Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-03-05_Ordinaria. Acta de sesión 2004/03/05_Ordinaria
Acta de sesión 2004/03/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-03-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/03/05_Ordinaria
Data(s) 2004-03-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 5 de marzo de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día cinco de marzo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse os señores deputados, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste a señora deputada, Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11913.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de febreiro de 2004. ------ Folla: 2.11914.- AXUDA ECONÓMICA Ó CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR-FUNDACIÓN CETMAR Vista a solicitude formulada por D. Amancio Landín Jaraiz, Director Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR. Vistos así mesmo os informes do Enxeñeiro Director do Servicio, da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños, e o informe económico favorable da Intervención, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica ó Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR (CIF: G-36885853), por importe de seis mil euros (6.000,00), para continuar co proxecto "Fichas País" de información e asesoramento sobre a situación dos países costeiros, con cargo á partida 711.711.479.01, do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 3.11915.- AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA MARÍA DEL PUERTO DE MARÍN (CIF: G-36.013.688) PARA A ADQUISICIÓN DUNHA FOTOCOPIADORA DIXITAL Vista a solicitude formulada por D. José Luis Santiago Pereira, Patrón Maior da Confraría de Pescadores Santa María del Puerto de Marín, os informes do Enxeñeiro Director e da Técnica do Servicio Agrario, e o informe económico favorable da Intervención núm. 200400016464 de data 27-02-2004, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á Confraría de Pescadores Santa María del Puerto de Marín (CIF: G-36013688), para a adquisición dunha fotocopiadora dixital, por importe de tres mil catrocentos oitenta euros (3.480,00), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 4.11916.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA Vista a proposta do Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA, para sufraga-los gastos dun ciclo de conferencias médicas e doutros sectores sanitarios en xeral, mediante a achega de DOCE MIL EUROS (12.000,00), e con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo, facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA Pontevedra, ....... de febreiro de 2004 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e D. Francisco Reyes Oliveros, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, con CIF Q-1568005-A e domicilio social en Durán Loriga, 10-2º, do Concello de A Coruña (15003). Ámbalas partes recoñécense plena capacidade para levaren adiante o presente convenio, e EXPOÑEN O obxecto do presente convenio é establece-las condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a fin de dar unha canle permanente e activa ás actividades culturais e científicas médicas, e, en xeral, das Ciencias da Saúde, en beneficio do pobo galego e fundamentalmente do da provincia de Pontevedra, impulsando e incrementando todo o referente á saúde. A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia impulsará a divulgación de todos aqueles coñecementos útiles para a cultura sanitaria da provincia de Pontevedra, mediante a organización e desenvolvemento de ciclos de conferencias médicas e doutros sectores sanitarios, así como colaborar naqueles informes do campo da saúde que lle solicite a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra está interesada en patrocinar e colaborar coa citada Real Academia no desenvolvemento do devandito programa. Por todo isto, ámbalas dúas partes deciden establecer un convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia comprométese mediante o presente convenio a: * Programar e realizar un ciclo anual de conferencias médicas e sanitarias en xeral, de tipo de divulgación, de actualidade e fundamentalmente de interese para a provincia de Pontevedra, a cargo de académicos numerarios e correspondentes da Real Academia, podendo achega-la colaboración doutros profesionais ou institucións profesionais e académicas das Ciencias da Saúde. * Impartiranse tres conferencias sobre temas de interese médico-social en cada unha das seguintes cidades: Pontevedra, Vigo, Lalín, Vilagarcía, Porriño e Tui. * Informarán sobre aquelas cuestións de tipo sanitario que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra lle encargue á Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. SEGUNDA.- A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia traerá, no seu caso, os conferenciantes que estime convenientes e segundo a temática do programa. TERCEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de doce mil euros (12.000,00) con cargo á partida 04/451.451.489.05 do vixente presuposto. CUARTA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a librar, a favor da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a cantidade de doce mil euros (12.000,00) que se ingresará na conta núm. 0072-0101-92-0000130704, ó remata-los ciclos de conferencias, previa xustificación dos gastos con facturas ou documentos semellantes. QUINTA.- Este convenio terá vixencia deica o 31 de decembro de 2004. SEXTA.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre os Ilmos. Sres. académicos ou profesionais que colaboren nas actividades culturais ou científicas da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir responsabilidade ningunha, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. SÉTIMA.- O presente convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas partes suxeitas á Xurisdicción Contencioso-Administrativa para a resolución de calquera conflicto que puidese xurdir na súa aplicación. Así o din e outorgan, no que se afirman e ratifican, asinando o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA REAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL ACADEMIA DE MEDICINA DE PONTEVEDRA, E CIRURXÍA DE GALICIA, Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Francisco Reyes Oliveros ------ Folla: 5.11917.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE "GASÓLEO A" PARA ABASTECE-LOS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2004 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que se solicita a contratación do subministro de Gasóleo A, para abastece-los vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2004. Visto o prego de cláusulas administrativas de data 1 de marzo de 2003, no que se recolle como obxecto de contrato o subministro de ata un máximo de 180.000 litros de Gasóleo A para abastecer a ditos vehículos e máquinas durante o período comprendido entre o 1 de abril ó 31 de decembro de 2004, o que foi informado polo Sr. Vicesecretario. Vistos así mesmo o documento RC de data 02-03-04 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 03-03-2004, acórdase por unanimidade aproba-lo expediente do concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro de "Gasóleo A" para abastece-los vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2004, por un tipo máximo de licitación de cento vintecatro mil novecentos vinte euros (124.920,00), para o subministro estimado de 180.000 litros de Gasóleo A, a razón dun prezo máximo de 0,694 euros/litro. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto con cargo á partida 04/511.511.221.03 e aproba-los pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 6.11918.- ACORDO DE PRÓRROGA PARA O ANO 2004 DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A ATENCIÓN DE MENORES Visto o escrito da Dirección Xeral de Familia polo que se remite o acordo de prórroga para o ano 2004 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Deputación de Pontevedra, para a atención a menores, e dado que o mesmo conta con informes favorables de Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica, Intervención e da Dirección da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", acórdase por unanimidade aproba-lo acordo de prórroga para o ano 2004 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a atención a menores, e autorizar ó Presidente para a súa sinatura. Dito acordo de prórroga é como segue: Con data do 23 de decembro de 2002 a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude asinou un convenio de colaboración coa entidade Deputación de Pontevedra. Dito convenio entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2003. A entidade dispón do seguinte centro dedicado á atención de menores: PRÍNCIPE FELIPE (DEPUTACIÓN). Avda. Montero Ríos s/n. Pontevedra. Na cláusula Décimo Sexta do convenio, establécese a posibilidade de prorrogarse o mesmo por anos naturais sucesivos, sendo revisada a contía convida conforme ó Índice de Prezos do Consumo da Comunidade Autónoma Galega do ano anterior e con efectos desde o transcurso dun ano desde a data da sinatura do convenio. A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral da Familia, ten asumido entre as súas competencias, segundo o artigo 5º do Decreto 195/2003, do 20 de marzo, a protección e tutela dos menores en situación de risco ou desamparo e a execución das medidas dictadas polos xulgados de menores nos termos establecidos na lexislación específica. Na súa virtude, e tendo en conta o importante labor que está a desenvolver esta Institución no eido da atención de menores, ámbalas dúas partes, no nome e representación en que concorren e coa capacidade legal para este acto, ACORDAN Primeiro.- Prorroga-lo convenio asinado o 23-12-2002, por un ano e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro do mesmo ano, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado ou as súas modificacións. Enténdese que esta prórroga queda condicionada á existencia de crédito orzamentario suficiente nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004. Segundo.