Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-05-28_Ordinaria. Acta de sesión 2004/05/28_Ordinaria
Acta de sesión 2004/05/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-05-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/05/28_Ordinaria
Data(s) 2004-05-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 28 de maio de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do día vinteoito de maio do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Sr. Deputado, D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12136.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de maio de 2004. ------ Folla: 2.12137.- AXUDA ECONÓMICA Á ASOCIACIÓN DE MARISQUEO, PESCA E ACUICULTURA PEDRA DA OLIVEIRA, PARA A ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA PARA A MELLORA DA PRODUCTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS DE VILABOA Visto o informe favorable da Bióloga da Sección de Pesca desta Excma. Deputación, así como o de Intervención no que se da conta da existencia de consignación orzamentaria suficiente por importe de 12.000,00 euros na partida 04/711.711.479.01 do vixente presuposto, segundo retención de crédito núm. 200400034454 e considerando o dictame favorable e unánime da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de maio de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a concesión da axuda económica á Asociación de Marisqueo Pedra da Oliveira. ------ Folla: 3.12138.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "REFORMA EN CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL", DO CONCELLO DE ARBO, CON CARGO Ó PAM/04 [PAM 2004] En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Arbo unha subvención por importe de setenta e cinco mil novecentos cincuenta e tres euros con oitenta e tres céntimos (75.953,83), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Reforma en campo de fútbol municipal", co núm. 169/265 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 4.12139.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "ABASTECEMENTO A BERMES, DONSIÓN, RAMIL E XANXURDO", DO CONCELLO DE LALÍN, CON CARGO Ó PAM/2004 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Lalín unha subvención por importe de cento vinte mil euros (120.000,00), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Abastecemento a Bermes, Donsión, Ramil e Xanxurdo", co núm. 131/263 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 5.12140.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA: "RENOVACIÓN ACERAS E SERVICIOS EN CAMIÑO VELLO DE SEIXO", DO CONCELLO DE MARÍN, CON CARGO Ó PAM/04 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder ó Concello de Marín unha subvención por importe de douscentos sete mil setecentos corenta e dous euros con setenta e cinco céntimos (207.742,75), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2004, partida 04/911.911.762.45 para financiar a obra: "Renovación aceras e servicios en Camiño Vello de Seixo", co núm. 49/262 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que se axustará estrictamente ás Bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os servicios técnicos provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2005, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pagamento da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 6.12141.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Vistos os informes que formula a Intervención desta Deputación de datas 18 e 19 de maio do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican nas relacións que se achegan, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de tres facturas que figuran na referencia 200400000401 que importa un total global de dous mil setecentos corenta e dous euros con vintecatro céntimos (2.742,24), que comeza coa emitida por Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L., por importe de 301,60 euros e remata coa de Serpon, S.L. Imprenta-Reclamos Publicitarios, por importe de 1.856,00 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de dous mil setecentos corenta e dous euros con vintecatro céntimos (2.742,24), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. .- A relación comprensiva de trinta e nove facturas que figuran na referencia 200400000394 que importa un total global de trinta e tres mil cento cincuenta e dous euros con vintetrés céntimos (33.152,23), que comeza coa emitida por Áridos de Puenteareas, S.L., por importe de 2.656,45 euros e remata coa de Cepsa Estaciones de Servicio, S.A., por importe de 967,39 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de trinta e tres mil cento cincuenta e dous euros con vintetrés céntimos (33.152,23), sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 7.12142.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE HOSTALERÍA (VERÁN 2004), NO CENTRO DE VACACIÓNS DE A LANZADA Aprobado pola Xunta de Goberno do día 23 de abril de 2004 o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, dos servizos de hostalería (verán 2004) no centro de vacacións de A Lanzada, cuxo anuncio do concurso se publicou no BOP núm. 82 do día 30-04-2004 e no Diario Oficial de Galicia núm. 86 do día 5 de maio de 2004 e vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas, subscrita pola mesa de contratación con data 20 de maio de 2004, así como a proposta formulada pola mesa de contratación a favor da empresa EUREST COLECTIVIDADES, S.A., considerada como máis vantaxosa, de conformidade co informe técnico emitido pola Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" de data 21 de maio de 2004, no que aparecen valoradas as ofertas presentadas e admitidas ó concurso de acordo ós criterios fixados nos pregos de condicións, acórdase por unanimidade adxudicar á empresa, EUREST COLECTIVIDADES, S.A. (CIF- A-80267420), o concurso convocado para a contratación dos "Servizos de Hostalería (verán 2004) no Centro de Vacacións de A Lanzada", ó obter unha puntuación de 7,65 puntos, segundo os criterios de valoración establecidos nas bases de dito concurso e polo prezo máximo ofertado de setenta e cinco mil setecentos corenta e catro euros con vintetrés céntimos (75.744,23), (IVE incluído), en función dun máximo de 9.980 prazas, ó prezo unitario de 7,59 euros/praza/día. Estas cantidades desglósanse nos seguintes servizos e cantidades máximas, todas elas con ive incluído: .- Limpeza 0,48 euros/praza/día 4.790,40 euros .- Lavandería 0,66 euros/praza/día 6.586,80 euros .- Alimentación 6,45 euros/praza/día 64.367,03 euros TOTAL a razón de 7,59 euros/praza/día 75.744,23 euros O pagamento das expresadas cantidades librarase no seu día ó adxudicatario, con cargo ás partidas 04/452.452.227.00 (limpeza), 04/452.452.227.12 (lavandería) e 04/452.452.227.21 (alimentación), do vixente presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 3.029,77 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, acórdase a devolución da fianza provisoria constituída polo licitador que non resultou adxudicatario. A fianza provisoria da empresa adxudicataria devolverase unha vez teña constituído a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 70,95 euros e 204,75 euros (total 275,70 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 8.12143.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2004 Aprobado pola Xunta de Goberno do día 17 de marzo de 2004 o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2004, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP núm. 67 e no DOGA núm. 9 de datas 7 e 12 de abril de 2004, respectivamente; e vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas, subscrita pola mesa de contratación con data 26 de abril de 2004, vista a proposta formulada pola mesa de contratación, sobre os criterios de valoración das ofertas presentadas e admitidas ó concurso, de conformidade co informe técnico emitido polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de data 10 de maio de 2004, en relación con ditas ofertas, acórdase por unanimidade adxudicar á empresa SINAIS ATLÁNTICO, S.L. (CIF- B-36.334.282) o SUBMINISTRO DE MATERIAIS DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2004, por resultar a oferta que obtivo unha maior puntuación, cun total de 8,59 puntos, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos en dito concurso, e ata un importe máximo de corenta e oito mil euros (48.000,00), e de acordo cos prezos unitarios ofertados, que unha vez incluído o IVE son os que a continuación se especifican: SINAIS DE PERIGO TIPO P Sinal triangular de 70 cm. lado 26,35 Sinal triangular de 90 cm. lado 31,80 Sinal triangular de 70 cm. lado (tipo tp) 22,29 OCTÓGONOS Sinal stop 60 cm. 32,21 Sinal stop 90 cm. 56,36 SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGACIÓN TIPO R Sinal circular de 60 cm. 28,47 Sinal circular de 90 cm. 52,33 Sinal circular de 60 cm. (tipo tr) 24,16 SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 Sinal cadrado 60*60 28,17 Sinal cadrado de 90*90 54,53 Sinal cadrado 120*120 103,93 Sinal rectangular de 60*40 27,94 Sinal rectangular 90*60 49,43 Sinal rectangular 135*90 95,81 FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN m2 de frecha 127,6 m2 de cartel 91,64 PLACAS COMPLEMENTARIAS Ud. de 60*20 19,72 Ud. de 60*30 23,75 Ud. de 50*16 17,01 Ud. de 40*20 17,01 PANEL DIRECCIONAL Ud. de 195*95 87,11 Ud. de 195*45 52,38 Ud. de 165*45 43,98 Ud. de 80*40 25,62 VARIOS Ml de poste de 80*40*2 6,04 Ml de poste de 100*50*3 11,43 Parafuso c/tuerca e arandela 8*15 0,15 Parafuso c/tuerca e arandela 8*55 0,27 Trípode pregable para discos e triángulos de 90 17,08 Trípode pregable para discos e triángulos de 60 13,94 Trípode pregable para triángulos de 70 13,94 Paleta sinalización dobre cara 17,08 Valla con pés (un panel) 165*20 72,73 Valla móbil contención peóns 2,51*1,10 35,47 Baliza bordo dereito ou esq. 300*95 (azul-branco/ vermella-branco) 25,13 Baliza bordo dereito ou esq. 400*400 (azul-branco/ vermella-branco) 22,29 Dispositivo de guía 2,71 Cinta de balizamento 0,058 Cono plástico de 50 cm 9,44 Barreira de seguridade dobre onda 15,95 Poste CPN-120 9,97 Terminal cola de pez 13,79 Tope final barreira dobre 49,76 Tope final barreira simple 24,15 Final barreira cola de pez aplastada 15,67 Separador estándar 4,22 Separador corto 3,45 Peza angular 20,14 Captadores dúas caras 0,91 Xogo de tornillería (12 parafusos, tuercas e arandelas) biondas 3,07 Espello completo de 60 cm 98,31 Espello completo de 80 cm 135,25 Poste para espello 5,12 Tubo para varanda protección pontes 5,20 Poste tipo xamón 68,16 Poste tipo xamón recto 55,95 Remate varanda dous/tres tubos 28,88 Varanda tubo rectangular 73,54 a) Pasamáns superior de perfil 80*40 b) Pasamáns inferior de perfil 60*30 c) Barrotes separación perfil 20*20 d) Perfil inferior 60*30 Pintura branca alcidica (envase de 20 kgs.) 33,96 Pintura amarela alcidica (envase de 20 kgs.) 36,19 Esfera de vidro 1,16 Lanterna tipo garda civil e capucha 288,84 Baliza intermitente 26,65 Pilas para balizas 8,36 O pagamento das expresadas cantidades librarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 04/511.511.210.00 do Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 1.920,00 euros, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 64,50 euros e 156,00 euros (total 220,50 euros) en concepto de gastos de anuncios nos BB OO da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 9.12144.- APROBACIÓN DE CELEBRACIÓN DA FESTA DA BICICLETA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta nos Concellos de Baiona, O Grove, Gondomar, Nigrán, Salceda de Caselas, Tomiño, Marín, Vilanova de Arousa, Catoira e Marcha popular no Concello de O Grove. CONCELLO DATA MODALIDADE BAIONA 23-05-04 Festa da Bicicleta CATOIRA 17-05-04 Festa da Bicicleta GONDOMAR 23-05-04 Festa da Bicicleta MARÍN 20-06-04 Festa da Bicicleta NIGRÁN 23-05-04 Festa da Bicicleta O GROVE 05-06-04 Marcha popular SALCEDA DE 09-05-04 Festa da Bicicleta CASELAS TOMIÑO 30-05-04 Festa da Bicicleta VILANOVA DE 05-06-04 Festa da Bicicleta AROUSA ------ Folla: 10.12145.- APROBACIÓN DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS PARA AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para mellora de instalacións e adquisición de material deportivo inventariable ós Clubs e Entidades Deportivas que se relacionan, por un total de 27.700,00 euros, con cargo á partida 04/451.452.789.00. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO/SUBVENCIÓN/IMPORTE: ESTRADA, A Agrupo. Feminina Val do Ulla C.F. Adquisición material: porterías, cono, carro, taquilla 1.500,00 ESTRADA, A Sporting Estrada 4 porterías F-7, banderíns córner, 2 porterías F-11 1.800,00 NEVES, AS Club Bádminton As Neves Compra material: xogos de postes, redes, marcadores 1.200,00 NEVES, AS Nieves, F.C. Preparación da cuberta da grada 1.800,00 PONTEVEDRA Club As Triscas Tapiz de adestramento 1.200,00 PONTEVEDRA Club Cisne de Balon-mán Material deportivo: pulsó-metros, bandas, extensores 1.800,00 PONTEVEDRA Club Hípico Appa-loosa Compra de equipamento: barras, taboleiros e columnas 1.800,00 PONTEVEDRA Club Voleibol Do-rrón Adquisición de material: postes, xogo de postes, cadeira 1.800,00 SANXENXO Club Náutico de Por-tonovo Compra de material: botellas de mergullo, embarcacións 4.000,00 SOUTOMAIOR Club Deportivo Sou-tomaior Mellora nas instalacións eléc-tricas e vestiarios 1.800,00 VIGO Halcones de Vigo Béisbol Club Compra material: máquina de picheo, rawllings, easton 1.200,00 VIGO Sardoma C.F. Compra de material: balóns medicinais, tensores, pesas 1.500,00 VIGO Sociedade Deportiva Octavio Compra material: portería, barra, disco, banco, soporte 1.800,00 VIGO Vigo Stick Club de Hóckey 2001 Compra de material: patíns, sticks, rodilleiras, espinilleiras 1.500,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Centro Cultural e Deportivo Sixto Mellora de instalacións: pavimento, carpintería 1.500,00 VILAGARCÍA DE AROUSA Liceo Casino Compra de material: man-cuernas, poleas, máquina remo 1.500,00 TOTAL 27.700,00 ------ Folla: 11.12146.- APROBACIÓN DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS 2004 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de subvencións para asociacións culturais que se relacionan, por un total de 34.800,00 euros, con cargo á partida 04/451.451.489.05. CONCELLO/PETICIONARIO/OBXECTO/ SUBVENCIÓN/IMPORTE ARBO Asoc. Cultural Os Muíños Axuda á escenificación dun belén vivente 1.800,00 CAMPO LAMEIRO Asoc. Cultural Vintureira Axuda á realización dun certame de teatro afeccionado 1.200 CAMPO LAMEIRO/ Coral Polifónica de Campo Lameiro/ Axuda ó certame de corais/ 600 COTOBADE: Asoc. Cult. C.F. San Pedro de Tenorio/ Axuda á recuperación do entroido en Cotobade/ 800,00 ESTRADA, A Amigos do Castro de Barbude/ Axuda a clases de gaita galega e percusión 1.500,00 MARÍN Asoc. Cult. Sto. Tomé de Piñeiro Axuda á celebración dunha feira de artesanía 1.500,00 MOAÑA : Agrupación folclórica Breogán/ Axuda ó XVI certame folclórico cultural memorial Lola Diz/ 1.500,00 PONTEVEDRA: AA VV de Santa María/ Axuda ó II certame literario da movida, xogos tradicionais, etc. 1.200,00 PONTEVEDRA: AA VV Héroes de Pontesampaio/ Axuda ós actos de "Homenaxe ós Héroes de Pontesampaio"/ 2.100,00 PONTEVEDRA: AA VV San Andrés de Estribela/ Axuda para a celebración de exposicións 1.500,00 PONTEVEDRA: Aula Castelao de Filosofía/ Axuda á XXI Semana Galega de Filosofía/ 1.500 PONTEVEDRA: Soc. Cult. Dep. Campañó / Axuda ó entroido, cine, maio, cursos, etc./ 1.800 PORRIÑO: O Asoc. Cultural Os Penediños / Axuda para intercambio cultural con Zaragoza 1.000 POIO Asoc. Cultural Virxe de Fátima/ Axuda ás actividades do "Mes da Música" 900,00 REDONDELA : Asoc. MM RR Cons. Sementeira Axuda ó I certame de pintura para mulleres Sementeira/ 1.500,00 SALVATERRA DE MIÑO: Asoc. Cultural e Pedagóxica Ponte Nas Ondas/ Axuda ás actividades de radio interescolar Ponte ... Nas Ondas / 6.000,00 VIGO: Amigos da Universidade de Vigo/ Axuda ós actos de entrega da medalla Amigo Distinguido 900,00 VIGO: Club Montañeiros Celtas/ Axuda ó III concurso de fotografía de montaña 1.800,00 VILABOA: Asc. Cultural Cobres/ Axuda á organización do tradicional Carnaval de Cobres/ 1.500 VILANOVA DE AROUSA: AA VV San Antonio/ Axuda á I festa de San Miguel dos Fabóns 2.400,00 VILANOVA DE AROUSA Asoc. Cultural O Castro/ Axuda á II xuntanza internacional de Corais 1.800,00 TOTAL 34.800,00 ------ Folla: 12.12147.- CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DA CONSTRUCCIÓN DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construcción, para a "prevención de riscos laborais", mediante a achega de dezaoito mil euros (18.000,00), e con cargo á partida 04/451.622.489.10 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DA CONSTRUCCIÓN DE PONTEVEDRA Pontevedra, de abril de 2004 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e D. Ángel Fernández Presas, con DNI núm. 35.217.805, en calidade de presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (en adiante APEC), con CIF G-36614071, en nome e representación da citada organización, en virtude da delegación outorgada pola Asemblea Xeral de 16 de xuño de 1995. Ámbalas partes recoñécense capacidade xurídica e legal suficiente para formalizar o presente convenio marco de colaboración. EXPOÑEN Que é de interese de ámbalas dúas institucións continuar co programa de acción para participar no importante reto ó que se enfronta a sociedade española de modernización do país. Todo isto require a adecuación dos/as empresarios/as á realidade do contorno socioeconómico da Unión Europea, sendo un punto clave de éxito a formación, aprendizaxe e adaptación dos recursos humanos das empresas do sector da construcción. En consecuencia, ambas partes na representación que ostentan e co fin de formar a empresarios e directivos do sector da construcción, así como difundir a importancia do coñecemento e aplicación da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais entre os responsables das empresas do sector da construcción, a través da información e a formación, tratarán de conseguir a implantación da nova normativa sobre prevención de riscos laborais entre os referidos responsables, acordando a realización deste convenio de colaboración, que se rexerá polas seguintes cláusulas, cumpríndose previamente tódolos trámites necesarios para a súa celebración. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO DO CONVENIO Este convenio ten por obxecto a colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra, para mellorar, mediante a formación, os coñecementos e aplicacións de toda a normativa de prevención de riscos laborais. SEGUNDA.- ÁMBITO DE APLICACIÓN O presente convenio será de aplicación na demarcación territorial de APEC: provincia de Pontevedra. TERCEIRA.- ACCIÓNS A DESENVOLVER O obxecto do presente convenio é a realización de 4 xornadas técnicas; co fin de facilitar a asistencia do maior número de persoas e abarcar toda a extensión da nosa provincia, consideramos que a distribución máis idónea é a que segue: . Zona Norte: nun Concello das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. . Zona Centro: nun Concello da Comarca de Pontevedra e O Morrazo. . Zona Oeste: nun Concello da Comarca de O Salnés e Caldas de Reis. . Zona Sur: nun Concello da Comarca de Vigo, Baixo Miño, O Condado e A Paradanta. Achegamos un mapa coa distribución das xornadas. Así mesmo, continuaremos coa labor dos nosos Centros Comarcais de Formación e o Servizo de Consultas e Asesoramento. Dirixido a: homes e mulleres propietarios/as, ou no seu defecto, ós directivos responsables das empresas do sector da construcción, así como traballadores e técnicos que desexen mellorar ou completar os seus coñecementos en materia de prevención de riscos laborais. Obxectivos: as materias que se imparten dentro deste programa pretenden facilitar a adaptación dos profesionais do sector ás novas esixencias laborais, concretamente ás novas esixencias da normativa reguladora da prevención de riscos, así como desenvolver un servizo de consulta e asesoramento para os empresarios e os directivos nesa materia. CUARTA.- VIXENCIA As accións referidas no presente convenio desenvolveranse ó longo do ano 2004. QUINTA.- FINANCIAMENTO Para financiar as xornadas, Centros de Formación Comarcais e Servizo de Consultoría e Asesoramento programados por APEC a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará a cantidade de dezaoito mil euros (18.000,00), con cargo á partida 04/451.622.489.10 e o resto do financiamento correrá a cargo de APEC. SEXTA.- XUSTIFICACIÓNS DAS ACTIVIDADES A Excma. Deputación de Pontevedra librará o importe total do presente convenio, unha vez xustificado, mediante facturas, o gasto efectivamente realizado, podendo librar cantidades parciais, en función do gasto realizado en cada momento e que tamén se xustificará achegando as facturas correspondentes. Os ingresos efectuaranse na conta que APEC ten aberta para estes efectos en Caixanova e que, a continuación se especifica: 2080-0090-21-0040003169 SÉTIMA.- PUBLICIDADE A organización e desenvolvemento das xornadas técnicas correrá a cargo de APEC, obrigándose a plasmar en toda a publicidade e propaganda oral ou escrita que están patrocinadas pola Deputación Provincial. OITAVA.- RESOLUCIÓN DO CONVENIO Este convenio extinguirase polas seguintes causas: A) Finalización das actividades formativas. B) Incumprimento dalgunha das cláusulas recollidas no presente convenio, caso no que calquera das partes poderá comunicar á outra en forma escrita, a súa posible resolución co compromiso expreso de finalizar todas as actividades que se atopasen en curso, e a correspondente repercusión dos gastos que se producisen. E en proba de conformidade con canto antecede, asina este convenio, por duplicado, no lugar e data do encabezamento. PRESIDENTE DA EXCMA. PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DA CONSTRUCCIÓN Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Ángel Fernández Presas ------ Folla: 13.12148.- APROBACIÓN DE CONVENIOS CO "COMEDOR DE LOS POBRES DE SAN FRANCISCO" E CON "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" Vista a proposta do xefe do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar os Convenios que a continuación se relacionan e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, así como o gasto por un total de 66.000,00 euros con cargo á partida 04/313.313.780.02-RC200400032589: 1.- "Comedor de los Pobres de San Francisco" de Pontevedra, por 6.000,00 euros para "adquisición de utensilios de cociña" (asinado o 22 de maio). 2.- "Hermanitas de los Ancianos Desamparados" de Pontevedra, por 60.00,00 euros para "adquisición de cámara frigorífica" (asinado o 22 de maio). Ditos convenios con como seguen: CONVENIO CO "COMEDOR DE LOS POBRES DE SAN FRANCISCO", DE PONTEVEDRA En Pontevedra, a 22 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, Fr. Amado González, Director do "COMEDOR DE LOS POBRES DE SAN FRANCISCO", con domicilio social en R/ Cobián Roffignac, 5, de Pontevedra e CIF Q-3600128-G. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición ó "COMEDOR DE LOS POBRES DE SAN FRANCISCO", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención ó "COMEDOR DE LOS POBRES DE SAN FRANCISCO" con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 6.000,00 euros, para "Adquirir utensilios de cociña" , segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. DIRECTOR "COMEDOR DE LOS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POBRES DE SAN FRANCISCO" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Fr. Amado González CONVENIO COAS "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" (PONTEVEDRA) En Pontevedra, a 22 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, Sor Amparo Campos Rodríguez, Directora das "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS", con domicilio social en R/Loureiro Crespo, 34 de Pontevedra e CIF Q-3600101-D. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición ás "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS", que así o solicitaron, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención ás "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS", con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 60.000,00 euros para "Adquirir cámara frigorífica" , segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. DIRECTORA DAS "HERMANITAS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Sor Amparo Campos Rodríguez ------ Folla: 14.12149.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN Á ASOCIACIÓN "REXURDIR" DE PONTEVEDRA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga ata o 31 de maio de 2004 á Asociación "Rexurdir" Provincial de Pontevedra, para a realización dun curso de "traballadora forestal cualificado", que foi subvencionado con 1.500,00 euros pola Comisión de Goberno de 26-06-03. ------ Folla: 15.12150.- PRÓRROGA DUNHA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga ata o 30 de agosto de 2004 a Dona Guadalupe González Alvariño, de Fornelos de Montes, para "arranxo de vivenda", que foi subvencionada con 3.584,00 euros pola Comisión de Goberno de 08-08-03. ------ Folla: 16.12151.- PRÓRROGA DO PREMIO "CARMEN FERRO" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a prórroga ata o 2 de novembro de 2004 do premio "Carmen Ferro", que foi aprobada pola Xunta de Goberno de 26-03-04 e que versa sobre relatos de "Hombres y mujeres: educación en igualdad". ------ Folla: 17.12152.- RENUNCIA A SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MM RR "MARTÍN CODAX", DE CAMBADOS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aceptar a renuncia á subvención de 450,00 euros concedida para "curso de informática" pola Comisión de Goberno de 08-08-03 á Asociación MM RR "Martín Codax" de Cambados. ------ Folla: 18.12153.- RENUNCIA A SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MM RR "SAN JOSÉ OBRERO", DE ARMENTEIRA (MEIS) De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aceptar a renuncia á subvención de 1.200,00 euros para curso de "corte e confección" concedida pola Comisión de Goberno de 30-05-02 á Asociación de MM RR "San José Obrero" Armenteira-Meis. ------ Folla: 19.12154.- TRASPASO DUNHA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aprobar a cesión de axuda para "arranxo de vivenda" concedida a D. José Ochoa Vilariño, de Valga, en Comisión de Goberno de 26-09-02 e importe de 3.607,00 euros dos que a Deputación achega 2.576,43 euros a favor da súa esposa Dona Mª Trinidad Abuín Gómez, por pasamento do beneficiario o 4 de xullo de 2002 segundo documentación achegada. ------ Folla: 20.12155.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. MANUEL LOGROÑO FERNÁNDEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA RÚA SANTA MARGARITA (PONTEVEDRA) Dada conta que con data de Rexistro 23-03-04 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita polo Letrado D. Antonio Abelaira Arriandiaga en nome e representación de D. Manuel Logroño Fernández con enderezo a efectos de notificacións na R/Enrique Dequidt,nº10-1ºDrta., por danos padecidos en automóbil da propiedade do segundo, marca Peugeot 309 e matrícula PO-4326-AT, na R/ Santa Margarita (Pontevedra), o día 24 de marzo de 2003, e que individualiza economicamente en 1.194,90 euros. Resultando.- Que con data 25 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, a fin de que contestara expresamente ós seguintes extremos: " a) Se a rúa Santa Margarita, no tramo que conflúe coa do Outeiro, en Pontevedra, é vía provincial. b) Se en datas coincidentes co 24 de marzo de 2003, incluso anteriores ou posteriores pero próximas a aquela, existía no citado tramo unha substancia deslizante, probablemente gasoil, susceptible de causar accidentes. c) Se ten coñecemento doutros accidentes nese mesmo tramo. d) Calquera outro extremo que estime de interés. Resultando.- Que o Servizo de Vías e Obras emitiu informe en data 07-05-04 co seguinte contido: " a) Sí, es Vía Provincial. b) No pudimos confirmar el dato. c) No, ni hay intervención de Brigada. d) No hay atestado de la Carretera está y estaba en perfectas condiciones." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe evacuado polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona se deduce con claridade que non se produciron accidentes no mesmo tramo, nin existe intervención da Brigada e que a estrada se atopa e se atopaba en perfectas condicións polo que non concorre causa algunha imputable a esta Deputación. A maiores é preciso clarexar ó reclamante que non é obriga da Administración solicitar atestado algún a ningún ente administrativo, por canto o artigo 6.1, parágrafo segundo "in fine" do RD 429/93 establece que: "... cuando el procedimiento se inicie a instancia del interesado irá acompañada de cuantos documentos e informaciones se estimen oportunos": obvio resulta que entre estes documentos atópanse os atestados que o reclamante puido solicitar e obter, e, unha vez na súa posesión, aportar xuntamente coa instancia constituíndo así un certo principio de inicio de proba. No feito, a responsabilidade desa conducta omisiva e procedimentalmente pouco dilixente non pode prexudicar a esta Deputación , senón, na simple aplicación da manidísima teoría dos actos propios a quen descoidou a achega dun principio ou expectativa de proba documental. En idéntico sentido ó exposto manifestase o último parágrafo do apartado 4 do artigo 70 da Lei 30/92, por non mencionar sequera sexa de xeito analóxico os múltiples exemplos existentes no ordenamento xurídico de aportar no momento inicial da constitución da relación procedimental os documentos nos que o suxeito activo do procedemento (reclamante, demandante) funde ou base a súa petición, fixando de tal xeito unha parte fundamental do obxecto litixioso, "ad exemplum" , artigo 265.2, parágrafo segundo da Lei 1/2000: "... si lo que pretende aportarse al proceso se encontrara en archivo del que se puedan pedir y obtener copias fehacientes, se entenderá que el actor dispone de ello, y deberá acompañarlo a la demanda", ou o 265, "...a toda demanda se acompañarán los documentos en que las partes funden su derecho",ou o 272 "...inadmisión del documento presentando injustificadamente en momento no inicial del proceso". Polo tanto, non pode pretender o reclamante que a Administración suplante o papel activo que a Lei lle atribúe a quen insta, convertendo así a Administración nunha especie de conqueridor de probas, función que non lle corresponde. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 21.12156.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 22.12157.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 23.12158.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos que máis adiante se detallan; e, vistos os documentos RC emitidos por Intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible en diversas partidas, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos: 1.- "Mellora EP 9510 de enlace da EP 9305 (Coirón-Ribadumia-Leiro) coa EP 9504 (Lois-Besomaño-Ribadumia)", por importe de 496.944,00 euros IVE incluído, con cargo á partida 04/511.511-612.02. 2.- Proxecto modificado núm. 1 de "Pavillón Polideportivo de Tui", por importe de 926.188,75 euros, IVE incluído, que supón un incremento sobre o presuposto da obra inicial de 154.309,41 euros, con cargo á partida 04/123.452-622.01. 3.- "Mellora do pavimento e impermeabilización de fachadas do Pavillón Polideportivo Municipal (Pazos de Borbén)", por importe de 89.986,19 euros, IVE incluído, con cargo á partida 04/123.452-622.01. 4.- "Reforma do Pavillón Polideportivo Municipal O Pombal (Cambados)", por importe de 480.809,68 euros, IVE incluído, executándose esta obra dentro do Convenio de Cooperación Xunta-Deputación 2002-2006 sobre infraestructuras deportivas, con cargo á partida 123.452-622.01, achegando a Deputación Provincial 322.142,49 euros (161.071,25 euros na anualidade de 2004, e 161.071,24 euros na anualidade de 2005) e o Concello de Cambados a suma de 158.667,19 euros (79.333,60 euros na anualidade de 2004, e 79.333,59 euros na anualidade de 2005). A aprobación deste proxecto queda condicionada a que polo Concello de Cambados se remita certificación de crédito dispoñible para asumir as súas achegas, tanto do exercicio 2004 como do 2005, así como proceder ó ingreso do importe correspondente á primeira anualidade e a remitir aval suficiente correspondente á segunda anualidade. ------ Folla: 24.12159.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BECAS DE LICENCIADOS EN LETRAS PARA O ARQUIVO BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora de dúas becas de Licenciados en letras con destino ó Arquivo-Biblioteca da Deputación Provincial, aprobadas por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 17 de marzo de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar estas becas a Dona Mª del Carmen Fariñas Fernández e Dona Mª Ángeles Baltar Pascual, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos de 1 de xuño de 2004 e por un período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións e por acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 04/454.451.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito becario ó citado organismo. Así mesmo, e tendo en conta a proposta da Comisión seleccionadora, desígnanse como suplentes en caso de renuncia, a D. José Ramón López Fernández e Dona Marta Lucio Gómez, por esta orde. ------ Folla: 25.12160.- DECLARAR DESERTO O CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN 2004 Aprobado pola Xunta de Goberno do día 30 de abril de 2004 o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do servicio de asistencia técnico educativa dos campamentos no centro de vacacións A Lanzada para o verán do ano 2004, cuxo anuncio do concurso publicouse no BOP núm. 87 do día 07-05-2004 e no Diario Oficial de Galicia núm. 89 do día 10 de maio de 2004. Resultando que a mesa de contratación na reunión que tivo lugar o día 26 de maio de 2004 propón á Xunta de Goberno desta Deputación que se declare deserto o concurso convocado para a contratación do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos no centro de vacacións A Lanzada para o verán do ano 2004, ó non admitir a documentación presentada a dito concurso pola empresa "A MARIONETA", con motivo de non cumprir co estipulado no apartado 9.2º do prego de cláusulas económico-administrativas, acórdase por unanimidade declarar deserto o concurso convocado para a contratación do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos no centro de vacacións A Lanzada para o verán do ano 2004, ó non ser admitida pola mesa de contratación a documentación presentada a dito concurso pola empresa "A MARIONETA", con motivo de non cumprir co estipulado no apartado 9.2º do prego de cláusulas económico-administrativas. ------ Folla: 26.12161.- DAR CONTA DE SENTENCIA A Xunta de Goberno queda enterada da Sentencia da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso contencioso-administrativo nº 02/000 5137/ 2000, promovido por D. Agustín Martínez García contra acordos desestimatorios de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente de tráfico na rúa Santa Margarita de Pontevedra, o día 10 de novembro de 1997, no que faleceu o seu fillo, D. José Ramón Martínez Abilleira, e na que se exonera de toda responsabilidade a esta Deputación ó non terse probado a relación de causalidade entre o estado da estrada e o accidente con resultado lesivo. ------ Folla: 27.12162.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DE "DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR MEDIANTE CONVENIO CO CONCELLO DE VIGO" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 30-04-2004, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras, modificado pola Xunta de Goberno en sesións de 7 e 21 do actual mes de maio; vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, en sesións de 14 e 21 dos correntes, polos que se prestou aprobación, con cargo á partida 04/911.911-662.00, a diversos proxectos de obras incluídas no referido convenio, que máis adiante se detallan; visto o escrito do Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras do Concello de Vigo no que manifesta que debido ó deficiente estado do pavimento aconséllase a inmediata execución das obras, toda vez que moitas delas son obxecto de itinerarios alternativos do tráfico urbano, motivado polas obras que se están realizando na zona centro, e que se require que a maior parte das obras sexan realizadas antes da segunda quincena de xullo, época de grande afluencia de visitantes co incremento de tráfico que iso supón; visto o informe do Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, de "Diversas obras a executar mediante convenio co Concello de Vigo", polos tipos de licitación que se detallan: 1.- Pavimentado da capa de rodadura da rúa Placer (Vigo) 71.405,44 2.- Pavimentado da capa de rodadura da Avda. Arquitecto Palacios (carril descendente desde estación autobuses a Castrelo) 243.848,37 3.- Pavimentado da capa de rodadura da Praza de España 84.702,02 4.- Pavimentado da capa de rodadura da r/ E. Martínez Ga-rrido 222.877,92 5.- Pavimentado da capa de rodadura da Gran Vía (desde a Praza de América á Praza de España) 287.913,89 6.- Pavimentado da capa de rodadura e substitución saneamento e abastecemento en r/Urzaiz (desde Gran Vía a Gregorio Es-pino) 331.700,18 7.- Pavimentado da capa de rodadura da Avda. de As Camelias (tramo Praza Independencia-Concello) 178.783,05 TOTAL 1.421.230,87 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 04/911.911-662.00 do vixente presuposto provincial. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 28.12163.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "COLECTOR E POZO DE BOMBEO EN O GROVE" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Colector e pozo de bombeo en O Grove"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A a obra "Colector e pozo de bombeo en O Grove", na suma de 128.082,74 euros, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 20.169,00 euros e un período de mantemento de trinta meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así as súa realización ou subministro. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 240,22 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 29.12164.- APROBACIÓN DE CONVENIOS CON: "ASOCIACIÓN DE DIMINUÍDOS PSÍQUICOS CON ELES"; "FUNDACIÓN LAR"; "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" (CAMBADOS); "ASOCIACIÓN DE TRATAMENTO DO AUTISMO B.A.T.A." E "FUNDACIÓN ASILO HOSPITALILLO DE ANCIANOS" (VILAGARCÍA DE AROUSA) Vista a proposta do xefe do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar os Convenios que a continuación se relacionan e habilitar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura, así como o gasto por un total de 198.000,00 euros con cargo á partida 04/313.3133.780.02-RC200400032589: 1.- "Asociación de Diminuídos Psíquicos CON ELES" de Vilagarcía de Arousa, por 60.000,00 euros para "Construcción de centro" (para asinar o 29 de maio). 2.- "Fundación LAR" de Vilagarcía de Arousa, por 60.000,00 euros para "Construcción de centro ocupacional" (para asinar o 29 de maio). 3.- "Hermanitas de los Ancianos Desamparados" de Cambados, por 24.000,00 euros para "Compra de lavadora, forno, batidora, secadora, etc." (Para asinar o 31 de maio). 4.- Asociación de Tratamiento do Autismo "B.A.T.A." de Vilagarcía de Arousa, por 24.000,00 euros para "Compra de edificio en Vilagarcía de Arousa" (para asinar o 31 de maio). 5.- "Fundación Asilo Hospitalillo de Ancianos" de Vilagarcía de Arousa, por 30.000,00 euros para "Instalar detectores de incendios e timbres e renovación de mobiliario" (para asinar o 2 de xuño). Ditos convenios son como seguen: CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE DIMINUÍDOS PSÍQUICOS "CON ELES En Pontevedra, a 29 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Juan José Piñeiro Ríos, Presidente da Asociación de Diminuídos Psíquicos "CON ELES", con domicilio social en Rúa Marxión, 7 de Vilagarcía de Arousa e CIF G-36.296.739. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación de Diminuídos Psíquicos "CON ELES", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención á Asociación de Diminuídos Psíquicos "CON ELES", e con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 60.000,00 euros para "Construcción de centro asistencial/ocupacional", en Vilagarcía de Arousa, segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE DIMINUÍDOS PSÍQUICOS "CON ELES" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Juan José Piñeiro Ríos CONVENIO COA FUNDACIÓN "LAR" En Pontevedra, a 29 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, D. Francisco Javier Rodríguez Navarrete, Presidente da Fundación "LAR" Pro Salud Mental, con domicilio social en Rúa do Muíño 1-3 de Vilagarcía de Arousa e CIF G-36.302.776. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Fundación "LAR" Pro Salud Mental, que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención á Fundación "LAR" Pro Salud Mental, con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 60.000, euros para "Construcción de centro ocupacional e residencia" en Vilagarcía de Arousa, segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. O PRESIDENTE DA FUNDACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA "LAR" PRO SALUD MENTAL Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- D. Francisco J. Rodríguez Navarrete CONVENIO COAS "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" (CAMBADOS) En Pontevedra, a 31 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, Sor Mª Josefa Failde González, superiora das "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS", con domicilio social en R/. Narciso Pérez, 41 de Cambados e CIF Q-3600103-J. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición as "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.-A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención ás "HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 24.000,00 euros para "Compra de lavadora, forno, batidora, secadora, etc.", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. SUPERIORA DAS "HERMANITAS DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LOS ANCIANOS DESAMPARADOS" Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Sor Mª Josefa Failde González CONVENIO COA ASOCIACIÓN DE TRATAMENTO DO AUTISMO "B.A.T.A." En Pontevedra, a 31 de maio de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, Dª Carmen Márquez López, Presidenta da Asociación de Tratamento do Autismo "B.A.T.A.", con domicilio social en Baión-Vilanova de Arousa e CIF G-36.105.576. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo tal condición a Asociación de Tratamento do Autismo "B.A.T.A.", que así o solicitou, subscriben o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS 1ª.- A Deputación Provincial de Pontevedra, concede unha subvención á Asociación de Tratamento do Autismo "B.A.T.A.", e con cargo á partida 04/313.313.780.02, en contía de 24.000,00 euros, para "Compra de edificio en Vilagarcía de Arousa", segundo petición formulada e presuposto presentado. 2ª.- O pagamento aboarase á Entidade beneficiaria, unha vez se xustifique con facturas e demais documentos fehacientes que reúnan os requisitos legais, a adquisición do material ou obra construída. De tratarse de obras ou edificios, requirirase tamén a correspondente certificación expedida por técnico competente ou recepción final. 3ª.- O convenio terá validez ata o 31-12-04, podendo a Deputación Provincial de Pontevedra inspeccionar e comprobar o destino da suma outorgada e pedir o seu reintegro, no suposto de incumprirse o pactado. 4ª.- O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo á xurisdicción contenciosa resolver as cuestións que o mesmo plantexe na súa interpretación e cumprimento. E en proba de conformidade, as partes comparecentes asinan o presente no lugar e data indicadas. O PRESIDENTE DA EXCMA. A PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA TRATAMENTO DO AUTISMO "B.A.T.A." Asdo.- D. Rafael Louzán Abal Asdo.- Dª Carmen Márquez López CONVENIO COA "FUNDACIÓN ASILO HOSPITALILLO DE ANCIANOS" (VILAGARCÍA DE AROUSA) En Pontevedra, a 2 de xuño de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e actuando no seu nome e representación, ó amparo das competencias que lle confire a Lei 7/85 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, e, Sor Adela Arias Conejo, superiora directora da "FUNDACIÓN ASILO HOSPITALILLO DE ANCIANOS", con domicilio social en R/. Ramón López Piñeiro, 11 de Vilagarcía de Arousa e CIF G-36.017.929. Ambas partes recoñécense capacidade bastante para obrigarse e convir e EXPOÑEN Que a Deputación Provincial de Pontevedra, consignou na partida 04/313.313.780.02 unha cantidade para axudar a Entidades e Institucións asistenciais, á compra de material ou equipamento, construcción de edificios e reforma ou mantemento dos mesmos e reunindo t
Ãrea de notas
Nota