ 10.781.470,00 ¤ Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS............................. 2.386.300,00 ¤ Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES........................ 97.030.720,00 ¤ Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS .................................. 1.533.050,00 ¤ Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS .. 1.206,00 ¤ Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL........................ 16.062.044,00 ¤ Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ....................................... 240.050,00 ¤ Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ........................................ 10.500.000,00 ¤ TOTAL 148.972.000,00 ¤ ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 371.000,00 ¤ Capítulo 2º.-........................................................................... 43.900,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 ¤ Capítulo 6º.- ........................................................................... 5.000,00 ¤ TOTAL......................... 420.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 76.000,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................... 338.900,00 ¤ Capítulo 5º.-........................................................................... 100,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 5.000,00 ¤ TOTAL......................... 420.000,00 ¤ INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 180.800,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 515.100,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 150.000,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 138.800,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 20.798.735,00 ¤ TOTAL......................... 21.783.435,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 4º.-............................................................................ 684.700,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 300.000,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 7.500.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 4.348.735,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 8.950.000,00 ¤ TOTAL......................... 21.783.435,00¤ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 312.576,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 344.266,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................... 91,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 97.016,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 67.000,00 ¤ TOTAL......................... 820.949,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 77.100,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................... 676.049,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 800,00 ¤ Capítulo 7º.-........................................................................... 66.000,00 ¤ TOTAL......................... 820.949,00 ¤ MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 1.553.270,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 849.950,00 ¤ Capítulo 3º.-........................................................................... 2.300,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 38.250,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 720.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 20.000,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 18.050,00 ¤ TOTAL......................... 3.201.820,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-.......................................................................... 8.251,00 ¤ Capítulo 4º.-........................................................................... 2.441.569,00 ¤ Capítulo 5º.-.......................................................................... 12.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 740.000,00 ¤ TOTAL......................... 3.201.820,00 ¤ TURISMO "RÍAS BAIXAS" Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 637.240,00 ¤ Capítulo 2º.-........................................................................... 1.858.150,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 615.000,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 74.500,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 8.000,00 ¤ TOTAL......................... 3.222.990,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 2.000,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 3.105.490,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 112.500,00 ¤ TOTAL......................... 3.222.990,00 ¤ CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 45.000,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 3.000,00 ¤ Capítulo 8º.-........................................................................... 1.972.000,00 ¤ TOTAL......................... 2.020.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 600,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 39.400,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 20.000,00 ¤ Capítulo 7º.-......................................................................... 600.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 1.360.000,00 ¤ TOTAL......................... 2.020.000,00 ¤ ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 3.986.500,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 1.721.900,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 40.000,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 10.600,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 465.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 61.000,00 ¤ TOTAL......................... 6.285.000,00 ¤ Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 4.447.000,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 1.087.000,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 225.000,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 525.000,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 1.000,00 ¤ TOTAL......................... 6.285.000,00 ¤ O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 38.238.368,00 ¤ Capítulo 2º.-............................................................................ 21.439.862,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 3.192.592,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 11.075.220,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 63.461.812,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 35.151.397,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 2.301.400,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 229.050,00 ¤ TOTAL......................... 175.089.701,00¤ Estado de Ingresos Capítulo 1º.-............................................................................ 10.437.160,00 ¤ Capítulo 2º .-.......................................................................... 10.781.470,00 ¤ Capítulo 3º.-............................................................................ 6.997.251,00 ¤ Capítulo 4º.-............................................................................ 97.203.835,00 ¤ Capítulo 5º.-............................................................................ 2.093.950,00 ¤ Capítulo 6º.-............................................................................ 7.501.206,00 ¤ Capítulo 7º.-............................................................................ 19.022.779,00 ¤ Capítulo 8º.-............................................................................ 1.602.050,00 ¤ Capítulo 9º.-............................................................................ 19.450.000,00 ¤ TOTAL......................... 175.089.701,00¤ ------ Folla: 6.5492.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE A GUERRA CIVIL Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a guerra civil. Sr. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, bos días, moitas gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, como o Pleno hoxe non ten moito contido, e dado o carácter histórico tamén da moción que ten algunhas fechas coas que quero ser riguroso, pois, se me permiten vou a dar lectura rápida e despois farei algunha matización, non sen antes dicir que bueno, que chegou ó meu poder, fai, ou sexa, cinco minutos antes de comezar o Pleno, unha contramoción do Partido Popular que dende logo vai en contra do espírito de como o Partido Socialista quixo tratar este tema. Eu xa o anunciei na comisión que creo que non debería ser unha moción nin do Partido Socialista nin do Partido Popular, senón que debía ser unha moción de todos aqueles que crean na liberdade e pasaron case dous meses e nos veñen agora con esta milonga de moción que á parte é inasumible, intragable e ata de mal gusto, pero bueno, se eso faremos mención cando vostedes a defendan que me imaxino que algún de vós fará ese papel. A moción di o seguinte: Fai 70 anos, o 18 de xullo de 1936, a provincia de Pontevedra ó igual que o resto do estado español, viviu o inicio do golpe militar contra o goberno da 2ª República instaurada en 1931. Un día antes en Melilla militares que foron leais ó goberno foron as primeiras vítimas mortais do fracaso inicial do golpe de estado tralo que España sufriu unha guerra civil longa e cruel nun momento moi decisivo para o mundo, o que fixo que o noso país fora sede da primeira grande batalla da II Guerra Mundial que destrozaría Europa. A nosa provincia e en xeral Galicia sufriu unha brutal represión, tanto durante a guerra como na postguerra que acabou con centos de vidas, as torturas foron terribles e moitisimas familias quedaron destrozadas para sempre, outras moitas se exiliaron e o medo aínda persiste en persoas maiores que viviron as atrocidades cometidas contra os seus familiares ou contra elas mesmas. Das persoas executadas, paseadas e desaparecidas, aínda hoxe en moitos casos descoñécese o seu destino e se ben producíronse moitos traballos de investigación histórica que veñen permitindo coñecer a realidade daqueles feitos non se ten reparado na dignidade daquelas persoas que sen cometer delito algún, polo só feito de permanecer fieis ós seus ideais e ó goberno elixido democraticamente, foron represaliadas ou asasinadas. Durante a ditadura franquista esta empeñouse en culpabilizar ós vencidos e en honrar ós vencedores, estes acusaban ós vencidos de actos delitivos que nin o eran nin os cometeron, o que aumentou a zozobra e sufrimento dos seus familiares que teñen visto como se ten honrado ós sublevados con honras e distincións, incluso con nomes de rúas e prazas, e polo contrario mantívose ós vencidos no obstacismo e no esquecemento polo só feito de permanecer leais ó goberno republicano. Afortunadamente hoxe, setenta anos despois, a situación é outra, a democracia está consolidada, estamos plenamente integrados en Europa, e ten triunfado a liberdade sobre a intolerancia. Soubemos pechar tan dramática etapa da nosa historia, co consenso que nos proporciona a Constitución de 1978, tal e como subliña o espírito da Lei 24/2006 de 7 de xullo, de declaración de 2006 como ano da memoria histórica, unha iniciativa que non pretende outra cousa que asentar con firmeza o noso futuro de convivencia en paz, honrando a quen dando a súa propia vida loitaron contra a ditadura en defensa das liberdades e os dereitos fundamentais das persoas. Polo exposto o Grupo Provincial Socialista propón ó Pleno a adopción dos seguintes acordos: 1º.- A Deputación de Pontevedra condena o golpe de estado de 1936, levado a cabo por un grupo de militares encabezado polo xeneral Francisco Franco, que acabou cun réxime democrático e supuxo que estivéramos corenta anos cunha ditadura cruel que afogou as liberdades en España. 2º.- O Pleno da Corporación provincial rende homenaxe e recoñecemento a todos os homes e mulleres que foron vítimas da guerra civil, a todos, de 1936-39, e posteriormente da represión franquista en defensa dos principios e valores democráticos así como de quen co seu esforzo a favor dos dereitos fundamentais, da defensa das liberdades públicas, e da reconciliación fixeron posible o réxime democrático instaurado coa Constitución de 1978 e apoiará cantas iniciativas neste sentido se produzan na provincia de Pontevedra. E, 3º.- A Deputación de Pontevedra eliminará dos seus edificios, caso de existir, calquera simboloxía do réxime franquista, así como dirixirase ós concellos da provincia solicitando a retirada dos edificios públicos de calquera símbolo de carácter fascista. Moi brevemente Sr. Presidente, se me permite, o motivo da presentación desta moción ten un carácter conciliador por encima de todo, pero se basa, se basa, en dous aspectos fundamentais, por un lado unha parte moral, non é só recuperar os corpos daqueles que están por aí enterrados nas cunetas, senón recuperar tamén a dignidade, a dignidade que perderon no seu momento e que agora creo que é o momento de saldar esa débeda histórica que este país ten con eses compatriotas e con esas compatriotas nosos. Esa parte moral e outra parte, hai unha parte legal, hai unha parte legal, o Parlamento Español aprobou unha Lei que declara o ano 2006 como ano da Memoria Histórica e eu, supoño que o coñecen, pero lle vou a dar lectura dun apartado da Lei que di, "los poderes públicos promoverán y apoyarán la celebración de actos conmemorativos que estimulen la reflexión sobre aquellos hechos y el recuerdo y el reconocimiento de la labor de aquellas personas, asociaciones e instituciones", é o segundo apartado dunha Lei que ten un artículo único, unha Lei aprobada polo Parlamento Español, onde reside a soberanía do pobo español, non me estou inventando absolutamente nada. En vista de que a Deputación Provincial estamos a final de ano e non fixo ningún recoñecemento nese sentido, que é un mandato dunha Lei, pois por eso o Grupo Socialista, sen ánimo de ter ningún protagonismo presenta esta moción, é a finais de ano, e bueno, que ó mellor había outra época máis aconsellable para traelo. Estamos no ano que se conmemora o 75 aniversario da II República española, nos guste ou non nos guste o antecedente democrático máis importante que tivo España ata os últimos anos, bueno, que digamos o proceso, o tempo de paz, liberdade e benestar máis longo, pero digamos que o antecedente máis inmediato a esa época de paz e liberdade tívoo na II República, e desde logo non se poden ver estas fechas, tamén estamos no 70 aniversario do feito digamos máis detestable e máis cruel, non sei se o outro está máis, pero polo menos tanto, que sufriu o pobo español, eu penso que en grande parte e da súa historia, como foi unha guerra civil onde se mataron irmáns contra irmáns. E dende logo o Partido Socialista non vai a ver esas fechas, nin o 75 aniversario da República, por moito que se empeñen vostedes, por moito que se empeñen e se empeñarán, nin o 70 aniversario da guerra civil, con ollos rebanchistas nin revisionistas, algo máis lonxe da nosa intención, pero si o queremos ver con ollos de reflexión, de concordia, de dignidade e sobre todo de honestidade, de honestidade, non tratar de facer unha lectura da historia, bueno pois interesada, e tampouco se trata evidentemente de revivir fantasmas de ningún tipo, é simplemente reflexionar sobre a historia, porque aqueles pobos que non reflexionan sobre a historia e que queren pasar páxina dunha forma rápida e pouco reflexiva, esa historia se suele repetir e dende logo do 36 ó 39 son anos que dende logo nadie supoño que seremos partidarios de que se repita. E a liberdade, compañeiros e compañeiras corporativos, a liberdade é algo que hai que mimar día a día, día a día, e o mero feito de tela pois bueno, pois nos ten que obrigar a coidala, a coidala, non nola poden roubar como lle fixeron ós nosos compatriotas fai 70 anos, cun golpe de estado cruel e sanguinario que fixo que España sufrira os 40 anos a longa noite de pedra máis oscura, máis cruel, máis sanguinaria e máis salvaxe que se poida imaxinar, non foi unha ditablanda, señores, foi unha ditadura con todas as da Lei. E é necesario facer xustiza, facer xustiza e recuperar a dignidade, a dignidade daqueles e daquelas compatriotas que soamente foron perseguidos, torturados ou asasinados en moitos casos simplemente por ter unha convicción, un ideal e que querían vivir en liberdade foran de dereitas, foran de esquerdas, foran nacionalistas, non foran nacionalistas, querían vivir en liberdade e en paz, ese foi o seu gran pecado, manter esa loita, e moitos non sabemos nin sequera onde están enterrados. Foron mártires dende logo baixo o punto de vista do Partido Socialista, foron mártires e sentaron as bases do que é hoxe o noso sistema de convivencia, e repito o que dicía antes, o máis longo que ten a historia de España de paz, de liberdade e de benestar social, pero para que esto ocorrera evidentemente alguén se deixou a vida, e incluso non sei se pode haber algo máis que a vida, no camiño. É necesario baixo o punto de vista do Partido Socialista saldar esa débeda histórica coa dignidade daqueles que sufriron 70 anos de esquecemento, e eso compañeiros e compañeiras corporativos nos vai a axudar sen lugar a dúbidas, sen lugar a dúbidas, a sentar a base moito máis sólida para que a reconciliación total e absoluta poida ser unha realidade. E nese sentido quero que vexan a miña moción, a nosa moción, e nese espírito así a presentei e así lle fixen a invitación naquela comisión informativa a que fora unha moción de todos aqueles que cremos e vivimos en liberdade, dereita, esquerda, nacionalista, non nacionalista, etc., etc., onde prime a forza da razón e non a razón da forza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Efrén. Ten a palabra o Sr. D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente. Señores e señoras Deputados, eu, bueno antes de nada efectivamente creo que xa o dixo o Sr. Juanes, o Grupo Provincial Popular vai a presentar axiña no punto que corresponde, no momento que corresponda na orde do día, unha moción sobre esta temática, supoño que ó Sr. Juanes non lle molestará que este grupo provincial presente lexitimamente como lle corresponde unha moción. Nós respectamos a que vostede plantexa, a que vostede defendeu en nome do Grupo Provincial Socialista pero a nós nos asiste o mesmo dereito a presentar outra, eu o que quixera era fuxir da tentación de abordar este debate dende o plantexamento que a veces cando escoitamos, concretamente cando lle acabo de escoitar hai escasos segundos, nos chega, e nos chega un plantexamento, e permítame que llo diga, dun certo maniqueísmo, porque dá a sensación que o Partido Socialista é o abandeirado, é o que esta sempre en punta e lanza defendendo unha serie de cuestións e que ó mesmo tempo os demais, nomeadamente o Partido Popular, pois está nas posicións contrarias, esa é unha eiva que teñen vostedes e que loxicamente en calquera manifestación en calquera intervención poñen de relevo non sei si pensan que ó facelo así poden acadar algún tipo de rendibilidade política, pero o que si é unha constante na súa actuación política, e xa digo o que quixéramos era que no debate se mantivera en termos, pois eso, de intercambios de plantexamentos e de puntos de vista, dende logo os seus van a contar con todo respecto pola miña banda, eu agardo que os meus tamén. Dende logo, o que si vou a fuxir é de facer ningún tipo de plantexamento sanguíneo, non sanguíneo, de acaloramento, senón sanguíneo, mencionar sangue, etc., etc., a Guerra Civil, aquela época, antes da Guerra Civil e despois, o que veu despois, foi sobre todo unha traxedia colectiva, foi un drama colectivo, e evidentemente sobre dramas colectivos de milleiros e milleiros de persoas en España, estamos falando agora, pero tamén nun momento da historia de Europa moi convulso, sobre dramas o que menos convén é tratar de mantelos vivos, mantelos recentes, mire unha cousa Sr. Efrén Juanes, aquí neste país se fixo algo aceptado, compartido, eloxiado por todo o mundo, algo modélico que foi a transición e a transición se fixo dende plantexamentos de concordia, dende plantexamentos de non poñer sobre a mesa cuestións dramáticas das que estamos falando, e o fixeron persoas que viviron na súa propia carne, moitos deles desgraciadamente polo transcurso destas últimas tres décadas xa non están entre nós, e o fixeron persoas que xa digo viviron na súa propia carne aquel drama colectivo, persoas, moitos deles exiliados, exiliados do seu partido político, do Partido Comunista, da Democracia Cristiana, etc., etc., de moitísimas, de moitísimas extradicións políticas, e sobre eso se construíu a sociedade democrática na que vivimos, sobre ese exemplo, sobre esa decisión, sobre a concorrencia de todas as forzas políticas que participaron naquel período, e sobre todo, e sobor de todo polo que é recoñecido por todos o auténtico protagonista da transición, e do que veu despois, e sempre o auténtico protagonista que foi o pobo, o pobo neste caso o pobo español, e nese pobo, nas persoas que o compoñen, nos homes e mulleres que o integran houbo xente que descendía ou que participou nalgún bando da Guerra Civil ou son familiares, ou descendentes, ou fillos de represaliados dun e outro bando, dun e doutro bando, e eso foi o que se intentou facer, e que o que se conqueriu, o que sucede é que, bueno pois como pasa sempre chegou un novo goberno, un goberno neste caso do Partido Socialista no ano 2004 e se empezou a poñer en marcha esto que se coñece ou se denomina a memoria histórica ou proceso da memoria histórica ou como lle queiramos chamar, e por algunha razón que ó mellor se nos escapa, pois vostedes levan dous anos tratando de esgrimir ese tipo de plantexamentos, tratando de desenterrar simbolicamente feitos, circunstancias, memorias, traxectorias, etc., etc., que despois do que pasou naquela época, despois, repito, daquel drama colectivo, mellor houbera sido que non se fixera nos termos que vostedes o plantexaron. ¿Por que? , hai xente que ten teorías de todo tipo, incluso dende un non superado trauma do actual Presidente do Goberno pola perda dun avó, que por suposto ten unha traxectoria militar que temos aquí e se fai falta bastante comprometida ou por outra serie de cuestións. Sr. Presidente.- Sr. D. Efrén, respecte a opinión do que está expoñendo o Sr. portavoz do Partido Popular, Sr. D. Efrén por favor respecte, siga Sr. Durán, por favor. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Eu dende logo mantiven todo respecto na intervención sanguínea do Sr. D. Efrén Juanes, e agardo que se manteña ese respecto na miña. E xa digo, e chegou o Partido Socialista e decidiu iniciar ese proceso, realmente fraco favor, ese proceso que vostedes iniciaron lle fan á causa da concordia que se puxo en marcha dende que comezou, dende o período da transición política. Nós á hora de condenar, e esa é unha das diferencias que temos respecto a vostedes, condenamos todas as ditaduras, todas, a moción nosa cando se debata engloba o que se trae aquí é o mesmo tempo o amplía, porque estamos ademais loxicamente nunha época que o debemos plantexar así, todas as ditaduras, todas as represións, todos, non as dunha parte contra outra e reitero traer a colación feitos e circunstancias, estou seguro, están superadas no senso de que é fundamental Sr. Juanes, mire é fundamental na vida perdoar, é fundamental na vida perdoar, e que despois de 70 anos daquel drama se pretenda reabrilo, se pretenda voltar a recordalo, a verdade é unha contribución nefasta do seu goberno do seu partido á causa da concordia, da concordia de todos, porque morreron, desgraciadamente, foron asasinados desgraciadamente naquel período persoas que militaban nun dos chamados bandos da Guerra Civil ou noutro e, bueno vostedes están nesa tesitura, eu a verdade é que o sinto, é que o sinto moito, sinto moito escoitalo nos termos que vostede o está plantexando, eu dende logo lle agradecería que nas súas sucesivas intervencións tivera presente estas cuestións: o drama colectivo, a circunstancia de que cando se condenan feitos e ditaduras hai que condenalas todas, non hai ditaduras boas e ditaduras malas, non hai ditaduras que sexan pro PSOE nin pro PP, pro PP dende logo non, pro PSOE non o sei, penso que non, quero afirmar aquí que non, e dende esa perspectiva nos gustaría continuar o debate, se vostede quere levalo por outros vieiros, por suposto que está vostede no seu dereito e evidentemente creo que non nos vai a levar a ningún punto digamos construtivo, pero en todo caso eso é a súa prerrogativa na súa intervención, máis nada, Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. José Juan Durán. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Realmente hai feitos neste Estado, nesta Nación bastante preocupantes non agora, senón que veñen de atrás, resulta que efectivamente houbo en toda Europa, e non só en Europa nunha determinada época histórica, pois un auxe das forzas ou dos movementos autoritarios, ditatoriais se se quere, pero despois sucedeu en Sudamérica, 40 anos despois, etc., e de aí hai unhas pautas comúns, eu creo que son perfectamente coñecidas e que non teñen nada que ver co discurso que temos que escoitar machaconamente por parte do Partido Popular, que se falar de cousas que pasaron fai 70 anos, vostedes están falando que se o Holocausto, que se Irán ou non fai unha convención para denegalo, para negalo etc. Pasaron moitas cousas e creo que a historia e a dinámica socio-política tanto mundial como en cada estado ou nación en particular, desa dinámica debe formar parte precisamente o coñecemento desa historia e ler esa historia á luz dos valores que naquel momento foron arrasados e que hoxe son plenamente minoritarios. En Alemania, en Alemania é delito denegar o Holocausto, negar que houbo a persecución e matanza de xudíos e de todo o que fora disidente, foran xitanos, esquerdistas ou doutro tipo, nin máis nin menos que delito, non por eso hai ningunha ferida, non por eso ningunha ferida, e os feitos son posteriores a eses que vostedes están. En Italia, creo que houbo un proceso histórico de depuración das responsabilidades do movemento fascista de Musolini, e teña en conta que tanto en Alemania como en Italia chegaron ó poder polas urnas, non por unha maneira violenta dando un golpe de estado, a violencia utilizárona despois desde o poder, utilizárona despois desde o poder, mesmo eso que vostedes tanto critican, e que nós tamén, mesmo a época estalinista foi xa depurada polo próximo réxime comunista en Rusia e despois hoxe sabe que practicamente varrido, negado e ocultado, sábeo perfectisimamente; en Portugal, ídem de lienzo, Portugal coa época, co fascismo salazarista, o mes, e incluso, máis recente e que podía abrir tantas feridas en Arxentina, a época do golpe de estado e da ditadura militar, e entón como, como pode ser que practicamente a totalidade dos países que sufriron unha vaga de fascismo ou unha ditadura comunista se quere vostede tamén, fixeron unha revisión, unha reactualización, unha relectura desa historia, desa historia, e non pasou nada nin pasa nada, e curiosamente e vostede o sabe perfectamente, remitíndonos, porque é o caso máis análogo ás ditaduras fascistas, os partidos políticos que se proclaman de dereita neses países son tan belixerantes con esa historia, renegan tanto desa historia, non vén ningún perigo de división nin de enfrentamentos porque esa historia se lea e se condene a parte negra dela, e non pasa nada, non pasa nada, haberá que pensar que hai dereitas modernas e outras dereitas que son un pelín menos, que son un pelín menos. Vostedes teñen un lastre, teñen un lastre que non lles convén en absoluto e llo digo con toda, dígoo preocupado polo que supón co paso dos anos, non se vai distanciando do asunto, que se senten como herdeiros dos vencedores daquelo, e dos vencedores daquelo non hai herdeiros, non hai herdeiros, señores do Partido Popular, non hai herdeiros, eso é orfo, unha ditadura é orfa, acaba en si mesma, e o único que pode quedar é analizar por que sucedeu para que non volva a suceder nunca máis, e, vamos, limpar ou renunciar ós seus crimes. E vostedes andan nesta Deputación, andan bailando, este marco, este marco neste aspecto é tremendamente sensible porque vostedes saben que aquí neste salón foi onde houbo o paripé de xuízo que rematou co asasinato de Alexandre Bóveda e doutras persoas, que nunca, que primeiro defendían os valores que vostedes deberían ser os que defenderan, exactamente os mesmos, e segundo nunca participaron en ningunha actividade que se poida pensar que os levaron a cometer ningún delito. E xa temos antecedentes aquí de montar unha bronca por parte do Partido Popular en opoñerse a facer ese recoñecemento de Bóveda, despois rectificaron, parece que neste mandato entraron así cunhas ínfulas, relativamente, verdade, distanciándose daquelo, cousa que creo que é bo para a sociedade e é bo para vostedes. O que pasa é que agora volven outra vez a funcionar a instancias e directrices de certos sectores do Partido Popular de Madrid, central, que me parece que é un error, un error absoluto, é un error absoluto pola súa parte, error absoluto, non hai, repito, no noso entorno europeo, ningunha forza política de dereitas, salvo que sexa claramente fascista ou neofascista, ningunha que teña ningún problema, ningún problema, senón todo o contrario, que non sexa belixerante cos movementos fascistas e coas ditaduras fascistas que existiron naquela época en Europa, ningún, nin Portugal, nin Italia, nin Alemania, nin Francia, nin Austria, nin nada que se lle pareza, ningún. ¿Cal é a diferencia?, que perderon a guerra mundial, ou sexa, ¿estas cousas van por vencedores e vencidos?, pero en Portugal, bueno, houbo a revolución dos cravos, pero, ¿que pasa?, ¿que ese é o problema?, ¿non é un problema de valores?, haberá que pensar que como perderon a guerra mundial ou a guerra europea entón renegan, e senón, se non perderon como pasou no caso español, entón, se agarran a, en fin, non defender abertamente pero polo menos non condenar aqueles rexímenes, sería bastante triste de pensalo, que a historia a escriben os vencedores, que eso xa se sabe, pero que vostedes se entenden como vencedores naquela, porque non foi unha guerra civil, foi un golpe de estado contra os ... houbera o bienio, chamado despois na historia o bienio negro, en que ganou o CEDA, como perdeu as eleccións fronte ás forzas naquel momento progresistas e de esquerdas, e entón se dou un golpe de estado, non houbo, como consecuencia do golpe de estado, como a República, bueno o réxime instaurado se defendeu, entón houbo unha guerra civil. Pero, falar de encontronazos, falar de non sei que, pois é o mesmo que ler a historia, é como dicir, é que non foron suficientemente bos, non, mire, había unhas forzas que fixeron unhas determinadas cousas que son inasumibles e polo tanto non hai máis que condenalas e punto, e punto, despois empezamos a falar doutras cousas, porque senón, bueno, en fin, non sei logo a que vén tanta laraca por exemplo con esto que acaba de facer Irán, perfectamente condenable, do holocausto tamén, non sei cantos anos, igual se reabren feridas. Temos unha dereita neste estado, neste estado, que se sente herdeira dos vencedores e creo que é un error profundísimo pola súa parte, é un error profundísimo e non é bo para ninguén, e non hai, non teñan medo a reabrir ningunha ferida, e que van alá setenta anos, e en países similares non pasou absolutamente nada. E se queremos falar de transición e demais, mire, naquel momento se houbo un pacto que era o único posible pois o houbo e está aí e punto, e punto, moi ben, foi o que se puido facer naquel momento, enténdase como solución brillante ou non brillante, brillante ou non brillante, pois mire, foi a solución que houbo. Pero noutros países que houbo solucións dese tipo posteriormente houbo a condena expresa dese tipo de valores, léase Arxentina ou léase Chile hoxe, houbo unha condena expresa, expresa, que se esas transicións feitas naquel momento, que era o único posible, seguramente para non ter un período terriblemente convulso, non quita que os valores sigan en pé e os valores creo que hoxe, onte e no futuro, é que ese tipo de actuacións son condenables e quen as sufriu, son defendibles, punto, non lle busque máis pés ó gato, non lle busque máis pés ó gato, non hai outra lectura, non lle busque máis pés ó gato, está sucedendo noutros países, incluso con feitos moito máis recentes, e non pasa nada, porque se vai a pasar algo, se vamos a ter que estar calados por defender uns valores claros e de convivencia, de liberdade, de todo tipo de liberdades e demais e pola contra calarnos porque senón non sei que pasa, entón ¿que estamos?, nunha democracia tutelada, ¿que pasa?, é que realmente non somos adultos a maioría e non está estabilizado, eso non está estabilizado, ¿calándose esto vaise ganar algo?, non, eu creo que todo o contrario, eu creo que é todo o contrario, e así, repito, o foron facendo practicamente todos, todos os países, nos que sucederon feitos históricos similares. Creo que montar este tipo de lios, sentirse tan sensibilizados, que é sesgar para un lado e para outro, para o demais, para o demais alá, creo que non é un bo camiño, non é un bo camiño e creo que é un lastre, que é se cadra máis do Partido Popular de Madrid, se cadra que de parte do Partido Popular galego, puxen antes uns feitos con respecto a Bóveda e podería poñer máis, que creo que non lles leva por bo camiño, desmarcarse absolutamente do período franquista como fixeron todos, repito, todos os partidos de dereita civilizada, europeos, sudamericanos, etc., creo que é o camiño, o camiño para calquera forza política que se declare democrática, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. D. Efrén Juanes. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Vou a ser moi breve. O Sr. Durán me pedía a min respecto, eu creo que a miña intervención se tivo algunha característica foi a de ser unha intervención absolutamente respectuosa, como non podía ser doutro xeito, evidentemente. Eu lle pido Sr. Durán que retire, que retire as referencias que fixo ó Presidente do Goberno, ós sentimentos que pode ter o Presidente do Goberno, e que actúa, é fruto dun trauma infantil pola morte do seu avó, e que entón actúa con vendetas. Sr. Durán, por favor, lle pido humildemente como cidadán deste país, xa non como compañeiro de partido do Presidente do Goberno, que retire esas palabras, por favor, por favor. Entrando na cuestión, mire, vostedes parece que poñen en dúbida que os españois somos maiores de idade, os españois e as españolas, somos maiores de idade, non quero repetir argumentos que dicía o compañeiro Mosquera, pero España ten moi asumido que a liberdade non vai a ter un paso atrás, que é absolutamente irreversible, é absolutamente irreversible, vostedes poñen en dúbida todo eso, poñen en dúbida a maioría de idade dos españois e das españolas, é un período da nosa historia que temos superado, pero eso non implica que non fagamos reflexión sobre el, que saldemos esas débedas que hai coa
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota