ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/08/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-08-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/08/13_Ordinaria

  • Data(s) 2004-08-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 13 de agosto de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día trece de agosto do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse os señores deputados, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental e está presente o Sr. Viceinterventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten a señora deputada, Dona María Teresa Pedrosa Silva, nin os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias, quen escusa a súa ausencia e D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12361.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de agosto de 2004. ------ Folla: 2.12362.- AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOL DE CARRIL PARA A REALIZACIÓN DA XII EDICIÓN DA FESTA DA AMEIXA-CARRIL 2004 Vista a solicitude formulada polo Patrón Maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril, o informe económico favorable da Intervención e os informes da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do enxeñeiro xefe do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica para a realización da XII Edición da Festa da Ameixa-Carril 2004, á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril (CIF: G-36012813), por importe de TRES MIL EUROS (3.000,00), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 3.12363.- SOLICITUDE DUNHA SEGUNDA PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS-2003 Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Pontecesures e o informe da técnica de Medio Ambiente do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha segunda prórroga ata o 30 de setembro do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para "Acondicionamento de zona de recreo en O Castro: adecuación de terreos e mobiliario urbano", incluída nas Axudas para Praias Fluviais, Espacios Naturais e Áreas Recreativas, por importe de tres mil euros (3.000,00). ------ Folla: 4.12364.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 9 de agosto do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos CENTROS XESTORES e DEPENDENCIAS desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento 2004, acórdase por unanimidade aprobar: .- A relación comprensiva de trinta e oito facturas, que figuran na referencia 200400000680, por un importe global de vintedous mil seiscentos oitenta e seis euros con trinta e tres céntimos (22.686,33), a primeira das cales é a relativa a Cedipsa (33436 E.S. Pontevedra) por un importe de 962,04 euros, e remata coa correspondente a Dock, Fundición Artística, S.L., por un importe de 1.280,71 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de vintedous mil seiscentos oitenta e seis euros con trinta e tres céntimos (22.686,33). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 5.12365.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. RAMIRO J. ANDRÉS GONZÁLEZ, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE ATLANTIS SEGUROS, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE A MEIXOADA-ABELENDO Dada conta que con data de Rexistro 021093 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Ramiro J. Andrés González, con enderezo na rúa López Mora nº 70-1º A, 36211- Vigo, en nome e representación da entidade mercantil ATLANTIS SEGUROS, sobre indemnización por danos padecidos en automóbil propiedade de D. Nicolás Sangabriel Iglesias, na estrada de A Meixoada-Abelendo, o día 4 de setembro de 2003, e que individualiza economicamente en 570, 69 euros, sendo o referido importe aboado no seu día ó prexudicado, D. Nicolás Sangabriel Iglesias, por dita aseguradora, segundo se desprende da documentación aportada xunto coa instancia de reclamación. Resultando.- Que requirido o reclamante para a subsanación da solicitude no senso de acreditar debidamente o seu dereito ou interese lexítimo no expediente, con data de rexistro 28 de xullo de 2004 (nº 025243), ten entrada nesta Deputación escrito de D. Ramiro J. Andrés González, ó que acompaña copia da póliza de contrato de seguro subscrita pola entidade que representa, ATLANTIS SEGUROS, co titular do automóbil sinistrado, D. Nicolás Sangabriel Iglesias. Resultando.- Que con data 23 de abril de 2004 a Xunta de Goberno acordou desestimar a reclamación formulada polo titular do automóbil D. Nicolás Sangabriel Iglesias, cos seguintes fundamentos: Primeiro.- Os informes do Servizo de Vías e Obras de datas 16 de febreiro e 5 de marzo de 2004, cos seguintes contidos, respectivamente: "... a) El agujero al que se refiere, no está en la carretera sino en el exterior de la misma. b) Está señalizada, y lo va a reparar "Modecar". " ... Que se trata de una zona del arcén fuera de la zona de circulación, la reparación por supuesto la hace la Diputación". Segundo.- Que si ben resulta feito indubitado a existencia da focha pois non é posible poñer en dúbida un documento público emanado de Notario, a máis do relatado polo Enxeñeiro Técnico Xefe de Vías e Obras que tamén afirma a realidade do defecto, o certo é que iso non demostra, por sí, máis que a existencia da focha, pero en ningún caso acredita a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93). En relación con isto cabe dicir que o artigo 6 do RD 429/93, que é a norma rectora neste tipo de procedementos, establece a obriga de acompaña-la instancia de cantos documentos, informacións e concrecións de medios probatorios se pretendan, todo isto como principio de certeza probatoria que induza á Administración a desenvolver estes últimos. Pois ben, nada disto se fai, salvo acreditar a existencia da focha, relegando, cando non omitindo, a proba cabal ou, a lo menos, indiciaria, da relación de causalidade. A existencia da focha por sí, nada proba, salvo un defecto de funcionamento ou unha disfunción temporal ou práctica entre os servizos de vixilancia -encargados de detectar a focha e poñer de manifesto o seu servizo a necesidade da súa eliminación- e quen debe repoñer a vía dotándoa das necesarias condicións de rodadura. Dos informes de Vías e Obras dedúcese a próxima reparación da vía, o que non exonera a esta Deputación dun recoñecemento explícito dun defectuoso servizo dela dependente, pero disto a admitir sen máis e, sobre todo, sen a máis mínima actividade probatoria do solicitante que aquilo influíu no percance, é dicir, sen facer erección da relación de causalidade probada, que a Deputación é a responsable, vai un gran treito que esta Administración soamente podería percorrer compelida pola vía do recurso convenientemente razoado e solidamente sustentado nos seus argumentos probatorios. Considerando.- Que dándose identidade de feitos en ambas reclamacións, para a resolución de ambas deben de servir de base os mesmos informes e considerandos, recollidos no Resultando anterior. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 6.12366.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. OTILIO GONZÁLEZ ÁLVAREZ Dada conta que con data de Rexistro 12 de xullo de 2004 (nº 023789) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Abelaira Arriandiaga, avogado, en nome e representación de D. Otilio González Álvarez, veciño de Vilanova de Arousa, lugar de Serantes nº 20, parroquia de Baión, con enderezo a efectos de notificacións no despacho do letrado sito na cidade de A Coruña, rúa Enrique Dequidt nº 10-1º drta., por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca "Audi 80", matrícula 7699-BVW, na estrada Baión-András, o día 13 de xullo de 2003, e que individualiza economicamente en 897,63 euros. Resultando.- Que con data 14 de xullo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, pola Asesoría Xurídica se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, pregando contestación ós seguintes extremos: "a) Se a vía EP-9701 Baión-András, é vía provincial. b) Se á altura do punto quilométrico 4,750 existía unha focha ou deformación da estrada ó redor do día 13-07-03. c) De existir, se se atopaba sinalizada. d) Calquera outro extremo que considere de interese". Resultando.- Que con data 26 de xullo de 2004 emite o Servizo de Vías e Obras o informe solicitado, co seguinte contido: "a) Sí, la Vía EP-9701 Baión-András es Vía Provincial. b) No existe más de lo normal en este tipo de Vía. c) La velocidad es la única causante del accidente". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto o informe de Vías e Obras relata deformacións normais no firme sen a suficiente entidade para causar accidentes agás que a velocidade sexa inadecuada, extremo que resulta corroborado polo informe dos Axentes da Garda Civil que como causa probable aluden á velocidade inadecuada do vehículo para o trazado da vía, o que provocou que ó tomar a curva e cruzarse con outro automóbil debera orillar en exceso á dereita, saíndose do firme de rodadura, e como consecuencia, sufrindo o accidente. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 7.12367.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN RODRÍGUEZ CARBALLO, POR DANOS EN FINCA DA SÚA PROPIEDADE Dada conta que con data de Rexistro de 7 de maio de 2004 (nº 017242) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Carmen Rodríguez Carballo, con enderezo na rúa Amado Carballo 6-5º A, 36002- Pontevedra, por danos padecidos en finca da súa propiedade sita en Vilagarcía de Arousa, rúa dos Pasos, Cornazo de Abaixo, como consecuencia de obras de ampliación de camiño. Resultando.- Que con data 1 de xuño de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó responsable do Parque Central de Maquinaria desta Deputación, pregando resposta ó seguinte: - Grao de colaboración desta Deputación nas obras "Continuación da construcción da rúa de baixada a Pasos enlace con Cornazo de Abaixo", polos seus propios medios e operarios ou a través de empresas contratadas, aportación de materiais e traballo, ou soamente algún destes elementos". Resultando.- Que con data 10 de xuño seguinte o Xefe Xeral do Parque Central de Maquinaria emite informe, co seguinte contido: "Primero.- Que de acuerdo con el anterior informe al respecto, el grado de colaboración de este Centro se limitó a lo expresado en el documento adjunto (solicitud) según lo establecido. Segundo.- La maquinaria asignada fue propia y de alquiler (concurso 2004) para el acondicionamiento de la explanación. Los materiales exclusivamente para canalizaciones, fueron suministrados con cargo al concurso 2004, y el personal de obra fue aportado por el Ayuntamiento". Resultando.- Que con data 25 de xuño de 2004 a interesada volve a reiterar a súa petición, o que motiva a evacuación de novo informe polo Parque Central de Maquinaria, con data 15 de xullo de 2004, co seguinte contido: "Que los anteriores informes de régimen interno, hacían constar claramente que el grado de colaboración de la Excma. Diputación se limitó a la solicitud remitida en su día por el Ayuntamiento de Villagarcía y según lo establecido por este Organismo, cuya copia de la mencionada solicitud se remitió en su día compulsada del original que obra en este Centro. No obstante, y de acuerdo con el reconocimiento sobre el terreno referente a las mencionadas reclamaciones, y según las manifestaciones de los maquinistas que allí trabajaron, así como el Sr. Fandiño, del cual hace referencia en el primer escrito, no se produjo ocupación del terreno de su propiedad, ni se observa la existencia de tierra ni escombros depositados en la misma. Con respecto a las demás reclamaciones, de la tubería recogida de aguas que atraviesa la explanación y el bloque de granito, han sido subsanadas, ya que procedían de sobrantes de los trabajos realizados". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no posible evento lesivo, por canto dos reiterados informes do responsable do Parque Central de Maquinaria dedúcese claramente que a Deputación o único que fixo foi colaborar co Concello de Vilagarcía de Arousa, con maquinaria propia e de aluguer, extremo que resulta corroborado do documento asinado polo Presidente da Comunidade de Montes de Cornazo e Solobeira e o Alcalde-Presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, no que literalmente se di "... facéndose responsable o Concello polo que respecta á reposicións dos bens afectados ...". Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.12368.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ROGELIO CELESTINO CORES BARREIRO, POR DANOS SUFRIDOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA A PONTEARNELAS Dada conta que con data de Rexistro de 7 de xullo de 2004 tivo entrada nesta Deputación comunicación da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, remitindo instancia subscrita por D. Rogelio Celestino Cores Barreiro, veciño de Ribadumia, con enderezo a efectos de notificacións no despacho da letrada Dona Marina Couselo Filgueira, sito na rúa Xeneral Gutiérrez Mellado nº 15-6º A de Pontevedra, por danos padecidos en automóbil marca Opel Astra, matrícula PO-0935-N, na estrada de Vilagarcía a Pontearnelas, o día 13 de febreiro de 2004. e que individualiza economicamente en 795,70 euros. Resultando.- Que con data 9 de xullo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 26 de xullo seguinte, co seguinte contido: "... La PO-331 de Vilagarcía a Pontearnelas, no es Vía Provincial". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.12369.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JESÚS MESEJO ABELENDA, POR DANOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA DE AS SINAS (VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de Rexistro de 2 de marzo de 2004 (nº 05442) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Jesús Mesejo Abelenda, con enderezo en Vilagarcía de Arousa, rúa A Mariña nº 116-7º B, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, na estrada de As Sinas, á altura da Aduana de Corón, sen efectuar valoración económica de ditos danos. Resultando.- Que con data 4 de marzo de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou pola Asesoría Xurídica informe ó Servizo de Vías e Obras, pregando contestación ós seguintes extremos: a) Se a estrada de As Sinas, pasando por Corón, é vía provincial. b) Se na estrada de As Sinas (Vilanova de Arousa), á altura da aduana de Corón, existe unha focha susceptible de producir danos en vehículos. c) Calquera outro extremo que considere de interese. Resultando.- Que con data 9 de marzo de 2004 se emite informe polo Servizo de Vías e Obras, co seguinte contido: "a) Que la Carretera de As Sinas, pasando por Corón, es Vía Provincial. b) Que dicha Carretera está en obras. Debe acompañar atestado, no podemos investigar todas las denuncias". Resultando.- Que co contido do meritado informe non se considera pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica suficientemente completado o hipotético xuízo de responsabilidade, polo que en data 12 de marzo de 2004 se solicitou contestación expresa ó apartado "b" da petición de 4 de marzo anterior, facéndoo o 12 de xullo de 2004, co seguinte contido: "Que sí existía un hundimiento de una tajea, ya se reparó". Resultando.- Que con data 26 de xullo, o Servizo de Vías e Obras culmina o proceso de cumprimentación da súa información, con documento que contén o seguinte: "Que no hay señalización previa. Están un poco bajos los pozos pero no puede provocar accidente". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes de Vías e Obras, categóricos e contundentes, dedúcense os seguintes extremos: a) Que a estrada estaba en obras. b) Que existía un afundimento dunha taxea que xa se reparou. c) Que os pozos estaban un pouco baixos pero non podían provocar accidentes. Así as cousas, coa ausencia de material probatorio (atestado da Garda Civil, informe da Policía Municipal ou, alomenos, algunha testifical que sustentara sequera indiciariamente a sostenibilidade da pretensión) a reclamación queda nunha simple alegación de parte, polo que o destino que debe seguir é o da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 10.12370.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL PRESENTADA POR D. JAIME DIZ PARADA, POR DANOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA TABOADELO-SOUTOMAIOR Dada conta que con data 12 de xullo de 2004 tivo entrada nesta Deputación (nº rex. 024896) instancia de D. Jaime Diz Parada, veciño de Ponte Caldelas, con enderezo na rúa Taboadelo nº 64, solicitando indemnización de danos sufridos en automóbil da súa propiedade, que valora economicamente en 108,00 euros, segundo copia cotexada de factura que acompaña, o día 10 de xullo de 2004, na estrada de Taboadelo a Soutomaior. Resultando que con data 5 de agosto de 2004 e con fundamento no artigo 10.1 último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86 se solicitou informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 6 de agosto de 2004, co seguinte contido: "La carretera de Taboadelo a Soutomaior no es vía provincial, ésta finaliza precisamente en Taboadelo, en el Cementerio y se inicia en la Reigosa". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que a teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resulta-la Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 11.12371.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 12.12372.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vintecinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición