Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-06-18_Ordinaria. Acta de sesión 2004/06/18_Ordinaria
Acta de sesión 2004/06/18_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-06-18_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/06/18_Ordinaria
Data(s) 2004-06-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 18 de xuño de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaoito de xuño do ano dous mil catro, baixo a Presidencia de D. Xosé Crespo Iglesias, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal, nin o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12201.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de xuño de 2004. ------ Folla: 2.12202.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. JOSÉ M. ROSAS OTERO, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTIÑO DE BUEU, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS 2003 Vista a solicitude formulada por D. José M. Rosas Otero, patrón maior da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, segundo "Bases de axuda para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros 2003", na contía de quince mil catrocentos euros (15.400,00). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da axuda, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 3.12203.- SOLICITUDE DUNHA SEGUNDA PRÓRROGA FORMULADA POLO CONCELLO DE A CAÑIZA PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS 2003 Vista a solicitude formulada polo Concello de A Cañiza e o informe da técnica de Medio Ambiente do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha segunda prórroga, ata o 30 de setembro do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para "Acondicionamento da praia fluvial de Luneda", incluída nas axudas para Praias Fluviais, Espacios Naturais e Áreas Recreativas, por importe de seis mil euros (6.000,00). ------ Folla: 4.12204.- RENUNCIA DA AXUDA CONCEDIDA Ó BENEFICIARIO DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, D. FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ BRIÓN, PARA ADQUISICIÓN DUN GPS Vista a petición formulada por D. Francisco Javier González Brión, beneficiario das axudas á Pesca Costeira Artesanal 2003, onde expresa a renuncia da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, para a adquisición dun GPS, na contía de trescentos trinta e dous euros con sesenta e nove céntimos (332,69). Visto así mesmo o informe favorable da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade proceder á anulación de dita axuda. ------ Folla: 5.12205.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras que máis adiante se detallan, incluídos no Programa Operativo Local e no Plan Provincial de Cooperación de 2004; e, vistos os informes emitidos por Intervención nos que se pon de manifesto a existencia de consignación nas partidas 04/911.511-611.03 e 04/911.511-611.09 do vixente presuposto provincial, acórdase por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: Con cargo á partida 04/911.511-611.03: 1.- "EP 9504 Lois-Besomaño-Ribadumia (Ribadumia)" (POL 2004), por importe de 280.000,00 euros, IVE incluído. 2.- "EP 2803 Fornelos-Festín (Fornelos)" (POL 2004), por importe de 285.000,00 euros, IVE incluído. Con cargo á partida 04/911.511-611.09: 1.- "EP 2909 Arcade-Viso (Soutomaior-Redondela)" (PPC 2004), por importe de 270.000,00 euros, IVE incluído. 2.- "EP 2405 Cerquido-Budiño (Porriño)" (PPC 2004), por importe de 280.000,00 euros, IVE incluído. ------ Folla: 6.12206.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 10 de xuño do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan nas mesmas, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a relación comprensiva de setenta e seis facturas, que figuran na referencia 200400000472 que importa un total global de setenta e seis mil douscentos trinta e catro euros con oitenta e un céntimos (76.234,81), que comeza coa emitida por TECNO COPY GALICIA, S.L., por importe de 581,86 euros e remata coa de PERSIANAS GALISUR, S.L., por importe de 881,92 euros, na que se recoñecen obrigas por importe de setenta e nove mil setecentos corenta e catro euros con sete céntimos (79.744,07), correspondendo a cantidade de 3.982,52 euros a descontos do IRPF, e a cantidade de 473,26 euros a descontos do IVE soportado deducible, sendo imputables as obrigas ás partidas detalladas na referida relación nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 7.12207.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión do 19 de abril de 2001, polo que se lle adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, á empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763), polo prezo anual ofertado de 16.390.000 pesetas, equivalente a 98.505,88 euros, por un período de dous anos a contar dende o día 1 de maio de 2001. Resultando que o contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A., remataba o 30 de abril de 2003 e a Comisión de Goberno na sesión do 8 de agosto de 2003, acordou prorrogar por un ano a duración do mesmo, con efectos dende o día 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004, e acceder á revisión de prezos, en concepto da variación do IPC, ascendendo o novo prezo para o período do 1 de maio de 2003 ó 30 de abril de 2004, á cantidade de 101.559,52 euros, a razón de 8.463,29 euros/mes. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 16 de abril de 2004, acordou prorrogar por un ano máis a duración do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, con efectos desde o día 1 de maio de 2004 ó 30 de abril de 2005, ámbolos dous incluídos, sendo este último ano susceptible de prórroga, en base ó disposto no artigo 198.1º do RDL 2/2000, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Resultando que a empresa CLARO SOL, S.A., mediante escritos de datas 19 e 28 de maio (o segundo rectifica o punto terceiro do anterior), solicita a revisión de prezos do contrato para o período do 1 de maio de 2004 ó 30 de abril de 2005, aplicando sobre o mesmo unha actualización do prezo en base ó IPC interanual nacional (Abril 2003-Abril 2004) fixado nun 2,7% e visto o informe emitido por Intervención ó respecto, de data 8 de xuño de 2004, acórdase por unanimidade acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, co incremento do 2,7% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de maio de 2004 ó 30 de abril de 2005, ámbolos dous inclusive, á cantidade de CENTO CATRO MIL TRESCENTOS UN EUROS CON SESENTA E TRES CÉNTIMOS (104.301,63), a razón de 8.691,80 euros/mes. Do novo prezo revisado corresponden 69.534,40 euros ó período do 1 de maio a 31 de decembro de 2004, que serán libradas no seu día con cargo á partida 04/121.121.227.00, do vixente presuposto provincial e a de 34.767,20 euros ó período 1 de xaneiro a 30 de abril de 2005, ámbolos dous incluídos, con cargo ó presuposto provincial do ano 2005, o que supón un incremento imputable ó exercicio de 2004 de 1.828,08 euros e o correspondente ó exercicio de 2005 de 914,04 euros. ------ Folla: 8.12208.- ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2004 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 30 de abril de 2004 polo que aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2004, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP núm. 87 do día 07-05-2004 e no Diario Oficial de Galicia núm. 89 do día 10 de maio de 2004. Resultando que a mesa de contratación na reunión que tivo lugar o día 26 de maio de 2004 propón que se declare deserto o concurso, ó non admitir a documentación presentada pola empresa "A MARIONETA", con motivo de non cumprir co estipulado no apartado 9.2º do prego de cláusulas económico-administrativas, polo que a Xunta de Goberno na sesión do día 28 de maio de 2004, en base á citada proposta, acordou declarar deserto o concurso para a contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán 2004. Resultando que a señora directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", ante a urxente necesidade de contar cunha empresa que se faga cargo da asistencia dos campamentos que comezan o próximo 28 de xuño do ano en curso, propón en escrito de data 3 de xuño de 2004, que se adxudiquen ditos servizos mediante procedemento negociado, de conformidade co establecido no artigo 210 a) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e tralas consultas realizadas a varias empresas do sector, presenta a oferta económica e a documentación da empresa "TRANSGALAICA, S.L.", cuxo proxecto educativo reúne as condicións establecidas nos pregos e non supera o prezo de licitación establecido no concurso. Vista a proposta efectuada pola mesa de contratación , na reunión celebrada o día 16 de xuño de 2004, para que se lle adxudique o contrato á empresa "TRANSGALAICA, S.L.", acórdase por unanimidade, de conformidade co previsto no artigo 210 a) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, adxudicar, mediante procedemento negociado sen publicidade, á empresa TRANSGALAICA, S.L. (CIF- B-15312838), o contrato para a prestación dos "Servizos de asistencia técnico-educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán 2004", polo prezo máximo ofertado de trinta e tres mil seiscentos dezanove euros con tres céntimos (33.619,03) (IVE incluído), a razón de 6.723,80 euros por cada turno de campamento realizado, ive incluído. A asistencia técnico educativa efectuarase de conformidade co establecido nos pregos de condicións aprobados pola Xunta de Goberno na sesión do día 30 de abril de 2004 e terá lugar dende o día 28 de xuño ó 20 de agosto do ano 2004. Os campamentos desenvolveranse en 5 turnos cun máximo de 150 menores por turno e nas datas que se detallan a continuación: UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 28-06-04 ó 07-07-04 150 10 150 2º Campamento 09-07-04 ó 18-07-04 150 10 150 3º Campamento 20-07-04 ó 29-07-04 150 10 150 4º Campamento 31-07-04 ó 09-08-04 150 10 150 5º Campamento 11-08-04 ó 20-08-04 150 10 150 TOTAL 750 O pagamento do prezo dos servizos efectuarase no seu día ó adxudicatario da seguinte forma: o 60% do importe do contrato ó rematar os tres primeiros turnos de campamentos e o 40% restante, ó rematar os dous últimos turnos contra memoria resume das actividades desenvoltas, con cargo á partida 04/452.452.227.20, do vixente presuposto provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 1.344,76 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: 9.12209.