Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-03-18_Ordinaria. Acta de sesión 2005/03/18_Ordinaria
Acta de sesión 2005/03/18_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-03-18_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/03/18_Ordinaria
Data(s) 2005-03-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaoito de marzo do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12850.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de marzo de 2005. ------ Folla: 2.12851.- AXUDA ECONÓMICA INCONDICIONADA Á FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistos os informes favorables do enxeñeiro director do Servizo Agrario e da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo o informe económico favorable da Intervención, acórdase por unanimidade a concesión dunha axuda económica incondicionada á Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (CIF: G-36.621.282), por importe de vinte e catro mil euros (24.000,00 ¤), con cargo á partida 711.711.479.01, do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 3.12852.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido la Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CARBURANTES ACIBRO S.L. · A constituída en metálico, por importe de cincocentos dezaoito euros (518,00 ¤), para responder da contratación do subministro de gasóleo C para a caldeira da lavandería da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27-10-2003, núm de operación 200300077566, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa GASÓLEOS GALICIA S.L. o A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de catro mil seiscentos setenta e tres euros e cincuenta e dous céntimos (4.673,52 ¤), para responder da contratación do subministro de gasóleo para o Parque de Maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04-05-2004, núm de operación 200400032141, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MANUEL PAZ GÜIMIL o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos sesenta euros (760,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 33 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19-02-2004, núm de operación 200400013775, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos euros (800,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 34 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19-02-2004, núm de operación 200400013776, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO S.L. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos trinta e oito euros (838,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 31 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13-02-2004, núm de operación 200400011039, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RAFAEL CARBALLAL SÁNCHEZ o A constituída en metálico, por importe de setecentos oitenta e un euros e vinte céntimos (781,20 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 26 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-03-2004, núm de operación 200400021658, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CELSO OUBIÑA ABAL o A constituída en metálico, por importe de setecentos setenta euros (770,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 25 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01-03-2004, núm de operación 200400016602, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos cincuenta e tres euros con dezaseis céntimos (753,16 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 23 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12-02-2004, núm de operación 200400009134, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en metálico, por importe de dous euros (2,00 ¤) complementaria , para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 23 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12-02-2004, núm de operación 200400009139, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos dezasete euros con oitenta céntimos (817,80 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 32 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12-02-2004, núm de operación 200400009135, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS S.L. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos oitenta e catro euros (784,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 24 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-02-2004, núm de operación 200400013285, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos sesenta e seis euros (866,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 22 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-02-2004, núm de operación 200400013287, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ANTONIO MIGUEL FRANCISCO CANCELA o A constituída en metálico, por importe de oitocentos nove euros con vinte céntimos (809,20 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 21 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01-03-2004, núm de operación 200400016600, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL S.L. o A constituída en valores mediante aval do Banco Popular, por importe de oitocentos trinta e sete euros (837,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 35 , e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04-03-2004, núm de operación 200400018145, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval do Banco Popular, por importe de oitocentos vinte e un euros con oitenta céntimos (821,80 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 20, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04-03-2004, núm de operación 200400018144, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval do Banco Popular, por importe de oitocentos vintecatro euros con sesenta céntimos (824,60 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 19, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04-03-2004, núm de operación 200400018143, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE CURRO S.L. o A constituída en valores mediante aval do Banco Popular, por importe de setecentos setenta e nove euros con cincuenta e dos céntimos (779,52 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 17, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01-03-2004, núm de operación 200400016601, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ANTONIO RIVERO CARPINTERO o A constituída en metálico, por importe de setecentos vinte euros con corenta e oito céntimos (720,48 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 16, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20-02-2004, núm de operación 200400014160, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PENOURIÑO S.L. o A constituída en valores mediante aval de Caixa Galicia, por importe de oitocentos once euros (811,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 15, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24-02-2004, núm de operación 200400014559, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERVICIOS AGROFORESTALES Y OBRAS PUBLICAS FERTAF C.B. o A constituída en valores mediante aval de Caixa Galicia, por importe de seiscentos corenta e nove euros con nove céntimos (649,09 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 14, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13-02-2004, núm de operación 200400012258, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALFONSO MOURIÑO AMEAL o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de mil quince euros (1.015,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 18, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01-03-2004, núm de operación 200400016597, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de mil quince euros (1.015,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 13, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01-03-2004, núm de operación 200400016598, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EULOGIO PUCEIRO RODIÑO o A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos sesenta e catro euros (864,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 11, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14-04-2004, núm de operación 200400027565, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS S.L. o A constituída en valores mediante aval do Banco de Galicia, por importe de novecentos catorce euros con vintecatro céntimos (914,24 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 10, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-02-2004, núm de operación 200400013077, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval do Banco de Galicia, por importe de setecentos setenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (779,52 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 27, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-02-2004, núm de operación 200400013078, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. o A constituída en valores mediante aval do Banco de Galicia, por importe de seiscentos cincuenta e seis euros con oitenta céntimos (656,80 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 29, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17-02-2004, núm de operación 200400013079, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIÓNS MOSTEIRO S.L. o A constituída en metálico, por importe de setecentos setenta e un euros con sesenta céntimos (771,60 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 9, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12-03-2004, núm de operación 200400020594, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS S.A. o A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de seiscentos setenta e dous euros (672,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 6, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20-02-2004, núm de operación 200400014009, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS MÉNDEZ Y CONSTRUCCIONES S.L. o A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos setenta e dous euros (672,00 ¤), para responder do contrato de "Alugamento de maquinaria e vehículos de transporte" correspondente o Plan de Investimentos do ano 2004, lote nº 4, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26-02-2004, núm de operación 200400015732, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INICIATIVA GALLEGA DE COMUNICACIÓN S.L. o A constituída en metálico, por importe de oitocentos trinta e oito euros (838,00 ¤), para responder do contrato de consultoría e asistencia para a prestación de servicios de "Asistencia técnica para a difusión e promoción das actuacións realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30-07-2004, núm de operación 200400054573, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TERCEIRO MILENIO S.L. o A constituída en metálico, por importe de seiscentos euros (600,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servicios de edición e imprenta no xornal "Página XXI", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23-09-2004, núm de operación 200400067720, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DESBROCES DEZA S.L. o A constituída en metálico, por importe de setecentos sete euros con noventa e seis céntimos (707,96 ¤), para responder do contrato de alugamento de 550 horas dun tractor agrícola con cortamalezas con destino ó Parque de maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03-11-2004, núm de operación 200400076611, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 4.12853.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DO DE "DOTACIÓN DE SERVIZOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE CAMBALLÓN (VILA DE CRUCES)" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 19-07-2001, polo que se adxudicou á UTE BATAN ARENAL, S.L. -LUIS TABOADA, S.L., a obra de "Dotación de servizos no Polígono Industrial de Camballón (Vila de Cruces)" na suma de 48.916.000 pesetas (239.991,08 ¤), tendo a obra un orzamento de licitación de 55.216.000 pesetas (331.854,84), executándose a obra mediante convenio co concello de Vila de Cruces; visto o proxecto modificado de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 331.854,84 ¤, redactado como consecuencia das suxestións formuladas polo concello de Vila de Cruces na execución da obra producíndose unha serie de variacións nas partidas previstas no proxecto inicial que non varían o orzamento primitivo da obra; e, visto o escrito da UTE adxudicataria de a obra inicial no que se acepta a modificación do proxecto inicial, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado do de "dotación de servizos no Polígono Industrial de Camballón (Vila de Cruces)" por importe de 331.854,84 ¤, toda vez que non se modifica o orzamento inicial da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor da UTE BATAN ARENAL, S.L. -LUIS TABOADA, S.L. ------ Folla: 5.12854.- TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Vista a proposta da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, de data 9 de marzo de 2005, relativa á incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente orzamento provincial, por importe global de 1.448,02 euros, coa finalidade de afrontar gastos que se derivan da reclamación presentada por un funcionario en concepto de diferencias salariais. Visto o informe de Intervención, de data 14 de marzo de 2005, no que deixa constancia de que a proposta efectuada pola xefa do Servicio de Recursos Humanos e Formación razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e cumpre os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RC, polos importes no que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores. Acórdase por unanimidade, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2005, aprobar o expediente de transferencia de crédito por importe total de 1.448,02 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos e Contratación, minorando créditos nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polos importes e nas partidas que se detallan a continuación: PARTIDAS A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN \IMPORTE: 123.121.120.01 Retribucións básicas, Soldo (Contratación) 631,40 123.121.121.01 Retribucións complementarias. Complemento de Destino (Contratación) 816,62 TOTAL .......... 1.448,02 PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN \IMPORTE: 122.121.120.01 Retribucións básicas, Soldo (Recursos Humanos) 631,40 122.121.121.01 Retribucións complementarias. Complemento de Destino (Recursos Humanos) 816,62 TOTAL .......... 1.448,02 ------ Folla: 6.12855.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PEDRO ANTONIO LÓPEZ LÓPEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE BODEGAS PABLO PADÍN, S.L., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-301, VILAGARCÍA-PONTEARNELAS Dada conta que con data de Rexistro de 23 de febreiro de 2005 (nº rex. 004861) tivo entrada nesta Deputación instancia asinada por Don Pedro Antonio López López en nome e representación de BODEGAS PABLO PADÍN, S.L., con enderezo no lugar de Ameiro nº 24, parroquia de Dena, Municipio de Meaño, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico do vehículo marca Mercedes Benz, modelo S400 CDI, matrícula 8078-CFT, na estrada PO-301 en sentido Vilagarcía a Pontearnelas, como consecuencia da existencia dunha focha sen sinalizar, o día 14 de decembro de 2004, e que individualiza economicamente en 1.087,96 ¤. Resultando que con data 24 de febreiro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 24 de febreiro de 2005, co seguinte contido: "a) La carretera PO-301, km. 3,600 Villagarcía a Pontearnelas no es Vía Provincial. b) En este Servicio No se tiene constancia de que el día 14 de diciembre de 2004 tuviera lugar el accidente objeto de reclamación. c) Ni tampoco se tiene constancia que en fechas coincidentes con el 14 de diciembre de 2004, hubiera algún otro accidente. d) No es Vía Provincial". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando.- Que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a reclamación. ------ Folla: 7.12856.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL PAZ SUÁREZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE REBORDANS-NARANXEIRAS (TUI), QUE TRASLADA O CONCELLO DE TUI Dada conta que con data de Rexistro de 27 de xaneiro de 2005 (nº 001878) tivo entrada nesta Deputación escrito da Secretaría do Concello de Tui dando traslado de expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Don Manuel Paz Suárez, con enderezo en Camiño Piñeiro 2, San Mateo de Oliveira, Ponteareas, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, matrícula PO-5902-BC na estrada de Rebordáns-Naranxeiras (Tui) o día 13 de outubro de 2004, e que individualiza economicamente en 44,00 ¤. Resultando que con data 31 de xaneiro e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 25 de febreiro de 2005 co seguinte contido: "a) Sí, la Carretera Rebordans, Naranxeiras en Tui es Vía Provincial. b) Tal y como dicen en la reclamación los testigos, la obra se realizó hace dos años, se trata de una obra de alcantarillado y no nos consideramos responsables ya que no la realizó la Diputación". Resultando que solicitado informe complementario e aclaratorio pola Asesoría Xurídica, ó Servizo de Vías e Obras, con data 2 de marzo de 2005 emítese o mesmo co seguinte contido: "Si bien, como se decía en el informe de fecha 25 de febrero de 2005, la carretera Rebordáns-Naranxeiras en Tui es vía Provincial, las obras de alcantarillado y otros servicios son de competencia municipal. Tal y como se recoge en el punto 31 de la comparecencia de Dña. Carmen Álvarez Sousa, ante el Instructor del expediente del Excmo. Concello de Tui "O buraco é debido ás obras que se fixeron na carretera co fin de poñer as tuberías do alcantarillado...". Por todo ello, entendemos que debe ser el Concello de Tui el que facilite los datos solicitados, nombre de la Empresa adjudicataria, fechas de inicio y finalización de las obras, y situación del P.K. del accidente el día 13/10/04, por cuanto en este Servicio, al no ser el órgano contratante, desconocemos estos datos". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto como se deixa constancia no referido informe do Servizo de Vías e Obras, que á súa vez remítese ó manifestado por unha testemuña no accidente, a causa eficiente do mesmo foron as obras levadas a cabo por conta do Concello de Tui, ó tratarse dunha competencia municipal (art. 25.l, Lei 7/85 de 2 de abril de Bases do Réxime Local), non procedendo, en consecuencia, responsabilizar á Deputación Provincial do sinistro, que en todo caso e de terse producido por relación directa cunha infraestructura provincial só sería imputable ó contratista en virtude do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, tamén sentenzas do TS de 12-02-00 e 31-07-89. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 8.12857.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON UBALDO BAUTISTA BUGARÍN POR DANOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA PROVINCIAL 4006 (AS NEVES - PONTEAREAS) Dada conta que con data de Rexistro de 4 de febreiro de 2005 (nº 002567) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Ubaldo Bautista Bugarín, veciño de Ponteareas, con enderezo no Lugar Amial-Charco nº 9, Prado, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Volkswagen Polo, matrícula PO-1397-AS, na estrada provincial 4006 (As Neves-Ponteareas) en dirección a Ponteareas, como consecuencia da existencia dunha substancia deslizante, concretamente gas-oil, na calzada, o día 31 de outubro de 2004, cando era conducido polo seu fillo D. David Bautista Pazo, e que individualiza economicamente en 4.042,12 ¤. Resultando que con data 8 de febreiro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 18 seguinte, co seguinte contido literal: "1. Efectivamente, la CP 4006 (As Neves-Ponteareas) es de competencia provincial. 2. El día 31 de octubre de 2004 a la 1,30 h., la Brigada de la zona recibe una llamada del 112, comunicando la existencia de una mancha de gasóleo en la carretera. 3. A las 2,30 h. llega al lugar la mencionada Brigada, comprobando que, efectivamente había gasóleo en el asfalto, pero no encontraron señales que indicasen que se hubiese producido accidente alguno". Resultando que o reclamante na súa instancia propón práctica de proba consistente na testemuña dos axentes da Garda Civil de Tráfico-Destacamento de Porriño, que instruíron as dilixencias do accidente, do representante legal de Talleres Samber, S.L. e de D. Juan Carlos González Carrera, Concelleiro delegado do Servizo de Bombeiros do Concello de Ponteareas. Considerando a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que a práctica de proba solicitada non se considera procedente xa que non aporta nada novo á documentación que xa obra no expediente (copia das dilixencias da Garda Civil, copia de factura de Talleres Samber, S.L. e escrito asinado polo Concelleiro delegado do Servizo de Bombeiros de Ponteareas, de data 01-12-2004, no que acredita a existencia da mancha de gasóleo na calzada, se ben non se refire en ningún momento ó accidente padecido polo reclamante), polo que devén irrelevante e superflua a efectos de resolución. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93 xa que se ben a estrada 4006 As Neves-Ponteareas é de titularidade desta Deputación Provincial, non pode nembargantes responsabilizarse ó ente provincial do sinistro en cuestión por canto non lle é imputable a causa eficiente do mesmo senón a un terceiro usuario da vía, contra o que deberá dirixir a súa acción pola vía civil o reclamante. A maiores, é de significar que no escrito do Concelleiro delegado do Servizo de Bombeiros relátase que tiveron constancia da existencia da mancha de gasóleo por dúas chamadas telefónicas entre as 23:30 horas e as 0:40 horas do día do accidente, e que se personaron no lugar aínda que obviamente non se efectuou a limpeza da mancha posto que o accidente que nos ocupa produciuse ás 1:15 horas, sendo avisada a Brigada da zona da Deputación con posterioridade polo 112, concretamente ás 1:30 horas. Cabe citar neste senso as recentes sentenzas dos Xulgados núms.2 e 3 do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, de datas 5 de outubro e 9 de novembro de 2004, que exoneraron á Deputación de toda responsabilidade en sendos accidentes por análogas circunstancias e nas que se conteñen, respectivamente e entre outros os seguintes razoamentos: "... no determina necesariamente que se le deba responsabilizar a la entidad titular de la carretera de los efectos que sobre el normal tránsito viario produzca cualquier derramamiento de fluídos o la caída de objetos transportados por los vehículos, pues puede entenderse que es conforme con la conciencia social la existencia de un riesgo inherente a la utilización de las vías de circulación, lo que impone un stándar de seguridad en los usuarios que en este caso no ha sido rebasado por la entidad llamada a conservar y mantener la vía pública" (PA 128/04). "... no es exigible que de modo inmediato la Diputación Provincial provea a eliminar de la vía de su titularidad tan pronto surge, el derramamiento de una sustancia deslizante cuya procedencia se ignora; o dicho de otro modo, solamente habrá prestación negligente del servicio público de conservación y mantenimiento de las carreteras cuando no se han cumplido unos stándares mínimos de seguridad, que se obtienen de la razonable experiencia sí como de la eficacia de un servicio público en un Estado de Derecho como el nuestro, lo que no es el caso (STS Justicia León de 30.9.2003) Por ello y so pena de constituír a las Administraciones Públicas en reparadoras universales de todo tipo de riesgos y eventos en virtud de concebir en términos muy amplios el instituto de la responsabilidad patrimonial, hay que convenir en el hecho de que, en el caso que nos ocupa, la mancha deslizante tuvo su origen en la intervención de un tercero lo que provoca la ruptura del nexo causal y por ende, exonera de responsabilidad a la Administración Provincial" (PA 193/04). Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 9.12858.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL SANMARTÍN GÓMEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE FLORINSA, S.L., POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 8001, DIRECCIÓN CATOIRA (CALDAS DE REIS) Dada conta que con data de Rexistro de 14 de outubro de 2004 (nº 031491) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Manuel Sanmartín Gómez, en nome e representación de FLORINSA, S.L., con enderezo a efectos de notificacións na Oficina D.A.S. Internacional S.A, sita na rúa López Neira nº 22-11 de Vigo, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Mercedes Benz, modelo 312, matrícula 0782BND, na estrada provincial 8001, dirección Catoira, termo municipal de Caldas de Reis, como consecuencia da invasión na calzada dunha manada de cabalos salvaxes, o día 28 de decembro de 2003, e que individualiza economicamente en 3.012,25 ¤. Resultando que con data 25 de outubro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 29 de outubro seguinte co seguinte contido: "a) Si, la Estrada 8001 es Vía Provincial. b) No existían señales de peligro por animales sueltos en la fecha del accidente. c) No es habitual que cruce el ganado, no hay animales normalmente, sí ocurrió el accidente". Resultando que na copia das Dilixencias instruídas pola Garda Civil de Tráfico de Pontevedra (nº 430/03), apartado "datos del terreno (Tecor, Monte, Coto, etc.)" sinálase como lugar-titular dos terreos colindantes co punto do accidente á Comunidade de Montes de Paradela de Bemil (Caldas de Reis), con data 5 de novembro de 2004 e por conducto da Presidencia remitiuse oficio ó seu Presidente (nº rex. saída 014509), solicitándolle información acerca de se por dita Comunidade de Montes se tiña coñecemento do referido accidente e das circunstancias do mesmo, de se o terreo en cuestión está cercado ou valado, ou, pola contra, non ten ningún tipo de peche, e se no citado terreo ou nas súas inmediacións é habitual observar animais soltos. Resultando que ó non recibirse contestación a dita solicitude, con data 18 de xaneiro de 2005 (nº rex. saída 000405) e igualmente por conducto da Presidencia requíreselle para que dea contestación ó solicitado con data 5 de novembro de 2004. Resultando que con data 3 de febreiro de 2005 (nº 002472) ten entrada no Rexistro escrito asinado por Don Ernesto Otero Cascallar, en representación da referida Comunidade de Montes, no que, entre outros, di: "Que sin perjuicio de la inexistencia de responsabilidad alguna por parte de la Comunidad en el referido siniestro, se contesta a continuación a las cuestiones planteadas en la citada comunicación: 1.- La única noticia que la Comunidad tiene del accidente es la que le proporcionan desde la propia Diputación, desconociendo las circunstancias del mismo. 2.- El terreno está cercado en algunos puntos y abierto en otros. 3.- No es habitual observar animales sueltos...". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto, como se deduce claramente tanto do informe do Servizo de Vías e Obras como do manifestado no seu escrito polo Presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Paradela-Bemil, non é habitual na zona a existencia de cabalos salvaxes ou sen dono, non sendo esixible, en consecuencia, a obriga da sinalización de perigo por tal circunstancia. Así debe entenderse como causa eficiente do sinistro unha circunstancia das denominadas como caso fortuíto ou de forza maior, imprevisible e inevitable, e non ó incumprimento da Deputación Provincial das súas obrigas de conservación e vixilancia da súa rede de estradas. Por outra banda, o deber "in vixilando" compételle a aquela entidade propietaria dos terreos onde se asenta o gando, tanto no aspecto do control deste coma na obriga de cercar as propiedades en evitación de irrupcións indesexables nas rúas e estradas. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando que no presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 10.12859.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON SIMÓN IGLESIAS FERRO POR LESIÓNS PADECIDAS COMO CONSECUENCIA DE ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE SENÍN Ó FORNO (VALGA) Dada conta que con data de Rexistro de 8 de novembro de 2004 (nº 033731) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Simón Iglesias Ferro, veciño de Valga, con enderezo en Carballa nº 25, Cordeiro, por lesións padecidas como consecuencia de accidente de tráfico o día 20 de setembro de 2003 na estrada provincial 8503 Cordeiro-Senín, dirección Senín-Forno cando conducía a motocicleta da súa propiedade matrícula C-3606-BNF e como consecuencia da existencia de grava solta na calzada, e a través da que reclama unha indemnización de 44.917,63 ¤, con reserva da posterior evolución do seu estado de saúde. Resultando que con data 18 de novembro de 2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, sendo reiterada dita solicitude con data 7 de febreiro de 2005. Resultando que con data 16 de febreiro de 2005 recíbese na Asesoría Xurídica escrito do Enxeñeiro Técnico-Xefe de Zona, ó que acompaña comunicación da empresa CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. de data 14 de febreiro anterior, co seguinte contido: "La empresa CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L., tras recibir el informe de la Excma. Diputación de Pontevedra, en relación a la reclamación patrimonial formulada por D. Simón Iglesias Ferro (debido a daños en accidente de tráfico en la Carretera 8503, en dirección Senín o Forno) realiza las siguientes anotaciones: - Las obras que nos han sido adjudicadas afectan a la carretera 8504, debidamente señalizada; y que a la altura en la que se ha producido el supuesto accidente, se encontraba un panel amarillo en el cual se indicaba el inicio de las obras, con las correspondientes señales de velocidad máxima 20 hm/h., paso estrecho y gravilla suelta. - Por otro lado, el afirmado del ensanche de la carretera se inició en esa zona, comenzándose dichos trabajos el 3 de Junio de 2003. En ese tramo de la carretera esas actuaciones quedaron terminadas en los días siguientes; por lo que hasta el día del accidente, el 20 de septiembre de 2003 (más de 3 meses después), resulta improbable la existencia de gravilla suelta en la calzada. - Señalar además que la empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. no ha realizado ni intervenido en las obras de alcantarillado, que se han realizado posteriormente a los trabajos descritos en el párrafo anterior; y a los que se hace mención el informe de D. Simón Iglesias Ferro". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.D. 429/93) tal e como se deduce da documentación obrante no expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto do referido informe da adxudicataria queda evidenciado que o accidente sucedeu máis de tres meses despois de rematadas as obras no tramo en que tivo lugar o mesmo, estando en todo caso sinalizadas estas cun límite de velocidade de 20 km/h., paso estreito e grava solta, polo que á vista do manifestado polo propio reclamante "circulaba .... a una velocidad inferior a 50 hm/h." parece intuírse que o conductor non cumpría coas obrigas impostas polos arts. 17.1 e 18.1 e 45 e 46 do R.D. 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación que establece que ... os conductores deberán estar en todo momento en condicións de controlar os seus vehículos e manter a atención permanente na conducción que garantice a súa propia seguridade ... polo que estaríamos perante un suposto de responsabilidade concorrente. Nembargantes debe terse en conta que é obriga do contratista indemnizar os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art. 97 T.R. Lei de Contratos das Administracións Públicas). Por outra banda, e visto que do citado informe de Construcciones C. Casas, S.L. dedúcese que posteriormente ós traballos realizados por esta, leváronse a cabo obras na rede de sumidoiro ben por parte do Concello ou por empresa por conta deste, por tratarse dunha competencia municipal (art. 25.l da Lei 7/85 de 2 de abril de Bases do Réxime Local), en ningún dos supostos pode imputarse a esta Deputación Provincial responsabilidade ningunha no sinistro. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.D. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 11.12860.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL COUÑAGO COUÑAGO POR DANOS PADECIDOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE NA ESTRADA FORNELOS-FESTÍN, LUGAR DE TRASPIELES (FORNELOS DE MONTES) Dada conta de que con data de Rexistro de 11 de xaneiro de 2005 (nº 000448) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Manuel Couñago Couñago, veciño de Fornelos de Montes, lugar de Traspieles, San Mauro nº 4, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade matrícula PO-4679-AP como consecuencia de placas de xeo na estrada Fornelos-Festín o día 9 de decembro de 2004, aportando factura de reparación do vehículo por importe de 796,80 ¤. Resultando.- Que con data 18 de xaneiro de 2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 28 de xaneiro seguinte, co seguinte contido: "La Carretera Provincial Fornelos-Festín pasa efectivamente por Traspieles. Según me informa el Capataz de la zona, Sr. Vilar, el día 9 de diciembre de 2004, sobre las 10 de la mañana, recibió una llamada telefónica del vigilante Sr. Torres, informándole que había marca de hielo en la citada carretera. Procedió a abastecerse de sal en el Parque de Ponteareas y a continuación se dirigió a extenderla en los tramos afectados. Me informa, finalmente, de que tiene conocimiento de que en el lugar y en ese día, hubo varios accidentes por idéntica causa". Resultando que solicitada pola Asesoría Xurídica a comparecencia do funcionario vixilante Sr. Torres, citado no informe do Servizo de Vías e Obras, co fin de prestar declaración no procedemento, con data 11 de febreiro de 2005 efectúa dita declaración manifestando o seguinte: "Que haciendo la vigilancia por la zona un día que estaba la climatología mal, había placas de hielo, vio un coche fuera de la vía. No presenció el accidente. Que bajo su punto de vista y en función de su experiencia considera que el accidente se debió al mal estado de la vía. No descarta que un exceso de velocidad pudiese concurrir a la causación del accidente, sin perjuicio de que incluso yendo despacio el accidente se habría producido considerando el estado de la vía. En este acto y momento se compromete a aportar testimonio fotográfico. A mayores manifiesta que por ser zonas sombrías a las que difícilmente el sol alcanza en determinadas épocas del año, acostumbran a arrojar sal sobre aquellas, pero ese día y debido al cambio de turno no se había hecho así". Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.D. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/982 e 13.2 do R.D. 429/93, á vista dos citados informes e comparecencias dos funcionarios do Servizo encargado da vixilancia e conservación das vías provinciais. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.D. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Don Manuel Couñago Couñago, con DNI nº 32322850-F, por danos en automóbil da súa propiedade marca "Citröen ZX", matrícula PO-4679-AP, como consecuencia da existencia de placas de xeo na estrada Fornelos-Festín, lugar de Traspieles, valorados en 796,80 ¤, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente. 2º.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 796,80 ¤ (setecentos noventa e seis euros con oitenta céntimos) con cargo á partida 05/511.511.210.00 do orzamento, sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF ou CIF, así como número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria no prazo de DEZ DÍAS a partir da notificación do presente acordo. 3º.- Dar traslado do presente acordo a AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., con enderezo na Praza de América 1-2ª planta de Vigo, C.P. 36211, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 195,79 ¤ (cento noventa e cinco euros con setenta e nove céntimos), unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 601,01 ¤, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. 4º.- Dar traslado á Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 12.12861.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA LORENA NÚÑEZ ALMEIDA POR DANOS SUFRIDOS EN AUTOMÓBIL DA SÚA PROPIEDADE, NA ESTRADA DE SIXTO, DIRECCIÓN PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de Rexistro 13/10/2004 (rex.nº 031291) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Castro Rial en nome de Dona Lorena Núñez de Almeida, veciña Vilagarcía de Arousa na rúa Rodrigo de Mendoza num. 60-1ºC; por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, na estrada de Sixto dirección Pontearnelas (Vilanova de Arousa) o día 18 de maio de 2004, e que individualiza economicamente en 443,70 ¤. Resultando.- Que o letrado subscribinte, atopábase incurso en causa de incompatibilidade ó exercer noutros asuntos derivados da póliza de aseguramento de responsabilidade civil desta Deputación, con data 18 de novembro de 2004 requiríuselle por escrito para que, dada a circunstancia, procedera á designación doutro compañeiro/a letrado/a para a tramitación do expediente. Resultando.- Que non habéndose recibido resposta o requirimento efectuado, remitiuse comunicación a Dona Lorena Núñez de Almeida en 17/02/2005, co fin de que manifestase a súa intención de designar outro profesional ou de continuar o trámite por si mesma, comparecendo esta en 02/03/2005 e manifestando o seu desexo de continuar coa reclamación no seu propio nome. Resultando.- Que con data 11/03/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.D. 2568/86, solicitouse informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu con data 14/03/2005 co seguinte contido: "... Que la carretera que pasa por el lugar de O Sixto, no es vía provincial, pertenece a la Xunta de Galicia". Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.D. 2568/86 e R.D. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 13.12862.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada de escrito do Sr. Presidente do "Tribunal de Contas", de data 3 de febreiro de 2005 (nº rex. Entrada 002806), dando traslado de Informe de Fiscalización da xestión contractual realizada polas Deputacións Provinciais, exercicio 2002, respecto dos Servizos de Asistencia Domiciliaria, así como dos informes emitidos ó respecto polo Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio, de 17 de febreiro de 2005 e da xefa do Servizo de Acción Social, de 7 de marzo de 2005. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 14.12863.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta dos seguintes autos: a) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto do Xulgado do Contencioso nº 1 de Ourense, de data 26 de febreiro de 2005, recibido nesta Deputación o día 8 de marzo seguinte (nº Rex. Entrada 006642) polo que se declara incompetente para coñecer do recurso interposto pola representante legal de PROYECON GALICIA, S.A., remitindo as actuacións ó Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, estimando así as alegacións presentadas pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica desta Deputación. b) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -Sección 2ª, de data 1 de setembro de 2004, polo que se acepta o desestimento de D. Antonio Raña Portela no recurso contencioso-administrativo nº 4421/ 2002 contra acordo desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, declarando terminado o procedemento e ordenando o arquivo das actuacións. c) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 29 de maio de 2003 polo que se declara a caducidade no recurso contencioso-administrativo nº 4781/ 2002, promovido por D. Manuel Castro Martínez, contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, ó non ser presentada a demanda no prazo concedido, declarándose de oficio, en consecuencia, dita caducidade. ------ Folla: 15.12864.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN MIXTA DE ASISTENCIA SANITARIA De conformidade co disposto no artigo 34 do concerto de asistencia sanitaria subscrito coas compañías ADESLAS e AEGON, acórdase por unanimidade designar como representante desta Excma. Deputación Provincial na Comisión Mixta do concerto de asistencia sanitaria ó Deputado Provincial D. José Juan Duran Hermida. ------ Folla: 16.12865.- REVISIÓN DE PREZOS ASISTENCIA SANITARIA ADESLAS E AEGON En cumprimento do disposto no artigo 38 do concerto de Asistencia Sanitaria subscrito coa Compañía Adeslas e Aegon para funcionarios provinciais integrados, acórdase por unanimidade, efectuar a revisión de prezos correspondente ó exercicio 2005, conforme ó incremento do prezo da asistencia sanitaria no acordo marco da Seguridade Social, que ascende a un 3%, quedando por conseguinte actualizado o prezo do Concerto no 30,21 €/mes por beneficiario ó período 01-01-2005 / 31-12-2005. Ó propio tempo, acórdase por unanimidade aprobar e declarar de aboo os atrasos correspondente a xaneiro, febreiro e marzo para ADESLAS e AEGON deste ano distribuído tal e como a continuación de detalla. ADESLAS MES Nº ASEGURADOS PRIMA TOTAL Xaneiro 685 0,88 602,80 Febreiro 685 0,88 602,80 Marzo 685 0,88 602,80 TOTAL 1.808,40 AEGON MES Nº ASEGURADOS PRIMA TOTAL Xaneiro 279 0,88 245,52 Febreiro 278 0,88 244,64 Marzo 278 0,88 244,64 TOTAL 734,80 Ditas cantidades imputaranse á partida 05/122.314.160.06 do actual orzamento provincial. ------ Folla: 17.12866.- CONVENIO COA EMPRESA CONSTRUZIONA GALICIA, S.L. CON MOTIVO DA EXPROPIACIÓN PARA AS OBRAS DE ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DA EP PO-4513 (TRAMO PORTONOVO -ADINA) Dada conta do proxecto de convenio presentado por Don Francisco Javier Jiménez de Cisneros Cid, en nome e representación da empresa Construziona Galicia, S.L., con motivo da expropiación para as obras de ensanche e acondicionamento da EP PO-4513 Portonovo-Adina. Resultando que se pretende a cesión dos dereitos urbanísticos que puideren corresponder á Deputación con respecto á parcela expropiada e a renuncia da empresa ó xustiprezo acordado polo Xurado Provincial de Expropiacións, desistindo do contencioso interposto. E vistos os informes emitidos polo Secretario Accidental e o Arquitecto provincial, a Xunta de Goberno acórdase por unanimidade aprobar o mesmo. ------ Folla: 18.12867.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONSULTORIA E ASISTENCIA TÉCNICA INTEGRAL Ó PROXECTO CIDADE + Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a contratación da consultoría e asistencia técnica ó Proxecto Cidade+. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación da asistencia, e vistos así mesmos, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 16 de marzo de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do Concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, da Consultoría e Asistencia Técnica integral ó proxecto Cidade+, por un tipo máximo de licitación de sesenta e nove mil seiscentos euros (69.600,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade, autorizar dito gasto con cargo á partida 05/422.323.227.02 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito Concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación da consultoría e asistencia técnica, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA INTEGRAL Ó PROXECTO CIDADE + 1.- OBXECTO. A iniciativa comunitaria Interreg III-A, subprograma Galicia-Norte de Portugal, desenvolve un programa denominado Cidade +. Este proxecto pretende mellorarlles o sistema de atención e información ós inmigrantes e emigrantes retornados na cidade de Pontevedra e Melgaço. Para unha mellor efectividade do proxecto cómpre a CONTRATACIÓN DUNHA CONSULTORIA E ASISTENCIA TÉCNICA cunhas funcións que serán as seguintes: o Proporcionar ó proxecto un apoio metodolóxico no deseño das actividades contempladas. o Apoio técnico ó deseño de estratexias, dinamización e xestión ás reunións dos socios galegos e portugueses. o Asesoramento na interlocución coa autoridade de xestión do programa e coa súa secretaría técnica conxunta. o Proporcionar datos e información de control destinados a alimentar os procesos de xustificación normativa. o Asesoramento nos procesos e procedementos de xustificación económica-financeira ante o FEDER. o Asumir labores de auditoría externa do proxecto. No prego de prescricións técnicas recóllese de forma máis detallada os obxectivos do Proxecto Cidade +, así como o desenvolvemento das funcións a realizar anteriormente enumeradas. 2.- FINANCIAMENTO. O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO. O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a súa conformidade esta Deputación Provincial, segundo o seguinte esquema: * 30 % antes do 15 de maio de 2005 * 30 % antes do 15 de setembro de 2005 * 40 % antes do remate dos traballos 4.- DURACIÓN DO CONTRATO. O contrato terá o seu inicio desde o día seguinte á notificación da adxudicación, estendéndose durante o período de tempo no que se desenvolva o proxecto Cidade +, que finaliza o 31 de decembro de 2005, e durante os seis primeiros meses do ano seguinte, nos cales o adxudicatario deberá de xustificar o proxecto ante os órganos comunitarios competentes. 5. TIPO DE LICITACIÓN. O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de SESENTA E NOVE MIL SEISCENTOS EUROS (69.600,00 ¤), IVE incluído. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización destas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela a un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da lei de contratos das administración públicas. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN. FORMALIDADES. DOCUMENTACIÓN 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, en horario de 9:00 a 13:00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ós da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e mais do 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2. Formalidades. As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado PROPOSICIÓN ECONÓMICA; axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA INTEGRAL Ó PROXECTO CIDADE + Dito sobre deberá conter a seguinte documentación:
Ãrea de notas
Nota