ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/04/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-04-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/04/15_Ordinaria

  • Data(s) 2005-04-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día quince de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12942.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de abril de 2005. ------ Folla: 2.12943.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: OBREAL, S.L. - A constituída en valores, mediante aval do Bco.Pastor, por importe de mil catrocentos euros con cincuenta e oito céntimos (1.400,58 ¤), para responder de: Pintado e reposición de estructura dunha nave no Parque de Maquinaria, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/09/01, segundo núm.de operación 200100044836, (SIC/2001048504), sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil setecentos trinta e catro euros con trinta e catro céntimos (1.734,34 ¤), para responder de: Reparación da rede xeral de auga potable con reposición de válvulas comporta na Cidade Infantil Príncipe Felipe, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/03, segundo núm. de operación 200300019568, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil oitocentos oitenta e dous euros con dezanove céntimos (1.882,19 ¤), para responder de:Acondicionamento hall e vestiarios persoal cociña Centro de Maternais da Cidade Infantil Príncipe Felipe, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/01/03, segundo núm. de operación 200300038045, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ZARDOYA-OTIS, S.A. - A constituída en metálico, por importe de mil cincocentos trinta e un euros con trinta e oito céntimos (1.531,38 ¤) , para responder de:subministro dun ascensor para minusválidos no Centro de Maternais da Cidade Infantil Príncipe Felipe, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/05/03, segundo núm. de operación 200300030519 , sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SINAIS ATLÁNTICOS, S.L. - A constituída en valores,mediante aval do Banco de Galicia, por importe de mil novecentos vinte euros (1.920,00 ¤), para responder de:subministro materiais de sinalización e seguridade nas vías provinciais-2004, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/06/04, segundo núm.200400045205 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ÁRIDOS DE CURRO, S.L. - A constituída en valores, mediante aval do Banco Popular, por importe de seiscentos vintecinco euros con vinte céntimos (625,20 ¤), para responder da: subministro de 1.500 m3 de area lavada, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/11/04, segundo núm. de operación 200400083896, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. GRÁFICAS SALNÉS, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cincocentos noventa e oito euros con trinta e dous céntimos (598,32 ¤), para responder da: adxudicación contrato edición do libro a Camelia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/02/04, segundo núm. de operación 200400008850, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 3.12944.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 6 de marzo do ano actual, para o recoñecemento das obrigas, polos motivos, acredores, importes, números de facturas e partidas que constan na mesma, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas ara a execución do orzamento de 2005, acórdase por unanimidade: A relación comprensiva de vintenove facturas, que figuran na referencia 200500000287, por importe global de corenta mil cento noventa euros con cincuenta e oito céntimos (40.190,58 ¤), a primeira das cales é a relativa a Xagema, S.L. por un importe de 715.00 euros, e finaliza coa correspondente a Modo Paper Distribución, S.A., por un importe de 664.71 euros, na que se recoñecen obrigas por un importe de trinta e nove mil seiscentos trinta e tres euros con setenta e dous céntimos (39.633,72 ¤), correspondendo a cantidade de 556,86 euros a descontos de IVE soportado deducible. As obrigas son imputables ás partidas detalladas na referida relación, nas que se practicaron as correspondentes retencións de crédito. ------ Folla: 4.12945.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO URBANO LIXEIRO E DUN VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E RESCATE EN ALTURA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Visto o escrito do Director Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia, no que participa que foi aprobado, con data 3 de marzo de 2005, o proxecto europeo Cofroem "Fomento e optimización de Recursos materiais e de formación dos servizos de emerxencia e de salvamento" do que forma parte a Deputación, podendo iniciarse por esta Institución a execución material das actuacións previstas consistentes na contratación de subministro dun vehículo urbano lixeiro e dun vehículo de extinción e rescate en altura para o Consorcio Comarcal Contraincendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 28 de marzo de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do subministro dos mencionados vehículos, e vistos así mesmo, os documentos RC de data 22-03-05 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 13 de abril de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do concurso para contratación, mediante procedemento aberto, do subministro dun vehículo urbano lixeiro (lote nº1) e dun vehículo de extinción e rescate en altura (lote nº2) para o consorcio Comarcal contraincendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, por un tipo máximo de licitación de cento corenta e catro mil euros (144,00 ¤), IVE incluído, e catrocentos noventa e dous euros (492,00 ¤), IVE incluído, respectivamente. Así mesmo, acórdase por unanimidade, autorizar dito gasto con cargo á partida 05/911.223.662.02 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro, publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE, COMO LEI FUNDAMENTAL DO CONTRATO, REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO URBANO LIXEIRO E DUN VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E RESCATE EN ALTURA PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA 1.-OBXECTO DO CONTRATO.? É obxecto do contrato o subministro dun vehículo urbano lixeiro e dun vehículo de extinción e rescate en altura para o Consorcio Comarcal Contraincendios e Salvamento das comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña que deberán ser entregados matriculados polo adxudicatario, e conforme ós pregos de prescricións técnicas que se unen como anexo ó expediente. 2.- FINANCIAMENTO DO SUBMINISTRO.? Os subministros obxecto do contrato financiaranse con cargo á partida 05/911.223.662.02, do vixente orzamento provincial e contan coa cofinanciación de fondos europeos FEDER. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do subministro efectuarase tras presentar a correspondente factura, unha vez recepcionado aquel e prestada a súa conformidade esta Deputación. Realizarase o pagamento a medida que os organismos cofinanciadores acheguen as cantidades que lles corresponden; no caso de ter que pagar intereses de demora, estes imputaranse ó organismo causante da demora no ingreso das cantidades comprometidas no cofinanciamento dos subministros. 4.- PRAZO DE ENTREGA.- O subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de SEIS MESES, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da L.c.a.p. Os vehículos entregaranse ou ben no Parque de Maquinaria desta Deputación ou na sede do Parque Comarcal de Bombeiros Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, segundo indique a Deputación Provincial de Pontevedra. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade e as características recollidas nos pregos técnicos. 5.- BASE OU TIPO DE LICITACIÓN.? Os orzamentos dos contratos que servirán de base á licitación son os que a continuación se detallan: Lote VEHÍCULO IMPORTE 1 URBANO LIXEIRO 144.000,00 ¤, IVE incluído 2 EXTINCIÓN E RESCATE EN ALTURA 492.000,00 ¤, IVE incluído 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido do R.d.l. da LCAP e non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o art. 20 como prohibitivas para contratar. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do orzamento total de licitación. Poderá constituíse en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.r. da Lei de contratos das administracións públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión deste concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 38 do Texto refundido 2/2000, da LCAP. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación da adxudicación do concurso. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante un prazo que non poderá ser inferior a cincuenta e dous días naturais a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 80 41 26) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA O CONCURSO DO SUBMINISTRO DE. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . (indicar a denominación do vehículo e número de lote) PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA. Este sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Catálogos e características técnicas dos vehículos a subministrar. 3. Declaración de compromiso sobre o prazo de entrega. 4. Extensión da garantía. b) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO DE SUBMINISTRO DE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . (indicar denominación do vehículo e número de lote) PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, e conterá a documentación que sinala o art. 79 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da Lei c.a.p., e en todo caso, a seguinte " 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, do asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a representación administrativa, ou escritura de constitución da sociedade mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. d) As empresas non españolas de estados membros da Unión Europea, de estados signatarios de acordo sobre o espazo económico europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na LCAP e demais normativa vixente. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non, deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois 2.- Declaración do licitador, na que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do Texto refundido do R.d.l. 2/2000 da LCAP. 3.- Documentos que acrediten estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. 6.- Declaración das cifras de negocios globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. 7.- Certificacións establecidas polos institutos ou servizos oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 10 .- MESA DE CONTRATACIÓN A Mesa de contratación estará integrada ou constituída ou constituída do modo seguinte: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario O interventor O enxeñeiro director do Servizo Agrario SECRETARIO: O xefe de servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 3,5 puntos. 2) Mellora ás características técnicas, ata 3,5 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 2 puntos. 4) Extensións á garantía: ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e avalíe os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro tres meses seguintes á data de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarará deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, calquera que sexa o procedemento seguido e a forma de contratación empregada, notificaráselles ós participantes na licitación. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma indicadas na cláusula VIII. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato de adxudicación do subministro en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Malia o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e pola súa conta. 15.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de mil cincocentos euros (1.500,00 ¤). Os vehículos deberán entregarse matriculados, correspondéndolle ó adxudicatario todos os gastos, taxas e impostos que se orixinen. 16.- REVISIÓN DE PREZOS Dada a duración do contrato non lle é aplicable a revisión de prezos. 17.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA POR FORZA MAIOR O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou prexuízo que se produzan nos bens obxecto de contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 18.- GARANTÍA O prazo de garantía fíxase como mínimo en dous anos desde a entrega do subministro. 19.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se isto fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos por conta do contratista. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 111 e 192 do Texto refundido do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na lei reguladora desta xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., con domicilio en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio / ou en representación de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., con domicilio en . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., segundo acredito mediante poder bastanteado. q Sabedor do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. . .. . . do día . . . . . . para adxudicar mediante concurso, o "SUBMINISTRO DE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . (indicar denominación do vehículo e número de lote) PARA O CONSORCIO COMARCAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de. . . . . . . . . . (en letra e número) . . . . . . . . . . . euros. (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 5.12946.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2005 Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Xefe do Servizo de Cultura e Deportes, para a contratación dos servizos de organización das probas deportivas, denominadas "Marchas Populares" e Festas da Bicicleta", cun custo estimado de 30.000,00 euros, de acordo coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº44 do día 4 de marzo de 2005. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 1 de abril de 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación dos servizos de organización das citadas probas deportivas e vistos así mesmo, o documento RC de data 11-02-2005, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 05/451.452.227.06 por importe de 30.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 12 de abril de 2005. Acórdase por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación médiente concurso, procedemento aberto, dos servizos de organización das "Marchas Populares" e "Festas da Bicicleta" do ano 2005, por importe de 30.000,00 euros, IVE incluído, a razón dun prezo máximo por cada unha das probas deportivas citadas de citadas de 500,00 euros, IVE incluído. 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 30.000,00 euros, con cargo á partida 05/451.452.227.06. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2005 1.- OBXECTO.- A organización das probas deportivas, denominadas "Marchas Populares" e "Festas da Bicicleta", que autorizou esta Deputación Provincial para a súa celebración nos diversos concellos da provincia de Pontevedra, cuxas bases aprobou a "Xunta de Goberno" da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 44 do día 4 de marzo de 2005. As "Marchas Populares" consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos da provincia de Pontevedra favorecidos coa concesión da "Xunta de Goberno" da celebración desta proba deportiva, nas que poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina. O Concello sinalará a data idónea para que teña lugar e o percorrido a realizar, encargándose así mesmo de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc. As "Festas da Bicicleta" teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 quilómetros, nos termos municipais dos concellos da provincia de Pontevedra favorecidos coa concesión da "Xunta de Goberno" da celebración desta proba deportiva, podendo participar quen o desexe sen límite de idade. O Concello sinalará a data idónea para que teña lugar e o percorrido a realizar, (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada) encargándose así mesmo de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/451.452.227.06 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase tras presentar as correspondentes facturas, unha vez efectuada cada unha das probas e prestada a súa conformidade esta Deputación Provincial. 4.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO.- A prestación dos servizos de organización das "Marchas Populares" e "Festas da Bicicleta", que autorice esta Deputación Provincial, efectuaranse desde a formalización do contrato coa empresa adxudicataria ata o 31 de decembro de 2005, nas datas e lugares que indiquen os concellos favorecidos coa concesión das probas deportivas citadas. A empresa adxudicataria comprométese a organizar ata un máximo de 60 probas, que poden ser marchas populares ou festas da bicicleta, nos concellos da provincia de Pontevedra favorecidos coas autorizacións que concede a "Xunta de Goberno" da Deputación Provincial de Pontevedra, e estará obrigada a subscribir a correspondente póliza de seguros que garanta, como mínimo, a responsabilidade civil, asistencia sanitaria e riscos por morte e invalidez permanente derivados de calquera accidente que poidan sufrir os participantes. Así mesmo, asumirá os gastos de colocación de carteis anunciadores e publicitarios das probas e todos os gastos de montaxe e persoal necesarios para a celebración destes eventos deportivos, tales como valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade de TRINTA MIL EUROS (30.000,00 ¤), IVE incluído, para un máximo de 60 probas, que poden ser "Marchas Populares" ou "Festas da Bicicleta", a razón dun prezo unitario máximo por cada unha das probas deportivas citadas de 500,00 euros, IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 19 do Texto refundido da lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e nomearán ante ela a un representante ou apoderado único. Estas empresas deberán ter por obxecto realizaren actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ós da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ós da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- A proposición constará de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2005 Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase o proxecto organizativo e demais documentación que deba ser valorada no concurso. B) SOBRE B, denominado "DOCUMENTOS", deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2005 Este sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso, os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a autoridade xudicial, administrativa, notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades balance ou extractos de balances. c) Relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa o importe, as datas e mais os seus beneficiarios públicos ou privados. 9 .- MESA DE CONTRATACIÓN Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación O xefe de Servizo de Cultura e Deportes SECRETARIO: O xefe de Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o informe preceptivo. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Calidade do proxecto organizativo, medios materiais e recursos humanos que se han achegar para prestar o servizo, ata 4 puntos. 2) Menor prezo ofertado, ata 2 puntos. 3) Outras melloras propostas, ata 2 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN Unha vez que o órgano de contratación reciba a proposta da mesa de contratación e elabore os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarará deserto o concurso. A adxudicación notificaráselles ós participantes no concurso. Ó notificarlle a adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- GASTOS POR CONTA DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de seiscentos (600) euros. 15.- REVISIÓN DE PREZOS Non procede. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 111 e 214 do T.r. da LCAP. 17.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na lei reguladora desta xurisdición. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio / ou en representación de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., teléfono . . . . . . . . . . . . . segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES DO ANO 2005, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo co seguinte detalle: q Polo prezo total de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . euros, IVE incluído, a razón de . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . euros/proba organizada, IVE incluído.(reflectiranse as cantidades ofertadas en letra e en número) q Proxecto organizativo (elaborarano os licitadores) q Melloras propostas: (relacionalas) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 6.12947.- INFORME EN RELACIÓN CON ESTATUTOS DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA Visto o escrito de 28-03-05, nº de rexistro de entrada 9071 de 31-03-05, da Secretaría da Comisión Xestora do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, xuntando Proxecto de Estatutos do citado Consorcio, unha vez aprobados provisionalmente pola Asemblea de Concelleiros o día 17 de marzo de 2005, e vistos os informes de Intervención e Secretaría Xeral desta Deputación de 7 e 8 de abril de 2005, respectivamente, acórdase por unanimidade prestar conformidade e aceptalos nos seus propios termos, todo isto a efectos do sinalado no art. 140.1 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Os informes son os seguintes: "INFORME DE INTERVENCIÓN Remitido para informe e examinado o seu contido, a Intervención formula as seguintes consideracións o seu articulado: Artigo 8.- Como Órgano necesario, aínda que no artigo 26 faise referencia a lexislación de carácter xeral, parece debería facerse mención da Comisión Especial de Contas. Artigo 9.- O final cando se di "coa voz, pero sen voto, asistirán: O funcionario que desempeña as funcións de Secretario e Interventor do Consorcio", parece atribuír tales funcións a un só funcionario, cando isto pode non ser así. Artigo 12.- No punto 4), o referirse a aprobación "provisional" das contas, procede suprimir o de "provisional" xa que non existe outro órgano para a súa aprobación definitiva. Artigo 13.- Procede rectificar os puntos 4) e 9) segundo se indica de seguido: Punto 4): Na referencia que se fai o "proxecto de orzamento ordinario", suprimir "ordinario" xa que non hai máis que un orzamento. Punto 9): A referencia que se fai o artigo 158.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, hai que facela hoxe o artigo 176.5 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. Artigo 15.- O contido do punto 2.3 hai que poñelo en relación co contido do punto 4) do artigo 13 xa que quen presenta o orzamento ó Pleno é o Presidente. Artigo 20.- No punto 1-c), a referencia que se fai o artigo 15 debe entenderse feita o artigo 16. Artigo 22.- Na primeira liña, cando se refire "o sufragamento dos gastos ordinarios", debe suprimirse "ordinarios" por ter carácter xeral, e é despois cando se distinguen nos apartados a) e b). Artigo 23.- A obriga que contra cada membro do Consorcio a consignar no seu orzamento "ordinario" -outra vez procede suprimir o de "ordinario", tan so poderá cumprirse no seu contido exacto se o Consorcio comunica coa antelación suficiente o importe da achega, noutro caso tan so por vía de estimación. Artigo 27.- O referirse a que "A separación requirirá os seguintes requisitos: a) ... b) Que sexa tomada razón da mesma polo Pleno do Consorcio". Parece que deberá pórse un prazo a toma de razón, para evitar posibles situacións conflictivas." "INFORME DA SECRETARÍA En relación coa petición de informe do Xefe do Servicio do CPAM sobre o Proxecto de Estatutos do Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, condado e Louriña, maniféstase o seguinte: 1.- Os consorcios configúranse como órganos de relacións interadministrativas de carácter voluntario para a cooperación económica, técnica e administrativa entre a Administración Local e as Administracións do Estado e das Comunidades Autónomas ou con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público concorrente cos das Administracións Públicas (arts. 57 e 87 da Lei 7/85, de 2 de abril, 61, 69 e 110 RDL 781/86, de 18 de abril). A Lei 5/97, de 22 de xullo, Administración Local de Galicia, os configura como entidades locais non territoriais (art. 2). Gozan de personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos fins que os seus Estatutos determinen, así mesmo estes establecen as peculiaridades do réxime orgánico, funcional e financeiro (arts. 149 a 152). 2.- No art. 9, o último apartado "A petición da maioría ... oportunos" non é sistematicamente o lugar para establecelo. Debería figurar mais correctamente no artigo 17. 3.- No art. 16 respecto ás funcións dos funcionarios con habilitación de carácter nacional sería mellor remitirse ás establecidas na lexislación (R.d. 1174/1987, de 18 de setembro, modificado por R.d. 834/2003, de 27 de xuño). Ó respecto poderíase establecer unha disposición transitoria en relación coa posibilidade de exención pola Comunidade Autónoma da obriga de manter os postos propios reservados a habilitados de carácter nacional (art. 4.2 R.d. 1732/94, de 29 de xullo), 4.- O réxime da separación dunha entidade, regúlase en dous artigos diferentes: art. 27 e 28. Sistematicamente debe regularse nun. 5.- O art. 26 (lexislación aplicable) debería figurar mellor como dereito supletorio ó final do articulado, manifestado solo que en todo o non previsto se estará á lexislación de réxime local e á demais lexislación aplicable e así evitar a referencia concreta a normativa." ------ Folla: 7.12948.- COMUNICACIÓNS Queda enterada do escrito do Subdirector Xeral de Réxime Xurídico e Bases de Datos Locais do MAP, de data 29-03-05 (nº rexistro de entrada 010442, de data 08-04-05) no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais a segregación de parte do termo municipal de Vilanova de Arousa para a súa agregación ó da Illa de Arousa. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 8.12949.- CONTRATADO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA SAT ACHAKAN Dada conta da remisión pola Empresa Nutrimentos Galegos do contrato entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a empresa SAT ACHAKAN. Resultando que o Laboratorio da Finca Mouriscade cubre con equipos, persoal e instalacións perfectamente o servizo que demanda a mencionada Empresa. Resultando que con data 20 de agosto de 2004 adoptouse, entre outros, o acordo 4.12376 polo que se aprobou o "Contrato entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Empresa Nutrimentos Galegos Pérez" e cuxo texto é exactamente igual ó que nos ocupa. Vistos informes de Asesoría Xurídica de data 16 de agosto de 2004 que fai referencia ó contrato que se menciona no parágrafo anterior e do enxeñeiro director de 13 de abril, acórdase por unanimidade: - Aprobar o contrato entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Empresa SAT ACHAKAN" e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito contrato é como segue: "CONTRATO ENTRE LA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Y LA EMPRESA SAT ACHAKAN Reunidos dunha parte D. Rafael Louzán Abal, Presidente de la Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta segundo o art. 34, 1, b da Lei 7/85 de 2 de Abril de Bases de réxime local, e de outra parte SAT ACHAKAN, con CIF: F-36043636, con domicilio social en Achakan, 5 Pescoso, Rodeiro (Pontevedra) e representada por D.Manuel González López con DNI número 35.273.369-N en calidade de xerente. Ambas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para contratar. MANIFESTAN a).-Que a Excma Deputación dispón dun laboratorio de análise que entre outras actividades efectúa análises de forraxes, pensos e materias primas, que está dotado de equipos, instalacións e persoal cualificado, que lle capacita para actuar como laboratorio de respaldo dos fabricantes de pensos compostos e premesturas ós efectos previstos no anexo 3, capítulo 1, punto 4 (control de calidade) do Regulamento 1191/1998 de 12 de xuño. b).- Que Sat Achakan desexa establecer coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra un contrato de servizos, de forma que o Laboratorio de Mouriscade lle de a cobertura técnico-analítica en relación ó anexo 3, capítulo 1, punto 4 do R.d. 1191/1998 para o coñecemento dos parámetros de calidade de productos terminados e de materias primas que poidan realizarse no Laboratorio de Mouriscade. CLÁUSULAS I.- A Excma. Deputación de Pontevedra a través do Laboratorio de Mouriscade, pertencente ó Servicio Agrario, como laboratorio de análise, efectuará a cobertura técnica-analítica para os productos terminados e materias primas que poidan determinarse no laboratorio e que se concretan en: Hª Czs Pb Gb Fb Amidón Microbioloxía Minerais Cereais MILLO SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional CEBADA SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional TRIGO SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional Subproductos de cereais GLUTE FEEDSI SI SI SI SI Opcional Opcional FATY SI SI SI SI SI Opcional Opcional Oleaxinosas e leguminosas SOIA-44 SI SI SI SI Opcional Opcional SOIA INTEGRAL SI SI SI SI SI Opcional Opcional ALTRAMUZSI SI SI SI Opcional Opcional SEMENTE ALGODÓN SI SI SI SI SI Opcional Opcional XIRASOL SI SI SI SI SI Opcional Opcional PALMISTE SI SI SI SI SI Opcional Opcional Productos fibrosos ALFALFA PELET SI SI SI SI Opcional Opcional POLPA REMOLACHA SI SI SI SI Opcional Opcional CASCARILLA SOIA SI SI SI SI Opcional Opcional Varios MELAZA SI SI Opcional Opcional XABÓN CÁLCICO SI SI Opcional Opcional SORO DOCE SI SI Opcional Opcional Producto Terminado PENSOSSI SI SI SI SI SI Opcional Opcional Estas determinacións realizaranse de acordo ó BOE número 52 de 1995 que recolle o Real Decreto 2257/1994, de 25 de novembro, polo que se aproban os métodos oficiais de análises de pensos ou alimentos para animais e as súas materias primas. II.- As análises efectuaranse polo Laboratorio de Mouriscade sobre as mostras que debidamente acondicionadas sexan remitidas por Sat Achakan. III.- Como contraprestación ós servicios efectuados polo laboratorio, Sat Achakan obrigase ó pago das análises que se facturen no mes correspondente como un único cargo que englobe todas as análises. IV.- O prezo da análise será o vixente de acordo ás tarifas publicadas no BOP Nº 27, de data 9 de febreiro de 2005. V.- A responsabilidade do laboratorio concretase e limítase de modo exclusivo ás determinacións analíticas citadas no punto I, pudendo verse incrementadas ou suprimidas previo acordo de ambas partes. VI.- O presente contrato de prestación de servicios poderá modificarse en anos sucesivos, se fora necesario, debido a que os prezos establecidos sufriron algunha modificación, así como para establecer novos prezos a determinacións que non se contemplan no mesmo. VII.- O presente contrato de servicios empezará a producir o seu efecto a partir da data de sinatura e terá unha duración dun año, podendo prorrogarse, por acordo de ambas partes, ata un máximo de tres. VIII.- O presente contrato poderá rescindirse por renuncia de calquera das partes, mediante aviso previo, comunicado polas mesmas. Como proba de conformidade asinan o presente contrato, en todas as follas, no lugar e data indicada. Pontevedra a 1 de abril de 2005 Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asdo.: D. Rafael Louzán Abal Por Sat Achakanasdo.: D. Manuel González López" ------ Folla: 9.12950.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS Dada conta da remisión pola Misión Biolóxica de Galicia do "Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas". Resultando o interese de ambas institucións en continuar coa colaboración viñeron desenvolvendo ata a data desde o ano 1983 para potenciar os traballos de investigación que realiza a Misión Biolóxica de Galicia e para formar persoal investigador. Vistos informes do Secretario Accidental de data 11-03-05 e do Interventor con data 16-03-05 con retencións de crédito número 200500038272 por importe de 9.000,00 ¤ en concepto de financiamento de traballos de investigación e divulgación e número 200500038730 por importe de 20.193,84 ¤ en concepto de dúas becas predoctorado con cargo ás partidas 05/711.711.489.02 e 05/711.711.481.02 respectivamente e visto, así mesmo, o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 15-02-05, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas e faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS En Pontevedra, a .................................. de dous mil cinco. REUNIDOS Dunha parte D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, con D.N.I. 35451643-H na súa calidade de Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, de conformidade co artigo 34.1 b de la Lei 7/85, de 2 de Abril, de Bases de Réxime Local. E de outra DONA ROSA ANA MALVAR PINTOS, Directora da Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (NIF: Q-2818002-D), no seu nome e representación en virtude do establecido no apartado Primeiro 6.6.5 da Resolución do Consello Superior de Investigacións Científicas de 7 de decembro de 2000 (BOE de 22 de decembro de 2000) Actuando en nome e representación das Entidades Xurídicas que representan, declaran a súa competencia para celebrar o presente convenio e EXPOÑEN 1. Que o 24 de Febreiro de 1983 e o 21 de xullo de 1988 a Excma. Deputación de Pontevedra e o Consello Superior de Investigacións Científicas subscribiron un convenio de colaboración co obxecto de incrementar progresivamente os medios materiais e persoais que permitiu potenciar a investigación na Misión Biolóxica de Galicia. 2. Que é desexo de ambas Institucións continuar a colaboración que viñeron desenvolvendo ata o momento en relación coa Misión Biolóxica de Galicia a cuxo fin acordan a formalización dun novo convenio de acordo ás seguintes. CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio é continuar desenvolvendo a colaboración entre o Consello Superior de Investigacións Científicas e a Deputación Provincial de Pontevedra para, na medida das posibilidades de ambas partes, potenciar a investigación que realiza a Misión Biolóxica de Galicia. SEGUNDA.- Para contribuír ó obxecto sinalado na cláusula anterior e co fin de formar persoal investigador da rexión que poida integrarse paulatinamente no cadro de persoal Científico da Misión Biolóxica, a Deputación de Pontevedra dotará dúas becas predoctorales para especialización en materias concretas e realización de traballos da Misión. Ditas becas terán una duración dun ano, podendo ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, previo informe favorable da Dirección da Misión Biolóxica, e serán convocadas e falladas pola Deputación Provincial, si ben no Xurado correspondente existirá un representante da Misión Biolóxica. A contía de ditas becas para o exercicio 2005 será de 841,41 ¤/mes con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.481.02, si ben a Excma. Deputación queda facultada para modificar no futuro a contía de dita bolsa de estudos, ó obxecto de que as mesmas sexan similares ás becas de Formación de Persoal Investigador (FPI) do Ministerio de Educación e Ciencia. A Deputación financiará as becas non sendo o Consello Superior de Investigacións Científicas responsable no caso de que a Deputación non cumprira con esa obriga. Os beneficiarios das becas veranse obrigados a axustarse e cumprir coas normas de réxime interno propias da Misión Biolóxica de Galicia. TERCEIRA.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aboará á Misión Biolóxica de Galicia na contía anual de NOVE MIL EUROS (9.000,00 ¤) con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.489.02 que serán destinados fundamentalmente ás seguintes actuacións: a) Financiamento de traballos de investigación e a divulgación dos seus resultados durante o año 2005 e sucesivos. b) Facilitará á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra dentro das posibilidades da Misión Biolóxica información e asesoramento científico cando o solicite e necesite para o mellor cumprimento dos seus fins. CUARTA.- O presente convenio entrará en vigor a partir da sinatura do mesmo e terá una duración dun ano podendo prorrogarse ata un máximo de tres a petición expresa da Misión Biolóxica de Galicia, sempre que non se executara denuncia por algunha das partes (que haberá de efectuarse por escrito) con tres meses de antelación á data de finalización do Convenio. QUINTA.- O presente convenio ten a natureza dos previstos no artigo 3.1 c) da Lei de Contratos das Administracións Públicas, Texto Refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, e o seu réxime xurídico virá determinado polas súas propias estipulacións con suxeición ós principios contidos en dita norma para resolver as dúbidas e lagoas que puideran plantexarse. A orde xurisdiccional contencioso-administrativo será ó competente para coñecer e dirimir os litixios a que houbera lugar. SEXTA.- O presente documento deixa sen efecto os subscritos o 24 de febreiro de 1983 e 21 de xullo de 1988 a que fai referencia o expositivo 1. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio por duplicado exemplar na data e lugar indicados no encabezamento. Pola Deputación Provincial asdo.: Rafael Louzán Abal Presidente Polo CSIC asdo.: Rosa Ana Malvar Pintos Directora da Misión Biolóxica de Galicia" ------ Folla: 10.12951.- CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN E ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS, PARA ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN E EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES A TRAVÉS DO PROXECTO CIDADE+ Habéndose remitido á Asesoría Xurídica desta Excma. Deputación Provincial o borrador do Convenio Marco de Colaboración entre Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación Galicia Emigración e Asociación Provincial de Empresarios para Accións Formativas e Contratación de Emigrantes Retornados e Inmigrantes; á vista do informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, o 8 de marzo de 2005 e do informe emitido por Intervención o día 18 do mesmo mes, constatando a existencia de consignación orzamentaria na partida 05/422.323.227.02 e en aras a mellorar a atención do referido colectivo orientado a facilitar a súa integración sociolaboral, acórdase por unanimidade a aprobación do Convenio Marco de Colaboración entre Deputación Provincial de Pontevedra, Fundación Galicia Emigración e Asociación Provincial de Empresarios, para Accións Formativas con compromiso de contratación de Emigrantes Retornados e Inmigrantes, cunha achega económica máxima por parte da citada Fundación de 60.000,00 ¤ e unha achega económica por parte de esta Excma. Deputación Provincial de 350.000,00 ¤, dentro do marco de actuación do Proxecto Cidade+, englobado na iniciativa transfronteriza INTERREG III-A. Dito convenio é como segue: "CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN E A ASOCIACIÓN PROVINCIAL ........................... PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS TENDENTES Á INSERCIÓN LABORAL DE EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES O ABEIRO DO PROXECTO INTERREG CIDADE+ En Pontevedra, ............... de ..................... do 2005 R E U N I D O S Dunha banda a Deputación de Pontevedra e actuando en nome e representación da mesma o Ilmo. Sr. Presidente, consonte as facultades que lle son atribuídas no artigo 34.1-b da Lei 7/85, no artigo 105.1-a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e no artigo 61, atribución 11 do Real Decreto 2568/86. Doutra, a Fundación Galicia Emigración, actuando no nome e representación da mesma o seu Presidente, D. Aurelio Miras Portugal, consonte as facultades que, para vincularse neste acto, ten conferidas segundo ó determinado nos Estatutos da sinalada Fundación constituída o 27-04-2002 mediante escritura pública diante do Notario do Colexio de A Coruña, D. Manuel Peregil Cambón, o seu protocolo número 986.02. E da outra, a Asociación de empresarios......................................, actuando na súa representación e en calidade de representante legal da mesma, o seu ................................................. , con poder dabondo para comprometerse neste acto ó abeiro das facultades que ten conferidas e que se elevaron a escritura pública diante do Notario do Ilustre Colexio de .............................. , Don/Dña.......................................................................o día ............................., o seu protocolo ........................................... E X P O Ñ E N PRIMEIRO.- Que a Deputación de Pontevedra é a promotora do proxecto Cidade+, proxecto de colaboración transfronteiriza que se enmarca dentro da iniciativa Interreg III-A, orientada a mellorar a atención dos emigrantes retornados e inmigrantes en Pontevedra e Melgaço. As actuacións comúns e básicas desta iniciativa perseguen mellorar o sistema de atención e información a estes emigrantes retornados e inmigrantes e promover o coñecemento do fenómeno do retorno e da inmigración, o traveso de traballos de documentación e divulgación. Así mesmo, o proxecto contempla a rehabilitación de infraestructuras destinadas a albergar os servizos de atención a este colectivo: aulas de formación, centro de servizos e viveiro de empresas. En Pontevedra estas actuacións complementanse cun programa de formación integral e de promoción do emprego destinado a facilitar a integración sociolaboral de este colectivo. SEGUNDO.- Que España pasou a ser receptora activa de fluxos migratorios no que destaca o retorno dos nosos emigrantes e o incremento do número de inmigrantes. Que neste contexto de progresivo incremento dos fluxos migratorios e ante as especiais dificultades que este colectivo atopa na súa inserción sociolaboral, polas peculiaridades da súa problemática, a formación constitúese como unha das bases para a súa integración social ó poderlle facilitar o acceso ó emprego, reducindo, con iso, os riscos que os poden levar a unha indesexable situación de exclusión social. TERCEIRO.- Que esta formación, desde a óptica teórica e práctica, constitúese como elemento fundamental para a idónea incorporación dos colectivos migratorios ao noso mercado laboral. A consecución dos niveis de inserción previstos no proxecto, pasan por atopar novas vías de colaboración público privada, que faciliten a inserción laboral posterior ó desenvolvemento da acción formativa CUARTO.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias e prioridades o desenvolvemento de actuacións tendentes a reforzar o desenvolvemento local na provincia, prestando especial atención a loita contra o desemprego e a atención ós colectivos con especiais dificultades de inserción. Por outra banda, o interese da Fundación Galicia Emigración, conforme ás súas finalidades estatutarias é colaborar para, reforzar a formación e a experiencia profesional do colectivo de emigrantes retornados e inmigrantes en todos aqueles campos que melloren a súa empregabilidade. QUINTO.- A Asociación ....................................., é a entidade representativa a nivel provincial das empresas do sector ................................, sendo a única asociación empresarial que representa os intereses colectivos das devanditas empresas, e que conta cun total de ................................. empresas asociadas. Por outra banda, o traveso dos seus estatutos fundacionais ten como obxectivo........................................ En virtude das manifestacións precedentes, e no exercicio das competencias que lles son propias, as partes intervenientes están interesadas en subscribir o presente convenio de colaboración consonte as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio de colaboración é establecer o marco de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra, a Fundación Galicia Emigración e a Asociación de empresarios ................................................... para facilitar a formación e inserción laboral do colectivo de emigrantes retornados, dos seus familiares a cargo asentados en Galicia, así como do colectivo de inmigrantes en xeral, no marco do proxecto Cidade+. Serán polo tanto de obrigado cumprimento, a normativa vixente de xestión de programas Interreg III-A consonte o Programa da Iniciativa e Complemento de Programa, así coma en xeral a normativa de xestión de programas e operacións financiados con fondos europeos que sexa aplicable. Esta colaboración artíllase mediante a posta en marcha e execución dun programa de formación e inserción laboral que se

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición