Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2004-12-03_Ordinaria. Acta de sesión 2004/12/03_Ordinaria
Acta de sesión 2004/12/03_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/2.2004-12-03_Ordinaria
Título Acta de sesión 2004/12/03_Ordinaria
Data(s) 2004-12-03 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 3 de decembro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día tres de decembro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.12601.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de novembro de 2004. ------ Folla: 2.12602.- AXUDA ECONÓMICA Á CONFRARÍA DE PESCADORES LA ANUNCIADA DE BAIONA PARA A ADQUISICIÓN DUNHA EMBARCACIÓN DE SALVAMENTO Vista a solicitude formulada por D. Jesús López Méndez, Patrón Maior da confraría de pescadores La Anunciada de Baiona, os informes do enxeñeiro director e a técnica do Servizo Agrario, e o informe económico favorable da Intervención de data 29-11-2004, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á confraría de pescadores La Anunciada de Baiona (CIF: G-36.618.510), para a adquisición dunha embarcación de salvamento, por importe de dezaoito mil euros (18.000,00), reducindo dita cantidade do RC nº 200400036972 e con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 3.12603.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA FORMULADA POR D. PEDRO MANUEL MURAS RODRÍGUEZ PARA A ADQUISICIÓN DUN HALADOR Vista a solicitude formulada por D. Pedro Manuel Muras Rodríguez, onde solicita axuda económica para a adquisición dun halador. Vistos así mesmo os informes favorables de Intervención, do enxeñeiro director e da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica a D. Pedro Manuel Muras Rodríguez, por valor de 653,90 euros, para a adquisición dun halador con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 4.12604.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA FORMULADA POR D. JOSÉ FAUSTINO ALONSO FERNÁNDEZ PARA A ADQUISICIÓN DUN GPS Vista a solicitude formulada por D. José Faustino Alonso Fernández, onde solicita axuda económica para a adquisición dun GPS. Vistos así mesmo os informes favorables de Intervención, do enxeñeiro director e da bióloga do Servizo Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica a D. José Faustino Alonso Fernández, por valor de 500,00 euros, para a adquisición dun GPS con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 5.12605.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O FOMENTO DA PESCA CONTINENTAL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SUBSCRITO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Vista a solicitude formulada por D. José Antonio López Rodríguez, Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente de data 22-11-2004, visto así mesmo o informe favorable do enxeñeiro director do Servizo Agrario desta Excma. Deputación e de acordo coa cláusula sétima do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Excma. Deputación de Pontevedra para a Mellora da Pesca Continental, acórdase por unanimidade prorrogar o mesmo ata o 30 de setembro de 2005, para que sexa viable a execución da obra prevista en dito convenio. ------ Folla: 6.12606.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CONSTRUCCIÓN DE NOVAS CAPTACIÓNS EN PENIZAS", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Salceda de Caselas, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 88/736, denominada "Construcción de novas captacións en Penizas", subvencionada con 6.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 07-10-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.12607.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CAPTACIÓN E MELLORA TRAÍDA AGUAS CASTRO - BARREIRO", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Salceda de Caselas, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 89/735, denominada "Captación e mellora traída de aguas Castro-Barreiro", subvencionada con 11.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 07-10-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 8.12608.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE PORRIÑO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "TRAÍDA DE AGUAS DE SAN ANDRÉS-PONTELLAS", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Porriño, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 54/884, denominada "Traída de aguas de San Andrés-Pontellas", subvencionada con 25.500,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 9.12609.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MORAÑA PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "SANEAMENTO EN CASTRO REBON", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Moraña, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 42/887, denominada "Saneamento en Castro-Rebon", subvencionada con 15.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 10.12610.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ABASTECEMENTO DE AUGAS EN COVELO, 1ª FASE", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 19/860, denominada "Abastecemento de aguas en Covelo, 1ª fase", subvencionada con 13.769,25 ¤, por Resolución Presidencial de 17-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 11.12611.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE AGOLADA PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "CAPTACIÓN E CONDUCCIÓN AUGA A VENTOSA E FONTE PÚBLICA DE BASADRE E ABASTECEMENTO AUGA A TRASCASTRO", INCLUÍDA NO PSA/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Agolada, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PSA/03, co núm. 6/893, denominada "Captación e conducción auga a Ventosa e fonte pública de Basadre e abastecemento auga a Trascastro", subvencionada con 12.020,00 ¤, por Resolución Presidencial de 31-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 12.12612.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "INSTALACIÓN CANASTRAS E MARCADORES NO PAVILLÓN DAS POZAS", INCLUÍDA NO PID 2003 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Mos, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PID/03, co núm. 55/861, denominada "Instalación canastras e marcadores no Pavillón das Pozas", subvencionada con 11.957,00 ¤, por Resolución Presidencial de 17-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 13.12613.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "AMPLIACIÓN DO ALCANTARILLADO EN HERMIDA-COVELO", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Covelo, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 217/925, denominada "Ampliación do alcantarillado en Hermida-Covelo", subvencionada con 11.297,59 ¤, por Resolución Presidencial de 04-02-04 (cambio aplicación). Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 14.12614.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE CUNTIS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "REPARACIÓN DA CUBERTA DA PRAZA DE ABASTOS", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Cuntis, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 14/909, denominada "Reparación da cuberta da praza de abastos", subvencionada con 12.506,45 ¤, por Resolución Presidencial de 31-12-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 15.12615.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DA LAMA PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "MODIFICACIÓN PUNTUAL NN. SS. MM. PLANEAMENTO", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da Lama, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 90/636, denominada "Modificación puntual NN. SS. MM. Planeamento", subvencionada con 18.030,36 ¤, por Resolución Presidencial de 04-09-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 16.12616.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "GRADAS EN PISTA POLIDEPORTIVA EN PEREIRAS", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Mos, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 219/87, denominada "Gradas en pista polideportiva en Pereiras", subvencionada con 17.982,03 ¤, por Resolución Presidencial de 08-07-04 (cambio de aplicación). Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 17.12617.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE PORRIÑO PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ACONDICIONAMENTO DE ACCESO AL NÚCLEO DE A RISCA", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Porriño, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 165/173, denominada "Acondicionamiento de acceso al núcleo de A Risca", subvencionada con 101.428,27 ¤, por Comisión de Goberno de data 23-01-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 18.12618.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "ACONDICIONAMIENTO LOCAL PARA ESCOLA DE MÚSICA EN E.C.S. BARRANTES", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Ribadumia, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 111/795, denominada "Acondicionamiento local para Escola de Música en E.C.S. Barrantes", subvencionada con 59.428,99 ¤, por Resolución Presidencial de 11-11-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 19.12619.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "PAVIMENTACIÓN DE CAMINOS EN OLLARES", INCLUÍDA NO PAM/03 Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Vila de Cruces, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra incluída no PAM/03, co núm. 59/541, denominada "Pavimentación de caminos en Ollares", subvencionada con 31.265,94 ¤, por Resolución Presidencial de 02-07-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 20.12620.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: "MOBILIARIO DA NOVA CASA DO CONCELLO" Acórdase por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Salceda de Caselas, pola que interesa a concesión dunha prórroga para xustificar a obra subvencionada con cargo á partida 03/911.451.762.24, denominada "Mobiliario da nova casa do Concello", subvencionada con 108.000,00 ¤, por Resolución Presidencial de 14-10-03. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 31 de outubro de 2005, con carácter improrrogable. ------ Folla: 21.12621.- MODIFICACIÓN DA CLÁUSULA PRIMEIRA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS A Xunta de Goberno en sesión celebrada o 11 de xuño de 2004, prestou aprobación a un convenio de colaboración a subscribir co Concello de Pontevedra para a realización de diversas obras por un importe global de 600.000,00 euros, sendo formalizado o 20 de xullo que andamos. Posteriormente, o Concello de Pontevedra solicita a modificación do convenio ó amparo das cláusulas terceira e sexta. Dado que non supón unha maior inversión para a Deputación ó non variar o importe total do convenio subscrito, pode procederse á modificación da cláusula primeira do convenio subscrito entre esta Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra sobre cooperación económica para financiar diversas obras, quedando redactada definitivamente na forma que de seguido se relaciona: "Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación económica da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Pontevedra, é posibilitar a realización e execución das seguintes obras: OBRA/ORZAMENTO: PAVIMENTACIÓN ACCESO A CARITEL. LOURIZÁN 8.468,24 PAVIMENTACIÓN ACCESO A IGREXA. LOURIZÁN 14.671,79 AFIRMADO DO ACCESO AO CAMPO DE FÚTBOL DE MOURENTE 52.768,09 AFIRMADO CAMIÑO EN MONTE CARRASCO-MARCÓN 8.558,87 PAVIMENTACIÓN ACCESO E NÚCLEO GATOMORTO DE ABAIXO 86.414,35 AFIRMADO CAMIÑO DE O COUSO SANTA MARÍA DE XEVE 72.543,40 PAVIMENTACIÓN CIRCUNVALACIÓN A SAN BLAS-SALCEDO 51.702,20 PAVIMENTACIÓN ACCESO CEMITERO DE LÉREZ 18.664,06 RENOVACIÓN INTEGRAL DE SERVIZOS E FIRME NO ENTORNO DO MUSEO PROVINCIAL 286.209,00 T O T A L 600.000,00 ------ Folla: 22.12622.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "A NOSA TERRA" PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DA "1ª FASE DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE" Acórdase por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Excmo. Concello de Vigo e a Asociación de Veciños "A Nosa Terra", sendo obxecto do mesmo a realización das obras da "1ª fase de rehabilitación do edificio da Antiga Rectoral de Alcabre", como equipamento cultural e social, elaborado polo arquitecto municipal D. Juan Luis Piñeiro Ferradás por un importe de 180.303,60 euros. As obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e financiaranse con cargo á partida 04/911.911.662.00 do vixente presuposto ordinario da Deputación Provincial. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "A NOSA TERRA" PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DA 1ª FASE DE REHABILITACIÓN DO EDIFICIO DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE Na cidade de Vigo, a 7 de outubro de 2004 REUNIDOS Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma, e facultado para este acto polo acordo da Xunta de Goberno de 30 de abril de 2004. Ilma. Sra. Dna. Corina Porro Martínez, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Vigo, e facultada para este acto polo acordo da Xunta de Goberno Local do Concello. Dna. Mercedes Comesaña Campos, con DNI 35.958.382K, Presidenta da Asociación de Veciños "A nosa terra", en nome e representación de dita asociación. Interveñen os dous primeiros en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1,b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e o terceiro en representación da Asociación de Veciños "A nosa terra". Tódalas partes teñen plena capacidade para a formalización do presente convenio, en base os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidi-las actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 3.c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administración Públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegura-la prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilita-la consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixo o cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o Excmo. Concello de Vigo e a Asociación de Veciños "A nosa terra", ten por obxecto a realización das obras da 1ª fase de rehabilitación do Edificio da Antiga Rectoral de Alcabre, como equipamento cultural e social, elaborado polo Arquitecto Municipal D. Juan Luis Piñeiro Ferradás por un importe de 180.303,60 euros. Segunda.- As devanditas obras serán executadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ben directamente, ou a través dos correspondentes procedementos de contratación. As obras serán financiadas con cargo á partida 04/911.911.662.00 do vixente presuposto ordinario da Deputación Provincial. Unha vez realizadas as mesmas, procederase a súa entrega ó Concello de Vigo. Terceira.- O Concello de Vigo, obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. Cuarta.- A Asociación de Veciños "A nosa terra" de Alcabre, que ten cedido o uso da Antiga Rectoral de Alcabre polo Concello de Vigo, non pon impedimento algún a que a Deputación Provincial de Pontevedra leve a cabo as devanditas obras, correndo ó seu cargo o mantemento das novas instalacións unha vez executadas. Quinta.- Unha vez recibidas ditas obras polo Concello de Vigo, este na súa calidade de titular último, comprométese a adopta-las medidas oportunas para a vixiancia e conservación das mesmas, de modo que estas se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Sexta.- Calquera medida que se adopte con cargo ó presente convenio será aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación, dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado ó Excmo. Concello de Vigo no prazo de dez días da súa adopción coa finalidade de que no prazo doutros dez días poida poñer obxección á mesma, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclara-las dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha comisión de coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas na Sede do organismo requerido. A resolución de posibles controversias que puideran suscita-lo incumprimento ou interpretación do convenio serán resoltas, a falta de entendemento na citada comisión, dado o carácter administrativo do convenio, pola xurisdicción contencioso-administrativa. Oitava.- O presente CONVENIO terá vixencia ata o 31 de decembro de 2005, podendo prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Novena.- Serán causas de Resolución: a) O Remate do prazo, con denuncia das partes, e b) O incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- As partes firmantes conscientes do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios, lles atribúe a lexislación vixente como competencias locais mostran a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garanti-la correcta prestación integral dos servizos e actividades públicas na Cidade de Vigo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por cuadriplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Polo Concello de Vigo Pola Asociación de Veciños "A Nosa Terra" Dna. Corina Porro Martínez Dna. Mercedes Comesaña Campos ------ Folla: 23.12623.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PO-303 SAMIEIRA-CASTRELO, TRAMO SIMES - ALTO DE DORRÓN (MEAÑO)" Visto o acordo adoptado polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 29-09-2004, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o acondicionamento de diversas estradas, polo que a Deputación se compromete ó financiamento, contratación, dirección e execución da obra "Acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)", cun presuposto de 841.417,00 ¤; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 5 de novembro pasado, polo que se presta aprobación ó referido proxecto; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental, relativo ó prego de condicións que rexerá o concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Acondicionamento da estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)", cun presuposto de licitación de 841.417,00 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiaranse consonte ás seguintes anualidades: anualidade de 2004 por importe de 150.000,00 ¤ con cargo á partida 04/911.511-750.01; anualidade de 2005, por importe de 400.000,00 ¤, e anualidade de 2006, por importe de 291.417,00 ¤ con cargo á partida 511.511-665.00 Así mesmo, se expoñe ó público o proxecto que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 24.12624.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "REHABILITACIÓN DE EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 22 de outubro pasado, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial", por importe de 1.802.147,42 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/432.451-622.03; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Rehabilitación de edificio para Arquivo Provincial", cun tipo de licitación de 1.802.147,42 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do concurso financiaranse con cargo á partida 04/432.451-622.03. Así mesmo, se expoñe ó público o proxecto que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta do adxudicatario. ------ Folla: 25.12625.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de seiscentos noventa e dous euros con dezaséis céntimos (692,16), para responder do "Lote nº 22 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, número de operación 200300010615, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de seiscentos noventa e dous euros con dezaséis céntimos (692,16), para responder do "Lote nº 23 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, número de operación 200300010616, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de setecentos sesenta e cinco euros con sesenta céntimos (765,60), para responder do "Lote nº 30 do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, número de operación 200300010617, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANAL UNO DE COMUNICACIÓN, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Banco Atlántico, por importe de sete mil setecentos vintecinco euros con sesenta céntimos (7.725,60), para responder do "Plan de comunicación para a difusión das actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26-04-2002, número de operación 200200037703, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 26.12626.- PRÓRROGA DE BECAS PARA O "CENTRO EXPERIMENTAL DE VITICULTURA DE RIBADUMIA" De conformidade co establecido nas bases da convocatoria de cinco becas de investigación científica para o Centro Experimental de Viticultura e Etnoloxía de Ribadumia, publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 164 de data 27 de agosto de 2003, acórdase por unanimidade, a proposta do Enxeñeiro-Xefe do Servizo Agrario, prorrogar a D. Daniel Durán Pereira, D. David Landín Roig, D. Diego Juffé Bignoli e Dona Irene Cabrejas Domínguez, as becas que lles foron concedidas por acordos adoptados nas Comisións de Goberno celebradas o 14 e 21 de novembro de 2003, con efectos do 1 de decembro, así como a de Dona Mª Aránzazu Jorge Fernández adxudicada por acordo de 5 de decembro de 2003, con efectos 15 de decembro de 2003 por importe de 841,41 ¤/mes e por un período de un ano. A dotación económica destas becas ascende a 841,41 €/mes por becario, o que supón para o exercicio 2004 un total de 3.827,06 ¤, cantidade que se imputará á partida 04/711.711.481.02 do vixente presuposto provincial. EFECTOS Nº BECARIOS DURACIÓN 2004 TOTAL 01-12-2004 4 1 mes 3.365,64 15-12-2004 1 17 días 461,42 ------ Folla: 27.12627.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 28.12628.- INFORME EN RELACIÓN CO ANTEPROXECTO DE LEI DE CREACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO, REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL DA CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL DA XUNTA DE GALICIA Dada conta do escrito remitido polo Director Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, con data 4 de novembro de 2004, (rexistro de entrada número 33570 de data 5 de novembro de 2004), adxuntando Anteproxecto de Lei de Creación da Área Metropolitana de Vigo e ós efectos de emitir informe de conformidade co artigo 43 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Resultando que o Sr. Interventor e o Sr. Secretario Accidental emiten informes que textual e respectivamente din: - "En primeiro lugar, ó tratar na Exposición de Motivos do Capítulo I, na parte final, que di "...; igualmente se establece un sistema para variar este ámbito inicial, tanto pola vía de adición como da supresión dos municipios que a integran", a palabra "supresión" non parece axeitada, máis ben deberá ser "separación", coa que estaría en consonancia co contido do artigo 2-2. En segundo lugar, no artigo 16, que regula as atribucións do Consello Metropolitano, no punto 1-h) resérvaselle, ademais da aprobación do presuposto -que é lóxico-, a modificación dos mesmos, ..., ó abeiro do disposto na lexislación aplicable en materia de facendas locais. Pois ben, como ó referirse ás atribucións do Presidente e da Xunta de Goberno, non se mencionan supostos en que tales modificacións orzamentarias lle sexan atribuídas, parece que tan só o Consello as poderá aprobar, o que non é práctico en moitos casos. E se a esto se engade, que as atribucións do punto 1- h), entre outras, non son delegables nos outros órganos, as rixideces na execución do Presuposto son manifestas, polo que parte das modificacións deben atribuírselle ó Presidente e/ou á Xunta de Goberno. En terceiro lugar, no artigo 18-2, que regula as atribucións do Presidente, parece que non se lle atribúen as "competencias residuais", que tampouco se lle atribúen a ningún outro órgano. Ademais, no punto 2-g), atribúeselle a competencia para "Dictar Resolucións, Decretos e Instruccións", pero ó final deste punto 2, ó referirse á delegación do exercicio de tales atribucións exclúese precisamente a do apartado g), entre outras, polo que dificilmente poderá levar a cabo delegacións sen a posibilidade de dictar Resolucións. Finalmente, no artigo 19, no seu punto 2-g), que reserva á Xunta de Goberno "A concertación de operacións de crédito ..., todo iso de acordo co Presuposto e as Bases de execución", non parece seguir os criterios da normativa de facendas locais. E canto o que suscribe se permite opinar sobre o referido Anteproxecto de Lei." - "Non se entende a que se refire o artigo 22 ("Comité de cooperación") cando establece que as decisións se adoptaran por consenso, pois estas só poden adoptarse por maioría, unanimidade, maioría absoluta ou simple maioría. É dicir, non existe o consenso na lexislación para a adopción de acordos ou decisións, incluso aínda que non teñan carácter executivo." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós mesmos e remitir este acordo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local ós efectos oportunos. ------ Folla: 29.12629.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta a Xunta de Goberno das seguintes resolucións xudiciais: 1) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 dos de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 131/ 2004, promovidos contra esta Deputación por D. Rafael Bada Martínez e GÉNESIS, S.A. de Seguros e Reaseguros, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, e na que se condena á Deputación ó aboo de 447´90 ¤ a D. Rafael Bada Martínez e 5.113´69 ¤ a GÉNESIS, S.A. de Seguros e Reaseguros, cantidades que serán incrementadas co xuro legal desde a data da reclamación en vía administrativa, é dicir, desde o 11 de marzo de 2004. O aboo das cantidades recoñecidas da devandita Sentenza deberán facerse efectivas pola entidade aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., en virtude da póliza subscrita con esta Deputación, do seguinte xeito: - A Don Rafael Bada Martínez: A cantidade de 447,90 ¤, en concepto de parte da factura correspondente á reparación do automóbil sinistrado e de días de baixa polo accidente obxecto de reclamación, incrementadas ambas co xuro legal, conforme ó disposto na sentenza. - A GÉNESIS, S.A. de Seguros e Reaseguros, a cantidade de 4.512,68 ¤, incrementada no xuro legal citado, por reparación do automóbil sinistrado, unha vez descontados 601,01 ¤, importe da franquía estipulada na póliza subscrita pola Deputación e a aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A. A Deputación, pola súa banda, deberá facer efectiva a GÉNESIS S.A. de Seguros e Reaseguros, a cantidade de 601,01 ¤, incrementada así mesmo no xuro legal citado, en concepto gastos de reparación do automóbil e que resulta ser o importe da franquía estipulada na devandita póliza de seguros. Dito aboo farase efectivo mediante ingreso na conta nº 3649 0000 00 013104 na entidade de crédito BANESTO, a nome do Xulgado do Contencioso nº 1 de Pontevedra, Ref. Proced. 131/04, para o cal deberá darse traslado á Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en consecuencia, dar traslado do presente acordo á AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS e á Intervención, ós efectos oportunos. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda, en función do expresado no Fundamento xurídico terceiro, parágrafo terceiro "in fine" da referida sentenza, ó ser repercutible por ser solidaria a responsabilidade do Ilmo. Concello de Mos, dirixirse ó mesmo a fin de formular reclamación do importe das indemnizacións. 2) Dada conta da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 224/ 2004, promovidos por D. Ernesto Roa Corral contra expediente sancionador incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, no que se impoñía o demandante unha sanción de multa de 1.200,00 ¤ e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, e na que se estima o recurso presentado, anulando a sanción imposta. A Xunta de Goberno queda enterada da mesma, acordando por unanimidade cumprila nos seus propios termos e que a tales efectos se dea traslado ó Servizo de Vías e Obras e á Intervención. Así mesmo, e toda vez que no fallo fundaméntase a anulación do expediente sancionador por defectos de forma sen entrar a enxuízar o fondo do asunto, a Xunta de Goberno acorda que polo Servizo de Vías e Obras se estudie a viabilidade de reiniciar o devandito expediente sancionador. 3) "A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 193/ 2004 promovidos contra esta Deputación por D, Eugenio Tobío Calvar, e na que se desestima dito recurso, concretado da reclamación de indemnización por importe de 5.185,31 ¤, absolvendo a este organismo de toda responsabilidade ó entender o xulgador que a causa do accidente non pode achacarse á falta de conservación e mantemento da estrada provincial. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos íntegramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación". 4) "A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 271/ 2004, promovidos contra esta Deputación por D. Ramón Vázquez Castro e Dª Manuela Vázquez Duro, e na que se desestima a reclamación de indemnización por danos en accidente de tráfico, concretada en 10.534,25 ¤, absolvendo a este organismo de toda responsabilidade ó entender o xulgador que a causa do accidente non pode achacarse á Deputación, por ser obriga do contratista a sinalización da vía durante a execución das obras. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación". ------ Folla: 30.12630.- CORRECCIÓN DE ERRO PADECIDO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 20 DE AGOSTO DE 2004 EN RELACIÓN CO "I LISTADO DE AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2004" Visto o informe da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o acordo da Xunta de Goberno de data 20 de agosto de 2004, onde se aproba o "I Listado de beneficiarios de axudas á Pesca Costeira Artesanal 2004", acórdase por unanimidade modificar dito listado da seguinte forma: onde di: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA José Benito Cacabelos Romero VHF 1.055,00.- 300,00.- debe dicir: NOME OBXECTO ORZAMENTO AXUDA José Benito Cacabelos Romero VHF 635,00 254,00 Ó terse producido un erro no presuposto da inversión que ascende á cantidade de 635,00 euros, polo que segundo as bases de axuda á Pesca Costeira Artesanal, correspóndelle unha axuda do 40% da inversión realizada, é dicir, 254,00 euros. ------ Folla: 31.12631.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL PADECIDO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 19 DE NOVEMBRO DE 2004 POLO QUE SE MODIFICA A CLÁUSULA 1ª DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE VIGO SOBRE COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 19 de novembro pasado, polo que se modificaba a cláusula 1ª do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Vigo sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras no sentido de que se incluía unha nova obra denominada "Novo colector na rúa Ecuador", cun presuposto de 59.727,38 ¤, quedando a obra "Centro Socio-Cultural de Cabral-Feira" cun financiamento de 180.428,62 ¤ en vez de 240.156,00 ¤, e dado que se padeceu erro material, acórdase por unanimidade corrixir o erro material producido no sentido de que a obra "Centro Socio-Cultural de Cabral-Feira" queda cun financiamento de 271.783,96 ¤ en vez de 331.511,34 ¤. ------ Folla: 32.12632.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL PADECIDO EN ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 19 DE NOVEMBRO DE 2004 S0BRE PETICIÓN DA EMPRESA CONSTRUCCIONES CARRO, S.L., PARA A CESIÓN DE DIVERSAS OBRAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión de 19 de novembro pasado, polo que se autoriza a cesión de diversas obras, adxudicadas no seu día a Construcciones Carro, S.L., entre as que se atopa a de "Urbanización zona de Pedra e Lameiro EP Calvario-Garrida (Vigo)" a Construcciones E.C. Casas, S.L., na suma de 340.359,67 ¤, e padecéndose erro material en dito importe, acórdase por unanimidade corrixir o erro material padecido no sentido de que a cesión da obra "Urbanización zona de Pedra e Lameiro EP Calvario-Garrida (Vigo)" a Construcciones E.C. Casas, S.L., realízase por importe de 192.250,41 ¤. ------ Folla: 33.12633.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe de Intervención de data 29 de novembro de 2004 en relación a diversas facturas emitidas por empresas subministradoras de diverso material para a Imprenta Provincial no que se deixa constancia de que existe crédito suficiente na partida 04/463.463.221.12, por importe de 7.787,54 euros e que ante os reparos postos de manifesto en informes de data 3 de novembro de 2004, procede incoar o oportuno expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2004, acórdase por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento das obrigas seguintes: .- Á empresa SARRIÓPAPEL Y CELULOSA, S.A. (CIF- A-58410176), con domicilio social en Elbarren, s/n Leiza, (Navarra), a factura N-32981, de data 17 de setembro de 2004, por importe de 1.303,27 euros, en concepto de subministro de diverso material de imprenta, cuxa cantidade será librada no seu día con cargo á partida 04/463.463.221.12 do vixente presuposto provincial. .- Á empresa INAPA ESPAÑA DISTRIBUCIÓN DE PAPEL, S.A. (IDISAPAPEL) (CIF- A-81828410), con domicilio en rúa Delco, 2 de Leganés (Madrid), as facturas que a continuación se relacionan, correspondentes ó subministro de diverso material de imprenta, cuxas cantidades serán libradas no seu día con cargo á partida 04/463.463.221.12 do vixente presuposto provincial. Nº de factura Data Importe 119125 08-09-2004 212,42 ¤ 119978 21-09-2004 162,03 ¤ 119437 13-09-2004 755,16 ¤ 120072 22-09-2004 453,14 ¤ 120184 23-09-2004 56,46 ¤ 120637 30-09-2004 647,47 ¤ 120966 01-10-2004 104,01 ¤ 121714 15-10-2004 226,06 ¤ 121427 11-10-2004 1.078,80 ¤ 121598 14-10-2004 538,66 ¤ 121187 05-10-2004 1.348,50 ¤ TOTAL.......... 5.582,71 ¤ .- Á empresa UNIPAPEL TRANSFORMACIÓN Y DISTRIBUCIÓN, S.A. (UNIPAPEL) (CIF- A-82351867), con domicilio social en Avda. de los Artesanos 28, Tres Cantos (Madrid), as facturas que a continuación se relacionan, correspondentes ó subministro de diverso material de imprenta, cuxas cantidades serán libradas no seu día con cargo á partida 04/463.463.221.12 do vixente presuposto provincial. Número de factura Data Importe LC-17204 18-09-2004 298,53 ¤ LC-17261 25-09-2004 603,03 ¤ TOTAL 901,56 ¤ ------ Folla: 34.12634.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS Vista a memoria-proposta da Presidencia onde se deixa constancia de que ó non existir consignación suficiente nas partidas 04/111.111.226.01, 04/111.111.226.02, 04/111.111.489.12 e 04/711.711.622.01, do estado de gastos do presuposto corrente para afrontar gastos por un importe global de 196.012,00 euros, que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, propónse que os mesmos sexan financiados mediante unha transferencia de crédito coas partidas 04/111.111.230.00, 04/111.111.233.00, 04/121.121.226.03, 04/112.111.625.01 e 04/614.751.622.04, que minoran o seu crédito por importe global de 196.012,00 euros. Visto o informe de Intervención, de data 2 de decembro de 2004, no que se deixa constancia de que a proposta cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora se expediron os RCs, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a "Xunta de Goberno" por tratarse de transferencias de créditos pertencentes ó mesmo grupo de función pero xestionados por centros xestores distintos. De conformidade co disposto na base 10ª, apartado 3d, correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2004, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 196.012,00 euros, incoado polo responsable da Corporación Provincial e o responsable do centro xestor Servizo Agrario, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 111.111.226.01 Gastos diversos. Atencións protocolarias.... 100.000,00 ¤ 111.111.226.02 Gastos diversos. Publicidade e propaganda... 90.000,00 ¤ 111.111.489.12 Asignación a grupos políticos da Corporación. 3.512,00 ¤ 711.711.622.01 Servizo Agrario. Construccións.................... 2.500,00 ¤ TOTAL..................196.012,00 ¤ PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 111.111.230.00 Axudas de custo de cargos electos............ 50.000,00 ¤ 111.111.233.00 Outras indemnizacións............................. 101.300,00 ¤ 121.121.226.03 Gastos diversos - Xurídicos......................... 36.212,00 ¤ 112.111.625.01 Mobiliario e enseres - Adquisición................... 6.000,00 ¤ 614.751.622.04 Patrimonio-Edificios e outras construccións, adquisición................................................................... 2.500,00 ¤ TOTAL.......... 196.012,00 ¤ ------ Folla: 35.12635.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DUNHA PÓLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado ó efecto para a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e vistos así mesmo o prego de prescricións técnicas que rexerá na contratación da referida póliza de seguros elaborada polo Asesor Xurídico do Servizo Central de data 29 de novembro de 2004 e o de cláusulas económico-administrativas particulares de data 1 de decembro do ano en curso, o cal conta co informe favorable do Sr. Secretario Accidental, e no que se fai constar na cláusula 13ª do mesmo que "A adxudicación queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2005", a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, en canto á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio 2005. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 2 de decembro de 2004, que figura no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para a contratación dunha "Póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra", por un tipo de licitación anual de setenta mil euros (70.000,00), IVE e impostos incluídos, condicionando a adxudicación de dita póliza de seguros á aprobación definitiva do presuposto provincial para o exercicio de 2005, e a existencia de crédito adecuado e suficiente nas partidas 05/511.511.224.08 e 05/614.453.224.01 do mesmo, de conformidade co establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto por importe global de 70.000,00 euros con cargo ás partidas 05/511.511.224.08 e 05/614.453.224.01, do Presuposto Provincial para 2005, a razón de 55.000,00 ¤ con cargo á partida 05/511.511.224.08 e 15.000,00 ¤ con cargo á partida 05/614.453.224.01, e aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán no citado concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación da mencionada póliza de seguro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 36.12636.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA "ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", CON DESTINO A TRABALLOS DE INFRAESTRUCTURAS, BENS NATURAIS E OUTRAS OBRAS DURANTE O ANO 2005 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que se solicita a contratación do alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais con destino á realización de traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras, durante o ano 2005, cuxa execución se axustará ó establecido no prego de prescricións técnicas. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares de data 26 de novembro de 2004, que conta co informe favorable do Sr. Secretario Accidental, e no que se fai constar na cláusula XII do mesmo que "A adxudicación queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2005", a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, en canto á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio 2005. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 2 de decembro de 2004, que figura no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" e "Subministro de materiais", con cargo ó Plan de Inversións 2005, para a realización dos traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras, por un tipo máximo de licitación de 844.250,00 euros, para o alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e de 1.598.900,00 euros para o subministro de materiais, IVE incluído, condicionando a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do mesmo á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2005, e á existencia de crédito adecuado e suficiente na partida 05/511.511.210.00 do mesmo, de conformidade co establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto por importe global de 2.443.150,00 euros con cargo á partida 05/511.511.210.00 do Presuposto Provincial para 2005 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación de diversos alugamentos e subministros, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 37.12637.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE "GASÓLEO A" PARA ABASTECER OS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2005 Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria polo que solicita a contratación do subministro de Gasóleo A para abastecer os vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2005. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares de data 26 de novembro de 2004, que rexerá na contratación do referido subministro, o cal conta co informe favorable do Sr. Secretario Accidental, e no que se fai constar na cláusula 13ª do mesmo que "A adxudicación queda condicionada á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2005", a efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, en canto á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio 2005. Visto o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 2 de decembro de 2004, que figura no expediente, acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de "Gasóleo A" para abastecer os vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2005, por un tipo máximo de licitación de cento noventa e oito mil setecentos vinte euros (198.720,00), IVE e impostos incluídos, para o subministro estimado de 240.000 litros de Gasóleo A, a razón dun prezo máximo de 0,828 euros/litro, condicionando a adxudicación de dito subministro á aprobación definitiva do Presuposto Provincial para o exercicio de 2005, e á existencia de crédito adecuado e suficiente na partida 05/511.511.221.03 do mesmo, de conformidade co establecido no artigo 69.4 do RDL 2/2000, de 16 de xuño. Así mesmo, acórdase autorizar dito gasto por importe global de 198.720,00 euros con cargo á partida 05/511.511.221.03 do Presuposto Provincial para 2005 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, que rexerán no citado concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do subministro de "Gasóleo A" para abastecer ós vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2005, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 38.12638.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "FASE 1 DA REHABILITACIÓN DA ANTIGA RECTORAL DE ALCABRE (VIGO)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 19-11-2004, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Rehabilitación da Antiga Rectoral de Alcabre (Vigo)", por importe de 180.303,60 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 04/911.911-662.00 do vixente presuposto provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental relativo ó prego de condicións que rexerá no concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Rehabilitación da Antiga Rectoral de Alcabre (Vigo)", cun presuposto de licitación de 180.303,60 euros, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 04/911.911-662.00. Así mesmo, expóñense ó público o proxecto e o prego de condicións que rexerá no concurso, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 39.12639.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "LABORATORIOS, GARAXE E OBRADOIRO EN NOVA NAVE DE FINCA AREEIRO, 1ª FASE" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 19-11-2004, polo que se prestou aprobación ó proxecto básico e de execución de "Laboratorios, garaxe e obradoiro en nova nave da Finca Areeiro, 1ª fase", por importe de 338.650,36 ¤, IVE incluído; visto o documento A, emitido por Intervención, relativo á existencia de crédito na partida 04/711.711-622.01 do vixente presuposto provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental relativo ó prego de condicións que rexerá no concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Laboratorios, garaxe e obradoiro en nova nave de Finca Areeiro, 1ª fase", cun presuposto de licitación de 338.650,36 euros, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 04/711.711-622.01. Así mesmo, expóñense ó público o proxecto e o prego de condicións que rexerá no concurso, a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 40.12640.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota