Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-03-04_Ordinaria. Acta de sesión 2005/03/04_Ordinaria
Acta de sesión 2005/03/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-03-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/03/04_Ordinaria
Data(s) 2005-03-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día catro de marzo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12818.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de febreiro de 2005. ------ Folla: 2.12819.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do enxeñeiro director do Servizo Agrario para a adquisición de diversos reactivos para poder levar a cabo as analíticas do Laboratorio da Finca de Mouriscade, cuxo custo estímase na cantidade máxima de 65.132,00 ¤, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá dito concurso, e vistos así mesmo, o documento RC de data 22-02-2005 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 28 de febreiro de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, por un tipo máximo de licitación de sesenta e cinco mil cento trinta e dous euros (65.132,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade autorizar dito gasto con cargo á partida 05/711.711.221.07, aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económicas-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE 1.- OBXECTO. O laboratorio da Finca Mouriscade realiza na súa actividade diaria diversas analíticas de pensos e materias primas para poder determinar os parámetros do seu contido. Para poder realizar dita labor cómpre a participación dunha variedade de reactivos, motivo polo que se fai necesaria a ADQUISICIÓN DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA DE MOURISCADE, de acordo coas características do prego de prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO. O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/711.711.221.07 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO. O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a súa conformidade esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA. O adxudicatario deberá subministrar durante o ano 2005 o reactivo que se solicite no prazo de tres días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da súa petición, na Finca de Mouriscade. 5. TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de SESENTA E CINCO MIL CENTO TRINTA E DOUS EUROS (65.132,00 ¤), IVE incluído. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización destas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela a un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r.da Lei de contratos das administración públicas. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN. FORMALIDADES. DOCUMENTACIÓN 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, en horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ós da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado PROPOSICIÓN ECONÓMICA; axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA DE MOURISCADE Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta ningunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de modo individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica, que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Breve descrición do produto que se vaia subministrar 3.- Declaración de prazos e forma de entrega 4.- Outras melloras B) SOBRE B, denominado DOCUMENTOS, que deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINDA DE MOURISCADE Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Declaración responsable do licitador, outorgada perante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r.da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3. Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos institutos ou servizos oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos reactivos para subministrar. 9. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - o secretario xeral da Corporación - o interventor da Corporación - o enxeñeiro director do Servizo Agrario SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 10. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións -que se cadrase en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá a examinar a documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións, que se recollerán na acta. A continuación, o secretario da Mesa de Contratación procederá a abrir os sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado destas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 4 puntos 2) Calidade do produto a subministrar, ata 2 puntos 3) Prazo e forma de entrega, ata 2 puntos 4) Outras melloras ofrecidas polo subministrador, ata 2 puntos 12. ADXUDICACIÓN. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificáraselles ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 7ª. 13. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista, á súa costa. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse na contía máxima de 600 euros. Así mesmo, tamén se fará cargo dos gastos de transporte e entrega dos produtos subministrados deica a Finca Mouriscade. 15. INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en demora ó recibilos. 16. RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r.da LCAP. 17. RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18. XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos, resolveraos o órgano de contratación cunhas resolucións que esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora de dita xurisdición. 19. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª. . . . . . . . . . . . . . . . , maior de idade, veciño de . . . . . . . . . . . , con domicilio en . . . . . . . . . . titular do DNI núm. . . . . . . . . . . , expedido con data . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . . . . . . . . con domicilio en . . . . . . . . . . . . . . , teléfono . . . . . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA DE MOURISCADE, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas polo máximo de . . . . . . . . . . . . . . euros, IVE incluído, e de acordo co seguinte desagregado por reactivos: (Relacionaranse todos os artigos que se vaian subministrar cos seus prezos unitarios con IVE incluído e mais o custo máximo total) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 3.12820.- APROBACIÓN DO ORZAMENTO E CAMBIO DE UNIDADES NO PROXECTO "EP 0408 PARAÑOS-TRABAZO (COTOBADE)" (PPC 2003) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 20-06-2003, polo que se adxudicou a Construcciones E.C. Casas, S.L., a obra "EP 0408 Paraños-Trabazo (Cotobade)" (PPC 2003) na suma de 55.000,00 ¤, tendo un presuposto de licitación de 70.000,00 ¤; visto o presuposto de cambio de unidades de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 70.000,00 ¤, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que durante a execución da obra xurdiron problemas coa cesión de terreos debido a que a zona está afectada pola concentración parcelaria e que aínda non foron entregados, afectando principalmente a valos de mampostería de contención de térreos e sostemento da estrada, ademais de peches de perpiaño, etc., e, visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que manifesta a súa conformidade ó presuposto de cambio de unidades, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó presuposto de cambio de unidades no proxecto "EP 0408 Paraños-Trabazo (Cotobade)" por importe de 70.000,00 ¤, toda vez que non se varía o presuposto no seu día a favor da obra, e mantendo o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construcciones E.C. Casas, S.L. ------ Folla: 4.12821.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA "ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE INSTALACIÓNS PARA IMPLANTACIÓN DE CIDADE+" NA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 25-02-05, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Acondicionamento interior de instalacións para implantación de Cidade+ na Cidade Infantil Príncipe Felipe", por importe de 780.000,00 e, IVE incluído, con cargo á partida 05/422.323.622.03 do vixente Presuposto provincial; visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral Accidental relativo a prego de condicións que rexerá o concurso para a contratación da obra estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra cun presuposto de licitación de 780.000,00 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 05/422.323.622.03. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego de cláusulas económicas-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DA OBRA DE ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE INSTALACIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN DE CIDADE+ NA "CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE" 1. OBXECTO. A contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2. FINANCIAMENTO DAS OBRAS. A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 04/422.323.622.03 do vixente presuposto provincial. 3. ORZAMENTO TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto tipo de licitación é de 780.000,00 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos neste todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para executar e rematar todas as obras incluídas no proxecto será de seis meses, contado a partir da comprobación do replanteo. 5. PRAZO DE GARANTÍA. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6. FIANZAS. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7. FORMA DE PAGAMENTO. O pagamento efectuarase na Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo seu técnico director; á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, retíraselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. A cadansúa certificación de obra xuntarase a factura correspondente e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. Así mesmo, para os efectos dos sinalados no parágrafo f) do art. 43 da Lei 58/2003, xeral tributaria, de 17 de decembro, a Deputación Provincial non será responsable das obrigas tributarias relativas a tributos que deban repercutirse ou cantidades que lles deberán reter a traballadores, profesionais ou outros empresarios, na parte que corresponda ós traballos obxecto do concurso. Para ditos efectos o contratista deberá entregar no Servizo de Contratación o certificado específico de encontrarse ó corrente das súas obrigas tributarias emitido pola administración tributaria durante os 12 meses anteriores ó pagamento de cada factura correspondente á contratación. 8. PROPOSICIÓNS. O prazo para presentar as ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro xeral desta Deputación, en horario de 9.00 a 13.00 horas. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9. DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: denominado proposición económica. Presentarse pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) Documento Nacional de Identidade, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de Riscos Laborais por parte do contratista. 7) Os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación expedida polo organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, que será: - grupo C, todos os subgrupos, categoría d - grupo I, subgrupo 9, categoría c - grupo J, subgrupo 4, categoría b - grupo k, subgrupo 9, categoría a Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa a achegasen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - o secretario - o interventor - o viceinterventor - o arquitecto provincial SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11.00 horas do mércores da semana seguinte á do día en que remate o prazo sinalado para presentar as plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12. CRITERIOS DE VALORACIÓN 1.- Redacción do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ....... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou de algunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación .................... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra por parte da empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ......................................... ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ................................................................................ ata 1 punto. O concurso adxudicaráselle a algunha das empresas licitadoras que, obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se encontre situada na banda imitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior, consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, a media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 450,00 ¤, e os demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra, que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade, sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16. DEMORA NA EXECUCIÓN. Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. .., en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: Data e sinatura do propoñente 18. INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO. O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19. Réxime xurídico aplicable. En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de dereito privado." ------ Folla: 5.12822.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS REFERENTE Á EXECUCIÓN DO PROXECTO DA ESCOLA OBRADOIRO DE HOSTALARÍA DO SALNÉS Visto o escrito do presidente da Mancomunidade do Salnés solicitando a cesión do uso do complexo residencial da Lanzada coa finalidade de levar a cabo un proxecto da Escola Taller de Hostalaría. Visto o informe favorable da directora xerente da Cidade Infantil Príncipe Felipe a cesión do uso das instalacións, e vistos así mesmo, os informes do secretario accidental e do xefe do Servizo de Contratación. Acórdase por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés referente a execución do proxecto da Escola Obradoiro de Hostalaría que ten por obxecto a cesión do uso compartido da instalación do edificio principal do Centro de Vacacións. A duración da cesión será desde a formalización do presente Convenio ata que finalicen as actuacións da Escola Obradoiro de Hostalaría, reservándoos á Deputación o dereito de rescindir a cesión do uso en calquera momento, se existisen circunstancias excepcionais ou cuestións de interese xeral que o aconsellara. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS REFERENTE Á EXECUCIÓN DO PROXECTO DA ESCOLA OBRADOIRO DE HOSTALERÍA DO SALNÉS En Pontevedra, a de dous mil cinco REUNIDOS Dunha parte, o Ilmo Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o art 34.1.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. E da outra, D. Jorge Domínguez Rosal, Presidente da Mancomunidade do Salnés, en virtude de Acordo da Comisión Xestora de data tres de setembro de dous mil tres, e conforme as atribucións que lle confiren os vixentes Estatutos desta Mancomunidade e a lexislación aplicable ás Administracións Locais. EXPÓN PRIMEIRO.- Que a Mancomunidade do Salnés está redactando o proxecto da Escola Obradoiro de Hostalería do Salnés (en adiante, Escola Obradoiro), na que 45 mozos da comarca poderán aprender oficios relacionados co sector hostaleiro para logo saír ó mercado laboral. SEGUNDO.- Que a Deputación de Pontevedra é titular das instalacións denominadas "Centro de Vacacións A Lanzada", que contan con todos aqueles espazos que serían necesarios para o desenvolvemento dun programa formativo no eido da hostalaría (cociña, comedores, habitacións, servizo de lavandería, salóns...). TERCEIRO.- Que na Escola Obradoiro que proxecta a Mancomunidade do Salnés se desenvolverán os seguintes módulos formativos: -Camareiro de Restaurante-Bar -Cociñeiro -Camareira de planta-limpiadora-pasadora de ferro. CUARTA.- Que a Mancomunidade do Salnés precisa dun lugar onde situar a sede da Escola Obradoiro de Hostalaría do Salnés e considera que as instalacións do "Centro de Vacacións A Lanzada" son a ubicación idónea tanto polas súas infraestructuras como pola súa situación especial dentro da comarca. A tal fin, as partes asinan o presente Convenio de colaboración segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente Convenio é regular as bases de colaboración entre a Mancomunidade do Salnés, dentro do seu proxecto de Escola Obradoiro, e a Excma Deputación de Pontevedra, para a utilización do "Centro de Vacacións A Lanzada", como sede da Escola Obradoiro. SEGUNDA.- A Excma Deputación de Pontevedra comprométese a ceder o uso do Edificio Principal das instalacións denominadas "Centro de Vacacións A Lanzada" á Mancomunidade do Salnés para que nelas se desenvolva a Escola Obradoiro. Este Edificio Principal está conformado por unha residencia de 100 prazas, un comedor, unha cociña dotada de material necesario, sala de lavandería e centro de planchado, sala de usos múltiples e sala de vídeo -TV , despensa , cámara frigorífica e almacén de material e utensilios de menaxe, etc. TERCEIRA.- A Mancomunidade do Salnés comprométese dentro do proxecto de obra do Obradoiro de Emprego, a realizar os servizos de lavandería, limpeza, cociña e comedor (almorzo, xantar e cea), de luns a venres, durante o período de verán para aqueles nenos e grupos procedentes da "Cidade Infantil Príncipe Felipe" que vaian a residir no Edificio Principal. CUARTA.- A Mancomunidade do Salnés comprométese á reposición de calquera dano ou desperfecto causado no uso das instalacións e material do mesmo , existindo un inventario no que se recolle o material inicial que se cederá para o uso do Obradoiro de Emprego, debendo ser este o mesmo ó fin da actividade. QUINTA.- A Mancomunidade do Salnés deberá respectar a prioridade dos nenos no uso de instalacións, quedando restrinxidas as horas teóricas do Obradoiro no mes de Xullo. A Deputación resérvase o dereito a utilización de ditas instalacións durante o período de vixencia do presente Convenio, sempre e cando as actividades extraordinarias o requiran. SEXTA.- A vixencia do Convenio prolongarase desde a súa formalización ata que finalicen as actuacións da Escola Obradoiro. Nembargantes a Deputación resérvase o dereito de rescindir a cesión de uso se circunstancias excepcionais o aconsellaran en aras do interese xeral. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente Convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes das respectivas corporacións, ou persoas en quen deleguen e por un técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días desde a petición expresa realizada por calquera delas na sede do organismo requirido. A resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio será resoltas, a falta de entendemento na citada Comisión, dado o carácter administrativo do Convenio, pola xurisdicción contencioso administrativa. Lido polas partes, por si mesmas e como proba de conformidade co expresado no presente convenio, asínano e rubrícano por cuadriplicado exemplar, no mesmo lugar e data que se indica ó comezo. Pola Comunidade do SalnésO PresidenteD. Jorge Domínguez Rosal Pola Excma Deputación de PontevedraO Ilmo Sr PresidenteD. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 6.12823.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO DE COLECTORES DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Enxeñeiro Director do Servizo Agrario para a contratación do subministro de colectores de recollida de residuos sólidos urbanos, para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra, cuxo custo estima na cifra de 50.000,00 euros. Visto o prego de cláusulas económico-administrativas de data 1 de marzo de 2005, que rexerá na contratación do referido subministro, o cal conta co informe favorable do Sr. Secretario Accidental, e no que se fai constar na cláusula 12ª do mesmo que "A adxudicación queda condionada a que se aprobe polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra un expediente de modificación de crédito no que se transfira crédito da partida 05/711.711.479.01, que minoraría o seu crédito en 30.000,00 euros, á partida 05/711.442.221.14 que incrementaría o seu crédito en 30.000,00 euros", para completar o financiamento do subministro polo importe total do tipo de licitación fixado en 50.000,00 euros. Vistos así mesmo, o documento RC de data 31-01-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/711.442.221.14 polo importe de 20.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 2 de marzo de 2005. Acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de colectores de recollida de residuos sólidos urbanos, para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo por colector de 203,00 euros, IVE incluído, condicionando a adxudicación de dito subministro a que se aprobe polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra un expediente de modificación de crédito no que se transfira crédito da partida 05/711.711.479.01, que minoraría o seu crédito en 30.000,00 euros á partida 05/711.442.221.14 que incrementaría o seu crédito en 30.000,00 euros, para completar o financiamento do subministro por importe total do tipo de licitación fixado en 50.000,00 euros. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas de data 1 de marzo de 2005 que rexerá na contratación de dito subministro. 3.- Autorizar o gasto por importe de 50.000,00 euros, con cargo á partida 05/711.442.221.14. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE COLECTORES DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO. O subministro de colectores de recollida de residuos sólidos urbanos, para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra, coas seguintes características técnicas: - Capacidade: 800 litros - Sistema de elevación DIN - Equipados con catro rodas, dúas delas con freo - Fabricados con polietileno de alta densidade - Tapa plana - Cor verde - Levarán serigrafado o escudo da Deputación Provincial de Pontevedra 2.- FINANCIAMENTO. O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/711.442.221.14 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO. O pagamento do prezo do subministro efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO DE ENTREGA. O subministro dos colectores efectuarase nas instalacións do parque de maquinaria da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e, en todo caso, no prazo máximo DUN MES, contado a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal e como sinala o artigo 190.1 do texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade ás que se refire a cláusula 1. 5. TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤), IVE incluído, a razón dun prezo unitario por colector de 203,00 euros, IVE incluído. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización destas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela a un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r.da Lei de contratos das Administración Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN. FORMALIDADES. DOCUMENTACIÓN 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Deputación, en horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ós da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado PROPOSICIÓN ECONÓMICA, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE COLECTORES DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta ningunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de xeito individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase unha descrición das características técnicas dos colectores ofertados. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS", que deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE COLECTORES DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal perante a Administración. 2. Declaración responsable do licitador, outorgada perante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3. Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos institutos ou servizos oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos colectores a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. 9. MESA DE CONTRATACIÓN. Comporase de: PRESIDENTE: o presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - o secretario xeral da Corporación - o interventor da Corporación - o enxeñeiro director do Servizo Agrario SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 10. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá a abrir os sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado destas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) menor prezo ofertado por unidade, ata 5 puntos 2) calidade dos colectores, ata 4 puntos 3) prazo de entrega do subministro, ata 1 punto 12. ADXUDICACIÓN. O órgano de contratación, coa condición suspensiva de que aprobe o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra un expediente de modificación de crédito no que se transfira crédito da partida 05/711.711.479.01, que minoraría o seu crédito en 30.000,00 euros, á partida 05/711.442.221.14, que incrementaría o seu crédito en 30.000,00 euros, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación notificáraselles ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e a forma establecidas na cláusula 7ª. 13. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documentos administrativos, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista, á súa costa. 14. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600 euros. 15. INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en demora ó recibilos. 16. GARANTÍA. O prazo de garantía fíxase en un ano. 17. RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA. A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se isto fose suficiente, dos bens subministrados que presente vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos por conta do contratista. 18. RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r.da LCAP. 19. RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das administración públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20. XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraos o órgano de contratación cunhas resolucións que esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora de dita xurisdición. 21. MODELO DE PROPOSICIÓN D./Dª. . . . . . . . . . . . . . . . , maior de idade, veciño de . . . . . . . . . . . , con domicilio en . . . . . . . . . . titular do DNI núm. . . . . . . . . . . , expedido con data . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . . . . . . . . con domicilio en . . . . . . . . . . . . . . , teléfono . . . . . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE COLECTORES DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, PARA A SÚA DISTRIBUCIÓN ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: ? Polo prezo total de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . euros, IVE incluído, a razón de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . euros / colector, IVE incluído. (Figurarán as cantidades ofertadas en letra e número) ? Número de colectores que se han subministrar. ? Calidade dos colectores: (descrición das súas características técnicas, con achega dos seus correspondentes certificados de calidade). ? Prazo de entrega do subministro: (indicar prazo). (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 7.12824.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA E ESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVICIAL DE PONTEVEDRA Ó amparo do establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, acórdase por unanimidade aprobar a formalización do seguinte Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e esta Excma. Deputación Provincial, para a realización de actividades de interese mutuo. Dito convenio é como segue: "CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA En Santiago de Compostela, a 28 de febreiro de 2005 REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. Juan Caamaño Cebreiro, que actúa en calidade de Director do Instituto Enerxético de Galicia (en adiante INEGA), con domicilio na rúa Ourense nº6 - A Rosaleda, Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia. Doutra parte, o Sr. D. Rafael Louzán Abal, en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en calidade de Presidente da entidade, con domicilio na avda. de Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra. Ambas partes recoñécense capacidade legal para subscribir o presente convenio, e por iso, MANIFESTAN 1.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra no exercicio das atribucións que ten conferidas para o cumprimento dos seus fins estatutarios goza de plena capacidade para adquirir, posuír, reivindicar, cambiar, gravar, transmitir ou alienar toda clase de bens e dereitos, celebrar contratos ou pactos, subscribir convenios e contraer compromisos ou obrigas, así como exercitar as accións legais que proceden na orde a súa defensa e administración e goza de personalidade xurídica plena e pública para o desenrolo das funcións que lle son inherentes. 2.- Que o INEGA é unha ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio de seu para o cumprimento dos seus fins (art. 1 da Lei 3/1999, de 11 de marzo, de creación da entidade). Os ditos fins son "o fomento, o impulso e a realización de iniciativas e programas de actuación para a investigación, o estudo e o apoio das actuacións de coñecemento, desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional das enerxías e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos dos distintos sectores económicos de Galicia, así como a participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos neutros campos sinerxéticos, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias". O INEGA para o exercicio das súas funcións, pode establecer convenios e contratos con institucións públicas ou privadas no ámbito das súas funcións, así como colaborar con outras Administracións para favorecer a adopción de medidas de aforro de racionalización na produción, distribución e subministración de enerxía (art.. 5 da Lei 3/1999). 3.- Que é desexo das institucións aquí reunidas a subscrición dun convenio marco de colaboración que instrumente é regule as súas relacións mediante a eventual subscrición de convenios específicos. Por iso, as partes acordan subscribir este convenio marco de colaboración, de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto deste convenio de colaboración é o establecemento das condicións polas que se rexerá a cooperación entre o INEGA e a Deputación de Pontevedra, na realización de actividades de interese mutuo. As partes asinantes poderán contar coa colaboración, de considerarse de interese, de cantos departamentos, organismos, institucións e empresas, de carácter público ou privado, estean relacionados co obxecto desde instrumento convencional. SEGUNDA.- O propósito deste convenio é realizar actividades e proxectos de forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan, entre as que, en forma enunciativa pero non limitativa, se mencionan as seguintes: · Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das entidades. · Desenvolvemento de proxectos. · Organización e realización de todo tipo de actividades académicas, tales como cursos, conferencias, seminarios. · Colaboración financeira mutua nas actividades desenvolvidas no eido da xestión óptima dos recursos enerxéticos e no fomento das enerxías renovables. · Cooperación en programas de formación de persoal técnico. · Intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese. · Organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da innovación, investigación e o desenvolvemento relacionados coa actividade das institucións. · Intercambio de persoal por tempo limitado, cando a índole do traballo así o requira. · Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e segundo a legalidade establecida polo Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións públicas. TERCEIRA Cada unha das partes comprométese a non difundir, baixo ningún aspecto, as informacións científicas ou técnicas do desenvolvemento dos proxectos de investigación que se leven a cabo. Os datos e informes obtidos durante a realización dos proxectos conxuntos, así como os resultados finais, terán carácter confidencial. Cando unha das partes desexe utilizar os resultados parciais ou finais, en parte ou na súa totalidade, para a súa publicación como artigo, conferencia, etc., deberá solicitar a conformidade da outra parte por escrito, mediante carta certificada con acuse de recepción dirixida ó responsable do seguimento do proxecto, que se concretará en cada Convenio Específico. Calquera que sexa o modo de difusión, respectarase sempre a mención dos autores/as do traballo. No caso de patentes, estes figurarán na calidade de inventores/as. En calquera caso, farase sempre referencia especial a este Convenio Marco. CUARTA No prazo de 10 días hábiles a partir da data de sinatura do presente Convenio Marco, para facilitar a elaboración dos Convenios Específicos, e o seu seguimento e cumprimento, constituirase unha Comisión Mixta, integrada por dous representantes do INEGA e dous representantes da Deputación de Pontevedra. QUINTA A Comisión Mixta será o órgano de planificación, seguimento, avaliación das accións derivadas deste Convenio Marco e dos Convenios Específicos e da interpretación, en caso de dúbida, do contido das posibles controversias que puidesen xurdir ó longo da súa vixencia. En xeral, esta comisión terá as funcións que o art. 6-3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común lle atribúe ó órgano de vixilancia e control. SEXTA A celebración deste Convenio Marco non supón ningún gasto para ningunha das partes asinantes; por este motivo non precisa consignación orzamentaria. SÉTIMA Para a concreación práctica das actividades que dan contido a esta colaboración, poderanse subscribir Convenios Específicos nos que a Comisión Mixta, no seu caso, determinará: - Definición do obxecto que se persegue. - Descrición do programa de traballo, con indicación das súas distintas fases e do correspondente horario. - Presuposto total e medios materiais que requirirá o dito programa, especificando as achegas de cada entidade. - Relación das persoas que nel interveñen. - No caso de investigacións conxuntas, estableceranse as bases de entendemento para a publicación de resultados, así como a forma de rexistro e participación no relativo ó dereitos da propiedade industrial e intelectual. - Referencia á Comisión Mixta como órgano de seguimento e resolución de conflictos. - Dirección técnica de traballos. - Calquera outro aspecto que se considere relevante. OITAVA A duración deste convenio entenderase durante o ano 2005, podendo ser prorrogado anualmente nas condicións que as partes establezcan. NOVENA A subscrición do presente convenio non conleva relación laboral contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que vaian desenvolver as actividades e as institucións que o asinen, de tal xeito que non se lles poda esixir responsabilidade ningunha, indirecta nin subsidiaria, polos actos ou feitos producidos no desenvolvemento deste. DÉCIMA Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 30/1992, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admini
Ãrea de notas
Nota