- ADXUDICACIÓN DUNHA BECA DE INVESTIGACIÓN PARA A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha beca de investigación para a Misión Biolóxica de Galicia, aprobada por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 16 de abril de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Sol Ángel Zamuz Castro, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos de 1 de xullo de 2004 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable da Misión Biolóxica de Galicia e memoria do labor desenvolto polo becario, así como acordo da Xunta de Goberno. Ditas cantidades imputaranse á partida 04/711.711.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito becario ó citado organismo. ------ Folla: 10.12210.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. CARLOS E. BORRÁS DÍAZ DE RÁBAGO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE GÉNESIS SEGUROS, POR DANOS MATERIAIS E PERSOAIS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS POR DONA DOLORES MÉNDEZ PATIÑO E DONA ALBA DOMÍNGUEZ MÉNDEZ, NA ESTRADA COMARCAL 550 CESURES-TUI Dada conta que con data de Rexistro 24-05-04 (nº 018742) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Carlos E. Borrás Díaz de Rábago en nome e representación de GÉNESIS SEGUROS, por danos materiais e persoais en accidente de tráfico padecidos por Dona Dolores Méndez Patiño e Dona Alba Domínguez Méndez, na estrada comarcal 550 Cesures-Tui, o día 13 de xaneiro de 2003, e que individualiza economicamente en 7.121,13 euros. Resultando.- Que con data 01-06-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 07-06-04 co seguinte contido: "... 1.- La Carretera 550 Cesures-Tui, no es vía provincial, sino de carácter autonómico, perteneciendo a la Xunta de Galicia. 2.- Se desconoce si a la altura del P.Km. 53,400, existía el 13 de xaneiro de 2003, una placa de hielo, que cruzaba la calzada, pudiendo provocar accidentes, toda vez que al no ser una vía provincial, no resulta competencia de esta Excma. Diputación, su vigilancia, ni su conservación y mantenimiento." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 11.12211.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. FRANCISCO JAVIER MARTÍN BORRAJO, POR DANOS SUFRIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA VIEJA DE MADRID EN DIRECCIÓN A PUXEIROS Dada conta que con data de Rexistro 20-05-04 (nº 018528) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Francisco Javier Martín Borrajo, veciño de Vigo, R/ Marqués de Valladares, nº 21-3º; por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, na estrada Vieja de Madrid en dirección a Puxeiros o día 9 de marzo de 2004, e que individualiza economicamente en 2.602,08 euros. Resultando.- Que con data 25-05-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 07-06-04 co seguinte contido: "... 1. La Cª Vieja de Madrid, no es vía provincial. 2. Se desconoce si el pasado día 9 de Marzo de 2004, existían en esa carretera, en dirección a Puxeiros, obras de ampliación de aceras, sin señalizar y sin iluminación, así como una zanja que pudiera ser causa de algún accidente, toda vez que al no ser una vía provincial, no resulta competencia de esta Excma. Diputación, su vigilancia, ni su conservación y mantenimiento". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 12.12212.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA. Ponte Caldelas (PONTEVEDRA) Dada conta da comunicación do Subdirector Xeral de Urbanismo da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, de data 31 de maio de 2004 (rexistro de entrada nº 020102, de data 04/06/04), pola que se remite copia do expediente en relación coas estradas provinciais sobre Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de A Reigosa, Ponte Caldelas (Pontevedra), que afecta as estradas PO-6002 Reigosa-Taboadela-Soutomaior e PO-5003 Pontevedra-Marcón-Reigosa, a efectos de informe por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 11 de xuño de 2004, que literalmente dí: "...no se ven influenciadas de forma negativa por la presencia de la mencionada actuación y dado que la misma contempla rotondas y viales diferenciados que canalizan el tráfico de forma adecuada, manteniendo las mencionadas carreteras su nivel de servicio primitivo, aunque en cualquier caso puedan ser motivo de mejora para canalizar con más fluidez los tráficos inducidos generados por la presencia del Parque Empresarial." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia. ------ Folla: 13.12213.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada a Xunta de Goberno de remisión por parte do Ministerio de Fomento (rexistro de entrada núm. 021312, de data 16-06-04), de Resolución do Excmo. Sr. Ministro de Fomento pola que se aproba o expediente de Información Pública e definitivamente o Proxecto de Trazado: "Proxecto de Trazado relativo á información pública a efectos de localización de enlaces do Novo acceso ó Porto de Vilagarcía de Arousa". ------ Folla: 14.12214.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 15.12215.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO 30 DE ABRIL DE 2004 EN RELACIÓN COA APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA A OBRA "ADQUISICIÓN FINCA DUNS 1.487 M2 SITA NA LAMA PARA CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS", DO CONCELLO DE A LAMA, CON CARGO Ó PAM/04 Producíndose un erro mecanográfico na transcrición do importe da subvención concedida por esta Deputación, con cargo ó PAM/04, para a "Adquisición finca duns 1.487 m2 sita na Lama para construcción vivendas sociais", acordo núm. 7.12055 da Xunta de Goberno de data 30 de abril de 2004, acórdase por unanimidade corrixir a mesma debendo dicir na terceira e cuarta liñas do primeiro parágrafo "cento un mil seiscentos oitenta e sete euros con vinteseis céntimos (101.687,26)", onde dicía "cento un mil cincocentos oitenta e tres euros con seis céntimos (101.583,06)". ------ Folla: 16.12216.- DAR CONTA DE SENTENZA A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso nº 02/00 4631/ 2000, promovido polo Excmo. Concello de Vigo contra Resolución Presidencial de 26 de xaneiro de 2000 desestimatoria de recurso de reposición sobre compensación de saldos debedores e acredores, e na que se estima parcialmente o recurso interposto, anulando en parte a devandita Resolución e excluíndo o importe de 3.054.352 pts. (18.357´03 euros), correspondente á aportación á obra "D97/10518, Reforma iluminación pública EP". Así mesmo, queda enterada do informe subscrito polo Sr. Viceinterventor de data 9 de xuño de 2004 en relación coa mesma, que, entre outros, manifesta: "Esta sentencia no crea ni anula derechos ni obligaciones económicas entre en Concello y la Diputación. Teniendo en cuenta que no fue concedida la suspensión del expediente de compensación, y el tiempo transcurrido desde el inicio del expediente, entendiendo que esta sentencia no tiene ninguna consecuencia práctica; pues lo normal es que, al igual que la Diputación el Concello tenga contabilizado el expediente de compensación. En caso contrario, el Concello y la Diputación tendrán recíprocamente unos saldos deudores y acreedores por importe de 2.054.352 pesetas, que deberán proceder al pago y cobro recíproco". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó devandito informe. ------ Folla: 17.12217.- CONVENIO DE COLABORACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA-PONTEVEDRA C.F. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración co PONTEVEDRA, C.F., co obxecto de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións e a participación de xoves e nenos da provincia dos medios que o club dispón, mediante a achega de sesenta mil euros (60.000,00), e con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O PONTEVEDRA, C.F. PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Saturnino Mirón Gutiérrez, en calidade de presidente do Pontevedra Club de Fútbol, con CIF G-36029577 e domicilio social en r./Benito Corbal, 16-1º, do Concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que o Pontevedra, C.F. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estaren preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Por iso contemplan o aunar esforzos para que os nenos e xoves da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Pontevedra C.F. dispón co fin de promocionar e acercarse máis ó primeiro Club da capital da provincia. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte xeito: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS e de quen designe a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para a asistencia ós partidos que o Pontevedra C.F. xogue no seu estadio durante o ano 2004. Para levar a cabo este convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados polo Pontevedra C.F. o número de 300 entradas por xornada. 2º.- Que se establecen grupos de alumnos coordinados conxuntamente polo Pontevedra C.F. e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 3º.- Manterase a publicidade institucional da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no estadio de Pasarón. 4º.- O Club comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre o Pontevedra, C.F. e a Excma. Deputación Provincial. 5º.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra disporá de 4 localidades no palco do estadio de Pasarón durante o ano 2004 para poder atender as invitacións institucionais que poidan xurdir. 6º.- Establécese a cantidade de sesenta mil euros (60.000,00) con cargo á partida 04/451.452.489.02 como achega da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de asistencia dos alumnos da provincia ós encontros celebrados no Estadio de Pasarón polo Pontevedra, C.F., durante o presente 2004. 7º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 60.000,00 euros unha vez que o Pontevedra, C.F., xustifique a achega con: a.- Fotografías da publicidade insertada no Estadio Municipal de Pasarón. b.- Certificación do Club de que a referida publicidade estivo exposta no estadio ó longo do actual 2004. c.- Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do estadio. E como proba da firme vontade de fomenta-lo desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra, asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE PONTEVEDRA, C.F. Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Saturnino Mirón Gutiérrez ------ Folla: 18.12218.- CONVENIO DE COLABORACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA COA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa FUNDACIÓN CELTA DE VIGO, para a extensión cultural e apoio deportivo ós xoves de toda a provincia de Pontevedra, mediante a achega de DOUSCENTOS MIL EUROS (200.000,00), e con cargo á partida 04/451.452.489.02 do vixente presuposto, acórdase por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Excma. Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Horacio Gómez Araujo, en calidade de presidente da Fundación Celta de Vigo, con CIF G-36810042 e domicilio social en Avda. de Balaídos, s/n, do Concello de Vigo (36210). EXPOÑEN A Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estaren preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis señeros. Por iso contemplan o aunar esforzos para que os nenos e xoves da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Museo do Real Club Celta de Vigo dispón co fin de obter a información e formación precisa do que foi e é unha institución socio-deportiva tan importante, como o é o Real Club Celta de Vigo. Iso suporá o habilitar, expresamente, as instalacións dispoñibles, nas que se recolle toda a historia do Club, engadidos os seus medios audiovisuais, en espacios e horarios compatibles coas súas clases e tempo libre. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte modo: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS ou de quen designe a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, créanse "GRUPOS DE VISITA GUIADOS", de forma tal que ó longo do ano 2004, os 89.000 alumnos da provincia poidan percorrer as instalacións do Museo, distribuídos en máis de 800 m2, participar da hemeroteca e observar os audiovisuais do Museo do Real Club Celta de Vigo. Mediante o desenvolvemento dos obxectivos anteriormente mencionados, a Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretenden que durante a duración deste convenio os alumnos da provincia de Pontevedra, coñezan a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia, conlevando isto, o propio coñecemento da historia de Galicia e dos seus momentos máis relevantes, xa que a historia de Galicia e do Real Club Celta foron sempre unidas dende o nacemento deste último. Ademais deste obxectivo didáctico, con este convenio tamén se persigue un obxectivo lúdico, xa que durante esta visita se pretende que os nenos pasen un día agradable e divertido practicando unha serie de actividades deportivas en compañía dos seus compañeiros, sempre baixo a tutela e supervisión de profesionais especializados. Por todo o exposto anteriormente a Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dunha maneira importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos 89.000 alumnos da nosa provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todo os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Balaídos e disputados polo Celta, C.F. 2º.- Que a Fundación Celta de Vigo habilitará, expresamente, todos os medios dispoñibles para que ningún neno e xove da provincia de Pontevedra se quede sen ve-lo Museo do Real Club Celta de Vigo. 3º.- A xestión e organización das visitas á citada Fundación correrá a cargo da mesma, polo que se establecen grupos de alumnos para que, coordinados conxuntamente pola Fundación Celta de Vigo e os representantes dos alumnos, poidan asistir ó Museo do Real Club Celta de Vigo. 4º.- Habilitaranse as entradas ó Museo necesarias para que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra poida desenvolve-lo seu labor cultural e deportiva cos Centros que crea conveniente. 5º.- A organización e desenvolvemento da actividade correrá a cargo da Fundación Celta de Vigo, obrigándose a plasmar en toda a publicidade e propaganda oral ou escrita, que están patrocinadas pola Deputación Provincial. 6º.- Establécese a cantidade de douscentos mil euros (200.000,00) con cargo á partida 04/451.452.489.02 como achega da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo ós 89.000 escolares da provincia ó Museo do Real Club Celta de Vigo para o ano 2004. 7º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 200.000,00 euros unha vez que a Fundación Celta de Vigo, ó final do exercicio, remita a este organismo, memoria sobre as citadas actividades realizadas. E como proba da firme vontade de fomenta-lo desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE FUNDACIÓN CELTA DE VIGO Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Horacio Gómez Araujo ------ Folla: 19.12219.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ILMO. CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA, E O CLUB DE FÚTBOL CÉLTIGA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL SALVADOR OTERO Sendo intención da Deputación Provincial, o Concello de A Illa de Arousa e o Club de Fútbol Céltiga, levar a cabo a reforma do campo de fútbol Salvador Otero, mediante a reposición de gradas, vestiarios e peche, cun presuposto de 256.000,00 euros; e, vistos os informes emitidos polo Sr. Vicesecretario e o Sr. Interventor, así como o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/123.452-622.01, acórdase por unanimidade prestar aprobación o seguinte convenio de colaboración: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O ILMO. CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA E CLUB DE FÚTBOL CÉLTIGA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL SALVADOR OTERO En Pontevedra, a de de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma. O Sr. D. José Manuel Vázquez Vázquez, Alcalde-Presidente do Ilmo Concello de a Illa de Arousa, en nome e representación do mesmo. O Sr. D. José Manuel Cousido Suárez, Presidente do Céltiga Club de Fútbol, como é público e notorio. Interveñen os dous primeiros en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas pola Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o terceiro en representación do Céltiga Club de Fútbol. EXPOÑEN Primeiro.- É competencia propia das Deputacións a asistencia e cooperación económica e técnica ós municipios, na que se inclúe, entre outras, a colaboración para mellorar as infraestructuras deportivas da provincia. Segundo.- No Concello de a Illa de Arousa, dende a súa recente creación, consecuencia da segregación de parte do termo municipal de Vilanova de Arousa (Decreto 415/96, de 21 de novembro, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1997), non se fixeron investimentos por parte das distintas Administracións no eido deportivo. Terceiro.- Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común (arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas). En base ás consideracións expostas e ó obxecto de instrumentar a súa colaboración, as partes intervenientes formalizan o presente convenio no que, ACORDAN 1.- É obxecto do presente convenio acomete-la reforma do Campo de Fútbol Salvador Otero, do que é propietario o Concello da Illa de Arousa, mediante a reposición de gradas, vestiarios e peche. 2.- O Concello de a Illa de Arousa comprométese a por a disposición da Excma. Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter tódolos permisos e autorizacións que sexan necesarias. 3.- O Club Céltiga de Fútbol que ten cedido o uso do campo de fútbol non pon impedimento ningún a que a Deputación Provincial de Pontevedra leve a cabo as devanditas obras, correndo ó seu cargo o mantemento das novas instalacións unha vez executadas. 4.- O importe das obras a realizar ascende á cantidade de 256.000,00 euros, e será financiado integramente pola Deputación de Pontevedra, dado que o Concello de a Illa de Arousa, de recente creación, carece de consignación no seu presuposto para facer efectiva a súa aportación. 5.- A aportación da Deputación será financiada con cargo á partida 04/123.452-622.01 do vixente presuposto provincial. 6.- A Deputación Provincial de Pontevedra asumirá a contratación e execución das referidas obras correndo a súa dirección a cargo dun técnico designado ó efecto. 7.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial das obras será asumido pola Deputación Provincial de Pontevedra. 8.- O presente convenio terá vixencia a tódolos efectos legais dende a data da súa sinatura ata a finalización das obras. E en proba de conformidade, as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data ut upra. Pola Deputación Provincial Polo Concello de A Illa de Arousa, de Pontevedra, Asdo.: D. Rafael Louzán Abal. Asdo. José Manuel Vázquez Vázquez Polo Club Céltiga de Fútbol, Asdo. D. José Manuel Cousido Suárez. ------ Folla: 20.12220.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "REFORMA PARA REPOSICIÓN DE GRADAS, VESTIARIOS E PECHE NO CAMPO DE FÚTBOL SALVADOR OTERO, 1ª FASE (ILLA DE AROUSA)" Visto o proxecto de "REFORMA PARA REPOSICIÓN DE GRADAS, VESTIARIOS E PECHE NO CAMPO DE FÚTBOL SALVADOR OTERO, 1ª FASE (ILLA DE AROUSA)", cuxo importe ascende á suma de 256.000,00 euros, IVE incluído; e, visto o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/123.452-622.01, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto polo citado importe. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------
Ãrea de notas
Nota