Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-01-14_Ordinaria. Acta de sesión 2005/01/14_Ordinaria
Acta de sesión 2005/01/14_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-01-14_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/01/14_Ordinaria
Data(s) 2005-01-14 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do día cartorce de xaneiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila nin D. Alfredo Rodríguez Millares Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12723.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 2.12724.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE UNIDADES NO ENLACE EP ARBO-BARCELA A POLÍGONO DE ARBO Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 07-11-2003, polo que se adxudicou a Construccións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.), na suma de 375.697,65 ¤, IVE incluído, contando dita obra cun presuposto de 480.809,69 ¤, visto o proxecto reformado de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 480.809,69 ¤, redactado polo enxeñeiro do proxecto orixinal, como consecuencia das necesidades e axustes de unidades de proxecto surxidos no desenvolvemento da obra tales como construción de estrada, variación de características de trazado, drenaxe lonxitudinal, algunhas tuberías en función das necesidades, construción de poza de regadío, canalización da auga, construción de tubería de abastecemento, todo iso sin incrementar o presuposto inicial da obra; e, contando coa conformidade da empresa adxudicataria da obra inicial, acórdase por unanimidade aprobar o presuposto de "Cambio de unidades no enlace EP Arbo-Barcela a Polígono de Arbo", por importe de 480.809,69 ¤, IVE incluído, toda vez que non supón un incremento sobre o presuposto inicial da obra, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construccións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.)". ------ Folla: 3.12725.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co diposto no artigo 47 e concordantes do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cunpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución da seguinte fianza: EKIPO S.C.G. (NIF: F-36620474) - A constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de trescentos setenta e seis euros con corenta e catro céntimos (376,44¤), para responder de: "Reforma interior do despacho do Sr. Interventor", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-02-1996, segundo número 1996001301 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 4.12726.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilanova de Arousa, de data 14 de decembro de 2004 (rexistro de entrada núm. 037732, de data 16/12/04), pola que se remite copia do expediente sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilanova de Arousa, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 3 de xaneiro de 2005, que literalmente dí: "...En lo relativo al sistema de comunicaciones, y en lo que hace referencia a la legislación que regula las diferentes carreteras, y más concretamente en lo que se refiere al Art. 7.4 Apdo. 2, debiera de incorporarse la reseña de que las Carreteras Provinciales se regularán de acuerdo con lo establecido en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales 29-12-1990 (B.O.P. 16 de enero de 1996). En el resto de consideraciones, si bien inicialmente se hace mención al Art. 7.6 Apdo. A4 a lo que afecta en cuanto a línea de edificación lo establecido en dicha Ordenanza, debiera de recoger en el resto de apartados el contenido de dicha Ordenanza en lo que hace referencia entre otras cosas a cerramientos. Una vez introducidas estas puntualizaciones, podría emitirse informe favorable". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Vilanova de Arousa. ------ Folla: 5.12727.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 6.12728.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dase conta á Xunta de Goberno da seguinte resolución xudicial: A Xunta de Goberno queda enterada de Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso nº 4065/2001, promovido polo Excmo. Concello de Vigo contra Resolución Presidencial de 14 de febreiro de 2001, desestimatoria de recurso de reposición sobre compensación de saldos debedores e acreedores, e na que se estima parcialmente o recurso interposto, anulando do expediente o saldo deudor do Concello por importe de 10.420.594 pesetas, correspondentes á aportación da obra "Xurela Bao e E.P. Bao". Así mesmo, queda enterada do informe subscrito polo Sr. Viceinterventor, de data 5 de xaneiro de 2005 en relación coa mesma, que, entre outros, manifesta: "Esta sentencia no puede ser objeto del recurso ordinario de casación del artículo 86 de la L.J.C.A. de 1998, siendo, en consecuencia, firme la misma. Esta sentencia no crea ni anula derechos ni obligaciones económicas entre el Concello y la Diputación. Teniendo en cuenta que no fue concedida la suspensión del expediente de compensación, y el tiempo transcurrido desde el inicio del expediente, entiendo que esta sentencia no tiene ninguna consecuencia práctica; pues lo normal es que, al igual que la Diputación el Concello tenga contabilizado el expediente de compensación. En caso contrario, el Concello y la Diputación tendrán recíprocamente unos saldos deudores y acreedores por importe de 10.101.187 pesetas, que deberán proceder al pago y cobro recíproco". ------ Folla: 7.12729.- PRÓRROGA DE BECAS De conformidade co establecido nas bases que rixen as distintas convocatorias de adxudicación das bolsas para a realización de traballos de colaboración e investigación en Centros dependentes desta Excma. Deputación Provincial , acórdase por unanimidade, a prórroga de súa vixencia a efectos económicos para o corrente exercicio orzamentario, imputándose dito gasto tal e como a continuación se detalla: ARQUIVO PROVINCIAL: Partida 454.451.481.01 González Rey, Manuela 841,41 x 12 10.096,92 Trabazo Freire, Ernesto 841,41 x 12 10.096,92 De la Cruz Casalderrey, Beatriz 841,41 x 4 3.365,64 Blanco Gonzalez, Romina 841, 41 x 5 m 15 dias 4.627,76 Fariñas Fernandez, Carmen 841,41 x 5 meses 4.207,05 Baltar Pascual, Mª Angeles 841,41 x 5 meses 4.207,05 TOTAL 36.601,34 INVESTIGACIÓNS MARIÑAS E MISIÓN BIOLÓXICA: Partida 711.711.481.02 Padin Alvarez, Jose A. 841,41 x 10 meses e 11 días 8.722,65 Otero Villar, Jaime 841,41 x 10 meses e 11 días 8.722,65 Zamuz Castro, Sol Angel 841,41 x 6 meses 5.048,46 Perez Barbeito, Marlene 841,41 x 10 meses 8.414,10 TOTAL ............................................................... 30.907,86 FINCA AREEIRO, FINCA MOURISCADE Partida 711.711.481.01 Gonzalez Pimentel, Saleta 841,41 x 8 meses 6.731,28 Otero Alvarez, Luciano 841,41 x 4 meses 3.365,64 Picoaga Montousse, Ana 841,41 x 4 meses 3.365,64 Gonzalez Peralta, Beatriz 841,41 x 4 meses 3.365,64 Cuñarro Jacome, Mª Pilar 841,41 x 7 meses e 18 días 6.378,43 Rodríguez Gonzalez, Natalia 841,41 x 7 meses e 18 días 6.378,43 TOTAL 29.585,06 CENTRO VITICULTURA "RIBADUMIA" Partida 711.711.481.02 Cabrejas Domínguez, Irene 841,41 x 11 meses 9.255,51 Duran Pereira, Daniel 841,41 x 11 meses 9.255,51 Juffe Bignoli, Diego Jose 841,41 x 11 meses 9.255,51 Landin Roig, David 841,41 x 11 meses 9.255,51 Jorge Fernández, Mª Aranzazu 841,41 x 11 meses e 14 días 9.648,17 TOTAL......................................................................46.670,21 ------ Folla: 8.12730.- APROBACIÓN DE PROXECTOS Redactados os proxectos de "Ensanche e mellora seguridade vial EP 9407 Goulla-Porráns (Portas) e "Ensanche beirarrúas, servizos e mellora capa de rodadura EP 6201 Rodeiro-Río, tramo urbano (Rodeiro)", a executar mediante convenios cos concellos de Portas e Rodeiro, aprobados pola Xunta de Goberno en sesión de 23 de Decembro pasado, e emitidos por Intervención informes sobre a existencia de consignación, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós referidos proxectos consonte ó seguinte detalle: 1.- "Ensanche e mellora seguridade vial EP 9407 Goulla-Porráns (Portas)" por importe de 180.303,83 ¤, dos que a Deputación aporta a suma de 168.283,59 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02.2004 e o concello de Portas a suma de 12.020,24 ¤, con cargo á subvención concedida no Programa de Acción Municipal 2004. 2.- "Ensanche beirarrúas, servicios e mellora capa de rodadura EP 6201 Rodeiro-Río, tramo urbano (Rodeiro) por importe de 326.064,19 ¤, dos que a Deputación aporta a suma de 206.064,20 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02.2004, e o concello de Rodeiro a suma de 119.999,99 ¤. Das aportacións municipais xerarase o oportuno crédito unha vez que os convenios estean aprobados e asinados por ambas partes. ------ Folla: 9.12731.- ADXUDICACIÓN DA OBRA "OBRAS COMPLEMENTARIAS DE AMPLIACIÓN DE EDIFICIO MULTIUSOS NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión de 30-04-03, polo que se adxudicou a Construcciones Barreiro B., S.L. a obra "Edificio Multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe" na suma de 273.000,00 ¤, producíndose unha baixa na adxudicación de 27.457,86 ¤, equivalente ó 9,138672 % do tipo licitación; pola Xunta de Goberno de 23-12-2004 prestouse aprobación ó presuposto técnico de "obras complementarias de Edificio Multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe" por importe de 40.687,29 ¤, inferior ó 20 % da adxudicación da obra inicial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Acctal. no que presta conformidade ó informe do Servizo de Contratación sobre a forma de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no artigo 146.3 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. 3.- Adxudicar a Construcciones Barreiro B., S.L. a obra "Obras complementarias de Edificio Multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe" na suma de 36.969,01 ¤, IVE incluido, cantidade resultante de aplicar a porcentaxe de baixa da adxudicación da obra inicial sobre o presuposto de obras complementarias. O adxudicatario debe constituir fianza definitiva por importe do 4 % do precio de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 10.12732.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota