Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-01-21_Ordinaria. Acta de sesión 2005/01/21_Ordinaria
Acta de sesión 2005/01/21_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-01-21_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/01/21_Ordinaria
Data(s) 2005-01-21 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e un de xaneiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12732.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 2.12733.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co diposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, acórdase por unanimidade, recoñecer ós funcionarios D. Pablo Montero Carrera, Técnico de Administración Xeral adscrito ó Servizo de Contratación: un año, 3 meses e 14 días, de servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra como Técnico de Xestión Patrimonial; e a D. Jesús García Domínguez, Auxiliar Administrativo do Servizo de Rexistro Xeral: 3 anos, 9 meses e 20 días, de servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra como Auxiliar Administrativo; fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 17 de setembro de 2003 e 12 de marzo de 2001, respectivamente. ------ Folla: 3.12734.- INFORME EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE REFERENTE Ó DESLINDE ENTRE OS TERMOS MUNICIPAIS DE CERDEDO E FORCAREI Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local da Xunta de Galicia, pola que se remite expediente de deslinde entre os termos municipais de Cerdedo e Forcarei (Pontevedra) e, Resultando que o expediente foi promovido polo Concello de Cerdedo. Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe o día 17 de xaneiro de 2005, no que manifesta que "... Vista la discrepancia que se manifiesta en la propuesta de deslinde por parte del Ayuntamiento de Forcarei y respetando los argumentos que cada Ayuntamiento esgrime en su favor, considerando que los Técnicos de la Dirección General del Instituto Geográfico Nacional invocan unos antecedentes que datan de 1.889, y que de acuerdo con la práctica habitual en estos casos, aún con posterioridad se hayan tenido actuaciones no coincidentes, se considera fundado lo expuesto por el Servicio de Deslindes y Grandes Escalas del Instituto Geográfico Nacional, en el sentido de aceptar como límite entre los términos de Cerdedo y Forcarei la que se describe en el Acta de 1.890." Considerando que o artigo 44 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, establece o procedemento a seguir nos casos de existencia de diverxencias entre os Concellos implicados en relación coa liña divisoria entre ambos. Visto o apartado terceiro do artigo 44 da Lei 5/97, acórdase por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e remitir o acordo á Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. ------ Folla: 4.12735.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 5.12736.- CORRECCIÓN DE ERRO ACAECIDO NO ACORDO 4.12653 DA XUNTA DE GOBERNO DE 17 DE DECEMBRO DE 2004, RELATIVO Á AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES "LA ANUNCIADA" DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DE REXENERACIÓN DE HÁBITATS DE BANCOS MARISQUEIROS MEDIANTE A RETIRADA DE SARGAZO (SARGASSUM MUTICUM) DE BANCOS INTERMAREAIS E SUBLITORAIS SOMEROS DE BIVALVOS DA ENSENADA DE BAIONA Advertido o erro no acordo 4.12653 da Xunta de Goberno de data 17 de decembro de 2004, relativo á axuda á Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona (CIF: G-36.618.510), para a realización do proxecto de rexeneración de hábitats de bancos marisqueiros mediante a retirada de sargazo (Sargassum Muticum) de bancos intermareais e sublitorais someros de bivalvos da ensenada de Baiona, procédese facer a seguinte corrección: Onde di "con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente presuposto provincial", debe dicir "con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente presuposto provincial". ------ Folla: 6.12737.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "ACONDICIONAMENTO ESTRADA PO-303 SAMIEIRA-CASTRELO, TRAMO SIMES-ALTO DE DORRON (MEAÑO) Vista o acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Acondicionamento estrada PO-303 Samieira-Castrelo, tramo Simes-Alto de Dorrón (Meaño)", visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. a referida obra na suma de 688.784,00 ¤, IVE incluído, que oferta un plazo de execución de tres meses, melloras por importe de 92.710,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso, a cantidade de 298,72 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderán os interesados interponer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia según o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 7.12738.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO "ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE" E "SUBMINISTRO DE MATERIAIS", CON DESTINO A TRABALLOS DE INFRAESTRUCTURAS, BENS NATURAIS E OUTRAS OBRAS DURANTE O ANO 2005 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 3 de decembro de 2004, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para "aluguer de maquinaria e vehículos de transporte" e "subministro de materiais", con destino a traballos de infraestructuras, bens naturais e outras obras durante o ano 2005, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP número 240, de data 15 de decembro de 2004 e no DOG número 248, de data 23 de decembro de 2004. Visto que no citado acordo da Xunta de Goberno se especificaba que a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso quedaba condicionado á aprobación definitiva do Presuposto provincial para 2005, trala aprobación inicial polo Pleno na sesión extraordinaria celebrada o 3 de decembro de 2004. Visto que o Presuposto provincial para 2005 quedou definitivamente aprobado ó non presentarse ninguna reclamación contra o mesmo e tal como consta no informe de fiscalización existe crédito suficiente na partida 05/511.551.210.00 para facer frente ás obrigas derivadas dos contratos de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais obxecto do concurso. Vista o acta de cualificación da documentación xeral das plicas presentadas e admitidas ós diferentes lotes en que se desglosaba o concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 4 de xaneiro de 2005. Visto o informe emitido, con data 18 de xaneiro de 2005, polo xefe do Parque de Maquinaria sobre as distintas ofertas presentadas de acordo coas prescripcións técnicas que rexeron no concurso. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación en relación á adxudicación dos lotes de acordo co informe do Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria que figuran no expediente. Acórdase por unanimidade: Adxudicar os diversos lotes do concurso para o "Aluquer de Maquinaria e Vehículos de Transporte" e "Subministro de Materiais" (Plan de Inversións 2005), ós licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE. ALQUILER DE MAQUINARIA Y VEHÍCULOS DE TRANSPORTE. LOTEADXUDICATARIO Nº horas PREZO HORA Total euros 1 CONS. E. C. CASAS Motoniveladora de 125 CV 800 45,32 36.256,00 2 O.T.C. FONTEFRÍA Motoniveladora de 125 CV 800 49,50 39.600,00 3 CALDEVERGAZO Motoniveladora de 125 CV 800 46,40 37.120,00 4 PAVIMENTOS DE MEAÑO Rodillo de 10 Tm 600 28,60 17.160,00 5 GRANITOS MENDEZ Y CONSTRUCCIONES Rodilllo de 10 Tm 600 29,00 17.400,00 6 OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS Rodillo de 10 Tm 600 28,30 16.980,00 7 O.T.C. FONTEFRÍA Compactador neumático 200 37 7.400,00 8 EXCAVACIÓNS MOSTEIRO Retro pala 4x4 de 70 CV 800 26,075 20.860,00 9 JOSÉ R. ROZADOS E HIJOS Retro pala 4x4 de 70 CV 800 28,39 22.712,00 10 MOREIRA GOMES Retro pala 4x4 de 70 CV 800 27,55 22.040,00 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO Retro pala 4x4 de 70 CV 800 27 21.600,00 12 O.T.C. FONTEFRÍA Retro pala 4x4 con martelo800 29 23.200,00 13 EXCAVACIONES MOURIÑO Retro excavadora de 1 m³ de cazo 700 37 25.900,00 14 PAVIMENTOS DE MEAÑO Retro excavadora con martelo 450 44,40 19.980,00 15 FERTAF Cortamalezas 600 31,37 18.822,00 16 EXPLOT. AGROP. DEL DEZA Cortamalezas 600 32,02 19.212,00 17 DESBROCES DEZA Cortamalezas 600 25 15.000,00 18 PENOURIÑO Cortamalezas 600 34,20 20.520,00 19 ARICUR Pala cargadora 2 m³ cazo 130 CV 700 27,84 19.488,00 20 CALDEVERGAZO Pala excavadora de 130 CV 700 34,80 24.360,00 21 CANTERAS DEL ARENAL Camión de 14 Tm. 700 31 21.700,00 22 PB TRANSPORTES Camión de 14 Tm 700 30,80 21.560,00 23 CONS. Y EXCAV. MOURIÑO Camión de 14 Tm 700 30 21.000,00 24 PAFOTRANS Camión de 14 Tm 700 31,97 22.379,00 25 TRANS. RAMÓN ABAL ABAL Camión de 12 Tm 700 28,42 19.894,00 26 TRANS. RAMÓN ABAL ABAL Camión de 12 Tm 700 28,13 19.691,00 27 CELSO OUBIÑA ABA Camión de 12 Tm 700 27,84 19.488,00 28 PAFOTRANS Camión de 12 Tm 700 28,95 20.265,00 29 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS Camión de 12 Tm 700 28,89 20.223,00 30 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS Cisterna asfáltica de 8 Tm500 33,98 16.990,00 31 PAVIMENTOS DE MEAÑO Camión góndola de 20 Tm700 39,90 27.930,00 32 TRANEMAS Camión articulado de 24 Tm 500 40,60 20.300,00 33 MANUEL PAZ GUIMIL Camión articulado de 24 Tm 500 39,88 19.940,00 34 TRANS. AMANCIO BLANCO E HIJOS Camión articulado de 24 Tm 500 42 21.000,00 35 TRANS. RAMÓN ABAL ABAL Camión articulado de 24 Tm 500 41,18 20.590,00 36 TRANS. MANUEL CRISÓSTOMO Camión articulado de 24 Tm 500 42,70 21.350,00 37 PB TRANSPORTE Camión articulado de 24 Tm 500 42,50 21.250,00 TOTAL ALUGUERES DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE............................................................. 801.160,00 SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE ADXUDICATARIO CANTIDADE PREZO TOTALEUROS 38 COVSA Emulsión ECM-1 300 180 54.000,00 39 CEPSA Emulsión ECM-1 300 189 56.700,00 40 BITUMINOSOS DE GALICIA Emulsión ECM-1 300 196,35 58.905,00 41 CEPSA Emulsión ECR-2 250 173,62 43.405,00 42 REPSOL YPF Emulsión ECR-2 250 178,64 44.660,00 43 REPSOL YPF Emulsión ECR-2 250 178,64 44.660,00 44 PROBISA Emulsión especial 150 196,40 29.460,00 45 COVSA Emulsión especial 800 206 164.800,00 Árido 0/6 en betún caliente 4.000 24,50 98.000,00 46 CAMPOMARZO Árido 0/6 1.000 11,15 11.150,00 47 ÁRIDOS DE PUENTEAREAS Árido 3/6 - 6/12 6.900 13,40 92.460,00 48 CAMPOMARZO Árido 3/6 - 6/12 6.900 12,50 86.250,00 49 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS Árido 3/6 - 6/12 6.900 13,35 92.115,00 50 CANTERAS DEL ARENAL Árido 3/6 - 6/12 6.900 13,55 93.480,00 51 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS Árido 40/70 6.750 13,50 91.125,00 52 FARO Árido 40/70 6.750 12,99 87.682,50 53 CANTERAS DEL ARENAL Árido 40/70 6.750 13,50 91.125,00 54 ÁRIDOS DE PUENTEAREAS Zahorra Z-2 5.000 7,80 39.000,00 55 COVSA Mezcla bituminosa D-12 4.500 25 112.500,00 56 INDEZA Formigón H-175 árido de 25 200 74 14.800,00 57 EXCAVACIONES MOSTEIRO Valo sostemento de granito 400 48,80 19.520,00 58 PREFABRICADOS SAN CLEMENTE Tubos formigón de 1 m Ø 100 50 36 1.800,00 Tubos formigón de 1 m Ø 60 300 16 4.800,00 Tubos formigón de 1 m Ø 40 1.000 10 10.000,00 Tubos formigón de 1 m Ø 30 500 7 3.500,00 59 DESERTO 50 60 SEÑALIZACIONES DLC Pintura señalización horizontal ancho banda 0,15 25.000 0,4756 11.890,00 Pintura señalización horizontal ancho banda 0,10 12.500 0,3828 4.785,00 Pintura premarcaxe 37.500 0,1044 3.915,00 Pintura cebreados, simboloxía, stop, etc... 100 20,184 2.018,40 TOTAL SUBMINISTRO DE MATERIAIS.............. 1.468.505,90 O gasto para facer frente a ditas adxudicacións imputarase á partida 05/511.511.210.00 do vixente presuposto provincial. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4 ¤ do prezo de adxudicación, que se ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Aministracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ós adxudicatarios, dará lugar á resolución dos contratos. Os adxudicatarios deberán ingresar na caixa desta Deputación, por cada un dos lotes, as cantidades de 3,06 ¤ e 4,06 ¤ (total 7,12 euros) en concepto de gastos de anuncios no BOP e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. Idénticas cantidades deberán ingresar os futuros adxudicatarios dos lotes que quedaron desertos se se efectúa a contratación mediante procedemento negociado sen publicidade. ------ Folla: 8.12739.- RESOLUCIÓN DE AUGAS DE GALICIA, DE DATA 30 DE DECEMBRO DE 2004, EN RELACIÓN COA LIQUIDACIÓN DO CANON DE SANEAMENTO CORRESPONDENTE A RECIBOS DECLARADOS COMO IMPAGADOS POLA COMPAÑÍA SUBMINISTRADORA DE AUGA (Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro) A Xunta de Goberno queda enterada de Resolución de Augas de Galicia, de data 30 de decembro de 2004, en relación coa liquidación do canon de saneamento correspondente a recibos declarados como impagados pola compañía subministradora de Auga (nº rexistro de entrada 665, de data 13-01-05), pola que se acorda: "Deixar sen efecto a proposta de resolución de data 4 de marzo de 2002, pola que se propuña liquidar á Deputación Provincial de Pontevedra (Pazo) o canon de saneamento correspondente ós recibos declarados como impagados pola compañía subministradora do ano 1997". ------ Folla: 9.12740.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------
Ãrea de notas
Nota