- O importe do convenio previsto para o ano 2004, é de 514.057,08 euros, ó que haberá que engadir, unha vez coñecido, o importe do IPC galego do ano 2003. Este gasto financiarase con cargo á partida orzamentaria 14.02.212B.260. Terceiro.- Tódolos actos de trámite dictados no desenvolvemento desta prórroga do convenio de colaboración, entenderanse condicionados a que, unha vez aprobados os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no intre no que se produciron aqueles. E, en proba de conformidade, ámbalas dúas partes asinan este acordo de prórroga para o ano 2004, por cuadriplicado exemplar, no lugar e data abaixo indicados. Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2003 POLA XUNTA DE GALICIA POLA DEPUTACIÓN A CONSELLEIRA DE FAMILIA, PROVINCIAL DE PONTEVEDRA XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO Pilar Rojo Noguera Rafael Louzán Abal ------ Folla: 7.11919.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS RECOLECTORES, UN DE 6 M3 E OUTRO DE 14 M3 DE CAPACIDADE, PARA PRESTA-LO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO Aprobado pola Comisión de Goberno do día 9 de xaneiro de 2003 o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de dous vehículos recolectores, un de 6 m3 e outro de 14 m3 de capacidade, para presta-lo servicio de recollida de lixo, sendo o anuncio do concurso publicado no BOP núm. 17 e no DOGA núm. 19 de datas 27 e 29 de xaneiro de 2004, respectivamente; e vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas, subscrita pola mesa de contratación con data 16 de xaneiro de 2004, vista a proposta formulada pola mesa de contratación sobre os criterios de valoración das ofertas presentadas e admitidas ó concurso, de conformidade co informe técnico emitido polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de data 27 de febreiro de 2003, en relación con ditas ofertas, acórdase por unanimidade adxudica-lo concurso antes expresado co seguinte detalle: .- LOTE NÚM. 1: Adxudicar á empresa INTURASA-PÉREZ RUMBAO, S.A. (CIF-A-36.122.174) o subministro de "Un vehículo recolector de 6 m3 de capacidade", por importe de sesenta e cinco mil novecentos euros (65.900,00), IVE incluído, por resulta-la oferta que obtivo unha maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reuni-los requisitos esixidos en dito concurso. .- LOTE NÚM. 2: Adxudicar á empresa RENAULT TRUCKS ESPAÑA, S.L. (CIF-B-82.892.563) o subministro de "Un vehículo recolector de 14 m3 de capacidade", por importe de cento trece mil trescentos noventa euros (113.390,00), IVE incluído, por resulta-la oferta que obtivo unha maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reuni-los requisitos esixidos en dito concurso. O pagamento da expresada cantidade librarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 04/911.911.662.00.2003, do orzamento provincial. Os adxudicatarios dos lotes números 1 e 2 deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, polos importes de 2.636,00 euros no lote núm. 1 e 4.535,6 euros no lote núm. 2, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os adxudicatarios deberán ingresar na caixa desta Deputación, por cada un dos lotes números 1 e 2, as cantidades de 172,75 euros e 136,5 euros (total 309,25 euros) en concepto de gastos de anuncios nos BB OO da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 8.11920.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE POXA, DA OBRA "URBANIZACIÓN ACCESO A CALVOS (FORNELOS)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 30-01-2003, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Fornelos de Montes para a execución da obra "Urbanización do acceso a Calvos (Fornelos de Montes)", aportando cada organismo o 50% do seu orzamento; visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado en sesión celebrada o día 27-02-2004, polo que se aprobou ó proxecto correspondente a dita obra, con orzamento para coñecemento da Administración de 71.340,00 euros, IVE incluído, desglosado en orzamento de contrata por importe de 69.020,00 euros e honorarios de redacción de proxecto por importe de 2.320,00 euros, con cargo á partida 511.511-612.02 unha vez que se proceda á incorporación dos remanentes producidos no exercicio de 2003; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas, que rexerá na poxa estimándoo axustado á normativa vixente; e, visto o informe favorable de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, da referida obra cun orzamento de presuposto de licitación de 69.020,00 euros, IVE engadido. A obra obxecto da poxa financiarase con cargo á partida 511.511-612.02 unha vez incorporados os remanentes producidos no exercicio de 2003. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá na poxa a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio da poxa e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 9.11921.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "REFORMA CUBERTA DE PAVILLÓN DE DEPORTES DE O GROVE" Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado en sesión celebrada o día 27-02-2004, polo que se aprobou a memoria valorada para a "Reparación da cuberta do Pavillón de Deportes de O Grove", por importe de 107.372,63 euros, IVE incluído, con cargo á partida 04/123.452-622.01, estando dita obra incluída no convenio de cooperación Xunta-Deputación sobre Infraestructuras Deportivas 2002-2006, aportando ó Concello de O Grove a suma de 35.432,97 euros que xa foron transferidos a esta Deputación; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente; e, visto o informe favorable de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra cun orzamento de licitación de 107.372,63 euros, IVE incluído. A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 04/123.452-622.01 do vixente orzamento provincial. Así mesmo, expóñense ó público a memoria valorada e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 10.11922.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acordase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: SPICA, S.L.- SISTEMAS AUDIOVISUALES .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de MIL TRESCENTOS NOVENTA E DOUS EUROS (1.392,00), para responder de: "ALUGAMENTO DIVERSOS EQUIPOS AUDIOVISUAIS NECESARIOS PARA COMPLEMENTAR OU FORMAR PARTE COMO INGREDIENTE ESENCIAL DAS CREACIÓNS DE VARIOS ARTISTAS DA XXVII BIENAL DE ARTE DE PONTEVEDRA ANO 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-07-02, segundo núm. 200200059090 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL,S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de SETECENTOS SESENTA E OITO EUROS (768,00), para responder de: "SUBMINISTRO DE 800 M3 (1.280 TM.) DE AREA LAVADA TIPO ENTREFINA DE XINZO PARA O CAMPO DE FÚTBOL DE PRÍNCIPE FELIPE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-03, segundo núm. 200200010383 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COMERCIAL VAZPE, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de MIL NOVECENTOS DEZASETE EUROS CON VINTETRÉS CÉNTIMOS (1.917,23), para responder de: "SUBMINISTRO DUN TRACTOR LIMPAPRAIAS DE MARCA JOHN DEERE, CON LIMPA-PRAIAS DE MARCA HILOVISA-TAURO, MANCOMUNIDADE DO SALNÉS", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-09-94, segundo núm. 1994033277 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS TRINTA E NOVE EUROS CON CORENTA CÉNTIMOS (2.339,40), para responder de: "REPARACIÓN DO PARQUE COMARCAL DE LALÍN", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-10-02, segundo núm. 200200089716 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de MIL SEISCENTOS SETENTA EUROS CON SESENTA E OITO CÉNTIMOS (1.670,68), para responder de: "REPARACIÓNS VARIAS EN DIVERSOS CENTROS DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-02, segundo núm. 200200102699 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de CATRO MIL CENTO SESENTA E DOUS EUROS CON CINCUENTA E SEIS CÉNTIMOS (4.162,56), para responder de: "UNIDADE DE CONVIVENCIA NÚM. 4 DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL AGARIMO DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-07-02, segundo núm. 200200057004 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS SESENTA EUROS CON CINCUENTA E UN CÉNTIMOS (2.260,51), para responder de: "SELADO DE APLACADOS DE GRANITO E LADRILLO CARA VISTA EN FACHADAS DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-04-02, segundo núm. 200200033652 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de MIL SEISCENTOS CORENTA E SETE EUROS CON TRINTA E SETE CÉNTIMOS (1.647,37), para responder de: "REFORMA DOS MÓDULOS 6-8 DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL AGARIMO PARA ADAPTACIÓN COMO ROUPEIRO E SALA DE XOGOS NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-10-02, segundo núm. 200200087406 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de MIL CATROCENTOS NOVE EUROS CON SESENTA E CATRO CÉNTIMOS (1.409,64), para responder de: "PINTURA EXTERIOR DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-11-02, segundo núm. 200200096692 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDEZA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do Bco. Pastor, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS VINTECINCO EUROS CON SETENTA E DOUS CÉNTIMOS (2.325,72), para responder de: "REPOSICIÓN DE SERVICIOS EP 1102 MEIRA-FRAGA (MOAÑA)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-10-02, segundo núm. 200200090975 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COPEL-CONSTRUCTORA OBRAS PÚBLICAS DO DEZA,S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de NOVECENTOS OITENTA E UN EUROS CON NOVENTA E OITO CÉNTIMOS (981,98), para responder de: "EP MACEIRA-ALBARELLOS (DOZÓN)", pertencente a Fondos Propios de 1999, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-04-99, segundo núm. 1999015302 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COPDISA- CONSTRUCCIONES Y PAVIMENTOS DIVERSOS, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Central Hispano, por importe de TRES MIL SEISCENTOS TRINTA E SETE EUROS CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (3.637,43), para responder de: "EP RÚA DE LUGO (CANGAS)", pertencente a Fondos Propios de 1995 e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-06-95, segundo núm. 1995023139 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NAROM, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do BBV, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS DOCE EUROS CON NOVENTA CÉNTIMOS (2.312,90), para responder de: "EXECUCIÓN DE CUNETA REVESTIDA EN EP 9405 ACCESO A ARMENTEIRA (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-11-02, segundo núm. 200200096767 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do BBV, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS CORENTA E TRES EUROS CON TRINTA E UN CÉNTIMOS (2.343,31), para responder de: "VALOS DE SOSTEMENTO EN COUSO E VILAR EP 9405 ARMENTEIRA-MEIS", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-11-02, segundo núm. 200200096763 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. .- A constituída en valores mediante aval do BBV, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS CORENTA E TRES EUROS CON NOVENTA E DOUS CÉNTIMOS (2.343,92), para responder de: "MELLORA E DRENAXE LONXITUDINAL E REPOSICIÓN DE SERVICIOS EN EP 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-11-02, segundo núm. 200200096435 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do B.B.V., por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS OITENTA E DOUS EUROS CON SETENTA E OITO CÉNTIMOS (2.282,78), para responder de: "VALOS EN CABEZA DE BOI (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-09-02, segundo núm. 200200075906 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico por importe de TRESCENTOS TRINTA E NOVE EUROS CON OITO CÉNTIMOS (339,08), para responder de: "AMPLIACIÓN LOTE 8 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-10-02, segundo núm. 200200086806 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, SL (ADXUDICATARIO POR CESIÓN DE URYCON, S.L.) .- A constituída en valores mediante aval de Caja Madrid, por importe de TRES MIL SEISCENTOS SEIS EUROS CON SETE CÉNTIMOS (3.606,07), para responder de: "VARIANTE DE PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 1994, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-12-94, segundo núm. 1994052130 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caja Madrid, por importe de MIL OITOCENTOS SESENTA EUROS CON SETENTA E TRES CÉNTIMOS (1.860,73), para responder de: "PECHAMENTOS NO PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 1995, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24-01-96, segundo núm. 1996000757 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL SETECENTOS TRINTA E DOUS EUROS CON SESENTA E NOVE CÉNTIMOS (1.732,69), para responder de: "VALOS E PECHAMENTOS EP 1304 BUEU-IGLESARIO DE CELA (BUEU)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-05-02, segundo núm. 200200043109 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS SESENTA E SEIS EUROS CON OITENTA E SETE CÉNTIMOS (2.266,87), para responder de: "ACONDICIONAMEN-TO VÍAS PROVINCIAIS EN CAMBADOS (CAMBADOS)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-01, segundo núm. de operación 200100063395 (SIC 2001068612), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caución e Crédito, por importe de TRES MIL SETECENTOS OITENTA E TRES EUROS CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (3.783,43), para responder de: "EP MEIRA-FRAGA (MOAÑA)", pertencente a Fondos Propios de 1993, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20-05-93, segundo núm. 1993007802 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES,S.A. (COVSA) .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V., por importe de DOUS MIL SETENTA E UN EUROS CON CINCO CÉNTIMOS (2.071,05) EUROS, para responder de: "VALOS E DRENAXES NA EP 1201 MARÍN-PENIZAS (MARÍN)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-01-02, segundo núm. 200200004208 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V., por importe de DOUS MIL DEZASETE EUROS CON TRINTA E DOUS CÉNTIMOS (2.017,32), para responder de: "PAVIMENTACIÓN EP 1201 MARÍN-PENIZAS (MARÍN)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-01-02, segundo núm. 200200004207 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval do Banco Pastor, por importe de TRES MIL DOUSCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON SESENTA E SETE CÉNTIMOS (3.296,67), para responder de: "PO-7203 SOUTELO-COVAS E RAMAL MAGDALENA (FORCAREI)", pertencente a Fondos Propios de 2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11-09-00, segundo núm. 2000046359 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de ACC. SEGUROS., por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS SESENTA E SEIS EUROS CON DOCE CÉNTIMOS (2.266,12), para responder de: "ROTONDAS EN MOSTEIRO (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-02-01, segundo núm. de operación 200100001944 (SIC 2001003008), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixa Vigo e Ourense, por importe de CORENTA E NOVE MIL CORENTA E OITO EUROS CON CORENTA E UN CÉNTIMOS (49.048,41), para responder de: "ENSANCHE E MELLORA EP 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-10-00, segundo núm. 2000051169 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V. Argentaria, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS DEZASETE EUROS CON TRINTA E TRES CÉNTIMOS (2.317,33), para responder de: "MODIFICADO NÚM. 1 PONTE SOBRE O RÍO QUIREZA E.M. DEVESA LAXOSO (CERDEDO)", pertencente a Fondos Propios de 2000, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-02-01, segundo núm. 2001002921 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V., por importe de DOUS MIL TRINTA E UN EUROS CON SETENTA E CATRO CÉNTIMOS (2.031,74), para responder de: "PAVIMENTACIÓN CARRIL BICI ACCESO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA, TRAMO I, PK 0+00/2+100", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-09-02, segundo núm. 200200074891 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V., por importe de DOUS MIL CENTO SETENTA E TRES EUROS CON SETENTA E SEIS CÉNTIMOS (2.173,76), para responder de: "PAVIMENTACIÓN CARRIL BICI ACCESO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA, TRAMO II, PK 2+100/4+250", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-11-02, segundo núm. 200200096437 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de B.B.V., por importe de MIL SETECENTOS SETE EUROS CON DEZANOVE CÉNTIMOS (1.707,19), para responder de: "MELLORAS SEGURIDADE VIAL EP BARRANTES-ARMENTEIRA (MEIS)", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24-10-02, segundo núm. 200200091626 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de DOUS MIL TRESCENTOS DOCE EUROS CON OITENTA E CINCO CÉNTIMOS (2.312,85), para responder de: "INSTALACIÓNS XERAIS PARA A COCIÑA E COMEDOR DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-10-01, segundo núm. de operación 200100053816 (SIC 2001058468), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FICHET SISTEMAS Y SERVICIOS, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Argentaria, por importe de TRES MIL TRESCENTOS DEZASEIS EUROS CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (3.316,43), para responder de: "INSTALACIÓN DE MEDIDAS DE SEGURIDADE E CONTRA INCENDIOS NO CENTRO RESIDENCIA FOGAR DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 1998, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28-12-98, segundo número de operación 1998065748, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de MIL CATROCENTOS SESENTA E TRES EUROS CON SESENTA E TRES CÉNTIMOS (1.463,63), para responder de: "ACONDICIONAMENTO DE LOCAIS NA 2ª PLANTA ESQUERDA DA RESIDENCIA FOGAR PARA A SÚA ADAPTACIÓN COMO ROUPEIRO NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18-10-02, segundo número de operación 200200089857, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Sogarpo, por importe de DOUS MIL DOUSCENTOS TRINTA E CINCO EUROS CON SESENTA E CATRO CÉNTIMOS (2.235,64), para responder de: "SELADO DE APLACADOS DE GRANITO E LADRILLO CARA VISTA EN FACHADAS EXPOSTAS O S.O. DO EDIFICIO DE MATERNAIS DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-04-02, segundo número de operación 200200035189, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES SILVA Y GONZÁLEZ, S.A. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CATROCENTOS SESENTA E SEIS EUROS CON DOUS CÉNTIMOS (1.466,02), para responder de: "ACONDICIONAMENTO DE DESPA-CHOS E SALA DE VÍDEO NA PLANTA BAIXA ESQUERDA DO CENTRO RESIDENCIA FOGAR DE CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-12-02, segundo número de operación 200200105975, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CATROCENTOS SESENTA E CATRO EUROS CON CINCUENTA E CATRO CÉNTIMOS (1.464,54), para responder de: "ACONDICIONAMEN-TO DE DESPACHOS E SALAS EN PLANTA BAIXA DEREITA DO CENTRO RESIDENCIA FOGAR DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE", pertencente a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-12-02, segundo número de operación 200200105972, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 11.11923.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. EUGENIO TOBÍO CALVAR POR DANOS SUFRIDOS NA ESTRADA PROVINCIAL EP COIRO - MEIXOADA (MOAÑA)" Dada conta que con data de Rexistro de 18 de decembro de 2003 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Eugenio Tobío Calvar, con enderezo a efectos de notificacións en r/ Casal 118 de Moaña, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca "Renault Megane" e matrícula PO-5733-BJ na estrada Coiro-Meixoada (Moaña) o día 29 de decembro de 2002, e que individualiza economicamente en 1.404´41 € por danos materiais e 2.603´00 € polos persoais. Resultando.- Que con data 9 de xaneiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 2 de febreiro de 2004 co seguinte contido: "a) La Cª Coiro-Meixoada-Moaña, es Vía Provincial. b) Parece que había algo deslizante pero no tuvimos noticias". Como do teor do mesmo non se deducían con claridade os extremos sobre dos que se pedía informe, reiterouse o 9 de febreiro de 2004, emitíndose novo informe polo Servicio de Vías e Obras o 16 de febreiro de 2004, co seguinte contido: "a) La expresión "... parece que había algo deslizante" se deduce por las informaciones que se recogieron en el lugar. C La expresión "no tuvimos noticias", se refiere a que por el Servicio de vigilantes o capataces hubiesen traído como consecuencia una intervención de nuestras brigadas". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, que só podería respostar no concepto "in vigilando" e nunha interpretación rigurosísima do instituto da responsabilidade patrimonial, por canto as condicións do firme de rodadura eran impecables (non se fai referencia a anomalía ningunha no atestado da Garda Civil), é dicir, que naquilo que á Deputación corresponde, nin a título de funcionamento normal ou anormal da Lei 30/92 se lle pode achacar unha actividade pouco dilixente ou neglixente, por canto nin é a autora do derrame (en todo caso, un terceiro que é o auténtico responsable da causa eficiente do sinistro) nin lle é esixible contar cun Vixilante en cada punto quilométrico da súa extensa rede de estradas provinciais. Considerando.- Que por outra banda, pese a que no atestado da Garda Civil se consigna "... a xuízo da forza actuante como causa a presencia de substancia deslizante na vía", cabe recordar que aínda que os atestados da Garda Civil e Corpos de Seguridade do Estado e doutros funcionarios gozan de presunción de veracidade, tal presunción ten natureza xurídica "iuris tantum", é dicir, é desvirtuable por outros indicios ou medios probatorios concorrentes, no presente suposto, o feito de que as Brigadas da Deputación non actuaran en sinistros similares nin tivesen coñecemento da mancha en cuestión, en relación coa que, por certo, o atestado da Garda Civil se amosa feble e titubeante en canto á súa solidez probatoria, por canto nin dimensión, nin natureza, nin probable orixe se mencionan. Desvirtuada polo tanto a presunción "iuris tantum" o camiño que debe de segui-la reclamación é o da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 12.11924.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ ANTONIO TORRES MARTÍNEZ, POR DANOS EN AUTOMÓBIL PROPIEDADE DE DONA LUCÍA TORRES MARTÍNEZ, NA ESTRADA PO-551 (MOAÑA) Dada conta que con data 5 de febreiro de 2004 se presentou no Rexistro Xeral da Deputación Provincial instancia de D. José Antonio Torres Martínez solicitando indemnización por danos sufridos en automóbil matrícula 5952-BSC, propiedade de Dona Lucía Torres Martínez, na estrada PO-551, o día 4 de febreiro de 2004, e que valora economicamente en 324´38 euros. RESULTANDO.- Que con data 11 de febreiro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1 último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86 se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 13 de febreiro de 2004 co seguinte contido: a) La Carretera 551 no es Vía Provincial. b) No existe base en opinión del Técnico para iniciar una investigación". CONSIDERANDO.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. CONSIDERANDO.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. CONSIDERANDO.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. CONSIDERANDO.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. CONSIDERANDO.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 13.11925.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 14.11926.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 15.11927.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 16.11928.- PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, A TRAVÉS DA SÚA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o texto do Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, a través da súa Administración Hidráulica, e a Deputación Provincial de Pontevedra, para levar a cabo a limpeza do río Umia dende o núcleo de Caldas de Reis ata a súa desembocadura, tendo as súas actuacións un presuposto aproximado de douscentos mil euros (200.000,00), dos que a Deputación terá que aportar trinta mil euros (30.000,00), acordouse por unanimidade prestar en principio conformidade ó mesmo, debendo preverse a habilitación do crédito preciso no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite, quedando á espera da remisión do Convenio a estipular e dos informes técnicos oportunos. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vintecinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota