ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/02/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/1.2005-02-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/02/11_Ordinaria

  • Data(s) 2005-02-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día once de febreiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12774.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de febreiro de 2005. ------ Folla: 2.12775.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DA GUARDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 14-05-04, PARA "EQUIPAMENTO DA PRAIA DE AREA GRANDE" Vistos os informes de Intervención e da técnica de Medio Ambiente, así como o escrito de solicitude de cambio de aplicación da subvención presentado polo Sr. Alcalde-Presidente do concello da Guarda, en relación coa axuda concedida pola Xunta de Goberno de 14-05-04, por importe de 23.000,00 ¤, para "Equipamento da praia Area Grande", acórdase por unanimidade conceder o cambio de aplicación da axuda económica para a obra "Urbanización Area Grande". ------ Folla: 3.12776.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 3 de febreiro do ano actual, para o recoñecemento de diversas obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2005, acórdase por unanimidade aprobar: A relación comprensiva de nove facturas, que figuran na referencia 200500000070, por un importe global de catro mil oitocentos noventa e sete euros con oitenta e sete céntimos (4.897,87 ¤), a primeira das cales é a relativa a Exclusivas Alameda, S.L. por un importe de 622,28 ¤, e finaliza coa correspondente a Floristería Jardín -Ángeles Casares Escudero-, por un importe de 100,00 ¤, na que se recoñecen obrigas por un importe de catro mil oitocentos noventa e sete euros con oitenta e sete céntimos (4.897,87 ¤). As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12777.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. - A constituída en metálico, por importe de setecentos corenta euros (740,00 ¤), para responder do lote nº 29 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/03/2003, núm. de operación 200300012843, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERVICIOS FORESTAIS PENOURIÑO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de setecentos trinta e oito euros (738,00 ¤), para responder do lote nº 15 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12/02/2003, núm. de operación 200300009256, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de setecentos trinta e oito euros (738,00 ¤), para responder do lote nº 15 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 16/10/2003, núm. de operación 200300074764, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos oitenta euros (780,00 ¤), para responder do lote nº 31 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12/02/2003, núm. de operación 200300009224, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos setenta e sete euros con oitenta céntimos (777,80 ¤), para responder do lote nº 32 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12/02/2003, núm. de operación 200300009226, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de novecentos trinta e seis euros (936,00 ¤), para responder do lote nº 31 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08/07/2003, núm. de operación 200300050646, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincocentos corenta e catro euros con corenta e seis céntimos (544,46 ¤), para responder do lote nº 32 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08/07/2003, núm. de operación 200300050648, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de novecentos trinta e seis euros (936,00 ¤), para responder do lote nº 31 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/10/2003, núm. de operación 200300074310, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil once euros con catorce céntimos (1.011,14 ¤), para responder do lote nº 32 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/10/2003, núm. de operación 200300074309, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CORSAN - CORVIAM, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil cincocentos dez euros con corenta céntimos (2.510,40 ¤), para responder do lote nº 34 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 28/02/2003, núm. de operación 200300012076, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Asefa, por importe de mil novecentos cincuenta e un euros con sesenta céntimos (1.951,60 ¤), para responder do lote nº 40 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/02/2003, núm. de operación 200300010349, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA) - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de dous mil cincocentos vinte euros (2.520,00 ¤), para responder do lote nº 36 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 26/02/2003, núm. de operación 200300011528, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de seis mil cincocentos trinta e oito euros con oitenta e oito céntimos (6.538,88 ¤), para responder do lote nº 41 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/02/2003, núm. de operación 200300009668, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de tres mil trescentos sesenta e seis euros con corenta céntimos (3.366,40 ¤), para responder do lote nº 41 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/02/2003, núm. de operación 200300009669, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de mil corenta euros (1.040,00 ¤), para responder do lote nº 51 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 13/02/2003, núm. de operación 200300009670, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil seiscentos oitenta euros (1.680,00 ¤), para responder do lote nº 36 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300038457, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil trescentos doce euros con oitenta e catro céntimos (5.312,84 ¤), para responder do lote nº 41 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300038456, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil cincocentos vintecatro euros (2.524,00 ¤), para responder do lote nº 41 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300038455, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oitenta céntimos (0,80 ¤), para responder do lote nº 41 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300041062, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil cento sesenta euros (4.160,00 ¤), para responder do lote nº 51 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300038454, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de oitocentos corenta euros (840,00 ¤), para responder do lote nº 36 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/10/2003, núm. de operación 200300072253, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de mil douscentos vinteseis euros con catro céntimos (1.226,04 ¤), para responder do lote nº 41 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/10/2003, núm. de operación 200300072255, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de oitocentos corenta e un euros con sesenta céntimos (841,60 ¤), para responder do lote nº 41 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/10/2003, núm. de operación 200300072259, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Banco Atlántico, por importe de tres mil seiscentos corenta euros (3.640,00 ¤), para responder do lote nº 51 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/10/2003, núm. de operación 200300072261, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre Crédito y Caución, por importe de dous mil catrocentos cincuenta e dous euros con oito céntimos (2.452,08 ¤), para responder do lote nº 41 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/11/2003, núm. de operación 200300085546, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Mapfre Crédito y Caución, por importe de mil douscentos sesenta e dous euros con corenta céntimos (1.262,40 ¤), para responder do lote nº 41 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/11/2003, núm. de operación 200300085548, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de mil setecentos setenta e catro euros con oitenta céntimos (1.774,80 ¤), para responder do lote nº 38 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 28/02/2003, núm. de operación 200300012078, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catrocentos sesenta e catro euros (464,00 ¤), para responder do lote nº 42 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/02/2003, núm. de operación 200300010384, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ÁRIDOS DE PUENTEAREAS, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de tres mil douscentos quince euros con corenta céntimos (3.215,40 ¤), para responder do lote nº 43 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12/02/2003, núm. de operación 200300009222, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de mil cincocentos corenta euros (1.540,00¤), para responder do lote nº 50 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 12/02/2003, núm. de operación 200300009223, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de novecentos trinta e dous euros (932,00¤), para responder do lote nº 43 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08/07/2003, núm. de operación 200300050647, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de dous mil cento cincuenta e seis euros (2.156,00 ¤), para responder do lote nº 50 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08/07/2003, núm. de operación 200300050645, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de seiscentos dezaseis euros (616,00 ¤), para responder do lote nº 50 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 14/10/2003, núm. de operación 200300074306, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. INDEZA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de catrocentos vintenove euros (429,00 ¤), para responder do lote nº 52 do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/02/2003, núm. de operación 200300008311, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Afigal, por importe de douscentos oitenta e seis euros (286,00 ¤), para responder do lote nº 52 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 30/05/2003, núm. de operación 200300038451, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de douscentos oitenta e seis euros (286,00 ¤), para responder do lote nº 52 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 08/10/2003, núm. de operación 200300073112, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de setecentos quince euros (715,00 ¤), para responder do lote nº 52 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 25/11/2003, núm. de operación 200300086811, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincocentos corenta e tres euros con oitenta e catro céntimos (543,84 ¤), para responder do lote nº 22 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 29/05/2003, núm. de operación 200300038161, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos oitenta e nove euros con catro céntimos (689,04 ¤), para responder do lote nº 30 da primeira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 29/05/2003, núm. de operación 200300038162, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento noventa e sete euros con setenta e seis céntimos (197,76 ¤), para responder do lote nº 22 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/10/2003, núm. de operación 200300072956, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos corenta e un euros con sesenta céntimos (741,60 ¤), para responder do lote nº 23 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/10/2003, núm. de operación 200300072955, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de setecentos sesenta e cinco euros con sesenta céntimos (765,60 ¤), para responder do lote nº 30 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 07/10/2003, núm. de operación 200300072924, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catrocentos noventa e catro euros con corenta céntimos (494,40 ¤), para responder do lote nº 22 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/11/2003, núm. de operación 200300086090, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trescentos oitenta e dous euros con oitenta céntimos (382,80 ¤), para responder do lote nº 30 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 21/11/2003, núm. de operación 200300086089, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIÓNS MOSTEIRO, S.L. - A constituída en metálico, por importe de cento noventa e dous euros con noventa céntimos (192,90 ¤), para responder do lote nº 8 da terceira ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09/12/2003, núm. de operación 200300094976, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS MÉNDEZ Y CONSTRUCCIONES, S.L. - A constituída en metálico, por importe de cincocentos corenta e sete euros con oitenta céntimos (547,80 ¤), para responder do lote nº 5 da segunda ampliación do concurso de alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2003, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 06/10/2003, núm. de operación 200300072274, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.12778.- PLAN DE ACTUACIÓNS DIVERSAS EN CENTROS DE SERVIZOS MUNICIPAIS 2005 Resultando: Que a fin de dar continuidade ó traballo que se veu desenvolvendo nestes últimos anos en diferentes municipios da provincia coa colaboración do INEM e da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, esta Excma. Deputación Provincial en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 36.1. d) da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, coa participación dos concellos da provincia, preveu poñer en marcha un "Plan de Actuacións diversas en Centros de Servizos Municipais" para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social. Resultando: Que este plan ten por obxecto fomentar o emprego na provincia de Pontevedra mediante a contratación laboral de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, así como contribuír a paliar as carencias de medios humanos na execución de ditas obras ou servizos. Resultando: Que no mesmo poderán participar todos os concellos da provincia de Pontevedra que dispoñan de capacidade suficiente para poder levar a cabo as correspondentes obras ou servizos. Resultando: Que a Deputación Provincial financiará o 75 % do custo salarial total da man de obra a contratar, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, calculado polo vixente Convenio colectivo da Construción, ata esgotar o crédito previsto nas partidas 122.121.141.04 e 122.121.160.04, debendo comprometerse o concello a aportar o 25% restante e os medios materiais que sexan necesarios para a realización da obra ou servizo. Considerando: Que a selección dos traballadores a contratar levarase a cabo a través das oficinas de emprego ou dos Centros asociados que colaboren co Servizo Galego de Colocación, de conformidade co disposto no artigo 22 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro do 2001 aplicable ó persoal funcionario e laboral que presta servizos nesta Excma. Deputación Provincial. Considerando: Que unha vez seleccionados os traballadores previstos para cada unha das ocupacións ofertadas, a Deputación Provincial procederá a súa contratación mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó amparo do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de seis meses. En virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 36.1.d) da Lei 57/2003, de 16 de decembro, RESOLVO aprobar o "Plan de actuacións diversas en centros de servizos municipais" para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, consonte ós criterios establecidos nas bases da convocatoria. Acórdase por unanimidade aprobar o "Plan de Actuacións diversas en Centros de Servizos Municipais" que segue a continuación: "PLAN DE ACTUACIÓNS DIVERSAS EN CENTROS DE SERVIZOS MUNICIPAIS INTRODUCCIÓN A Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, vén reforzar e intensificar a través da modificación do artigo 36 da Lei 7/85, do 2 de abril, as funcións da provincia en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica territorial, sen prexuízo das competencias das demais administracións públicas neste ámbito, que enlaza co conxunto de actividades de recente importancia nos gobernos locais contemporáneos, no que as Deputacións Provinciais xa se viñeron implicando de forma crecente nos últimos anos, tendo en conta que estas competencias resultan especialmente necesarias nas zonas rurais, onde a posta en práctica de políticas de desenvolvemento local están producindo excelentes resultados. Tal espírito colaborador xa encontraba acomodo legal nos artigos 31.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, e disposición final terceira do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril. Por conseguinte, a fin de dar continuidade ó traballo que se está a desenvolver nos últimos anos en diferentes municipios da provincia coa colaboración do INEM e da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, esta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 36.1. d) do citado texto legal, coa participación dos concellos da provincia, preveu poñer en marcha un "Plan de actuacións diversas en centros de Servizos Municipais" para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, e que se rexerá polas seguintes: B A S E S PRIMEIRA.- Obxecto Este plan ten por obxecto fomentar o emprego na provincia de Pontevedra mediante a contratación laboral de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, así como contribuír a paliar as carencias de medios humanos dos concellos. SEGUNDA.- Beneficiarios Neste plan poderán participar todos os concellos da provincia de Pontevedra que dispoñan de capacidade suficiente para executar as distintas obras ou servizos, quedando excluídos aqueles que non ingresaran nas arcas provinciais a achega do 25% dos custos salariais totais correspondentes ós traballadores contratados no ano 2004, salvo que dita cantidade se faga efectiva antes de que se resolva o expediente, ou propoñan outra forma de cancelación de tales débedas. TERCEIRA.- Requisitos das obras ou servizos As obras ou servizos a desenvolver deberán ser de interese xeral e social, terán relación coas competencias municipais descritas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85, do 2 de abril, e poderán concretarse en calquera das seguintes actuacións: a) Obras destinadas á construción ou reparación de instalacións. b) Obras ou servizos de titularidade colectiva, tales como mellora de vivenda, vixilancia, revalorización de espazos públicos urbanos, protección e mantemento de zonas naturais, xestión de residuos, xestión de augas etc. c) Obras ou servicios dirixidos a paliar ou reparar os danos causados con ocasión de temporais, inclemencias meteorolóxicas ou calquera outro fenómeno da natureza. d) Aquelas outras obras ou servizos de recoñecido interese xeral ou social que poidan demandar os municipios e que redunden en beneficio dos cidadáns. O número de traballadores que se destinará a cada obra ou servicio determinarase en función do número de habitantes do municipio, aplicando a seguinte escala: Concellos de ata 10.000 habitantes 2 traballadores Concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes 3 traballadores Concellos de máis de 50.000 habitantes 4 traballadores No suposto de que a algún concello non lle interese participar neste Plan, o número de traballadores sobrante distribuirase conforme a finalidade das obras ou servicios a realizar. CUARTA.- Financiamento A Deputación Provincial financiará o 75 % do custo da man de obra a contratar, salarios e cota empresarial á Seguridade Social calculados polo vixente Convenio colectivo da construción, ata esgotar o crédito previsto nas partidas 122.121.141.03 e 122.121.160.04, debendo o Concello achegar o 25% restante e os medios materiais que sexan necesarios para executar a obra ou servizo. Neste sentido os concellos deberán comprometerse a ingresar na Tesourería desta Deputación Provincial o 25% do custo salarial total, incluída a cota empresarial á Seguridade Social, tendo en conta a seguinte valoración económica: Categoría Salarios 25% Seg. social 25% Total/mes 25% Total 6 meses Oficial 1ª 287,46 ¤ 97,82 ¤ 385,28 ¤/mes 2.311,68 ¤ Peón 275,20 ¤ 93,32 ¤ 368,52 ¤/mes 2.211,12 ¤ QUINTA.- Presentación de instancias As instancias deberán presentarse no Rexistro xeral da Excma Deputación Provincial de Pontevedra antes do día 28 de febreiro, xunto coa seguinte documentación: a) Memoria explicativa da obra ou servicio a desenvolver. b) Compromiso de achegar o 25% do custo salarial total incluída a cota empresarial á Seguridade Social. c) Certificación de que o Concello dispón de medios materiais suficientes para executar a obra ou servizo. SEXTA.- Resolución Dentro dos dous meses seguintes á data en que finalice o prazo de presentación de instancias, o presidente da Deputación dictará a resolución que proceda, que lles será notificada ós concellos interesados. Transcorrido o devandito prazo sen que se dictase resolución expresa, as solicitudes entenderanse desestimadas. A resolución que poña fin ó expediente conterá, como mínimo, os seguintes datos: a) Denominación da obra ou servizo aprobado b) Número de traballadores a contratar e categoría profesional. c) Custo salarial total e de seguridade social correspondente a ditos traballadores. d) Contía da achega que lle corresponde ó Concello. e) Data de inicio da obra ou servizo. SÉTIMA.- Selección dos traballadores Os traballadores que sexan contratados para realizaren as distintas obras ou servizos municipais deberán ser desempregados inscritos no INEM ou no Servizo Galego de Colocación. A Deputación Provincial solicitará ós traballadores desempregados mediante a presentación da correspondente oferta nas oficinas de emprego ou ben nos centros asociados que colaboren co Servizo Galego de Colocación. OITAVA.- Contratación dos traballadores Seleccionados os traballadores para cada unha das ocupacións ofertadas, a Deputación Provincial procederá á súa contratación mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó abeiro do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de seis meses. NOVENA.- Seguimento e publicidade No prazo dun mes, desde o remate da obra ou servizo, o Concello remitiralle á Deputación Provincial un informe sobre as actuacións que se levaron a cabo. Para efectos de coñecemento público, no lugar onde se realicen as obras ou servizos ou, no seu caso, na sede do concello, deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no que conste o cofinanciamento por parte da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra." ------ Folla: 6.12779.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DUNHA BECA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE DIAGNÓSTICO FITOPATOLÓXICO MEDIANTE TÉCNICAS DE BIOLOXÍA MOLECULAR NA FINCA AREEIRO De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, así como artigo 35.2.b da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, acórdase por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha beca de Licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro. Dita convocatoria é como segue: "CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE DIAGNÓSTICO FITOPATOLÓXICO MEDIANTE TÉCNICAS DE BIOLOXÍA MOLECULAR NA FINCA AREEIRO DEPENDENTE DO SERVIZO AGRARIO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro, consonte as seguintes B A S E S PRIMEIRA.- Obxecto Esta bolsa ten por obxecto a realización tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro dependente do Servizo Agrario da Deputación Provincial. SEGUNDA.- Condicións dos aspirantes Os aspirantes deberán reunir as seguintes condicións: a) Ser español. b) Estar en posesión do título de licenciado en Bioloxía, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. TERCEIRA.- Dotación económica: Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 841,41 ¤/mes por beneficiario, que se imputará á partida 05/711.711.481.01 do orzamento provincial. CUARTA.- Presentación de solicitudes: As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión do título de enxeñeiro superior agrónomo, de montes ou en ciencias biolóxicas, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. c) Certificado do expediente académico, currículo vitae e documentación acreditativa deste. d) Méritos relacionados cos traballos de investigación para realizar debidamente xustificados. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a bolsa. QUINTA.- Comisión de selección Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue. Vogais: Un deputado provincial, un representante da Finca Areeiro, un funcionario técnico superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue Tódolos membros terán voz e voto. A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- Selección do bolseiro. A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo: a) Expediente académico, ata un máximo de tres puntos. b) Outros méritos, ata un máximo de tres puntos: b.1.- Por ter realizado a tese, ata un máximo dun punto. b.2.- Por ter realizado másters ou cursos relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun punto. b.3.- Por acreditar outros méritos non comprendidos nos apartados anteriores e relacionados coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo dun punto. SÉTIMA.- Resolución: A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere mais idóneo para realizar tarefas de diagnóstico fitopatolóxico mediante técnicas de bioloxía molecular na Finca Areeiro. Este acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- Condicións xerais Establécense as seguintes condicións xerais: a) A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou na Finca Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servizo Agrario e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina da Finca Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) Aceptar e beneficiarse desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación co seu currículo. A resolución da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- Interpretación das bases A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes bases." ------ Folla: 7.12780.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real Decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, acórdase por unanimidade, recoñecer ós funcionarios D. Juan Carlos Cabaleiro Fernández, Peón Especialista, adscrito ó Servizo de Vías e Obras: 1 ano, 5 meses e 15 días, de servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra como Peón Especialista; e a D. Óscar Rodríguez Cores, Peón Especialista, adscrito ó Servizo de Vías e Obras: 1 ano, 5 meses e 20 días, de servizos prestados na Deputación Provincial de Pontevedra como Peón Especialista; fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 17 de xullo de 2003 e 14 de xullo de 2003, respectivamente. ------ Folla: 8.12781.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 9.12782.- BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE ATA A CONTÍA MÁXIMA DE SEIS MIL EUROS. ANO 2005 De conformidade co disposto no artigo 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo do 8 de xaneiro de 2001, acórdase por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2005 ata a contía máxima de seis mil euros, elaboradas pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvendo do previsto no citado artigo 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas se arbitran as normas correspondentes para a concesión de ditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificacións documentais precisas. A concesión de ditos préstamos será financiada con cargo á partida 05/122.314.830.07, dotada con cento vinte mil douscentos euros. Ditas bases son como seguen: "BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE Segundo o establecido no artigo 78 do IV Acordo Regulador-Convenio Colectivo, a Xunta de Goberno de esta Excma Deputación Provincial, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, presta aprobación ás seguintes Bases para a concesión dos préstamos sen interese do ano 2005: 1.- BENEFICIARIOS/AS Poderán solicitar préstamos sen interese os funcionarios/as de carreira en activo e persoal laboral fixo dependente desta Excma. Deputación Provincial. Non terán dereito a préstamos sen interese para adquisición de primeira vivenda ou mellora da habitual, aqueles beneficiarios que posúan mais dunha vivenda por unidade familiar 2.- CONTÍA Estes préstamos sen interese poderán concederse ata a contía máxima de seis mil euros ó persoal desta Excma. Deputación Provincial que reúna os requisitos establecidos nestas Bases. 3.- FINS ÓS QUE SE DESTINA A ADXUDICACIÓN Con cargo á consignación económica de cento vinte mil douscentos euros (120.200,00 euros) prevista na partida 05/122.314.830.07 do orzamento provincial atenderanse as solicitudes que se destinen ós seguintes fins: a) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe. b) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores. c) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario. d) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario. e) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade. f) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave cando se refiran directamente ó solicitante, ó seu cónxuxe, ós fillos, ou a persoa dependente economicamente do mesmo, integrante da unidade familiar. 4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DEMAIS DOCUMENTACIÓN As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Excma Deputación Provincial antes do día 31 de marzo de 2005, acompañadas da seguinte documentación, segundo os fins os que se destine o préstamo: A) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe: - Declaración do IRPF de tódolos integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda ou praza de garaxe para o que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Orzamento da obra a realizar, da vivenda ou praza de garaxe que desexa adquirir ou escritura acreditativa da adquisición ou construción. B) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores: - Declaración do IRPF de tódolos integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Orzamento da mellora a realizar. C) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario - Declaración do IRPF de tódolos integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. - Xustificante do préstamo hipotecario. D) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario: - Orzamento de compra de mobles segundo corresponda á petición. - Declaración do IRPF de tódolos integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. - Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. - Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. - Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. E) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade: - Certificación do Secretario desta Excma Deputación Provincial na que se xustifique que o interesado, durante o último ano, fixera uso habitual do seu vehículo particular nos desprazamentos realizados do seu centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade. F) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave: - Declaración do IRPF de tódolos integrantes da unidade familiar, sexa conxunta ou separada. - Informe ou informes médicos do proceso de enfermidade. Tódolos documentos que acompañen á solicitude deberán levar o selo de Rexistro de Entrada na Deputación Provincial Os servicios médicos provinciais elevarán informe en tódolos casos de solicitudes de préstamos para atender gastos por enfermidade, no que farán constar o seu parecer sobre a concesión dos mesmos a Comisión Paritaria Mixta. 5.- CONCESIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e a correspondente documentación, o Servicio de Recursos Humanos no prazo máximo de 30 días naturais, clasificarán as solicitudes e formulará proposta á Comisión Paritaria Mixta, a cal elevará ó órgano correspondente da Deputación Provincial a proposta definitiva de adxudicación destes préstamos. Para elaborar a proposta de concesión dos préstamos darase preferencia a aquelas solicitudes que teñan un cociente de nivel de renda mais baixo. Neste sentido enténdese como renda familiar do peticionario/a, ós efectos de adxudicación dos préstamos sen interese, o cociente que resulte de dividir os ingresos familiares entre o número de membros da unidade familiar que figure na declaración ou declaración da renda. A Excma. Deputación Provincial dará publicidade as presentes Bases a través da súa colocación en tódolos taboleiros de anuncios dos distintos Centros da Deputación. Non se tramitará unha nova solicitude de préstamo ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade. No suposto de que un funcionario a quén lle outorgase un préstamo sen interese causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación funcionarial, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa. 6.- XUSTIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE Transcorrido un prazo máximo de 6 meses dende a concesión do préstamo deberán presentarse a través do Rexistro de Entrada da Deputación Provincial segundo corresponda: a) Factura ou facturas correspondentes nas que figuren o IVE e o NIF da empresa/s que realice ou subministre a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Escritura acreditativa da adquisición ou construción da vivenda que constitúa a residencia única e habitual do peticionario. c) Xustificante de ter amortizado o préstamo bancario correspondente. d) Documento público de adquisición de garaxe, ou licencia municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE ou NIF da empresa que realice a obra. e) Factura de compra de vehículo particular debidamente cumprimentada. f) No caso de enfermidade grave as facturas que deriven do tratamento médico que reciba o afectado e gastos complementarios. Así mesmo, nos casos de construción ou adquisición de vivenda deberán presentarse documento público ou privado da adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaran as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial procederá a descontar en nómina o 30% do salario mensual do peticionario/a, ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o beneficiario/a non poderá optar a concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos." ------ Folla: 10.12783.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "FASE 1 DE REHABILITACIÓN DA ANTIGA REITORAL DE ALCABRE (VIGO)" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Fase 1 de Rehabilitación da Antiga Reitoral de Alcabre (Vigo)", visto o informe emitido polo enxeñeiro arquitecto provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a OPAIN, S.L. a referida obra na suma de 145.144,40 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio e un período de mantemento de trinta meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 298,72 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo eso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 11.12784.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA "REHABILITACIÓN DO EDIFICIO PARA ARQUIVO PROVINCIAL" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación da obra "Rehabilitación do Edificio para Arquivo Provincial", visto o informe emitido polo enxeñeiro arquitecto provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeron no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a FEIJU GALICIA, S.L. a referida obra na suma de 1.601.068,93 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de nove meses, melloras por importe de 105.000,00 ¤ e un período de mantemento de dous anos. O adxudicatario debe constituír unha fianza por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, polo que se aproba o Texto refundido da LCAP, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 298,72 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin a vía administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 12.12785.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario Accidental, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición