ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2004/10/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-10-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/10/08_Ordinaria

  • Data(s) 2004-10-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 8 de outubro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día oito de outubro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar, quen escusa a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12462.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de outubro de 2004. ------ Folla: 2.12463.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. EDUARDO MARTÍNEZ PRADO, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES LA PASTORIZA DE VILANOVA, PARA REALIZAR E XUSTIFICAR A INVERSIÓN DE REPARACIÓN, ACONDICIONAMENTO E EQUIPAMENTO DO EDIFICIO SOCIAL DA CONFRARÍA Vista a solicitude formulada por D. Eduardo Martínez Prado, Patrón Maior da Confraría de Pescadores La Pastoriza de Vilanova, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, segundo "Bases de Axuda a Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra 2003", na contía de vinte mil oitocentos oitenta e cinco euros (20.885,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servizo Agrario, e os acordos da Comisión de Goberno de data 26 de setembro de 2003, e da Xunta de Goberno de 26 de marzo de 2004, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de tres meses para a realización e xustificación da inversión, a contar desde a data deste acordo. ------ Folla: 3.12464.- MODIFICACIÓN DO LISTADO DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o informe da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o acordo da Xunta de Goberno de data 2 de xullo de 2004, onde se aproban as axudas para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros, segundo "Bases de Axuda para adquisición de semente para rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra", acórdase por unanimidade modificar dito listado, da seguinte forma: onde di: CONFRARÍA CIF AXUDA San Xulian de A Illa de Arousa G-36.014.124 24.000,00 debe dicir: CONFRARÍA CIF AXUDA San Xulian de A Illa de Arousa - O.P.P. 20 G-36.049.161 24.000,00 ------ Folla: 4.12465.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SEGURIDADE E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión de data 3 de xullo de 2003, polo que se adxudicou o contrato para a prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", á empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A. (CIF.-A-27032671), por un período de dous anos, con efectos desde o día 1 de xullo de 2003 e polo prezo anual máximo ofertado de 42.116,08 euros, IVE incluído, para a prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón de 15,02 euros/hora, IVE incluído. Resultando que a empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A., mediante escrito de data 1 de setembro de 2004, solicita a revisión do prezo do contrato para prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", aplicando sobre o mesmo unha actualización do prezo en base ó IPC interanual nacional (xullo 2003-xullo 2004), fixado nun 3,4%, tal e como prevé a cláusula terceira do contrato formalizado entre a empresa e esta Deputación Provincial o 28 de xullo de 2003. Resultando que o custo anual do contrato para o período do 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005, co prezo incrementado nun 3,4%, ascendería a 43.548,02 euros, en caso de realizarse as 2.804 horas e a 37.956,98 euros polas 2.444 horas, cuantificando o importe máximo do incremento do contrato en 1.431,94 euros, correspondendo as cantidades de 715,97 euros ó período do 1 de xullo ó 31 de decembro de 2004 e a de 715,97 ó período do 1 de xaneiro ó 30 de de xuño de 2005. Visto o informe de Intervención de data 30 de setembro de 2004, no que se deixa constancia de que en función do previsto na cláusula terceira do contrato procede a revisión de prezos ó 3,4 % solicitado, existindo crédito suficiente na partida 04/422.422.227.00 para afrontar o incremento imputable ó exercicio 2004, polo que emite o documento RC número de operación 200400069812 por importe de 715,97 euros, acórdase por unanimidade: .- Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa GRUPO CETSSA SEGURIDAD, S.A. (CIF.-A-27032671) para prestación do servizo de seguridade e vixilancia da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", co incremento do 3,4% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 1 de xullo de 2004 ó 30 de xuño de 2005, ambos incluídos, á cantidade máxima de CORENTA E TRES MIL CINCOCENTOS CORENTA E OITO EUROS CON DOUS CÉNTIMOS (43.548,02), IVE incluído, pola prestación de servizos por un total de 2.804 horas anuais (nas que inclúen a realización das 2.444 horas/ano de servizo e as 360 horas de libre disposición da Dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe), a razón do novo prezo revisado de 15,53 euros/hora, IVE incluído. O novo prezo revisado supón un incremento do custo do contrato de 1.431,94 euros, correspondendo 715,97 euros ó período do 1 de xullo a 31 de decembro de 2004, que serán librados no seu día con cargo á partida 04/422.422.227.00, do vixente Orzamento Provincial e a cantidade de 715,97 euros ó período de 1 de xaneiro a 30 de xuño de 2005, ambos incluídos, con cargo ó Orzamento Provincial do ano 2005. ------ Folla: 5.12466.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías HERMANOS SÁNCHEZ PONTENOVA, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco de Galicia por importe de dous mil douscentos oitenta euros (2.280,00), para responder do "Subministro dun tractor para a Finca Mouriscade", Comisión de Goberno de 21-11-2002 e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-12-2002, núm. de operación 200200103646, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TÉCNICOS ASOCIADOS, S.L. .- A constituída en metálico por importe de seiscentos catro euros con sesenta céntimos (604,60), para responder do "Subministro e instalación dun sistema de aire frío, con destino a Servizos Sociais, Resolución Presidencial nº 8258 de 17-07-2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-08-2002, núm. de operación 200200065504, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 6.12467.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE REDONDELA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "SANEAMENTO EN CESANTES, PARQUE SUR DO NÚCLEO HASTA SU CONEXIÓN CO ALCANTARILLADO EXISTENTE NO CAMIÑO DE PORTA LEVADA", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade, aprobar a solicitude do Concello de Redondela, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 57/652, denominada: "SANEAMENTO EN CESANTES, PARQUE SUR DO NÚCLEO HASTA SU CONEXIÓN CO ALCANTARILLADO EXISTENTE NO CAMIÑO DE PORTA LEVADA", subvencionada con 20.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 3 de setembro de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.12468.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE REDONDELA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "OBRAS NECESARIAS PARA OS CRUCES A REALIZAR NA ESTRADA NACIONAL E NO FERROCARRIL PARA DOTAR A PARROQUIA DE CESANTES DE REDE DE SANEAMENTO", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade, aprobar a solicitude do Concello de Redondela, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 56/653, denominada: "OBRAS NECESARIAS PARA OS CRUCES A REALIZAR NA ESTRADA NACIONAL E NO FERROCARRIL PARA DOTAR A PARROQUIA DE CESANTES DE REDE DE SANEAMENTO", subvencionada con 29.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 3 de setembro de 2003. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.12469.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE A ESTRADA, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "REDE DE SANEAMENTO DE CASTRO RAMIRO E CERNADELA", INCLUÍDA NO PSA/2003 Acórdase por unanimidade, aprobar a solicitude do Concello de A Estrada, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 24/875, denominada: "REDE DE SANEAMENTO DE CASTRO RAMIRO E CERNADELA", subvencionada con 38.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 29-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 9.12470.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 10.12471.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 11.12472.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Visto o informe de Intervención de data 3 de xuño de 2004 para o recoñecemento de diversas obrigas por gastos efectuados polo Gabinete de Prensa da Deputación, que seguidamente se especifican, e en virtude do establecido na Base 17-1 das de Execución do Orzamento, acórdase por unanimidade aprobar as seguintes relacións de facturas: 1) Con cargo á partida 04/111.111.226.02: NÚM. FACTURA PROVEDOR TOTAL TOTAL PROVEDOR A-000441 Radio Vigo S.A. 1.144,92 euros A-000442 Radio Vigo S.A. 580,00 euros 044843 Cadena Noroeste 348,00 euros PO4/2594 La Voz de Galicia 2.570,56 euros PO4/2135 La Voz de Galicia 403,68 euros PO4/9952 La Voz de Galicia 1.082,28 euros PO4/7355 La Voz de Galicia 1.012,68 euros 003 Estrada TV S.L. 2.500,00 euros 1/835 Lérez Ediciones S.L. 202,54 euros 1/1787 Lérez Ediciones S.L. 295,82 euros 10116014 Diario ABC S.L. 34.800,00 euros 666909 Editorial La Capital S.L.931,48 euros 670824 Editorial La Capital S.L.1.624,00 euros P-675617 Editorial La Capital, S.L.1.160,00 euros 04/0293 Difusión Guimefar 208,80 euros PO4/575 Voz de Galicia Radio S.A.1.046,32 euros 1071/04 Arco Area de. 3.513,40 euros Comunicación, S.A. 17 El Colmenar 1.207,10 euros 008/04 MS SMEDIA 696,00 euros 20041004 Antolín Hermida 1.741,38 euros Armensto 20041005 Antolín Hermida 1.741,38 euros Armensto PU26071 Rías Baixas 1.893,12 euros Comunicación, S.A. 1064 Faro de Vigo, S.A. 421,08 euros 2004001722 Eupapress delega- 800,40 euros ciones 2004400696 Eupapress delegacio- 800,40 euros nes 40403 CR R. Tv. de Galicia S.A. 2.227,20 euros 41 Axencia Galega de Noticias 367,66 euros 64 Axencia Galega de Noticias 367,66 euros 89 Axencia Galega de Noticias 367,66 euros 2031054291 UNIPREX S.A. 5.999,98 euros PO4/1937 Voz de Galicia Radio 359,60 euros S.A. TOTAL 72.415,10 euros 2) Con cargo á partida 04/111.111.226.19: NÚM. FACTURA PROVEDOR TOTAL T. PROVEDOR 180 Lalín Press S. L. 313,73 euros 183 Lalín Press S. L. 557,74 euros 905 Encuadernaciones Vimon 1.107,80 euros S.L. TOTAL 1.979,27 euros ------ Folla: 12.12473.- DECLARAR DESERTO O CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUN CAMIÓN DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN CON DESTINO Ó PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DO MORRAZO Aprobado pola Xunta de Goberno do día 10 de setembro de 2004, o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro dun camión de primeira intervención con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 182 e no DOGA número 185 de datas 20 e 22 de setembro de 2004, respectivamente. Resultando que segundo consta en certificación expedida polo Secretario Xeral, en base ó informe do Encargado do Rexistro Xeral, durante o prazo establecido ó efecto e que rematou o día 5 de outubro de 2004, non se presentaron no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial, proposicións económicas nin documentación por parte de ningún licitador para optar á adxudicación do concurso para o subministro dun camión de primeira intervención con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo. Así mesmo e dado que as proposicións tamén se podían presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, non hai constancia de que ningún empresario anunciara ó órgano de contratación, mediante télex, fax ou telegrama, segundo consta na base 9.1 do prego de condicións económico administrativas que rexen o concurso, da remisión de ningunha oferta para participar no citado concurso. Considerando que segundo establece o artigo 182 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, poderase utilizar o procedemento negociado sen publicidade previa cando o contrato non chegase a adxudicarse nun procedemento aberto por falta de licitadores, sempre que non se modifiquen as condicións orixinais do contrato, salvo o prezo, e na porcentaxe indicada no mesmo, acórdase por unanimidade: 1) Declarar deserto o concurso convocado para a contratación do subministro dun camión de primeira intervención con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, por non presentarse licitadores ó mesmo. 2) Que de conformidade co establecido no artigo 182 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, procédase a efectuar os trámites necesarios para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato para o subministro dun camión de primeira intervención con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, de acordo ó expediente aprobado pola Xunta de Goberno do día 10 de setembro de 2004 e co mesmo prezo de licitación. ------ Folla: 13.12474.- ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE EN FARO DE VIGO Visto o escrito do Sr. Xefe do Gabinete de Prensa de data 15 de xullo de 2004, polo que solicita que se leven a cabo os trámites necesarios para formalizar un contrato de prestación de servizos de publicidade coa empresa Faro de Vigo, S.A., editora do periódico "Faro de Vigo", cuxo importe máximo cifra na cantidade de 119.836,42 euros, IVE incluído, e que concreta nas seguintes actuacións: .- Publicación de 42 insercións publicitarias de 15 módulos cada unha, denominada "Especiales Pueblos", para realizar unha promoción turística da provincia de Pontevedra desde o punto de vista gastronómico, socio-cultural e de congresos. .- Publicación de 21 insercións publicitarias de media páxina cada unha, para promover as diversas actuacións que realiza a Deputación Provincial de Pontevedra en pro do desenvolvemento da provincia e dos seus sectores máis representativos nas principais feiras e eventos da provincia de Pontevedra. .- Publicación dos resultados dos torneos que se celebran entre as distintas asociacións e peñas da cidade de Vigo, como campaña social de promoción do deporte. .- Publicación de 16 páxinas de publicidade que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor de ditas actividades. Visto o documento RC expedido por Intervención de data 19-08-2004, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Xeral sobre o prego de condicións e o de fiscalización emitido polo Sr. Interventor e vista a proposta de adxudicación de data 07-10-2004 efectuada polo Xefe do Servizo de Contratación, de conformidade co previsto no artigo 210 b) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas, autorizar o gasto e adxudicar á empresa, FARO DE VIGO, S.A. (CIF -A-36600815), o contrato para Prestación de Servizos de Publicidade no periódico "Faro de Vigo", pola cantidade global de cento dezanove mil oitocentos trinta e seis euros con corenta e dous céntimos (119.836,42), IVE incluído e de acordo ós seguintes prezos unitarios que figuran na oferta presentada pola empresa: 40 insercións de 15 módulos a 774,30 euros cada unha 30.972,00 euros 2 insercións de 15 módulos a 255,78 euros cada unha 511,56 euros 17 medias páxinas a 1.806,70 euros cada unha 30.713,90 euros 2 medias páxinas a 1.461,60 euros cada unha 2.923,20 euros 2 medias páxinas a 397,88 euros cada unha 795,76 euros 16 páxinas de publicidade b/n a 2.500,00 euros cada unha 40.000,00 ¤ S Patrocinio de Peñas 13.920,00 euros TOTAL 119.836,42 euros A adxudicación motívase por ser a única empresa que pode realizar o contrato de acordo ó informe do Xefe de Gabinete de Prensa, así como por cumprir as condicións esixidas no prego. Así mesmo apróbase o gasto por importe de 119.836,42 euros, cantidade que será librada no seu día con cargo á partida 04/111.111.226.20, número de operación 200400060402 do vixente orzamento provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.793,46 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: 14.12475.- RECOÑECEMENTO DO LABOR EN FAVOR DA EMIGRACIÓN Ó CENTRO GALEGO DE MONTEVIDEO E Ó ARQUIVO DA EMIGRACIÓN DO CONSELLO DE CULTURA GALEGA A proposta da Presidencia, aprobada por unanimidade, acordouse conmemorar o Encontro "Entreculturas", que se celebrará o próximo día 12 de outubro, mediante o recoñecemento do labor en favor da emigración realizado polo Centro Galego de Montevideo en Uruguai, ó cumprir o 125 aniversario de existencia, así como polo Arquivo da Emigración, dependente do Consello da Cultura Galega, ó que se lle recoñece a súa contribución á recuperación da memoria histórica de Galicia. ------ Folla: 15.12476.- AGRADECEMENTO DA CORPORACIÓN Ó SR. SECRETARIO DA MESMA Con motivo da xubilación de D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, faise constar en acta o agradecemento da Corporación Provincial ó mesmo pola súa colaboración desde fai case 20 anos. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición