ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/02/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-02-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/02/27_Ordinaria

  • Data(s) 2004-02-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 27 de febreiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día vintesete de febreiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse os señores deputados, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste a señora deputada, Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11898.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de febreiro de 2004. ------ Folla: 2.11899.- AXUDA ECONÓMICA Ó CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR-FUNDACIÓN CETMAR Queda pendente de informe de Intervención a concesión dunha axuda económica ó Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR. ------ Folla: 3.11900.- CONCESIÓN DE AXUDA PARA PATROCINA-LAS ACTIVIDADES A DESENVOLVER CON MOTIVO DO CENTENARIO DA ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE PESCADOS E MARISCOS (ANFACO) Vista a solicitude formulada por ANFACO de data 26-01-2004 e vistos así mesmo o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario desta Excma. Deputación de data 06-02-2004 e o informe de Intervención de data 16-02-2004 no que se afirma que existe saldo de crédito dispoñible para esta finalidade, acórdase por unanimidade a concesión de axuda para as actividades a desenvolver con motivo do Centenario da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO) por importe de sesenta mil euros (60.000,00) con cargo á partida 04/711.711.489.01. ------ Folla: 4.11901.- SOLICITUDE DE CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO CONVENIO PARA O FOMENTO DA PESCA CONTINENTAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ENTRE ESTA EXCMA. DEPUTACIÓN E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Vista a solicitude formulada por D. José Antonio López Rodríguez, Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente de data 10-02-2004, visto así mesmo o informe do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario desta Excma. Deputación de data 19-02-2004 e de acordo coa cláusula sétima do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Excma. Deputación de Pontevedra para a mellora da Pesca Continental, acórdase por unanimidade concede-la prórroga para que sexa viable a execución da obra prevista en dito Convenio por un período de oito meses. ------ Folla: 5.11902.- RENUNCIA DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MULLERES "LÚA" DE BEMBRIVE-VIGO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la renuncia á subvención de trescentos euros (300,00) para "Curso de Internet" concedida por Comisión de Goberno de 30-05-02 á Asociación de Mulleres "Lua" de Bembrive-Vigo. ------ Folla: 6.11903.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vista a proposta que formula a Intervención desta Deputación de data 17 de febreiro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de trinta e tres facturas que figuran na referencia 200400000103 que importa un total global de dezaoito mil setecentos dez euros con trinta e sete céntimos (18.710,37), que comeza coa emitida por Martínez Souto, Ricardo, por importe de 442,68 euros e remata coa de Idisapapel - Inapa Distribución Ibérica (IDISA), por importe de 2.129,76 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de dezasete mil douscentos noventa e tres euros con noventa e nove céntimos (17.293,99), correspondendo a cantidade de 1.416,38 euros a descontos do IVE soportado deducible, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 7.11904.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES MORAIS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Banesto, por importe de douscentos sesenta e tres euros con vinte céntimos (263,20), para responder de: "REPOSICIÓN DE VALO PK 2,200 EP PONTE DO VAL-SABAXANES (MONDARIZ)", pertencente a Fondos Propios de 1994, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-06-94, segundo núm. 1994014776 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. J. J. GRADÍN, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Simeón, por importe de trescentos noventa e catro euros con setenta e nove céntimos (394,79), para responder de: "REPOSICIÓN DE OBRAS DE FÁBRICA NO LUGAR DE VÍAS EP MOSENDE-MORGADÁNS (GONDOMAR)", pertencente a Fondos Propios de 1994, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-10-94, segundo núm. 1994040393 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco Urquijo, por importe de catrocentos vinteoito euros con cincuenta e dous céntimos (428,52), para responder de: "OBRAS DA CUBERTA DA RESIDENCIA NO CASTELO DE SOUTOMAIOR (1994)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-01-94, segundo núm. 1995000017 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixagalicia, por importe de cento cincuenta e seis euros con vintesete céntimos (156,27), para responder de: "MELLORAS NO PECHE DO CASTELO DE SOUTOMAIOR", pertencente a 1994, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-11-94, segundo núm. 1994047903 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixavigo, por importe de mil cincuenta euros con oitenta céntimos (1.050,80), para responder de: "OBRAS VARIAS NO ENTORNO DO MUÍÑO DE SOUTOMAIOR, 2ª fase", pertencente a 1998, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-07-98, segundo núm. 1998031598 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixavigo, por importe de catrocentos cincuenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (456,66), para responder de: "OBRAS EN FINCA AREEIRO PARA INSTALACIÓNS DE GASES LABORATORIOS, SOLOS DO MESMO E ACCESO A OFICINAS", pertencente a 1998, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-02-99, segundo núm. 1999003189 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil setenta e tres euros con sesenta e catro céntimos (2.073,64), para responder de: "INSTALACIÓNS VARIAS E PINTADO DE SALAS PARA A BIENAL DE ARTE 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-07-02, segundo núm. 200200062560 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos setenta e nove euros con corenta e oito céntimos (2.379,48), para responder de: "ADAPTACIÓN DOS LOCAIS PARA SALAS DE EXPOSICIÓN DA BIENAL DE ARTE 2002 NO ANTIGO FOGAR PROVINCIAL", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-05-02, segundo núm. 200200044524 de operación, sendo indispensable para retirala a carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SEBAGASA .- A constituída en valores mediante aval de Crédito e Caución, por importe de cento corenta e nove euros con sesenta e catro céntimos (149,64), para responder de: "REGULACIÓN DE VELOCIDADE NO CRUCE PK 0,400 EP REDONDELA-CATAPEIXE", pertencente a Fondos Propios de 1997, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-04-97, segundo núm. 1997013128 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ Y HERMIDA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco Popular, por importe de mil seiscentos vintesete euros con setenta e seis céntimos (1.627,76), para responder de: "EP CALVARIO-A GARRIDA (VIGO)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-06-02, segundo núm. 200200050275 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CINOPSA, S.L. .- A constituída en metálico por importe de mil cento corenta euros (1.140,00), para responder de: "ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE EP MOSENDE-MORGADÁNS (PORRIÑO)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-05-03, segundo núm. 200300032348 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia, por importe de dous mil douscentos trinta e un euros con dezasete céntimos (2.231,17), para responder de: "BALIZAMENTO NA EP 5002 ACHAS-MOURENTÁN (A CAÑIZA)", pertencente ó Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico-2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-01-03, segundo núm. 200300000001 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DAGO,S.A. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V.A., por importe de catro mil catrocentos corenta e un euros con doce céntimos (4.441,12), para responder de: "MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NO ENTORNO DA IGREXA DE BAIONA-BAÍÑA-FONTES (BAIONA)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-05-02, segundo núm. 200200042971 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trinta e catro euros con seis céntimos (2.034,06), para responder de: "REPOSICIÓNS E REFORZO DO PAVIMENTO EP CALVARIO-GARRIDA (VIGO)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-10-02, segundo núm. 200200092822 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil cento trinta e tres euros con corenta céntimos (2.133,40), para responder de: "CONSTRUCCIÓN VALOS E BEIRAS EP LAMOSA-FRANQUEIRA (COVELO)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-09-02, segundo núm. 200200076867 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de cinco mil euros con corenta e dous céntimos (5.000,42), para responder de: "EP PO-7909 VINCIOS (GONDOMAR)", pertencente a Fondos Propios-1998, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-08-98, segundo núm. 1998040034 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banco Simeón, por importe de cinco mil corenta e seis euros con dez céntimos (5.046,10), para responder de: "EP 0201 Ponte Caldelas-BARBUDO (Ponte Caldelas)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-08-01, segundo núm. 2001041876 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil sesenta euros con setenta e tres céntimos (2.060,73), para responder de: "CONSTRUCCIÓN OBRA DE FÁBRICA NO REGATO DAS LAXES EP PORRIÑO-MOSENDE PK 1+560 (O PORRIÑO)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-12-02, segundo núm. 200200107092 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil douscentos noventa e oito euros con oito céntimos (2.298,08), para responder de: "ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN TRAMO NÚCLEO VILAMEÁN EP 3101 TEBRA-CRISTELOS (TOMIÑO)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-12-02, segundo núm. 200200107095 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de mil trescentos setenta e oito euros con dous céntimos (1.378,02), para responder de: "REPOSICIÓN DE SERVICIOS NÚCLEO DE SALCEDA EP 2501 SALCEDA-PICOÑA (SALCEDA)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-03-02, segundo núm. 200200028815 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Mapfre, por importe de oito mil trescentos sesenta e dous euros con noventa céntimos (8.362,90), para responder de: "EP LAMOSA-FRANQUEIRA-ACHAS (COVELO-A CAÑIZA)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-02-02, segundo núm. 200200014857 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MAQUINARIA ARTES GRÁFICAS-HARTMANN, S. A. .- A constituída en valores mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00), para responder de: "SUBMINISTRO DUNHA MÁQUINA DE IMPRESIÓN OFFSET CON DESTINO Á IMPRENTA PROVINCIAL", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-07-02, segundo núm. 200200055198 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. Así mesmo, dado que para a execución da obra "Pavillón Polideportivo Municipal de Tui", incluída no convenio de cooperación Xunta-Deputación sobre infraestructuras deportivas, o Concello de Tui procedeu ó ingreso de aval de CAIXANOVA por importe de 170.867,25 euros, mediante carta de pagamento con número de operación 200300024248, de 14-04-2003, xustificando así a súa aportación; visto o escrito remitido polo Concello de Tui, ó que acompaña copia da transferencia efectuada a favor da Deputación Provincial por importe de 170.867,25 euros, solicitando a devolución do aval depositado no seu día para responder da súa aportación á obra; e, visto o informe favorable emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade a devolución da fianza constituída polo Concello de Tui mediante aval de CAIXANOVA, segundo carta de pagamento con núm. de operación 200300024248 de 14-04-2003 para responder da súa aportación á obra de "Pavillón Polideportivo Municipal de Tui" ------ Folla: 8.11905.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE DE DESLINDE ENTRE OS TERMOS MUNICIPAIS DE BARRO E PORTAS (PONTEVEDRA) QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL DA CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL DA XUNTA DE GALICIA Faise constar en acta que ó iniciarse a deliberación deste asunto auséntase o señor deputado, D. José Antonio Landín Eirín, por ser parte interesada no mesmo. Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, pola que se remite expediente de deslinde entre os termos municipais de Barro e Portas (Pontevedra) e, Resultando que o expediente foi promovido polo Concello de Barro. Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe o día 20 de febreiro de 2004, no que manifesta que "... no existiendo más que antecedentes y deslindes contradictorios, y careciendo el Servicio de procedimientos ni mecanismos para dilucidar acerca de las divergencias que mantienen los Concellos de Barro y Portas, coincidimos con el criterio que establece el Instituto Geográfico Nacional en su escrito de fecha 07 de agosto de 2003." Considerando que o artigo 44 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece o procedemento a seguir nos casos de existencia de diverxencias entre os Concellos implicados en relación coa liña divisoria entre ambos. Visto o apartado terceiro do artigo 44 da Lei 5/97, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e remiti-lo acordo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. ------ Folla: 9.11906.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.11907.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.11908.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 12.11909.- APROBACIÓN DO INFORME DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO Consonte ó previsto no artigo 143, punto 1, da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, acórdase por unanimidade informar favorablemente a modificación dos Estatutos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, vistos os informes favorables do Vicesecretario e do Interventor, incorporados ó expediente. ------ Folla: 13.11910.- RECTIFICACIÓN DE ERRO EN SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA "A BARCAROLA" (CONCELLO DE PONTECESURES) De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la rectificación do acordo da Xunta de Goberno de 29-01-04 sobre renuncia de subvención de 450,00 euros concedida por Comisión de Goberno de 08-08-02 á Asociación Amas de Casa "A Barcarola" de Pontecesures, para un "Curso de xardinería" no senso de que dito acordo é de 08-08-03. ------ Folla: 14.11911.- APROBACIÓN DA MEMORIA VALORADA PARA A "REFORMA DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE O GROVE" Vista a Memoria Valorada para a "Reforma da Cuberta do Pavillón de Deportes de O Grove", cun importe que ascende á suma de 107.372,63 euros, IVE incluído, estando prevista a execución da mesma ó amparo do Convenio de Cooperación Xunta-Deputación sobre Infraestructuras Deportivas 2002-2006; e, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto a existencia de crédito dispoñible na partida 04/123.452-622.01, acórdase por unanimidade aprobar dita Memoria valorada polo referido importe. ------ Folla: 15.11912.- APROBACIÓN DO PROXECTO "URBANIZACIÓN ACCESO A CALVOS (FORNELOS DE MONTES)" Visto o proxecto de "Urbanización acceso a Calvos (Fornelos de Montes)", que remite ó Concello de Fornelos de Montes, con presuposto para coñecemento da Administración de 71.340,00 euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de contrata por importe de 69.020,00 euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 2.320,00 euros, realizándose a referida obra mediante convenio coa Deputación Provincial, que foi aprobado pola Comisión de Goberno de 30-01-2003, aportando cada organismo a suma de 35.670,00 euros; e, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto que na partida 511.511-612.02 do pasado exercicio existe saldo suficiente para atende-lo gasto e que unha vez aprobada a liquidación do orzamento do 2003 procederase á incorporación do remanente da citada partida realizándose o correspondente asento contable, acórdase por unanimidade aproba-lo referido proxecto por importe de 71.340,00 euros, IVE incluído, desglosado en presuposto de contrata por importe de 69.020,00 euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 2.320,00 euros. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición